scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

A nacionalización do pasado irlandés, 1845-1937

Rodríguez Madriñán, Xavier

Full text

Universidade de Santiago Facultade de Ciencias Políticas e Sociais A nacionalización do pasado irlandés, 1845-1937 Tese de doutoramento presentada por Xavier Rodríguez Madriñán para a obtención do grao de doutor en Ciencias Políticas e dirixida polo profesor doutor Ramón Máiz Suárez Santiago, abril de 2005 A presente tese foi defendida o día 19 de decembro de 2005, en acto celebrado na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC, ante o tribu nal que se indica, o cal lle outorgou a cualificación de Sobresaliente cum laude: Presidente Dr. José Álvarez Junco Vocais Dr. Borja de Riquer i Permanyer Dr. Ramón Villares Paz Dr. Xusto Beramendi González Secretario Dr. Manuel María de Artaza Montero A nacionalización do pasado irlandés, 1845-1937 Xavier Rodríguez Madriñán Tese de doutoramento dirixida polo profesor doutor Ramón Máiz Suárez Facultade de Ciencias Políticas e Sociais Universidade de Santiago Abril 2005 Guieiro Nunca foi inocente a mirada cara ó pasado. En todo m omento e lugar, os tempos xa idos tenderon a ser imaxinados com o un vasto depósito de materiais dispostos para ser utilizados ó servicio dos máis variados intereses políticos, relixiosos, dinásticos ou de calquera outra clase. A historia, ou, máis ben, a representación do pasado acomodada á comenencia, adoitou servir a m iúdo como instrumento proveitoso a quen gozaba da capacidade de relatala e de impoñer a sú a versión á sociedade. Tamén, por certo, acostumaron recorrer a ela os que, compoñendo unha interpretación alternativa á promovida desde as instancias de poder, buscaban lexitimar o seu desafío á orde establecida. Desde sem pre, polo tanto, o pasado foi constituído en recu rso dispoñible para ser aproveitado cos máis diversos propósitos. En realidade, foi a súa natureza utilitaria, a rendibilid ade do argumento histórico, o fundam ento último do empeño constante en volver a v ista cara a atrás. Quer dicir, que foi o presente, en toda ocasión, o determinante do relato do pasado, en canto é no prim eiro onde se establecen as pautas da caracterización deste e se fixa a funcionalidade que debe cumprir. Se é verdade que sempre se deu tal instrum entalización da historia, non cabe dúbida de que no século XIX se fixo aínda máis evidente. En xeral, como sustentadora dunha variada gamma de discursos ideolóxicos e políticos, e máis en particular, sobre todo, como elem ento nuclear de lexitimación dos procesos de reasignación territorial do poder político que se abriron daquela, unha vez decretada a transferencia da soberanía á nación. Neste senso, fose como apoio dos Estados constituídos, fose como soporte das propostas para a súa reestructuración, a narración histórica converteuse no máis sólido medio de xustificación da política nacion alitaria. En correspondencia con esta intencionalidade, o pasado quedou fragmentado de m aneira conforme coas novas delimitacións das entidades políticas –com o realidade ou como proxecto– e representado como unha serie de relatos nacionalm ente diferenciados. Semellante parcelamento do tem po pretérito segundo criterios políticos do presente non foi incompatible, sen em bargo, coa renovación conceptual e metodolóxica que, desde mediados daquela centuria, experimentaron os estudios históricos. Pola contra, a nacionalización do pasado resultou ser parella á profesionalización do traballo historiográfico e ó establecemento da historia como disciplin a académica específica. As historias nacionais, en efecto, pasaron a ser a forma dominante de organización e exposición do pasado. Entendidas como m ecanismo de lexitim ación ideolóxica e política, as narracións históricas convertéronse a miúdo nun reflexo especular do presente, nun escenario textual que reproducía as confrontacións máis relevantes do propio momento en que aqu elas eran figuradas. A m áis acabada manifestación de tal antagonism o entre representacións históricas contrapostas expresouse nos conflictos relacionados coas reivindicacións de natureza nacionalista contra os Estados existentes que abrollaron con certa intensidade na Europa da segunda metade do século XIX e do primeiro tercio do XX, nos que a referencia ó pasado se consolidou como unha das principais argum entacións lexitimadoras dos m ovementos impulsores dunha reconfiguración das fronteiras políticas que recoñecese os dereitos soberanos de grupos que proclamaban a súa condición nacional. Desenvolvido, xustamente, no período antedito, o conflicto suscitado pola cuestión nacional irlandesa resulta paradigmático a este respecto. Pola súa persistencia e intensidade, así como pola súa conclusión, máis significativas, se cabe, considerando a fortaleza do Estado co que batía, a loita nacionalista de Irlanda foi tomada com o referente exemplar por outros m oitos movementos de idéntica natureza na Europa da época. Certamente, contemplado desde a distancia, o nacionalism o irlandés amosa unhas notables peculiaridades, fundamentalmente relacionadas co seu percorrido ideolóxico e organizativo –que non responde ó clixé de aplicación habitual ós nacionalismos europeos de reivindicación fronte ó Estado, segundo o modelo cuñado por Miroslav Hroch, no que a reavaliación cu ltural precede á dem anda política–, coa mestura de métodos de acción constitucionais e insurreccionais nos que se m anifestou e coa propia singularidade do contexto político británico no que se encadraba. Pero, con todo, debido á duración da contenda que desencadeou, á relativa diversidade interna do movemento e á súa mesma evolución doutrinal, así com o á culminación triunfante da súa loita, ofrece a posibilidade de extraer do seu estudio un ha serie de xeneralizacións pertinentes para un mellor entendemento dos co nflictos de índole nacionalista. Máis en concreto, o caso irlandés resulta especialmente relevante para a com prensión do uso político das referencias ó pasado como factor de lexitimación da loita nacionalista de oposición ós Estados existentes. Sen mingua doutras dimensións relevantes que se considerarán neste traballo, cabe salientar algunhas das posibilidades que, como medio de achegam ento á utilización política do pasado, deitan da análise da producción historiográfica nacionalista irlandesa, acometida a trav és do exame porm enorizado dos seus textos máis significativos durante os anos que van desde mediados do século XIX, cando se formularon os principios esenciais do nacionalismo, ata o m omento en que a Constitución de 1937 confirmou a independencia do Estado polo qu e tanto tempo combateran os seus partidarios. O obxectivo prioritario é o seguimento do proceso de configuración do relato nacionalista do pasado ó longo dese tracto temporal, articulado sobre o discernimento do seu argumento interpretativo e o exame comparado dos sucesivos modos que adoptou a súa concreción nun discurso histórico que, lonxe de ser un puro reflexo inmutable do prim eiro, presentou unha evolución considerable ó longo do período. Interesa, primeiro de todo, polo tanto, o estudio da correspondencia entre a variedade das rep resentacións históricas e os relativos cambios da d eterminación ideolóxica que, ó cabo, sustenta a súa caracterización como historias nacionais. Cómpre establecer as conexións entre as mudanzas do relato, val dicir, as súas distin tas manifestacións no tem po, e as correspondentes opcións e estratexias políticas que o nacionalismo asum iu na súa confrontación co Estado británico, diversas e cambiantes ata o momento final do conflicto. A adaptación da narración histórica á variabilidade do escenario político resulta significativa do nivel de autonomía do estudio da historia. Asunto que reviste unha transcendental importancia na análise da representación nacionalista do pasado, tanto cando se trata da súa versión máis popular, segundo aquí se denom ina a que se recolle nos escritos realizados segundo a antiga concepción literaria da historia, distantes aínda das pautas do traballo do historiador profesional da época, como cando se consideran os textos de carácter académico, confeccionados segundo as esixencias da investigación científica. Precisamente, a detecció n das continuidades e das rupturas entre os dous modelos de relato do pasado é un dos obxectos principais deste traballo, co propósito de localizar as unidades de contido e precisar os criterios formais propios das historias populares, para dar conta, despois, da súa persistencia ou da súa elim inación naquelas obras que foron elaboradas atendendo ós novos procedem entos historiográficos que se consolidaron desde os inicios do século XX. Pretende comprobarase así a capacidad e e, máis propiamente, a vontade dos historiadores académ icos de convicción nacionalista para transcender os límites do relato do pasado establecidos pola decisión ideolóxica orixinaria do que este nace. En fin, trátase de avaliar a verdadeira incidencia da nova historiografía e dos eventuais achados da investigación histórica na evolución e na caracterización última da historia nacional de Irlanda. Tamén a respecto das lim itacións que puideron constrinxir o proceso de composición progresiva da historia nacionalis ta, e considerando que esta foi concibida como refutación completa da representación inglesa do pasado, o achegam ento ós seus textos máis característicos debe permitir valorar o grao de dependencia que lle impuxo ese determinante inicial e calibrar o modo en que condicionou as posibilidades m esmas dun desenvolvemento autosuficiente do relato, conforme debería corresponder á afirmación da natureza nacionalitaria do seu suxeito. Por último, en canto, com o efecto da consecución da independencia, o relato nacionalista do pasado se converteu en historia oficial do Estado irlandés, o seu estudio brinda a oportunidade de considerar de maneira com parativa a dobre funcionalidade que desempeñou sucesivamente, com o un dos recursos na loita pola liberación da nación, primeiro, e com o instrumento dunha política estatal de nacionalización da sociedade, despois de 1922. En suma, o caso de Irlanda posibilita o seguim ento do percorrido completo do proceso de configuración dunha historia nacional, desd e as primeiras mostras da interpretación nacionalis ta do pasado ata o momento da súa institucionalización como relato establecido desde os órganos que expresan o poder político da nación e que, na súa mesm a existencia, sinalan o cumprimento do destino que a súa propia historia lle anunciara. A nacionalización do pasado irlandés, 1845-1937 I. MODERNIZACIÓN, NACIONALISMO E REPRESENTACIÓN DO PASADO (1-27) 1. A nacionalización da política (3) 2. A nacionalización do pasado (8) 3. A renovación historiográfica: disciplina académica e frag mentación nacional do pasado (14) 4. A historiografía británica: o glorioso pasado dunha nación excepcional (21) II. A NACIONALIZACIÓN DA HISTORIA NUNHA NACIÓN SEN ESTADO: PRESUPOSTOS PARA A ANÁLISE DA REPRESENTACIÓN NACIONALISTA DO PASADO DE IRLANDA (28-43) 1. Factores que determinan a elaboración do relato (30) 1. A modernización do contexto político 2. A evolución doutrinal e a heteroxeneidade do movemento nacionalista 3. A pluralidade na definición identitaria 4. A renovación da historiografía 2. A conformación gradual da representación históric a: da versión literaria á formulación académica ( 36) 3. Análise textual da representación nacionalista do pasado de Irlanda (39) III. A FORMACIÓN DO MODELO NACIONALISTA DA HISTORIA EN IRLANDA. 1845-1881 (44-277) 0. O USO POLÍTICO DO PASADO NA IRLANDA ANTERIOR Ó NACIONALISMO (44-57) 0.1. A relixión como factor de diferenciación identitaria (44) 0.2. O patriotismo colonial (47) 0.3. Identidade irlandesa e radicalismo republicano (52) 0.4. A catolización da identidade (54) 1. C ELTAS CONTRA SAXÓNS : O PASADO COMO CONFRONTACIÓN ENTR E POBOS (58-87) 1.1. A Young Ireland e o nacemento do nacionalismo étnico (61) 1.2. A ambigüidade do discurso de conciliación nacional (68) 1.3. A historia como conflicto entre nacións (71) 1 I. MODERNIZACIÓN, NACIONALISMO E REPRESENTACIÓN DO PASADO A expansión do nacionalismo como forza ideolóxica e com o impulsor principal da acción política, tanto gobernam ental coma de oposición, constitúe un dos trazos q ue caracterizaron a configuración da Europa contemporánea. En efecto, ó longo do século XIX e do primeiro tercio do XX consolidouse de maneira progresiva a afirm ación da necesidade de establecer unha conexión que enlazase d e maneira directa as institucións de goberno e as unidades nacionais. A penetración social da idea foi callando de modo tan profundo no terreo da fundamentación das entidades políticas, que m esmo pareceu converterse nunha evidencia, nunha verdade de sentido común, crecentemente asumida sen precisar de maiores xustificacións. Seguindo o camiño que abrira a proclamación dos revolucionarios da Francia de 1789, no decurso das décadas subseguintes iríase impoñendo de m aneira gradual a representación nacional da realidade política, val dicir, aquela que asociaba a nación, como suxeito único da soberanía, e o aparello institucional de poder no que se debía expresar esta atribución. Certamente, as diferencias na definición da substancia que identificaba de maneira concreta os novos entes titulares da soberanía sinalaron dúas rutas diverxentes na aplicación do principio das que deitan dúas clases de nacionalismo. Unha delas, a do nacionalism o liberal, herdeiro por liña directa da Revolución francesa, que entendeu a nación como corpo de individuos asociados en virtude dos dereitos de cidadanía que compartían, en canto membros dunha comunidade política amparada polos lím ites do Estado. A outra, a do nacionalismo étnico, que asentou a existencia da nación nos riscos culturais compartidos polos seus compoñentes, signos identitarios que establecían unha delimitación grupal poucas veces concorde coas fronteiras estatais. Segundo a periodización que propón Eric J. Hobsbawm, a diferenciación correspóndese no tempo cunha primeira fase na cal, entre 1830 e 1870, operou fundam entalmente a concepción liberal da nacionalidade e unha segunda, ata a finalización da I Guerra Mundial, na que se espallou a deriva étnica e cultural do nacionalismo. 1 A distinción que establece esta tipoloxía id eal temporalmente duplicada, sen embargo, non pode ocultar o feito de que as dúas formas de nacionalism o non soamente coincidiron no escenario histórico, sobre todo na segunda das etapas consideradas, senón que compartiron o principio esencial que estableceu a confluencia entre a estructura política, incluída a dimensión territorial, e o suxeito ó que se lle pasara a asignar a soberanía. Durante o século XIX, fose por pragmatismo, cando se promoveu desde as institucións políticas como nova base de lexitim idade, fose por pura aseveración ideolóxica, cando foi utilizada para fundar os movementos de oposición ás entidades estatais xa co nstituídas, a idea que sustentaba a ligazón inex tricable entre Estado e nación converteuse na guía que orientou a argumentación política respecto do ordenamento territorial do poder, caracterizada com o nacionalismo de Estado e como nacionalismo de oposición, respectivam ente. En calquera das súas versións, polo tanto, o nacionalismo pasou a ocupar un lugar central como forma de acción política n o decurso do século XIX. E como tal, deben relacionarse o seu xurdimento e a súa xeneralización –en canto ideoloxía, movemento político e expresión dun sentimento identitario– coas novas condicións que por aquelas datas comezaron a transform ación das sociedades tradicionais e sentaron as bases da modernización, expresada nos cambios estructurais que afectaron ás dimensións política, económ ica e de organizació n social. Sen necesidade de establecer unha causalidade determinista entre a formación do Estado m oderno, a sociedade 1 E.J. Hobsba wm , Nations and Nationalism since 1780. Programme, myth, reality, Cambridge University Press, 1990. 2 industrializada e o nacionalismo, cabe asegurar que a ideoloxía que afirm aba a centralidade da nación demostrou un notable grao de compatibilidade co s carácteres da nova época e de axeitamento ás súas demanda s na orde política. Cómpre considerar, polo tanto, a súa ascendente relevancia á luz do m oldeamento das novas formas políticas. Neste senso, en primeiro term o, correspondeulles unha especial importancia na aparición e no espallamento social do nacionalism o á difusión dos principios doutrinais do liberalismo, sinaladamente ó que fixaba a adscrición nacional da soberanía, e á democratización do acceso á participación política da cid adanía que, no seu caso, seguiu ó establecemento de sistem as de goberno fundados neles. Pero tamén, ademais desta dim ensión ideolóxico-política, é necesario destacar a sing ular relevancia da propia conformación do Estado moderno, asentado sobre a reivindicación do exercicio exclusivo da soberanía no seu ámbito territo rial, que se expresa no control administrativo e dos medios de coerción, así com o na esixencia de certo nivel de lealdade por parte dos cidadáns, deducida, xustamente, da representatividade nacional que aquel asume e que o lexitima. Territorialidade, control dos medios de violencia, estructura impersoal de poder e lexitimidade son, pois, os elementos definidores do Estado moderno, o cal, debido á propia acción d e goberno uniforme sobre o espacio que el mesmo delim ita, desenvólvese na forma de Estado-nación. 2 Aínda que non se desboten outras explicacións sobre as súas orixes, de certo, a nación e o nacionalismo acompañaron o establecemento do Estado m oderno, e mesmo demostraron ter validez como resposta ás súas necesidades, contribuíndo com o elementos substanciais á s úa conformación, aínda que tamén puideron converterse, en ocasións, na principal am eaza para algunhas das entidades estatais existentes. 3 Non cabe esquecer, por demais, a incidencia das mudanzas de toda clase que acom pañaron o proceso mesmo de modernización das sociedades europeas, en canto o desenvolvemento de sistem as de comunicación física e informativa q uebrou a compartim entación espacial, fomentou a mobilidade social e contribuíu, dese xeito, a dotar dunha nova coherencia interna ás sociedades, conferindo verosim ilitude á súa caracterización política e cultural nacionalitaria. 4 Non sendo privativa da época contemporánea a utilización da historia como recurso político, é verdade que nunca antes se instrumentara o pasado dunha form a tan sistemática e xeneralizada polos axentes con capacidad e de intervención no escen ario onde se desenvolve a competencia polo poder. A universalización do fenóm eno da acomodación do pasado na procura da consecución inm ediata de determinados obxectivos desta orde aparece relacionada co asentam ento das novas bases sobre as que se conformaron as sociedades industrializad as ó longo do proceso de m odernización que se iniciou na Europa do século XIX. E, máis en concreto, cos requirim entos suscitados 2 David Held, “ The developm ent of the modern state”, en Stuart Hall e B ram Gieben (ed), Format ions of Modernity, Polity Press, Cambri dge 1992, pp . 71-125, esp. pp. 87-8. 3 Segundo Michael Mann, a na cional é unha das dim ensións nas que “cristaliza” o Estado moderno, xunto coa capitalista, a militarista e a repr esentativa. Na fase “capitalista industrial” que se dese nvolve na Europa da segunda m etade do XIX e com ezos do XX xe ráronse tres tipos de nación, a sabe r, “state- reinforcing, state-creating and stat e-subverting” , que o autor exem plifica con Inglaterra, Alemania e as terras austríacas, respectivamente. Michael Mann, The Sources of Soci al Power, vol . 2: The rise of class and natio n-states, 1760-1914, Cambridge University Press, 1993 , pp. 81-8 e 731. 4 Segundo a xa clásica tese de Karl W. Deutsch, Nationalism and Social Commun ication. An inquiry in to the foundations of nationality, The M.I.T. Press, Cambridge (Massachussets) 1975 [1953]. A posibilidade certa de que a m edra nas redes de c om unicación viñe se poñer de relevo as diferencias entre grupos non desmente a concl usión xeral de que o tal increment o outorgou ve racidade á autope rcepción dos individuos da súa pertenza a unha nación, aínda que fose diferente da que se correspondía co Estado no que vivían. O resultado final será, e n ambos os cas os, o reforzam ento da identificación entre Estado e nación. 3 pola transformación do sistem a político cara a un modelo ideal de Estado de alta eficiencia administrativa e con gran capacidade de intervención, lexitimado pola súa correspondencia cunha sociedade de gobernados entendida com o nación. En boa parte, foi o resultado da reestructuración política cara a un novo modelo de organización territorial do poder fundado no solapamento entre o Estado e a nación o que outorgou unha relevancia notable ás referencias ó pasado, fose como mecanism o de ratificación de tal correspondencia, fose com o denuncia do seu incumprimento. A reavaliación do valor político da historia veu relacionada, pois, co establecemento do m oderno Estado nacional como forma predominante de distribución territorial do poder en Europa. En consecuencia, estivo asociada, en gran medida, á difusión dos presupostos ideolóxicos que, despois da Revolución de 1789, vincularon o Estado e a nación. Quer dicir que, aínda que non de maneira exclusiva, advírtese a presencia dun lazo que conectou a nova significación política da historia coa difusión dos principios doutrinais do nacionalismo, os cales eran tamén, en por si, unha resposta ó cambio modernizador da época. De feito, en canto o Estado-nación – ben como aspiración, ben como autodescrición das unidades políticas existentes – se converteu no eixe da actividade política europea, a historia experimentou unha reconfiguración gradual cara a un relato converxente cos elementos constitutivos da nova form ación modelo, de xeito que puidese satisfacer as dem andas políticas do momento, tanto dos que exercían o poder coma, no seu caso, dos que pretendían dispoñer del nunha nova instancia estatal que dese expresión ás súas reivindicacións nacionais. De tal m aneira que o nacionalismo, como forma de política organizada arredor do control do Estado moderno, 5 estimulou a consolidación dun estreito nexo entre o relato do pasado e o novo ente político específico do tempo contemporáneo. No decurso da segunda metade do século XIX, en consecuencia, a historia quedou fortem ente vinculada á principal referencia política do momento na dobre faciana en que esta se m anifestaba, como anverso e reverso dunha mesma realidade, é dicir, como a entidade fundante da lexitimidade, a nación, e como o aparello institucional no que esta se concretaba, o Estado. Na época do irmandamento dos Estados e as nacións, a representación do pasado adoptou tamén, en adecuada correspondencia coa súa significación política, a forma de historia nacional. 1. A nacionalización da política Entre os factores de modernización que, a partir do século XIX, implicaron a desaparición das estructuras tradicionais sobre as que ata entón se organizara a vida das sociedades europeas discírnese con claridade a presencia dun forte pulo nacionalizador . De feito, entendida no senso de que a nación se foi convertendo despois de 1789 nunha referencia central para cada unha das dimensións que configuraron o novo sistema, a nacionalización constituíuse nun dos trazos xenéricos que impregnaron as distintas manifestacións do proceso modernizador. Deixando á m arxe as consideracións sobre as actividades económicas, que tampouco non exclúen a relevancia do nacional, a pesar da tendencia do sistema capitalis ta a superar as restrinxidas delim itacións estatais, as transformacións experim entadas tanto no ámbito político coma no social na prim eira centuria da Europa contemporánea revelan a fonda influencia das concepcións sobre a nación como suxeito político esencial que se estenderon a raíz da Revolución Francesa. A este respecto, cómpre salientar a cualificación de nacional que se lle asociou ó Estado moderno que se consolidou por aqueles tem pos. En primeiro lugar, porque se foi impoñendo en Europa a atribución da soberanía á propia nación, que se constituíu así, 5 John Breuilly, Nationalism and th e State, Manchester Uni versity Press, 1985. 4 de maneira gradual, no factor de lexitim ación do ordenamento político -territorial durante o longo século que, val dicir, culminou en 1918. D este xeito, o Estado foise identificando progresivam ente coa entidade nacional que presumía acoller dentro das súas fronteiras e da que se deducía que era a sú a manifestación na orde institu cional. En consecuencia, a necesidade de lexitim ar a orde política por referencia a unha nación determinada foi estendéndose no transcorrer do século XIX e obrigou ó Estado a intentar que a realidad e se conformase coa afirmación do carácter n acional da sociedade da que proclamaba ser expresión política. O proceso nacionalizador, neste senso, foi o froito dunha crecente intervención das institucións políticas na esfera pública e m esmo na privada, como consecuencia da n ecesidade de fortalecem ento do Estado moderno. A maiores, as propias esixencias do desenvolve mento da econom ía capitalista contribuíron á tarefa. Segundo a tese de Michael Mann, o desem peño das múltiples funcións e servicios civís que asumiu o Estado durante a segunda metade do século XIX e principios do XX, atendendo a demanda do capitalismo industrial de increm entar a coordinación social, fixo medrar a “densidad e de interacción social” dentro dos límites que aquel establecía, volvendo as sociedades, así fragmentadas territorialm ente, máis “nacionalmente homoxéneas”. 6 Pero ademais da pretensión lexitimadora da soberanía sobre o espacio que abranguían os seus límites, tam én se fixo o Estado merecente do adxectivo nacional por efecto dos propios procesos de modernización, que foron dando consistencia de maneira paulatina a unha aparente identificación entre o Estado e a sociedade. De m aneira que, en realidade, tales resultados foro n parcialmente independentes da vontade estatal explícita, polo menos en boa parte do seu desenvolvem ento, aínda que tamén se deberon, e deste modo foron percibidos pola m aioría social, á acción política expresada en proxectos gobernamentais concretos destinados a incidir directamente sobre o territorio do Estado e as xentes que o habitaban. Dun e doutro xeito, combinados os efectos da adscrición nacional da soberanía xunto cos froitos resultantes do traballo das forzas modernizadoras e m ais dos esforzos gobernamentais ó respecto, volveuse cada vez máis plausible a consideración da exactitude da correspondencia entre a organización político-territorial e un conxunto específico de individuos unidos por lazos de diversa natureza. O Estado-nación consolidouse, por tanto, como a m áis apropiada fórmula para articular a relación entre a sociedade e o aparello estatal de poder. E así ten deu a presentarse este, autorizado como representación dun grupo de natureza nacional. En definitiva, a súa función lexitimadora converteu a nación –e a política nacionalista que dela deitaba– en parte esencial do aparello ideolóxico do Estado moderno. Os Estados existentes experimentaron, polo tanto, un proceso de nacionalización a medida que avanzou o século XIX, proclam ando a súa lexitimidade esencial en virtude da súa condición de estructura de organización política dunha comunidade nacional determinada. Así o fixo o Estado lib eral, fundado directamen te no concepto da soberanía nacional, en canto expresión da orixe e da titularidade últim as do poder que se lle adxudicaban á nación, entendida como corpo de cidadáns asociados entre si nun espacio territorial determinado, segundo a fórmula cuñada na Francia revolucionaria. 7 A relación entre nación e soberanía tendeu a facerse máis estreita a m edida que a 6 Michael Mann, The Sources of Social Power, vol. 2, p. 730. 7 “Qu’est-ce qu’une nation? Un corps d’associés viva nt sous une loi commune et représentés pour la même législature ” , s egundo a enunciación de E.J. Sieyès en Qu’e st-ce que le Tiers état?, 1789, ed. Roberto Zapperi, Librairie Droz, Xe nebra 1970, p. 126. Para unha análise da pluralida de de significados do concepto nación nos revolucionarios fra nceses, cf. Ramón Máiz, A idea de nación, Edicións Xerais de Galicia, Vigo 1997 , pp. 21-60. 5 modernización foi considerándose equivalente na orde política á reconfiguración institucional segundo os principios do liberalismo, a aplicación do cal, mesmo que fose na súa limitada versión doutrinaria, implicou o inicio dun camiño de participación política da cidadanía e, en consecuencia, o recoñecemento explícito da natureza nacionalitaria do suxeito político. Neste senso, o proceso de confluencia entre o Estado e a nación experimentou unha aceleración inevit able a partir de 1870, en coincidencia coa vaga democratizadora do sistem a político liberal e a conseguinte xeneralización efectiva da condición de cidadanía, concretada finalmente na incorporación das masas populares ó sistema político. Pero tamén nos Estados que seguiron derivando a súa lexitim idade do principio de sucesión dinástica a monarquía, identificada co propio Estado, empezou a ser contemplada com o a expresión primordial da relación que ligaba a sociedad e cos órganos de goberno. Boa parte das familias reinantes, sen renunciar á antiga fundamentación hereditaria na que ancorara tradicionalmente a súa autoridade, deberon recorrer a un proceso de nacionalización com plementario que reforzase a súa lexitimidade no ám bito interno e mais cara ó exterior, de xeito máis conforme coas esixencias dun século no que, gradualmente, tendía a atribuírse a orixe do poder á comunidade dos gobernados, en vez de ós individuos e institu cións que o exercían na práctica. En xeral, as monarquías, incluso no caso das que seguían afirm ando de maneira expresa unh a lexitimació n allea á vontade dos seus súbditos, tendero n a presentarse progresivamente como a encarnació n histórica da sociedade que dirixían e mesmo a asumir a súa representación polí tica, en ausencia doutras institucións conformes cos principios liberais. Procedeuse neses casos a desenvolver un proceso de fusión entre a dinastía e a nación, segundo un programa que se m anifestou nunha dobre vertente. Por un lado, perseguiuse achegar as monarquías e as sociedades resp ectivas por medio dunha naturalización das dinastías que as convertese en nacionais, identificándoas cos pobos sobre os que viñan exercendo a súa autoridade. Por outro, os gobernos aplicaron políticas destinadas a nacionalizar a sociedade, promovendo leis e proxectos de actuación dirixido s a acadar unha progresiva hom oxeneización da poboación, de feito que se fixese evidente unha condición nacionalitaria que a heteroxeneidade social volvía, en principio, pouco plausible. O resultado final do establecemento destas políticas d e nacionalismo oficial, xeneralizadas na segunda metade do século XIX en m oitos países europeos, perm itiu ás familias reinantes e, de maneira derivada, ós propios Estados, conf irmar a súa lexitimidade so bre bases máis adecuadas a un novo mundo no que as institucións de poder eran xa de forma crecente asociadas ás nacións respectiv as. 8 Ademais do relativo ás novas formas de lexitim ación política, o pulo nacionalizador púxose de manifesto en todos os ámbitos que caracterizan as transformacións que deron remate ó vello modelo das sociedades agrarias. E aínda que as novas formas da sociedade m oderna foron modeladas por forzas que con moita 8 O concepto de nacionalismo oficial aplícao Hugh Seton-Watson para describir as políticas de rusificación e de maxiarización na s décadas finais do século XIX e prim eiras do XX en Rusia e en Hungría, respectivam ente: “[...] a doctri ne which, in two m ultinational states, overshadowe d, or indeed replaced, the principle of dynastic loyalty as the basi s of legitimacy of gover nm ent”. Hugh Seton-Watson, Nations and States. An Inquiry into the Or igins of Nations and the Politics of Nationalism, Westview Press, Boulder 1977, p. 148. Benedict Anderson, Imagined Communities. Reflections on the Origins and Spread of Nation alism, Vers o, Londres 1983, pp. 80-103, tómao do a utor británico para describir o conxunto de políticas nacionalizad oras que se aplicaron en boa parte do s grandes Estados, non só europeos, da é poca. Escri be Anderson so bre a natur alizac ión das gra ndes familias reais: “Rom anovs discovered they were Great Russians, Ha nnoverians that they were English, Hohenzollerns t hat they were Germans – and with rathe r more diffic ulty their cousins turned Rumanian, Greek, a nd so forth”. Id., p. 83. 6 frecuencia se impuxeron con independencia de proxectos gobernamentais concretos, e mesmo en contradicción con eles, non cabe dúbida de que foron tamén resultado de programas de acción política destinados a crear as condicións apropiadas para satisfacer as demandas dun Estado que debía adaptarse ós requirimentos da nova época. Neste senso, as institucións d e poder non podían deixar de utilizar os seus recursos para contribuír a que a correspondencia entre o Estado e a nación se manifestase de m aneira ben visible, procurando, cando m enos, estimular procesos que volvesen verosím il unha relación de equivalencia que a realidade que proviña do vello réxim e estaba lonxe de facer evidente. En tan to as complexidades d a sociedade real non permitían unha transposición automática da confluencia ideolóxica entre os dous term os, a relación de concordancia entre eles debeu ser tamén pr omovida de maneira expresa desde o propio Estado, por medio dunha acción política es pecífica de lexitimación destinad a a “reinterpretar en term os nacionais todo o que incluísen as fronteiras do E stado”. 9 Deste xeito, e contra o que a retórica oficial pretendeu presentar com o identificación natural entre dúas entidades complem entarias, o proceso de asociación entre o Estado e a nación esixiu un programa político de nacionalización da sociedade. Por demais, a maiores dos afáns de lexitimación da orde política, a converxencia da comunidade nacional e o Estado moderno foi consecuencia tam én da necesidade de achegar unha xustificación do crecemento do poder deste so bre a sociedade, en razón do crecente intervencionismo das institu cións públicas na v ida dos gobernados, en con tinua medra a medida que avanzaba o século e que a m iúdo era percibido polos cidadáns dun xeito radicalmente negativo, com o imposición de novas e pesadas obrigas e mais de abafantes controis sobre as súas actividades particulares. A ampliación das competencias dos órganos de poder e das súas capacidades de introm isión na esfera privada requiriu que o Estado se presentase como o instrumento do poder da propia nación, como expresión da utilidade pública no seu exercicio, imparcial fronte ós seus cidadáns, desligado de intereses particulares de persoas ou grupos. En fin, o Estado moderno debeu aparecer como a institucionalización xurídico-política d unha sociedade que, en parte como froito da m esma acción de goberno, adquiriu as aparencias todas dunha comunidade homoxénea e ligada por com enencias e obxectivos compartidos. Val dicir, que reunía os trazos propios dunha auténtica nación. En consecuencia, na Europa do século XIX e de principios do XX foise conformando unha confluencia entre Estado e nación que transcendeu a pura determinación ideolóxica, en can to se desenvolveu mesmo con independencia da aceptación das teorías liberais e da aplicación de programas de acción política encamiñados de m aneira específica a conseguir tal resultado. Certamente, a variedade de situacións que é posible contemplar ó longo do período non permite reducir o proceso a un efecto buscado das políticas estatais. Mesmo limitando a análise ós Estados nos que se consolidou a opción liberal, non é do ado considerar a acción dos gobernos como a realización dun proxecto de transformación nacional das sociedades europeas, tanto por causa dos diferentes contextos internos políticos, económicos e sociais de cada país coma pola propia varied ade no grao de intensidade e nos ritmos de implantación dos principios da d outrina respecto das in stitucións depositarias da soberanía, do establecemento do sistem a de igualdade xurídica e das posibilidades reais da práctica das liberdades públicas. Sen embargo, máis alá da intencionalidade e da convicción ideolóxica, pode considerarse a nacionalización progresiva das sociedad es 9 A frase é de Anne-Marie Thiesse, La création des i den tités nacionales. Europe XVIII-XIX siècle, Éditions du Seuil, París 1999, p. 237: “La fixati on des frontières d’ un État ne peut transcrire de manière satisfaisante l’existence d’une nation et son droit à l’autonom ie [...]. Mais il est possible de réinterpreter en termes nationaux t out ce qu’incluent les frontières de l’Ét at”. 7 europeas como descrición dunha nova realidade que derivou, cando menos en parte, da acción de goberno dos Estados nun conxunto de campos que abrang ueron desde o sistema fiscal e o recrutam ento militar masivo ata a fix ación do marco legal das actividades económicas e a prom oción dunha estructura de interconexión territorial, pasando polo establecemento dun sistem a de instrucción pública gradualmente ampliado e m esmo, xa entrado o século XX, duns incipientes mecanismos de garantía social destinados a temperar as patentes desigualdades reais na vida dos m embros da nación. En verdade, nos Estados xa establecidos de antigo tratouse tanto dos efectos dun programa preconcibido de conformación da sociedade co ma do resultado m esmo do incremento da propia capacidade de intervenció n das institucións públicas en todas as facetas da vida do país. Máis patente resultou o propósito transformador nas poboacións afectadas polas políticas expresamente nacionalizadoras dos novos Estados constituídos a partir da presunción nacionalista, que se explicaron a si m esmos com o a representación política de nacións que antes carecían, inxustam ente, do recoñecemento institucional do seu dereito a rexer os seus destinos en igualdade de condicións cos demais pobos. Alemania e Italia, deste xeito, unha vez constituídas com o Estados- nación, promoveron activamente políticas de construcción nacional dentro dos seus territorios. En calquera caso, os individuos encadrados no marco xeográfico estatal tenderon a percibirse a si m esmos como mem bros dunha sociedade nacional, é dicir, co mo integrantes dunha comunidade rexida polas mesm as normas e diferenciada das que se correspondían cos territorios das restantes unidades estatais. Incluso nos grandes imperios onde a d iversidade idiomática e cultural vo lvía ben complicada a lexitim ación das institucións de poder pola referencia nacional, como no Imperio austrohúngaro, no otomán ou no ruso tsarista, as políticas do xa citado nacionalismo oficial inten taron modernizar os fundamentos duns Estados compostos por territorios ligados polos tradicionais lazos dinásticos –agora considerados com o insuficientes– im poñendo un programa de centralización adm inistrativa e de uniformación cultural da sociedade. É certo que as políticas nacionalizador as non sempre tiveron éxito. Remataron en fracaso nestes imperios orien tais, onde nos derradeiro s decenios do XIX abrollaron movementos de reivin dicación nacionalista que rexeitaban a iden tificación coas estructuras de poder estatais establecidas e esixían o recoñecem ento do dereito dos pobos a constituír as súas propias institu cións políticas independentes. O mesm o cabe dicir da aparición nalgúns dos vellos Estados da Europa occidental de movementos que rexeitaban a definición nacional oficial e reclamaban unha recomposición territorial do poder político que respectase a singularidade dos diversos pobos que convivían dentro das súas fronteiras. Aquel relativo fracaso non veu significar, sen em bargo, a desautorización dos vínculos entre Estado e sociedade nacional, senón, xustam ente, a confirmación da pertinencia de co nsiderar os Estados como expresión política das nacións. Tal viña a ser a proclamación explícita da ideolox ía nacionalista. É, pois, no contexto político creado pola revolución liberal e pola progresiva conformación do Estado moderno onde cobrou significación política a nación, en can to depositaria da soberanía e lexitimadora das institucións de goberno. A consecuencia da interdependencia que relacionaba as estructuras de poder, a comunidade nacional e o espacio xeográfico no que ambos os elemento s se asociaban veu ser a consideración do Estado-nación como a forma de organización político-territorial preem inente, en canto expresión máis acabada no ám bito das institucións públicas de poder da soberanía orixinaria da nación, entendida como agrupamento básico de cidadáns unidos por leis, obxectivos e intereses comúns. 8 Os vellos Estados europeos reconstituíronse gradualmente en conformidade coa nova fórmula lexitimadora, ó tem po que identificaban cadansúa poboación como unha nacionalidade específica. Deste xeito, a ecuación que ligaba o Estado e a nación cobrou cada vez máis verosimilitude, gañando a aparencia de ser a im axe perfecta da realidade, conforme as sociedades tenderon á homoxeneización e á integración, com o resultado das transformacións causadas pola forza dos axentes m odernizadores, sinaladamente a do mercado, e pola propia eficiencia da intervención do novo modelo de Estado en todas as esferas da sociedade, incluídas as accións gobernamentais prom otoras da nacionalización no ámbito da lingua, da cu ltura e da educación, así como no da representación simbólica institucional da orde política. En suma, a consagración do Estado-nación como m odo máis apropiado de delimitación territorial do poder entre as distintas entidades que proclamaban o seu dereito a dispoñer de institucións propias para exercer a súa soberanía pareceu facer realidade o principio político que reclamaba a congruencia entre a unidade política e a nacional como o fundamento da forma de goberno ideal, segundo proclam aba a ideoloxía nacionalista na segunda metade do século XIX. 10 Foi, en realidade, a propia consolidación daquela clase de Estado moderno con pretensións de representar politicamente unha nación a que creou o escenario no que cobrou sentido a formulación dunha doutrina como a do nacionalism o, que demandaba dar satisfacción íntegra á correspondencia citada, poñendo en práctica a proposición ilustrada que asignaba a soberanía á nación. Unha vez afirmado o principio e aplicado como fundamentación da organización político-territorial en numerosos casos, a contemplación da heteroxénea composición social de boa parte dos Estados europeos, a pesar do seu labor de uniformación, volveu inevitable o xurdim ento de demandas de reestructuración dos límites estatais para acomodalos ó modelo id eal. Deste xeito, a referencia nacional non só contribuíu ó reforzamento do Estado no contexto da reestructuración modernizadora, senón que, baixo a forma dos nacionalismos de oposición, xeneralizados a partir do derradeiro tercio do século XIX, lexitimou a dem anda de rectificación das fronteiras estatais europeas. 2. A nacionalización do pasado O desenvolvemento do proceso de nacionalización que acompañou na Europa do século XIX o progresivo esmorecemento das form as de organización po lítica, actividade productiva e estructuración social propias das sociedades agrarias e o avance conseguinte das pautas que son propias da modernización, ben que con ritmos e intensidade diferentes segundo os países, outorgou unha nova significación política ó estudio, representación e difusión do pasado. 11 De feito, a mirada cara á historia converteuse nun recurso de gran relevancia política no momento de fundamentar a construcción dun novo modelo de sociedade que, de modo paradoxal, nacía da ruptura 10 “Nationalism is primarily a political prin ciple, which holds that the political and the national unit should be c ongruent”. Ernest Gellner, Nations and Nationalism, Basil Blackwell, Oxford 1983, p. 1. 11 A consideraci ón crecente da naci ón como a unidade natural de a grupam ento hum ano e a fixación nela dos dereitos políticos outorgou, por necesidade, unha gran rele vancia ó seu pasado, en xe ral, e á determinación das súas orixes, e n particular: “He nce, by defi nition, the simple exi stence of nations implies the existence of a past which, f or their own good a nd that of the indi viduals who belongs to t hem , should be known and propag ated. Therefore, the em ergen ce of political nationalism […] converted the production of this history into a patriotic duty”. Margarita Dí az-Andreu e Tim othy Champion (ed) , Nationalism and archaeology in Europe, Westview Press , Boulder 1996, p. 3. 9 co pasado, como resultado dunha renovación radical dos presupostos sobre os que ata entón se ergueran o sistema político, a organización social e as prácticas económ icas. 12 En aparente contradicció n, polo tanto, a historia comezou a operar de inm ediato como un dos principais elem entos nos que asentaba o novo réxime político que pretendía expresar a con gruencia entre Estado e nación. 13 Neste senso, a utilización do pasado veu reproducir tamén a tendencia ó emparellam ento do sistema político e da sociedade que caracterizou a formación da Europa contemporánea, en can to o seu relato serviu, a un tempo, como factor de lexitim ación do primeiro dos term os e como axente da nacionalización do segundo, no caso dos Estados establecidos. Por dem ais, obraron segundo idénticos presupostos os movementos de oposición á vixente configuración territorial do poder, aqueles que negaban que as unidades estatais existentes fosen reflexo verdadeiro da necesaria correspondencia que estas debían amosar coa realid ade nacional e que, en consecuencia, reivindicaban un novo axustamento das dem arcacións fronteirizas consonte con ela. 14 A historia, deste xeito, pasou a ser empregada como ferramenta política de singular importancia no proceso de edificación da nova ordenación política europea baseada na presunción da converxencia entre Estado e nación, tanto por parte dos defensores dunha relexitimación nacional das vellas entidades estatais coma polos m ovementos que desafiaron as fronteiras herdadas e promoveron a súa reestructuración para se ad aptar ós límites das auténticas comunidades nacionais. En todo caso, a medida que foi transcorrendo o século XIX foise tamén consolidando unha estreita e significativa relación entre pasado e presente, no senso de que a referencia ós tempos históricos pasou a constituírse en argumento de frecuente utilización no ámbito político, sendo empregada tanto desde o Estado com a contra el, quer dicir, tanto na condición de apoi o á orde política territoria l establecida com a, de maneira alternativa, na de instrumento para prom over a súa recomposición. 15 Cabe afirmar, en consecuencia, que a nova relevancia política conferida á historia instituíu uns lazos que ligaron de maneira inextricab le a representación do pasado e mais os 12 A “nostalxia do pasado” non é unha estraña com pañeira dos períodos de cam bio e das sociedades en transición, que adoitan insisti r na procura dunha continuidade que permita co ntrapesar as conm ocións que son propias de tales m omentos de cri se. Eric Hobsba wm, “Introductio n: Inventing Tra ditions”, en Eric Hobsbawm e Terence Ranger (ed) , The Invention o f Tradition, Cambridge University Press 1983, pp. 1- 14. Son aqueles os tem pos apropiados, polo tanto, para resaltar a persistencia da com unidade ó longo dos séculos, para facer dela o suxeito colectivo dunha “h istoria nacional continuada”, segundo o conce pto de Raphael Samuel, “Continuous national history”, en Id. (ed), Patriotism. The Making and Unmaking of British National Id entity, Vol I, Routledge, Londres 1989, pp. 9-17. 13 A referencia ó pasado reforza os laz os que se establecen entre am bos os elementos e a súa condición de entidades naturais, en razón de dar conta da antigüida de do senso de c ohesión e frate rnidade que xustifica a proclamación da identidade nacional e m ais do vello ancoramento do gr upo no territorio patrio. De ste xeito, a histori a vólvese factor nuclear (“the focal point”) dos procesos de nacionalización, como sinala Anthony D. Smith, The Ethnic Origins of Nations, Basil Blackwell, Oxford 1986, p. 148. Por outra parte, moitos dos movem entos nacionalistas de separación do séc ulo XIX construí ron as súas dem andas expresándoas en “term os territoriais históricos”, segundo se amosa pa ra diversos casos dos imperios Habsburgo e otom ano en John Breuilly, Nationalism and the State, cap. 3, pp. 90-117. 14 A xeneralización dos procesos de nacional ización e historificación da identidade na Europa do XIX aparece claramente exposta na obra de Anne-Marie Thiesse, La création des iden tités nationales. Europe XVIII-XIX siècle, esp., polo que fai ás “Historias n acionais”, no cap. VI, pp. 133-58. 15 Sirva de exemplo da lex itimación histórica o argumento do memorial programático do nacionalist a serbio Ilia Garasanin (1844): “Pues nuestro pre sente no será sin ví nculo con el pasado, sino que ambos (pasado y presente) re presentarán un todo coherente, in tegrado, basado e n uno y otro, sobre el que se halla el pueblo serbio, s u nacionalidad y su vida estatal, ba jo la protección del sagra do derecho histórico. No se puede reprochar a nuestro afán que se a algo nu evo, […] fue fundado en un tiem po muy antiguo y tiene sus raíces en la vida estatal y nacional hi stórica de los serbi os”. Citado en Hagen S chulze, Estado y nació n en Europa , Crítica, Barcelona 1997, p. 140. 16 feitos supoñía deixar que o pasado falase por s i mesm o, implicaba o distanciamento desapaixonado do autor respecto dos asuntos tratados e a renuncia a interpretar a historia en función de intereses do presente. A erudición e a avaliación das fontes convertéronse nos elementos constitutivos do método histórico, do respecto do cal había resultar un coñecemento obxectivo do pasado. En canto esixía unha preparación técnica específica, por dem ais, o oficio de historiador converteuse paulatinamente nunha actividade profesionalizada e de rango académico. 21 A renovación dos estudios sobre o pasado consolidouse, prim eiro de nada, na universidade alemana, creando un modelo de práctica, ensinanza e representación da historia que se estendeu nas décadas finais do XIX a Francia, Gran Bretaña e os países da Europa occidental. Por demais, abrollaron baixo a padroado estatal as institucións dedicadas á preservación dos materiais que daban testemuño dos acontecementos pretéritos, como mu seos, arquivos e bibliotecas, que confirm aron a especialización profesional do traballo histórico. Fundados na autoridade técnica e na obxectiv idade das súas conclusións, os historiadores profesionais reclamaron con carácter exclusivo a autoridade para interpretar de modo adecuado e imparcial o pasado, acoutando un campo que ata entón estivera aberto a calquera escritor cunha sólida form ación cultural ou con certa competencia na expresión literaria. A realidade, sen embargo, non se conformou exactamente á descrición ideal que se acaba de expoñer. Por unha parte, como xa se adiantou, po rque non desapareceron as formas de representación histórica que, por contraste coas que asentaban sobre a proclamada obxectividade que se deducía de bases documentais som etidas a un estricto tratamento crítico, cabe denom inar literarias, en canto nelas primaba a subxectiv a interpretación do autor sobre a rigorosidade das conclusións extraídas dos puros datos do pasado. Pero tamén porque o program a constitutivo da nova histo riografía académica apenas se cumpriu na súa integridad e por parte dos propios estudiosos que presum ían de construír os seus relatos sobre fundam entos inatacables. Máis alá da súa perfección técnica e da erudición que am osasen os seus contidos, as súas representacións do pasado adoeceron case sempre dunha relación dependente respecto de certos condicionan tes de orde política e ideolóxica. No caso dos historiadores profesionais, porque a súa actividade, en virtude da súa prop ia natureza, quedou lig ada ó Estado a través das institucións educativas e culturais nas que desenvolvían o seu traballo. Moitos dos membros do gremio, en consecuencia, deberon atender a clase de esixencias que lles demandaba a súa condición funcionarial. Neste senso, a p ertenza ós corpos integrados nas estructuras administrativas estatais esta bleceu, xa en por si, certos límites ás posibilidades reais de desenvolvemento do seu traballo. Pr imeiro de nada, en canto houberon de axeitar o seu discurso histórico ós intereses do Estado do que dependía a súa carreira profesional. Pero ademais, porque deberon, en moitas ocasións, poñer o seu coñecemento ó servicio dos program as públicos de nacionalización da sociedade, 22 fose contribuíndo á redacción dos manuais escolares de historia, fose participando na 21 Peter Lambert, “The professionalization and institutiona lization of history”, en Stefan Berger, Heiko Felder e Kevin Passm ore (ed), Writing History. Theory and Practice, Arnold, Lo ndres 2003, pp. 42- 60. Stefan Berger, Mark Donovan e Kevi n Passmore, “Apologias for t he nation-state in Western Europe si nce 1800”, en Id. (ed), Writing National Histori e s. Western Europe since 1800, Routledge, Londres 1999, pp. 3-14. 22 A creación de tradicións políticas co obxectivo de cohesionar a sociedade e asegurar a lealdade cida dá foi característica da época de aparición da política de masas, segundo estudia, centrándose nos casos da III República francesa e do II Im perio alemán, Eric Hobsbawm, “Mass-Producing Traditions: Europe, 1870-1914”, e n Eric Hobsba wm e Terence Ranger (ed) , The Invention of Tradition, pp . 263-307, esp. 263-83. 17 composición dos relatos oficiais do pasado. 23 En todo caso, a satisfacción de tales requirimentos do poder supoñía, a fortiori, a contravención dos principios que definían a historiografía académica. Non soamente porqu e a necesidade de vulgarizar os contidos naqueles textos destinados a lectores sen cualificación especial afectaba ó rigor expositivo, senón porque o cumprimento das dem andas do Estado significaba o condicionamento do traballo histórico segundo criterios políticos, supeditando a representación do pasado á consecución dunha finalidade predeterminada en virtude de factores alleos ó ámbito científico. Subordinación ós intereses políticos que, por outra parte, lonxe de ser o resultado do sometemento forzoso ás imposicións do Estado, respondía num erosas veces ó propio convencemento ideolóxico do historiador, q ue adoitaba asumir de bo grao ou mesmo impulsaba por propia iniciativa os proxectos nacionalizadores da Administración do seu país. Sirva de exem plo a actitude dun bo sector das figuras máis representativas da historiografía alemana da segunda m etade do século XIX. Precisamente alí, onde o desenvolvem ento da nova concepción da análise do pasado establecera un modelo de traballo académ ico que, sobre todo no que respecta ó sistema universitario, serviu de referencia ó resto dos países m áis adiantados da época, moitos dos practicantes máis rigorosos da erudición crítica estiveron dispostos a desempeñar a función de apoio ás propostas políticas concretas que entenderon que se correspondían cos intereses da súa nación. Certamente, a intensidade dos acontecementos relacionad os co proceso de recomposición do espacio político naquela rexión a partir de 1848 volvía difícil para calquera intelectual o mantemen to dunha postura de neutralidade pública, e máis para aqueles que se dedicaban ó estudio da historia e á publicación de obras das que non era estraño que se deducisen argumentos relevantes para fundamentar a avaliación dunha ou doutra posición política. S obre todo despois da proclamación do Imperio, en 1871, o patriotism o foi un dos motores principais da actividade pública dos historiadores do país alemán, ben dispostos sempre, en xeral, a contribu ír co seu esforzo á consolidación da construcción nacional e a sustentar a política do Estado. Algúns dos nomes m áis senlleiros da historiografía alemana mesmo compaxinaron, antes e despois daquela relevante data, o seu labor profesional co com promiso político activo, como fixeron Heinrich von Sybel e Heinrich von Treitschke, destacados membros da escola prusiana de historia. Pero cabe afirmar, adem ais, que a xeneralidade dos que se dedicaron á historia, aínda que non asumisen un cargo público, foron conscientes da significación política do seu traballo e actuaron en consecuencia, sen atopar contradictoria esta posición, por certo, coas pretensións de obxectividade e imparcialidade que lle atribuían á súa activ idade profesional. 24 Concibida de tal xeito, directamente lig ada ós intereses do Estado e da nación, a práctica historiográfica tiña que ver m inguada, sen dúbida ningunha, a fundamentación 23 Serve para as dúas categorías de te xtos a definición dos prim eiros com o “the standardiza tion of history through a canonical textb ook”, en palabras de Anthon y D. Smith, “Gastronomy or Geology ? The Role of Nationalism in the Reconst ruction of Nations”, Nations and N ationalism 1 (1995) 3 -23. 24 Sobre as implicacións políticas da obra de Ranke e da escola prusia na de historiadores pode verse Georg G. Iggers, The German Conception of History. The Nationa l Tradition of Historical Thought from Herder to the Present, Wesleyan University Press, Middletown (Co nnecticut) 1983, caps. IV-V, pp . 63- 123; e Hagen Schulze, Estado y nación en Europa, pp. 141-9. Por demais, segundo a lectura de Hayden White, o propio Ranke organizou o estudio da hist oria europea tom ándoa como un proceso no que os pobos, despois do universalismo mediev al, ata os seus días, se foron constitu índo en nacións –as uni dades perfectas de organización soci al, cos seus trazos específicos, adaptados ás respectivas necesidades físicas e espirituais–, configuradas como naci óns-Estad o. En consec uencia, as com unidades nacionais foron consideradas por Ranke com o as unidades naturais da investigación hist órica. Hayden White, Metahistoria, Fondo de Cultura Económica, México 1992 , pp. 164-75. 18 científica na que pregoaba asentar. Mesm o o traballo de arquivo, na procura do documento que dese conta de maneira veraz da realidade da historia, deixou de ser garante da solidez e independencia dunhas interpretacións do pasado que, de modo sospeitoso, adoitaban servir de apoio a programas gobernamentais e a determ inadas políticas do Estado. A situación, por demais, non foi privativa de Alemania, senón que se estendeu á historiografía de todos os Estados europeos de finais do XIX e principios do XX. Se os historiadores italianos traballaron para reforzar a dim ensión nacional do novo Estado, os franceses apoiaron con entusiasmo o proxecto rexenerador da III República despois da derrota de 1871, os británicos deron apoio co relato do pasado á misión civilizadora do seu Imperio e os españois resa ltaron a lexitimidade nacion al do Estado liberal da Restauración. 25 Ningún deles considerou que a relevancia política da súa obra implicase unha mingua do seu valor científico, en canto aquela era consecuencia da propia natureza da súa actividade. No seu criterio, a busca desinteresada da verdade que os impulsaba como homes de ciencia conferíalle ó seu traballo unha transcendencia moral engadida e convertía os seus resultados en m ateria apropiada para a educación cívica da sociedad e. Así, sen abdicar da súa independencia profesional, o historiador servía, á vez, á ciencia e á patria, por canto, sen necesidade de amosar un comprom iso político de maneira expresa, ó mesmo tem po que enriquecía o coñecemento do pasado achegaba o s materiais precisos para a in strucción nacional da cidadanía. Segundo tal razoamento, non había, por tanto, contradicción ningunha entre o traballo científico do historiador e a función social que desempeñaba a súa obra. 26 Se isto foi así no ámbito das historio grafías académicas, a politización do pasado foi consubstancial á obra dos historiadores que afirmaban de m aneira expresa a súa convicción política nacionalista e que se propuxeron sustentar coa súa versión do 25 Para unha visión xeral da relación da historiografía académica co desenvol vemento do Estado-naci ón, centrada na com paración entre os casos de Alemania, Francia, Italia e Gran Breta ña, vid. a xa citada obra de Stefan Berger, Mark Donovan e Kevi n Passmore (ed), Writing National Histories. Western Eur ope since 1800 . O caso francés pode consultarse en Suza nne Citron, Le mythe national. L’histoire de France e n question, Les Editions ouvrières / Études et Docum e ntation internationales, París 1989, onde se salienta o papel da “escola metódica” na const rucción da historia de Francia oficial ó servicio da III República, destacando a acheg a de Ernest Lavisse, que combinou o traballo erudito para producir a monumental Histoire de France de l’é poque ga llo-romaine à la Révolution (1890, 9 t omos), o “ Grand Lavisse” , coa elaboración do máis popular dos m anuais escolares, Histoire de France (1882, reeditado continu amente ata 1950), o “Petit Lavisse”, onde se debuxa unha nación inmemorial, prefigurada xa na Galia m ítica e confirmada na súa esencia ata o presente. Para a España da Restauraci ón, cf. Carolyn P. Boyd, Hi storia Patria. Politics, History, and National Id entity in Spain, 1875- 1975, Princeton Univ ersity Press, 1997, esp. cap. 3-5, pp. 65-164, onde se expón a funcionalidade da historia nacional como lexitimadora do sistema de 1876, aínda que se sinala a menor relevancia do e nsino do pasado na escola; Inm an Fox, La invención de España. Naci onalismo liberal e iden tidad naciona l, Cátedra, Madrid 1997, es p. cap. III e VI, pp. 35-54, 97-1 09, centrados na historiografía li beral; Juan Si sinio Pé rez Garzón et al., La gestión de la memoria. La historia de España al servicio del poder, Crítica, Barcelona 2000, esp. pp. 87 -105; e José Álvarez Junco, Mater Dolorosa. La idea de España en el siglo XIX, Taurus, Madrid 2001, esp . cap. IX-XI, pp. 433-565 . Aínda que se ocupa do período inmediatamente an terior, resulta útil a cons ulta de Paloma Cirujano Marín, Teresa Elorriaga Planes e Juan Sisinio Pé rez Garzón, Historiografía y nacionalismo liberal español , 1834-1868, CSI C, Madrid 1985. A dimensión histórica-nacional da argum entación política na España liberal, estudiada a través da análise dos disc ursos dos intelectuais, trátase en Santos Juliá, Historia de las dos Españas, Taurus, Madrid 2004, es p. cap. 1- 2, pp. 21-102, e m ais en Javier Varela, La novela de España. Lo s intelectuales y el problema español, Taurus, Madrid 1999, esp. cap. 1-3, pp. 27-144. O caso británic o exponse con detalle máis adiante. 26 Olivier Dumoulin, Le rôle social de l’histor ien. De la chaire au prétoire, Albin Michel, París 2003, pp . 149-87, relata a constitución do triple papel asumido polo historiador com o home de ciencia, como educador e com o patriota, tomando com o referencia ce ntral a Ernest Lavisse, na F rancia de finais do XIX. 19 pasado as reivindicacións de movementos que aspiraban a reconstituír, de acordo cos supostos dereitos da súa propia nación, as fronteiras que delimitaban a distribución territorial do poder. Nestes casos, a predeterminación ideolóxica e a procura da efectividade política, así como a frecuente desconexión dos autores das institucións académicas duns Estados ós que pretendían com bater coas súas achegas, fixeron m oito máis probable a subordinación do traballo histórico a criterios alleos á pura esixencia académica. Dun ou doutro modo, polo tanto, os tempos da renovación científica da historia non impediron a ideoloxización da súa práctica, estreitamente vinculada ó Estado e á nación correspondente ou ás aspiracións políticas dos movementos nacionalistas de oposición. Mesmo nos casos en que o rigor na aplicación do m étodo histórico parecía sustentar de maneira inobxectable a representación do pasado, as presuncións ideolóxico-políticas que orientaban o trabal lo do historiador v olvían difícil a aceptación dos seus resultados para aqueles que non as compartisen. As polém icas entre os estudiosos da historia, mesmo dentro dos círculos profesio nais, adoitaban enmascarar coa retórica de argumentacións académicas o que, m oi a miúdo, non era máis que un debate sobre posicións contradictorias fundadas en opinións e intereses de orde política. É nesta dim ensión onde cómpre enmarcar as frecuentes confrontación s entre historiadores de diferentes Estados a propósito de disputas territoriais ou de diferencias de política exterior, así como as que opoñían ós nacionalistas partidarios da rearticulación do espacio político interno cos defensores do mantemento da integridade dos límites estatais. Naquela clase de conflicto s, tan repetidos no período das décadas finais do século XIX e primeiras do XX, o aliñam ento sen fisuras da maioría do s historiadores afectados segundo criterios de manifesta orixe política non pode máis que restar credibilid ade ás pretensións de acadar a historia do momento o status científico que con tanta énfase se proclamaba desde os ám bitos académicos. O positivismo metodolóxico, desde logo, estaba aínda lonxe de dar cabo ás aproximacións ó pasado máis condicionadas pola subxectividade política do estudioso que o poñía en práctica. Neste senso, a pesar da evidente transform ación historiográfica experimentada desde mediados do XIX, non cabe dar por pechada daquela a dife renciación entre a caracterización histórica ancorada no traballo sobre os datos d ocumentais e a construída sobre especulacións con dubidoso fundamento. A distancia entre as historias de base empírica e as historias claramente interp retativas pertencía, en num erosas ocasións, máis á esfera dos tipos ideais que á realidade na que se contrapoñían as representacións en competencia sobre o pasado. De certo, resultaba patente a diferencia que separaba os relatos puramente im axinativos daqueles que atendían os requirimentos da norma profesional, pero entre estes extremos do espectro historiográfico cabía aínda unha ampla variedade de representacións nas que o dato arquivístico e a interpretación se mesturaban en doses non sempre ben equilibradas. A penetración ideolóxica tendeu, en todo caso, a determinar a producción histórica dun xeito que transcendía a consideración exclusiva de elementos ligados á busca da obxectividade científica. A dimensión social e política do traballo histórico xa amentada, adem ais, contribuíu a reducir o espacio entre o s relatos elaborados segun do as pautas académicas e os que atendían de m aneira máis explícita ós efectos que esperaban causar na sociedade. En certa medida, por causa da súa utilidade social, as representacións todas do pasado tenderon a igualarse na dim ensión formal, por canto tamén moitas das que se com poñían baixo presupostos académicos deberon recorrer a técnicas de expresión que facilitasen a transm isión da mensaxe política que contiñan e que, así, as volvesen politicamente operativas. A atención á funcionalidade social do relato implicaba, necesariam ente, o sacrificio de parte do rigor expositivo en aras do 20 efectismo didáctico preciso para fac ilitar a comunicación cos receptores non especializados, nun proceso no que non se excluía tampouco a preterición do fundamento documental en favor da claridade interpretativa. Foi preciso, en suma, renunciar con frecuencia á exposición da complexidade histórica en beneficio da simplificación do pasado requirida para a consecución do s obxectivos políticos que se lle asignaban á súa representación. Por demais, a propia composición narrativa da escrita histórica, coas esixencias propias do xénero, contribuíu a diluír o peso da soa argumentación em piricista, en canto o historiador acad émico debeu seguir unhas pautas na articulación formal dos relatos que compartía cos de carácter m áis interpretativo. O resultado final da suma dos factores políticos, ideolóxicos, sociais e narrativos foi un esvaecemento dos lím ites entre as historias académicas dirixidas a un ámbito de lectura m áis amplo que o especializado e aquelas que, de principio, outorgaban máis peso á dim ensión interpretativa e literaria. Mesm o cabe aludir a unha crecente confluencia de xéneros históricos, da cal é paradigmático o caso da historiografía nacionalista, por canto nela se mesturaron sen maior diferenciación os elementos puram ente ideolóxicos cos que gozaban de apoios documentais, aínda que, nos máis acabados exem plares, se pretendese facer recaer de maneira exclus iva sobre os datos obxectivos o peso do relato. Trátase esta dunha historiografía militante, que non é peculiar dos historiadores afeccionados, por certo, e na que o pasado, posto ó servicio de obxectivos políticos, é sometido a unha instrum entalización explícita. Por m oito que afirmase que o seu relato asentaba no respecto á evidencia m aterial do dato histórico, a historia nacionalista, mesmo a composta segundo os procedem entos canónicos da investigación e da representación histórica académicas, resultaba ser un producto id eoloxicamente predeterminado. Certam ente, os traballos que constitu ían o seu proceso de elaboración, en canto selección, ordenamento e xerarquización dos materiais históricos, estaban condicionados por decisións previamente tomadas que debían conducir, de m aneira ineludible, a resultados coincidentes cos presupostos fundacionais do relato. Esta clase de representacións do pasado preocupadas polo adoutrinamento patriótico e a pedagoxía política superou o marco explicitamente nacionalista e impregnou boa parte dos froitos da actividad e historiográfica do período considerado. En canto tamén se prestou con frecuencia á subordinación das regras m etodolóxicas da súa disciplina, resulta difícil aceptar sen m atizacións a afirmación de que a historia académica de finais do século XIX e principios da seguinte centuria constitu íse, en realidade, un discurso autónomo no m esmo senso que as ciencias da natureza, quer dicir, xustificado na súa existencia polo seu propio valor como achega ó coñecemento da realidade, ideoloxicam ente indiferente ante os resultados da investigación e despreocupado pola repercusión social das súas conclusións. Pola contra, unha boa parte do traballo historiográfico da época desenvolveuse en relación a un pasado compartim entado segundo suxeitos nacionais ou estatais e sempre atento ós seus efectos sobre eles no presente. Por tal razón, o estudio da historia, a pesar da renovación parcial dos seus métodos e dos seus contidos, viuse condicionado de maneira crecente pola esfera pública onde había desempeñar as súas funcións. E en tal escenario concorrían en plena liberdade non só as propostas de orixe académ ica, senón outras que non atendían a tales pautas de elaboración ou que reflectían crenzas populares sobre o pasado, memorias fortemente asentadas na sociedade. Lonxe do reducido círculo das elites ilustradas, a historiografía académica debeu adap tarse ó marco social para poñerse en condicións de competir con posibilidades con relatos a m iúdo máis dinámicos, non som etidos ás rixideces da argumentación docum entada e de máis doada penetración na m entalidade 21 popular. As historias oficiais promovidas desde os Estados, os textos escolares difundidos polo sistema educativo e as manifestacións rituais e conmemorativas do pasado ligadas ás institucións públicas, como principais formas de presencia social das achegas da historia académica, implicaron unha adaptación que, con demasiada frecuencia, aproximou as súas propostas ó m esmo plano das narracións máis interpretativas e expresamente políticas. En todo caso, calquera que fose a forma que adoptase, a modernización científica da historiografía no transcurso do século XIX non converteu a práctica da historia nunha disciplina afastada das preocupacións políticas do presente. Pola contra, o estudio e a representación do pasado, axeitados á comenencia, convertéronse nun dos mellores recursos dispoñibles para a argum entación no escenario político. 4. A historiografía británica: o glorioso pasado dunha nación excepcional Quizais en ningures como na Inglaterra victoriana se manifestou de m aneira máis rechamante a aparente incongruencia que, no século XIX europeo, fixo coincidir a transformación modernizadora dunha socied ade que poñía fin a unha orde fondamente arraigada no pasado cun interese crecente pola historia que daba conta, precisam ente, dos tempos cos que se estaba rom pendo. En ningún lugar como en Gran Bretaña foi tan acelerado aquel cambio e, polo tanto , tan forte a percepción social da quebra das formas políticas, económicas e cultu rais tradicionais, así como dos valores que se lles asociaran durante séculos. Sen embargo, talvez por esa mesma razón, por causa da conmoción e o desasosego propios dun proceso de mudanza de intensidade revolucionaria, non se pecharon as portas do pasado. Pola contra, a mirada cara a atrás foi un xesto ben frecuente nas xentes daquel novo mundo que se estaba a formar. E non se trataba só da nostalxia, que a houbo, dos segmentos sociais que vían en risco os privilexios dos que gozaban no antigo sistema e establecían unha interesada comparanza cos m ales que lle atribuían ó presente. As clases instruíd as, primeiro, e a socied ade toda, en xeral, atendendo despois ás súas propostas, acudiron ó pasado na procura dunha axuda que facilitase a comprensión do que estaba sucedendo nos seus días e achegase certa seguridade a unha época na que todo parecía abanear. O interese pola historia, de feito, non deixou de medrar na sociedade británica ó longo do século da industrialización, da apertura ás masas do sistem a político e da recomposición das estructu ras e dos valores sociais. “Fascinados polo pasado”, por un pasado que eles mesmos “inventaron”, certamente, os victorianos atinaron a discernir na historia as claves da evolución so cial que conducía e, por tanto, daba unha explicación a aquel presente tan com plexo que vivían. 27 O termo clave no que a sociedade británica do XIX atopou o sentido da historia e, en consecuencia, do presente no que esta derivaba foi o de progreso, palabra que resumía en por si o avance civilizatorio do xénero hum ano desde a súa aparición no mundo. Pero ademais, en particular, o concepto acertaba a describir o camiño secular da propia Inglaterra ata aquel espléndid o instante, no cal abrollaban no seu m áis alto grao os resultados finais dun proceso histórico de melloramento da nación en todas as ordes. Semellante lectura da historia, creada por escritores que aínda practicaban o modo tradicional literario de tratar o pasado, foi predom inante na sociedade británica ó longo do enteiro século XIX, mesm o cando xa se impoñía, no seu derradeiro tercio, a renovación académica dos estud ios históricos. Porque tam én en Gran Bretaña, 27 Peter J. Bowler, The Invention of Pr ogress. The Victori ans and the Past, Basil Blackwell, Oxford 1989, pp. 1-17. Tam én se alude a “t he Victorian fascination with the past” e n Philippa Levine, The Amateur and the Professional. Antiquarians , Hi storians and Arc haeol ogists in Victorian E ngland, 1838-1886, Cambridge U niversity Press, 1986, p. 4. 22 loxicamente, se profesionalizou por aquel tem po o traballo sobre o pasado, tamén alí se constituíu a historia en disciplina académ ica autónoma, integrándose nos estudios universitarios de maneira ind ividualizada, e se estableceron as bases para o aproveitamento científico dos m ateriais que testemuñaban o acontecido nos séculos pretéritos. Pero, de igual maneira que nos demais países europeos nos que se deu o mesmo desenvolvemento, a renovación erudita experim entada pola historiografía non rematou coa utilización política do pasado. Antes ben, polo propio feito de se ligar o seu estudio profesional ó Estado e mais á nación, á defensa da orde política ou á súa crítica, a politización da historia resultou inevitable. Como xa se apuntou, o contexto do cam bio modernizador exerceu un impacto notable sobre as diversas propostas de achegamento ó pasado en Gran Bretaña, fundamentalmente a respecto da historia de Inglaterra, identificada de maneira palmar coa do propio Estado. A estab ilidade política, a prosperidade económ ica e a expansión exterior británicas, que acadaron o seu apoxeo na segunda metade do século, contribuíron a soster a credibilidade dunha representación histórica que pretendía dar conta do constante progreso da nación no tempo cara a aquela situación, única e extraordinariamente brillante, do p resente. Neste senso, en canto este m agnífico marco non deu sinais de debilidade no enteiro século XIX, a presunción xenérica sobre a que asentaba a interpretación do pasado inglés como proceso de mellora dun modelo nacional singular non perdeu fundamento e atravesou as fronteiras das diversas form as de traballar sobre a historia. De xeito que, en virtude do mantem ento do paradigma do gradual desenvolvemento dun sistem a peculiar, cabe establecer unha certa continuidade entre as dúas correntes historiográficas que se sucederon no tempo na Inglaterra victoriana, a literaria tradicional e a erudita, que se consolidou a partir dos decenios finais da centuria. Certamente, as dúas formas de representación do pasado están claramente diferenciadas pola ruptura concep tual e metodolóxica que as separaba, como sucedeu no resto da Europa occidental, pero unha especie de ponte, asentada na admirable realidade que aparecía á v ista da sociedade británica, permitiu transvasar da primeira á segunda a caracterización do pasado inglés como a m anifestación dunha nación triunfante e singular. 28 A historia de tipo literario da primeira m etade do século, de natureza interpretativa e mesm o filosófica, máis interesad a na xeneralización que apegada ó d ato, desenvolveu unha visión do pasado de Inglaterra extrem adamente politizada. Ligada ó liberalismo whig e ó seu proxecto de reforma do sistema político, concretado na potenciación do poder do Parlamento e na gran reforma electoral de 1832, atopou a súa máxima expresión no escritor Thomas Babington Macaulay. Parlamentario e titular de diversos cargos de alta responsabilidade, Macaulay foi un autor de enorm e éxito, sobre todo cos cinco volumes da súa History of England, que publicou, entre 1849 e 1861, coa intención de dar conta dos acontecementos que rodearan a revolución de 1688, onde se decidira o predominio do Parlam ento sobre a Coroa, o cal, na súa visión, caracterizaba 28 O subsegui nte percorrido pa norám ico pola historiografía británica da segunda metade do século XIX apóiase, ademais de na s xas citadas obra s de Peter Bowler, The Invention of Pr ogress, e de Philippa Levine, The Amateur and the Professi onal, no clásico traballo de George P. Gooc h, Histori a e historiadores en el siglo XIX, FCE, México 1977 [1 913], pp. 286- 402, que percorre a obra dos aut ores máis representativos da é poca; na excelente análise do pe rí odo de Bene dikt Stuchtey , “Literature, libe rty and life of the nation: B ritish historiography from Macaulay to Tre velyan”, en S. Berger, M. Donova n e K. Passmore (ed), Writing National Histori es. Western Europe since 1800, p p. 30-46; no texto de John Warren, “The Rankean tradition in Br itish historiography, 1840 to 1950”, en S. Berger, H. Feldner e K. Passmore (e d), Writing History. Theory and Practice, pp. 23-41; e no de Billie Melman, “Claiming the Nation’s Past: The Invention of an Angl o-Saxon Tra dition”, en Jehuda Reinharz e George L. Mosse (ed), The Impact of Western Nationalisms, Sage, Londres 1992, pp. 221-41. 23 desde aquela o ordenamento constitucional do país. A obra, polo tanto, relacionábase directamente coa proposta política dos whigs, sendo, en realidade, unha lexitim ación do sistema liberal elaborada a partir da proxección do presente cara a aqueles momentos que consideraban fundacionais da reconfiguración do sistema nacida da reforma de 1832. Esta versión do pasado, a que despois sería chamada “a interpretación whig da historia”, remontaba a tradición parlamentaria á Magna Carta de 1215, establecendo unha trama de continuidade que a en lazaba coa Reforma protestante, coa revolución de 1688 e coa lei electoral de 1832, data esta na que se facía culm inar a loita da nación por poñer límites ó poder da m onarquía e establecer un réxim e de liberdade, fundamento da auténtica constitución inglesa, de tan lon go avoengo. 29 Nunha representación caracterizada pola máis pura lin earidade unidireccional, o progreso característico da historia de Inglaterra asociábase neste relato ó avance das liberdades nacionais, identificado co freo do absolutismo e co triunfo do ideario protestante, que se expresaran de maneira conxunta na Revolución Gloriosa de fins do XVII e que deran o seu último froito no sistema político daquela realidade m agnífica do século XIX, estadio definitivo do modelo ideal de civilización co que a nación indicaba o camiño do futuro á enteira Humanidade. Este modelo de m elloramento constante das institucións cara ó d esenlace no presente sistema político debuxaba, en realidade, un camiño histórico que se consideraba específico da nación inglesa. De certo, a expresión excesivam ente literaria da interpretación de Macaulay non cadraba coas proposicións do novo método histórico que por aquel entón se desenvolv ía en Alemania nos círculos académ icos. Non nacía a lectura whig do estudio do pasado ó modo da historiografía renovada. O que a fundaba era unha preconcepción política determinada e o desexo de xustificar a súa aplicación no presente. Non había nada en Macaulay, nin nos demais practicantes daquela clase de relatos sobre o pasado, do respecto pola crítica das fontes, da referencia ós datos que amosaban os docum entos así depurados, do entendemento dos sucesos históricos segundo os propios termos do período correspondente e do esquecemento dos prexuízos do presente. Sen embargo, en canto fixaba a idea dun desenvolvemento peculiar do pasado de Inglaterra, establecía unha base sobre a que sería posible incardinar os novos modos de facer historia procedentes da academ ia alemana. Os partidarios da nova metodoloxía crítica, aínda que só fose neste senso de que a historia inglesa se rexía por unha dirección determinada que concluía no espléndido presente dunha nación rica, libre e poderosa, non terían que romper de todo cos esquemas literarios de comprensión do pasado asentados na sociedade británica. Adoita cifrarse o comezo da historia profesional e académic a en Gran Bretaña arredor de 1870, cando empezou a consolidarse entre os estudiosos a práctica dos principios conceptuais que establecera Ranke e que acadaran a súa m ellor expresión nas universidades de Alemania. Naceron daquela as primeiras cátedras de Histo ria e o traballo sobre o pasado empezou a rexerse por pautas que esixían unha preparación técnica específica. En consecuencia, unha diferenciación crecente com ezou a distinguir as obras compostas segundo o m étodo científico e as elaboradas por escritores afeccionados. A dimensión política que acompañara as representacións históricas, sen embargo, non desapareceu do horizonte daqueles que se achegaban ós séculos pretéritos animados por un afán de obxectividade científica. Historiadores críticos coas 29 H. Butterfield, The Whig In terpretation of History, G. Bell and sons, Londres, 1931. Explica o autor o significado do concepto no prefacio da sú a obra, p. V: “ What is discussed is the t endency in m any historians to w rite on the side of Protestants an d Whigs, t o praise re volutions pr ovided they have be en successful, to emphasize cert ain principles of progress in the past and to produce a story which is the ratification if not the glorification of the present”. 24 representacións literarias do estilo de Macaulay deron á luz publicacións dotadas de consistencia académica na súa concepción e no seu método, pero asentadas aínda sobre a crenza da orixinalidade extrema dun pasado que, por demais, contiña as claves todas para volver comprensible o presente. Un sinalado conxunto de autores afectos á nova metodoloxía preocupáronse por descubrir as raíces do sistema de liberdades da Inglaterra actual, rastrexándoo cara a atrás no tempo, com o fixeran os whigs, pero servíndose do aparello da crítica erudita. 30 Así, apoiándose nun consistente traballo d e erudición documental, William Stubbs, profesor en Oxford, ademais dun extraordinario labor de edición de fontes m anuscritas, estudiou de maneira sis temática as raíces do co nstitucionalismo inglés no Medievo e sinalou o Parlamento com o a institución central na evolución da peculiar historia do país. Atribuíndolles unha orixe teutónica, as liberdades inglesas, conservadas nos costumes populares tras da invasión norm anda do século XI e transmitidas despois a través da institución parlamentaria, eran co nstituídas, de novo, como o eixe diferenciador da historia da nación ata o presente. Stubbs e outros escritores académicos, com o F. William Maitland, procederon a reinterpretar, deste xeito, a Id ade Media como o berce da singularidade nacional e ancoraron nela as institucións específicas das que nacía a súa visible gloria. En consecuencia, afondando na liña da xermanofilia, m oi estendida por entón en Inglaterra por causa do aprecio á erudición alemana e da adm iración polo empuxe daquela nación que acababa de crear o seu propio Estado, estableceuse un vínculo entre a democracia británica m oderna e o amor pola liberdade que se atribuía á natureza do pobo saxón, que un día arribara ás costas da Gran Bretaña. Así o fixo, por exemplo, Edward Freeman, discípulo e sucesor de Stubbs na cátedra de Oxford, nos seus estudios sobre a conquista normanda. Esta clase de traballos, pese ó seu carácter académ ico, tiveron unha repercusión política e social ben notable. Non só en canto deron novos argumentos ás teses que destacaban a singularidade nacional inglesa, senón porque abriron tamén unha vía pola que penetraron os compoñentes raciais, xa incorporados en moitas das obras históricas literarias máis populares, na caracterización do pasado nacional. O anglo-saxonismo, que nacera no seu día como alternativa conservadora á interpretación whig do pasado, asentou a especificidade histórica inglesa na continuidade do carácter nacional dun pobo xa conformado nos primeiros séculos do Alto Medievo, en lugar de fundala na permanencia das institucións, tal com o propoñían os liberais. Consolidou, así, unha interpretación do pasado inglés moito m enos racional do que pretendera ser a visión que radicaba o éxito da nación na súa capacidade para promover o m elloramento institucional. Neste mesmo marco da constante difusión das doutrinas sobre a desigualdade biolóxica das razas a partir de 1850 encaixaron tam én á perfección as publicacións académicas que centraban a historia de Inglaterra na creació n do Imperio, xustificando o dominio inglés pola benéfica transmisión ós pobos atrasados que o integraban dos avances d a súa civilización superior. 31 O éxito editorial de moitas destas e doutras obras da historiografía inglesa, tanto da vertente interpretativa coma da académ ica, axudou a conformar na sociedade británica unha imaxe orgullosam ente positiva do seu pasado. A representación do éxito da nación a través do tempo, por dem ais, resultou corroborada na mentalidade social 30 Os motivos de estudi o preferidos polos historiadores vi ctorianos foron a orixe da constitución, as raíces saxonas da nac ión e a gue rra civil. Cf. Phili ppa Le vine, The Amateur and the Professional, pp . 75-87. 31 Sobre a problem ática relación entre a concepción naci onal da historia británica e a s úa consideración como a parte máis relevante da historia un iversal, vid. Michael Bentley, “The Singularities of British Weltgeschichte”, en Be nedikt Stuchtey e Eckha rd Fuchs (ed), Writing World History. 1800-2000, Oxford University Press, 2003 , pp. 173-96. 25 pola gran difusión que alcanzaron tamén moitas das num erosas narracións novelescas que proliferaron naquela época e que pretendían desenvolver a súa tram a sobre un trasfondo que quería ser un reflexo do pasado real. O xénero da novela histórica chegou a cotas de gran popularidade na Gran Bretaña do tempo posterior a Walter Scott e contribuíu a divulgar, a través das súas ficcións, boa parte dos lemas principais da producción historiográfica, desde a heroicidade dos loitadores saxóns contra os normandos invasores en defensa da liberdade ata as fazañas da flota ing lesa contra os navíos españois nos séculos XVI e XVII, que salvaran a independ encia do país e aseguraran a continuidade da súa fe protestante. Para boa parte da opinión da época, mesmo nos estratos académicos, este tipo de obras gozaba da presunción de verosimilitude e m esmo eran consideradas como un m odo de representación do pasado do pobo moito máis próxim a á realidade que as historias repletas de datos sobre grandes acontecementos e personaxes senlleiros. En todo caso, a extraordinaria popularidade de moitas daquelas novelas colaborou, sen dúbida, no espallamento das proclamas sobre o carácter excepcional da nación inglesa. Como efecto da influencia com plementaria de toda aquela serie de referencias ó pasado, a sociedade da era victoriana configurou un imaxinario histórico asentado na crenza no excepcional desenvolvemento dun sistema político baseado nunha liberdade que se entendía como consubstancial á na ción, no triunfo do protestantismo e na limitación do poder despótico da m onarquía polo Parlamento, orixe dun modelo específico que se relacionaba directamente co extraordinario grao de riqueza e poder internacional que acadara o Estado británico. En realidade, tratábase da versión inglesa do nacionalismo historiográfico, que produciu un relato fundado na fusión da tradición literaria histórica e mais da propia historiografía académ ica, as cales, aínda que, certamente, non coincidían nas respectivas form ulacións sobre o pasado, compartían as presuncións xenéricas esenciais sobre o carácter singular da nación. O resultado daquel xeito de aproximación ó pasado concretouse, polo tanto, nun discurso histórico que desenvolvía o argumento do avance do pobo inglés cara ó seu destino triunfal, a través dun camiño sinalado por unha sucesión de etapas que enfiaban a narración desde as orixes saxonas ó Imperio británico actual, nun relato de progreso asentado na promulgación da Magna Carta, na Reforma protestante, no triunfo de 1588 sobre a Armada española, na revolución liberal de 1688 e na lei electoral de 1832. A funcionalidade política de tal representación teleolóxica perm itía xustificar a continuidade histórica do Estado por medio da exposición dos elementos unificadores do pasado nacional –antiabsolutismo, trad ición parlamentari a e liberdade relixiosa de raíz protestante– transmitidos ó presente com o fundamento do ordenamento político liberal. O pasado, deste xeito, aparecía como lexitimador da orde política da era da modernización e mais do propio Im perio, concibido como a súa m áis acabada forma. A consideración da historia de Inglaterra como camiño de civilización e progreso implicaba a presunción da superioridade da nación inglesa sobre os demais pobos, caracterizados, como xa se indicou, como atrasados respecto da cota m áxima de desenvolvemento que aquela xa acadara. Esta caracterización, que se completaba coa asignación dunha misión civilizadora para a protagonista, foi utilizada para xustificar a expansión colonial británica nos outros continentes, pero prestou tamén un gran servicio como un dos com poñentes centrais da argumentación que defendeu o mantemento da estructura estatal fronte ás ameazas de disgregación interna que desde m ediados do XIX representou o nacionalismo irlandés. De certo, a posición de Irlanda era verdadeiramente disonante dentro daquel discurso histórico que narraba as glorias de Inglaterra. A identidade inglesa que deitaba daquela caracterización do pasado, definida polas raíces saxonas da nación, a 32 rexistrar as oscilacións internas entre as diversas correntes do espacio político nacionalista. 3. A pluralidade na definición identitaria. A persistencia da reivindicación dos dereitos nacionais foi compatible, durante unha boa parte do período estudiado, cunha indeterminación dos trazos do suxeito a quen aqueles lle correspondían. Soamente nas últimas décadas que precederon á independencia –e, claro está, unha vez que se estableceu o Estado irlandés– se produciu unha fixación dos sinais identitarios de carácter cultural. É preciso, polo tanto, consid erar a relación entre a representación histórica e os cambios experimentados na definición mesm a da nacionalidade, comprendida nun principio como proposta baseada na cidadanía política, que presumía, por tanto, a inclusión dos habitantes todos da illa, pero que derivou despois cara a unha concepción culturalista máis restrictiva, que especif icaba de maneira excluínte os indicadores de pertenza, ó delim itar con exactitude os riscos que constituían ós seus portadores como integrantes dunha nación diferenciada. 4. A renovación da historiografía. Por últim o, resulta imprescindible ter en conta a incidencia do anovamento dos métodos de estudio do pasado na configuración do relato nacionalista, por canto no decurso do período aludido, entre 1850 e 1930, aproximadam ente, se produciu en Europa unha transformación radical do concepto mesmo de historia, expresada na súa recualificación co mo actividade académica, desvinculada, por principio, de prexuízos alleos á condición científica, e na xeneralización do criterio nacional como determ inante das unidades b ásicas de análise e representación do pasado. Como en toda Europa, a partir da introducción das pautas da historiografía científica, a elaboración dos relatos nacionalistas da época debeu responder a unha dobre determinación de aparencia contradictoria. Por un lado, as esixencias do método académ ico obrigaban a manter un respecto po los límites que pretendían diferenciar o ideolóxico do científico; pero por outro, as presuncións doutrinarias que condicionaban o relato e as ambicións políticas ás que debía ser útil o estudio da historia forzaron ós historiadores académ icos nacionalistas a buscar un acomodo que, cando m enos en aparencia, volvese os prexuízos ideolóxico-políticos compatibles co cum primento dos requirimentos profesionais. Atendendo, pois, ás pautas condicionantes de carácter ideolóxico, político e historiográfico, consideradas dentro da caracterización xenérica antes apuntada sobre as historias nacionais elaboradas desde os movementos nacionalistas de oposición ó respectivo Estado vixente, cabe analizar o proceso de construcción da versión nacionalista do pasado de Irlanda procurando a comprobación das seguintes formulacións hipotéticas: a. A predeterminación ideolóxica fixou con precisión o argumento do relato nacionalista do pasado e, ó facelo, dificultou a posibilidade m esma do pluralismo historiográfico. En consecuencia, as discrepancias internas sobre os m edios e as finalidades que desde o principio caracterizan a práctica política nacionalista houberon de resolverse nunha obrigada fusión das potenciais diferencias na interpretación do pasado nun único relato. Deste xeito, os elementos particulares de cada unha das opcións foron progresivamente incorporados nunha soa representación do pasado de validez universal dentro do ámbito do nacionalismo. A mesma inclinación á converxencia se aprecia na resolución das diferencias entre a expresión puramente política do nacionalism o e a que, desde finais do século XIX, impulsou a súa etnificación. Aínda que nas organizacións políticas máis puxantes do movemento –o Sinn Féin, os separatistas republicanos e os nacionalistas parlamentarios– non fose asum ido o rexeneracionismo gaélico máis que de m aneira 33 puramente retórica, o enfoque político e o culturalista tenderon a fundirse tam én a medida que a lingua e a cultura irlandesas se consolidaban como un novo argumento de lexitimación da esixencia do recoñecem ento dos dereitos políticos da nación irlandesa. Así, a confluencia entre as dúas formas de comprender o propósito último da loita nacionalista atopou o seu reflexo nunha representación histórica integradora, na que a nova concepción cultural da nacionalidade se proxectaba sobre o enteiro pasado e confería unha nova fundamentación, conservándoo na súa esencia, a un relato que ata entón atendera de maneira preferente á dim ensión estrictamente política. O xiro culturalista do revival gaélico reorientou, polo tanto, a narración do pasado cara a un seguimento no tempo das esencias culturais da nacionalidade e á descrición do sistem a de civilización propio, pero, por causa da fundam entación ideolóxica que lles era común ás dúas grandes correntes xerais do nacionalismo, non alterou a substancia do relato nin tampouco, certam ente, non anulou a dimensión política que lle era inherente á interpretación nacional da historia irlandesa. b. A instrumentalización política do pasado que está na orixe relato histórico nacionalista subordinou a forma na que este se presentaba á consecu ción dos obxectivos xerais que se lle asignaban na contenda política, relacionados, ante todo, coa concienciación nacional e a mobilización do pobo en apoio da proposta n acionalista. De igual modo, esta versión da historia irlandesa debeu reflectir tam én a variación nas estratexias do movemento na súa loita contra o Estado. Neste senso, en canto a súa eficacia dependía da recepción social da me nsaxe que quería transmitir, cum priulle ter en conta as crenzas populares sobre o pasado, procurando non ser contradictorio coa memoria histórica da sociedade, e mais evitar que fose percibido com o prexudicial para a salvagarda dos intereses da maioría católica e cam pesiña. Por demais, a forma concreta da representación do pasado foi determinada pola necesidade perentoria de prover unha explicación que dese conta de maneira razoable do estado de abatem ento no que, segundo a propia descrición nacionalista, se atopaba a nación irlandesa no presente, dominada por un poder estranxeiro, sumida nunha penuria xeneralizada e coa cultura nativa en franco declive. Deste xeito, a preocupación excesiva pola incidencia inmediata da representación do pasado na soci edade actual tinxiu o discurso histórico nacionalista dun presentismo que, ademais de prexudicar a consistencia do relato, bloqueou a miúdo as súas posibilidades de evolución. c. A indefinición identitaria que perdurou, practicamente, ata o m omento mesmo de acceder a nación á independencia debería dar lugar a unha correspondente variedade nas interpretacións do pasado, de tal xeito que estas contribuísen a soster as posicións dos partidarios dunha Irlanda que incorporase a enteira poboación da illa, con indiferencia dos seus trazos culturais ou relixiosos, ou, no seu caso, que apoiasen a proclamación da diferenciación cultural como fundamento da existencia da nacionalidade. A ignorancia dos trazos culturais distintivos foi patente na primeira fase do nacionalismo, ata a fin do XIX, cando a definición m áis política da nación era claramente predom inante. O avance das posicións do gaelicismo nas primeiras décadas da seguinte centuria e a penetración das súas propostas nas distintas correntes do movemento alcanzou tamén á representación da historia nacional, na que o seu suxeito quedou definido de acordo cos criterios excluíntes da que entón foi denominada a Irlanda-irlandesa, caracterizada na súa identidade pola orixinal civilización gaélica e mais pola lealdade á fe católica. En consecuencia, aplicados de m odo retrospectivo os novos sinais diferenciadores, o papel histórico dos que non se axeitaban ó novo modelo identitario adquiriu un ton marcadamente negativo na exposición do pasado nacional. d. A modernización do contexto político británico tivo que deixar, necesariamente, unha fonda pegada na represen tación nacionalista do pasado, en canto, 34 na súa condición de relato histórico elaborado con pretensións de utilidade política, este houbo de se acomodar, por forza, ás singulares circunstancias dun escenario no que se mesturaban a crecente dem ocratización elector al do Estado e, desde as décadas finais do século XIX, o aliñamento político-sectario que aquela incentivou, de modo paradoxal, na sociedade irlandesa. A ampliación gradual do dereito de voto, a conseguinte relevancia política de grupos sociais tradicionalmente excluídos dos mecanismos de asignación do poder e a dispoñibilidade de instancias constitu cionais para canalizar propostas políticas de oposición abriron unha perspectiva nova ás reivindicacións irlandesas. A posibilidade mesma de articular legalmente a defensa organizada dos intereses nacionais condicionou as características iniciais do nacionalismo irlandés, o cal, a diferencia do que foi común nos movem entos equivalentes europeos, apenas tivo en consideración a dimensión cultural da nacionalidade ata os derradeiros anos d o século. Aínda que non se poida establecer unha relación de causalidade entre os dous fenóm enos, non parece irrelevante a coincidencia entre o inicio da deriva culturalista do nacionalism o e o fracaso dos dous primeiros inten tos de consegui r un réxime de autonomía aprov eitando a vía parlamentaria. Soam ente entón, como xa se sinalou, a narración nacionalista do pasado outorgaría unha significación principal á com probación da singularidade cultural da nación ó longo do tempo. En consecuencia, o etapismo que establece unha sucesión lineal entre un momento de rexurdimento cultural nas elites instruídas, un segundo período de mobilización patriótica e unha etapa final de ex tensión popular das propostas políticas do movemento nacional non cadra co proceso evolutivo do nacionalismo irlandés e non ten, por tanto, o correspondente reflexo na constitución do relato histórico da nación que este promoveu. A liberdade para expresar as reivindicacións fronte ó Estado e para promovelas dentro do marco legal, por outro lado, converteu a corrente constitucional na máis representativa do nacionalismo do país ata os tempos inmediatamente anteriores á consecución da independencia. Certamente, o desengano ante a falta de satisfacción das expectativas que o propio sistema abrira deu pulo, en determ inados momentos, ás proposicións insurreccionais, pero os sector es que apoiaban a rebelión contra o goberno británico nunca pasaron de ser extremadamente minoritarios. Con todo, dada a proxección cara a atrás no tempo da descrición nacionalista da realidade presente como contenda entre dous actores nacionais, así como o afán de acadar a eficiencia apelativa, os episodios históricos que amosaban a prolongación secular da confrontación convertéronse, precisamente, nos fitos referenciais que enfiaban o relato po lítico do pasado. Cómpre considerar, adem ais, o grao de influencia que a propia política nacionalizadora do Estado británico exerceu sobre a configuración da representación histórica nacionalista. A este respecto, o espallamento da versión do pasado prom ovida desde as institucións estatais debeu ser directam ente contrarrestado pola narración alternativa irlandesa. Deste xeito, como consecuencia da capacid ade de difusión da interpretació n oficial inglesa, o relato nacionalista quedou vinculado ó modelo co que se propoñía competir. A propia significación política que se lle outorgaba, polo tanto, foi determinante da forma m esma en que se pr esentou a narración da historia nacional de Irlanda, a cal, moi a miúdo, non se am osaría como un relato xerado por estímulos propios, senón derivado da necesid ade de contradicir o discurso histórico nacional formulado desde o Estado. Por último, en relación coas transform acións modernizadoras experimentadas no territorio britán ico desde segunda metade do XIX, é necesario ter en conta a espectacular medra da afabetización da sociedade irlandesa, en canto influíu de m aneira 35 substantiva na creación dun marco propicio á difusión e á asimilación da interpretación do pasado proposta polos historiadores nacionalistas. Conscientes estes da posibilidade de se achegar a unha extensa parte da sociedade, tiveron bo tino de adecuar os seus textos ás condicións dunha audiencia tan am pla e variada, de xeito que foi a natureza dos destinatarios un dos factores que determinaron os seus contidos e a súa aparen cia formal. e. A tensión entre as esixencia s ideolóxica s e as pautas académicas que renovaron o traballo historiográfico europeo exerceu unha influencia certa na evolución final do relato nacionalista, a partir da xeneralización do método crítico erudito de estilo rankeano entre boa parte dos profesionais do estudio do pasado irlandés, nos anos do cambio de século. En consecuencia, dado que o principio ideolóxico resulta ser cronoloxicamente anterior á penetración no país da análise fundada nun repertorio de fontes criticamente examinadas, cómpre dist inguir dúas grandes fases na elaboración da historia nacionalista. Nunha prim eira etapa formulouse o argum ento nuclear da representación do pasado da nación, que foi establecido a partir de bases estrictamente ideolóxicas, m entres que na segun da operarían, sobre este elemento fundacional, as influencias da historiografía académ ica na configuración da v ersión última do relato. A diferenciación de dous momentos sucesivos non impide apreciar, sen embargo, a existencia dunha liña de continuidade entre as obras producidas en cada un deles. Non podía ser doutra forma, por canto, a pesar da desemellanza evidente que debería separar unhas narracións históricas de orde literaria doutras que dicían fundarse no respecto coidadoso ás informacións procedentes de fontes contrastadas, os dous modos de achegarse ó pasado compartían o prexuízo ideolóxico e a esencia da interpretación xeral que deitaba da doutrina nacionalista. Para intentar resolver a contradicción que podía provir do sometemento da representación do pasado xa elaborada segundo o xeito tradicional ó contraste cos novos métodos de traballo, a historiografía nacionalista de pretensións académicas debeu proceder a un proceso de adaptación, máis que de superación, que permitise axeitar o vello relato ós requirimentos de obxectivid ade e imparcialidade que esixía a moderna concepción da historia. Tratábase, en realidade, de actualizar o relato sen que perdese a súa esencia ideolóxica e, con ela, a súa funcionalidade política, que era, ó cabo, a razón da súa propia existencia. A aplicación de semellante estrate xia de continuidade implicaría, por forza, a supervivencia dos fundamentos sobre os que asentaran as prim eiras achegas puramente ideolóxicas á historia de Irland a, que transmitirían, as í, moitos do s seus trazos característicos ós relatos académicos nacionalistas. Deste xeito, en co nclusión, cabe conxecturar que a narración nacionalista do pasado, segundo a forma específica que tomou o modelo definitivamente consagrado nos anos iniciais do novo Estado irlandés, foi o resultado final dun proceso marcado pola tensión entre os condicionantes ideolóxico-políticos e o compromiso cos requirim entos da historiografía moderna, tensión que adoitou resolverse en favor da primeira forza, en canto foi a segunda a que debeu pregarse á necesidade de conservar o arg umento central sobre o que se sostiña a interpretación nacionalista do pasado e de facilitar o cumprimento da función política que estaba destinada a desempeñar. Por definición, o núcleo da historia nacionalista non podía verse afectado na súa substancia por causa de factores externos á doutrina fundacional, nin sequera polos posibles achados da investigación histórica profesional. A ideoloxía constituíse, certamente, com o o límite infranqueable co que se atopaba calquera posible evolución renovadora do relato nacionalista do pasado. 36 2. A conformación gradual da representación histórica: da versión literaria á formulación académica A forma de interpretar e representar o pasado que, coa ansia renovadora de quen se estaba a incorporar á carreira profesional universitaria, se propuxeron combater aqueles novos historiadores dos anos finais da década de 1930 non era, pois, o sim ple froito do programa nacionalizador duns gobernos que trataban de consolidar o aparello institucional dun Estado nacente que apenas comezaba a estar en condicións de m odelar segundo as pautas nacionalistas a sociedade da que pretendía ser expresión política. Certamente, o Irish Free State, desde os prim eiros anos da súa existencia, promovera a difusión dunha historia oficial da nación irlandesa consonte cos prin cipios da ideolox ía triunfante e destinada a cumprir funcións estrictamente políticas, com ezando pola lexitimación da súa pro pia existencia, pero tamén com o elemento de apoio do xeito específico de desenvolvemento da nova entidade estatal. Nuns momentos de indefinición e mesmo de pugna entre concepcións non totalmente coincidentes sobre os principios polos que se había rexer o novo Estado, a historia resultou ser un arma política de primeira magnitude. Desde logo, a representación do pasado espallada desde o poder pretendeu eliminar calquera dúbida sobre a caracterización católica e gaélica que debía asumir o Estado irlandés, en canto a historia dem ostraba a correspondencia de tales trazos coa identidade da nación que, por fin, recuperaba a liberdade. Pero o relato histórico da nación irlandesa, en realidade, non foi construído ex novo ó servicio dos intereses do Estado nacido en 1922, senón que era, como xa se viu, a continuación dun modelo de interpretación do pasado do que se viñera servindo o movemento nacionalista desde a súa aparición, tres cuarto s de século antes. Durante aquel longo período, a remisión á historia fora sempre unha das ferram entas máis eficaces na propagación do ideario nacionalista, que así aparecía, por referencia ó pasado, como a lóxica derivación de tendencias de fonda raizam e. Parece apropiado pensar que, na súa condición de recurso para a loita política, polo tanto, a historia nacionalista tivo que reflectir a evolución do propio conflicto con Gran Bretaña pola liberación do pobo irlandés e debeu irse adaptando ás circu nstancias e necesidades de cada momento, especialm ente con ocasión do xiro culturalista do nacionalism o. O relato nacionalista do pasado, tal como se atopa, plenamente desenvolvido, nos anos fundacionais do Estado irlandés, veu ser, deste xeito, o resultado dun proceso de creación no que interviñeron unha diversidad e de factores ós que xa se aludiu e que cabe agrupar, respectivamente, com o ideolóxicos, contextuais e historiográficos. Cómpre sinalar, sen embargo, unha diferencia cualitativa entre eles a respecto da incidencia da súa evolución no relato histórico. En realidade, os dous primeiros elementos foron m oito menos propensos á variación no tempo. O com poñente ideolóxico, por definición, ofrece unha firme resistencia ó cambio e, desde logo, calquera alteración que puidese experimentar tiña que deixar a salvo, en todo caso, o núcleo doutrinal que o constitu ía –a natureza nac ional de Irlanda e os dereitos políticos correspondentes a tal condición– e o seu reflexo na interpretación do pasado como historia da nación. O contexto político, pola súa parte, sendo mudable por principio, presenta unha dirección fixa na súa evolución desde mediados do século XIX, de maneira que estableceu unha serie de trazos, xa mencionados, que cómpre considerar como constantes que condicionaron en todo momento a práctica política nacionalista e o propio relato histórico que con ela se relaciona. En suma, cabe afirmar que o marco ideolóxico-político foi relativamente estable, así como supoñer que, agás no que atinxe á reorientación cultural do nacionalismo, non foi o principal determ inante dos cambios internos experimentados na representación nacionalista da historia de Irlanda. 37 En consecuencia, polo m enos como hipótese de traballo, cómpre atrib uír máis importancia com o axente decisivo na transform ación da narración do pasado nacional á innovación técnica e conceptual propia do ámbito historiográfico da época. Sen desatender os outros factores, a aplicación dos novos m étodos da historia académica por parte dos historiadores irlandeses de convicción nacionalista sinala o límite que separa dúas etapas no proceso de configuración do relato histórico. A efectos de simplificación da análise, por tanto, distínguese entre unha primeira fase de conformación do núcleo interpretativo, na que a narración segue as pautas da tradición literaria da historia, e unha segunda na que a práctica historiográfica moderna produce unha renovación do relato histórico –aínda que non poida ser máis que parcial, ó non afectar, por principio, á fundamentación ideolóxica na que asentaba. En función da m odalidade da representación do pasado, polo tanto, é posible sinalar dúas clases de relatos históricos nacionalistas, a saber, os que se pode denominar como populares ou lite rarios e os merecentes da cualificació n de académicos. A efectos de claridade na exposición, considéranse como dúas formas historiográficas que se sucederon no tempo, aínda que na realidade, certam ente, a aparición dos segundos non implicase a ausencia de obras da prim eira categoría. Pero a diferenciación entre os dous tipos de historias nacionalistas non radica, como xa se adiantou, na presunción ideolóxica que as inspiraba nin na finalidade política que se lles atribuía, senón nos métodos cos que se achegaba o historiador ó pasado e nos seus efectos no producto final resultante. Quer dicir, que os elementos que separaban as historias populares das académicas son relativos á fundamentación da obxectividade que am bas as dúas pretenden perseguir, ós criterios de relevancia h istórica que determinan a selección dos materiais do pasado que com poñen o relato e ós riscos formais da representación. Todos eles, en fin, sinais dunha especificidade do método histórico, que non ideolóxica nin política, aspectos nos que cómpre partir dunha presunción de continuidade. A visión popular da historia asentada na sociedade irlandesa da segunda metade do século XIX correspondíase cunh a serie de crenzas míticas, tradicións e recordos, máis ou menos figurados, de acon tecementos pasados, a m iúdo non localizados con precisión no tempo. Unha maioría daqueles m ateriais, mesmo as narracións puramente lendarias, referidas a seres ou a sucesos de orde fantástica, adoitaban ir asociados a manifestacións diversas da realidade presente, e n canto era a posibilidade m esma de relacionalos coas situacións viv idas a causa que m otivaba a súa perpetuación na memoria popular. Neste senso, boa parte deles constituían narración s directamente ligadas a unha memoria de opresión, continuamente alimentada pola visibilidade cotiá dos elementos que a provocaban, sobre todo a discrim inación relixiosa e a miseria campesiña, aspectos de presencia tan abafante na vida da maioría da poboación do país que non se precisaba de incidentes extraordinarios que a reactivasen para m anter vivos o recordo da imposición da institución eclesial protestante desde o poder do Estado e o da usurpación das terras do país polos colonos estranxeiros séculos atrás. Tanto a súa función explicativa da realidade coma os seus contidos, mestura de referencias fácticas e de fabulacións, determinaban a condición m ítica de tales representacións sobre o pasado. Na súa condición de relatos de transmisión oral, tratábase de memorias ancoradas no espacio local, autónom as na súa existencia, carentes dunha perspectiva territo rial insular, desprovistas de calquera significación relacional que transcendese o inmediato ámbito com unitario. Por demais, respecto da súa historicidade, carecían dunha fixación temporal precisa, en canto se databan nun pasado pouco definido, e eran fragmentarias, no senso de que non se consideraban parte dunha visión do pasado cronoloxicamente com pleta. 38 Sobre esta masa dispersa de imaxes, lem branzas máis ou menos infundadas e relatos mitificados de acontecem entos pretéritos que deixaran a súa pegada na m emoria local ergueuse a primeira xeración de represen tacións nacionalistas da historia, as que demos en cham ar populares, en virtude da súa relación con aquela clase de materiais e mais coa audiencia á que se dirixían os escritos. As historias nacionalistas populares procederon a encadrar nun relato de dimensión nacional a m asa informe de recordos sociais, os cales se converteron, deste modo, en parte constitutiva do pasado dun suxeito histórico determinado, a nación irlandesa, e adquiriron un sentido temporal preciso, ó ser incorporados nunha secuenciación cronolóxica que se remontaba desde o presente ata as orixes de Irlanda. Así, a am bición totalizadora da representación n acionalista do pasado establece continuidades temporais, reduce a unha significación única as crenzas históricas locais e intégraas nun relato que se completa con novos m ateriais procedentes da tradición histórica literaria composta en séculos pasados. En consecuencia, á parte de recoller a visión m ítica asentada na soc iedade, as h istorias nacionalistas populares resultan ser, á súa vez, productoras de memoria histórica, en tanto que crearon novas referencias que confirmaban e complementaban os m ateriais míticos xa establecidos. Fronte ó carácter parcial do imaxinario popular, as historias nacionalistas constrúen cos motivos citados un pasado que integra personaxes variados e acontecem entos de asunto dispar, de temporalidade diversa e espacialmente inconexos nun relato único da historia de Irlanda, o cal, xustamente, recibe a súa consistencia interna da referencia nacional. As primeiras historias nacionalistas impulsaron, en consecuencia, unha nacionalización do pasado e da memoria popular. De todos os xeitos, sen embargo, non supoñen unha ruptura decisiva coa maneira de entender os tem pos idos que expresaban as lembranzas m itificadas da sociedade. Na práctica, os p rimeiros textos his tóricos escritos desde a convicción nacionalista v iñan facer expreso un gran relato que xa estaba implícito na visión m ítica do pasado, o que daba conta, de maneira fragmentaria, da opresión do pobo irlandés, no cal atopaban o seu sentido último os recordos asentados na mentalidade social que se plasmaban nas crenzas populares citadas. O verdadeiramente novidoso era a determ inación ideolóxica que orixinou a formulación do novo relato e a finalidade política concreta á que se vinculou a súa exposición do pasado. En virtude de tales condicionamentos, o pobo oprimido queda agora definido como nación som etida ó dominio estranxeiro, orixe de onde se fan derivar o sufrimento e as inxustizas que padecen os irlandeses. En consecuencia, a historia compréndese como o escenario temporal onde se desenvolve un conflicto entre nacións que outorga un novo e definitivo sen tido ós acontecementos todos do p asado, dos que a socied ade tiña memoria explícita e máis dos que o novo relato poñía de manifesto. En sum a, as historias nacionalistas populares, proxectaron cara a atrás no tem po a descrición ideolóxica da realidade presente e nacionalizaron o pasado, reducido a un conflicto no que se contrapoñen dúas nacións por causa da agresión que unha delas sofre. Esta interpretación do pasado promovida polo prim eiro nacionalismo irlandés foi a recollida polos historiadores académicos que com partían idéntica ideoloxía. En teo ría, a súa contribución diferénciase da anterior polo método crítico co que abordan o estudio do pasado e mais pola complexidade que, en principio, lle recoñecen á historia, fronte ó enfoque literario e á simplificación conceptual e explicativ a das narracións populares. Cómpre considerar, sen em bargo, a maneira en que a predeterminación ideolóxica e a instrumentalización política que lles era común a am bos os modelos da historia de Irlanda constrinxiu o suposto afán de renovación do vello relato nacionalista que parecía mover ós novos historiadores afectos ós procedementos da disciplin a académica. É necesario comprobar tam én a resistencia do argum ento central da interpretación nacionalista da historia ás achegas derivadas da nova concepción da investigación e do 39 traballo historiográficos. Igualmente, resulta imprescindible dar conta das lim itacións que a esixencia de desautorizar a ve rsión inglesa do pasado de Irlanda, tan contraria ós intereses nacionalistas, impuxo á tarefa de m elloramento daquela primeira versión do pasado que, polas súas insuficiencias técnicas, apenas podía competir, no nivel máis elevado, coas obras dos autores británicos. Trátase, en resume, de establecer as liñas de continuidade e elementos de ruptura entre ambos os dous modos de representación da visión nacionalista da historia de Irlanda, así como de calibrar a incidencia de cada un deles no resultado final deste peculiar modo de achegamento ó pasado que se expresou baixo a forma da historia oficial de Irlanda. 3. Análise textual da representación nacionalista do pasado de Irlanda A consideración inicial de que a versión nacionalista do pasado de Irlanda, tal como se atopaba caracterizada nos primeiros anos do Estado Libre irlandés, convertida xa en historia oficial da nación, é o producto últim o dun longo camiño de configuración narrativa que comezou a m ediados do século XIX obriga ó estudio detallado dos textos máis significativos nos que se foi expresando este proceso. A análise de tales escritos vén esixida, ademais, porque a hipótese da conformación gradual presum e a existencia dun momento ideolóxico fundacional de constitución do argumento no que asenta a interpretación histórica nacionalista e o seu posterior desenvolvem ento discursivo nunha sucesión de etapas nas que, sen desautorizar o núcleo orixinario, foi tomando o relato a súa forma definitiva. É necesario dar conta, polo tanto, dos fundam entos da historia así concibida, dos factores ideolóxicos que a determ inaron na súa orixe, pero tamén do perfeccionamento que, a pesar dos límites que estes establecían, foi experim entando no tempo a súa representación do pasado, discernin do as distintas fases polas que atravesou e sinalando os condicionantes de diversa orde que o afectaron. Non se trata de someter a un xuízo de veracidade os contidos da historia irlandesa trazada polos primeiros nacionalis tas, aqueles que, de diversas formas, loitaron pola liberdade do país e ergueron a súa prim eira entidade estatal independente despois de 1922. En canto foi concibido co obxecto de desempeñar unha serie específica de funcións políticas, o eixe de interese prim ordial radica na percepción social do relato, na eficacia na transmisión da súa mensaxe á audienci a á que estaba destinada. Contemplado desde a di stancia temporal, m áis que a capacidade para reflectir os feitos reais acontecidos noutros tempos, o que agora m erece ser obxecto de estudio é o procedemento por m edio do cal as referencias ó pasado foron articuladas para com poñer unha historia nacional. En suma, máis que o pasado, entendido com o realidade existente por si mesm a, o que convén someter a exam e é a particular rep resentación que del se compuxo ó abeiro das concepcións doutrinais nacionalistas. Semellante preferencia analítica implica supoñer que é a vontade expresa do historiador, encadrada, certam ente, nun conxunto de varian tes que se constitú en como o campo contextual no que leva a cab o a súa tarefa, a forza principal que modela o relato do pasado, en virtude de ser el mesmo o axente que selecciona, ordena e dá forma narrativa ós acontecementos. O discurso h istórico así producido p roxecta sobre o pasado as conviccións persoais do autor e mais os trazos peculiares do presente no que escribe, factores ambos que o converten nunha das formas posibles de representar acontecementos referidos a outros tempos, por canto son eles os que perm iten enfiar un conxunto de feitos dispares como unidade narrativa, ó conferirlles un sentido do cal, en por si, estes carecían. É o labor do historiador, polo tanto, o responsable da decisión que permite configurar os materiais procedentes de s éculos pretéritos como relato histórico, ó establecer entre eles lazos de continuidade que amosan ter unha dobre orixe. Por un lado, a continuidade que provén da predeterminación ideolóxica coa que se achega ó 40 pasado, da que resulta, no caso nacionalista, a identificación da nación, previamente definida nos seus trazos, como suxeito da historia e referente central de todo o acontecido. Polo outro, a que deriva da propia disposición narrativa dos feitos seleccionados, que implica a creación de vínculos de cau salidade que os explican e a súa secuenciación cronolóxica entre o principio e a fin da exposición. En consecuencia, o estudio minucioso dos texto s máis significativos de entre o s elaborados baixo tales premisas revélase com o un instrumento eficaz para proceder a unha análise sistemática da representación nacionalista da historia de Irlanda, como mecanismo de análise capaz de in tegrar os factores todos que interviñeron na súa formulación específica e de dar conta do enteiro proceso do que foi resultado: a. O método debe permitir, ante todo, fixar os trazos concretos do núcleo argumental sobre o que se construíu a in terpreta ción histórica do nacion alismo irlan dés e poñer de manifesto a finalidade pragmática coa que foi concibida, así com o amosar a inevitable simplificación reduccionista do pasado que se dedu ce desta predeterminación. Por demais, ten que facer posible a comprobación nas distintas variantes narrativas que foron xurdindo do impulso inicial da permanencia da raíz ideolóxica e m ais da funcionalidade política que se lle asocia, facilitando a verificación da com patibilidade do obrigado respecto á cerna fundacional cos eventuais intentos renovadores do relato da historia nacional de Irlanda. b. A análise textual, por outra parte, posibilita a caracterización da estructura básica sobre a que se articula a exposición nacionalista do pasado, así como o seu grao de variabilidade ó longo do tempo, en orde a discernir os elementos que se consolidaron como inalterables desde a súa form ulación primeira e aqueles que, ó cabo, se revelaron como transitorios. A observación dos criterios cos que se efectúa o ordenamento narrativo do pasado nos textos considerados promete ser un mecanism o axeitado para delimitar a sucesión de fases na historiografía nacionalista e para valorar a m agnitude da incidencia respectiva de cada un dos distintos factores determinantes na súa evolución. Parece pertinente a este respecto a proposición da com paranza entre os sucesivos modos de periodización da historia irlandesa. En primeiro lugar, porque a fixación do punto de comezo da exposición condiciona o enteiro sentido da narración que despois se desenvolve, de maneira que o estudio da m obilidade na identificación deste momento inicial permite un mellor entendemento dos posibles cambios na concepción do relato. Segundo, porque as mudanzas na división do curso histórico da nación en etapas sucesivas, previo establecem ento das datas que as definen, ofrecen unha inform ación ben expresiva acerca da relativa transform ación das pautas que guiaron o achegamento nacionalista ó pasado. E en terceiro termo, porque os propios fitos históricos ós que se lles outorga a significación de marcadores epocais subliñan os distintos elem entos de continuidade que autorizan a enunciación do discurso en forma de historia da nación irlandesa, de modo que os cambios na súa enum eración son tamén indicativos dun proceso de renovación conceptual. Por demais, parece de gran comenencia establecer unha clasif icación que ordene os contidos do relato nacionalista en distintas categorías. Non tanto co obxectivo de dilucidar a súa verosimilitude, senón co de especificar uns criterios d e análise que faciliten a comprobación da persistencia dos elem entos fundacionais do relato nos diferentes momentos do proceso de elaboración, mesmo cando a incorporación de novos coñecementos sobre o pasado obrigou a reconsiderar ou mesmo a descartar certos supostos que ata entón formaban parte da versión establecida da historia. O recoñecemento e enumeración da serie de núcleos de contido esenciais, dos compoñentes míticos que, en principio, deben permanecer inalterables, en canto derivan directamente do prexuízo ideolóxico no que asenta a interpretación do pasado, resulta 41 especialmente esclarecedor para o estudio do desenvolvemento da configuración do relato. Igualmente significativo é o sinalam ento dos criterios de selección dos materiais do pasado cos que se conformaron as sucesivas versións da repres entación nacionalista da historia. A comparación entre os textos compostos segundo a tradición literaria, fundados noutros escritos ós que se lles atribúe autoridade histórica, e os que pretenden apoiarse en evidencias docum entais tratadas co rigor técnico do método crítico debe resultar especialmente suxestiv a a este respecto, en canto propicia a elucid ación das diversas estratexias segu idas pola historiografía n acionalista para pres ervar a identidade do relato no momento en que foi preciso acomodalo ás esixencias do estudio científico da historia. A análise comparativa volve factible, polo tanto, o discernimento do alcance da reformulación académ ica da representación nacionalista do pasado, en canto pode poñer de relevo o grao de resistencia do compoñente imaxinario, com o expresión da determinación ideolóxico-política, fronte ó elem ento empírico que as novas concepcións historiográficas propugnan, en virtude da súa demanda de depuración dos materiais ficcionais. c. Os aspectos formais da narración histórica son reveladores, así mesmo, das peculiaridades do seu proceso de configuración. Relacionados directamente coa finalidade política que inspira a ap roximación nacionalista á historia, a linguaxe e o estilo expositivos convértense en elem entos de transcendental importancia para a transmisión da m ensaxe que, en último termo, se ofrece como a xustificación do estudio do pasado. Deste xeito, por causa da súa dependencia do cumprimento da funcionalidade política, os modos de expresión formal constitúense com o un dos límites obxectivos ás propostas renovadoras do relato, por canto a comunicabilidade da mensaxe política, com o requisito indispensable p ara a súa incidencia social, permanece en todas as fases do proceso como a regra inm utable que condiciona a representación do pasado. Neste senso, é conveniente comprobar as repercusións que traducen na orde expresiva o carácter utilitario co que se concibe a representación en cada unha das dúas grandes fases da escrita histórica nacionalista, atendendo á persistencia dos trazos formais que derivan do afán de pedagoxía política que lle foi inherente desde os seus inicios. Cómpre verificar, en consecuencia, os signos sintomáticos dun didactismo que, en principio, semella ser consubstancial á interpretación nacionalista da historia, en virtude da funcionalidade que se lle asigna. Os textos historiográficos fan posible o seguimento com parado das múltiples m anifestacións do condicionante pedagóxico, tanto nos contidos coma na form a. No primeiro ámbito, com probando a preferencia outorgada na selección de materiais a aqueles q ue, polo seu asunto, polo seu carácter exemplar ou por calquera outra causa que facilite a súa resonancia social, puidesen ser tratados de xeito que producisen o efecto político desexado na audiencia. Na orde propiamente formal, exam inando as características do estilo literario, a presencia de recursos expresivos destinados a asegurar o cumprim ento da función didáctica e o grao de explicitación das leccións que debía desprender o relato; pormenorizando a extrapolación ó presente dos acontecemento s do pasado, as proxeccións anacrónicas e as alteracións da orde cronolóxica; precisando a fundamentación historiográfica e o aparello paratextual; dando conta do solapamento da información docum entada e da puramente interpretativa; e delim itando o distanciamento persoal do autor respecto do narrado e o grao no que se manifesta a súa identificación id eolóxica. A representación nacionalista do pasado de Irlanda, en suma, é o froito dunha interpretación histórica que narrativiza a existencia da nación no tempo e converte en 48 independente do país, deitaba o rexeitamento do estatuto colon ial e esixía a consideración de Irlanda nun plano de igualdade con Inglaterra. 44 Na segunda parte do século XVIII agudizouse o conflicto de intereses entre os angloirlandeses e as institucións do poder central. Ante unha serie de leis claramente prexudiciais para aqueles –actas restrictivas para o comercio irlandés, por exem plo–, a balanza que equilibraba a dobre lealdade que dedicaban ó seu lugar de residencia –onde se desenvolvían as súas actividades económicas e políticas– e ó Estado que garantía a súa posición de dominio com ezou a inclinarse cara ó lado de Irlanda. Os enfrontamentos por causa da lexislació n aprobada en Westm inster e pola posición de firmeza fronte ó Parlamento irlandés dos representantes da Coroa –que, a través do Privy Council, podía emendar ou vetar as súas decisións– fixeron m edrar o espírito reivindicativo e a sensación de padecer un inxusto trato colon ial, sempre en beneficio da m etrópole. En consecuencia, os angloirlandeses reforzaron o seu sentid o de pertenza a Irlanda e articularon politicamente a súa defensa constitu índo un grupo de patriotas no Parlamento de Dublín. O patriotismo, no senso que o term o tiña no século XVIII, asociábase cunha demanda de bo goberno para o país que requiría a eliminación do favoritismo nos cargos públicos, a afirmaci ón do poder parlamentario –na liña da tradición whi g inglesa– e o recoñecemento legal do s particularismos rexion ais, co obxectivo de acadar unha eficaz defensa dos in tereses do país, identificados cos das elites que formulaban as peticións, a partir dunha máis xusta distribución do poder no Estado. 45 A súa defensa argallouse en Irlanda arredor da idea de non ser o país unha colonia e, polo tanto, de non aceptar subordinación ningunha ó poder central. Non se trataba soamente de reclam ar unhas liberdades e un goberno xusto pola súa parte, como facían os colonos de América do Norte en nome de principios de alcance universal. No caso irlandés, a reivindicación sustentábase, a maiores, n a proclamación de dereitos de raíz histórica dos que o país fora privado inxustamente. En concreto, o obxecto principal da demanda foi a recuperación do poder lexislativo que sempre lle correspondera. A agudización dos problemas con Gran Bretaña contribuíu así a consolidar o proceso de autoidentificación irlandesa das elites protestantes, m esmo transcendendo a referencia territorial –antes case exclusiva: soamente se con sideraban ingleses aveciñados en Irlanda– e incorporando unha nova valoración da cultura específica do país. Neste senso, a utilización política do pasado gaélico polos angloirlandeses confirmou o cam bio de destinatario ó que se dirixían, esquecendo os católicos como referencia negativa e constituíndo a Inglaterra com o tal. Pero tamén introduciu unha orientación descoñecida ata entón no seu discurso histórico, ó pasar a considerar como propias as manifestacións da cultura nativa, antes ligadas en exclusiva á poboación católica e consideradas, polo tanto, como de rango inferior ás de procedencia inglesa que os acompañaran desde a súa chegada ó país como colonizadores. A este respecto, resulta ben significativo o labor dos chamados anticuarios, intelectuais, profesionais e aristócratas ilustrados protestantes que emprenderon unha tarefa de recollida e estudio de materiais históricos e arqueolóxicos –antigüidades– ó longo do país. Na maior parte dos casos, tratouse de actividades e afeccións sen conexión directa coas reivindicacións da súa clase social fro nte a Inglaterra. Pero, con 44 Robert Mahony, Jonathan Swift: Th e Irish Identity, Yale University Press, New Ha ven e Londres 1995, pp. 46-65. No conxunto da obra analízase a cambiante valoraci ón que mereceu a fi gura de Swift como patriota irlandés des de os seus días ata o pres ente. 45 Cf. Joep Leersse n, Remembrance and Imagination . Patterns in the Histo rical and Literary Representation of Ireland in t he Nineteenth Century, University of Not re Dame Press, I ndiana 1997, pp. 14-20, sobre a evolución do significado do concepto de patriotismo no XVIII e a súa manifestación en diversos Estados e uropeos. 49 todo, cómpre considerar a dimensión polític a do seu traballo, explicable, cando menos, como froito dese novo sentim ento identitario que levou ós angloirlandeses a comprenderse como grupo diferenciado, ligado a un territorio e a unha cultura específica, diferente da inglesa. Aínda carecendo dunha formulación política expresa, a febre polo anticuarismo soamente se entend e en relación co contexto político das relacións conflictivas co n Ingla terra e de autoid entifica ción irlandesa dos protestantes do país. O entusiasmo que os patriotas e as elites angloirlandesas, en x eral, amosaron polos traballos deste tipo, o seu apoio á edición de antigos manuscritos gaélicos, o estudio da lingua nativa ou a súa afección pola recolección de restos arqueolóxico s deben relacionarse directamente coa nova valoración que atribuíron á cultura do país, ligada, á súa vez, ós procesos de autoidentificación que acompañan a súa loita política. A consecución dos obxectivos políticos esixía, por tanto, unha argumentación histórica que sostivese as súas reivindicacións, pero tamén, nas novas circunstancias, unha reavaliación da cultura nativa. E este segundo elemento volvía preciso, a maiores, un novo relato do pasado que desmentise a imaxe da barbarie irlandesa que noutrora se creara como xustificación da c onquista, reactualizada agora na Historia de Inglaterra de David Hume (1754). 46 Unha narración, en definitiva, que rexeitase a versión inglesa da historia. Os afeccionados ás antigü idades achegaron un conx unto de materiais histó ricos que reforzaron os signos identitarios do grupo e que serían utilizados con am plitude no debate político das décadas finais do século XVIII. Foron eles os que procederon a unha idealización da Irlanda precristiá e á elaboración dunha mítica antiga constitu ción irlandesa, parangonable á que os historiadores e políticos ingleses promovían naquel tem po para explicar o triunfo da liberdade e a crecente prosperidade económica de Inglaterra. A respecto do primeiro, estes eruditos irlandeses pretenderon depurar co seu relato fantástico d a era pagá a serie de negativos mitos históricos de creación inglesa que reduciran a civilización gaélica a un plano de inferior categoría, pr esentando a primitiva cultu ra nativa nun nivel equiparable ó das da Antigüidade clásica. Esta consideración favorable daquel período da historia de Irlanda encádrase no marco da efervescencia do celtismo que era xeral na Gran Bretaña da segunda m etade do século XVIII, ligada á recepció n entusiasta dos poemas ossiánicos de James Macpherson (1760), presentados como unha traducción de supostos vellos manuscritos gaélicos das Terras Altas de Escocia. Nunha Gran Bretaña que se imaxinaba a si mesma com o o paradigm a da civilidade, o céltico foi celebrado tamén nos ambientes literarios como representación do prim itivo, do periférico, da diferencia, en sintonía co espírito romántico que ó pouco tempo callaría en toda Europa. 47 O novo interese polo mundo natural dos antigos habitantes celtas das illas Británicas 48 reflectiuse tam én en Irlanda, onde os estudiosos aproveitaron a onda para amosar non só a brillantez da súa civilización autóctona no pasado, sen ón tamén a súa contribución ó asentamento do m oderno modelo británico. As elaboracións históricas dos whigs ingleses presentaron o triunfo glorioso do partido parlamentario e protestante de 1688-9 e o conseguinte período de estabilidade e prosperidade económica com o a culminación da longa loita pola liberdade que 46 Sostíñase nesta obra que “[...] the Irish, from the beginning of tim e, had been buri ed in the most profound bar barism and ignorance; and as they were neve r conquered, or eve n invaded by the Rom ans, from whom all the Western world derived its civility, they continued still in the most rude state of society”. David Hum e, History of England from the Invasion of Julius Caesar to the Revolution of 1688, citado en Mary Helen Thue nte, The Harp Re-strung. The United Irishmen and th e Rise of Irish Literary Nationalism, Syracuse University Press, 1994, p. 35. 47 Mal co lm Ch ap man , The Celts. The Construction of a Myth, MacMillan, Londres 1992, pp. 120-45. 48 Jonh Hutchinson, The Dynamics of Cultural Na tionalism. The Gaelic Revival an d the Creation of the Irish Nation State, Allen e Unwin, Londres 1987 , p. 56. 50 caracterizaba a historia de Ing laterra desde as súas orixes anglo saxonas. Na súa interpretación do pasado, a sociedad e inglesa do XVIII era o froito dunha evolució n histórica específica que arrincaba dunha antiga constitución de raíz anglosaxona que sobrevivira á invasión norm anda, na cal se equilibraban á perfección o rde e liberdade, gracias a un sistema de monarquía con poderes lim itados polo Parlamento e o imperio da lei común. Fronte a semellante narración, os anticuarios irlandeses, ansiosos por incluír o seu país nesta mesma liña constitucionalista, resaltaron as achegas da súa civilización propia a aquel sistema perfecto por m edio dunha idealización do pasado, construíndo o mito paralelo dunha antiga constitu ción irlandesa semellante e dun pasado de igual brillantez cultural, que dispoñía mesmo de grandes universidades druídicas, con plenas liberdades civís, exercidas nun réxim e de estabilidade política asentada nun parlam ento e outras institucións representativas, todo en m edio dunha prosperidade económica extraordinaria. 49 A repercusión política desta representación do pasado de Irlanda estivo limitada pola aceptación do marco constitucional británico dos que a formularon, ningún dos cales quería romper con el senón, máis ben, revalorizar o papel irlandés na súa consolidación. Deste modo poderían rexeitar a idea de que o país fose considerado como un simple territorio colonial, onde o sistem a se impuxera desde fóra e pola forza, e reclamar o respecto que m erecía como unha das partes constitutivas do Estado británico, en igualdade de condicións con Inglaterra. Non debe sorprender, por tanto, que os eruditos irlandeses clamasen contra Macpherson cando lles atribuíu unha orixe escocesa ós materiais ossiánicos, en canto sup oñía a desautorización de toda a súa lectura da historia. 50 Eran aqueles uns tempos en que os angloirlandeses –e xa non só os m embros da aristocracia terratenente, senón tamén as clases mercantís e profesionais de Dublín– amosaban orgullo por un pasado que consideraban propio, aínda que buscasen facelo compatible coa súa herdanza inglesa, sen pensar en abandonar un Estado que, en definitiva, era a garantía da súa posición dom inante sobre a poboación católica do país. No plano cultural, a afirmación identitaria reflec tiuse nas obras de literatos, en xeral, e de anticuarios, no máis concreto ámbito da historia, preocupados todos por crear uns marcos narrativos que perm itisen un acom odo neles da poboación maioritaria do país. No terreo puramente político, aínda que non estaban dispostos a renunciar á súa posición de privilexio institucionalizado, al gúns reformistas protestantes empezaron a introducir no debate a cuestión d a necesidade de minguar ou m esmo eliminar a situación de discriminación xurídica que a lexislación do propio Parlamento dublinés impuxera sobre os habitantes católicos da ill a, considerando mesmo a posibilidade de outorgarlles o dereito á participación electoral. De todas formas, cando desde o propio goberno británico, coa intención de acadar un mellor clima social, se forzou a abolición dalgunhas das limitacións que restrinxían as posibilidades económicas e políticas dos católicos, a maioría dos políticos protestantes da elite agraria e das clases m ercantís, incluídos os reformistas, vendo un perigo potencial para a súa posición dominante, rexeitaron as medidas. Sobre todo en 1793, cando, ante a inminencia da guerra contra Francia, o goberno británico aprobou unha Acta que outorgaba máis dereitos ós católicos e que ameazaba alterar as relacións de poder en prexuízo dos protestantes, o 49 Colin Kidd, Subverting Scotland’s Pa st. Scottish whig historians and the creation of an Ang lo-British identity, 1689-c.1830, Cambridge University Press, 1993, pp. 125-7. 50 Macpherson, pola súa part e, non tiña consideraci ón ningunha polo s eruditos irlandeses e rexeitou a súa visión do pasado. Ma ry Hele n Thuente, The Harp Re-strung, pp. 21-33. 51 que produciu unha reacción de carácter claramen te sectario de inusitada violencia polas dúas partes. 51 As dúas últimas décadas do século XVIII viron cómo se aceleraban os procesos tradicionais de reivind icación política da elite angloirlandesa, pero tamén cómo o conflicto político co poder central tomaba derivas insospeitadas pouco antes e completamente novidosas. En primeiro lugar, en canto á cuestión que nos interesa, porque, xunto á vella fundamentación histórica e legal en que se viñan apoiando as reclamacións irlandesas desde un par de séculos atrás, co lleu un pulo cada vez máis notable a argumentación baseada n o recoñecemento de dereitos universais de cidadanía. En segundo termo, porque, de maneira crecente, foron tom ando o protagonismo as clases medias protestantes, cun gran peso na m obilización por parte dos dissen ters do norte. Mesmo amplos sectores da maioría católica se acabarían incorporando á loita política, mobilizándose en contra do poder británico e do dom inio protestante na illa, para eles indiferenciados na maioría dos casos. En terceiro lugar, porque a irrupción da violencia política, da ameaza ou do uso directo da forza, superou o ámbito constitucional onde se mantivera a confrontación da elite protestante durante o século XVIII. E, en último termo, porque a calidade das demandas variou substancialm ente coa consolidación dun ben espallado e poderoso movem ento republicano. Nos anos de crise e confusión que en Gran Bretaña seguiron ó inicio da revolución das colonias am ericanas, as milicias de Voluntarios, organizadas en Irlanda desde 1778 ante unha posible invasión francesa, acabaron converténdose nun factor político de gran influencia. Estes grupos armados, formados, en principio, para suplir a carencia de tropas británicas na illa e constitu ídos maioritariam ente por mem bros das clases medias protestantes, serviron despois como forza de presión a prol das dem andas de independencia lexislativa dos patriotas parlamentarios ante un goberno británico que debía temer que Irlanda, de non se levar a cabo as reform as constitucio nais, seguise o mesmo camiño de rebelión que os colonos am ericanos. De maneira que, en parte pola capacidade de presión irlandesa, en parte pola propia evolución interna da política inglesa, en 1782 foille recoñecido ó Parlamento de Dublín o dereito exclusivo de lexislar para Irlanda, coa única limitación do dereito de veto real. 52 A cham ada “Constitución de 1782”, sen em bargo, non respondía xa tanto ás dem andas dos grupos terratenentes que tradicionalm ente controlaban a institu ción parlamentaria, canto ás ansias dunhas clases medias protestantes desexosas de reformar as estructuras de poder para ter un maior acceso á representación po lítica e contrarrestar a influencia da minoría de grandes propietarios de terras. Non pretendían os patriotas e o seu líder Henry Grattan romper con Inglaterra nin compartir o dom inio protestante coa poboación católica. Nin baseaban as súas demandas nunha identidade cultural diferenciada, senón na esixencia de igualdade que derivaba da aplicación dos dereitos de cidadanía, de carácter universal. 53 Mesmo entre algúns deles ecoaban xa as ideas democratizadoras provenientes de América, sobre todo do moi popular Thomas Paine, e de Francia. Incluso había quen propoñía buscar unha fórmula para integrar os católicos na nación irlandesa, que os protestantes se reservaran en exclusiva ata entón. Pero a vertixe dos acontecementos que afectaron a Gran Bretaña no último cuarto do século XVIII, sobre todo a raíz da súa entrada nas guerras contra o Estado francés revolucionario, acabaría aliñando os reformistas constitucionais coas 51 Thomas Bartlett, “An End to Moral Economy: The Irish Militia Disturbances of 1793”, en C.H.E. Philpin (ed), Nationalism and Popula r Protest in Ireland, Cambridge University Press, 1987, pp. 191- 218. 52 D. George Boyce, Nationalism in Ireland, p. 113. 53 John Hutc hinson, The Dynamics of Cultural Nationalism, pp. 61-2. 52 posicións gobernamentais. A causa do descontento entre os protestantes p asaría, entón, ós sectores sociais de tipo medio ligados ás actividades mercantís e profesionais e membros da confesión presbiteriana, especialm ente presente nas terras do Ulster. 0.3. Identidade irlandesa e radicalismo republicano Neste aspecto, a mobilización política prom ovida no último decenio da centuria p olos radicais organizados como os United Irishmen respondía ás características do novo modelo de acción antes descrito. O movem ento, promovido desde as clases medias, cunha participación moi sinalada de comerciantes e profesionais do Ulster de fe presbiteriana, presentou como os seus obxectivos iniciais a unión dos irlandeses todos e a aplicación dunha reforma parlamentaria que liberase os seus asuntos do control británico. 54 Segundo a súa formulación, a consecución do obxectivo político non sería posible sen rematar coa exclusión dos católicos. O novo grupo tendeu a fundar as súas accións nas reivindicacións igualitarias das ideas ilustradas e revolucionarias que prenderan en América e Francia. Aínda que baseadas nunha concepción dos dereitos que, en abstracto, lle correspondían a calquera ser humano, a referencia ó pasado tam én demostraría neste caso a súa utilidade, nun escenario no que unha das principais cuestións do debate foi a concesión de dereitos políticos á maioritaria poboación católica. 55 A United Irish Society foi fundada en Belfast, en 1791, por presbiterianos das clases mercantís da cid ade; no mesmo ano constituíuse tam én en Dublín, neste caso cunha participación considerable de católicos de semellante extracción social. As súas ideas relacionáronse coas propias dos movem entos revolucionarios iniciados nas colonias inglesas de América, pero tamén entroncaban coa propia tradició n democrática dos disidentes relixiosos, de procedencia escocesa, establecidos no Ulster desde o século XVII. Ideas que arraigab an na tradición pactista, que transfería a visión relixiosa da alianza de Deus co seu pobo á esfera política, de onde se deducía a necesid ade de basear o goberno no consentimento dos gobernados, así como o seu dereito á resistencia en caso de violación do acordo fundacional. 56 Despois da implicación británica na s guerras europeas revolucionarias, a partir de 1793, a asociación foi suprimida en 1794 e pasou a organizarse e a actuar de modo clandestino, baixo a dirección dos seus membros m áis extremistas, como unha sociedade secreta conspiradora, a pesar de m anter os seus trazos de clase media. O seu obxectivo pasou a ser o desencadeamento dunha insurrección xeral antibritánica en Irlanda, contando co apoio dunha forza invasora francesa, proxecto negociado polo seu líder, Wolfe Tone, coas autoridades revolucionarias galas no continente. O resu ltado perseguido co alzamento xa non en caixaba, polo tanto, nos lím ites constitucionais que 54 Nun texto venerado polo nacionalism o irlandés post eri or, o líder do grupo, Wolfe Tone, propoñíase “to unite the whole people of Ireland, t o abolish the memory of all past dissension s, and to substitute the common nam e of Irishm an in place of the denom inations of Protestant, Ca tholic, Dissent er”. Citado en D. George Boyce, Nationalism in Ireland, p. 127. 55 Hai dúas valoracións contradicto rias sobre o significado político dos United Irishmen. Unha delas considéraos com o un movemento de tipo nacionalista , ligado á defensa da cultura irlandesa. Tal fai Mary Helen Thuente, The Harp Re-strung, pp. 1-16, onde os presenta como exemplo de “nacionalismo literario” ou cultural. Outra céntrase na consideración da súa dimensión política, como pura expresión das ideas revoluciona rias que prenderan en América e Francia a finais do XVIII. Así opi na R.F. Foster, Modern Ireland, Penguin Books, Lo ndres 1989, que ve o seu republicanism o como “[...] far m ore apparent, and far more galvanic, that the va gue an d sha dowy Gaelic nationalism that was taken on board in the late 1790s” e que os cualifica de “interna tional liberals, anti-governm ent rather than anti-English”, pp. 265 e 269- 70. 56 Marianne Elliot, “Ireland”, en Otto Dann e John Dinwiddy (ed), Nationalism in the a ge of French Revolution, The Hambledon Press, Lo ndres 1988, pp. 71-86. 53 sempre respectaran os p atriotas . Agora tratábase de romper co Estado e de proclam ar unha república inspirada no modelo francés. Aínda que as súas ideas se fundaban en concepcións xerais sobre os dereitos inherentes ás persoas, estes grupos máis radicais recorreron tamén, igual que fixeran os patriotas e os Voluntarios, a unha xustificación complem entaria das súas polémicas posicións políticas mirando cara ó pasado representado nas obras do anticuarismo. A utilización da historia que fixeron veu determinada, ante todo, pola súa apelación á unidade da nación irlandesa fronte a Gran Bretaña, asunción da cal derivou, á súa vez, unha dobre consecuencia a este respecto. Por un lado, a inclusión dos católicos na entidade política levou a unha necesaria valoración dos trazos culturais gaélicos como fundamento dunha identidade diferenciada do Estado británico, o cal esixía ponderar as glorias da civilización autóctona na antigüidade céltica; por outro, foi preciso servirse dunha cultura e dunha historia mitificadas com o m edio de superar as divisións internas da nación e de integrar as comunidades católica e protestante nunha entidade política unificada. No seu afán por captar a simpatía da poboación católica, os United Irishmen proclamaron a m iúdo o seu orgullo polo pasado gaélico, recorreron habitualmente a exemplos da historia irlandesa como apoio na súa loita pola liberdade e politizaron moitas das imaxes popularizadas polos anticuarios como peculiares do país, desde as arpas e os bardos ata as bandeiras verdes, plenamente integradas no século seguinte na iconografía nacionalista. 57 Sen embargo, dados os anteceden tes de fonda división entre as comunidades irlandesas, a relació n coa historia dos radicais protestantes tiña que ser, por forza, contradictoria. A fondura da longa memoria de enfrontamentos intercomunitarios soam ente podía ser superada esquecendo o pasado. Sobre todo, a aceptación de que os católicos deberían formar parte dunh a nación libre obrigábaos a superar os intensos estereotipos asentados na mentalidade dos disidentes protestantes, que sempre se entenderan a si mesmos com o os defensores da liberdade relixiosa e política, e que ligaban os católicos co fanatismo e a superstición, considerándoos escravizados polo seu clero e incapaces de vivir en lib erdade. Neste caso, para os presbiterianos do Ulster, núcleo central do radicalismo, o pasado parecía demostrar que os católicos eran incompatibles coa democracia. A alianza con eles, en consecuencia, requiría un exercicio de esquecem ento daquela visión histórica. En tal sentido, Wolfe Tone suxeriu que a Revolución de 1789 en Francia dem ostrara que era posible quebrar a asociación entre absolutismo e catolicism o, e que se os católicos franceses optaran pola liberdade, tamén o poderían facer os irlandeses. 58 Pouco tempo faría falta, porén, para comp robar que a visión amarga do pasado era máis forte que a que pretend ía facer compatible a historia coas novas ideas de igualdade e liberdade republicanas. O frustrado intento revolucionario de 1798 converteuse nunha explosión de violencia e causou un auténtico baño de sangue, no cal, demasiado a miúdo, as rivalidades sectarias ocuparon un plano preferente nas motivacións de rebeldes e de leais á Coroa. O Estado, naquel ambiente de guerra xeral en Europa, cando Irlanda aparecera como unha perigosa plataforma bélica xusto nas costas de Gran Bretaña, decidiu tamén acab ar con calquera veleidade reformista que puxese en perigo o control dun territorio de tan grande importancia estratéxica e propúxose aseguralo fronte a unha invasión ou unha rebelión interna da poboación desafecta. O goberno da Coroa, en acordo con tal diagnóstico, optou por integrar 57 Mary Helen Thuente, The Harp Re-strung, es pecialmente pp. 89-170, cita numeros os exemplos de referencias históricas na pre nsa radical e nas coleccións de poem as e baladas que popularizaron os United Irishmen. 58 Marianne Elliot, “Ireland”. 54 politicamente o país no conxunto británico, ó modo en que xa o estaban Escocia e Gales. En consecuencia, en 1800 decidiu suprimir o Parlam ento de Dublín, fixar unha representación irlandesa en Westminster e estab lecer o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda a partir do primeiro de xaneiro do ano próxim o. Tras uns primeiros mom entos de confusión, en que algúns políticos da vella situación pretenderon defender a existencia da institución lexislativ a propia, a imposición da autoridade da Coroa e do Parlamento británico foi absoluta. 0.4. A catolización da identidade Os acontecementos dos anos finais do século XVIII m arcaron o inicio dunha nova etap a en Irlanda. Non soamente no plano institucional, senón tamén en canto a que sinalaro n a quebra das tendencias políticas que durante aquela centuria foran madurando na comunidade protestante. E con elas tam én esvaeceu o gradual proceso de constitución dunha identidade diferenciada ligada ó territorio e á cultura irlandeses que as acompañara de maneira m áis ou menos explícita. Os desastres da revolución de 1798, dominada pola violencia e os enfrontam entos intercomunitarios, abriron unha fenda entre protestantes e católicos que acabou coas esperanzas dos angloirlandeses que soñaran con atopar unha base común que achegase a todos os sectores da poboación da illa, por riba da súa denominación relixiosa. Para os protestantes que buscaran afirmar fronte a Inglaterra un poder que a poboación católica non lle podía discutir na illa, o temor causado pola difusión das ideas revolucionarias en Irlanda por obra do radicalismo presbiteriano e o m edo a unha sublevación xeral dos católicos foron razóns suficientes para acabar coas súas ansias reformistas. Cando o que estaba en xogo era o m antemento da súa propia posición de dominio na sociedade irlandesa, as elites protestantes –terratenentes, grupos m ercantís e profesionais– pensaron que carecía de sentido potenciar os factores qu e ameazaban a súa situación privilexiada e debilitar o Estado que, en último term o, a viña garantindo desde dous séculos atrás. Pero tamén para os radicais que aspiraban a unha plena reconfiguración política e social foi inquietan te a evolución dos sucesos revolucionarios, non soamente polos seus resultados, senón tamén polo comportamento dunha poboación católica, sobre todo a rural, que esqueceu as súas proclamas de igualdade e liberdade para caer no sectar ismo m áis contrario ós seus ideais. En consecuencia, despois da Unión desaparecerían as posicións políticas específicas dos protestantes irlandeses, tanto o patriotismo reformista coma o radicalismo presbiteriano, interesados aqueles xa unicam ente en manter co poder central os lazos que aseguraban o seu dominio. Nas décadas seg uintes, tan só a poboación católica articularía demandas políticas ante o Estado. Produciríase, así, unha simplificación progresiva no escenario político, rep roducindo, en ú ltimo termo, a división relixiosa básica que separaba dúas comunidades que parecían, de novo, irreconciliables. O posicionamento po lítico, en tales circunstan cias, reduciríase gradualmente a unha opción lim itada a apoiar ou a criticar a Unión. O cal, inevitablemente, tam én se había reflectir na utilización política do pasado do país. Como resultado final do proceso, xa na segunda m etade do século XIX, a historia serviría de recurso político, ben como argumento para m anter a integración de Irlanda no Imperio, ben com o xustificación das reclamacións nacionalistas fronte a este. Nas primeiras décadas da Unión, polo tanto, a reivind icación política dos protestantes irlandeses fronte ó goberno de Londres desapareceu en todas as sú as formas. A defensa dos seus intereses pasou a exercerse polos seus representantes no Parlamento de W estminster. Nin sequera cabía xa a petición de reforma do sistema, tal como se concibira no século anterior, por canto unha demanda sem ellante non cabía 55 dentro dos límites constitucionais que o patriotismo protestante sempre respectara. E, desde logo, a reivindicación da devolución do Parlamento de Dublín, nuns m omentos en que se debatía a concesión de dereitos políticos á poboación católica maioritaria do país, non parecía favorecer os seus intereses. A gravidade dos sucesos de 1798 puxera de manifesto que, en caso de desestabilización do sistema, o que podía chegar a estar en xogo era o propio Estado no que se apoiaba a Ascendancy protestante. As clases medias radicais, pola súa parte, convencéronse de que a alianza política coa poboación católica era demasiado perigosa. En sum a, e tendo en conta, ademais, que o conflicto coa Francia revolucionaria non se resolvería ata 1815, todos os factores contribuíron ó esvaecemento da discrepancia política pro testante co Estado e a un distanciamento respecto da maioría católica do país. Os protestantes irlandeses, en consecuen cia, aceptaron de bo grao a Unión e convertéronse nos seus máis firm es defensores. Os resultados do novo escenario político e mais da persistencia dos propios recordos da ameaza revolucionaria determ inaron unha nova valoración da cultura e da historia irlandesas por parte dos protestantes, así como do seu propio sentimento de pertenza comunitaria. A identificación irland esa diferenciada que pau latinamente foran asumindo ó longo da anterior centuria, aínda que soamente fose com o soporte complementario de reivindicacións políticas xa abandonadas, deixou de ter sentido cando, agora, do que se trataba era de afirmar unha plena integración no Estado británico. Loar a cultura gaélica e resaltar o seu pasado glorioso, mesm o en competencia coa do núcleo central do Imperio, podía resu ltar perigoso para a consolidación da Unión, xustificada, en última instan cia, como o único m odo de manter a orde nunha sociedade que dem ostrara ser incapaz de facelo por si mesma. E, m áis aínda, carecía de sentido afirmar unha identidade diferenciada cando non existían xa unhas institucións propias que defender e cumpría ter tino en non debilitar o Estado que am paraba a posición de privilexio d o mesmo grupo. En definitiv a, cabe soster que, co novo século, quebraron as dúas liñas nas que se manifestara a autodefinición diferenciada das elites e das clases medias angloirlandesas, val dicir, a política, coas dem andas de reforma do sistema en favor das institucións p ropias, e a identitaria, coa reavaliación positiva da cultura e da historia do país. En canto á consideración que lles merecía a historia irlan desa ós protestantes, resulta significativa a desaparición progresiva do anticuarismo nas prim eiras décadas do século XIX. 59 Fenómeno que non se pode desligar da evolución do contexto científico europeo, no que por aquel entón os novos estudios filolóxicos, etnográficos e históricos estaban a romper o paradigma bíblico e clásico no que os anticuarios encaixaran as súas especulacións sobre as orixes das linguas, das culturas e, en definitiva, das nacións. O comparatismo lingüístico desautorizou as fabulacións etim olóxicas en que aqueles baseaban os seus estudios, mentres o modelo indoeuropeo quebrou as explicacións sobre as relacións entre o hebreo e as linguas célticas. Aínda que esta renovación dos estudios históricos e lingüísticos chegou con certo atraso ás illas Británicas, é certo que os cambios experimentados no continente favoreceron a adopción gradual de enfoques máis científicos en tre os eruditos. Pero no caso de Irlanda, a renovación debe atribuírselle, no fundamental, á incidencia da nova situación política. En realidade, as elites que sostiveran o traballo dos a nticuarios antes da Unión retiraron o seu padroado ás institucións e ós eruditos que o p romoveran, conscientes das im plicacións políticas das súas actividades, agora non desexadas, e por causa da perda de interese na autoafirmación identitaria irlandesa q ue antes se buscara d esde estes sectores sociais. 59 Para este apartado se guimos, esencialmente, as obras citadas de Joep Leerssen, Remembrance and Imagination, pp. 68-134, e J ohn Hutchi nson, The Dynamics of Cultural Nationalism, pp. 74-95. 56 Nestas circunstancias, aínda que non deixou de haber algunhas institucións dedicadas ó estudio do pasado e da cultura do país, o anticuarismo, desprovisto dos lazos políticos que o estim ulaban, pareceu seguir vivo por pura inercia. As sociedad es históricas, como a Gaelic Society dublinesa (1807) ou a Iberno-Celtic Society (1818), e mesmo a Royal Irish Academy, tan activa desde a súa fundación, en 1785, m antiveron a chama da afección polo pasado irlandés pero, na práctica, foron esm orecendo, carentes de apoio e incapaces de publicar apenas nada n o primeiro tercio do século XIX sob re o antes tan ben abastecido cam po da antigüidade irlandesa. 60 Por dem ais, o pasado sería utilizado como argumento para a defensa da nova realidade política. Fronte ás achegas dos anticuarios acerca das orixes orientais d a civilización gaélica e do seu esplendor estragado pola presencia estranx eira, presentouse com o confirmación da pertinencia do unionismo a vella tese que desde Inglaterra viña descualificando aquelas como relatos fantásticos, sen base documental ningunha, e sostiña que o país saíra da barbarie gracias, xustamente, á presencia de pobos chegados do exterior, como viquingos e ingleses. 61 Con todo, ata a década de 1830 aínda perduraron os vellos esquem as de interpretación do pasado e non faltaron, ben que tan só nos reducidos círculos académicos e eruditos, os defensores da singularidade da civilizació n irlandesa cos argumentos tradicionais. Todo cam biaría, sen embargo, a partir deste momento, debido á conmoción política provocada pola axitación da poboación católica arredor das campañas lideradas por Daniel O’Connell e á difusión dun novo estilo d e relato histórico fundado nos criterios máis rigorosos que se impoñían no continente. A evolución do panorama político desde finais do decenio de 1820 creou novas expectativas na poboación católica e resucitou antigos temores na protestante. Sinaladamente, debido á repercusión das espectaculares campañas de mobilización dos católicos irlandeses por O’Connell, primeiro a prol da súa emancipación, quer dicir, o acceso libre a todo cargo público ou profesión, e despois co obxectivo de anular a propia Acta de Unión. Naquel ambiente, no que non faltou tam pouco unha desafiante axitación rural entre o campesiñado católico contra o pagam ento dos décimos ó clero da Igrexa de Irlanda (1830-3), a minoría protestante sentiu un gran desacougo ante o que percibía como unha ameaza certa para o seu do minio. Algúns protestantes sentíronse traizoados por uns gobernos que, despois de eliminar as discrim inacións legais que prexudicaban ós cató licos en 1829, permitindo ós titulares de certa propiedade acceder ó Parlamento, parecían relegar os interes es dos máis leais sectores da sociedade irlandesa ás propias comenencias do Estado. A súa resposta retomou a antiga liña da oposición patriótica do século XVIII, tal com o fixo Samuel Ferguson, un intelectual que criticou a centralización experimentada desde a Unión, acusándoa de estragar o país ó sometelo a influencias estrañas ó seu ser peculiar, e propuxo ás elites terratenentes e ás clases medias protestantes recuperar o papel dirixente da sociedade, reforzando a súa vinculación a Irlanda e a súa cultura. En último termo, sen deixar de m anter a perspectiva política unionista, tratábase d e reconciliar as dúas razas que compartían a illa, propoñéndolles unha base de actuación común, despois de mirar cara a un pasado magnífico que lles podía servir de inspiración. 62 Nun senso semellante actuaron outros intelectuais católicos e protestantes. O máis importante destes pola súa significación n os estudios históricos fo i George Petrie, 60 Joep Leersse n, Remembrance and Im agination, p. 75. 61 John Hutc hinson, Dynamics of Cultural Nationalism, p. 84. 62 John Hutc hinson, Dynamics of Cultural Nationalism, pp. 90-3. 57 a quen hai acordo en considerar como o fundador da arqueoloxía moderna irlandesa. 63 Sobre todo desde a Royal Irish Academy e desde a dirección da sección dos servicios históricos do Ordnance Survey, organismo encargado de cartografar o territorio insular que fora creado en 1824 e que non se limitou ó labor topográfico, senón que constituíu tamén grupos de estudios históricos e lingüísticos para que precisasen a toponim ia, sinalasen os monumentos e restos arqueolóxicos e rexistrasen calquera da to útil para unha comprensión máis com pleta do país. Con este motivo, Petrie encabezou un conxunto de estudiosos que promoveron unha nova avaliación de todos os restos materiais e m anuscritos da civilización irlandesa. 64 Mesmo poden ser considerados como os difusores dunha nova maneira de achegarse ó estudio do pasado, relegando as elucubracións fantásticas e utilizando documentos máis acordes cos métodos da ciencia moderna. Con Petrie pode darse por finalizado d efinitivamente o anticuarismo no senso metodolóxico. Desde as súas conviccións unionistas, non ignorou, sen embargo, as repercusións políticas das súas contribucións sobre o coñecemento do pasado. 65 Tamén el pretendeu que a exaltación duns tempos gloriosos, que situaba no Medievo, cando confluíron as tradicións célticas e o cristianismo m onástico, podía servir de modelo para achegar a católicos e protestantes e rexenerar a nación irlandesa dentro do Estado da Coroa británica. Neste senso, Petrie actuou como un “unionista patriótico”, ó vello estilo dos mellores reformistas dos seus antepasados do XVIII. 66 Os tempos, sen embargo, parecían xa m áis propicios para a maioría católica. Entre ela tam én xurdiron estudiosos da historia ou da lingua gaélica de primeira liña, como John O’Donovan e Eugene O’Curry. E por máis que a maioría deles non se im plicou directamente na contenda política, era inevitab le que as súas contribucións científicas sobre o pasado fosen utilizadas polos que comezaban a presentar as prim eiras reivindicació ns nacionalistas fronte ó Estado británico. 63 Gabriel Cooney, “Build ing the future on the past: archaelogy and th e construction of national id entity in Ireland”, en Margarita Díaz-Andre u e Timothy Cham pion (ed), Na tionalism and ar chaeology in Europe, pp . 146-63. 64 A tarefa deste Servicio topográfico merece valoracións ben di ferentes, desde a dos que ponderan a súa contribución ó coñecem ento científico da cultura nativa, ata a dos que sinalan o seu carácter de puro instrumento de dom inación colon ial, ó servicio dun maior control do territorio polos co lonizadores. Cf. Joep Leersse n, Remembr ance and Imagination, p. 100-8. 65 John Hutchins on, Dynamics of Cultural Nationalism, p. 86, interpreta que o propio Es tado se decatou delas, razón pola que suprim iu o fi nanciamento do departam ento histórico do Ordnance Survey. L eerssen, p. 104, sen em bargo, atribúe a retira da de fondos ó excesivo custo do proxect o, que m esmo absorbía a dotación destinada ó labor principal, o topográfico. 66 John Hutc hinson, Dynamics of Cultural Nationalism, p. 90. 64 O segundo dos paradoxos xorde de contemplar cóm o a raíz da etnificación do nacionalismo prendeu sobre o discurso do grupo dos Young Irelanders, cando foron estes intelectuais m ozos, xustamente, os pr imeiros en rexeitar a po litización das crenzas relixiosas e en proclamar a necesidade de a xuntar os habitantes todos do país baixo o nome com ún de irlandeses, posición que mantiveron tanto desde dentro do movemento de O’Connell, no que nun principio se integraron, coma fóra del, despois da súa ruptura. A xénese de tales aparencias contradictorias entre o discurso e os resultados finais dos principais representantes da m obilización política nacional na Irlanda de mediados de século reside, en realidade, nunha dobre ambigüidade, va l dicir, na que era inherente ós principios teóricos mesmos que sustentaban as súas accións e na que derivaba das propias esixencias do escenario político no que estas se desenvolveron. Neste segundo senso da intervención pública, a citada equ ivocidade substancial da doutrina traduciuse en numerosas contradiccións na práctica política, as cales, ó cabo, causaron a ruptura definitiva dos membros agrupados na Young Ireland coa organización de O’Connell en 1846, formalmente debida á negativa daqueles a satisfacer a demanda do líder de renunciar de modo expreso a un hipotético uso da violencia con fins políticos, considerándoo –aínda que non fosen partidarios de exercelo– como un dereito en abstracto da nación ó que esta non debía renunciar. Na propia crise que o ano anterior puxera as bases da quebra, relacionada coa aprobación parlamentaria do establecem ento en Irlanda de universidades públicas non confesionais, as respostas de cada parte foron, cando menos, relativam ente sorprendentes. A comenencia de m anter o apoio da poboación rural levou a O’Connell a soster a posición da xerarquía eclesiástica católica, contraria ó establecemento de tales centros de educación superior libres do seu control, e a opoñerse ó Goberno británico e a unha medida de claro contido liberal; mentres, os m áis radicais Young Irelanders defenderon as autoridades dun Estado do que estaban moito máis dispostos a separarse que o líder que entón o criticaba e ofreceron un discurso de conciliación non sectaria. Pero se o pragmatismo que orientou sem pre a política de O’Connell pode explicar as inconcrecións do seu proxecto e as oscilacións tácticas na busca dunha maior efectividade, no caso do grupo da Young Ireland a ambigüidade parece ser consubstancial ós propios fundamentos da súa doutrina. E de aí xurdiu o paradoxo máis notable, por canto o nacionalismo de contido étnico xestaríase, precisam ente, nun grupo que predicaba a necesidade de rexeneración da nación irlandesa a partir dunha harmonización das dúas com unidades relixiosas e de orixe que a com poñían. O movemento pola abrogación da Unión, pese ó recurso frecuente a palabras inflamadas polo seu principal dirixente, trataba de conseguir, en definitiva, un mellor acomodo para os católicos irlandeses dentro dun Estado compartido cos protestantes angloirlandeses e británicos. Os intelectuais máis extremistas que rom peron con el, pola contra, agachaban, baixo unhas formas de conciliación intercomunitaria, un programa de ruptura, tanto co Estado británico coma co sector protestante da sociedade irlandesa. Tal era a consecuencia lóxica do feito de fundamentaren as reivindi cacións políticas nos proclamados dereitos inherentes dunha nación definida como racial e culturalm ente diferenciada, inevitablemente contraposta, por tanto, á outra que a viña oprim indo desde a súa posición dominante naquel Estado e, máis directamente, a través do co ntrol inmediato exercido sobre ela por m edio da Ascendancy angloirlandesa. A verdade é que dos textos producidos polos membros da Young Ireland, especialmente do seu representante m áis significativo, Thomas Davis, moitos deles espallados por un periódico semanal propio, Nation, fundado en 1842, que acadou cifras 65 de difusión extraordinarias para a época, 75 cabe deducir dous tipos de interpretacións case antitéticas, segundo se destaque a súa insistencia na necesidade de achegar as dúas comunidades relixiosas da illa, com o condición para o rexurdimento nacional, ou ben se acentúe o carácter racial e nacional excluínte da doutrina do grupo. Poida que esa dobre posibilidade non sexa senón a plasmación práctica do carácter transicional, da complexa mestura de continuidade e cambio que se corresponde cos anos centrais do XIX, com o xa se apuntou. A propia relación entre Daniel O’Connell e os mozos da Young Ireland, que pasou da colaboración á tensión discrepante, en m edra continua ata desembocar nun rompemento absoluto, pode tom arse como a expresión da com plicada convivencia de dous modelos de acción política, d iferentes tanto na fundam entación teórica coma na praxe inmediata que propoñían, así com o das dificultades reais para distinguir un do outro nese momento decisivo. Deste modo, habería que considerar as propostas de Davis e o seu grupo como propias dun movem ento de transición entre as formas características da reivindicación política tradicional no país e as novas maneiras que xa se anunciaban neles mesmos. Val dicir, en tre as pautas que respectaban os límites constitucionais e buscaban a convivencia dos irlandeses de calquera ascendencia e condición relixiosa, fundándose nunha comprensión política da nación –raíz do que se chamaría nacionalismo constitucional–, e as que definían a nacionalidade polos elementos culturais específicos, volvéndoa incompatible cos que non cadrasen con eles, e esixían a satisfacción dos dereitos políticos ligados inextricablemente á condición nacional –o nacionalismo étnico, gaélico e católico, do futuro. Certamente, é bastante doado presentar o nacionalismo dos Young Irelanders como unha doutrina de carácter incluínte, en tendéndoo máis como herdeiro da tradición dos United Irishmen de fins do XVIII que como prólogo do sectarismo excluínte que posteriormente caracterizaría a boa parte do s que se enfrontaron a Gran Bretaña en defensa das liberdades da nación irlandesa. 76 A este respecto, non resulta difícil atopar nos seus escritos sentidas apelacións á convivencia e á unidade dos irlandeses todos, con independencia das súas crenzas e da súa ascendencia. Os textos de Thom as Davis, por exemplo, non deixan de afirm ar a preeminencia da nacionalidade sobre as divisións relixiosas que viñeran escurecendo durante séculos esa condición compartida: Religion’s name, sin ce then, became Our pretext for division. (“Native swords”) They’re gone, they’re gone, those penal days All creeds are equal in our isle; (“The penal days”) What matter that at diff’rent shrines We pray unto one God– (“Celts and Saxons”) 77 No mesm o senso, tratou Davis de resaltar os factores com úns que permitisen superar a diferenciación identitaria ligada á procedencia externa –inglesa, escocesa– dun 75 R.F. Foster , Modern Ireland, p. 311, calcula o número de lectores do Nation en 250.000. Tan elevada cifra deberíase á rede de centros de lectura – reading rooms – que promovía a organización. 76 Así o fai Mary Helen Thuente, The Harp Re-strung, p. 212. En todo o capítulo dedicado á “Young Ireland poetry”, pp. 193-231, doc um enta de modo exhaustivo a súa te se, a través dunha lectura detallada dos textos de Davis e doutr os dos seus compañei ros. 77 Charles Gava n Duffy et al., The Spirit of the Nation, Woodstock Books, Poole, Wash ington D.C. 1998 (facsímile da edición de Jam es Duffy, Dublín 1845), pp. 34-5, 198-9 e 191-3, respectivamente. 66 considerable grupo da sociedade irlandesa, estirpe allea que aínda reforzaba m áis a súa disparidade coa maioría da poboación, evidente xa pola súa confesionalidade relixiosa non católica. Co obxectivo de superar semellante fractura social, pretendeu na súa obra esluír a oposición frontal entre estranxeiros e nativos proclamando a configuración histórica da nación irlandesa, resultado da integración no país de pobos de ben distinta orixe: We must sink the di stinctions of blood as well as sect. The Milesia n, the Dane, the Norman, the Welshman, the Scotchman, and the Saxon, naturalised here, must combine, regardle ss of their blood. 78 Igualmente, cóm pre destacar a insistencia de Thomas Davis en designar o medio cultural e natural do país como o factor que foi conform ando ó longo do tempo esa mestura de pobos com o unha nación diferenciada, condición esta que merecería non pola súa particularidade racial, senón pola conform ación única da súa cultura. 79 Non faltan argumentos, polo tanto, para amosar a Davis e o s seus compañeiros como continuadores daquelas fórm ulas políticas conciliadoras de longa tradición entre os protestantes ilustrados irlandeses. Pero tamén é indubidable que os seus escritos recorrían a referencias ás razas con demasiada frecuencia. Incluso as sú as apelacións á unidade nacional na illa soam ente podían ter sentido, certamente, como consecuencia da previa diferenciación racial que eles m esmos efectuaban e que os levaba a entender as relacións entre Inglaterra e Irlanda en termos dun conflicto de razas, expresado nos seus poemas na contraposición absoluta entre uns saxóns perversos por natureza e uns celtas nativos de superior catadura moral. 80 Sen dúbida, unha concepción da realidade que se fundaba nunha confrontación de semellante teor dificilmente podía librarse de asociar determinados trazos biolóxicos e culturais con cada unha das nacións identificadas con tales entes raciais e de xulgalas máis segundo impulsos emotivos que por criterios racionais. En palabras publicadas no editorial do primeiro núm ero do Nation, o presente reducíase a unha oposición ben sinxela: “[...] there are, in truth, but two parties in Ireland: those who suffer from her nacional degradation, and those who profit by it”. 81 A consecuencia directamente derivada de tal simplificación da realidad e, reducida a un puro conflicto entre dous grupos nacionais irreconciliables, non podía ser outra que a exhortación á loita por todos os medios contra quen quedaba caracterizado como inimigo do auténtico pobo irlandés. De tal maneira que as mesm as chamadas dos Young Irelanders á unidade dos irlandeses de toda clase soamente adquiría o seu pleno significado dentro do marco daquel antagonismo ineludible. O obxectivo da actuación conxunta á que se convocaba era, polo tanto, a victoria completa sobre os estranxeiros, o derrubamento dun Estado identificado como inglés e protes tante , como recolleron unha boa cantidade dos poemas patrióticos publicados en Nation, o semanario do grupo: Yes, we have strength to make Iri shmen free again; Only UNITE –and we’ll conque r our foe; (“Erin – Our o wn little isle”) Stand together, brothers all! Stand together, stand together! 78 Publicado en Nation, 26 de novembro de 1842. Citado en Mary Helen Thue nte, The Harp Re-strung, p. 213. 79 John Hutc hinson, The Dynamics of Cultural Nationalism, p. 98. 80 D. George Boyce, Nationalism in Irel and, pp. 155-8. 81 Charles Gava n Duffy, Young Irelan d, p. 16 2. 67 To live or die, to rise or fall, Stand together, stand together! (“Stand together”) 82 Neste esquema de oposición primordial, toda dif erencia que non deitase directamente do aliñamento na loita quedaba relativizada ata a desaparición. Aínda m áis, era a participación nun ou noutro bando daquel combate esencial a que determ inaba a condición de irlandés, o factor de harmonía que debía perm itir a superación dun pasado de fragmentación interna no propio país e a integración de todos nunha soa entidade nacional. Era neste marco simplificador onde cobraba sentido a apelación á unidade e a postergación política das orixes e da fe relixiosa, en canto era a vontade de enfrontarse ós estranxeiros o elemento que convertía a calq uera habitante do país en nativo. Aquel que non tomaba a decisión de participar na loita transformábase, de m odo instantáneo, en inglés, en saxón ou sasanach, como gustaban escribir en carácteres gaélicos os Young Irelanders nos seus poemas. A unidade que se demandaba, por tanto, non nacía dun proceso de diálogo, de negociación entre dúas partes dispostas a efectuar concesións a prol dun fin de interese mutuo superior. En realidade, nas propostas dos escritores da Young Ireland soamente un dos dous grupos en que se dividía a sociedade pola súa fe e a súa orixe debería renunciar ás súas posicións de partida, recoñecendo a inxustiza na que asentaba o seu dominio, m entres o outro se limitaba a esquecer con xenerosidade o pasado: Unite with me, then, brother mine, Oppressor and oppressed no long er (“The Irish catholic to his protestant brot her”) 83 Segundo tal comprensión da realidade, non hai dúbida da superioridade moral que se lle outorga á parte que chama á concordia e am osa ser capaz de esquecer as ofensas de que foi e aínda é obxecto. E tampouco non cabe discutir a esixencia que cóm pre que satisfaga o interpelado: unicamente será auténtico irlandés no caso de achegarse ó que loita contra os opresores, os saxóns, dos que el mesmo form a parte en canto non se incorpore ó combate que a nación sostén contra eles. Tan só con ese requisito poderán os cidadáns de ascendencia e relixión estranxeiras –os angloirlandeses, como o propio Davis– formar parte da nación, liberarse do seu estigma orixinario, sen renunciar á súa liñaxe e á súa fe relixios a: Hurrah! our feuds are drowne d at last; Hurrah! let tyrants tremble; The fronted foemen of the past In brotherhood assembl e. (“A health”) 84 A nova relixión común, o novo obxecto de culto dos Young Irelanders, era a nación mesm a. Pero tal doutrina esixía un comprom iso ata o último extremo. Porque soamente quedaba asinado pola demostración suprem a da violencia, a proba definitiva da conversión á nova fe nacional. Neste senso, os versos de Davis e dos seus compañeiros zumegan sangue e morte, único modo de calmar unha sede de vinganza que se alimentara durante séculos de sufrimento e i nxustiza. Os cantos ó espírito guerreiro, ás demandas de desquite, á violencia sanguinaria, á “bendita espada”, son om nipresentes 82 Charles Gava n Duffy et al., The Spirit of the Nation, pp. 14-5 e 18 -9. 83 Charles Gava n Duffy et al., The Spirit of the Nation, pp. 8-9. 84 Charles Gava n Duffy et al., The Spirit of the Nation, pp. 315-6. 68 nos textos que estes intelectuais e políticos pretenderon espallar entre o pobo baixo a forma de cancións patrióticas: The Green alone shall stream above our native field and flood – The spotless green, save where its folds are gemme d with Saxon blood! (“The muster of the North ”) 85 De todo o cal non era estraño que deitasen actitudes de índole xenófoba, mesm o cando se pretendía exaltar a comenencia da unidade dos irlandeses todos, desexo conciliador co que non parece cadrar ben a apelación á vinganza e á utilización da forza física p ara satisfacela. Tamén neste caso tiña qu e abrollar a ambigüidade consubstancial ó discurso no que se fundaban as propostas dos Young Irelanders, que terminaba por reflectirse nunha práctica política indefectiblemente contradictoria. A incongruencia proviña da imposibilidade de volver com patible a inicial proclamación da diferencia rad ical entre dous pobos –o irlandés e o inglés– que expresaban nas respectivas culturas propias as súas orixes raciais específicas –celtas e saxonas– coas invocacións á unidade entre eles. De feito, máis ben parece que foi o peso da indiscutible realidade da existencia de d úas comunidades e tradicións –de estirp e e relixión– que compartían o país desde séculos atrás a que forzou a procura de modos de conciliación que permitisen integrar a poboación toda e unila nun proxecto político común. Obriga que debeu apremar persoalmente ós m embros do grupo de intelectuais da Young Ireland que, como o propio Thomas Davis, non cadraban cos trazos que o propio movemento contra a Unión do que formaban parte estaba convertendo en definidores da irlandesidade: o catolicismo e a ascendencia nativa. Neste senso, cabe entender o esforzo integrador de Davis e os seus compañeiros de familia pro testante como a busca dunha axeitada fórmula de acomodo social da comunidade an gloirlandesa ante a deriva identitaria excluínte que se estaba configurando no país a mediados do século XIX. Para aqueles que non cumprisen os requisitos máis evidentes da nacionalidade –posta á marxe a confesionalidade relixiosa–, sería o comprom iso activo con Irlanda o que os volvería parte da nación. Actitude positiva que, para os Young Irelanders, debía manifestarse, ante todo, na participación na loita política pola liberación do país do dom inio inglés, así como na afirmación da especificidade nacional irlandesa, aspecto este segundo que algúns deles identificaban coa aceptación e promoción da cu ltura nativa. 1.2. A ambigüidade do discurso de conciliación nacional Unha breve análise dun dos máis coñecidos poemas de Thom as Davis, “Celts and Saxons”, pode servir como confirmación das anteditas matizacións que m erecen as apelacións á unidade do grupo da Young Ireland e como exemplo do fondo de ambivalencia que agachaba o seu pensam ento político. 86 A ambigüidade constitu tiva do pensamento do autor m aniféstase de inmediato na primeira estrofa, na que a terrible crueza dos catro versos iniciais pretende quedar com pensada polo seguinte cuarteto, que parece querer sinalar o ton conciliado r do resto da obra: We hate the Saxon and the Dane, We hate the Norman men – We curs’d their greed for blood an d gain, We curse them now again. Yet start not, Irish man, 85 Charles Gava n Duffy et al., The Spirit of the Nation, pp. 26-30. 86 Charles Gava n Duffy et al., The Spirit of the Nation, pp. 191-3. 69 If you’re to Ireland true, We heed not blood, nor cre ed, nor clan – We have no curse for you. Non é estraño que o poema suscitase os dous tipos de interpretación que se suxiren nestas súas primeiras liñas. De feito, o seu turbador com ezo e o odio inextinguible que traduce serve como fundam ento das visións críticas que denuncian o carácter xenófobo e incitador á violencia do nacionalismo dos membros da Young Ireland, mentres unha lectura completa parece perm itir un xuízo máis favorable respecto do esp írito conciliador que, a pesar de certos recursos retóricos desacougantes, promovía o movemento encabezado por Davis. 87 E a esa mesma dobre orde de valoración debeu de responder a recepción do poema no seu día. 88 Froito da anfiboloxía doutrinal de Davis e de toda a súa organización, non é estraño que ambos os dous enfoques poidan atopar xustificación nestes versos. A caracterización racial da súa concepción da so ciedade irlandesa é palmar desde o propio título do poema, nunha im presión reforzada, a maiores, por unha nota ó pé explicativa das razóns que motivaron ó autor a escribilo. 89 Nela non soam ente se confirma a diferenciación étnica entre “Irish Celts” e “I r i s h Saxons”, senón que, no caso deste segundo grupo, aínda que aceptada a existencia de irlandeses de orixe allea ó país, a súa pertenza á nación vén m atizada pola escrita en letra cursiva, que subliña o carácter sobrevido, non natural e, a fin de contas, incompleto da condición identitaria nacional dos angloirlandeses. Mentres a uns se lles dá por suposta a pertenza á nación, a outros esíxeselles un compromiso político engadido que xustifique a súa inclusión nela. Certamente, despois da proclamación do odio ós intrusos na illa, perversos en por si –cobizosos de sangue e riquezas alleas–, vén a promesa tranquilizadora p ara os irlandeses de calquera condición. Pero a forza das afirmacións iniciais é tan rotunda que dificilmente pode ser desm entida polo pretendido ton conciliador posterior do poema, en tanto que todo el queda m arcado polo recoñecemento da diversidade racial e polo odio insuperable que deita desta realidade fundacional. A mancha orixinaria dos invasores perpetúase na súa estirpe, non pode desaparecer. Tan só pode ser esquecida por un acto de xenerosidade dos “celtas irlandeses”, dispostos a non ter en conta a procedencia culpable do que descende daqueles –“Howe’er we thought he err’d”, escribe máis adiante Davis no poema. Aínda así, para ser adm itidos na nación, precísase dun acto de vontade por parte dos que aspiran a formar parte dela. Unicam ente poderán librarse daquel odio que m erecen no caso de probar a lealdade a Irlanda, requisito imprescindible que se establece no principio de poem a e que se lembra outra vez na estrofa final: ”If you’re to Ireland true”. Os criterios que demostran tal lealdade, que outorgan a condición de pertenza á nación e que, en consecuencia, g aranten a segurid ade de quen así pode ser admitido nela veñen determinados pola asunción da doutrina nacionalista que prom ovían os Young Irelanders. Quer dicir, que o pecado de orixe soamente pode ser contrarrestado por medio da práctica política que o nacionalismo estimaba que se correspondía co comportamento apropiado para un irlandés autén tico. De modo que o enteiro proxecto conciliador faise dependente do compromiso político dos m embros da comunidade 87 Mary Helen Thue nte, The Harp Re-str ung, p. 213. 88 A ambivalencia reflíctese tamén nas val oracións posteriores de políticos e estudiosos sobre a Young Ireland, pois o poem a adoita ser escollido , indistintamente, para amosar o fondo racial do pensam ento de Davis, en función dos cat ro ve rsos iniciais, e para defender o seu talan te conciliador, resaltando o texto restante. 89 “Written in reply to some ve ry beautiful verses printed in the Evening Mail, de precating a nd defying the assumed hostility of the Irish Celts to the Irish Saxons” [c ursiva no orixinal]. 70 protestante –saxóns por orixe– na loita contra os estranxeiros, único modo de deixar de selo eles mesmos. En caso contrario, coa ausencia dese esforzo pola nación, tal como o nacionalismo o entende, as garantías de seguridade desaparecerían. Porque tam én se insiste no poema de Davis en que ment res dure a op resión, inic iada case sete s éculos atrás, segue xustificada a loita violenta contra os que, aínda que fose coa súa pasividade, contribúen a sostela: But as long as on our country lies The Anglo-Norman yoke, Their tyranny we’ signalize, And God’s revenge invoke . Nese conflicto esencial, o que non se aliña contra os saxóns non é verdadeiro irlandés (celta), nin pode estar a salvo do odio que contrapón as dúas razas inexorablem ente, como se resalta no inicio do poem a. Así, a aceptación das propostas políticas do nacionalismo convértese na única chave qu e dá acceso ós angloirlandeses á nacionalidade. Por demais, as chamadas á unidade nestes versos non deixan de rem arcar a diferente condición orixinaria previa: How every race and every cre ed Might be by love combined – Might be combined, yet not forget The fountains whence they rose Deste modo, rem ítese a conciliación a un desexo dependente do compromiso político co nacionalismo por parte dos que deben demostrar ser dignos da irlandesidade, o que, sen dúbida, implica a renuncia ó seu pasado e ás súas tradicións, identificadas coa inxustiza e a opresión da nación irlandesa. O discurso histórico conciliador, que pretendía deducir a nación do encontro de pobos diversos na terra de Irlanda, queda así desautorizado, en último termo, pola prem ente esixencia do enfrontamento no presente contra unha das supostas partes que habían constituír a comunidade da nación renacida en harm onía. En realidade, cumpría, segundo a visión nacionalista da Young Ireland, que os angloirlandeses renunciasen ó seu ser para se converter en verdadeiros membros da nación. Máis que ofrecer unha integración, o que Davis e os seus seus promovían era a pura asimilación dos saxóns na nación celta. En contraste coa visión de O’Connell, polo tanto, Davis situou os factores raciais por riba dos individuos concretos e introduciu a pauta herderiana do nacionalismo étnico na política irlandesa. 90 Por outro lado, nas circunstancias en que se desenvolveu a súa acción política, a selección da lingua gaélica como o primeiro dos elem entos da identidade nacional non podía deixar de ser percibida pola comunidade protestante como unha contradicción coas súas cham adas a participar cos católicos no rexurdim ento da nación. Aínda máis, nunha sociedade como a irlandesa daqueles tempos, a m esma chamada á mobilización dun campesiñado que tiñ a na relixión católica o seu sinal de identificación máis evidente supoñía, de feito, unha politización do compoñente relixioso que xa vimos que non podía deixar impasibles ós que se diferenciaban da maioría da poboación pola súa propia fe. A maiores, a contraposición que Davis presentou entre os valores espirituais que adscribiu á nación irlandesa e o dexenerado utilitarismo m aterialista que atribuía á civilización industrial inglesa, culpable do suposto declive que por entón experimentaba aquela, adem ais de translucir un culturalismo de cuño herderiano contrario á modernización da sociedade, privaba de 90 Joep Leersse n, Remembrance an d Imagination, p. 22. 71 senso práctico a calquera chamada á unión de esforzos entre unha sociedade rural, vista como depositaria das esencias dunha cultura superior, e unhas clases m edias protestantes, urbanas e liberais, ligadas ós novos modos de vida que Davis rexeitaba por decadentes e alleos á tradición irlandesa. O modelo davisiano implicaba, neste respecto, a esixencia dunha ruptura dos grupos sociais máis dinám icos cos modos de vida nos que, precisamente, se fundaba o seu propio ascenso social, así como unha renuncia ás pautas de progreso e m odernidade nas que crían, para asumir, en cambio, un sistema que facilmente podían entender com o un retroceso de civilización. Con todo, se o pragmatismo de O’Connell puido defraudar os nacionalistas do grupo que esperaban cambios máis drásticos e rápid os, o idealismo de Davis e dos seus compañeiros, o seu cuestionamento do sistem a liberal e industrial, que representaba Inglaterra mellor que ningún outro país de Europa, non pasou nunca de ser un radicalismo verbal, un artificio retórico propio dun grupo elitista incapaz de conectar coas preocupacións reais da sociedade irlandesa, por m oito que apelase ó campesiñado com o a esperanza da nación e da súa rexeneración moral, xusto pola preeminencia que lle m erecían os seus valores contrarios ó mundo moderno. Despois da morte de Davis, en 1845, co grupo arredado do m ovemento organizado por O’Connell e radicalizado polo contexto dun país en ruínas, abrollaron con intensidade os tons máis etnicistas e radicais das súas propostas. Pasaron daquela a unha primeira liña do discurso da Young Ireland os trazos do idealismo populista de orixe romántica europea que levara a Davis a reivindicar para Irlanda os dereitos políticos correspondentes a unha nación caracterizada como tal en virtude da peculiaridade da súa cultura. Algúns Young Irelanders, agrupados en redor de líderes extremistas com o John Mitchel, atrevéronse a converter o seu elitismo intelectual nun proxecto revolucionario de execución inm ediata. Tomaron entón a faceta m áis exaltada do modelo de 1798 –tan admirado polo propio Davis– como inspiración e adoptaron como propia a vía insurreccional e repub licana que promovera Wolfe Tone, ben adobiada cunha anglofobia de riscos case “psicóticos”. 91 Pero o éxito da insurrección que quixeron desencadear no verán de 1848, sobre a onda da revolución francesa do febreiro anterior e coa lembranza da que tiv era lugar 50 anos atrás no seu país, viña a ser case imposible, dada a nula cap acidade de incidencia social dos seus prom otores. En realidade, o seu intento non foi apenas máis que un xesto cara á sociedade, unha figuración sen contido ningún. 92 Pero sinalou o comezo da liña violenta e conspirativa que seguiría nas décadas subseguintes unha das ramas do nacionalism o irlandés. 1.3. A historia como conflicto entre nacións As incoherencias doutrinais e as vacilacións na práctica política dos m embros da Young Ireland debían, por forza, reflectirse nas súas referencias ó pasado nacional e na súa instrumentalización da historia com o recurso na contenda pública, como fundamentación do seu discurso ideolóxico e lexitimación das súas propostas de actuación no escenario político. As mesmas incongruencias que se aprecian nos textos de Davis e doutros membros do grupo de primei ra hora, as mesmas contradiccións entre unha visión etnicista da nación irlandesa e os continuos cham amentos á conciliación intercomunitaria aparecen cando é o pasado o obxecto específico da súa atención. Nunca faltan as citas sobre a fusión de razas –agás a saxona ou anglonormanda– nos escritos de carácter histórico da Young Ireland. Neles abundan as alusións a unha era gaélica idealizada, na que a suposta ausencia de confrontacións perm itía describir uns 91 O adxectivo é de R.F. Foster, Modern Ireland, p. 316. 92 D. George Boyce, Nationalism in Irel and, p. 171. 72 tempos exemplares onde a unidade caracterizab a a relación entre os habitantes da illa, calquera que fose a súa procedencia. 93 Pero, ó cabo, as esixencias da loita política e o contexto no que se desenvolvía – reducido para os Young Irelanders a un conflicto entre a m aioría católica e a Ascendancy protestante, en definitiv a, entre Irlanda e Inglaterra– requirían presentar o pasado de Irlanda como unha historia de opresión que cadrase co presente e o explicase. A conversión da nación étnica no referente político central implicaba, a fortior i, a súa proxección cara a atrás no tempo com o suxeito da historia. Sem ellante simplificación histórica demandaba a identificación dos actores protagonistas do relato da confrontación, proceso do que resultaron dúas nacións caracterizadas como inevitablemente antagónicas, enfrontadas nun longo decorrer de case sete séculos: a nación irlandesa, a das víctimas que sem pre resistiran o dominio inicuo que se lles impuxera, e a nación dos inim igos ingleses, os axentes dunha inxustiza non interrompida ata o presente. Neste senso, o discurso histórico dos Young Irelanders expresa de maneira moito máis real os contidos étnicos daquel novo nacionalismo que se presentaba aínda coas coberturas retóricas das vellas propostas conciliadoras dos políticos protestantes de finais do século XVIII ós que dicían admirar. En último term o, o suxeito daquela historia era unha comunidade grupal identificada cos que sufrían aínda o peso dun poder alleo, val dicir, os católicos e gaélicos, conformadores dunha nación culturalmente definida. Desde tales presupostos, na práctica, os opresores dificilmente podían integrarse nela, a menos que asumisen a súa cultura –agás a relixión, oportunam ente despolitizada por Davis– e os seus obxectivos políticos de recoñecemento polo Estado británico dos dereitos que lle correspondían a Irlanda. Por demais, nun proceso de retroalimentación que verem os repetido na historiografía nacionalista, o papel opresor que no relato do pasado –en conformidade coa descrición d a situación actual– se lles asignaba ós ingleses-protestantes reforzaba a análise reduccionista do conflictivo presente desde o cal fora formulada e privaba de significación, de fe ito, ás invocacións á unidade destes intelectuais mozos, por m oi re petidas, e mesmo sentidas, que fosen estas. ¿Como facer cadrar as chamadas á conciliación no presente coa preconizada necesidade de lembrar aquel pasado de som etemento abusivo? Daquela mirada cara a atrás só podía deducirse a urxencia de emprender unha loita que dese cabo a tan escandalosa inxustiza, obxectivo supremo ó cal, en último term o, se subordinaba a tan pregoada aspiración á unidade. Máis ben, o resultado daquela ollada á historia parecía levar á confrontación inevitable antes que á conciliación. De novo aflora aquí a contradicción inherente ó pensamento e á acción do movemento da Young Ireland, en canto tamén se m anifestaba o carácter transicional da súa doutrina na concepción do pasado irlandés que compartían os m embros daquel grupo con tan grandes ansias rexeneradoras. Mentres, por un lado, seguían recorrendo á consideración da historia no senso tradicional do protestantismo ilustrado, na procura da acomodación das discrepancias do presente, por outro, eran tamén os prim eiros en proclamar a definición étnica da irlandesidade e en elaborar unha proposta nacionalista con ese fundamento. En consecuencia, debían rexistrar a existencia no tempo desa nación restrinxida, en principio, á poboación gaélica –e católica, de feito. A este respecto, tomaron do nacionalism o romántico europeo o modelo de narración histórica 93 Exprésao ben Duffy, referíndose ó fl orecemento do inter ese polos trab allos históricos nos tempos da Young Ireland: “On the neutral grou nd of ancient history, a nd native art , Uni onists and Nationalists could meet without alarm , and he [Thomas Davis] laboured to a ccustom m en who had long stood a part, to act together in this field; confident that the habit would grow” . Charles Gavan Duffy, Young Ireland, p. 280. 73 nacional, concibida como o relato da com unidade racial-nacional irlandesa e da súa secular loita pola liberación do xugo inglés que a viña escravizando durante séculos. 94 Nesta figuración dos tempos pretéritos, a historia non tiña un valor específico en por si, senón, unicamente, en canto resultaba ser un argumento útil na confrontación política real do presente. Deste modo, a funcionalidade política que se lle atribuía condicionou o seu enteiro relato, tanto nos seus contidos coma nas súas formas. Neste senso, a efectividade política que debería sa tisfacer a aproximación ós antigos tem pos da nación determinaba previam ente a selección de acontecem entos e personaxes idóneos para suscitar as emocións necesarias a tal fin. Pero tam én resultaba afectada polo mesmo condicionamento a propia presentación form al daquel pasado ante o público nacional. Se era preciso que os contidos revestisen un valor exemplarizante, en canto evidencias da historicidad e da nación e mais como ilustració n e modelo de actuación para o presente, a súa formalización –narrativa o u poética– debía inducir á aceptación da doutrina nacionalista e conv ocar á mobilización que lle dese cumprimento. O coñecem ento da historia convertíase, polo tanto, nunha precondición da acción política, e o seu espallamento nunha ob riga moral para os patriotas irlandeses. O carácter “exhortativo” da invocación do pasado nacional no movemento da Young Ireland traduciuse nunha concepción da historia que non podía contentarse coa simple exposición de feitos de tem pos pretéritos, senón que, co ánimo de acadar a súa finalidade política, debía recorrer a unha “mestura de exactitude obxectiva e color poética”, tal como quería o propio Thom as Davis. 95 Para os escritores do grupo, un relato pautado segundo criterios puramente científicos carecería da potencialidade nacionalizadora precisa para desencadear a acción política, deixando insatisfeitas as “moi elevadas obrigas d a historia” que o me smo autor im axinaba, todas elas dirixidas a fomentar as mellores virtudes dos hom es do presente e a extraer leccións que lles valesen de referencia na súa vida. 96 Ben lonxe das concepcións históricas da Young Ireland debía quedar o estilo científico que George Petrie e demais estudiosos prom ovían por aquel entón desde as institucións académicas, desm entindo as fantásticas interpretacións que dominaran por séculos a visión socialm ente aceptada do pasado irlandés. Por demais, esta clase de interese erudito na vella civilización gaélica mantíñase nun plano afastado da reivindicación política. Ou, o aínda peor, segundo os criterios dos novos nacionalistas, os seus promotores principais mesmo vían compatible a súa preocup ación cultural e histórica coa defensa das posicións unionistas. Tal vez, pensaban aqueles, polas súas contribucións ó mellor coñecem ento da historia da nación poderían ser valiosos os traballos destes académicos, pero, desde logo, a súa presentación de acordo cos criterios científicos non podía facer deles o modelo apropiado para quen pretendía servirse do pasado co fin de espertar a conciencia nacional e estimular o entusiasm o pola loita política na defensa dos dereitos de Irlanda. Semellante tarefa requiría dun relato cap az de xerar o grao de emotividade preciso p ara transferir a conciencia da existencia histórica da nación que debería deitar del ó ámbito da actuación política. A contemplación do pasado debía constitu írse, para os Young Irelanders, en fonte de 94 R.F. Foster, Mode rn Ireland, p. 31 2. 95 Joep Leersse n, Remembrance an d Imagination, pp. 148 e 153. 96 Entre elas, destacaba “[...] to lead us i nto love of sel f-denial, of justice, of beaut y, of valour, of generous life and proud death; and to set up in our souls t he mem ory of great men, who shall the n be as models and judges of our actions – these a re the highest duties of history [...]”. Thom as Davis, Pros e writings, segundo Joep Leerssen, Reme mbrance and Imagination, p. 150. 80 decisión a inxustiza do sometemento a Inglater ra. Neste senso, é nas propias rebelións que emprenderon, na actitude de loita irrenunciable que os guiou, onde reside a orixe da súa gloria. Son dignos de veneración, precisamente, porque non se resignaron ante a inxustiza, senón que acudiron prestos a combatela. Unha xenerosidade tal resulta valiosa en por si, con independencia do froito inmediato que se concluíse dela. O heroe entrega o que está nas súas m ans. Se, en último termo, falla no intento de inverter a ilexítima situación con tra a que se enfronta, o aparente fracaso non deriva da inconveniencia da súa acción, senón de elementos completam ente alleos á súa capacidade de control: a desigualdade de forzas, a ruindade do inimigo, a traizón... mesmo o destino que parece conxu rarse para tronzar os seus planos. Por veces, considerando os poemas como un conxunto que representa o enteiro pasado da nación, mesmo semella que os envolve un certo aire de fatalismo, condenados como están os seus heroes a non ver realizados nunca os seus soños de liberdade nacional. Ó cabo, despois de tantas loitas e traballos, os Young Irelanders non poden máis que verificar que o vello ”xugo saxón” segue aínda asoballando a súa nación. A lección que queren transmitir, sen embargo, é optim ista. A propia teimosía secular na pelexa pola liberación era a gran contribución dos loitadores do pasado, por canto cada un dos seus alzamentos viña reafirm ar, século tras século, a condición nacional de Irlanda e o seu dereito imprescritible á liberdade. Por dem ais, a propia obstinación na contenda víase como o anuncio mesmo da liberación final. A continuidade da suxeición inglesa despois de case sete séculos obriga ós poetas, logo, a valorar o ideal daqueles loitadores por riba do resultado do seu esforzo, lévaos a cantar os seus triunfos, se os tiveren, pero tamén a atopar a gloria na súa derrota última –en canto a nación seguía tiranizada. Salientan, deste modo, máis a disposición ó sacrificio persoal polo país que o propio éxito da súa acción, m esmo cando combatían sen sequera esperanza de o poder acadar. O transcendental vén ser, en todo caso, a loita mesma. De aí que, para aqueles literatos e políticos, o com portamento heroico por excelencia fose o do mártir da nación, o de quen dá testemuño coa propia vida da existencia inextinguible e dos dereitos inherentes da patria: ‘Tis the colour of the martyr’d dead –our own immo rtal green [...] So we’ll up for the green, and we’ll up for the green! Oh, to die is far better than be curst as we have been (“Up for the Green”) 105 Os heroes fracasados, os que pagaron coa vida a súa lealdade á nación, son os que merecen un recordo m áis emocionado. Thomas Davis dedica os seus m áis conmovedores versos a Wolfe Tone (“A martyr for Ireland”, escribe en “Tone’s grave”), a Robert Emmet e, en xeral, a todos os irlandeses anónimos que deran o sangue por Irlanda (“The burial”). Tal é o espírito que revela un dos poemas de m aior sona dos Young Irelanders, o que John Kells Ingram dedica á revolución dos United Irishmen de 1798 co título de “The memory of the dead”, m áis coñecido pola súa primeira liña, “Who fears to speak of Ninety-Eight?”: We drink the memory of the brave, The faithfull and the few [...] Then here’s their memory –may it be For us a guiding light (“The memory of the dead”) 106 105 Charles Gava n Duffy et al., The Spirit of the Nation, pp. 218-9 [cursiva no orixinal]. 81 O s mártires de Irlanda, sen embargo, non m orren resignados ante un destino ineludible. A súa morte é froito do seu comprom iso, expresado, xustamente, na propia loita que emprenden. Neste senso, se é o propio com bate o sinal da súa grandeza, parece case inevitable que os versos que os celebran utilicen un estilo axeitado a tal espírito guerreiro. Así, boa parte dos poemas están im pregnados dun ton de belicosidade que, con abonda frecuencia, acaba caendo nunha pura exaltación da violencia. Unha veces, presentando a forza física como único instrum ento posible para acadar unha liberdade que debe ser arrincada ós opresores, proclamando a inoperancia da reivindicación pacífica e negando, en consecuencia, a utilidad e da vía da política constitucional – precisamente, a que nos seus días pr opoñía O’Connell. Así, atribúese á ameaza da forza os éxitos dos parlamentarios patr iotas de 1782, con Grattan á cabeza, que os nacionalistas do século XIX interpretaban com o a consecución da independencia lexislativa: When Grattan rose, none dar’d oppo se The claim he made for freedom; They knew our sw ords, to back his w ords, Were ready, did he need them. [...] Remember still, through go od and ill, How vain were prayers a nd tears– How vain were words, till flashed the swords Of the Irish Volunteers. By arms we’ve got the rights we sou ght Through long and wretch ed years (“Song of the Volunteers”) 107 Outras veces, xustifícase unha violencia desapiadada e moralm ente inaceptable, presentándoa como resposta á iniquidade dos inim igos ingleses. Así sucede, por exemplo, coa com prensión que o propio Duffy parece amosar no poem a “The muster of the North” respecto da conducta criminal dos insurrectos católicos de 1641 contra os seus veciños protestantes. A publicación dos versos no Nation suscitara unha irada serie de queixas pola linguaxe especialmente sangue nta e indulxente cos asasinos, en medio de acusacións en The Times de Londres de incitación a unha nova rebelión, como conta o autor na longa nota explicativa que engade para a edición en The Spirit of the Nation, na que pretende explicar aquel terrible estalido de violenci a, non moi diferente, sostén, a outros da historia inglesa: Possibly the prejudice in t he present case arouse from overlooki ng the fact that these sentiments are attributed t o men who had b een plundered of t wo province s by a false king, imprisoned for returning conscientiou s verdicts, robbed by enormo us fines, persecuted for the exercise of their re ligion, and subject to a long serie s of tyrannies which historians, witho ut exception, have described a s cruel and infamou s. 108 No mesmo senso, pódese apreciar que o espírito de desquite e o ánimo de vinganza son as razóns inmediatas que im pulsan a miúdo a acción dos heroes: 106 Charles Gava n Duffy et al., The Spirit of the Nation, pp. 46-7. 107 Charles Gava n Duffy et al., The Spirit of the Nation, pp. 36-7. 108 Charles Gava n Duffy et al., The Spirit of the Nation, pp. 26-9. 82 “Revenge! Remember Limerick! Da sh down the Sasanach!” [...] Bright was their steel, ‘tis bloody now, their gun s are filled with gore; [...] On Fontenoy, on Fontenoy, like eagl es in the sun, With bloody plumes the Irish stand –th e field is fought and won! (“Fontenoy”) Sassenaghs ev’rywhwre sunk in the slaughter, O! Vengeance for insult, dear Erin, to you! (“Erin –Our own little Isle”) 109 Tres son, en definitiva, as constantes que os intelectuais da Young Ireland resaltan no pasado do país: a forza, como últim a e única razón posible, xa que a depravac ión innata de Inglaterra volve inútiles as palabras; o sacrificio, como a proba suprema da lealdade á nación; e a resistencia, como actitude que deita do ser imperecedoiro de Irlanda. A porfía coa que os irlandeses observan fidelidade a tales trazos é, ó tempo, a garantía mesma da súa ansiada liberación. O fracaso rep etido dos seus heroes en conquistar o obxectivo final enténdese com o pura aparencia. Máis ben, a propia pertinacia no intento vén ser a semente que vaticina o futuro en liberdade. Porque os carácteres que configuran a súa representación do pasado manteñen unha exacta correspondencia coa descrición que os Young Irelanders efectuaban do seu presente: tamén entón, nos seus días, a opresión que asoballaba a nación obrigaba os irland eses a rebelarse, seguindo o modelo que ofrecía a historia. A este respecto, a súa obra poética soamente pode ser enteiramente com prendida considerando o espírito patriótico desde o que foi formulada. 3. Historia e ficción A lembranza do pasado, do m otivo histórico axeitadamente conformado, é dependente, en consecuencia, da eficacia política que persegue: concienciar e actuar no presente. A tales fins quedou subordinado o enteiro proxecto histórico que acometeron Thomas Davis e os seus compañeiros, tanto respecto dos contidos que recollía co ma en canto á súa representación formal, segundo un esquema conceptual no que era a eficacia na comunicación política a prioridade que condicio naba ó autor. En función dese criterio fundamental elíxese o modo de representación –a balada–, selecciónase a materia, entre as posibilidades que ofrecen os relatos históricos tradicionais, e aplícanse os recursos estilísticos m áis apropiados. Desde o punto de vista histórico, o resultado de tal combinación tiña que conducir, inevitablemente, a unha supeditación dos propios feitos do pasado tratados á finalidade política que orixin aba a composición, a cal esixía claridade na transm isión da mensaxe e emotividade no seu contido, co fin de impresionar o receptor coa intensidade suficiente para movelo á acción po lítica. De maneira que a poesía da Young Ireland sobre o pasado xurdiu dunha intencionada mestura de ficción e historia, como xa se apuntou anteriormente. Sen embargo, estes escritores quixeron evitar que o peso dos elementos puram ente literarios no conxunto fose tan abafante como para eliminar a presunción de veracidade histórica das súas co mposicións. Os seus textos pretenderon, a pesar do seu adobío estilístico e político, figurar ser unha representación axeitada da auténtica historia de Irlanda. Neste senso, os poemas históricos de The Spirit of the Nation presentan unha chea de detalles que procuran producir unha sensación de exactitude no manexo dos datos, de fidelidade estricta ó pasado, en canto a asunción previa polo destinatario de ser verdadeira a historia que se lle propoñía con valor 109 Charles Gava n Duffy et al., The Spirit of the Nation, pp. 213-5 e 14-5. 83 exemplarizante era requisito im prescindible para alcanzar o rendemento político que se esperaba do texto. Para conseguir tales efectos e diferenciar o contido dos seus poemas dos materiais claram ente lendarios de cancións e relatos populares, os autores apoiáronse, fundamentalmente, en tres tipos de recursos: a m iúdo utilizaron un estilo realista na descrición das situacións, as cales, por demais, adoitaban desenvolverse en emprazamentos xeográficos concretos, nun intento por reafirm ar a súa veracidade; preferiron a toponimia e a onomástica gaélicas, co ánim o de reforzar a sensación de estar representado o pasado máis auténtico do país; e incluíron abundantes explicacións sobre as persoas e os acontecementos tratados nos poem as por medio de numerosas notas complem entarias. a. Respecto dos procedementos lingüísticos e literarios, nos versos históricos dos Young Irelanders abundan elementos de estilo que se poden cualificar de realistas e que buscan acentuar a impresión de verosim ilitude. A sensación conséguese, nestes casos, máis que por referencias a feitos concretos, por medio de certos detalles que acheguen o escrito ó destinatario do texto, que lle fagan vívido e crible o que nel se conta. Na procura de tal realismo, os personaxes déixanse levar por sentimentos fortes, apaixonados, reflectidos en figuras retóricas de impacto, com o referencias ó sangue vertido, ás talladas da espada, ós berros de vinganza, á dolor insoportable... e outros efectos similares que os humanizan á vista do receptor. Certam ente, a falta de esixencia de rigor histórico dun texto destas características permite licencias poéticas que adornen feitos que se quere facer pasar por reais. Pero a razón última non está no gusto polo artificio retórico máis ou menos requintado e aparatoso, senón na cum primentación do obxectivo político que se procura prioritariamente. Deste modo, contando cunha lectura desde o prexuízo nacionalista dun público ben disposto, a verosimilitude queda convertida en verdade histórica. b. Similar pretensión de realismo traduce a precisa localización xeográfica dos escenarios dos poemas, con abundantes referencias toponímicas que, por dem ais, hai preocupación por escribir con xu steza. A mesma m inuciosidade manifestase na obsesión pola corrección ortográfica das palabras gaélicas que inclúen un considerable número de poem as. O propio Davis recorreu a autoridades na m ateria, como os estudiosos da historia e dos antigos manuscritos irlandeses John O’Donovan e Eugene O’Curry, para asegurar a exactitude dos nomes propios transcritos en lingua irlandesa con motivo da edición “de biblio teca” de The Spirit of the Nation. 110 Sen dúbida, semellante gusto pola perfección nas citas ga élicas reflectía o afán por transm itir a sensación de estar recuperando o pasado auténtico do país e a convicción de que, pese á finalidade política que os impulsaba a escribir, a poesía da Young Ireland tiña un valor histórico certo, segundo a consideración dos seus autores e, cabe supoñer, dos seus lectores. A mesma ansia por recuperar os aspectos máis puram ente irlandeses da historia do país animaba os poetas a u tilizar carácteres de imprenta gaélicos para certos nom es de persoa ou de lugar e para algunhas frases da tradición popular, aínda que en semellante escrita fosen incom prensibles para o público e obrigasen a notas aclaratorias sobre a súa pronuncia e sobre a súa equivalencia coas denominacións ás que o pobo estaba afeito. 111 Por dem ais, cómpre resaltar que o purismo gaelizador de Davis bateu con grandes resistencias dentro do propio grupo da Young Ireland, onde varios dos seus 110 Charles Gavan D uffy, Young Ireland, p. 561. Joep Leersen, Rememb rance and Imag ination, p. 145, fala de “a factualist attention to t he minute details of historical accuracy”, coa intención de contra rrestar as versións mí ticas e fantásticas de supostos acontecem entos da historia. 111 Cada nome remite a unha nota onde ou ben se transcri be directam ente o seu equival ente inglés ou be n se cita a continuación de expresións com o “C ommonly written...”, “Vul go...” e outras similares . 84 membros expresaron os seus tem ores de que a mensaxe política que querían transmitir coas súas obras perdese eficacia con aquela “nomenclatura céltica” que resultaba incomprensible para a m aioría da sociedade irlandesa e qu e, ademais, ameazaba con estragar a cualidad e estética dos seus poemas. 112 c. O aparato paratextual de The Spirit of the Nation c onstitúe o últim o mecanismo de certificación da veracidade histórica das referencias ó pasado. A tarefa depende, fundamentalmente, das notas a pé de páxina, que, ademais das num erosas precisións que requiría o uso de termos gaélicos onom ásticos ou toponímicos, ofrecen contidos de información complem entaria apropiada para a co mprensión de determinados poemas. A confirm ación da historicidade do motivo central da composición ou dalgunhas das mencións que nela se realizan lógras e mediante a simple descrición do acontecemento ou a achega dalgún dato significativo sobre el ou sobre os personaxes. A miúdo trátase de pormenores adicionais que com pletan alusións que, polas limitacións que impón o propio carácter do xénero literario, non se poden desenvolver no texto principal. Por veces, m esmo se transcriben citas de obras de historiadores de prestixio na época, como proba de verificación definitiva do carácter histórico do material referido. 113 A m aiores, completan a función das notas tres profusos apéndices finais que se engaden na edición dos poemas do Nation en forma de libro, nos cales se compilan, respectiv amente, as expresións irlandesas, os nom es de persoas e os topónimos. O “Index to the Irish phrases used in this work” enumera, ó longo de catro páxinas, por orde alfabética, as frases gaélicas que con teñen os poemas, coa súa transcrición a carácteres latinos e con abundantes xustificacións cando se barallan varias opcións alternativas. O “Index to the names of persons m entioned in this work”, de catro páxinas tamén, e o “Index to the nam es of places mentioned in this work”, que necesita o dobre de espacio para satisfacer os seus obxectivos, ofrecen a versión gaélica da onomástica e a toponim ia, coa súa transcrición, e a variante que se denomina “vulgar”, val dicir, aquelas formas deturpadas pola contaminación da lingua inglesa, ademais dunha serie de datos engadidos explicativos. 4. A visión do pasado En conclusión, da análise dos poemas de contido histórico de The Spirit o f the Nation pode deducirse a concepción que do pasado da nación sostiñan aqueles primeiros representantes dun nacionalismo ó que se lle pode atribuír xa un carácter étnico. Visión da historia que, por outra parte e como xa se indicou, estaba en directa relación cos seus mesmos principios doutrinais e as súas proposicións para a acción política. Deste xeito, a súa exposición dos tempos pretéritos debía demostrar a raíz dos males que afectaban o país, así como ensinar o camiño cara á liberación que xa emprenderan os anteceso res. Neste senso, a representación do pasado que revelan as súas composicións poéticas pretende ser unha simple proxección cara a atrás no tem po da súa descrición reduccionista do presente: un conflicto secular entre n acións, no que Irlanda, som etida a unha opresión intolerable, demanda a unidade dos irlandeses todos na loita por recuperar a súa liberdade. Nestes mesmos elementos –nación, opresión, resistencia e unidade– asentan igualmente o presente e o pasado do país, segundo os esquem as ideolóxicos da Young 112 Escribindo trinta anos despois, Du ffy non quixo deixar de sinalar o des acougo e o rexeitamento que atoparon as propostas lingüísticas de Davis: “But the first appea rance of the genuine Gaelic patronym ics created consternation [...]. Davis insisted that to understan d history, topography , or romance, it was indispensable to study Iris h nomenclature. [...] But he pulled against a heavy current of resista nce”. Charles Gavan Duffy, Young Ireland, p. 562. 113 Charles Gava n Duffy et al., The Spirit of the Nation, pp. 27, 104, 19 4, entre outras. 85 Ireland. Na teoría, os catro se comprenden como parte dun conxunto que soam ente existe en canto ningún deles falta. A complementariedade que os enlaza é aínda m áis estreita nos dous emparellamentos que se poden establecer entre eles, ligando opresión e resistencia, por un lado, e nación e unidade, por outro. No caso da primeira das parellas non xorden problemas para casar elementos que se explican m utuamente, pero na segunda reaparecen as mesmas complicación s para facelos enteiramente compatibles que xa se albiscaran respecto do programa de acción política para o presente. De no vo se pode comprobar que, tamén no pasado que ofrecen os Young Irelanders, a condición de unidade que parece requirir o concepto de nación irlandesa dificilmente supera, no mellor dos casos, o nivel dunha aspiración escasamente fundada. Tampouco aquí logran encaixar sen renxeduras o pasado que propoñen no molde do discurso político que proclaman com o guía de actuación para o presente. A definición da nacionalidade que deita do panorama do pasado irlandés que configura a Young Ireland, polo tanto, vén confirmar as impresións suxeridas pola lectura de “Celts and Saxons”. Na maior parte das com posicións históricas a nación irlandesa queda identificada coa poboación nativa do país, isto é, a gaélica e católica, mentres os que profesan a fe protestante, sempre de orixe inglesa ou escocesa –aínda que indiferenciados habitualmente baixo a rúbrica de saxóns ou, simplemente, estranxeiros – desempeñan en todo caso o papel de desalmados opresores. Tan só nas baladas localizadas no século XVIII se celebran feitos protagonizados por personaxes de estirpe protestante e procedencia allea. En todos os poemas referidos a tempos anteriores non se amosa nunca un protestant e loitando pola liberación do país. As únicas familias de orixe estranxeira presentadas como plenamente irlandesas son aq uelas poucas que, chegadas coas primeiras rem esas de invasores, m antiveran a súa fe, adoptaran a cultura nativa e se incorporaran á loita pola liberdade nacional. 114 Desta maneira, aflora aquí a contradicción que xa se sinalou ó considerar a complicada relación do movemento de O’Connell coa relixión, a lingua e a identidade nacional, en canto, de feito, a súa política reforzou a equivalencia entre os elementos culturais e a definición da nacionalidade irlandesa. Tampouco non foron os Young Irelanders capaces de superar esa conexión conflictiva, que resultou nun ha etnificación dos criterios de pertenza á nación, por moito que proclam asen a eliminación do factor relixioso como constituínte esencial da irlandesidade. Na súa aproximación ó pasado non foron capaces de atopar os exemplos que confirmasen a existencia doutra nación irlandesa que non fose a gaélica e católica. Unicamente os Voluntarios e os patriotas de Grattan, xunto ós United Irishmen de Tone, a finais do século XVIII, aparecen como modelos de integración ou superación das diferencias relixiosas dignos de se propoñer como modelo. Con todo, estes mesmos poem as non fan máis que expresar un desexo de ruptura co que nos seus versos se segue presentando como o ton habitual de enfrontamento durante séculos –e que aínd a era o dominante no seu propio presente. Un deles, por exemplo, vese obrigado a expoñer con crueza as vellas diferencias para chamar a unha reconciliación que, en consecuencia, distaba moito de estar próxim a: We’ve fought too long, ourselves among, By knaves and priests divided; [...] 114 O poema “The Geraldines”, de Thom as Davis, constitúe o exemplo de máis sona a este respecto. Non estraña que Davis, sem pre defensor da uni dade arredor da nación, considerase a esta familia, que ta nto loitou a prol do país ó que c hegara com o estr aña, com o exemplo digno de adm iración. Charles Gava n Duffy et al., The Spirit of the Nation, pp. 141-3. 86 From Dermod’s crime to Tudor’ s time Our clans were ou r perdition (“Native swords”) 115 Pouco son estes exemplos, todos do período m áis recente que se trata nos poemas, cando o panorama xeral que se debuxa no conxunto da obra é o da pura e cruenta confrontación entre dous pobos século tras século. Aínda así, os angloirlandeses nacionalistas, como Davis, non tiñan ningún outro remedio para se integrar na nación senón o de procurar demostrar que era posible a conversión da que eles mesmos se ofrecían como proba. Grattan, Tone e algúns outros exemplos que podían achegar eran a confirmación histórica que precisaban. Pero, sen dúbida ningunha, a pesar da súa vontade, a lección xeral da historia que atinaban a representar era outra ben distinta. E así o interpretaría boa parte do nacionalismo posterior. Conclusión A historia que compuxeron os Young Irelanders creou boa parte do m odelo de relato nacionalista que se acabaría impoñendo no futuro. De feito, na súa concreción, só puideron cumprir parcialmente os fins cos que a concibiran. Certam ente, reafirmaron con ela a necesidade da insurrección, da lo ita contra a opresión por todos os medios. Pero bateron tamén coa contradicción irresoluble de apelar á unidade nacional m entres presentaban un conflicto prolongado ata o presente desde 700 anos atrás. A definición étnica da nación, coa relixión católica aso ciada á cultura e á raza gaélicas nativas, convertida en evidencia pola propia mirada cara ó pasado, volvería imposible, ó se consolidar en anos posteriores, a integración dos irlandeses todos nunha única nación. De acordo cos criterios sinalados, a obra dos autores da Young Ireland contribuíu a estender un esquema histórico que despois perduraría nas numerosas narracións populares do pasado que se publicarían nas décadas seguintes. Nos textos daqueles primeiros mozos nacio nalistas estaban xa presentes os seus trazos fundamentais: a resistencia hero ica da nación, a valoración positiva dos episodios nos que esta recorría á forza contra a opresión, o espírito martirial, coa exaltación dos que antepoñían os intereses da patria á propia vida, a descrición dun pasado esplendoroso estragado pola invasión inglesa... En realidade, o relato resultante de tales p resupostos dificilm ente cadraba coas continuas proclamacións que dicían buscar a unidade dos irlandeses de toda orixe e crenza relixiosa. O material autóctono, a base sobre a que se construíran a cultura e a historia específicas de Irlanda, seguía sendo o gaélico. Máis que unha fusión entre comunidades, o que se producira no decorrer do tempo fora unha integración doutros elementos, orixinariamente alleos á nación, na arm azón nativa gaélica, capaz de asumir, neste esquema, calquera engadido que se achegase desde o exterior. Deste m odo, en conformidade con tal visión da historia, a súa proposta de unión transformouse, na práctica, nun simple proceso de asimilación pola nación irlandesa do que, en definitiva, resultaba ser orixinariamente alleo. O problema era que a esm agadora realidade do presente que se vivía a mediados do século XIX volvía pouco verosímil esta interpretación do pasado, por canto aquela amosaba ben ás claras o penoso declive dunha cultura que aínda se proclam aba gloriosa, pero incapaz xa de absorber os elementos foráneos e m esmo sequera de resistir a súa progresión no país a custa dela. De aí a n ecesidade imperiosa que sentiron os Young Irelanders de contrarrestar tal im axe de decadencia, de espertar a con ciencia histórica 115 Charles Gava n Duffy et al., The Spirit of the Nation, pp. 34-5. 87 nacional e de mobilizar a poboación a prol d unha rexeneración m oral e política da nación. Os resultados do seu esforzo non permitiron avanzar m oito pola vía integradora nacional. Pese á estirpe angloirlandesa de varios dos principais líderes do movemento, xa se indicou que a cumprimentación do seu proxecto requiriu da apelación á m aioría católica da sociedade e a glorificación da súa cultura e valores peculiares, e q ue, ademais, as circunstan cias políticas do momento e os efectos da catástrofe da Fame reforzaron a identificación da nacionalidade cos trazos propios desa porción m aioritaria da poboación do país. Neste senso, os textos dos Young Irelanders reflectían xa unha tendencia que viña apuntado con firmeza desde o terceiro decenio do século, sen do evidente nas súas alusións his tóricas a m edra das pautas propias do nacionalismo étnico excluínte que posteriormente se consolidaría como dominante. O avance da orientación limitadora da nacionalidade perc ibiríase de seguida. Nas historias populares compostas inmediatamente despois deles, reducido o pasado a un constante e irrem ediable enfrontamento entre dous pobos diferentes, xa non cabería deducir da narración a comenencia –nin sequera a posibilidade m esma– de calquera intento de fusión intercomunitaria. Os seus autores no n ocultarían xa que os únicos destinatarios dos seus relatos eran os membros da nación irlandesa auténtica, a nación gaélica e católica. 88 2. M EMORIA DE OPRESIÓN E PROMESA D E LIBERACIÓN : J OHN M ITCHEL E A EXPERIENCIA PERSOA L DA HISTORIA DA NACIÓN A visión do pasado de Irlanda que promoveran os propagandistas da Young Ireland no decenio de 1840 confirmaría ó longo da segun da metade do século a súa extraordinaria capacidade de penetración social e intelectual. De feito, a partir daquela, as súas pautas constituíronse con extraordinaria rapidez na referencia inspiradora desde a que contemplaron os tem pos pretéritos todos aqueles irlandeses que mantiñan unha posición crítica fronte ós gobernos británicos e os seus representantes na illa. Sobre a base das concepcións históricas apuntadas nos textos daquel pequeno grupo político foise configurando, nas décadas seguintes, un modelo de histo ria nacional que, nos seus trazos básicos, sería compartido por todas as miradas que, desde a oposición a Gran Bretaña, pretenderon relatar o pasado do país en term os significativos para o presente. Todas elas presentaron os m esmos trazos conceptuais, derivados da idéntica dim ensión política esencial que compartían, co mo auténtico factor determ inante das características formais, dos contidos e da propia razón de existir do discurso histórico, en canto este nacía do prexuízo ideolóxico e debía cumpr imentar a finalidade consonte con el que se lle esixía. O producto historiográfico resultante, en consecuencia, con independencia do suxeito ou do tracto temporal ós que se referise, configurouse en todos os casos conforme a un idéntico modelo, xustam ente o que permite caracterizar como tal a historia nacionalista irlandesa da segunda metade do século XIX: un relato imaxinado a partir da simplificación política nacionalist a da realidade presente, proxectada cara a atrás no tempo para representar o pasado como a descrición da loita permanente da nación irlandesa por liberarse da opresión á que a viña sometendo Inglaterra desde había sete séculos, co fin de recuperar a independencia política e, con ela, a prosperidade económica e o nivel cultural dunha civilización espléndida que vira tronzado o seu desenvolvemento natural pola intrusión allea. O esquem a serviu de fundamento tanto á comprensión do pasado dom inante nos sectores maioritarios da sociedade –a visión popular da historia– coma ás formas da súa representación escrita elaboradas cunha perspectiva nacional e con certas pretensións de fundamentación docum ental rigorosa. En virtude da súa dim ensión política explícita, a reafirmación do modelo nacido das propostas dos Young Irelanders foi estreitamente ligada, claro é, ó espallam ento da doutrina nacionalista desde a que se formular a. Neste senso, a persistencia no tempo das terribles consecuencias derivadas da Gran Fame creou un contexto verdadeiram ente favorable á difusión daquelas ideas que restrinxían a nacionalidade irlandesa por criterios relixiosos e étnicos e que falaban da responsabilidade directa do dominio británico na catastrófica situación na que quedara a maior parte do país. A sinxeleza da súa explicación das causas do desastre –identificando o culpable único da traxedia e do estado de prostración posterior– e da súa proposta de liberación política para lles poñer remedio definitivo volveu plau sible a aná lise nacionalista daq uela realidade e a conseguinte propagación dos seus principios doutrinais, certamente sim ples e de doada comprensión. Nas dram áticas circunstancias posteriores á Fame, a caracterización nacionalista do presente, sinalando a opresión inglesa como causa única de todos os males, foi gañando aceptación na mentalidade p opular irlandesa, con independencia do escaso nivel de organización dos grupos nacionalistas e da súa capacidade real de mobilización política, que non adquiriron solidez e dim ensións masivas ata o movemento liderado por Parnell, xa no últim o cuarto do século. Non debe estrañar que a descrición nacionalista do presente se proxectase cara a atrás no tempo, para sustentar unha comprensión do pasado sobre idénticas bases ideolóxicas. O éxito extraordinario das baladas p atrióticas recollidas en The Spirit of the 89 Nation nas décadas seguintes á súa primeira p ublicación non deixa lugar a dúb idas sobre a incidencia popular da imaxe históric a que representaban: unha nación oprimida durante setecentos anos por Inglaterra, causa da ruína económ ica e da miseria en que aínda se consumía a súa poboación, que nunca deixara de resistir aquela inicua dominación. Así concibido, o pasado quedou revestido dunha significación política determinada, en canto era im axinado á luz das conviccións id eolóxicas do presente e se lle outorgaba unha funcionalidade pública específica. Conforme a semellantes criterios, o seu relato do pasado converteríase en lexitimador das mesmas propostas políticas desde as cales era formulado. Por demais, a propia xénese ideolóxica que a estimulaba condicionou os contidos da escrita histórica de inspiración nacionalista na segunda metade do século XIX. Igual que sucedera coas achegas da Young Ireland, a selección de acontecementos e personaxes do pasado, así com o a interpretación que estes perm itían compoñer, viña determinada, en prim eira instancia, pola finalidade política que se lle asignou á historia, reducida a simple elem ento de confirmación da análise naciona lista da realidade presente e de xustificación das propostas de acción dos seus promotores, fundadas no indisociable composto opresión-resistencia. En último termo, a subordinación do material pro piamente histórico á funcionalidade política que debía satisfacer o relato do pasado levou a manter a m estura de feitos e ficción como característica das historias nacionais conformadas segundo os anteditos criterios, integrando nel, sen a máis mínima precaución crítica, moitas das fabulacións creadas polos antigos textos medievais ou polas elucubracións fantásticas suxeridas por elas m esmas con posterioridade. A forma habitual que adoptou desde entón o discurso histórico en Irlanda foi a da exposición narrativa, ben centrada nos acontecementos significativos de períodos de tempo concretos, ben como relato com pleto do enteiro pasado da nación. En consecuencia, procederase ó estudio de dous dos exemplos clásicos desta producción historiográfica, Story of Ireland (1870), de A. M. Sullivan, e mais “A bird’s-eye view of Irish history”, unha breve historia do país que Charles Gavan Duffy incluíu na súa obra Young Ireland (1881). Pero cómpre considerar tamén, coa mesma finalidade, outros tipos de representación que, sen corresponderse co modo historiográfico propiamente dito, resultan altamente elocuentes á hora de ponderar o grao de penetración social do modelo histórico nacionalista. Por tales razóns, tratado xa o caso da poesía histórica da Young Ireland, parece apropiado comezar por unha an álise doutra das obras máis populares da época, Jail Journal, o diario do encarceramento de John Mitchel, el mesmo un antigo Young Irelander, que pode servir de referencia complementaria para reflectir a instalación daquel m odelo interpretativo na mentalidade social irlandesa. 2.1. Presente e pasado no Diario de prisión de John Mitchel Cando John Mitchel decidiu rexistrar nun diario os aconteceres da viaxe que, convicto dun delicto de traizón, foi forzado a emprender cara ó Caribe en 1848, como inicio do cumprimento dunha condena de 14 anos de conf inamento lonxe de Gran Bretaña, estaba empezando a escribir a que sería unha das obr as máis populares da literatura irlandesa da segunda metade do século XIX. Cunha regularidade apenas quebrada polos períodos de depresión e mala saúde física, Mitchel foi capaz de manter un emotivo relato das penalidades que padeceu durante os cinco anos que durou o seu cativerio, adobiando o escrito, a maiores, con continuas reflexións sobre a situación política do seu país, con xuízos sobre personaxes e feitos da súa época e con comentarios sobre a súa p ropia posición ideolóxica. 96 texto encaixan con precisión dentro do mesmo marco de com prensión da realidade irlandesa dos seus días que inspirou a súa posición política. Proxectando a súa análise do presente cara a atrás no tempo, a historia que relatou viña reproducir no pasado os principios ideolóxicos que aplicaba na súa caracterizació n da realidade actual. En consecuencia, esta non soamente quedou convertida nunha derivación lóxica de procesos que atopaban a súa raiceira en épocas pretéritas. En realidade, segundo este esquema, o presente resultaba ser unha simp le prolongación do pasado, en canto os trazos que definían a ambos os dous períodos resultaban ser coincidentes no fundamental, permanecendo inalterables no d ecurso do tempo, por baixo das aparencias circunstanciais, de valor puramente secundario. De maneira que, cando m irou cara ós séculos anteriores da nación, Mitchel buscou e atopou os mesmos riscos que, ó seu ver, debuxaban o cadro da súa Irlanda contemporánea. Co ánimo de facer mellor comprensible o contido do Jail Journal, Mitchel ofreceu ós seus lectores un capítulo introductorio de contido histórico. 137 Conforme á visión apuntada, nestas páxinas non soamente expuxo os antecedentes do seu caso persoal, dos métodos arteiros que o Goberno británico seguira para conseguir a súa condena no xuízo por traizón á Coroa, senón que compuxo un curto ensaio no que tratou de expoñer a súa interpretación da historia da nación irlandesa nos séculos inmediatamente anteriores, nun rápido percorrido que avanza desde principios do século XVII –cando a administración isabelina pareceu asegurar o control de Irlanda– ata os mesmos días nos que se desenvolvían as coitas do autor. A limitada extensión do traballo –12 páxinas de densa tipografía na edición de 1876– non facía posible, certamente, o descenso ós detalles e pormenores dos acontecem entos do período. Sen embargo de tal escaseza, seguindo as pautas do estudio da poesía histórica da Young Ireland, esa mesma brevidade, que forzou ó auto r a reducir a súa argumentación ós seus compoñentes esenciais, facilita unha dete rminación precisa das ideas nucleares que sustentan o relato do pasado proposto nesta obra de difusión extraordinaria no seu tempo. Coa referencia fundamental de tal capítulo introductorio e m ais o apoio complementario das anotacións do propio diario resulta posible, polo tanto, unha caracterización do modelo histórico nacionalista configurado por John Mitchel. En conformidade coas súas presuncións ideolóxicas, na rep resentación de Mitchel o pasado irlandés dos últimos douscentos cincuenta anos aparece fundado sobre as tres constantes que, para el, aínda definían o presente: (1) dúas nacións diferenciadas e enfrontadas –Inglaterra/Gran Bretaña e Irlanda–, (2) ligadas entre si por unha relación de dominio, (3) á cal o pobo asoballado nunca aceptara som eterse. O que o autor descobre cando mira ó pasado é a contraposición entre un proxecto de dominación de orde colonial e mais a in cesante loita irlandesa p or impedir que aquel ca llase de maneira definitiva. A súa narración histórica, en consecu encia, debía reflectir os modos que fora adoptando no tempo a imposición do poder inglés e a correspondente resposta da nación irlandesa ós abusivos designios dos intrusos. En suma, nas súas grandes liñas conceptuais, trátase do mesmo m odelo de interpretación do pasado discernido no caso da poesía de referencia hist órica dos escritores da Young Ireland, elaborado tamén sobre a dicotomía opresión-resistencia. Con todo, en xusta correspondencia coas súas posturas políticas máis extremadas, Mitchel agudiza o interese sobre aqueles puntos nos que o seu discurso ideolóxico poñía énfase e que, como xa se sinalou, contribuíran a afastalo dos máis moderados dos seus com pañeiros nacionalistas. Tendo en conta semellantes principios, a com posición histórica do autor constrúese arredor do par de elementos do dobre eixe sobre o que se ergue a súa visión 137 John Mitchel, Jail Journal, pp. 9-20. 97 do pasado irlandés: por un lado, cumpría relatar o establecem ento progresivo do proxecto de dominación, indicando as sucesivas etapas mediante as que os gobernos da Coroa inglesa pretenderan achegarse á culminación da conquista do país e precisando as diversas formas que revestira o seu program a de asoballamento do pobo irlandés; por outro, como acom pañante indisociable da opresión, era preciso dar conta da resposta imperecedoira da nación irlandesa en defensa da súa liberdade. a. A nación irlandesa. O diario de John Mitchel non ofrece ningunha determinación expresa das características que, ó seu xuízo, adscribían a un individuo concreto á nacionalidade irlandesa. Seguindo as posicións xa descritas dos Young Irelanders, en principio, o auto r non estableceu criterios d e tipo relixioso ou cultural que excluísen a ningún habitante da illa da condición nacionalita ria. Por demais, a maiores de ser el m esmo de estirpe protes tante, com o sucedía con outros dos seus máis significados compañeiros de grupo, xa se viu que no Nation, o xornal no que desempeñara labores directivas do m áis alto nivel, abundaran os textos de espírito conciliador, defendendo a superación da barreira sectaria, a que parecía constituír a quebra máis sinalada dentro da sociedade irlandesa. Sen embargo, igual que entre os seus amigos nacionalistas da prim eira hora, tamén nos escritos de Mitchel aniñaba unha especie de ambivalencia por baixo das declaracións integradoras a respecto da identidade nacional dos habitantes todos da illa irlandesa. Certamente, o autor non precisa no Jail Journal factor ningún que definise a nacionalidade de m odo expreso. De feito, sen embargo, non poden caber dúbidas de que o pobo irlandés está claramente identificado na obra coa poboación católica do país. Certamente, non hai unha exclusión da minoría protestante, 138 pero a equivalencia entre nación e confesión relixiosa faise concreta de modo expreso en numerosas pasaxes do escrito. Ademais, en todo el resulta evidente que, segundo o relato de Mitchel, os que padecían directamente aquela opresión constitutiv a da relación de dominio que m arcaba a vida das persoas no territorio irlandés eran unicamente os católicos, discrim inados na propia lexislación estatal polas súas crenzas relixiosas ata había ben pouco tempo. Xustamente, fora a súa fe a que os convertera en non-ingleses ante as leis británicas. Tal como lles ocorrera a O’Connell e, en xeral, ós Young Irelanders todos, resultaba difícil de esquecer o feito de que aquela nación para a que se reclam aban uns dereitos dos que fora despoxada estaba composta, case exclusivam ente, por fieis da Igrexa católica. Os oprimidos para os que Mitchel reclam aba liberdade, os que resistiran por séculos o poder británico, os irlandeses aínda asoballados nos seus días, en definitiva, eran os católicos de Irlanda. Tan evid ente lle resultaba a discriminación que estableceran contra eles as cham adas Leis Penais do século XVIII –aquelas que lles prohibían o exercicio de determinadas profesións e limitaban os seus dereitos cidadáns por causa da súa fe– que, despois de detallar polo m iúdo as restriccións que padecían, non podía senón concluír a exposición dos seus males identificando as víctimas de tal código co pobo irlandés mesmo: “The Irish People were [sic] impoverished and debased”. 139 Para Mitchel, desde logo, tanto da contem plación da historia coma da pura observación do presente soamente cabía deducir que eran os católicos os que conformaban o auténtico pobo irlandés. Por outro lado, segundo especificaba o autor, a opresión exercida por Inglaterra recaía fundamentalmente sobre os cam pesiños do país, que constitúen unha segunda forma metoním ica de representar a nación nas páxinas do Jail Journal. Así, irlandeses e 138 O autor non acepta as acusacións gobernamentais de exasperar as anim osidades relixiosas entre católicos e protestantes can do esixiu que o xurado que o xulg ou estivese formado por pe rsoas de calquera denominación relixiosa, “not by one sect of our countrymen”. John Mitchel, Jail Journal, p. 118. 139 John Mitchel, Jail Journal, p. 10. 98 campesiños son termos utilizados con frecu encia no texto como denominacións equivalentes en significado. O feito de que a práctica totalidade dos traballadores do campo e dos pequenos rendeiros, que constitu ían a inmensa m aioría da poboación do país, fosen integrantes da comunidade eclesial católica, mentres b oa parte dos terratenentes arrendadores, dos que aqueles dependían estreitamente, fosen de relixión protestante e de ascendencia británica, tiña que contribuír a reforzar unha liña de fractura que xa resultaba facilmente perceptib le na sociedade irlandesa considerando tan só a adscrición relixiosa. A maiores, ós sinais económico e relixioso sobrepoñíanselles con exactitude case completa as discriminacións legais e políticas establecidas p olas institucións do Estado. Desta maneira, no país fóranse consolidando dúas comunidades claramente identificadas por un conxunto de trazos verdadeiram ente determinantes. Resulta evidente que Mitchel reproduciu este esquema de diferenciación comunitaria, expresado en term os da contraposición entre oprimidos e opresores, o cal, en definitiva, viña equivaler ó enfrontamento entre a nación irlandesa e a nació n británica que a subxugaba. A elección de tales criterios de agrupación identitaria obrigouno, como consecuencia, a resolver o problema que presentaba a inclusión na nación irlandesa de todos aqueles membros da sociedade que nin por relixión nin por ascendencia familiar cadraban cos trazos do pobo inglés/británico, pero ós que a posición económica e social da qu e gozaban impedía caracterizar com o parte do pobo oprimido, alom enos no mesmo senso e intensidade en que o eran os campesiños católicos. A solución do autor ó dilema pretendía volver com patibles os criterios nacionalitarios de orixe e relixión coa énfase na condición de dominados que identificaba ós irlandeses naqueles séculos de submisión a un poder alleo: Mitchel non excluíu da nación a aquelas poucas persoas que se beneficiaban do sistema colonial e mesmo o xulgaban proveitoso para o país; simplemente, propoñía ignorar os seus intereses e subordinalos ós que el consideraba como verdadeiramente nacionais. 140 En ningún momento da súa obra se refire a este grupo de privilexiados do sistema cando alude ó pobo irlandés no Jail Journal. De feito, cabe entender que, só en canto se acomodasen ás necesidades e ós obxectivos da loita da nación, entendid a ó seu modo restrictivo, poderían formar parte efectiva de la. Trátase, en realid ade, do mesm o tipo de resposta que deran os Young Irelanders a esta clase de cuestións sobre os criterios de inclusión nacionalitarios: os grupos sociais que non respondesen ós trazos definidores da nacionalidade –neste caso, os das clases empobrecidas católicas– podían integrarse na nación mediante o seu compromiso activo cos posicionam entos políticos que lle eran propios a esta, é dicir, os que determinaban as ideas nacionalistas do momento. Sen o cumprimento de tales requisitos políticos, se aceptasen o m arco de dependencia británico, deixarían de ser verdadeiros irlandeses para se converter en británicos. Ou, peor aínda, na vergoñenta variedade dos irlandeses dexenerados que O’Connell cualificara despectivamen te como “West Britons”. 141 A dimensión social da súa concepción da nacionalidade, na que sempre quixo insistir, volve diferente a Mitchel dunha parte dos seus compañeiros da Young Ireland, moito máis propensos a definir o pobo irlandés en termos de tipo cultural. No Jail Journal non se alude a preocupación ningunha polo declive da cultura gaélica que aínda 140 “Why in Ireland, even, are many grave a nd well-dressed persons (I have seen them myself in Belfast, and even in Dublin, among the fed classes ) –who say, Irela nd is doing reasonably well, and likely to do well. Now, in speaking of I reland and t he Irish pe ople, I do not exclude those fat persons: –only set at naught their opinion, and set aside their particular interests in consideration of the vital ge neral interest”. John Mitchel, Jail Journal, p. 91. 141 Afirma Mitchel, Jail Journal, p. 13, que unha das consecuencias da Em ancipación de 1829 foi que os “Respectable Catholics’ were contented, a nd became West Britons from that day”. Sobre a paterni dade do alcume, D. George B oyce, Nationalism in Ireland, p. 133. 99 era predominante entre o cam pesiñado nin se identifica a lingua nativa como un factor identitario que cumprise potenciar ou tan sequera valorar p ositivam ente. As únicas e mínimas referencias ó g aélico aparecen de m odo esporádico, a maior parte das veces como recurso de estilo do que se serve o autor cando quere adoptar un ton de gran emotividade. Así o fai, por exem plo, para resaltar as penalidades que padecían os convictos irlandeses cos que coincidiu na súa viaxe, agravadas polas dificultades engadidas que deitaban do seu descoñecemento do inglés, ou cando se d eixa gañar pola nostalxia do país natal ó escoitar os sons das cancións deses desgraciados m ozos compatriotas que –sen contacto directo con el, com o presos comúns que eran– ían amoreados no seu barco cara ás colonias penais sudafricanas. 142 En realidade, xa se viu que o interese de Mitchel estaba nos planos puramente político e económico da explotación á que era sometida a nación irlandesa. Mesmo cando recorre ó termo celta para referirse ós irlan deses utilízao sen facer explícita –e nin sequera suxerir– dimensión cultural ningunha. No prefacio histórico do diario sérvese dese adxectivo para cualificar os campesiños do país, ben directam ente, ben en contextos en que se ocupa de problemas agrarios que os afectan. 143 En todos os casos, a palabra celta opera como equivalente a pequeno campesiño católico, é dicir, a clase q ue se identifica como o compoñente principal da nación irlandesa. Se, certam ente, o autor sinala a lingua como un factor distintivo de tal grupo, non se lle atribúe no texto ningún valor especial. Funciona tan só no mesmo senso en que os opresores ingleses/británicos son aludidos de cando en vez como anglo-saxóns, pero sen establecer valo ración ningunha da súa cultura ou da súa lingua nin consideralas como parte do proxecto do seu programa de dom inación colonial. b. A opresión. O capítulo introductorio do Jail Journal pretendía explicar as causas da terrible situación da Irlanda que coñeceu Mitchel situando o presente nunha perspectiva histórica, coa intención de atopar no pasado as raíces dos males que aflixían o país e o propio autor. Con tal finalidade faise nel unha exposición das formas que foi adoptando a dominación inglesa na illa ó longo dos últimos séculos, dos instrum entos de que se serviron as autoridades británicas para levala a cabo, das etapas da aplicación dos planos de conquista e das consecuencias de cada unha das medidas que se foron impoñendo contra a nación irlandesa. Como axente de tales designios de opresión, a Inglaterra que retrata Mitchel aparece como unha nación pérfida, guiada, coma no presente, pola cobiza e as ansias de poder nas súas accións ó longo da historia. Nunca no pasado procurou máis que satisfacer os seus intereses particulares, a pesar dos enganosos discu rsos sobre a súa misión civilizadora e modernizadora dunha Irlanda previam ente sumida no caos que deitaba da súa “bárbara natureza céltica”, retórica coa que sempre intentou xustificar a súa presencia invasora. Mesmo recorreu de m aneira sistemática, no seu afán de acadar os obxectivos que se propuxera, a medios tan malignos como a prom oción intencionada da fame e da miseria no país, que condenaron á morte por inanición e enferm idade a millóns de irlandeses en repetidas ocasións durante a prim eira metade do século XIX. A perversión dos gobernos ingleses, recalcou Mitchel, incluso os levou a impulsar unha rebelión en 1798 para atemorizar as clases acomodadas e favorecer os seus planos políticos de estreitar o control do país por medio da Unión. Aínda que Mitchel foi capaz de diferenciar entre os grupos de poder de Inglaterra e o pobo inglés corrente, tal como se viu anteriormente, cando pensaba nos estragos que a dominación estranxeira causara 142 John Mitchel, Jail Journal, pp. 164-5. 143 Hai referencias directas, com o “farming Celts”, “the mere Celtic peasantry” e outras moitas onde a palabra funciona com o substantivo equi valente de campesiño, como “m ob of Celts”, “the Irish Celt”, “all mere Celts” ou, simplemente, “the Celts”. John Mitchel, Jail Journal, pp . 9-20. 100 no seu país prescindía de calquera matiz exculpador e co ndenaba o agresor cunha contundencia na que non se contemplaban excepcións. 144 Inglaterra serviuse continuamente da forza para impoñer o seu dom inio, lembraba Mitchel, pero sóuboa complem entar cunha continuada utilización interesada do seu monopolio da capacidad e de lexislar, disfrazando así a verdadeira natureza da súa presencia en Irlanda cunha aparencia de legalidade. A violencia e as leis foron, polo tanto, os mecanismos por m edio dos cales o Estado británico asoballou a nación irlandesa, sometendo as súas xentes e confiscando os seus recursos materiais. Dictou leis coactivas mentres prohibía ós irlandeses dispoñer de armas para a súa defensa; 145 estableceu as disposicións legais necesarias para expulsar do campo os cam pesiños arrendatarios; creou un m arco legal que prexudicou a agricultu ra e as manufacturas irlandesas por interese dos productores ingleses; discriminou e privou de dereitos políticos e cidadáns ós católicos aplicando o terrible código penal do século XVIII. A relación dos mecanism os legais da opresión que ofrece o autor describ e un ominoso sistema establecido en contra da m aioría da poboación irlandesa pola única razón de manter e completar a conquista británica de Irlanda. Nos proxectos de sometem ento de Irlanda, o Estado soubo aproveitar á súa comenencia as institucións do país. Neste senso, escribe Mitchel, non soamente actuaron as autoridades propiamente británicas, tanto as de Londres coma as do Goberno de Dublín (“Dublin Castle”). No sometemento da nación participou activamente o Parlam ento de Dublín –un “Parlamento servil” –, existente ata 1800, acaparado polas clases dirixentes d a sociedade angloirlandesa, é dicir, os irlandeses de orixes británicas, os herdeiros das familias dos estranxeiros estab lecidos na illa, convertidos nos grandes terratenentes do país como resultado da conquista. Esta privilexiada minoría dos propietarios protestantes controlou unha cámara lexislativa que, segundo Mitchel, e coa excepción dos anos finais do século XVIII que despois se mencionará, exerceu sempre o seu poder ó servicio de Inglaterra e dos seus propios intereses como clase. Pero, ademais, a mesma Igrexa católica –denu nciaba Mitchel– prestou a súa colaboración ó mantem ento do sistema de opresión sobre os seus propios fieis, comportándose as súas xerarquías e o seu clero como verdadeiros inim igos do país, servindo como freo contra a axitación revolucionaria ou promovendo unha política de acordos cos gobernos do Imperio, como cando os bispos se deixaron subornar e aceptaron a Unión de 1800 a cambio de promesas vagas de em ancipación dos católicos. 146 Impresionado aínda pola catástrofe que padecía o país nos anos centrais do século XIX, da que el mesmo fora testemuña directa, Mitchel procurou resaltar as causas do estado de prostración no que se atopaba Irlanda naquel tem po, ligándoas todas elas á escravización á que a viña sometendo Inglaterra desde había séculos. Foi por esta razón pola que dedicou unha atención preferente ós aspectos económicos e as súas correspondentes derivacións sociais, ámbito no que pensaba que se podían apreciar con extraordinaria nitidez os efectos da política inglesa na illa. 144 “Herein Engl and is truly a great public crim inal. England! all England, operating through he r Governm ent: through all her orga nised and effectual pub lic opinion, press, platform , pulpit, parliament, has done, is doing, and means to do, gri evous wrong to Ireland”. Jo hn Mitchel, Jail Jour nal, p. 99. 145 Escribe Mitchel, referíndose ás prim eiras décadas despois da Acta de Unión: “Duri ng the same period, every Parliament was su re to enact at least one Arms Bill; intending to deprive all mere Celts of necessary weapons for defence, and to kill in them the spirit of men”. John Mitchel, Jail Journal, p. 13. 146 “[...] the Church had eve r been the enem y of Irish Freedom”. John Mitchel, Ja il Journal, p. 14. 101 Neste senso, para Mitchel, o ex ercicio do poder inglés tiv era como resultado directo a conversión de Irlanda nunha auténtica colonia de Gran Bretaña. A escusa da suposta misión civilizadora que os británicos pretendían cumprir en m edio dunha sociedade de costumes bárbaros non podía encubrir, ó seu xuízo, a verdadeira razón que os levara a intentar a conquista definitiva da illa veciña desde tantos séculos atrás. Concretamente, centrándose no tempo que lle interesaba, non lle resultaba válida a desculpa que explicaba a presencia dos estranxeiros nas terras irlandesas desde a época da monarquía Tudor como un desinteresado esforzo por promover a relixión protestante nun país que seguira abrazado á p erniciosa fe católica. A relixión, segundo Mitchel, soamente serviu com o pretexto para a rapina desenfreada das terras e dos bens dos irlandeses. Nunca houbera o máis mínimo interese por achegar os nativos á nova Igrexa de Irlanda protestante. Aínda máis, alegaba, todo o sistema de explotación se derrubaría no caso de que se producise unha aceptación m asiva da fe protestante pola poboación irlandesa. 147 Tampouco as medidas gobernam entais que presumían ter com o obxectivo a modernización das estructuras económ icas tradicionais do país, observou Mitchel, non podían agachar o obxectivo real da política británica, o control absoluto da illa e das súas riquezas en beneficio de Inglaterra. A suposta eliminación dos factores de atraso e a implantación das formas productivas británicas non levou a prosperidade ó país, senón que, pola contra, orixinara a ruína xeral na que se fora afundindo progresivamente, ata chegar ó estado lamentable do presente. Aducía Mitchel co mo proba, entre outras, os planos de melloramento que os Gobernos do século XIX emprenderan para acabar co exceso de poboación no campo irlandés e poder prom over, libre de trabas demográficas, unha economía baseada en explotacións granxe iras rendibles para os propietarios. En realidade, o seu obxectivo non fora o confesado, senón minguar a crecente poboación rural expulsando os pequenos arrendatarios –“the clearing business”– e liberar os enormes recursos agrarios que aquela m asa consumía, para así abastecer os mercad os ingleses con alimentos baratos e proporcionar m aiores beneficios ós grandes terratenentes arrendadores. Mesmo cando Gran Bretaña se amosaba ben disposta cara ós irlandeses, poñía de relevo Mitchel, ocultaba baixo tal aparencia o obxectivo prioritario de asegurar a súa posición de dominio na illa. Así sucedera coa xa aludida Emancipación católica, concibida non com o beneficio para os irlandeses, senón como argucia para diminuír a crecente forza da oposición antibritánica na illa atraendo ó campo gobernamental a clase católica propietaria e instruída. 148 O máis salientable da relación entre Gran Bretaña e Irlanda era, para Mitch el, que a súa nación quedara reducida a un estado de opresión colonial que afectaba a todas as esferas. Como resultado dunha política de sometem ento ó longo da historia, Irlanda atopárase forzada a unha situación de dependencia absoluta que se manifestaba claramente nos planos político, cultural e económ ico. No capítulo introductorio do seu diario de prisión describiu Mitchel a serie de accións que nos tres últimos séculos levara a cabo o Estado británico neses ámbitos, entre os cales establecera unha interrelación complem entaria que lle permitira consolidar unh a dominación que, por veces, chegara a parecer definitiva. No terreo puramente político, segundo o proxecto de sometem ento inglés, o Estado exerceu o control da vida irlandesa a través das institucións de poder británicas, 147 “[...] enlightened Protestant s only made a pretext of religion, –taking no t hought what became of Catholic souls, if only they coul d get possessi on of Catholic lands an d goods. [...] but in Ireland if the people had universally turned Protestant , it would have defeated the w hole scheme”. John Mitchel, Jail Journal, p. 10 . 148 John Mitchel, Jail Journal, p. 14. 102 do goberno delegado de Dublin Castle e do Parlamento subordinado da capital irlandesa. Completábase o sistem a de dominio, tal como o presentaba Mitchel, cun eficaz aparello de poder local e un servicio xudicial e policial disposto sempre a aplicar a lexislación segundo os requirimentos dos gobernos e dos grandes terratenentes, na maneira en que tantas veces sucedeu coas eviccións das terras dos pequenos campesiños. Por demais, as clases dirixentes do país, os angloirlandeses que asentaban o seu poder sobre o acaparamento da propiedade da terra, da q ue unha inmensa maioría da poboación dependía para o seu sustento, e sobre o monopolio dos cargos públicos, estaban completamente identificad as co sistem a colonial que garantía a súa posición e contribuían directamente á perpetuación do sometem ento da nación irlandesa. 149 A implantación das estructuras de dominación, que foran reducindo a poboación católica de Irlanda a un estado de subordinación ós intereses estranxeiros, apoiouse tamén no mantem ento das circunstancias que perm itían xustificar a caracterización dos nativos como seres bárbaros e violentos, incapaces de saír da miseria e de gobernarse civilizadamente por eles m esmos. Sem ellantes estereotipos, utilizados co mo lexitimación da conquista, serían confirm ados por unha política que, denunciaba Mitchel, tivo com o obxectivo primordial impedir, xustam ente, que os irlandeses puidesen librarse da ignorancia e da pobreza que os invasores trouxeran á illa. 150 Pero foi no plano económico onde Mitchel puxo máis énfase no seu retrato da dominación colonial inglesa. Im presionado pola miseria na que se afundía o país nos seus días, a historia ofreceulle a explicación do penoso espectáculo do presen te, en canto interpretou este como o resultado buscado polas políticas británicas dos últimos tres séculos. Para o noso autor, polo tanto, a causa directa da ruína económ ica viñera dos planos dos gobernos de Londres e Dublín para reafirmar sobre a pobreza de Irlanda a riqueza de Inglaterra. Ó servicio de tal fin, as autoridades promoveran unha serie de medidas desde o século XVI que lles permitiran transferir os beneficios dos recurs os materiais irlandeses á illa veciña. Non fora soam ente a confiscación das terras ós propietarios nativos polos invasores. Os proxectos de dominación pretenderon subordinar as actividades productivas todas de Irlanda ós intereses británicos. A este respecto, Mitchel amosou un especial interese por describir as medidas adoptadas polas autoridades no transcurso do terrible século XVIII, na s cales creu atopar a xénese das desventuras irlandesas. 151 Nese tempo, afirmaba, a industria téxtil do país foi completam ente destruída por leis inglesas promulgadas co obxectivo de protexer as manufacturas propias da forte competencia dos productores laneiros irlandeses. A prohibición de exportar os seus tecidos ó estranxeiro e as altas tarifas aduaneiras que se lles impuxeron a estes para vend er en Gran Bretaña acabaron de m odo definitivo con aquel próspero sector da economía irlandesa. Como consecuencia da lexislación concibida para beneficio dos fabricantes ingleses, Irlanda converteríase nun país exclus ivamente agrari o a partir do sécu lo XVIII. Pero os proxectos gobernamentais aínda foron m áis lonxe, denunciou Mitchel, ata conseguir facer da enteira economía irlandesa un apéndice subordinado da británica. Foi neste terreo onde expuxo os seus mellores argumentos para retratar de m odo preciso unha situación de auténtica dependencia colonial, presentada como o efecto derivado de políticas conscien tes encamiñadas a tal resu ltado. Desmantelada a súa in dustria, Irlanda 149 “[...] the ruling classes so completely British in thei r feelings as well as by their extraction [...]”. John Mitchel, Jail Jou rnal, p. 10. 150 “And so the English, having forbidden t hem for ge nerations to go to school, be came entitled to taunt them with ignora nce: and having deprive d them of lands, and goods, and trade , magnanim ously mock their poverty, and call them ta tterdem alions”. John Mitchel, Jail Journal, p. 10. 151 John Mitchel, Jail Journal, pp. 10-3. 103 fora transformada nun provedor de productos agrícolas e gandeiros de Inglaterra, variando a orientación da súa economía en función dos intereses da segunda e dos grandes terratenentes irlandeses que estaban ó seu servicio. Así, durante boa parte do século XVIII, o campo irlandés proveu de la á industria téxtil británica, despois de que se tomasen diversas medidas favorecedoras da cría de ovellas e desin centivadoras do cultivo e da gandería bovina. Máis tarde, sen embargo, os gobernos decidiron aproveitar as terras irlandesas como provedoras de productos agrarios para Inglaterra, convertendo o país no que aínda era nos tempos do autor, nunha “granxa-alm acén” para abastecemento dos dominadores. O círculo da explotación cerrábase por m edio dunha clase propietaria que en boa parte era absen tista e que remitía directam ente as súas rendas a Inglaterra. A maiores, as directrices que seguiran as disposicións sobre o comercio por parte dos gobernos británicos reflectían perfectamente, a xuízo do autor, a subordinación total dos intereses irlandeses ós da cabeza do Imperio e contribuían a explicar a m iseria de Irlanda e a opulencia de Inglaterra. A lexislación a este respecto fora transformándose claramente segundo as necesidades inglesas, pasando do modelo proteccionista á imposición da liberdade total de m ercado. Así, mentres o requirira a defensa dos seus productores, como se viu no caso do sector industrial laneiro, a política do Estado fora altamente restrictiva en canto á entrada de m ercadorías en Gran Bretaña. Sen embargo, en canto a industria irlandesa deixara de ser competidora –“The work was done; the British were in possession”, escribe Mitchel–, as autoridades británicas convertéranse en firmes defensoras do libre com ercio, do que elas chamaban os “verdadeiros principios da economía política”, val dicir, da elim inación de calquera interferencia legal nas actividades mercantís. 152 O desenlace da persistente política británica de explotación das riquezas materiais de Irlanda en beneficio de Inglaterra f ora, inevitablemente, o que o autor do diario puidera contemplar por si mesmo: un país sen industria, lim itado a unha agricultura empobrecida que apenas podía cubrir os custos das manufacturas que se vía obrigada a importar dos seus veciños. 153 A situación de dependencia era, logo, consubstancial ó dominio británico, segundo o esquema explicativo de Mitchel, que advertiu da falsidade das políticas gobernamentais de melloramento con exemplos que lle parecían ben significativos. Con esa intención denunciou que mesmo ó aplicar as Relief Acts, que pretendían aliviar as penalidades das víctimas da Gran Fame de finais da década de 1840, o Goberno tivo a precaución de que os traballos públicos qu e financiaba para dar ocupación ós pobres fosen sempre nalgunha actividade improductiva –cavar foxos, abrir camiños–, de maneira que non cubrisen as cantidades consignadas e non acabasen coa dependencia das axudas estatais. Incluso, naqueles tempos tan duros, promulgouse unha nova Lei de Pobres que contiña unha disposición que obrigaba ós pequenos arrendatarios que debesen acudir ó socorro público, por ser incapaces de producir o suficiente para subsistir, a renunciar á súa explotación para recibir axuda, condición que fomentaba, laiábase Mitchel, a ociosidade, en canto o mesmo intento de sobrevivir co propio traballo condenaba á miseria a quen o emprendía. 154 Dunha e doutra m aneira, era evidente, segundo o noso autor, que a prioridade das políticas gobernamentais fora sempre, m esmo nos momentos máis 152 John Mitchel, Jail Journal, p. 11. 153 Describe con exactitude Mitchel a situación de dependencia c olonial: “When m anufactures are crushed, and a peasantry bound to the plough -tail and the cattle-shed, of cou rse the manufactures commodities they require must com e to them from abroad, and t h eir raw agricultural produce must go in payment for t hem”. John Mitchel, Jail Journal, p. 11. 154 John Mitchel, Jail Journal, Jail Journal, p. 16. 104 dramáticos, a de m anter Irlanda escravizada polo xugo do amo inglés. O resultado final, como observou nos seus días o autor, era un país “despoboado, famento, intimidado e corrompido”. 155 En suma, tal como se presentaba nas páxinas introductorias do Jail Journal, a presencia inglesa en Irlanda pretendera desenvolver un auténtico proxecto de dominación que lle perm itise a Inglaterra dispoñer ó seu antollo dos enteiros recursos humanos e m ateriais da illa arrebatada á poboación nativa. A tal efecto, o texto percorre as sucesivas catro etapas en que se fora cumprim entando tal programa de sometemento a partir da era isabelina e da victo ria de Cromwell sobre as tropas rebeldes irlandesas, aínda que este período só é mencionado brevemente. Gran atención, sen embargo, dedica Mitchel ó século XVIII, no que sitúa o establecemento das liñas m estras do sistema de opresión que cualificaba de colonial e que exemplificou coa descrición das cláusulas máis significativas das Leis Penais, concibidas para asegurar o predominio absoluto dos intereses británicos sobre a poboación irlandesa católica, legalm ente convertida pola súa causa nunha categoría social legalm ente subordinada, limitada nos seus dereitos, imposibilitada de prosperar no plano económ ico e excluída por completo do escenario político. O sistema opresor com pletouse daquela cunha política económica dirixida a impedir o crecemento industrial do p aís en beneficio da producción inglesa e a converter Irlanda nun provedor agrario de Gran Bretaña, coa súa enteira economía disposta ó seu servicio. Naquel século XVIII, polo tanto, localizou Mitchel as raíces da miseria irlandesa e da riq ueza dos explotadores. A Acta de Unión de 1800, que aboliu a cámara lexislativa de Dublín e integrou a Irlanda como parte do Reino Unido, outorgándolle unha representación no Parlamento Imperial, sinala, para o autor, o inicio da terceira fase, a do intento de som etemento completo da nación irlandesa a Gran Bretaña. A partir daquel m omento, unha Irlanda indefensa foi saqueada nos seus recursos, mentres a poboación do país se vía afundida por unha carencia de alimentos que, nos vinte primeiros anos, se converteu en crónica. As fames, inducidas polos propios gobernos británicos, segundo o autor, serviron de instrumento para afirmar o control sobre o territorio e favorecer unh a reordenación do sistema productivo agrario beneficiosa para os grandes propietarios d e terras e o modelo de exportación de alimentos prom ovido por Gran Bretaña. O problema principal que dificultaba tales designios, alegaba Mitchel, era o exceso de poboación no campo irlandés, que impedía dispoñer dunha m aior cantidade de productos agrarios para exportar a Gran Bretaña e limitaba o rendemento dunha terra fragmentada en minúsculas explotacións cultivadas por campesiños arrendatarios. A este respecto, as medidas de mellora establecidas polas autoridades non pretenderan máis que expulsar do campo os m illóns de campesiños irlandeses sobrantes facendo imposible a súa subsistencia. As fam es, denunciaba, non eran, polo tanto, froito dunha maldición que periodicamente castigaba o pobo irlandés, senón o resultado de planos políticos preconcibidos que perseguían a destru cción do campesiñado. A última etapa sitúaa a partir de 1830, xustamente despois da Em ancipación que aparentaba igualar en dereitos ós católicos, cando os gobernos ingleses implantaron unha auténtica política de exterminio co obxecto de dar cabo ós seus proxectos. Nas súas m iras estaba o que Mitchel cualificou como a “conquista final”, que parecía culminar nos seus días, como efecto da última das grandes fam es promovida s polos opresores. Con ela se completaría, por fin, o programa colonial que os ingleses concibiran tres séculos atrás. c. A resistencia. A pesar do espectáculo desolador que se ab ría ante a súa vista, Mitchel negouse a crer que a súa nación estivese destruída. Na procura dun alento de 155 John Mitchel, Jail Journal, p. 17. 105 esperanza, recorreu á historia para atopar nela os exemplos que lle permitisen afirm ar que a loita pola liberación nacional non se podía dar por concluída. Con tal finalidade, presentou un relato dos anteriores tres séculos presidido pola idea de que a nación sempre atinara a saír de situ acións semellan tes nas que todo parecera perdido. Describiu, así, nas páxinas previas ó Jail Journal un pasado marcado, indubidablemente, pola presión desapiadada dos intrusos ingleses pero tamén pola irrenunciable vontade de resistencia dunha nación que nin nas peores circunstancias puidera ser definitivamente conquistada. Mesm o cando o abatemento parecera m áis profundo, situación que o autor amosou reproducida en repetidas ocasións ó longo do período estudiado, a nación demostrara ter abonda forza para rexurdir. 156 Este foi o relato dunha determinación nacional de loita pola supervivencia que, seguindo unha orde cronolóxica, Mitchel expuxo nos seus parágrafos introductorios, tal com o se detalla a continuación nas súas diversas fases. Xa despois da conquista das tropas isabelinas –iniciaba o autor o seu repaso do pasado– Irlanda parecía a piques da destrucción absoluta. Sen embargo, transcorrido soamente medio século, o país ardía en loita contra os estranxeiros, nun conflicto de tal intensidade, que esixira ó propio Oliver Cromwell desprazar unha gran forza armada para resolvelo. De novo, tras da conquista de mediados do século XVII, “a causa de Irlanda” (“Irlanda contra Inglaterra”) parecera “ p erdida ” , arr asados os seus castelos, os seus campos entregados a estranxeiros e os m ellores homes mortos ou lonxe da illa natal, 157 cando, ós poucos anos, os irlandeses renovaron o com bate pola recuperación do seu país, razón verdadeira que explicaba, segundo Mitchel, a súa intervención en apoio do pretendente Estuardo no seu en frontamento contra William de Orange pola Coroa inglesa. Outra vez, sen embargo, a derrota no Boyne e a fuxida da clase dirixente irlandesa desde Limerick deron a im presión de supoñer o final da nación. 158 Aínda maior era a sensación de quebra absoluta, lem braba Mitchel, despois das terribles Leis Penais e das medidas ruinosas para a economía irlandesa im plantadas durante o século XVIII, ó final do cal sem ellaba estar o país practicamente m orto. 159 Con todo, unha vez máis, alegrábase o autor, a vitalidade da “raza irlan desa” e da súa causa demostrara ser inextingu ible, de maneira que, an tes de acabar a centuria, podía impulsar a creación dun auténtico Exército de Voluntarios capaz de arrin carlles ós ingleses en 1782 un Parlamento independente de Londres. Por máis que estivese controlado polos protestantes do país, a simple liberación das políticas británicas permitiulle a Irlanda vivir case dúas décadas de prosperidade, afirmaba Mitchel. O Goberno británico, sen embargo, acabou coa independencia en 1800, ó aprobar o propio Parlamento de Dublín a súa desaparición. A fatal Acta de Unión lográrase baixo ameazas e subornos dos parlam entarios, en medio dun país aterrorizado pola rep resión que seguira á insurrección de 1798, revolta que fora incitada de modo perverso polas propias autoridades, como estrataxema para convencer da súa inseguridade ás clases dirixentes irlandesas e da comenencia de se integrar no Reino Unido renunciando ás súas institucións particulares. Como tantas veces sucedera, desde com ezos do século XIX Irlanda estaba novamente conquistada, sometida ó xugo da Unión. Mais nin sequera naquel estado de agonía se resignara a nación. Por baixo das aparencias de derrota, o movem ento agrario 156 “But that Nation has been s o often dead and buri ed, a nd has so often been born a gain [...]”. John Mitchel, Jail Jou rnal, p. 9. 157 “Ireland was conquered by Crom well, literally and universally”. John Mitchel, Jail Journal, p. 9. 158 “[...] England feels at last secure: surely this tim e her sister and mortal enem y is dead past all resurrection”. John Mitchel, Jail Journal, p. 9. 159 “Ireland was to all human appearance dead and buried this time”. John M itchel, Jail Journal, p. 10. 112 diferenciación entre protestantes e católicos e a discriminación que castigaba a estes últimos, as políticas de forza e rep resión que permitiran e consolid aran a conquista e a aplicación das medidas de sometemento colonial, a espoliación das terras dos nativos e a súa conversión en campesiños dependentes e explotados, a destrucción da capacidade industrial do país e súa conversión en provedor agrario de Inglaterra... Esa realidade do presente que describía Mitchel era a que, primeiro de nada, cumpría explicar nas súas orixes, para despois poder substituíla por m edio da acción revolucionaria. Se a fame e a ruína que sufría Irlanda, así como o m odo de darlles cabo, constituían o obxecto primordial do seu interese político, as noticias sobre feitos e datas que non se enlazasen con elas de forma inequívoca ou a simple consideración de factores culturais que, en realidade, serían de interese dubidoso ou nulo para a masa xeral dos irlandeses, os campesiños pobres do país, non farían m áis que restar eficacia política ó discurso histórico. Se este non dese conta da orixe das miserias que estaban estragando a nación e non propiciase a rebelión contra os culpables daquel lamentable estado, o pasado que contaba carecería de sentido para o presente e a súa compilación resultaría un esforzo inútil. Sen dúbida ningunha, para John Mitchel, o revolucionario, a historia era só un instrumento ó servicio da loita política do que cabía esperar unha eficacia inmediata. d. Definición restrinxida da nación. A reducción da relación histórica entre Irlanda e Inglaterra a u n enfrontamento absoluto que se continuaba no presente esixía unha caracterización das dúas entidades protagonistas que se correspondese coa incompatibilidade sen m atices que Mitchel lles atribuía a ambas as nacións. O resultado do seu relato, segundo as conclusións políticas que esperaba que puxese de manifesto, debía amosar sen dúbida ningunha que as posibilidades de concordia entre elas eran puramente quim éricas, en canto un encontro pacífico e de cooperación contradicía a propia natureza de cada unha das dúas entidades nacionais. En consecuencia, Mitchel definiu a pertenza a Irlanda e a Inglaterra por oposición, limitando as am bigüidades identitarias e as posibilidades de acomodación dos sectores da sociedade irlandesa que non coincidisen con exactitude cos trazos asignados a unha ou outra nacionalidade. Segundo tal simplificación, as categorías n acionais dispoñibles lim itábanse á alternativa entre ser irla ndés e ser inglés/br itánico. En realidade, na obra de Mitchel –nin na introducción nin no diario propiamente dito– non se fai ningunha caracterización explícita dos trazos da nacionalidade irlandesa. Sen embargo, os irland eses aparecen nela, en tod a ocasión, identificados coa poboación católica do país. E esta vén equivaler sempre –neste caso si que de m odo expreso– á maioría agraria daquela sociedade, val dicir, os pequenos cam pesiños que traballaban a terra en réxi m e de arrendamento ou que mesmo carecían de terreos que cultivar. Eles eran os que padecían máis directamente as dram áticas consecuencias do réxime colonial e, en consecuencia, son retratados com o a representación viva do risco principal que identificaba a nación irlandesa no relato histórico de Mitchel, a opresión. Nunha nación de oprimidos, cando o sufrimento se converte en sinal da identidade irlandesa, os campesiños asoballados son a im axe perfecta da condición definidora da nacionalidade. Eles, imaxinados cos trazos qu e completaban o seu retrato , é dicir, a súa fe católica e a súa estirpe nativa, constituían a verdadeira nación irlandesa. Así, nas referencias de identificación nacionalitaria do Jail Journal os term os campesiño –entendido como pequeno arrendatario ou tra ballador rural sen terra–, católico e celta –no senso de na tivo, diferente por orixe do inglés– utilízanse de modo indiferenciado como equivalentes de irlandés. Com o consecuencia, ponse de manifesto que, para Mitchel, os irlandeses eran, por principio, os campesiños, os cales se caracterizaban por ser, en todo caso, de relixión católica e ter raizam e nativa. A maioría 113 dos irlandeses adoitaban coincidir nas características citad as, que os definían como pequenos campesiños explotados, privados no seu día da propiedade da terra polas súas orixes, ameazados sem pre coa desposesión das súas tenzas en arrendamento e discriminados polas súas crenzas relixiosas. Eles configuraban a nación por excelencia, como víctimas da opresión dos grupos que gozaban dunha posición de poder en virtude do réxime colonial establecido no país por Gran Bretaña, aquel que lles outorgaba a estes privilexios directamente derivados da súa pertenza relix iosa e da ascendencia familiar estranxeira, orixe do seu dominio político e do seu contro l da propiedade da terra e, en xeral, dos recursos productivos do país. Pode interpretarse, aínda que Mitchel non formulou o asunto dunha m aneira expresa, que aqueles que carecían dos trazos que o autor ligaba á condición identitaria irlandesa non formaban, para el, parte da nación. Polo menos en princip io, en canto n on participaban da condición distintiva que contrapoñía os irlandeses ós m embros da nacionalidade inglesa, é dicir, a de ser víctim as da opresión dos estranxeiros alí establecidos com o conquistadores. O protestante, o propietario de terra ou o de estirpe británica –trazos que tamén adoitaban ser compartidos– non vían lim itados os seus dereitos pola lexislación estatal nin sufrían a inxustiza da explotación do seu traballo e a conseguinte condena á miseria sen remedio. En consecuencia, a súa identidade non podía ser a irlandesa. Así, os criterios de diferenciación entre a poboación da illa separaban dúas nacións, a irlandesa e a inglesa ou británica, eliminando case por completo os espacios identitarios intermedios, aqueles onde coubese situar aquelas persoas que presentasen peculiaridades que entrasen en contradicción con algún dos sinais específicos das dúas opcións alternativas en que cabía clasificalas pola súa nacionalidade, tal como lle pasaba ó propio autor. Por m áis que Mitchel, igual que fixeran os Young Irelanders dos que un día formara parte, non converteu a relixión no determinante da adscrición a cada unha das dúas nacionalidades presentes en Irlanda, na práctica, o catolicismo desempeñou no seu discurso político e histórico o papel de identificador primeiro da condición de irlandés. En consecuencia, debeu abordar o problema da inclusión na nación daqueles que non formaban parte da Igrexa católica, dos que pertencían á estatal Igrexa de Irlanda ou a outra das confesións protestantes disidentes, en canto a súa filiación relixiosa implicaba unha ascendencia estranxeira. Aqueles que, como el m esmo, procedían de familias de orixes protestantes debían confirmar a súa irlandesidade por m edio do comprom iso político co país, quer dicir, asumindo como propias as ideas nacionalistas. No escenario histórico, a cuestión quedaba exemplificada na valoración que lle merecía a actitude dos angloirlandeses –protestantes, propietarios, de liñaxe británica– durante o século XVIII, mentres o país gozaba aínda dunha institución lexislativ a propia, aínda que sometida ó poder central e m onopolizada pola clase dirixente protestante. Mitchel recoñecía que eles foran naquel tempo os que m antiveran acesa a reivindicación dos dereitos de Irlanda fronte a Gran Bretaña. E m esmo loou os que se autodenominaron patriotas e defenderon os dereitos do país fronte ós abusos das autoridades inglesas, ata o punto de presentar como unha época de gran prosperidade nacional os dezaoito anos de independencia lexislativa qu e, entre 1782 e 1800, foron capaces de arrincarlle a Londres. A loanza dos patriotas protestantes, ademais, permitíalle a Mitchel amosar a continuidade histórica do réxim e de inxustiza a que Gran Bretaña sometera a Irlanda, que subordinaba os intereses desta dun modo que non cedía sequera ante as demandas da clase dirixente establecida polo propio sistem a colonial, así como resaltar o papel puram ente instrumental que se lle as ignaba nel á supost a defensa da relixión protestante. Pero os eloxios non evitaban que o autor deixase de 114 sinalar o espírito de superioridade que aniñaba naquelas elites respecto dun pobo católico empobrecido e inculto ó que non consideraban digno de igualarse en dereitos con eles, actitude que exemplificou na figura de Jonathan Sw ift, defensor dos dereitos do país pero leal á Coroa británica. 166 En definitiva, recordaba, cando houbera qu e decidir ante as presións de Gran Bretaña, os angloirlandeses fixérano aceptando a Acta de Unión e disolvendo o órgano lexislativo que, por un tempo, representara a esperanza da nación. En canto á diferenciación cultu ral entre ingleses e irlandeses, Mitch el non considerou tampouco este aspecto como un factor definidor da identidade nacional. Ó contrario que moitos dos textos dos Young Irelanders, no Jail Journal non se establece unha relación manifesta entre as característi cas culturais e lingüísticas específicas do campesiñado do país e a súa nacionalidade. Soamente cabería deducir que se dá unha referencia indirecta de tal tipo na caracterización dos irlandeses com o celtas, en canto con ela se resaltaba unha orixe racial diferente respecto do pobo inglés, podendo supoñerse que o termo aludiría tamén, m esmo que non se faga mención expresa dela, a unha caracterización cultural de calidade diferente, en canto os cam pesiños irlandeses utilizaban outra lingua e mantiñan tradicións peculiares. En todo caso, a cualificación céltica do campesiñado ten no texto un senso puram ente descritivo. Nunca nel se contrapón unha civilización autóctona á propiamente inglesa nin se presenta a reivindicación cultural como un dos obxectivos do programa nacionalista. En tanto que a liberación de Irlanda pola que loitaba non contemplaba un rexurdimento da cultura indíxena, tampouco no relato fixo o autor alusión ningunha a calquera manifestación de opresión neste ámbito no curso da historia. E tam pouco non hai en Mitchel loanza ningunha dun suposto glorioso pasado da civilización indíxena, nin sequera unha valoración positiva da lingua nativ a que seguían a falar aqueles campesiños que para el constituían a nación irlandesa. De modo significativo, a única referencia de discriminación neste senso é a denuncia da exclusión dos irlandeses católicos do sistema educativo establecid a polas Leis Penais do século XVIII, co obxectivo de mantelos na ignorancia na que vivían, privándoos, precisam ente, do acceso á cultura inglesa. En conclusión, para Mitchel, son as consideracións políticas as que determ inan a pertenza á nacionalidade irlandesa –e, por oposición, á inglesa en Irlanda. No plano dos principios, nin a cultura gaélica nin a relixión cató lica constitúen en por si, para el, criterios de inclusión definitorios. Sen embargo, na práctica, a consideración do pequeno campesiñado como representación esencial da nación acaba por converter os trazos que se corresponden co retrato dese grupo social –en realid ade, da maioría dos habitantes do país– nos sinais identitarios nacionais. A pesar das súas protestas sobr e a falta de significación identitaria do factor relixioso e da ausencia d e referencias ó elemento cultural gaélico no seu discurso histórico e político, a identificación do campesiño co irlandés que se desprende do seu escrito co ntribuíu, de feito, a reforzar a tendencia, xa iniciada, cando menos, nos tempos da loita pola Emancipación, a considerar a irlandesa como unha nación católica. A consecuencia complementaria sería, claro está, a de confirmar tamén a exclus ión –acompañada adem ais, en boa parte dos casos, dunha autoexclusión voluntaria– da minoría protestante da nacionalidade irlandesa. Identificados pola súa relixión e a súa ascendencia com o membros da nación 166 Sobre a progresiva incorporación de Swift á galerí a de heroes do nacionalism o no século XIX, como un dos precurs ores da loita pola liberación de Irlanda, dest acando a súa identida de irlandesa por riba da súa condición de alta xerarquía na protestante Ig rexa de Irlanda e da súa lealdade á Coroa, ver Robert Mahony , Jonathan Swift. Th e Irish Identity, Yale University Press, New Haven & London 1995 , especialmente, para o período que nos ocupa, o cap. 5, “A Nationalist Ancestor, 1840-1870”, pp. 89-113. 115 inglesa ou británica, os protestantes deberon satisfacer un requisito político engadido que lles outorgase a condición de irlandeses. O prezo sería a súa conversión ó nacionalismo. O propio Mitchel foi un bo exemplo. 3. A funcionalidade política Parece evidente que o obxectivo de Mitchel ó com poñer a súa interpretación histórica non era promover un mellor coñecem ento do pasado, senón dispoñer dunha versión axeitada deste que lle permitise utilizalo co mo ferramenta no com bate político no que se atopaba completamente com prometido. O seu relato histórico estaba concibido, polo tanto, para desempeñar certas funcións que pensaba que poderían contribuír á propagación das súas ideas na sociedade irlandesa con temporánea, en xeral, e á defensa das súas propostas de actuación revolucionaria fronte a outras opcións máis moderadas dentro do campo nacionalista, en particular. O producto final da mirada do autor cara ó pasado non foi, por tanto, o froito dunha consideración histórica de acontecementos pretéritos recom pilados cun espírito libre de prexuízos, tal como se fose un estudioso que, sen ánim o partidario ningún, pretendese limitarse a facer a crónica asép tica dos sucesos obxectivamente máis relevantes. Aínda que u nha actitude así fose posible, non é este o caso. Mitchel confesa de modo patente as súas conviccións nacionalistas e asume sen vacilación as terribles consecuencias que a fidelidade a elas lle ocasionara. Desta angustiosa realidade persoal e do seu desexo de explicala –á sociedade e a el mesmo–, encadrándoa nunha dimensión nacional máis ampla e determ inante, naceu, com o fai constar na xustificación das páxinas que preceden ó seu diario, a decisión de acudir á historia das relacións en tre o seu país e Inglaterra, onde localizaba a enteira cau sa dos seus males. En conformidade coa inspiración ideolóxica nacionalista e cos obxectivos políticos que marcaron o achegamento de Joh n Mitchel ós tres últim os séculos da historia de Irlanda no Jail Journal, o relato que elaborou cos m ateriais seleccionados con tal perspectiva satisfixo unha serie de funcións que reforzaban, xustamente, aqueles presupostos desde os que era formulado. A funcionalidade política da súa representación histórica concretouse nun conxunto de principios que debían cumprimentar as prem entes demandas que urxía a súa caracterización do presente. O texto de Mitchel ofreceu, en consecuencia, unha fundamentación para a supervivencia e o desenvolvemento da doutrina do nacionalism o irlandés extraordinariam ente útil naqueles momentos dram áticos para o país. Cabe sintetizar esa contribución n os seguintes puntos: a. A racionalización do presente. Xa se comentou que o relato da historia do noso autor explica o presente, poñendo de manifesto as raíces políticas dos m ales do país e atribuíndo a miseria e a fame que o devastaban ós efectos planeados dunha política gobernamental que cualifica com o de exterminio. Ó facelo, introduce criterios de racionalidade na análise da situación do país e perm ite crear os instrumentos de combate político que f agan posible a superación do estado de agonía da nación. A aceptación de ser a traxedia actual un caos de orixe incomprensible ou un designio da fatalidade só podía suscitar reaccións milenaristas, froito da desesperación e ineficaces, en canto carecerían dun proxecto po lítico, ou conducir á m áis pura resignación ante o inevitable. Mitchel, pola contra, expón as causas, fai o diagnóstico e propón o remedio. Politicamente, polo tan to, o escrito de Mitchel cumpre a función de racionalizar o presente, de facer comprensible o que, á primeira vista, parecía inexplicable, a gran traxedia na que se afundían a nación e o propio autor. Tanto na dimensión nacional coma na persoal, o relato xustifica o sacrific io, dá sentido ás penalidades, explica a súa orixe, alenta a esperanza para o futuro e ofrece unha recompensa polo padecemento, 116 espertando ilusión por un proxecto, por mo i distante que parecese a súa consecución. En suma, confírelle un sentido ós sufrimentos do presente. Ó enmarcalo nun proxecto de opresión colonial de antiga aplicación, a historia permite, para Mitchel, dar conta do presente dun modo lóxico. Racionaliza unha realidade terrible que tendía a ser xustificad a en termos fatalistas –d e modo interesado, no caso dos ingleses, ou de resignación, para a maioría dos irlandeses–, poñendo as causas no destino, na Providencia ou no sino ineludible dun pobo incapaz de progresar sen unha intervención externa modernizadora, civilizadora. b. A reafirmación da supervivencia da nación. Nuns m omentos en que cabería dubidar da continuidade da propia existencia da nación, a obra de Mitchel veu insistir na súa natureza imperecedoira. Por medio da historia amosa que xa no utras ocasións atravesara situacións de dificultade extrema e que sem pre soubera rexurdir con forza suficiente para reafirmar os seus dereitos e m anter a loita contra os seus opresores. O exemplo do pasado, tal com o o expón o autor, permite albiscar unha realidade nacional máis fonda que o panorama desolador que apar ece á primeira vista. A nación segue viva e, identificado o inimigo secular que a oprime, pode loitar pola súa liberación. c. A lexitimación moral da violencia liberadora. A lectura do pasado que ofrecía Mitchel veu reforzar as súas posic ións insurreccionais fronte a outros nacionalistas partidarios da utilización exclusiva de métodos pacíficos na defensa das súas ideas ou favorables ó adiamento das apelacións revolucionarias a un futuro de condicións máis propicias para o seu éxito. A historia, na interpretación que escribiu Mitchel, obriga a concluír, de maneira racional, que a política de confrontac ión total resulta ser a ú nica vía posible de acción para recuperar os dereitos de Irlanda e arrin carlle o seu dominio a Inglaterra. Calquera outro modo de actuación, despréndese do seu relato, é ineficaz, contraproducente e mesmo moralmente inxustif icado, á luz dos catastróficos resultados de tales políticas conciliadoras desde os tempos de Daniel O’Connell. De m aneira que, tanto racional coma eticam ente, a historia debe levar ós irlandeses do presente a organizarse contra o Estado británico e a combatelo por todos os medios. A principal deducción política que cabe extraer da contemplación do pasado, aduce Mitchel, é a da necesidade de recorrer á vio lencia revolucionaria. A lo ita contra os opresores é moralmente obrigada, sen deterse ante o sacrificio persoal e m esmo cando non houbese esperanzas de acadar o triunfo de inm ediato. A resistencia é a proba da vitalidade da nación e debe ser mantid a a calquera prezo. d. Un modelo para o futuro. A contemplación do pasado permite ofrecer ós irlandeses un proxecto de acción que rem ate nun estado futuro de liberdade, condición imprescindible da ansiada prosperidade. O pasado perm ite contemplar ese modelo para o porvir cunha dobre perspectiva. Por unha parte, a historia de Mitchel presenta o proxecto que Irlanda precisa como exem plo negativo. Neste senso, a repetición e perpetuación do pasado vén ser, xustamente, o que a nación debe rexeitar con toda a súa forza; a liberación esixe, sen dúbida ningunha, a ruptura co pasado. Pero tamén, por outra banda, se pode atopar no relato históric o a ensinanza en forma positiva. A lección da historia aprende, ante todo, que a vontade de resistencia da nación é invencible. Pero ademais, ofrece as probas de que a decisión de esixir pola forza a satisfacción dos seus dereitos é a única que pode traer a liberdade. A este respecto, con todas as súas deficiencias e limitacións, Mitchel presenta o período de independencia lexislativa de 1782-1800, lograda pola presión armada dos Voluntarios, como o tempo de m aior progreso da era moderna. Vén dicir así que a prosperidade da nación depende da consecución da súa liberdade e que esta soamente é posible polo esforzo revolucionario contra os opresores. No século XVIII Irlanda com petía con vantaxe no ám bito económico con Gran Bretaña, sostén. Agora, esta era a nación máis poderosa e rica do 117 planeta. A historia amosa que, en condicións de liberdade, removidas as trabas da dominación colonial, ese podería ser o futuro de Irlanda. Por baixo da súa faciana máis negativa, aquela historia de sufrimento ensinaba tam én o camiño para atopar a saída e amosaba as prim icias da felicidade. Conclusión A obra de Mitchel supuxo un chanzo máis na configuración dun modelo historiográfico de inspiración nacionalista que se iría consolidando, en camiño parello ó espallamento da ideoloxía na que asentaba, nas décadas finais do século XIX e nas primeiras do XX. A contribución do autor a este respecto resultou ser fundamental, á vista da enorm e popularidade que acadaría nese tempo o seu diario de prisión na enteira sociedade irlandesa. Pode dicirse desta visión sobre o pasado que se, por unha parte, afondou na liña emprendida polos escritores da Young Ireland, com pletando o guión histórico que eles esbozaran, sen embargo, por outra banda, a obra de Mitchel presenta matices abondo significativos respecto daquela, como, por demais, cabía esperar despois de expoñer as diferencias políticas que o separaban dos que un tempo foran os seus compañeiros de grupo no m ovemento nacionalista. Certamente, o relato histórico de Mitchel confirma moitos dos supostos que xa se viu que constituían os trazos básicos das concepcións da Young Ireland sobre o pasado da nación. Están presentes nel a caracterización de Inglaterra como a opresora secular, a resistencia que os irlandeses nunca deixaron de opoñerlles ós intrusos, o espírito de sacrificio co que os combateron e, en xeral, aquela representación da historia das relacións entre Irlanda e Inglaterra como a crónica dun enfrontam ento entre dous suxeitos absolutamente contrapostos en todas as ordes, incluíndo a dimensión m oral. Aprécianse, en cam bio, variacións relativ as entre as dúas obras, insuficientes, desde logo, para quebrar a unidade á que, en último termo, as reduce a convicción ideolóxica nacionalista que comparten, pero dunha entidade abonda com o para merecer unha consideración máis detallada, por canto anuncian tendencias que, co paso do tempo, se corresponderían tam én coa variedade de posicións que convivirían no campo nacionalista, segundo diferencias tanto respecto da fundamentación étnica ou política da nación coma dos métodos que cumpría utiliz ar para satisfacer as súas demandas. Trátase, en primeiro lugar, da definición dos criterios de pertenza á nación, do papel que se lles asigna á relixión católica e á cultu ra gaélica na determinación da identidade irlandesa, e mais, en segundo termo, da opción entre a vía constitucional e a revolucionaria como formas apropiadas da acción política. Tanto os escritos dos Young Irelanders coma o de Mitchel optan por considerar a poboación católica do país como o núcleo cen tral da nación irlandesa. Por moito que todos eles insistisen –e os primeiros de m odo explícito– en non contemplar a adscrición relixiosa como factor da nacionalidade e rexe itar o sectarismo confesional, xa se viu cómo aquela identificación, dunha ou doutra forma, vén ser o resultado do seu percorrido polo pasado, en canto en Irlanda a fe fora asociada a unha determinada orixe, nativa ou estranxeira, a partir da ruptur a do cristianismo no século XVI. En último termo, aínda sendo boa parte deles de conf esión protestante, todos estes autores contribuíron á consolidación da idea de que Irlanda era unha nación católica. Con todo, o elemento da confesionalidade relixiosa recibe en Mitchel unha consideración puramente política que non aparece tan claramente m anifesta nos textos da Young Ireland. Os irlandeses de Mitchel son, en principio, os católicos unicamente en canto estes coinciden co sector da poboación oprimido polos dom inadores ingleses, para os cales a relixión tan só fora un recurso m áis na estratexia utilizada para levar a cabo os seus planos de conquista da illa. En realidade, o factor relixioso desempeña un [Document text truncated for crawler view.]