Acordo do Consello de Goberno do 28-05-2019 polo que se aproba o Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribución de cargos e responsables académicos na USC
Abstract
Publicado no Taboleiro Electrónico o 20 de xuño de 2019
Full text
DULCE Mª GARCÍA MELLA, SECRETARIA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, CERTIFICA, antes da aprobación da acta correspondente, que o Consello de Goberno, na sesión ordinaria celebrada o 28 de maio de 2019 aprobou o Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribución de cargos e responsables académicos na USC, nos termos da documentación adxunta. E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e prace O reitor Antonio López Díaz Documento asinado dix italmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/85AA-57D5-4B12-8303 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 85AA-57D5-4B12-8303 1 / 13
1 REGULAMENTO POLO QUE SE ESTABLECE O RÉXIME DE REDUCIÓN DOCENTE E DE RETRIBUCIÓN DE CARGOS E RESPONSABLES ACADÉMICOS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA O Real Decreto 1086/1989, sobre retribucións do profesorado universitario regula, en relación co complemento específico do profesorado universitario, unha compoñente retributiva singular polo desempeño de cargos académicos, establecendo un elenco de cargos así como a posibilidade de que as universidades regulen outros, equiparándoos para efectos retributivos a algún dos anteriores. Así mesmo, tras a aprobación do Real Decreto 1312/2007, do 5 de outubro, polo que se establece a acreditación nacional para o acceso aos corpos docentes universitarios e a instauración de complementos autonómicos, as universidades aprobaron diferentes catálogos de cargos de xestión que, para efectos da acreditación, se asimilan a cargos académicos unipersoais. Na Universidade de Santiago de Compostela, o 31 de xaneiro de 2017 o Consello de Goberno adoptou un acordo de reorganización e revisión da redución docente e do complemento económico dos cargos académicos na USC, o que supuxo un primeiro paso cara á clarificación do seu tratamento. Aínda así, en virtude do principio de transparencia que debe operar en todas as institucións públicas, enténdese procedente dotar á USC dunha regulación xeral nesta materia que permita diferenciar os cargos académicos como tal, aos que resulta de aplicación o artigo 71 dos estatutos, daqueloutras designacións que, podendo ter un recoñecemento económico e/ou redución docente, non teñen aquel alcance. Por todo o anterior, o Consello de Goberno na súa sesión do 28 de maio de 2019 aprobou o seguinte REGULAMENTO POLO QUE SE ESTABLECE O RÉXIME DE REDUCIÓN DOCENTE E DE RETRIBUCIÓN DE CARGOS E RESPONSABLES ACADÉMICOS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Artigo 1. Obxecto Esta norma ten por obxecto a regulación do réxime de redución docente e retributivo dos cargos e responsables académicos da Universidade de Santiago de Compostela. Artigo 2. Cargos académicos Son cargos académicos os establecidos como tal na normativa xeral de aplicación, os que se determinen nos Estatutos da USC e aqueloutros nos que se declare a súa equiparación polo Consello de Goberno, sempre que cumpran os seguintes requisitos: Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/85AA-57D5-4B12-8303 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 85AA-57D5-4B12-8303 2 / 13
2 - Ter conferida inequivocamente, polo seu carácter unipersoal e non pola pertenza a un órgano colexiado, unha potestade de carácter directivo na organización ou na xestión da USC. - Ter un nomeamento realizado por resolución reitoral - Levar aparellada unha retribución económica e/ou o recoñecemento dunha redución do encargo docente na planificación académica da USC. Artigo 3. Requisitos para o exercicio de cargos académicos 3.1. De conformidade co artigo 71 dos Estatutos da USC, para desempeñar cargos académicos é necesario a) que o profesorado estea acollido ao réxime de dedicación a tempo completo b) que o estudantado estea matriculado na modalidade de matrícula ordinaria c) que o persoal de administración e servizos teña como único emprego o que desenvolva na Universidade de Santiago de Compostela 3.2. En ningún caso se poderá exercer a titularidade de máis dun cargo nin a de calquera deles simultaneamente coa de órganos unipersoais de goberno doutra universidade ou do Consello Superior de Investigacións Científicas e dos seus centros respectivos, ou coa de representante sindical. Artigo 4. Clasificación dos cargos académicos 4.1. Conforme ao establecido no Real Decreto 1086/1989, son cargos académicos unipersoais xerais os seguintes: - Reitor/a - Vicerreitor/a e Secretario/a Xeral - Decano/a e Director/a de Escola Técnica Superior - Director/a de Departamento e de Instituto Universitario - Vicedecano/a, Subdirector/a e Secretario/a de Facultade e de Escola Técnica Superior - Secretario/a de Departamento 4.2. Tamén teñen a consideración de cargos académicos unipersoais os previstos como tal nos estatutos da USC e os que acorde o Consello de Goberno conforme ao establecido neste regulamento. Artigo 5. Nomeamento e cese de cargos académicos 5.1. As propostas de nomeamento de cargos académicos dirixiranse á Secretaría Xeral da USC, que valorará a súa procedencia e daralle o curso que corresponda. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/85AA-57D5-4B12-8303 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 85AA-57D5-4B12-8303 3 / 13
3 5.2. O nomeamento dos cargos, agás o propio, será realizado polo reitor da USC, mediante resolución reitoral que será publicada no Taboleiro Electrónico Oficial da USC. 5.3. As propostas de perda da condición de cargo e de cese deberán remitirse á Secretaría Xeral da USC, que tramitará a resolución reitoral de cese, cos mesmos requisitos de publicidade que os nomeamentos. Con carácter xeral, cando se produza o cese da persoa titular do cargo esta continuará en funcións ata o nomeamento da persoa que a substitúa, debendo atender exclusivamente os asuntos de mero trámite. 5.4. A Secretaría Xeral levará un seguimento de cada un dos mandatos. Se fora necesario, proporá ou ordenará a convocatoria de eleccións naqueles ámbitos onde se excedera a duración do mandato. Artigo 6. Efectos do nomeamento de cargos académicos 6.1. Os efectos do nomeamento como cargo académico poderán ser: a) Retributivos, coa percepción da compoñente singular do complemento específico por desempeño de cargo académico b) De redución do encargo docente, conforme ao establecido neste regulamento O desempeño do cargo poderá dar lugar aos dous efectos sinalados ou unicamente a un deles, segundo quede configurado. 6.2. Quen desempeñe un cargo académico terá dereito a percibir unha compensación polos gastos en que incorra no exercicio do cargo. Artigo 7. Creación de novos cargos académicos polo Consello de Goberno 7.1. O Consello de Goberno, de xeito motivado, poderá establecer outros cargos académicos en función das necesidades de goberno, administración ou xestión da USC. 7.2. O acordo indicará o obxecto da creación, os efectos que se derivan da mesma de conformidade co artigo anterior e a súa asimilación, indicando o tipo de complemento retributivo e/ou de redución docente. Tamén indicará se o cargo ten carácter permanente ou temporal. 7.3. A revogación do cargo polo Consello de Goberno implicará o cese da persoa que o desempeñe. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/85AA-57D5-4B12-8303 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 85AA-57D5-4B12-8303 4 / 13
4 Artigo 8. Complemento retributivo 8.1. De acordo co previsto na regulación xeral, existirán os seguintes complementos retributivos polo desempeño de cargo: CARGO ACADÉMICO CÓDIGO COMPLEMENTO Reitor C1 Vicerreitor/a e Secretario/a Xeral C2 Decano/a e Director/a EscolaTécnica Superior C3 Director/a de Departamento e de Instituto Universitario C4 Vicedecano/a, Subdirector/a e Secretario/a de Facultade e de Escola Técnica Superior C5 Secretario/a de Departamento C6 8.2. O importe deste complementos será o que se determine anualmente na normativa orzamentaria. Artigo 9. Redución docente Establécense os seguintes tipos de redución docente: REDUCIÓN DOCENTE (horas/curso) CÓDIGO REDUCIÓN DOCENTE 240 R1 150 R2 90 R3 60 R4 40 R5 30 R6 20 R7 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/85AA-57D5-4B12-8303 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 85AA-57D5-4B12-8303 5 / 13
5 Artigo 10. Responsables académicos 10.1. Por resolución reitoral poderán designarse responsables académicos, sen a consideración de cargo académico, nos seguintes supostos: Director/a ou subdirector/a en centros propios da USC de estudo e investigación, agás os centros singulares e equiparables. Subdirector/a de centros do Sistema Universitario de Residencias (SUR). Director/a e subdirector/a de Cátedras Institucionais. Representante da USC en empresas, institucións, fundacións, comisións e outros. Dirección, presidencia ou coordinación de grupos de traballo ou comisións que se formen na USC 10.2. As persoas designadas terán dereito á compensación polos gastos nos que incorran por razón da súa actuación, logo da aceptación dos mesmos polo órgano do que dependan. No caso de que teñan algún efecto adicional, de redución docente ou retributivo, este deberá figurar na resolución de nomeamento. 10.3. Con carácter ordinario as persoas designadas como responsables académicos deberán ter como única dedicación a da Universidade. 10.4. Darase conta ao Consello de Goberno das designacións que impliquen custo para a USC. Artigo 11. Cargos e responsables académicos existentes na actualidade 11.1. No anexo I figuran os cargos académicos vixentes no momento da aprobación deste regulamento, cos seus correspondentes efectos. 11.2. Para a creación de novos cargos seguirase o procedemento establecido no artigo 5. 11.3. Terán a consideración de responsables académicos os que no momento da aprobación deste regulamento figuran no anexo II, cos efectos que nel se indican, e aqueles que foran designados ao abeiro do establecido no artigo 10.1 deste regulamento. Artigo 12. Rexistro de cargos e designacións A Secretaría Xeral levará un rexistro actualizado de cargos académicos. Tamén manterá actualizada a relación das designacións efectuadas por resolución reitoral. DISPOSICIÓN TRANSITORIA PRIMEIRA A adecuación ao novo réxime dos cargos e responsables académicos actuais producirase con efectos do día 1 de setembro de 2019. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/85AA-57D5-4B12-8303 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 85AA-57D5-4B12-8303 6 / 13
6 DISPOSICIÓN TRANSITORIA SEGUNDA Os cargos de director/a do Centro Internacional de Estudos de Doutoramento e Avanzados da USC (CIEDUS) e das Escolas de Doutoramento actuais continuarán co réxime anterior ata que se produza o nomeamento dos cargos académicos derivados da nova estrutura. DISPOSICIÓN DERROGATORIA Este regulamento derroga o acordo do Consello de Goberno do 31 de xaneiro de 2017, de reorganización e revisión da redución docente e do complemento económico dos cargos académicos na USC. DISPOSICIÓN FINAL Este regulamento entrará en vigor na data da súa publicación no Taboleiro Electrónico Oficial da USC. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/85AA-57D5-4B12-8303 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 85AA-57D5-4B12-8303 7 / 13
7 ANEXO I CARGOS ACADÉMICOS CARGO REDUCIÓN DOCENTE CÓDIGO COMPLEMENTO OBSERVACIÓNS CÓDIGO HORAS/CURSO Reitor/a R1 240 C1 Vicerreitor/a R1 240 C2 Secretario/a Xeral R1 240 C2 Decano/a /Director/a de Centro R2 150 C3 Director/a de Escola de Doutoramento R2 150 C3 Director/a de Departamento R3 90 C4 Director/a de Instituto de investigación R3 90 C4 Vicedecano/a Subdirector/a de Centro R3 90 C5 Subdirector/a Escola de Doutoramento R3 90 C5 Un por cada sección Secretario/a de Centro R3 90 C5 Secretario/a de Escola de Doutoramento R3 90 C5 Secretario/a de Departamento R3 90 C6 Secretario/a de Instituto de investigación R3 90 C6 Valedor/a da Comunidade Universitaria R1 240 C2 Delegado/a do Reitor para o Ensino Medio e representante na CIUG R1 240 C2 Adxunto a Vicerreitor/a R2 150 C3 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/85AA-57D5-4B12-8303 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 85AA-57D5-4B12-8303 8 / 13
8 CARGO REDUCIÓN DOCENTE CÓDIGO COMPLEMENTO OBSERVACIÓNS CÓDIGO HORAS/CURSO Delegado de Protección de Datos (DPD) R2 150 C3 Director/a de Centro Singular R2 150 C3 Comisionado/a para o Campus da Cidadanía R2 150 C3 Director/a da Escola de Práctica Xurídica R3 90 C3 Director/a do Centro de Estudos Propios R3 90 C3 Director/a do Hospital Clínico Veterinario "Rof Codina" R3 90 C3 Acordo coa Fundación Rof-Codina Director/a do Museo de Historia Natural R3 90 C4 Director/a do Xardín Botánico R3 90 C4 Director/a do Observatorio Astronómico "Ramón Maria Aller" R3 90 C4 Director/a de Estación Científica R3 90 C4 Director/a do Centro de Estudos e Documentación Europeos R3 90 C4 Coordinador/a da Oficina de Igualdade R3 90 C4 Coordinador/a do Plan de Desenvolvemento Sostible R3 90 C4 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/85AA-57D5-4B12-8303 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 85AA-57D5-4B12-8303 9 / 13