scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia 2024

Corbelle-Rico, Eduardo; Ónega López, Francisco José

Abstract

Este documento é o Informe anual de prezos e taxas de compravenda de terras rústicas en Galicia producido polo Observatorio Galego de Mobilidade de Terras no ano 2024. O informe analiza a situación do mercado de terras rústicas en Galicia entre os anos 2008 e 2023, ambos incluídos. O Observatorio é resultado dun Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, o Fondo Galego de Garantía Agraria, a Axencia Tributaria de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio, a Fundación Juana de Vega e a Universidade de Santiago de Compostela para a observación da mobilidade e o mercado da terra en Galicia.

Full text

Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia 2024 Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia 2024 Páxina 2 Este documento é o Informe anual de prezos e taxas de compravenda de terras rústicas en Galicia producido polo Observatorio Galego de Mobilidade de Terras no ano 2024. O Observatorio é resultado dun Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, o Fondo Galego de Garantía Agraria, a Axencia Tributaria de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio, a Fundación Juana de Vega e a Universidade de Santiago de Compostela para a observación da mobilidade e o mercado da terra en Galicia. Fonte de datos: Axencia Tributaria de Galicia, Consellería de Facenda, Xunta de Galicia. Data: Novembro 2024 Elaboración: Eduardo Corbelle Rico e Quico Ónega López. Laboratorio do Territorio, Universidade de Santiago de Compostela. http://laborate.usc.es Maquetación: Marta López Monteagudo | Empapelarte DOI: https://doi.org/10.5281/zenodo.14054744 Licencia: Este traballo publícase baixo unha licencia Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional. https://creativecommons.org/licenses/by-sa/4.0/deed.gl Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia 2024 Páxina 3 Resumo Este informe analiza a situación do mercado de terras rústicas en Galicia entre os anos 2008 e 2023, ambos incluídos. Considerando a totalidade da serie analizada, os datos semellan amosar a consolidación e mesmo incremento dos niveis de mobilidade observados no 2021, cando se terían acadado máximos do período. No 2023 volveron a superarse eses valores, tanto no número de transaccións, máis preto agora das 70.000, como de superficie total en compravenda, case 20.000 ha. Ademais, entendemos que no 2023 non se tería reflectido a influencia da pandemia da COVID que, moi probablemente, tería afectado os datos observados no 2021 (parece plausible pensar que parte das transaccións realizadas no 2021 se poderían ter producido no ano previo). O incremento nas dúas variables débese ademais tanto ás superficies de SAU como de monte, aínda que son estas últimas as que en termos absolutos seguen a dominar o mercado. No relativo ao prezo da terra, os datos apuntan ao mantemento da subida iniciada xa no 2014, aínda que cunha excepción no ano 2020, con valores inferiores tanto para a SAU como os terreos de monte. Os prezos da SAU amosan un comportamento especialmente errático no último lustro, con variacións interanuais pronunciadas, tanto á alza como á baixa, aínda que sempre por enriba de 1 €/m2. 68.409 1,11 0,96% 1,45 1,11%0,88%0,88 19.159,38 operacións de compravenda (2023) prezo medio da terra (2023) 2023 SAU SAUMonte Monte €/m² taxa de mobilidade €/m² €/m² ha transaccionadas (2023) Porcentaxe que representa a área das parcelas obxecto de compravenda sobre a área total (ver nota metodolóxica) Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia 2024 Páxina 4 Mobilidade Área total obxecto de compravenda en Galicia (2008-2023, valores en hectáreas): Número de operacións de compravenda en Galicia (2008-2023): Ano SAU Monte Total 2008 5.024 6.661 11.685 2009 3.441 6.615 10.056 2010 4.037 6.597 10.634 2011 4.338 7.884 12.222 2012 3.851 7.720 11.570 2013 5.266 10.836 16.102 2014 4.330 7.896 12.226 2015 3.778 7.089 10.867 2016 4.206 5.847 10.053 2017 3.419 6.278 9.696 2018 4.263 6.532 10.795 2019 4.502 6.968 11.470 2020 4.795 9.037 13.832 2021 6.124 12.696 18.820 2022 7.446 9.874 17.320 2023 7.786 11.373 19.159 Ano SAU Monte Total 2008 25.894 23.117 49.011 2009 20.346 21.846 42.192 2010 19.676 22.423 42.100 2011 19.923 23.455 43.378 2012 19.346 24.248 43.595 2013 21.083 26.696 47.779 2014 19.087 24.876 43.963 2015 18.035 23.842 41.878 2016 18.198 20.635 38.833 2017 17.191 22.675 39.865 2018 18.560 19.605 38.165 2019 18.705 20.079 38.784 2020 21.820 26.472 48.292 2021 24.174 42.752 66.926 2022 28.487 33.129 61.615 2023 30.590 37.820 68.409 Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia 2024 Páxina 5 O número total de operacións de compravenda de terreos rústicos no ano 2023 reforza a tendencia que se veu advertindo dende o ano 2018, xa considerado de inflexión nos informes de mobilidade previos. O bienio 2022-2023 volve a representar un novo máximo e foi o máis activo de toda a serie analizada (dende 2008), tanto en número total de transaccións como en extensión da superficie global involucrada. No bienio 2022-23 superáronse por primeira vez, no conxunto de Galicia, as 130.000 compravendas e as 36.000 hectáreas transaccionadas2. Considerado o ano 2023 de xeito individual, tanto operacións totais como extensión obxecto de compraventa, acadaron o tamén máximo da serie. No caso da SAU, no 2022 superáronse por primeira vez as 30.000 operacións, que sumaron case 8.000 hectáreas. Así, no último lustro, a superficie de SAU que se transaccionou anualmente medrou por ano un 16% de media e, botando unha ollada á década pasada, os valores do 2023 sitúanse un 50% por enriba. Realmente, é a partir do 2020 cando se aprecia unha revitalización moi notable do mercado da SAU. En canto aos terreos de monte, no 2023 acádase o segundo máximo da serie analizada, tanto en número de operacións como de superficie involucrada. Cabe lembrar que o anterior máximo, observado no ano 2021, seguramente estaba influenciada á alza polos efectos da pandemia da COVID durante o 2020. Como resultado, a taxa de mobilidade de terras global voltou a situarse no entorno do 1% anual, sendo para a SAU do 1,11%. Este dato preto que duplica os acadados a mediados da década pasada, cando se situaban nas proximidades do 0,5%. Así, a taxa de mobilidade superou o 1% durante dous anos consecutivos. Descendendo ao nivel municipal atopamos que máis do 10% dos municipios galegos superaron o 2% da taxa anual de transferencia para a SAU, valor por enriba do cal se considera un mercado de terras dinámico, e que tamén superaron, no 2023, as comarcas de Meira, Ortegal, Ordes e Eume, que xa o fixeran no 2022, e a de Vigo. En relación ao tamaño medio de parcela, ao igual que nos últimos anos, mantense certa estabilidade, no entorno das 0,3 hectáreas, aínda que se observamos o conxunto dos 15 anos analizados para a SAU, apréciase unha tendencia clara no aumento do tamaño medio da transacción, que estaba a primeiros da década pasada no entorno das 0,2 ha e se veu situando pouco a pouco nas 0,3 ha. Tratándose de superficies pequenas en termos absolutos, porén o incremento medio foi dun 50%. 2 Recoméndase ler a nota metodolóxica en relación ás estimacións e simplificacións realizadas para a obtención destas cifras. Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia 2024 Páxina 6 A nivel territorial o gradiente norte-sur é cada vez máis marcado, cunhas taxas de mobilidade claramente superiores na metade norte de Galicia, especialmente na provincia da Coruña, onde se acada un 1,3% anual para o conxunto da superficie transaccionada. No último trienio as taxas medias de mobilidade anual aumentaron con intensidade en case toda a provincia e particularmente no seu interior e comarcas máis septentrionais e occidentais. Na provincia de Lugo, na que as taxas de mobilidade tamén marcan en xeral unha tendencia alcista no último trienio, hai un comportamento máis heteroxéneo, mesmo con baixadas sostidas nas comarcas da Mariña, proceso que se vén observando dende 2021. Pola contra, as transferencias consolidan unha tendencia baixista en xeral en Pontevedra e, moi especialmente, en Ourense2. 2 Tal e como se indica na nota metodolóxica, os datos para a provincia de Ourense no 2023 teñen que considerarse con cautela debido a unha pequena alteración metodolóxica na orixe dos mesmos para esa provincia e anualidade. Área total obxecto de compravenda (miles ha) Número de operacións de compravenda (miles) 20222020201820162014201220102008 2023 20222020201820162014201220102008 2023 Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia 2024 Páxina 7 1,3% (+0,78%) 1,19% (+0,34%) 0,02% (-0,16%) 0,58% (-0,16%) Taxa de transferencia media anual por provincia en 2021-2023 e variación respecto do período 2018-2020 Taxas de mobilidade (%) para os 10 concellos con menor taxa total estimada no período 2021-2023: Concello Monte SAU Total A Veiga NA 0,01 0,00 Nogueira de Ramuín NA 0,03 0,00 Barbadás NA 0,03 0,00 A Gudiña NA 0,01 0,00 Paderne de Allariz NA 0,01 0,00 Rubiá NA 0,02 0,01 Lobios NA 0,09 0,01 San Cristovo de Cea NA 0,04 0,01 San Cibrao das Viñas NA 0,05 0,01 O Barco de Valdeorras NA 0,03 0,01 Taxas de mobilidade (%) para os 10 concellos con maior taxa total estimada no período 2021-2023: Concello Monte SAU Total Soutomaior 0,04 18,84 7,94 Salceda de Caselas 0,34 14,11 4,97 Pantón 5,64 3,67 4,87 Fornelos de Montes 5,17 5,26 4,79 Mesía 3,17 4,05 3,64 Ribeira de Piquín 2,44 10,32 3,52 O Rosal 1,26 5,42 3,48 Neda 3,69 1,79 3,20 Frades 1,93 4,77 3,08 Cariño 3,07 3,05 3,07 Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia 2024 Páxina 8 Taxa de transferencia media anual por concellos para o período 2021-2023: Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia 2024 Páxina 9 Variación da taxa de transferencia media anual por concello para o período 20212023 respecto do período 2018-2020: Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia 2024 Páxina 16 obtivéronse do rexistro de montes veciñais en man común da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal da Consellería do Medio Rural, actualizado a xullo de 2017. Aínda que parte da superficie de monte veciñal ten aproveitamento agrícola ou gandeiro (e podería, polo tanto, estar computada en parte na SAU de cada concello), o cálculo considera toda a superficie veciñal como superficie de monte. En particular, cabe facer unha consideración específica para os datos da provincia de Ourense dos anos 2022, parcialmente, e 2023, obtidos dunha fonte orixinal con cambios metodolóxicos en relación aos outros eidos xeográficos e temporais recollidos no informe. Por ese motivo, as referencias a ese período e territorio deberán collerse con maior cautela tendo en conta que non son completamente comparables. Finalmente publícase como anexo I os valores de prezo medio, taxa de mobilidade media anual e número de operacións no período 2021-2023 con desagregación comarcal (comarcas de Galicia definidas no Decreto 65/1997, de 20 de febreiro (DOG 63; 3 de abril de 1997), polo que se aproba definitivamente o mapa comarcal de Galicia], coincidente coa metodoloxía estandarizada que emprega o Ministerio de Agricultura na realización da “Encuesta de precios de la tierra”, harmonizada coa EUROSTAT, na que se sinala que a unidade estatística de referencia é a comarca. Ditos valores de prezo medio son valores medios ponderados pola superficie que representa cada valor parroquial sobre o total do concello e corresponden ao valor medio declarado polas partes intervintes na transacción ante a Axencia Tributaria. Sobre a validez da aproximación destes valores débense aplicar as mesmas consideracións mencionadas anteriormente respecto do grao de completude da información e a súa representatividade. Anexo Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia 2024 Páxina 18 Comarca Prezo medio monte €/m2 Prezo medio SAU €/m2 Prezo medio total €/m2 Taxa mobilidade monte €/m2 Taxa mobilidade SAU €/m2 Taxa mobilidade total €/m2 A Barcala 0,59 0,94 0,73 0,78 1,00 0,86 A Coruña 1,79 4,89 2,92 0,57 0,93 0,66 A Fonsagrada 0,36 0,47 0,40 0,63 1,12 0,74 A Mariña Central 0,37 1,64 0,58 1,13 0,76 0,86 A Mariña Occidental 0,47 2,08 0,60 0,75 0,43 0,71 A Mariña Oriental 0,39 1,18 0,54 1,09 0,76 1,01 A Ulloa 0,45 0,99 0,67 1,97 1,28 1,62 Arzúa 1,40 1,65 1,46 1,75 0,76 1,30 Baixa Limia NA 0,79 0,32 NA 0,08 0,06 Barbanza 4,58 5,22 4,83 0,40 0.41 0,40 Bergantiños 0,68 1,31 0,88 0,32 0,31 0,32 Betanzos 0,81 1,25 0,98 1,76 1,96 1,83 Caldas 0,78 2,75 1,33 0,43 0,57 0,39 Chantada 0,60 1,06 0,84 0,78 0,71 0,74 Deza 0,64 1,44 0,95 0,57 0,54 0,56 Eume 0,53 1,36 0,81 1,04 2,18 1,26 Ferrol 0,71 1,99 1,05 1,60 1,61 1,60 Fisterra 0,69 1,71 1,00 0,67 0,33 0,65 Lugo 0,61 1,91 1,17 1,53 1,16 1,34 Meira 0,51 0,75 0,62 1,65 3,42 2,17 Muros 3,10 5,90 4,43 0,04 0,26 0,07 Noia 1,15 3,71 1,87 0,26 0,31 0,27 Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia 2024 Páxina 19 Comarca Prezo medio monte €/m2 Prezo medio SAU €/m2 Prezo medio total €/m2 Taxa mobilidade monte €/m2 Taxa mobilidade SAU €/m2 Taxa mobilidade total €/m2 O Baixo Miño 3,35 2,74 3,26 0,56 1,16 0,85 O Morrazo 12,56 12,12 12,33 0,22 0,88 0,36 O Ribeiro 3,16 3,97 3,02 0,38 0,24 0,04 O Salnés 7,04 7,72 7,42 0,43 0,69 0,55 O Sar 2,00 3,13 2,26 0,52 0,71 0,81 Ordes 1,09 1,55 1,32 2,11 2,74 2,39 Ortegal 0,56 0,75 0,59 2,61 2,26 2,54 Os Ancares 0,49 0,59 0,53 0,67 1,00 0,77 Ourense 1,44 6,33 6,66 0,07 0,07 0,02 Pontevedra 1,95 3,55 2,05 0,26 0,58 0,40 Quiroga 0,54 0,71 0,30 0,05 0,51 0,44 Santiago 1,09 2,36 1,45 1,53 1,25 1,44 Sarria 0,56 1,00 0,85 0,80 1,22 1,03 Tabeirós-Terra de Montes 0,92 2,10 1,47 0,35 0,86 0,48 Terra Chá 0,66 1,04 0,83 1,59 1,70 1,64 Terra de Lemos 0,97 1,48 1,17 1,39 1,24 1,33 Terra de Melide 1,22 1,52 1,29 2,00 0,91 1,56 Terra de Soneira 0,61 1,17 0,80 0,95 1,23 1,03 Valdeorras NA 2,52 0,68 NA 0,13 0,13 Verín NA 3,10 2,20 NA 0,17 0,11 Vigo NA 14,94 10,65 NA 2,43 1,29 Xallas 0,96 1,36 1,14 1,02 0,77 0,89