scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Notas sobre a toponimia menor do concello de Sobrado na época medieval: casais, paisaxes e vereas no camiño a Compostela

Sánchez-Rei, Xosé-Manuel

Abstract

Since the beginning of history, the Sobrado area was a land where different routes of communication converged. In the Early Middle Ages, after the creation of the Sobrado monastery and from the discovery of Santiago Zebedeo’s (“The Eldest”) supposed sepulchre in the early 9th century in the western part of the Galician kingdom, the town and the monastery received pilgrims. In this work, I examine the landscapes, places and their names which, presumably, those travellers found when they were crossing the lands of the Présaras area towards Compostela or other destinations.

Full text

Sección de Lingua / Seminario de OnomásticaSección de Lingua / Seminario de Onomástica Os camiños de Santiago de Europa a Galicia Lugares, nomes e patrimonio Edición de Ana I. Boullón Agrelo e Luz Méndez Edita: Real Academia Galega ISBN: 978-84-17807-19-1 Depósito Legal: C 2126-2022 https://doi.org/10.32766/rag.404 © Real Academia Galega, 2022 Deseño da colección: Grupo Revisión Deseño Maquetación: Real Academia Galega Impresión: LUGAMI ARTES GRÁFICAS A Infesta, 96 15319 Betanzos Tel. 981 77 41 71 www.lugami.com Sección de Lingua / Seminario de Onomástica Os camiños de Santiago de Europa a Galicia. Lugares, nomes e patrimonio Edición de Ana I. Boullón Agrelo e Luz Méndez 101 Notas sobre a toponimia menor do concello de Sobrado na época medieval: casais, paisaxes e vereas no camiño a Compostela Xosé Manuel Sánchez Rei Universidade da Coruña - Grupo ILLA ORCiD: 0000-0002-0763-9793 Resumo: Desde os primordios da historia, a zona de Sobrado caracterizouse por ser unha terra en que confluíron diversas vías de comunicación. Na Alta Idade Media, após a fundación do mosteiro de Sobrado e desde o descubrimento do suposto sepulcro de Santiago Zebedeo “O Maior” nos inicios do século IX no occidente do reino galego, a vila e o cenobio van converterse en receptores de peregrinos e peregrinas. No presente texto ocupámonos das paisaxes, lugares e dos seus nomes que, presumibelmente, aquelas xentes viaxeiras atopaban cando atravesaban a terra do condado de Présaras cara a Compostela ou cara a outros destinos. Palabras chave: Lingua galega, Idade Media, Sobrado dos Monxes, toponimia, vellas vías de comunicación. Abstract: Since the beginning of history, the Sobrado area was a land where different routes of communication converged. In the Early Middle Ages, after the creation of the Sobrado monastery and from the discovery of Santiago Zebedeo’s (“The Eldest”) supposed sepulchre in the early 9th century in the western part of the Galician kingdom, the town and the monastery received pilgrims. In this work, I examine the landscapes, places and their names which, presumably, those travellers found when they were crossing the lands of the Présaras area towards Compostela or other destinations. Key words: Galician, Middle Ages, Sobrado dos Monxes, toponymy, old roads. * Este traballo insírese no proxecto de investigación de ámbito ministerial PGC2018-093928-B-I00. Agradecemos a axuda de Antón Lago pola localización e identificación de topónimos e pola cesión desinteresada de documentos privados da súa familia. O agradecemento encamíñase igualmente a Francisco José Sánchez, María Dolores Sánchez e Juan Quintela, pola dispoñibilidade na procura de vellos nomes de lugar. Ao paso, desexamos manifestar a nosa gratitude a Manuel Ferreiro (UDC), que nos aclarou dúbidas etimolóxicas e/ou semánticas relativas a algúns apelativos, ben como ás persoas que leron as primeiras versións do texto, cuxos comentarios conseguiron melloralo; os erros que aínda ficaren nel son da nosa única responsabilidade. Os camiños de Santiago de Europa a Galicia. Lugares, nomes e patrimonio, pp. 101-121 https://doi.org/10.32766/rag.404.06 Xosé Manuel Sánchez Rei 102 Para María e Manuel, primeiros responsábeis, en parte, por este traballo 1. INTRODUCIÓN Co presente contributo queremos aliñabar unhas reflexións persoais sobre varios aspectos da toponimia menor do actual concello de Sobrado dos Monxes, nun tempo —os séculos medievais— en que viaxeiras e viaxeiros percorrían as terras do condado de Présaras con destino, nalgúns casos, a Compostela. Que casais ou pequenas entidades vían ao seu paso? Como eran as paisaxes que contemplaban? Que informacións transparecen nos seus nomes de lugar? Un dos estímulos para darmos resposta a estas preguntas asenta na circunstancia de os topónimos sobradeses, á excepción daquel con que se coñece o municipio ou dalgún outro apelativo,1 pouco ou escaso interese suscitaren en análises monográficas, contrariamente aos veciños concellos de Friol, Melide ou Toques, que contan con estudos sobre as súas singularidades onomásticas.2 Metodoloxicamente, apoiándonos na transversabilidade que a toponimia permite, combinamos cultura, historia, xeografía e filoloxía. Non tencionamos unha análise exhaustiva de todos os nomes da demarcación municipal de Sobrado, finalidade que requiriría un estudo máis delongado e que excedería o noso propósito,3 mais unicamente abordamos algúns dos microtopónimos do concello. Tamén queremos deixar constancia de que, embora nos centremos nos actuais limites administrativos, e dado que a división provincial e concellía é relativamente recente (1833) se comparada coa orixe prerromana, romana ou xermánica de moitos nomes de lugar, acudiremos ocasionalmente a outros topónimos non pertencentes hoxe en día a Sobrado. 1 Sobre a etimoloxía de Sobrado, cfr. Cabeza Quiles (2008, p. 583), que propón o étimo “superatu ou superato, ‘altura’”, ou Méndez (2016, p. 93), que achega o “latín sŭperaddĭtum, participio de superaddere ‘engadido por riba’” para un Sobrado existente en Agolada. Tamén se manexou a hipótese dun étimo suberado ou sobreira (Quercus suber), árbore continental caducifolia da familia do carballo, noutros tempos abundante na zona. 2 A respecto de Friol, cfr. Ares Vázquez (2011, II, pp. 854-878). Canto a Melide, cfr. Ares Vázquez (2011, I, pp. 355365) e Vázquez Rodríguez (s.d.). Para Toques, cfr. Ares Vázquez (2011, I, pp. 669-681). 3 Como acontece no resto do país, chama a atención a enorme cantidade de topónimos do concello de Sobrado, ilustrando, en termos históricos, económicos e culturais, “unha profunda e persistente humanización da terra, unha íntima simbiose entre paisaxe e poboadores, entre ser humano e hábitat” (Ferreiro 1999, p. 27). Notas sobre a toponimia menor do concello de Sobrado na época medieval: casais, paisaxes e vereas no camiño a Compostela 103 2. A TERRA E O MOSTEIRO Sobrado dos Monxes, concello presentemente integrado na comarca da Terra de Melide e até non hai moito na de Curtis, fica no extremo oriental da provincia da Coruña. Linda cos termos municipais de Curtis (norte), Guitiriz (nordeste), Friol (leste), Melide e Toques (sur), Boimorto (oeste) e Vilasantar (noroeste). Orograficamente sitúase na denominada Dorsal Galega, grupo de serras que, a principiaren no Ortegal e concluíndo no Miño, se singulariza no municipio a través da Cova da Serpe e do Corno de Boi (fronteiras naturais con Guitiriz e Friol) e dos montes do Bocelo (lindeiros con Melide e Toques); isto condicionaría, co pasar da historia, a existencia das comunicacións terrestres da zona, asunto sobre o cal voltaremos máis abaixo. As freguesías que fan parte do municipio son as de Carelle, A Ciadella, Codesoso, Cumbraos, Folgoso, Grixalba, Nogueira, A Porta,4 Pousada e Roade e con elas localizaremos os topónimos. Do punto de vista lingüístico, o galego da área é propio da faixa central (Fernández Rei 2003), cos esperábeis trazos locais: gheada faringal ou glotal ou velar (gato [‘hɑto], [‘ħɑto], [‘xɑto]); presenza de seseo explosivo nun reducido número palabras (arrós, rapás etc.); terminacións -ao < -anu e -á < -ana (mao < manu; irmá < germana; etc.); ditongo -oien voces como oito (< octu), moito (< multu) ou froita (< fructa); plurais animal → animás e corazón → corazós; etc. En xeral, os nomes da zona son harmónicos con esas solucións dialectais (Sánchez Rei 2013),5 de maneira que constatamos formas como Días (na veciña freguesía de Vilariño, en Vilasantar) e pronuncias como A Crus do Castro (Cumbraos) cando o oficial é A Cruz do Castro, Grandameá (Pousada) e Vilarchá (Grixalba), Monte Meao ou Monte Meau (Nogueira-Pousada) e Vilarchao (A Porta), Carballás (Codesoso) e Orxás (Grixalba) etc., ben como realizacións aspiradas ou velares para a consoante velar voceada dos nomes A Lagoa (Codesoso), As Gándaras (A Ciadella) etc.; neste sentido, en documentos privados da 4 Existe con este nome unha pequena discrepancia entre a denominación oficial e o uso corrente das persoas que moran en Sobrado: naquela faise acompañar do artigo, A Porta, en canto neste a única forma detectada é a que o non leva (“A casa está en Porta”, “Ese camiño vai de Porta a Gondrei” etc.). Cando se cita a advocación da freguesía, no entanto, pode escoitarse tanto San Pedro de Porta, máis frecuente, como San Pedro da Porta. 5 Isto non impide acharmos excepcións, segundo sinalamos noutro lugar (Sánchez Rei 2013, pp. 394, 404): sendo eira o substantivo común na zona para o espazo de terreo pegado á casa tradicional, hai testemuños de propiedades recollidas en textos administrativo-legais dos inicios do século xx como Horta da Aira, Cortiña da Aira etc. (Cumbraos); tamén están localizados uns terreos nas proximidades da Insua (A Ciadella) co nome Puzo, Chousa do Puzo etc., cando o substantivo común na rexión é pozo, igualmente detectado como microtopónimo: Pozos (Nogueira). Xosé Manuel Sánchez Rei 104 segunda metade do século xx aparecen apelativos como *Baluja (Grixalba), *Sabujeira (Grixalba)6 etc. Ao mesmo tempo, fenómenos propios do galego popular, como oscilacións tímbricas vocálicas por asimilación ou disimilación, metáteses da consoante vibrante, desaparición de vogais por síncope etc., están presentes na oralidade en casos cal A Brixaría (oficial) ~ A Brixería ~ A Birxería, A Muruxosa ~ A Moruxosa, A Anuqueira ~ A Anoqueira, Androeira ~ Andrueira, Gondrei ~ Gundrei, Portacociña ~ Portacuciña, O Pereiro ~ O Preiro etc.7 A localidade é coñecida pola existencia dun mosteiro que, promovido polos condes de Présaras Hermenexildo e Paterna no ecuador do século x (TSobrado I, pp. 21-28, 952),8 acabaría, con diversas arritmias, sendo un dos máis importantes da Galiza. Inicialmente, as propiedades do cenobio abranxían a área circundante, centro do noso interese, mais os abades sobradeses conseguiron ter xurisdición ou dereitos legais en moitas outras partes do reino galego e até da Península Ibérica (Pallares Méndez 1979). 3. ANDANDO POR VELLOS CAMIÑOS Na época en que se funda o mosteiro, o descubrimento do suposto sepulcro do apóstolo Santiago Zebedeo “O Maior” durante a monarquía de Afonso II (760-842) no occidente do reino levaba a funcionar no imaxinario relixioso e popular algo máis de cen anos. A partir de aí, o territorio de Sobrado foi testemuña de homes e mulleres se dirixiren, desde varias rexións do país ou desde outras nacións da Europa, até á terra da Arca Marmorica compostelá e mesmo até a Fisterra. Interesa remarcarmos que Sobrado se acha no medio ou próximo de vellas vías de comunicación impostas pola orografía sinalada antes, varias delas notábeis pola súa antigüidade.9 Neste sentido, Otero Pedrayo (1978, p. 28) 6 Con bastante frecuencia, os documentos privados contemporáneos recollen topónimos cunhas formas gráficas hoxe sorprendentes ou non consideradas estándares. Nos que puidemos consultar relativos a Sobrado, aparecen graficizacións do tipo Agro Dorrego (Agro do Rego), Casal Davella (Casal da Vella), Chousabella (Chousa Vella), Fonterredonda (Fonte Redonda), Vilardamaceira (Vilar da Maceira) etc. 7 As mesmas correspondencias lingüísticas dialectais e populares aparecen nos alcumes e patronímicos na lingua oral: a casa de Mendes, os do Rigueiro, os de Rodrigues, os de Vasques etc. 8 Nos materiais editados por Loscertales de G. de Valdeavellano indicamos, por esta orde, o número de volume, as páxinas e o ano en que o documento foi escrito. 9 Cfr. Rodríguez Resino (2005, p. 162) para unha representación das principais estradas galaicas durante os séculos v-viii. Notas sobre a toponimia menor do concello de Sobrado na época medieval: casais, paisaxes e vereas no camiño a Compostela 105 salientaba no primeiro terzo do século xx algúns dos “camiños antigos, aínda de grande vitalidade” que atravesaban a Galiza central pola Terra de Melide conectando aldeas, vilas, cidades, feiras, romaxes e centros de culto. A integración da comunidade relixiosa sobradesa no Císter en 1142 implicou o contacto regular do mosteiro con outras abadías da orde a través de itinerarios que continuarían a se percorrer no futuro. No tocante ás vías de comunicación de maior relevancia, non se pode discutir a importancia da procedente da Ciadella, dada a situación estratéxica do acampamento romano nesa localidade e dos camiños que o unían ao territorio galaico na Alta Idade Media: Al norte del templo [a igrexa románica da Ciadella] hay un asentamiento romano del que deriva el topónimo […]. En el recinto se asentó la Cohors I Celtiberorum desde comienzos del siglo ii y lo abandonaron bien entrado el siglo iv. La ubicación era estratégica, pues al oeste del campamento discurría una calzada que, procedente del Sur, enlazaba con la vía principal, no muy lejana, que unía Brigantium y Lugo –Lucus Augusti– a través de la vía XX per loca maritima, una extensión de la XIX que unía Braga con Astorga (ERG I, p. 347). Aínda que de menores dimensións, tamén tiña a súa transcendencia a ancestral arteria que unía o territorio de Abeancos10 (con capital en Melide) con Sobrado, enfrontando os montes do Bocelo (Otero Pedrayo 1978, p. 28). O propio nome do Bocelo podería ter a súa orixe en buccello, diminutivo de bucca, en alusión a un “paso ou portela entre montañas” (Cabeza Quiles 2000, p. 77). Caso tal arteria fose continuada cara ao noroeste, relacionaba a rexión coas Mariñas de Betanzos e coa Coruña, na altura aínda coñecida como Faro, Faro Bregancio ou Burgo de Faro (Navaza 2016, pp. 122-127). Outra vía era a que unía Lugo coa metrópole compostelá e Iria.11 Esa foi a que seguiu en 1532 Claude de Bronseval, secretario do abade de Clairvaux, a 10 Sobre o nome Abeancos, cfr. Rivas Quintas (1994, p. 159), quen, a lle atribuír orixe céltica a través dunha raíz *ank, o relaciona con outros topónimos do país, cal Coristanco (Coristanco, Co.), Monte Ancos (Neda, Co.), Tamallancos (Vilamarín, Ou.), Trasancos (Ferrolterra, Co.), Transanquelos (Oza-Cesuras, Co.) etc. Nos documentos manexados figura con frecuencia nos referidos a Melide: “Sancte Marie de Milidi, sub ipso castro jacet, et est in territorio Auiancos” (TSobrado II, p. 157, 1165); “uilla que uocitant Milide, territorio Auiancis” (TSobrado II, p. 156, 1185); etc. 11 Dela diría Otero Pedrayo (1994, p. 97) en finais da década de 20 que correspondía a unha “das carreteiras centrales da Galiza. Transversal de Lugo a Sant-Iago, xuntando a capital romana ca cosmopolita e rayolante Compostela, por terras ermas, bravas”. Xosé Manuel Sánchez Rei 106 termos en conta a circunstancia de citar a lagoa de Sobrado e probabelmente o río Tambre: “Cando xa estabamos chegando desviámonos na dirección dun lago que pertence ao mosteiro e para saír del tivemos que vadear un río moi perigoso”; tamén sinalou que a abadía se achaba “nunha rexión montañosa, estéril, árida e completamente improductiva” (Garrido 1994, pp. 68-69). Foi tamén o itinerario 86 sobranceado por Richard Ford (2005, p. 64 e ss.) na súa obra de 1845 Hand-book for Travellers in Spain, cuxos comentarios critican o tal camiño: unha ruta “mala en carreteras” e ateigada de “pantanos, páramos, ríos y carreteras detestables”. Finalmente, máis unha desas estradas correspondía ao itinerario xacobeo denominado Camiño do Norte. Este partía de Ribadeo, onde recibía as xentes provenientes de diferentes países europeos e onde se xuntaban coas viaxeiras e cos viaxeiros da costa cantábrica; foi a traxectoria tomada en 1489 por Mártir, bispo de Arzendjan, ou por Antoine de Lalaing en 1502 (Arias 1998, pp. 21-22, 35-36). Concluíndo na capital do país,12 posúe un percurso en Sobrado de case 16 quilómetros, onde entra no Marco das Pías desde Friol (zona ás veces coñecida en Sobrado coloquialmente como “a Terra d’Arriba”) e que abandona ao chegar ao lugar de Madelos (Carelle), na beira do concello de Boimorto. A pesar de os estudos actuais cuestionaren en parte a importancia desa ruta xacobea, parece que a transcendencia da localidade e do mosteiro non foi secundaria dando acollida a quen se dirixía a Compostela: por un lado, contamos co ensinamento da toponimia, que nos fornece un O Amilladoiro13 (A Porta), onde os peregrinos e as peregrinas depositaban as pedras que os acompañaran durante o traxecto; por outro lado, dispomos de testemuños en que se ponderan esas viaxes, como o redixido por Jesús Vázquez (1966, pp. 26-27), que proporciona unhas cifras asaz curiosas: nas épocas de maior auxe do mosteiro nos camiños a Compostela, anualmente facían noite uns tres mil individuos, cifra que o autor sitúa en 8000 no ano santo de 1773. Con tal confluencia de xentes, talvez sexa pertinente formularmos algu nhas preguntas relativas á viaxe e ás impresións que esta lles produciría: que idea 12 Para máis información turística e institucional da ruta, cfr. https://www.caminodesantiago.gal/gl/planifica/as-rutas/ camino-do-norte 13 A escasos metros deste grupo de casas tamén se recolle un outro O Milladoiro (véxase ‘Sobrado’ en GN), non recoñecido nin na forma nin na localización polas persoas que entrevistamos. Hai máis (A)Milladoiros no resto da nación: Milladoiro (A Proba de Burón, A Fonsagrada, Lu.), O Milladoiro (Saiar, Caldas de Reis, Po.; Ames, Co.), Os Amilladoiros (Régoa, Cedeira, Co.; Pastoriza, Arteixo, Co.), Fonte dos Amilladoiros (Pastoriza, Arteixo, Co.) etc. Notas sobre a toponimia menor do concello de Sobrado na época medieval: casais, paisaxes e vereas no camiño a Compostela 113 7. VELLOS E NOVOS ASENTAMENTOS Noutra orde de asuntos, a cantidade de aldeas fortificadas da Idade do Ferro ou castros na documentación medieval é digna de nota, tamén na procedente dos tombos de Sobrado. Sen dúbida, algúns deses asentamentos serían albiscados nos outeiros por aqueles homes e mulleres que querían chegar ao mosteiro, segundo se pode desprender dos textos en que existe referencia explícita: “castro de Roati” (TSobrado I, p. 46, 968), “castro de Farlan” (TSobrado I, p. 188, 1145), “Castrum et Santoni” (TSobrado I, p. 188, 1145), “castrum de Paredinas” (TSobrado I, p. 111, 827), “castri de Sendani” (TSobrado I, p. 186, 1100) etc. Entidades habitadas, lugares e terreos de cultivo que conteñen hoxe en día a voz castro como núcleo nominal ou como modificador son, entre outras, A Boca do Castro de Madelos e Castro de Madelos (Carelle), A Chousa do Castro (Cumbraos), Coto do Castro e Coto dos Castros (na fronteira entre os termos municipais de Sobrado e Toques), A Vila de Castro (Foxado), Agro do Castro (Cumbraos), Castro (Carelle; A Porta), Castro do Seixo (Codesoso), Monte do Castro ou Monte dos Castros (Roade), O Castro (Grixalba), Os Castriños (A Porta), O Prado do Castro (A Porta), Tras do Castro (Cumbraos), Castrelo (A Ciadella) etc. Outro tipo de asentamento corresponde á castronela, palabra non contida nos traballos lexicográficos máis representativos (DdD, DES, DRAG); o vocábulo refire xacementos altomedievais datados entre os séculos vi-ix, localizados en sitios altos e integrados normalmente por unha torre ou casa fortificada, dos cales hai no concello algún exemplo: As Castronelas (Carelle) e o apelativo hiperacterizado Castro da Castronela26 (Cumbraos). Varias das tales aldeas prerromanas, debido á súa estrutura circular, acabaron por ser coñecidas popularmente co nome de “rodas”, acepción tampouco recollida nos dicionarios (DdD, DES, DRAG). Temos así a Roda de Espiño (Cumbraos), Roda de Vilariño (A Porta), Roda da Froxa (Carelle), Roda de Folgoso (Folgoso) etc.; tamén se rexistra un topónimo redundante do punto de vista semántico, cal é o caso da Roda de Sucastro (A Ciadella), roda que se podería interpretar como o antecastro e o propio castro como a croa do recinto.27 26 Cfr. https://www.abeancos.gal . Máis entidades co mesmo nome e relativamente próximas son A Castronela de Castelo (Paradela, Toques, Co.), Castronela (Xiá, Friol, Lu.) etc. 27 Noutras partes do país ten certo uso a forma rodo, segundo Cabeza Quiles (2000, p. 363): “O Rodo [en negro no orixinal], seguramente de rota, en alusión á idea significativa de redondez ou círculo, é un topónimo que dá sempre nome a accidentes orográficos desa forma, que poden ser pequenas altitudes ou nalgunha ocasión castros.” Xosé Manuel Sánchez Rei 114 Mais eses vellos asentamentos prehistóricos, na súa maioría xa abandonados antes do século vi ou reutilizados como fonte de materiais para a construción de novas modalidades habitacionais, coñeceron nas villae e aldeas abertas romanas e xermánicas unha alternativa que perduraría até ao noso tempo. As persoas que atravesaban o condado de Présaras poderían decatarse dos abundantes nomes de lugar con orixe nesas uillae ou granxas e nos seus posuidores, normalmente identificados co xenitivo latino, e, quizais, reparasen nunha densidade de habitantes merecedora de nota se comparada con outras partes da Península Ibérica ou da Europa: Sagulfi (TSobrado II, p. 27, 1142), uilla que nuncupant Maladelos et Karelli (TSobrado I, p. 84, 1040), uilla Teodilli (TSobrado I, p. 100, 920), uilla Gonderedi (TSobrado I, p. 104, 883), uilla Roadi (TSobrado I, p. 106, 860), uilla Marciani (TSobrado I, p. 108, 927), uilla Tancini (TSobrado I, p. 115, 953), uilla Riciliani (TSobrado I, p. 124, 952), uilla Mauri (TSobrado I, 132, c. 986-999), uilla Auolini (TSobrado I, p. 137, 971), uilla Guiticiani (TSobrado I, p. 137, 971) ou uilla Quitizana (TSobrado II, p. 48, 1168) ou heriditate de Guitiziane (TSobrado I, p. 312, s.d), uilla Mundini (TSobrado I, p. 137, 971) etc. Embora algunhas desas uillae sexan hoxe difíceis de seren localizadas, outras mantiveron o nome e a entidade que as orixinou: Carelle (< (uilla) Carilli), Ramil (< (uilla) Ranimiri; Pousada), Roade (< (uilla) Rogati), Gondrei (< (uilla) Gunderedi; A Porta), Sante (< (uilla) Sancti; Grixalba), Guitizá (< (uilla) Witizane; A Porta), Vilamor (< uilla mauri; Cumbraos) etc. Con toda a probabilidade, os peregrinos e viaxeiros medievais non serían uns expertos en onomástica, mais talvez alguén reparase na frecuencia con que aparecían eses nomes de posuidores xermánicos nunha grande parte das uillae e hereditates que se espallaban polo territorio de Présaras. Con certeza, constitúe xa un tópico a ponderación do legado onomástico xermánico no galego e, neste sentido, a área de Sobrado non representa unha excepción: para alén dos nomes xa sinalados, existen dous topónimos que apuntan ao pobo godo ou a un propietario identificado como tal: Sabegode (Pousada) ou “Sauegode” (TSobrado I, p. 341, s.d.) e Redigode (Codesoso).28 28 Na Sede electrónica del Catastro (dispoñíbel en https://www.sedecatastro.gob.es/) existe un outro Redigode igualmente en Sobrado, mais agora grafado *Redijode e localizado nun prado de Cumbraos. Notas sobre a toponimia menor do concello de Sobrado na época medieval: casais, paisaxes e vereas no camiño a Compostela 115 8. UN TERRITORIO ORGANIZADO Proseguindo para descansaren no mosteiro, as viaxeiras e os viaxeiros poderían reparar na división das terras que ían deixando atrás. Certamente, no concilio de Lugo do ano 569 aprobouse o Paroquiale Suevorum ou Divisio Theodomiri, que organizou o reino galego en trece territorios diocesanos, subdivididos en freguesías e en pagi. Con lóxicas modificacións, ese sistema, co andar dos séculos, mantívose até á actualidade, e algunhas freguesías das correspondentes a Sobrado figuran recollidas nos documentos medievais, como as citadas anteriormente Carelle (“Careli”, TSobrado I, p. 43, 943; “Karelli”, TSobrado I, p. 84, 1040), A Ciadella (“Cedadaelie”, “Cedadelie”, TSobrado I, p. 185, 1100) e Cumbraos (“Coymbranis”, TSobrado I, p. 185, 1100; “Colimbranos”, TSobrado I, p. 327, 1204), mais tamén Codesoso (“Codessoso”, TSobrado I, p. 341, s.d.; “Cotessoso”, TSobrado I, p. 120, 971), Nogueira (“Nugueira”, TSobrado I, p. 137, 971; “Nugeira” e “Nugariam”, TSobrado I, p. 345, s.d.), Folgoso (“Felgoso”, TSobrado I, p. 312, s.d.), Grixalba (“Ecclesia Alba”, TSobrado I, p. 314, 1159; “Ecclesia Alua”, TSobrado I, p. 383, 1162), Pousada (“Pousada”, TSobrado I, p. 312, 1223; “Pausada”, TSobrado II, p. 30, 1142), Roade (“Roade” e “Roadi”, TSobrado I, p. 346, s.d.; “Ruadi”, TSobrado I, p. 110, 803; “Roati”, TSobrado I, p. 115, 996) etc. As fronteiras entre estas freguesías e as propiedades e casais que as integraban eran habitualmente derregadas por correntes de auga, fontes, cruceiros, marcos, penas etc.,29 como se observa nun documento do século xii, en que se cita a “Penna de Cerua”, a “Petram Maiorem” e “illam antiquam de Daamundi” (TSobrado I, p. 188, 1145), ou aínda outro en que se fala de “illo marco de Iustelli et a fonte de Iustelli et sta ibi uno marco in Pescozo da Fonte” en Costoia ou “uilla Custodia” (TSobrado I, p. 423, s.d.). Así como moitos dos hidrónimos e cruceiros non costuman dar problemas para seren localizados (cfr. os ríos Mandeo, Tambre, Tamarela etc.), con frecuencia os marcos e penas son actualmente só rexistrábeis no Catastro de Ensenada (século xviii), en textos administrativos particulares de finais do século xix e inicios da seguinte centuria ou na memoria da xente idosa. Varios daqueles limites que poden ser postos como exemplo son 29 Ás veces, a demarcación de propiedades ou freguesías é comentada na documentación altomedieval a través dos “terminos antiquos” (TSobrado I, p. 95, 941; TSobrado I, p. 101, 946; TSobrado I, p. 110, 803; etc.), o que dá pé a pensarmos precisamente na antigüidade de tales lindeiros. Xosé Manuel Sánchez Rei 116 o Marco da Camposa de Lousado (Grixalba), Marco da Gándara da Espiñeira (Codesoso), Marco da Moura (Codesoso), Marco das Calzadas (Cumbraos), o famoso aínda hoxe lugar do Marco das Pías (Codesoso), Marco das Raposeiras (Carelle), Marco de Campo Verde (Roade), Marco de Liñares (Cumbraos) etc. (CME); canto ás penas ou pedras, podemos citar as Penas dos Baños (Grixalba), Pena das Picadas (Nogueira), Pena Cabaleira (A Porta), Pena Cruzada (Codesoso), Pena Cancela (Codesoso), Pena da Ferradura (A Porta), Pena da Veiga (Roade), Pena do Gato (Codesoso) etc. (CME). Algúns deses topónimos retrotraen as súas primeiras atestacións á época medieval, como o terreo do Marco de Lamas Maiores (Roade), que aparece cal “Lamas Maiores” (TSobrado II, p. 25, 1135), a Pena da Edrada (Carelle) ou “petram Edrada” (TSobrado I, p. 188, 1145), a Pena Longa (Grixalba) ou “Petram Longam” (TSobrado I, p. 186, 1100), ou mesmo a Pena Androeira (Roade) ou “pena Androeyra (TSobrado I, p. 425, s.d) ou “Penam Cauatam de Androneira” (TSobrado I, p. 393, s.d.). Outros, como a Pena do Raposo (Codesoso), parecen agochar antigos enterramentos megalíticos ou mámoas (López Cuevillas 1973, p. 59). 9. COLLENDO FORZAS Unha das preguntas que formulabamos antes era que pensarían os viaxeiros e peregrinos medievais sobre a gastronomía da zona. Dispomos, indirectamente, dalgúns datos de épocas posteriores que parecen aflorar algunha luz sobre esta cuestión: Richard Ford (2005, p. 65), que, segundo se viu, non falaba excesivamente ben das estradas galegas, non hesitaba en cualificar o Tambre como “excelente río truchero”, capaz de favorecer unha cea de “rico pescado en la pobre posada”. A fama das troitas da área é notábel e tanto o Tambre como o Mandeo e aínda outros regueiros son famosos por iso, de aí que non sexa de estrañar que exista o microtopónimo Ollo da Troita (Grixalba), alusión á posíbel abundancia deste peixe nos ribeiros sobradeses. Lembremos, de paso, a orixe presumibelmente céltica do hidrónimo Tambre (Cabeza Quiles 2014, pp. 481-488) ou “Tamaris”, que aparece na documentación medieval como “Tamare” (TSobrado I, p. 76, 818) ou “riuulo Tamarense” (TSobrado I, p. 131, c. 986-999), dando nome ocasionalmente por esta vía ao “territorio tamarense” (TSobrado I, p. 105, 858); de sospeita etimolóxica tamén prerromana é o lugar de Mandeo (Roade) Notas sobre a toponimia menor do concello de Sobrado na época medieval: casais, paisaxes e vereas no camiño a Compostela 117 (Rivas Quintas 1994, p. 93; Moralejo 2008, pp. 145) e o río de idéntico nome que nace nas Abeleiras, rexistrado nos séculos altomedievais como “Mandeo” (TSobrado I, p. 107, 817) ou “Mandeu” (TSobrado I, p. 101, 946). E, finalmente, após unhas troitas capturadas no “Tamare” ou no “Mandeu” e antes de continuar camiño cara a Compostela, unhas froitas constitúen unha boa sobremesa para esta viaxe terminar. As xentes que entraban en Grixalba pola Cova da Serpe tíñano bastante fácil a teor das frecuentes referencias ás hortas, como en Santó ou “uilla Sanctoni” (TSobrado I, p. 101, 946), onde se doa unha “medietatem de pumare”; ou en Costoia, na cal unha persoa fala de “pumares, perarios, amexanarias, arbores fructuosas uel infructuosas” (TSobrado I, p. 44, 945); noutro documento achamos a concesión de “pumares cum suo terreno, arbores fructuosas uel infructuosas” a un particular (TSobrado I, p. 66, 1019). Máis para o sur, as persoas que viñan desde Lugo non coñecían maiores dificultades: pola parte de Gondrei (A Porta) un texto recolle accións comerciais “iuxta riuulo Tamare” con “terras, pumares” (TSobrado I, p. 116, 934), e alí mesmo, noutro escrito, aparece o dato dunhas “X mazanarias” (TSobrado I, p. 119, 953), mesmo se falando de “terras, pumares et omnes arbores” (TSobrado I, p. 120, 965); noutro testemuño da altura, un home vende unha parte dun “pumare” que contiña “perarias, amexanarias”, ben como outras porcións de “alios pumares” (TSobrado I, p. 98, 905); e un propietario tamén fai unha “portionem in manzanario Uermelio” para dispor “ipsas manzanarias ad Ferradale” (TSobrado I, p. 113, 942). Aínda hoxe hai topónimos que acenden na memoria a froita doutros tempos, como A Cerdeira (A Porta; Codesoso), As Pereiras (A Porta), Manciñeiras (Codesoso), O Cereixeiro (Pousada), O Pereiro (Cumbraos; Pousada), Vilar da Maceira (Cumbraos) etc. 10. CONCLUÍNDO Propuxemos nas páxinas precedentes acompañarmos imaxinariamente unhas persoas que cruzaban o condado de Présaras pola área de Sobrado na Alta Idade Media. A través do seu itinerario, esas xentes, peregrinas ou simples viaxeiras, atravesaron varias freguesías e entidades de populación, montes, páramos e ríos, e, talvez, reparasen nalgunhas das singularidades da paisaxe e da toponimia, esfera onde mellor maridan histórica e harmonicamente a terra e a lingua. No Xosé Manuel Sánchez Rei 118 noso propósito, atrevémonos a comentarmos o que quizais puidese captar a súa atención, ou, cando menos, aquilo que, en calidade de acompañantes virtuais, motivaría a nosa reflexión. Chegados aquí, podemos sintetizala nos seguintes aspectos: a) serían testemuñas dunha notabilísima cantidade de nomes de lugar e percibirían como entidades habitadas na Idade do Ferro aínda conservaban unha certa singularización sociotoponímica (Castro de Roade, Cruz do Castro etc.), a carón de antigos enterramentos prehistóricos, tamén causa de apelativos (A Medoña, A Medorra etc.), e de numerosas uillae de etimoloxía xermánica (Gondrei, Sabegode etc.). b) formularían preguntas á volta de por que eran capaces de entenderen con relativa facilidade o significado dalgúns topónimos (A Armada, Vilarchao etc.) en canto outros lles resultaban de significación escura (Ara, Tambre etc.). c) verían unha paisaxe que se foi constituíndo desde a chegada de Roma até á derradeira Alta Idade Media e unha organización do terreo particular, manifestada a través da presenza de nomes que indicaban explicitamente os trazos da flora (Carballeira, Codesoso etc.) e mediante unha distribución por freguesías con orixe no século vi e con repercusións directas na toponimia (Nogueira, Pousada etc.). d) e repararían, se callar, que algúns deses nomes se repetían con certa frecuencia por diferentes rexións do reino galego (Carballeira, O Castro etc.), en canto outros se atestaban con menos facilidade (Carelle, Cumbraos etc.), sen faltaren os que parecían exclusivos do condado de Présaras (A Cruz do Castro, A Ciadella etc.). REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS Ares Vázquez, Nicandro (2011). Estudos de toponimia galega. 2 vols. A Coruña: Real Academia Galega. Vol. I: https://doi.org/10.32766/rag.245 Vol. II: https://doi.org/10.32766/rag.261 Arias, Juan (1998). Viajeros por Galicia. Sada: Ediciós do Castro. Cabeza Quiles, Fernando (2000). Os nomes da terra. Noia: Toxosoutos. Notas sobre a toponimia menor do concello de Sobrado na época medieval: casais, paisaxes e vereas no camiño a Compostela 119 Cabeza Quiles, Fernando (2008). Toponimia de Galicia. Santiago de Compostela: Xerais. Cabeza Quiles, Fernando (2014). A toponimia celta de Galicia. 2ª edición. Noia: Toxosoutos. CME = Catastro del Marqués de Ensenada. Dispoñíbel en http://pares.mcu.es/ Catastro/ Carré Alvarellos, Leandro (1983). Las leyendas tradicionales gallegas. 4ª edición. Madrid: Espasa-Calpe. DdD = Santamarina, Antón, dir. (2006). Dicionario de dicionarios da lingua galega. Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart. Dispoñíbel en https://ilg.usc.gal/ddd/ DES = Alonso Estraviz, Isaac, dir. Dicionário Estraviz. Dispoñíbel en https:// estraviz.org/ DRAG = González González, Manuel, dir. (2006-). Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. Dispoñíbel en https:// academia.gal/dicionario ERG = Pérez González, José María, dir. (2013). Enciclopedia del Románico en Galicia. Vols. I e II. A Coruña. Aguilar de Campoo-Palencia: Fundación Santa María la Real. Fernández Rei, Francisco (2003). Dialectoloxía da lingua galega. 3ª edición. Vigo: Xerais. Ferreiro, Manuel (1999). Gramática Histórica Galega. Vol. II. Lexicoloxía. 2ª edición. Santiago de Compostela: Laiovento. Ford, Richard (2005). Viaje por Galicia y Asturias. Gijón: Trea. Franco Maside, Rosa María (2004). A microtoponimia como fonte para o estudio de vías romanas. En: Antón Santamarina Fernández e Rosario Álvarez Blanco, eds. (Dis)cursos da escrita. Estudos de filoloxía galega ofrecidos en memoria de Fernando R. Tato Plaza. A Coruña: Fundación Barrié, 291-314. García Blanco-Cicerón, Jacobo (2006). Viajeros angloparlantes por la Galicia de la segunda mitad del siglo xviii. A Coruña: Fundación Barrié. Garrido, Gustavo A. (1994). Aventureiros e curiosos. Relatos de viaxeiros estranxeiros por Galicia. Séculos xv-xx. Vigo: Galaxia. GN = Real Academia Galega, coord. (2021-). Galicia Nomeada. Dispoñíbel en https://galicianomeada.xunta.gal Xosé Manuel Sánchez Rei 120 Jesús Vázquez, Juan de (1966). Monasterio cisterciense Santa María la Real de Sobrado. A Coruña: Moret. López Cuevillas, Florentino (1973). Prehistoria. A cultura castrexa. En: Ramón Otero Pedrayo, dir. Historia de Galiza. Buenos Aires: Ediciones Galicia, 7-537. López Díaz, Xosé Manuel, ed. e trad. (2009). Códice Calixtino. O Codex Calixtinus en Galego. Vigo: A Nosa Terra. Martínez Salazar, Andrés (1981). Algunos temas gallegos. Vol. II. A Coruña: Real Academia Galega. https://doi.org/10.32766/rag.80 Méndez, Luz (2016). Toponimia de Agolada. A Coruña: Real Academia Galega. Dispoñíbel en https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/ book/306 Moralelo, Juan J. (2008). Callaica Nomina. Estudios de Onomástica Gallega. A Coruña: Fundación Barrié. Navaza, Gonzalo (2016). A orixe literaria do nome da Coruña, Revista Galega de Filoloxía. 17, 119-164. Dispoñíbel en https://revistas.udc.es/index.php/ rgf/article/view/rgf.2016.17.0.1873/g1873_pdf Navaza, Gonzalo (2021). Notas de toponimia xacobea galega. En: Ana Boullón e Luz Méndez, eds. Estudos de Onomástica Galega VI. A onomástica e o Camiño de Santiago. Xornada de Estudo. 16 de outubro de 2021, 169-179. A Coruña: Real Academia Galega. Dispoñíbel en https://doi.org/10.32766/ rag.384 Otero Pedrayo, Ramón (1978). A Terra de Melide. En: Terra de Melide. 2ª edición. Sada: Ediciós do Castro, 7-34. Otero Pedrayo, Ramón (1994). Pelerinaxes I. 2ª edición. Sada: Ediciós do Castro. Parcero Oubiña, César, Ayán Vila, Xurxo, Criado Boado, Felipe e Ballesteros Arias, Paula (2016). Os cimentos da paisaxe tradicional (cara a nós). En: Felipe Criado Boado, César Parcero Oubiña, Carlos Otero Vilariño e Elena Cabrejas, eds. Atlas arqueolóxico da paisaxe galega. Vigo: Xerais, 225-274. Pallares Méndez, María del Carmen (1979). El monasterio de Sobrado: un ejemplo del protagonismo monástico en la Galicia medieval. A Coruña: Deputación da Coruña. Río López, Antonio (1986). La cultura castreña en Sobrado de los Monjes. A Coruña: Deputación da Coruña. Notas sobre a toponimia menor do concello de Sobrado na época medieval: casais, paisaxes e vereas no camiño a Compostela 121 Rivas Quintas, Eligio (1994). Lingua galega, nivéis primitivos. Santiago de Compostela: Laiovento. Rodríguez Resino, Álvaro (2005). Do Imperio Romano á Alta Idade Media. Noia: Toxosoutos. Sánchez Rei, Xosé Manuel (2013). Os nomes de lugar e a dialectoloxía: algunhas consideracións sobre as variantes locais do galego e a súa atestación nos topónimos, Verba. 40, 389-414. Dispoñíbel en https://revistas.usc. gal/index.php/verba/article/view/1293 Sánchez Rei, Xosé Manuel (2022). O portugués esquecido. O galego e os dialectos portugueses setentrionais. 2ª edición. Santiago de Compostela: Laiovento. Soto Gutiérrez, Juan e Sánchez Pombo, Ernesto, eds. (1993). La memoria ajena. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. TSobrado I, II = Loscertales Baylín, Pilar, ed. (1976). Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes. 2 vols. Madrid: Dirección General del Patrimonio Artístico y Cultural. Vázquez Rodríguez, Joaquim (s.d.). Toponimia do Concello de Melide. Melide: Concello de Melide. Veiga Arias, Amable (1983). Algunas calas en los orígenes del gallego. Vigo: Galaxia. Venâncio, Fernando (2019). Assim nasceu uma língua. Sobre as origens do português. Lisboa: Guerra e Paz. 611 Índice Limiar ............................................................................................................ Ana Boullón e Luz Méndez 7 I. Os nomes dos Camiños en Galicia Etimoloxías xacobeas ............................................................................... Gonzalo Navaza 19 Callobre, punto de inicio do longo camiño da historia onomástica de Santiago de Compostela ................................. Juan Carlos Búa Carballo 33 Toponimia alternativa do Camiño de Santiago: tradicións peregrinais e pegadas na paisaxe ............................................. José María Anguita Jaén 67 O Tombo de Iria: fonte de información toponímica en terra de tradición xacobea ................................................................... Paula Bouzas Rosende 85 Notas sobre a toponimia menor do concello de Sobrado na época medieval: casais, paisaxes e vereas no camiño a Compostela ................... Xosé Manuel Sánchez Rei 101 Topónimos que trazan camiños: a microtoponimia relacionada co trazado das rutas xacobeas en Galicia ................................................. Vicente Feijoo Ares 123 Topónimos con historia do camiño de Santiago a Muxía ............................ Xosé María Lema Suárez 175 A toponimia: compoñente lingüístico, cultural e turístico do Camiño de Santiago ............................................................................. Valentín García Gómez 213