Resolución reitoral do 7 de marzo de 2018 relativa a vacacións, permisos e licenzas do persoal docente e investigador da Universidade de Santiago de Compostela
Full text
RESOLUCIÓN REITORAL DO 7 DE MARZO DE 2018 RELATIVA A VACACIÓNS, PERMISOS E LICENZAS DO PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA O Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da lei do Estatuto básico do empregado público, incorporou modificacións no capítulo relativo á xornada de traballo, permisos e vacacións dos funcionarios públicos e persoal laboral, que, non obstante, estará ao establecido ademais na lexislación laboral correspondente. A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, regulou no capítulo IV o réxime de vacacións, permisos e licenzas. Pola súa parte o Real Decreto 898/1985, sobre o réxime do profesorado universitario, contempla especificamente as licenzas do PDI a efectos e docencia e investigación, e no ámbito da use, o II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador laboral das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo regula esta materia no seu título 11. Tendo en canta a obriga de adaptar a normativa interna que sobre este tema se aprobara no 2008 e que se veu actualizando nos últimos anos a través de resolucións reitorais puntuais para o persoal docente e investigador da USC funcionario e laboral, nesta resolución compílase, para o persoal docente e investigador (PDI) da use, a regulación contida en distintas disposicións respecto de vacacións, permisos e licenzas e establécese o procedemento de tramitación para o seu gozo, incluíndo tamén licenzas e permisos propios da institución universitaria, así como a participación de profesorado nas comisións encargadas da selección de profesorado neutras universidades, en Tribunais de Teses e a participación do PDI da Universidade de Santiago en equipos encargados da acreditación de titulacións e profesores, programas de avaliación, e outras cuestións relacionadas coa actividade das axencias oficiais de calidade e acreditación na educación superior. Así mesmo, esta resolución actualiza e aclara as delegacións de competencias desta reitoría noutros órganos. É por isto que, lago da correspondente negociación cos órganos de representación do PDI, e tendo en conta o acordo asinado o día 7 de marzo, relativo a vacacións, permisos e licenzas do persoal docente e investigador da Universidade de Santiago de Compostela, Esta reitoría resolve: PRIMEIRO. CONSIDERACIÓNS XERAIS DE APLICACIÓN 1.1. O disposto nesta normativa será de aplicación a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Santiago de Compostela, ben pertenza aos carpos de funcionarios/as docentes universitarios ou ás categorías de PDI Pá><lna 1 de 15