scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (1997, Derrogados)

Universidade de Santiago de Compostela

Abstract

Derrogado

Full text

ESTATUTOS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA NORMATIVA DEROGADA DECRETO 473/1997 DO 28 DE NOVEMBRO, DOG DO 29 DE DECEMBRO DE 1997. (Correccións de erros, DOG do 22 de xaneiro e do 12 de xuño de 1998. BOE do 22 de xullo de 1998) TÍTULO PRELIMINAR TÍT.I: Da comunidade universitaria TÍT. II: Da estructura orgánica da USC TÍT.III: Do goberno da USC TÍT. IV: Do estudio a docencia e a invest. TÍT.V: Dos servicios TÍT. VI: Dos actos académicos, honras e distincións TÍT. VII: Do réxime económico e da prog. plurianual TÍT. VIII: Da reforma dos estatutos Disp. Adicionais Disp. Transitorias e Derradeira. TÍTULO PRELIMINAR Art. 1. 1.- A Real Universidade de Santiago de Compostela é unha institución pública dotada de plena personalidade xurídica e patrimonio propio, que asume e desenvolve as súas funcións como servicio público mediante o estudio, a docencia e a investigación; actividades para as que goza de autonomía, de acordo con estes Estatutos e no marco da lexislación vixente. 2.- Como administración pública vinculada á da Comunidade Autónoma, a Universidade de Santiago terá as seguintes prerrogativas: a) Executividade dos actos e resolucións producidos polos seus órganos de goberno, así como a execución forzosa. b) Inalienabilidade, inembargabilidade e, imprescritibilidade dos seus bens, así como a potestade de deslinde e recuperación de oficio. c) Exención tributaria, nos termos previstos na normativa vixente, incluídos impostos, taxas, prezos públicos e demais depósitos establecidos polo Estado, Comunidades Autónomas ou Administracións Locais. d) Exención de todo tipo de consignacións e depósitos. e) Improcedencia de interdictos sempre que se axuste ó procedemento establecido. f) Facultade de revisión e anulación de oficio. g) Instar conflictos de competencias. h) Equiparación coas prerrogativas procesuais da Administración do Estado e das Comunidades Autónomas nos procesos xudiciais nos que sexa parte, consonte á lexislación vixente. Art. 2. 1.- A Universidade de Santiago de Compostela organizarase de xeito democrático asegurando a participación dos diferentes sectores da comunidade universitaria no seu goberno, e asumindo os principios de liberdade, igualdade, xustiza e pluralismo como inspiradores da vida universitaria. 2.- Dada a existencia dunha comunidade natural e lingüística alén dos límites da actual Comunidade Autónoma de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela recoñeceralles ós galegos da emigración e ós seus fillos os mesmos dereitos cós galegos residentes, nos termos recollidos no art. 3.2 do Estatuto de Autonomía de Galicia. 3.- É deber de tódolos membros da comunidade universitaria, e en particular dos seus órganos de goberno, dar plena efectividade a estes principios e impedir calquera tipo de discriminación. Art. 3. 1.- A lingua galega é a lingua propia e oficial da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén é oficial a lingua castelá como lingua oficial do Estado. 2.- A Universidade de Santiago de Compostela promoverá, no marco das súas competencias, accións que contribúan á normalización e ó desenvolvemento da lingua galega. Art. 4. 1.- Son funcións da Universidade de Santiago de Compostela: a) A creación, desenvolvemento, transmisión e crítica da ciencia e da técnica e calquera outra forma de cultura. b) A preparación para o exercicio das actividades profesionais que esixan a aplicación de coñecementos e métodos científicos ou para a creación artística. c) O apoio científico e técnico ó desenvolvemento social, económico e cultural da sociedade galega que a substenta. 2.- Para o mellor desenvolvemento das súas funcións, a Universidade de Santiago de Compostela propiciará o establecemento de relacións con outras Universidades, organizacións e institucións, moi en particular coas de carácter académico, científico e cultural, e atendendo dun xeito preferente ás que realicen o seu labor en países de cultura galego-portuguesa, hispano-americana e europea. 3.- Para o desenvolvemento destas funcións a Universidade posuirá as competencias que lle atribúe a lexislación vixente e que se desenvolven nestes Estatutos, así como calquera outra que resulte necesaria e non sexa atribuída ó Estado nin á Comunidade Autónoma. Art. 5. 1.- A Universidade de Santiago de Compostela baseará a súa actividade na liberdade académica, que se manifestará nas liberdades de cátedra, de investigación e de estudio. 2.- A liberdade de cátedra maniféstase no exercicio do dereito do seu profesorado a expresar libremente, na súa actividade docente, as súas ideas, opinións e conviccións científicas e artísticas. 3.- A liberdade de investigación maniféstase no exercicio do dereito á libre utilización dos principios metodolóxicos, á elección dos obxectivos axeitados e ó espallamento dos resultados obtidos na actividade investigadora. 4.- A liberdade de estudio abrangue, ademais do dereito a elixir centro e ensinanzas nos termos establecidos polo ordenamento xurídico, o de se servir dos medios da Universidade para unha activa participación no proceso da propia formación, e a libre manifestación das ideas, opinións e conviccións científicas e artísticas. Art. 6. Os emblemas da Universidade de Santiago de Compostela son os de vixencia tradicional nela. TÍTULO PRIMEIRO: DA COMUNIDADE UNIVERSITARIA Capítulo 1: Disposicións xerais Art. 7. A comunidade da Universidade de Santiago de Compostela está formada por: a) O seu persoal docente e investigador. b) O estudiantado. c) O seu persoal de administración e servicios. Art. 8. Son dereitos de tódolos membros da comunidade universitaria: a) A participación nos órganos de goberno e de xestión de acordo co establecido nos presentes Estatutos. b) A organización, promoción e participación en actividades formativas, culturais, recreativas e deportivas e de extensión universitaria, e a utilización das instalacións e dos servicios universitarios conforme o que establezan as normas da Universidade. c) A liberdade de asociación, sindicación, reunión, manifestación e folga dentro do ámbito universitario. d) A organización, promoción e participación en actividades que contribúan a vincula-la Universidade de Santiago de Compostela co seu contorno e a mellora desta Institución. e) Beneficiarse das distintas axudas ou subvencións que a Universidade estableza. f) A información regular, mediante a publicidade, sobre tódalas cuestións que afecten á comunidade universitaria. Art. 9. Son deberes de tódolos membros da comunidade universitaria: a) O cumprimento das obrigas profesionais, investigadoras, docentes ou discentes inherentes ó sector da comunidade ó que pertenzan. b) O cumprimento dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela e as normas que os desenvolvan. c) A cooperación cos demais membros da comunidade universitaria na mellora dos servicios e na consecución dos fins da Universidade. d) O respecto do patrimonio da Universidade e a contribución ó seu digno mantemento. e) A asunción das responsabilidades propias dos cargos para os que sexan elixidos. f) O potenciamento da vinculación e do prestixio da Universidade na sociedade. Art. 10. 1.- O Valedor ou Valedora da Comunidade Universitaria é o comisionado do Claustro Universitario para a defensa e garantía dos dereitos dos membros da comunidade universitaria. 2.- Para o desempeño das súas funcións disporá dos medios persoais e materiais necesarios. Tódolos órganos e membros da comunidade universitaria están obrigados a auxilia-lo Valedor no exercicio das súas funcións. 3.- O Claustro Universitario aprobará un Estatuto do Valedor da Comunidade Universitaria e procederá á súa elección por maioría absoluta en primeira votación e simple en segunda. Crearase unha comisión de asesoramento e axuda ó Valedor cunha composición que se recollerá no Estatuto do Valedor.< Capítulo 2: Do persoal docente e investigador Art. 11. O persoal docente e investigador da Universidade de Santiago de Compostela comprende o profesorado, os axudantes, o persoal investigador, e os bolseiros de investigación. Art. 12. 1.- O profesorado da Universidade de Santiago de Compostela estará constituído por: a) Funcionariado docente dos corpos legalmente establecidos. b) O profesorado contratado das distintas categorías previstas legalmente ou aquelas que estableza a Universidade de Santiago de Compostela en virtude da súa autonomía, consonte ás disposicións legais vixentes. Art. 13. 1.- O profesorado gozará de plena capacidade docente. Cando posúa o título de doutoramento terá ademais plena capacidade investigadora. 2.- O profesorado asociado está constituído por especialistas de recoñecida competencia que desenvolven normalmente a súa actividade profesional fóra da Universidade. 3.- O profesorado visitante está constituído por docentes ou persoal investigador de recoñecido prestixio doutras universidades e centros de investigación españois ou estranxeiros que poderán ser contratados para desenvolver actividades docentes e investigadoras por un período máximo dun ano, prorrogable por outro máis. 4.- A regulación das categorías de profesorado que a Universidade poida crear en uso da súa autonomía establecerá os dereitos e deberes, así como as condicións de acceso, permanencia, promoción e rescisión de contratos. Art. 14. 1.- Son dereitos do profesorado da Universidade: a) A liberdade académica, que se manifesta nas liberdades de cátedra e de investigación. b) A formación permanente, coa finalidade de garantir unha constante mellora da súa capacidade docente e investigadora e a disposición dos recursos necesarios para esa formación. c) A promoción na carreira docente. 2.- Son deberes do profesorado da Universidade de Santiago de Compostela: a) O cumprimento das obrigas docentes, de titoría e, se é o caso, investigadoras. b) A formación permanente orientada á realización dunha actividade docente e investigadora de calidade consonte coa súa categoría, tipo de dedicación e medios dispoñibles. c) A avaliación do seu estudiantado con imparcialidade e de acordo coas normas preestablecidas. d) O sometemento ó control obxectivo, periódico e rigoroso dos seus labores docentes e investigadores. Art. 15. A Universidade de Santiago de Compostela establecerá o seu cadro de persoal de profesorado, no que se consignarán, clasificadas polos campus de Compostela e Lugo, as distintas prazas, de acordo coas súas dispoñibilidades orzamentarias e respectando os seguintes criterios: a) As esixencias mínimas do persoal que se derivan da ampliación do número de centros e titulacións. b) As necesidades dos programas de estudio, nos seus distintos ciclos, e de investigación, tendendo a unha proporción profesorado/alumnado por grupo que permita unha docencia e unha investigación de crecente calidade. c) A conveniente proporcionalidade na fixación do número de prazas de cada categoría que permita a realización dunha carreira docente. Art. 16. Sen prexuízo da preferencia entre corpos, cando sexa de aplicación para os efectos internos, o criterio de antigüidade do profesorado na Universidade de Santiago de Compostela entenderase referido ó tempo de permanencia como docente nela. Art. 17. 1.- O profesorado da Universidade de Santiago exercerá as súas funcións en réxime de dedicación a tempo completo ou parcial. A Universidade procurará que o réxime de dedicación a tempo completo sexa o que con carácter xeral teña o seu profesorado, agás no que atinxe ó profesorado asociado. 2.- O réxime de dedicación a tempo completo será condición necesaria para a asignación individual de conceptos retributivos extraordinarios polo Consello Social atendendo a esixencias docentes e investigadoras ou a méritos relevantes. Art. 18. 1.- Os réximes de dedicación do profesorado están constituídos basicamente por actividades docentes, investigadoras, de titoría ou asistencia ó estudiantado e de xestión e extensión universitaria. 2.- De acordo coas necesidades de cada centro e de cada departamento, e segundo as capacidades de infraestructura e as dispoñibilidades orzamentarias, o tempo de horas lectivas dos réximes de dedicación repartirase entre clases téoricas e prácticas. Tamén poderán icluírse actividades en cursos de especialización e de extensión universitaria. 3.- Na organización das actividades docentes e de titoría deberáselle garantir ó profesorado doutor o tempo necesario para un axeitado desenvolvemento do seu labor investigador. A Universidade deberá asegurar que, polo menos, a metade da xeira do seu profesorado quede reservada a tarefas de investigación. 4.- A Xunta de Goberno, procurando a equiparación nas obrigas docentes, regulará o réxime de reduccións para o profesorado funcionario a tempo completo que se atope realizando a tese de doutoramento ou desenvolva tarefas de investigación. 5.- A Xunta de Goberno regulará o réxime especial de obrigas docentes para o profesorado que ocupe cargos académicos ou asuma, con carácter temporal, tarefas distintas das estrictamente docentes e investigadoras. Art. 19. O profesorado poderá obter licencias por estudios noutras universidades ou institucións científicas españolas ou estranxeiras nas condicións que determine a Xunta de Goberno. Art. 20. 1.- O profesorado, cada vez que cumpra un período de seis anos de docencia como funcionarios acollidos ó rexime de dedicación a tempo completo, terán dereito a unha licencia dun ano conservando tódolos seus dereitos económicos e administrativos. 2.- A Xunta de Goberno decidirá sobre a concesión destas licencias, tendo en conta os proxectos de actividades que se vaian realizar. En todo caso, asegurarase de que queden debidamente cubertas as funcións docentes do departamento correspondente, para o cal a Xunta de Goberno habilitará partidas específicas. Art. 21. 1.- De acordo coa lexislación vixente, o profesorado, calquera que sexa o seu réxime de dedicación, poderá realizar traballos de carácter científico, técnico ou artístico, contratados con entidades públicas ou privadas ou con persoas físicas, e participar en cursos de especialización, podendo percibir unha compensación especial polas devanditas actividades. 2.- Non estarán suxeitos á autorización da Universidade os contratos que realice o profesorado para a publicación dos seus libros, traballos e traduccións científicas ou para a preparación de orixinais destinados á publicación. Art. 22. 1.- O funcionariado docente da Universidade será seleccionado por medio de concursos, que serán convocados polo rector, e nos que deberán quedar garantidos a publicidade e a igualdade de oportunidades dos candidatos e o respecto ós principios de mérito e capacidade. 2.- Correspóndelle á Xunta de Goberno: a) Determinar a creación de prazas de funcionariado docente, así como, se procede, manter, minorar ou cambiala-la denominación ou a categoría das prazas vacantes. b) Decidir se a praza deber ser provista mediante concurso de méritos, logo de informe do Departamento e do Centro correspondente. c) Designa-lo profesorado que corresponda á Universidade para formar parte da comisión que resolverá o concurso. Art. 23. 1.-A Xunta de Goberno poderá acordar que as prazas de funcionariado docente sexan cubertas interinamente. 2.- A Universidade de Santiago de Compostela poderá contratar profesorado, a tempo completo ou parcial, dentro das súas capacidades orzamentarias e á vista das necesidades xerais da docencia e da investigación nos seus departamentos e centros. Art. 24. 1.- A Universidade de Santiago de Compostela poderá, por acordo da Xunta de Goberno e co informe previo do Consello de Universidades, nomear profesores eméritos a aqueles funcionarios docentes xubilados que prestasen servicios destacados á Universidade. 2.- O profesorado emérito, que estará vencellado á Universidade por medio dunha relación contractual de tres anos de duración, prorrogable por outros tres, terá dereito a unha retribución compatible coa súa pensión de xubilación. 3.- O profesorado emérito terá a posibilidade de colaborar na dirección de tarefas de investigación, na docencia do terceiro ciclo e, en xeral, en estudios de especialización científica e profesional, en actividades de extensión universitaria e noutras equiparables. Art. 25. 1.- A Universidade de Santiago de Compostela poderá contratar lectores como parte do persoal dos departamentos responsables docentes das linguas modernas. A titulación dos lectores deberá ser equivalente ó titulo de licenciado. 2.- Os lectores asimilaranse ó profesorado asociado e, sen prexuízo do disposto no apartado seguinte, contrataranse por un período dun ano prorrogable por outro máis, logo de informe favorable do departamento. As súas obrigas docentes virán fixadas nos respectivos contratos en virtude das necesidades docentes do departamento. 3.- A Universidade poderá determinar que a contratación de lectores se estableza mediante convenios de intercambio con universidades estranxeiras ou por aplicación de convenios existentes con organismos oficiais ou institucións doutros países, polo tempo que acorden as respectivas institucións, de xeito que se favoreza a incorporación de titulados propostos pola Universidade de Santiago de Compostela a outras universidades. Art. 26. 1.- A Universidade poderá contratar axudantes de facultade, de escola técnica superior ou de escola universitaria. A súa actividade, que estará orientada a completa-la súa formación académica, poderá incluí-la colaboración en tarefas docentes. Esta colaboración poderá abranguer o desenvolvemento de clases prácticas, titorías e, se é o caso, clases teóricas, segundo se dispoña no correspondente regulamento. 2.- Os axudantes poderán realizar estudios noutra Universidade ou institución académica española ou estranxeira coa autorización da Universidade. Conservarán tódolos seus dereitos económicos se o tempo global de estancias fóra da Universidade non supera os vintecatro meses. A Xunta de Goberno regulará as condicións nas que se realizarán estes estudios. 3.- En todo o que lles fora de aplicación, os axudantes rexeranse polas disposicións legais e estatutarias referentes ó profesorado. Art. 27. 1.- A selección do profesorado contratado e a dos axudantes deberá facerse mediante concurso público de méritos, convocado polo rector, logo de aprobación da Xunta de Goberno, a petición razoada do departamento. 2.- A Xunta de Goberno, respectando os principios de mérito, capacidade e igualdade de condicións dos candidatos, establecerá a normativa reguladora destas contratacións, consonte coa lexislación vixente. Art. 28. 1.- O persoal investigador estará formado por titulados superiores que, non estando encadrados nas outras categorías de persoal docente e investigador, realizan especificamente tarefas investigadoras de carácter temporal ó abeiro dun contrato asinado coa Universidade ou dun contrato ou convenio asinado pola Universidade con outras institucións públicas ou privadas. 2.- Ámbalas dúas modalidades de relación contractual faranse con cargo a partidas orzamentarias dedicadas á investigación procedentes preferentemente de financiamento externo, de acordo coa normativa que aprobe a Xunta de Goberno Capítulo 3.: Dos estudiantes. Art. 29. Son estudiantes da Universidade de Santiago de Compostela aquelas persoas que están matriculadas en cursos ou materias conducentes á obtención de titulacións oficiais de primeiro, segundo ou terceiro ciclo, entendidas estas últimas de acordo coa definición do artigo 127. Art. 30. Son dereitos específicos do estudiantado: a) Recibir unha formación e unha docencia cualificada e actualizada, tanto nos seus contidos coma nos seus métodos pedagóxicos. b) Ser avaliado obxectivamente no seu rendemento académico. c) Participar no control da calidade da docencia e na elaboración dos criterios xerais de avaliación desta. d) Beneficiarse das distintas axudas ou subvencións que a Universidade estableza, para posibilita-la continuidade e finalización de estudios, tendo en conta o rendemento académico e a súa situación económica. e) Ser protexido polo réxime de aseguramento establecido legalmente. f) A propiedade intelectual dos traballos artísticos, científicos ou técnicos que realicen no marco da súa actividade discente. g) Recibir orientación educativa e profesional a través do persoal dos servicios correspondentes. Art. 31. Son deberes específicos do estudiantado: a) Cumpri-las tarefas de estudio e de investigación que lles correspondan na súa condición de universitarios. b) Asistir regularmente ás actividades lectivas programadas, salvo nos casos de exención que autorice a Xunta de Centro ou Escola consonte ó disposto no artigo 113.3. Art. 32. O Claustro Universitario elaborará e aprobará o Estatuto do Estudiantado para o desenvolvemento polo miúdo dos seus dereitos e deberes e para a regulación das súas condicións de estudio na Universidade no prazo dun ano contado desde a aprobación destes Estatutos, logo de informe, se é o caso, do Consello Universitario de Galicia. Capítulo 4.: Do persoal de administración e servicios Art. 33. 1.- O persoal de administración e servicios constitúe o sector da comunidade universitaria ó que lle corresponden as funcións de xestión, apoio, asistencia, asesoramento, e realización de servicios á comunidade universitaria para posibilita-la consecución dos seus fins. 2.- O persoal de administración e servicios estará constituído polo persoal laboral e polos funcionarios das escalas propias e das escalas doutras universidades de Galicia ou de corpos e escalas doutras administracións que presten os seus servicios na Universidade de Santiago de Compostela. 3.- O persoal funcionario rexerase pola lexislación vixente que lle sexa de aplicación, por estes Estatutos e polas normas de xestión do seu cadro de persoal que aproben os órganos competentes da Universidade, logo de negociación coa Xunta de Persoal. 4.- O persoal laboral rexerase por estes Estatutos, pola lexislación laboral vixente e polo convenio colectivo vixente. Art. 34. 1.- Son dereitos específicos do persoal de administración e servicios, ademais dos previstos para tódolos membros da comunidade universitaria e dos recoñecidos pola lexislación vixente: a) Negociar coa Universidade, mediante os seus representantes, as condicións de traballo económicas, laborais e profesionais. b) Dispor dos medios axeitados para contribuír ó bo funcionamento do servicio público universitario e á mellora da súa xestión. c) A formación e promoción profesional. 2.- Son deberes específicos do persoal de administración e servicios, ademais dos establecidos para tódolos membros da comunidade universitaria ou previstos na lexislación vixente: a) O cumprimento das obrigas do seu posto e a prestación, con eficacia e calidade, dos servicios ós membros e usuarios da Universidade. b) A permanente actualización no posto que desempeñen, para o que contarán co apoio formativo da Universidade a través de cursos e demais procedementos destinados para tal fin. c) Someterse ó control obxectivo, periódico e rigoroso do seu labor, tanto individualmente como na globalidade do servicio no que se encadran. Art. 35. 1.- O persoal de administración e servicios dependerá organicamente da Xerencia da Universidade. Funcionalmente dependerá da dirección do servicio, centro ou departamento ó que estea adscrito. 2.- A Xunta de Goberno aprobará un manual de funcións do persoal de administración e servicios no que se determinará, entre outras cousas, a dependencia orgánica e funcional dos postos de traballo. Este manual actualizaráse de acordo coas modificacións da relación de postos. 3.- Sen prexuízo das funcións que lle correspondan ó Consello Social, determinaranse regulamentariamente e de acordo coa normativa vixente que corresponda en cada caso os sistemas que permitan un control efectivo do rendemento do persoal de administración e servicios. Art. 36. 1.- As escalas propias do persoal funcionario de administración e servicios serán as que, dentro das directrices xerais da política de persoal establecidas polo Claustro no marco da programación plurianual, determine en cada momento a Xunta de Goberno, logo de negociación cos órganos de representación do funcionariado. 2.- A clasificación en grupos e categorías do persoal laboral será a que se estableza no convenio colectivo de aplicación. Art. 37. 1.- Trala proposta da Xerencia, que terá en conta as necesidades docentes e investigadoras e oídos os órganos de representación do persoal de administración e servicios, a Xunta de Goberno establecerá a relación de postos de traballo correspondente ó persoal funcionario e laboral, que a enviará ó Consello Social para a súa aprobación. Esta relación de postos de traballo terá unha vixencia de dous anos, podendo ser revisada anualmente se as circunstancias o aconsellan. 2.- Nas relacións de postos de traballo ós que se refire o parágrafo anterior debe indicarse como mínimo: a) A denominación, as características esenciais das prazas, e a quenda. b) O centro ou a unidade ó que pertence e, de se-lo caso, a condición de vacante. c) Os requisitos establecidos para o seu desempeño. d) O nivel de complemento de destino e, se é o caso, as retribucións complementarias. e) O grupo ou a categoría profesional, as retribucións complementarias e a quenda, cando se trate de postos desempeñados por persoal laboral. Art. 38. 1.- A selección do persoal de administración e servicios realizarase segundo os principios de publicidade, igualdade, capacidade e mérito. 2.- A selección do persoal funcionario de administración e servicios, que se levará a cabo a través dos sistemas de concurso, oposición ou concurso-oposición, rexerase pola normativa que aprobe a Xunta de Goberno. 3.- O sistema de selección e promoción do persoal laboral de administración e servicios será aprobado pola Xunta de Goberno de acordo, se é o caso, co establecido no convenio colectivo de aplicación que deberá axustarse ás modalidades de concurso, concursooposición ou oposición. As probas serán xulgadas por un tribunal presidido polo rector ou persoa na que delegue e composto por igual número de representantes da Universidade, nomeados polo rector, e do Comité de Empresa. Designará un secretario, que actuará con voz pero sen voto. 4.- As convocatorias, que se farán públicas polas canles axeitadas, referiranse ós requisitos que deberán reuni-los aspirantes, ó procedemento de selección e cualificación, ós exercicios concretos, ó programa de materias esixible, á composición dos tribunais e comisións encargadas de xulga-las probas, ó procedemento de abstención e recusación dos seus membros, ós recursos contra as actuacións e resolucións dos tribunais e comisións e ó procedemento de nomeamento dos que superen as probas. 5.- A selección do persoal que deba ocupar postos de xefatura ou nivel superior ó basico do corpo ou escala, realizarase mediante un concurso de méritos entre o persoal funcionario da Universidade ou, de se-lo caso, mediante libre designación con convocatoria pública. Art. 39. 1.- Anualmente a Universidade de Santiago de Compostela e logo de negociación coa Xunta de Persoal convocará entre funcionarios do persoal de administración e servicios xerente e os representantes de cada sector da comunidade universitaria. En todo caso haberá unha representación de ámbolos dous campus. b) Nas tres quintas partes restantes, por unha representación dos intereses sociais, de acordo co que dispoña a correspondente Lei do Parlamento de Galicia. 3.- Os membros do Consello Social que representen á Universidade deberán reuni-los requisitos establecidos para o desempeño de cargos unipersoais. Art. 66. 1. Son competencias do Consello Social: a) A aprobación do orzamento e da programación plurianual, por proposta da Xunta de Goberno. b) A supervisión das actividades de carácter económico da Universidade e do rendemento dos seus servicios. c) A promoción da colaboración da sociedade no financiamento da Universidade. d) A proposta á Xunta de Galicia, da creación, supresión ou modificación de facultades, escolas técnicas superiores, escolas universitarias, escolas de especialización profesional, institutos universitarios, así como da adscrición de centros docentes ou investigadores. e) A aprobación, por proposta da Xunta de Goberno, da relación de postos de traballo do persoal de administración e servicios da Universidade e as súas modificacións. f) A aprobación das normas que regulan a permanencia do estudiantado na Universidade logo do informe do Consello de Universidades e, de se-lo caso, do Claustro Universitario. g) Calquera outra competencia que lle atribúan a lexislación vixente ou estes Estatutos. 2.- Sen prexuízo do establecido no apartado anterior, o Consello Social non poderá asumir competencias de organización e fiscalización dos servicios de docencia e investigación, agás a do seu rendemento económico. Art. 67. 1.- O Claustro Universitario é o máximo órgano representativo da comunidade universitaria. 2.- O Claustro Universitario estará composto por: a) O rector, que o presidirá e convocará, e o secretario xeral que o será tamén do Claustro. b) 500 representantes dos diversos sectores da comunidade universitaria, elixidos mediante sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto coa seguinte composición numérica: - 325 profesores e axudantes, dos cales 25 serán axudantes; 140 estudiantes, dos cales 25 serán do terceiro ciclo. - 35 membros do Persoal de Administración e Servicios. 3.- Os vicerrectores que non sexan membros do Claustro Universitario poderán asistir ás sesións con voz pero sen voto. Cando a natureza dos asuntos o requira, o rector ou a Mesa do Claustro poderá convocar para informe ó xerente ou a calquera membro da comunidade universitaria. Art. 68. 1.- O Claustro Universitario será elixido cada catro anos. Os seus membros axudantes e estudiantes renovaranse cada dous anos. 2.- A condición de membro do Claustro perderase co cesamento da vinculación académica ou laboral coa Universidade, por deixar de pertencer ó sector da comunidade universitaria polo que se foi elixido, ou polo incumprimento reiterado dos seus deberes como claustral, nos termos previstos no seu regulamento. Art. 69. 1.- O Claustro Universitario poderá traballar en pleno ou en comisións. 2.- O pleno do Claustro Universitario deberá reunirse con carácter ordinario polo menos dúas veces ó ano durante o período lectivo, e con carácter extraordinario de acordo co que dispoña o seu regulamento de réxime interno. Art. 70. Son competencias do Claustro Universitario as seguintes: a) A elaboración, aprobación e modificación dos Estatutos da Universidade. b) A elección de rector, a supervisión da súa xestión e, se é o caso, a súa remoción. c) A discusión e aprobación da proposta de programación plurianual, na que se inclúan as liñas xerais de actuación da Universidade, e as propostas de actualización anual da programación. d) A discusión e votación do informe anual do rector, no que teñen que incluírse as liñas xerais da memoria económica do exercicio anterior. e) A aprobación das liñas xerais do orzamento. f) A elaboración e aprobación do seu regulamento de réxime interno, que deberá ser aprobado por maioría absoluta. g) A redacción e aprobación das normas xerais de procedemento para a elaboración e aprobación dos programas de estudios. h) A expresión da opinión da comunidade universitaria. i) As restantes que lle atribúan estes Estatutos. Art. 71. 1.- A Xunta de Goberno é o órgano ordinario de goberno da Universidade. Estará integrada por: a) O rector, que a presidirá e convocará. b) O secretario xeral, que o será tamén da Xunta de Goberno; os vicerrectores e o xerente. c) Tódolos decanos e directores de escolas técnicas superiores e escolas universitarias. d) 15 representantes dos directores de departamento, garantindo a representación das grandes áreas científicas e do campus de Lugo. e) 1 representante dos directores de institutos universitarios. f) 25 representantes do Claustro Universitario, elixidos polo sector correspondente de entre os seus membros, de forma que se garanta a presencia dos campus de Santiago e Lugo, coa seguinte composición: 4 profesores. 2 axudantes. 14 estudiantes, dos que 3 serán do terceiro ciclo. 5 membros do persoal de administración e servicios. Art. 72. 1.- A Xunta de Goberno poderá traballar en pleno ou en comisións. 2.- A Xunta de Goberno celebrará, polo menos, unha sesión plenaria con carácter ordinario cada trimestre lectivo. Art. 73. Cando a Xunta de Goberno deba tomar acordos que afecten específicamente a un departamento ou instituto, o rector poderá convocar con voz pero sen voto ós directores destes, de non seren membros desta, de conformidade co artigo 16.3 da Lei de Reforma Universitaria. Tamén poderá convocar con voz pero sen voto a calquera persoa cando o requira a natureza dos asuntos que se van tratar. Art. 74. Son competencias da Xunta de Goberno: a) O coñecemento e a proposta ó Consello Social do proxecto de programación plurianual aprobado polo Claustro e as súas actualizacións anuais. b) A creación, modificación ou supresión de departamentos e a súa adscrición ós centros. c) A aprobación dos programas de estudio, logo do informe informe da comisión correspondente do Claustro, e o seu sometemento á consideración do Consello Social para que este aprobe o financiamento necesario. d) A determinación da capacidade dos centros e as normas de acceso. e) A aprobación e a modificación do cadro de persoal docente. f) A proposta ó Consello Social da aprobación e modificación dos cadros de persoal de administración e servicios da Universidade. g) A designación dos membros das comisións de selección de persoal docente funcionario. h) O acordo de provisión de prazas de persoal da Universidade. i) O acordo de nomeamento de profesorado emérito. l) O acordo e a proposta ó Claustro do nomeamento de doutores honoris causa. m) A aprobación e proposta ó Consello Social do proxecto de orzamento. n) A aprobación da distribución de créditos entre centros, departamentos, institutos e servicios. ñ) O coñecemento e a aprobacion da memoria económica. o) A aprobación dos convenios de colaboración con outras universidades ou entidades públicas ou privadas. p) A creación, modificación ou supresión dos servicios de apoio á docencia e á investigación e os de promoción e asistencia á comunidade universitaria. q) A realización de propostas en todos aqueles asuntos nos que o Consello Social deba tomar decisións ou facer proposicións, agás nos casos de atribución expresa a outros órganos de goberno. r) O nomeamento da Comisión de doutoramento. s) A aprobación das seguintes normas regulamentarias: - O seu regulamento de réxime interno. - O regulamento do terceiro ciclo. - A normativa de xestión académica. - A ratificación dos regulamentos de réxime interno dos centros, departamentos, e escolas de especialización profesional. - O regulamento para a proposta de asignación dos conceptos retributivos extraordinarios previstos na lexislación vixente. - O regulamento de profesorado. - As normas de xestión do cadro de persoal de administración e servicios funcionario. - O regulamento da Biblioteca Universitaria e do Arquivo Universitario. - Calquera outra norma regulamentaria non atribuída expresamente ó Claustro Universitario nestes Estatutos. t) Calquera outra competencia atribuída pola lexislación vixente ou polos presentes Estatutos. Art. 75. O rector ou rectora representa á Universidade, exerce a súa dirección, coordina a xestión académica e administrativa, preside o Claustro Universitario e a Xunta de Goberno, e executa os acordos do Consello Social, do Claustro Universitario e da Xunta de Goberno. Art. 76. O rector será elixido polo Claustro Universitario de entre os catedráticos de universidade que presten os seus servicios na Universidade de Santiago de Compostela, e será nomeado pola Xunta de Galicia. Art. 77. No caso de ausencia ou enfermidade do rector, asumirá as súas funcións o vicerrector que el designe. De estar imposibilitado o rector para designar substituto, corresponderá á Xunta de Goberno a elección do vicerrector encargado de exerce-las funcións, sen prexuízo de abrir, de se-lo caso, o procedemento da elección dun novo rector. Art. 78. Son competencias do rector: a) A representación da Universidade perante os poderes públicos e toda clase de persoas ou entidades públicas ou privadas. b) A decisión da interposición de recursos administrativos e o exercicio de accións xudiciais, dándolle conta previa ou posterior á Xunta de Goberno, á vez que a representación xudicial e administrativa da Universidade en toda clase de actos ou negocios xurídicos, podendo outorgar mandatos para o exercicio desta representación. c) A presidencia dos actos universitarios ós que concorra, sen prexuízo do que dispón a normativa estatal, e de se-lo caso, autonómica sobre precedencias. d) A presidencia e a convocatoria das sesións do Claustro Universitario e da Xunta de Goberno. e) A execución dos acordos do Claustro Universitario, da Xunta de Goberno e do Consello Social. f) A vixilancia do cumplimento da legalidade en tódalas actuacións da Universidade. g) O asinamento de todo tipo de convenios en nome da Universidade. h) A determinación do número, denominación e competencias dos vicerrectores, así como o nomeamento destes, do secretario xeral e do xerente, e de existiren, o do secretario xeral adxunto e do vicexerente ou vicexerentes. i) O nomeamento dos decanos e vicedecanos de facultades, os directores e subdirectores de escolas técnicas superiores, de escolas universitarias e de escolas de especialización profesional, segundo as propostas das xuntas dos respectivos centros, e dos directores de departamentos e institutos segundo as propostas dos seus consellos. l) O nomeamento dos xefes dos servicios administrativos, segundo as propostas das comisións xulgadoras dos oportunos concursos. m) O nomeamento dos directores dos servicios xerais de apoio á docencia, á investigación e os de asistencia á comunidade universitaria. n) O nomeamento do profesorado e do persoal de administración e servicios. ñ) A expedición dos títulos e diplomas outorgados pola Universidade. o) A ordenación dos gastos e dos pagamentos en execución do orzamento da Universidade. p) A adopción respecto do persoal docente e non docente das decisións relativas a situacións administrativas e réxime disciplinario, con excepción da separación do servicio. q) Calquera outra función que lle atribúan a lexislación universitaria, os presentes Estatutos e, en xeral, aquelas que non estean expresamente atribuídas a outros órganos da Universidade. Art. 79. 1.- Os vicerrectores ou vicerrectoras serán nomeados polo rector de entre os membros da comunidade da Universidade de Santiago de Compostela. 2.- Correspóndelles ós vicerrectores coordinaren e dirixiren as actividades no ámbito de competencia encomendada, baixo a autoridade do rector. 3.- Os vicerrectores cesarán no seu cargo por demisión ou por decisión do rector. Art. 80. 1.- O secretario xeral ou secretaria xeral da Universidade será nomeado/a polo rector de entre o profesorado funcionario da Universidade de Santiago de Compostela. 2.- O secretario xeral cesará no seu cargo por demisión ou por decisión do rector. Art. 81. 1.- O secretario xeral desempeñará a secretaría do Claustro Universitario e da Xunta de Goberno. Encargarase de dar fe de tódolos actos e acordos dos órganos colexiados de representación, goberno e administración da Universidade. 2.- Son funcións específicas do secretario xeral: a) A formación e a custodia dos libros de actas dos órganos xerais de representación e goberno da Universidade e a expedición de certificacións do que conteñen e calquera cuestión que conste na documentación oficial da Universidade. b) A recepción e a custodia das actas de cualificación de exames. c) A custodia do arquivo universitario e a do selo oficial da Universidade. d) A publicidade dos acordos da Universidade. e) A organización dos actos solemnes da Universidade e a xefatura de protocolo. f) As restantes funcións que lle atribúan a lexislación vixente, estes Estatutos ou os regulamentos da Universidade. Art. 82. 1.- O xerente ou a xerente exercerá, baixo a autoridade do rector, a xestión dos servicios económicos e administrativos da Universidade; por outra parte, pode desempeñar, por delegación do rector, a xefatura do persoal de administración e servicios e a xestión do patrimonio da Universidade nos termos establecidos no título sétimo destes Estatutos. 2.- O xerente é nomeado polo rector, unha vez oído o Consello Social, entre titulados superiores. Cesará no seu cargo por demisión ou por decisión do rector. 3.- O cargo de xerente será incompatible co exercicio da docencia ou de calquera outra actividade pública ou privada. Art. 83. 1.- O rector, de estimalo necesario, poderá nomear adxuntos ós vicerrectores e ó secretario xeral para auxilialos no seu labor de goberno universitario no respectivo ámbito de competencia. As persoas nomeadas deberán cumpri-las condicións establecidas no art. 62 destes Estatutos. As funcións propiamente técnico-administrativas reservaranse sempre ós membros do persoal de administración e servicios. 2.- En tódolos casos incluídos neste artigo, o rector informará das súas decisións á Xunta de Goberno e ó Claustro Universitario. Capítulo 3: Dos órganos dos centros Art. 84. Os órganos de goberno e administración das facultades, escolas técnicas superiores e escolas universitarias son os seguintes: a) A xunta de facultade ou escola b) O decano ou decana ou o director ou directora. c) Os vicedecanos ou vicedecanas ou os subdirectores ou subdirectoras. d) O secretario ou secretaria. Art. 85. A xunta de facultade ou de escola é o órgano colexiado de goberno do centro, aproba as liñas xerais de actuación no ámbito da facultade ou escola e supervisa o labor dos seus órganos de dirección e xestión. Art. 86. 1.- A xunta de facultade ou de escola estará composta por: a) O decano ou o director, que a presidirá e convocará. b) Os vicedecanos ou subdirectores e o secretario, que o será tamén da xunta. c) O seguinte profesorado censado no centro: os funcionarios docentes; os eméritos; os axudantes; os contratados a tempo completo e os contratados a tempo parcial, nunha proporción que non exceda do 10% dasuma dos profesores dos tipos precedentes, ou do 20% no caso das escolas que imparten titulacións técnicas. d) Unha representación dos bolseiros de investigación con docencia no centro nunha proporción do 5% do total da xunta. e) Unha representación de estudiantes do primeiro e segundo ciclo nunha porcentaxe do 25% do total da xunta, e unha represenación de estudiantes do terceiro ciclo nunha porcentaxe do 5% do total da xunta. f) Unha representación do persoal de administración e servicios censado no centro nunha proporción do 5% do total da xunta, cun mínimo de dous. g) O profesorado e axudantes non censados no centro sempre que a súa carga docente anual nel non sexa inferior a 9 créditos. 2.- Tamén poderán asistir á xunta de facultade ou escola, con voz, pero sen voto: a) O profesorado visitante b) Todo o profesorado, axudantes, ou bolseiros que impartan docencia no centro e non sexan membros dela. 3.- Tódolos representantes elixidos serano por dous anos, salvo os estudiantes que o serán por un ano. A condición de membro da xunta perderase ó cesa-la vinculación académica ou administrativa co centro. 4.- O profesorado, axudantes e bolseiros estarán censados soamente nun centro desta Universidade, nas condicións que estableza a Xunta de Goberno. 5.- Os estudiantes figurarán no censo daqueles centros responsables da titulación ou titulacións en que estean matriculados. Art. 87. 1.- A xunta de facultade ou de escola elaborará un regulamento de réxime interno no que se determinarán os distintos aspectos do seu funcionamento. 2.- O regulamento poderá establecer unha comisión permanente, integrada polo decano ou director, que a presidirá e a convocará; os vicedecanos ou subdirectores; o secretario, que o será tamén da comisión permanente e unha representación proporcional dos distintos sectores que integren a xunta. O ámbito de competencia da comisión permanente determinarase regulamentariamente. 3.- O número de membros da comisión permanente nunca poderá exceder un tercio dos membros da xunta de facultade ou de escola. 4.- O regulamento dos centros tamén poderá crear comisións delegadas, determinando a súa composición e funcións. 5.- O regulamento arbitrará os medios necesarios para que os membros da xunta estean en disposición de asistir as súas reunións. Art. 88. A xunta de facultade ou de escola reunirase, con caracter ordinario, polo menos, unha vez ó trimestre en período lectivo, e con carácter extraordinario tal como se dispoña no seu regulamento de réxime interno. Art. 89. Son competencias da xunta de facultade ou de escola: a) A elección do decano ou director e, se é o caso, a súa revogacion. b) A elaboración e a aprobación do seu regulamento de réxime interno. c) A supervisión da xestión dos restantes órganos de goberno e de administración do centro. d) A elaboración e a aprobación dos proxectos de plans de estudios das titulacións radicadas no centro, consonte a legislación vixente e as normas xerais emanadas do Claustro Universitario. e) A aprobación das liñas xerais da política académica do centro e, entre elas, a proposta e implantación de novas titulacións, a creación de escolas de especialización profesional dependentes do centro e a organizacion de cursos ou estudios de posgrao. f) A organización dos servicios docentes para a obtención dos títulos académicos do seu ámbito, así como a coordinación e a supervisión da actividade docente do profesorado con docencia no centro, e igualmente a supervisión do seu cumprimento. g) A programación dos servicios e equipamentos do centro e a supervisión da súa xestión. h) A distribución das asignacións orzamentarias concedidas ó centro e o control da súa aplicación. i) O informe verbo das propostas de creación, modificación ou supresión de departamentos relacionados co centro pola súa docencia e investigación. l) A organización de actividades de formación permanente e de extensión. m) A manifestación da súa opinión verbo de calquera asunto relacionado co centro ou coas súas actividades. n) Calquera outras competencias que lle atribúan estes Estatutos. Art. 90. 1.- O decano ou director representa a facultade ou escola, exerce a súa dirección, preside e coordina a actuación dos seus órganos colexiados e executa os seus acordos. 2.- A xunta de facultade ou de escola elixirá o decano ou director, de entre os catedráticos ou profesores titulares que presten nela os seus servicios, que será nomeado polo rector. Art. 91. 1.- Son competencias do decano ou director: a) A representación da facultade ou escola. b) A presidencia das reunións da xunta de facultade ou de escola e a de calquera outro órgano colexiado delas, así como a execución dos seus acordos. c) A vixilancia do cumprimento da legalidade en tódalas actuacións da facultade ou escola. d) A dirección da política académica da facultade ou escola. e) A proposta ó rector do nomeamento e cesamento dos vicedecanos ou subdirectores e do secretario da facultade ou escola. f) A vixilancia do respecto dos dereitos e do cumprimento dos deberes de tódolos membros da comunidade universitaria que desenvolven o seu labor no centro. g) O control do cumprimento das obrigas docentes e discentes. h) A vixilancia do patrimonio do centro. i) O exercicio das restantes funcións que se deriven do seu cargo, así como aqueloutras que lle sinalen estes Estatutos ou a lexislación universitaria. 2.- As competencias do decano ou director estenderanse a tódolos asuntos concernentes ó goberno e a administración das facultades ou escolas, de non seren atribuídas a outros órganos. Art. 92. 1.- O secretario da facultade ou escola é quen dá fe dos actos e acordos dos órganos de goberno, representación e administración do centro e, como tal, ten encomendada a custodia dos libros de actas e a expedición das certificacións dos acordos e de tódolos actos ou feitos que consten nos documentos oficiais do centro. Ademais, exercerá aqueloutras funcións que lle delegue o decano ou director ou que lle encomenden a lexislación vixente e estes Estatutos. 2.- O secretario será nomeado polo rector, segundo a proposta do decano ou director de entre os profesores do centro. 3.- O secretario cesará por demisión ou por decisión do rector, por proposta do decano ou director. Art. 93. 1.- Os vicedecanos ou os subdirectores serán nomeados polo rector, por proposta do decano ou director, de entre os membros da comunidade universitaria da facultade ou escola. 2.- É labor dos vicedecanos ou subdirectores coordinaren ou dirixiren, baixo a autoridade do decano ou director, a área ou áreas de competencias que este lles asigne. De existiren varios vicedecanos ou subdirectores, o decano ou director designará o que ten que substituílo en caso de ausencia ou enfermidade. 3.- Os vicedecanos ou subdirectores cesarán no seu cargo por demisión ou por decision do rector, por proposta do decano ou director. Capítulo 4: Dos órganos dos departamentos Art. 94. Son órganos de dirección do departamento: a) O consello de departamento. b) O director ou directora. c) O secretario ou secretaria. Art. 95. 1.- O consello de departamento estará composto por: a) O funcionariado docente dos corpos legalmente establecidos, o profesorado emérito e o profesorado contratado a tempo completo. b) Os axudantes do departamento. c) O profesorado contratado a tempo parcial, nunha proporción que non exceda do 10% do total de membros do consello ou o 20% en departamentos que impartan máis de 50% da súa docencia en titulacións de carácter técnico. d) Unha representación de bolseiros e persoal investigador do 5% do total dos membros do consello. e) Unha representación dos estudiantes do ámbito de docencia do departamento, elixidos cada dous anos, que suporá o 25% do total dos membros do consello de departamento. Desta porcentaxe o 10% corresponderá a estudiantes de primeiro e segundo ciclo e o 15% ós de terceiro ciclo. 2.- O consello de departamento poderá invitar para asistir ás súas reunións para discutir asuntos específicos, con voz pero sen voto, a calquera membro da comunidade universitaria que poida resultar afectado por eles. 3.- O consello de departamento reunirase por iniciativa do director ou a pedimento dun tercio dos seus membros. Celebrará, polo menos, unha sesión ordinaria cada trimestre do ano lectivo. Art. 96. 1.- O consello de departamento elaborará un regulamento de réxime interno no que se determinarán os distintos aspectos do seu funcionamento, de acordo coa lexislación vixente, con estes Estatutos e coas normas que os desenvolvan. 2.- O regulamento poderá establecer unha comisión permanente integrada polo director, que a presidirá e a convocará; o secretario, que o será tamén da comisión permanente; e unha representación proporcional dos distintos sectores que integran o consello. O ámbito de competencias desta comisión definirase no regulamento. Art. 97. Corresponderalle ó consello de departamento: a) A elección do director e, de se-lo caso, a proposta ó rector da súa remoción mediante moción de censura constructiva que, en todo caso, deberá ser aprobada por maioría absoluta dos membros do consello de departamento. b) A planificación e coordinación da actividade docente e a coordinación da actividade investigadora do departamento, así como o control do seu cumprimento. c) A formulación das demandas de profesorado de acordo coas necesidades docentes dos centros, dos seus programas de investigación e do terceiro ciclo, e a información sobre a procedencia do mantemento, minoración ou cambio de denominación ou categoría dunha praza. d) A concesión do consentimento ó director do departamento para a negociación dos traballos e cursos ós que se refire o art. 11 da Lei de reforma universitaria, sempre que isto afecte ó departamento como tal. e) A aprobación do orzamento anual do departamento. f) A elaboración e aprobación do seu regulamento de réxime interno. g) A creación de comisións para o mellor desenvolvemento das súas funcións. h) A promoción do perfeccionamento da docencia. i) A solicitude de convocatoria a concurso das prazas vacantes de catedráticos e profesores titulares e a solicitude de contratación de profesores asociados, profesores visitantes e axudantes, así como as propostas de membros das comisións correspondentes consonte a lexislación vixente. l) A emisión dos informes preceptivos sobre a actividade docente e investigadora do seu profesorado e persoal investigador ou sobre o rendemento académico do seu estudiantado. m) O informe dos proxectos de teses de doutoramento e a proposta das comisións xulgadoras das devanditas teses. n) Calquera outra competencia que lle atribúan estes Estatutos ou a lexislación vixente. Art. 98. 1.- O director representa ó departamento, exerce a súa dirección, preside a actuación dos seus órganos colexiados e executa os seus acordos. 2.- A dirección do departamento corresponderalle por elección a un dos seus membros que teña categoría de catedrático de Universidade. De non haber candidato desta categoría, ou no caso de non acadar ningún dos candidatos maior número de votos positivos ca negativos, procederase á celebración dunha nova elección á que poderán incorpora-la súa candidatura os profesores titulares de Universidade e os catedráticos de escola universitaria que posúan o título de doutor. Se neste último proceso o número de votos negativos é superior ó de positivos, deberá repetirse a elección e poderán ser candidatos os profesores titulares de escola universitaria co título de doutor. 3.- De non se poder levar a cabo o nomeamento do director do departamento por falta de candidatos que reúnan os requisitos esixidos, a Xunta de Goberno, trala proposta do rector, encargará provisoriamente das funcións de dirección a un dos profesores do departamento ou, no seu defecto, doutro departamento. Rematado o curso académico, convocaranse eleccións. 4.- O director do departamento será elixido polo consello de departamento nos termos do artigo anterior e nomearao o rector. O nomeamento comunicaráselles á Xunta de Goberno e ós decanos e directores das facultades e escolas onde o departamento desenvolva as súas funcións docentes e investigadoras. 5.- En caso de ausencia ou enfermidade, o director será substituído, con carácter accidental, polo catedrático ou profesor titular designado polo director, e no seu defecto, polo de maior antigüidade. Art. 99. 1. Son competencias do director do departamento: a) A presidencia e a convocatoria do consello de departamento. b) A execución dos acordos adoptados polo consello de departamento e a vixilancia do seu cumprimento. c) A organización e a coordinación, de acordo co consello de departamento, dos medios persoais e materias dos que se dispoña para cumpri-los obxectivos investigadores e docentes. d) A execución das previsións orzamentarias. e) A negociación con entidades públicas e privadas, e de acordo co consello de departamento, para a contratación de traballos de carácter científico, técnico ou artístico, así como para o desenvolvemento de cursos de especialización, sempre que isto afecte ó departamento como tal. f) Calquera outra función que afecte ó departamento e que non se lle atribuíse explicitamente ó seu consello ou a outros órganos da Universidade. 2.- As competencias do director do departamento esténdese a tódolos asuntos relacionados co goberno e a administración do departamento, de non seren atribuídos a outros órganos. Art. 100. 1.- O secretario do departamento é quen dá fe dos actos e acordos dos órganos de goberno, representación e administración do departamento e, como tal, ten encomendada a custodia dos libros de actas e a expedición das certificacións dos acordos e de tódolos actos que consten nos documentos oficiais do departamento. Ademais exercerá aqueloutras funcións que lle delegue o director ou lle encomende a lexislación ou estes Estatutos. 2.- O secretario será nomeado polo director de entre o profesorado e axudantes do departamento. 3.- O secretario cesará por demisión ou por decisión do director do departamento. Capítulo 5: Dos órganos dos institutos universitarios Art. 101. Os órganos de goberno dos institutos propios da Universidade de Santiago de Compostela serán: a) O consello de goberno. Capítulo 4: Dos colexios maiores adscritos Art. 140. 1-. As persoas físicas e xurídicas poderán promove-la creación de colexios maiores ou residencias, que se adscribirán á Universidade mediante o axeitado convenio que deberá ser aprobado pola Xunta de Goberno. 2.- A adscrición á Universidade quedará sen efecto por iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela ou da entidade promotora. TÍTULO SEXTO: DOS ACTOS ACADÉMICOS, HONRAS E DISTINCIÓNS Art. 141. A apertura de curso terá lugar nun acto solemne, presidido polo rector, no que un catedrático ou catedrática da Universidade, designado polo rector de acordo coa rolda tradicional, dictará unha lección inaugural. Pola súa parte, o secretario xeral fará público quen acadou o grao de doutor ou doutora no curso anterior, presentará oficialmente os novos catedráticos e profesores titulares e lerá un informe coas actividades e datos máis salientables do curso académico anterior. Art. 142. As facultades, escolas e institutos da Universidade de Santiago de Compostela poderán organizar igualmente actos solemnes para entregaren publicamente ó seu estudiantado diplomas acreditativos. Art. 143. Tódolos doutores da Universidade de Santiago de Compostela terán dereito á utilización da medalla doutoral da Universidade. As súas características materiais serán establecidas pola Xunta de Goberno. Art. 144. 1.- Son honras e distincións da Universidade de Santiago de Compostela as seguintes: a) A insignia de ouro da Universidade. b) A medalla de ouro da Universidade. c) O grao de doutor ou doutora honoris causa 2.- A concesión de honras e distincións farase en acto público, presidido polo rector, do que levantará acta o secretario xeral. Art. 145. 1.- A insignia de ouro da Universidade de Santiago de Compostela será concedida a aquelas persoas que, ó seu xuízo, sobresaísen dun xeito especial nos servicios prestados á institución. 2.- A medalla de ouro da Universidade de Santiago de Compostela concederase a persoas ou entidades que sobresaian dun xeito extraordinario pola súa contribución ó sostemento ou ó cumprimento dos fins da institución. 3.- Un regulamento da Xunta de Goberno establecerá o réxime para a concesión da insignia e da medalla de ouro da Universidade, así como as súas características materiais que concordarán cos símbolos tradicionais da Universidade. Art. 146. 1.- A Universidade de Santiago de Compostela poderá concede-lo grao de doutor honoris causa a persoas físicas sobranceiras no eido da investigación ou da docencia, no cultivo das artes e das letras, ou ben daquelas actividades que tivesen unha repercusión notoria e importante desde o punto de vista universitario no terreo científico, artístico, cultural, tecnolóxico e social. 2.- A proposta para a colación do devandito grao formularaa un ou varios departamentos co informe preceptivo do centro ou centros correspondentes. 3.-A proposta aprobaraa, se é o caso, a Xunta de Goberno, que a remitirá ó Claustro para a súa ratificación. 4.- O nomeamento de doutor honoris causa debe expedilo o rector. Procederase á correspondente investidura nun solemne acto académico axeitado ó tradicional uso universitario. TíTULO SÉTIMO: DO RÉXIME ECONÓMICO E DA PROGRAMACIÓN PLURIANUAL Capítulo l: Do patrimonio Art. 147. Constitúen o patrimonio da Universidade de Santiago de Compostela: a) Os dereitos sobre os bens mobles e inmobles que lle pertenzan por calquera título. b) Os títulos, valores, capitais de fundacións, propiedades incorporais e restantes bens, dereitos e accións que lle pertenzan. Art. 148. 1.- A Universidade de Santiago de Compostela é titular dos bens estatais de dominio público que estean afectos ó cumprimento das súas funcións e asumirá a titularidade daqueles que no futuro sexan destinados as mesmas finalidades polo Estado ou pola Comunidade Autónoma de Galicia. 2.- A desafectación dos bens de dominio público de titularidade da Universidade de Santiago de Compostela consonte coa lexislación vixente, implicará a súa consideración como patrimoniais da mesma. Art. 149. 1.- Os acordos relativos a desafectación dos bens de dominio público e á disposición dos patrimoniais corresponderán ó Consello Social trala proposta da Xunta de Goberno e de conformidade coas normas xerais que rexan nesta materia. 2.- Correspóndelle ó Consello Social, trala proposta da Xunta de Goberno e no marco das normas xerais que rexan nesta materia, dicta-las normas regulamentarias relativas á administración dos bens de titularidade da Universidade de Santiago de Compostela, tanto os de dominio público coma os patrimoniais, así coma os procedementos para a súa adquisición e para a súa cesión. Capítulo 2: Da programación plurianual Art. 150. 1.- A programación plurianual concretarase nun programa de catro anos, actualizado cada ano, sobre a actividade que deben desenvolve-los diferentes centros, departamentos, institutos universitarios e servicios da Universidade de Santiago de Compostela, e mais sobre a avaliación económica dos gastos e dos ingresos correspondentes. 2.- A programación incluirá tamén: a) Os programas de construcción de novos edificios e de instalacións de carácter xeral, así coma as ampliacións ou modificacións dos xa existentes. b) O programa xeral de investimentos, tanto de infraestructura de docencia coma de infraestructura de investigación. c) A previsión sobre a matrícula en diferentes centros e opcións da Universidade en relación coa dimensión dos cursos. d) A creación e supresión de centros, estudios ou especialidades. e) Os cambios na adscrición de estudios entre centros ou unidades docentes. f) As variacións que cumpra facer nos cadros de profesores durante o primeiro ano ou a máis longo prazo. g) A creación, modificación e supresión de servicios. h) As variacións que cumpra facer nos cadros de persoal de administración e servicios durante o primeiro ano ou a máis longo prazo. i) E en xeral, aquelas decisións que, a medio prazo, contribúan a defini-la actividade docente, investigadora e de organización interna da Universidade. Art. 151. O proxecto de programación plurianual será presentado polo rector perante o Claustro Universitario. Logo do voto favorable deste, a Xunta de Goberno proporalle o proxecto ó Consello Social para a súa aprobación. Capítulo 3: Do Orzamento Art. 152. A Universidade de Santiago de Compostela aprobará un orzamento anual que conterá os dereitos económicos estimados a liquidar durante o exercicio e a totalidade dos créditos necesarios para dar cumprimento ás obrigas. O orzamento será público, único e equilibrado. A estructura do orzamento e o seu sistema contable axeitaranse ás normas que con carácter xeral estean establecidas para o sector público. Art. 153. 1.- O rector presentará perante o Claustro Universitario as liñas xerais do orzamento, xunto coa programación plurianual ou coa súa actualización. 2.- Aprobadas as liñas xerais polo Claustro, o rector presentará o proxecto de orzamento perante a Xunta de Goberno, que o enviará ó Consello Social para a súa aprobación. Art. 154. O orzamento da Universidade de Santiago de Compostela conterá no estado de ingresos os seguintes recursos: a) A subvención global fixada anualmente pola Comunidade Autónoma de Galicia. b) Os prezos públicos e restantes dereitos que legalmente se establezan, así como a compensación polas exencións legalmente establecidas. c) As subvencións, doazóns, legados e axudas de todo tipo concedidas á Universidade por institucións públicas ou privadas e particulares. d) Os rendementos procedentes do seu patrimonio e aqueloutros derivados da actividade universitaria e de actos e prestacións de servicios onerosos. e) O producto da venda de bens e de títulos propios e as compensacións orixinadas pola cesión de activos fixos. f) O producto das operacións de crédito que concertase a Universidade con entidades públicas ou privadas para o financiamento dos seus gastos de investimento. g) Os remanentes de tesourería e calquera outro ingreso. h) Os ingresos derivados de contratos que celebren os departamentos, os institutos e o seu profesorado a través do propio departamento ou instituto para a realización de traballos de carácter científico, técnico, artístico, así como para o desenvolvemento de cursos de especialización. Art. 155. O orzamento de gastos clasificarase atendendo á separación entre os correntes e os de investimento, de acordo coa clasificación funcional, orgánica e económica aprobada pola Universidade. Art. 156. 1.- Tódolos créditos terán a consideración de ampliables, agás nos seguintes casos: a) O crédito correspondente ó cadro do funcionariado docente da Universidade, excluídos os conceptos retributivos asignados en atención a esixencias docentes e investigadoras ou a méritos relevantes. b) O crédito correspondente ó cadro do PAS funcionario. 2.- Os suplementos de créditos e os créditos extraordinarios aprobaraos o Consello Social, oída a proposta da Xunta de Goberno. Calquera alteración orzamentaria deberá respectalo principio de suficiencia financeira e expresarase no expediente o financiamento específico de alteración. O Consello Social poderá delegar na Xunta de Goberno a aprobación de suplementos de crédito e de créditos extraordinarios, especialmente cando correspondan a expedientes con financiamento específico achegado por entes públicos ou privados. 3.- Os créditos xerados por ingresos específicos e a incorporación de remanentes aprobaraos o rector. 4.- As transferencias de crédito entre os diversos conceptos dos capítulos de operacións correntes e de operacións de capital debe acordalas a Xunta de Goberno. As transferencias de gastos correntes a gastos de capital debe acordalas o Consello Social. As transferencias de gastos de capital a calquera outro capítulo debe acordalas o Consello Social, logo de autorización da Comunidade Autónoma de Galicia. Art. 157. A non aprobación do orzamento anual da Universidade antes do un de xaneiro do ano correspondente suporá a prórroga automática do orzamento do ano anterior. Capitulo 4: Da xestión e do control Art. 158. 1.- A xestión económica e financeira da Universidade de Santiago de Compostela, no marco constituído pola programación plurianual e polo orzamento anual, reflectirase na memoria económica de presentación e rendemento de contas. 2.- A Xunta de Goberno, a proposta da Xerencia, aprobará un regulamento de xestión orzamentaria que deberá ser ratificado polo Consello Social. Art. 159. 1.- A memoria económica anual é o documento polo que se renden as contas do exercicio tanto no nivel interno da propia Universidade coma perante os organismos competentes de control externo. 2.- A memoria económica presentaralla o rector á Xunta de Goberno para a súa información e mais para o exame da xestión económica realizada. Esta presentación farase no prazo dos seis primeiros meses despois de pechado o exercicio económico. 3.-Despois de que a Xunta de Goberno acepte as contas, o rector presentará un informe perante o Consello Social e perante o Claustro Universitario. Art. 160. A memoria económica anual conterá necesariamente: a) A liquidación definitiva do orzamento. b) O inventario de bens. c) Un informe polo miúdo sobre a xestión dos recursos económicos. Art. 161. 1.- Correspóndelle ó Consello Social a responsabilidade de exercer directamente o control das contas da Universidade e, en xeral, o exame dos procedementos de xestión orzamentaria, da execución do orzamento e dos custos e rendementos dos distintos servicios. 2.- O Claustro Universitario poderá tamén crear unha comisión específica para exercer un control sobre as contas da Universidade. Art. 162. Correspóndelle ó rector a ordenación dos gastos e dos pagamentos. A ordenación de gastos poderá delegala nos directores dos centros de gasto. A ordenación dos pagamentos poderá delegala nun vicerrector ou, de se-lo caso, no xerente. Art. 163. A contratación de obras, servicios e subministracións efectuarase de acordo co oportuno regulamento que, dentro do marco da legislación xeral sobre a materia, regulará especificamente a xestión contractual da Universidade. Art. 164. A Universidade de Santiago de Compostela poderá asina-los contratos que teñan unha contía non reservada expresamente ó Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia. Art. 165. 1.- O Consello Social determinará cada ano, no momento de aproba-los orzamentos, o límite da cantidade a partir da cal cumprirá un acordo explícito para que o rector ou o vicerrector no que delegue ou, se é o caso, o xerente, proceda a unha contratación polo sistema de procedemento negociado. 2.- O rector ou o vicerrector no que delegue ou, de se-lo caso, o xerente, informará periodicamente á Xunta de Goberno das contratacións polo sistema de procedemento negociado que superen unha suma determinada, que fixará a devandita Xunta. 3.- A Universidade de Santiago de Compostela, previo acordo do Consello Social, poderá adquirir polo sistema de procedemento negociado os bens de equipo necesarios para o desenvolvemento dos seus programas de investigación. Art. 166. 1.- En caso de contratación por concurso público, procedemento negociado ou poxa, as condicións serán aprobadas polo rector, a proposta do xerente e co informe previo da asesoría xurídica da Universidade. 2.- A Mesa de Contratación estará formada, polo menos, polo rector ou polo vicerrector no que delegue, polo presidente do Consello Social ou polo membro deste no que delegue, polo xerente ou polo membro do persoal de administración e servicios no que delegue, un membro do servicio de control interno, por un membro da asesoría xurídica da Universidade, e polo xefe do servicio de xestión económica. Actuará como secretario o xefe da Sección de Contratación, con voz pero sen voto. 3.- A Xunta de Goberno e o Consello Social serán informados do resultado da contratación. TÍTULO OITAVO: DA REFORMA DOS ESTATUTOS Art. 167. 1.- A iniciativa para a reforma dos presentes Estatutos correspóndelle a Xunta de Goberno ou ó vinte por cento dos membros do Claustro. 2.- Consonte co procedemento establecido para este fin no regulamento de funcionamento do Claustro Universitario, a reforma dos Estatutos requirirá a aprobación por maioría absoluta do Claustro en primeira votación, e maioría simple en segunda votación. 3.- O novo texto será remitido á Xunta de Galicia para a súa ratificación e terá vixencia a partir do día seguinte á data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. DISPOSICIÓNS ADICIONAIS Disposición adicional primeira: No momento da aprobación destes estatutos, os centros da Universidade de Santiago son os seguintes: CAMPUS DE SANTIAGO: Facultades, Escolas Técnicas Superiores e Escolas Universitarias: Facultade de Bioloxía Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Ciencias da Información Facultade de Ciencias Políticas e Sociais Facultade de Dereito Facultade de Farmacia Facultade de Filoloxía Facultade de Filosofía Facultade de Física Facultade de Matemáticas Facultade de Medicina e Odontoloxía Facultade de Psicoloxía Facultade de Química Facultade de Xeografía e Historia Escola Universitaria de Enfermería Escola Universitaria de Relacións Laborais Escola Universitaria de Óptica e Optometría Escolas de Especialización Profesional Cirurxía Aparato Dixestivo Cirurxía Cardiovascular Cirurxía Xeral Estomatoloxía Histopatoloxía Obstetricia e Xinecoloxía Oftalmoloxía Pediatría Práctica Xurídica Centros adscritos: Escola Universitaria de Traballo Social Centros vinculados: Centro Superior de Hostelería de Galicia CAMPUS DE LUGO: Facultades, Escolas Técnicas Superiores e Escolas Universitarias: Facultade de Ciencias Facultade de Humanidades Facultade de Veterinaria Escola Politécnica Superior Escola Universitaria de Estudios Empresariais Escola Universitaria de Formación do Profesorado de E.X.B. Centros adscritos: Escola Universitaria de Enfermería Escola Universitaria de Relacións Laborais Disposición adicional segunda: No momento da aprobación destes Estatutos os departamentos da Universidade de Santiago de Compostela son os seguintes: Álxebra Análise Matemática Anatomía e Producións Animais Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses Bioloxía Animal Bioloxía Fundamental Bioquímica e Bioloxía Molecular Bioloxía Vexetal Cirurxía Ciencias da Comunicación Ciencias Morfolóxicas Dereito Común Dereito Mercantil e do Traballo Dereito Público Especial Dereito Público e Teoría do Estado Didáctica da Exp. Musical, Plástica e Corporal Didáctica das Ciencias Experimentais Didáctica das Ciencias Sociais Didáctica da Lingua e a Literatura Didáctica e Organización Escolar Economía Aplicada Economía Financeira e Contabilidade Edafoloxía e Química Agrícola Electrónica e Computación Enfermería Enxeñería Agroforestal Enxeñería Química Estadística e Investigación Operativa Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica Farmacoloxía Filoloxía Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral Filoloxía Francesa e Italiana Filoloxía Galega Filoloxía Inglesa e Alemana Filosofía e Antropoloxía Social Física Aplicada Física da Materia Condensada Física de Partículas Fisioloxía Fundamentos da Análise Económica Historia I Historia da Arte Historia Contemporánea e de América Historia e Institucións Económicas Historia Medieval e Moderna Latín e Grego Lóxica e Filosofía da Ciencia e Filosofía do Dereito Moral e Política Matemática Aplicada Medicina Métodos Cuantitativos para a Economía e a Empresa Métodos e Técnicas de Investigación en Ciencias do Comportamento e da Educación Microbioloxía e Parasitoloxía Organización de Empresas e Comercialización Obstetricia e Xinecoloxía Patoloxía Animal Pediatría Producción Vexetal Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía Psicoloxía Evolutiva e da Educación Psicoloxía Social e Básica Psiquiatría, Radioloxía e Medicina Física e Saúde Pública Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía Química Física Química Inorgánica Química Orgánica Socioloxía e Ciencias Política e da Administración Teoría e Historia da Educación Xeografía Xeometría e Topoloxía Disposición adicional terceira: No momento da aprobación destes Estatutos os institutos universitarios da Universidade de Santiago de Compostela son os seguintes: Instituto da Lingua Galega Instituto de Acuicultura Instituto de Cerámica Instituto de Ciencias da Educación Instituto de Ciencias Neurolóxicas "Pedro Barrié de La Maza" Instituto de Criminoloxía Instituto de Dereito Industrial Instituto de Estudios e Desenvolvemento de Galicia Instituto de Farmacia Industrial Instituto de Física de Altas Enerxías Instituto de Informática Instituto de Investigacións e Análises Alimentarias Instituto de Investigacións Tecnolóxicas Instituto de Matemáticas Instituto de Medicina Legal Disposición adicional cuarta: 1.- No momento da aprobación destes Estatutos son colexios maiores da Universidade os seguintes: Colexio Maior Rodríguez Cadarso Colexio Maior Fonseca Colexio Maior San Clemente 2.- No momento da aprobación destes Estatutos son residencias da Universidade as seguintes: Residencia Universitaria Burgo das Nacións Residencia Universitaria Monte da Condesa Residencia Universitaria Jimena e Elisa Fernández de la Vega Residencia Universitaria Xesús Bal e Gay Disposición adicional quinta: No momento da aprobación destes Estatutos os servicios da Universidade de Santiago de Compostela son os seguintes: Arquivo Universitario Biblioteca Universitaria Imprenta Universitaria Instituto de Idiomas Rede de Infraestructuras de Apoio á Investigación e ó Desenvolvemento Tecnolóxico Servicio de Comunicacións Servicio de Deportes Servicio de Medicina de Empresa Servicio de Medios Audiovisuais Servicio de Publicacións e Intercambio Científico Servicios Informáticos Disposición adicional sexta: No momento da aprobación destes Estatutos a Universidade de Santiago de Compostela conta tamén co Museo de Historia Natural "Luis Iglesias" e o Observatorio Astronómico "Ramón María Aller". Disposición adicional sétima: No momento da aprobación destes Estatutos, as escalas de persoal funcionario da Universidade son: Escala de técnicos de xestión Escala de xestión Escala administrativa Escala auxiliar Escala subalterna (a extinguir) Escala de facultativos de arquivos e bibliotecas Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos (sección bibliotecas) Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos (sección arquivos)