scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Identidade a través da lingua: sáficas neofalantes

Allariz Pena, Inés

Abstract

Co meu Traballo de Fin de Grao pretendo estudar a relación entre ser neofalante de galego e ser sáfica. É dicir, analizarei a construción da identidade das entrevistadas a través da lingua en persoas novas de orientación sexual non heteronormativa. Defino neofalante de galego como a persoa que recibe o castelán como lingua inicial e o ten como lingua habitual durante as primeiras etapas da súa vida, pero que nun proceso de muda, se converte en galegofalante habitual (monolingüe ou bilingüe). Para sáfica seguirei a definición do Urban Dictionary: “female-aligned person who feels romantic or sexual attraction to female-aligned people. This applies to female-aligned people who are not only lesbians, but also bisexual, pansexual, etc.” (Urban Dictionary, s.v. sapphic).Analizarei un corpus de narracións de experiencia persoal (Labov, 1972: 360) conseguido a través de entrevistas semidirixidas a 6-8 mulleres sáficas neofalantes de galego de entre 20 e 25 anos, todas elas de distintos hábitats da provincia de Pontevedra. Alén diso, empregarei datos da evolución do uso e situación actual do galego por idade e xénero, xa recollidos polo MSG-1992 (Mapa Sociolingüístico de Galicia) e o IGE, entre outros. O estudo dividirase nunha parte máis teórica, outra máis descritiva na que se presentarán datos xerais; e outra na que se analizarán as entrevistas, así como se compararán cos datos previos; por último, ofreceranse as conclusións.

Full text

Traballo de Fin de Grao Identidade a través da lingua: sáficas neofalantes Autora: Inés Allariz Pena Titor: Xosé Henrique Monteagudo Romero Curso: 2021-2022 Xullo 2022 Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en Lingua e Literatura Galegas 1 2 Ás miñas amigas, a boa parte da familia, ás miñas gatas, ás miñas informantes e a todas as persoas que me axudaron a chegar ata aquí. Especialmente, a meus avós, a María, a Anamari, a Alba, a Isabel, a Henrietta e a Ginger. Sen todas vós non estaría a punto de rematar a carreira. Mil grazas e mil bicos! 3 4 Identidade a través da lingua: sáficas neofalantes Identidad a través de la lengua: sáficas neohablantes Identity through language: sapphic new speakers Resumo Co meu Traballo de Fin de Grao pretendo estudar a relación entre ser neofalante de galego e ser sáfica. É dicir, analizarei a construción da identidade das entrevistadas a través da lingua en persoas novas de orientación sexual non heteronormativa. Defino neofalante de galego como a persoa que recibe o castelán como lingua inicial e o ten como lingua habitual durante as primeiras etapas da súa vida, pero que nun proceso de muda, se converte en galegofalante habitual (monolingüe ou bilingüe). Para sáfica seguirei a definición do Urban Dictionary: “female-aligned person who feels romantic or sexual attraction to female-aligned people. This applies to female-aligned people who are not only lesbians, but also bisexual, pansexual, etc.” (Urban Dictionary, s.v. sapphic). Analizarei un corpus de narracións de experiencia persoal (Labov, 1972: 360) conseguido a través de entrevistas semidirixidas a 6-8 mulleres sáficas neofalantes de galego de entre 20 e 25 anos, todas elas de distintos hábitats da provincia de Pontevedra. Alén diso, empregarei datos da evolución do uso e situación actual do galego por idade e xénero, xa recollidos polo MSG-1992 (Mapa Sociolingüístico de Galicia) e o IGE, entre outros. O estudo dividirase nunha parte máis teórica, outra máis descritiva na que se presentarán datos xerais; e outra na que se analizarán as entrevistas, así como se compararán cos datos previos; por último, ofreceranse as conclusións. Palabras chave: sáfica, neofalante, muda lingüística, narración de experiencia persoal. 5 6 Índice 1. Introdución ................................................................................................................... 8 2. Neofalantes e neofalantismo ....................................................................................... 9 2.1. Contexto ................................................................................................................ 9 2.2. Os conceptos de neofalante e neofalantismo ..................................................... 11 2.3. O perfil do neofalante e as neofalas.................................................................... 16 2.4. A importancia do neofalantismo ......................................................................... 18 3. O concepto de sáfica .................................................................................................. 19 4. As entrevistas.............................................................................................................. 21 4.1. Metodoloxía......................................................................................................... 21 4.2. Perfil das informantes ......................................................................................... 22 Informante 1 ........................................................................................................... 22 Informante 2 ........................................................................................................... 23 Informante 3 ........................................................................................................... 23 Informante 4 ........................................................................................................... 24 Informante 5 ........................................................................................................... 24 Informante 6 ........................................................................................................... 25 4.3. A cuestión da identidade ..................................................................................... 25 4.4. Saída do armario, momento no que comezan a falar galego, círculo e motivacións ................................................................................................................ 31 Informante 1 ........................................................................................................... 31 Informante 2 ........................................................................................................... 33 Informante 3 ........................................................................................................... 34 Informante 4 ........................................................................................................... 35 Informante 5 ........................................................................................................... 37 Informante 6 ........................................................................................................... 38 Análise das coincidencias e discordancias entre as informantes ........................... 39 5. Conclusións ................................................................................................................. 41 7 6. Bibliografía .................................................................................................................. 43 7. Anexos ........................................................................................................................ 47 7.1. Fichas das informantes ........................................................................................ 47 Ficha informante 1 .................................................................................................. 47 Ficha informante 2 .................................................................................................. 48 Ficha informante 3 .................................................................................................. 48 Ficha informante 4 .................................................................................................. 49 Ficha informante 5 .................................................................................................. 49 Ficha informante 6 .................................................................................................. 50 7.2. Ligazóns ás gravacións das informantes .............................................................. 50 7.3. Autorizacións ....................................................................................................... 50 8 1. Introdución Co meu Traballo de Fin de Grao pretendo introducir unha variable tradicionalmente ignorada pola sociolingüística galega: a orientación sexual das informantes. É frecuente que as investigacións teñan en conta as variables de xénero e idade, pero, a día de hoxe, isto non é suficiente para entender os usos lingüísticos das persoas. Non debemos asumir que a praxe lingüística das persoas LGBT+ e das persoas cisheterosexuais é a mesma sen realizar estudos ao respecto. Así, propoño a hipótese de que existe relación entre ser e identificarse como sáfica e tornarse neofalante de galego; ao longo do traballo, veremos como, efectivamente, se verifica nos casos analizados. Para estudar a construción da identidade das entrevistadas a través da lingua, analizarei un corpus maioritariamente integrado por narracións de experiencia persoal (Labov, 1972: 360) conseguido a través de entrevistas semidirixidas a 5 mulleres e unha persoa non binaria sáficas neofalantes de galego de entre 20 e 25 anos, todas elas de distintos hábitats da provincia de Pontevedra. No resumo, indiquei que faría unha comparativa entre os datos obtidos a través das entrevistas e os xa recollidos polo MSG-1992 (Mapa Sociolingüístico de Galicia) e o IGE (Instituto Galego de Estatística); porén, descarteino por non parecerme de interese ao manexar un número de informantes tan baixo. O estudo divídese nunha primeira parte teórica, na que discutirei sobre o concepto de neofalante, o seu contexto e o seu uso, así como definirei o termo de sáfica; e unha segunda centrada na descrición e análise das entrevistas; por último ofreceranse as conclusións. Cómpre aclarar que este é un traballo cualitativo, que analiza con certo nivel de profundidade uns poucos casos particulares. Deste modo, aínda que non poidamos facer xeneralizacións a través do testemuño de seis persoas, plantamos o xermolo para estudos posteriores máis amplos e exhaustivos. 15 Para comprendermos ben esta definición debemos explicar o concepto de muda lingüística, introducido por Joan Pujolar, Isaac Gonzàlez e Roger Martínez no 2010 El que anomenem mudes lingüístiques és bàsicament aquesta darrera mena de canvi: una persona que adopta l’ús social d’una llengua que fins aleshores no parlava, o una persona que canvia la llengua que parlava amb coneguts o en contextos concrets, o una persona que canvia les regles a partir de les quals decidia quina llengua parlava en determinades situacions. (Pujolar et al., 2010: 67) É dicir, o concepto de muda aplícase tanto ás informantes que teñen o castelán como lingua inicial, como ás que teñen o galego, porque cambiaron o xeito no que teñen organizada a súa elección de linguas (Pujolar et al., 2010: 67). A pesar de que son partidaria de expandir o termo de neofalante para aplicarse ás novas realidades expostas, coincido con Ramallo na diferenciación entre neofalante dunha lingua minorizada (cambios na praxe lingüística, uso en todos ou case todos os ámbito, motivacións xeralmente políticas e emocionais) e novo falante dunha lingua estranxeira. Se aceptamos a aplicación do termo neofalante a estas situacións nas que non existen relacións de poder entre linguas, estamos a borrar parte das implicacións que verdadeiramente ten o termo (Ramallo, 2018: 16-17. Ramallo, 2020: 241). A conversión do neofalante provoca cambios na súa vida (a miúdo, neutros ou negativos). A aprendizaxe dunha segunda lingua, xeralmente, beneficia ás persoas, sen ter implicacións sociais na súa vida cotiá, xa que non vai comezar a usala a diario (Ramallo, 2018: 16-17). Isto reforza a miña proposta da nova definición para neofalante xa que, aínda que non se parta do castelán como lingua inicial, a súa adopción temperá e posterior conversión ao galego na mocidade provoca cambios na vida da persoa, pois pode sufrir rexeitamento, burlas ou, simplemente, estrañeza por parte do seu círculo. O conxunto dos neofalantes conforma o neofalantismo, que Ramallo define como: un movemento social, artellado ao redor dunha minoría activa (Ramallo, 2013: 248) un movemento social conformado por suxeitos que adoptan unha práctica consciente de defensa e activismo a prol das linguas socialmente minoritarias, mediante o seu uso, a súa reivindicación pública e a súa dignificación social. (Ramallo, 2013: 252) 16 É dicir, o neofalantismo (e os neofalantes) xorde para combater a substitución lingüística, i.e., o proceso mediante o que unha comunidade vai abandonando unha lingua en prol doutra que se considera máis prestixiosa, pasando pola minorización da lingua a abandonar (Ramallo, 2013: 253). No caso do neofalantismo e dos neofalantes, abandónase ou desprázase a lingua maioritaria. Por ser un proceso que afecta a certas persoas e non á comunidade por enteiro, O’Rourke e Ramallo propoñen o termo desprazamento da lingua maioritaria (Ramallo/ O’Rourke, 2013a apud Ramallo, 2013: 253). Este proceso está motivado pola toma de consciencia sobre a realidade sociolingüística, neste caso, do galego (Ramallo, 2013: 253), así como por motivacións ideolóxicas, políticas ou emocionais que fagan romper coa orde establecida (Ramallo, 2020: 250). Debemos ter en conta que o éxito do desprazamento da lingua maioritaria se verá condicionado polos espazos e círculos nos que se mova a persoa neofalante. Deste modo, diferenciamos entre espazos favorecedores e espazos non favorecedores (Ramallo, 2020: 251). Un espazo favorecedor podería ser, por exemplo, un círculo de persoas galegofalantes que non xulgasen o xeito de falar das persoas que se acaben de incorporar á lingua, ou un círculo de castelanfalantes sen prexuízos lingüísticos cara ao galego. 2.3. O perfil do neofalante e as neofalas Ramallo caracteriza ao neofalante de galego máis habitual como unha persoa nova, concienciada coa situación social da lingua galega e que opta por utilizar de xeito habitual o galego como unha medida de reivindicación social, política e/ou cultural. [...] O maior número vive en espazos urbanos. Nas cidades máis castelanizadas o único galego que se escoita nos barrios do centro é o dos neofalantes (Frías-Conde 2006), e quedan residuos de galego tradicional nas zonas periféricas. (Ramallo, 2013: 251-252) Aínda que nesta cita comenta que os neofalantes son máis abundantes nos espazos urbanos, quizais debeu dicir máis notables, xa que, nun traballo dun ano antes, o propio Ramallo indica que a porcentaxe de neofalantes é similar nas cidades e nas vilas de menos de 10 mil habitantes (Ramallo, 2012: 182). 17 Sexa como for, non afirma que os neofalantes sexan inherentemente urbanos. Con todo, si que o dá a entender implicitamente en certas ocasións: e.g. equipara neofalante a falante de galego urbano e a falante de galego estándar (Ramallo, 2012: 183). Esta afirmación tan tallante non se adecúa á realidade, pois, como xa mencionei, o mesmo Ramallo indica que existe unha porcentaxe similar de neofalantes en hábitats urbanos e non urbanos (Ramallo, 2012: 182); ademais, unha persoa neofalante non ten por que empregar o estándar, como máis adiante veremos nas entrevistas das distintas informantes. Esta caracterización das neofalas coma estándar ofrécennola tamén Porrit et al. “[...] o galego dialectal non só como propio do ámbito rural senón como propiedade exclusiva dos paleofalantes 3 , á que os neofalantes non poden aspirar” (Porrit et al., 2016 apud Fernández Rei/Regueira, 2018) e Frías Conde “o neofalante aprendeu un modelo de lingua depurado, mentres que o paleofalante, na grande maioría dos casos, exprésase cunha linguaxe mixta, onde a influencia da lingua estatal é sempre manifesta” (2006: 61), pasando por alto que os neofalantes poden criarse en ambientes parcialmente galegófonos, nos que a lingua presenta castelanismos, ademais de dialectalismos que, aínda que lexítimos, tamén se desvían do estándar. A raíz desta cita de Frías Conde, debemos matizar a dicotomía de aprendizaxe versus adquisición na que o autor fai fincapé (2006: 61). Quizais sexa un pouco extrema esta afirmación de que os neofalantes aprenden galego como se se tratase dunha L2 estranxeira, xa que, malia non empregalo, o habitual é que o escoiten da man de falantes tradicionais, xa sexa nos medios de comunicación, na casa, na escola, a través de veciños etc. Aínda que non sexan falantes activos ata, polo menos, a adolescencia, levan a ser falantes pasivos practicamente dende o nacemento, adquirírona nas primeiras etapas de vida. 3 Paleofalante equivale a falante tradicional, é dicir, aquelas persoas que reciben o galego como lingua inicial e o manteñen como lingua habitual. 18 2.4. A importancia do neofalantismo Retomemos agora a concepción do neofalantismo de Ramallo como minoría activa e vexamos como define este termo: Unha minoría activa é aquela que ten capacidade «para influír e para producir cambios en función da súa diverxencia fronte á maioría» (Moscovici 1976: 105, tradución propia). Con frecuencia, unha minoría activa provoca cambios na maioría creando conflitos nela que conseguen modificar, en primeiro lugar, os seus marcos interpretativos (cognicións e valoracións) e, en segundo lugar, as súas prácticas. [...] a minoría inflúe e fai cambiar á maioría por un comportamento consistente que remata por crear conflito e dúbida entre os membros da maioría e os conduce a examinar e reavaliar a súa propia postura [...]. Sen influencia das minorías non é doado explicar o cambio social (Ramallo, 2013: 254) É dicir, as minorías activas, aínda que constituídas por unha baixa porcentaxe de persoas, son determinantes para que se produzan cambios. Así, para unha recuperación exitosa do galego, o neofalantismo será esencial, pois producirá falantes novos e, cando estes teñan descendencia, podería reproducilos (Williams, 1978, 2005 apud Ramallo, 2012: 170). A pesar da emerxencia e aumento dos neofalantes, Ramallo presenta unha visión pesimista do futuro das linguas minorizadas (2013: 248), xa que non sabe se isto é suficiente para salvalas. No que atinxe aos neofalantes de galego, Ramallo (2012 apud Ramallo, 2013: 251) establece, a partir da información recollida nos censos, que os neofalantes conforman o 2% da poboación. Pode parecer unha porcentaxe moi baixa, pero debemos ter en conta que en números absolutos son 70 mil persoas, unha cantidade considerable que ademais ten un valor simbólico notable. Cómpre remarcar que estas cifras son aproximadas e teñen que ver co que el define como neofalante; para a definición que eu propoño contariamos cun número maior. Se abrísemos máis a definición de neofalante e incluísemos persoas que mudan ao galego en determinados contextos —neofalante ocasional (Ramallo/ O’Rourke, 2014: 100)—, o número sería, evidentemente, maior; neste caso, non as teremos en conta. De momento, non podemos saber con seguridade se todas as persoas neofalantes lle van transmitir a lingua á súa descendencia. Porén, os resultados semellan favorables, 19 xa que o 1% da poboación total constitúena neofalantes que teñen descendencia e se comunican con ela en galego (Ramallo, 2012: 181). En conclusión, non debemos deslexitimar os neofalantes, as neofalas e o neofalantismo, xa que, aínda que quizais a súa aparición non sexa suficiente para garantir a supervivencia das linguas minorizadas é, sen dúbida necesaria. “O futuro do galego será neofalante ou non será” (Sechu Sende, 2009 apud Losada, 2009). 3. O concepto de sáfica A definición que escollín para sáfica é a do Urban Dictionary. O Urban Dictionary é un sitio web que contén máis de catro millóns de definicións de palabras e frases en inglés, grazas aos editores voluntarios que as recollen e elaboran (Wikipedia, s.v. Urban Dictionary). Debemos ter en conta que moitas veces estas definicións poden ser pouco fiables, de brincadeira; pero no caso de sáfica, recóllese a definición de uso real, a máis estendida e empregada pola comunidade LGBT+: “female-aligned person who feels romantic or sexual attraction to female-aligned people. This applies to femalealigned people who are not only lesbians, but also bisexual, pansexual, etc.” (Urban Dictionary, s.v. sapphic). Podemos ver este uso de sáfica como termo paraugas con moita frecuencia en Twitter, achego tres chíos (dous en castelán e un en galego) como exemplo: Figura 1: Pilar (a newsie) [@pilar___af] (28/06/2020): Recordad, chicas, que si dudáis entre si sois lesbianas o bi y no sabéis qué revindicar, hay una bandera sáfica [Chío]. Twitter. <https://twitter.com/pilar___af/status/1277262137346404355> [Consulta 23/06/2022]. 20 Figura 2: a Vera [@unhaprimavera] (16/08/2020): amigas sáficas: burlarvos de mulleres por como visten engadindo "heteras" non deixa de ser misoxinia, un non-bico [Chío]. Twitter. <https://twitter.com/unhaprimavera/status/1295069792202883074> [Consulta 23/06/2022]. Figura 3: Abbi (∧𝒾𝓏𝒶𝓌𝒶 go brrrr) COMMIS CERRADAS [@Eipprrril] (06/08/2021): El safismo es un espacio que no incluye hombres. En una relación sáfica, sea entre dos bi, dos lesbianas o [Chío]. Twitter. <https://twitter.com/Eipprrril/status/1423760914851958786> [Consulta 23/06/2022]. Cómpre aclarar que non empreguei as definicións de dicionarios máis prestixiosos e avalados por organismos oficiais por seren moito máis restritivas, pouco claras e non adecuadas ao uso actual. Así, o Dicionario da Real Academia Galega (DRAG, s.v. sáfica) e o Diccionario de la lengua española (DLE, s.v. sáfica) recollen sáfica só como adxectivo (na mesma entrada ca sáfico), coas definicións “relativo ou pertencente ao safismo” e “perteneciente al lesbianismo”, respectivamente, ademais de ofreceren como sinónimo lesbiano/a. Consultei tamén o Oxford English Dictionary, que recolle sapphic como adxectivo e como substantivo, pero define o termo tamén de xeito inadecuado: “of, relating to, engaging in, or characterized by sexual activity between 21 women or female same-sex desire =lesbian” e “a lesbian” (OED, s.v. sapphic); de novo, equipárase a lesbiana e a lesbiano/a, non se recolle como termo paraugas. Aínda que os devanditos dicionarios non equiparasen sáfica a lesbiana, a definición seguiría ser inadecuada, pois sempre falan de muller, ignorando outras identidades de xénero. Deste modo, a INFO_5, unha persoa non binaria, non entraría dentro da definición. Unha vez vistas as diferentes definicións ofrecidas polo DRAG, o DLE e o OED, afastadas do uso real, moito máis vagas e menos precisas que a que fornece o Urban Dictionary, queda aclarado o por que da miña escolla. 4. As entrevistas Nesta sección achegarase información sobre a metodoloxía seguida para a realización das entrevistas, así como o perfil das informantes e a descrición e análise das entrevistas. 4.1. Metodoloxía As entrevistas realizadas foron semidirixidas, é dicir, a partir de preguntas máis ou menos abertas formuladas por min, as informantes elaboraron os seus relatos. Deste modo, puiden obter información sobre a súa lingua inicial; o momento no que saíron do armario; o momento no que decidiron comezar a falar galego en case todos os ámbitos; as súas motivacións para facelo; o seu círculo antes e despois de saír do armario, tanto a nivel de praxe lingüística como de orientación sexual; o seu hábitat e cambios de residencia; o seu xénero; a concepción da súa propia identidade e o papel que xoga a lingua na configuración desta; a súa autopercepción como neofalantes e o xeito no que entenden o termo de neofalante (as dúas últimas cuestións foron xa tratadas no segundo punto deste estudo “Neofalantes e neofalantismo”) 22 Así, o corpus a analizar constitúeno, maioritariamente, narracións de experiencia persoal 4 . O concepto de narracións de experiencia persoal foi introducido por Labov (1972: 360) e defíneo como “one method of recapitulating past experience by matching a verbal sequence of clauses to the sequence of events which (it is inferred) actually occurred”. Partimos de que a información que proporcionan as informantes é veraz, mais debemos ter en conta que constrúen a narración dende o seu punto de vista, polo que sempre se van situar nunha posición vantaxosa que pode, en certa medida, distorsionar o relato (Camargo, 2004, 2006,2010 apud Guerrero González, 2017: 81). Seleccionei como informantes a cinco mulleres e unha persoa non binaria que se identifican como sáficas e que se consideraron neofalantes, en maior ou menor medida, nalgún momento da súa vida; son de diferentes concellos da provincia de Pontevedra e teñen entre 20 e 25 anos. Cómpre mencionar que as coñezo a todas elas (con algunhas manteño amizade dende hai anos), o que, por unha banda, axuda a que as entrevistas sexan dinámicas e fluídas; mais, pola outra, é posible que condicione as miñas reflexións e as súas respostas. Por coñecelas, a linguaxe empregada é extremadamente informal. 4.2. Perfil das informantes Como xa indiquei previamente, as informantes son cinco mulleres e unha persoa non binaria con idades comprendidas entre os 20 e os 25 anos e naturais de distintos concellos da provincia de Pontevedra. Todas elas se identifican como sáficas e responden á definición de neofalante empregada para este estudo, aínda que a INFO_5 considera que ser neofalante é unha etapa transitoria e agora xa non se recoñece como tal (pero si que se recoñeceu así no pasado). Informante 1 A INFO_1 ten 21 anos e procede de Vilaboa, unha vila de arredor de 6 mil habitantes (IGE, s.v. Vilaboa), bastante ruralizada, a pesar de situarse entre as cidades de Vigo e 4 Non podemos considerar narracións de experiencia persoal, por exemplo, o xeito no que elas definen neofalante, mais é relevante para este traballo; como xa indiquei, foi discutido previamente no punto 2 “Neofalantes e neofalantismo”. 23 Pontevedra. Cursou os seus estudos ata a ESO en Vilaboa, mentres que bacharelato na cidade de Pontevedra. Na actualidade está a rematar os seus estudos en Santiago de Compostela, no Grao de Lingua e Literatura Galegas. A súa lingua inicial foi o castelán, aínda que afirma estar en contacto dende pequena co galego, xa que é a lingua que falan seus avós (cos que convive) e que tamén empregaba súa nai con estes. Comenta que seus pais lle falaron en castelán tanto a ela coma a seu irmán por ser seu pai falante habitual desta lingua, á que se adaptou a nai. Con 15 anos, un ano despois de saír do armario como bisexual, decidiu incorporar o galego (na variante dialectal correspondente coa súa zona de procedencia) a todos os ámbitos da súa vida, incluído o familiar. Informante 2 A INFO_2 ten 23 anos e procede de Moaña, unha vila mariñeira de arredor de 20 mil habitantes, de carácter semiurbano (IGE, s.v. Moaña). Cursou os seus estudos ata bacharelato en Moaña; mentres que o Grao en Linguas Modernas, Cultura e Comunicación, en Madrid, onde agora está rematando o Dobre Mestrado en Formación ao Profesorado de ESO e Bacharelato (MESOB) e Estudos Internacionais Francófonos (MEIF). A súa lingua inicial foi o galego, que mantivo na casa durante toda a súa vida, malia a abandonala dende que comezou a escolarización no resto de ámbitos e relacións sociais. Recuperouno en todos os ámbitos arredor dos 18 anos cando se mudou a Madrid, onde o emprega, incluso, con persoas de fóra de Galicia. Saíu do armario como bisexual tamén aos 18 anos, ao chegar á universidade, aínda que reflexionara sobre o tema de moito máis nova. Informante 3 A INFO_3 procede da Estrada, concello duns 20 mil habitantes, de carácter semiurbano (IGE, s.v. A Estrada); aínda que pasaba as vacacións e as fins de semana en Meis, de menos de 5 mil e moito máis rural (IGE, s.v. Meis). Estudou en colexios concertados da Estrada ata chegar a bacharelato, cando se trasladou a un instituto público do mesmo 24 concello; en Santiago de Compostela cursou o Grao en Medicina, que rematou o ano pasado. As súas linguas iniciais foron o galego e o castelán, porén o galego só o empregaba cos pais e avós, xa que coas irmás empregaba o castelán. Na escola e outras interaccións sociais empregou o castelán, a non ser que se dirixisen a ela en galego. Foi incorporando progresivamente o galego no instituto para facelo definitivamente en terceiro de carreira, con 20 anos, cando tamén saíu do armario como bisexual e, posteriormente, como lesbiana. Informante 4 A INFO_4 é natural de Cangas do Morrazo, concello semiurbano de arredor de 26 mil habitantes (IGE, s.v. Cangas), onde cursou os seus estudos ata o bacharelato. En Santiago de Compostela cursa o Dobre Grao de Xornalismo e Comunicación Audiovisual, aínda que este ano está de Erasmus en Lisboa. A súa lingua inicial foi o castelán, a pesar de ser seu pai galegofalante. Na infancia, empregaba o galego en moi poucas ocasións e non se decidiu a incorporalo definitivamente ata a chegada á universidade. Cómpre mencionar que anos antes disto tiña xa vontade de empregalo, pero non quería sufrir comentarios nin burlas, polo que o usaba só cando se dirixían a ela nesta lingua. Empezou a cuestionarse a súa orientación sexual aos 14 anos e aceptou a súa atracción polas mulleres aos 15, aínda que tardou anos en sentir que encaixaba na etiqueta de bisexual, en parte por manter, sobre todo, relacións longas con homes. Informante 5 A INFO_5 é unha persoa non binaria procedente de Poio (IGE, s.v. Poio), concello limítrofe a Pontevedra, semiurbano e que conta cuns 17 mil habitantes. A súa lingua inicial é o castelán, pero pola boa relación que tiña co seu avó paterno, quixo adoptar o galego dende antes de ser adolescente. Estudou ata o bacharelato nun colexio de monxas, o que non propiciou que se autodescubrise como bisexual nin que comezase a falar galego. O bacharelato 31 persoal, política ou o que sexa todos os días de transmitir toda a túa vida nun idioma concreto. (INFO_4 minutos 31:54-32:44). A INFO_1 sente o galego, ademais de como parte da súa identidade propia, tamén como parte da identidade do seu grupo de amizades, maioritariamente composto por sáficas e galegofalantes, neofalantes ou non (INFO_1, minutos 06:12-06:41). No que atinxe a sentirse galega ou ao sentimento de galeguidade, vémolo tamén moi presente en todas as informantes, agás na INFO_6, que considera que, aínda que presente, non é un trazo tan definitorio de si mesma. Vemos como esta galeguidade se acrecenta cando se afastan de Galicia, por un sentimento de morriña (mesmo podemos ver isto na INFO_6, xa que se decidiu a falar galego vivindo en Madrid). 4.4. Saída do armario, momento no que comezan a falar galego, círculo e motivacións Exporemos neste apartado o momento de saída do armario das informantes e o momento no que comezaron a falar galego; entenderemos saír do armario como ‘admitirse a si mesmas a súa orientación sexual’. As informantes saíron do armario entre os 14 e os 20 anos; así como se tornaron neofalantes dentro dese rango de idade. Tamén se exporán as súas motivacións para comezar a falar galego e, brevemente, os círculos nos que se foron integrando antes e despois de saír do armario e antes e despois de seren neofalantes. Informante 1 A INFO_1 comenta que se admitiu a si mesma que lle gustaban as mulleres aos 14 anos, nun proceso duro de aceptación e cuestionamento case constante (INFO_1, minutos 01:02-01:59). Decidiu incorporar pouco a pouco o galego arredor dos 15, mais así non era quen de mantelo, polo que comezou a utilizalo tallantemente en todos os ámbitos, mesmo coa familia, coa que, anteriormente, falaba castelán. Comenta que ao principio algunhas amizades reaccionaban con estrañamento, pero ela mantivo a lingua ata converterse en monolingüe, sendo agora moi raro que empregue o castelán (INFO_1, minutos 02:03-03:02). Cre que puido influír en que outras persoas, 32 especialmente da comunidade LGBT+, mudasen de lingua, tanto directa, coma indirectamente a través das redes sociais 5 creadas ao formar grupos de amizades (INFO_1, minutos 13:53-14:13). Por ser de Vilaboa, unha vila bastante rural, no seu círculo antes de saír do armario había castelanfalantes, pero tamén bastantes galegofalantes iniciais e habituais (INFO_1, minutos 05:30-05:53). Non cre que a nivel de usos lingüísticos e prexuízos mudase o seu círculo instantaneamente, pero si que acabou por inserirse nun círculo de amizades composto, sobre todo, por mulleres sáficas, galegofalantes (neofalantes ou non) e de esquerdas “xente un pouco coma min”; non é habitual que se relacione con mulleres heterosexuais e homes (INFO_1, minutos 06:03-07:25). Ao final, tamén estamos todas moi conectadas por rollos de amizades, exparellas... [...], acabas creando un círculo un pouco coma ti e, ao final, é un espazo seguro ata certo punto. É un sitio no que sabes que non te van xulgar polos teus gustos, por exemplo. Ata certo punto eu penso que hai unha cultura, entre comiñas, non heterosexual, LGTB. [...] Certos gustos, certas actitudes que están así máis normalizados que na esfera heterosexual, que moitas veces é un choque cultural en certas cousas (INFO_1, minutos 07:30-08:20). As súas motivacións para falar galego foron tanto políticas como emocionais: eu me defino como galeguista ata certo punto, teño unha ideoloxía así como de esquerdas (INFO_1, minutos 03:16-03:20). un pouco tamén de estar en contacto coas miñas raíces, supoño, porque realmente a familia da miña nai, coa que eu teño máis conexión [...] sempre falou galego, é do rural, parecíame un pouco unha pena que se perdese iso así de repente, digamos, porque se introducise meu pai na familia, entón [...] quería retomar un pouco esa cadena interxeracional de falar galego” (INFO_1, minutos 03:21-03:55). Tamén, dun xeito máis indirecto, puido influír ser bisexual: eu creo que vai todo un pouco xunto. Obviamente, a túa orientación sexual non é algo que determine si ou si a túa ideoloxía ou os teus gustos ou a túa lingua, pero pode influír. Entón, si que penso que, sobre todo, se observas un pouco, si que te decatas de que a maior parte das mulleres, lesbianas, bisexuais..., tamén as mulleres trans (obviamente, iso non é de orientación sexual pero é [...] unha disidencia de xénero, entre moitas comiñas), un pouco as cousas que se 5 Rede social neste contexto equivale a social network, termo introducido por Milroy en 1980, que veremos máis adiante. 33 desvían da norma si que o máis común é que teñan unha ideoloxía máis de esquerdas, de conservación dunha lingua, desa clase de cousas, [...] incluso de ser, por exemplo, vexetarianas ou veganas, non é o meu caso, pero si que é algo moi común que ao ser mulleres e ao ter esa clase de desvantaxes, supoño, socialmente, que nos impliquemos máis nestas loitas sociais, digamos (INFO_1, minutos 04:10-05:17). Informante 2 A informante 2 comenta que comezou a reflexionar sobre a súa orientación sexual aos 12 ou 13 anos, pero non a aceptou ata moito máis adiante. Foi plenamente consciente disto aos 18 anos, cando xa estaba na universidade, a pesar de estar composto o seu círculo de amizades en Moaña maioritariamente por sáficas (INFO_2, minutos 00:1200:50). Como xa se mencionou, a súa lingua inicial é o galego, que mantivo con toda a súa familia por ser esta falante tradicional e habitual de galego (agás a parte nacida e residente en Madrid). Con todo, coa escolarización, arredor dos 3 anos, empeza a empregar o castelán como lingua de socialización (INFO_2, minutos 01:05-01:45). No instituto, sentíase moi implicada coa lingua, participou no equipo de normalización lingüística, encantáballe a materia de galego, participaba en actividades relacionadas coa lingua e empregaba o galego sempre que podía —por exemplo, en excursións con outras escolas con maior cantidade de galegofalantes (INFO_2, minutos 02:28-02:48). Porén, non sentía que puidese utilizalo sempre porque, agás dalgún profesor, ninguén fóra da casa llo falaba, non sentía que estivese nun espazo favorecedor (INFO_2, minutos 01:45-02:27). A recuperación da lingua pola súa parte tivo lugar aos 18 anos aproximadamente, coa chegada á universidade. Ao igual que a informante 1, as súas motivacións presentan un compoñente político e un compoñente emocional. Na universidade (en Madrid), estaba máis implicada politicamente, en parte por estudar lingüística (non o considera estritamente necesario, pero influíu); viu coma unha incoherencia estar tan a prol da lingua e non empregala en todos ou case todos os ámbitos (INFO_2, minutos 02:4803:06). Ademais, producíalle tristura non estar utilizando como lingua habitual o galego, xa que é a lingua que sempre utilizou a súa familia, que, en parte, conta a súa historia. Por estes motivos, comezou a falalo primeiro coa súa parella de Madrid (de 34 orixe peruana), e, máis tarde, tamén coas súas amizades, independentemente da orixe destas (INFO_2, minutos 03:08-03:33). Ás amizades resultoulles un pouco raro porque as coñeceu falando en castelán, pero despois dunha semana animárona e reforzaron o uso do galego con comentarios como “es que cuándo INFO_2 habla castellano, ya no parece INFO_2” (INFO_2, minutos 03:30-03:33). Non cre que, conscientemente, lle influíse ser bisexual na elección da lingua, pero si que pensa que está relacionado dun xeito indirecto, pois é habitual que as persoas pertencentes a grupos oprimidos empaticen máis con outros grupos nunha situación similar e se impliquen en causas sociais (INFO_2, minutos 09:08-09:38). Esta idea refórzaa o que lle comentou un profesor seu de castelán cando aínda non saíra do armario, o que tamén lle axudou a reflexionar sobre a súa orientación: “tú no serás lesbiana, no? Porque eres muy inteligente, muy estudiosa y normalmente la gente que está de acuerdo con este tipo de cosas es porque vive un poco más a los márgenes y es capaz como de extrapolarlas porque vive desde fuera” (INFO_2, minutos 08:30-08:45). O uso do galego da INFO_2 en todos os ámbitos posibles fixo que as súas amigas de Moaña cambien ao galego con ela; ademais de crear un espazo máis favorecedor para que unha delas, xa decidida a mudar ao galego despois de ir estudar fóra, o manteña (INFO_2, minutos 05:51-07:12). Co mantemento da lingua en Madrid, moitas persoas de fóra de Galicia entran en contacto co galego e co bilingüismo e mesmo se animan a empregalo algunha vez coa INFO_2 (INFO_2, minutos 24:45-25:10). Informante 3 A informante 3 comezou a pensar que era bisexual xa na ESO, pero desbotou esa idea por pensar que o normal era que a todo o mundo lle atraese algunha muller. En terceiro de carreira, con aproximadamente 20 anos, aceptou que lle gustaban as mulleres tras namorarse dunha. Saíu do armario primeiro como bisexual, pero, despois de dous ou tres anos, foi consciente de que non lle atraían os homes, de que é lesbiana (INFO_3, minutos 00:37-02:57). É moi probable que saíse do armario tan tardiamente por atoparse nun espazo non favorecedor, i.e., un círculo maioritariamente heterosexual, aínda que non necesariamente LGBTIfóbico (INFO_3, minutos 08:1410:30). 35 No que respecta a comezar a empregar o galego en todos os ámbitos, non o fixo tampouco ata terceiro de carreira, cando saíu do armario, mudou de círculo e coñeceu a máis persoas LGBT+ e galegofalantes (INFO_3, minutos 08:14-10:30). É dicir, aproveitou a saída do armario e deste ambiente máis favorecedor para o galego para incorporalo a todos os ámbitos: aproveitei o ano todo dos cambios de todo o que me estaba pasando en terceiro de carreira que dixen “súdama, eu a partir de agora vou falar galego con todo o mundo e xa está” (INFO_3, minutos 06:59-07:14). Porén, antes disto o galego xa tiña presenza na súa vida, pois falábao con seus pais e avós, así como, xeralmente, con quen se dirixía a ela nesta lingua (algúns deles amigos de fóra da escola, moi politizados lingüisticamente). Gañou algo máis de peso ao cambiar dun instituto concertado a un público no bacharelato, onde moita xente falaba xa galego. Continuou a alternar galego e castelán, pero a súa lingua habitual era este último, polo que o empregaba, por exemplo, nas redes sociais. (INFO_3, minutos 03:04-04:46). Conseguiu mudar de lingua con todas as persoas, incluídas as irmás, aínda que elas foron as últimas (INFO_3, minutos 05:44-05:56); por suposto, incorporou o galego ás súas redes sociais. As súas motivacións semellan ser, principalmente, políticas, pois sempre estivo moi concienciada da situación da lingua, xa antes de empregala en todos ou case todos os ámbitos; ademais, só lía libros en galego e escribía poesía en galego, a pesar de non ser a súa lingua habitual. Durante bacharelato e a universidade pensou que non podía defender a lingua sen utilizala en todos os ámbitos da súa vida, sen predicar co exemplo (INFO_3, minutos 06:03-07:22). Informante 4 Aínda que sentiu que non encaixaba plenamente na etiqueta de bisexual durante anos, comezou a ser consciente da súa atracción polas mulleres dende segundo da ESO, con 14 anos, ao presentar sentimentos confusos por unha amiga que saíra previamente do armario como lesbiana. Saíu do armario aos 15 anos, aínda cuestionándose se de verdade encaixaba na etiqueta de bisexual, porque apenas sentía atracción por rapazas; finalmente, reafirmouse sobre isto en bacharelato (INFO_4, minutos 09:06- 36 10:30) e de novo este ano ao estar de Erasmus e ter un círculo case integramente LGBT+ (INFO_4, minutos 29:12-29:15). Coma no caso doutras informantes, o ambiente heteronormativo do seu instituto e a falta de referentes puido influír en que dubidase tanto sobre a súa orientación sexual (INFO_4, minutos 10:00-10:28). Durante a súa infancia, a pesar de ser seu pai galegofalante, empregaba moi escasamente o galego; principalmente, usábao xogando aos xornalistas con seus irmáns, así como no Día das Letras Galegas (INFO_4, minutos 10:52-12:24) Isto debeuse, principalmente, a que o seu círculo era completamente castelanfalante ata bacharelato, algún dos integrantes mesmo tiña moitos prexuízos lingüísticos ao respecto; non se trataba dun ambiente propicio para comezar a ser neofalante. Ao chegar á ESO foi máis consciente da situación lingüística do galego e quixo comezar a falalo (de feito, aproveitaba as clases de galego e os campamentos de verán onde non a coñecían para facelo), pero non quería sufrir as burlas e o estrañamento dos compañeiros, polo que o pospuxo. Ademais, a única persoa galegofalante do seu círculo era seu pai, co que tiña certas tensións, coma calquera adolescente (INFO_4, minutos 12:26-13:20). Comezou a animarse a cambiar de lingua en todos os ámbitos ao facerse amiga de rapaces galegofalantes, mais, sobre todo, por saír con un. Comenta que, ao principio, sufriu preguntas sobre por que o cambio de lingua e que lle daba bastante vergoña falar galego por ter os problemas prototípicos dos neofalantes, coma a colocación dos pronomes. Incorporou o galego pouco a pouco, primeiro por escrito e despois oralmente, pois admite que lle custaba moito manter a lingua (INFO_4, minutos 13:3516:14). Na universidade cambiou definitivamente a lingua, primeiro co seu círculo de Santiago de Compostela e medio ano máis tarde tamén coas súas amizades do Morrazo e coa familia (INFO_4, minutos 16:16-17:20). Na actualidade, súa nai cambia de lingua para falar con ela e súa irmá está a comezar o proceso de facerse neofalante (INFO_4, minutos 35:40-36:53). As súas motivacións foron políticas, pois era plenamente consciente da situación do galego con respecto ao castelán; mais, sen dúbida, na muda influíron as súas relacións 37 sociais. Cos cambios no seu círculo coñeceu a máis xente galegofalante, que ademais estaba implicada en cousas culturalmente galegas, coma o baile tradicional; o achegamento a estas persoas fixo que se sentise máis representada pola cultura galega e valorase máis a lingua, o que a levou a querer adoptala con máis ansia. (INFO_4, minutos 18:11-20:20). Informante 5 Debido aos prexuízos que tiña por ir a un colexio de monxas ata a ESO, a informante 5 non admitiu a súa orientación sexual ata arredor dos 18 anos. Conta como na escola a acusaron a ela e a unha amiga súa de bolleras, o que fixo que se acrecentasen os seus prexuízos negativos ao respecto dese tipo de relacionamentos (INFO_5, minutos 00:48-01:44). En bacharelato estivo nun espazo menos normativo, tanto a nivel racial, como de orientación sexual, de ideoloxía e de lingua, no que empezou a descubrirse. A través das redes sociais familiarizouse máis coa comunidade LGBT+, pero polo ambiente heteronormativo do que formaba parte, non se recoñecía como parte dela; influíu tamén a súa misoxinia interiorizada. Con todo, ao chegar á universidade (arredor dos 18 anos, como xa se mencionou), finalmente se sentiu cómoda na etiqueta de bisexual (INFO_5, minutos 00:08-03:23). Comezou a falar galego tamén arredor de finais de bacharelato e principios da universidade, xa que, do mesmo xeito que o seu colexio non era un espazo non favorecedor para descubrirse a si mesma como sáfica, tampouco o era para empregar activamente o galego (INFO_5, minutos 00:36-00:48). Conta como intentou incorporar a lingua dende pequena, pero sempre sufría burlas. Escolleu estudar bacharelato no instituto no que menos xente de Pontevedra viñese para cambiar de ambiente e poder cambiar de lingua sen danar a súa imaxe pública; deste xeito, no instituto pasou a usar o galego, mentres que na casa mantiña o castelán. Ao chegar á universidade a estudar Ciencias Políticas, decidiu cambiar de lingua con todas as persoas, familiares, amizades... (INFO_5, minutos 03:28-04:19). Aínda que a INFO_5 é consciente da situación do galego con respecto ao castelán, a súa principal motivación para falalo foi emocional e identitaria. Na súa familia os únicos galegofalantes eran os avós paternos; seu avó paterno faleceu hai uns 6 anos e 38 era o único co que tiña boa relación. A avoa materna é da Golada; era galegofalante pero foi obrigada pola súa familia e, posteriormente, polo seu marido (que a INFO_5 cualifica como fascista) a falar castelán; agora mesmo semella que esqueceu o galego, pois, ás veces, afirma non entender ben á INFO_5. A INFO_5 quixo falar galego para identificarse co seu avó paterno e “manter o seu legado”, por ser o único da familia externa aos convivintes (pai, nai e irmán) “que merece a pena”. Ademais diso, tamén inflúe a carga negativa que ten o castelán na súa historia familiar, xa que súa avoa materna foi obrigada a empregalo e transmitirllo á súa descendencia; así como é a lingua de seu avó materno, co que está moi distanciada emocional e ideoloxicamente (INFO_5, minutos 04:28-06:34). Na actualidade, emprega o galego case sempre (familia, universidade, amizades...); mesmo conseguiu que seus pais cambiasen ao galego para contestarlle a ela, o que axuda a crear un ambiente favorecedor para seu irmán se decide falalo tamén dentro da casa (INFO_5, minutos 06:34-06:52). Cómpre mencionar que se move nun círculo máis galegofalante e diverso; pero, nos últimos tempos, comezou a manter amizade con xente de fóra de Galicia que non fala galego, polo que se pasa ao castelán con varios deles (INFO_5, minutos 07:20-11:32). Informante 6 Decatouse de que lle gustaban as mulleres a través das redes sociais por seguir a unha rapaza bisexual en Twitter, aos 15 ou 16 anos; tardou uns poucos meses en asimilalo (INFO_6, minutos 00:11-01:19). Ten reflexionado sobre se lle gustan ou non os homes, pero sempre chega á conclusión de que si, polo que se identifica como bisexual (INFO_6, minutos 06:39-07:50). Tiña en mente comezar a empregar o galego dende hai bastante tempo, mais, ata hai aproximadamente un ano e medio, non se animara a expandilo a todos os ámbitos, en parte porque o seu círculo é maioritariamente castelanfalante. Con todo, levaba anos a utilizalo nas redes sociais, xa que, ao ser por escrito tiña máis tempo para pensar no que dicir e resultáballe máis sinxelo. Por ser o seu círculo de amizades de Galicia un espazo favorecedor, puido mudar de lingua con elas dende o principio, mesmo tentan dirixirse á INFO_6 en galego (INFO_6, minutos 03:30-04:12); na actualidade, procura 39 establecer novas relacións xa en galego. Segue a empregar o castelán na casa (a pesar de que seu pai é galegofalante fóra do ámbito familiar) e en Madrid, onde estuda, a diferenza da INFO_2 (INFO_6, minutos 01:22-02:17). As súas motivacións para comezar a falalo foron políticas e emocionais. É consciente da situación da lingua galega, polo que quería mantela; alén diso, sentía pena por perder todo contacto coa lingua, xa que rematara o instituto, o principal contacto con ela. Estas dúas cousas fixeron que se decidise a utilizalo activamente (INFO_6, minutos 02:23-03:13). Análise das coincidencias e discordancias entre as informantes Como podemos ver na maior parte das informantes, o proceso de muda lingüística sucedeu á vez ou pouco despois da súa saída do armario. Non ocorre así nos casos da INFO_4 e da INFO_6, aínda que, de todos os xeitos, o emprego do galego en todos ou case todos os ámbitos é posterior á toma de consciencia sobre a súa orientación sexual. Con todo, a muda lingüística prodúcese en todas as informantes cando ocorre tamén algún outro cambio, o que, como indican Pujolar et. al (2010: 67) é habitual: podem trobar-hi moments de muda lingüística, que en la gran major part dels casos es concentren en una llista relativament reduïda: a) l’accés a l’escola bressol o primària, b) l’ingrés en un institut d’ensenyament secundari, c) l’accés a la universitat, si és el cas, d) l’inici de la vida laboral, i, en un altre ordre de coses, e) l’establiment d’una relació de parella, i f) el naixement del primer fill. Non é sorprendente que Pujolar et al. ignoren como gran cambio a toma de consciencia dunha persoa sobre a súa orientación sexual. Nos casos das informantes 1, 2, 3 e 5 é, sen dúbida, relevante, xa que este gran cambio foi seguido ao pouco tempo pola muda lingüística. Non podemos tampouco negar que os cambios de centro académico tiveron influencia en moitas das informantes. A informante 5 pasou dun centro de ensino privado a un de ensino público no bacharelato, un espazo moito máis favorecedor para ser neofalante e sáfica; decidiuse a mudar de lingua totalmente con outro cambio de centro, pasando á universidade en Santiago de Compostela. De xeito semellante, pasar 40 dun instituto concertado a un público fixo que a informante 3 aumentase o seu uso de galego, aínda que o cambio determinante para converterse en neofalante, segundo o seu propio testemuño, foi saír do armario: aproveitei o ano todo dos cambios de todo o que me estaba pasando en terceiro de carreira que dixen “súdama, eu a partir de agora vou falar galego con todo o mundo e xa está” (INFO_3, minutos 06:59-07:14). Para as informantes 2, 4, 5 e 6, o cambio de centro implicou tamén un cambio de residencia: Madrid no caso de INFO_2 e INFO_6 e Santiago de Compostela, no caso de INFO_4 e INFO_5. É relevante comentar o caso de INFO_2 e INFO_6, que, como xa se mencionou anteriormente, ao viviren en Madrid tiveron un sentimento de morriña que as fixo decidirse a comezar a falar galego e telo, en maior ou menor medida, como lingua identitaria. Tamén INFO_4, que está de Erasmus en Portugal, participa deste sentimento, aínda que falaba galego antes disto. Outro cambio que influíu na muda dalgunha das informantes foi o cambio de círculo de amizades, é dicir, das redes sociais que establecen. Tomaremos a definición de rede social de Leslie Milroy “... the term social network refers quite simply to the informal social relationships contracted by an individual” (Milroy, 1980: 174 apud. Türker, 1995: 57). Debemos diferenciar entre redes sociais de alta densidade, nas que unha persoa está conectada a outras e estas á súa vez están conectadas entre si; e redes sociais de baixa densidade, nas que unha persoa está conectada a outras e estas apenas establecen relacións entre si (Milroy, 1980: 50 apud Türker, 1995: 57). Como indica a informante 1, é habitual que as sáficas participen de redes sociais de alta densidade, polo que é máis sinxelo que falen unha lingua común e presionen a novas integrantes do grupo a falala. Con todo, debemos ter en conta que as redes sociais de baixa densidade tamén poden influír na muda lingüística; deste xeito, un dos motivos polos que a INFO_4 quixo comezar a falar galego foi o establecemento de amizade con algúns rapaces neofalantes, así como empezar a saír cun mozo galegofalante. Por último, debemos atender á praxe lingüística das informantes antes e despois de saír do armario. Case todas as informantes dixeron explicitamente que antes de saír do armario tiñan actitudes lingüísticas converxentes, adecuándose ao que se esperaba delas como mulleres nunha sociedade patriarcal: ser complacentes con todos os 47 Ramallo, Fernando/ Bernadette O’Rourke (2014): “Perfiles de neohablantes de gallego”, Digithum 16, pp. 18-24 <https://raco.cat/index.php/Digithum/article/view/n16ramallo-orourke/394161> [Consulta 23/06/2022]. Rymes, Betsy/ Andrea R. Leone (2014): “Citizen sociolinguistics: A new media methodology for understanding language and social life”, Working Papers in Educational Linguistics 29 (2), pp. 25-43 <https://repository.upenn.edu/cgi/viewcontent.cgi?article=1262&context=wpel> [Consulta 10/06/2022]. Silva Valdivia, Bieito (2012): “O debate sobre as linguas en Galicia: entre a escola e a sociedade”, en Henrique Monteagudo (ed.), Linguas, Sociedade e política. Un debate multidisciplinar. Santiago de Compostela: Consello da Cultura galega, pp. 361-383 <http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2012_Linguassociedade-e-politica-Un-debate-multidisciplinar.pdf> [Consulta 23/06/2022]. Türker, Emel (1995): “Milroy’s Social Theory—A critical Account”, Dilbilim Araştırmaları Dergisi 6, pp. 56-66 <http://dad.boun.edu.tr/en/download/article-file/303115> [Consulta 23/06/2022]. Urban Dictionary <https://www.urbandictionary.com/> [Consulta 23/06/2022]. 7. Anexos 7.1. Fichas das informantes 6 Ficha informante 1 Nome (real): Ana María Beloso Calvar Ano de nacemento: 2000 Lugar de nacemento: Vilaboa Lugar de residencia: Vilaboa/ Santiago de Compostela Residiu fóra de Galicia: NON 6 Non se tiveron en conta as profesións, xa que a maioría delas nunca traballou. 48 Nivel de estudos: Estudos universitarios (Grao en Lingua e Literatura Galegas) Lingua en que aprendeu a falar: Castelán Lingua habitual: Galego Lugar e data da entrevista: Santiago de Compostela, 22 de maio de 2022 Ficha informante 2 Nome (real): Vera Santomé Juncal Ano de nacemento: 1999 Lugar de nacemento: Moaña Lugar de residencia: Moaña/ Madrid/ Edimburgo (un ano de Erasmus) Residiu fóra de Galicia: SI (estudos universitarios en Madrid e Erasmus en Edimburgo) Nivel de estudos: Estudos universitarios (Grao en Linguas modernas, Cultura e Comunicación) e posuniversitarios (Dobre Mestrado en Formación ao Profesorado de ESO e Bacharelato (MESOB) e Estudos Internacionais Francófonos (MEIF)) Lingua en que aprendeu a falar: Galego Lingua habitual: Galego Lugar e data da entrevista: [telemática], 23 de maio de 2022 Ficha informante 3 Nome (real): Lucía Tilve García Ano de nacemento: 1997 Lugar de nacemento: A Estrada Lugar de residencia: A Estrada/ Meis/ Santiago de Compostela Residiu fóra de Galicia: NON Nivel de estudos: Estudos universitarios (Grao en Medicina) Lingua en que aprendeu a falar: Galego e castelán 49 Lingua habitual: Galego Lugar e data da entrevista: [telemática], 24 de maio de 2022 Ficha informante 4 Nome (real): Catalina Eirea Orro Ano de nacemento: 2000 Lugar de nacemento: Cangas do Morrazo Lugar de residencia: Cangas do Morrazo/ Santiago de Compostela/ Lisboa (un ano de Erasmus) Residiu fóra de Galicia: SI (Erasmus en Lisboa) Nivel de estudos: cursando estudos universitarios (Dobre Grao en Xornalismo e Comunicación Audiovisual) Lingua en que aprendeu a falar: Castelán Lingua habitual: Galego Lugar e data da entrevista: [telemática], 24 de maio de 2022 Ficha informante 5 Nome (real): Carlota Corredoira Sartier Ano de nacemento: 1997 Lugar de nacemento: Poio Lugar de residencia: Poio/ Santiago de Compostela Residiu fóra de Galicia: NON Nivel de estudos: Estudos universitarios (Grao en Lingua e Literatura Galegas) Lingua en que aprendeu a falar: Castelán Lingua habitual: Galego Lugar e data da entrevista: [telemática], 26 de maio de 2022 50 Ficha informante 6 Nome (real): Anxos Pérez Fernández Ano de nacemento: 2000 Lugar de nacemento: Tui Lugar de residencia: Tui/ Madrid Residiu fóra de Galicia: SI (estudos universitarios en Madrid) Nivel de estudos: Estudos universitarios (Grao en Estudos de Asia e África: Árabe, Chinés e Xaponés) Lingua en que aprendeu a falar: Castelán Lingua habitual: Máis galego Lugar e data da entrevista: [telemática], 26 de maio de 2022 7.2. Ligazóns ás gravacións das informantes Informante 1 Informante 2 Informante 3 Informante 4 Informante 5 Informante 6 7.3. Autorizacións 51 52