scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Probas materiais dos crímenes contra a humanidade. Un estudo das pegadas da dictadura arxentina (1976-1983)

González Villadóniga, Claudia

Abstract

O auto denominado coma “Proceso de Reorganización Nacional” (1976-1983) é un período da historia recente da Arxentina moi ligado ao exercicio da violencia política. Tras a transición e coa volta da democracia a necesidade da nación de coñecer da verdade vese reflectida nos procesos sociais e políticos. Este será o escenario no que se desenvolve esta nova liña de estudio. A arqueoloxía da represión pretende estudar o ocorrido mediante o análises das probas materiais por especialistas en diferentes disciplinas. Neste traballo trato de ofrecer unha visión xeral das investigacións levadas a cabo en torno á violación dos dereitos humanos mediante a análise do caso arxentino. A finalidade non é outra que a de construír unha pequena reflexión de como se dispón este novo campo de estudo, os seus principais problemas e o rol que xoga en relación coa sociedade, o estado e as políticas de memoria.

Full text

Probas materiais dos crímenes contra a humanidade. Un estudo das pegadas da dictadura arxentina (1976-1983) Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao de Historia Claudia González Villadóniga Director: Antonio Miguez Macho Julio Lisandro Cañón Voirín Departamento de Historia Curso 2020-2021 TRABALLO FIN DE GRAO-CLAUDIA GONZÁLEZ VILLADÓNIGA 1 TRABALLO FIN DE GRAO-CLAUDIA GONZÁLEZ VILLADÓNIGA 2 Resumo: O auto denominado coma “Proceso de Reorganización Nacional” (1976-1983) é un período da historia recente da Arxentina moi ligado ao exercicio da violencia política. Tras a transición e coa volta da democracia a necesidade da nación de coñecer da verdade vese reflectida nos procesos sociais e políticos. Este será o escenario no que se desenvolve esta nova liña de estudio. A arqueoloxía da represión pretende estudar o ocorrido mediante o análises das probas materiais por especialistas en diferentes disciplinas. Neste traballo trato de ofrecer unha visión xeral das investigacións levadas a cabo en torno á violación dos dereitos humanos mediante a análise do caso arxentino. A finalidade non é outra que a de construír unha pequena reflexión de como se dispón este novo campo de estudo, os seus principais problemas e o rol que xoga en relación coa sociedade, o estado e as políticas de memoria. Palabras chave: dereitos humanos, violencia política, memoria histórica, arqueoloxía da represión. Resumen: El autodenominado como “Proceso de Reorganización Nacional” (1976-1983) es un período de la historia reciente de Argentina muy ligado al ejercicio de la violencia política. Despúes de la transición democrática la necesidad de la población de conocer la verdad se ve reflejada en los procesos sociales y políticos. Este es el escenario en el que se desarrolla esta nueva línea de estudioLa arqueología de la represión atiende al estudio de lo ocurrido mediante el análisis de las pruebas materiales por especialistas de distintas disciplinas. En este trabajo trato de ofrecer una visión general de las invetigaciones llevadas a cabo en torno a las violaciones de los derechos humanos mediante el análisis del caso argentino. Mi intención no es más que la de construir una breve reflexión acerca de como se articula este campo de estudio, sus principales problemas y el papel que juega en relación con la sociedad, el estado y las políticas de memoria. Palabras clave: derechos humanos, violencia política, memoria histórica, arqueología de la represión TRABALLO FIN DE GRAO-CLAUDIA GONZÁLEZ VILLADÓNIGA 3 Abstract: The so-called "National Reorganization Process" (1976-1983) is a period in Argentina's recent history closely linked to the exercise of political violence. After the democratic transition, the population's need to know the truth is reflected in the social and political processes. This is the scenario in which this new line of study is developed. In this paper I try to offer an overview of the research carried out on human rights violations by analyzing the Argentinean case. The archaeology of repression deals with the study of what happened through the analysis of material evidence by specialists from different disciplines. My intention is no more than to construct a brief reflection on how this field of study is articulated, its main problems and the role it plays in relation to society, the state and memory policies. Keywords: Human rigths, political violence, archaeology TRABALLO FIN DE GRAO-CLAUDIA GONZÁLEZ VILLADÓNIGA 4 Índice de contidos INTRODUCCIÓN ....................................................................................................................................................... 6 1.O TERRORISMO DE ESTADO ........................................................................................................................... 8 • O CASO ARXENTINO ............................................................................................................................... 10 • A CUESTIÓN DOS ”DESAPARECIDOS” .............................................................................. 12 2. NA PROCURA DA VERDADE .......................................................................................................................... 15 • TRAS OS CAMBIOS POLÍTICOS ............................................................................................................. 15 • O PAPEL DAS PROBAS MATERIAIS ...................................................................................................... 17 • A ANTROPOLOXÍA FÍSICA E OS CRIMES CONTRA OS DEREITOS HUMANOS ............................ 22 • OS CENTROS CLANDESTINOS DE DENTENCIÓN (CCD): ORGANIZACIÓN, FUNCIONAMENTO E MECANISMOS DE REPRESIÓN ..................................................................................................................... 25 CONCLUSIÓNS ....................................................................................................................................................... 30 TRABALLO FIN DE GRAO-CLAUDIA GONZÁLEZ VILLADÓNIGA 5 TRABALLO FIN DE GRAO-CLAUDIA GONZÁLEZ VILLADÓNIGA 6 INTRODUCIÓN O día 29 de Marzo do 1976 Jorge Rafael Videla toma oficialmente o mando da nación arxentina tras o golpe de estado levado a cabo cinco días antes polos membros da Xunta Militar, dando comezo ó auto denominado Proceso de Reorganización Nacional. Así entre 1976 e 1983 o país viviría baixo o réxime dunha ditadura militar caracterizada pola súa intensa política represiva, onde destaca o elevado número de vítimas. As violación dos dereitos humanos mediante prácticas represivas como o secuestro, execución, ou tortura convertéronse durante anos na constante do estado, que exercía a represión de forma clandestina1. A cuestión que se expón a través deste traballo é a importancia da abordaxe do pasado traumático dunha nación no que a violencia adquire un carácter tan destacado. Cada vez son máis os traballos e os especialistas dedicados ao estudo das cuestións relativas á represión e a memoria en relación aos dereitos humanos. Dende a década dos oitenta o campo foise desenvolvendo e adquirindo unha importancia notable. Aquilo responde directamente á necesidade da sociedade de coñecer a verdade sobre a súa historia recente. Esta necesidade é unha realidade viva en moitos países. O trauma social que causa o exercicio sistemático de violencia non pode desaparecer mentres continúe a ser negada a propia existencia do seu exercicio. Isto adquire unha importancia maior se cabe ante a práctica masiva da “desaparición forzada”. A demanda polo esclarecemento do acontecido e polo coñecemento do paradoiro das vítimas de desaparición irá progresivamente trasladándose do ámbito máis familiar ata situarse no foco das axendas políticas nacionais. Os desaparecidos deixan tras de si un legado moi emblemático da violencia estatal e a represión exercida dende as altas esferas. A represión política dos anos do Proceso de Reorganización Nacional foi categorizada moi cedo de terrorismo de estado tentando dar conta ao carácter sistemático, relativamente clandestino e organizado co que se levou a cabo. Para isto tratarei de entender o exercicio da violencia estatal en Arxentina durante o Proceso de Reorganización Nacional dentro do contexto do terrorismo de estado no Cono Sur. Unha vez entrado en materia, reflexionarei sobre a labor da “arqueoloxía da represión” e das probas materiais para coa procura da verdade. 1 Sobre o carácter clandestino da represión véase Duhalde, Eduardo Luis. El Estado terrorista argentino. Buenos Aires, El caballito, 1983. TRABALLO FIN DE GRAO-CLAUDIA GONZÁLEZ VILLADÓNIGA 7 O meu propósito é o de facer unha achega cara ao papel das probas materiais no estudo da represión estatal e a súa importancia para a construcións dun relato histórico real. Para isto tratarei de introducir o tema mediante unha breve contextualización, comezando polas particularidades do caso arxentino dentro do terrorismo de estado, facendo unha visual xeral do panorama do momento e afondando máis de miúdo na cuestión da desaparición forzada. Tras isto enlazarei coa transición e como mediante os cambios políticos as pesquiñas pola verdade foron aumentando entre a poboación, dando pe ao estudo do pasado recente dende a perspectiva da arqueoloxía da represión. Finalmente tentarei simplificar como polas características concretas das que se parte as probas materiais chegan a obter un papel vital e como mediante ferramentas como a antropoloxía física ou o estudo arqueolóxico conseguiuse avanzar na procura da verdade. O traballo especializado de antropólogos e arqueólogos pode marcar un antes e un despois na narración do relato cultural da nación co estudo dos restos que deixa tras de si a violencia e os seus espazos. Para realizar este traballo baseeime principalmente no traballo de especialistas co campo da arqueoloxía, antropoloxía e historia, moitos deles partícipes da arqueoloxía do estudio da represión en Arxentina ou outras ditadura do Cono Sur. Entre estas destacas tales coma P. Calveiro, Izaguirre, J. Lampasona polo estudio do alcance exercicio da violencia, os campos de concentración e a desaparición forzada outros coma P. Funari, A. Zarankin e M. Salerno, E.D. Duhalde polas aportacións sobre a violencia do estado arxentino, memoria e a arqueoloxía da represión e máis D. Casallas e J. P. Piedrahita e C. Tcach e C. Iribarne ou M. Salado y L. Fondebrider, dedicándose á antropoloxía física en América Latina e o RAFA xunto co papel xeral desta nos estudios antropolóxicos como Z. Crossland. Estas solo son algúnhas das moitas investigadoras aos que acudín como fonte para documentarme e sobre os que traballo. Os avances da arqueoloxía da represión na Arxentina conforman un referente a nivel internacional da loita polo dereito á verdade e memoria dos familiares e das mesmas vítimas. TRABALLO FIN DE GRAO-CLAUDIA GONZÁLEZ VILLADÓNIGA 8 1.O TERRORISMO DE ESTADO •TERRORISMO DE ESTADO EN AMÉRICA LATINA O exercicio sistemático do terrorismo de estado é un identificativo das experiencias nas ditaduras do cono Sur na década dos 70´s. Aquí, entendemos o terrorismo de estado como o exercicio dun sistema de persecución política, baseado nas acción represivas por parte do estado contra os seus opositores, caracterizada por unha violencia extrema con prácticas características non convencionais ata o momento2. Cada país ten as súas peculiaridades no desenvolvemento dos seus acontecementos e réximes históricos pero o seu pasado conflitivo ten elementos comúns. Esta búsca dunha denominación ou categorización reflicte a excepcionalidade represiva dos gobernos militares. Así xorde a necesidade social e académica de nomear e definir o fenómeno, que pese a que non é completamente novo non se vivira nunca con estas dimensións xeográficas e temporais3. Xeralmente, o goberno das ditaduras estiveron conformados por oficiais das Forzas Armadas que, unha vez no poder, deron en alterar as leis ordinarias, substituíndoas por “leis marciais”. Estas funcionaron como excepcións ás constitucións de cada país e foron utilizadas para funcionar por encima destas sen necesidade de alteralas. Os sectores dominantes tiñan así a capacidade de limitar os dereitos e liberdades a pracer, pero sen levar a cabo a cambios radicais a nivel do funcionamento oficial4. O poder foi exercido dende unha institución do estado, as Forzas Armadas, que organizaría e articularía o poder con criterios institucionais. Os sectores militares en América Latina tentaron lexitimar o seu acceso ao poder mediante diferentes discursos, insistindo en argumentos como a necesidade de manter os valores culturais propios -xeralmente identificados coas ideas asociadas á sociedade occidental e cristiáou ben á presenza dos movementos de esquerda como unha escusa para xustificar os seus actos. Defendendo a premisa de que os gobernos non eran capaces 2 Jones, Daniel E. (2002) Seis estudios sobre genocidio. Análisis de las relaciones sociales: otredad, exclusión y exterminio. Eudeba, Buenos Aires. 3 Tcach, C. E., & Iribarne, M. C. (2014). Desandando los caminos de la represión: Un acercamiento a la experiencia del Equipo Argentino de Antropología Forense. 4 Zarankin, A., & Salerno, M. (2008). Después de la tormenta. Arqueología de la represión en América Latina. TRABALLO FIN DE GRAO-CLAUDIA GONZÁLEZ VILLADÓNIGA 15 2. NA PROCURA DA VERDADE • TRAS OS CAMBIOS POLÍTICOS No 1983, tras o fin da ditadura, iníciase o proceso de transición democrática. Parte dese proceso estará marcado polas investigacións xudiciais dos crimes da ditadura. O chamado “Xuízo ás Xuntas” (1985) sentou un precedente internacional. O traslado das investigacións á xustiza civil deuse pola demora que, máis ben era unha negativa, mostraba a xustiza militar por xulgar os crimes22. Mais, a “lei de punto final” (1986) paralizaría a continuación das investigacións. E, finalmente, a “lei de obediencia debida” declarará como non punibles os actos cometidos polos membros das Forzas Armadas, que rematarían por ser indultados. Durante a transición, os crimes contra a humanidade constituíron a cuestión social a resolver inmediatamente pola democracia. O goberno disporía unha serie de medidas dedicadas ao seu abordaxe. Nese sentido, cabe destacar a derrogación da auto amnistía, sancionada polos propios perpetradores, e o, xa mencionados, xuízo. Con todo, a intensidade e a maneira de abordar o tema iría variando durante os anos e coas propostas de cada conxuntura política. Iso si, o debate non desaparecería en ningún momento da escena política. Os gobernos van modificando o seu discurso con respecto ao pasado e a importancia da obrigación de esclarecer os feitos e as responsabilidades da xustiza con respecto ao recente pasado violento do mesmo. As investigación levadas adiante pola xustiza tiveron que enfrontar nun primeiro lugar a reacción das Forzas Armadas. Estas, nunha especie de pacto de silencio, pecharon filas. O anterior, implica, por un lado, un encubrimento activo dos autores materiais da represión e, por outro, a negación de información que posibilite o esclarecemento sobre o ocorrido coas vítimas. A necesidade de buscar e atopar os secuestrados-desaparecidos, os lugares onde puideron ter desaparecido, lugares de cativerio, sepultura. Así como, determinar as identidades, causa da morte e procura dos nenos nados durante o cativerio das súas nais. 22 Salerno, M. A., & Zarankin, A. (2015). Consolidar lo hecho; ir por lo que falta: Una reflexión sobre la arqueología de la última dictadura militar en Argentina. TRABALLO FIN DE GRAO-CLAUDIA GONZÁLEZ VILLADÓNIGA 16 Os equilibrios políticos marcan unha gran diferencia á hora da subvención e o tratamento estatal, cara o proceso de investigación e valorización da protección dos dereitos humanos. A situación é especialmente delicada tendo en conta os primeiros momentos da transición, manténdose en moitos dos seus postos a persoal implicado na ditadura e no seu aparello represivo23. Boa parte dos implicados na ditadura continuaron a ocupar postos de responsabilidade e influencia durante o novo goberno, exercendo presión para demorar e obstaculizar as investigacións. A procura da verdade e da xustiza respondeu a múltiples intereses, sendo nalgunha ocasión manipulado o capital simbólico do proxecto por algúns sectores do goberno. Có obxectivo de investigar os crimes da ditadura o goberno creou a Comisión Nacional sobre la Desaparición de Personas (máis coñecida como CONADEP). A iniciativa nace co obxectivo de recadar evidencias e testemuños para esclarecer os feitos relativos á desaparición forzada de persoas durante a ditadura. Como se establece no seu decreto de creación, as súas funcións serían as seguintes24: a) recibir denuncias y pruebas sobre aquellos hechos y remitirlas inmediatamente a la justicia si ellas están relacionadas con la presunta comisión de delitos; b) averiguar el destino o paradero de las personas desaparecidas, como así también toda otra circunstancia relacionada con su localización; c) determinar la ubicación de niños sustraídos a la tutela de sus padres o guardadores a raíz de acciones emprendidas con el motivo alegado de reprimir al terrorismo, y dar intervención en su caso a los organismos y tribunales de protección de menores; d) denunciar a la justicia cualquier intento de ocultamiento, sustracción o destrucción de elementos probatorios relacionados con los hechos que se pretende esclarecer; e) emitir un informe final, con una explicación detallada de los hechos investigados, a los ciento ochenta (180) días a partir de su constitución. 23 Garaño, S., & Sarrabayrouse Oliveira, M. J. (2018). Violencia de Estado, burocracias y activismo de los derechos humanos: Aportes de la Antropología Social al estudio del pasado reciente dictatorial argentino. 24 Decreto 187/83 Comisión Nacional sobre la Desaparición de Personas, publicado no Boletín Oficial o 19 de Decembro do 1983. TRABALLO FIN DE GRAO-CLAUDIA GONZÁLEZ VILLADÓNIGA 17 A Comisión non poderá emitir xuízos sobre os feitos e circunstancias, xa que esta é unha labor exclusiva do poder xudicial. Sen embargo, poderá dar informe dos sucesos que consideren de relevancia ou de carácter delituoso. Para isto, terá autoridade de requirirlle ás entidades e funcionarios do Poder Executivo nacional información e documentos que dispoñan necesarios para o seu traballo, así como o acceso aos lugares que considere. A CONADEP non será a única organización de estas características. As coñecidas como comisións da verdade foron inauguradas coa creación da Comisión Nacional de Investigación de Desaparecidos Forzados (Bolivia 1982). A esta lle seguen a Comisión Nacional sobre la Desaparición de Personas (Argentina 1983), a Comisión Especial sobre Muertos y Desaparecidos Políticos (Brasil 1995), Comisión Nacional de la Verdad (Brasil 2011), Comisión Nacional de Verdad y Reconciliación (Chile 1990), Comisión Nacional sobre Prisión Política y Tortura (Chile 2003), Comisión de la Verdad y la Justicia (Paraguay 2003), Comisión Investigadora Parlamentaria sobre la Situación de Personas Desaparecidas y Hechos que la Motivaron (Uruguay 1985) e a Comisión para la Paz (Uruguay 2000). A finalidade da creación destas organizacións extraxudiciais é a de promover a investigación nas sociedades que tiveron que afrontar situacións de violencia política ou estatal, tentando construír un saber critico do pasado recente para superar as pegadas que violencia deixa tras de si. Entre as súas principais demandas se atopan a investigación da violación sistemática dos dereitos humanos, a procura da responsabilidades e a identificación das causas e elementos principais da acción violenta emprendida polos Estados. Pretenden identificar as estruturas mediante as que foi exercido o terror e as súas ramificacións, tentando non so reivindicar a memoria das vítimas e buscando unha política de reparación ao dano causado que leve ao cese das funciones públicas daqueles que participaron directamente nestas violacións aos dereitos humanos. • O PAPEL DAS PROBAS MATERIAIS Atopámonos ante un contexto no que a meirande parte dos documentos tenden a excluír, minimizar ou distorsionar a presencia dos sectores afectados. A diferencia dos informes do estado, a materialidade dos corpos, obxectos e espazos resulta moito máis complexo de alterar. Do mesmo modo que os documentos, os obxectos participan na vida de todas TRABALLO FIN DE GRAO-CLAUDIA GONZÁLEZ VILLADÓNIGA 18 as persoas e poden dar testemuño dos acontecementos pasados. Así, mediante a análise arqueolóxica pódese darlle voz a feitos e grupos silenciados. Isto contribúe á elaboración dunha narrativa ou dun relato histórico diferente ao dominante, moi distorsionado polo goberno25. Co obxectivo de levar a cabo unha achega ás probas materiais o máis completa posible, as técnicas e disciplinas implicadas no proceso de investigación comezaran a mudar. A aplicación de estudos como a arqueoloxía, entomoloxía, antropoloxía física ou mesmo a xeoloxía foi unha novidade na investigación e para os servizos xudiciais. Nun primeiro momento non foi un recurso utilizado por parte dos xuíces e fiscais encargados dos casos, para o que se requiría unha reeducación cara o sistema xudicial e médico legal. Paso a paso a aplicación destas disciplinas incrementouse, abarcando non soamente as análises óseas, senón tamén labores noutras etapas como a investigación preliminar, recuperación arqueolóxica etc. Os médicos forenses e os criminalistas non estaban habituados as condiciones dos restos polo que as análises resultaban moi xerais, sen profundar en cuestións como variacións biolóxicas ou particularidades da poboación ao cinguirse únicamente a metodoloxías e procedementos en desuso como as táboas de sexo e idade26. Sumando a isto a dificultade para atopar información “ante mortem”, a carencia de vontade política e falta de coordinación entre as competencias, entre outros, fixeron necesaria a concepción dunha nova práctica multidisciplinaria para tentar levar a investigación có persoal mellor capacitado. Como proba disto temos as primeiras exhumacións, nas que podemos ver análises deficientes, perdida de restos ou a destrución dos mesmos, xunto coa utilización de métodos e ferramentas inadecuadas, da que deriva a pouca ou nula documentación e a falta de resultados27. Como resulta obvio, os casos de represión estatal non poden ser abordados dende mesma perspectiva que un caso criminal o un desastre masivo. Isto ven ligado principalmente ao orixe desta violencia. Trátase dun delito no que o propio estado 25 Zarankin, A., & Salerno, M. (2008). Después de la tormenta. Arqueología de la represión en América Latina. 26 Salado, M., & Fondebrider, L. (2008). El desarrollo de la antropología forense en la Argentina. Cuadernos de medicina forense 27 Ibid. TRABALLO FIN DE GRAO-CLAUDIA GONZÁLEZ VILLADÓNIGA 19 e a maquinaria e a artífice da violencia. Isto fai que o caso adquira un matiz e unhas implicacións que o fan moito máis complexas28. • A ARQUEOLOXÍA DA REPRESIÓN Estes serían os primeiros estudos dun campo que agora é denominado coma “arqueoloxía da represión”29 e que se pode identificar como a área de estudos que xorde co desafío á historia oficial das acciones represivas mediante a análise das súas materialidades30. As novas xeracións e as súas investigacións implicará o compromiso político do traballo dos arqueólogos á hora de contribuír ao esclarecemento polos crimes cometidos. Por moito tempo a arqueoloxía mantívose afastada do estudo e investigación da represión das ditaduras latinoamericanas e das súas implicacións e consecuencias. Co retorno da democracia o interese das novas xeracións no seu pasado próximo incentivo a elaboración de traballos. O desenvolvemento desta nova disciplina xerou a creación de espazos científicos e de diálogo en América Latina para contrastar as experiencias e os puntos en común do estudo dos sistemas represivos dos distintos gobernos da parte Sur do continente e o intento de sistematización dos estudios coma un conxunto. A arqueoloxía latinoamericana está cada vez máis comprometida coas causas sociais e o coñecemento e estudio dos feitos, ao marxe dos intentos de distorsión dos sectores implicados nos gobernos ditatoriais31. A arqueoloxía da represión estivo considerada como unha disciplina non relacionada inicialmente co mundo académico. As universidades e o seu persoal investigador, nun primeiro momento, non concibiron a problemática como parte do campo de estudo das súas disciplinas, especialmente á histórica, e sufriu un acusado desinterese pola arqueoloxía tradicional, asociada ao pasado distante. As posibles razóns polas que moitos dos profesionais non quixeron participar nestas investigacións son tradicionalmente 28 29 Bielous, S. D. (2012). Los equipos de antropología forense en América Latina: coadyuvantes en el camino de la verdad y la justicia. Red Universitaria sobre Derechos Humanos y Democratización para América Latina. 29 Zarankin, A., & Salerno, M. (2008). Después de la tormenta. Arqueología de la represión en América Latina. p. 22 30 Definición de Funari, P. P. A., & Zarankin, A. (2006). Arqueología de la represión y la resistencia en América Latina (1960-1980). Editorial Brujas. 31 Zarankin, A., & Salerno, M. (2008). Después de la tormenta. Arqueología de la represión en América Latina. TRABALLO FIN DE GRAO-CLAUDIA GONZÁLEZ VILLADÓNIGA 20 asociadas coa persecución intelectual vivida durante anos anteriores ou a posibilidade da implicación ou afinidade ao réxime32. A relación estreita que mantiveron as investigacións co mundo legal e xurídico fixo que por anos fora considerada por moitos como unha tarefa de peritos estatais e que permanecerá separada do programa de estudo das universidades33. A meirande parte dos resultados dos traballos son publicados en informes oficiais das institucións e non nos medios de difusión científica, ou no que non se correspondía co habitual. Por enriba as ideas positivistas predominantes na disciplina arqueolóxica do momento identificaban o estudo arqueolóxico coma un saber científico e neutral. Esta percepción da disciplina fixo que moitos dos académicos consideraran que non era apropiado o seu compromiso con labores asociadas a motivos sociais e políticos34. No ano 1984 a asociación das “Madres de la Plaza de Mayo” xunto coa CONADEP farían unha chamada internacional para reunir un equipo especializado e poder avanzar coa procura de restos, nese momento prioritaria. O encargado de reunir este equipo sería o antropólogo forense Clyde Snow, que tentaría xuntar a arqueólogos e médicos do país. Ante a negativa dos especialistas do ámbito académico, que non ofreceron a súa colaboración, pese a encontrarse entre eles algún especialistas en análises de restos óseos35 o equipo terminaría por estar composto na súa maioría de especialistas moi novos e mesmo estudantes, moitos dos cales acabarían formando o Equipo Arxentino de Antropoloxía Forense (EAAF). O EAAF establecerase como unha organización non-gobernamental para mostrarse independente das forzas do estado, aínda moi asociadas coa imaxe do réxime pola súa implicación directa36. Estes corpos gobernamentais non tiñan o apoio do sector público, 32 Salerno, M. A., & Zarankin, A. (2015). Consolidar lo hecho; ir por lo que falta: Una reflexión sobre la arqueología de la última dictadura militar en Argentina. 33 Bielous, S. D. (2012). Los equipos de antropología forense en América Latina: coadyuvantes en el camino de la verdad y la justicia. Red Universitaria sobre Derechos Humanos y Democratización para América Latina. 34 Zarankin, A., & Salerno, M. (2008). Después de la tormenta. Arqueología de la represión en América Latina. 35 Salerno, M. A., & Zarankin, A. (2015). Consolidar lo hecho; ir por lo que falta: Una reflexión sobre la arqueología de la última dictadura militar en Argentina. p. 154 36 Ibid. TRABALLO FIN DE GRAO-CLAUDIA GONZÁLEZ VILLADÓNIGA 21 xa que nin posuían a capacidade técnica ou a experiencia requirida para levar adiante as investigacións. Pero, tampouco contaban coa confianza dos familiares das vítimas, xa que estes foran parte do sistema oficial cómplice do réxime. A actividade dos equipos está apartada destes procesos precisamente pola vontade de apartarse das diferentes visións das políticas gobernamentais para co pasado recente. A repercusión destas investigacións non foi so nacional, senón que conseguiu crear un impacto a nivel internacional na crecente defensa do dereito á verdade, xunto con avances no marco dos dereitos humanos e un foco maior nos delitos de lesa humanidade, tentando facer un rexeitamento activo ás estruturas que manteñen o poder e impiden dar os feitos a coñecer e atopar os restos desaparecidos. Ademais, a investigación e recolección de evidencias dos crimes cometidos poderá evitar a negación do ocorrido, en palabras del propio Snow: “Cada vez que recuperamos o esqueleto dunha persoa nova cun burato de bala no pescozo resulta máis difícil vir con argumentos”37. O primeiro obxectivo do EAAF foi detectar, exhumar e identificar os restos dos denominados como NN ou “ningún nome”: individuos represaliados cuxa identidade é descoñecida. Os estudios realizados polo EAAF permitiron coñecer de maneira máis completa as estratexias represivas da ditadura. Os seus primeiros traballos centraranse nas tumbas dos NN, constatando a presencia de trazos de tortura e asasinato nos restos. Moitas deses restos das persoas represaliadas estaban en fosas comúns38. Ata fin da década dos 90’s, as súas pescudas estiveron orientadas á recuperación e identificación dos restos óseos dos desaparecidos, tanto en cemiterios como en fosas comúns. Isto conforma unha etapa clave na conformación desta disciplina científica, axudando á formación de grupos de investigación focalizados na arqueoloxía forense. Tras estes primeiros anos, se ben continuou cos traballos anteriores, engádese o avance en investigacións relativas aos centros de reclusión (coñecidos como Centros Clandestinos de Detención), dotando á investigación de unha maior riqueza e 37 Bielous, S. D. (2012). Los equipos de antropología forense en América Latina: coadyuvantes en el camino de la verdad y la justicia. Red Universitaria sobre Derechos Humanos y Democratización para América Latina. 38Zarankin, A., & Salerno, M. (2008). Después de la tormenta. Arqueología de la represión en América Latina. TRABALLO FIN DE GRAO-CLAUDIA GONZÁLEZ VILLADÓNIGA 22 transversalidade nos contextos de investigación. A cultura material como son os espazos e obxectos tamén poden considerarse como un factor simbolicamente construído. Así os obxectos serían considerados como elementos activos que so cobran sentido mediante a súa contextualización social e histórica. Estes poden ter moito potencial á hora de tentar acercar pasado e presente, á vida na ditadura, ás vítimas, ás súas historias e as consecuencias que tivo o terrorismo de estado sobre a sociedade e os individuos que a conforman39. • A ANTROPOLOXÍA FÍSICA E OS CRIMES CONTRA OS DEREITOS HUMANOS A análise dos restos esqueletizados supón unha grande ferramenta de estudo, á hora de colleitar todas as evidencias posibles do sucedido e tentar construír unha historia realista e fundamentada. Así, abre a posibilidade de coñecer a realidade, negada durante anos ás familias e á mesma sociedade. Busca reconstruír o pasado que a poboación e o mundo reclama coñecer40. A antropoloxía forense aplicada as investigacións da “arqueoloxía da represión” combina metodoloxías da criminoloxía, do traballo de campo arqueolóxico e da antropoloxía biolóxica, xunto da contribución de outras ferramentas como as do campo das análises xenéticas. Os aportes da antropoloxía física dentro da “arqueoloxía da represión” foron fundamentais a nivel social para a recuperación de evidencias e o avance nos procesos xudiciais. A nova posición da antropoloxía forense, como fonte de documentación das violacións aos dereitos humanos, logra mostrar unha incidencia moi fonda na percepción dos acontecementos e especialmente nos procesos penais. Isto implica unha axuda moi grande no ámbito internacional respecto ós delitos de lesa humanidade, establecendo un precedente para a actuación41. A identificación dos restos responde a moitos factores, xa que pese á introdución de métodos de evidencia máis avanzados como o estudo do ADN, a tarefa de laboratorio é a 39 Salerno, M. A., & Zarankin, A. (2015). Consolidar lo hecho; ir por lo que falta: Una reflexión sobre la arqueología de la última dictadura militar en Argentina. 40 Tcach, C. E., & Iribarne, M. C. (2014). Desandando los caminos de la represión: Un acercamiento a la experiencia del Equipo Argentino de Antropología Forense. p. 150 41 Bielous, S. D. (2012). Los equipos de antropología forense en América Latina: coadyuvantes en el camino de la verdad y la justicia. Red Universitaria sobre Derechos Humanos y Democratización para América Latina. TRABALLO FIN DE GRAO-CLAUDIA GONZÁLEZ VILLADÓNIGA 23 suma dun traballo que reúne varios pasos e, en moitas ocasións, o uso de varias técnicas ou disciplinas. Aquí xoga un papel importante a testemuña das familias e persoas próximas, a indagación sobre o lugar de detención, localización de fosas, a orde de deposición dos restos etc. En resumo, todo o que aporte información da posible identidade dos corpos. Tamén xoga un papel moi importante as condición arqueolóxicas nas que se atopan os restos. Nun estado óptimo poden aportar información sobre o momento e a maneira na que foi depositados os restos. Os enterramentos poden ser clasificados en función das evidencias e aportar información que axude a distinguir como se exercía a violencia, modelos comúns a diferentes gobernos, as prácticas habituais etc. A intención é a de estudar todo o que poida aportar información para precisar o mellor posible as hipóteses sobre as identidades dos restos e o que lles sucedeu42. Para aqueles restos, nos que a vía do ADN non funcione (sexa por falta de mostras de familiares para cotexar ou imposibilidade de extraer información xenética completa), existe outra vía para reconstruír as identidades, mediante a dedución pola inclusión no conxunto de corpos. A “liña de caída”, é dicir, data de detención, centro no que estivo retido, data na que foi “trasladado” ou executado e demais información relativa ao momento de “desaparición” pode ter unha importancia moi grande. A labor de investigación e comparación de documentos é crucial debido a esta dobre actuación do gobernou á hora da expedición das partidas de defunción legalmente e seguindo os procesos burocráticos tras ter sido asasinados fóra dos marxes legais e sen deixar parte. Este feito facilitou a posibilidade de formular hipóteses para a identificación dos restos óseos dos NN atopados nas exhumacións43. Antes de poder formular hipóteses débese levar a cabo unha investigación que para sintetizar podería simplificarse en torno a tres etapas: unha primeira ou preliminar; a asociada á recuperación arqueolóxica dos restos; e a terceira que se centra nas análises no 42 Tcach, C. E., & Iribarne, M. C. (2014). Desandando los caminos de la represión: Un acercamiento a la experiencia del Equipo Argentino de Antropología Forense. 43 Ibid. TRABALLO FIN DE GRAO-CLAUDIA GONZÁLEZ VILLADÓNIGA 24 laboratorio das evidencias obtidas44. O estudo da “arqueoloxía da represión” require das investigacións para participar en causas sociais e comprometidas politicamente, sen abandonar o ideal da obxectividade nas investigacións e a visión crítica das evidencias, mantendo un carácter técnico na procura e análises das probas materiais45. A fase preliminar componse da investigación do contexto, axentes, e modo de operación mediante os posibles lugares de detención, morte ou inhumación, información das vítimas tal como unha posible listaxe, datos persoais e físicos, testemuñas, etc. Esta información pode axudar a esclarecer posibles liñas de investigación e acercarnos coa localización de fosas e a reconstrución dos feitos e permite a creación dunha base de datos específica para acoutar as procuras. Para obter esta información, resulta necesario revisar fontes tanto escritas (informes dos organismos e comisión, documentos oficiais do momento, fotografías, denuncias dos organismos polos dereitos humanos) ou orais (testemuñas referidas ás vítimas, sobreviventes, testemuña, axentes estatais). A parte relativa á práctica arqueolóxica atinxe ao relativo á escavación e recuperación das evidencias óseas e artefactuais e a información que as rodea. En moitos casos os equipos recorren ao apoio noutras disciplinas como a xeoloxía para identificar os espazos onde poder atopar as fosas ou as áreas de exhumación. Cada intervención implica o deseño das estratexias específicas de recuperación e os aspectos técnicos e loxísticos que esta implica, xunto cos posibles problemas que se poden dar en función da preservación da área, posibles deterioracións, etc. O obxectivo é evitar a perdida das evidencias e outros erros, para intentar efectuar unha intervención o máis completa posible. Tamén implica o estudo das evidencias dentro do contexto e a súa relación con outros posibles casos, a investigación previa e as posteriores análises de laboratorio e o seu rexistro escrito e gráfico, para describir os achados e fundamentalos para a documentación do contexto orixinal unha vez extraídos os restos. A última etapa, se corresponde cos estudios dos restos e os obxectos atopados. No caso dos restos dos NN, a análise tenta descubrir a identidade da vítima xunto coa causa da 44 Salado, M., & Fondebrider, L. (2008). El desarrollo de la antropología forense en la Argentina. Cuadernos de medicina forense 45 Salerno, M. A., & Zarankin, A. (2015). Consolidar lo hecho; ir por lo que falta: Una reflexión sobre la arqueología de la última dictadura militar en Argentina. TRABALLO FIN DE GRAO-CLAUDIA GONZÁLEZ VILLADÓNIGA 31 A finalidade é a de achegar aos individuos e colectivos a realidade da represión e persecución do terrorismo de estado sobre a cidadanía, servindo para manter viva a lembranza do que non debe de volverse repetir. Así funcionan como un recordatorio da necesidade de ter un compromiso moral activo co respecto dos dereitos humanos63. A xusticia e a memoria, a reparación, a verdade non son conceptos vacuos ou parte dun discurso superficial. Polo contrario deberían constituír unha necesidade social. Un dereito ao que poder acudir coma cidadán64. O gran desafío ao que se enfronta a disciplina vai máis alá dos estudos históricos, profundamente ligado coa xestión no presente e a sociedade. Ante sucesos tan graves como os crímenes cometidos durante os anos do “Proceso de Reorganización Nacional” o único camiño a seguir para sanar o pasado traumático da nación é o da investigación e a procura da verdade. En palabras dos investigadores Salado e Fondebrier: Aínda que en cada país, grupo cultural étnico ou relixioso, proceso político ou método represivo existan evidentes diferenzas a necesidade dos familiares de respostas, de respeto, de apoio e da dignificación das vítimas é basicamente a mesma. Os principios fundamentais dos que se sustentan os dereitos humanos non son meras palabras subscritas en convencións se non que son compromisos tanto do Estado como dos seus cidadáns. 64 Salado, M., & Fondebrider, L. (2008). El desarrollo de la antropología forense en la Argentina. Cuadernos de medicina forense 65 Ibid. TRABALLO FIN DE GRAO-CLAUDIA GONZÁLEZ VILLADÓNIGA 32 BIBLIOGRAFÍA Bielous, S. D. (2012). Los equipos de antropología forense en América Latina: coadyuvantes en el camino de la verdad y la justicia. Red Universitaria sobre Derechos Humanos y Democratización para América Latina. Calveiro, Pilar. (1998) Poder y desaparición. Los campos de concentración en Argentina. Buenos Aires, Colihue Casallas, D., & Piedrahita, J. P. (2004). Antropología forense en el conflicto armado en el contexto latinoamericano. Estudio comparativo Argentina, Guatemala, Perú y Colombia. Maguaré Crossland, Z. (2013). Evidential regimes of forensic archaeology. Annual review of Anthropology. Duhalde, Eduardo Luis. El Estado terrorista argentino. Buenos Aires, El caballito, 1983. Funari, P. P. A., & Zarankin, A. (2006). Arqueología de la represión y la resistencia en América Latina (1960-1980). Garaño, S., & Sarrabayrouse Oliveira, M. J. (2018). Violencia de Estado, burocracias y activismo de los derechos humanos: Aportes de la Antropología Social al estudio del pasado reciente dictatorial argentino. Izaguirre, Inés. (1992) Los desaparecidos: recuperación de una identidad expropiada. Buenos Aires, Cuadernos del IIGG, Facultad de Ciencias Sociales Jones, Daniel E. (2002) Seis estudios sobre genocidio. Análisis de las relaciones sociales: otredad, exclusión y exterminio. Eudeba, Buenos Aires Korstanje, M. E. (2014). ANTROPOLOGIA DE LA MEMORIA: De la represión al genocidio. Lampasona, J. (2013). Desaparición forzada en Argentina: entre la desaparición y la sobrevida. O sobre la'regla'y la'excepción'en el despliegue de la tecnología de poder genocida. Aletheia TRABALLO FIN DE GRAO-CLAUDIA GONZÁLEZ VILLADÓNIGA 33 Leiton, D. M. (2009). Hacia una arqueología del pasado contemporáneo. La Zaranda de Ideas Novaro, Marcos y Palermo, Vicente.(2003) La Dictadura Militar 1976/1983. Del Golpe de Estado a la restauración democrática. Buenos Aires, Paidós Robben Antonius. (2008) Pegar donde más duele. La violencia política en Argentina. Barcelona Salado, M., & Fondebrider, L. (2008). El desarrollo de la antropología forense en la Argentina. Cuadernos de medicina forense Salerno, M. A., & Zarankin, A. (2015). Consolidar lo hecho; ir por lo que falta: Una reflexión sobre la arqueología de la última dictadura militar en Argentina. Salerno, M. A., Zarankin, A., & Perosino, M. C. (2013). Arqueologías de la clandestinidad: una revisión de los trabajos efectuados en los centros de detención clandestinos de la última dictadura militar en Argentina. Tcach, C. E., & Iribarne, M. C. (2014). Desandando los caminos de la represión: Un acercamiento a la experiencia del Equipo Argentino de Antropología Forense. Tcach, C. E., & Iribarne, M. C. (2014). Desandando los caminos de la represión: Un acercamiento a la experiencia del Equipo Argentino de Antropología Forense. Tello, M. E. (2018). Historias de (des) aparecidos. Un abordaje antropológico sobre los fantasmas en torno a los lugares donde se ejerció la represión política. Vega Martínez (1997) La desaparición: un proceso mucho más complejo que la muerte de un individuo. Zarankin, A., & Salerno, M. (2008). Después de la tormenta. Arqueología de la represión en América Latina. Zarankin, A., & Salerno, M. A. Capítulo 9.“Todo está guardado en la memoria". Reflexiones sobre los espacios para la memoria de la dictadura en Buenos Aires TRABALLO FIN DE GRAO-CLAUDIA GONZÁLEZ VILLADÓNIGA 34 Zarankin, A., Niro, C. (2002) La materialización del sadismo, arqueología de la arquitectura de los Centros Clandestinos de Detención de la dictadura militar argentina (1976-1983).