scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Acordo do Consello de Goberno do 30-03-2023, que aprobou o Regulamento de Estudos Propios da USC

USC. Acordo Consello de Goberno

Full text

DULCE Mª GARCÍA MELLA, SECRETARIA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, CERTIFICA, antes da aprobación da acta correspondente, que o Consello de Goberno na sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de marzo de 2023 aprobou o Regulamento de Estudos Propios da Universidade de Santiago de Compostela, nos termos do documento adxunto. E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e prace O reitor Antonio López Díaz Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2232-954F-4CB7-9E14 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2232-954F-4CB7-9E14 1 / 25 REGULAMENTO DE ESTUDOS PROPIOS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Aprobado polo Consello de Goberno o 30 de marzo de 2023 Exposición de motivos A Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades, sinala no seu artigo 34.1 que as universidades impartirán as ensinanzas conducentes á obtención de títulos oficiais con validez en todo o territorio nacional e poderán impartir ensinanzas conducentes á obtención doutros títulos. A tal efecto, aprobouse o Regulamento de estudos propios e formación permanente da Universidade de Santiago de Compostela (USC), por Consello de Goberno de 25 de febreiro de 2021. O Real Decreto 822/2021, de 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade (Boletín Oficial del Estado do 29 de setembro de 2021) veu a ordenar, modificar e actualizar determinados aspectos básicos da ordenación dos estudos propios e do seu sistema de calidade. Dentro do seu capítulo VIII, dedicado ás ensinanzas propias das universidades, o Real Decreto adica o seu artigo 37 á regulación da formación permanente. Nel encomenda ás universidades a tarefa de regular a formación permanente a través dunha normativa específica que estableza, como mínimo, as condicións de impartición, as prazas dispoñibles, o plan de estudos, a participación do profesorado, tanto propio como externo, e os prezos destes títulos propios, que serán aprobados polo Consello Social. O referido artigo 37 diferencia as modalidades de estudos propios segundo estes requiran ou non de titulación universitaria previa. En consonancia co anterior, o presente Regulamento ten por obxecto harmonizar os criterios establecidos no Real Decreto cos criterios reguladores dos diferentes tipos de estudos propios que imparte a USC. Deste xeito, os estudos propios dividiranse en tres grupos: O primeiro grupo ten por obxectivo ampliar os coñecementos e as competencias, así como a especialización e a actualización formativa das persoas con título universitario. Forman parte deste grupo o título de Máster de Formación Permanente (cunha carga de 60, 90 ou 120 créditos ECTS), o Diploma de Especialización (entre 30 e 59 créditos) e o Diploma de Experto/a (entre 15 e 29 créditos). O segundo grupo comprende os estudos propios cunha carga crediticia igual ou superior a 15 créditos ECTS, que non requiren titulación universitaria de acceso e que teñen por finalidade ampliar e actualizar coñecementos, competencias e habilidades formativas ou profesionais que contribúan a unha mellor inserción laboral dos cidadáns e das cidadás. O terceiro grupo comprende as actividades formativas de menos de 15 créditos ECTS, organizadas baixo a forma de microcredenciais ou micromódulos, que permitan certificar resultados de aprendizaxe ligados a actividades formativas de corta duración, con independencia de que as persoas destinatarias posúan ou non unha titulación universitaria previa. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2232-954F-4CB7-9E14 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2232-954F-4CB7-9E14 2 / 25 A USC centraliza no Centro de Estudos Propios (en adiante CEP) a xestión da oferta unificada das ensinanzas propias, aberta ao tecido social e produtivo, co obxectivo de fortalecer a formación das persoas interesadas ao longo da vida, actualizando e ampliando os seus coñecementos, capacidades e habilidades nos diversos campos do saber. O rigor académico, científico e a calidade dos estudos propios que oferta a USC garántese a través do seu Sistema Interno de Garantía de Calidade. Nomeadamente, os Másteres de Formación Permanente contarán cun informe favorable, preceptivo e vinculante con carácter previo á súa aprobación polo Consello de Goberno, que posibilitará a súa inclusión no Rexistro Universitario de Centros e Títulos (en diante, RUCT). CAPÍTULO I Disposicións xerais Sección 1ª. Réxime xeral dos estudos propios da USC Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación 1. Este Regulamento ten por obxecto regular o deseño, funcionamento e organización dos estudos propios da USC: Másteres de Formación Permanente, Cursos de Especialización, Cursos de Experto/a, Cursos de Formación Continua e Cursos de Formación Específica. 2. Quedan excluídos do ámbito deste Regulamento: a) As ensinanzas universitarias oficiais de grao, máster e doutoramento, así como os contratos con empresas para traballos de investigación e desenvolvemento experimental. b) Os cursos do programa IV Ciclo universitario, que contan con regulación específica na USC, os cursos de verán, os de ensinanza de linguas ofertados polo Centro de Linguas Modernas e os cursos do Centro de Formación de Persoal. c) As actividades de posta en común de resultados de investigación en eventos de duración non superior a unha semana, calquera que sexa a súa denominación. d) A actividade investigadora plasmada en congresos, coloquios, simposios, xornadas e outros eventos similares. e) Calquera outra actividade que non se axuste ao establecido neste artigo. 3. A denominación dos títulos propios da USC non poderá inducir a equívoco coa de títulos doutras universidades nin coa de ciclos superiores non universitarios. 4.- Os estudos propios poderanse recoñecer academicamente nas ensinanzas de grao e posgrao oficiais da USC de acordo co disposto na súa normativa específica. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2232-954F-4CB7-9E14 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2232-954F-4CB7-9E14 3 / 25 Artigo 2. Competencias 1. Corresponde ao CEP da USC a oferta, tramitación, avaliación de calidade e seguimento dos estudos obxecto deste Regulamento. Nestas funcións, o CEP estará asistido por unha Comisión con competencias en materia de Estudos Propios (en adiante, a Comisión do CEP). O funcionamento do CEP e da súa Comisión quedarán suxeitos ao seu propio regulamento de réxime interno. 2. A xestión académica do alumnado dos títulos propios correspóndelle ao Servizo de Xestión Académica da USC. Artigo 3. Modalidades de formación As ensinanzas de formación permanente suxeitas a este Regulamento poderán desenvolverse en modalidade docente presencial, híbrida ou virtual. Artigo 4. Modalidades de estudos propios 1. Os estudos propios poderán requirir ou non de titulación universitaria previa. 2. Os estudos propios que requiran titulación universitaria previa teñen por obxectivo a ampliación de coñecementos e competencias, a especialización e a actualización formativa de titulados e tituladas universitarias. Atendendo á súa carga lectiva, poderán organizarse en tres modalidades: a) Máster de Formación Permanente, de 60, 90 ou 120 créditos ECTS. b) Diploma de Especialización, entre 30 e 59 créditos ECTS. c) Diploma de Experto/a, entre 15 e 29 créditos ECTS. 3. Os estudos propios que non requiran titulación universitaria cunha carga lectiva igual ou superior a 15 créditos ECTS denominaranse Cursos de Formación Continua. 4. Os estudos propios cunha carga lectiva inferior a 15 créditos ECTS, requiran ou non titulación universitaria previa e organizados a través de microcredenciais ou micromódulos, denominaranse Cursos de Formación Específica. Artigo 5. Créditos ECTS A oferta de títulos propios estará expresada en créditos ECTS conforme ao sistema establecido no Real Decreto 1125/2003, de 5 de setembro. Para os efectos de deseño da oferta académica, a USC establecerá os criterios para determinar as horas de docencia, de traballo do alumnado e de prácticas tuteladas que conforman este tipo de créditos nos estudos propios. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2232-954F-4CB7-9E14 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2232-954F-4CB7-9E14 4 / 25 Artigo 6. Organización dos cursos 1. Os Másteres de Formación Permanente, o Diploma de Especialización e o Diploma de Experto/a poderán organizarse cunha estrutura única ou cunha modular. Poderá ofertarse como curso independente unha materia ou unha agrupación de materias dun Máster ou Diploma. 2. Os Cursos de Formación Continua e de Formación Específica poderán ser organizados a demanda, de acordo coas regras establecidas no artigo 12 deste Regulamento. 3. Os estudos propios poderán organizarse de forma conxunta con outras universidades ou entidades, a través dun convenio no que se recollerán as súas peculiaridades organizativas e de xestión. Sección 2ª. Réxime específico dos estudos propios da USC Artigo 7. Másteres de Formación Permanente 1. Os Másteres de Formación Permanente contarán cunha carga lectiva de 60, 90 ou 120 créditos ECTS. Terán unha duración máxima de dous cursos académicos. 2. Os Másteres de Formación Permanente esixirán os mesmos requisitos de acceso que os Másteres oficiais. Poderá ser admitido o alumnado ao que lle reste por superar o TFG e, como máximo, 9 créditos ECTS correspondentes á titulación de acceso requirida. Neste caso, non poderá obter o título de Máster en Formación Permanente quen previamente non obtivera o título de Grao. 3. Como mínimo e acumulativamente, o 25% da docencia do Máster será impartida por persoas que posúan o título de doutor ou doutora, o 25% dos docentes pertencerá á USC e o 25% dos créditos serán impartidos por docentes da USC. No caso de non poder acadar os requisitos do parágrafo anterior, resolverá a Comisión do CEP previo informe da dirección do Máster, que se incluirá xunto coa proposta deste. No informe indicaranse as razóns extraordinarias que concorren e determinan esa imposibilidade. 4. A superación do programa de estudos dará dereito á expedición do título de “Máster de Formación Permanente en ...”. Este título expedirase unicamente para aquel alumnado que superara a titulación de acceso antes de rematar o curso académico no que finaliza. Artigo 8. Diploma de Especialización 1. O Diploma de Especialización deberá ter un mínimo de 30 e un máximo de 59 créditos ECTS. Terá unha duración máxima dun curso académico. 2. Os requisitos de acceso serán os mesmos que para os másteres oficiais. Poderá ser Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2232-954F-4CB7-9E14 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2232-954F-4CB7-9E14 5 / 25 admitido nun Diploma de Especialización o alumnado ao que lle reste por superar o TFG e, como máximo, 9 créditos ECTS correspondentes á titulación de acceso requirida. Neste caso, non poderá obter o Diploma de Especialización quen previamente non obtivera o título de Grao. 3. Como mínimo, e acumulativamente, o 25% da docencia do Diploma de Especialización será impartida por docentes que posúan o título de doutor ou doutora, o 25% dos docentes pertencerá á USC e o 25% dos créditos serán impartidos por docentes da USC. No caso de non poder acadar os requisitos do parágrafo anterior, resolverá a Comisión do CEP, previo informe da dirección do Curso, que se incluirá xunto coa proposta deste. No informe indicaranse as razóns extraordinarias que concorren e determinan esa imposibilidade. 4. A superación do Diploma dará dereito á expedición do “Diploma de Especialización en...” unicamente para o alumnado que superara a titulación de acceso antes de rematar o curso académico no que finaliza. Artigo 9. Diploma de Experto/a 1. O Diploma de Experto/a deberá ter unha carga mínima de 15 e máxima de 29 créditos ECTS. Terá unha duración máxima dun curso académico. 2. Os requisitos de acceso serán os mesmos que para os másteres oficiais. Poderá ser admitido nun Diploma de Experto/a o alumnado ao que lle reste por superar o TFG e, como máximo, 9 créditos ECTS correspondentes á titulación de acceso requirida. Neste caso, non poderá obter o Diploma de Experto/a quen previamente non obtivera o título de Grao. 3. A superación do Diploma dará dereito á expedición do “Diploma de Experto/a en...”, unicamente para aquel alumnado que superara a titulación de acceso antes de rematar o curso académico no que finaliza. Artigo 10. Cursos de Formación Continua que non requiren titulación previa 1. Os Cursos de Formación Continua teñen por finalidade a ampliación e actualización dos coñecementos, competencias e habilidades formativas ou profesionais das persoas sen titulación universitaria, que contribúan á súa mellor inserción laboral. Contarán cunha carga de 15 créditos ECTS ou superior. 2. A dirección dos Cursos de Formación Continua deberá recaer en persoal docente e investigador da USC, agás que a natureza da formación ofrecida aconselle que se trate doutro persoal desta. 3. A dirección do curso poderá establecer, na correspondente proposta, os criterios de avaliación do alumnado que se consideren pertinentes. A superación do curso dará dereito á expedición dun certificado en formato electrónico acreditativo da formación recibida, previo aboamento da taxa que se estableza, no que constarán a denominación do curso, o número de créditos e as materias cursadas. O Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2232-954F-4CB7-9E14 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2232-954F-4CB7-9E14 6 / 25 modelo de certificación será establecido pola Secretaría Xeral. Artigo 11. Cursos de Formación Específica 1. Os Cursos de Formación Específica, en forma de microcredenciais ou micromódulos, certificarán os resultados de aprendizaxe ligados a actividades formativas cunha carga de menos de 15 créditos ECTS. 2. Por proposta da dirección, o acceso aos Cursos de Formación Específica poderá requirir ou non de titulación universitaria previa. 3. A dirección dos Cursos de Formación Específica deberá recaer en persoal docente e investigador da USC, agás cando a natureza da formación ofrecida aconselle que se trate doutro persoal desta. 4. A dirección do curso poderá establecer, na correspondente proposta, os criterios de avaliación do alumnado que se consideren pertinentes. A superación do curso dará dereito á expedición dun certificado en formato electrónico acreditativo da formación recibida, previo aboamento da taxa que se estableza, no que constarán a denominación do curso, o número de créditos e as materias cursadas. O modelo de certificación será establecido pola Secretaría Xeral. Artigo 12. Organización a demanda dos Cursos de Formación Continua e de Formación Específica 1. Os Cursos de Formación Continua e os de Formación Específica poderán organizarse a iniciativa directa de docentes, servizos, centros, departamentos ou grupos de investigación da USC, ou a demanda de entidades externas. 2. A dirección destes cursos deberá recaer en persoal docente e investigador da USC, agás cando a natureza da formación ofrecida aconselle que se trate doutro persoal desta. Se houbera dúas persoas a cargo da dirección dun mesmo curso, polo menos unha delas debe pertencer á USC. 3. O alumnado, seleccionado directamente pola dirección do curso ou por indicación da entidade solicitante da formación, deberá formalizar matrícula segundo o procedemento ordinario. A matrícula poderá estar aberta ou non a terceiras persoas interesadas e seguirá as regras específicas fixadas no art. 24.4 deste Regulamento. 4. As propostas de formación a demanda virán acompañadas dun orzamento de ingresos e gastos, e será aplicable o previsto no artigo 23 deste Regulamento, agás que a actividade conte cun financiamento externo debidamente acreditado e conforme ao establecido neste Regulamento, que asuma os gastos e non implique apertura dunha partida orzamentaria para o curso. Os gastos xerados polos cursos promovidos por un servizo, centro, departamento ou grupo de investigación da USC poderán estar cubertos, na súa totalidade, a través de ingresos derivados de contratos ou convenios asinados con terceiros. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2232-954F-4CB7-9E14 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2232-954F-4CB7-9E14 7 / 25 CAPÍTULO II Organización dos cursos e profesorado Artigo 13. Órganos de xestión académica dos cursos 1. Para a súa posta en marcha e desenvolvemento, os másteres, diplomas e cursos suxeitos a este Regulamento deberán contar cunha persoa encargada da dirección, que será a máxima responsable do curso. Os Másteres de Formación Permanente, os Diplomas de Especialización e os de Experto/a deberán contar, ademais, cunha comisión académica, nos termos indicados no artigo 15 deste Regulamento. 2. Opcionalmente, os estudos propios da USC poderán contar con: a) Unha persoa codirectora, que apoie á dirección na posta en marcha e no desenvolvemento do curso. b) Unha persoa coordinadora das prácticas, cando o curso contemple o seu desenvolvemento. De non existir esta designación, dita función será asumida pola dirección do curso. c) Unha persoa coordinadora académica, cando nas actividades propias do curso participen outras universidades ou entidades externas á USC e sexa necesario un traballo específico de coordinación. 3. No caso dos cursos propios de carácter conxunto, os requisitos establecidos neste regulamento para os órganos de xestión académica poderán adaptarse a través do convenio que se subscriba para o efecto. Artigo 14. Dirección e codirección dos cursos 1. A persoa que asuma a dirección do curso deberá pertencer á USC. No caso dos Másteres de Formación Permanente, ademais, deberá: a) Ter a condición de PDI con vinculación permanente ou temporal, sempre que o contrato estea vixente ata o remate do prazo para a presentación da memoria final do curso. b) Posuír o título de doutor ou doutora. 2. Son funcións da dirección do curso: a) Tramitar a solicitude ou renovación do curso, supervisar e controlar o seu desenvolvemento, así como solicitar aos órganos competentes a autorización para calquera modificación sobre a proposta de curso xa aprobada. b) Responder da solvencia académica e profesional do profesorado proposto para impartir docencia no curso. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2232-954F-4CB7-9E14 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2232-954F-4CB7-9E14 8 / 25 c) Solicitar o pagamento do persoal con cargo ao curso que dirixe, en consonancia coa proposta aprobada. d) Presentar a memoria académica e económica unha vez rematado o curso. e) Asinar as actas globais do curso, agás nos Másteres de Formación Permanente, nos que cada docente debe asinar a acta da súa materia, sen prexuízo do disposto neste Regulamento. f) Ordenar o arquivo e conservación dos traballos e probas de avaliación realizados polo alumnado como parte do contido académico do curso. A Comisión poderá exixir a súa presentación en calquera momento, dentro dos prazos previstos na normativa académica xeral. g) Calquera outra que se estableza neste Regulamento. 3. No caso de que se contemple unha codirección, a persoa que a ocupe poderá: a) Ser externa á USC, sempre que acredite posuír unha titulación universitaria oficial e a entidade á que esta persoa pertenza colabore na proposta e organización do curso. b) Colaborar coa dirección no deseño do curso, apoiar con publicidade a través de canles externas á USC na captación de alumnado e na selección como docentes de persoas profesionais alleas á USC e vinculadas ao seu ámbito de actividade. c) Actuar na xestión ordinaria das labores docentes. 4. Os centros adscritos ou vinculados á USC estarán ao disposto no convenio marco que contemple a posibilidade de organizar títulos propios ou nos convenios específicos asinados sobre o particular. Artigo 15. Comisión académica dos Másteres de Formación Permanente e dos Diplomas de Especialización e de Experto/a 1. Os Másteres de Formación Permanente e os Diplomas de Especialización e de Experto/a contarán necesariamente cunha comisión académica, que se incluirá na documentación presentada para a proposta do curso. Como mínimo, a metade dos seus membros deberá ser profesorado da USC. 2. A comisión académica estará integrada polos seguintes membros: a) A persoa que asume a dirección, que a presidirá. b) Unha persoa que realice labores de secretaría. c) Un mínimo de tres vogais que pertenzan ao cadro de persoal docente do curso. d) Un/ha estudante, que se incorporará cando finalice o proceso de matrícula. 3. Serán funcións da comisión académica: a) A proposta de admisión do alumnado, en concordancia cos criterios de acceso e os criterios específicos de admisión do curso. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2232-954F-4CB7-9E14 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2232-954F-4CB7-9E14 9 / 25 b) No caso de que houbera menos de 15 estudantes, non será aplicable o prezo máximo por crédito establecido para os restantes estudos propios, sen prexuízo do límite retributivo por hora de docencia do profesorado. c) De estar organizados pola USC a petición de entidades externas que os financian e nos que se estime unha matrícula superior a duascentas persoas, poderá fixarse un prezo global por curso, negociado entre as dúas institucións, sen que sexan aplicables as normas de prezos mínimos e máximos por crédito. d) A entidade solicitante da formación aboaralle á USC a cantidade que corresponda pola matrícula do alumnado. Artigo 25. Dotación orzamentaria e custos indirectos 1. Para os efectos deste Regulamento, terán a consideración de ingresos afectados os procedentes das matrículas, os ingresos de preinscrición do alumnado admitido pero que non formalizara matrícula, os ingresos de recoñecemento e validación de estudos e as subvencións, se as houbese. Sobre os ingresos afectados aplicarase a retención de custos indirectos establecida con carácter xeral, agás no caso de cursos promovidos por grupos de investigación que acheguen recursos orzamentarios propios. 2. A compensación por custos indirectos calcularase sobre os ingresos obtidos en concepto de matrícula, sen ter en conta o seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para o alumnado da USC e o custo de expedición de diplomas e títulos que puidese contemplar o curso. 3. No orzamento do curso deberá consignarse tamén unha retención equivalente ao 2% do total dos ingresos da matrícula, que será destinada ao centro, departamento ou instituto universitario responsable. Esta retención non se aplicará ás propostas institucionais de cursos. 4. Non terán a consideración de ingresos do curso os que deriven dos servizos prestados pola USC a terceiros, aínda que se desenvolveran mediante a realización de prácticas do alumnado. En tales casos, a dirección do curso deberá determinar: a) A unidade ou servizo da USC responsable da obtención destes ingresos, que se computarán como ingresos de dita unidade ou servizo. b) De ser o caso, os acordos organizativos e económicos entre o curso e a unidade ou servizo no que o alumnado desenvolva as súas prácticas. Artigo 26. Modificacións do orzamento 1. Calquera modificación do orzamento dun curso deberá ser autorizada pola Comisión do CEP ou, nos supostos previstos no artigo 20.3, pola dirección do CEP e, posteriormente, comunicada á persoa responsable de asuntos económicos do centro, departamento o instituto que corresponda. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2232-954F-4CB7-9E14 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2232-954F-4CB7-9E14 16 / 25 2. En ningún caso se autorizarán modificacións do orzamento consistentes en incrementos das retribucións por hora do profesorado ou das persoas que asumen a dirección, codirección ou coordinación que superen o límite máximo aprobado polo Consello de Goberno. 3. Unha vez finalizado o prazo de matrícula e coñecido o seu montante e, no seu caso, o das subvencións e axudas acadadas, a dirección do curso deberá reelaborar o orzamento no caso de obter ingresos por un importe inferior ao fixado na proposta, e acadar así un axuste exacto entre os gastos e os ingresos efectivos. 4. Así mesmo, a dirección deberá reelaborar o orzamento cando os ingresos sexan maiores que os contemplados na proposta. Nese suposto, poderá propoñer un aumento razoado do gasto que incida na mellora da docencia ao alumnado. Este asumento deberá ser aprobado pola Comisión. Artigo 27. Gastos e límites de gasto 1. Son gastos que poden ser imputados nas partidas orzamentarias dos cursos propios os seguintes: a) Retribucións de docencia de persoal propio da USC. b) Retribucións de docencia de persoal externo á USC. c) Axudas de custo e locomoción do persoal docente do curso por desprazamentos necesarios para impartir a súa docencia. d) Material inventariable necesario para a impartir o curso. e) Bens correntes e servizos relacionados directamente coa docencia. f) Gastos en atencións protocolarias, que non deberán exceder do 8% do orzamento total do curso. Excepcionalmente, a Comisión do CEP poderá autorizar un incremento desta porcentaxe, previa solicitude e xustificación da dirección do curso. 2. A retribución en concepto de dirección, sumada, no seu caso, ás de codirección e coordinación, non poderá superar o 20% do orzamento total do curso. 3. O gasto en docencia comprenderá polo menos o 40% do gasto total do curso, agás nos casos debidamente autorizados pola Comisión do CEP, previa petición razoada pola dirección do curso. Baixo tal concepto de gasto inclúense, para os efectos deste Regulamento, as retribucións do profesorado, o pago dos seus desprazamentos imprescindibles para impartir docencia presencial e o custo das plataformas informáticas necesarias para a docencia virtual. En ningún caso se poderán utilizar como forma de pago dos servizos prestados polo persoal docente as axudas de custo nin agasallos que excedan dunha atención protocolaria ordinaria no contexto universitario. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2232-954F-4CB7-9E14 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2232-954F-4CB7-9E14 17 / 25 4. Non terán a consideración de gastos do curso propio os seguintes: a) As axudas de custo e locomoción do alumnado para a realización, individualmente, das prácticas asignadas ou doutras actividades académicas noutra localidade. b) O importe de inscricións e gastos asociados a asistencia a congresos do profesorado ou do alumnado, agás que na proposta do curso se prevexa esta actividade e figure no orzamento no concepto de “outros gastos”. Neste caso, o CEP autorizará cada asistencia, previa petición da dirección do curso. 5. De ser necesario o traslado do alumnado, en grupo, a outra localidade para a realización colectiva de prácticas ou doutras actividades académicas previstas na proposta do curso, poderase cubrir o gasto, debidamente incluído no orzamento do curso, mediante a presentación de factura onde figuren os custos de desprazamento e, de ser o caso, de aloxamento e manutención. CAPÍTULO V Admisión e matrícula nos cursos propios Artigo 28. Admisión 1. A xestión do proceso de selección para a admisión do alumnado dun curso corresponde á dirección de este, aplicando os criterios que fosen aprobados polos órganos competentes e debidamente publicados na oferta. No caso de Másteres de Formación Permanente e dos Diplomas de Especialización e de Experto/a, deberá ser oída a Comisión académica do curso. 2. A admisión nun curso propio implica a autorización da matrícula das persoas interesadas no prazo que corresponda. 3. Se a dirección do curso denegase a admisión dunha persoa interesada, esta poderá aportar, no prazo de cinco días hábiles, documentación acreditativa de que cumpría os requisitos pertinentes antes da finalización do período de admisión ou alegar que foron aplicados incorrectamente os criterios de selección. A dirección do curso deberá resolver o que proceda no prazo de tres días hábiles. 4. Poderá propoñerse un pago a conta por preinscrición. Este pago considerarase aboado a conta do prezo total de matrícula, se esta fose finalmente realizada. O importe do pago a conta non poderá superar o 3% do prezo de matrícula do curso e será devolto no caso de que a dirección decida non realizar o curso por non acadar o número mínimo de alumnado previsto. Os importes dos ingresos correspondentes á preinscrición do alumnado que non formalice matrícula definitiva serán transferidos dende o CEP á partida orzamentaria do curso correspondente. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2232-954F-4CB7-9E14 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2232-954F-4CB7-9E14 18 / 25 Artigo 29. Matrícula 1. A matrícula e a xestión dos expedientes corresponderán ao Servizo de Xestión Académica. 2. O procedemento de matrícula axustarase no posible ao establecido con carácter xeral para as titulacións oficiais e concretarase na convocatoria xeral de matrícula da USC para cada curso académico. 3. O alumnado deberá matricularse dos créditos que figuren na programación do curso, sen prexuízo da posibilidade do posterior recoñecemento de créditos, cando proceda. 4. O pago da matrícula, ou do seu primeiro prazo no caso de que houbera varios, realizarase antes do comezo do curso propio. Deberá mediar un mínimo de cinco días hábiles entre a finalización do prazo de matrícula e o de inicio da docencia. 5. O alumnado de cursos propios estará obrigado ao pago do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para o alumnado da USC, agás no caso de cursos non presenciais nos que non existan prácticas ou probas de avaliación presenciais. Do custo do seguro poderá facerse cargo a entidade demandante de formación ou o servizo, centro, departamento ou grupo de investigación organizador dun curso. 6. O prezo da matrícula dun curso propio inclúe os gastos de xestión de apertura de expediente. 7. Admitirase o pago da matrícula por unha entidade externa sempre que cada estudante achegue unha autorización individual na que figuren os seus datos persoais e o importe da matrícula do curso. Cando a entidade autorizada non realice o ingreso no prazo que se determine, a persoa responsable do pago será o/a estudante matriculado/a e poderá iniciarse contra el/ela o procedemento de impago de matrícula por constrinximento. 8. Será posible renunciar á matrícula no prazo dos cinco días hábiles posteriores ao remate do período de matrícula. Non se devolverá o importe correspondente ao seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para o alumnado da USC. 9. Nos Másteres de Formación Permanente e nos Diplomas de Especialización e de Experto/a poderán asinarse convenios con institucións externas para a dotación de bolsas de matrícula, totais ou parciais. As bolsas serán adxudicadas ás persoas solicitantes pola Comisión Académica do curso, segundo os criterios establecidos en cada convenio, publicados no taboleiro electrónico da USC ao tempo da convocatoria, sen prexuízo doutro tipo de publicidade. Artigo 30. Títulos interuniversitarios e de centros adscritos e vinculados A admisión, matrícula e xestión dos expedientes dos cursos propios interuniversitarios e dos ofertados por centros adscritos ou vinculados á USC rexeranse polo que estableza o respectivo convenio, que deberá axustarse ao disposto neste Regulamento. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2232-954F-4CB7-9E14 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2232-954F-4CB7-9E14 19 / 25 CAPÍTULO VI Réxime de avaliación, actas, recoñecemento e validación de estudos Artigo 31. Avaliación do alumnado, revisión de cualificacións e actas 1. Para a obtención dun título propio, diploma ou certificado, esixirase a superación, a través do proceso de avaliación previsto, dos estudos e das actividades académicas que o integren. A simple asistencia non dará lugar á expedición de ningún documento xustificativo. 2. A cualificación ordinaria dos estudos propios será “apto” ou “non apto”, agás nos Másteres de Formación Permanente, nos que se cualificará ao alumnado, en cada materia, de acordo co sistema xeral de graos e másteres oficiais. As matrículas de honra terán unicamente efectos académicos. 3. A cualificación do alumnado no curso ou, de ser o caso, en cada unha das materias, será comunicada individualmente, polos procedementos ordinarios da USC. O prazo para a revisión da cualificación pola dirección do curso ou, no seu caso, polo profesorado que impartira a materia non poderá ser inferior a tres días hábiles dende o día seguinte ao da data da comunicación da cualificación. As cualificacións teranse por provisorias mentres non finalice este prazo. Se un alumno ou alumna non estivera conforme coa cualificación final, poderá solicitar a súa revisión consonte establecido na correspondente normativa da USC. 4. Nos estudos propios haberá, de ordinario, unha única acta, que será cualificada e asinada pola dirección do curso no prazo dos quince días naturais seguintes ao remate da actividade. 5. Nos Másteres de Formación Permanente haberá actas individuais para as diferentes materias, que serán cubertas e asinadas polo profesorado da USC que as impartira. Cando unha determinada materia estea a cargo de dous ou máis docentes, a dirección do curso nomeará un coordinador ou unha coordinadora, que cubrirá e asinará a acta. Nas materias que só conten con profesorado alleo á USC, a acta será cuberta e asinada pola persoa que asumise a dirección do curso. 6. No caso de que un curso teña derivados, xeraranse actas de cada un destes ao finalizar o período de docencia. Artigo 32. Recoñecemento e validación de estudos 1. Para o recoñecemento de estudos será preciso que: a) O alumnado solicite a admisión no curso de que se trate e, de ser admitido, formalice a matrícula. b) O alumnado solicite ao reitor ou á reitora o recoñecemento dos estudos cursados a través da Sede Electrónica. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2232-954F-4CB7-9E14 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2232-954F-4CB7-9E14 20 / 25 c) A Comisión académica do curso ou, no seu defecto, a persoa que asuma a dirección do curso, emita informe que acredite que os módulos ou materias superadas, os contidos ou as competencias adquiridas se corresponden coas que se van a recoñecer. d) A Comisión do CEP emita informe sobre a procedencia do recoñecemento. e) O alumnado pague o 25% do custo dos créditos recoñecidos, agás no caso de que a única materia que deba superar na seguinte edición sexa o traballo final do curso (TFM, no caso dos Másteres de Formación Permanente). 2. O trámite do recoñecemento e validación de estudos quedará condicionado a que na nova edición do curso se matriculara alumnado de nova admisión, unha vez rematado o período oficial de matrícula. 3. O alumnado que teña superado un ou varios cursos propios que constitúan, á súa vez, un ou varios módulos dun curso superior, poderá solicitar o recoñecemento da totalidade destes para matricularse dos créditos restantes no curso superior. 4. O alumnado que non teña superado a totalidade dun curso propio poderá solicitar o recoñecemento das materias cursadas, para os efectos de matricularse na seguinte edición de dito curso, de ofertarse esta, e poder, deste xeito, obter a titulación. 5. Igualmente, o alumnado poderá solicitar o recoñecemento de materias cursadas noutros estudos, oficiais ou propios da USC ou doutras Universidades, sempre que se trate de titulacións diferentes da que fose, no seu caso, requisito de acceso ao curso, conforme o procedemento establecido no seguinte apartado deste artigo. Para o recoñecemento de estudos propios como estudos oficiais, estarase ao disposto na normativa estatal e da USC sobre recoñecemento de créditos en estudos oficiais. 6. Na proposta dos estudos propios pode establecerse o posible recoñecemento da experiencia profesional do alumnado como prácticas académicas externas que foran incluídas como obrigatorias na programación do curso. Neste caso, a persoa interesada solicitará ao reitor ou á reitora o recoñecemento dos estudos cursados, a través da Sede Electrónica. Resolverase o que proceda á vista dos informes da Comisión Académica do curso (ou da dirección deste, no caso dos Cursos de Formación Continua) e da Comisión do CEP. Estes informes serán emitidos atendendo á descrición das actividades profesionais da persoa solicitante realizada pola entidade na que prestou servizos. O alumnado ao que se lle recoñeza a experiencia profesional nas prácticas académicas externas pagará o 100% do importe dos créditos recoñecidos incluídos no seu plan de estudos. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2232-954F-4CB7-9E14 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2232-954F-4CB7-9E14 21 / 25 CAPÍTULO VII Prácticas dos cursos propios Artigo 33. Prácticas en empresas 1. Os estudos propios poderán prever a realización de prácticas en empresas, obrigatorias ou optativas, cando así se detallara na proposta. 2. Para a formalización destas prácticas será necesario: a) A aprobación e sinatura de convenios de cooperación educativa coas entidades de acollida. b) A aprobación pola Comisión do CEP das condicións e do procedemento para a súa realización. 3. Na proposta do curso deberán establecerse os criterios aplicables para a adxudicación das prácticas, que estarán baseados nos principios de transparencia, obxectividade e equidade. 4. Consonte o artigo 13.2 deste Regulamento, poderá nomearse unha persoa que asuma a tarefa de coordinación das prácticas, que será a encargada de xestionar a oferta e a adxudicación das prazas. De non existir unha persoa coordinadora das prácticas, esta función será asumida pola dirección do curso. 5. A USC e a empresa ou institución receptora do alumnado deberán nomear cadansúa persoa responsable de titorizar as prácticas, que se encargará de realizar o seguimento da aprendizaxe do alumnado. 6. No caso de prácticas optativas, expedirase, a petición da persoa interesada, certificación onde conste a duración das mesmas e a entidade onde se realizaron. 7. A regulación das prácticas rexerase polo establecido no Regulamento de prácticas académicas externas da USC. CAPÍTULO VIII Expedición de títulos, diplomas e certificados Artigo 34. Acreditación da superación dos estudos propios 1. O alumnado que supere os estudos terá dereito á expedición do correspondente título, diploma ou certificación académica en formato electrónico outorgado pola USC, previo pagamento dos prezos públicos correspondentes. 2. Os títulos e diplomas da USC cumprirán coas seguintes garantías formais: a) Expedición en modelo normalizado. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2232-954F-4CB7-9E14 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2232-954F-4CB7-9E14 22 / 25 b) Emisión segundo a seguinte denominación: “Máster de Formación Permanente en....”, “Diploma de Especialización en...” ou “Diploma de Experto/a en...”. No caso dos títulos, figurarán ademais: a) As sinaturas do reitor ou da reitora, da persoa responsable da dependencia administrativa encargada da tramitación e expedición do título e da persoa interesada. b) Constancia no Rexistro Universitario de Títulos Propios, con análogas condicións de identificación, custodia, certificación e carácter público dos títulos oficiais. 3. A superación dos Cursos de Formación Continua e de Formación Específica dará dereito á expedición dunha certificación en formato electrónico coa denominación do curso realizado, os seus contidos e o número de créditos ECTS de duración, previo pagamento dos prezos públicos correspondentes. 4. Os procedementos de expedición, duplicados e entrega dos títulos e diplomas serán os fixados pola USC. 5. Para a expedición de títulos interuniversitarios ou en colaboración con fundacións, entidades ou organizacións, tanto públicas como privadas, estarase ao disposto no presente Regulamento e no respectivo convenio de colaboración. CAPÍTULO IX Calidade dos estudos propios Artigo 35. Sistema de garantía da calidade 1. A USC garantirá a calidade, rigor científico e académico dos estudos propios que imparte, que se integrarán no seu SGIC. 2. En particular, os Másteres de Formación Permanente deberán contar co informe favorable, preceptivo e vinculante, do SGIC. Unha vez obtido o referido informe, a USC poderá solicitar a inclusión do título no RUCT, indicando na denominación que se trata dun Máster de Formación Permanente. Disposición transitoria Os cursos xa aprobados polos órganos competentes na data de entrada en vigor do presente Regulamento rexeranse pola normativa anterior (Regulamento de Estudos Propios e Formación Permanente da Universidade de Santiago de Compostela de 25 de febreiro de 2021) ata a súa finalización, agás no relativo ás disposicións formais, para o que se estará ao disposto no artigo 34 do presente Regulamento. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2232-954F-4CB7-9E14 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2232-954F-4CB7-9E14 23 / 25 Disposición derrogatoria Queda derrogada calquera norma de igual ou inferior rango que se opoña ao establecido neste Regulamento. En particular, queda derrogado o Regulamento de Estudos Propios e Formación Permanente da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno do 25 de febreiro de 2021, así como as súas modificacións. Disposición final. Entrada en vigor O presente Regulamento entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2232-954F-4CB7-9E14 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2232-954F-4CB7-9E14 24 / 25 Sinaturas dixitais / Firmas digitales / Digital signatures Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO LOPEZ DIAZ, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 03/04/2023 17:49:11. Asinante/Firmante/Signer: DULCE MARIA GARCIA MELLA, SECRETARIA XERAL, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 03/04/2023 16:31:56. CSV: 2232-954F-4CB7-9E14 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2232-954F-4CB7-9E14 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2232-954F-4CB7-9E14 25 / 25