scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (2004, Derrogados)

Universidade de Santiago de Compostela. Claustro

Abstract

Derrogado

Full text

2 SUMARIO TÍTULO PRELIMINAR.............................. 3 TITULO PRIMEIRO: DA COMUNIDADE UNIVERSITARIA........................................ 4 CAPÍTULO 1: DISPOSICIÓNS XERAIS........... 4 CAPÍTULO 2: DO PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR............................................ 6 Do persoal docente e investigador funcionario e contratado........................ 6 Do profesorado funcionario............... 7 Do persoal contratado........................ 8 Dos investigadores en formación e perfeccionamento................................... 9 CAPÍTULO 3: DOS ESTUDANTES. .............. 10 CAPÍTULO 4.: DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS .................. 10 TÍTULO SEGUNDO: DA ESTRUTURA ORGÁNICA DA UNIVERSIDADE ......... 13 CAPÍTULO 1: DISPOSICIÓNS XERAIS......... 13 CAPÍTULO 2: DOS DEPARTAMENTOS........ 13 CAPÍTULO 3: DAS FACULTADES, ESCOLAS TÉCNICAS OU POLITÉCNICAS SUPERIORES E ESCOLAS UNIVERSITARIAS..................... 14 CAPÍTULO 4: DOS INSTITUTOS UNIVERSITARIOS....................................... 15 CAPÍTULO 5 : DOUTROS CENTROS UNIVERSITARIOS....................................... 15 Doutros Centros................................... 15 Das escolas de especialización profesional ........................................... 16 CAPÍTULO 6: DOS HOSPITAIS UNIVERSITARIOS E ASOCIADOS................. 16 Do Complexo Hospitalario Clínico Universitario de Santiago .................... 16 Do Hospital Clínico Veterinario.......... 16 CAPÍTULO 7: DOS CENTROS DOCENTES ADSCRITOS OU VINCULADOS .................... 17 TÍTULO TERCEIRO: DO GOBERNO DA UNIVERSIDADE ....................................... 17 CAPÍTULO 1: DISPOSICIÓNS XERAIS......... 17 CAPÍTULO 2: DOS ÓRGANOS XERAIS DA UNIVERSIDADE......................................... 18 Do Consello Social .............................. 18 Do Claustro Universitario ................... 19 Do Consello de Goberno...................... 20 Da Xunta Consultiva............................ 21 Do reitor............................................... 22 Dos outros altos cargos da Universidade ............................................................. 22 CAPÍTULO 3: DOS ÓRGANOS DOS CENTROS .................................................................. 24 CAPÍTULO 4: DOS ÓRGANOS DOS DEPARTAMENTOS ..................................... 26 CAPÍTULO 5: DOS ÓRGANOS DOS INSTITUTOS UNIVERSITARIOS DE INVESTIGACIÓN.. 28 CAPÍTULO 6: DOS ÓRGANOS DOUTROS CENTROS .................................................................. 29 TÍTULO CUARTO: DO ESTUDO, A DOCENCIA E A INVESTIGACIÓN.............................. 30 CAPÍTULO 1: DO RÉXIME DOS ESTUDOS... 30 CAPÍTULO 2: DA ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA .................................................................. 30 CAPÍTULO 3: DA INVESTIGACIÓN ............. 32 TÍTULO QUINTO: DOS SERVIZOS...... 33 CAPÍTULO 1: DISPOSICIÓNS XERAIS ......... 33 CAPÍTULO 2: DA BIBLIOTECA E DO ARQUIVO UNIVERSITARIO ........................................ 34 CAPÍTULO 4: DO SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA............................................. 35 CAPÍTULO 5: DO SERVIZO UNIVERSITARIO DE RESIDENCIAS............................................. 35 TÍTULO SEXTO: DOS ACTOS ACADÉMICOS, HONRAS E DISTINCIÓNS ...................... 36 TÍTULO SÉTIMO: DO RÉXIME ECONÓMICO E DA PROGRAMACIÓN PLURIANUAL.. 36 CAPÍTULO 1: DO PATRIMONIO.................. 36 CAPÍTULO 2: DA PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA E DA PROGRAMACIÓN PLURIANUAL.................. 37 CAPÍTULO 3: DO ORZAMENTO ................. 37 CAPÍTULO 4: DA XESTIÓN E DO CONTROL 38 TÍTULO OITAVO: DA REFORMA DOS ESTATUTOS........................................... 40 DISPOSICIÓNS ADICIONAIS ................ 40 Disposición adicional primeira ........... 40 Disposición adicional segunda ............ 40 Disposición adicional terceira............. 40 Disposición adicional cuarta............... 40 Disposición adicional quinta ............... 42 Disposición adicional sexta ................. 40 Disposición adicional sétima............... 41 Disposición adicional oitava ............... 42 Disposición adicional novena.............. 41 Disposición adicional décima.............. 41 DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS .......... 41 Disposición transitoria primeira ......... 41 Disposición transitoria segunda .......... 42 Disposición transitoria terceira........... 42 Disposición transitoria quinta ............. 42 Disposición transitoria sexta ............... 43 Disposición transitoria sétima............. 43 Disposición transitoria oitava ............. 43 DISPOSICIÓN DERRADEIRA................ 43 3 TÍTULO PRELIMINAR Artigo 1 1.- A Real Universidade de Santiago de Compostela é unha institución pública dotada de plena personalidade xurídica e patrimonio propio, constituída polos campus de Santiago de Compostela e Lugo que asume e desenvolve as súas funcións como servizo público esencial á comunidade mediante o estudo, a docencia e a investigación; actividades para as que goza de autonomía, de acordo con estes Estatutos e no marco da lexislación vixente. 2.- Como administración pública vinculada á da Comunidade Autónoma, corresponde á Universidade de Santiago de Compostela, nos termos legalmente establecidos: a) A potestade regulamentaria para a elaboración das súas normas de organización e funcionamento e das demais normas de réxime interno. b) A potestade de autoorganización c) A potestade sancionadora. d) Executividade dos actos e resolucións producidos polos seus órganos de goberno, así como a execución dos mesmos. e) A potestade de revisión de oficio dos seus actos e acordos. f) Equiparación coas prerrogativas procesuais da Administración do Estado e das comunidades autónomas nos procesos xudiciais nos que sexa parte, consonte á lexislación vixente.´ g) Instar conflitos de competencias. h) Inalienabilidade, inembargabilidade e, imprescritibilidade dos seus bens de dominio público, así como as potestades de deslinde e recuperación de oficio de todos os seus bens. i) Exención tributaria, nos termos previstos na normativa vixente, incluídos impostos, taxas, prezos públicos e demais depósitos establecidos polo Estado, comunidades autónomas ou administracións locais. l) Exención de todo tipo de consignacións e depósitos. m) Improcedencia de interdictos sempre que se axuste ao procedemento establecido. Artigo 2 1.- A Universidade de Santiago de Compostela organizarase de xeito democrático e asegurará a participación dos diferentes sectores da comunidade universitaria no seu goberno, levará a cabo unha decidida defensa da igualdade entre homes e mulleres coa promoción da súa participación igualitaria na toma de decisións segundo as recomendacións da Unión Europea, e asumirá os principios de liberdade, igualdade, xustiza e pluralismo como inspiradores da vida universitaria. 2.- Dada a existencia dunha comunidade natural e lingüística alén dos límites da actual Comunidade Autónoma de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela recoñeceralles aos galegos da emigración e aos seus fillos os mesmos dereitos ca aos galegos residentes, nos termos recollidos no 3.2 do Estatuto de Autonomía de Galicia. 3.- É deber de todos os membros da comunidade universitaria, e en particular dos seus órganos de goberno, dar plena efectividade a estes principios e impedir calquera tipo de discriminación. Artigo 3 1.- A lingua galega é a lingua propia da Universidade de Santiago de Compostela. 2.- A Universidade de Santiago de Compostela promoverá, no marco das súas competencias, accións que contribúan á normalización e ao desenvolvemento da lingua galega. Artigo 4 1.- Son funcións da Universidade de Santiago de Compostela: a) A creación, desenvolvemento, transmisión e crítica do coñecemento científico, técnico e artístico, de xeito que se potenciará unha educación baseada nos principios democráticos, a defensa da paz e dos dereitos humanos. b) A preparación para o exercicio de actividades profesionais que esixan coñecementos científicos ou artísticos. c) A difusión, a valorización e a transferencia do coñecemento ao servizo da cultura, da calidade de vida e do desenvolvemento económico e social. d) A difusión do coñecemento e a cultura a través da extensión universitaria e a formación o longo de toda a vida. e) O apoio científico e técnico ao desenvolvemento social, económico e cultural da sociedade galega que a sustenta. 4 2.- Ademais das funcións básicas do apartado anterior, a Universidade de Santiago de Compostela desenvolverá outras actividades de extensión universitaria dirixidas a todos os membros da comunidade universitaria e á sociedade en xeral, que terán como finalidade: a) Procurar a formación integral dos membros da comunidade universitaria mediante a programación e organización de cursos, conferencias e todo tipo de actividades culturais, recreativas e deportivas que poidan contribuír á mellor realización deste obxectivo. b) Potenciar os diversos grupos e asociacións universitarias que desenvolvan actividades estudantís, culturais e deportivas. c) Proxectar as funcións e os servizos da universidade ao contorno social. d) Atender especialmente á defensa, desenvolvemento e difusión da cultura galega, promovendo as actividades e servizos que contribúan a este fin e mantendo as relacións necesarias coas institucións que teñan o mesmo obxectivo. 3.- Para o mellor desenvolvemento das súas funcións a Universidade de Santiago de Compostela propiciará o establecemento de relacións con outras universidades, organizacións e institucións, moi en particular coas de carácter académico, científico e cultural, e atenderá dun xeito preferente ás que realicen o seu labor en países de cultura galego-portuguesa, hispanoamericana e europea. 4.- A Universidade de Santiago de Compostela, en tanto que Administración Pública e para o cumprimento con eficacia e calidade das súas funcións, manterá un compromiso permanente coa protección da saúde da comunidade universitaria, para o que fomentará en todas as súas actividades a prevención dos riscos derivados do traballo. 5.- A Universidade de Santiago de Compostela acollerá un modelo de desenvolvemento sostible baseado no respecto, preocupación e conservación do ambiente. 6.- A Universidade de Santiago de Compostela non colaborará no desenvolvemento de proxectos con fins armamentísticos ou bélicos, sen prexuízo do respecto á legalidade vixente. 7.- Para o desenvolvemento destas funcións a Universidade posuirá as competencias que lle atribúe a lexislación vixente, así como aquelas outras inherentes á autonomía garantida constitucionalmente. Artigo 5 1.- A Universidade de Santiago de Compostela baseará a súa actividade na liberdade académica, que se manifestará nas liberdades de cátedra, de investigación e de estudo. 2.- A liberdade de cátedra maniféstase no exercicio do dereito do seu profesorado a expresar libremente, na súa actividade docente, as súas ideas, opinións e convicións científicas e artísticas. 3.- A liberdade de investigación maniféstase no exercicio do dereito á libre utilización dos principios metodolóxicos, á elección dos obxectivos axeitados e ao espallamento dos resultados obtidos na actividade investigadora. 4.- A liberdade de estudo fundamentada na igualdade de oportunidades e non discriminación dos estudantes, abrangue, ademais do dereito a elixir centro e ensinanzas nos termos establecidos polo ordenamento xurídico, o de se servir dos medios da Universidade para unha activa participación no proceso da propia formación, e a libre manifestación das ideas, opinións e convicións científicas e artísticas. Artigo 6 Os emblemas da Universidade de Santiago de Compostela son os de vixencia tradicional nela. TITULO PRIMEIRO DA COMUNIDADE UNIVERSITARIA CAPÍTULO 1 DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo 7 A comunidade da Universidade de Santiago de Compostela está formada por: a) O seu persoal docente e investigador. b) O estudantado. c) O seu persoal de administración e servizos. Artigo 8 Son dereitos de todos os membros da comunidade universitaria, no marco das previsións contidas na lexislación vixente: a) A participación nos órganos de goberno e de xestión de acordo co establecido nos presentes Estatutos. 5 b) A organización, promoción e participación en actividades formativas, culturais, recreativas e deportivas e de extensión universitaria, e a utilización das instalacións e dos servizos universitarios conforme o que establezan as normas da Universidade. c) A liberdade de expresión, asociación, sindicación, reunión, manifestación e folga dentro do ámbito universitario. Os estudantes poderán suspender de xeito colectivo as súas actividades discentes e académicas. d) A organización, promoción e participación en actividades que contribúan a vincular a Universidade de Santiago de Compostela co seu contorno e a mellora desta institución. e) A recibir as distintas axudas ou subvencións que a Universidade estableza, de acordo cos requisitos establecidos nas respectivas normas que as regulen. f) O goce das prestacións asistenciais e de acción social promovidas, xestionadas ou fomentadas pola Universidade de acordo cos requisitos establecidos nas respectivas normas que as regulen. g) A información regular, mediante a publicidade, sobre todas as cuestións que afecten á comunidade universitaria. h) Dispor de condicións de traballo e/ou estudo axeitadas. i) Non ser discriminado por razón da súa discapacidade. l) Dispor dos medios axeitados para contribuír ao bo funcionamento do servizo público universitario e á mellora da súa xestión. m) Ao pleno respecto á súa dignidade profesional e persoal no exercicio das súas funcións. Artigo 9 Son deberes de todos os membros da comunidade universitaria: a) O cumprimento das obrigas profesionais, investigadoras, docentes, discentes, de xestión ou de representación, inherentes ao sector da comunidade ao que pertenzan. b) O cumprimento dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela e as normas que os desenvolvan. c) A cooperación cos demais membros da comunidade universitaria na mellora dos servizos e na consecución dos fins da Universidade. d) O respecto do patrimonio da Universidade e a contribución ao seu digno mantemento. e) A asunción das responsabilidades de goberno e representación propias dos órganos para os que sexan elixidos ou designados. f) O cumprimento das normas en materia de prevención de riscos e o respecto ao ambiente. g) O potenciamento da vinculación e do prestixio da Universidade na sociedade. Artigo 10 1.- Son órganos de representación do persoal funcionario da Universidade a Xunta de Persoal Docente e Investigador, a Xunta de Persoal Funcionario de Administración e Servizos; e do persoal laboral os Comités de Empresa e aqueles órganos de representación que legalmente se establezan. 2.- Son funcións destes órganos, negociar e, de ser o caso, acordar as condición de traballo de carácter económico, laboral e profesional do persoal representado por cada un deles nos temas e materias legalmente establecidos. Artigo 11 1.- O valedor ou valedora da comunidade universitaria é o comisionado ou a comisionada do Claustro Universitario para a defensa e garantía dos dereitos e das liberdades dos membros da comunidade universitaria. As súas actuacións, sempre dirixidas á mellora da calidade universitaria en todos os seus ámbitos, non estarán sometidas a mandato imperativo de ningunha instancia universitaria e virán rexidas polos principios de independencia e autonomía. 2.- Para o desempeño das súas funcións disporá dos medios persoais e materiais necesarios. Todos os órganos e membros da comunidade universitaria están obrigados a auxiliar o valedor no exercicio das súas funcións. 3.- O Claustro Universitario aprobará un Estatuto do Valedor da Comunidade Universitaria e procederá á súa elección por maioría absoluta para un mandato de cinco anos. Crearase unha comisión de asesoramento e axuda ao valedor cunha composición que se recollerá no Estatuto do Valedor, que deberá reflectir a dualidade de campus da Universidade. O mandato do valedor finalizará por dimisión, ou por cesamento acordado pola maioría absoluta dos membros do Claustro Universitario. 4.- O valedor presentará un informe anual ao Claustro no que dará conta das súas actividades, e incorporará as propostas de mellora que estime oportunas. 5.- O valedor da comunidade universitaria poderá instar e promover ante os órganos correspondentes actuacións 6 e iniciativas para mellorar a calidade, así como os dereitos e liberdades dos membros da comunidade universitaria. CAPÍTULO 2 DO PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR Artigo 12 A Universidade de Santiago de Compostela contará con persoal docente e investigador, integrado polos funcionarios e polas funcionarias dos corpos docentes universitarios e polo persoal contratado para funcións docentes e investigadoras, e con investigadores en formación. Do persoal docente e investigador funcionario e contratado Artigo 13 1.- O profesorado universitario funcionario pertencerá aos seguintes corpos docentes: Catedráticos e catedráticas de universidade. Profesores e profesoras titulares de universidade. Catedráticos e catedráticas de escolas universitarias. Profesores e profesoras titulares de escolas universitarias. 2.- O persoal docente e investigador contratado está formado por axudantes e profesorado das seguintes categorías: profesorado axudante doutor, profesorado colaborador, profesorado contratado doutor, profesorado asociado e profesorado visitante. O número de persoal docente e investigador contratado ao abeiro deste apartado non poderá superar o corenta e nove por cento do persoal docente e investigador da Universidade. 3.- Ademais do previsto no apartado anterior, a Universidade de Santiago de Compostela poderá contratar: a) Profesorado emérito. b) Persoal para lectorados de linguas modernas ou estranxeiras c) Persoal docente ou persoal investigador por obra ou servizo determinado para o desenvolvemento de proxectos concretos de investigación científico-técnica. d) Profesorado interino de substitución. 4.- Ademais do previsto nos apartados anteriores, a Universidade poderá contratar investigadores ou outro persoal consonte coas disposicións legais. Artigo 14 1.- O profesorado gozará de plena capacidade docente. Cando posúa o título de doutor terá ademais plena capacidade investigadora. 2.- A regulación das categorías de profesorado que a Universidade poida contratar conforme á lexislación aplicable establecerá os dereitos e deberes, así como as condicións de acceso, permanencia, promoción e rescisión de contratos. Artigo 15 1.- Son dereitos específicos do persoal docente e investigador funcionario e contratado da Universidade de Santiago de Compostela. a) A formación permanente, coa finalidade de garantir unha constante mellora da súa capacidade docente, investigadora e de xestión e a disposición dos recursos necesarios para esa formación. b) A promoción académica. 2.- Son deberes específicos do persoal docente e investigador funcionario ou contratado: a) O cumprimento das diversas obrigas docentes, de titoría e, de ser o caso, investigadoras ou de xestión. b) A formación permanente orientada á realización dunha actividade docente e investigadora de calidade consonte coa súa categoría, tipo de dedicación e medios dispoñibles. c) A avaliación do estudantado con obxectividade de acordo coas normas establecidas. d) A colaboración no control obxectivo, periódico e rigoroso dos seus labores docentes e investigadores. Artigo 16 De acordo coa normativa vixente o Consello de Goberno, logo da negociación cos órganos de representación laboral e previo informe do Consello Social, aprobará e informará ao Claustro da Relación de Postos de Traballo, na que se consignarán, clasificadas polos campus de Santiago e Lugo, os distintos postos, de acordo coas súas dispoñibilidades orzamentarias e respectando os seguintes criterios: a) As necesidades dos programas de estudo, nos seus distintos ciclos, e de investigación, que tenda a unha proporción profesorado/estudantado por grupo que permita 7 unha docencia e unha investigación de crecente calidade. b) As esixencias do persoal que se derivan da ampliación do número de centros e titulacións. c) A conveniente proporcionalidade na fixación do número de prazas de cada categoría que permita a promoción académica. d) A progresiva normalización e o respecto dos dereitos lingüísticos, para o que se poderá, de se-lo caso, establecer perfís lingüísticos dalgúns postos de traballo. Artigo 17 Sen prexuízo da prelación entre corpos e categorías que se establece na Disposición Adicional 4ª dos presentes Estatutos, cando sexa de aplicación para efectos internos, o criterio de antigüidade do persoal docente e investigador da Universidade de Santiago de Compostela entenderase referido ao tempo de permanencia nela dentro da categoría de que se trate. Artigo 18 A dedicación do persoal dos corpos de funcionarios docentes será preferentemente a tempo completo. O Consello de Goberno poderá acordar un cambio de dedicación, previa solicitude do interesado e informe do Consello de Departamento, consonte coa lexislación vixente e sempre e cando non distorsione o normal desenvolvemento da docencia. Artigo 19 1.- Na organización das actividades docentes e de titoría deberáselle garantir ao profesorado doutor o tempo necesario para un axeitado desenvolvemento do seu labor investigador. 2.- Así mesmo o Consello de Goberno, ao procurar a equiparación nas obrigas docentes, regulará o réxime de reducións para titulares de escola e profesorado colaborador que se atopen realizando a tese de doutoramento ou desenvolvan tarefas de investigación. Artigo 20 1.- O profesorado poderá obter licencias por estudos noutras Universidades ou institucións científicas españolas ou estranxeiras nas condicións que determine o Consello de Goberno. 2.- O profesorado funcionario ou contratado, cada vez que cumpra un período ininterrompido de seis anos de docencia na USC en réxime de dedicación a tempo completo, terá dereito a unha licencia dun ano conservando todos os seus dereitos económicos e administrativos. 3.- O Consello de Goberno elaborará a normativa de concesión destas licencias, e decidirá sobre a súa concesión tendo en conta os proxectos de actividades que se vaian realizar. En todo caso, asegurarase de que queden debidamente cubertas as funcións docentes do departamento correspondente, para o cal o Consello de Goberno poderá habilitar partidas específicas. Artigo 21 1.- No marco das bases que estableza o Claustro, o Consello de Goberno aprobará un regulamento do persoal docente e investigador no que se regulará a actividade do profesorado que está constituída basicamente por labores docentes, investigadores, de titoría ou asistencia ao estudantado e de xestión, considerando, polo menos, os seguintes aspectos: a) O procedemento de elaboración e aprobación das relacións de postos de traballo. b) O procedemento de acceso e provisión das prazas de profesorado. c) Os procedementos de control da calidade docente. d) A Inspección de servizos e o procedemento disciplinario. e) O procedemento de declaración de situacións administrativas. f) O rexistro do persoal docente e investigador g) O réxime de exención ou redución da actividade académica polo desempeño de cargos académicos e, excepcionalmente por servizos extraordinarios prestados á USC. h) O procedemento de aplicación da normativa de incompatibilidades. i) A adscrición do persoal docente e investigador aos departamentos e o seu censo nos seu respectivos centros. l) O réxime de incompatibilidades do persoal docente e investigador da USC en activo para participar na docencia, investigación e xestión de universidades privadas. m) Os criterios para asignación individual de complementos retributivos extraordinarios no marco da lexislación vixente. Do profesorado funcionario Artigo 22 8 1.- O funcionariado docente e investigador que se incorpore á Universidade de Santiago de Compostela será seleccionado por medio de concursos de acceso que serán convocados polo reitor e nos que deberán quedar garantidos a publicidade, a igualdade de oportunidades entre os candidatos e o respecto aos principios de mérito e capacidade. 2.- Corresponde ao Consello de Goberno: a) Determinar a creación de prazas nos corpos de persoal docente e investigador funcionario, así como, se procede, manter, minorar ou cambiar as denominación ou a categoría das prazas vacantes a través da correspondente relación de postos de traballo. b) Previa proposta do Consello de Departamento, designar o profesorado que integrará a comisión que resolverá o concurso. 3.- As comisións que resolverán os concursos de acceso a prazas dos corpos de persoal docente e investigador funcionario estarán integradas por cinco profesores do mesmo corpo ou superiores, que reúnan os requisitos esixidos para formar parte das comisións de habilitación. Terá dereito preferente a formar parte das Comisións o profesorado funcionario da USC da área á que pertenza a praza. No caso de que non houbese número de profesores suficiente na área correspondente da USC, poderá propoñerse profesorado doutras áreas afíns da USC ou ben profesorado da mesma área doutras universidades. 4.- O proceso de selección, deberá valorar a adecuación de cada candidato ás tarefas docentes e investigadoras propias da praza á que se concursa. 5.- As reclamacións contra as resolucións dos concursos de acceso serán valoradas por unha comisión de reclamacións elixida polo Claustro. Do persoal contratado. Artigo 23 1.- A contratación do persoal docente e investigador, farase mediante concurso públicos, ao que se lles dará a necesaria publicidade. A selección efectuarase con respecto aos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade. 2.- Corresponde ao Consello de Goberno: a) Determinar a creación de prazas de persoal docente e investigador contratado, así como, se procede, manter, minorar, ou cambiar a denominación ou a categoría das prazas vacantes a través da relación de postos de traballo. b) Previa proposta do Consello de Departamento, designar o profesorado que integrará a comisión que resolverá o concurso. 3.- As comisións estarán formadas por cinco profesores ou profesoras de superior ou igual categoría e título, de acordo co mesmo procedemento de designación previsto para os concursos de acceso de persoal funcionario. Artigo 24 1.- O profesorado contratado doutor serao para o desenvolvemento de tarefas de docencia e de investigación, ou prioritariamente de investigación, entre doutores ou doutoras que reúnan polo menos tres anos de actividade de posdoutoramento docente e investigadora, ou prioritariamente investigadora, e que reciban a avaliación positiva da dita actividade por parte dos órganos de avaliación externa que a lei determine. 2.- O profesorado contratado doutor será inicialmente contratado a tempo parcial ou a tempo completo por un período máximo de tres anos, podendo neste último caso selo con carácter fixo logo do informe favorable sobre este período de acordo coas condicións que se determine regulamentariamente polo Consello de Goberno. Artigo 25 1.- O profesorado asociado será contratado con carácter temporal por un período máximo de dous anos, con dedicación a tempo parcial entre especialistas de recoñecida competencia con actividade profesional allea ao ámbito académico universitario. 2.- Os contidos das actividades docentes do profesorado asociado deberán estar directamente vinculado coa súa actividade profesional, e figurarán especificados na convocatoria. Artigo 26 A Universidade poderá contratar profesorado colaborador para impartir ensinanzas só naquelas áreas de coñecemento que estableza o Goberno, entre licenciados, arquitectos e enxeñeiros ou diplomados universitarios, arquitectos técnicos e enxeñeiros técnicos, que conten co informe favorable dos órganos de avaliación externa que determine a lei. Artigo 27 1.- O profesorado axudante doutor será contratado entre doutores ou doutoras de acordo coas disposición legais vixentes. Desenvolverán tarefas docentes e de 9 investigación a tempo completo durante un período de catro anos improrrogables. 2.- A contratación esixirá a previa avaliación positiva da súa actividade por parte do órgano de avaliación externa que corresponda. Artigo 28 1.- Os axudantes serán contratados coa finalidade principal de completar a súa formación investigadora. A contratación será a tempo completo cunha duración de catro anos improrrogables. 2.- As prazas de axudantes utilizaranse preferentemente para integrar o persoal en formación. 3.- Os axudantes poderán colaborar nas tarefas docentes vinculadas á súa especialización cun límite máximo equivalente á metade do encargo docente máximo do profesorado doutor a tempo completo, e terase en conta en todo caso o encargo medio de docencia da área. Artigo 29 A Universidade de Santiago de Compostela poderá contratar, no ámbito das ciencias da saúde, profesorado asociado, profesorado axudante doutor e axudantes, de acordo co que se estableza no seu concerto co Servizo Galego da Saúde e noutra lexislación de aplicación. Artigo 30 O profesorado visitante está constituído por docentes ou persoal investigador de recoñecido prestixio doutras universidades e centros de investigación españois ou estranxeiros que poderán ser contratados, con dedicación a tempo completo ou parcial, para desenvolver actividades docentes e investigadoras por un período máximo dun ano, prorrogable por outro máis. Artigo 31 1.- A Universidade de Santiago de Compostela poderá, por acordo do Consello de Goberno contratar como profesores eméritos aqueles funcionarios docentes xubilados que prestasen servizos destacados á Universidade. 2.- O profesorado emérito, que estará vinculado á Universidade por medio dunha relación laboral de tres anos de duración, prorrogable por outros dous, terá dereito a unha retribución compatible coa súa pensión de xubilación. 3.- O profesorado emérito terá a posibilidade de colaborar na dirección de tarefas de investigación, na docencia do terceiro ciclo e, en xeral, en estudos de especialización científica e profesional, en actividades de extensión universitaria e noutras equiparables. Artigo 32 1.- A Universidade de Santiago de Compostela poderá contratar persoal para os seus lectorados como parte do persoal dos departamentos responsables docentes das linguas modernas. A titulación deste persoal deberá ser equivalente ao titulo de licenciado. 2.- O persoal para os lectorados asimilarase ao profesorado colaborador e, sen prexuízo do disposto no apartado seguinte, contratarase por un período dun ano prorrogable por outro máis, previo informe favorable do departamento. As súas obrigas docentes virán fixadas nos respectivos contratos en virtude das necesidades docentes do departamento. 3.- A Universidade poderá determinar que a contratación de persoal para os lectorados se estableza mediante convenios de intercambio con universidades estranxeiras ou por aplicación de convenios existentes con organismos oficiais ou institucións doutros países, polo tempo que acorden as respectivas institucións, de xeito que se favoreza a incorporación de titulados propostos pola Universidade de Santiago de Compostela a outras universidades. Artigo 33 O Regulamento de persoal docente e investigador establecerá a constitución e composición dunha comisión de revisión que valore as reclamacións que se presenten contra as resolucións dos concursos de selección de persoal docente e investigador contratado, agás para as prazas de persoal contratado doutor e persoal colaborador das que coñecerá a comisión prevista no artigo 22.5. Dos investigadores en formación Artigo 34 1.- Os investigadores en formación e perfeccionamento son titulados universitario que teñan acadado o diploma de estudos avanzados ou equivalente e realicen actividades de investigación vinculados á Universidade nalgunha das seguintes categorías: a) Matriculados en etapa de tese que a estean realizando cunha dedicación maior ou igual a media xornada. b) Bolseiros ou bolseiras de investigación no marco dunha convocatoria pública. 2.- A USC deberá manter un rexistro actualizado dos 16 desenvolvemento dos seus fins institucionais. 2.- A creación destes centros corresponderá ao Consello de Goberno de acordo cos criterios aprobados polo Claustro. Das escolas de especialización profesional Artigo 63 1.- As escolas de especialización profesional son centros universitarios orientados á formación e ao perfeccionamento profesional dos titulados universitarios ou, de ser o caso, de estudantes de cursos avanzados dos estudos universitarios. 2.- A creación, modificación ou supresión de escolas de especialización profesional, así como os criterios e condicións para o acceso aos estudos que se poden seguir nelas, serán aprobados polo Consello de Goberno, oída a escola correspondente no seu caso. 3.- As ensinanzas das escolas de especialización profesional serán impartidas por profesorado da Universidade de Santiago de Compostela, previo informe do consello de departamento ao que pertenza, así como por profesionais vinculados co seu ámbito de especialización. CAPÍTULO 6 DOS HOSPITAIS UNIVERSITARIOS E ASOCIADOS Artigo 64 1.- Os hospitais universitarios terán como obxectivo fundamental o desenvolvemento, no máximo nivel científico-técnico, do labor asistencial e a realización das funcións docentes e investigadoras propias dos departamentos, centros e escolas profesionais vinculados ás áreas das ciencias da saúde. 2.- Os hospitais universitarios deberán garantir a impartición dos plans de estudos e programas docentes, conducentes á obtención dos títulos oficiais ou propios da Universidade, relacionados cos ámbitos sanitarios. 3.- Os programas docentes desenvolvidos total ou parcialmente nos hospitais universitarios complementaranse cos propios da formación especializada, continuada e de posgrao, dirixidos aos profesionais das ciencias da saúde. 4.- Terán a consideración de hospitais asociados as institucións sanitarias hospitalarias concertadas que non cumpran os requisitos establecidos pola lexislación vixente para ser hospitais universitarios. Artigo 65 A Universidade poderá establecer concertos coa Comunidade Autónoma, coa Administración do Estado e/ou con calquera outro servizo sanitario público ou privado, para os efectos de impartir neles ensinanzas clínicas a estudantes e posgraduados da Universidade, de acordo co establecido na disposición adicional sétima e na disposición final segunda da Lei orgánica de universidades e nas normas do seu desenvolvemento. Do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago Artigo 66 1.- As funcións asistenciais do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago estarán enmarcadas dentro da rede sanitaria pública e regularanse a través dun réxime de concerto acordado polas partes que a lei establece, no que se recoñecerán as peculiaridades propias dos hospitais universitarios. Nese concerto deberán preverse, entre outras cuestións, a estrutura dos órganos de dirección e o sistema de designación, polo reitor, dos directores ou subdirectores e os representantes da Universidade na Comisión de Dirección, así como as relacións dos profesionais das ciencias da saúde coa docencia universitaria. 2.- Cando no Consello de Goberno se traten temas relacionados co concerto entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego da Saúde, será convocado un representante deste. Do Hospital Clínico Veterinario Artigo 67 O Hospital Clínico Veterinario da Universidade de Santiago de Compostela, radicado en Lugo, ten como obxectivo fundamental o desenvolvemento do labor asistencial co fin de mellorar as funcións docentes e investigadoras propias dos departamentos e centros vinculados ás áreas das ciencias da saúde e, ao mesmo tempo, potenciar as actividades produtivas no sector primario das que a preservación e recuperación da saúde animal constitúen unha parte destacada. Artigo 68 1.- Para a xestión do Hospital Clínico Veterinario a Universidade de Santiago de Compostela, para acadar os seus obxectivos e fins, asinará o correspondente convenio no que se recoñecerán as peculiaridades propias dos hospitais universitarios. Neste convenio deberán preverse, entre outras cuestións, a estrutura dos órganos de dirección e o sistema de designación do director veterinario, que deberá ser nomeado polo reitor, así como as relacións do persoal facultativo coa 17 docencia universitaria. Tamén deberán establecerse os procedementos de selección de persoal non facultativo, de xeito que se axusten aos principios de igualdade, mérito e capacidade. 2.- O director veterinario deberá cumprir as condicións establecidas no artigo 72 destes Estatutos. CAPÍTULO 7 DOS CENTROS DOCENTES ADSCRITOS OU VINCULADOS Artigo 69 l.- Son centros docentes adscritos ou vinculados á Universidade de Santiago de Compostela os que dependen de institucións públicas ou privadas que impartan ensino universitario ou equivalente de nivel superior, coa autorización da Universidade e baixo o seu control. 2.- A adscrición destes centros á Universidade e a súa desvinculación será acordada, pola Xunta de Galicia, por proposta do Consello Social, previo informe do Consello de Goberno. 3.- As relacións entre os centros adscritos e a Universidade regularanse por medio dun convenio de colaboración aprobado polo Consello de Goberno e asinado entre o reitor e o titular do centro. Neste convenio incluirase a constitución e funcións dun padroado que regulará o funcionamento do centro. 4.- Corresponderalle ao reitor nomear, polo menos, dous vocais deste padroado e o delegado ou delegada da Universidade no centro. Tamén é competencia do reitor o nomeamento do director ou directora do centro, por proposta do padroado. 5.- O control académico directo do centro exercerao o delegado da Universidade que, sen prexuízo dos dereitos do titular do centro: • sancionará os criterios de valoración para o acceso do estudantado e as súas avaliacións, así como os criterios para a selección do profesorado, que deberán garantir os principios de igualdade, mérito e capacidade; • intervirá no proceso de selección do profesorado. TÍTULO TERCEIRO DO GOBERNO DA UNIVERSIDADE CAPÍTULO 1 DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo 70 1.- O goberno da Universidade de Santiago de Compostela recaerá en órganos colexiados ou unipersoais. 2.- Os órganos colexiados son: o Consello Social, o Claustro Universitario, o Consello de Goberno, a Xunta Consultiva, as xuntas de facultade e de escola, os consellos de departamentos, as xuntas de goberno e consellos científicos de institutos universitarios, e os órganos previstos nas normas reguladoras dos demais centros da Universidade. 3.- Os órganos unipersoais son o reitor, os vicerreitores e vicerreitores adxuntos, o secretario xeral, o xerente, os adxuntos a vicerreitor, os decanos e os directores de escola, os directores de departamento e de instituto universitario, os vicedecanos e secretarios de facultade, os subdirectores e secretarios de escola, os secretarios de departamento e de instituto, e os previstos para os outros centros na súa normativa reguladora. 4.- A asistencia ás reunións dos órganos colexiados constitúe un dereito e un deber dos seus membros, e débense prever as medidas que favorezan a dita asistencia. Cando a natureza dos asuntos o requira, a presidencia do órgano colexiado, por propia iniciativa ou a instancia dos membros do órgano, de acordo co que dispoña o seu regulamento de réxime interno, poderá convocar para informe a calquera membro da comunidade universitaria. 5.- Os órganos colexiados elaborarán e aprobarán un regulamento de réxime interno no que se determinarán os distintos aspectos do seu funcionamento. Artigo 71 1.- Son altos cargos da Universidade: o reitor, os vicerreitores, o secretario xeral e o xerente. 2.- A Universidade manterá un rexistro dos seus altos cargos, no que constarán as declaracións de intereses das persoas nomeadas para eles. 3.- As persoas que ostenten a condición de alto cargo da Universidade non poderán: a) Asumir como único responsable a docencia dunha materia. b) Gozar de licencias ou permisos por tempo superior a 2 meses. 18 c) Beneficiarse das bolsas ou axudas que conceda a propia Universidade. 4.- O Consello de Goberno regulará o réxime do rexistro de intereses, así como os dereitos e obrigas dos altos cargos. Artigo 72 1.- Para ser titular de órganos unipersoais o profesorado deberá estar acollido ao réxime de dedicación a tempo completo; o estudantado deberá estar matriculado na modalidade de matrícula ordinaria. O persoal de administración e servizos deberá ter como único emprego o que desenvolva na Universidade de Santiago de Compostela. Para ser titular de órganos unipersoais de centros ou estruturas que non sexan propios da Universidade estarase ao disposto no convenio regulador. 2.- En ningún caso se poderá exercer a titularidade de máis dun dos devanditos cargos nin a de calquera deles simultaneamente coa de órganos unipersoais de goberno doutra universidade ou do Consello Superior de Investigacións Científicas e dos seus centros respectivos, ou coa de representante sindical. 3.- O mandato dos órganos unipersoais electivos será de catro anos, non poderán ocupar o cargo máis de dous mandatos consecutivos. 4.- Os cargos unipersoais electivos cesarán ao remate do seu mandato, por dimisión, por disolución do órgano colexiado que os elixiu e, agás no caso do reitor, como consecuencia dunha moción de censura construtiva aprobada por maioría absoluta. 5.- Os restantes cargos unipersoais serán nomeados e cesarán segundo o disposto para cada un deles nestes Estatutos. 6.- No caso de cesamento o reitor resolverá, con carácter xeral, a continuidade en funcións do anterior titular ata a elección da persoa que o substitua. Artigo 73 1.- As eleccións de membros de órganos colexiados serán convocadas pola Comisión Electoral Central. Os membros elixidos dos órganos colexiados serano por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto dos seus respectivos colexios electorais. 2.- Para a elección de representantes nos órganos colexiados, ou para a elección de titulares de órganos unipersoais, non se admitirá o voto delegado, pero o Regulamento Electoral poderá admitir o voto anticipado. 3.- O Consello de Goberno aprobará o regulamento electoral xeral da Universidade, de acordo coas liñas xerais aprobadas polo Claustro dentro do previsto nestes Estatutos e que deberán establecer polo menos: a) A condición de electores e elixibles. b) Determinación de subsectores dentro dos sectores II e III dos previstos no artigo 76, e o número dos seus representantes tendo en conta o seu peso numérico relativo dentro do correspondente sector. c) Circunscrición electorais. d) Número máximo de candidatos aos que se pode dar o voto para garantir a representación das minorías. 4.- A resolución das reclamacións, impugnacións ou calquera outra cuestión que se suscite nos procesos electorais corresponde á Comisión Electoral Central da Universidade, presidida polo reitor ou persoa en que delegue, e integrada ademais por doce membros elixidos polo Claustro Universitario de acordo coa súa composición. O Regulamento Electoral Xeral establecerá, no seu caso, a composición e competencias doutras comisións electorais de ámbito inferior. Artigo 74 1.- As decisións dos órganos colexiados da Universidade adoptarán a forma de acordos, e as dos cargos unipersoais a de resolucións. 2.- As resolucións do reitor e os acordos do Claustro Universitario, do Consello de Goberno e do Consello Social esgotan a vía administrativa e son impugnables directamente perante a xurisdición contenciosoadministrativa. 3.- Os acordos dos restantes órganos colexiados serán susceptibles de recurso de alzada ante o Consello de Goberno. As resolucións dos órganos unipersoais serán susceptibles de recurso de alzada ante o reitor. CAPÍTULO 2 DOS ÓRGANOS XERAIS DA UNIVERSIDADE Do Consello Social Artigo 75 1.- O Consello Social é o órgano de participación da sociedade na Universidade de Santiago de Compostela. A súa composición e funcións serán reguladas por Lei da comunidade autónoma. 2.- Serán membros do Consello Social en representación da Universidade o reitor, o secretario xeral e o xerente, así como un membro do profesorado, un do estudantado e un do persoal de administración e servizos, elixidos 19 polo Consello de Goberno entre os seus membros por maioría absoluta e de xeito que garanta a representación dos campus de Santiago e Lugo. 3.- Os membros do Consello Social elixidos polo Consello de Goberno deberán reunir os requisitos esixidos no Artigo 72. para ser titular de órganos unipersoais. Do Claustro Universitario Artigo 76 1.- O Claustro Universitario é o máximo órgano representativo da comunidade universitaria. 2.- O Claustro Universitario estará composto por: a) O reitor, que o presidirá. b) O secretario xeral, que o será tamén do Claustro. c) O xerente. d) 300 representantes dos diversos sectores da comunidade universitaria, elixidos mediante sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto, coa seguinte composición numérica dos sectores que se indican: sector I: 153 membros do profesorado funcionario doutor. sector II: 42 membros das restantes categorías de persoal docente e investigador. sector III: 9 investigadores en formación e estudantes de terceiro ciclo e posgrao. sector IV: 72 estudantes de primeiro e segundo ciclos. sector V: 24 membros do persoal de administración e servizos 3.- O colexio electoral do sector II estará formado polas seguintes categorías: profesorado emérito, profesorado funcionario non doutor, profesorado contratado doutor, profesorado asociado, profesorado colaborador, axudantes doutores, axudantes e aqueloutras persoas contratadas pola Universidade de Santiago de Compostela mediante concurso público que realicen labores docentes ou investigadores e cumpran os requisitos, entre outros os de permanencia, que estableza o Regulamento electoral xeral da Universidade. 4.- O colexio electoral do sector III estará integrado por todo o estudantado de terceiro ciclo, así como os investigadores en formación e perfeccionamento e o estudantado de cursos de posgrao que cumpran as condicións que estipule o Regulamento electoral xeral da Universidade. 5.- Os vicerreitores ou vicerreitoras que non sexan membros do Claustro Universitario poderán asistir ás sesións con voz pero sen voto. Artigo 77 1.- O Claustro Universitario será elixido cada catro anos. Os representantes do estudantado de todos os ciclos e modalidades renovaranse cada dous anos. 2.- O Claustro quedará disolto cando aprobe a convocatoria extraordinaria de eleccións a reitor por maioría de dous tercios, logo da iniciativa dun tercio dos seus membros. 3.- A condición de membro do Claustro perderase co cesamento da vinculación coa Universidade, por deixar de pertencer ao sector da comunidade universitaria polo que foi elixido, ou polo incumprimento reiterado dos seus deberes como claustral, nos termos previstos no seu regulamento. Artigo 78 1.- O Claustro Universitario poderá traballar en pleno ou en comisións. 2.- O pleno do Claustro Universitario deberá reunirse con carácter ordinario polo menos dúas veces ao ano durante o período lectivo, e con carácter extraordinario de acordo co que dispoña o seu regulamento de réxime interno. Artigo 79 Son competencias do Claustro Universitario as seguintes: a) A elaboración dos Estatutos, así como da súa reforma, modificación ou corrección. b) A remoción do reitor, mediante a convocatoria de eleccións extraordinarias de acordo co disposto no Artigo 85.4. c) A elección de membros do Consello de Goberno na súa representación, por e de entre os propios membros do sector representado. d) A elaboración e aprobación do seu Regulamento de réxime interno, que deberá ser aprobado por maioría contando polo menos co voto favorable dun tercio dos membros do Claustro. e) A elección e, no seu caso, revogación do valedor da comunidade universitaria, a aprobación do seu Estatuto e o debate do seu informe anual. 20 f) A aprobación do Estatuto do Estudantado. g) A aprobación das liñas xerais do Regulamento electoral xeral, do Regulamento de persoal docente e investigador, do Regulamento de persoal de administración e servizos e dos estudos de posgrao. h) A deliberación sobre o informe anual do reitor. i) A aprobación das liñas xerais da programación plurianual e dos presupostos. l) O coñecemento e debate da planificación estratéxica e das relacións de postos de traballo. m) A expresión da opinión da comunidade universitaria e a formulación de recomendacións, propostas e declaracións institucionais, así como o debate dos asuntos que lle sexan formulados polo reitor ou o Consello de Goberno. n) A recepción de información acerca do funcionamento e obxectivos da Universidade, para o cal poderá recabar a comparecencia dos titulares dos órganos de goberno e representación e dos membros da comunidade universitaria. ñ) O control da xestión dos órganos de goberno da Universidade mediante a formulación de preguntas e interpelacións. o) A elección da Comisión que valorará as reclamacións contra as propostas das comisións dos concursos de acceso á condición de funcionario así como de contratados doutores ou colaboradores. p) A aprobación da creación, e no seu caso, supresión de novas figuras de persoal docente e investigador. q) Establecer os criterios xerais que a Universidade de Santiago de Compostela deberá ter en conta para a creación, modificación e supresión de centros e departamentos e para a súa adscrición á Universidade. r) As restantes competencias que lle atribúan estes Estatutos. Do Consello de Goberno Artigo 80 1.- O Consello de Goberno é o órgano ordinario de goberno da Universidade. Estará integrado por: a) O reitor, que o presidirá, que poderá delegar a presidencia nun vicerreitor. b) O secretario xeral, que actuará como secretario e poderá delegar esta función no secretario xeral adxunto, previa aprobación do reitor. c) O xerente. d) Cincuenta membros da comunidade universitaria que se distribuirán así: a. Quince membros designados polo reitor. b. Vinte representantes do Claustro Universitario elixidos polo sector correspondente de entre os seus membros, garantindo en cada sector a representación dos campus de Santiago e Lugo, coa seguinte composición: 5 membros do profesorado funcionario doutor. 3 membros do restante persoal docente e investigador. 2 estudantes de terceiro ciclo e investigadores en formación. 7 estudantes de primeiro e segundo ciclo. 3 membros do persoal de administración e servizos c. Quince representantes dos decanos, directores de escolas técnicas, politécnicas e universitarias, directores de departamento e directores de institutos universitarios, de xeito que se garanta a presencia dos campus de Santiago e Lugo, e de todas as grandes áreas, distribuídos así: sete decanos e directores de escola, sete directores de departamento e un director de instituto. e) Tres membros elixidos polo Consello Social non pertencentes á propia comunidade universitaria. 2.- Cando no Consello de Goberno se aborden temas que afecten especialmente a algún centro, departamento ou instituto, o reitor cursará invitación ao seu decano ou director, previa petición, para a súa participación nas deliberacións con voz pero sen voto. Artigo 81 1.- O Consello de Goberno poderá traballar en pleno ou en comisións. 2.- O Consello de Goberno celebrará, polo menos, unha sesión plenaria con carácter ordinario cada trimestre 21 lectivo. Artigo 82 Son competencias do Consello de Goberno: a) Propoñer ao Consello Social proxecto de programación plurianual e as súas actualizacións anuais. b) A creación, modificación ou supresión de departamentos e a súa adscrición aos centros. c) A aprobación dos plans de estudo, logo do informe da comisión correspondente do Claustro. d) A proposta de límite de prazas das titulacións e os procedementos para a admisión do estudantado. e) A ratificación dos regulamentos de réxime interno de Centros e Departamentos. f) A aprobación e a modificación das relacións de postos de traballo do persoal docente e investigador. g) A aprobación e modificación da relación de postos de traballo do persoal de administración e servizos da Universidade. h) A designación dos membros das comisións de selección de persoal docente e investigador. i) A contratación de profesores eméritos. l) Acordo de nomeamento de doutores honoris causa. m) A aprobación e proposta ao Consello Social do proxecto de orzamento. n) A aprobación da distribución de créditos entre centros, departamentos, institutos e servizos. ñ) O exame e aceptación da memoria económica, que incluirá a liquidación do presuposto. o) A aprobación dos convenios de colaboración con outras universidades ou entidades públicas ou privadas. p) A creación, modificación ou supresión dos servizos e unidades de apoio á docencia e á investigación, os de promoción e asistencia á comunidade universitaria e os de xestión e administración xeral. q) O nomeamento das comisións de doutoramento e de posgrao. r) O nomeamento dunha Comisión de Revisión que valore as reclamacións que se presenten contra as resolucións dos concursos de selección de persoal docente e investigador contratado, agás para as prazas de contratado doutor e colaborador. s) Propoñer ao Consello Social a creación ou modificación de empresas, fundacións ou outras persoas xurídicas e a participación da Universidade noutras entidades xa creadas. t) Elixir os seus representantes no Consello Social. u) Crear escalas de persoal de administración e servizos non consideradas nos presentes Estatutos e establecer o seu réxime retributivo. v) Aprobar sistemas xerais de avaliación dos centros, departamentos e servizos da Universidade e do seu persoal. x) Propoñer ao Consello Social a afectación ao dominio público dos bens universitarios e a súa desafectación, así como os procedementos de adquisición e alleación de bens patrimoniais. z) Aprobar as normas e procedementos para o desenvolvemento e execución orzamentaria no marco das establecidas pola Comunidade Autónoma. aa) Iniciar o procedemento de creación e supresión dos centros no estranxeiro que impartan ensinanzas de ámbito universitario, e acordar a súa modificación. bb) A aprobación de calquera norma regulamentaria non atribuída expresamente a outro órgano de goberno nestes Estatutos. cc) Calquera outra competencia atribuída pola lexislación vixente ou polos presentes Estatutos. Da Xunta Consultiva Artigo 83 1.- A Xunta Consultiva é o órgano ordinario de asesoramento do reitor e do Consello de Goberno en cuestións xerais referida á materia académica, e está facultada para formular propostas a estes. 2.- A Xunta Consultiva, presidida polo reitor, estará constituído polo secretario xeral e por un máximo de corenta membros designados polo Consello de Goberno entre profesores e investigadores de recoñecido prestixio que conten con avaliacións positivas do seu labor docente e investigador. Na súa composición deberá garantirse que polo menos un tercio dos membros conte con tres avaliacións positivas do seu labor docente e investigador, e que figuren representantes das cinco grandes áreas e dos dous campus da Universidade. Non poderán formar parte dela os membros do Consello de Goberno nin do Consello de Dirección. 3.- A duración do mandato será de catro anos de xeito que se renove por metades. 22 4.- O Consello de Goberno aprobará o regulamento de funcionamento da Xunta Consultiva. Do reitor ou reitora Artigo 84 O reitor ou reitora é a máxima autoridade académica da universidade e ten a representación desta. Exerce a dirección, goberno e xestión da universidade, desenvolve as liñas de actuación aprobadas polo órganos colexiados correspondentes e executa os seus acordos. Artigo 85 1.- O reitor será elixido pola comunidade universitaria, mediante elección directa e sufraxio universal libre e secreto entre funcionarios do corpo de catedráticos de universidade, en activo, que presten servizos nesta. Será nomeado polo órgano correspondente da Xunta de Galicia. 2.- O voto para a elección de reitor ponderarase polos sectores da comunidade universitaria previstos para o Claustro de xeito que se atribuirá a cada un deles a mesma porcentaxe de representación que teñen no Claustro. 3.- En cada proceso electoral, a comisión electoral central determinará tras o escrutinio dos votos, os coeficientes de ponderación que corresponderá aplicar ao voto a candidaturas. 4.- Ademais das causas previstas con carácter xeral para os órganos unipersoais, o reitor cesará cando o Claustro acorde, con carácter extraordinario, a convocatoria de eleccións. Este acordo deberá contar coa aprobación de dous tercios dos compoñentes do Claustro, tras a iniciativa dun tercio. Artigo 86 No caso de ausencia ou enfermidade do reitor, asumirá as súas funcións o vicerreitor que el designe. De estar imposibilitado o reitor para designar substituto, corresponderá ao Consello de Goberno, presidido para o efecto polo vicerreitor máis antigo de acordo co artigo 17 a elección do vicerreitor encargado de exercer as funcións, sen prexuízo de abrir, de ser o caso, o procedemento da elección dun novo reitor. Artigo 87 Son competencias do reitor: a) A representación da Universidade. b) A decisión da interposición de recursos administrativos e o exercicio de accións xudiciais, dando conta previa sempre que sexa posible ao Consello de Goberno, á vez que a representación xudicial e administrativa da Universidade en toda clase de actos ou negocios xurídicos, podendo outorgar mandatos para o exercicio desta representación. c) A presidencia dos actos universitarios aos que concorra, sen prexuízo do que dispón a normativa estatal, e de ser o caso, autonómica, sobre precedencias. d) A presidencia e a convocatoria das sesións do Claustro Universitario e do Consello de Goberno. e) A execución dos acordos do Claustro Universitario, do Consello de Goberno e do Consello Social. f) A vixilancia do cumprimento da legalidade en todas as actuacións da Universidade. g) O asinamento de todo tipo de convenios en nome da Universidade. h) A determinación do número, denominación e competencias dos vicerreitores, así como o seu nomeamento, do secretario xeral e do xerente, e de existiren, dos vicerreitores adxuntos, do secretario xeral adxunto, xerente adxunto, e do vicexerente ou vicexerentes. i) O nomeamento dos titulares dos órganos unipersoais de goberno. l) O nomeamento do persoal funcionario e o asinamento dos contratos do persoal laboral. m) A expedición dos títulos e diplomas de carácter oficial ou propios outorgados pola Universidade. n) A adopción respecto do persoal docente, investigador e de administración e servizos das decisións relativas a situacións administrativas e réxime disciplinario, con excepción da separación do servizo. ñ) Calquera outra función que lle atribúan a lexislación universitaria e os presentes Estatutos e, en xeral, aquelas funcións que non estean expresamente atribuídas a outros órganos da Universidade. Dos outros órganos unipersoais da Universidade Artigo 88 1.- Para o desenvolvemento das súas competencias o reitor será asistido polo Consello de Dirección, no que estarán presentes os vicerreitores, o secretario xeral e o xerente. 23 2.- O reitor e o Consello de Dirección manterán reunións polo menos de carácter semestral cos decanos e directores de centro para facilitar o intercambio de información e propostas. Igualmente manterá reunións cos directores de departamento e de instituto. Artigo 89 1.- Os vicerreitores ou vicerreitoras serán nomeados polo reitor, tendo en conta a dualidade de campus, entre o profesorado doutor que preste servizos na Universidade de Santiago de Compostela. Correspóndelles coordinaren e dirixiren as actividades no ámbito de competencia que o reitor lles delegue. 2.- Para atender a dualidade de campus, o reitor poderá nomear vicerreitores adxuntos, entre o profesorado que preste servizos na Universidade de Santiago de Compostela, para auxiliar ao reitor e/ou a un ou varios vicerreitores no seu labor de goberno universitario. Igualmente poderá nomear adxuntos a vicerreitor para auxiliar a estes no seu labor de goberno universitario. As persoas nomeadas deberán cumprir as condicións establecidas no artigo 72 destes Estatutos. 3.- Os vicerreitores, os vicerreitores adxuntos e os adxuntos aos vicerreitores cesarán no seus cargos por dimisión ou por decisión do reitor. Artigo 90 1.- O secretario xeral ou secretaria xeral da Universidade será nomeado polo reitor de entre funcionarios públicos do grupo A que presten servizos na Universidade de Santiago de Compostela. 2.- O secretario xeral cesará no seu cargo por dimisión ou por decisión do reitor. Artigo 91 1.- O secretario xeral desempeñará a secretaría do Claustro Universitario do Consello de Goberno e da Xunta Consultiva. Encargarase de dar fe de todos os actos e acordos dos órganos colexiados de representación, goberno e administración xerais da Universidade, agás do Consello Social. 2.- Son funcións específicas do secretario xeral: a) A formación e a custodia dos libros de actas dos órganos xerais de representación e goberno da Universidade e a expedición de certificacións do que conteñen, e calquera cuestión que conste na documentación oficial da Universidade, agás do Consello Social. b) A recepción e a custodia das actas de cualificación dos estudantes. c) A conservación, ordenación e xestión da parte administrativa do Arquivo Universitario e a custodia do selo oficial da Universidade. d) Dar a máxima difusión e publicidade dos acordos tomados polos órganos da Universidade. e) A coordinación da asesoría xurídica da Universidade. f) As restantes funcións que lle atribúan a lexislación vixente, estes Estatutos ou os regulamentos da Universidade. 3.- O reitor, de estimalo necesario, poderá nomear secretario xeral adxunto para auxiliar ao secretario xeral no seu labor de goberno universitario. As persoas nomeadas deberán cumprir as condicións establecidas no artigo 72 destes Estatutos así como as do parágrafo 1 do artigo anterior. Artigo 92 1.- O xerente ou a xerente exercerá, baixo a dependencia do reitor, a xestión dos servizos administrativos e económicos da Universidade. 2.- O xerente será nomeado polo reitor, de acordo co Consello Social, entre titulados superiores con recoñecida competencia e experiencia no ámbito da xestión. Do nomeamento do cargo de xerente será informado o Claustro Universitario. 3.- O xerente cesará no seu cargo por dimisión ou por decisión do reitor. En ambos os dous casos serán informados o Consello Social e o Claustro Universitario. 4.- O cargo de xerente será incompatible co exercicio da docencia ou de calquera outra actividade pública ou privada. Poderá estar vinculado á Universidade como funcionario, no caso de que teña esta condición, ou como persoal contratado en réxime laboral baixo a modalidade de contrato de alta dirección. Artigo 93 1.- Correspóndelle ao xerente exercer as seguintes competencias: a) Dirixir e coordinar os servizos económicos e administrativos da Universidade. b) Coordinar a administración dos demais servizos da Universidade, establecidos nestes Estatutos, para facilitar o seu correcto funcionamento e o exercicio polos órganos de goberno das súas competencias en relación con eles. 24 c) Asumir, de ser o caso, por delegación do reitor, a xefatura do persoal de administración e servizos e elaborar a proposta da súa relación de postos de traballo, consonte ao establecido nestes Estatutos. d) Calquera outras que se prevexan nestes Estatutos ou nas súas normas de desenvolvemento regulamentario, así como as que o reitor lle encomende. 2.- A Xerencia estará asistida polas unidades directivas necesarias para o desempeño das súas competencias, e estas poderán estruturarse xerarquicamente, en función da especialidade ou a complexidade das funcións que asuman, en vicexerencias, xefaturas de área, servizos, oficinas e outras unidades de xestión cualificada. 3.- A creación, modificación ou supresión destas unidades directivas realizarase a través da relación de postos de traballo do persoal de administración e servizos, e corresponderá, ao Consello de Goberno.. 4.- Para garantir a profesionalización da xestión na Universidade de Santiago de Compostela, o desempeño das funcións directivas no ámbito da Xerencia corresponderá, en todo caso, ao persoal de administración e servizos, sen prexuízo da forma de provisión dos postos de traballo que corresponda aplicar, de acordo co establecido nestes Estatutos e na súa relación de postos de traballo. Artigo 94 Ademais do establecido no apartado 4 do artigo anterior, o reitor, de estimalo necesario, poderá nomear xerente adxunto para auxiliar ao xerente no seu labor de goberno universitario. A persoa nomeada deberá ser titulado superior con recoñecida competencia e experiencia no ámbito da xestión, e ter como único emprego o que desenvolva na Universidade. Artigo 95 1.- A determinación do número, denominación e competencias dos vicerreitorados, vicerreitorados adxunto, adxuntos a vicerreitores, farase por resolución reitoral da que se dará conta ao Consello de Goberno e ao Claustro Universitario. 2.- Igualmente o reitor poderá nomear asesores que realizarán tarefas de confianza e asesoramento especial, sen que en ningún caso poidan adoptar actos ou resolucións que correspondan legalmente aos órganos da Administración. Destes nomeamentos informará ao Consello de Goberno. 3.- As funcións propiamente técnico-administrativas reservaranse sempre ao persoal de administración e servizos. CAPÍTULO 3 DOS ÓRGANOS DOS CENTROS Artigo 96 Os órganos de goberno e administración das facultades, escolas técnicas e politécnicas superiores e escolas universitarias son os seguintes: a) A xunta de facultade ou escola. b) O decano ou director. c) Os vicedecanos/as ou subdirectores/as. d) O secretario. Artigo 97 A xunta de facultade ou de escola é o órgano colexiado de goberno do centro, aproba as liñas xerais de actuación no ámbito da facultade ou escola, e supervisa o labor dos seus órganos de dirección e xestión. Artigo 98 1.- A xunta de facultade ou de escola estará composta por: a) O decano ou o director, que a presidirá e convocará. b) Os vicedecanos ou subdirectores, de ser o caso. c) O secretario, que o será tamén da xunta. d) O seguinte persoal docente e investigador en formación e perfeccionamento con docencia no centro e censados nel, ou non censado que teña neste un encargo docente igual ou superior a 9 créditos: • Todo o persoal funcionario docente, que representará o 51%. • O resto, sempre que non exceda do 14% do total da xunta. e) Unha representación do estudantado do 30%. f) Unha representación do persoal de administración e servizos censado no centro nunha proporción do 5% do total da xunta, cun mínimo de dous. 2.- O regulamento de réxime interno de cada centro, de ser o caso, determinará o número de subsectores e a representación de cada un e respectará en todo caso os seguintes límites: 25 a) O persoal docente e investigador a tempo parcial non poderá representar máis do 5%. b) O estudantado de primeiro e segundo ciclo non pode representar menos do 25%. 3Tamén deberán ser convocado para a xunta de facultade ou escola, con voz, pero sen voto, todo o persoal docente e investigador que imparta docencia no centro e non sexa membro dela, sempre que o solicite. 4.- Todos os representantes elixidos serano por dous anos, salvo os estudantes que o serán por un ano. A condición de membro da xunta perderase ao cesar a vinculación co centro, ou ao deixar de cumprir os requisitos demandados ao sector polo que se foi elixido. 5.- O persoal docente e investigador estará censado soamente nun centro desta Universidade, nas condicións que estableza o Consello de Goberno. 6.- O estudantado figurará no censo daqueles centros responsables da titulación ou titulacións en que estea matriculado. Artigo 99 1.- A xunta de facultade ou de escola elaborará un regulamento de réxime interno no que se determinarán os distintos aspectos do seu funcionamento. 2.- O regulamento poderá establecer a creación dunha comisión permanente, e de comisións delegadas da xunta de facultade ou escola, e determinará a súa composición, funcións ou competencias. Artigo 100 A xunta de facultade ou de escola reunirase, con carácter ordinario, polo menos unha vez ao trimestre en período lectivo, e con carácter extraordinario tal como se dispoña no seu regulamento de réxime interno. Artigo 101 Son competencias da xunta de facultade ou de escola: a) A elección do decano ou director e, de ser o caso, a súa remoción. b) A elaboración e a aprobación do seu regulamento de réxime interno. c) A supervisión da xestión dos restantes órganos de goberno e de administración do centro. d) A elaboración e a aprobación dos proxectos de plans de estudos das titulacións adscritas no centro, consonte coa lexislación vixente e coas normas xerais emanadas do Claustro Universitario. e) A aprobación das liñas xerais da política académica do centro e, entre elas, a proposta e implantación de novas titulacións, de creación de escolas de especialización profesional dependentes do centro, e de organización de cursos ou estudos de posgrao. f) A organización dos servizos docentes para a obtención dos títulos académicos do seu ámbito, así como a coordinación e a supervisión da actividade docente do profesorado con docencia no centro, e igualmente a supervisión do seu cumprimento. g) A programación dos servizos e equipamentos do centro e a supervisión da súa xestión. h) A distribución das asignacións orzamentarias concedidas ao centro e o control da súa aplicación. i) O informe verbo das propostas de creación, modificación ou supresión de departamentos relacionados co centro pola súa docencia e investigación. l) A organización de actividades de formación permanente e de extensión. m) A manifestación da súa opinión verbo de calquera asunto relacionado co centro ou coas súas actividades. n) Calquera outras competencias que lle atribúan estes Estatutos. Artigo 102 1.- O decano ou director representa a facultade ou escola, exerce a súa dirección e a xestión ordinaria, preside e coordina a actuación dos seus órganos colexiados e executa os seus acordos. 2.- A xunta de facultade ou de escola elixirá o decano ou director, de entre os profesores doutores pertencentes a corpos docentes universitarios censados no centro. No seu defecto, nas escolas universitarias o director poderá ser elixido entre persoal funcionario de corpos docentes universitarios non doutor ou profesorado contratado doutor. Artigo 103 1.- Son competencias do decano ou director: a) A representación da facultade ou escola. b) A presidencia das reunións da xunta de facultade ou de escola e a de calquera outro órgano colexiado delas, así como a execución 32 Artigo 139 Son estudantes de terceiro ciclo aqueles matriculados que estean a realizar os cursos de doutoramento, así como aqueles que realicen a súa tese de doutoramento e non reúnan a condición de investigadores en formación. Artigo 140 Na Universidade de Santiago de Compostela existirá unha comisión de doutoramento encargada de resolver as cuestións relativas aos estudos do terceiro ciclo de acordo co disposto no Regulamento dos estudos de doutoramento. CAPÍTULO 3 DA INVESTIGACIÓN Artigo 141 1.- A investigación na Universidade de Santiago de Compostela constitúe unha función esencial como fundamento da docencia, medio para o progreso da comunidade e soporte da transferencia social do coñecemento. Para tal efecto, a Universidade asume o desenvolvemento da investigación científica, técnica e artística, así como a formación de investigadores, atendendo tanto á investigación básica, como á aplicada e ao desenvolvemento experimental e tecnolóxico. 2.- A investigación é un dereito e un deber do persoal docente e investigador da Universidade, de acordo cos seus fins xerais, dentro dos límites establecidos polo ordenamento xurídico, e da racionalidade no uso e aproveitamento dos recursos. 3.- A Universidade promoverá a investigación de calidade, xeradora de novo coñecemento e capacidade de innovación, e a cultura emprendedora, coma unha actividade estratéxica para o desenvolvemento competitivo da Universidade. Artigo 142 1.- Sen prexuízo da libre investigación individual, a investigación realizarase en grupos de investigación, recoñecidos pola Universidade, departamentos e institutos universitarios de investigación, así como noutros centros ou estruturas que se constitúan con esta finalidade. 2.- Os grupos de investigación son unidades organizadas en torno a liñas comúns de actividades científicas. Estarán formados por persoal docente e investigador, investigadores en formación e perfeccionamento, e, de ser o caso, persoal técnico, integrados nun ou varios departamentos ou institutos, e coordinados por un ou varios investigadores responsables. O Consello de Goberno aprobará as normas de organización e funcionamento. 3.- A Universidade de Santiago de Compostela poderá promover estruturas propias ou mixtas, en colaboración con outros organismos públicos e privados, para o desenvolvemento de programas e accións de investigación, da canalización das iniciativas investigadoras do profesorado, da transferencia dos resultados da investigación e da captación de recursos para o seu desenvolvemento, de acordo cos criterios normativos que aprobe o Claustro. A súa creación corresponderá ao Consello Social a proposta do Consello de Goberno. A intervención do Consello Social limitarase aos aspectos económico-financeiros da iniciativa sen incidir na finalidade ou organización do goberno e administración da entidade que se cree. 4.- A Universidade poderá crear ou participar en parques científicos ou tecnolóxicos que reúnan centros de investigación universitarios, de empresas e doutras institucións. Artigo 143 O Consello de Goberno regulamentará os supostos e o procedemento para a inclusión de cláusulas de confidencialidade nos contratos e proxectos de investigación, de acordo coas liñas xerais que serán aprobadas polo Claustro Universitario. Artigo 144 1.- A Universidade de Santiago de Compostela, en apoio da investigación de calidade, atenderá, entre outras, ás seguintes accións: a) Promoción da captación de recursos externos, a través dos seus grupos de investigación, departamentos, institutos, e outros centros. b) Aprobación de plans de investigación propios, anuais ou plurianuais, aplicando medios de financiamento na medida das súas dispoñibilidades orzamentarias. c) Apoio ás actividades de investigación, desenvolvemento e innovación contratadas e financiadas polas empresas e os organismos públicos e privados, sempre que sexan de interese para o desenvolvemento científico cultural e tecnolóxico, e contribúan adecuadamente aos obxectivos científicotécnicos da Universidade. 33 d) Participación nos plans nacionais de formación do persoal investigador, seleccionando ou axudando a seleccionar os candidatos aspirantes, facilitándolles os medios e a dirección axeitados, nos termos legalmente establecidos. 2.- Correspóndelle á Universidade a titularidade das invencións derivadas da investigación realizada polo seu persoal docente e investigador cos seus medios persoais, materiais e de coñecemento, e como resultado dos traballos aos que se refire o artigo 83 da Lei orgánica de universidades, cando non se teña establecido contractualmente un destino alleo á Universidade dos resultados obtidos. Correspóndelle ao Consello de Goberno as normas sobre modalidades e participación do profesorado e persoal da Universidade nas invencións e demais resultados de investigación ás que se refire este artigo. 3.- A Universidade de Santiago de Compostela xestionará estas actividades como recursos propios e a través das unidades propias que poidan crearse para tal efecto. O Consello de Goberno, a proposta do reitor, poderá autorizar un sistema alternativo de xestión para supostos concretos, atendendo a circunstancias que así o aconsellen. Neste caso o Consello de Goberno establecerá así mesmo os mecanismos que garantan a correcta afectación dos bens e ingresos obtidos. Artigo 145 1.- A Universidade, os grupos de investigación por ela recoñecidos, os departamentos, os institutos universitarios de investigación e o profesorado, a través dos anteriores, poderán celebrar contratos con persoas físicas ou xurídicas, universidades, ou entidades públicas e privadas para a realización de traballos por parte da Universidade de carácter científico, técnico ou artístico, así como para o desenvolvemento de ensinanzas de especialización ou actividades específicas de formación de conformidade co artigo 83 da Lei orgánica de universidades. 2.- Non estarán suxeitos á autorización da Universidade os contratos que realice o profesorado para a publicación dos seus libros, traballos e traducións científicas, ou para a preparación de orixinais destinados á publicación. 3.- O Consello de Goberno establecerá a normativa específica que regule a realización destas actividades, así como todas aquelas actividades de investigación que gocen de financiamento externo de calquera tipo, sexa total ou parcial. Así mesmo establecerá os criterios para fixar o destino dos bens e recursos obtidos, que corresponderán á Universidade, e o réxime de participación do persoal docente e investigador nos beneficios derivados da explotación comercial dos resultados dos traballos científicos, técnicos ou artísticos que se realicen. 4.- A Universidade, co fin de contribuír á vinculación da investigación universitaria co sistema produtivo, poderá crear empresas de base tecnolóxica a partir da actividade universitaria, sempre que non incorran en competencia desleal co sistema empresarial e produtivo. Nelas poderá participar o persoal docente e investigador conforme ao réxime establecido na lexislación vixente. A creación deste tipo de empresas, así como a autorización da participación nas súas actividades do persoal docente e investigador, requirira o acordo do Consello de Goberno da Universidade. Para tal efecto, o Consello de Goberno establecerá a normativa específica que regule o desenvolvemento e xestión destas iniciativas, de acordo coas liñas xerais aprobadas polo Claustro Universitario. TÍTULO QUINTO DOS SERVIZOS CAPÍTULO 1 DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo 146 1.- A Universidade de Santiago de Compostela establecerá e manterá servizos básicos de apoio á docencia e á investigación, e servizos de apoio e asistencia á comunidade universitaria. 2.- Os servizos da Universidade de Santiago de Compostela rexeranse por estes Estatutos e polo regulamento que, para cada un deles, aprobe o Consello de Goberno. Garantirase a participación dos membros da comunidade universitaria e do persoal adscrito a cada servizo na elaboración destes regulamentos. Así mesmo, os regulamentos dos servizos establecerán as canles de participación dos usuarios no seu funcionamento ordinario, a través da creación de comisións de usuarios ou de ser o caso, da súa participación nos seus órganos de dirección. 3.- Sen prexuízo da súa dependencia funcional dos distintos órganos unipersoais de goberno, a dirección técnica e administrativa dos servizos corresponderá ao persoal de administración e servizos das escalas ou grupos que corresponda, segundo o servizo de que se trate, consonte o que se estableza na relación de postos 34 de traballo. 4.- O Consello de Goberno, por proposta da Xerencia, aprobará o cadro de persoal de cada servizo, con base na planificación e na determinación dos seus obxectivos, na definición da súa estrutura organizativa e nos perfís profesionais dos postos de traballo que deban cubrirse para o seu mellor funcionamento. 5.- Ademais dos servizos establecidos nestes Estatutos e dos xa existentes, o Consello de Goberno, por proposta do reitor, poderá crear aqueloutros que considere axeitados para o mellor cumprimento das funcións da Universidade. Artigo 147 Sen prexuízo das funcións que lle correspondan ao Consello Social relativas á avaliación do rendemento dos servizos, o Consello de Goberno, por proposta do reitor, e para a mellora da calidade na prestación servizo, establecerá os criterios para a súa avaliación, con base na coparticipación do seu persoal e dos usuarios. Artigo 148 1.- A Universidade asumirá, con carácter xeral, a xestión directa dos seus servizos. Poderán aplicarse as formas de xestión indirecta ou a prestación dos servizos a través de sociedades mercantís ou outros entes de dereito privado, na xestión daqueles servizos de carácter complementario ou instrumental. 2.- Naqueles casos en que a Universidade opte pola prestación dos seus servizos en réxime de xestión indirecta ou en réxime de dereito privado, deberá garantirse que estes se presten en condicións vantaxosas para os usuarios e coas máximas garantías de calidade. Para estes efectos, poderán establecerse comisións de seguimento e control con participación dos usuarios e dos distintos sectores da comunidade universitaria. CAPÍTULO 2 DA BIBLIOTECA E DO ARQUIVO UNIVERSITARIO Artigo 149 1.- A Biblioteca Universitaria constitúe unha unidade funcional concibida como un centro de recursos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, así como para todas aquelas actividades relacionadas co funcionamento e a xestión da Universidade. Como servizo básico ten a misión de facilitar o acceso e a difusión dos recursos de información e colaborar nos procesos de creación de coñecemento, co fin de contribuír á consecución dos obxectivos institucionais da Universidade. 2.- É competencia da Biblioteca Universitaria xestionar todos os fondos bibliográficos e documentais, sen prexuízo do establecido nestes Estatutos para o Arquivo Universitario, adquiridos polos diferentes centros de gasto da Universidade, os procedentes de legados, doazóns e intercambios, e os adquiridos por outros organismos públicos ou privados a favor da Universidade. 3.- A Biblioteca Universitaria estruturarase de acordo con criterios de territorialidade ou de especialización das coleccións e/ou servizos, estando constituída pola Biblioteca Xeral, as bibliotecas de centro ou intercentros, e as bibliotecas dos institutos e outros servizos universitarios, que estarán, en todo caso, adscritas a algunha das anteriores. A unidade mínima bibliotecaria será a biblioteca de centro. Artigo 150 1.- O persoal da Biblioteca Universitaria pertencerá ás escalas de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, axudantes de arquivos, bibliotecas e museos e á escala de auxiliares de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade de Santiago de Compostela, así como a calquera outra escala que se cree, ademais do restante persoal necesario para o desenvolvemento das súas funcións. 2.- A dirección da Biblioteca Universitaria será exercida por un funcionario ou funcionaria da escala de facultativos de arquivos e bibliotecas da Universidade de Santiago de Compostela, especialidade de bibliotecas, ou de corpos ou escalas equivalentes doutras universidades e administracións públicas, que presten servizo nela. A provisión da praza de director realizarase consonte ao que se estableza na relación de postos de traballo do persoal de administración e servizos. 3.- Constituirase a Comisión da Biblioteca Universitaria, así como as comisións de bibliotecas de centro ou intercentros que se determinen regulamentariamente. A súa composición e funcións serán establecidas no correspondente regulamento do servizo, que será aprobado polo Consello de Goberno e que garantirá, en todo caso, a participación de todos os sectores da comunidade universitaria. Artigo 151 1.-- O Arquivo Universitario está constituído pola documentación administrativa e académica xerada pola Universidade ao longo da súa historia, así como polos 35 fondos documentais non universitarios adquiridos, doados ou confiados en depósito á Universidade. 2.- O Arquivo Universitario ten como función conservar, ordenar, clasificar e facilitar a consulta e utilización da documentación. 3.- Dentro do servizo que constitúe o Arquivo Universitario, este estruturarase en administrativo e histórico. Artigo 152 1.- Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído polos fondos documentais propios ou en depósito datados ata o momento que determine o regulamento do Arquivo Universitario. Como servizo básico ten a misión de reunir, conservar, clasificar, catalogar e facilitar a consulta deses fondos mediante os medios técnicos a súa disposición. 2.- Crearase unha Comisión do Arquivo Universitario, na que estarán representados todos os sectores da comunidade universitaria. A súa composición e funcións estableceranse no correspondente regulamento do servizo, que será aprobado polo Consello de Goberno. Artigo 153 1.- O persoal do Arquivo Universitario pertencerá ás escalas de facultativos de arquivos e bibliotecas (sección arquivos), de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos e á escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade, ademais do restante persoal necesario para o desenvolvemento das súas funcións. 2.- A dirección do Arquivo Universitario será exercida por un funcionario ou funcionaria da escala de facultativos de arquivos e bibliotecas da Universidade de Santiago de Compostela, especialidade de arquivos, ou de corpos ou escalas equivalentes doutras universidades e administracións públicas, que presten servizos nela. A provisión da praza de director realizarase consonte ao que se estableza na relación de postos de traballo do persoal de administración e servizos. CAPÍTULO 5 DO SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA Artigo 154 1. O Servizo de Normalización Lingüística ten o cometido de dotar de soporte técnico ao proceso de extensión do uso da lingua galega na Universidade, no marco da política lingüística que se defina nos plans de actuación aprobados polo Claustro. 2.- Son funcións deste servizo: a) Colaborar coa Comisión de Normalización Lingüística do Claustro e cos órganos de goberno, propoñendo actuacións dentro das liñas estratéxicas de política lingüística da Universidade. b) Executar as medidas de política lingüística que lle encomenden a Comisión de Normalización do Claustro e os órganos de goberno, en materia de asesoramento lingüístico e terminolóxico, dinamización e formación. c) Coordinar e apoiar o traballo das comisións de normalización lingüística dos centros. CAPÍTULO 4 DO SERVIZO UNIVERSITARIO DE RESIDENCIAS Artigo 155 1.- O Servizo Universitario de residencias é un servizo de asistencia á comunidade universitaria que proporciona aloxamento ao estudantado e demais membros da comunidade universitaria, de xeito que se promova a súa formación integral e contribúa a reducir a desigualdade de oportunidades por motivos económicos para o acceso e permanencia na Universidade. Tamén poderá proporcionar aloxamento a outras persoas que, non pertencendo á Universidade, tomen parte en actividades por ela organizadas. 2.- O servizo universitario de residencias está composto polas residencias e colexios maiores que se rexan polas normas que para tal servizo aprobe o Consello de Goberno. Artigo 156 1.- Cada residencia ou colexio maior, ou os complexos que integren a varios deles, estará dirixido por un director, auxiliado no seu caso por subdirector ou subdirectores, pertencentes á comunidade universitaria, que serán nomeados e cesados polo reitor, do que informará ao Consello de Goberno. 2.- O réxime de goberno e de administración do servizo de residencias, e o das residencias e colexios maiores que o integran, establecerase no regulamento que aprobe o Consello de Goberno, no que se garantirá a participación dos residentes a través da constitución de consellos de residentes. 36 Artigo 157 A Universidade poderá promover acordos e convenios con entidades públicas e privadas para a construción e xestión de residencias e outras fórmulas de aloxamento e vivenda destinadas aos membros da comunidade universitaria. TÍTULO SEXTO DOS ACTOS ACADÉMICOS, HONRAS E DISTINCIÓNS Artigo 158 A apertura de curso terá lugar nun acto solemne, presidido polo reitor, no que un profesor de recoñecido prestixio da Universidade de Santiago de Compostela, designado polo reitor de acordo coa rolda tradicional, ditará unha lección inaugural. Pola súa parte, o secretario xeral lerá un informe coas actividades e datos máis salientables do curso académico anterior. Artigo 159 As facultades, escolas e institutos da Universidade de Santiago de Compostela poderán organizar igualmente actos solemnes para entregaren publicamente diplomas acreditativos ao seu estudantado. Artigo 160 Todos os doutores da Universidade de Santiago de Compostela terán dereito á utilización da medalla doutoral da Universidade. As súas características materiais serán establecidas polo Consello de Goberno. Artigo 161 1.- Son honras e distincións da Universidade de Santiago de Compostela as seguintes: a) A insignia de ouro da Universidade. b) A medalla de ouro da Universidade. c) O grao de doutor honoris causa. 2.- A concesión de honras e distincións farase en acto público, presidido polo reitor, do que quedará constancia nun rexistro que custodiará o secretario xeral. Artigo 162 1.- A insignia de ouro da Universidade de Santiago de Compostela será concedida a aquelas persoas que sobresaian dun xeito especial nos servizos prestados á institución. 2.- A medalla de ouro da Universidade de Santiago de Compostela concederase a persoas ou entidades que sobresaian dun xeito extraordinario pola súa contribución ao sostemento ou ao cumprimento dos fins da institución. 3.- Un regulamento do Consello de Goberno establecerá o réxime para a concesión da insignia e da medalla de ouro da Universidade, así como as súas características materiais que concordarán cos símbolos tradicionais da Universidade. Artigo 163 1.- A Universidade de Santiago de Compostela poderá conceder o grao de doutor honoris causa a persoas físicas sobranceiras no eido da investigación ou da docencia, no cultivo das artes e das letras, ou ben daquelas actividades que tivesen unha repercusión notoria e importante desde o punto de vista universitario no terreo científico, artístico, cultural, tecnolóxico e social. 2.- O Claustro Universitario aprobará un regulamento no que se establecerá o procedemento de concesión. 3.- O nomeamento de doutor honoris causa debe expedilo o reitor. Procederase á correspondente investidura nun solemne acto académico axeitado ao tradicional uso universitario. TÍTULO SÉTIMO DO RÉXIME ECONÓMICO E DA PROGRAMACIÓN PLURIANUAL CAPÍTULO 1: DO PATRIMONIO Artigo 164 Constitúen o patrimonio da Universidade de Santiago de Compostela: a) Os dereitos sobre os bens mobles e inmobles que lle pertenzan por calquera título. b) Os títulos, valores, as propiedades incorporais e os restantes bens, dereitos e accións que lle pertenzan. Artigo 165 1.- A Universidade de Santiago de Compostela é titular dos bens de dominio público que estean afectos ao cumprimento das súas funcións, e asumirá a titularidade daqueles que no futuro sexan destinados ás mesmas finalidades polo Estado ou pola Comunidade Autónoma de Galicia. 37 2.- Exceptúanse, en todo caso, os bens que integren o Patrimonio Histórico Español, aos que será de aplicación a súa normativa espeacífica. 3.- A desafectación dos bens de dominio público de titularidade da Universidade de Santiago de Compostela consonte coa lexislación vixente, implicará a súa consideración como patrimoniais dela. Artigo 166 1.- Os acordos relativos á desafectación dos bens de dominio público e á disposición dos patrimoniais corresponderán ao Consello de Goberno e deberán ser aprobados polo Consello Social, de conformidade coas normas xerais que rexan nesta materia. 2.- Correspóndelle ao Consello Social, tras a proposta do Consello de Goberno e no marco das normas xerais que rexan nesta materia, ditar as normas regulamentarias relativas á administración dos bens de titularidade da Universidade de Santiago de Compostela, tanto os de dominio público coma os patrimoniais, así como os procedementos para a súa adquisición e para a súa cesión. Artigo 167 1.- Os bens afectos ao cumprimento das súas funcións e os actos que para o desenvolvemento inmediato destas realicen, así como os seus rendementos, gozarán de exención tributaria, sempre que os tributos e exencións recaian directamente sobre a Universidade en concepto de contribuínte, a non ser que sexa posible legalmente a translación da carga tributaria. 2.- A Universidade de Santiago de Compostela, pola súa condición de ente vinculado á Comunidade Autónoma galega gozará das exencións, bonificacións e reducións propias dos entes públicos de titularidade autonómica. Así mesmo gozará, por efecto directo da lei, dos beneficios fiscais propios das fundacións, sen necesidade de solicitar a correspondente exención. CAPÍTULO 2 DA PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA E DA PROGRAMACIÓN PLURIANUAL Artigo 168 As actuacións da Universidade enmarcaranse na planificación estratéxica aprobada polo Claustro, e concretarase periodicamente na programación plurianual. Artigo 169 1.- A Universidade de Santiago de Compostela elaborará as súas programacións plurianuais que poderán conducir, de ser o caso, ao asinamento de convenios e contratos-programa, que incluirán obxectivos, financiamento e avaliación do seu cumprimento. 2.- A programación plurianual concretarase nun programa de catro anos, actualizado cada ano, sobre a actividade da Universidade de Santiago de Compostela, e mais sobre a avaliación económica dos gastos e dos ingresos correspondentes. 3.- A programación incluirá tamén as liñas xerais relativas ás seguintes materias: a) Os programas de construción de novos edificios e de instalacións de carácter xeral, así como as ampliacións ou modificacións dos xa existentes. b) O programa xeral de investimentos, tanto de infraestrutura de docencia coma de infraestrutura de investigación. c) As propostas de creación e supresión de centros ou estudos, así como os cambios na adscrición destes. d) Os plans de investigación propios con indicación dos medios de financiamento cos que conten e as previsións orzamentarias analizadas para a súa efectiva realización. e) As variacións que cumpra facer nas relacións de postos de traballo do persoal docente e investigador e de administración e servizos. f) A creación, modificación e supresión de servizos. g) E en xeral, aquelas decisións que, a medio prazo, contribúan a definir a actividade docente, investigadora, de xestión, e de organización interna da Universidade. Artigo 170 Logo da aprobación das liñas xerais polo Claustro, o Consello de Goberno proporalle a programación plurianual ao Consello Social para a súa aprobación. CAPÍTULO 3 DO ORZAMENTO Artigo 171 A Universidade de Santiago de Compostela aprobará un orzamento anual que conterá os dereitos económicos estimados para liquidar durante o exercicio e a 38 totalidade dos créditos necesarios para dar cumprimento ás obrigas. O orzamento será público, único e equilibrado. A estrutura do orzamento e o seu sistema contable axeitaranse ás normas que con carácter xeral estean establecidas para o sector público. Artigo 172 1.- O reitor presentará perante o Claustro Universitario as liñas xerais do orzamento, xunto coas da programación plurianual ou coa súa actualización. 2.- Aprobadas as liñas xerais polo Claustro, o reitor presentará o proxecto de orzamento perante o Consello de Goberno, que o enviará ao Consello Social para a súa aprobación. Artigo 173 O orzamento da Universidade de Santiago de Compostela conterá no estado de ingresos os seguintes recursos: a) As transferencias fixadas anualmente pola Comunidade Autónoma de Galicia. b) Taxas, prezos públicos e restantes dereitos que legalmente se establezan, así como a compensación que deberá preverse polas exencións legalmente establecidas. c) As subvencións, herdanzas, doazóns, legados que reciba de calquera entidade pública ou privada. d) Os rendementos procedentes do seu patrimonio e aqueloutros derivados da actividade universitaria e de actos e prestacións de servizos onerosos. e) O produto do alleamento dos seus bens e as compensacións orixinadas pola súa cesión onerosa. f) O produto das operacións de crédito que concertará a Universidade con entidades públicas ou privadas para o financiamento dos seus gastos de investimento. g) Os remanentes de tesouraría e calquera outro ingreso. h) Os ingresos derivados de contratos que realicen os grupos de investigación, os departamentos, os institutos e o seu profesorado a través do propio departamento ou instituto para a realización de traballos de carácter científico, técnico, artístico, así como para o desenvolvemento de cursos de especialización. Artigo 174 O Consello de Goberno aprobará a estrutura do orzamento da Universidade atendendo aos seguintes criterios: a) Separación entre operacións correntes, de capital e financeiras. b) O estado e ingresos atenderá as clasificacións orgánica e económica. c) O estado de gastos clasificarase de acordo con criterios orgánicos, económicos e funcionais. Artigo 175 1.- As modificacións orzamentarias realizaranse conforme á normativa estatal ou autonómica de aplicación, tendo en conta, para estes efectos, os seguintes criterios: a) Corresponderanlle ao Consello de Goberno as competencias que no ámbito estatal ou autonómico se atribúen ao Consello de Ministros ou ao Consello da Xunta. b) Corresponderanlle ao reitor as competencias que no ámbito estatal ou autonómico se atribúen aos ministros ou conselleiros. c) Corresponderanlle ao Consello Social as competencias que no ámbito estatal ou autonómico se atribúen ao Parlamento. 2.- Non obstante o establecido no apartado anterior, as transferencias de crédito entre os distintos conceptos dos capítulos de operacións correntes e de operacións de capital, así como das de gastos correntes a gastos de capital, que excedan do 5% do importe total do capítulo afectado, serán acordadas polo Consello de Goberno. As que non excedan da dita porcentaxe será aprobadas polo reitor. As transferencias de gastos de capital a calquera outro capítulo serán autorizadas polo Consello Social por proposta do Consello de Goberno. Artigo 176 A falta de aprobación do orzamento anual da Universidade antes do un de xaneiro do ano correspondente suporá a prórroga automática do orzamento do ano anterior. CAPÍTULO 4 DA XESTIÓN E DO CONTROL Artigo 177 1.- A xestión económica e financeira da Universidade de Santiago de Compostela, no marco constituído pola programación plurianual e polo orzamento, reflectirase 39 na memoria económica anual de presentación e rendemento de contas. 2.- O Consello de Goberno, a proposta da Xerencia, e, no caso, a partir do disposoto pola Comunidade Autónoma de Galicia, aprobará un regulamento de xestión orzamentaria que deberá ser ratificado polo Consello Social. Artigo 178 1.- O control de ingresos, custos e investimentos realizarase mediante técnicas de auditoría, baixo a supervisión do Consello Social. 2.- A memoria económica anual é o documento polo que se renden as contas do exercicio tanto no nivel interno da propia Universidade coma perante os organismos competentes de control externo. 3.- A memoria económica presentaralla o reitor ao Consello de Goberno para a súa información e mais para o exame da xestión económica realizada. Esta presentación farase no prazo dos seis primeiros meses despois de pechado o exercicio económico. 3.- Despois de que o Consello de Goberno acepte as contas, o reitor someteraas á aprobación do Consello Social, e do seu contido dará conta ao Claustro Universitario. 4.- A Universidade enviará ao Consello da Xunta a liquidación do orzamento e as contas anuais, a cal as remitirá ao Consello de Contas para a súa fiscalización. Artigo 179 A memoria económica anual conterá necesariamente: a) A liquidación definitiva do orzamento, a conta de resultados e o balance de situación. b) A información dos expedientes de contratación administrativa xestionados no exercicio. c) Un informe sobre a valoración e a evolución do inventario de bens mobles e inmobles. d) Un informe polo miúdo sobre a xestión dos recursos económicos. Artigo 180 1.- O Consello Social exercerá as funcións que lle corresponden en relación coa supervisión das actividades de carácter económico da Universidade con independencia, utilizando técnicas de auditoría. 2.- O Claustro Universitario poderá tamén crear unha comisión específica para exercer un control sobre as contas da Universidade. Artigo 181 Correspóndelle ao reitor ditar os actos administrativos relativos ás distintas fases dos procedementos de gasto e pagamento sen prexuízo da posibilidade de delegación desta competencia no marco do regulamento de xestión orzamentaria. Artigo 182 A contratación administrativa na Universidade de Santiago de Compostela efectuarase de acordo co oportuno regulamento aprobado polo Consello Social a proposta do Consello de Goberno, dentro do marco da lexislación xeral sobre a materia. Artigo 183 O reitor ostenta a condición de órgano de contratación da Universidade de Santiago de Compostela e asinará no seu nome os contratos administrativos. Artigo 184 1.- A Mesa de Contratación estará formada, polo menos, polo reitor ou polo vicerreitor no que delegue, polo presidente do Consello Social ou persoa que designe, polo xerente ou funcionario do persoal de administración e servizos que designe, por un funcionario do servizo responsable do control interno, e por un funcionario da Asesoría Xurídica da Universidade, por un funcionario do servizo responsable da xestión da contratación administrativa. Actuará como secretario outro funcionario do servizo responsable da xestión da contratación administrativa, con voz pero sen voto. 2.- As fianzas que teñan que constituírse en metálico ou valores serán depositadas na Tesouraría da Universidade ou na Caixa Xeral de Depósitos ou órgano autonómico equivalente. 3.- O Consello de Goberno e o Consello Social serán informados, a través da memoria económica anual, de toda a contratación administrativa xestionada no exercicio económico, calquera que fosen os procedementos e as formas de adxudicación empregados, sen prexuízo da facultade dos ditos órganos de solicitar a información que estimen oportuna en calquera momento. Artigo 185 1.- A Universidade, para a promoción e o desenvolvemento dos seus fins poderá crear, por si soa 40 ou en colaboración con outras entidades públicas ou privadas, empresas, fundacións ou outras persoas xurídicas de acordo coa lexislación aplicable. 2.- O réxime orzamentario destas entidades será o establecido para as desta natureza, dependentes da Administración autonómica, séndolles igualmente de aplicación o seu réxime de selección de persoal e contratación. 3.- Das contas destas entidades informarase ao Consello de Goberno 4.- Corresponderalle ao reitor a responsabilidade da rendición de contas destas entidades diante do Consello Social. TÍTULO OITAVO DA REFORMA DOS ESTATUTOS Artigo 186 1.- A iniciativa para a reforma dos presentes Estatutos correspóndelle ao Consello de Goberno ou ao vinte por cento dos membros do Claustro. 2.- Consonte co procedemento establecido para este fin no regulamento de funcionamento do Claustro Universitario, a reforma dos Estatutos requirirá a aprobación por maioría absoluta do Claustro. 3.- O novo texto será remitido á Xunta de Galicia para a súa ratificación e terá vixencia a partir do día seguinte á data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. DISPOSICIÓNS ADICIONAIS Disposición adicional primeira 1. A Universidade de Santiago de Compostela poderá contar coa colaboración de profesionais externos no desenvolvemento de actividades prácticas derivadas de convenios ou acordos con ela, para impartiren prácticas tuteladas externas, segundo o que se estableza nestes convenios. 2. No exercicio da súa autonomía a Universidade poderá invitar a docentes ou investigadores de recoñecido prestixio doutras universidades e centros de investigación españois ou estranxeiros para colaboraren nas súas actividades académicas, por un período máximo de nove meses. Disposición adicional segunda O persoal docente procedente da antiga Escola de Graduados Sociais, integrada na Universidade de Santiago de Compostela por medio do Decreto 241/1991, do 4 de xullo, terá a mesma consideración para todos os efectos, e tanto en dereitos como en deberes, que os profesores titulares de escola universitaria. Disposición adicional terceira 1.- Os profesores asociados de Ciencias da Saúde non se tomarán en consideración para calcular o límite do 49% do persoal docente e investigador contratado. 2.- Para os efectos de participación nos órganos de goberno da Universidade, todos os profesores asociados de Ciencias da Saúde, equipáranse a profesores asociados a tempo parcial, e non lles é de aplicación para eles o Artigo 107.1 a). Disposición adicional cuarta 1.- Para os efectos de prelación entre as categorías establecidas no artigo 17, os corpos e categorías ordénanse do seguinte xeito: 1.- Catedráticos de universidade en activo ou eméritos. 2.- Profesores titulares de universidade e catedráticos de escola universitaria en activo ou eméritos. 3.- Profesores titulares de escola universitaria e profesores contratados doutores. 4.- Profesores colaboradores. 5.- Profesores axudantes doutores. 6.- Axudantes. 7.- Profesores asociados. 8.- Outro persoal docente e investigador contratado. 2.- Nas comisións para a selección de prazas nas que sexa preciso o título de doutor ou licenciado, so poderán participar aqueles profesores de igual ou superior categoría que teñan o título correspondente. Disposición adicional quinta 1.- Integraranse automaticamente na escala de técnicos superiores de administración da Universidade de Santiago de Compostela todos os funcionarios que á entrada en vigor destes Estatutos pertenzan á escala técnica de xestión da Universidade de Santiago de Compostela, na situación administrativa que lles corresponda. Poderán incorporarse igualmente ás escalas da Universidade aqueles funcionarios doutras administracións que á entrada en vigor destes Estatutos presten os seus servizos na Universidade de Santiago de 41 Compostela, e así o soliciten. 2.- As prazas ocupadas por persoal funcionario pertencente á escala subalterna da Universidade de Santiago de Compostela ou de corpos e escalas doutras universidades e administracións públicas pertencentes ao grupo E que presten servizos nela, consideraranse para extinguir. A Universidade de Santiago de Compostela poderá promover procesos voluntarios de laboralización do dito persoal. 3.- Poderá integrarse nas escalas propias de persoal funcionario de administración e servizos o persoal laboral fixo, pertencente aos grupos profesionais de titulación equivalente, logo da superación dos procesos selectivos que se establezan para o efecto, cando se aprecie que existe unha identidade substancial de funcións e tras a negociación cos órganos de representación do persoal de administración e servizos. 4.- A Universidade promoverá, a través dos correspondentes procesos selectivos, a integración na escala administrativa dos funcionarios da escala auxiliar da Universidade de Santiago de Compostela, ou de corpos ou escalas doutras universidades e administracións públicas pertencentes ao grupo D que presten servizos nela na data de entrada en vigor destes Estatutos. Disposición adicional sexta Na data de entrada en vigor destes Estatutos son especialidades nas escalas propias do persoal funcionario de administración e servizos da Universidade de Santiago de Compostela, as seguintes: a) Escala de técnicos superiores de administración, especialidades xurídica e de relacións exteriores. b) Escala de facultativos de arquivos e bibliotecas, especialidades de arquivos e de bibliotecas. c) Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidades de arquivos e de bibliotecas. Disposición adicional sétima A Universidade, nas súas convocatorias públicas dirixidas a investigadores en formación e perfeccionamento, avogará, na medida das súas posibilidades, por unha substitución progresiva das bolsas por contratos, nun prazo de dous anos. Disposición adicional oitava O Claustro Universitario, de ser preciso, poderá reconsiderar a asignación dos estudantes de posgrao entre os sectores III e IV, en función das modificacións lexislativas derivadas da construción do Espacio Europeo de Ensino Superior. Disposición adicional novena A Universidade dará publicidade aos acordos e ás resolucións de carácter xeral dos órganos de goberno da Universidade, por medio dun boletín electrónico ou impreso. Disposición adicional décima As persoas físicas e xurídicas poderán promover a creación de colexios maiores ou residencias, que se rexerán polos propios estatutos e adscribiranse á Universidade mediante o axeitado convenio, que deberá ser aprobado polo Consello de Goberno. DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS Disposición transitoria primeira 1.- A duración dos actuais contratos do profesorado asociado e axudantes non poderá estenderse máis aló dos prazos establecidos nas disposicións transitorias cuarta e quinta da Lei orgánica de universidades. Con anterioridade ou ao remate do devandito prazo, logo da petición do interesado, estes contratos transformaranse, dentro do marco legal establecido, segundo os seguintes criterios: a) Os axudantes e profesores contratados que non realicen ningunha outra actividade remunerada fóra da Universidade no momento da entrada en vigor da Lei orgánica de universidades, e sempre que sigan contratados cando entren en vigor estes Estatutos e, ademais, reúnan os requisitos de título e avaliación esixidos, pasarán a ser contratados como profesores contratados doutores coa mesma dedicación que tiñan anteriormente, logo do correspondente concurso. No caso de contratos obxecto de extinción como consecuencia da convocatoria a concurso de prazas de funcionario nos distintos corpos, o Consello de Goberno decidirá sobre a transformación ou non, logo da celebración dos correspondentes concursos. b) O disposto no apartado anterior será de aplicación tamén para os funcionarios interinos. c) Aqueles que pertenzan a áreas nas que se poida contratar profesores colaboradores, poderán