Acordo do Consello de Goberno do 21-06-2019, polo que se aproba o Regulamento de Réxime Interno da Facultade de Enfermaría
Full text
DULCE Mª GARCÍA MELLA, SECRETARIA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, CERTIFICA, antes da aprobación da acta correspondente, que o Consello de Goberno, na sesión ordinaria celebrada o 21 de xuño de 2019 aprobou o Regulamento de Réxime Interno da Facultade de Enfermaría, nos termos do documento adxunto. E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e prace O reitor Antonio López Díaz Documento asinado dix italmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/1BAF-6851-4600-833D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 1BAF-6851-4600-833D 1 / 21
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DA FACULTADE DE ENFERMARÍA Pág. TÍTULO PRELIMINAR 1 TÍTULO I: DO GOBERNO DA FACULTADE 2 CAPITULO I: Dos órganos de goberno da Facultade de Enfermaría 2 CAPITULO II: Dos órganos colexiados 3 CAPÍTULO III: Dos órganos unipersoais 8 TÍTULO II : DAS COMISIÓNS DELEGADAS DA XUNTA DE FACULTADE 10 CAPÍTULO I: Das comisións, as súas competencias e funcionamento 10 CAPÍTULO II: Da comisión do título do grao e mestrado 11 CAPÍTULO III: Da comisión intercentros do titulo de grao 13 CAPÍTULO IV: Das comisións do resto das titulacións impartidas na Facultade 13 CAPÍTULO V: Da comisión de calidade do centro 13 CAPÍTULO VI: Da comisión de prácticas 14 CAPÍTULO VII: Da comisión da biblioteca 15 TÍTULO III: DOS COORDINADORES 16 CAPÍTULO I: Do coordinador do título de grao ou mestrado 16 CAPÍTULO II: Coordinador/a de títulos interuniversitarios 16 TÍTULO IV: DA REFORMA DO REGULAMENTO 17 DISPOSICIONS ADICIONAIS 18 DISPOSICIÓN FINAL 18 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/1BAF-6851-4600-833D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 1BAF-6851-4600-833D 2 / 21
1 REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DA FACULTADE DE ENFERMARÍA Aprobado pola Xunta de Facultade do dia 24 de maio de 2018 e ratificado polo Consello de Goberno do dia...... TÍTULO PRELIMINAR Artigo 1.- A Facultade de Enfermaría da Universidade de Santiago de Compostela é o centro encargado do deseño, planificación da docencia, organización e xestión dos estudos conducentes á obtención dos títulos académicos oficiais de grao e mestrados da súa competencia. Tamén poderá impartir ensinanzas conducentes á obtención doutros diplomas e títulos universitarios, oficiais e propios. (artigo 50.1 dos Estatutos da USC). Artigo 2.- Para o desempeño das funcións que lle confire a LOU e os Estatutos da Universidade de Compostela, a Facultade de Enfermaría rexerase polo presente Regulamento de Réxime Interno. Artigo 3.- A Facultade de Enfermaría velará especialmente pola promoción da lingua galega, garantirá a integración das persoas con discapacidade, promoverá a igualdade entre homes e mulleres, a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e preocuparase polo desenvolvemento sustentable, en liña co Plan de Igualdade de Xénero e coa Memoria de Responsabilidade Social da USC. Artigo 4.- Son funcións da Facultade de Enfermaría (Artigo 51 dos Estatutos da USC): a) A elaboración dos plans de estudos das titulacións impartidas polo centro e a participación na elaboración daquelas outras compartidas por varios centros. b) A organización e a xestión dos servizos docentes que lle correspondan. c) A coordinación, a supervisión e o control da actividade docente desenvolvida no centro, das prácticas tuteladas externas e/ou prácticum contemplados nos plans de estudos e a Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/1BAF-6851-4600-833D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 1BAF-6851-4600-833D 3 / 21
2 participación nos procedementos que estableza a Universidade para a avaliación da calidade docente. d) A elaboración dun calendario de actividades lectivas para cada curso, que se deberá facer público con anterioridade á apertura da matrícula. e) A promoción de programas de intercambio. f) A promoción e implantación de medidas para a realización de prácticas externas. g) A realización das actividades de xestión académica que lle encomende a Universidade. h) A administración dos espazos, servizos, equipamentos e recursos do centro e o control da súa calidade. i) O coñecemento da actividade investigadora que se desenvolva no centro. j) A realización de actividades de formación permanente ou de extensión universitaria no seu ámbito de competencia. k) A promoción de estudos de posgrao. l) A promoción de actividades de colaboración con outras institucións públicas o privadas de carácter universitario, empresarial, colexios profesionais, para o desenvolvemento de actividades docentes ou complementarias de interese para os estudantes e profesorado. TÍTULO I: DO GOBERNO DA FACULTADE CAPITULO I: DOS ÓRGANOS DE GOBERNO DA FACULTADE DE ENFERMARÍA Artigo 5.- O goberno da Facultade de Enfermaría da USC recaerá en órganos colexiados ou unipersoais. 1. Son órganos colexiados da Facultade de Enfermaría: Xunta de Facultade. Comisión Permanente. 2. Son órganos unipersoais da Facultade de Enfermaría: A decana ou decano. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/1BAF-6851-4600-833D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 1BAF-6851-4600-833D 4 / 21
3 As vicedecanas ou vicedecanos. A secretaria ou secretario. Artigo 6.- As decisións dos órganos colexiados do Centro adoptarán a forma de acordos e as dos órganos unipersoais, a de resolucións. CAPITULO II: DOS ÓRGANOS COLEXIADOS Artigo 7.- A Xunta de Facultade é o órgano colexiado de goberno do centro. aproba as liñas xerais de actuación no ámbito da Facultade e supervisa o labor dos seus órganos de dirección e xestión. 1. A Xunta de Facultade estará composta por: a) A decana ou decano, que a convocará e presidirá. b) As vicedecanas ou vicedecanos. c) A secretaria ou secretario, que o será tamén da Xunta. d) O/a responsable da unidade de xestión do centro. e) O/a director/a da biblioteca do centro ou da correspondente biblioteca intercentros. f) O seguinte persoal docente e investigador e persoal investigador en formación con docencia no centro e censado nel, así como o non censado que teña neste un encargo docente igual ou superior ao 35% da capacidade docente dun profesor a tempo completo: Todo o profesorado con vinculación permanente á Universidade, que representará o 51%. O resto, sempre que non exceda do 10% do total da Xunta. g) Unha representación do estudantado do 32%. h) Unha representación do persoal de administración e servizos censado no centro, nunha proporción do 7% do total da Xunta, cun mínimo de dous. i) Consonte cos Estatutos da USC: Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/1BAF-6851-4600-833D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 1BAF-6851-4600-833D 5 / 21
4 O persoal docente e investigador a tempo parcial non poderá representar máis do 5%. O estudantado de grao non poderá representar menos do 20% e garantirase a representación do estudantado de máster e doutoramento cando proceda. 2. Todos os representantes elixidos serano por dous anos, agás os estudantes, que o serán por un ano. A condición de membro da Xunta perderase ao cesar a vinculación co centro ou ao deixar de cumprir os requisitos demandados ao sector polo que se foi elixido. Cando un representante elixido cause baixa por calquera motivo, será substituído, de ser posible, polo seguinte candidato máis votado no seu sector. O persoal docente e investigador e os estudantes estarán censados neste centro. 3. Poderá participar na Xunta de Facultade como invitado, con voz pero sen voto, con carácter excepcional e puntual, calquera persoa, por debaterse algún asunto no que deba expor o seu parecer. Artigo 8. -Son competencias da Xunta de Facultade: a) A elección do decano/a e, de ser o caso, a súa remoción mediante unha moción de censura construtiva que, en todo caso, deberá ser aprobada pola maioría absoluta dos membros da Xunta de Facultade. b) A elección dos membros non natos das distintas comisións e, no seu caso, a súa revocación. c) A elaboración e a aprobación do seu Regulamento de réxime interno. d) A supervisión da xestión dos restantes órganos de goberno e de administración do centro. e) A elaboración e a aprobación dos proxectos de plans de estudos das titulacións adscritas ao centro, consonte a lexislación vixente e ás normas xerais emanadas do Claustro Universitario. f) A aprobación das liñas xerais da política académica do centro e, entre elas, a proposta e implantación de novas titulacións oficiais, de creación de escolas de especialización profesional dependentes do centro e organización das ensinanzas conducentes a la obtención de outros diplomas e títulos. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/1BAF-6851-4600-833D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 1BAF-6851-4600-833D 6 / 21
5 g) A organización dos servizos docentes para a obtención dos títulos académicos do seu ámbito, así como a coordinación e a supervisión da actividade docente do profesorado con docencia no centro, e igualmente a supervisión do seu cumprimento. h) A programación dos espazos, servizos e equipamentos do centro e a supervisión da súa xestión. i) A distribución das asignacións orzamentarias concedidas ao centro e o control da súa aplicación. j) O informe verbo das propostas de creación, modificación ou supresión de departamentos relacionados co centro pola súa docencia e investigación. k) A organización de actividades de formación permanente e de extensión. l) A manifestación da súa opinión verbo de calquera asunto relacionado co centro ou coas súas actividades. m) Calquera outra competencia que lle atribúan os Estatutos da USC ou lle encomende un órgano competente ou a lexislación vixente. Artigo 9.- Do funcionamento da Xunta de Facultade. 1. A Xunta de Facultade reunirase en sesión ordinaria polo menos tres veces durante o curso académico en período lectivo, e con carácter extraordinario cando así o decidan a Decano/a ou a Comisión Permanente ou a petición de alomenos un terzo dos membros da Xunta. 2. A convocatoria, coa inclusión da orde do día, deberá notificarse por escrito cunha antelación mínima de dous días, consonte o artigo 19.2d) da Lei 40/2015, de Réxime xurídico do sector público. 3. A Xunta de Facultade quedará constituída en primeira convocatoria cando asista a metade máis un dos membros con dereito a voto. De non existir quórum a Xunta constituirase, de non especificarse outra cousa, en segunda convocatoria dez minutos despois da sinalada para a primeira, sempre que estean presentes a terceira parte dos seus membros. Os acordos adoptaranse por asentimento a proposta do decano/a ou mediante votación. Neste último caso, os acordos para ser válidos deberán ser aprobados pola maioría simple dos membros presentes con dereito a voto. As votacións poderán ser públicas e a man alzada, ou secretas Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/1BAF-6851-4600-833D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 1BAF-6851-4600-833D 7 / 21
6 cando así sexa solicitado por un mínimo de tres membros da Xunta. Nas votacións non se admitirá o voto anticipado nin delegado. 4. Non poderá ser obxecto de deliberación ou acordo ningún asunto que non figure incluído na orde do día, agás que estean presentes todos os membros da Xunta de Facultade e sexa declarada a urxencia do asunto polo voto favorable da maioría. 5. A Comisión Permanente, ou un terzo dos membros da propia Xunta, poderán determinar a inclusión de puntos concretos na orde do día das sesións da Xunta de Facultade. 6. Requirirase a maioría absoluta dos membros asistentes con dereito a voto nos seguintes casos: - Aprobación do Regulamento de réxime interno. - Aprobación do programa de estudos. Artigo 10.- A Comisión Permanente é un órgano deliberador e executivo da Xunta de Facultade e ten a súa representación permanente para axilizar a xestión dos asuntos da súa competencia. As decisións que adopte acerca dos mesmos serán vinculantes para a Xunta de Facultade, a menos que se produza unha revogación expresa destas no seu Pleno Artigo 11.- Composición da Comisión Permanente. a) Decano/a b) 1 Vicedecano/a c) A secretario/a d) O/a xestor/a do centro e) 3 PDI con vinculación permanente f) 1 PDI do resto das categorías g) 1 estudante h) 1 PAS Serán membros natos: O/a decano/a que a convocará e a presidirá, o/a vicedecano/a e a secretario/a, (que o será tamén da propia Comisión) e o xestor/a do centro. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/1BAF-6851-4600-833D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 1BAF-6851-4600-833D 8 / 21
7 Os membros da comisión permanente da Xunta de Facultade serán elixidos de entre os seus membros cada vez que se renove a composición da mesma, isto é, cada dous anos, agás a representación de estudantes que se renovará anualmente. Os seus membros elixiranse, salvo consenso do sector, sometendo á votación unha listaxe aberta por cada sector do persoal afecto, resultando elixidos aqueles que acaden un maior número de votos. A renovación ou substitución dos membros das comisións delegadas farase despois das eleccións o/a decano/a. Mentres non haxa elección de decano/a, os membros renovaranse logo dos correspondentes procesos electorais nos diferentes sectores. Artigo 12.- Competencias da Comisión Permanente. a) Velar polo cumprimento dos acordos adoptados na Xunta de Facultade. b) Coñecer e decidir sobre asuntos de trámite. c) Asesorar en todas aquelas cuestións que o/a Decano/a lle solicite no exercicio das súas competencias, e decidir de ser o caso, sobre as que lle delegue expresamente. d) Coñecer e decidir sobre calquera asunto que sexa competencia da Xunta de Facultade e non estea reservado expresamente a esta. e) Resolver as cuestións de carácter administrativo que requiran o acordo da Xunta ou ben o informe da Facultade e que, polo seu número ou pola improrrogabilidade dos prazos, non se poidan someter á consideración da Xunta de Facultade. f) A creación de grupos de traballo, fixando a súa finalidade, compoñentes e funcionamento sempre que a urxencia dalgún tema o aconselle. A Xunta de Facultade deberá ser informada ó respecto disto na primeira sesión ordinaria. g) Aquelas outras que lle delegue o Xunta, ou que lle atribúa o presente Regulamento. h) Desenvolver accións e promover actividades tendentes a favorecer o uso do galego no ámbito da Facultade, ben como a súa difusión e promoción no ámbito científico. i) Desenvolver medidas que garantan a aplicación dos principios de igualdade de xénero. Artigo 13.- Funcionamento da Comisión Permanente. O funcionamento da Comisión Permanente rexerase polo indicado no artigo 9 do presente Regulamento, no que lle corresponda. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/1BAF-6851-4600-833D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 1BAF-6851-4600-833D 9 / 21
14 f) Outros membros que o/a Decano/a considere oportuno propoñer á Xunta de Centro para o bo funcionamento do SGIC con voz pero sen voto. Artigo 30.- Funcións da Comisión de Calidade do Centro. a) Realizar o deseño, a implantación, o seguimento e mellora do SGIC no Centro. b) Elaborar a Memoria de Calidade do Centro que englobará distintos informes e memorias: Proposta do plan de melloras do centro para o curso seguinte que recollerá as propostas de mellora dos Títulos derivadas dos seus informes de seguimento. Informe do seguimento da implantación do SGIC e as súas propostas de mellora. Informes de seguimento dos Títulos. CAPÍTULO VI: DA COMISIÓN DE PRÁCTICAS Artigo 31.- A súa función é a organización e a coordinación da docencia práctica de grao e mestrados. Artigo 32.- Composición da Comisión. a) Decano/a ou persoa en que delegue b) Coordinador/as de Prácticas c) 1 PDI non vinculado d) 1 PDI vinculado e) 5 PACS f) 2 alumnos/as (preferentemente de 3er e 4o curso). g) 1 representante do SERGAS Artigo 33.- Competencias da comisión de prácticas. a) A proposta do número e distribución de prazas de prácticas en cada curso académico, así como os centros e unidades onde se desenvolvan as prácticas tuteladas. b) Revisar e actualizar periodicamente la normativa referente ás prácticas tuteladas e velar polo seu cumprimento. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/1BAF-6851-4600-833D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 1BAF-6851-4600-833D 16 / 21
15 c) Revisar e actualizar as follas de avaliación. d) Atender as incidencias acaecidas durante o desenvolvemento das prácticas, propor e e) executar formas de resolución e canalizalas cando estas non sexan competencia desta comisión. f) Participar na revisión e renovación dos convenios establecidos con institucións socio – sanitarias. g) Valorar as propostas do estudantado para a realización de prácticas en determinados centros/unidades. h) Participar na organización das prácticas co profesorado e profesionais responsables dos centros socio-sanitarios nas que se desenvolvan. i) Calquera outra función que lle encomende a Xunta de Facultade no ámbito das súas competencias. CAPÍTULO VII: DA COMISIÓN DA BIBLIOTECA Artigo 34.- Rexerase en tódolos aspectos polo que determine o Regulamento da Biblioteca da Universidade de Santiago. Artigo 35.- Composición da comisión: a) Decano/a ou persoa en quen delegue, que a presidirá. b) O director da biblioteca, que actuará como secretario. c) 5 membros do PDI, representantes de áreas de coñecemento que participan na docencia do título, proporcionalmente á carga lectiva. d) 2 estudantes. TÍTULO III: DOS COORDINADORES Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/1BAF-6851-4600-833D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 1BAF-6851-4600-833D 17 / 21
16 CAPÍTULO I: DO COORDINADOR DO TÍTULO DE GRAO OU MESTRADO Artigo 36.- O coordinador do título será o responsable de lideralo e organizalo. Deberá ser un profesor/a doutor/a con vinculación permanente á USC, dedicación exclusiva e docencia no título que coordina. En situacións excepcionais, o coordinadores do grao poderá ser profesor non doutor, pero deberá cumprir as demais condicións. Artigo 37.- No caso de cesamento, dimisión ou baixa por calquera circunstancia do/a coordinador/a do título, corresponderalle exercer estas funcións ao docente de maior categoría e mais antigüidade na Universidade que forme parte da comisión do título ata que se proceda ao nomeamento do/a novo/a coordinador/a. Artigo 38.- Competencias do/a coordinador/a do título de grado ou mestrado: a) Actuar en representación do título, dirixilo e coordinalo. b) Dar traslado da proposta de PDA formulada pola comisión do título ao/á decano/a para a súa aprobación inicial pola xunta de centro e posterior aprobación pola vicerreitoría con competencias na materia. c) Difundir entre o profesorado do título calquera información relativa á súa xestión académica. d) Coordinar os procesos de avaliación de calidade do título de acordo co SGIC aplicable e trasladar a información que proceda á comisión de calidade do centro. e) Asumir todas las competencias relativas ás actas que lle outorga a normativa vixente. f) Calquera outra función que lle fora asignada polos órganos competentes. Artigo 39.- A renovación do coordinador/a do grado efectuarase cada catro anos. A duración máxima no posto de coordinador/a será 8 anos consecutivos. CAPÍTULO II: COORDINADOR/A DE TÍTULOS INTERUNIVERSITARIOS Artigo 40.- Os títulos interuniversitarios nos que participe a USC que contemplen a figura dun coordinador xeral ou interuniversitario tamén terán unha persoa coordinadora do título na USC, Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/1BAF-6851-4600-833D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 1BAF-6851-4600-833D 18 / 21
17 que será elixida igual que no caso dos títulos exclusivos da USC e exercerá as mesmas funcións, ademais das propias que estableza o convenio ou que deriven do seu carácter interuniversitario. Artigo 41.- Cando a USC sexa coordinadora do título interuniversitario, as funcións de ambos os cargos (coordinador/a xeral do título e coordinador/a local da USC), de existiren, deberán estar ben definidas e diferenciadas no convenio interuniversitario e no Regulamento de Réxime Interno. As funcións serán as xa definidas, ademais das propias que estableza o convenio ou que deriven do seu carácter interuniversitario. TÍTULO IV: DA REFORMA DO REGULAMENTO Artigo 42.- A reforma do Regulamento de réxime interno da Facultade iníciase por decisión da decana ou decano, adoptada por iniciativa propia ou a proposta do 25% dos membros da Xunta de Facultade. Artigo 43.-As propostas de reforma de regulamento, debidamente articuladas e motivadas, poñeranse ao dispor dos membros da Xunta de Facultade coa convocatoria da sesión na que vaian ser debatidas. Darase un prazo mínimo de cinco días hábiles para a presentación de emendas antes da celebración da sesión da Xunta de Facultade. Artigo 44.- Para que a reforma sexa adoptada, será preciso que reciba o voto favorable da maioría simple dos membros da Xunta de Facultade. Unha vez aprobada, elevarase ao Consello de Goberno para a súa ratificación. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/1BAF-6851-4600-833D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 1BAF-6851-4600-833D 19 / 21
18 DISPOSICIÓNS ADICIONAIS Disposición adicional primeira O presente Regulamento debe ser integrado e interpretado no marco do disposto nos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, e das normas legais e regulamentarias sobre ensino universitario. Disposición adicional segunda Para o que non estea previsto no presente Regulamento aplicarase o establecido nos Estatutos e demais normativa propia da Universidade de Santiago de Compostela, así como na Lei 39/2015 de 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das Administracións Públicas e a Lei 40/2015, de 1 de outubro de Réxime Xurídico do Sector Público. Disposición adicional terceira Contémplase a posibilidade de celebrar as reunións polos seguintes medios non presenciais: a) A través de videoconferencia en tempo real, dende outro centro da USC. b) A través do correo electrónico establecendo unha data e hora límite para a súa celebración. Estes medios non poderán ser utilizados no caso de que se requira votación secreta. DISPOSICIÓN FINAL O presente Regulamento entrará en vigor ao día seguinte da súa ratificación polo Consello de Goberno da USC. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/1BAF-6851-4600-833D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 1BAF-6851-4600-833D 20 / 21
Sinaturas dixitais / Firmas digitales / Digital signatures Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO LOPEZ DIAZ, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25/06/2019 11:17:23. Asinante/Firmante/Signer: DULCE MARIA GARCIA MELLA, SECRETARIA XERAL, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24/06/2019 18:20:08. CSV: 1BAF-6851-4600-833D Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/1BAF-6851-4600-833D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 1BAF-6851-4600-833D 21 / 21