scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Resolución reitoral do 11-10-2016 pola que se establece o procedemento para a solicitude, tramitación e difusión de actividades recoñecibles como competencias transversais

Universidade de Santiago de Compostela. Reitoría

Full text

1 ~ ~~IL)É.~’MNIIMUU k DE COMPOSTELA i1:_.i- S ~ ~EXIST1O EENIVE.RSII)AE)E DI S~Nl]ACE) DE CDMI’USII_IA SflL. ‘303060 ‘i7 ‘O.’Ií 08:30 RESOLUCIÓN REITORAL DO 11/10/2016 POLA QUE SE ESTABLECE O PROCEDEMENT PARA A SOLICITUDE, TRAMITACIÓN E DIFUSIÓN DE ACTIVIDADES RECOÑECIBLES COMO COMPE TENCIAS TRANSVERSAIS O apartado 1.2 do Acordo do Consello de Goberno sobre o recoñecemento de créditos nos estudios de grao ao abeiro do artigo 12.8 do real decreto 1393/2007 no seu texto refundido do 5 de xullo de 2016 establece 1.2.- Ademais das incluidas neste acordo, mediante resolución reitorol poderanse determinar outras actividades para seren recoñecidas como créditos nas titulocións de grao. Como criterio xeral, para que poida ditarse resolución de recoñecemento de créditos por outras actividades, o con tido da actividade debe axustarse ao disposto no artigo 12.8 do Real Decreto 1393/2007 e existir un proceso formativo cunha programación estruturada, que os alumnos teñan seguimento por parte dos responsables da ac tividade, e que poida ser avoliable. Estas resolucións de recoñecemento elevaranse ó Comisión delegado do Consello de Goberno con competencias en titulacións para que emita informe. 1.2.1.- 0 recoñecemento das novas actividades só seró efectivo unha vez se aproben mediante re solución reitoral. 1.2.2. - 0 recofiecemento de créditos deberá figurar na convocatoria da actividade, así como os re quisitos e condicións para a súa obtención. 1.2.3. - O recoñecemento man terase en cursos sucesivos en tanto se man teña a actividade e as condicións básicas polas que foi aprobada.” 1.6.- Creorase un Rexistro de Actividades recoñecibles onde figurarán os elementos esenciois das acti vidades que se recoñecen ao abeiro dese Acordo. Para os efectos da aplicación destas disposicións, e das contidas nos apartados Cuarto e Dé cimo do mesmo Acordo, cómpre articular o procedemento para a tramitación das propostas e a resolución das mesmas, así como a xestión dos recoñecementos nos expedientes dos alumnos, e é por isto que, este Reitorado RESOLVEU: PRIMEIRO.- PROPOSTAS DE RECOÑECEMENTO DE ACTIVIDADES 1.1.- Corresponde á Comisión delegada do Consello de Goberno con competencias en titula cións a autorización de recoñecemento de actividades como créditos nos estudios de grao ao abeiro do artigo 12.8 do real decreto 1393/2007 conforme aos apartados Cuarto e Dé cimo do Acordo do Consello de Goberno sobre o recoñecemento de créditos nos estudios de grao ao abeiro do artigo 12.8 do real decreto 1393/2007 no seu texto refundido do 5 de xullo de 2016. 1.2.- Para as actividades establecidas no apartado Décimo do citado Acordo do Consello de Goberno serán competentes os Centros (de forma individual ou colectiva) ou a Vicerreitoría con competencias en orientación laboral e emprego. Para as actividades do apartado Cuarto SÇIJe UNIX }tSj[) ‘U! DE SANI IAU( E CC»! POST’: [A do mesmo acordo a competencia corresponderá á Vicerreitoría con competencias en cultu ra O resto dos sistemas de recoñecemento serán os establecidos no propio acordo citado. A proposta de recoñecemento de actividades do apartado Décimo realizada polos Centros, será tramitada por estes a través do sistema electrónico institucional de seguimento de ex pedientes FLEXIA conforme ao indicado no apartado 2.3 desta Resolución. As actividades propostas pola Vicerreitoría con competencias en cultura e as da Vicerreitoría con competencias en orientación laboral e emprego tramitaranse a través do Servizo de Xestión Académica (SXA) conforme ao establecido nos apartados 2.3 e 2.4 desta Resolu ción. 1.3.- No caso de que nas actividades participen empresas ou organizacións privadas, só se recoñecerán de existir unha implicación e compromiso claro por parte dun departamento, instituto, centro ou órgano da USC respecto á organización e control do desenvolvemento da actividade. 1.4.- As propostas de recoñecemento deberán ser únicas por actividade, de xeito que cando a mesma actividade se impute aos alumnos de titulacións en diferentes centros, o órgano que propoña o seu recoñecemento deberá tramitar a proposta debidamente acompañada dos acordos de todos os centros implicados. Exceptúanse do disposto neste apartado as propostas das vicerreitorías, que poderán ser aplicables aos alumnos de distintas titulacións sen necesidade de acordo específico dos cen tros afectados. 1.5.- As propostas axustaranse ao formulario electrónico de solicitude incluído no sistema FLEXIA e dirixiranse ao Reitor a través do Servizo de Xestión Académica (SXA) acompañados da documentación que se estime conveniente sobre o contido delas para o pronunciamento da Comisión delegada do Consello de Goberno con competencias en titulacións , que debe autorizala (memoria, trípticos, folleto, ...), e deberán incluír, polo menos: * Titulo. Designación que figurará na actividade, tanto na información institucional como nas acreditacións dos alumnos * Datas de aprobación en cada un dos centros afectados * Propoñente * Organizador, se é distinto do centro que propón o recoñecemento * Dirección, teléfono, e-mail, web, etc para obter información * Alumnado ao que vai dirixido (titulacións concretas) * Datas e horarios de celebración * Duración en horas * Número de alumnos máximo e método de selección, de ser o caso * Prezo da inscrición vi: (~)~I[’( si * Responsable académico, que deberá ser membro do PDI da USC e que será o res ponsable da sinatura das actas que reflicten a participación e superación da actividade polos alumnos * Memoria ou descrición da actividade * Modo de seguimento e control das actividades do alumnado 1.6.- Para a autorización da actividade requirirase, con carácter xeral, que teñan unha dura ción mínima de 25 horas. Cada 25 horas lectivas serán equivalentes a 1 ECTS. 1.7.- No caso de que a actividade teña aparellado prezo de inscrición non incluirá en ningún caso o prezo que deberá aboar o alumno para a súa imputación no expediente, agás en ca sos debidamente autorizados, que en todo caso deberán figurar na proposta. SEGUNDO.- TRAMITACIÓN E RESOLUCIÓN DAS PROPOSTAS DE RECOÑECEMENTO 2.1.- As propostas de recoñecemento de actividades como créditos optativos nas titulacións de grao deberanse tramitar cunha antelación mínima de 45 días. 2.2.- En ningún suposto poderase dar publicidade do recoñecemento de créditos optativos dunha actividade ata que estea ditada a Resolución pola que se autoriza o seu recoñece mento. A inobservancia desta norma suporá a nulidade da proposta de recoñecemento e a esixencia de responsabilidade dos promotores. 2.3.- A proposta de recoñecemento será enviada ao SXA a través do sistema electrónico institucional de seguimento de expedientes FLEXIA polos responsables das unidades de apo io á xestión dos centros. No caso das propostas das Vicerreitorías con competencias en cul tura e orientación laboral se dará traslado das propostas ao SXA para a súa inclusión en FLEXIA, mediante o sistema que consideren. 2.4.- 0 Servizo de Xestión Académica examinará a documentación achegada e, no seu caso, elevará no prazo máximo de 5 días a proposta de recoñecemento á Vicerreitoría con com petencias en titulacións para o seu exame pola Comisión delegada do Consello de Coberno con competencias en titulacións . Se a dita Comisión autoriza o recoñecemento a proposta remitirase de novo ao Servizo de Xestión Académica para que elabore a resolución corres pondente. 2.5.- No caso de que a documentación sexa insuficiente ou que a actividade ou seminario proposto non se axuste ás normas establecidas, darase conta ao órgano propoñente para que subsane as deficiencias. De non recibir resposta no prazo de 10 días procederase a ar quivar a solicitude. 2.6.- Ditada a Resolución de recoñecemento dunha actividade, o Servizo de Xestión Acadé mica (SXA) procederá a dala de alta no sistema informático de Xestión académica XESCAM 3 SC. 1 kSII) ~DI [JI S~NIIA( U III (_UMI’( SI’ LS PUS para os efectos de que os alumnos podan inscribirse nela a través da súa Secretaría Virtual. Asemade, o SXA dará traslado aos promotores da resolución a través do sistema FLEXIA ou daqueles que se considere conveniente. TERCEIRO.- XESTIÓN DAS ACTIVIDADES RECOÑOCIDAS 3.1.- Todas as actividades recoñecidas figurarán no sistema XESCAMPUS a efectos de matrí cula, emisión e xestión das actas, emisión de certificacións e acreditacións, así como para o propio rexistro das actividades autorizadas. 3.2.- 0 responsable académico da actividade será o encargado da sinatura das actas no sis tema informático. 3.3.- Una vez asinada a acta dunha actividade procederase a emitir a acreditación ou certifi cación individual aos alumnos que a superaran consonte o modelo de certificación que aprobe a Secretaría Xeral. Esta acreditación non devengará prezos e será emitida a través da Secretaría Virtual dos alumnos con selo de órgano. 3.4.- Para a imputación dunha actividade no expediente o alumno interesado deberá aboar os prezos que correspondan en función dos ECTS a recoñecer. A solicitude de imputación e o abono dos prezos farase a través da Secretaría Virtual do alumno. 3.5.- A Secretaría Xeral propiciará a difusión a través da páxina web da Universidade de San tiago de Compostela e dos restantes sistemas de información electrónica, das actividades recoñecidas, así como as que están en trámite de recoñecemento. CUARTO.- REXISTRO DE ACTIVIDADES RECOÑECIBLES COMO ECTS NOS ESTUDOS DE GRAO Para os efectos de facilitar a consulta e información dos alumnos, así como a propia xestión das actividades, a Secretaría Xeral propiciará a inclusión no sistema informático Xescampus de todas as actividades recoñecibles como ECTS nos estudos de Grao ao abeiro do artigo 12.8 do Real Decreto 12393/2007, incluíndo as autorizadas con anterioridade a esta Resolu ción. Todas as posibilidades de recoñecemento de créditos optativos segundo o disposto no arti go 12.8 do Real Decreto 1393/2007 figurarán nunha mesma páxina de información facil mente accesible. QUINTO.- DESENVOLVEMENTO A Secretaría Xeral ditará cantas ordes de servizo ou instrucións sexan necesarias para a pos ta en marcha do disposto nesta resolución, así como para facilitar a súa difusión a todos os afectados. 44 SC ~42’4; DL (OMPOS 1 lA DISPOSICIÓN TRANSITORIA.- ADECUACIÓN DO SISTEMA INFORMÁTICO En tanto non estean dispoñibles as funcionalidades informáticas necesarias, o alumnado solicitará na Unidade de Xestión Académica que corresponda en función dos estudios que curse tanto a expedición da acreditación como a imputación de ECTS optativos no seu ex pediente e o pago correspondente. DISPOSICIÓN FINAL- A presente Resolución entrará en vigor na data d~!_4Iicación cial da Universidade de Santiago de Compq.~. /10/2016 no Taboleiro Electrónico Ofi Santiago de ‘4 Juan M.Vian~