scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Resolución reitoral do 24-07-2019 pola que se determina a aplicación dos prezos públicos correspondentes aos estudos de grao, máster e doutoramento cursados polo alumnado estranxeiro maior de dezaoito anos, que non teña a condición de residente, excluídos os nacionais de estados membros da unión europea e aqueles a quen sexa de aplicación o réxime comunitario

Universidade de Santiago de Compostela. Reitoría

Full text

RESOLUCIÓN REITORAL DO 24/07/2019 POLA QUE SE DETERMINA A APLICACIÓN DOS PREZOS PÚBLICOS CORRESPONDENTES AOS ESTUDOS DE GRAO, MÁSTER E DOUTORAMENTO CURSADOS POLO ALUMNADO ESTRANXEIRO MAIOR DE DEZAOITO ANOS, QUE NON TEÑA A CONDICIÓN DE RESIDENTE, EXCLUÍDOS OS NACIONAIS DE ESTADOS MEMBROS DA UNIÓN EUROPEA E AQUELES A QUEN SEXA DE APLICACIÓN O RÉXIME COMUNITARIO A regulación dos prezos dos estudos conducentes á obtención de títulos de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional vén establecida no artigo 81.3b) da Lei Orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades, na redacción dada polo Real Decreto-Lei 14/2012, do 20 de abril, onde se determina que serán as Comunidades Autónomas as que fixarán estes nas súas respectivas universidades. O mesmo artigo establece no seu apartado segundo que os prezos públicos poderán cubrir ata o 100% dos custes das ensinanzas universitarias de grao e máster cando se trate de estudantes estranxeiros maiores de dezaoito anos que non teñan a condición de residentes, excluídos os nacionais de Estados membros da Unión Europea e aqueles a quen sexa de aplicación o réxime comunitario, sen prexuízo do principio de reciprocidade, así como aqueles estudantes de nacionalidade marroquí que non tiveran iniciado os seus estudos universitarios cando entrou en vigor o Convenio de Asociación Estratéxica en materia de Desenvolvemento e de Cooperación Cultural, Educativa e Deportiva entre o Reino de España e o Reino de Marrocos, do 3 de outubro de 2012. En desenvolvemento desta Lei aprobouse o Decreto 73/2019 de 4 de xullo polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema Universitario de Galicia para o curso 2019/2020. Nel determínase, no seu artigo 2º punto 5, que cada Universidade establecerá, por resolución reitoral, os prezos que aboará pola matrícula en estudos de grao e máster o alumnado estranxeiro maior de dezaoito anos, que non teña a condición de residente, excluídos os nacionais de Estados membros da Unión Europea e aqueles a quen sexa de aplicación o réxime comunitario. Estes prezos oscilarán entre o 25 % e o 100 % do custo de referencia fixado para cada unha das epígrafes da Tarifa primeira do Anexo do devandito decreto; custo que foi establecido no artigo 2.1 do Decreto 154/2012, de 12 de xullo, polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional nas ensinanzas universitarias Para o curso 2012/2013. Dada a situación macroeconómica actual, unha vez valoradas as posibles repercusións no contorno social e académico, en relación cos estudos tanto de grao como de máster, parece conveniente aplicar un prezo público non subvencionado que cubra o 100% do custe de referencia establecido no artigo 2.1 do Decreto 154/2012, polo que se fixan Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/BA00-679F-457C-8F23 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: BA00-679F-457C-8F23 1 / 5 os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional na ensinanza universitaria para o curso 2012/2013, para os estudantes estranxeiros maiores de dezaoito anos e non nacionais de Estados membros da Unión Europea ou nacionais de Estados aos que se lle aplica o réxime comunitario así como aqueles estudantes de nacionalidade marroquí que non tiveran iniciado os seus estudos universitarios na entrada en vigor do Convenio de Asociación Estratéxica en materia de Desenvolvemento e de Cooperación Cultural, Educativa e Deportiva entre o Reino de España e o Reino de Marrocos, do 3 de outubro de 2012, ao abeiro do seu artigo 39. O incremento ao 100% do custe de referencia en grao é consecuencia da reformulación do Programa de Atención a Estudantes Extracomunitarios (PATEX), de conformidade co establecido no Acordo do Consello de Goberno da USC, aprobado na súa sesión extraordinaria do 30 de marzo de 2016 e do Consello Social do 26 de maio de 2016. En virtude das razóns antes expostas e da competencia que lle atribúe o mencionado artigo 2º punto 5 do Decreto 73/2019, do 4 de xullo, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso 2019/2020, esta REITORÍA RESOLVE PRIMEIRO.- Establecer no anexo desta resolución os prezos públicos correspondentes aos estudos de grao, máster, e doutoramento cursados polo alumnado estranxeiro maior de dezaoito anos, que non teña a condición de residente, excluídos os nacionais de estados membros da Unión Europea e aqueles a quen sexa de aplicación o réxime comunitario, así como aqueles estudantes de nacionalidade marroquí que non tiveran iniciado os seus estudos universitarios na entrada en vigor do Convenio de Asociación Estratéxica en materia de Desenvolvemento e de Cooperación Cultural, Educativa e Deportiva entre o Reino de España e o Reino de Marrocos, do 3 de outubro de 2012, ao abeiro do seu artigo 39. SEGUNDO.- O prezo relativo ás ensinanzas de grao e de máster será o 100% do custe de referencia establecido no Decreto 154/2012, do 12 de xullo, de conformidade co Programa de Atención a Estudantes Extracomunitarios (PATEX) aprobado polos órganos de goberno da USC. Este prezo poderá variarse por Resolución Reitoral específica para determinados másteres interuniversitarios, a proposta das comisión académicas ou coordinadores, e para os efectos de poder ter o mesmo réxime de prezos no máster en todas as universidades. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/BA00-679F-457C-8F23 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: BA00-679F-457C-8F23 2 / 5 TERCEIRO.- Os prezos públicos referentes ás ensinanzas de doutoramento para aqueles alumnos maiores de dezaoito anos, que non teña a condición de residente, excluídos os nacionais de estados membros da Unión Europea e aqueles a quen sexa de aplicación o réxime comunitarios así como así como aqueles estudantes de nacionalidade marroquí que non tiveran iniciado os seus estudos universitarios na entrada en vigor do Convenio de Asociación Estratéxica en materia de Desenvolvemento e de Cooperación Cultural, Educativa e Deportiva entre o Reino de España e o Reino de Marrocos, do 3 de outubro de 2012, ao abeiro do seu artigo 39, serán os establecidos no punto 2 do anexo á presente resolución, tomando de referencia o prezo establecido na Tarifa primeira do Decreto de prezos para o curso 2019-20 aumentados nun 100% co obxectivo de facer fronte a parte dos custes reais dos programas e asimilarse aos prezos que para este tipo de ensinanzas establecen a maioría das universidades públicas españolas. O Reitor Antonio López Díaz Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/BA00-679F-457C-8F23 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: BA00-679F-457C-8F23 3 / 5 ANEXO 1.- Prezo público para as ensinanzas de grao e de máster para os alumnos estranxeiros maiores de dezaoito anos, que non teñan a condición de residentes, excluídos os nacionais de estados membros da Unión Europea e aqueles a quen sexa de aplicación o réxime comunitario. Prezo total Prezo por crédito Epígrafe A) 5.170 € 86,17 € Epígrafe B) 3.650 € 60,83 € 2.- Prezo correspondente aos estudos conducentes á obtención do título de doutor para o alumnado estranxeiro maior de dezaoito anos, que non teña a condición de residentes, excluídos os nacionais de estados membros da Unión Europea e aqueles a quen sexa de aplicación o réxime comunitario. Titoría anual de Doutoramento 400€ Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/BA00-679F-457C-8F23 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: BA00-679F-457C-8F23 4 / 5 Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO LOPEZ DIAZ, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24/07/2019 11:50:49. CSV: BA00-679F-457C-8F23 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/BA00-679F-457C-8F23 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: BA00-679F-457C-8F23 5 / 5