Full text
15Madrygal 23 (2020): 15-38 Madrygal. Revista de Estudios Gallegos ISSN: 1138-9664 http://dx.doi.org/10.5209/madr.73064 O infinitivo flexionado no Corpus de textos galegos escritos por estudantes no ámbito académico (CORTEGAL) 1 María Álvarez de la Granja2 Recibido: 1 de maio de 2020 / Aceptado: 15 de outubro de 2020 Resumo. Neste traballo pretendemos analizar o emprego do infinitivo flexionado (IF) no Corpus de textos galegos escritos por estudantes no ámbito académico (CORTEGAL), que recolle textos redactados por estudantes de segundo de Bacharelato de Galicia. Tras describir as características básicas deste corpus, así como a metodoloxía utilizada para a identificación dos exemplos de uso do IF, amosamos os resultados obtidos, tanto en termos globais, como tendo en conta a súa distribución en función de diferentes criterios (número e persoa, papel desempeñado polo infinitivo ou pola oración en que se integra, coincidencia do suxeito do IF co suxeito da oración de que depende, posición da oración de infinitivo, presenza de suxeito explícito). En terceiro lugar, analizamos os resultados comparándoos cos obtidos noutros traballos sobre o uso do IF e avaliando a súa adecuación aos empregos canónicos establecidos nas gramáticas galegas. O traballo remata cunhas conclusións en que se destacan os resultados máis relevantes obtidos no estudo, entre os cales cabe resaltar o escaso emprego do IF e os erros na selección de número e persoa, e cunha reflexión final sobre o ensino desta forma verbal. Palabras chave: infinitivo flexionado; galego; corpus; ensino de linguas. [es] El infinitivo flexionado en el Corpus de textos galegos escritos por estudantes no ámbito académico (CORTEGAL) Resumen. En este trabajo pretendemos analizar el empleo del infinitivo flexionado (IF) en el Corpus de textos galegos escritos por estudantes no ámbito académico (CORTEGAL), que recoge textos redactados por estudiantes de segundo de Bachillerato de Galicia. Tras describir las características básicas de este corpus, así como la metodología utilizada para la identificación de los ejemplos de uso del IF, mostramos los resultados obtenidos, tanto en términos globales, como teniendo en cuenta su distribución en función de diferentes criterios (número y persona, papel desempeñado por el infinitivo o por la oración en que se integra, coincidencia del sujeto del IF con el sujeto de la oración de que depende, posición de la oración de infinitivo, presencia de sujeto explícito). En tercer lugar, analizamos los resultados comparándolos con los obtenidos en otros trabajos sobre el uso del IF y evaluando su adecuación a los empleos canónicos establecidos en las gramáticas gallegas. El trabajo finaliza con unas conclusiones en que se destacan los resultados más relevantes obtenidos en el estudio, entre los cuales cabe resaltar el escaso empleo del IF y los errores en la selección de número y persona, y con una reflexión final sobre la enseñanza de esta forma verbal. Palabras clave: infinitivo flexionado; gallego; corpus; enseñanza de lenguas. [en] Inflected Infinitive in the Corpus de textos galegos escritos por estudantes no ámbito académico (CORTEGAL) ARTIGOS 1 Este proxecto foi elaborado no marco do proxecto Corpus de textos galegos escritos por estudantes no ámbito académico. Ferramenta para a análise da competencia escrita en lingua galega financiado por FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades - Agencia Estatal de Investigación, Proxecto PGC2018-096069-B-100. O corpus tamén contou coa axuda financeira da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Quero agradecer as valiosas suxestións realizadas por Francisco Cidrás Escáneo e María López Sández tras a lectura dunha versión previa deste traballo. Por suposto, todas as omisións e erros que subsistan son da enteira responsabilidade da autora. 2 Universidade de Santiago de Compostela. Instituto da Lingua Galega. Correo-e: [email protected]; https://orcid.org/0000-0003-4079-2287.
16 Álvarez de la Granja, M. Madrygal 23 (2020): 15-38 ás probas de avaliación do curso 2016-2017, tanto da convocatoria de xuño como da de setembro. En cada convocatoria hai dous modelos de exame, de maneira que os textos tratan catro temas diferentes. Estes son os enunciados das catro preguntas número 3, que se vinculan en todos os casos cun texto previo que figura ao comezo do exame: Xuño 2017 Opción A (texto inicial de Fran Alonso en Dorna 27, 2001) Nos últimos anos a gastronomía e a cociña acadaron moita popularidade. Redacta un texto expoñendo a túa opinión sobre este fenómeno: as súas causas, o que ten de moda pasaxeira ou de cambio cultural máis duradeiro... Opción B (texto inicial de J. Luís Sucasas en Vieiros, 2009) Redacta un texto sobre a importancia que teñen o consumo e a produción (ou o consumismo e a produtividade) no noso modo de vida actual. Setembro 2017 Opción A (texto inicial de Xavier Quiroga de Zapatillas rotas, 2014) Expón, de maneira argumentada, a túa opinión persoal sobre o problema que reflicte o texto e, en xeral, sobre este tipo de conflitos familiares entre pais e fillos adolescentes. Opción B (texto inicial de Mercedes Queixas, en Palavra Comum, 09/10/2015) A autora móstrase crítica co feito de que a infancia e a mocidade soñe con ser futbolista ou modelo moi maioritariamente (liña 10). Redacta un texto expoñendo de maneira argumentada o teu acordo ou desacordo co seu punto de vista. Os textos das/dos estudantes teñen carácter anónimo e para cada un deles unicamente contamos coa seguinte información: a convocatoria a que pertence o exame (xuño ou setembro), a cualificación obtida (tanto na pregunta 3 como na proba completa de lingua e literatura galegas) e a comisión delegada á que corresponde o exame. Existen 26 comisións delegadas e cada unha delas ten asignados unha serie de centros de ensino determinados pertencentes a unha zona xeográfica que normalmente é bastante ampla (a única excepción é a comisión delegada 25, que non ten asignados centros educativos concretos, senón alumnado con necesidades especiais procedente de calquera parte de Galicia, e que, precisamente pola súa excepcionalidade, quedou fóra da mostra). Os Abstract. This paper analyzes the use of the inflected infinitive (II) in the Corpus de textos galegos escritos por estudantes no ámbito académico (CORTEGAL), which contains texts written by students in their last year of secondary education in Galicia. Following a description of the basic traits of this corpus and the methodology employed to identify the examples that use the II, we present the results obtained, both globally and with respect to their distribution according to different criteria (number and person; syntactic role of the infinitive or of the clause it integrates; whether the subject of the II is coreferential with the subject of the main clause; position of the infinitive clause; presence of lexical subject). Thirdly, we analyze the results in comparison with the findings of other works on the use of the II and by assessing the adequacy of the former to the uses established as canonical in Galician grammars. The paper concludes with a summary of the most important findings of the study, among which we should highlight the low use of the II and the errors in the selection of number and person, along with final considerations on the teaching of this verb form. Keywords: Inflected Infinitive; Galician; Corpus; Language Teaching. Sumario. 1. Obxectivos e metodoloxía. 2. Resultados. 2.1. Número e persoa. 2.2. Papel desempeñado polo infinitivo conxugado. 2.3. Coincidencia de suxeitos. 2.4. Posición da oración de IF. 2.5. Expresión do suxeito do IF. 3. Discusión. 3.1. Nivel de uso. 3.2. Contextos de uso. 3.3. Avaliación dos usos rexistrados. 4. Conclusións e reflexións finais. 5. Apéndice 6. Referencias bibliográficas. Como citar: Álvarez de la Granja, M. (2020): “O infinitivo flexionado no Corpus de textos galegos escritos por estudantes no ámbito académico (CORTEGAL)”, en Madrygal. Revista de Estudios Gallegos 23, pp. 15-38. 1. Obxectivos e metodoloxía O obxectivo deste traballo é analizar, desde o punto de vista cuantitativo e cualitativo, o uso do infinitivo flexionado (en adiante IF) no Corpus de textos galegos escritos por estudantes no ámbito académico (CORTEGAL), que se está construíndo no Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Os textos que conforman CORTEGAL son textos manuscritos redactados en galego por estudantes de segundo de Bacharelato da comunidade autónoma galega no marco dos exames da materia “Lingua e literatura galegas” da proba de Avaliación do Bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU), tradicionalmente coñecida como Selectividade. O corpus está conformado por 1000 redaccións elaboradas como resposta á pregunta número 3, en que se solicita que a/o estudante redacte un texto, de carácter argumentativo e de ao redor de 200-250 palabras, en que exprese a súa opinión sobre un tema de actualidade. Concretamente, os textos seleccionados corresponden
17Álvarez de la Granja, M. Madrygal 23 (2020): 15-38 motivo, para realizar as buscas de formas de IF acudimos á ferramenta AntConc (http://www. laurenceanthony.net/software.html), que nos permitiu facer concordancias sobre os 1000 textos gardados en formato txt. De acordo cos datos que nos fornece AntConc, o noso corpus está constituído por 231.814 formas (tokens) e 16.630 palabras diferentes (types). Con todo, debe terse en conta que neste cómputo se inclúen as formas riscadas polo estudante, que, tal e como se indicou, tamén foron transcritas e estarán accesibles nunha das opción de visualización dos textos. En AntConc unicamente buscamos aquelas formas de IF cuxa expresión é diferencial con respecto ao infinitivo invariable, isto é, que posúen unha marca desinencial explícita: a 2ª persoa de singular (cantares) e as tres persoas de plural (cantarmos, cantardes, cantaren). Non realizamos, por tanto, buscas sobre a 1ª e a 3ª persoa de singular, coincidentes no IF e no infinitivo invariable (cantar). Dado que os textos non están polo momento anotados categorialmente, para identificar as formas acudimos ás terminacións acompañadas de caracteres comodín (*res, *rmos*, *rdes, *ren), con identificación manual entre os resultados das formas correspondentes ao IF. Engadimos tamén as buscas con posibles pronomes átonos enclíticos (*rmonos, *rense, *renlle etc.) e con artigos na segunda forma. Para estes últimos non atopamos ningún exemplo nos textos do corpus en combinación con IF. 2. Resultados Unha vez realizadas as buscas de acordo coa metodoloxía exposta no apartado precedente obtivemos unicamente 55 exemplos de uso do IF, proporcionados por un total de 41 estudantes, isto é, por un 4,1% do alumnado, pois nove persoas empregaron o infinitivo en dúas ou en tres ocasións. O conxunto dos exemplos cos seus contextos de uso figura en apéndice. Non incluímos entre os 55 exemplos dúas formas en que figura a desinencia –mos engadida a un infinitivo que debería empregarse pronominalmente, pois resulta difícil saber se a/o estudante flexionou o infinitivo e omitiu o clítico nos ou se simplemente cometeu un erro gráfico ao escribir o pronome átono, que acompañaría un infinitivo invariable: (1) É verdade que hai xente que tenta non selo mais a realidade e que, aínda sen darmos conta, estamos a consumir ou a producir algo. [dármonos / darnos] centros asignados a cada comisión delegada poden ter características moi dispares, de modo que nunha mesma comisión podemos encontrar centros privados e públicos ou centros urbanos ao lado doutros que reciben esencialmente alumnado procedente de zonas rurais. A mostra que conforma o corpus está constituída, como indicamos, por 1000 textos proporcionados pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) correspondentes tanto á convocatoria de xuño como á de setembro. O número de textos da mostra por comisión delegada e convocatoria é proporcional á cifra total de exames por comisión e convocatoria, coa salvidade de que, no caso da distribución por convocatorias, e arredondando, diminuímos a porcentaxe de probas realizadas en setembro do 15% ao 10% (de tal modo que na nosa mostra, un 90% das redaccións corresponden á convocatoria de xuño e un 10% á convocatoria de setembro, fronte ao 85% e 15%, respectivamente, do total de exames das ABAU). Esta diminución explícase polo feito de que boa parte do alumnado que realizou o exame na convocatoria de setembro tamén o fixo previamente na convocatoria de xuño. En consecuencia, se mantivésemos a distribución inicial (85%/15%), estariamos outorgándolles máis peso aos informantes que realizaron o exame dúas veces. Unha vez establecido o número de exames de xuño e o número de exames de setembro correspondentes a cada comisión delegada, a selección das probas fíxose exclusivamente atendendo á distribución equitativa dos temas (en cada comisión o 50% dos textos seleccionados corresponde á opción A e o 50% á opción B, tanto en xuño como en setembro). Cando nalgunha comisión non foi posible realizar esta distribución por non dispoñermos dun número suficiente de exames dunha das opcións, compensouse o desequilibrio na seguinte comisión en que isto foi posible. Polo demais, a selección dos textos para cada comisión foi aleatoria. Para máis detalles sobre o corpus, vid. Álvarez de la Granja (2018). Os textos que conforman CORTEGAL foron transcritos na plataforma TEITOK (http:// www.teitok.org/), identificando e etiquetando os elementos riscados polo alumnado no proceso de redacción dos textos, así como as palabras ou fragmentos engadidos sobre a redacción inicial. A plataforma TEITOK tamén se empregará para a tokenización, lematización e anotación dos textos, pero estes procesos aínda non foron levados a cabo. Por este
18 Álvarez de la Granja, M. Madrygal 23 (2020): 15-38 pero en realidade é unha fase de cambio e capricho. (4) E mesmo expertos relacionados co mundo da produción de hardware das novas tecnoloxías din que están fabricados para romperes máis rápido para que a xente volvao a comprar. (5) Que este estilo de vida se manteña ao longo do tempo xa é máis discutible, pero o que está claro é que de seguires así a economía, este tipo de modas quedarán olvidadas e regresarán os produtos nacionais. No cuarto exemplo, en que a/o estudante escribe inicialmente a forma invariable e a seguir risca e escribe a forma flexionada, podería interpretarse que a/o autor(a) do texto escolle achegarse á/ao lector(a) mediante o emprego da 2ª persoa de singular no canto da 1ª de singular (Álvarez e Xove 2002: 541), nun uso que Serrano (2013) etiqueta como de “ti obxectivador”3. Esta variabilidade na selección da persoa do discurso incrementaríase a seguir, coa incorporación da 1ª persoa do plural. (6) A min gústame ir para a aldea cos meus avós e estar na horta recollendo tomates, leitugas, cenorias... ademais de pasares un rato agradable cos avós, estámonos asegurando que o que imos comer é sano e aforramos bastantes cartos. O resto das formas conxúganse, como indicamos, na 1ª ou na 3ª persoa de plural, pois non existen exemplos da 2ª de plural. No caso da 1ª persoa de plural, os usos corresponden ben a un plural de modestia, como en (7) e (8), ben, maioritariamente, a un plural xenérico ou colectivo, cun referente variable segundo os casos (a sociedade galega actual, a sociedade capitalista, a humanidade en xeral etc.), como en (9) e (10). (7) Para concluirmos, a producción non existiría sen o consumo. (8) Tamén cómpre destacarmos que ese “tráfico de comida” que se denuncia no texto é en realidade o que demanda a poboación, sobre todo a máis xove. (9) Toda esta eficacia na produción non ten outra finalidade que a de acadarmos un salario a fin de mes que nos permita non só subsistir, senón tamén satisfacer os nosos desexos de consumo que non son poucos. (2) Cando os nosos pais e nais nos di algo é porque é bo para a nosa educación e tamén e bo para que aprendamos a conformármos co que temos. [conformármonos / conformarnos] No exemplo (1) a/o estudante risca darnos e escribe darmos, o que nos faría inclinarnos pola primeira opción. Con todo, excluímos a forma da análise para sermos coherentes co tratamento dado a (2). Nos exemplos anteriores e nos que se ofrecen ao longo do texto, transcribimos fielmente o texto do alumnado, conservando os erros e erratas, eliminando os riscados e destacando en cursiva o IF. A continuación ofrecemos a distribución dos exemplos en función de diferentes criterios. 2.1. Número e persoa Na táboa 1 ofrecemos a distribución das formas de IF rexistradas en CORTEGAL por número e persoa. Persoa e número Número de casos Porcentaxe 2ª persoa de singular 4 7,27% 1ª persoa de plural 20 36,36% 2ª persoa de plural 0 0% 3ª persoa de plural 31 56,36% TOTAL 55 100% Táboa 1. Distribución das formas de IF por número e persoa Como cabía esperar tendo en conta o tipo de textos, de carácter argumentativo, que as/os estudantes debían escribir, as formas de 2ª persoa son escasas, pois só encontramos catro exemplos correspondentes ao singular. Ademais, se analizamos eses catro casos descubrimos que en tres deles a persoa foi seleccionada incorrectamente, tal e como se pode comprobar en (3), (4) e (5). En (3) e (4) o suxeito do infinitivo é a 3ª persoa de plural e en (5) a 3ª persoa de singular, pero nos tres casos a forma flexionada corresponde á 2ª persoa de singular: (3) Os fillos encóntranse nunha etapa vital crítica onde tratan buscar quenes son e qué queren ser, chegando a ser incomprensibles en ocasións. Pensan que teñen unha maior madurez só por chegares á adolescencia, 3 “Se trata de un valor en que yo intenta salvaguardar su imagen, desplazándose hacia el tú (...) y de una estrategia desfocalizadora que hace partícipe al oyente de lo que dice el hablante” (Serrano 2013: 182).
19Álvarez de la Granja, M. Madrygal 23 (2020): 15-38 Casos diferentes encontrámolos en (19), (20) e (21), onde a selección da persoa, aínda que xera unha discordancia, pode ter unha xustificación. En (19) é posible que a/o estudante reformule a presentación da información, primeiro incluíndose no suxeito (as persoas consumimos (...) producimos) e despois excluíndose (as persoas (...) teren): (19) As persoas consumimos moito mais do que producimos sen teren en conta os efectos que isto pode ter. Outro exemplo de discordancia, aínda que menos rechamante, encontrámolo en (20), onde se produce unha concordancia ad sensum no infinitivo: (20) A xente xa só encontra a felicidade e a satisfación no mercaren sen control. Finalmente, en (21), a/o estudante cambia do singular para plural probablemente polo carácter xenérico da referencia, que fai perfectamente intercambiables os dous números (unha persoa / as persoas). (21) agora unha persona normal pode mirar facilmente unha receta e aprender como facela cun video en vez de teren que descifrar un libro de recetas 2.2. Papel desempeñado polo infinitivo con - xugado Na táboa 2 recollemos a distribución dos exemplos encontrados en función do papel que realiza o IF, ou a oración que constitúe, na construción en que se insire. Os papeis desempeñados ordénanse de maior a menor frecuencia de exemplos. (10) En conclusión, agardo que esta actitude cambie canto antes para podermos prosperar como unha sociedade ecoloxista en favor do medio ambiente No caso da 3ª persoa de plural, a maioritaria nos exemplos do corpus, o referente pode ser moi variable, tal e como se pode comprobar en (11), (12) e (13), que ofrecemos a modo de exemplo: (11) Son numerosas as vantaxes disto posto que favorecen o coñecemento das técnicas culinarias ao poderen ser observadas minuciosamente por unha cámara e, por tanto, ser grabadas por sempre. (12) Así é todo, moita culpa diste problema téñeno as autoridades, que non fan nada ó veren que os produtores galegos están a perder o seu emprego e as súas empresas (propias do país), pola chegada doutras máis baratas e estranxeiras. (13) Este cambio seguramente ven dado pola demanda, maioritariamente de clases medias e altas, de probaren e novas experiencias, neste caso, gustativas. En varios casos encontramos tamén unha clara selección inadecuada da persoa. É o que sucede en (14-18), onde figura a 3ª persoa de plural, malia corresponderen a 3ª persoa de singular (14-17) ou a 1ª de plural (18): (14) Por outra parte ter certa idea de gastronomía, ben sexa na teoría ou na práctica, supón un certo prestixio o cal, pese a seren algo superfluo, adquire relevancia ao ubicarse nun panorama social onde a cultura encontrase sutilmente ignorada. (15) (...) a comida podeselle engadir outros alicientes que a convirten nun dos grandes representantes da nosa cultura, e chegando en certos casos a seren tratada coma un articulo de luxo (16) Mentres que fai uns anos os restaurantes caros se caracterizaban por ter unha boa calidade de produto e estar ben cociñados; na actualidade para seren un restaurante prestixioso requírese moito máis. (17) É indiscutible que este fenómeno da gastronomía foi cousa dunha moda nova establecida na civilización. Porén, tamén caracterízase por seren un avance de carácter cultural implantado na nosa nova mentalidade (18) Nós, que tanto estamos a presumir de seren países desenvolvidos nos que non existe a escravización, estamos a ser por outro lado, os primeiros en fomentala. Papel desempeñado Número de casos Porcentaxe Complemento circunstancial 38 69,09% Complemento preposicional 6 10,91% Verbo auxiliado de perífrase 3 5,45% Complemento nominal 3 5,45% Suxeito 3 5,45% Complemento adxectival 11,82% Atributo 11,82% TOTAL 55 100% Táboa 2. Distribución do IF en función do papel desempeñado na construción en que se integra
20 Álvarez de la Granja, M. Madrygal 23 (2020): 15-38 causais, introducidas con por e ao, das modais con sen e das temporais introducidas por ao. Por outro lado, e en segundo lugar, de acordo coa frecuencia no corpus (vid. táboa 2), encontramos seis exemplos (10,91%) de infinitivos flexionados que funcionan como complemento preposicional rexido por un verbo. Os verbos complementados polo infinitivo son caracterizarse (por) (tres exemplos), presumir (de) (un exemplo) e pasar (a) (dous exemplos)7: Como se pode observar, na maior parte dos casos (69,09%) a oración de IF desempeña o papel de complemento circunstancial na unidade superior en que se insire, incluíndo aquí as oracións de infinitivo que “funcionan como CC máis integrados na predicación (lugar, tempo, modo, cantidade) e as que expresan relacións lóxicas (finalidade, causa, concesión, consecuencia, condición)” (Álvarez e Xove 2002: 142). Velaquí algúns exemplos: (22) Por iso, o proletariado debe tomar conciencia da súa situación, erguer a súa voz en contra desta inxustiza e solidarizarse coa súa clase, evitando comprar aquilo que non precise e axudando, sobre todo, aos produtores da nosa terra, tratando de evitar, na medida que o peto o permita, as grandes multinacionais, que malia teren ofertas moi suculentas, rematan por perpetuar a explotación do obreiro e campesiño. (23) Para concluírmos, deberíamos de intentar, non consumir sen necesidade, dado que consumir por consumir pode perxudicarnos. (24) Sen sermos conscientes, nacemos e desenvolvemos as nosas vidas baixo as consignas de consumir e producir. Na táboa 3 ofrecemos unha análise máis detallada destas subordinadas adverbiais, tendo en conta o contido portado pola oración de in - finitivo. Os valores son moi dispares, aínda que predominan as subordinadas finais introducidas pola preposición para, seguidas das 4 Nos exemplos das/dos estudantes podemos encontrar tanto a representación gráfica ao como ó (nun caso con omisión do acento). 5 A diferenciación entre os valores temporais e causais das expresións introducidas por ao non sempre é doada de facer, posto que ás veces parecen combinarse ambos os dous contidos. Consideramos que a subordinada ten valor temporal cando admite doadamente a substitución por cando e causal cando isto non é posible ou resulta forzado. Así, por exemplo, atribuímoslle valor temporal á oración de IF do primeiro dos seguintes exemplos, pero non á do segundo: – Así é todo, moita culpa diste problema téñeno as autoridades, que non fan nada ó veren que os produtores galegos están a perder o seu emprego e as súas empresas (propias do país), pola chegada doutras máis baratas e estranxeiras. – Así pois o que fan e relacionar precio con calidade, disminuíndo de esta maneira o consumismo, pois o seren productos mais caros non se poden permitir tanta cantidade, olvidando que en realidade o precio na maioría das veces, non está relacionado ca productividade. 6 Aínda que tradicionalmente os contidos de adición se asocian coa relación de coordinación, esta caracterización non corresponde cos usos de ademais de seguido de infinitivo ou de oración modotemporal, onde se observa unha clara relación de dependencia cunha oración principal. Seguimos a Peres de Oliveira 2012, que considera as oracións introducidas en portugués por além de como oracións subordinadas adverbiais de adición. Remitimos a esta autora e á bibliografía alí considerada para unha análise máis demorada da cuestión. 7 É frecuente considerar a estrutura pasar + a + infinitivo como unha perífrase verbal (vid. por exemplo Álvarez e Xove 2002: 369). No entanto a construción presente en (29) (pasar de X a Y) é dificilmente catalogable como tal Contido Número de casos Porcentaxe Finalidade (para)12 31,58% Causa (por [3], ao4 [4]5) 7 18,42% Modo (sen)5 13,16% Tempo (ao)4 10,53% Condición (de)3 7,89% Concesión (malia, pese a) 25,26% Adición (ademais de)6 25,26% Lugar (no)12,63% Consecuencia (ata o punto de) 12,63% Substitución (en vez de) 12,63% TOTAL 38 100% Táboa 3. Distribución do IF nas subordinadas adverbiais en función do contido transmitido
21Álvarez de la Granja, M. Madrygal 23 (2020): 15-38 Uns por chegar a seren como eles e outros por lles pareceren eses nenos persoaxes graciosas e inocentes. (33) a comida podeselle engadir outros alicientes que a convirten nun dos grandes representantes da nosa cultura, e chegando en certos casos a seren tratada coma un articulo de luxo. Noutros tres casos o infinitivo funciona como complemento nominal. En (36) consideramos que ten lugar a elisión de finalidade: (34) Este cambio seguramente ven dado pola de - manda, maioritariamente de clases medias e altas, de probaren novas experiencias. (35) E a pregunta a facérmonos sería: por que ten do produtos tan bos da nosa terra, como o polbo ou os grelos, hai unha gran cantidade de persoas que prefiren consumir alimentos tipicamente estranxeiros? (36) Toda esta eficacia na produción non ten outra finalidade que a de acadarmos un salario a fin de mes que nos permita non só subsistir, senón tamén satisfacer os nosos desexos de consumo que non son poucos, pois os estímulos chégannos dende calquera parte e dende calquera lugar. En tres casos, o IF funciona como suxeito do verbo principal. Este é sempre o verbo cómpre. (37) Como último consello cómpre sabermos cociñar xa que é básico nas nosas vidas (38) Tamén cómpre destacarmos que ese “tráfico de comida” que se denuncia no texto é en realidade o que demanda a poboación, sobre todo a máis xove (39) Compre sermos conscientes de que estamos a vivir nunha sociedade moi influenciada polo consumismo e as modas, toda nova tendencia resulta de ter un gran éxito na poboación. Finalmente, nun caso a oración de IF funciona como complemento adxectival (40) e noutro como atributo (41): (25) O gobernos españois caracterízanse por seren corruptos e ineficaces. (26) Se nada máis entrar en crise, o goberno investise cartos, tardaríase só uns anos en saír da crise, pero coma xa citei antes, os gobernos españois sempre se caracterizaron por seren corruptos e ineficaces. (27) É indiscutible que este fenómeno da gastronomía foi cousa dunha moda nova establecida na civilización. Porén, tamén caracterízase por seren un avance de carácter cultural implantado na nosa nova mentalidade. (28) Nós, que tanto estamos a presumir de seren países desenvolvidos nos que non existe a escravización, estamos a ser por outro lado, os primeiros en fomentala. (29) Isto é, os alimentos son coma a roupa ou os produtos de hixiene: pasaron de ter un uso específico a seren un obxecto co cal o capitalismo fai crer ás personas que quen máis cartos ten para pagar cousas de marca é mellor ca o resto. (30) Allea a relación gastronomía - turismo, está o protagonismo que acada a alta cociña, que outorga premios e distincións tanto a locais como a chefs, que pasan a seren máis coñecidos. En tres casos, o IF é verbo auxiliado dunha perífrase. As perífrases que atopamos son poder + infinitivo (un exemplo)9 e chegar +a + infinitivo (dous exemplos). Nótese que en todos os casos o verbo auxiliar aparece nunha forma non finita, infinitivo ou xerundio: (31) Por iso, na miña opinión, non se debe frear o consumo, sempre e cando sexa prudente, ou a producción, o que deberíamos frear é a publicidade enganosa, e así poder sabermos o que mercamos sen prexuízos. (32) Por idílico que pareza este tipo de programas levan consigo un problema de cara a evolución dos nenos. Tratar aos nenos coa dureza que se fai, sometelos a esa presión... Por outra banda o feito de que eso se faga pola audiencia. Tanto adultos como mozos. e parece corresponder mellor á acepción ‘cambiar dunha ocupación, estado, opinión etc., para outro’ (Dicionario da Real Academia Galega: s.v. pasar). Por este motivo considerámola neste grupo e coherentemente, facemos o mesmo coa construción pasar a Y que figura en (30) e na que se omite o estado inicial de que se parte (pasar de ser menos coñecidos a ser máis coñecidos). 8 Na descrición de usos do IF as construcións con poder non sempre se inclúen dentro das perífrases, senón que algunhas gramáticas (por exemplo Freixeiro Mato 2000a: 396) falan separadamente de combinacións con perífrases e con verbos modais. En calquera caso, o comportamento é o mesmo nun e noutro caso.
22 Álvarez de la Granja, M. Madrygal 23 (2020): 15-38 verbos auxiliados de perífrases, a situación é a contraria. No resto dos casos podería darse ou non coincidencia. De acordo co que se reflicte na táboa 4, son maioritarios os casos en que os suxeitos coinciden (58,18%) como en (42), fronte a aqueles en que non se produce a coincidencia (41,82%), como en (43). (42) Moitas veces sen dármonos conta somos partícipes dunha economía que supón a compra contínua de obxectos materiais que na maioría dos casos nin sequera nece sitamos. (43) En conclusión, agardo que esta actitude cambie canto antes para podermos prosperar como unha sociedade ecoloxista en favor do medio ambiente. 2.4. Posición da oración de IF Tal e como indicaremos en 3.3, adoita considerarse que a posición da oración subordinada con respecto á principal ten influencia no emprego do IF, no sentido de que cando os suxeitos son coincidentes, a anteposición do infinitivo con respecto ao verbo principal favorece a súa flexión. Centrámonos, daquela, naqueles casos en que os suxeitos son correferenciais. Deixamos a un lado os exemplos en que o infinitivo forma parte dunha perífrase ou funciona como complemento preposicional rexido por un verbo e nos que o IF sempre figura despois do verbo auxiliar / rexente, de acordo coa orde natural nestas estruturas. Como se pode observar na táboa 5, son maioritarios os casos de posposición (59,09% nas oracións que funcionan como complemento circunstancial), como en (44), fronte aos casos de anteposición (40,90% no mesmo grupo), como en (45): (40) Esta situación dasé sobre todo en nenos que estan acostumados a conseguiren o que queren. (41) A evolución do mundo cara a modernidade fixo que se crease unha gastronomía diferente en cada cultura como a gastronomía de sentidos que non só consiste en degustar e analizar os pratos, senón que o deber das persoas é teren sentido eses pratos. 2.3 Coincidencia de suxeitos Neste apartado cuantificamos os casos de coincidencia e de non coincidencia do suxeito do infinitivo e da oración de que depende, pois, tal e como comentaremos en 3.3, este é un factor que ten incidencia no emprego do IF. No caso dos complementos de substantivo e adxectivo, consideramos a coincidencia ou non coincidencia do suxeito do IF co suxeito da oración en que se integra o substantivo ou o adxectivo. Debe terse en conta que nos interesa en última instancia a coincidencia ou non coincidencia dos referentes dos suxeitos, de xeito que este é o aspecto que teremos en consideración á hora de clasificar os exemplos en que detectamos unha selección inadecuada ou anómala da persoa (vid. 2.1), con independencia da forma concreta escrita pola/polo estudante. Ademais, no exemplo (23), aínda que a forma do infinitivo e do verbo principal coincide (1ª persoa de plural), os referentes son diferentes (o emisor no IF e un contido xenérico no verbo principal), de modo que o computamos como un caso de non coincidencia de suxeitos. Ofrecemos os resultados para cada un dos papeis do infinitivo identificados no apartado previo. Téñase en conta que, no caso dos infinitivos que funcionan como suxeito, a ausencia de coincidencia é obrigada pola propia estrutura, mentres que nos tres exemplos en que funcionan como Papel desempeñado Número de casos Porcentaxe Coincidencia Non coincidencia Coincidencia Non coincidencia Complemento circunstancial 22 16 57,90% 42,10% Complemento preposicional 6 0 100% 0% Verbo auxiliado de perífrase 3 0 100% 0% Complemento nominal 0 3 0% 100% Suxeito 0 3 0% 100% Complemento adxectival 10 100% 0% Atributo 0 10% 100% TOTAL 32 23 58,18% 41,82% Táboa 4. Coincidencia dos suxeitos do IF e da oración principal
23Álvarez de la Granja, M. Madrygal 23 (2020): 15-38 (49) A evolución do mundo cara a modernidade fixo que se crease unha gastronomía diferente en cada cultura como a gastronomía de sentidos que non só consiste en degustar e analizar os pratos, senón que o deber das persoas é teren sentido eses pratos. No resto dos exemplos, o suxeito é doadamente deducible, ben por ser un ti obxectivador, un plural de modestia ou un plural xenérico, ben por poder obterse contextualmente ao coincidir co suxeito do verbo principal ou ao desempeñar algún papel na oración finita que acompaña o infinitivo (vid. por exemplo 6-13). 3. Discusión 3.1. Nivel de uso Tal e como indicamos en 2, encontramos no corpus unicamente 55 exemplos de emprego de IF (nas persoas con desinencias diferentes de ∅) ofrecidas por un 4,1% das/dos estudantes. Esta escasa presenza do IF no noso corpus concorda coas conclusións extraídas para os textos literarios por Jansegers e Vanderschueren (2010: 439), as cales, establecendo a comparación co portugués, afirman que “mientras que el Inf Fl portugués a lo largo de varios siglos ha ampliado su radio de acción, el Inf Fl gallego ha reducido drásticamente sus empleos en los contextos en los que con mayor frecuencia solía aparecer”, pois “en la mayoría de los casos el gallego opta por una estructura distinta de la portuguesa, privilegiando las construcciones con infinitivo invariable y las oraciones finitas con conjunción sobre las oraciones con Inf Fl” (2010: 420). O mesmo sinala Vázquez Diéguez (2012: 127), quen, despois de analizar exemplos tirados de corpus de textos galegos e portugueses, afirma que “é máis común encontrar o invariable cando podería ser flexionado na lingua galega que na portuguesa”. Xa Gondar (1978) sinalaba hai máis de 40 anos que o galego fora perdendo usos desde a época medieval, atribuíndo esta circunstancia, como Jansegers e Vanderschueren (2010) e Freixeiro Mato (2000a: 391), á influencia (44) Estes, evidentemente, queren crear produtos que compre a xente para así obteren máis beneficios. (45) Esta sobreprotección aos rapaces por parte dos pais crea unha rebeldía nos mozos, os que, por non faceren caso a seus pais, xa que se sinten “dominados” ou “escravizados” realizan unha serie de conductas impropias para a súa idade ou calquer outra. 2.5. Expresión do suxeito do IF Finalmente analizamos os exemplos atopados tendo en conta se o suxeito do IF aparece explicitamente expreso na oración nucleada por el, pois esta circunstancia tamén parece favorecer o emprego do IF (cf. 3.3). Os datos ofrécense na táboa 6: Papel desempeñado Número de casos Porcentaxe Anteposición Posposición Anteposición Posposición Complemento circunstancial 9 13 40,90% 59,09% Complemento adxectival 0 10% 100% TOTAL 9 14 39,13% 60,87% Táboa 5. Anteposición e posposición do IF con respecto ao verbo da oración principal Suxeito Número de casos Porcentaxe Expreso 4 7,27% Non expreso 51 92,73% Táboa 6. Expresión do suxeito do IF na oración nucleada por este Tal e como se pode ver nesta táboa, só en catro casos o suxeito do infinitivo está explicitamente expreso. Son os seguintes: (46) Que este estilo de vida se manteña ao longo do tempo xa é máis discutible, pero o que está claro é que de seguires así a economía, este tipo de modas quedarán olvidadas e regresarán os produtos nacionais. (47) Por idílico que pareza este tipo de programas levan consigo un problema de cara a evolución dos nenos. Tratar aos nenos coa dureza que se fai, sometelos a esa presión... Por outra banda o feito de que eso se faga pola audiencia. Tanto adultos como mozos. Uns por chegar a seren como eles e outros por lles pareceren eses nenos persoaxes gra ciosas e inocentes. (48) Cuestión de moda ou non, é certo que acadou unha gran popularidade, ata o punto de seren ofrecidos grandes recoñecementos aos cheffs.
30 Álvarez de la Granja, M. Madrygal 23 (2020): 15-38 Con todo, non podemos deixar de mencionar o feito de que en todos os casos encontrados o verbo auxiliar é unha forma non persoal do verbo, un infinitivo ou un xerundio. Gondar (1978: 70), seguindo a Maurer (1968: 204), quen exemplifica exclusivamente con xerundios, propón o carácter non persoal do verbo rexente como outro factor favorecedor da flexión do infinitivo, un factor que tamén se debe vincular co principio da baixa accesibilidade do suxeito: se no verbo rexente non se pode expresar o suxeito a través da conxugación, acódese á flexión do infinitivo rexido18. Con todo, debe terse en conta que nos dous casos encontrados en que o verbo auxiliar é un infinitivo, este podería conxugarse, de modo que se se desexa informar do suxeito, o esperable sería a flexión do verbo auxiliar da perífrase: “e así podermos saber o que mercamos sen prexuízos”; “Uns por chegaren a ser como eles”. Tamén son merecentes de mención algúns exemplos en que o IF é complemento preposicional dun verbo rexente (vid. os exemplos 25-30): “O gobernos españois caracterízanse por seren corruptos e ineficaces”, “os gobernos españois sempre se caracterizaron por seren corruptos e ineficaces”, “caracterízase por seren un avance de carácter cultural”, “outorga premios e distincións tanto a locais como a chefs, que pasan a seren máis coñecidos”19. A valoración deste tipo de exemplos nas gramáticas é dispar. Segundo Álvarez e Xove (2002: 310), o infinitivo non debe flexionarse “cando depende do verbo co que comparte o Sux. e ó que en xeral segue inmediatamente (ou do que está separado por algunha palabra como prep., relativo, clítico...)”. Pola contra, Freixeiro Mato (2000a: 397-398) indica que o seu uso é obrigatorio se existen elementos interpostos, máis alá da preposición, entre ambos os verbos e facultativo, aínda que recomendable, non os habendo, contexto que ilustra co texto de Castelao “trataron de ensancharen”. Gondar, pola súa banda, afirma o seguinte en relación cos complementos preposicionais: independencia sintáctica das oracións adverbiais fronte a outras construcións e ao desexo do falante de destacar o suxeito do IF: A proximidade do verbo rexente indicando o suxeito da acción evita o ter que empregar a desinencia persoal de infinitivo: se esta se emprega está claro que o que se pretende é precisamente destacar a súa personalidade. En último caso, é sempre o falante o que decide –en contextos deste tipo– o emprego dunha ou outra forma. Se a construción coa F[orma]C[onxugada] non resulta rechamante e parece aceptábel –cousa que non pasa, por exemplo, cos verbos auxiliares–, é porque a dependencia do infinitivo do verbo rexente é menos estreita que naqueles e, ademáis, porque normalmente non coincide a desinencia do primeiro co do segundo, co cal se evita a cacofonía que produciría tal repetición. (Gondar 1978: 74) Tampouco se pode apelar á distancia ou á anteposición no único exemplo en que o IF se insire nun complemento dun adxectivo: (61) Esta situación dasé sobre todo en nenos que estan acostumados a conseguiren o que queren e por culpa dos pais que consinten todo para que o seu neno non se poña a chorar. Por outro lado, fóra deste caso e das subordinadas adverbiais, chaman a atención tres usos (31-33) en que o IF é verbo auxiliado dunha perífrase verbal (“e así poder sabermos o que mercamos sen prexuízos”; “Uns por chegar a seren como eles”, “chegando en certos casos a seren tratada coma un articulo de luxo”17). Afírmase con frecuencia que os verbos auxiliares de perífrases non poden conxugarse: Hermida Gulías (2004: 114), por exemplo, sinala que “nunca se poden empregar nas perífrases, mesmo que sexan impersoais”, Freixeiro Mato (2000a: 396) matiza que se debe utilizar o infinitivo invariable nas perífrases verbais e cos verbos modais sempre que non haxa algún elemento interposto, e Álvarez e Xove (2002: 310) sinalan que o uso do IF está excluído nos verbos auxiliados das perífrases verbais. 17 Neste último exemplo hai unha selección inadecuada da persoa do IF. 18 Gondar 1978: 110 ofrece algúns exemplos similares aos nosos, sempre tirados da literatura e non da fala oral, sinalando que “o emprego da F[orma]C[onxugada] resulta lóxica por ir o auxiliar en forma impersoal”: Por exemplo, “¿Qué fixeron os repubricáns por Galicia? (...) Intentar faceren unha rede de ferrocarril hastra Vigo, querer convertiren iste porto en depósito (...)”. Xove 2005: 328 sinala que o traballo de Gondar “depende en exceso de textos literarios de posguerra pouco espontáneos e fiables”. 19 Non incluímos o exemplo (29), repetido en (56), porque nel podemos apelar ao factor da distancia.
31Álvarez de la Granja, M. Madrygal 23 (2020): 15-38 que os produtores galegos están a perder o seu emprego e as súas empresas (propias do país), pola chegada doutras máis baratas e estranxeiras. Así pois, recapitulando, son poucos os contextos de uso que poderían considerarse como inadecuados. Probablemente os únicos casos claros son (31), “poder sabermos” e (32) “chegar a seren” e canda eles existirían outros empregos que en todo caso poderían cualificarse como forzados (por exemplo, os que funcionan como complementos preposicionais separados do verbo rexente só por preposición). Máis alá desta cuestión, chama a atención que nos tres exemplos en que o IF funciona como suxeito do verbo principal, este é o verbo cumprir na 3ª persoa do presente de indicativo (cómpre). De igual xeito, cómpre destacar a recorrencia da oración final para concluírmos / finalizarmos, que representa un 9% dos exemplos do corpus (3 casos de para concluírmos, 1 de para finalizarmos). Probablemente a expresión adquiriu certo carácter formulaico, podendo ser cualificado como un marcador discursivo de carácter conclusivo. 4. Conclusións e reflexións finais A análise realizada amosa como principal resultado a escasa utilización do IF nos textos do estudantado galego. Como xa indicamos, só un 4,1% do alumnado da nosa mostra flexiona nalgún momento un infinitivo, sendo o contexto de uso máis frecuente o das subordinadas adverbiais e especificamente as finais. En poucos casos o contexto de uso do IF atopado nos textos pode considerarse como inaceptable, só naqueles en que o IF depende doutro infinitivo flexionable (2 casos), aínda que certos usos talvez se poidan cualificar como forzados ou pouco naturais. Si resulta claramente inaxeitada a persoa seleccionada nun 14,54% dos casos (8 exemplos proporcionados por 8 estudantes diferentes). É posible que estes usos anómalos se expliquen simplemente como lapsus, pero o certo é que xa outras autoras e outros autores sinalan a existencia de problemas deste tipo e ofrecen exemplos, extraídos de textos auténticos, que os ilustran (Hermida 2005: 115, Gondar 1978: 35). Podería formularse a hipótese de que, cando menos nalgúns destes casos, a marca flexiva do IF perdeu o seu valor orixinal como marcadora de número e persoa. Pero nese caso, cal sería entón a función do IF? Por que estas/estes estudantes empregan a forma flexionada? Entre os exemplos que nos oferece o material consultado parece que o caso máis frecuente é aquel en que o suxeito do infinitivo, expreso ou non, é distinto ó do verbo rexente; pero tamén se atopan outros en que o suxeito é igual para os dous verbos, sobre todo cando están presentes os factores que favorecen o emprego da F[orma]C[onxugada] (Gondar 1978: 117). En calquera caso, debemos chamar a atención sobre o feito de que en todos os exemplos ofrecidos o verbo rexido é o verbo ser acompañado do seu atributo. Gondar (1978: 72), seguindo a Maurer (1968: 201), sinala a presenza dun predicativo ou dun atributo como un factor favorecedor da flexión verbal, así como o emprego da voz pasiva. De súa vez, Vanderschueren (2013: 133) cita a construción pasiva e a presenza de complementos predicativos como indicios de verbalidade (recórdese o terceiro principio arriba sinalado) e daquela como favorecedores da conxugación. De acordo con esta autora (Vanderschueren 2013: 133), “cuanto mayor sea la presencia de un comportamento explícitamente verbal del infinitivo (semántica o formalmente), más tendencia habrá de que se subraye este carácter verbal mediante la flexión”. Outro indicio de verbalidade mencionado por Vanderschueren (2013: 175) é o carácter pronominal do infinitivo. Este factor, que encontramos en (62), xa fora sinalado por Gondar (1978: 71), seguindo a Maurer (1968: 202). (62) Da misma maneira, penso que esta moda deixará pegada na sociedade, xa agora hai xente verdadeiramente apasionada co mundo da cociña, entre eles, moitos nenos que están desexando medrar para convertírense en grandes cociñeiros. Noutros casos, para xustificar a flexión do infinitivo, pode apelarse a novos factores non mencionados nas gramáticas galegas, pero si nos traballos que analizan os principios que regulan o uso do IF, como a existencia dunha pausa (indicio de autonomía; Vanderschueren 2013: 169, Vesterinen 2006: 88), como en (63), ou a complexidade da oración de infinitivo (o que dificultaría o acceso ao suxeito; Vanderschueren 2013: 172), como no mesmo (63) e en (64). (63) A fin e ó cabo, moitas persoas compran por comprar, sen fixárense se o produto e do país, se ven envasado con plástico ou se é de mellor ou peor calidade, é o máis barato e o compran. (64) Así é todo, moita culpa diste problema téñeno as autoridades, que non fan nada ó veren
32 Álvarez de la Granja, M. Madrygal 23 (2020): 15-38 formal, e particularmente académico22, pero sen coñeceren en realidade a súa funcionalidade, o que xustificaría os erros encontrados23. A este respecto, debe notarse que os libros de texto, e algunhas gramáticas, adoitan centrarse na descrición dos contextos axeitados para a flexión do infinitivo e non tanto no seu valor e na xustificación de por que determinados usos son adecuados e outros inaxeitados. De feito, tal e como indicamos, fronte ao que en principio cabería esperar, os principais problemas atopados están relacionados coa selección de número e persoa e non tanto coa escolla de contextos de uso, un aspecto que, de acordo co que acabamos de sinalar, parece estar no foco do tratamento no ámbito educativo. Na mesma liña, é probable que a escaseza de exemplos de IF, máis alá da influencia do castelán, estea tamén en parte condicionada tanto por ese descoñecemento da súa funcionalidade, como polo temor a cometer incorreccións por parte do alumnado, temor que en boa medida deriva dunha presentación baseada na prescrición (contextos posibles e non posibles) e non tanto na explicación e potenciación do seu uso. Así pois, se se desexa fomentar o emprego do IF, sería conveniente repensar a forma de ensinalo. Máis alá dunha presentación de contextos de uso que deben ser obxecto de memorización, sería probablemente máis adecuado explicar para que se emprega, mostrando a súa funcionalidade como elemento identificador do suxeito do infinitivo a través da flexión número-persoal, e unha vez feito isto, xustificar a partir desta funcionalidade a (in)adecuación de cada contexto. Gondar (1978: 155), na cita reproducida máis arriba, consideraba fundamental a ausencia de escolarización en galego para explicar o escaso emprego do IF (“o influxo da morfoloxía castelana e a falta dunha escolarización en galego son decisivos e explican perfectamente Na nosa opinión, a funcionalidade pode ser de tipo pragmático. Cómpre ter en conta que o IF, moi probablemente polo seu carácter diferencial no galego fronte a outras linguas20, especialmente o castelán, é un elemento que leva asociado unha marca de prestixio, de lingua de calidade e de autenticidade. Así por exemplo, Regueira afirma (a cursiva é nosa): Desta idea de “autenticidade” derivaríase a potenciación dos elementos propios e diferenciais do galego respecto do castelán, nomeadamente aqueles que están presentes na lingua popular e cos que a gran maioría dos falantes nos sentimos identificados. Aquí estarían incluídos trazos coma a pronuncia das vogais tónicas e átonas de maneira semellante ao galego popular, a entoación, o infinitivo conxugado, a colocación dos clíticos persoais, as perífrases, locucións, así como a potenciación do uso do léxico máis tradicional e diferencial na medida en que sexa utilizable para as novas realidades culturais. (Regueira 2012: 195-196) Na mesma liña, o estándar de aprendizaxe dos currículos da materia “Lingua e literatura galegas” da ESO e do Bacharelato en que figura o IF (“emprega nas intervencións orais espontáneas expresións propias do galego: infinitivo conxugado e fraseoloxía adecuada”) preséntao como representante das “expresións propias do galego”, en pé de igualdade coa fraseoloxía, que adoita considerarse un dos elementos que mellor representan a idiosincrasia das linguas21. O IF é así mesmo un trazo recorrentemente mencionado nas obras centradas na caracterización da “lingua de calidade” (Freixeiro Mato 2009: 90; Moure 2011: 108; Sanmartín Rei 2011: 43). É posible, pois, que o IF sexa empregado por algunhas/algúns estudantes, sobre todo tendo en conta o escenario (unha proba moi relevante en que se avalía o dominio do galego), por seren conscientes da valoración positiva que o emprego do IF ten no discurso 20 Scida 2004: 129, cuxo estudo se limita ás variedades románicas, cita o galego, o portugués, o mirandés, o sardo, o napolitano antigo e o leonés antigo como linguas en que está ou estivo presente o IF. Vanderschueren 2013: 113 sinala que tamén se dá en linguas non emparentadas como o finés, o galés e o húngaro. 21 “Pero á parte da dimensión lingüística da fraseoloxía, (...) existen outros aspectos dignos de mención, como é o valor sociocultural que conteñen a maioría das unidades fraseolóxicas, por seren representantes da idiosincrasia dunha cultura, dunha sociedade, dun modo común de ve-la realidade que nos rodea” (González Rey 2004: 116). 22 Segundo comunicación persoal dunha profesora, algunhas escolas de idiomas puntúan positivamente o emprego do IF nas probas. Con todo, os criterios de avaliación detallados non son públicos e daquela, non poden ofrecerse aquí. 23 Algo parcialmente similar parece sinalar Freixeiro Mato (2000b: 395) cando, en relación co emprego frecuente do IF por parte dalgúns autores literarios, afirma que “isto parece demostrar que un determinado número de autores son conscientes da singularidade que o IF representa no galego e procuran revitalizalo (...) aínda que tamén deixa translucir certa falta de familiaridade co uso na súa fala particular polas incorreccións cometidas”.
33Álvarez de la Granja, M. Madrygal 23 (2020): 15-38 Inflected infinitives are not acquired until between the ages of 10 and 12 in B[razilian] P[ortuguese], which correlates to the time BP children are introduced to the study of verbal paradigms (fourth grade on) and have an increase in exposure to reading and hearing the standard BP dialect. (Pires e Rothman 2009a: 146) Our findings are consistent with the hypotheses that inflected infinitives are largely absent from the colloquial BP input data that children receive naturalistically, and that ultimate knowledge of inflected infinitives in adult BP grammars is not the result of L1 acquisition within the normal time frame that this acquisition takes place in. We argue instead that these forms are learned through exposure to the standard BP dialect (which clearly conserves them), most likely through formal education in the standard BP variety. (Pires e Rothman 2009a: 147) A partir dos seus achados, Pires e Rothman (2009a: 147) destacan “the potential role of education and literacy in the acquisition of grammatical knowledge that is restricted to a standard, non-native dialect but has been lost from native vernacular dialects”. Evidentemente, o escenario galego do IF ten diferenzas co do portugués brasileiro. Por un lado, o galego, fronte ao portugués, conta coa forte “competencia” da gramática do español, que cada vez se fai máis presente, en distintos trazos morfosintácticos, a través do fenómeno da transferencia. Pero por outro lado, no caso do galego non podemos afirmar aínda que o IF estea restrinxido á variedade estándar, posto que, pese a perda de usos, mantense vivo na fala popular, sobre todo nas xeracións máis vellas25. Ademais, en boa medida polo seu carácter diferencial con respecto tais restricións”). Ao cabo de pouco máis de vinte anos, Freixeiro Mato (2000: 390-391) sinalaba, en relación coas ideas expresadas por Gondar, que “falta por sabermos se hoxe, transcorridos máis de 20 anos desde aquelas impresións e co galego incorporado ao ensino, a utilización na lingua oral do IF se ten incrementado, feito que nos parece evidente nos usos formalizados da lingua, mais non tanto na fala popular” (o destacado é noso). Carecemos de datos para a lingua oral, pero si posuímos datos obxectivos para a lingua escrita no ámbito académico. Os resultados das probas realizadas por Silva Valdivia no tempo en que Freixeiro Mato trasladaba estas reflexións (vid. apartado 3.1) mostraba un escasísimo uso do IF (0,8% do alumnado de 4º da ESO). Aínda que, como xa indicamos, a fonte dos datos é moi diferente, e, en consecuencia, estes son dificilmente comparables, os nosos resultados amosan un uso superior do IF (4,1% do alumnado de 2º de Bacharelato), o que podería ser un indicio do papel da escolarización no emprego do IF. Téñase en conta que este aparece dentro dos estándares de aprendizaxe a partir de 3º da ESO e se mantén tanto en 4º da ESO como nos dous cursos de Bacharelato, aínda que en todos os casos vinculado á súa utilización na lingua oral (a partir de 4º da ESO co engadido de lingua oral espontánea), tal como se pode comprobar no estándar reproducido liñas máis arriba. O importante papel da escola na utilización do IF é evidente no portugués do Brasil, onde, tal e como xa sinalamos, o IF apenas é empregado na lingua coloquial (fronte ao que sucede no portugués europeo, como xa indicamos). No Brasil, o IF asóciase á variedade estándar e é adquirido esencialmente a través da escola24: 24 A distinta presenza do IF nas variedades populares de Portugal e do Brasil explicaría a diferente competencia ao respecto do IF entre os falantes de portugués europeo e brasileiro como lingua de herdanza. Os primeiros, que adquiren o IF a través do input natural na súa infancia, amosan un dominio similar ao dos monolingúes portugueses europeos. Pola contra, os segundos, que na súa gran maioría non reciben formación académica en portugués, non adoitan ter coñecemento do funcionamento do IF, a diferenza dos monolingües brasileiros, que non adquiren a competencia na casa, pero si na escola (Pires / Rothman 2009b). A diferenza máis relevante que se percibe entre os falantes de portugués europeo como lingua de herdanza e os monolingües portugueses ten que ver co nivel de aceptabilidade de determinados usos, que é superior nos falantes de herdanza. Este feito explicaríase pola activación nos monolingües do coñecemento prescritivo, activación que non se produciría, ou en moita menor medida, nos falantes de herdanza, ao non posuíren o mesmo coñecemento da gramática prescritiva, debido ao seu reducido contacto cos rexistros formais da lingua e coa instrución formal (Barbosa, Flores e Pereira 2018:154). Deste xeito, no portugués europeo a escola actuaría como “reguladora” do uso do IF. 25 Por exemplo, Sánchez Rei (2007: 120), en gravacións feitas nos anos 90, non o rexistra nas xeracións máis novas, pero si en xente de maior idade. Nos fragmentos de entrevistas que ofrece Louredo Rodríguez (2019), realizadas en 2014, poden encontrarse en diferentes ocasións exemplos de uso do IF pertencentes á primeira é á segunda xeración. Con todo, o autor non analiza explicitamente a presenza do IF, de tal modo que non podemos excluír que estea presente tamén na fala dalgún membro da terceira xeración e que non se reflicta nos fragmentos de textos reproducidos.
34 Álvarez de la Granja, M. Madrygal 23 (2020): 15-38 código numérico asignado no corpus, que figura entre parénteses ao final do exemplo, para de tal xeito ofrecer xuntos e poder identificar aqueles exemplos que pertencen ao mesmo estudante ou á mesma estudante. (1) Por outra parte ter certa idea de gastronomía, ben sexa na teoría ou na práctica, supón un certo prestixio o cal, pese a seren algo superfluo, adquire relevancia ao ubicarse nun panorama social onde a cultura encontrase sutilmente ignorada, e no que impera por influenza suxestiva da televisión, as revistas e as redes sociais unha fascinación vaga e superficial polo novo, o innovador, o rompedor etc... polo que a escasa cultura que a maioría comparte, convertese tamén en presa desta forma de valorar as cousas da vida e a sociedade. (5) (2) Estes, evidentemente, queren crear produtos que compre a xente para así obteren máis beneficios. (24) (3) Así pois o que fan e relacionar precio con calidade, disminuíndo de esta maneira o consumismo, pois o seren productos mais caros non se poden permitir tanta cantidade, olvidando que en realidade o precio na maioría das veces, non está relacionado ca productividade. (47) (4) Se ben é certo que isto non é culpa nosa, senón da do sistema capitalista que nos asoballa coa publicidade, estamos facendo, sen sermos conscientes diso, que o sector primario pase por graves problemas, como sucede coa industria láctica na nosa terra. (52) (5) Por iso, o proletariado debe tomar conciencia da súa situación, erguer a súa voz en contra desta inxustiza e solidarizarse coa súa clase, evitando comprar aquilo que non precise e axudando, sobre todo, aos produtores da nosa terra, tratando de evitar, na medida que o peto o permita, as grandes multinacionais, que malia teren ofertas moi suculentas, rematan por perpetuar a explotación do obreiro e campesiño. (52) (6) E a pregunta a facérmonos sería: por que tendo produtos tan bos da nosa terra, como o polbo ou os grelos, hai unha gran cantidade de persoas que prefiren consumir alimentos tipicamente estranxeiros? (102) (7) Que este estilo de vida se manteña ao longo do tempo xa é máis discutible, pero o que está claro é que de seguires así a economía, este tipo de modas quedarán olvidadas e regresarán os produtos nacionais. (102) (8) A creación de “shows” de cociña en páxinas como “Youtube” axudaron moito o crecemento da cociña xa que agora unha persona normal pode mirar facilmente unha receta e ao castelán, o IF, tal e como comentamos, leva asociado unha marca de autenticidade (xustificada precisamente pola súa presenza na lingua popular) e asemade de prestixio, que pode funcionar como estímulo para o seu emprego. Os dous factores (presenza, aínda que escasa, no galego popular, e valoración positiva), xunto co seu emprego nos rexistros máis formais da lingua, constitúen un bo escenario para traballar o uso do IF desde a escola, a partir do input oral e escrito dos dous rexistros; para traballalo tanto desde a perspectiva máis estritamente lingüística, como para introducir reflexións metalingüísticas en volta do seu uso na sociedade, en volta da existencia dun tipo de transferencias adoito non estudadas, as transferencias por evitación, e máis en xeral, en volta das mudanzas que sofren as linguas como consecuencia das circunstancias sociais. Malia que, tal e como nos amosan os datos obtidos por Silva Valdivia (2006), xa comentados en 3.3, unha moi boa parte do alumnado galego non acceda por vía “natural” ao IF, a competencia gramatical pode tamén adquirirse no ámbito educativo, tal e como mostran Pires e Rothman (2009) tras a súa investigación sobre o IF no portugués brasileiro: this project has important implications for linguistic theory by demonstrating that older learners (teenagers) can obtain full grammatical competence (arguably through schooling and/or literacy) in grammatical properties of a dialect/ register which was not acquired in a naturalistic way, namely the formal/educated dialect used, possibly exclusively, in professional/academic settings and in writing. (Pires e Rothman 2009: 131) Por suposto, neste proceso xoga un papel fundamental a lingua empregada polo profesorado, de modo que a sensibilización sobre o uso do IF na súa formación inicial resulta un factor fundamental para a potenciación desta forma verbal. Cos datos extraídos de CORTEGAL, parece evidente que a xeneralización do ensino do galego, e en galego, non contribuíu aínda á recuperación do uso do IF no galego escrito, cando menos non nos textos académicos cos que traballamos. Con todo, outras experiencias amósannos que a recuperación é posible e que o ensino ten un papel de vital importancia nese proceso. 5. Apéndice Neste apéndice recollemos os exemplos de uso de IF co seu contexto. Ordénanse de acordo co
35Álvarez de la Granja, M. Madrygal 23 (2020): 15-38 (19) A publicidade dos medios de comunicación, das revistas e dos xornais fai anuncios chamativos para captar os nosos gustos e provocaren a sensación de necesidade do producto, o que nos introduce nun círculo vicioso de compras coas que en lugar de ter o control do noso diñeiro, o entregamos ás empresas aumentando a necesidade de máis e máis bens, ata que chegue un día no que non poidamos parar. (363) (20) Creo que isto é unha moda que seguirá e perdurará, debido a que tamén existe un certo “prestixio” e “nivel” ligados a este concepto de comida vangardista. Tamén, ao incorporarmos produtos prefabricados ou a comida rápida dubidaríase da sua existencia no futuro, pero o certo é que os humanos temos a necesidade de innovar e combinar novos produtos cos tradicionais, xa que senón, “aborrecen”. (378) (21) Ao sometermonos a estándares e cánones, estamos “obrigados” a cumprir unha serie de regras non escritas, baseadas en ter a roupa de última temporada ou a última videoconsola. (383) (22) Toda a política e os movementos sociais veñen dados por disconformidades ao non estaren de acordo ca situación económica. (415) (23) Cuestión de moda ou non, é certo que acadou unha gran popularidade, ata o punto de seren ofrecidos grandes recoñecementos aos cheffs. (441) (24) Como último consello cómpre sabermos cociñar xa que é básico nas nosas vidas. (466) (25) Tamén cómpre destacarmos que ese “tráfico de comida” que se denuncia no texto é en realidade o que demanda a poboación, sobre todo a máis xove. (477) (26) A min gústame ir para a aldea cos meus avós e estar na horta recollendo tomates, leitugas, cenorias... ademais de pasares un rato agradable cos avós, estámonos asegurando que o que imos comer é sano e aforramos bastantes cartos. (494) (27) Compre sermos conscientes de que estamos a vivir nunha sociedade moi influenciada polo consumismo e as modas, toda nova tendencia resulta ter un gran éxito na poboación. (496) (28) De seguirmos así, os gandeiros, agriculto res e particulares desaparecerán posto que a competencia de grandes multinacionais ocupará o seu posto nas tendas, con precios aínda máis baixos (e produtos de peor calidade). (550) (29) A fin e ó cabo, moitas persoas compran por comprar, sen fixárense se o produto e do país, aprender como facela cun video en vez de teren que descifrar un libro de recetas. (159) (9) A onde chegamos? e, o que é aínda máis alarmante, a onde imos parar de seguirmos así? (182) (10) E mesmo expertos relacionados co mundo da produción de hardware das novas tecnoloxías din que están fabricados para romperes máis rápido para que a xente volvao a comprar, esta cadea non é negativa e mais mellora a economía. (188) (11) Mentres que fai uns anos os restaurantes caros se caracterizaban por ter unha boa calidade de produto e estar ben cociñados; na actualidade para seren un restaurante prestixioso requírese moito máis. (190) (12) Por idílico que pareza este tipo de programas levan consigo un problema de cara a evolución dos nenos. Tratar aos nenos coa dureza que se fai, sometelos a esa presión... Por outra banda o feito de que eso se faga pola audiencia. Tanto adultos como mozos. Uns por chegar a seren como eles e outros por lles pareceren eses nenos persoaxes graciosas e inocentes. (190) (13) Por idílico que pareza este tipo de programas levan consigo un problema de cara a evolución dos nenos. Tratar aos nenos coa dureza que se fai, sometelos a esa presión... Por outra banda o feito de que eso se faga pola audiencia. Tanto adultos como mozos. Uns por chegar a seren como eles e outros por lles pareceren eses nenos persoaxes graciosas e inocentes. (190) (14) Este cambio seguramente ven dado pola demanda, maioritariamente de clases medias e altas, de probaren e novas experiencias, neste caso, gustativas. (192) (15) Nós, que tanto estamos a presumir de seren países desenvolvidos nos que non existe a escravización, estamos a ser por outro lado, os primeiros en fomentala. (218) (16) É indiscutible que este fenómeno da gastro - nomía foi cousa dunha moda nova establecida na civilización. Porén, tamén caracterízase por seren un avance de carácter cultural implantado na nosa nova mentalidadee que seguramente adquirirá un uso duradeiro. (281) (17) Con todo, a gastronomía é unha moda pasaxeira: fai uns anos, o ideal era encher os pratos de comida e comer ata fartar; mais agora, o ideal son as pequenas mostras de alimento moi ben presentadas pero que, ademais de seren caras, non acaban coa fame. (298) (18) As persoas consumimos moito mais do que producimos sen teren en conta os efectos que isto pode ter. (319)
36 Álvarez de la Granja, M. Madrygal 23 (2020): 15-38 (41) Se nada máis entrar en crise, o goberno investise cartos, tardaríase só uns anos en saír da crise, pero coma xa citei antes, os gobernos españois sempre se caracterizaron por seren corruptos e ineficaces. (688) (42) Así mesmo o descenso de produtividade descende o consumismo xa que os traballadores implicados nos procesos produtivos ven como a súa capacidade adquisitiva é menor, por tanto á hora de consumir modéranse máis, reducindo desta forma o consumo, o que significa pérda de beneficio para as empresas, que ao veren reducido o seu beneficio reducen a produción afectando aos traballadores. (749) (43) Isto é, os alimentos son coma a roupa ou os produtos de hixiene: pasaron de ter un uso específico a seren un obxecto co cal o capitalismo fai crer ás personas que quen máis cartos ten para pagar cousas de marca é mellor ca o resto. (777) (44) Está claro, vivimos nunha sociedade de consumo, nunha sociedade onde mercar uns pan - talóns cando xa tes quince é máis importante que o home tirado na rúa que carece de teito e dignidade. Unha sociedade que é máis importante o vestido de fin de ano que deixar de consumir para podermos salvar o planeta. (791) (45) En conclusión, agardo que esta actitude cambie canto antes para podermos prosperar como unha sociedade ecoloxista en favor do medio ambiente. (791) (46) Pero hoxe en dia iso non ocorre nestes paises, polo que a comida podeselle engadir outros alicientes que a convirten nun dos grandes representantes da nosa cultura, e chegando en certos casos a seren tratada coma un articulo de luxo. (810) (47) Allea a relación gastronomía - turismo, está o protagonismo que acada a alta cociña, que outorga premios e distincións tanto a locais como a chefs, que pasan a seren máis coñecidos. (817) (48) A evolución do mundo cara a modernidade fixo que se crease unha gastronomía diferente en cada cultura como a gastronomía de sentidos que non só consiste en degustar e analizar os pratos, senón que o deber das persoas é teren sentido eses pratos. (857) (49) A xente xa só encontra a felicidade e a satisfación no mercaren sen control. (883) (50) Para concluímos, cabe destacar que as novas tecnoloxías tamén axudaron ao espallamento do consumismo ao facilitaren a práctica de mercar. (883) (51) Para concluímos, cabe destacar que as novas tecnoloxías tamén axudaron ao espallamento se ven envasado con plástico ou se é de mellor ou peor calidade, é o máis barato e o compran. (550) (30) Así é todo, moita culpa diste problema téñeno as autoridades, que non fan nada ó veren que os produtores galegos están a perder o seu emprego e as súas empresas (propias do país), pola chegada doutras máis baratas e estranxeiras. (550) (31) Por iso, na miña opinión, non se debe frear o consumo, sempre e cando sexa prudente, ou a producción, o que deberíamos frear é a publicidade enganosa, e así poder sabermos o que mercamos sen prexuízos. (569) (32) Moitas veces sen dármonos conta somos partícipes dunha economía que supón a compra contínua de obxectos materiais que na maioría dos casos nin sequera necesitamos. (651) (33) O verdadeiro problema reside en que para podérmonos permitir eses luxos existen milleiros de persoas que son exclavizadas, traballando día e noite por un soldo que non chega para cubrir necesidades básicas como pode ser unha alimentación digna. (651) (34) Para concluirmos, a producción non existiría sen o consumo. (653) (35) Para concluírmos, deberíamos de intentar non consumir sen necesidade, dado que consumir por consumir pode perxudicarnos, e favorecer únicamente a productividade das empresas. (654) (36) Sen sermos conscientes, nacemos e desenvolvemos as nosas vidas baixo as consignas de consumir e producir (655) (37) Para finalizarmos, a relación entre produción e consumismo está e estará presente nos nosos días, pois é a una única forma que ten a sociedade de seguir co seu normal desenvolvemento. (655) (38) Toda esta eficacia na produción non ten outra finalidade que a de acadarmos un salario a fin de mes que nos permita non só subsistir, senón tamén satisfacer os nosos desexos de consumo que non son poucos, pois os estímulos chégannos dende calquera parte e dende calquera lugar. (655) (39) Son numerosas as vantaxes disto posto que favorecen o coñecemento das técnicas culinarias ao poderen ser observadas minuciosamente por unha cámara e, por tanto, ser grabadas por sempre. (667) (40) Pola contra, o gobernos españois caracterízanse por seren corruptos e ineficaces, polo que agora mesmo é complicado saír da crise. (688)
37Álvarez de la Granja, M. Madrygal 23 (2020): 15-38 realidade é unha fase de cambio e capricho. (918) (54) Esta situación dasé sobre todo en nenos que estan acostumados a conseguiren o que queren e por culpa dos pais que consinten todo para que o seu neno non se poña a chorar. (930) (55) Esta sobreprotección aos rapaces por parte dos pais crea unha rebeldía nos mozos, os que, por non faceren caso a seus pais, xa que se sinten “dominados” ou “escravizados” realizan unha serie de conductas impropias para a súa idade ou calquer outra. (991) do consumismo ao facilitaren a práctica de mercar. (883) (52) Da misma maneira, penso que esta moda deixará pegada na sociedade, xa agora hai xente verdadeiramente apasionada co mundo da cociña, entre eles, moitos nenos que están desexando medrar para convertírense en grandes cociñeiros. (889) (53) Os fillos encóntranse nunha etapa vital crítica onde tratan buscar quenes son e qué queren ser, chegando a ser incomprensibles en ocasións. Pensan que teñen unha maior madurez só por chegares á adolescencia, pero en 6. Referencias bibliográficas Álvarez, Rosario (1994): “Gramática descritiva e gramática prescritiva”, Cadernos de lingua 10, pp. 19-34, http://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/Cadernos/article/view/540/554. Álvarez, Rosario e Xosé Xove (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia. Álvarez de la Granja, María (2018): “Corpus de textos de estudantes galegos (CORTEGAL). Aspectos metodolóxicos”, en M. Díaz, G. Vaamonde, A. Varela, Mª Carmen Cabeza, J. M. García-Miguel e F. Ramallo (eds.), Actas do XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral. Vigo: Universidade de Vigo, pp. 55-62, http://cilx2018.uvigo.gal/actas/pdf/655842.pdf. Barbosa, Pilar; Cristina Flores e Cátia Pereira (2018): “On subject realization in infinitival complements of causative and perceptual verbs in European Portuguese: Evidence from monolingual and bilingual speakers”, en A. Cuza e P. Guijarro-Fuentes (eds.), Language acquisiton and the contact in the Iberian Peninsula. Berlin / New York: Mouton de Gruyter, pp. 125-158, https://doi.org/10.1515/9781501509988. Canever, Fernanda (2017): Infinitivo flexionado em português brasileiro: Frequência e percepções sociolinguísticas. Tese de doutoramento inédita. São Paulo: Unversidade de São Paulo, https://teses.usp.br/ teses/disponiveis/8/8139/tde-04042018-184015/publico/2017_FernandaCanever_VCorr.pdf. Duarte, Inês; Ana Lúcia Santos e Anabela Gonçalves (2016): “O infinitivo flexionado na gramática do adulto e na aquisição de L1”, en A. M. Martins e E. Carrilho (eds.), Manual de linguística portuguesa. Berlín / Boston: Walter de Gruyter, pp. 453-480, https://doi.org/10.1515/9783110368840-019. Dubert García, Francisco (2005): “Interferencias del castellano en el gallego popular”, Bulletin of Hispanic Studies 83/3, pp. 271-291, https://doi.org/10.3828/bhs.82.3.1. Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2000a): Gramática da lingua galega. Morfosintaxe. Vigo: A Nosa Terra. ——— (2000b): “Sobre os usos do infinitivo flexionado e do futuro de subxuntivo no galego moderno”, en R. Álvarez e D. Vilavedra (coords.), Cinguidos por unha arela común. Homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, vol. 1, pp. 389-416. ——— (2009): Lingua de calidade: vinte reflexións e unha proposta esperanzada para un galego con futuro. Vigo: Xerais. Gondar García, Francisco (1978): O infinitivo conxugado en galego. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela (Verba. Anuario galego de filoloxía, Anexo 13). González Rey, Maria Isabel (2004): “A Fraseodidactica: un eido da fraseoloxia aplicada”, Cadernos de Fraseoloxia Galega 6, pp. 113-130, http://www.cirp.es/pub/docs/cfg/cfg06_05.pdf. Hermida Gulías, Carme (2004): Gramática práctica: morfosintaxe. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco. Instituto Galego de Estatística (2019): Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do galego. Santiago de Compostela: Instituto Galego de Estatística, https://www.ige.eu/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?idioma=gl&codigo=0206004. Jansegers Marlies e Clara Vanderschueren (2010): “El infinitivo flexionado gallego: ¿Entre portugués y castellano?”, Revue de linguistique romane 295-296, pp. 415-441. Louredo Rodríguez, Eduardo (2019): Variación e cambio lingüístico en tempo aparente: o galego do Ribeiro. Tese de doutoramento inédita. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/19106.
38 Álvarez de la Granja, M. Madrygal 23 (2020): 15-38 Maurer Jr., Theodoro Henrique (1968): O infinito flexionado português (estudo histórico-descritivo). São Paulo: Companhia Editora Nacional. Moure, Teresa (2011): Ecolingüística: entre a ciencia e a ética. A Coruña: Universidade da Coruña. Oliveira, Taísa Peres de (2012): “A oração subordinada de adição”, Estudos lingüísticos 41/1, pp. 90-100, https://revistas.gel.org.br/estudos-linguisticos/article/view/1217/770. Pires, Acrísio e Jason Rothman (2009a): “Acquisition of Brazilian Portuguese in late childhood: Implications for syntactic theory and language change”, en A. Pires e J. Rothman (eds.), Minimalist Inquiries into Child and Adult Language Acquisition: Case Studies across Portuguese. Berlin / New York: Mouton de Gruyter, pp. 129-154, https://doi.org/10.1515/9783110215359. ——— (2009b): “Disentangling sources of incomplete acquisition: An explanation for competence divergence across heritage grammars”, International Journal of Bilingualism 13/2, pp. 211-238, https://doi. org/10.1177/1367006909339806. Real Academia Galega (2012): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega, https://academia.gal/dicionario [consulta: 15/11/2019]. Regueira, Xosé Luís (2012): “Autenticidade e calidade da lingua: purismo e planificación lingüística no galego actual”, Estudos de lingüística galega 4, pp. 187-201, https://revistas.usc.gal/index.php/elg/article/ view/410/407. Sánchez Rei, Xosé Manuel (2007): “Algunhas reflexións sobre o variacionismo lingüístico xeracional no galego”, en I. Méndez López e A. Sánchez Pérez (eds.), Lingua e idade: III Xornadas sobre Lingua e Usos. A Coruña: Universidade da Coruña, pp. 97-131, https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/8813. Sanmartín Rei, Goretti (coord.) (20123): Sobre a calidade da nosa lingua. A Coruña: Universidade da Coruña, https://www.udc.es/export/sites/udc/snl/_galeria_down/documentospdf/Libro_Calidade_Lingua. pdf_2063069239.pdf. Scida, Emily (2004): The inflected infinitive in Romance languages. New York / London: Routledge. Serrano, María José (2013): “El pronombre tú como recurso objetivador en español: variación textual y discursiva”, Borealis: An International Journal of Hispanic Linguistics 2/1, pp. 179-197, http://dx.doi. org/10.7557/1.2.1.2519. Silva Valdivia, Bieito (2006): Castelanismos morfosintácticos no galego. Avaliación da competencia do alumnado. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. ——— (2013): “Galego e castelán: entre o contacto e a converxencia”, en E. Gugenberger, H. Monteagudo e G. Rei-Doval (eds.), Contacto de linguas, hibrididade, cambio: contextos, procesos e consecuencias. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, pp. 287-314, http:// consellodacultura.gal/publicacion.php?id=2065. Soares da Silva, Augusto (2008): “The Portuguese inflected infinitive and its conceptual basis”, en B. Lewandowska-Tomaszczyk (ed.), Assymetric Events. Amsterdam / Philadelphia: John Benjamins Publishing Company, pp. 227-243, https://doi.org/10.1075/celcr.11.15sil. Vanderschueren, Clara (2013): Infinitivo y sujeto en portugués y español. Un estudio empírico de los sujetos adverbiales con sujeto explícito. Berlín / Boston: Walter de Gruyter, https://doi.org/10.1515/9783110307733. Vanderschueren, Clara e Marlies Jansegers (2010): “La vitalidad del infinitivo flexionado gallego”, en P. Cano López et al. (eds.), XXXIX Simposio Internacional de la Sociedad Española de Lingüística. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela (edición en CD-Rom). Vázquez Diéguez, Ignacio (2012): “O infinitivo (conxugado) galego e portugués e as súas correspondencias en español”, Estudos de lingüística galega 4, pp. 107-130, https://revistas.usc.gal/index.php/elg/article/ view/406. Vesterinen, Rainer (2006): Subordinação adverbial – um estudo cognitivo sobre o infinitivo, o clítico SE e as formas verbais finitas em proposições adverbiais do Português Europeu. Tese de doutoramento. Estocolmo: Universidade de Estocolmo, http://su.diva-portal.org/smash/get/diva2:199744/FULLTEXT01.pdf. Xove, Xosé (2005): “O verbo galego: usos e abusos, descrición e prescrición”, en R. Álvarez e H. Monteagudo (eds.), Norma lingüística e variación. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, pp. 313-334, http://consellodacultura.gal/mediateca/pubs.pdf/norma_lingua.pdf.