Full text
FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA GRAO EN HISTORIA Traballo de Fin de Grao Os graffiti de Cova de Eirós: a vida contemporánea dunha cova paleolítica Alba Vidal Soliño Titora: María del Mar Llinares García Departamento de Historia Curso académico 2021-2022
ÍNDICE Resumo e palabras chave ..................................................................................... 1 1. Introdución ........................................................................................................... 3 2. Obxectivos e metodoloxía .................................................................................... 4 2.1. Obxectivos xerais ...................................................................................... 4 2.2. Metodoloxía .............................................................................................. 5 3. Os graffiti, unha primeira aproximación arqueolóxica ......................................... 8 3.1. Técnicas na factura ................................................................................... 8 3.2. Elementos esgrafiados e os espazos da cova ............................................ 9 3.3. A cronoloxía e o emprego das agrupacións de nomes e da paleografía como marcadores .............................................................................................. 13 4. As entrevistas aos habitantes da localidade ......................................................... 15 4.1. Deixar a súa pegada ............................................................................... 15 4.2. Tempo de traballo ................................................................................... 18 4.3. A aventura e os emigrados ...................................................................... 20 4.4. A ciencia e a curiosidade revivida ........................................................... 25 5. Conclusións, problemas e opcións futuras .......................................................... 27 Anexo 1: Guión da entrevista .............................................................................. 31 Anexo 2: Figuras ................................................................................................. 32 Bibliografía ......................................................................................................... 45
1 Resumo: A Cova de Eirós é ben coñecida polas labores arqueolóxicas e paleontolóxicas que nela se desenvolven dende hai tres décadas. Unha faciana pouco coñecida e estudada nesta é a que compete á súa historia recente, ao valor e usos que os veciños de Cancelo lle deron durante o pasado século, marcados nas súas paredes. Esta labor etnográfica é o abordado no presente traballo, nado do interese e procura dunha lectura positiva dos graffiti que cobren as paredes da cova, dos cales se ten coñecemento por ter danado gravados paleolíticos. Para logralo, durante a pasada campaña conducíronse múltiples entrevistas cos habitantes da localidade a fin de saber das súas vivencias e recordos sobre a cavidade, complementadas cun rexistro inicial dos graffiti. Todo o anterior permítenos diferenciar dous tempos na relación vivida coa cova, nos que a infancia, o sistema económico e de explotación da terra, a emigración ou a chegada de axentes externos sobresaen como factores clave nos cambios producidos. La Cova de Eirós es bien conocida por las labores arqueológicas y paleontológicas desenvueltas desde hace tres décadas. Una cara poco conocida y estudiada en esta es la que refiere a su historia reciente, al valor y los usos que los vecinos de Cancelo le dieron durante el pasado siglo, marcados en sus paredes. Esta labor etnográfica es lo que se aborda en el presente trabajo, nacido del interés y la búsqueda de una lectura positiva de los graffiti que cubren las paredes de la cueva, de los que se tiene conocimiento por haber dañado grabados paleolíticos. Para lograrlo, durante la pasada campaña se condujeron múltiples entrevistas con los habitantes de la localidad a fin de saber sus vivencias y recuerdos sobre la cavidad, complementadas con un registro inicial de los graffiti. Todo lo anterior nos permite diferenciar dos tiempos en la relación vivida con la cueva, en los que la infancia, el sistema económico de explotación de la tierra, la emigración o la llegada de agentes externos sobresalen como factores clave en los cambios operados. The Cova de Eirós site is well known because of the archaeological and palaeontological works that had been unfolded for the past three decades. A face poorly known and studied on the site it is the one related to his recent past, to the value and customs that Cancelo locals gave to it for the past decade, marked on his walls. This ethnographic task is what it is addressed on this work, which was born from the concern
2 and quest for a positive lecture from the graffiti that fill up the cave walls, publicly known because some of them damaged palaeolithic engravings. To achieve it, during the past campaign numerous meetings with the locals were held in order to know about their experiences and memories related to the cavity, complemented with an initial record of the graffiti. All this allow us to distinguish two times on the relation that the locals had with the cave, when childhood, the economic system behind land use, migration or the arrival of foreigner agents stand out as key causes on the changes occurred. Palabras chave: etnoarqueoloxía; graffiti; traballo infantil; pastoreo; valoración patrimonial etnoarqueología; graffiti; trabajo infantil; pastoreo; valoración patrimonial ethnoarchaeology; graffiti; child labour; grazing; patrimonial assessment
3 1. Introdución Cova Eirós emprázase na parroquia de Cancelo, municipio de Triacastela (Lugo), na ladeira norte-noroeste do Monte Penedo, na serra do Oribio. A 785m s. n. m. e 25m sobre o regato de Bezcas, esta cova cárstica conta con 312m de lonxitude, internamente dividida en tres niveis superpostos de galerías, dispóndose os paneis de arte paleolítica maiormente entre a Sala Principal e a Galería Este-Sueste (Lombera-Hermida et al., 2021: 861). Os asentamentos prehistóricos atópanse no exterior, na boca da cova, onde se seguen a realizar as intervencións arqueolóxicas; no interior, as catas arqueolóxicas demostraron a existencia de ocupacións posteriores, por exemplo de época medieval a como testemuñado polos materiais históricos recollidos e estudados (caso da cerámica medieval da área de entrada, cos resultados en César Vila et al., 2018) (véxase a topografía da cova na fig. 1). A parroquia de San Cristovo de Cancelo contaba cun total de 58 habitantes a un de xaneiro de 2021 (25 homes e 33 mulleres) (INE, Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por Unidad Poblacional), ano en que as labores etnográficas foron conducidas. Consistiron estas en diversas entrevistas motivadas polos graffiti que cobren as paredes da cova ao longo de toda a súa extensión, dos que sabemos que se corresponden na súa maioría coas sinaturas dos propios veciños, tal e como estes nos contaron dado o contacto prolongado por máis dunha década por mor das campañas arqueolóxicas anuais. Nun primeiro momento pensouse que estas representacións podían corresponderse coa arte de pastores a como os casos dos Alpes (Bazzanella et al., 2013, 2014a, 2014b; Rose, 1987), occidente salmantino (Reis e Vázquez Marcos, 2019 e 2021), ou co particularismo de Riocavado de la Sierra (Libano, 2016-2017). Mais esta idea pronto foi revisada polas diferencias no contido que o noso caso de estudo presentaba respecto a estes outros, algúns deles de gran espectacularidade e destreza artística, paneis da memoria dos mozos que botaban o día no monte. Entrevistándonos cun dos espeleólogos do grupo GESA mencionou que non é infrecuente que atopen con graffiti de sinaturas e datas cando exploran covas. Acabamos corroborando este como un fenómeno relativamente común tamén nos lugares en que hai arte paleolítica e que xa foi
4 estudado en distintas rexións da Península Ibérica, se ben dun modo residual ata datas recentes, pero con interesantes casos como os de Barciela González e Molina Hernández, 2015; García Díez et al, 2001; García Diez e Luís, 2002-2003; González Fernández et al, 1993; Libano e Vega, 2019-2020). En todas estas publicacións comprobamos como o noso caso podía corresponderse cunha actividade estendida nas covas e abrigos sen necesidade da existencia de pastoreo, motivada pola curiosidade, pero a cal foi pouco estudada pola súa proximidade temporal. Dentro das tarefas desenvoltas para o presente traballo, a de cariz máis arqueolóxico, concretada no bloque terceiro de Os graffiti, unha primeira aproximación arqueolóxica, consistiu nun rexistro inicial dos graffiti, identificando as áreas de maior concentración (explicados en relación aos paneis da arte ou da intervención paleontolóxica da oseira, para o cal véxase a fig. 1) e aproximando unhas datas de realización (con criterios de superposición de trazos ou paleográficos). A tarefa propiamente etnográfica compón o corpo principal, e da que inmediatamente detallaremos a metodoloxía empregada, así como os obxectivos considerados na súa abordaxe, e sobre a que volveremos no bloque cuarto (p. 15), especificamente dedicado ás entrevistas. 2. Obxectivos e metodoloxía 2.1. Obxectivos xerais O obxectivo principal deste traballo é abordar os cambios nos usos e valoración da Cova Grande (Cova de Eirós ou das Ovellas) por parte dos habitantes locais de Cancelo durante o pasado século, os que motivaron que deixaran as súas firmas no interior da cova. Valémonos para elo das entrevistas á dita veciñanza, interesándonos polas súas vivencias con respecto á cavidade e o que os moveu ás incursións na mesma, durante as que gravaron os seus nomes nas paredes. Este interese ven impulsado polas vixentes labores arqueolóxicas que estudan a ocupación paleolítica da cova e os usos e actividades que nesta se desenvolveron durante os períodos de ocupación, procurando ampliar estes
5 coñecementos ata os tempos contemporáneos, aos que se corresponden os graffiti das paredes. Decretada Cova Eirós como Ben de Interese Cultural (BIC), provisionalmente dende 2017 coa categoría de monumento1, finalmente modificado no 2019 á de xacemento arqueolóxico2, conta coa máxima protección e tutela da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, precisándose da concesión do seu permiso para calquera actuación sobre o ben e a súa zona de protección. Baixo a necesidade de concienciar aos habitantes da zona sobre a importancia e necesidade da protección do ben, con estes traballos tamén se lles pretende aproximar esta idea de protección patrimonial da cova, en lugar de simplemente impoñer un modelo dende a autoridade. Esta liña apenas está esbozada, pero a súa importancia fai dela unha posibilidade futura de traballo, necesaria para o coidado e conservación deste ben patrimonial. Todo isto non poderá ser logrado sen a colaboración da veciñanza, polo que é necesario involucralos no proceso. 2.2. Metodoloxía Nesta primeira aproximación aos graffiti decidiuse que unha abordaxe etnográfica resultaba a mellor opción, adoptando por tanto a metodoloxía propia desta disciplina nos traballos de campo, guiándonos polo manual de Hammersley e Atkinson (1994), Etnografía. Métodos de Investigación. Tal e como acabamos de referir, estas tarefas consistentes nas entrevistas e en actuar como un “observador participante”, que comunmente se asumen como mera observación e descrición aberta, condicionan e tenden a ignorar o deseño previo da investigación por consideralo inútil (Hammersley e Atkinson, 1994: 42). Neste caso, o deseño consistiu no establecemento inicial do problema da investigación (os cambios de uso e percepción patrimonial da cova dende os graffiti), e na composición dunha guía de temas e preguntas que nos interesaba abordar durante as entrevistas (Anexo I), que foron o modo escollido para a obtención de información (Hammersley e Atkinson, 1994: 46-47). 1 Procedemento iniciado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no DOG a Resolución do 10 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, baixo a categoría de monumento [consultado o 17/07/2022: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170502/AnuncioG0164-210417-0002_gl.pdf] 2 DECRETO 32/2019, do 14 de marzo [consultado o 17/07/2022: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190403/AnuncioG0535-260319-0001_gl.pdf]
6 Un dos primeiros problemas con que nos atopamos á hora de prepara as entrevistas e o rexistro dos graffiti foi a falta dunha vía intermedia como esta (a combinación de rexistro material e inmaterial) dentro das fichas proporcionadas por Patrimonio para a catalogación de bens culturais. Xa non ocorre só que se trate dunha modalidade mixta, senón que as propias fichas tampouco resultan de demasiada axuda polo acoutado dos campos susceptibles de cubrir, con pouca adaptación de cara lograr un rexistro satisfactorio e rico en información. Así, debemos crear a nosa propia guía dende cero, partindo do limitado coñecemento que tiñamos dos usos da cova polos habitantes modernos de Cancelo, andavía manténdose a actividade pastoril por algúns dos veciños dende un enfoque económico distinto. Cos temas abordados e as preguntas formuladas pretendeuse evitar o risco de subxectividade ou da obtención de respostas concretas que se crían coñecer, demostrándonos o erróneas dalgunhas das nosas ideas iniciais sobre a consideración de ir gravar á cova e a súa relación coa actividade pastoril. Ao tratarse dunha información de tipo cualitativo, escoitar aos informantes, deixalos falar dende unha guía aberta, foi moi produtivo. Outro dos grandes inconvenientes iniciais foi a propia bibliografía dispoñible sobre traballos de etnografía, carente dun corpo intermedio entre os materiais que abordan os aspectos máis xenéricos da disciplina etnográfica e os traballos específicos sobre a súa problemática de estudo. Isto impediunos dispor doutra vía pola que acceder a unha guía de temas a tratar ou posibles vías a seguir en entrevistas sobre patrimonio inmaterial. Unha realidade semellante é a que se nos presenta con respecto aos traballos xa feitos sobre graffiti rupestres de época histórica en sitios de arte paleolítica ou covas e abrigos, que se establecen como estudos de caso. Tal e como algúns autores sinalan ao respecto, unha labor de inventariado e estudo conxunto destas manifestacións simbólicas resultaría de gran interese e permitiría unha visión máis ampla destas representacións, para nada minoritarias. Con moita máis presenza nos enclaves da que se lle recoñeceu, non se viu considerando como unha fonte no estudo das sociedades históricas do noso territorio (Barciela González e Molina Hernández, 2015: 192), senón que estes gravados históricos foron habitualmente considerados como puro vandalismo e desprezo polo valor patrimonial do lugar en que foron feitos.
7 O papel de observador participante nun caso coma este en que apenas contamos con dúas semanas para realizar todas as entrevistas, e baixo as condición especiais marcadas polo vigor dalgunhas das restricións do Covid-19 á altura de agosto de 2021 (á vez que o proceso do catálogo dos graffiti), non se desenvolveu como tradicionalmente se espera nunha investigación etnográfica. No seu lugar, a nosa presenza foi máis semellante á dunha simple entrevistadora, faltando o tempo para relacionarnos con calma coa veciñanza. O que se ven designando como “ecuación persoal” (xénero, idade e orixe, especialmente, de quen conduce as entrevistas ou encontros), neste caso puido ter xogado en beneficio da investigación por tratarse dunha muller nova vestida con roupa de deporte, non supoñendo unha presenza ameazante. Con todo, no que refire á percepción da entrevistadora, inicialmente sufrimos dun receo ao presentarnos como arqueólogas que viñan preguntar á veciñanza sobre os graffiti da cova para un traballo de investigación. Os habitantes locais saben que determinadas sinaturas danaron directamente algún gravado paleolítico, polo que desconfiaban de que os xulgásemos por ter entrado e gravar nas paredes, querendo evitar posibles reproches ou culpas pola nosa parte. Pese a todo, unha vez aclaradas as nosas intencións e comprendidas as pretensións das entrevistas, a aceptación e hospitalidade con que nos recibiron foi o habitual. No que respecta ás entrevistas en si mesmas, estas conducíronse todas no propio Cancelo (polo xeral nas vivendas dos informantes), coa premisa de coñecer e establecer os usos e visións que os habitantes de Cancelo teñen da cavidade, procurando afondar se houbo unha mudanza dende o inicio das diversas actividades científicas (espeleolóxicas, paleontolóxicas e arqueolóxicas). Tívose especial interese na conexión entre as vivencias e actividades da comunidade co papel e valor dado á cova, así como co cambio rexistrado nas costumes á hora de asinar no seu interior. Durante estes encontros seguiuse o método da entrevista de esquema aberto, valéndonos de preguntas guía coa fin de optimizar as respostas recibidas, que se prevían variadas dende un principio dado o avellentamento da poboación. Con esta guía pretendemos favorecer os aportes indirectos derivados das digresións propias das entrevistas á xente maior.
14 con nomes listados, ao igual que o exemplo dado ao referir como a actividade xeolóxica da cova condicionou e modificou certas sinaturas (supra p. 12; fig. 14). Aínda que escasos, atópanse casos de persoas foráneas a Cancelo pero da contorna, e que así o indicaron ao aclarar que pertencen a Triacastela, Sarria ou Samos (fig. 22), aínda que sabemos polas entrevistas de veciños da Vilavella que tamén foron á cavidade e asinaron mais non indicaron súa procedencia. De todos estes casos destaca un veciño de Triacastela que firmou na entrada propia da Galería do Pozo (referido xa na p. 11, fig. 10) por canto é a única firma conscientemente riscada en parte con posterioridade. Máis aló disto, o único destacable é que polo tipo de letra non parecen corresponderse con sinaturas do último medio século, senón que se enmarcarían temporalmente neste Grupo dos Pais. Ademais destes, como xa se referiu ao presentar a Galería da Rocha Nai, aquí localízanse as firmas de dous operarios de “Cementos Oural”, cun deles mesmo indicando a súa procedencia e data de incursión (Val do Mao, 1980), proporcionando un marco temporal e espacial para este individuo, o cal accedeu por motivos laborais e deixou rexistro no interior (fig. 23). A paleografía, e unha achega dende esta aos graffiti, podería resultar de gran axuda na caracterización e posible catalogación ao permitir aproximar unha cronoloxía dos mesmos (como método complementario á superposición de trazos, nalgún caso empregado). Os restrinxidos coñecementos na materia resultaron de utilidade na diferenciación de varias mans para un mesmo nome (casos de Luis, David, Faustino, Jesús ou José), ao igual que a posible adscrición temporal segundo as semellanzas tipográficas da letra caligráfica francesa e inglesa, tradicionalmente ensinadas nas escolas durante a primeira metade do século pasado. Un exemplo logo ratificado mediante informantes da propia familia é o de Faustino, dous homes (pai e fillo), nos que a idade con que cada un escribiu condicionou e marcou a súa caligrafía, a cal xa de entrada permitiu diferenciar dous suxeitos. O pai realizaba unha firma minúscula cursiva que se demostra regular en a lo menos dúas ocasións: cun f inicial caracterizado pola serif nos trazos horizontais e un ductus moi marcado na unión final -ino (fig. 24). Pola contra, o fillo presenta unha sinatura irregular, alternando maiúsculas e minúsculas, cun f que quere asemellar ao do seu pais pero menos
15 estilizado, cun ductus do u característico, ao igual que o s acaracolado na curva superior, e que mesmo na firma que máis parece dun neno o n foi escrito invertido (fig. 25). Contáronos que posteriormente o fillo recibiría unha educación completa, a cal tería iniciado na escola que se emprazaba no camiño que leva ás covas, onde se educaron ata os que hoxe están na corentena. O factor da educación recibida e os erros ortográficos presentes resultan interesantes como enfoques de análise, ou ben como marcadores de identificación na catalogación dos graffiti, demostrándose a utilidade dunha aproximación paleográfica. 4. As entrevistas aos habitantes de Cancelo Nesta presente sección resolveremos moitas das cuestións que se veñen referindo seguindo a información obtida coas entrevistas aos habitantes de Cancelo, compoñendo con isto o corpo deste traballo. As cuestións de natureza arqueolóxica sobre as que versou a sección previa, máis aló de abrir a vía de cara unha futura catalogación por extenso dos graffiti, permitiunos unha presentación e posta en contexto (espacial e material) do que a continuación trataremos. Tal como se ven aludindo, seguindo un criterio analítico e trala realización das entrevistas concluímos na operatividade de artellar as incursións segundo o tempo en que foron feitas, bosquexando dous momentos: o Grupo dos Pais e o Grupo dos Fillos. O primeiro abrangue a primeira metade do século pasado, máis ou menos ata fins da década de 1960, cando quen entraban e gravaban seu nome na cova eran maioritariamente os nenos e nenas de Cancelo dedicados ao pastoreo, aproveitando os ratos que lles quedaban mentres agardaban a que pacesen as ovellas, ou ben cando as resgardaban das inclemencias do tempo. Dada a situación, acudían á boca da cova con moita frecuencia. Cos cambios na explotación da contorna e a paulatina modificación do sistema económico de base, o uso que se lle daba á cavidade mudou de a pouco, perdendo a dita utilidade agropastoril. Así nace o Grupo dos Fillos, cando seguen a ser os nenos e adolescentes quen raian as paredes, mais agora as incursións concéntranse no tempo estival, coa idea da aventura como motor esencial, potenciado coa presenza de foráneos.
16 Estas grosas pinceladas sobre a estrutura construída creemos facilitarán a lectura do presente apartado, e a comprensión do seu desenvolvemento cronolóxico, concretándose nas explicacións polo miúdo de ambos grupos coas súas particularidades. 4.1. Deixar a súa pegada A curiosidade de ver o interior da cova era o que esencialmente movía a ambos grupos (ou a lo menos así era na primeira incursión de cada cativo); procurar formacións de estalagmitas e estalactitas como unha das cuestións máis mencionadas, dos elementos que no imaxinario comunmente se asocian con estes contextos. Na súa inmensa maioría tratábase de pequenos grupos de nenos que, unha vez dentro, deixaban unha marca propia coa intención de sinalar a súa estancia, mesmo co afán de marcar a profundidade acadada. Con isto, quen viñesen tras súa poderíanos recoñecer e, en certo modo, a súa valentía. Esta última cuestión referente á coraxe e a súa mostra mediante as sinaturas nunca se refire expresamente como tal nas entrevistas, mesmo contrariando esta idea pola reiterada negativa en terse parado a ler o que xa estaba escrito nas paredes. Mais isto verémolo con máis detemento no seguinte apartado. Facíanos ilusión poñer o nome como que estuvéramos alí. (...) E poñíamos: aquí estuvo Eva, aquí Juan Carlos, aquí Jorge. Non sabiamos o que faciamos, eramos pequenos e non tiñamos nin idea, nin nadie sabía da importancia que podía ter. Iamos e escribíamos cunha pedriña que quedaba gravado, pois nós a poñer chorradas nas paredes. A idea do acto de valentía permítenos unha achega ata un aspecto que polo miúdo estivo presente nas entrevistas: a percepción do risco dun espazo coma este, sen fonte de luz natural e do que se contaban máis lendas que realidades. Estes sentimentos de medo e fascinación reforzábanse coas prohibicións por parte dos adultos de internarse na cova, de xeito que as excursións adoitaban facelas cando non houbese perigo de seren sorprendidos polos maiores. Con todo, ambos grupos presentan diferenzas nas costumes á hora de asinar, o primeiro indicio co que se contou para procurar un cambio máis profundo no comportamento e contexto en que os graffiti se realizaron. Polo xeral, os informantes de maior idade (Grupo dos Pais) refiren a incursións moi puntuais, rara vez repetidas máis que un par de veces por neno dado que soamente querían ver como era o interior da cova. Unha vez resolto dito misterio non sentían a necesidade de volver, dado que tampouco
17 contaba con elementos de impacto que os convidasen a elo. Estes informantes nin sequera falan de que asinar ou raiar as paredes fose unha actividade común entre os nenos. A medida que nos achegamos ao Grupo dos Fillos, os entrevistados máis vellos desta xeración xa mencionan unha maior frecuencia nas entradas, tanto do xeral dos rapaces como a posibilidade de que cada cativo repetise a incursión en anos sucesivos. Pasando aos que a día de hoxe contan entre 40-50 anos, aparece sempre a puntualización de que as incursións á cova soamente se realizaban durante o verán, cando viñan os primos emigrados ou amigos, esencialmente motivadas pola presencia e empeño destes. Habitualmente o lugar de xogos non eran as covas (en tal caso a do Pozo, xusto enriba dos pastos e do regato, de fácil acceso), senón a chamada Pena das Narices (xa voada): emprazada onde a canteira, tratábase dun afloramento calcario cunha cavidade con dúas saídas, asemellándose ás foxas nasais. Para este grupo era xa costume asinar cando se entraba, pasando de ser unha actividade puntual a ser un aspecto fixo da propia incursión. Do mesmo xeito, todos os informantes xa refiren a presenza de graffiti nas paredes de toda a cova, mais non se fixaran nos mesmos como para ter recoñecido algún dos nomes. Se ben é certo que a medida que a idade dos entrevistados diminúe, as alusións á densidade dos gravados históricos aumenta, en ningún caso se menciona interese algún por fixarse en quen xa entrara, en deterse nos nomes, o cal contraria a idea exposta no inicio deste bloque sobre a valentía e o recoñecemento desta por quen entrasen detrás súa. Polo xeral, as respostas a este respecto foron rápidas e elusivas, evitando “incriminar” a calquera veciño ou coñecido, unhas reaccións defensivas que non resultan de todo sorprendentes, senón que responden ao coñecemento que agora teñen de que algún dos graffiti danaron gravados paleolíticos. O máis específico que se nos contou referido aos graffiti xa existentes trata sobre o aspecto que presentaban. É o apunte que unha das informantes expuxo: entrando tanto de cativa nunha excursión do colexio como xa na adolescencia, notara cambios nos graffiti de suco máis superficial, apreciándoos máis lavados da segunda vez, “co surco como recheo”, cambios debidos á propia actividade da cova. Resulta de interese como todos negan ter visto ósos, cerámica ou calquera outro resto fósil polo chan, apresurando a resposta de que se había algo eles non o colleron nin
18 moveron, que non entraban remexer na terra. Con isto evitan calquera culpa ou sospeita que pola nosa parte se lles puidese insinuar. Ao que si se aludiu nalgúns casos foi a pequenos elementos de introdución antrópica recente que foran empregados por outros antes ca eles para non se perder polas galerías, posibilitando atopar a saída facilmente; grans de café, anacos de periódico, pan, son algúns dos referidos. Un dos aspectos que máis mudou entre os grupos é o sentimento de propiedade da cova e o seu valor como un referente paisaxístico e dentro das actividades da gandaría e agricultura habitualmente practicadas pola comunidade. Se ben para os primeiros a cova era un accidente natural que podía ser empregado con fins utilitarios, aproveitada para as labores pastorís cunha certa frecuencia, seus fillos xa a percibiron como un espazo englobado nun sistema maior de lendas, á que acudir en busca de aventuras (polo imaxinario asociado á cova e a morfoloxía desta) nos tempos propicios para elo. Así, a cavidade pasou de ser un elemento incluído na paisaxe habitualmente traballada e percorrida a un elemento natural cuns tempos de uso moi marcados. 4.2. Tempo de traballo Dentro do Grupo dos Pais, quen a día de hoxe xa contan 90 anos, as actividades que levaron a cabo dentro e arredor das covas atinxen ao habitual pastoreo infantil, aproveitando todas as opcións e recursos que a contorna lles ofrecía. As testemuñas de quen acudía á Cova Grande para gardar as ovellas (costume aínda continuada polos fillos maiores destes) correspóndense con mulleres, que dende cativas eran encargadas destas labores. Caso dunha das entrevistadas, encomendada de coidar do rabaño dende os catro anos, levándoo ata a boca da cova no tempo estival para que descansase durante as horas en que o sol quentaba con máis forza, volvendo por elas cando a calor afrouxaba. Contou como nas ocasións en que as ovellas traspasaban a gateira ela esperaba fóra a que saísen soas, non entraba na súa procura. A única vez que a traspasou foi acompañando a seu irmá e amigos para ir ver o interior da cova, non raiando nas paredes nin volvendo a entrar. O habitual desta costume non só lle valeu á cova so eu alcume de “das Ovellas”, senón que os excrementos das bestas formaban unha costra na superficie que os veciños de menos recursos ían recoller para estercar os seus campos, abonándoos aínda sen contar
19 con bestas propias. Este aproveitamento da riqueza natural da contorna tamén se efectuaba mediante a recollida das castañas que caían dos castiñeiros da ladeira como alimento para os cochos, ou mesmo o emprego de flora autóctona como plantas medicinais (ourego). No curso das entrevistas quedou claro que a Cova Grande era apreciada principalmente como un fito máis na paisaxe de traballo, considerado como tal polas posibilidades de explotación (ou actividades asociadas á gandaría) que ofrecía. O seu valor como cavidade, con todo, é o que aventuraba aos rapaces que a frecuentaban (e algún adulto) ao seu interior, pero que polo pouco espectacular do seu contido non sentían a necesidade de volver unha vez saciada a curiosidade de coñecer o interior. Moi posiblemente o maior interese nesta cova sobre as demais se debese ao uso agropastoril, escollida para tal en base ás súas dimensións e o resgardo que a súa entrada proporcionaba. Así, o frecuentar o exterior da cavidade por pastorear as ovellas xermolaría o interese por internarse na cova, ao que se lle deben sumar as lendas que xa se contaban sobre esta; sería o desexo de inspeccionar un aspecto descoñecido dun espazo percorrido habitualmente para completar o cadro do que nel hai. É neste grupo onde máis se menciona o factor do risco, o insegura que resultaba a cavidade dada a ignorancia e inconsciencia dos cativos cando entraban. Contábannos como durante a década de 1940 os rapaces entraban en cuadrillas, alumeándose cunha vela ou farol de gas, fontes de luz non eléctricas e que resulta doado que se apaguen (correntes de aire, un movemento brusco, etc.), o que resultaría en quedarse a escuras nun espazo pechado e estraño (o cal semella que ten sucedido). A isto hai que sumarlle o descoñecemento da topografía da cova ou mesmo se nela había bestas salvaxes potencialmente perigosas (lobos ou raposos). O conxunto compón un cadro sen dúbida perigoso. Cando preguntamos pola súa percepción sobre a cova e as labores de investigación desenvoltas nesta, un dos nonaxenarios deunos por resposta que “é algo importante”. Esta actitude non deixa de ser marxinal dentro dos membros desta franxa de idade, quen tende á postura de que a zona estaría mellor “sin incomodos de ninguén”. Con esta declaración non refiren só aos arqueólogos e paleontólogos, senón á propia canteira, á cal apoñen a desaparición de moita da fauna (teixugos) e flora autóctona, que tiña usos varios. Tamén
20 a estes axentes alleos imputan parte da culpa no abandono paulatino do aproveitamento das terras de monte contiguas ás leiras agrícolas de cada Casa. Se ben non son contrarios ás actividades científicas (o cal non acontece polo xeral coa canteira), consideran que a aparición de terceiros foi en detrimento da súa relación coa contorna, mesmo mudando substancialmente a paisaxe dende aquela. Concluímos que son un grupo moi consciente dos cambios operados na área, máis co inicio das labores paleontolóxicas na década de 1990 e das arqueolóxicas intensivamente dende o 2008. Estas actuacións todas propiciaron que persoas acudan á cova polo interese cultural tras coñecer dos achados, unhas visitas que ata o de entón non se daban dado que, como moito, veciños das parroquias contiguas se achegaban esporadicamente para explorala. En ningún dos casos se referiron ás incursións dos seus fillos xa contra as décadas de 1970-80, ou mesmo dos netos na seguinte, cando o pastoreo infantil que fora o punto esencial polo cal acababan entrando na cova xa apenas se daba polo paulatino cambio na base da economía local. 4.3. A aventura e os emigrados A década de 1960 sírvenos como corte entre ambos grupos, dado que durante esta algúns dos maiores aínda se ocupaban do pastoreo e aproveitamento dos recursos da contorna, pero é tamén cando os fillos dos mesmos (hoxe cuns sesenta-setenta anos) herdan a actividade pastoril con rabaños menores, duns dez animais. Con isto, e co groso das entrevistas realizadas a xente pertencente a esta segunda categoría analítica, os Fillos conciben que quen os precederon entraban por mor do aburrimento provocado por pastorear o gando, e non polo afán aventureiro que os movera no seu caso. Para estes rapaces tanto a Cova do Pozo, a Cova Grande como a Pena das Narices constituían as zonas de aventuras e ocio, aínda con lembranzas da recollida e aproveitamento dos recursos naturais da contorna, tal e como queda explicado na sección previa. A Cova Grande correspondíase coas aventuras dos veráns, tanto polo seu tamaño como polo complicado acceso case-vertical á boca dende os prados, resultando o propio camiño un lance en si mesmo. Cando subían en grupos, unicamente os “máis atrevidos” entraban, mentres o resto esperaba fóra que saísen. O que con estas incursións procuraban
21 non era algo material ou tanxible, senón levantar o manto de misterio que envolvía a acción. Seguindo os testemuños dos informantes, os grupos de cativos podían ser algo máis nutridos que os cinco rapaces referidos no punto 3.3, pero raramente con grandes diferenzas de idade (salvo casos en que un cativo pequeno acudise con eles por estar coa camarilla de irmás e primos). Ao respecto destaca polo inusual do caso a entrevista dunha das maiores deste grupo, quen lembra entrar co mestre Antonio da escola vella de Cancelo cando aínda era unha rapaza (disto hai máis de cincuenta anos). O enredo de cativos non só resulta excepcional polas diferenzas internas do grupo, senón polo feito de que un único adulto os decidise levar consigo a unha cova e internarse na mesma, non limitándose a quedar na boca. A elo hai que sumar outras testemuñas de veciños da mesma idade sobre excursións escolares en domingo que ían para entrar na cavidade. Isto guíanos ata as sinaturas claramente feitas por adultos, moitos deles identificados como foráneos e sen data asociada, pero que consideramos que se deben enmarcar dentro do Grupo dos Pais. Unha das posibilidades para estes firmantes podería ser a de adultos da contorna cun nivel superior de formación, quen coñecían as poboacións lindeiras e os seus accidentes naturais e paisaxes, cun interese máis “científico” polos mesmos. Os casos dos que nos informaron de mestres que levaron aos alumnos ata alí nunha saída poderíanse corresponder con este perfil, empregando os recursos á súa disposición con fins didácticos, explorándoos persoalmente primeiro. Esta é unha idea de traballo que sabemos que non ten moito sustento empírico, pero é unha posibilidade a ter en conta para explicar estas firmas moito máis coidadas e elaboradas propias dun adulto. Volvendo ao Grupo dos Fillos e a un dos elementos clave que o definen, aflora a xa referida cuestión da emigración e a visita estival da familia, un factor que inicialmente non contemplamos nin incluímos na enquisa, pero que demostrou ser unha das causas non só do cambio das motivacións deste grupo para entrar na cova, senón do sistema económico e modo de vida da contorna. O éxodo do rural non resulta un descoñecido na historia de Galicia, e para o caso que nos compete destaca por como ilustra e potencia o cambio na vida diaria ao mudar o traballo e modo de sustento, emigrando xa os maiores deste Grupo e mesmo os menores dos Pais. As transformacións do sistema agropastoril
22 xa referidas comportaron mudanzas na paisaxe e nas relacións coa mesma, desatendendo os usos orixinados no pastoreo e con elo a conexión coa explotación da zona. O froito xermolado resultou no paulatino afastamento dos nenos da cova, ascendendo ata a boca con moita menos asiduidade que seus predecesores. O groso das incursións seguiron a concentrarse no verán, máis especificamente durante a época de vacacións, cando os primos cataláns (maioritariamente) e madrileños viñan pasar uns días. Aproveitaban os rapaces de Cancelo a ocasión para acceder á cova e explorar o seu interior dado que durante o resto do ano non lle prestaban case que atención algunha, preferindo ir xogar á canteira. Repetindo o dito con anterioridade, non todos os que ascendían entraban, dándose casos dalgúns dos habitantes locais entrevistados quen non accederan máis que de adultos. Soamente o fixeron unha vez iniciadas as labores arqueolóxicas e guiados por algún dos investigadores. Para eles máis que para seus maiores o acto de entrar implicaba coraxe, plasmada nas sinaturas, de xeito que posteriormente puidese ser recoñecida por outros máis aló dos que conformaban o grupo con que accederan. Co acceso á cova como unha actividade grupal, tanto o interior como exterior da cavidade convertíanse por un tempo acoutado nun espazo de socialización dos mozos e mozas vinculados dalgún modo a Cancelo. Relacionado con isto, contamos coa referencia dunha informante, quen lembra á mocidade ir comer na boca da cova durante unha festividade particular, cando lles deixaban xuntarse para merendar homes e mulleres, levando cadanseus utensilios e comida, que alí mesmo cociñaban nunhas pequenas fogueiras. Ao respecto dos amoríos propios da estación, sobresae un graffiti da Cociña con data en agosto de 1994, acompañado dun “Te Quiero”, aínda que ninguén foi quen de identificar ás dúas persoas implicadas, adolescentes a xulgar polo emprego dun k en tanto dun q ao escribir o nome dela. Tal como se viu referindo en numerosas ocasións, as lendas e o imaxinario popular arredor das cavidades xogaron un papel importante para este Grupo dos Fillos, coñecementos todos eles transmitidos por seus pais: contos sobre mouros, o demo e desaparecidos. As lendas da contorna que todos lembran mellor eran narradas por dúas irmás, coa incoherencia de que tanto unha coma outra emprazaban indistintamente o
23 mesmo conto no conxunto das covas ou no Castro5. Pero non resultaba estraño que as mulleres de máis idade narrasen as lendas da contorna, as cales aprenderan á súa vez de seus maiores. Dadas as contradicións entre quen contaba as lendas, como a da pita dos ovos de ouro e o demo que losqueou ao paisano que llos intentou roubar, estas xa eran vistas polos deste grupo como simples contos de vellos. Cando entramos foi por curiosidad, porque había leyendas antiguas de que se comunicaba con un pozo, que si entrara un home e non salira. E que como dicían que había auga porque se conoces o pueblo ao final de todo está o muín. (...) E decía que se oía a profundidade, pero eu non vin pozo ningún. Pero a curiosidá de que dixeran que había un pozo pois entramos ata bastante adentro, pero despois xa demo la volta. A lenda máis referida por todos os entrevistados é a de Isabelita, unha de mouros que conta dunha cativa de cinco anos encargada de levar as ovellas ao monte pacer. Nunha destas que pasaba fronte á Cova Grande unha moura dos que alí vivían saíu e deulle un puñado de pequenos obxectos para que gardase no mantelo, e así os mantivese tapados ata chegar a casa, sen perdelos nin espreitar polo camiño. Mais, subindo a ladeira a curiosidade venceríaa e decide ollar a carga, que non eran máis que carbóns, desbotándoos pola pendente, de onde a moura os recuperou. Unha vez na casa, contándollo á nai comprobaron que un dos fragmentos seguía prendido nas costuras, agora convertido en ouro. Dado o metal precioso e a necesidade da familia, nai e filla volveron buscalo onde o botara. Rogáronlle á moura que llelo devolvese, quen se negou pola desobediencia da nena. Aos días, Sabela volveu levar as ovellas á ladeira, tornado estas pola noite sen a nena. Cando seus pais e irmás saíron na súa procura, a moura respondeu aos seus berros con: “Isabel, Isabelona, fritida en aceitón”. Esta lenda é coñecida e contada igualmente en toda a comarca de Sarria, e situada no sistema de covas de Cancelo. A este respecto cómpre deternos brevemente na crenza dentro do imaxinario colectivo de que todas as covas da cordilleira (que antes tamén saían pola ladeira da Vilavella) están conectadas entre si, formando todo un sistema que no seu interior albergaría a residencia destes mouros. Cada cavidade ten unha función asignada 5 Un dos castros de Triacastela que o informante non identificou. Procurando na web do Concello, no apartado de Patrimonio Etnográfico, puidérase tratar do Castro de Santa María, na parroquia de Santa María O Monte [consultado o 9/07/2022: http://www.concellotriacastela.es/portal_localweb/p_156_contenedor1_ayto_triacastela.jsp?seccion=s_fd es_d4_v2.jsp&codbusqueda=809&language=es&codResi=14&codMenuPN=903&codMenuSN=912&co dMenu=914&layout=p_156_contenedor1_ayto_triacastela.jsp&level=1]
30 O outro tema é o das múltiples pero inconexas referencias a incursións previas. Mentres algúns dos entrevistados de ambos grupos aludiron cada un á presenza de foráneos que viñan preguntando expresamente polas covas antes dos espeleólogos a inicios de 1980, outros negan tales feitos, reiterando que estas visitas soamente se dan dende as escavacións sistemáticas. De entre os casos que nos mencionaron están o dunha excursión de alemáns que pola década de 1940 viñeron preguntar polas covas e a quen un dos veciños lles fixo de guía dentro das mesmas, ou aos rapaces que se achegaran un domingo de 1967 ou 68 de excursión do colexio. Outro recordo contraditorio coas respostas do resto de informantes foinos contado pola irmá de quen entrou e viu tal cousa, a memoria herdada doutro. Este rapaz lembra ter visto estalactitas e estalagmitas “contra o fondo”, sen maior concreción. O vago do comentario e o non poder aportar máis información sobre o camiño percorrido lévanos a reflexionar sobre a posibilidade de que os habitantes locais tivesen explorado e coñecido as covas moito máis do que nos puideron contar, dado que na que demos en denominar Galería do Pozo si que hai presenza de estalagmitas. De igual modo resulta de interese referir á presenza de graffiti (poucos) na Cova das Cabras, parte deles correspondentes con persoas que tamén asinaron en Eirós, así como por todo o teito e paredes da boca da Cova Grande, incisións moi finas e case que ilexibles. Sobre as incursións ao resto de covas e gravar nelas tampouco se nos falou en momento algún das entrevistas. Os casos particulares e problemáticas que neste último apartado vimos expoñendo demostran as posibilidades e múltiples liñas que dende a etnoarqueoloxía se abren, permitindo futuros traballos sobre o asunto, ampliando os datos e conclusións extraídas neste, que non deixa de concentrarse nun único aspectos dos varios posibles. De igual modo, a mostra con que traballamos, centrándonos na poboación de Cancelo, manifesta unha única perspectiva sobre as nosas preguntas, excluíndose as dos veciños da contorna que viñeron e asinaron ou mesmo dos foráneos que nela acabaron por motivos diversos (traballadores da canteira, espeleólgos, paleontólogos ou arqueólogos). Con elo queremos dun saínte. No espazo definido como zona de descanso/durmir había camastros encastrados nas paredes, feitos con pedras pulimentadas, como furnas. Non conservaban os xergóns, que deberan ser sacos recheos.
31 volver insistir nas opcións a seguir investigando seguindo esta rica e diversa vía da etnografía con aplicación arqueolóxica.
32 ANEXO 1: Guión da entrevista — Idade — Habitante local - emigrado - veraneante — Oficio/ dedicación (relación ou non coa cova e as súas incursións) — Coñecemento das cavidades • traballo (pastores) • tradición ou no seu entorno máis próximo • descubertas en tempo de lecer • cantas delas e se entraron (cales) • potencialidade dunha aproximación e realidade arqueolóxica, xeolóxica ou paleontolóxica → espeleólogos • toponimia — Unha vez dentro • motivo polo cal entraron e/ou escribiron + cando • fonte de luz • lembran ver ósos ou fragmentos cerámicos (tocar/coller) • foron unicamente para escribir seu nome ou en repetidas veces, chegando a explorar diversas zonas e galerías • recoñeceron a outra xente nas paredes — Concepción e visión: cambios • mereceu algunha opinión ou valoración cando grupos de espeleólogos e paleontólogos iniciaron súas incursións e actuacións na cavidade • e xa coas intervencións arqueolóxicas
33 ANEXO 2: Figuras Figura 1 Perfil da topografía de Cova Eirós e Cova das Cabras, cos paneles de arte paleolítica sinalados (vermello) e as zonas por nós definidas para o presente traballo (verde). Sombreado en gris dos espazos non relevantes (a outra cova) ou nos que non se rexistran graffiti. Elaboración propia dende a Planta da topografía do Grupo Espeleolóxico CETRA (2019), procesada mediante Adobe Phtoshop CC 2018. A imaxe orixinal non foi incluída no presente traballo polo ilexible que resulta como figura a páxina completa debido ao seu gran tamaño. Proxectarase durante a defensa.
34 Figura 3 Breve texto gravado cun lapis, na cúpula da Galería Nordeste, parcialmente lexible pola súa mala conservacion, debida ao roce: (...) 19 de 1930 Figura 2 Nome de Elvira feito con carburo sobre un cabalo paleolítico inciso do Panel 11
35 Figura 4 Símbolo anarquista do A inscrito nun círculo Figura 5 Esvástica acompañada do ano de 1994 e unha rúbrica, coa sinatura previa de Jose
36 Figura 6 Parede da Cociña, xusto enriba da saída do corredor de entrada Figura 7 Segmento da parede do Panel 7 da Cociña
37 Figura 8 Sinaturas na parede pola que se accede á Galería Suroeste, a bastante altura o grupo superior Figura 9 Sinatura de Corral 1889, no cóbado da Galería Nordeste
38 Figura 10 Sinatura de José Sánchez Triacastela (…), parcialmente riscada Figura 11 Grupo de firmas feitas con carburo, coa data de 1930
39 Figura 12 Parte da parede entre os Paneis 9b e 11, na Galería Este-Sueste Figura 13 Un dos espazos medios dos pasos entre as galerías na Este-Sueste
46 BIBLIOGRAFÍA Barciela González, V. e Molina Hernández, F. J (2015): “Graffiti rupestres de época histórica en la Montaña de Alicante: una manifestación artística popular olvidada”, Quaderns de prehistòria i arqueologia de Castelló, nº. 33, pp. 181-194 Bazzanella, M. Kezich, G. e Pisoni, L. (2013): “Shepherds’ Writings and Shepherds’ Life on Monte Cornon (Fiemme Valley, Trentino): an Ethnoarchaeological Perspective”, Lugli, F. et al. (eds.), Ethnonarchaeology: Current Research and Field Methods. Conference Proceedings, Rome, Italy, 13th-14th May 2010, Oxford, Archaeopress Bazzanella, M e Keizch, G. (2014a): “Le scritte dei pastori delle valli di Fiemme e Fassa”, M. Avanzini (ed.) Antichi Pastori sopravvivienze, tradizione orale, storia, tracce nel paesaggio e archeologia; atti della tavola rotonda, Bosco Chiesanuova, 26, 27 ottobre 2013, Trento: MUSE - Museo delle Scienze di Trento, pp. 135-146 Bazzanella, M. Kezich, G. e Pisoni, L. (2014b): “«Adio pastori!». Ethics and Aesthetics of an Alphabetized Pastoral Subculture. The Case of Fiemme in the Eastern Alto (16801940)”, Boletín del Museo Chileno de Arte Precolombino, Vol. 19, nº. 1, pp. 23-35 César Vila, M. Lombera Hermida, A. Fábregas Valcarce, R e Rodríguez Álvarez, X. P. (2018): “Estudio de la cerámica medieval de Cova Eirós (Triacastela, Lugo)”, Cuadernos de Estudios Gallegos, 65, nº. 131, pp. 73-105 García Diez, M. e Luís, L. (2002-2003): “José Alcino Tomé e o último ciclo artístico rupestre do Vale do Côa: um caso de etnoarqueologia”, ESTUDOS PRÉ-HISTÓRICOS, Vol. X-XI, pp. 199-223
47 García Diez, M. Martín Iuxan, J. Ortega, A. I e Martín, M. A. (2001): “Grafismo rupestre postpaleolítico en la Sierra de Atapuerca (Burgos): Salón del Coro, Galería del Silo, Galería Baja, Galería de las Estatuas y Cueva del Silo”, Espacio, Tiempo y Forma. Serie I, Prehistoria y arqueología, nº. 14, pp. 227-260 González Fernández, R. González Blanco, A. e Amante Sánchez, M. (1993): “Los graffiti más recientes de la Cueva de La Camareta”, La Cueva de La Camareta, Antig. crist. (Murcia) X, pp. 379-432 Grandal D’Anglade, A. (1993): Estudio paleontológico de los restos fósiles de Ursus spelaeus Rosenmuller-Heinroth 1794 (Mammalia carnivora ursidae) de Cova Eirós (Triacastela, Lugo, NW. Península Ibérica), Tese Doutoral dirixida por Vidal Romaní, J. R. e Torres Pérez-Hidalgo, T., Universiadade da Coruña Hammersley, M. e Atkinson, P. (1994): Etnografía. Métodos de investigación, Barcelona, Paidós Libano, I. (2016-2017): “Grabados de pastores en las pizarras de Riocavado de la Sierra (Burgos)”, Koibe Serie Antropología Cultural, nº.20, pp. 155-170 Libano, I. e Vega, S. (2019-2020): “Los grafitis históricos de las cuevas de Lumentxa y Abittaga (Bizkaia)”, Koibe Paleoantropología, nº. 37, pp. 29-46 Lombera Hermida, A. Rodríguez Álvarez, X. P. Ameijenda Iglesias, A. Díaz Rodríguez, M. Rey Rodríguez, I. Valverde Tejedor, I. Pérez Alberti, A. Cunha, P. P. Bal García, H. Aldea Moreira, X. Lorenzo Salgueiro, C. Mosquera Castro, T. e Fábregas Valcarce, R. (2021): “Between two worlds: Cova Eirós and the Middle Upper Palaeolithic transition in NW Iberia”, Comptes Rendus Palevol 20 (42), pp. 859-886
48 Reis, M. e Vázquez Marcos, C. (2019): “Arroyo de las Almas (La Fregeneda, Salamanca): un nuevo conjunto con arte rupestre en la cuenca del Duero”, Complutum, Vol. 30, nº. 2, pp. 223-245 Rose, P. (1987): “Graffiti in the Cave of the Mammoths”, The Iowa Review, Vol. 17(3), pp. 133-135 Vázquez Marcos, C. e Reis, M. (2021): Arte rupestre pastoril en el occidente de Salamanca, Salamanca, Instituto de las Identidades Vázquez Martínez, A. Vilas Estévez, B. Carrero Pazos, M. Lombera Hermida, A. Fábregas Valcarce, R. Rodríguez Álvarez, X. P. Viñas Vallverdú, R. e Rubio Mora, A. (2016): “A Methodological Approach to the Study of Prehistoric Cave Engravings: the Case of Cova Eirós (Galicia, Spain)”, preprint of the paper presented in the 44th Computer Applications and Quantitative Methods in Archaeology Conference (Oslo, Norway, CCAA 2016).