scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Herbario dixital do arborado orixinal do XBUSC (Xardín Botánico da Universidade de Santiago de Compostela)

SanLeón, D.G.; Amigo, J.

Abstract

O inventario botánico do Xardín Botánico USC (XBUSC) foi promovido pola Oficina de Desenvolvemento Sostible, no marco do proxecto Campus Vida, Campus de Excelencia Internacional, e froito da colaboración co persoal da USC adscrito ao Herbario SANT, colección científica integrada dentro do organigrama do XBUSC. O documento orixinalmente aloxado no organigrama da web da USC foi eliminado cos cambios de equipo de goberno posteriores, pero existe unha copia en archive.org: http://www.usc.es/plands/seccions/datos_plan/eixe2/desenoordenacion/flora/flora_cartel/Herbario_dixital_arborado_orixinal_XBUSC.pdf

Full text

Herbario dixital do arborado orixinal do XBUSC (Xardín Botánico da Universidade de Santiago de Compostela) PRESENTACIÓN E ANTECEDENTES O inventario botánico do Xardín Botánico USC (XBUSC) foi promovido pola Oficina de Desenvolvemento Sostible, no marco do proxecto Campus Vida, Campus de Excelencia Internacional, e froito da colaboración co persoal da USC adscrito ao Herbario SANT, colección científica integrada dentro do organigrama do XBUSC. Dentro desa colaboración, e por Resolución Reitoral de 7 de Marzo de 2012, realizouse a "Primeira base de datos do XBUSC: catálogo xeorreferenciado das árbores vivas existentes nos terreos do XBUSC". O obxectivo principal dese traballo era recoñecer, cuantificar, xeorreferenciar e valorar todas e cada unha das árbores preexistentes nos terreos delimitados para XBUSC, como requisito previo para calquera actuación/ordenación do espazo que se pretenda abordar posteriormente por parte dos responsables do xardín. Con posterioridade, no ano 2013 a Oficina de Desenvolvemento Sostible encargou a realización dun pequeno herbario que servise para divulgar ao público os resultados dese catálogo. Neste documento preséntanse imaxes de exemplares do Herbario SANT representativos das especies arbóreas catalogadas inicialmente no XBUSC, acompañados de mapas de distribución dos individuos existentes. CRÉDITOS  ESTUDO DE BASE (cartografía, identificación e dixitalización de exemplares representativos): Javier Amigo Vázquez e David García San León Herbario SANT, Xardín Botánico da USC. http://www.usc.es/herbario  COORDINACIÓN: Oficina de Desenvolvemento Sostible, Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade, USC. http://www.usc.es/plands MATERIAL E MÉTODOS Os límites do espazo físico do XBUSC están perfectamente delimitados pola estrada, camiños públicos e o río Sarela. Os elementos a avaliar foron delimitados por criterios puramente funcionais con base a parámetros habituais en estudos forestais: foron consideradas as plantas leñosas que tiveran un grosor mínimo de 7 cm de Diámetro a Altura do Peito (DAP). Para a toma de mostras representativas das árbores catalogadas seguiuse a metodoloxía habitual de recolección, etiquetado e preservación de exemplares empregada en herbarios de plantas vasculares, segundo se describe no anexo III. RESULTADOS Contabilizáronse e medíronse un total de 1699 árbores cun diámetro mínimo suficiente, incluíndo nesta cifra tanto exemplares individuais coma árbores pluricaules resultantes de rebrotes despois de talas (sempre que houbese una bifurcación do caule que se manifesta por debaixo da altura de medición do DAP, contabilizáronse coma individuos diferentes). O conxunto vexetal arbóreo do XBUSC diversifícase nun total de 23 especies diferentes. En números absolutos as dominantes son claramente carballos e loureiros, e xa en menores proporcións hai salgueiros, ameneiros e castiñeiros. Algo mais da cuarta parte dese conxunto son especies alóctonas das que podería asumirse a súa eliminación do XBUSC. A pesares diso dúas delas se poden considerar casos puntuais de valoración positiva por razón de monumentalidade, dado que se atopan representadas por un só exemplar de tamaño salientable (Pinus pinea e tal vez tamén Euonymus japonicus). Pola súa singularidade, foron catalogados coma “Plantados” en troques de “Alóctonos”. Alén diso outras 5 especies deben claramente a súa presencia ao cultivo xa que non son propias do arborado autóctono que lle correspondería ao terreo e o clima do territorio no que se atopa o XBUSC. De seguro que a súa existencia foi impulsada polo posible aproveitamento dos seus froitos; por iso hai contados exemplares de maceira (Malus domestica), moreira (Morus alba), cerdeira (Prunus avium), nogueira (Juglans regia) e figueira (Ficus carica). Afortunadamente a meirande parte do colectivo de árbores son autóctonas dominando claramente os carballos (Quercus robur), loureiros (Laurus nobilis) e castiñeiros (Castanea sativa) na xeneralidade do XBUSC, e salgueiros (Salix atrocinerea e S. fragilis) e ameneiros (Alnus glutinosa) na tenza arbórea da beira do río. Abondosos tanto na ribeira da auga coma en terreo de ladeira amósanse salgueiros (Salix atrocinerea) e sabugueiros (Sambucus nigra), e alcanzan en ocasións tamaños respectables algunhas abelaneiras (Corylus avellana) aínda que polo seu biotipo pluricaule dende a cepa nunca chegan a ter troncos dun grosor que supere a categoría de “cativo” (ver anexos). Non se albisca ningunha outra especie arbórea que puidera engadirse ao catálogo por estar xa presente en forma de xuvenil: as escasas leñosas potencialmente arborescentes que poderían chegar a terse en conta son as matas arbustivas de abruñeiro (Prunus spinosa) e buxo (Buxus sempervirens) pero terían que pasar moitos anos para que chegaran a acadar o tamaño de árbores mesmo coas mais favorables condicións ambientais para o medre. VALORACIÓN O conxunto das especies autóctonas representa un 92% do total existente no Xardín. Iso xa fala dun estado de partida de certa naturalidade que é importante ter en conta. Dende o noso particular punto de vista, na catalogación deste conxunto arbóreo de cara ao futuro aproveitamento do espazo co uso previsto coma Xardín Botánico, as principais premisas que se poden asumir son: A) Tódalas árbores alóctonas deberan ser eliminadas do espazo do XBUSC agás a aplicación de algún caso moi concreto por razón ornamentais. B) Das árbores autóctonas pagaría a pena manter, de partida, tódolos carballos censados como grandes (perímetro > 99 cm). C) Coidamos prioritario tamén o mantemento de tódalas árbores autóctonas que forman parte da beira do río Sarela. A continuación apórtanse diversos anexos resumindo a localización xeográfica, reconto por tamaños dos exemplares censados, e mostras de herbario ilustrativas do conxunto de especies arbóreas catalogadas. Anexo I. Localización e límites da área estudada (coordenadas xeográficas, Datum WGS84) Norte: 42º 52' 41.0" Sur: 42º 52' 25.6" Leste: 8º 33' 37.0" Oeste: 8º 33' 55.6" Anexo II. Listaxe das diferentes especies de árbores atopadas no XBUSC, xunto coa súa orixe nos terreos do Xardín IDENTIFICACIÓN RECONTO por TAMAÑO diámetro (cm) TAXON Nome vulgar Folla Orixe * N cativo medio grande media D.S. Acacia dealbata Mimosa perenne alóctona 10 1 0 24.8 Acacia melanoxylon Acacia perenne alóctona 73 9 47 17 25.9 11.8 Alnus glutinosa Ameneiro caduca autóctona 126 28 58 40 28 16 Castanea sativa Castiñeiro caduca autóctona 113 25 77 11 22.2 9 Corylus avellana Abeleira caduca autóctona 57 55 0 2 14.3 18.5 Eucalyptus globulus Eucalipto perenne alóctona 11 1 3 7 47.7 27.7 Euonymus japonicus Alfaneiro xaponés perenne plantada 110 0 8 Ficus carica Figueira caduca plantada 62 4 0 17.3 5.5 Juglans regia Nogueira caduca plantada 20 2 0 17.8 2.7 Laurus nobilis Loureiro perenne autóctona 531 427 102 2 12.2 4.6 Malus domestica Mazaira caduca plantada 20 2 0 22.3 0.9 Morus alba Moreira caduca plantada 10 0 1 34.4 Pinus pinaster Piñeiro do país perenne plantada 90 3 6 48.1 22.4 Pinus pinea Piñeiro manso perenne plantada 10 0 1 89.1 Populus nigra Chopo negro caduca plantada? 10 0 1 80.5 Prunus avium Cerdeira caduca plantada 10 0 1 44.9 Prunus insititia Ameixeira brava caduca autóctona 13 9 4 0 13.8 7.4 Pyrus cordata Pereira brava caduca autóctona 22 0 0 6.7 0.5 Quercus robur Carballo caduca autóctona 410 172 155 83 22 13.9 Robinia pseudoacacia Falsa acacia perenne alóctona 22 7 10 5 23.3 9.5 Salix atrocinerea Salgueiro caduca autóctona 217 126 73 18 18 11.4 Salix fragilis Salgueiro caduca autóctona 18 5 6 7 26.1 13.1 Sambucus nigra Sabugueiro caduca autóctona 80 63 16 1 12.8 5.9 ¿? (árbores mortas sen identificar) 10 0 1 128 TOTAL 1699 932 563 204 (*) Significados da orixe: Autóctona: nativa. Compoñente normal da vexetación propia do territorio galego. A súa presencia interprétase coma parte da vexetación natural do sitio previa a actuación do home. Alóctona: exótica. Orixinaria de fora de Galicia, normalmente doutro continente, pero que por estar asilvestrada no noso país a súa presencia podería ter ocorrido por dinámica natural. Plantada: posta pola man do home. Pode tratarse de especies autóctonas ou alóctonas, pero a súa existencia nos terreos do XBUSC ocorre claramente por introdución activa, non espontaneamente. Anexo III. HERBARIO Para a realización do herbario tomáronse mostras de exemplares representativos de cada unha das especies censadas. Na maioría dos casos a mostra colleouse xa na primavera de 2012, durante a realización do censo. Para as especies das que non existía aínda mostra, esta foi tomada con posterioridade na primavera de 2014. Só nos casos puntuais dalgunhas especies alóctonas que xa foran eliminadas do XBUSC entre esas dúas datas, empregamos para ilustrar este documento outro exemplar da mesma especie existente nos fondos do herbario SANT. Os exemplares foron sometidos durante varios días a un proceso de prensado e desecación empregando unha prensa de parafuso con fluxo traseiro de aire quente. Posteriormente, unha vez secos foron montados en cartolinas brancas de tamaño 27 x 43 cm, e fixados con tiras de esparadrapo branco hipoalerxénico. Cada exemplar leva a súa correspondente etiqueta de herbario cos datos da localidade, recolectores e data de recolección, así como a súa determinación taxonómica e o correspondente número de rexistro asignado oficialmente a toda mostra que entra no herbario SANT (o que permite a citación inequívoca dese exemplar en calquera tipo de traballos posteriores). Posteriormente, os exemplares foron desinfectados mediante un proceso de conxelación durante un mínimo de 72 horas a temperatura inferior a -20ºC, como paso previo para poder proceder á súa inclusión nas coleccións científicas. Por último, todos os exemplares seleccionados para este traballo foron dixitalizados a 400 dpi en formato tiff, e posteriormente convertidos a formato pdf no que lles foi sobreimpresa a seguinte información: - Na esquina inferior esquerda, un pequeno mapa resumindo as zonas onde aparecen exemplares da especie dentro do recinto do XBUSC. - No lateral esquerdo, o título de "Herbario dixital do arborado orixinal do XBUSC". - Na zona superior esquerda, a determinación taxonómica co seu nome científico en Latín claramente visible. - Na esquina superior dereita, a súa numeración oficial do Herbario SANT en varios formatos: o Código numérico SANT lexible (+ representación en código de barras lineal 39) o URL de enlace ao exemplar na páxina oficial do herbario (+ representación en código bidimensional QR dese mesmo enlace) Acacia dealbata Link © Herbario SANT SANT64179 http://www.usc.es/herbario?SANT_64179 Herbario dixital do arborado orixinal do XBUSC MAPA: Acacia melanoxylon R. Br. © Herbario SANT SANT63566 http://www.usc.es/herbario?SANT_63566 Herbario dixital do arborado orixinal do XBUSC MAPA: Alnus glutinosa (L.) Gaertner © Herbario SANT SANT65607 http://www.usc.es/herbario?SANT_65607 Herbario dixital do arborado orixinal do XBUSC MAPA: Laurus nobilis L. © Herbario SANT SANT69410 http://www.usc.es/herbario?SANT_69410 Herbario dixital do arborado orixinal do XBUSC MAPA: Malus domestica (Borkh.) Borkh. © Herbario SANT SANT69403 http://www.usc.es/herbario?SANT_69403 Herbario dixital do arborado orixinal do XBUSC MAPA: Morus alba L. © Herbario SANT SANT69390 http://www.usc.es/herbario?SANT_69390 Herbario dixital do arborado orixinal do XBUSC MAPA: Pinus pinaster Aiton © Herbario SANT SANT64324 http://www.usc.es/herbario?SANT_64324 Herbario dixital do arborado orixinal do XBUSC MAPA: Pinus pinea L. © Herbario SANT SANT65603 http://www.usc.es/herbario?SANT_65603 Herbario dixital do arborado orixinal do XBUSC MAPA: Populus nigra L. © Herbario SANT SANT69656 http://www.usc.es/herbario?SANT_69656 Herbario dixital do arborado orixinal do XBUSC MAPA: Prunus avium L. © Herbario SANT SANT69406 http://www.usc.es/herbario?SANT_69406 Herbario dixital do arborado orixinal do XBUSC MAPA: Prunus insititia L. © Herbario SANT SANT69407 http://www.usc.es/herbario?SANT_69407 Herbario dixital do arborado orixinal do XBUSC MAPA: Pyrus cordata Desv. © Herbario SANT SANT65613 http://www.usc.es/herbario?SANT_65613 Herbario dixital do arborado orixinal do XBUSC MAPA: Quercus robur L. © Herbario SANT SANT65592 http://www.usc.es/herbario?SANT_65592 Herbario dixital do arborado orixinal do XBUSC MAPA: