Full text
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN PEDAGOXÍA XERONTOLÓXICA: A ATENCIÓN XERONTOLÓXICA CENTRADA NA PERSOA (AXCP) DENDE A EDUCACIÓN SOCIAL GRAO EN EDUCACIÓN SOCIAL TRABALLO FIN DE GRAO (TFG) AUTORA: Rodríguez Rodríguez, Laura TITORA: Mª del Carmen Gutiérrez Moar Curso Académico 2017-2018 Xuño 2018
TÍTULO: «PEDAGOGÍA GERONTOLÓGICA: LA ATENCIÓN GERONTOLÓGICA CENTRADA EN LA PERSONA (AGCP) DESDE LA EDUCACIÓN SOCIAL» TÍTULO: «PEDAGOXÍA XERONTOLÓXICA: A ATENCIÓN XERONTOLÓXICA CENTRADA NA PERSOA (AXCP) DENDE A EDUCACIÓN SOCIAL» TITLE: «GERONTOLOGICAL PEDAGOGY: PERSON-CENTRED CARE (PCC) FROM THE SOCIAL EDUCATION»
Agradecementos Foron moitas as persoas que nos prestaron os seu apoio e comprensión incondicional para que este Traballo Fin de Grao (TFG) puidera realizarse. Foi un camiño repleto de imprevistos e dificultades que se foron superando a medida que avanzabamos no tempo, con moito esforzo e dedicación. Sempre dende o cariño e a ilusión que este novo proxecto significou para min como futura profesional da Educación Social. Houbo moitas ganas invertidas nel e tamén un amplo volume de horas nas que tivemos que traballar duramente para que este proxecto académico puidese ver finalmente a luz. En primeiro lugar necesito agradecerllo a Mary Gutiérrez Moar, sen a cal (a día de hoxe podo dicir con seguridade) me sería imposible haber chegado ata aquí. Grazas pola motivación e apoio diario, pola túa compresión e dedicación. En fin, grazas por alumearme o camiño «estreliña da fortuna». En segundo lugar a meus pais, pola educación que me brindaron. Por criarme dende a máis profunda humildade e ensinarme valores esenciais que me levaron ó mundo da Educación Social, buscando sempre como obxectivo axudar ós demais. Como eles facían comigo e con calquera persoa que se lles cruzase polo camiño. Papá, estás sempre presente. A meus irmáns, por apoiarme en todo o momento e tenderme unha man sempre que me facía falta. Por escoitarme e comprenderme. Ás miñas compañeiras e amigas da facultade, por estar ao meu carón en todo momento e por todo o que me aportaron ó longo do meu devir académico. Polas risas e polos choros. Polos abafos, sempre acompañados de recompensas. Grazas. E para finalizar, grazas á Universidade de Santiago por darme esta oportunidade que considero que souben aproveitar moi ben.
«PEDAGOXÍA XERONTOLÓXICA: A ATENCIÓN XERONTOLÓXICA CENTRADA NA PERSOA (AXCP) DENDE A EDUCACIÓN SOCIAL» Índice INTRODUCIÓN.............................................................................. 1 1. FUNDAMENTACIÓN TEÓRICO-CONCEPTUAL………………………….……………… 3 1.1. Introdución……………….………………………………………………………………….........…………...…. 3 1.2. Que é a vellez? e o avellentamento activo……….......….………………………………………….. 3 1.3. Como entender a Xerontoloxía no ámbito da educación: Dúas perspectivas. A Pedagoxía Xerontolóxica e a Xerontoloxía Educativa.............................................. 6 1.4. Dimensións clave na atención ás persoas maiores no século XXI: Personalización e integridade……………………………………………………………………………………..........……………... 10 1.4.1. Atención Integral (AI)………………........……………………………………………………...…..……. 11 1.4.2. Conceptualización da Atención Xerontolóxica Centrada na Persoa (AXCP)…......... 12 1.5. Conclusións………………………………….........……………………………………………………..………… 13 2. CARACTERIZACIÓN DO MODELO DA AXCP………………………..…..…..…………. 14 2.1. Introdución……………………………………………………………………........…..……………………….... 14 2.2. A AXCP: Evolución histórica e situación actual….......………………….………………..……….. 15 2.3. A dignidade da persoa como punto de partida……………………..………………………………. 17 2.4. Sentidos e significados dentro da AXCP……………………………….………………………….……. 19 2.5. Conclusións…………………………………………........…………………………………………………..…… 21 3. O PAPEL DA EDUCACIÓN SOCIAL NA AXCP………..……………..…………..…..... 22 3.1. Introdución…………………………………….......…………………………..……………………………….... 22 3.2. Educación permanente/Educación ao longo da vida……..………………....…..…………….. 23
3.3. A AXCP e o Educador Social: Obxectivos e funcións.................................................. 26 3.4. Accións dende a Animación Sociocultural (ASC) e o tempo de lecer para fomentar a AXCP...................................................................................................................... 28 3.5. Conclusións………………………………………………………………………………………………….......... 32 CONCLUSIÓNS..………………......………..……………………………..…………………..…… 33 BIBLIOGRAFÍA…..……......……….....................…………….…….……………….…...... 35 ANEXOS…………………………………………………………………….......……..………..…….. 41 Envellece comigo! O mellor está aínda por chegar. Robert Browning (1812-1889) i Poeta inglés. Unha bela ancianidad é, ordinariamente, a recompensa dunha bela vida. Pitágoras de Samos (582 AC-497 AC) Filósofo e matemático grego ii .
Resumen TÍTULO: «PEDAGOGÍA GERONTOLÓGICA: LA ATENCIÓN GERONTOLÓGICA CENTRADA EN LA PERSONA (AGCP) DESDE LA EDUCACIÓN SOCIAL» El objetivo principal de esta investigación documental es mostrar la Atención Gerontológica Centrada en la Persona (AGCP) como un modelo para orientar la mejora de la calidad de vida de las personas mayores, donde se consideran valores nucleares la salvaguarda de la dignidad de la persona, el respeto a su singularidad y el derecho al control de su propia vida. Dentro de la AGCP, la autonomía se reconoce como un asunto clave en la atención cotidiana, donde la Educación Social juega un papel importante partiendo de la Animación Sociocultural (ASC), el tiempo de ocio y la educación a lo largo de la vida hacia el logro de un Desarrollo Comunitario (DC). Desde el ámbito de la educación, reconocemos la acción gerontológica profesional bajo el concepto de la Pedagogía Gerontológica, donde la AGCP se convierte en un amplio campo de trabajo para el/la Educador/a Social, junto con el resto de profesionales que puedan conformar el equipo interdisciplinar, cuya acción es ver la vejez y el envejecimiento de la población manteniendo los principios de este nuevo modelo. PALABRAS CLAVE: Pedagogía Gerontológica, Atención Gerontológica Centrada en la Persona (AGCP), Vejez, Envejecimiento, Educación Social y Educador/a Social.
Resumo TÍTULO: «PEDAGOXÍA XERONTOLÓXICA: A ATENCIÓN XERONTOLÓXICA CENTRADA NA PERSOA (AXCP) DENDE A EDUCACIÓN SOCIAL» O obxectivo principal desta investigación documental é mostrar a Atención Xerontolóxica Centrada na Persoa (AXCP) como un modelo para orientar a mellora da calidade de vida das persoas maiores, onde se consideran valores nucleares a salvagarda da dignidade da persoa, o respecto a súa singularidade e o dereito ao control da súa propia vida. Dentro da AGCP, a autonomía recoñécese como un asunto clave na atención cotiá, onde a Educación Social xoga un papel importante partindo da Animación Sociocultural (ASC), o tempo de lecer e a educación ao longo da vida cara ao logro dun Desenvolvemento Comunitario (DC). Dende o ámbito da educación, recoñecemos a acción xerontolóxica profesional baixo o concepto da Pedagoxía Xerontolóxica, onde a AXCP convértese nun amplo campo de traballo para o/a Educador/a Social, xunto co resto de profesionais que podan conformar o equipo interdisciplinar, cuxo acción é ver a vellez e o avellentamento da poboación mantendo os principios deste novo modelo. PALABRAS CHAVE: Pedagoxía Xerontolóxica, Atención Xerontolóxica Centrada na Persoa (AXCP), Vellez, Educación Social e Educador/a Social.
Abstract TITLE: «GERONTOLOGICAL PEDAGOGY: PERSON-CENTRED CARE (PCC) FROM THE SOCIAL EDUCATION» The main objective of this documentary research is to show the Person Centered Gerontological Care (PCGC) as a model to guide the improvement of the quality of life of the elderly, where nuclear values are considered to safeguard the dignity of the person, Respect for their uniqueness and the right to control their own lives. Within the PCGC, autonomy is recognized as a key issue in day-to-day care, where Social Education plays an important role starting from the Sociocultural Animation (SCA), leisure time and education throughout life towards the achievement of a Community Development (CD). From the field of education, we recognize the professional gerontological action under the concept of Gerontological Pedagogy, where the PCG becomes a wide field of work for the Social Educator, along with the rest of the professionals that can make up the team interdisciplinary, whose action is to see the aging and aging of the population maintaining the principles of this new model. KEY WORDS: Gerontological Pedagogy, Person Centered Gerontological Care (PCGC), Old Age, Aging, Social Education and Social Educator.
Pedagoxía Xerontolóxica... TFG-1Introdución Co presente TFG, denominado Pedagoxía Xerontolóxica: A Atención Xerontolóxica Centrada na Persoa (AXCP) dende a Educación Social, maioritariamente encadrámolo nun traballo de iniciación á investigación documental xa que adopta como base a busca, selección e análise de fontes documentais arredor desta temática específica. Este procedemento científico de investigación responde ó modelo sistémico de indagación, recolección, organización, análise e interpretación de información recompilada a través de distintas fontes, tanto páxinas web como fontes impresas (libros, revistas, dicionarios, entre outros). Este TFG atende ós obxectivos establecidos na materia, a través da elaboración, presentación e defensa dun traballo orixinal mediante o cal lograremos: - Integrar os coñecementos teórico-práctico adquiridos ao longo da carreira. - Demostrar as competencias para planificar, avaliar e innovar a práctica profesional. - Desenvolver de forma sistemática un traballo orixinal que inclúa como mínimo: delimitación do tema, formulación de obxectivos, selección, análise e tratamento de información e elaboración de conclusións e propostas de traballo No proceso de descubrimento da información foi preciso a consulta e lectura de diferentes fontes documentais impresas, electrónicas na Biblioteca da Universidade de Santiago, bases de datos como Dialnet ou Google Académico e distintas publicacións de organismos oficiais atopadas nas súas páxinas web, son as que dan forma a esta investigación. As materias cursadas que tiveron un maior peso á hora da elaboración deste TFG, debido á súa relación coa temática foron: Acción Socioeducativa con Persoas Adultas e Maiores, Teoría da Educación, Metodoloxía de Investigación en Ciencias Sociais e da Educación e Documentación e Información Educativa.
Pedagoxía Xerontolóxica... TFG-8ou ben, dende a práctica pódese cuestionar a aplicabilidade do saber especializado e específico aos casos concretos. A cuestión relevante é que os profesionais da educación, dende esta perspectiva, son quen de crear un coñecemento teórico ou Teorías Substantivas (SABER: aptitudes e coñecemento técnico), permite dispor de ferramentas (Tecnoloxías Específicas) para saber como intervir baseadas na competencia do saber (SABER FACER: saberes prácticos: habilidades e destrezas) e nas decisións técnicas tomadas como especialistas a fin de xerar procesos de Intervención Pedagóxica (Práctica) para responder ás necesidades do colectivo das persoas maiores, é dicir, realizando o axuste das tecnoloxías aos casos concretos. As modificacións que poden darse entre a teoría, tecnoloxía e a práctica na Pedagoxía Xerontolóxica son responsabilidade dos especialistas da educación en exclusiva. Ademais o profesional da educación pon en marcha as competencias de SABER SER: proxecto vital, imaxe propia e persoal, actitudes, valores e crenzas para a organización e interacción e finalmente o SABER ESTAR que une o comportamento individual e grupal. Grado de autonomía, participación e fiabilidade nunha resposta técnica integral e acorde co traballo doutros profesionais que estudan a vellez, o avellentamento en xeral e para orientar, asesorar e estimular aos maiores en particular. En Requejo (2003) defende que Peterson (1976) acuñou por vez primeira o termo «Educational Gerontology» traducido como Xerontoloxía Educacional ou Xerontoloxía Educativa xunto as súas bases científicas. Neste marco teórico como indican Colom e Orte (2001) e Orte e March (2007) as orixes encóntranse na Xerontoloxía abrindo campo dende a medicina para paulatinamente ampliarse cara a outras disciplinas (psicoloxía da educación, antropoloxía da educación) configurando un «espazo científico híbrido», que aspira ao benestar total do individuo. Esta formulación teórica sitúa o campo de actividade entre as ciencias da educación e a xerontoloxía. Posiciona á xerontoloxía como realmente substantivo e principal, sendo os termos educativo, ecolóxico, psicolóxico, sociolóxico,... adxectivos imprescindibles para acadar metas conxuntas que o primixenio coñecemento xerontolóxico require para o logro único e común da calidade de vida. Cabe aclarar que se parte dunha ciencia aplicada que trata de delimitar un espazo científico que equilibra os contidos xerontolóxico e pedagóxico na educación «de», «con» e «para» as persoas maiores a fin de crear unha intervención educativa e/ou pedagóxica vii para estes destinatarios. Dende a epistemoloxía recoñécese coma unha postura teórica subalternada do coñecemento da
Pedagoxía Xerontolóxica... TFG-9educación; porque o fincapé aséntase nas redes socioeducativas para ocuparse de como o coñecemento xerontolóxico se aplica á realidade educativa do colectivo adulto e maior. A Xerontoloxía Educativa, xa dende os anos sesenta se interesou por considerar prioritaria a dimensión educativa do avellentamento. Colom e Orte (2001) centran o enfoque educativo da Xerontoloxía en tres grandes liñas de actuación, que son as seguintes: - Dominar o medio social, histórico, económico, político, cultural e tecnolóxico no que as persoas maiores viven, é dicir, incrementar os seus saberes e coñecementos. - Desenvolver a capacidade de aprendizaxe dende o punto de vista cognoscitivo, instrumental e actitudinal, é dicir, incrementar os saberes prácticos, o saber facer, o aprender a seguir aprendendo. - Satisfacer as preocupacións de orde moral, estético e cultural deste colectivo, é dicir, desenvolver o saber ser, o desenvolvemento persoal e solidario, o crecemento continuo, as relacións sociais e a participación social (Serdio Sánchez, 2008, 2009 y 2015). A Xerontoloxía Educativa está na fronteira entre a xerontoloxía e a educación o que nos indica que o coñecemento teórico ven marcado polas teorías interpretativas e é xerado polos Xerontólogos. Nesta situación os profesionais da educación son os encargados de avaliar a aplicación dese coñecemento á parcela educativa, porque a intervención resólvese coa prescrición de regras validadas polas teorías interpretativas. Aínda que tanto dende a Xerontoloxía Educativa coma a Pedagoxía Xerontolóxica poida defenderse que a finalidade última da educación das persoas adultas e maiores sexa lograr suxeitos responsables, independentes, activos, dignos, con iniciativa e compromisos, con máis capacidade de produción e análise en todos os sentidos, etc. Para a Xerontoloxía Educativa o eixo principal é construír coñecemento dende un desenvolvemento interdisciplinario onde a educación carece de sistema conceptual propio e estrutura teórica consolidada; mentres que para a Pedagoxía Xerontolóxica ou Xerontagoxía, o determinante é a educación xa non é o adxectivo senón o substantivo coma coñecemento especializado e específico que aportan os técnicos da educación, por evolución do coñecemento da educación. Existe un sistema conceptual propio e unha estrutura teórica consolidada no propio ámbito da educación, como calquera outro coñecemento.
Pedagoxía Xerontolóxica... TFG-10En definitiva, estas correntes xeran un discurso pedagóxico científico establecendo unha relación teórico-práctica e formas de configurar a función pedagóxica e intervención pedagóxica distintas. A DIFERENZA está no posicionamento teórico dende o que se crea o coñecemento, é dicir, se son teorías substantivas ou interpretativas o que implicará a construción de tecnoloxías específicas no primeiro caso e teorías prácticas no segundo (Gutiérrez e Olveira, 2012). 1.4. Dimensións clave na atención ás persoas maiores no século XXI: Personalización e integridade Cando falamos da «ética do coidado» viii (Alvarado García, 2004; Comins Mingol, 2015; Davis, 2007; Gilligan, 2013) sabemos que é necesaria para vivir, convivir, satisfacer necesidades, construír proxectos de vida e benestar individual e proxectos comunitarios e cidadáns en torno ó ben común, a igualdade e a solidariedade. O seu campo de acción céntrase tanto no mundo íntimo e privado como no público, configurando indicadores que permiten valorar a forma en que as persoas poden tomar as súas propias decisións e como unha sociedade aborda o recoñecemento da dignidade humana, garante da unión entre dereitos e deberes así como investir socialmente, en termos de custos e efectividade. Camps (1998) recolle as características da ética do coidado baixo os puntos seguintes: 1) É unha ética relacional, onde o relevante é o vínculo coas persoas. 2) Non se limita só a cumprir a lei, senón que lle interesa unha aplicación situacional. 3) Considera que a racionalidade debe mesturarse coa emotividade. 4) O centro está na implicación e compromiso directo e persoal cos demais. 5) Engade un enfoque particularizado cunha visión do ser humano como individuo autónomo e libre con necesidades e capacidades específicas. Un Eu que vai asociado cos outros (igualdade formal e reciprocidade complementaria). 6) Busca superar a brecha entre o público e o privado. A clave aséntase na reconstrución dun suxeito arraigado nun contexto sociocultural, educativo e político, cunha historia persoal e identidade xunto á experiencia afectivoemocional concreta. A integración destes elementos require que se desenvolva cun enfoque global e local (glocal ix ) á vez que diacrónico das necesidades que esixen ser avaliadas
Pedagoxía Xerontolóxica... TFG-11continuamente por mor dos cambios que van xurdindo ó longo do espazo e tempo, é dicir, ao longo da vida do ser humano. A prioridade reside no recoñecemento de cada persoa como un ser singular e valioso, favorecendo a autonomía das persoas maiores e a interdependencia destas co seu entorno social sen esquecer a posibilidade dun apoio na cooperación coidadosa que configuraría unha cidadanía glocal. 1.4.1. Atención Integral (AI) A AI é clave na configuración do contido deste TFG. A relevancia do vocablo ven marcada, na actualidade, por ser obxecto de estudo desde distintas parcelas da realidade. Por exemplo: Sanitaria, educativa e social. Dende os distintos servizos reclámase colaboración e apoio coordinado entre niveis e sistemas. Esta configuración sistémica iníciase coa definición que a OMS (2002a) pronuncia ó recoñecer a AI como aquela que reúne inversións, prestacións, xestión e organización de servizos de diagnose, coidado, tratamento, rehabilitación e promoción da saúde x . En definitiva, busca mellorar os servizos en relación ó acceso, eficiencia, calidade e satisfacción dos usuarios e profesionais que o executan. Pola súa parte Rodríguez Rodríguez (2013, p. 25) fala da AI nos seguintes termos: “aquela que se logra cando, á hora de planificar servizos e programas dirixidos a persoas con necesidades de apoio, se contemplan de xeito holístico todos os ámbitos que nos constitúen como persoas e as necesidades anexas ós mesmos”. Garantir a práctica da AI no modelo de AXCP implica partir dos seus principios reitores. Para Rodríguez Rodríguez (2013) un destes denomínase como «integridade», é dicir, aquel que concibe á persoa coma un ser muldimensional, no que interactúan aspectos biolóxicos, psicolóxicos, educativos, sociais e ambientais, etc. Como futura profesional da Educación, Educadora Social, dende o ámbito da educación preguntámonos: que significa falar de integridade? Pode haber máis dunha resposta, pero dende o coñecemento da educación e a Pedagoxía Xerontolóxica como ámbito implica centrarnos nunha pedagoxía das dimensións xerais de intervención (ámbito xeral de educación) que nos permita crear un proceso de ensinanza-aprendizaxe acorde coa necesidade de atender a todas as dimensións do ser humano (Intelectualidade: intelixenciacognición = pensar, Vontade-volitiva = querer, Afectivo-emocional = sentir, Operativa-
Pedagoxía Xerontolóxica... TFG-12intencional = elixir e facer, Proxectiva-moral = decidir e actuar e Creativa= crear) na configuración que o home realiza do seu proxecto de vida. Ademais, dende o ámbito de educación xeral damos conta dos valores (experiencia axiolóxica) educativos e as competencias xi para a vida persoal, educativa, social e profesional Touriñan e Longueira (2016). 1.4.2. Conceptualización da Atención Xerontolóxica Centrada na Persoa (AXCP) A AXCP é un modelo ancorado na personalización e integridade da atención entendendo que cada individuo é construído como persoa en procesos de apertura e comunicación cos demais. Convértese en axente central e activo da súa vida. O obxectivo non consiste exclusivamente en individualizar a atención, senón en empoderar á persoa dende a relación social, para que ela mesma poida seguir xestionando o seu devir vital e tomando decisións; pois recoñecemos no individuo o dereito a protagonizar a toma de decisións que afectan ó desenvolvemento vital. Para poder universalizar que debemos entender por AXCP é preciso ter como punto de partida a dignidade da persoa, un atributo que nos é intrínseco a todos en cada unha das etapas vitais e que é o eixo sobre o que se fundamenta este paradigma. De aí a obriga de preservalo na súa integridade debendo centrarse nos aspectos máis sensibles, como poden ser: o respecto absoluto pola intimidade, as crenzas, a identidade e imaxe, o dereito a desenvolver o seu proxecto de vida, etc. O respecto á dignidade parte da premisa de que todos somos iguais xii , en dereitos e deberes, e todos merecemos un bo trato (SEGG, 2002; SEGG, 2006; SEGG, 2011 e SEGG, 2012a). Polo tanto, os principios da ética deben presidir tanto a práctica profesional (deontoloxía profesional) como a de todos os axentes que deseñan e planifican accións na atención ás persoas maiores (Xunta de Galicia, 2012 e Xunta de Galicia, 2016a). O modelo da AXCP ten como fundamento unha serie de principios e dereitos referidos ás persoas ás que se dirixe a atención e uns criterios metodolóxicos que fan posible o seu cumprimento [Ver Táboa 1, Anexo 2]. Non existe unha definición única e consensuada da AXCP debido á diversidade e ó alcance que abarca o concepto, de tal xeito que nos atopamos con múltiples achegamentos ó termo que varían en función da parcela da realidade na que se aplica. Incluso dentro dun mesmo espazo técnicoprofesional os termos empregados adquiren diferentes matices.
Pedagoxía Xerontolóxica... TFG-13Martínez Rodríguez (2011, p. 39) propón o termo AXCP sinalando que é “un enfoque onde a persoa, dende a súa autodeterminación na busca da calidade de vida, é o eixo central das intervencións propias e profesionais”. Nesta liña, O IMSERSO (2015). sinala que, coidar ás persoas maiores non consiste exclusivamente en ofrecer unha serie de servizos e atencións. Implica dar resposta a moitas situacións e necesidades acordes cos cambios asociados á modernidade. Trátase de facilitar apoios e novas oportunidades de vida. A AXCP é unha proposta no logro do benestar do xeronte dende a atención profesional e con outros axentes (familia, amigos,...); un modelo que nos permite gañar na calidade de vida das persoas que necesitan axudas e apoios, pero tamén na dos profesionais que se comprometen día a día cunha boa praxe técnica. Na guía de AXCP elaborada por Martínez Rodríguez (2011) configura os catro elementos básicos que se integran neste marco teórico para intervir: a) Os principios reitores, que orientan de forma xenérica os obxectivos das intervencións e os criterios técnicos. b) Os asuntos importantes e consideracións en que se concretan os principios reitores en relación cos axentes e contextos de intervención cotiá. c) As opcións metodolóxicas acordes ós principios e consideracións. d) As pautas e contidos para a boa praxe, incluíndo a identificación dos riscos no día a día. Rodríguez Rodríguez (2013, p. 74) fai referencia nos seus escritos á Atención Integral Centrada na Persoa (AICP), orientada cara ás persoas que se atopan nunha situación de discapacidade ou dependencia, e defínea como aquela que “promove as condicións necesarias para a consecución de melloras en todos os ámbitos da calidade de vida e benestar da persoa, partindo do respecto pleno á súa dignidade e dereitos, dos seus intereses e preferencias e contando coa súa participación efectiva”. 1.5. Conclusións Tras a finalización deste primeiro apartado do TFG debemos ter claras as ideas chave, que resumimos do seguinte xeito: - A vellez é o resultado dun proceso de avellentamento con modificacións e transformacións inevitables e irreversibles que se producen nos seres vivos, sendo o
Pedagoxía Xerontolóxica... TFG-14final a morte. Debe ser entendida baixo os seguintes puntos de vista: orgánicobiolóxico, psicolóxico, funcional, laboral, demográfica ou poboacional e social. - Envellecer non debe ser considerado como algo negativo, pois trátase de algo natural e inevitable. A atención especializada e específica dos maiores centrarase en mellorar a saúde, a autonomía e a produtividade dos cidadáns de máis idade. De aí a obrigatoriedade de adoptar o termo «avellentamento activo» para expresar o proceso polo que se consigue esta idea. - A Xerontoloxía Educativa constrúe coñecemento dende un desenvolvemento interdisciplinario onde a educación carece de sistema conceptual propio e estrutura teórica consolidada; mentres que para a Pedagoxía Xerontolóxica, o determinante é a educación xa non é o adxectivo xerontolóxico/a, senón o substantivo coma coñecemento especializado e específico que aportan os técnicos da educación, por evolución do coñecemento da educación. - A AXCP busca a personalización e integridade da atención entendendo que cada individuo é construído como persoa en procesos de apertura e comunicación cos demais. Pretende que cada persoa sexa axente central e activo do seu existir. 2. CARACTERIZACIÓN DO MODELO DA AXCP Neste segundo punto adentrámonos na Atención Xerontolóxica Centrada na Persoa (AXCP) como unha boa práctica profesional xerontolóxica encamiñada a coidar e protexer aos maiores sen esquecer empoderalos dende o mantemento e desenvolvemento das súas capacidades (estean limitadas ou non) a fin de ter control da súa vida cotiá para garantir o seu benestar e a calidade de vida dende a dignidade. 2.1. Introdución Algo que é preciso recalcar neste apartado, aínda que poida ser considerado evidente, é que as persoas dende o mesmo momento do nacemento iniciamos o proceso do avellentamento. Todos envellecemos e ao longo do ciclo vital dámoslle distintas consideracións á vellez a medida que transitamos por il. Debido ó aumento da esperanza de vida conseguiuse vivir máis anos (benestar e calidade de vida) e tamén que cada vez sexan máis as persoas que logran acadar unha idade avanzada (cambios importantes na pirámide poboacional). Deste xeito, é determinante facer mención ós distintos servizos que prestan
Pedagoxía Xerontolóxica... TFG-15coidados de longa duración ás persoas maiores (en moitos casos en situación de fraxilidade e/ou dependencia), achegándose e explorando os diferentes marcos de atención e instrumentos que permitan envellecer e recibir coidados sempre respectando a dignidade, a preservación de dereitos e deberes e, sobre todo, aumentando a calidade de vida e o benestar tanto físico como mental e emocional das persoas que reciben asistencia profesional. O que pretendemos mediante a AXCP (Martínez Rodríguez, 2016) é situar á persoa usuaria no centro do servizo, organización e proceso de atención, partindo do recoñecemento da súa singularidade e do respecto á súa autonomía funcional e persoal, é dicir, dende o seu propio modo de vida incluíndo, evidentemente, os seus desexos e preferencias que faciliten elixir a mellor opción. Este marco de acción permite desenvolver diferentes medidas no entorno físico, social e organizativo, co fin de promover a calidade de vida das persoas que precisan coidados e aprender o autocoidado. Este modelo é unha forma de entender a relación asistencial na que a persoa é protagonista activa, e tanto o entorno como a organización se converten nos seus apoios para desenvolver os proxectos de vida e asegurar o seu benestar. Dentro de todos os servizos que dispensan coidados de longa duración en España, a AXCP é un modelo que está escasamente implantado, aínda que nos últimos anos tanto o modelo coma os seus enfoques están sendo obxecto de grande interese no sector, debido á crecente consistencia de que o modelo actual predominante é sen dúbida mellorable; pois as persoas maiores a pesares de que moitas precisan duns coidados específicos, deben seguir vivindo segundo as súas decisións e desexos, podendo eles mesmos/as ter control sobre a súa atención e vida cotiá. A continuación, procederemos a caracterizar o modelo da AXCP, mostrando o percorrido histórico, dende os seus inicios ata a situación actual. 2.2. A AXCP: Evolución histórica e situación actual No libro de Martínez Rodríguez (2016a) titulado La Atención Centrada en la Persona en los servicios gerontológicos: Modelos de atención y evaluación, explica que no relativo á AXCP é moi frecuente atribuír a súa orixe a Carl Rogers, o psicoterapeuta que formulou a Terapia Centrada no Cliente (Rogers, 1980 e 1996). Dita terapia parte da hipótese central de que o individuo posúe en si mesmo os medios para a autocomprensión e para o cambio do
Pedagoxía Xerontolóxica... TFG-16concepto de si mesmo, das actitudes e do comportamento autodirixido (Rogers y Stevens, 1980 e Rogers e Freiberg, 1996). Rogers (2012) aposta pola denominación de «Cliente» fronte a «Paciente»; pois o cliente permanece coa responsabilidade e liberdade sobre o proceso terapéutico como un axente activo, mentres que o paciente adopta unha posición doente e máis pasiva. Tendo en conta as recomendacións anteriores este psicoterapeuta insiste na importancia das actitudes e as calidades nunha boa terapia, destacando preferentemente tres (Rogers, 1980 e 1996): a) Aceptación incondicional e positiva da persoa na busca de axuda. b) A empatía, é dicir, a capacidade de entrar no mundo do outro, de poñerse no seu lugar e chegar a comprender as súas vivencias e experiencias. c) A autenticidade ou congruencia, que permiten o diálogo sincero e construtivo cos demais. As achegas de Rogers foron trasladándose a diferentes campos de intervención onde distintos profesionais manteñen relacións de axuda como é o caso da educación, onde se fala de atención centrada no alumno; a saúde, onde se empregan termos de medicina ou saúde centrada no paciente; ou a discapacidade, onde se fai referencia á planificación centrada na persoa (Arias Gallegos, 2015; Nye, 2002; Palacios, 1984; Pezzano de Vengoechea, 2001 e Thorne, 2003). Dentro destes espazos de intervención, pola súa proximidade e interese para a xerontoloxía, deterémonos na aplicación deste enfoque ás persoas con discapacidade xiii . Neste campo xorde en torno ós anos 70 a Planificación Centrada na Persoa como un movemento de reivindicación dos dereitos das persoas con discapacidade e, especialmente, en torno á normalización en países como Canadá, EEUU e Reino Unido. O seu principal propósito era, e é, a defensa da autodeterminación e a visibilización das capacidades deste grupo social, na procura de instrumentos e procedementos que permitan acadar ditos obxectivos. Dende a teoría humanista xunto ao enfoque centrado na persoa de Carl Rogers susténtase unha Planificación Centrada na Persoa entendida como unha metodoloxía facilitadora para que a propia persoa poida planear as metas que queira acadar para mellorar a súa forma de vivir, autocoidarse e ser coidado. Para isto é preciso, se a persoa presenta unha afectación grave, posibilitar o exercicio da súa autodeterminación de xeito
Pedagoxía Xerontolóxica... TFG-17indirecto; é dicir, mediada por outros, ofrecendo un grupo social referencial así coma os apoios que a diversidade funcional que padece o requira. Outra figura a destacar nos inicios da AXCP é Tom Kitwood (Kitwood y Bredin, 1992), o cal como fundador dun grupo especializado en demencia denominado Bradford Demential Group encárgase de deseñar principios de atención especializada para buscar o axuste a finalidade de: centrada na persoa. É dicir, conservar en todo momento a condición de persoa, aínda que as súas capacidades cognitivas non sexan correctas. Kitwood emprega o concepto de «Condición de persoa» (personhood) ó considerar que o estatus de ser humano é outorgado polos demais nas relacións interpersoais que acontecen no medio social. Dita condición de persoa resúmese no recoñecemento que lle outorgamos a calquera suxeito con respecto e confianza. Considerando as ideas anteriores, Martínez Rodríguez (2011), no que acontece á atención ás persoas maiores que precisan coidados, recoñece que o modelo da AXCP se viu enriquecido dende achegamentos que proceden de tres fontes: as declaracións e consensos internacionais sobre como favorecer un avellentamento positivo, a ética do coidado e os avances do coñecemento científico cada vez con máis carácter interdisciplinar e/ou multiprofesional. A AXCP alíñase coas normativas nacionais e internacionais que pretenden destacar o respecto á dignidade e a protección de dereitos como a intimidade, a autonomía moral ou a inclusión social. Este modelo toma como referente esencial a bioética xiv e os seus principios (non maleficencia, xustiza, autonomía e beneficencia) como marco esencial para definir a calidade asistencial e as boas prácticas profesionais, resultando de especial valor como método deliberativo ante as situacións cotiás onde se producen conflitos de valores e é preciso atopar solucións. 2.3. A dignidade da persoa como punto de partida Como xa fomos tratando ó longo deste documento, é preciso resaltar e insistir en que a AXCP é un modelo que aposta por unha visión da calidade de vida asistencial, onde a dignidade da persoa, “o respecto á súa singularidade e o dereito ó control da súa propia vida son valores nucleares” (Martínez Rodríguez, 2013a, p. 6). Nestas consideracións previas Brooker (2013) identifica catro factores ou áreas da AXCP. Para este autor o modelo ten catro factores igual de importantes todos eles, con independencia da súa orde porque establece que cada un deles suma unha parte ó seu total,
Pedagoxía Xerontolóxica... TFG-24Asume que a capacidade de aprender non desaparece nunca e continúa durante toda a vida do individuo, podéndose actualizar a calquera idade e en calquera situación. O que si se modifica é a necesidade de que os técnicos de educación adapten os contidos ás demandas que teñen as persoas maiores (Personalización do proceso de ensinanza/aprendizaxe). As razóns que historicamente impulsaron a defensa do principio educativo da Educación Permanente a teor de diferentes ámbitos son os que recolle Requejo Osorio (2003) cando afirma as seguintes puntualizacións, que en algún momento tamén fomos actualizando cos cambios que se deron entre 2003 e a actualidade: 1) Razóns epistemolóxicas: evolución dos coñecementos, a súa rápida transformación demanda unha aprendizaxe constante que se converte na necesidade de «aprender a aprender». 2) Razóns tecnolóxicas e laborais: tendo en conta o cambio dos sistemas de empregabilidade co progreso constante que imprimen as novas tecnoloxías, e unido ás reconceptualizacións do termo traballo que levarán asociado os axustes ás novas cualificacións e ó estilo de formación continua, estamos en disposición de afirmar que as accións transformadoras van dende o século XXI en diante (Valcarce, Rego e Rial, 2016). 3) Razóns socioculturais: o noso punto de partida é a transmisión da cultura dunha xeración a outra, ademais de establecer espazos para a participación popular. Estes termos teñen cabida en todos os procesos educativos (formais, non formais e informais) ata abarcar practicamente a integridade da vida. Deste xeito, dende unha pedagoxía que ten en conta as dimensións xerais de intervención, avogamos por falar dunha educación integral que recoñeza a educación de todas as dimensións dos individuos [Intelixencia-Intelectual-Cognición (pensar), Vontadevolitiva (querer), Afectividade-Emocións (sentir), Operativa-intencional (elixir, facer), Proxectiva-moral (decidir, actuar) e Creativa (crear, construír)] (Touriñán, 2015, 2016a y b y Gutiérrez 2016) que vai estruturar a sociedade actual e a futura na medida en que a educación, a formación e a aprendizaxe van a ser os principais vectores de identificación, pertenza e promoción social.
Pedagoxía Xerontolóxica... TFG-25A Educación Permanente/ao Longo da Vida debe materializarse en diversas formas de ensinanza-aprendizaxe de carácter pluridimensional. Debe permitir ás persoas tomar conciencia de si mesmas e do seu medio, desempeñar a función social no mundo do traballo e na vida pública por medio do «saber», «saber facer», «saber ser e estar» e «saber convivir» (Delors, 1996). Foi na década dos noventa, tras a publicación do Informe Delors (1996) cando xurdiu o concepto de «Educación ao Longo da Vida» como réplica dos desvíos da Educación Permanente (Muñoz Galiano, 2012). Con este concepto preténdese dar unha nova cosmovisión á comprensión e á praxe do que a educación debe ser hoxe en día. A Educación ao Longo da Vida non só se centra na instrución ou na exclusiva aprendizaxe de coñecementos, senón que tamén especialmente no formativo e no educativo. Trátase dunha nova conceptualización da educación que revaloriza aspectos éticos e culturais, o coñecemento dun mesmo e do entorno para facer do individuo un membro máis dunha familia, dunha comunidade educativa e social, un cidadán, pero tamén un produtor de coñecemento e alguén que colabora cos demais (Ortega Esteban, 2005). A Educación ao Longo da Vida é un «continuum» que abarca dende que o ser humano nace ata que morre, e non se trata só dun espazo total, global e vital, senón tamén dun constructo conceptual que transcende a idea da educación circunscrita a un espazo e tempo delimitado da vida que, ao menos dende a Ilustración, enmarcábase no ámbito institucional da escola, pero na actualidade convértese nun concepto amplo onde instaurar as experiencias de ensino-aprendizaxe. A Comisión Europea define a Educación ao Longo da Vida coma “toda actividade de aprendizaxe útil, con carácter permanente, encamiñada a mellorar os coñecementos, as aptitudes e a competencia” (Euridyce-Cedefop, 2001, p. 107). A Educación ó Longo da Vida debe formularse como proxecto eminentemente activo, participativo e construtivo, mediante o cal se disciplinan expectativas, optimizan capacidades e se fomenta a liberdade e a autonomía (Muñoz Galiano, 2012). Neste sentido, a educación das persoas maiores, ó igual que a vellez, debe conducir a construcións baseadas no paradigma da experiencia, o diálogo e a transcendencia. Apóstase pois, por unha nova concepción de educación que logre espertar e estimular as novas posibilidades de desenvolvemento persoal, social e cultural, as cales virán expresadas a distintos ritmos.
Pedagoxía Xerontolóxica... TFG-263.3. A AXCP e o Educador Social: Obxectivos e funcións Na AXCP a intervención do/a Educador/a Social responde ós principios xa recollidos noutro apartado deste TFG (2.4. Sentidos e significados dentro da AXCP), esta atención especializada defende o desenvolvemento do seu proxecto vital, cuxa orientación é permitir que os nosos maiores dean conta da súa historia persoal e emocional, familiar, educativa e sociocultural. No ano 2017 o slogan do día Internacional da Educación Social dedicouse á «Educación Social, un compromiso coas persoas». Feito que nós, neste caso, situamos no colectivo das persoas maiores. Como xa se plasma no documento «Compromiso de Sevilla 2016 xvii » dende a promoción de valores solidarios e a potenciación do compromiso crítico e autocrítico [Revista de Educación Social (RES), 24, 189-190 (2017)]: “As organizacións que representan a nosa profesión orientaranse á mellora da vida das cidadanías e a difundir a utilidade social do exercicio profesional, sendo un instrumento para o recoñecemento da Educación Social” (RES, 2017, p. 190). Segundo a Asociación Estatal de Educación Social (ASEDES, 2007, p. 12) e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG, 2008, p. 37), identifican a Educación Social coma un dereito do capital humano, situado nun espazo e nun tempo que tecnicamente a presentan coma unha profesión de carácter pedagóxico xeradora de vínculos entre os contextos educativos e as accións mediadoras. O seu ámbito competencial posibilita: “- A incorporación do suxeito da educación á diversidade das redes sociais, entendida coma o desenvolvemento da sociabilidade e da circulación social. - A promoción sociocultural, recoñecida como a apertura ás novas posibilidades da adquisición de bens culturais, que amplíen as perspectivas educativas, laborais, de ocio e participación social.” Algúns dos obxectivos principais do Educador Social á hora de traballar coas persoas maiores son os que Pino (2001) identificou nun determinado momento, pero dada a diferenza temporal foi necesaria unha mellora que nos acercase ao momento actual. Dita autora recolle os seguintes elementos:
Pedagoxía Xerontolóxica... TFG-27- - Mellorar o benestar físico, mental e emocional xviii do ancián eliminando hábitos e costumes nocivas e modificándoas en hábitos saudables. Diminuír os factores de risco existentes no medio, así como fomentar o autocoidado. - Estimular funcións e habilidades cognitivas e emocionais a través de actividades: físicas, mentais, e de corte afectivo-emocional, socioculturais e recreativas coa finalidade de fomentar o seu nivel de percepción, atención e memoria. - Fomentar os lazos de comunicación, participación e a convivencia dende a configuración de unhas boas relacións intra e interpersoais. - Valorar a importancia do diálogo para a resolución pacífica de conflitos. - Desenvolver a recuperación e rehabilitación do adulto maior que poida estar enfermo, optimizando as súas posibilidades de recuperar a autonomía tanto a nivel físico, psíquico, social e emocional. - Facer que o tempo de lecer das persoas maiores adquira un pleno sentido educativo e de desenvolvemento humano no propio gozo de realizar a actividade [pedagoxía do lecer, ocio humanista] (Cuenca Cabeza, 2001). - Desenvolver a capacidade lúdica e creativa con espazos onde os nosos maiores poidan gozar das súas costumes e do seu tempo de lecer axeitadamente sen esquecer a posibilidade de realizar actividades interxeracionais con nenos e mozos a través dos xogos (tradicionais, modernos …) Sánchez e Díaz (2005). Para que as persoas poidan ter un avellentamento activo e/ou exitoso é preciso traballar dende os conceptos de autoxestión, autodeterminación, autoimaxe, autoconcepto, autoestima e autonomía persoal entre outros, apoiando o desenvolvemento e mantemento das competencias xix de cada unha das persoas, e intentando frear a perda destas cunha intervención dende a animación estimulativa que aporte continuidade ós procesos de habilitación e rehabilitación en contextos normalizados (Eduso, 2006). Nesta liña, o papel do/a Educador/a Social é moi relevante e significativo, sempre enmarcado no traballo interdisciplinar, asegurando a calidade de vida das persoas maiores. As súas liñas de actuación son as que orientan, encamiñan e dirixen a súa labor: - Deseño de programas de estimulación e mantemento de capacidades para o desenvolvemento de destrezas na vida cotiá da persoa maior. - Deseño de apoios individuais na consecución do proxecto de vida.
Pedagoxía Xerontolóxica... TFG-28- - Acompañamento e relación de axuda á persoa atendida e á súa familia no proceso de avellentamento - Intervención e atención nas habilidades básicas da vida diaria, nas habilidades instrumentais e na mobilidade co fin de mellorar a súa autonomía, as relacións sociais e a afectividade. - Desenvolvemento de programas preventivos e habilitadores. O ámbito da vellez é, para o educador social, un campo no que pode desenvolver plenamente o seu perfil profesional, que abarca unha intervención en todas as dimensións da persoa dende a animación, a estimulación, a prevención, a relación de axuda e a habilitación. 3.4. Accións dende a Animación Sociocultural (ASC) e o tempo de lecer para fomentar a AXCP Á hora de falar de tempo de lecer, é preciso explicar que é algo que ven determinado pola actitude, o significado e a vivencia persoal. Trátase dunha práctica elixida e desexada, inherente ao desenvolvemento humano, onde se crean novas aprendizaxes coas que se manteñen vínculos co mundo da emotividade (Felpeto, 2015). A ocupación do tempo de lecer está moi condicionada, tanto por factores sociais como por factores xeracionais. A educación recibida, a diferenciación de actividades entre homes e mulleres, as condicións de saúde derivada entre outras cousas dos estereotipos sociais … todo isto son factores moi importantes na hora de indagar en como ocupan o seu tempo libre as xeracións actuais de persoas maiores. No que se refire á colectivo dos maiores, o lecer pasa a ter unha función superior ás outras etapas da vida porque xa non está vinculado ó traballo remunerado e adoitan, en xeral, ter menos cargas familiares. Fai uns anos dicíase que as persoas que dispoñían de maior tempo libre eran os nenos e os xubilados. Se por tempo libre entendemos un tempo sen necesidade de realizar ningunha actividade obrigatoria como o traballo ou a formación, é probable que esteamos no certo. De aí a necesidade de aclarar a diferenza entre tempo libre e tempo de lecer. O lecer identifícase con toda actividade gustosa que estariamos dispostos a realizar sen que nos pagasen nada, sendo un modo de expresión e desenvolvemento acorde coa
Pedagoxía Xerontolóxica... TFG-29personalidade de cada un. Gozar do lecer non é matar o tempo, senón vivilo (Cuenca Cabeza, 2001). Se falamos dun concepto de lecer humanista onde se abarca un desenvolvemento integral (cultural, social, ecolóxico..) esta experiencia vital de lecer non acontece nun espazo baleiro, acontece nun entorno e nunha contorna; polo tanto esta dimensión social é o que une este tempo xubiloso coa Animación Sociocultural (ASC) e o Desenvolvemento Comunitario (DC) que identifican as distintas comunidades onde se poida mover o suxeito ( familia-barrio, cidade, concello …). Entramos nunha relación de participación do entorno que se converte en axente educativo dese tempo de lecer (pedagoxía do lecer). Consideramos tecnicamente a ASC como a acción comunitaria que ten como función buscar que os individuos ou grupos participen no seu propio desenvolvemento persoal e social. A ASC busca desenvolver as aptitudes da persoa no grupo, de cara a participar no seu entorno social e transformalo (Ander-Egg, 2000). A actividade é un claro indicador da calidade de vida global das persoas maiores. O feito de ser unha persoa activa implica directamente ter saúde xx , relacións sociais, independencia e autonomía, etc. Participar de xeito activo na familia e na vida comunitaria do entorno(barrio, cidade, concello, …) teñen significados directos co benestar e a calidade de vida. Os nosos maiores na actualidade foron medrando e desenvolvéndose empregando o seu tempo sen formulacións. A cultura do ocio que impera actualmente está moi lonxe da realidade sociohistórica na que viviron as persoas maiores, medrando estes nun ambiente no que o traballo era o único medio e fin das súas vidas. Sendo isto unha pequena dificultade para que agora na vellez se poidan adaptar a vivir o tempo de lecer (IMSERSO, 2007). Cabe dicir que dende o ano 2015 ata a actualidade está a mudar considerablemente o perfil do colectivo das persoas maiores, así coma a súa forma de goce do lecer . A ASC, para acadar o exposto nas liñas anteriores, precisa defender os seguintes principios (Caride, 2005): - Un conxunto de prácticas sociais e culturais abertas á participación de individuos, grupos, comunidades, asociacións, institucións, etc.
Pedagoxía Xerontolóxica... TFG-30- - Converte ao público-espectador en protagonista-actor, afianzando a súa condición de cidadán. - Defende unha metodoloxía activa e que promova a implicación, con procesos asentados na comunicación e no diálogo social. - Recoñece positivamente as identidades culturais de cada comunidade ou país, da súa diversidade e do pluralismo que caracteriza ás persoas (a diversidade como un valor). - Dende o ámbito da educación articula unha visión pedagóxica do proceso que desenvolve, mantendo unha capacidade de análise,así como a organización, expresión e valoración dos seus logros. - Nunha sociedade en continuo cambio acontecen diversas funcións no conxunto do medio social actual. Exemplos desta transformación son: a integración e adaptación dos individuos e grupos sociais, o desenvolvemento cultural de grupos e individuos, etc. O papel que ocupa a Educación Social na ASC e no DC é TRANSFORMAR as condicións que impiden e/ou limitan a vida das persoas no seu medio social, mediante a promoción dunha mellora significativa do seu benestar e calidade de vida, e a integración do educativo na sociedade e do pedagóxico no traballo social. Dende a ASC, a Educación Social preséntase como un axente de cambio e dinamización social. A ela refírense as políticas e programas que buscan unha maior participación e promoción dos diferentes sectores da poboación e das súas culturas, chamados a ser suxeitos activos na vertebración e cohesión social (Muñoz Galiano, 2008). Nesta liña, o/a Educador/a Social asume así a función de promover a participación do individuo en cuestións tanto persoais como colectivas da realidade social cara a mellora da calidade de vida; é dicir, aqueles que lle afectan como ente individual e as que confiren o seu carácter de ser social. Tendo en conta o perfil profesional do/a Educador/a Social que se establece nos documentos legais (AIEJI, 2003, ANECA, 2005a y b; ASEDES, 2007 e CEESG, 2008) e as características do modelo da AXCP, podemos readaptar ambos elementos para configurar un novo espazo profesional no ámbito da Educación Social. Por tanto, as funcións clave que todo bo profesional da Educación Social debe cumprir á hora de traballar dentro do modelo
Pedagoxía Xerontolóxica... TFG-31da AXCP, para deste xeito poder acadar un cambio positivo na vida dos nosos maiores e do seu entorno son as seguintes: - Sensibilizar e informar ás persoas maiores, ós profesionais e ás familias, facendo fincapé nos beneficios e cambios que supón este modelo de atención. - Atender ás necesidades e problemáticas dos suxeitos, promovendo o seu desenvolvemento (maduración da persoa, construción da identidade persoal e autonomía) con dedicación, entrega e implicación persoal e profesional (Piñeiro Fernández, 2016). - Lograr un liderado do cambio interno e compartido, resultando imprescindible o esforzo por parte do equipo interdisciplinar (Educador/a Social, Terapeuta Ocupacional, Psicoxerontólogo/a, Xerontólogo/a, Médicos e Enfermeiros/as, Auxiliares de Enfermería, Xerocultores/as, etc). É preciso ademais, contar cun liderado dos responsables das organizacións e dos seus recursos para reorientar este concepto de atención a fin de levar a cabo as modificacións organizativas precisas (no caso de que o maior estea institucionalizado). Outra forma de manter este sistema de actuación pode ser establecido coa administración local nos programas de Atención Domiciliaria. - Avaliar e revisar a nosa práctica profesional diaria; pois é preciso coñecer ben a situación de partida para así poder constatar tecnicamente o impacto dos cambios (actuación transformadora). Dita avaliación debe ser deseñada tendo en conta ás persoas maiores, ós profesionais e ás familias, e debemos contemplar sempre con prioridade todas as variables relacionadas co benestar e calidade de vida. - Acordar por consenso as medidas e os cambios que se van levar a cabo, sendo flexibles e abertos cara a novas propostas que vaian xurdindo , asegurando que sexan acordes ó modelo de atención establecido. O concepto de cambio mantén un movemento cíclico adaptado ao destinatario, ao espazo , ao tempo e aos distintos técnicos profesionais. - Identificar periodicamente o proceso avaliativo do modelo que mida logros e melloras a fin de facilitar o avance e a consolidación do mesmo na Atención Personalizada dos maiores. A busca de melloras continua implica saber compartir o coñecemento xerado, para deste xeito poder apoiar o avance e a consolidación deste novo modelo de atención ás persoas maiores.
Pedagoxía Xerontolóxica... TFG-32- - Mediar no proceso de acompañamento co fin de facilitar as relacións interpersoais, minimizar as situacións de conflito/duelo e propiciar novas ferramentas para o desenvolvemento persoal, social e cultural. As competencias profesionais básicas, é dicir, os saberes e actitudes que todo Educador/a Social debe ter á hora de traballar no modelo de intervención da AXCP, e derivando das funcións que acabamos de citar, son as seguintes: - Ser capaz de analizar as necesidades e problemas dos maiores para deste xeito poder axudar no seu desenvolvemento integral (construción persoal e autónoma). - Pericia para identificar os diferentes lugares que xeran e posibilitan un desenvolvemento da sociabilidade, a circulación social e a promoción social e cultural no entorno do adulto maior. - Capacidade para potenciar as relacións intra e interpersoais, planificando a acción sobre o suxeito e os diferentes grupos que conforman a comunidade. - Saber construír ferramentas e instrumentos para enriquecer e mellorar os procesos educativos e socioculturais. Para que o Educador/a Social poida levar a cabo esta nova intervención é preciso unha actitude flexible e coa capacidade de adaptarse ás necesidades dos maiores, apostando por unha visión determinada de calidade asistencial, onde a dignidade de cada persoa, o respecto á súa singularidade e o dereito ó control da propia vida son valores nucleares. 3.5. Conclusións Neste terceiro e último apartado do presente TFG, é preciso destacar a importancia que o Educador Social ten no ámbito da Atención Xerontolóxica centrada na Persoa como axente activo que favorece e fomenta a transformación das condicións que fan que as persoas maiores non poidan desenvolverse no seu medio social e cultural de xeito adecuado. O que a Educación Social pretende é a PROMOCIÓN da participación do individuo na realidade social que o rodea; realizando accións socioeducativas dirixidas ó seu desenvolvemento integral e promovendo deste xeito o principio de educación ó longo da vida; dándolle deste xeito o protagonismo e lugar que merecen ás persoas maiores.
Pedagoxía Xerontolóxica... TFG-33Conclusións Facendo unha análise do contido dos diferentes apartados deste TFG, as ideas forza que se converten en marco teórico e principios de acción responden ás seguintes consideracións: - Entendemos a etapa da vellez como universal, natural e endóxena; o que implica que o avellentamento debe estar anclado nunha caracterización similar recibindo adxectivos como exitoso ou activo. Tecnicamente, a vellez é un logro importante na medida en que esixe a evolución ós campos do saber e ós ámbitos de intervención. No noso caso céntrase na relación entre a Pedagoxía e Xerontoloxía. O saber pedagóxico presenta dúas acepcións científicas para responder á atención educativa dos nosos maiores: a Xerontoloxía Educativa e a Pedagoxía Xerontolóxica. - Nun proceso de intervención é relevante deixar claras as características do modelo a seguir. Para nós é a AXCP dende as súas orixes e reminiscencias teóricas ata o propio proceso de intervención onde é nuclear a relación entre o profesional e o maior, baixo os parámetros de personalización, integridade e respecto - O/A Educado/ar Social, como técnico da educación especializado na vellez, debe acoller de bo grado os principios da AXCP na súa actuación profesional asentada na educación ó longo da vida, na Animación Sociocultural e no Tempo de Lecer acordes co seu perfil profesional. Coa realización do presente TFG, cremos ver cumpridos os obxectivos académicos propostos na materia G3081425 Traballo Fin de Grao que se indican na súa programación, tal como se recolle na introdución: fomos quen de integrar coñecementos teóricos e unha proxección práctica da AXCP nas distintas materias que conforman o plan de estudos de Educación Social. Acadando un nivel práctico de acción social xerando procesos de planificación, avaliación e innovación dende as competencias propias da educación das persoas maiores.
Pedagoxía Xerontolóxica... TFG-40http://webspersoais.usc.es/export/sites/default/persoais/josemanuel.tourinan/descargas /RIPEME_Texto_Introductorio_Red_x3x.pdf Touriñan, J. M. (2014b). Dónde está la educación. Actividad común interna y elementos estructurales de la intervención. A Coruña: Netbiblo. Touriñan, J. M. (2014c). Dónde está la educación: definir retos y comprender estrategias. A propósito de un libro de 2014. Revista de investigación en educación, 12 (1), 6-31. Touriñan, J. M. (2014d). Conocer, enseñar y educar no son lo mismo desde la mirada pedagógica. El reto de la construcción de ámbitos en educación. Boletín Virtual Redipe, 3(3), 1-28. Recuperado en http://issuu.com/redipe/docs/boletin_832 Touriñan, J. M. (2015). Pedagogía Mesoaxiológica y Concepto de Educación. Santiago de Compostela: Andavira Editora. Touriñan, J. M. (2016a). Pedagogía Mesoaxiológica y Concepto de Educación. Santiago de Compostela: Andavira Editora. (2ª edición. Revisada y actualizada). Touriñan, J. M. (2016b). Pedagogía general. Principios de educación y principios de intervención pedagógica. A Coruña: BelloyMartínez. Touriñan, J. M. y Longueira, S. (Coords.) (2016). Pedagogía y construcción de ámbitos de educación. La función de educar. Colombia, Cali: REDIPE. Valcarce, M.; Rego, L. y Rial, A. (Coords.) (2016). Actas do XVII Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo. «A formación, a orientación e o Emprego no recoñecemento, avaliación e certificación de competencias profesionais adquiridas en contextos formais, non formais e informais». Celebrado en Santiago de Compostela del 18, 19 e 20 de novembro de 2015. Universidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela: Campusnanube. Servizo de Reprografía, edición e impresión dixital da USC Velázquez González, H. J.; Pietri Gómez, L. e Maldonado Santiago, N. (2013). De la incapacidad a la diversidad funcional: Una mirada a la evolución histórica de los conceptos, significados e implicaciones para la intervención psicológica. Informes Psicológicos, 13(2), 79-101. Vidal García, J. (2015). Derechos humanos de las personas con diversidad funcional. Tordesillas Revista de Investigación Multidisciplinar (TRIM), 8, 27-46. Villar, F. y Serrat, R. (2017). Hable con ellos: cuidados narrativos en el marco de una atención centrada en la persona. Revista Española de Geriatría y Gerontología. 4 (52), 216-222. Xunta de Galicia (2012). Decálogo de Dereitos das Persoas Maiores. Recuperado en https://benestar.xunta.es/web/portal/portada;jsessionid=09AE4C4CB20B0D61A7CB0E B23160FD98 y Recuperado en http://benestar.xunta.es/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Guias /decalogo_web.pdf Xunta de Galicia (2016a). Código deontolóxico para profesionais da Xerontoloxía. Santiago de Compostela: Consellería de Política Social e Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Zamarrón Cassinello, Mª D. (2013). Envejecimiento activo: un reto individual y social. Sociedad y Utopía. Revista de Ciencias Sociales, 41, 449-463. Zetina Lozano, M. G. (1999). Conceptualización del proceso de envejecimiento. Papeles de Población, (5)19, 23-41. [Ver Anexo 7]. Imaxe 1 Portada: http://www.infocoponline.es/im/051208_manos3.jpg Imaxe 2 Portada: http://elexpresso.com/el-alzheimer-podria-estar-provocado-por-hongos Imaxe 3 Índice: http://www.poetryfoundation.org/uploads/authors/robertbrowning/448x/robert-browning.jpg Imaxe 4 Índice: http://www.filosofia.mx/images/uploads/quienespitagoras1.jpg
Anexos Anexo Nº 1: Figura 1: Determinantes do avellentamento activo.
Anexo Nº 2: Táboa 1: Principios e criterios da Atención Centrada na Persoa Táboa 1: Principios e criterios da Atención Centrada na Persoa. Principio de autonomía Criterios de diversidade e empoderamento As persoas destinatarias da atención tamén teñen dereito a manter o control sobre a súa propia vida e, por tanto, a actuar libremente. Requirir de apoios, con independencia da intensidade de estes, non conleva a merma no dereito á autonomía, que non se perde nunca. Pero si pode verse diminuída a capacidade para exercela cando se ten unha situación de dependencia importante, especialmente por deterioro cognitivo, casos nos que a autodeterminación pode ser exercida de xeito indirecto a través dun grupo de apoio ou, no seu caso, representante legal. A conceptualización, planificación e ordenación dos programas, prestacións económicas e servizos, así como a práctica profesional deben contemplar unha oferta diversificada de respostas de xeito que se compoña un abanico amplo de posibilidades que facilite a elección e a posibilidade de exercer os dereitos e a autonomía dos seus destinatarios. As características, biografía e entorno da persoa deben ser tidos en conta á hora de planificar de maneira personalizada cada caso e de deseñar os apoios precisos para desenvolvelo. Principio de individualidade Criterios de personalización e flexibilidade Todas as persoas son iguais en canto a ser depositarias dos seus dereitos, pero cada unha delas é única e diferente ó resto A atención e os plans de apoio deben deseñarse de xeito personalizado para que poidan adaptarse ás necesidades específicas de cada caso e evitar así que sexan as persoas as que deban adaptarse ós programas ou servizos. Principio de integralidade Criterio de globalidade A persoa é un ser multidimensional no que interactúan aspectos biolóxicos, psicolóxicos e sociais, cuxo bo funcionamento é determinante para a súa calidade de vida. Tales dimensións son dinámicas e, polo tanto, cambiantes ó longo do ciclo vital A organización dos servizos así coma as intervencións e plans de apoio deben considerar o enfoque da integralidade e permitir que poida actuarse en todos os ámbitos relacionados coa calidade de vida das persoas atendendo á satisfacción das súas necesidades básicas, emocionais e sociais.
Táboa 1 (Continuación). Principio de independencia Criterios de prevención e visibilización de capacidades Aínda que se teñan necesidades de apoio e atención, todas as persoas posúen capacidades que deben ser identificadas, recoñecidas e estimuladas. Deben ter acceso a programas, servizos e apoios dirixidos á prevención ou minimización das situacións de discapacidade ou de dependencia así como a recibir os apoios axeitados para favorecer a máxima independencia no desenvolvemento da súa vida cotiá Entre os programas que se planifiquen deben conterse aqueles dirixidos á prevención primaria, secundaria e terciaria, segundo os grupos de persoas ós que se dirixen. Existe evidencia científica cuantiosa que demostra os excelentes resultados da prevención e da rehabilitación. Polo tanto, na planificación deben contemplarse obxectivos e actuacións con este enfoque. Principio de participación Criterios de accesibilidade e interdisciplinariedade As persoas con discapacidade e/ou dependencia teñen dereito a participar na súa comunidade, a gozar de interaccións socias suficientes e acceder ó pleno desenvolvemento dunha vida persoal e social plena e libremente escollida (vivenda, traballo, ocio, sexualidade, vida de parella, relacións sociais …) Hai que planificar e intervir para que nos diferentes contextos se inclúan elementos facilitadores que melloren o funcionamento e reduzan a discapacidade (produtos de apoio, domótica, soportes informáticos, teleasistencia e derivados …), así como promover actitudes sociais que sexan proactivas e integradoras e rexeiten os estereotipos. Principio de inclusión social Criterio de proximidade e enfoque comunitario As persoas que precisan de apoios son membros activos da comunidade e cidadáns/ás con idénticos dereitos ca o resto. Por iso, incluso nunha situación de dependencia importante, deben ter posibilidade de permanecer e participar no seu entorno e ter acceso e posibilidade de gozar dos bens sociais e culturais, en igualdade co resto da poboación, con independencia de que vivan no seu domicilio ou nunha residencia ou outro tipo de aloxamento. Os recursos de apoio deben situarse no entorno próximo das persoas destinatarias; tamén cando se trata de aloxamentos ou residencias, que deben ser considerados, coma o resto dos recursos, de carácter comunitario. Promoverase a participación activa das persoas que requiran de apoios nos recursos comunitarios xa existentes, evitando así os efectos negativos do illamento nos seus domicilios ou das actividades segregadas que se realizan en centros destinados exclusivamente a persoas maiores ou con discapacidade.
Táboa 1 (Continuación). Principio de continuidade de atención Criterios de coordinación e converxencia As persoas con discapacidade e aquelas que se atopen en situación de fraxilidade ou dependencia deben ter acceso ós apoios que precisan de xeito continuado, coordinado e adaptado permanentemente ás circunstancias do seu proceso Hai que contemplar nas normativas e planificacións mecanismos estruturados e estables de coordinación e complementación para que os recursos se adapten ás necesidades das persoas que os requiren. A coordinación debe darse entre os diferentes programas, prestacións e niveis dos servizos sociais, así coma entre os diferentes sistemas. Fonte: Elaborado a partir de Rodríguez Rodríguez (2013). Anexo Nº 3: Figura 2: Áreas da AXCP. Figura 2: Áreas da AXCP Fonte: Brooker (2013, p. 17). V = Conxunto de valores que lle outorgan valor absoluto á vida humana con independencia da idade ou das dimensións educables do ser humano (física, intelectual ou cognitiva, afectivaemocional, estética, sociocultural, ambiental, cívico. política, ética e moral e relixiosa). I = Atende ó propio concepto de individualización, polo que se recoñece a singularidade de cada persoa no transcurso da súa vida. P = O eixo do servizo ós maiores é interpretar o mundo e a atención ó maior dende a perspectiva de cada usuario. S = O entorno sociocultural debe orientarse ás necesidades psicopedagóxicas dos xerontes. Cada persoa vive unhas circunstancias, con unhas necesidades de coidados concretas e, ademais, ten as súas propias preferencias, expectativas e desexos polo simple feito de que cada un de nós somos diferentes e temos a nosa propia forma de vivir. AXCP = V + I + P + S
Anexo Nº 4: Acepcións da AXCP A AXCP como enfoque de atención: Fai referencia á filosofía da atención, na cal a AXCP comprende un conxunto de principios que orientan a mesma. Como xa dixemos con anterioridade, a dignidade da persoa, o recoñecemento á súa singularidade e o respecto ás súas decisións e ó seu modo de vida son enunciados que se repiten nos distintos marcos dentro do enfoque da AXCP. De feito, no Anexo 5 recóllense as dez acepcións que Martínez Rodríguez (2013a) propón a modo de decálogo para caracterizar este enfoque aplicado á atención xerontolóxica [Ver Anexo 5]. A AXCP como modelo de atención: Tendo en conta toda a multidimensionalidade e complexidade que hai en torno á AXCP, Martínez Rodríguez (2011) cree máis correcto referirnos e falar en plural dos distintos enfoques que caracterizan este modelo. As dúas dimensións a destacar son: a atención personalizada ou dirixida á persoa e a relación que mantén co seu entorno de coidado e atencións. Na primeira inclúense factores centrados no recoñecemento de cada individuo coma un ser singular e valioso, o coñecemento da súa biografía e do seu modo de vida (historia vital), a autonomía persoal, a súa personalidade e os vínculos que mantén coa realidade social (comunidade social de referencia) (Martínez Rodríguez, 2016c). Na segunda opción ocupámonos do entorno dos coidados ou da atención, polo tanto destacan factores como o espazo físico, a actividade cotiá significativa ou diferentes variables da organización no fogar (atención domiciliaria) ou institucional (centros xerontolóxicos). A AXCP como intervencións e metodoloxías afíns: Na bibliografía especializada (Fundación San Francisco de Borja, 2007; Martínez Rodríguez, 2011; Rodríguez Rodríguez, 2010) enuméranse as prácticas, estratexias ou técnicas máis afíns a este modelo. Nos temas relacionados coas boas prácticas ou cambios desenvoltos nos novos aloxamentos para persoas maiores que están en proceso de cambio, Bowers et al (2007); identifican iniciativas novidosas que se foron incorporando inicialmente en centros norteamericanos. Algúns exemplos destas iniciativas que se implantaron tanto en España (García Lantarón, 2015, 2015-2016) como na nosa Comunidade Autónoma son: a reorganización do centro en unidades de convivencia a modo de grupos de veciños que coexisten nun espazo físico e cun modo de vida máis caseiro e familiar (casas residenciais, centros de día, fogares residenciais, vivendas tuteladas, centros conveniados coa administración pública, centros asociados a entidades como La Caixa, Abanca … e os mesmos servizos de carácter privado). No ideario da atención xerontolóxica de moitos destes centros búscase a flexibilidade para axustarse ás rutinas que a persoa desexa manter; a realización de actividades
espontáneas, non programadas en horario predeterminado no centro e entendidas como goce e non só como terapia. Por outra banda, na profesionalización do saber facer dos coidadores profesionais é determinante que se vinculen emocional e afectivamente cos usuarios (ética do coidado), pero onde a implicación persoal se manteña nuns límites éticos cos usuarios do centro sen comprometer o seu comportamento profesional no exercicio da empatía. Este termo da Intelixencia Emocional (IE) aplicado ó colectivo que nos ocupa é definido por Ibarrola (2014 p. 3) do seguinte modo: “Capacidade de captar os sentimentos e os puntos de vista doutras persoas e interesarse activamente polas cousas que preocupan ós demais. Prever, anticiparse no recoñecemento e satisfacción das necesidades dos que dependen de cada persoa. Cultivar e aproveitar as oportunidades que ofrecen diferentes tipos de persoas.”
Anexo Nº 5: Decálogo da Atención Centrada na Persoa (ACP). 1. Todas as persoas teñen dignidade. A dignidade implica que toda persoa polo feito de ser humana é valiosa, é un fin en si mesma e non pode ser tratada coma un medio. Con independencia da idade, as enfermidades, o estado cognitivo ou o grao de discapacidade ou dependencia as persoas maiores son posuidoras de dignidade. Polo tanto, deben ser tratadas con igual consideración e respecto que os demais. 2. Cada persoa é única. Ningunha persoa maior é igual a outra. Cada persoa ten o seu propio proxecto vital. Por tanto, la atención personalizada es imprescindible. 3. A biografía é a razón esencial da singularidade. A biografía é o que converte en única a cada persoa maior. Polo tanto, esta convertese no referente básico do plan de atención e vida. 4. As persoas teñen dereito a controlar a súa propia vida. A persoa maior considerase como un axente activo e protagonista do seu proceso de atención. Polo tanto, respectase a autonomía das persoas e búscanse oportunidades e apoios para que estas teñan control sobre o seu entorno e a súa vida cotiá. 5. As persoas con grave afectación cognitiva tamén teñen dereito a exercer a súa autonomía. A autonomía non é unha capacidade única e fixa senón que depende da situación e dos apoios que a persoa teña. E ademais de como capacidade para tomar decisións, a autonomía concíbese coma un dereito. Polo tanto, non se renuncia a traballar desde a autonomía coas persoas gravemente afectadas, identifícanse oportunidades e apoios e exércese desde a representación ou exercicio indirecto. 6. Todas as persoas teñen fortalezas e capacidades. As persoas maiores teñen fortalezas e capacidades. Polo tanto, a mirada profesional non só ten en conta os déficits e limitacións, se non se parte das fortalezas e capacidades de cada persoa para relacionarse desde elas e fortalecelas nas intervencións. 7. O ambiente físico inflúe no comportamento e no benestar subxectivo das persoas. Especialmente nas persoas en situación de dependencia, o ambiente físico ten gran importancia no seu benestar físico e subxectivo. Polo tanto, é preciso lograr entornos accesibles, confortables, seguros e significativos. 8. A actividade cotiá ten unha gran importancia no benestar das persoas. O cotiá, o que sucede no día a día, as actividades que realizan as persoas maiores inflúe de forma determinante no seu benestar físico e subxectivo. Polo tanto procúranse actividades plenas de sentido que ademais de servir de estímulo e facilitar as intervencións terapéuticas resulten agradables e fagan sentir ben ás persoas. 9. As persoas son interdependentes. Desenvolvémonos e vivimos en relación social e todos necesitamos dos demais para convivir e realizarnos plenamente. Manter relacións sociais ten efectos positivos na saúde e no benestar das persoas. Isto sucede a lo longo de toda a vida, e especialmente cando as persoas encóntranse en situación de dependencia. Polo tanto, os outros -os profesionais, a familia, os amigos ou os voluntariosson esenciais no desenvolvemento ol proxecto vital das persoas e teñen un papel clave no exercicio da autodeterminación e o logro de benestar físico e subxectivo. 10. As persoas son multidimensionais e están suxeitas a cambios. Nas persoas maiores interactúan aspectos biolóxicos, psicolóxicos e sociais. Requiren de apoios diversos e axustados ás diferentes situacións. Polo tanto, é preciso ofrecer atención desde intervencións integrais, coordinadas e flexibles. Fonte: Recuperado en http://www.acpgerontologia.com/acp/decalogodocs/sudecalogo.htm
Anexo Nº 6: Piares da AXCP 1. Dende a ética do coidado hai que personalizalo nos distintos servizos. 2. A historia de vida da persoa maior debería ser o fío condutor que no que se sustente o coidado. 3. O coidado ha de dar novas experiencias á persoa creando espazos e tempos compartidos cos demais. 4. Garantir o dereito a diferenza dende a igualdade de trato que a xerontoloxía, psicoloxía xerontolóxica e pedagoxía xerontolóxica poidan establecer tecnicamente (decisións técnicas do saber facer especializado e específico, así como a acción interdisciplinar que se poida xerar entre elas. 5. O suxeito conserva as súas señas de identidade, pero ó vivir/relacionarse en distintos grupos (familia, compañeiros de residencia, amigos …) mantén a representación colectiva da realidade para recoñecerse coma un elemento dinamizador da participación. 6. Os Educadores Sociais reafirman en 2017 o compromiso coas persoas dende a acción profesional. No noso caso ás persoas maiores que protagonizarán os procesos de intervención socioeducativa. Piares da AXCP
Anexo Nº 7: Bibliografía Complementaria Agudo Prado, S. (2008). La Educación Social y las personas mayores: reconstruyendo identidades. La intervención en Educación Social. Revista Eduso, 8 [Texto Online]. Recuperado en http://www.eduso.net/res/?b=11&c=100&n=314 Aldana González, G., Fonseca Hernández, C. e García Gómez, L. (2013). El significado de la vejez y su relación con la salud en ancianas y ancianos integrados a un programa de envejecimiento activo. Revista Digital Universitaria, (14)4, 1-19. Recuperado en http://www.revista.unam.mx/vol.14/num4/art37/art37.pdf Bermejo García, L. (2006). Promoción del Envejecimiento activo. Reflexiones para el desarrollo de Programas de Preparación a la Jubilación En J. Giró (Coord.), Envejecimiento activo y envejecimiento positivo (pp. 65-78). Logroño: Universidad de la Rioja. Bermejo García, L. (2012). Envejecimiento activo, pedagogía gerontológica y buenas prácticas socioeducativas con personas adultas mayores. Educación Social. Revista de Intervención Socioeducativa, 51, 27-44. Recuperado en http://redined.mecd.gob.es/xmlui/bitstream/handle/11162/96342/00920123018186.pdf?se quence=1 Caride Gómez, J. A. (2002). La Pedagogía Social en España. En V. Núñez (Coord.), La educación en tiempos de incertidumbre: la respuesta de la Pedagogía Social (pp. 81-112). Barcelona: Gedisa. Caride Gómez, J. A. (2003). Las identidades de la Educación Social. Cuadernos de Pedagogía, 321,4851. Caride Gómez, J. A. e Trillo Alonso, F. (Dirs.) (2010). Dicionario galego de Pedagoxía. Guías A-Z. Vigo: Xunta de Galicia e Editorial Galaxia. Cid, X. M. e Peres, A. (Eds.) (2007). Educación social, animación sociocultural y desarrollo comunitario. Vigo: Universidade de Vigo, Facultade de Ciencias da Educación; Portugal: Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro y Sociedad Iberoamericana de Pedagogía Social. Cuenca Cabeza, M. (1995). Temas de Pedagogía del Ocio. Bilbao: Universidade de Deusto. Cuenca Cabeza, M. (2000). Ocio humanista: dimensiones y manifestaciones actuales del ocio. Colección de Documentos de Estudios de Ocio. Bilbao: Universidad de Deusto. Cuenca Cabeza, M. (2004). Pedagogía del ocio: Modelos y Propuestas. Bilbao: Universidad de Deusto. Cuenca Cabeza, M. (2011). El ocio como ámbito de Educación Social. Educación Social. Revista de Intervención Socioeducativa, 47, 25-40. Escarbajal de Haro, A. e Martínez de Miguel López, S. (2009). La animación sociocultural como alternativa para las personas mayores. Recuperado en http://www.redadultosmayores.com.ar/buscador/files/EDUCA009.pdf. Gianella, A. E. (1986) La relación de la epistemología en la ciencia. Revista de Filosofía y Teoría Política, 26-27, 261-266. Recuperado en http://www.memoria.fahce.unlp.edu.ar/art_revistas/pr.1309/pr.1309.pdf Genua Goena, Mª I. e Outros (2015). Modelo de atención centrada en la persona mayor frágil institucionalizada. Consejería de Empleo y Asuntos Sociales del Gobierno Vasco y la Fundación Instituto Gerontológico Matia (Fundación Ingema). Recuperado en http://www.zuzenean.euskadi.eus/contenidos/informacion/estadisticas_ss/es_estadist/adju ntos/proyecto_piloto_instituciones_memoria_final.pdf Gutiérrez Moar, Mª C. (2013). Las arrugas de la crisis. Cambios que afrontan los mayores y los educadores sociales. En S. Torio; O. García Pérez; J. V. Peña y C. M. Fernández (Coords.) La crisis social y el Estado de Bienestar: Las respuestas de la Pedagogía Social (pp. 460-468). Oviedo: Ediciones de la Universidad de Oviedo. Recuperado en http://dialnet.unirioja.es/servlet/libro?codigo=544351.