Full text
Autor/a/es/as: Cristina Camino Rivera Tutor/a: Ángel Daniel Díaz Trigo A educación artística e a creatividade infantil dende o enfoque Reggio Emilia: Un atelier na aula La educación artística y la creatividad infantil desde el enfoque Reggio Emilia: Un atelier en el aula Arts Education and Child Creativity from the Reggio Emilia approach: An Atelier in the classroom Xullo 2020 Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Formación do Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en Mestre/a de Educación Infantil Traballo de fin de grao
Resumo Este traballo nace coa intención de mellorar a calidade da educación tal e como a coñecemos, ofrecéndolle o lugar que se merece a educación artística e a creatividade na etapa de educación infantil. Tras investigar e coñecer novas alternativas metodolóxicas, decido decantarme polo enfoque Reggio Emilia, pois aposta pola liberdade, o arte e o respecto polos dereitos, características e intereses dos nenos e nenas. En definitiva, trata á infancia co coidado e respecto que se merece. Mais concretamente, decido centrar a niña investigación e proposta educativa no atelier (taller) e a súa figura da atelierista (tallerista) xa que me ofrece a oportunidade de xuntar os conceptos nos que traballo (creatividade e educación artística) para, a través da distribución do espazo por recunchos, ofrecer aos nenos e nenas, espazos onde a imaxinación e a creatividade funcionen como co-protagonistas ao seu carón. Para facer máis significativo este traballo decido ofrecer dous puntos de vista semellantes pero en dúas épocas totalmente diferentes. Para iso, recorro a entrevistar a dúas profesionais; unha muller galega que revolucionou a educación na súa época (1960) e unha mestra en Italia profundando no enfoque reggiano, na actualidade. Ambas co mesmo propósito ca min, aportar o noso grao de área para unha educación de calidade. Palabras chave: Educación artística, creatividade, Reggio Emilia, Atelier, natureza.
Resumen Este trabajo nace con la intención de mejorar la calidad de la educación tal y como la conocemos, ofreciéndole el lugar que se merece la educación artística y la creatividad en la etapa de educación infantil. Tras investigar y conocer nuevas alternativas metodológicas, decido decantarme por el enfoque Reggio Emilia, pues apuesta por la libertar, el arte y el respeto por los derechos, características e intereses de los niños y las niñas. En definitiva, trata a la infancia con el cuidado y respeto que se merece. Más concretamente, decido centrar mi investigación y propuesta educativa en el atelier (taller) y su figura de la atelierista (tallerista) ya que me ofrece la oportunidad de aunar los conceptos en los que trabajo (creatividad y educación artística) para, a través de la distribución del espacio por rincones, ofrecer a los niños y niñas, espacios donde la imaginación y la creatividad funcionen como coprotagonistas a su lado. Para hacer más significativo este trabajo decido ofrecer dos puntos de vista similares, pero en dos épocas totalmente diferentes. Para eso, recurro a entrevistar a dos profesionales; una mujer gallega que revolucionó la educación en su época (1960) y una maestra en Italia profundizando en el enfoque reggiano, en la actualidad. Ambas con el mismo propósito que yo, aportar nuestro grano de arena para una educación de calidad. Palabras clave: Educación artística, creatividad, Reggio Emilia, atelier, naturaleza.
Abstract This work was born with the intention of improving the quality of education as we know it, offering it the place that arts education and creativity deserve at preschool education. After researching and learning about new methodological alternatives, I decided to choose for the Reggio Emilia approach, because it is committed to freedom, art and respect for the rights, characteristics and interests of children. Ultimately, it treats children with the care and respect they deserve. More specifically, I decide to focus my research and educational proposal on the atelier and its figure of the atelierist because it gives me the opportunity to combine the concepts I work on (creativity and arts education). In this way, through the distribution by corners, we will offer children a space where imagination and creativity functions such as co-protagonists. In order to make this work more meaningful I decided to offer two similar points of view but in two totally different periods. For that reasons, I resort to interviewing two professionals; a Galician woman who revolutionized education in her time (1960) and a teacher in Italy delving into the Reggian approach, currently, both with the same purpose as me, make a contribution to quality education. Key Words: Arts Education, creativity, Reggio Emilia, atelier, nature.
Las personas grandes me aconsejaron que dejara a un lado los dibujos de serpientes boas abiertas o cerradas, y que me interesara un poco más en la geografía, la historia, el cálculo y la gramática. Así fue como, a la edad de seis años, abandoné una magnífica carrera de pintor […]. Las personas mayores nunca comprenden nada por sí solas y es muy aburrido para los niños tener que darles una y otra vez explicaciones. A. de Saint –Exupéry, El principito, 1951.
Índice 1.Introducción .............................................................................................................................. 1 2. Marco teórico .......................................................................................................................... 2 Capítulo 1. A educación artística ..................................................................................... 2 1. Que é a educación artística. ......................................................................................... 2 2. Evolución e situación actual da Educación Artística ................................................ 4 3. A Educación Artística no currículo de Educación Infantil. ....................................... 7 4. Por que é importante a Educación Artística na etapa infantil. .............................. 10 5. Revisión da formación do profesorado na educación artística ............................. 13 Capítulo 2. A creatividade ................................................................................................ 15 1. Que é a creatividade.................................................................................................... 15 2. A creatividade na escola ............................................................................................. 18 3. Test de creatividade .................................................................................................... 20 4. Inhibidores da creatividade ......................................................................................... 21 Capítulo 3. Un atelier na aula .......................................................................................... 25 1. Contextualización ......................................................................................................... 25 2. Xustificación .................................................................................................................. 32 3. Proposta ........................................................................................................................ 34 4. Avaliación ...................................................................................................................... 44 3.Conclusións ............................................................................................................................ 46 4. Referencias ........................................................................................................................... 48 4.1. Bibliografía ......................................................................................................................... 50 5.Anexos .................................................................................................................................... 51 Anexo 1: Poema “Los cien lenguajes del niño” de Loris Malaguzzi .................... 52 Anexo 2: Centros Reggio Emilia en España ............................................................... 53 Anexo 3: Carta a Antía Cal ............................................................................................... 55 Anexo 4: Entrevista Reggio Emilia ................................................................................ 58
1 1.Introducción É unha realidade indiscutible que a nosa sociedade está a cambiar a un ritmo cada vez máis acelerado, concretamente nas últimas décadas, pero en moitos casos, non somos conscientes de como estas transformacións inflúen no noso xeito de pensar e vivir. Todos estes cambios afectan a nosa vida diaria, ao noso traballo e, por suposto, deben conlevar tamén serios cambios na educación pois, canto máis complexo se fai o mundo, máis preparados debemos estar e máis creativos debemos ser, para poder afrontar os novos desafíos que se nos van presentando. O fomento da creatividade dende a infancia é fundamental para lograr a adaptación a eses novos cambios e é a nosa labor como mestres/as brindarlle a oportunidade de desenvolvela dende o momento que entran na escola. A miña intención con este traballo é darlle a importancia que merece tanto a educación artística como a creatividade a través do deseño dunha proposta de intervención que poida ser perfectamente aplicable a unha aula ordinaria, para demostrar que si se quere, pódese, non é cuestión de falta de tempo ou recursos. Logo de investigar e tratar de demostrar os beneficios que teñen ambos conceptos para o desenvolvemento integral da infancia, decidín centrar a miña investigación nos enfoques e pedagoxías alternativas enfocadas á etapa infantil polos seus beneficios. Por suposto, o que máis se asemellaba a miña forma de ver a educación e cara onde ía dirixido este traballo, pois aposta pola liberdade, o arte e o respecto polos dereitos, características e intereses dos nenos e nenas, foi o enfoque Reggio Emilia impulsado polo pedagogo Loris Malaguzzi. Deste xeito, no Capítulo 1. A educación artística, definirei que é e como foi cambiando co paso do tempo, como se presenta no currículo de Educación Infantil e porque é importante para esta etapa e, finalmente, que presencia ten este concepto dende a formación do profesorado. A continuación, no Capitulo 2. A creatividade, resolverei que é, que presencia ten na escola e como avaliar a súa maior ou menor presenza na educación. Para rematar, seguindo os principios deste enfoque explicados no mesmo apartado, decido pór en práctica a idea do atelier e a figura do atelierista, deseñando cada espazo e material de
acordo con todo o aprendido durante a carreira; todo isto, pode verse reflectido no Capítulo 3. Un atelier na aula. A través de todos estes apartados, persigo unha serie de obxectivos que se irán alcanzando a medida que o informe avanza. O principal e que se resolve no capítulo 3, é “Desenvolver unha experiencia educativa para o segundo ciclo de educación infantil, coa que se fomente a creatividade e a imaxinación a través da educación artística, seguindo os principios do enfoque Reggio Emilia”. Outro, que se pode ver resolto no capítulo 1 e 2, “Xustificar a importancia da educación artística e a creatividade no ámbito escolar, concretamente na etapa de educación infantil”. Finalmente, un que se ve reflectido en todo o traballo, “Demostrar que un cambio na forma de ver a educación e a infancia é posible e non se debe ver limitado por achacar falta de recursos e tempo”, pois no meu caso, tódolos materiais empregados son de refugallo ou atopados na natureza e creados coa axuda dos nenos, de xeito que tamén forme parte do aprendizaxe. Para rematar, por suposto, invítovos a que leades o traballo e que se tedes a oportunidade poñades en práctica a miña proposta. Pero ademais, anímovos a que leades nos anexos tanto a entrevista a Antía Cal como a Maravillas Martínez, grandes profesionais e mulleres loitadoras por cambiar aquelas cuestión da educación coas que non estaban de acordo. 2. Marco teórico Capítulo 1. A educación artística 1. Que é a educación artística. En primeiro lugar, paréceme interesante entender que é a educación artística para logo comprender e contextualizar todo o que se desenvolverá ao longo deste traballo. Así, empezaremos desagregando o termo para coñecer que é a educación, o arte e finalmente, a educación artística como a entendemos hoxe en día. Segundo o educador español, Rufino Blanco, podemos definir o concepto de educación 1 como unha “evolución, racionalmente conducida, de las facultades específicas del hombre para su perfección y para la formación del carácter, 1 Educación (s.f.). En Concepto.de. Recuperado de : https://concepto.de/educacion-4/
preparándole para la vida individual y social, a fin de conseguir la mayor felicidad posible”. Por outra banda, o arte 2 é un “conjunto de creaciones humanas que expresan una visión sensible sobre el mundo, tanto real como imaginario”. A unión de ambos conceptos é o que hoxe entendemos por educación artística, e foi definida e estudada por numerosos autores. Exporei así algunhas das definición atopadas e que considero que se achegan máis ao que eu mesma considero tamén como educación artística. En primeiro lugar, Calaf e Fontal (2010) definen o termo como unha disciplina que “sirve para aprender a ser creativos, aprender a crear producciones artísticas, y saber conocer, comprender, respetar, valorar, cuidar, disfrutar y transmitir tanto nuestras propias creaciones como aquellas otras que hicieron los artistas del pasado y las que están haciendo los artistas del presente”. En tanto, Fontal, Gómez e Pérez (2015), cando se refiren a esta inclúen “todo un cosmos de creatividad, originalidad, pensamiento divergente, gusto por lo estético, evocación, reflexión, interés por el entorno artístico, análisis de procesos, investigación, coherencia, estudio, complejidad, inconformismo, expresión, diálogo, comprensión del lenguaje, intención…” (p. 28). Por último, segundo establece a VIU 3 (Universidade Internacional de Valencia) nun dos seus informes, podemos definir este termo como “un método de enseñanza que ayuda al sujeto a canalizar las emociones a través de la expresión artística y, por lo tanto, contribuye al desarrollo cultural y cognitivo de las personas”. A modo resumo, cabe destacar as diferentes conductas e capacidades básicas que poñen de manifesto as distintas propostas de actividades e tarefas relacionadas coa educación artística como son: tódalas relacionadas coa percepción visual, táctil e cenestésica, a creatividade, a intelixencia espacial, o pensamento visual, a imaxinación e memoria visual, a capacidade de valoración 2 Arte (2008). En Definición.de. Recuperado de: https://definicion.de/arte/ 3 Buenas prácticas en educación artística (2018). Recuperado de: https://www.universidadviu.com/buenas-practicas-en-educacion-artistica/
- Expresarse e comunicarse utilizando medios, materiais e técnicas propios das diferentes linguaxes artísticas e audiovisuais. Con este criterio comprobarase se o alumnado se serve das diferentes representación - plásticas, musicais, corporais e audiovisuaispara plasmar as súas vivencias, emocións e sentimentos, facendo uso dos diferentes materiais, instrumentos e técnicas propios destas linguaxes. Así mesmo, valorarase o interese e curiosidade que o alumnado manifesta por incorporar ás súas producións libres diferentes materiais, técnicas e recursos tecnolóxicos. - Mostrar interese por explorar as súas posibilidades de expresión e representación, por gozar coas súas producións e por compartir as experiencias creativas, estéticas e comunicativas. Observarase o gusto por experimentar e explorar as posibilidades expresivas do corpo, dos elementos plásticos, da voz e dos sons. Valorarase tamén a capacidade para expresar as distintas impresións que lle producen a cadaquén as obras artísticas. Para concluír este apartado e un pouco a modo resumen, podería dicirse que quizais os aspectos onde mais erra o currículo ou onde se queda máis curto ao meu parecer, son os de obxectivos e contidos mentres que, no que se refire aos criterios de avaliación paréceme interesante que se centre tanto en avaliar a actitude do nenos/a, o seu interese e curiosidade e exploración como tamén, o desenvolvemento de capacidades como a crítica, a creatividade ou a sensibilidade estética. 4. Por que é importante a Educación Artística na etapa infantil. Porque todo isto? Porque preocuparse pola educación artística na etapa infantil? Porque o estudo da súa evolución e a crítica a súa escasa presenza no currículo ou no sistema educativo en xeral? Como futura mestra e tras vivir varios períodos de prácticas, onde puiden coñecer a realidade de varios centros e a maior o menor presenza da educación artística no día a día dos cativos e cativas; dinme conta de que era absolutamente necesario introducir esta disciplina xa dende a escola infantil, dende as idades máis temperás, incluso se cabe, antes da escolarización, no traballo previo coas familias. Precisamente isto é así, porque tal é como establecen algúns autores, os nenos e nenas a nivel evolutivo entre os 12 meses e os 12 anos atópanse nun período sensible de aprendizaxe plástico. Isto quere dicir, que neste tempo os nenos e
nenas están predispostos a unha maior adquisición de aprendizaxes relacionados con estes saberes e o desenvolvemento nestas áreas que desaproveitemos non será tan sinxelo implementalo máis tarde, de aí, a importancia de traballar a educación artística nestas idades. Como xa sabemos, a Educación Artística é unha materia que desenvolve capacidades, actitudes, hábitos e comportamentos, potencia habilidades e destrezas e, ademais, é un medio de interacción , comunicación e expresión de sentimentos, emocións e actitudes que permite o desenvolvemento integral 6 dos nenos e nenas, mozos e adultos. Poderemos adquirir pois, a través dunha única disciplina, habilidades cognitivas, emocionais, creativas, motoras e da linguaxe; especialmente, da linguaxe non verbal e plástica. En primeiro lugar, a nivel cognitivo a educación artística permite aos nenos e nenas estimular ambos hemisferios cerebrais, crear unha base e un apoio para o desenvolvemento das estruturas mentais máis complexas de cara a outras materias ou disciplinas como as ciencias ou as matemáticas, que en cambio, só traballan un dos hemisferios. Por outra banda, mellora notablemente a concentración e a atención, habilidades indispensables para aprender e realizar traballos de maior calidade, pois tal e como afirma Daniel Goleman (2018) “Saber concentrarse es más decisivo para un niño que su coeficiente intelectual”. Ademais, favorece a comprensión do entorno que nos rodea e a función executiva (memoria de traballo, planificación e resolución de problemas). Por último, e non por iso menos importante, favorece notablemente o desenvolvemento da imaxinación e por suposto, da creatividade; ambos conceptos ou habilidades que nos dotan de plena liberdade de pensamento e acción, non existen limites a todo o que podemos imaxinar; como di Eisner, “La imaginación nos ofrece imágenes de lo posible que constituyen una plataforma para ver lo real y, al ver lo real con ojos nuevos, podemos crear algo que se encuentra más allá de ello”. Do mesmo xeito, William Blake afirma que “lo que hoy es evidente, una vez fue imaginario” e de cortar as ás a esta disciplina, a nosa sociedade nunca sería capaz de avanzar. 6 Escuela de arte Naxos (2014). Los beneficios de la formación artística en la educación infantil y primaria. Recuperado de: https://artenaxos.com/2014/08/31/los-beneficios-de-laformacion-artistica-en-la-educacion-infantil-y-primaria/
Precisamente, da importancia desta última capacidade, a creatividade, centrarei o meu capítulo 2, e en xeral o meu traballo pois considero esencial non eliminar esta habilidade innata nos nenos e nenas, porque realmente lle estaríamos negando unha parte do seu ser. Como afirma Lowenfeld (1981) “Uno de los objetivos principales de la educación consiste en poder formar a personas creadoras que sepan solucionar problemas de cualquier índole, resolver las dificultades que la vida les plantea. La introducción de la educación artística en los primeros años de la infancia podría muy bien ser la causa de las diferencias visibles entre un ser humano con capacidad creadora propia y otro que no sepa aplicar sus conocimientos” A nivel emocional, a educación artística facilita a expresión de emocións e desexos que viven no neno, permitíndolles identificar o que eles e outros senten. Un exemplo claro sería a discriminación de cores de acordo con como nos sentimos; ante unha emoción positiva, tenderemos a empregar cores máis vivos, claros mentres que, ante as emocións negativas, soemos decantarnos por cores escuros ou mesmo, negro. Ademais, contribúe ao desenvolvemento persoal dos alumnos, tras realizar un esforzo, logran sentirse orgullosos das súas creacións, aspecto que favorece a autoestima e a disciplina, demostrando que o traballo e o esforzo, teñen a súa recompensa. Por outra banda, podemos considerar que tamén funciona como terapia, permite illarse positivamente da realidade, o que diminúe a tensión e xera sentimentos de felicidade. A nivel motor, podemos dicir que tanto a psicomotricidade como a educación plástica están intimamente relacionadas, pois unha sen a outra non poderían funcionar con normalidade. Así, a educación artística contribúe a mellorar a coordinación viso-manual o que permitirá un dominio e precisión posterior á hora de manexar o lapis, os diferentes pinceis, pintura de dedos, etc. Por outra banda, favorecerá a pinza dixital 7 , entendida como a “mobilidade de mans e dedos necesaria para a manipulación de obxectos, creación de novas figuras e formas e perfeccionamento da habilidade manual”. Importante tamén, favorece a direccionalidade e lateralidade, o que lles permite a diferenciación esquerdadereita así como, o predominio funcional dunha parte do corpo sobre a outra. 7 Pinza dixital (2006). La psicomotricidad fina, paso previo al proceso de escritura (Javier Aguirre Zabaleta). Recuperado de: http://www.waece.org/cd_morelia2006/ponencias/aguirre.htm
Obviamente todos estes conceptos e habilidades non serán posibles sen un traballo á par da psicomotricidade. A nivel lingüístico, os nenos e nenas comunícanse cos seus iguais e os adultos a través da expresión plástica incluso antes de ter adquirido a linguaxe oral. Unha educación artística variada e ampla, suporá unha adquisición moi rica de vocabulario relacionado coas cores, os materiais, etc. e tamén abrirá dialogo entre os nenos e nenas tratando de explicar e expor as súas creacións, algo que lles enriquecerá a ambos sen dúbida. Por si non fosen suficientes a cantidade de beneficios que supón, ademais, existen numerosos estudos que analizan a presenza da educación artística na aula e que revelan a notable mellora que existe naqueles nenos e nenas que traballan as artes plásticas dende a etapa infantil, tanto a nivel académico como de comportamento, fronte a aqueles onde non se lles da a importancia real. Un exemplo sería o estudo 8 realizado pola Facultade de Educación da UCLA entre estudantes estadounidenses de Secundaria que revelou que os que tiveran unha estreita relación coas artes, obtiñan cualificacións notablemente máis altas e tiñan menor risco ao fracaso escolar. Para rematar e coincidindo coas palabras de Arnheim (1993), “El arte, por tanto, es uno de los instrumentos más poderosos de los que disponemos para la realización de la vida. Negar esta posibilidad a los seres humanos es ciertamente desheredarlos”. 5. Revisión da formación do profesorado na educación artística Facendo un percorrido polas diferentes universidades galegas que imparten o Grao de Mestre/a de Educación Infantil, podemos apreciar a pouca presenza da Educación Artística nos seus plans de estudos. A única que se centra un pouco máis nesta disciplina é a nosa, a USC (Universidade de Santiago de Compostela) xa que ademais da materia obrigatoria coa que contan as demais, oferta unha mención en Linguaxes Artísticos moi interesante e que de xeito optativo, nos permite ampliar a nosa formación en educación artística. 8 La importancia del arte en el desarrollo del niño (2016). Recuperado de: https://www.conmishijos.com/educacion/aprendizaje/la-importancia-del-arte-en-el-desarrollo-delnino/
Ilustración 2: Este gráfico pretende mostrar a menor ou maior presenza da educación artística no grao de maxisterio infantil das diferentes universidades galegas en comparación cos créditos totais das mesmas (240 créditos) (Elaboración propia) Paréceme importante resaltar esta cuestión pois un mestre/a que non reciba unha educación de calidade en educación artística non será quen de ofrecerlla aos seus alumnos e alumnas, e creo que eu, nese aspecto, tiven bastante sorte, aínda que non realicei a mención, si cursei tódalas materiais que ofertan relacionadas coa plástica e a educación visual. Se ben é certo, tódolos profesionais da educación teñen a oportunidade de autoavaliarse e de detectar así, as súas carencias para tratar de melloralas ou solucionalas. Como poden facer isto? Pois a través dunha formación continua que lles permita renovarse e adaptarse aos cambios que se van producindo na nosa sociedade e en consecuencia, tamén na educación, logrando así unha ensinanza e un aprendizaxe de calidade. Presenza da educación artística na formación do Grao de mestre/a de Educación Infantil nas diferentes universidades galegas Créditos totais USC (24 créditos) UDC (10,5 créditos) Uvigo (12 créditos)
Capítulo 2. A creatividade 1. Que é a creatividade A dicir verdade, a creatividade non é un termo sinxelo de definir xa que se trata dun concepto moi amplo e do que non existe un claro consenso que aclare o seu significado para todos os contextos que abarca. Por iso, creo que o máis acertado para comprendelo, é recorrer aos seus orixes. Así, facendo un pequeno análise etimolóxico, a palabra creatividade provén do latín creare, que significa enxendrar, producir algo da nada; e ademais, comparte raíz coa palabra crescere que significa crecer. Deste xeito, podemos considerar que o desenvolvemento da creatividade, implica axudarlle ao educando a crecer como persoa, do mesmo xeito, si a sociedade se volve cada vez máis creativa, estará buscando crecer, aumentar recursos, mellorar as súas condicións e resolver os seus problemas. Dun xeito simple, o Dicionario da Real academia española da lingua (RAE, 2013) defínea como “facultad de crear” ou “capacidad de creación”. Para lograr unha definición moito máis completa e entender o termo a perfección, paréceme interesante analizar unha serie de erros 9 propostos por De Bono (1994) e Weisberg (1987), moi presentes nos nosos días, e que nos axudarán a definila con maior exactitude. a. A creatividade non se pode aprender, mellorar ou potenciar Isto é totalmente incerto, moitas veces pensamos que se trata so dunha característica propia dalgunhas persoas privilexiadas, grandes artistas, músicos ou empresarios. Pola contra, a creatividade é como un músculo que se pode adestrar e que gracias á práctica, logrará desenvolverse con éxito. Existe un desacordo entre os especialistas entre si realmente é unha capacidade innata coa que os nenos e nenas xa nacen ou non. Dende o meu punto de vista ambas ideas son compatibles, eu penso que si se nace con esta capacidade e que a medida que os adultos lles van cortando as ás, vai esfumándose. Aínda así, 9 Fernández Medina, Susana L. (s.f.) Educación Artística y creatividad: Desarrollo de una propuesta de educación artística desde el arte contemporáneo (TFG). Universidad de Valladolid. Recuperado de: http://uvadoc.uva.es/handle/10324/3976
unha vez perdida, si se pode recuperar, con práctica, un bo guía e un ambiente que invite ao seu desenvolvemento. b. A creatividade existe vinculada exclusivamente a persoas rebeldes Efectivamente isto enténdese así, pois as persoas con pensamento creativo, acostuman a non conformarse, a cuestionar cada paso co que non están de acordo. Isto habitualmente xera molestias e quebradizos de cabeza para algúns mestres, tachando de mal comportamento as súas constantes intervencións e caso omiso das instrucións que se lle dan. Einstein, Picasso ou Stravinsky foron exemplos claros de alumnos creativos, pero considerados altamente conflitivos na súa etapa educativa. Dende logo, as mentes creativas, abertas, son aquelas que desafían ao mundo pero tamén, son as que o axudan a avanzar. c. A creatividade existe vinculada só aos artistas e a arte Así é, dende tempos inmemoriais, a creatividade asociouse ao arte ata o punto de pensarse que toda produción artística, para considerarse como tal, debía ter un mínimo atisbo de creatividade. Isto non é correcto pois xa sabemos que a creatividade asociase a tódolos saberes da vida do ser humano, podemos ser creativos nas matemáticas, no noso traballo nunha empresa ou simplemente á hora de actuar ante calquera problema que se nos presente. d. A intuición é suficiente para lograr a creatividade Hai unha falsa crenza moi estendida sobre a idea de que a creatividade xorde de repente, de xeito espontáneo e sen unha preparación previa, por intuición e soamente é posible no caso das persoas creativas. Isto é falso pois segundo Wallas (1926) este pensamento segue unha serie de fases: - Preparación: consta no recoñecemento do problema ou situación que se nos presenta e na recollida de información de tódalas circunstancias e dimensións que inflúen nela. - Incubación: interiorización do problema. - Iluminación: a solución xorde e todo cobra sentido. - Verificación: analízase, verifícase e valídase a solución atopada.
e. Creatividade e intelixencia son sinónimos De novo, falso. Poden existir alumnos/as altamente creativos a pesar de non contar cun alto rendemento académico nalgunhas materias. Do mesmo xeito acontece na teoría presentada por Gardner, as intelixencias múltiples que demostran que unha persoa pode destacar nalgunhas áreas e ter carencias noutras, independentemente do seu nivel intelectual xeral. Tendo en conta todas as cuestións anteriormente citadas, podemos definir a creatividade de centos de formas tendo en conta os numerosos estudos realizados por psicólogos, educadores, neuropsicólogos, sociólogos, economistas e académicos de todo tipo; pero centrareime en escoller aquelas que máis se achegan ao que eu entendo por creatividade. Así, por exemplo, a creatividade é “a capacidade de crear, inventar, innovar, de generar ideas alternativas ante determinadas situaciones o respuestas para solucionar problemas” ou, segundo a psicoloxía cognitiva, “es la habilidad de darle distintas respuestas o soluciones al mismo problema”. Segundo o psicólogo estadounidense que publicou o primeiro artigo sobre a creatividade, Guilford (1968) este termo defínese como “una forma diferente (o divergente) de procesar la información en la que se establecen una serie de nuevas conexiones que posibilitan el proceso creativo”. Guilford diferencia así dous tipos de pensamento 10 : converxente ou lineal e diverxente ou lateral. O pensamento converxente parte dun coñecemento adquirido, é dicir, ante calquera problema este proceso mental busca unha resposta xa existente, rápida, lóxica e precisa. Pola contra, o pensamento diverxente é flexible, crea ou explora múltiples solucións aos problemas, rompendo esquemas, desafiando, cuestionando evidencias, en definitiva, actuando sen límites para ofrecer a maior cantidade de respostas dende calquera punto de vista posible. Este último é o que aparece ligado a creatividade e é o que deberemos fomentar, tanto dende a escola como nos fogares. 10 Pensamiento convergente y divergente en la creatividad (16 de julio 2018). En capitalismo consciente. Recuperado de: https://capitalismoconsciente.es/blog/pensamiento-convergente-divergentela-creatividad/
Outra definición posible é a proposta por Torrance (1965) “La creatividad es un proceso que vuelve a alguien sensible a los problemas, deficiencias, grietas o lagunas en los conocimientos y lo lleva a identificar dificultades, buscar soluciones, hacer especulaciones o formular hipótesis, aprobar y comprobar estas hipótesis, a modificarlas si es necesario además de comunicar los resultados”. Tras estas definicións podemos concluír dicindo que a creatividade pode ser entendida como a actitude de pensar de xeito diferente á que se entende como “normal” ou “habitual” e que está relacionado coa innovación, pois busca mellorar as respostas xa coñecidas, aportando novas e diferentes ideas para dar resposta a unha mesma incógnita. 2. A creatividade na escola Todo o mencionado con anterioridade pódese traballar dende a escola e unha das materias do currículo que máis a fomenta é precisamente a educación artística, aínda que obviamente, non é a única. Pero isto sucede así? Diversos resultados do informe Pisa remarcan o gran déficit de creatividade que existe en España, situándoa nos últimos postos fronte ao resto de países. Isto é preocupante pois tal e como nos conta Nuria Pérez (2017) “Fomentar el pensamiento creativo en los niños significa y se traduce en crear niños más autónomos, más resilientes y mejores líderes” e, en realidade, o noso sistema educativo, en lugar de estimulala, encárganse de inhibila. Son moitos os expertos en psicoloxía e educación convencidos de que o noso sistema educativo mata a creatividade do seu alumnado. Un dos máis destacados é Ken Robinson, educador, escritor e conferencista británico considerado experto en creatividade, calidade da ensinanza, innovación e recursos humanos; que na súa famosa conferencia “Las escuelas matan la creatividad” 11 (2006) expón un dato extremadamente preocupante como que “A los 5 años el 90% de los niños son creativos y a los 7 solamente el 10%”. Tras este dato, podemos dicir que efectivamente as escolas lles cortan as ás a 11 Ken Robinson (2006). Las escuelas matan la creatividad. Recuperado de: https://www.ted.com/talks/sir_ken_robinson_do_schools_kill_creativity/transcript?language=es
creatividade, capacidade que inunda aos máis pequenos dende que nacen, ensinándolles a pensar como adultos, e non aprendendo aos adultos a pensar como nenos. A seguinte imaxe, móstranos a visión dun adulto ante un simple debuxo, onde unicamente é capaz de ver un sombreiro. Se lle preguntásemos a un neno, as respostas serían moito máis variadas e sorprendentes. Ilustración 1´: Ceci n'est pas un chapeau (2015) Imaxe extraída do libro "El principito" de Antoine de Saint-Exupéry. Recuperado de: https://lasociedadsupersecreta.wordpress.com/2015/01/27/en-frasco-pequeno-el-principito/ (11/04/2020) Outro claro exemplo de todo isto é o vídeo “La flor” moi simple pero que explica á perfección como a mente dun neno chea de creatividade, pode truncarse por culpa dun mestre ou sistema educativo que non o apoia e non lle ofrece ferramentas para fomentala. A modo resumen, é despois de ver o vídeo, gustaríame destacar a importancia dos estímulos que o neno/a recibe grazas as persoas adultas de referencia, xa sexa mestre/a ou familias, xa que lles axudarán ao desenvolvemento da creatividade e a imaxinación. Polo tanto como futuros mestres a nosa labor deberá ser unha boa coordinación e colaboración familia-escola así como, unha actitude receptiva ante esta capacidade, seguindo, por exemplo, as cinco suxestións que nos ofrece Torrance (1972): - Ser respectuosos coas preguntas dos nenos/as. - Desenvolver o interfluxo, un principio da creatividade que consiste en ser respectuosos coas ideas fantásticas ou pouco frecuentes dos nenos e nenas e intentar que se respecten entre eles.
Esta pedagoxía avoga por unha educación flexible e aberta ao diálogo, onde o neno é visto como un construtor activo da realidade, cun gran potencial que lle nace da curiosidade por descubrir e aprender. Para que está visión sexa posible, o traballo das escolas Reggio Emilia baséanse en 12 principios básicos 15 que lle outorgan o prestixio co que se lles recoñece a nivel mundial. 1. O neno como protagonista (1º mestre) Os nenos e nenas son seres únicos, fortes, ricos, ca súa propia identidade, plenos de dereitos e potencialidades, moito máis capaces do que acostumamos a pensar. Así, a pedagoxía reggiana segue o pensamento de que o neno é capaz de aprender por si mesmo seguindo o seu instinto de descubrir e a súa curiosidade innata. O coñecemento durante a infancia xorde de xeito espontáneo, sendo a emoción do descubrimento o motor imprescindible para aprender, “nada sen alegría”. 2. O docente como colaborador, guía e investigador (2º mestre) Con esta forma de entender ao neno e o seu aprendizaxe, o adulto convertese nun observador atento dos seus procesos naturais que os acompaña na exploración de temas, proxectos, investigación e construción de aprendizaxe. Polo tanto, os mestres/as non serán considerados como “canguros” protectoras, que ensinan ao seu alumnado habilidades básicas senón que son vistos como aprendices xunto cos seus nenos e nenas. Son apoiados e valorados pola súa labor e ideas e son vistos como investigadores. Finalmente dicir, que tódolos mestres/as deben estar en continua formación para poder ofrecer aos seus alumnos/as unha educación de calidade. 3. Os espazos e o ambiente como terceiro mestre Alfredo Hoyuelos, máximo representante e difusor da pedagoxía reggiana no noso país, no seu libro “La ética en el pensamiento y obra de Loris Malaguzzi” considera tanto o espazo como o ambiente, un terceiro mestre. Emprega esta metáfora coa intención de demostrar que o ambiente é unha linguaxe máis e, 15 Red Educa (2018). Manual “Método Reggio Emilia”. Universidad de Nebrija. Editorial Euroinnova.
como tal, comunica, moito máis incluso que o que podemos apreciar a simple vista. Os espazos en Reggio Emilia acostuman a estar organizados de tal xeito que os nenos e nenas sexan quen de realizar autonomamente descubrimentos, propostas, investigacións, etc. sen a necesidade de guía e intervención constante por parte dos adultos. En definitiva, o obxectivo de Loris Malaguzzi é “construir una escuela que no prepare para la vida sino donde se viva”, un lugar “que permita desarrollar al máximo las potencialidades y capacidades de los alumnos” (Gomis, 2007) 16 Deste xeito, a organización do centro non é vista como un aspecto de xestión, senón que se integra e forma parte do proxecto. Buscase unha escola que a través do seu deseño arquitectónico, dos seus equipamentos e ambientación sexa atractiva e innovadora. Tendo en conta está visión, non poden existir espazos estáticos nas aulas, entenderase o ambiente como un concepto vivo, cambiante e dinámico que irá variando en consonancia coa idade, intereses, necesidades e experiencias dos nenos e nenas; procurando brindarlles un ambiente propicio, dinámico e funcional, feito a súa medida. Como futuros mestres deberíamos ter este aspecto moi en conta e seguir as indicacións de Cabanellas e Eslava (2005) 17 que fomentaban o “diseño de espacios para que los niños puedan experimentar, compartir, relacionarse, interactuar con los otros, sentir nuevas sensaciones y evocar otras. Espacios para hacer y deshacer, para crear, para descubrir, para adquirir nuevas habilidades, para aprender y también para equivocarse y donde todas las experiencias vividas sean de gran valor, ya que les acercan a la complejidad del mundo de los adultos y les ayudan en su propio proceso de crecimiento”. 4. A participación das familias e a sociedade: a pedagoxía das relacións A escola é (ou debe ser) lugar de encontro para tódolos elementos humanos que a compoñen: nenos e nenas, persoal docente e non docente do centro e familias. 16 Citado en: Bueno Rodríguez, Mª I. (2015). Reggio Emilia: una manera diferente de trabajar en Educación Infantil (TFG). Universidad de Granada. 17 Citado en: El ambiente como tercer educador. Cultura de infancia. Recuperado de: https://culturadeinfancia.com/el-ambiente-como-tercer-educador/
A labor educativa non é unha labor exclusiva dos mestres e mestras nin debe rematar cos horarios lectivos senón que, as familias e demais membros da sociedade, deben participar e asumir o rol que lles corresponde por dereito e deber pois, so se obterá unha educación de calidade coa unión de tódolos membros (educación do mestre + educación das familias + educación doutros membros da comunidade educativa). Tendo en conta a importancia dunha participación total e activa por parte de ambos axentes educadores, a escola deberá promover e facilitar a súa implicación na vida escolar, perseguindo todos un mesmo obxectivo: acompañar aos nenos no seu desenvolvemento e garantirlles un ambiente san, feliz e equilibrado, axudando a asegurar o benestar de tódolos nenos e nenas. Deste xeito, algunhas das posibilidades de participación poderían ser: - Intercambio de información cos mestres/as - Apoio nos proxectos - Envío de materiais para as actividades - Coñecemento e participación nas actividades de aula - Visitas ao centro e aula - Aportación de ideas e suxestións para a mellora da educación dos seus fillos/as - Etc. Todo isto, é o que se coñece nas escolas reggianas como a pedagoxía das relacións, onde todas son importantes e levan aprendizaxes valiosos consigo. Non é algo raro ver aos nenos e nenas destas escolas pasearse polas cociñas ou conversar co persoal de mantemento, porque todos son considerados como acompañantes da infancia. 5. A documentación pedagóxica “La documentación es la práctica de observar, anotar, interpretar y compartir los procesos y productos del aprendizaje a través de una variedad de medios para profundizar y ampliar el aprendizaje”. (Rinaldi, 2001) 18 18 Definición Documentación. Creer es crear con alma. Recuperado de: https://creerescrearconalma.wordpress.com/2016/11/22/la-documentacion/
Na pedagoxía de Reggio Emilia, a documentación é unha ferramenta indispensable, que permite dar visibilidade e reflexionar sobre o aprendizaxe diario dos nenos e os adultos, así como, dialogar e tomar futuras decisións. Esta consiste “en la recogida y exposición sistemática y estética (a través de escritos, imágenes, paneles, videos, palabras de los niños y niñas, productos gráficos…) de los procesos educativos”. (Hoyuelos, 2007). Deste xeito, estes documentos teñen como fin coñecer e comprender mellor ao alumnado e non a tradución do cualitativo nunha nota. Finalmente, hai que ter claro que non é un proceso sinxelo, para realizar unha boa documentación pedagóxica hai que saber escoitar, observar e interpretar aos nenos e nenas, “Las cosas de lo niños y para los niños, se aprenden solo de los niños” (Loris Malaguzzi). 6. A teoría dos 100 linguaxes do neno Para Malaguzzi, o neno ten moitas formas de interpretar o mundo e de representalo coas súas teorías e ideas, posúen 100 linguaxes (xestos, miradas, sorrisos, posturas, silencios ademais dos ritmos, xogos, cores...) e non como acostuman a dar por feito os adultos, un único linguaxe verbal. A intención da escola reggiana e do seu impulsor, é que o adulto sexa quen de recoñecer e valorar as distintas maneiras que ten o neno de expresarse e comunicarse. No Anexo 1, poderemos ver o poema escrito por Loris Malaguzzi “Los cien lenguajes del niño”, critico cos adultos e a sociedade en xeral, que lles rouban 99. 7. O atelier e a figura do atelierista A idea de taller xurdiu do desexo de Loris Malaguzzi de sobrepasar as interpretacións das distintas linguaxes do neno ofrecéndolle un lugar para investigar onde a imaxinación, a creatividade e a expresión se entrelazaran. O atelier, que é como se denomina o taller nas escolas reggianas, é “un espacio creado para dar rienda suelta a la imaginación, la expresión, la invención, la empatía... Un espacio donde los 100 lenguajes del niño pueden ser expresados y escuchados” (Costa, 2013). Tódalas escolas reggianas contan, polo tanto, cun atelier por aula, onde se atopan miles de recursos e materiais cos que poder imaxinar, crear, explorar, manipular e facer, xunto coa presenza da “atelierista”. Esta figura, non é unha cuestión esporádica senón que traballa a diario na escola xunto cas mestras achegándolle aos cativos/as a música, a pintura, a danza...
con proxectos onde os nenos e os adultos fixan os seus propios obxectivos. A súa formación é especifica das artes e entre as súas achegas destacan: - Fomentar o pracer por aprender - Conectar aprendizaxes - Favorecer a importancia da estética - Introducir e reforzar a pedagoxía das 100 linguaxes Loris Malaguzzi loitou moito para poder integrar esta figura e este espazo, favorecendo o diálogo coa cidade e coa cultura da época e, na seguinte imaxe, podemos ver un exemplo dunha das escolas reggianas máis coñecidas, a scuola Diana. 8. O redescubrimento da creatividade Na pedagoxía de Reggio Emilia, a creatividade é concibida como unha facultade innata que todos os seres humanos posuímos e que, cun traballo e unha estimulación adecuada, tódolos nenos e nenas serán capaces de poñela en practica non so a nivel artístico senón, que se converterá nunha facultade de aplicación xenérica a tódolos aspectos da vida do neno. Ilustración 4: El taller y la tallerista en la scuola comunale dell" infanzia Diana (1970). Extraída de: Vea Vecci (2013). "Arte y creatividad en Reggio Emilia”. Editorial: Morata.
9. Traballo por proxectos Nas escolas que traballan co método Reggio Emilia cabe destacar a importancia do traballo por proxectos, un conxunto de actividades nas que o alumnado debe resolver situacións, retos ou responder preguntas a través dos seus coñecementos, recursos, investigacións, reflexións, creatividade e cooperación activa. Estes proxectos xorden dos intereses dos nenos e nenas, os cales exploran, descobren e se expresan nos diferentes idiomas simbólicos (o debuxo, a escultura, a dramatización, a escritura, etc.), en definitiva, tal e como xa dixemos, son protagonistas indiscutibles do seu propio aprendizaxe. 10. O valor do cotiá Este aspecto fai referencia a importancia que teñen os acontecementos do día a día, a aproveitar e rescatar as cousas importantes e extraordinarias que suceden na vida cotiá das escolas. Que mellor xeito de comezar un proxecto que partindo dunha situación que xorde no patio, real, cos nenos e nenas como protagonistas. 11. Sensibilidade estética Na pedagoxía reggiana outorgáselle un gran valor as cuestións estéticas, entendendo o espazo educativo como memoria, transformación e crecemento, que recolle tódolos procesos temporais e de vida de toda a comunidade educativa. Segundo Francesco Tonucci, a escola debería proporcionar un entorno rico, que solo entrar xa supoña un acto educativo e que, os espazos, deberían ser adecuados co mesmo criterio e cariño co que decoramos as nosas casas. 12. A práctica da escoita Nunha das súas críticas, Loris Malaguzzi, fai referencia a “lo mucho que hablamos de los niños, que hablamos poco con los niños y que mucho menos les escuchamos”. Para entender a visión reggiana, temos que ter moi claro que escoitar significa prestar atención con cada un dos nosos poros o que a outra persoa nos esta dicindo dende o seu silencio, a súa alegría, o seu asombro e curiosidade, cun profundo respecto pola súa forma de comunicar e por todo aquilo que nos trata de transmitir. Este aspecto, moi importante na pedagoxía reggiana, de ai que tamén se lle coñeza como a pedagoxía da escoita, é decisivo para que o neno
lle atope un sentido ao que fai e atope o pracer e o valor que ten o poder comunicar. Así, gracias a escoita poderemos coñecer moito máis a cultura da infancia: a súa forma de pensar, de ser, de facer, de preguntar, desexar, etc. 2. Xustificación Dentro de tódolos principios do enfoque reggiano, considero que o atelier e a figura da atelierista, son unha opción moi axeitada na que lograr unir creatividade e educación artística. Partindo desta base, decido centrar a miña proposta, que desenvolverei a continuación, no atelier. Recordamos que o atelier é “un espacio creado para dar rienda suelta a la imaginación, la expresión, la invención, la empatía... Un espacio donde los 100 lenguajes del niño pueden ser expresados y escuchados” (Costa, 2013). Á hora de decidir como organizar o noso atelier, decido investigar sobre a metodoloxía por recunchos 19 . Podemos definilos como os espazos situados dentro ou fóra da aula, onde os alumnos/as levan a cabo en pequenos grupos ou individualmente, tarefas manipulativas, investigan, desenvolven a súa creatividade e autonomía e realizan proxectos guiados polos seus gustos, intereses e a súa curiosidade. Existen dous tipos de recunchos, os que funcionan como complemento a algunha actividade, é dicir, son empregados para entreter aos nenos e nenas no seu tempo libre; e os que funcionan como contido específico, adquirindo tanta importancia como calquera outra actividade. Por que decido decantarme por esta forma de facer? Pois porque tal e como afirma a autora Martín Torres (2008), este tipo de organización favorece a adaptación dos diversos intereses, ritmos de aprendizaxe e características de cada neno e nena, en definitiva, procura unha educación máis individualizada á vez que permite a interacción entre todo o alumnado. Para que está metodoloxía funcione, debemos crear unha aula á medida dos nenos e nenas, tanto a nivel de espazo físico, cos materiais distribuídos de tal xeito que o alumnado poida acceder a eles e recollelos con facilidade; como a nivel temporal, xa que o tempo nos recunchos é suficiente para experimentar e 19 Federación de Enseñanza de CC.OO. de Andalucía (2011). “Trabajo por rincones en Educación Infnatil”. Temas para la educación. Revista digital para profesionales de la enseñanza
esgotar as posibilidades que cada actividade lle brinda aos nenos e nenas. Para iso, deberán contar co material preciso, nin moito para que non se despisten, nin pouco como para que se limite a actividade; que se presentará de xeito ordenado e esteticamente vistoso, sempre cumprindo coas normas de seguridade. Vantaxes e inconvintes Mentres que os inconvintes desta metodoloxía son practicamente insignificantes, dificultade de avaliación pola simultaneidade de actividades e moita preparación previa, conta con numerosos beneficios ou vantaxes, entre os que se atopan: - Facilita a autonomía - Proporciona un aprendizaxe lúdico e significativo - Favorecen a creatividade - Desenvolve a observación, manipulación e investigación - Multiplica as relacións sociais Características principais 20 Para crear un recuncho ou espazo adecuado é preciso que cumpra cos seguintes requisitos ou características: - Delimitar con claridade o espazo, os materiais e as actividades - Debe ser atractivo - Ofrecer contidos suficientes para toda a sesión - Que favoreza a autonomía, que non precise á supervisión e axuda constante do adulto - Que favoreza a expresión e a creatividade - Que permita a interrelación e a actividade en grupo - Que podamos modificalo ou substituílo ao longo do curso ou cada certo tempo, cando sexa preciso - É recomendable que o número de nenos e nenas por recuncho non supere os 5-6 como máximo, para que este sexa operativo. 20 Gloppern (2013). Metodología por rincones. Recursos infantiles, blog del profesorado. Recuperado de: gobiernodecanarias
3. Proposta Tendo en conta todo o falado con anterioridade e tras informarme e formarme na pedagoxía Reggio Emilia, decido elaborar unha proposta na que teñan cabida tanto a creatividade como a educación artística seguindo os principios que fan único o enfoque reggiano. Unha das cuestións máis importantes do enfoque é o atelier, espazo no que se logran incluír practicamente o resto dos seus principios. Tendo en conta o poder deste espazo decido centrar a miña proposta no mesmo, deseñando tanto o espazo como os materiais que formarán parte del e organizando todo por recunchos ou zonas de traballo. Que pretendo con esta proposta? A miña proposta busca crear un pequeno espazo cheo de materiais, utensilios e obxectos que lle ofrezan aos nenos e nenas un mundo cheo de novas posibilidades, de poder experimentar con diferentes útiles e soportes; en definitiva, poñer aos seu alcance unha ampla variedade para que eles mesmos manipulen, escollan e experimenten con autonomía e liberdade. A través desta proposta, pretendo: - Fomentar o seu pensamento creativo (diverxente) e crítico. - Ofrecer novas técnicas e materiais plásticos e coñecer o seu uso. - Contribuír á comprensión de que a educación artística é un proceso e non un fin en si mesmo, de tal xeito que non importa o produto final senón o proceso mesmo da creación. Ademais, “Conseguir que os nenos e nenas gocen con cada unha das actividades, tendo a oportunidade de desenvolverse cognitiva, física, motriz, afectiva e socialmente”. Isto é así pois, a través destes espazos, poderanse cumprir outros moitos obxectivos relacionados con outras áreas pero non é o que nos incumbe nestes momentos, como por exemplo, facilitar o desenvolvemento da motricidade, a localización espazo-temporal e o autocoñecemento corporal. A quen vai dirixida? Esta proposta está pensada para nenos e nenas do segundo ciclo de educación infantil, pero como non lles esixe alcanzar un resultado determinado nin se
propoñen actividades onde prime o resultando ante o proceso, podería ser empregada perfectamente por nenos e nenas de tódalas idades ou para alumnado con algunha necesidade educativa especial. Como afrontaremos esta proposta? A metodoloxía empregada á hora de poñer en práctica esta proposta terá como prioridade o papel protagonista da infancia de acordo co construtivismo e co enfoque Reggio Emilia. Ofreceremos aos nenos e nenas a oportunidade de construír o seu propio aprendizaxe a través dun traballo vivencial e significativo pero sobre todo, libre; onde o realmente importante sexa o proceso e non o resultado final. A miña intención con esta proposta é facelos participes de todo o proceso fomentando a creatividade e a autonomía para que poidan expresarse con total liberdade desenvolvendo a súa vez un pensamento crítico sobre as súas creacións e as dos demais (sempre con respecto e tolerancia). Mentres os máis pequenos experimentan, observan e investigan; o papel dos adultos será o de orientadores e guías do proceso de aprendizaxe, manténdonos á marxe e intervindo só baixo demanda ou para resolver algún conflito que precise de nós. Para lograr isto, os mestres deberán ter en conta as necesidades e intereses que teñen os nenos e nenas para que, a través dos distintos materiais e propostas, sintan o gusto de indagar, investigar, expresarse a través das distintas linguaxes dun xeito totalmente libre. Organización do espazo Tendo moi en conta todo o falado con anterioridade e sobre todo as pautas aprendidas durante a materia de Organización e Xestión da Aula (G3131203) impartida pola mestra María Lina Iglesias Forneiro sobre a organización do espazo en educación infantil, decido deseñar un atelier ao completo, que podería ser perfectamente aplicado a unha aula ordinaria, ben por zonas, ou ben ao completo de contar co espazo necesario.
- Mesa de luz: este espazo será permanente e cambiarán periodicamente os materiais cos que interactuar. Comezaremos con elementos naturais (flores secas e naturais, follas, froitas secas, esqueletos de follas...) para que os nenos poidan investigar e facer as súas propias composicións. - Luz natural: aproveitaremos a luz solar que entra pola fiestra para facer sombras e reflexos con distintas formas e cores. Ademais, proporemos diferentes materiais para que debuxen a súa sombra e incluso, poderán crear as súas figuras con papel de aluminio para moldear e proxectar a súa sombra sobre o papel.
- Literatura a escuras: proporcionarémoslle un recuncho onde poder desfrutar da lectura de contos que unicamente se poden ler na escuridade ou perforados para ler coas súas lanternas. Algúns títulos posibles serían: o Boyd, Lizi (2015). Linterna mágica. Editorial Libros del zorro rojo o Coron, Beatrice (2015). Excentric Cinema. Editorial Kókinos o Guilloppé, A. (2011) Luna llena. o Perrault, C. e Sourdais, C. (2014) El gato con botas. Editorial Blume o Tullet, Hervé (2013). Juego de luces. Editorial Phaidon o Tullet, Hervé (2013). Juego de sombras. Editorial Phaidon o Tullet, Hervé (2013). Juego en la oscuridad. Editorial Phaidon o Valios i Buñuel, I. (2004). La luna: cuentos para leer a oscuras. Editorial Anaya o Valios i Buñuel, I. (2010). El tren de los monstruos: cuentos para leer a oscuras. Editorial Anaya o Valios i Buñuel, I. (2018). El Universo: cuentos para leer a oscuras. Editorial Anaya Finalmente, gustaríame rematar este apartado dicindo que tódolos espazos propostos con anterioridade non serán presentados aos nenos e nenas de xeito inconsciente, senón que se falará con anterioridade das autoras e autores nomeados, das diferentes técnicas empregadas, etc., e, ademais, a inmensa
maioría dos materiais serán creados polos nenos e nenas, facéndoos participes en todo momento do proceso de aprendizaxe. 4. Avaliación No que se refire a avaliación do traballo desenvolto no atelier, seguiranse as pautas características da pedagoxía Reggio Emilia, é dicir, cobrará especial importancia o papel da observación e a documentación. Cando facemos referencia a documentación 26 referímonos, tal como sinala Hoyuelos (2007) a un plan detallado de observación e escoita da infancia (con tódolos sentidos) para coñecer e tratar de entender a súa forma de pensar, facer, preguntar, teorizar ou desexar. Ten como finalidade a de facer visible o aprendizaxe para que poida ser revisado, discutido, interpretado, comentado e reinterpretado. En que consiste? É a recollida e exposición sistemática e estética (a través de escritos, imaxes, paneis, vídeos, palabras, produtos gráficos...) dos procesos educativos dos nenos e nenas. Non é sacar fotos por sacar, senón facelo con consciencia; para construír, en diversos formatos, un produto público do vivido para compartir cos nenos e nenas, as familias e os docentes. “La documentación es una manera ética, estética y política de pensar la educación y, sobre todo, de reflexionar sobre las extraordinarias capacidades de los niños y niñas para evitar que pasen desapercibidas en nuestra cultura. La documentación supone establecer una distancia –un nuevo punto de vistasobre nuestro trabajo. Es una ocasión preciosa para discutir y confrontar las reflexiones y síntesis de nuestro proyecto educativo. Se ofrece como una ocasión para releer los procesos de aprendizaje” (Malaguzzi, 2001, p. 48). 2000) Se ben é certo, isto non sería posible sen coñecer o grupo co que imos traballar con anterioridade, coñecer os seus intereses e necesidades, coñecementos previos ou as súas características individuais e como grupo. Por iso, comezaremos cunha avaliación inicial onde a través dunha observación non sistematizada 27 e mediante rexistro narrativo, recolleremos as opinións e 26 Mérida, González e Olivares (). La documentación pedagógica en Educación Infantil: Una manera de registrar la vida de la infancia. 27 A observación non sistematizada, tamén coñecida como non estruturada, é aquela que se realiza sen previa estruturación en relación a que e como observar.
reflexións dos nenos e nenas sobre o tema a tratar, así como, os seus coñecementos previos. Por outra banda, ademais durante o proceso de observación pasarei un cuestionario a nivel xeral onde valorarei o nivel de implicación dos nenos e nenas nos distintos espazos. Isto permitirame saber o éxito ou non, que os espazos teñen entre os cativos coa intención de que permanezan un tempo máis ou de renovalos ou cambialos definitivamente. ESPAZO OU RECUNCHO: INDICADORES A OBSERVAR NENO/A 1 NENO/A 2 NENO/A 3 Participa con facilidade na tarefa ou recuncho Amósase remiso a participar na tarefa Parece divertido/a Está serio/a Céntrase na tarefa Distráese É constante Frústrase coa actividade Charla cos outros Está calado Planea o que fai Faille gracia a proposta e os materiais Emprega os materiais de forma orixinal Preocúpase por facer a tarefa “correcta” Síntese orgulloso/a dos seus logros É meticuloso e observador/a É curioso ante os materiais Dalle usos non esperados aos materiais propostos Está preocupado pola súa mestra Trata de interactuar coa persoa adulta Valoraranse os ítems con + (positivo) ou – (negativo)
3.Conclusións Como xa dixen noutras ocasións, este traballo nace coa intención de facer visible a necesidade de cambio nalgúns aspectos da educación, concretamente da etapa infantil, detectados durante os períodos de prácticas ou actividades cos centros, como mestra e o percorrido que fixen tamén na miña vida escolar, como alumna. Sendo consciente de que a educación artística é moi beneficiosa para o desenvolvemento integral dos nenos e nenas, entrar en contacto con ela dende a infancia favorece aspectos importantes como a imaxinación, a espontaneidade, a creatividade e/ou a liberdade creando persoas máis creativas, sensibles, intelixentes, respectuosas e felices. Aínda así, dinme conta de como o noso sistema educativo segue a infravalorar ambas cuestións (educación artística e creatividade) quedando relegadas ao uso no tempo libre ou como premio ou ocupación logo de ter resoltas as tarefas ou materias “importantes” como as matemáticas, as ciencias ou as linguas. Do mesmo xeito que na educación primaria e secundaria priman antes as matemáticas, comprobei que na educación infantil ocorre algo similar, xa que o momento da educación artística queda pendente para logo de ter aprendido a ler ou escribir; cando son perfectamente compatibles. Se ben é certo, puiden comprobar que cada vez máis autores, educadores, docentes e futuros mestres, entre os que me inclúo, estamos a darnos conta da importancia que ten darlle o lugar que merecen a ambos conceptos na etapa infantil e aínda que están a loitar por elo, non lles está a resultar un camiño sinxelo. Deste xeito, o deseño da miña proposta “Un atelier na aula” pretende servir como exemplo para todas aquelas mestras e mestres que traten de inculcar na infancia un modelo de traballo máis creativo onde o máis importante non sexa o produto final senón o proceso, un espazo onde os nenos e nenas se sintan seguros para poder relacionarse, comunicarse, aprender a pensar, respectar aos demais, sentirse satisfeitos e orgullosos das súas creacións, en definitiva, crecer. Como sei que non é unha tarefa sinxela, decidín poñerme en contacto con dúas profesionais que me puideran falar do cambio na educación logo de vivilo nas súas propias carnes e, sobre todo, aconsellarme.
Unha delas, un referente para a educación galega, é Antía Cal, unha muller que aínda vivindo nunha época difícil para desenvolverse a nivel profesional, foi máis aló e apostou por ser crítica e tratar de cambiar todas aquelas cousas que se ía atopando polo camiño e coas que non estaba totalmente de acordo. A través do seu documental, a súa páxina web e o pequeno contacto que mantivemos, tómoa como referente para moitas cousas, debería ser un exemplo a seguir para moitos docentes e futuros mestres e mestras. Por outra banda, tamén me puxen en contacto cunha mestra española que marchou a vivir a Italia con tódalas dificultades que suma o cambio, loitando por formarse naquel enfoque do que se namorará durante a súa formación como mestra de educación infantil. A súa intención e desexo é que algún día ela ou calquera outra compañeira de profesión, estendan o enfoque reggiano e tódolos seus ideas por España. Ambas son mulleres que loitaron polos seus ideais, que detectaron posibilidades de mellora para a infancia e a formación como mestras e perseguíronas sen dubidalo a pesar das dificultades que se ían atopando. Isto é un pouco o que eu quero transmitir, sei que soa moi lonxe mais algún día gustaríame ser un referente para alguén por ter cambiado cousas a favor da mellora da infancia e a súa educación e, a con este TFG, inicia o meu camiño. Chegados a este punto do traballo, podo dicir que os obxectivos propostos ao inicio, foron cumpridos. Realicei unha formación para profundar máis no enfoque e coñecer de primeira man aqueles aspectos máis destacables de Reggio Emilia, o que me permitiu realizar unha proposta máis completa. A maiores recorrín aos apuntamentos dados ao longo da carreira para establecer unha metodoloxía que me permitise alcanzar un espazo ideal para traballar os aspectos mencionados ao longo do informe. De cara a xustificar a importancia, tanto da educación artística como da creatividade, investiguei en diversos libros, revistas e informes, ademais de facer un percorrido pola miña traxectoria escolar e profesional. Por último, realicei dúas entrevistas, que se poden ver nos anexos, para ofrecer dúas visións diferentes de profesionais deste ámbito, que viviron en dúas épocas totalmente opostas cun obxectivo común, apostar polo cambio de cara a unha educación de calidade.
Gracias a elaboración deste traballo e a formación durante estes 4 anos, aprendín a ver dun xeito crítico a educación infantil actual para darme conta de aquelas cousas que si me gustaría pór en práctica nun futuro e por cales estou disposta a loitar por cambiar. Ademais, aprendín como funciona unha aula, a importancia que ten o espazo como terceiro mestre e que a organización tamén inflúe no proceso de aprendizaxe. Demostráronme eles mesmos que teñen a capacidade innata da imaxinación e a creatividade e que son capaces de converter un simple pau no mellor dos seus xoguetes. Por último, e entre moitísimas outras cousas, aprendín que a etapa infantil é indispensable para a formación dunha persoa e que como mestres/as a nosa labor ten que ser a de guía acompañándoos no seu proceso de aprendizaxe. Desta forma, tratei de reflectilos no traballo obtendo como resultado “Un atelier na aula”. Creei o espazo e os materiais poñendo en práctica todo o aprendido, a partir de elementos da natureza coñecidos por eles ou dándolle unha nova vida aos materiais de refugallo. Aínda que esta etapa está a puntiño de rematar, a miña formación e o meu camiño no mundo da educación, está a piques de comezar. Seguindo o exemplo das mulleres entrevistadas, non me renderei a pesar de tódolos atrancos que se me presenten. Comezo esta andadura co obxectivo de cambiar a educación en busca de calidade e prometo que algún día poñerei en práctica a proposta deseñada, xa que esta vez non foi posible. 4. Referencias Alvarado L. D. (2003). La creatividad en la escuela. ¿Una "especie" de peligro de extinción? DAL soluciones creativas. Recuperado de: http://www.naque.es/revistas/pdf/R30.pdf Andrea Vera Ruiz, S. A. (2009). ¿Cómo es el Currículo en la Metodología Reggio Emilia? Jardín Infantil. Recuperado de: http://aprender.jardininfantil.com/2009/06/curriculo-de-metodologiareggio-emilia.html Arnheim, Rudolf (1993). Arte y percepción visual. Psicología del ojo creador. Editorial: Alianza Botín, F. (2012). ¡Buenos días creatividad! Fundación Botín. Bueno Rodríguez, Mª I. (2015). Reggio Emilia: una manera diferente de trabajar en Educación Infantil (TFG). Universidad de Granada Calaf, Roser e Fontal, Olaia (2010) Cómo enseñar arte en la escuela. Editorial: Síntesis.
Clemencia y otros (2004). Los inhibidores personales como principal obstáculo para el desarrollo de la creatividad. Universidad Nacional de Colombia (Revista Creando). Costa Friedman, Lucía (2013). El atelier: de Reggio Emilia a Marzagán. Infancia: Educar de 0 a 6 Años, 142, 26-32 Costa Friedman, Lucía (2013). El atelier: de Reggio Emilia a Marzagán. Infancia: Educar de 0 a 6 Años. Efland, A. D. (2002) Una historia de la educación artística. Tendencias intelectuales y sociales en la enseñanza de las artes visuales. Editorial: Paidós. Fontal Merillas, Olaia; Gómez Redondo, Carmen e Pérez López, Sara (2015). Didáctica de las artes visuales en la infancia (Colección: Didáctica y desarrollo). Editorial Paraninfo. Goleman, D. (2018). Los beneficios de la inteligencia emocional para nuestros hijos. BBVA: Aprendiendo juntos. Hoyuelos, Alfredo (2007). “Documentación como narración y argumentación”. Revista Aula de Infantil nº39. Hoyuelos, Alfredo y Loris Malaguzzi (2011). La educación infantil en Reggio Emilila. Editorial: Octaedro Lowenfeld, Viktor e Lambert Britain, W. (1981). Desarrollo de la capacidad creadora. Editorial: Kapelusz Marín Viadel, Ricardo (2003). Didáctica de la educación artística. Editorial: Pearson Prentice Hall. Martín Torres, Josefa (2008). Organización y funcionamiento de rincones en Educación Infantil. Revista digital Innovación y experiencias educativas. Navarro y Martín, (2010). Psicología de la educación para docentes. Editorial: Pirámide. Pérez, Nuria (2017). Por qué es importante el pensamiento creativo. Hello creatividad. Recuperado de: https://hellocreatividad.com/ Romo Santos, Manuela (1987). Treinta y cinco años del pensamiento divergente: teoría de la creatividad de Guilford. Universidad Autónoma de Madrid. Ruiz Gutiérrez, S. (2010). Práctica educativa y creatividad en Educación Infantil (Tesis doctoral). Universidad de Málaga, Facultad de Ciencias de la Educación. Waisburd, G. (1996). Creatividad y transformación. Editorial: Trillas. Wallas, Graham (1926). El arte del pensamiento. Editorial: Harcourt
4.1. Bibliografía Andueza, M., Barbero, A.M., Caeiro, M., da Silva, A., García, J., González, A., Muñiz, A. y Torres, A. (2016) Didáctica de las artes plásticas y visuales en Educación Infantil. Unir Editorial. Bravo Figueroa, D. (2009). Desarrollo de la creatividad en la escuela (Volumen 44). Publicado por Coordinación Educativa y Cultural Centroamericana. Hoyuelos, Alfredo (2009). La ética en el pensamiento y obra pedagógica de Loris Malaguzzi. Editorial Octaedro Marín Viadel, Ricardo (2003) Didáctica de la educación artística. Editorial Pearson Ministerio de Educación (2011) Escuelas infantiles de Reggio Emilia: La inteligencia se construye usándola. Editorial Morata S.L. Red Educa (2018). Manual “Método Reggio Emilia”. Universidad de Nebrija. Editorial Euroinnova. Vecchi, Vea (2013). Arte y creatividad en Reggio Emilia: El papel de los talleres y sus posibilidades en educación infantil. Editorial Morata
5.Anexos
Anexo 4: Entrevista Reggio Emilia 1. Datos del entrevistado/a A persoa escollida para a entrevista foi Maravillas Martínez, mestra de educación infantil afincada actualmente en Italia. Formouse no enfoque Reggio Emilia, interesada nel dende a universidade, e a día de hoxe é mestra nunha escola que traballa con este enfoque. He recoñecida nas redes sociais pola súa páxina “Una maestra en Italia”, onde comparte as súas experiencias, ideas e reflexións en torno a infancia e a súa traxectoria como mestra seguindo o enfoque reggiano. ¿Cuál es tu profesión actual? ¿Siempre te has dedicado a ello? Soy maestra de educación infantil. Tengo la suerte de poder decir que sí, prácticamente desde que acabé la carrera en el año 2016 he trabajado como maestra o educadora infantil, excepto un año en el que cursé un máster. Otras veces he compaginado mi labor docente con otro tipo de ocupaciones. ¿Cuál es tu formación? Grado en Educación Infantil. Máster en Cultura de Paz: educación, conflictos y derechos humanos. Asistencia a diversos talleres, congresos y cursos siempre relacionados con la educación: psicomotricidad, dificultades en el aprendizaje, creatividad, neurodidática, etc. Por otro lado soy autodidacta: me gusta mucho leer y buscar información sobre temas educativos, pedagogías activas etc ¿Cuál es tu experiencia en el enfoque Reggio Emilia? ¿Cuánto tiempo llevas trabajando con él? Mi interés por este enfoque comenzó en los últimos años de la carrera. Me llamaba mucho la atención su apuesta por la libertad, el arte, y el respeto a los derechos de los niños. Durante todo este tiempo he leído artículos y libros, y he buscado mucha información. Un tiempo después de llegar a Italia, comencé a trabajar en una escuela que pertenece a la fundación Reggio Children. Su proyecto pedagógico está organizado y supervisado por una pedagoga de Reggio Emilia. Así puedo vivenciar completamente cómo se desarrolla esta filosofía en un centro educativo.
¿Dónde has realizado tu formación en este enfoque? ¿La recomendarías al resto de docentes? ¿Por qué? Sé que existen diversos cursos en España, aunque no puedo recomendar ninguno porque no he hecho ninguno de ellos. Como he mencionado, siempre he sido muy autodidacta. Además, en la escuela donde trabajo actualmente hacemos formaciones todos los meses sobre temáticas relacionadas con Reggio. Recomiendo el libro “La educación infantil en Reggio Emilia” de Loris Malaguzzi, así como los artículos de Alfredo Hoyuelos, que es el mayor experto y difusor de la filosofía Reggio en España. También creo que es enriquecedor, si se tiene la oportunidad, visitar las escuelas infantiles de Reggio Emilia y el centro internacional Loris Malaguzzi, ubicado en la misma ciudad. En dicho centro se realizan también conferencias, congresos y diferentes tipos de formaciones. Hay que estar atentos a su página web y sus redes sociales. Ahora mismo Diip, una organización que realiza formaciones y viajes a Reggio, ofrece una serie de webinar online sobre Reggio en el mes de julio. Están acreditados por Reggio Children. Ellos no suelen realizar eventos o formaciones online y aún menos acreditarlas, así que me parece una buena e interesante oportunidad como introducción al enfoque. http://www.diip.es/cursos-online.html Por otro lado REMIDA Bologna está realizando entre junio y julio otra formación online https://www.facebook.com/remidabologna/posts/2638764656228215?__tn__=K-R En conclusión, yo recomendaría ir a Reggio a visitar las escuelas y a hacer alguna formación. Por otro lado también me parece recomendable hacer las formaciones con instituciones “oficiales”, que estén directamente relacionadas con Reggio Emilia (Reggio Children, REMIDA, etc) o con profesionales que hayan tenido un contacto directo, real y cercano con las escuelas que forman parte de Reggio Children. Es decir, que trabajen o hayan trabajado en ellas. ¿Has tenido la ocasión de trabajar en una escuela española y una italiana Reggio? ¿Qué destacarías? ¿Cuáles eran las diferencias más notables?
Trabajé un año en España pero la escuela no seguía la filosofía Reggio, ni ninguna en particular. Las diferencias eran bastantes: en la española las ratios alumno/maestro eran mucho mayores, no había atelier, no se hacía documentación como tal, etc. En general no seguía ninguna pauta reggiana. Las instalaciones también eran muy distintas, porque la escuela de Italia es muy grande (0-6 años) y nueva (se construyó en 2012). Sin embargo la de España es una escuela mucho más antigua, pequeña y familiar, con niños/as de 0 a 3 años. 2. Adentrándonos en el enfoque Reggio Emilia ¿Qué principios reggianos destacarías? ¿Por qué? El principal para mí es que los niños tienen 100 lenguajes. Es el nombre de un poema que escribió Malaguzzi, fundador del enfoque. Es una metáfora en la que se reconocen todas las maneras diferentes que tiene el niño de interpretar el mundo y representar sus ideas y teorías acerca del mundo. La libertad y el fomento de la creatividad y de la curiosidad en Reggio son fundamentales, por eso existe el atelier (taller) y el rol del atelierista (tallerista). Otro punto fundamental es el valor de la estética, tanto en la presentación de las propuestas, como en el cuidado del material y de los espacios, pues en Reggio el espacio es el tercer maestro o educador. Por último, otro punto importante es la importancia de hacer partícipe a familias, vecinos, y formar una comunidad. Hay muchas estrategias para ello, entre ellas la documentación pedagógica sirve para abrir las puertas de la escuela y dar a conocer que se hace en la escuela. Además a los educadores/as o maestros/as les es útil para conocer a su alumnado, mejorar sus propuestas y reflexionar sobre su práctica educativa. ¿Crees posible y necesario que este enfoque se extienda por España? ¿Por qué? En mi opinión todas las pedagogías activas son importantes y necesarias: Waldorf, Rebeca Wild, Montessori, educación viva, el modelo educativo nórdico y por supuesto Reggio. Creo que no existe ninguna pedagogía 100% perfecta. Todas aportan algo y tienen beneficios. Así que creo que es necesario impulsar
a todas ellas y que todas se tengan en cuenta: en los centros educativos, y también en las universidades y en el temario de las oposiciones a maestros/as. En concreto, Reggio es aún bastante desconocida en comparación con otros enfoques o pedagogías así que es necesario impulsarlo. Para mí, la creatividad que tanto se fomenta en Reggio es una cualidad imprescindible en todo ser humano, que permite el pensamiento divergente, y encontrar soluciones a problemas. Es una habilidad muy útil a lo largo de toda la vida. Sin creatividad no habría evolución. También la defensa que hace Reggio por los derechos de los niños, la defensa de la libertad, incentivar su curiosidad, su autonomía etc… Son aportes que considero necesarios y es urgente comenzar a introducirlos en el sistema educativo actual. ¿Crees que el sistema educativo español dista mucho del italiano? Di algunos pros y contras. Sinceramente, no conozco mucho sobre el sistema educativo italiano, porque vivo en Italia desde hace relativamente poco. Además siempre me he dedicado a la etapa infantil y desconozco las otras. Aunque sé que el bachillerato es más largo y acaban más tarde, con 19 años. Además tienen diferentes opciones que aquí no existen, como el bachillerato de lenguas, donde estudian varios idiomas, o el bachillerato de psicopedagogía donde estudian asignaturas como psicología, pedagogía, etc. Este último bachillerato creo que sería ideal para quien quiera estudiar luego Magisterio, pedagogía o psicología. Aquí creo que el bachillerato es demasiado corto, se dan muchísimos cotenidos en poco tiempo, y muchas veces no están relacionados con las carreras universitarias. La gente acaba con 18 años muy perdida, no saben bien que camino escoger. ¿Qué beneficios crees que tiene el enfoque Reggio para los niños/as? Sin duda el principal como ya he mencionado es que los niños desarrollan muchísimo su creatividad, imaginación. Se incentiva su curiosidad. Se les escucha y se tienen en cuenta sus intereses: que cosas les gustan, que les preocupa, sus dudas, preguntas. Así se sienten partícipes de una comunidad y capaces. Se les trata como personas que ya son, con respeto y dignidad.
Se les da libertad, fomentando su autonomía y el ser responsables. Muchas veces trabajan solos, se reparten las tareas que hay que hacer (por ejemplo poner la mesa o regar las plantas). Al trabajar en pequeños grupos, el trato con cada niño/a es totalmente personalizado e individualizado, lo que permite conocerlos y ofrecerles lo que necesitan en cada momento. ¿Cómo describirías un centro que sigue esta filosofía? Es una pregunta complicada. No es lo mismo las escuelas de la ciudad de Reggio Emilia que otras que siguen este enfoque en otras ciudades italianas, en Europa o en el mundo. Cada una tiene un contexto, unas circunstancias y un alumnado diferente, y hay que adaptarse a ello. Algunos elementos que considero pueden ser comunes a todas las escuelas son: Un atelier (o varios, si es posible), que puede estar en la misma aula o en otro espacio. Un atelierista que puede ir puntualmente (semanal o mensualmente) o todos los días. O bien el/la maestro/a se puede formar y ser a la vez educador y atelierista.+ Normalmente hay un espacio central, llamado Piazza o plaza, donde desembocan todas las aulas y los espacios del centro. Es un lugar de encuentro para las familias, los docentes y el alumnado y del centro. Los materiales dependerán de lo que queramos trabajar. En general los materiales abiertos, reciclables, los de origen natural, la mesa de luz y/o un retroproyector son imprescindibles. Por último es imprescindible la documentación pedagógica, que muchas veces está expuesta en las aulas, con fotos, textos etc, colocados siempre de forma estética. Por eso es habitual ver a los maestros con cámaras, anotando en libretas y luego trabajando en el ordenador para realizar dicha documentación.
¿Cómo es la vida escolar de los niños que siguen este enfoque en la etapa infantil? ¿Tienen la oportunidad de seguir sus estudios posteriormente en este tipo de centros? Son niños curiosos, creativos etc como mencioné en la pregunta de los beneficios. No hay muchas escuelas o institutos que sigan este enfoque después de la etapa de Infantil. Hasta donde yo sé, en Reggio Emilia hay una escuela experimental de Primaria. En Madrid hay un colegio que se llama “colegio Reggio” que sigue este enfoque desde Infantil hasta Bachillerato. Lamentablemente ahora mismo no es lo común y son minoría. Espero y deseo que cada vez más colegios apuesten por otras pedagogías y enfoques activos. https://reggio.es/ (web del colegio Reggio) https://www.rtve.es/alacarta/videos/la-aventura-del-saber/aventura-del-saberreggio/5299869/ (reportaje sobre este colegio) 3. Arte y creatividad en Reggio Emilia ¿Qué importancia crees que tiene el arte en la etapa infantil? ¿Y la creatividad? Creo que son fundamentales y muchas veces no se las tiene en cuenta, o se reduce todo a hacer manualidades. No tengo nada en contra de ellas, por supuesto. De hecho tienen también múltiples beneficios. Pero son cosas diferentes. Incluir todas las artes (teatro, escultura, fotografía, artes plásticas, danza etc) en el currículo de Infantil y por tanto, también en las escuelas, es primordial. Y si puede ser de la mano de artistas profesionales o de maestros formados en alguna disciplina artística, mejor que mejor. A través del arte se pueden enseñar muchísimas habilidades y contenidos: psicomotricidad, matemáticas, lenguajes, etc. También se aprende a apreciar todas las disciplinas artísticas, que a menudo son las grandes olvidadas y “ninguneadas”. De esta forma se valorarían como se merecen desde que son muy pequeños/as. La creatividad y el arte están muy relacionadas. El desarrollo de la creatividad es muy importante por las razones que he mencionado anteriormente: es una cualidad imprescindible en todo ser humano, que permite el pensamiento
divergente, y encontrar soluciones a problemas. Es una habilidad muy útil a lo largo de toda la vida. Sin creatividad no habría evolución. ¿Crees que actualmente, ambos conceptos, tienen la importancia que debería en la etapa infantil y, en general, en toda la etapa educativa? Cada vez hay más centros tanto públicos como privados que apuestan por un cambio de mirada y por hacer las cosas de otra manera, poniendo en el lugar que se merecen a las artes y a la creatividad. Hay muchísimos/as educadores/as y maestros/as que están en continua formación y crean proyectos maravillosos. Pero es cierto que no es lo habitual. Por desgracia aún es minoría. Aunque soy positiva y quiero pensar que es una tendencia que está cambiando y cada vez seremos más los que hagamos cosas diferentes. Para que esto pase en mi opinión es necesario, entre otras cosas, formar a los educadores-as, maestrosas y al profesorado del futuro. ¿Cómo? Creo que durante la formación universitaria, en las leyes nacionales y regionales y en la preparación de las oposiciones de cualquier etapa educativa estos conceptos deberían estar mucho más presentes y fomentarse aún más. ¿Qué consejo le darías a las maestras y maestros para que fomentasen estas cuestiones en sus aulas? Para ser más creativos, muchas veces basta con preguntarles a los maestros de la creatividad, a los que más saben: los-as niños-as. Si tenemos una idea o queremos trabajar un determinado tema les podemos preguntar y sobre todo, escucharles, poner atención sobre qué les interesa, cómo lo quieren hacer, descubrir sus dudas, sus teorías, sus hipótesis… Y de ahí empezar el proyecto que queramos. También es muy recomendable observarles para comprobar que les gusta, que les interesa. Y usar esto para crear proyectos o enseñarles determinados contenidos a través de cosas que les gusten. Si son muy pequeños la observación es la clave. Otras opciones son Leer libros sobre creatividad o hacer cursos o talleres sobre esta temática también puede ser útil. Por ejemplo, la buena educación de César Bona. Es un maestromuy creativo que hace proyectos increíbles y muy originales. La creatividad es una habilidad que se puede fomentar y entrenar, por
eso conviene no estancarnos o pensar que no somos creativos o que no podemos hacer más. 4. Conociendo el enfoque Reggio Emilia Además de tu página Una maestra en Italia, si tuvieses que recomendar alguna otra (blogs, redes sociales…) que muestre el enfoque de la manera más realista, ¿Cuáles serían? Hay algunos blogs que me gustan mucho: http://www.inspiradosenreggioemilia.com/ https://culturadeinfancia.com/ https://innovarteinfantilesp.wordpress.com/ También hay madres que adaptan este enfoque a casa y tienen recursos muy interesantes: https://www.mamaextraterrestre.com/ (ella publicó un libro sobre piezas sueltas muy interesante) https://poetisainsomne.com/ Esta madre tiene un blog desde hace muchos años, y tiene muchísimos recursos en el. De igual manera, ¿Qué centros son más conocidos en Italia por este enfoque? Y en España, ¿conoces alguno? Aunque parezca increíble, en Italia este enfoque está mucho menos difundido que otros como Montessori. Algunos centros en Italia, sobre todo en la parte Norte son estos: https://www.facebook.com/nidoscuolajacaranda/ https://www.facebook.com/nidoscuolaclorofilla/ https://www.facebook.com/nidoscuolacalicanto/ En España: https://www.facebook.com/La-Tribu-Centro-de-educacion-infantil-1996807423958262/ https://www.facebook.com/Ludicaespacioinfantil/
En Latinoamérica (sobre todo Perú) https://www.facebook.com/bellellied/ https://www.facebook.com/NidoLaCasaAmarilla/ https://www.facebook.com/nidochiquitines.chacarilla/ ¿Existe algún centro español que cuente actualmente con un atelier o algo similar? No estoy segura. Puedes preguntar en los dos que he mencionado en la pregunta anterior o en el Colegio Reggio, de Madrid, que he mencionado anteriormente. Si nos quisiéramos informar y formar sobre el enfoque Reggio Emilia, ¿cuáles serían tus recomendaciones? (bibliografía, cursos, monográficos, etc.) Respecto a bibliografía, para comenzar a adentrarnos en este enfoque me parece imprescindible el libro “la educación infantil en Reggio Emilia” de Loris Malaguzzi y todos los artículos de Alfredo Hoyuelos. También hay muchos otros libros interesantes sobre documentación, arte, creatividad,… Por ejemplo “arte y creatividad en Reggio Emilia” de Vea Vecchi, que ha sido atelierista en las escuelas de Reggio Emilia. Revisar todos los blogs y páginas que he comentado anteriormente. Existen tres grupos en Facebook muy útiles: “inspirados en Reggio Emilia”, trabajando con Reggio Emilia y enfoque Reggio Emilia en casa. En estos grupos existe una pestaña llamada “archivos” donde se pueden encontrar artículos y documentos muy enriquecedores, además de las publicaciones diarias de sus miembros. Respecto a la formación, mi consejo es formarse con instituciones “oficiales” (como Reggio Children o REMIDA) o con profesionales que hayan tenido un contacto directo, real y cercano con las escuelas que forman parte de Reggio Children. Es decir, que trabajen o hayan trabajado en ellas. Por útimo creo que es muy recomendable, si es posible, visitar Reggio Emilia, sus escuelas y el centro internacional Loris Malaguzzi, A veces hacen congresos,
conferencias y seminarios, así que lo ideal es ir cuando tengan lugar alguno de estos eventos. Para más información recomiendo seguir a Reggio Children y a REMIDA en redes sociales y visitar sus páginas webs a menudo para estar al tanto cuando realicen alguna formación Por último puntualizo que actualmente no existe ningún curso que te acredite como maestro Reggio Emilia, porque Reggio es una filosofía u enfoque, no un método. Existen cursos para acercarse al enfoque, hacerse una idea de que se trata, cómo funciona esta filosofía en Reggio e inspirarse. Luego, con creatividad, se puede adaptar a otras realidades. 5. El atelier Mi trabajo, además de la parte teórica necesaria, cuenta con una parte práctica en la que trato de diseñar un atelier cuyo motor sea la creatividad y el arte. Para comprender este concepto mejor, ¿podrías describirlo con tus palabras? El atelier o taller es un lugar que fomenta la creatividad en numerosos ámbitos: artes plásticas y gráficas, música, fotografía, movimiento (psicomotricidad) cine o cocina y con diferentes elementos: luz, naturaleza, un gimnasio.. El objetivo es hacer emerger e impulsar todos las posibilidades que ofrecen los lenguajes simbólicos de los niños. En él se ofrecen diversas técnicas instrumentos y materiales y los niños pueden intercambiar con sus amigos talentos y descubrimientos. ¿Tienes un atelier en tu aula? ¿Cómo es? Descríbelo. En la escuela donde trabajo ahora, hay atelier fijos y otros efímeros. Los atelier fijos son los que cuentan con un espacio propio y diferente al aula. En mi escuela, por ejemplo, son los de la naturaleza o el color. Otros son efímeros, en el sentido que se hacen, duran un determinado tiempo y luego ese mismo espacio vuelve a ser un aula, la entrada. Por ejemplo, en mi escuela, los atelier de la luz o la música comparten espacio con algún aula, y el de cocina se hace en la plaza (plaza: entrada, lugar de encuentro). El de movimiento se suele hacer en el gimnasio, en el parque y en ocasiones en la Piazza (plaza).