scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Resolución Reitoral do 30-06-2021, sobre delegación das competencias do Servizo de Xestión Académica da USC

Reitor

Full text

RESOLUCION REITORAL SOBRE DELEGACION DAS COMPETENCIAS DO SERVIZO DE XESTIÓN ACADÉMICA DA USC Na Resolución do 30 de abril de 2020 sobre delegación de competencias en determinados órganos universitarios publicada no DOG do 11 de maio de 2020 figura no seu apartado VI unha delegación en favor do/da xefe/a do Servizo de Xestión Académica. Tendo en conta que con efectos do 29 de xuño de 2021 a praza de xefe de servizo quedou vacante e que as súas funcións serán asumidas de forma provisoria por D. Francisco Colomer Fariña, vicesecretario xeral da USC mediante Resolución da Xerencia do 30 de xuño de 2021, procede que se dicte a presente Resolución para que as funcións delegadas ao xefe de servizo de Xestión Académica sexan exercidas polo Vicesecretario Xeral en tanto se manteñan estas circunstancias. Á vista do anterior, esta Reitoría RESOLVE Primeiro.- As competencias delegadas ao Xefe de Servizo de Xestión Académica mediante a Resolución Reitoral de 30 de abril de 2020 serán asumidas dende o 30 de xuño de 2021 polo vicesecretario xeral da USC durante o tempo no que se manteña a asunción temporal de funcións deste posto. Segundo.- Nas resolucións que se diten en virtude desta resolución de delegación farase constar unha referencia tanto á presente resolución como á Resolución xeral de delegación e consideraranse ditadas polo órgano delegante. Disposición final.- Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación no Taboleiro de anuncios electrónico da USC. O Reitor Antonio López Díaz Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/E428-6196-47EF-83D3 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: E428-6196-47EF-83D3 1 / 2 Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO LOPEZ DIAZ, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 30/06/2021 19:01:00. CSV: E428-6196-47EF-83D3 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/E428-6196-47EF-83D3 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: E428-6196-47EF-83D3 2 / 2