Full text
O Reino Medieval de Galicia: outra vítima do relato Traballo de Fin de Grao Antón Blanco Rodríguez Grao en Historia Ano académico 2022/2023 Titor: Xosé Miguel Andrade Cernadas
ÍNDICE Resumo |3 Resumen .4 Abstract 5 Introdución 6 1. Os comezos do esquecemento 8 1. 1. A creación da nación española 9 1. 2. Os formuladores do relato 10 2. O esquecemento historiográfico do Reino Medieval de Galicia 12 2. 1. Estado da cuestión nas últimas décadas 13 2. 2. As fontes medievais 16 3. O século XIV, colista dos esquecidos 19 3. 1. Unha visión máis académica 21 3. 2. Unha visión máis eclesiástica 23 3. 3. Unha visión (demasiado) galega 25 3. 4. Balance de perspectivas 28 4. Un problema de memoria e de futuro 29 4. 1. A carga que arrastramos 29 4. 2. Currículos educativos e Reino Medieval de Galicia 32 4. 3. O Reino Medieval de Galicia nos libros de texto 35 Conclusións 37 Bibliografía 40 2
Resumo Baixo o nome “O Reino Medieval de Galicia: outra vítima do relato”, dimana o obxectivo de afondar nas chaves do esquecemento historiográfico que padece o Reino Medieval de Galicia dende unha perspectiva o máis neutral e obxectiva posíbel, dentro da subxectividade inevitábel e inherente á análise histórica. Para iso, tentaremos buscar as orixes e causas desta problemática na construción dos relatos nacionais do século XIX, principalmente o español, mais tamén o galego, e a interpretación que estes fan do período medieval. Neste senso, empregaremos o estudo das particularidades do século XIV e as súas liñas interpretativas como exemplo paradigmático desta materia. Finalmente, levaremos a cabo un repaso polo panorama actual dun sistema educativo español e galego caracterizado polo estancamento en relación coa superación de conceptos e ideas de dubidosa veracidade e rigor histórico procedentes deses relatos, os cales se atopan moi asimilados e arraigados na nosa sociedade. Deste xeito, procuraremos reivindicar a necesidade dunha memoria histórica galega acorde coas fontes, coa meta de aproximarnos á imposible obxectividade absoluta dun xeito respectuoso para con todos os discursos, así como cunha etapa medieval dos reinos hispánicos liberada do emprego tendencioso como suxeito lexitimador de relatos. Palabras chave: Galicia, historiografía, medieval, ensinanza, relato. 3
Resumen Bajo el nombre “O Reino Medieval de Galicia: outra vítima do relato”, dimana el objetivo de profundizar en las claves del olvido historiográfico que padece el Reino Medieval de Galicia desde una perspectiva lo más neutral y objetiva posible, dentro de la subjetividad inevitable e inherente al análisis histórico. Para ello, intentaremos buscar los orígenes y causas de esta problemática en la construcción de los relatos nacionales del siglo XIX, principalmente el español, pero también el gallego, y la interpretación que éstos hacen del período medieval. En este sentido, emplearemos el estudio de las particularidades del siglo XIV y sus líneas interpretativas como ejemplo paradigmático de esta materia. Finalmente, realizaremos un repaso por el panorama actual de un sistema educativo español y gallego caracterizado por el estancamiento en relación con la superación de conceptos e ideas de dudosa veracidad y rigor histórico procedentes de eses relatos, los cuales se encuentran muy asimilados y arraigados en nuestra sociedad. De esta manera, procuraremos reivindicar la necesidad de una memoria histórica gallega acorde con las fuentes, con la meta de acercarnos a la imposible objetividad absoluta de una manera respetuosa para con todos los discursos, así como con una etapa medieval de los reinos hispánicos liberada del uso tendencioso como sujeto legitimador de relatos. Palabras clave: Galicia, historiografía, medieval, enseñanza, relato. 4
Abstract Under the name “O Reino Medieval de Galicia: outra vítima do relato” the objective arises to delve into the keys of the historiographical oblivion that the Medieval Kingdom of Galicia suffers from the most neutral and objective perspective possible, within the inevitable and inherent subjectivity to the historical analysis. For that, we will try to look for the origins and causes of this problem in the construction of the national narratives of the 19th century, mainly the Spanish, but also the Galician, and the interpretation that these make of the medieval period. In this sense, we will use the analysis of the particularities of the 14th century and its interpretative lines as a paradigmatic example of this matter. Finally, we will carry out a review of the current panorama of a Spanish and Galician educational system characterized by stagnation in relation to the overcoming of concepts and ideas of dubious veracity and historical rigor coming from these stories, which are very assimilated and rooted in our society. In this way, we will try to vindicate the need for a Galician historical memory in accordance with the sources, with the goal of approaching the impossible absolute objectivity in a respectful way for all discourses, as well as with a medieval stage of the Hispanic kingdoms freed from its tendentious use as a legitimizing subject of narratives. Key words: Galicia, historiography, medieval, education, narrative. 5
Introdución “(...) a Historia está condicionada pola finalidade que se lle encomenda e que, ao mesmo tempo e ata un certo punto, esa función posibilita o seu desenvolvemento.” Xosé Miguel Andrade Cernadas, Anselmo López Carreira. Primeiramente, coido que cómpre explicar o porque da escolla desta frase dos profesores e medievalistas Xosé Miguel Andrade Cernadas e Anselmo López Carreira. Esta xustificación ciméntase en dous motivos principais: o primeiro deles fai referencia ao devir que os estudos da temática a tratar tomaron nos últimos anos, mentres que o segundo vén dado polo significado que interpretei desta afirmación. Por unha banda, o Reino Medieval de Galicia e o seu estudo apenas foi revisado até apenas hai uns anos, da man de figuras e persoeiros de diferentes campos e con distintas ambicións, ás cales nos aproximaremos de xeito breve nesta elaboración. Dous deles son os autores da oración que é enunciada ao comezo destas liñas dende o ámbito académico universitario. Por outra banda, resulta interesante e potencialmente verídico o que pretenden transmitir con estas palabras. O estudo e elaboración de traballos históricos e historiográficos estiveron e están, en grande medida, condicionados polos seus singulares contextos. En consonancia con isto, preténdese deixar clara a motivación deste traballo a partir dunhas ideas que veñen a resumir de xeito bastante preciso unha parte importante da problemática que xira en torno a este tema. Nas últimas décadas, algúns investigadores identificaron a existencia dun baleiro de estudos e de incongruidade no referente ao que sabemos sobre o Reino Medieval de Galicia. O que podía parecer un oco historiográfico ofertaba certas posibilidades para aqueles cuxas aspiracións estaban orientadas a reivindicar, nalgún caso de maneira un pouco pretenciosa, a “verdadeira” relevancia que este reino tivo na Idade Media. Porén, a realidade é que este suposto baleiro foi escondido e ensombrecido por mor da construción dun relato orientado a xustificar a empresa nacional española dende o século XIX até os nosos días. A propósito disto, previamente mencionouse a interpretación que facemos da frase inicial. A historia do Reino Medieval de Galicia atópase condicionada polo seu encadramento 6
na historia dunha suposta entidade nacional superior, España. En consecuencia, existen certos aspectos, ideas, feitos ou fenómenos referentes ao reino galego que non encaixan no discurso oficial da historiografía nacionalista española. Alén disto, xorde a modo de reacción un discurso contraposto procedente do nacionalismo galego que, do mesmo xeito, tende a caer na parcialidade. Sen esquecernos tampouco doutras interpretacións que, cunha maior ou menor voluntariedade, rematan por caer na subxectividade á hora de estudar este tema. Deste xeito chegamos ao máis fondo desta reflexión inicial. Dita subxectividade resulta inherente ao estudo de calquera temática ou período histórico posto que todos somos fillas e fillos do noso contexto. Tentar facer gala dunha suposta obxectividade non é máis que unha afirmación errada e imposible de defender a día de hoxe. Neste senso, convén recuperar outra frase dos autores das palabras que introducen este traballo en referencia a isto. Para eles, a misión do historiador é a de “mostrar e explicar os acontecementos con fidelidade ás fontes (...) Malia todo, unha certa dose de subxectividade na redacción é inevitable e pode ser admitida se non contravén á veracidade”1. O recoñecemento da propia subxectividade na elaboración e redacción de traballos sobre esta temática ou calquera outra é o primeiro paso para acadar aquilo que, dende un criterio persoal, resultaría idóneo na investigación histórica. Isto é, tentar abordar estes estudos dende a perspectiva da busca da maior obxectividade posible dentro dunha subxectividade ineludible. Este traballo pretende achegarse o máximo posible á neutralidade e a esa máxima obxectividade posible, a fin de lograr unha aproximación da situación deste asunto a día de hoxe. Así, o inicio versará sobre o esquecemento historiográfico do Reino Medieval de Galicia en termos xerais. A continuación, aludiremos brevemente ás peculiaridades que o século XIV presenta en relación a este asunto. Por último, afondaremos no estado da cuestión en relación coa ensinanza e o sistema educativo galego nas últimas décadas. Abordaremos un espazo temporal que abarca o período medieval, mais tamén os séculos XIX, XX e XXI co territorio galego como espazo 1ANDRADE CERNADAS, Xosé Miguel; LÓPEZ CARREIRA, Anselmo, O Reino medieval de Galicia: Crónica dunha desmemoria, Vigo, Edicións Xerais de Galicia, p. 13. 7
físico protagonista. Porén, non debemos esquecer que non é posible abordar este asunto sen facer referencia ao resto dos territorios e reinos da Península Ibérica, sobre todo no relativo á Idade Media. No referente á elaboración desta composición, as fontes empregadas atópanse directamente vencelladas co esquecemento do reino galego nalgún caso, mais outras son obras sobre a historia de Galicia cun carácter máis xeral. A temática do nacionalismo español xorde de ideas extraídas de monografías, capítulos de libros ou artigos que fan referencia a aspectos máis concretos da historiografía nacionalista española. Asemade, o estudo do século XIV é froito da interpretación de obras de referencia sobre este período dende diversas perspectivas. Para concluír, unha pequena parte do estado da cuestión no ámbito educativo é resultado da lectura de artigos e capítulos de libro. Ora ben, a grande maioría da información foi extraída da análise dunha serie de materiais empregados no sistema educativo (libros de textos, materiais en liña, etc), así como dos currículos oficiais autonómicos das leis educativas das últimas décadas. O resultado é un traballo que pretende denunciar a distorsión que sofre un período histórico nun territorio concreto, o da actual Galicia e os seus territorios fronteirizos na etapa medieval. Ao mesmo tempo, plasmar a necesidade dunha continuación da revisión da cuestión que se vén dando nas últimas décadas logo dunha longa fase de esquecemento ou escurecemento. Todo isto, sen deixar á marxe a necesidade da difusión e da divulgación destes estudos para que se integren na que debe ser a base do coñecemento da nosa sociedade: a ensinanza. 1. Os comezos do esquecemento Para comezar, cómpre pór en contexto dous momentos diferenciais para a problemática que tratamos neste traballo. En primeiro lugar, a integración do Reino de Galicia na Coroa de Castela alá polo século XIII. Trátase dun momento que, a pesar dos intentos por silenciar este feito, non supuxo a fin do carácter autónomo do reino, como xa veremos. Malia isto, si que se pode relatar que foi o comezo dun proceso que rematou coa unificación das coroas no século XV da man dos Reis Católicos. En relación con este primeiro momento, é esencial o contexto dos séculos XIX e XX, os 8
cales nos van ocupar este primeiro apartado para comprender mellor o estado da cuestión. Falamos dun momento histórico dentro do período contemporáneo no que se están a construír os novos Estados-nación característicos da Europa occidental, así como as doutrinas nacionalistas que lle outorgan sentido ideolóxico. 1.1. A creación da nación española Convén acudir ao período contemporáneo para comprender posteriormente o porqué das interpretacións que se fan do Reino Medieval de Galicia. O novo concepto de nación que xorde nestas primeiras décadas do XIX non é algo exclusivo do caso español, senón que se trata dun fenómeno estendido ao resto dos territorios fóra da Península Ibérica. Mais tamén se desenvolveron, máis adiante no tempo, nacionalismos internos e periféricos dentro da península naqueles lugares cunha identidade territorial propia. Álvarez Junco define a nación como “aquellos grupos humanos que creen compartir unas características culturales comunes (lengua, raza, historia y religión) y que, basándose en ellas, consideran legítimo poseer un poder político propio”2. Da propia definición podemos extraer as dificultades que isto presenta se temos en conta a realidade plural e multicultural do actual territorio español. Segundo este autor, xorde a comezos do século XIX unha tentativa de “unificación nacional” nun contexto de loita contra un suposto invasor estranxeiro3. O “patriotismo étnico” convértese, a partir deste momento, en identidade nacional, da man dun proxecto que precisa dunha doutrina ideolóxica que o sustente4. Desta maneira, xorden das Cortes de Cádiz dúas perspectivas de España: a da nación soberana froito do pacto cidadán e a da nación amasada historicamente como resultado dunha nación diferenciada. En consonancia co que nos di Sisinio Pérez Garzón, “había que construirla como espacio social, político y económico con unas referencias culturales comunes”5. Nas seguintes décadas, dúas 5PÉREZ GARZÓN, Juan Sinisio, “España: de nacionalismo de Estado a esencia cultural” en TAIBO ARIAS, Carlos, Nacionalismo español: Esencias, memorias e instituciones, Madrid, Catarata, 2007, p. 57. 4ÁLVAREZ JUNCO, José, Mater…, p. 129 3Referímonos, neste caso, á (mal) chamada Guerra de Independencia español, na que se lle concede ese papel de invasor aos exércitos franceses. A realidade é que se tratou dun exemplo máis de guerra civil. 2ÁLVAREZ JUNCO, José, Mater dolorosa, Madrid, Taurus, 2001, p. 11 9
2.2. As fontes medievais Á hora de interpretar as diferentes obras, crónicas ou documentos a partir dos cales estudamos a Idade Media, convén ter en conta o tipo de fontes coas que estamos a tratar. É un período no que a crítica de fontes resulta case tan importante, ou incluso máis, que o propio contido das mesmas. En moitas ocasións, os cronistas medievais tentaron sacrificar a veracidade das súas palabras en beneficio da verosimilitude e mesmo de invención. Isto non sempre se facía dun xeito voluntario, e cómpre ter en conta a cosmovisión cristiá dun período no que o descoñecido se substituía polo fantástico ou o inverosímil21. A maior parte dos historiadores medievais foron clérigos, de aí a visión cristianizada de moitas destas fontes e a facilidade de interpretación neste senso que éstas suscitan22. O caso galego é un claro paradigma disto: temos na Alta Idade Media as figuras de Idacio Chaves ou Martiño de Dume23, así como o feito de que entre o século IX e o XI, o 83% do total dos documentos é de orixe monástica24 e tamén resulta innegable a relevancia de Xelmírez e a produción en torno a Santiago dos séculos posteriores. Tendo en conta isto, non resulta estraño que dende o nacionalismo español puideran basearse en fontes nas que esta veracidade era, canto menos, dubidosa. As crónicas medievais dos reinos hispánicos tiñan en moitos casos unha intencionalidade de lexitimar e xustificar o poder dos seus promotores. As relacións dos reis cun pasado glorioso, o carácter cristián dun conxunto de reinos destinados a loitar e expulsar ao inimigo musulmán ou simplemente a vontade de favorecer a unha ou outra figura nunha disputa dinástica eran constantes nas crónicas medievais da Península Ibérica. A isto é ao que nos referimos ao falar da escolla e a interpretación parcial e sesgada de fontes para a elaboración do discurso que dende as historiografías nacionalistas se fai. 24 ANDRADE CERNADAS, Xosé Miguel, “Algunhas historias por tratar da Historia Medieval de Galicia”, en DUBERT GARCÍA, Isidro, Historia das historias de Galicia, Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 2016, p. 125. 23 ANDRADE CERNADAS, Xosé Miguel et al.,O Reino…, p. 16 22 SARASA SÁNCHEZ, Esteban, “La construcción p. 416. 21 SARASA SÁNCHEZ, Esteban, “La construcción de una memoria de identidad. El género historiográfico en la Edad Media: de lo europeo a lo hispano” en Los espacios de poder en la España medieval: XII Semana de Estudios Medievales, 2002, p. 418. 16
Porén, enfocado dende outra perspectiva, tampouco debemos caer na necesidade de empregar un argumento confrontado para lexitimar unha identidade histórica galega. Do mesmo xeito que se deben revisar as interpretacións nacionalistas españolas, tamén se debe facer algo semellante coas do nacionalismo galego. O anacronismo que supón a afirmación da existencia dunha conciencia de nación española no período medieval aplica tamén ao dunha conciencia nacional galega. O que si podemos (e debemos) facer é denunciar unha situación na que se reduce a cero, ou case cero, a relevancia dun reino asociado a un territorio cunha serie de particularidades históricas, políticas, sociais e culturais. As fontes non nos din que Galicia naceu como nación na Idade Media, mais tampouco nos din que apenas foi relevante durante todos os séculos desta etapa. Así pois, temos numerosos exemplos de fontes das cales podemos interpretar que non se tratou dun reino supeditado a unha entidade superior, ben sexa relixiosa, política ou social. Imos facer un repaso cronolóxico por algún exemplo de fontes que fundamentan esta argumentación. Para comezar, temos xa nos séculos IV e V obras como a Crónica de Idacio de Chaves, ou a elaborada por Paulo Osorio, caracterizadas por ser unha primeira aproximación ao reino suevo en territorio galego. Este reino preséntase máis ou menos continuo até o VI, comezando neste momento un par de séculos de ausencia documental por mor da destrución causada pola violencia destes anos25. Nalgúns dos documentos destes primeiros séculos da etapa medieval, atopamos referencias ao territorio como Galliciense Regnum, en relación probablemente coa nomenclatura de Gallaecia. Dun xeito máis ou menos contemporáneo a estes tempos, resulta rechamante como unha figura tan importante para o nacionalismo español como Isidoro de Sevilla fai referencia nas súas Etimoloxías falando de linguas, pobos e reinos do mundo26. A partir da entrada dos musulmáns na península, atopámonos como a carga ideolóxica que se pode interpretar das fontes vai en aumento, en relación con ese neogoticismo característico dos chamados reinos cristiáns. Neste contexto, estamos nun período no que se producen unhas loitas constantes polas cotas de poder nos reinos de 26 ANDRADE CERNADAS, Xosé Miguel et al.,O Reino…, p. 62. 25 ANDRADE CERNADAS, Xosé Miguel et al.,O Reino…, pp. 41-47. 17
Galicia, León, Asturias e Castela. En contraposición coa idea dunha supeditación do territorio galego a unha entidade superior asturleonesa, existen exemplos de mencións ao territorio galego como reino herdeiro do suevo. De xeito paradigmático, temos tamén o caso de documentación do século X en relación ao reinado de Sancho Ordóñez con denominacións como Gallicie princeps. Isto non tería tanta relevancia se non fose que non se atopan neste momento referencias semellantes a monarcas no resto dos territorios dos reinos cristiáns27. Alén disto, nestes séculos centrais podemos destacar tamén o caso de García, figura controvertida e escurecida polo relato nacional español. A súa figura pode equipararse á de seus irmáns, con referencias ao mesmo en documentos como Dei gratia rex ou nutu dei rex28. A partir deste momento, a pesar da importancia que a Historia Compostelá de Diego Xelmirez ten no contexto dos séculos XI e XII, atopámonos cun aumento aínda maior da carga ideolóxica en relación á lexitimación do poder neogótica característica. En consecuencia, menciónase unha evidente perda de peso político do Reino de Galicia pola súa integración na Coroa de Castela no século XIII, no ano 1230. Malia isto, non se trata da fin do Reino Medieval Galego, posto que segue a haber exemplos de alusións rexias ao territorio galego na liña das anteriormente mencionadas. Por riba, non podemos falar da fin dun territorio cunhas peculiaridades culturais, políticas e sociais tan particulares como as do reino galego. A pesar disto, resulta innegable esa idea de perda de poder político fronte á coroa castelá, aínda que non supuxera a fin da autonomía do territorio galego como reino. A relevancia do reino galego durante o período medieval non só podemos interpretala das consideradas fontes propias do territorio dos reinos hispánicos. A forma coa que dende fóra se consideraba e se denominaba ao espazo de Gallaecia e, posteriormente, do Reino de Galicia, tamén nos aporta moita información. Verbo disto, podemos pór unha serie de exemplos. Cronistas francos como Gregorio de Tours, en tempos do reino suevo, refírese ao territorio como Galliciense regnum29. Máis representativo incluso é o caso de como os musulmáns recoñecen a importancia da área 29 ANDRADE CERNADAS, Xosé Miguel et al.,O Reino…, p.65. 28 ANDRADE CERNADAS, Xosé Miguel et al.,O Reino…, p. 81. 27 ANDRADE CERNADAS, Xosé Miguel et al.,O Reino…, pp.70-73. 18
noroeste da Península Ibérica, á que cualificaban con termos como Yilliquiya, Galisiyah, Djalikyah ou Chalikia30. Estes termos non só foran empregados para designar á provincia romana de Gallaecia e o que esta abarcaba, senón que ían orientados á designación de todo aquel espazo ocupado polos reinos cristiáns do noroeste peninsular31. Por último, faise alusión a Galicia, os seus reis e as súas particularidades dende, por exemplo, a épica francesa ca Canción de Roldán; a Vita Karoli, biografía de Carlomagno; ou dende a Escandinavia medieval, identificando a Jakobsland (por Santiago) como territorio diferenciado do conxunto peninsular32. En referencia a todas estas fontes, as cales non son nin moito menos todas as que demostran a relevancia real do reino galego nesta etapa medieval, podemos extraer unha idea importante. Non debemos interpretar estas fontes como a xustificación ou a lexitimación dun territorio galego único, exclusivo, diferenciado e constante. Tampouco debemos restarlle a importancia que realmente teñen. Mais si que é necesario negarlle ao discurso nacional español a idea da supeditación do Reino de Galicia a unha empresa maior e a irrelevancia do mesmo no devir histórico da Península Ibérica. Mesmo dende 1230 coa integración na Coroa de Castela e a perda de poder político, o Reino Medieval Galego seguiu a ter unha importancia e unhas particularidades propias que desbordan o papel que se lle adoita outorgar. 3. O século XIV, colista dos esquecidos Nas liñas anteriores aludíamos a cómo o reino de Galicia vai perdendo peso político segundo nos imos aproximando ao final da etapa medieval. Ora ben, do mesmo xeito que moitos investigadores centraron os seus esforzos nos últimos anos na reivindicación da memoria histórica do período medieval galego, foron menos os que afondaron sobre este asunto na Baixa Idade Media. Porén, algúns autores certamente focalizaron os seus traballos nestes séculos máis esquecidos da historia galega. A ausencia de traballo acerca desta materia neste período lévanos a ter que depurar as 32 ANDRADE CERNADAS, Xosé Miguel et al.,O Reino…, pp. 105-109. 31 ANDRADE CERNADAS, Xosé Miguel et al.,O Reino…, pp. 103-157. 30 Cómpre non confundir, a pesar do parecido léxico, co termo yahilíyyah, traducido como “idade da ignorancia” e empregado posteriormente para referirse á cultura ou civilización que se atopa alonxada de Deus. 19
obras existentes de ambicións e teleoloxismos. Non se pretende neste apartado demostrar a realidade absoluta acerca da posición que o reino galego ten no século XIV en concreto. A intencionalidade xira máis en torno a tentar analizar as principais elaboracións sobre esta temática neste século para achegarnos, a través da supresión das distorsións discursivas que se podan identificar, ao obxectivo da neutralidade. En consecuencia, a idea non é a de tentar facer un repaso polos feitos e acontecementos deste século, senón aproximarnos o máximo posible aos porqués dos mesmos dende as diferentes posturas e perspectivas. Neste senso, resulta curioso e confuso preguntarse por que se trata dun século menos traballado ca outros. A resposta, quizais, sexa pola suposta idea de decadencia do reino galego nesta etapa, o cal non resulta tan atractivo e rechamante para a reivindicación dunha memoria histórica. Así é todo, trátase dun momento crucial no relativo á historiografía e á construción do relato nacional español. É nos séculos XIV e XV cando se redactan todas as crónicas de todos os monarcas casteláns dende Afonso XI. Unha grande parte destas son froito da redacción de Pedro López de Ayala, o máis importante cronista de Castela neste século XIV grazas á súa forte influencia nas altas esferas rexias e diplomáticas. Ao servizo dos Trastámara, o reino galego ten un menor protagonismo con respecto ao conxunto da Coroa e deste xeito vese prexudicada pola narrativa con naturais derivas de parcialidade que presentan as crónicas de López de Ayala33. Ora ben, se queremos entender mellor os campos de conflito no relativo a este tema, debemos ter en conta unha serie de ideas que son transversais no estudo deste século. Unha delas é a cuestión terminolóxica e a importancia das denominacións, as nomenclaturas e o tratamento historiográfico que se fai de certas figuras. Isto resulta vital para entender quen di cada cousa, como a di e por que a di. Tamén resulta nuclear entender a existencia dunha serie de axentes protagonistas cuxas accións e intencionalidades deparan o devir histórico destes anos. Estamos a falar da nobreza galega, a coroa e os reis, a nobreza eclesiástica e a Igrexa en xeral ou a burguesía municipal e comercial. A loita polas cotas de poder entre estes axentes é protagonista nos discursos e cómpre tela moi presente en todo momento. Alén disto, tamén é preciso 33 ANDRADE CERNADAS, Xosé Miguel et al.,O Reino…, pp. 130-131. 20
ter en conta o papel que xoga o reino de Portugal e o contexto da Guerra dos Cen Anos deste período, xa que non é posible entender o que ocorre no reino Galego sen ter isto presente. Baixo o crisol disto, imos analizar como se entende a historia do Reino Medieval de Galicia no século XIV dende diversas perspectivas: a de Anselmo López Carreira, a de Francisco Rodríguez e a de José García Oro. 3.1. Unha visión máis académica Podemos destacar a figura de Anselmo López Carreira como un dos grandes estudosos do Reino Medieval galego das últimas décadas dende o rigor histórico. Sen intención de desmerecer o importante traballo que outros persoeiros fixeron arredor destes asuntos, a vontade de fidelidade ás fontes, a capacidade de crítica das mesmas e evolución discursiva de López Carreira deben ser loadas. Do mesmo xeito, non debemos caer na idea da ausencia dunha certa parcialidade nas ideas e nas palabras de calquera autor. O eloxio reside na intencionalidade e na xustificación do traballo que se realiza, con respecto ao que non se aprecian de xeito ostensíbel trazos tendeciosos no discurso do mesmo. De xeito paralelo, cómpre ter en conta que López Carreira non se centrou exclusivamente no período baixomedieval como si fixeron os outros autores dos que falaremos máis adiante. No que se refire á historiografía nacional española con respecto ao século XIV, trátase dun momento no que se enxalza a Coroa de Castela por riba de todo. O reino galego móstrase como parte do territorio castelán e as disputas de poder en ningún momento comportan un matiz territorial, nin moito menos “nacional”. En efecto, estamos nun período histórico no que o concepto de nación ou conciencia nacional, sexa cal sexa, non ten cabida. Malia isto, o que esta historiografía entende como loitas dinásticas, responde a máis que unha mera ambición de poder. Dáse por suposto o sometemento e a subordinación do territorio galego, dos seus diversos estamentos aos monarcas casteláns. Porén, a realidade é que o reino galego gozou de máis autonomía da que se pensa, e foron constantes as tentativas de separación da coroa. Neste senso, o século xa comeza cun contexto que, casualmente, foi modificado e distorsionado polo relato. Logo de numerosos intentos de separación durante o século anterior, co reinado 21
do chamado infante Xoán entre 1296 e 1301 nos territorios de Galicia-León, vense por confirmar esta argumentación. Deste xeito, a idea da integración interpretada como “definitiva” dende 1230 cae polo seu propio peso, e dános unha primeira mostra da realidade que se vai vivir no territorio galego durante este século34. Tamén de xeito casual, o infante non é recoñecido na historiografía castelá como un rei oficial, así como un “rebelde” e un “extraño” que se revolvía contra o lexítimo monarca segundo o mesmo Modesto Lafuente35. Poida ser que a alianza con Portugal e cos musulmáns de Granada non encaixaran moi ben no relato, a pesar de ser fillo do rei Afonso X. Mesmo así, convén salientar outro elemento tan esencial para entender a realidade deste século, como constante ao longo do mesmo. O feito de que a alta nobreza galega e o rei de Portugal tomaran parte en favor desta independencia, podemos interpretalo como representativo da situación deste século. Diversos son os motivos que poden xustificar isto, que se repite ao longo deste período, non sen matices contextuais. Un deles pode ser a importancia que burguesía urbana galega está a gañar e o papel relevante que comeza a xogar no entramado político castelán. Atopamos pois, un aliñamento de intereses varios que poñen na mesma dirección a burguesía, alta nobreza galega e reino de Portugal. Temos exemplos paradigmáticos disto ao longo de todo o século: na guerra entre Pedro I e Henrique de Trastámara; o reinado de Fernando I de Portugal logo da morte do monarca petrista; ou o apoio urbano a Xoan de Gante. Resulta innegable a existencia dunha vontade de orientar a Galicia cara o Atlántico e Portugal, sexa polos motivos que sexa, en contra do poder da Coroa de Castela e da aristocracia castelá36. En consecuencia, resulta comprensible que se poida interpretar unha vontade de autonomía ou independencia dende certos sectores poderosos do territorio galego. Pola contra, isto é tratado dende a historiografía castelá como simples disputas polo poder entre monarcas e aristocracias. Non se trata tampouco de defender unha conciencia nacional galega fronte a un invasor “internacional”, senón de mostrar 36 LÓPEZ CARREIRA, Anselmo, O Reino…, p 426. 35 LAFUENTE Y ZAMALLOA, Modesto, Historia general de España desde los tiempos primitivos hasta la muerte de Fernando VII por Don Modesto Lafuente. Tomo II, Barcelona, Montaner y Simón, 1877-1882., pp. 340-342 34 LÓPEZ CARREIRA, Anselmo, O Reino Medieval de Galicia: contribución a unha historia política, Santiago de Compostela, Blukk, 2020, pp. 410-411. 22
como a adxudicada decadencia e irrelevancia do territorio galego nesta etapa baixomedieval, non era tal. Un exemplo disto pode ser o importante poder que supoñían cargos como o de Adiantado Maior do Reino de Galicia ou o de Pertigueiro Maior da Terra de Santiago37. Paralelamente, temos que ter en conta os procesos sociais que se viven durante este período no reino galego e que marcan o devir histórico no último século da Idade Media. Daquela, temos un século no que a alta nobreza galega e a burguesía comercial urbana das cidades galegas perderon poder e influencia en detrimento do estamento eclesiástico e da nobreza castelá que, sobre todo a partir da segunda metade do século, se tentou impoñer no territorio galego38. Feitos demostrables como o acercamento a Portugal e o interese atlantista, a autonomía de poder que a aristocracia galega posuía, os múltiples intentos de descastelanizarse ou a distorsión historiográfica que se fai dende as crónicas casteláns non poden ser ignorados. O feito de ignoralos tan só pode responder a unha vontade de agochar unha realidade que, de terse en conta, faría tremer os piares do relato nacional español. 3.2. Unha visión máis eclesiástica Outra perspectiva acerca do século XIV é a que nos acerca o José García Oro, historiador franciscano galego especializado na Baixa Idade Media. Se somos capaces de fiar un pouco, resulta relativamente sinxelo entender como se xustifican as afirmacións que o “Padre Oro”39 fai nas súas obras sobre a Galicia dos séculos XIV e XV. Logo de ter explicado algúns aspectos do período baixomedieval no apartado anterior, será máis doado extraer das palabras de García Oro certas interpretacións. O primeiro que podemos mencionar é como a devandita asociación entre Igrexa, clero e monarquía castelá no século XIV aparece moi ben reflectida na obra deste autor. Consecuentemente, condiciona e xustifica moitas das interpretacións que este fai dos feitos e acontecementos do reino galego neste século. O enfoque eclesiástico que lle outorga aos seus estudos deriva nunha aproximación ou semellanza ao relato 39 Así é como era coñecido polos seus compañeiros franciscanos no Convento de San Francisco de Santiago de Compostela, así como por moitos outros que lle profesaban respecto. 38 LÓPEZ CARREIRA, Anselmo, O Reino…, p. 427. 37 LÓPEZ CARREIRA, Anselmo, O Reino…, p. 413 23
nacionalista español, impregnado polo “cemento cristián” que se emprega como fío condutor do mesmo. Dende un ton, en moitas ocasións, vitimista e hostil fronte ao estamento nobiliario galego, leva a cabo algunha que outra afirmación que poderíamos denominar como anacrónica. Afirmacións como “el señorío gallego hunde sus raíces en la España visigoda de la que desciende directamente sin cortes apreciables en su evolución”40, son un claro exemplo disto. Mencionar a estas alturas unha “España visigoda” resulta, canto menos, certamente ousado. Iso, sen ter en conta a linealidade e a teleoloxía que se desprende destas verbas, e esquecendo de xeito arbitrario o pasado suevo do territorio. As referencias a “España”, “nacións” e “guerra civil” nun momento histórico no que non podemos falar aínda de tales termos como os entendemos a día de hoxe son unha constante ao longo do seu discurso. Pola contra, as alusións ao aliñamento que dende certos sectores galegos se leva a cabo con Portugal son escasas, o cal resulta sorprendente tendo en conta que moitas familias da nobreza galega estaban emparentados con membros da aristocracia portuguesa. En troques, en relación co tratado anteriormente, si que atopamos referencias a unha nobreza galega autonomista e oposta aos sectores eclesiásticos e casteláns. A pesar de que menciona que certas figuras importantes do reino galego estaban subordinadas á Coroa41, tamén alude a esas loitas polas cotas de poder e á autonomía do mesmo entre ambos sectores: “El despertar de la conciencia política de los reinos y el auge de las monarquías nacionales, alentando creaciones jurídico-institucionales más amplias, con objetivos centralizadores e intervencionistas por parte de la Corona (...) se convierten progresivamente en poderosas armas de combate que amenazan seriamente el conservadurismo autonomista del estamento nobiliario”42 A realidade que nos mostra o Padre Oro é a dun estamento nobiliario que non acepta o poder castelán, como menciona en varias ocasións. A pesar da intención de 42 GARCÍA ORO, José, Galicia…, p. 28. 41 GARCÍA ORO, José, Galicia…, pp. 19-20. 40 GARCÍA ORO, José, Galicia en la Baja Edad Media: iglesia, señorío y nobleza, Santiago de Compostela, Bibliófilos Gallegos, 1977, p. 17. 24
aumentar a presenza institucional de Castela en territorio galego (o cal consegue coa vitoria de Henrique de Trastámara), o reino galego mantén en todo momento un certo grao de autonomía que nin os Reis Católicos, posteriormente, conseguen impoñer ao completo43. Á marxe disto, García Oro introduce unha cuestión que resulta interesante abordar con respecto ao tratamento historiográfico que se fai de certas figuras históricas. Un claro exemplo é o caso de Pedro I de Castela, considerado por algúns como Cruel e por outros como Justiciero. O autor posiciónase na postura que defende a actitude cruenta do monarca, do mesmo xeito que o fan grandes nomes do nacionalismo español como Modesto Lafuente44. Pola contra, ao referirse a Henrique II faino como “Enrique das Mercedes”, polos numerosos favores que lle concede ao clero galego45. É unha maneira máis de posicionarse, así como unha reflexión importante xa que nos fai ver como este tipo de motes, nos dan unha idea do tipo de monarcas aos que se refiren. Paradigma disto poden ser tamén os casos Fernando III O Santo ou Afonso X O Sabio, moi ben vistos e considerados polo estamento eclesiástico encargado de elaborar as súas crónicas46. En resumo, podemos apreciar de xeito claro como o Padre Oro no seu discurso non se afasta do relato nacional español, mais alá do recoñecemento de certa autonomía do reino galego e algunha mención ás confrontacións estamentais propias deste século que certamente sucederon. Resulta evidente que isto ten unha xustificación, xa que a o sector eclesiástico e as súas ideas van ligadas a ese “carácter cristián” dunha Castela construída sobre o neogoticismo e desembocadura “monárquica” dos anteriores reinos cristiáns. En consecuencia, semella ben reflectido o vencellamento entre esta perspectiva eclesiástica e o relato nacionalista español. 3.3. Unha visión (demasiado) galega Certamente, a idea de que o poder eclesiástico tamén influíu no esquecemento ou escurecemento do Reino Medieval de Galicia e favoreceu en moitos casos o 46 LÓPEZ CARREIRA, Anselmo, O Reino…, p. 405. 45 GARCÍA ORO, José, Galicia…, p. 102-105. 44 Adícalle un apartado enteiro baixo este nome entre as páxinas 444 e 463 da súa Historia General de España. 43 GARCÍA ORO, José, Galicia…, pp. 101,127. 25
de vida, etc.) ao tempo que se acepta a variedade rexional como lexítima60. Aínda así, aproba a súa particularidade ao tempo que afirma que: “es un grave error pretender anular la fuerza integradora del núcleo central en beneficio de esas otras fuerzas disgregadoras; pero también lo es pretender anular la personalidad de los demás núcleos en beneficio del central”.61 En páxinas anteriores deste libro, esta necesidade de unidade xustifícase como resultado dos procesos históricos, con certo protagonismo da etapa medieval, e dun pasado común cimentado nas ideas que mencionamos anteriormente. Polo tanto, cómpre que nos quedemos con estas ideas para ver ate que punto se modificou o tratamento do pasado en materia educativa. Coa LGE de 1970 introdúcense cambios importantes en materia de contidos e orientacións historiográficas, mais seguía latente a ausencia dunha reflexión crítica sobre o proceso de construción nacional española. A posterior LOGSE veu a cambiar entre pouco e nada con respecto a este asunto, e deste xeito chegamos a finais do século XX e comezos do XXI cun problema de ausencia de modificacións patente62. Chegados a este punto, resulta interesante facer un repaso por diferentes currículos e materiais didácticos que nas nosas décadas tratan a temática que nos ocupa. Deste xeito, poderemos aproximarnos cara unha breve idea do estado da cuestión do período medieval galego na ensinanza do século XXI. 4.2. Currículos educativos e Reino Medieval de Galicia. Deixando á marxe as prácticas máis particulares e persoais que cada mestre ou mestra poida aplicar ao seu método de traballo e aos contidos que ensina, cómpre botarlle un ollo aos currículos oficiais que (na teoría) se poñen a disposición do profesorado. É de popular coñecemento o feito de que estes programas non sempre se axustan á realidade das aulas, e consecuentemente, a súa redacción adoita ser ambigua en materia de historia. Non obstante, é preciso ter en conta que se trata dunha folla de ruta proporcionada dende as administracións do Estado, neste caso, dende o ámbito autonómico. Polo tanto, é de supoñer que seguen as liñas oficiais das principais 62 LÓPEZ FACAL, Ramón, “La Historia…, pp. 339-341. 61 DELEGACIÓN NACIONAL DE FET-JONS, Formación…, p. 121. 60 DELEGACIÓN NACIONAL DE FET-JONS, Formación política. Cuarto curso, Madrid, Sección Femenina de FET-JONS, 1959, p. 120. 32
tendencias en estudos e investigación histórica. Neste senso, imos botarlle un ollo a dous currículos: un correspondente á LOMCE, do ano 2015; outro correspondente á actual lei educativa, a LOMLOE, do ano 2022. No Decreto 86/2015 do 25 de Xuño que establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato en Galicia, centrámonos nos cursos de 2º de Bacharelato e 2º da ESO, por seren os cursos nos que se fai alusión ao período medieval nas súas respectivas materias. Na materia de “Xeografía e Historia” de 2º curso da ESO, a ausencia das referencias ao territorio galego no período medieval é case absoluta. Pola contra, fálase de Reconquista e Repoboación63 e de reinos cristiáns e apenas se fai unha mención á relevancia do camiño de Santiago64. Isto pode ser, ata certo punto, comprensible, se entendemos que se trata dunha materia cun carácter máis introdutorio sobre o período medieval en xeral. Nesta mesma liña, pasamos á materia de Historia de España cursada en 2º de Bacharelato. Volvemos a atoparnos cunha ausencia case total da mención ao medievo galego, a excepción dun apartado nun bloque sobre o Camiño de Santiago e a alusión que se fai aos reinos cristiáns en xeral, primeiramente, e ás coroas de Castela, Aragón e Navarra, posteriormente65. Resulta paradóxico que a ausencia de referencia ao Reino Medieval galego, mentres que o único momento no que se concreta sobre o estudo deste territorio, sexa para falar do Camiño de Santiago. Sexa como sexa, cómpre subliñar o carácter ambiguo e aberto que se empregan nestes currículos á hora de elaborar os seus contidos, coa fin de ofertar unha certa liberdade aos docentes na orientación das materias. Pese a isto, cabe preguntarse os motivos do escaso peso que as particularidades do medievo galego teñen, así como que leva a quen elabora estes programas a obvialos case de xeito absoluto. Pasemos agora a botarlle un ollo aos currículos correspondentes á vixente lei educativa, a través dos Decretos 156/2022 e 157/2022 do 15 de setembro polo que se establecen a ordenación e o currículo de educación secundaria obrigatoria e bacharelato en Galicia. Para comezar, imos analizar o que nos di con respecto á asignatura de 65 Decreto 86/2015 do 25 de Xuño que establece o currículo da educación secundaria obligatoria e do bacharelato en Galicia, nas páxinas 25920 a 25922. 64 Decreto 86/2015 do 25 de Xuño que establece o currículo da educación secundaria obligatoria e do bacharelato en Galicia, nas páxinas 26427 e 26428. 63 Conceptos que, tendo en conta o avance dos estudos en torno a eles, deberan ser superados fai anos. 33
“Xeografía e Historia” do 2º curso da ESO. Dende unha perspectiva máis ampla, apreciase un certo avance no respectivo á metodoloxía e ao rigor nos termos, así como unha maior atención ao espazo galego medieval, aínda así escaso. Certas expresións como “España no tempo e a súa conexión cos grandes procesos da historia medieval” ou falar de “interpretación de liñas do tempo a través da linealidade” son menos acertadas66. Falar de España como un concepto que perdura no tempo, ao tempo que se fomenta a interpretación histórica a través de procesos lineais, lévanos de novo a tempos pasados. Por outra beira, se pasamos a analizar o currículo da materia de “Historia de España” de 2º de Bacharelato, atopámonos co seguinte na propia introdución: “As identidades nacionais e rexionais proxéctanse máis atráis no tempo, como as crenzas e as ideoloxías, que tanta transcendencia teñen e tiveron ao longo da historia, conectan procesos históricos diversos e resultan esenciais para destacar, antes que o que nos separa e diferencia, os elementos que nos unen, co fin de favorecer o diálogo e a convivencia. O progreso e o crecemento económico, desde perspectiva da cohesión territorial, así como a visión da diversidade social ou da igualdade de xénero ao longo do tempo, convertéronse tamén en campos fundamentais para o estudo da historia e a análise do presente.”67 Podemos entreler como hai un importante avance con respecto a leis anteriores, sobre todo en materia de resaltar todo aquelo que nos une e non o que nos diferencia, o cal reflicte unha boa intencionalidade. Temos, a día de hoxe, a capacidade de entender o mundo como un lugar no que todo cabe e nada nin ninguén debería quedar fóra, e poida que estas liñas vaian nesa dirección. Ora ben, a análise de identidades nacionais e rexionais dende un criterio territorial ten sentido a día de hoxe, mais non se o período que estamos a analizar é previo ao nacemento dos Estados-nación. No que respecta aos contidos, no bloque 1 atopamos cun apartado que fala sobre “O proceso de construción nacional en España”, abarcando dende o período dos Reis Católicos ate a fin do Antigo Réxime. Esta idea só se xustifica para, posteriormente, no bloque 2, explicar a “cuestión 67 Decreto 157/2022 do 15 de setembro polo que se establecen a ordenación e o currículo de bacharelato, nas páxinas 50839 e 50840. 66 Decreto 156/2022 do 15 de setembro polo que se establece a ordenación e o currículo de educación secundaria obligatoria, na páxina 50467. 34
nacional”, mais en ningún momento se fala de como se debe abordar esta perspectiva. Volvemos a non atopar por ningures algunha referencia ao Reino Medieval galego, e iso que estamos a falar dun decreto de carácter autonómico. Malia isto, si que podemos falar dun maior rigor histórico á hora de tratar certos temas, a pesares de que se faga cun ton moi ambiguo en moitas ocasións. Isto ofrece unha ampla liberdade ao docente á hora de tratar certos temas, mais fomenta a continuidade dos discursos que veñen de atrás, nos cales non ten cabida o medievo galego. En definitiva, a historia de Galicia e, en especial, a etapa medieval da mesma, carece dunha atención no ámbito da ensinanza que favorece o esquecemento histórico do período. Poida que a iso se refiran os medievalistas López Carreira e Andrade Cernadas cando nos din aquilo de que os de fóra non nos comprenden, e dende dentro explicámonos pouco e mal68. 4.3. O Reino Medieval de Galicia nos libros de texto. Paralelamente, resulta de suma importancia o que nos din os materiais didácticos a disposición dos docentes. Neste senso, imos botarlle unha ollada a dous libros de texto da materia de Historia de España moi empregados nos seus respectivos momentos: un de 2007 da Editorial Consorcio Galego e un do ano 2018 da editorial Vicens Vives. Ambos exemplos foron escollidos pola relevancia que tiveron como fonte de coñecemento para moitos alumnos e alumnas da comunidade galega. Con respecto ao libro do 2007, cómpre ter en conta que se trata dunha editorial galega, o cal debería supoñer un acicate para dedicarlle unha especial atención á historia galega en particular. Neste libro, resulta moi interesante unha reflexión inicial que se leva a cabo nas primeiras páxinas con respecto aos nacionalismos da Península Ibérica en referencia ás primeiras manifestacións culturais que se desenvolven nun espazo xeográfico. Sobre isto, deféndese a idea de que evitar caer no relato dos nacionalismos, tanto o español como os periféricos, xa que entenden a súa nación como un suxeito político inmortal que deriva nunha selección e terxiversación dos acontecementos históricos69. É de destacar polo simple feito de que non se trata dunha reflexión que sexa 69 ALFEIRÁN RODRÍGUEZ, Xosé; BREA PEDREIRA, Ana; ROMERO MASIÁ, Ana,Historia de España: Segundo Curso de Bacharelato, A Coruña, Consorcio Editorial Galego, 2007, p. 16. 68 ANDRADE CERNADAS, Xosé Miguel; LÓPEZ CARREIRA, Anselmo, O Reino…, p. 14. 35
moi común no conxunto dos materiais semellantes. Agora ben, se analizamos o apartado no que se afonda na historia medieval do reino galego, o panorama é ben distinto. Trata sobre el como un territorio continuamente supeditado a unha entidade superior, primeiro Asturias, logo León e finalmente a coroa castelá.70 Vemos aquí, de novo, a concepción procedente da historiografía nacionalista española do período medieval galego, co ocultamento da relevancia real que o reino tivo. Vexamos un exemplo disto, cando se fala da guerra entre Pedro I e Henrique de Trastámara: “O autoritarismo de Pedro I o Cruel provocou a reacción da alta nobreza que tomou partido en favor do seu irmán bastardo, Henrique (...) O triunfo de Henrique, supuxo a entronización da nova dinastía dos Trastámara en Castela e o fortalecemento da nobreza grazas ás merces concedidas polo novo monarca”71 O feito de chamarlle Pedro I o Cruel ou a non especificación de que a nobreza castelá foi a beneficiada pola vitoria de Henrique de Trastámara son elementos que, como xa vimos, son propios do relato castelán. Neste exemplo podemos comprobar a pervivencia de ideas e conceptos que proceden de moi atrás no tempo e que seguen a estar moi presentes a día de hoxe. Malia isto, a reflexión inicial que se fai neste libro fainos ver como non sempre se debe interpretar todo como pretencioso. Conscientemente, moitos coñecemos a distorsión existente no relato nacionalista, mais dun xeito involuntario, aceptamos certos conceptos e ideas tan asimilados e interiorizados nas mentalidades que resulta complexo erradicalas. Vexamos que ocorre no caso do libro de texto da editorial Vicens Vives para a asignatura de Historia de España do ano 2018, adaptado ao galego. Neste, existe unha ausencia practicamente absoluta do territorio galego durante a Idade Media. Non hai unha soa mención ao Reino de Galicia en todo o apartado da etapa medieval dos reinos hispánicos, o cal é extremadamente preocupante. Faise referencia a un reino de Asturias inicial (con mención evidente a Pelaio e Covadonga), un reino de León posterior e unha integración destes á Coroa de Castela no 1230. Mais en ningún momento se menciona o 71 ALFEIRÁN RODRÍGUEZ, Xosé et al.,Historia…, p. 82. 70 ALFEIRÁN RODRÍGUEZ, Xosé et al.,Historia…, pp. 84-95. 36
territorio galego72. Estamos a falar dun dos libros de texto máis empregados a nivel non só autonómico, senón nacional, o cal é moi representativo da situación actual. Trátase dun discurso que acepta de xeito despreocupado grande parte das liñas principais do relato nacionalista español, esquecendo e ocultando dun xeito descarado a historia medieval galega. De poder destacar algo positivo sobre este material, podemos facer mención ao feito da eliminación do apelativo Cruelao falar de Pedro I de Castela, aínda que siga a falar de alta nobreza sen facer ningún tipo de diferenciación73. En resumo, logo de ter analizado algún exemplo do material didáctico empregado nos últimos anos no sistema educativo galego, non resulta sorprendente o baixo nivel de coñecemento básico sobre o Reino Medieval galego que, sen dúbida, impera na nosa sociedade. Conclusións A teor do exposto, pódense extraer unha serie de reflexións acerca da situación actual dun problema non só de carácter historiográfico, senón histórico, social e cultural. Cando nun primeiro momento xurdiu a idea de afondar nesta cuestión, non era ca perspectiva de atoparnos con semellante despreocupación, desmemoria e, nalgún caso, desprezo cara o noso pasado medieval. A vontade inicial deste traballo, así como o seu obxectivo, era abordar esta temática dende unha perspectiva que axudara a demostrar a posibilidade dunha análise histórica consciente da subxectividade que isto leva consigo, pero o máis próximo a neutralidade que fose posíbel. A propósito desta idea, unha das principais conclusións que se pode extraer desta elaboración é que esa neutralidade, ese “afastarse dos relatos”, é urxentemente necesario. O Reino Medieval galego foi vítima non só do relato historiográfico español e castelán, senón dos relatos en plural. Fraco favor se lle fixo dende un nacionalismo galego cuxa argumentación, de ter lóxica, xustificaría as atrocidades que dende o nacionalismo español se proxectaron cara o medievo galego. Emporiso, é labor do historiador devolverlle a súa historia ao Reino Medieval de Galicia, así como outorgarlle a súa real relevancia no espazo e no tempo, a fin de construír unha memoria histórica galega veraz e acorde coas necesidades dunha cultura que esmorece lentamente. 73 ÁLVAREZ REY, L. et al., Historia…, pp. 44-45. 72 ÁLVAREZ REY, L.; GARCÍA SEBASTIÁN, M.; GATELL ARIMONT, C.; GIBAJA VELÁZQUEZ, J.C.; RISQUES CORBELLA, M., Historia de España, España, Vicens Vives, 2016, pp. 24-45. 37
Non se trata de reivindicar nin romantizar un pasado histórico que, a día de hoxe, ninguén pode negar como característico e que particulariza a nosa rexión. A necesidade é a de demostrar e ausencia de veracidade e rigor que supón crear unha Galicia medieval supeditada e subordinada e entidades cunha vontade e un propósito superiores. Paradigma disto é o que ocorre no século XIV e todo o que envolve ás construcións cronísticas, primeiro, e nacionais, posteriormente. Nun momento histórico no que, segundo estes relatos, xa non queda nada do reino máis que a súa aportación como territorio integrado na grande e mítica Coroa de Castela, a realidade semella ben distinta. Grazas aos estudos levados a cabo nas últimas décadas, neses tempos nos que se está a xerminar esa Castela nai da nación española, son en realidade ben diferentes do que se contaba. De xeito lóxico, a aproximación a Portugal, o poder dunha aristocracia galega que non aceptou o sometemento á coroa e a autonomía e independencia puntual do reino galego, non son argumentos que encaixen nesa construción lineal da España nacional. Polo tanto, a pesares de ser un dos períodos menos estudados no referente á distorsión dos relatos nacionais, resulta nun século particularmente nuclear pola súa relación para con Castela e as súas orixes míticas. Porén, como xustificamos o escaso avance fronte a esta situación de esquecemento historiográfico e desmemoria? Que debemos facer para atopar unha solución a esta problemática? A resposta a ambas preguntas lévanos ao ámbito educativo e da ensinanza. Nas últimas décadas, o labor investigador acerca do período medieval galego tomou impulso e comezou a desmontar as mentiras dos relatos e a defender o rigor histórico na súa análise. Malia este progreso, non se viu complementado cunha renovación do desactualizado catálogo educativo en materia de historia medieval do reino galego. Como xa vimos, na actualidade seguen a acompañarnos conceptos, ideas e relatos case ficticios que pouco distan dos primeiros discursos nacionais sobre este asunto. O período franquista atrasou o proceso de reconsideración das ideas procedentes do nacionalismo español do século XIX, algo que resulta extrapolable a outras materias ben diversas, e que caracteriza as últimas décadas do conxunto do noso territorio. Por este motivo e outros, atopámonos cunha situación na que hai quen realmente cre e defende os relatos nacionais, ao tempo que moitos 38
ignoran dun xeito involuntario a existencia deste problema. A día de hoxe tense avanzado en certa medida na solución deste problema, mais resulta evidente a necesidade de continuar a investigar e, sobre todo, de difundir e divulgar para lograr unha viraxe na dinámica do ensino do medievo galego. Para rematar, coido preciso insistir no propósito de obxectividade e neutralidade deste traballo. Esta elaboración non se atopa liberada de subxectividade, afirmar o contrario sería un exercicio certamente arrogante. Non entanto, a intención é que o recoñecemento da imposibilidade de ser obxectivo sirva como un primeiro paso para mostrar a necesidade desta característica propia do traballo do historiador. Errar é unha práctica habitual e ineludible na vida, e ninguén esta liberado das súa consecuencias, mais facelo de xeito deliberado e pretencioso non debería ter cabida na análise histórica. Emporiso, a solución atópase na base do noso coñecemento: a ensinanza. Se queremos construír unha sociedade que sexa cada vez mellor, sempre debemos comezar polo ámbito educativo, posto que todo o demais é reflexo do éxito do mesmo. Resulta de vital importancia educar persoas humildes e que recoñezan os seus erros, de xeito que esta capacidade crítica lles evite as mesmas consecuencias que sofre, a día de hoxe, o Reino Medieval de Galicia: ser vítima do relato. 39
Bibliografía ALFEIRÁN RODRÍGUEZ, Xosé; BREA PEDREIRA, Ana; ROMERO MASIÁ, Ana, Historia de España: Segundo Curso de Bacharelato, A Coruña, Consorcio Editorial Galego, 2007. ÁLVAREZ JUNCO, José, Mater dolorosa, Madrid, Taurus, 2001. ÁLVAREZ REY, L.; GARCÍA SEBASTIÁN, M.; GATELL ARIMONT, C.; GIBAJA VELÁZQUEZ, J.C.; RISQUES CORBELLA, M., Historia de España, España, Vicens Vives, 2016. ANDRADE CERNADAS, Xosé Miguel; LÓPEZ CARREIRA, Anselmo, O Reino Medieval de Galicia: Crónica dunha desmemoria, Vigo, Xerais, 2022. ANDRADE CERNADAS, Xosé Miguel, “Algunhas historias por tratar da Historia Medieval de Galicia”, en DUBERT GARCÍA, Isidro, Historia das historias de Galicia, Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 2016, pp. 119-147. BERAMENDI, Justo, Historia mínima de Galicia, Madrid, Turner Publicaciones S.L., 2016. DELEGACIÓN NACIONAL DE FET-JONS, Formación política. Cuarto curso, Madrid, Sección Femenina de FET-JONS, 1959. DE RIQUER I PERMANYER, Borja, “Aproximación al nacionalismo español contemporáneo” en Studia historica. Historia contemporánea, 1994, Nº 12, pp. 11-29. GARCÍA ORO, José, Galicia en la Baja Edad Media: iglesia, señorío y nobleza, Santiago de Compostela, Bibliófilos Gallegos, 1977. LAFUENTE Y ZAMALLOA, Modesto, Historia general de España desde los tiempos primitivos hasta la muerte de Fernando VII por Don Modesto Lafuente. Tomo II, Barcelona, Montaner y Simón, 1877-1882. 40
LÓPEZ CARREIRA, Anselmo, “Da creación histórica á eliminación historiográfica do reino medieval de Galicia” en DUBERT GARCÍA, Isidro, Historia das historias de Galicia, Vigo, Xerais, 2016, pp. 95-117. LÓPEZ CARREIRA, Anselmo, O Reino Medieval de Galicia: contribución a unha historia política, Santiago de Compostela, Blukk, 2020. LÓPEZ CARREIRA, Anselmo, “Idade Media” en CARBALLO CARBALLO, Francisco, Historia de Galicia, Vigo, Edicións A Nosa Terra, 1991, pp. 59-123. LÓPEZ CARREIRA, Anselmo, “Idade Media” en ACUÑA, X. Enrique, Historia Xeral de Galicia, Vigo, Edicións A Nosa Terra, 1997, pp. 96-202. LÓPEZ FACAL, Ramón, “La Historia enseñada en España” en TAIBO ARIAS, Carlos, Nacionalismo español: Esencias, memorias e instituciones, Madrid, Catarata, 2007, pp. 329-350. NOGUEIRA, Camilo, A memoria da nación, Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 2001. PÉREZ GARZÓN, Juan Sinisio, “España: de nacionalismo de Estado a esencia cultural” en TAIBO ARIAS, Carlos, Nacionalismo español: Esencias, memorias e instituciones, Madrid, Catarata, 2007, pp. 49-73. RODRÍGUEZ, Francisco, Unha etapa estelar e conflitiva de Galicia (a segunda metade do século XIV). Tomo I., Galicia, Asociación Socio-Pedagóxica Galega, 2021. RODRÍGUEZ, Francisco, Unha etapa estelar e conflitiva de Galicia (a segunda metade do século XIV). Tomo II., Galicia, Asociación Socio-Pedagóxica Galega, 2021. SARASA SÁNCHEZ, Esteban, “La construcción de una memoria de identidad. El género historiográfico en la Edad Media: de lo europeo a lo hispano” en Los espacios de poder en la España medieval: XII Semana de Estudios Medievales, 2002, pp. 409-424. TAIBO ARIAS, Carlos, “Sobre nacionalismo español” en TAIBO ARIAS, Carlos, Nacionalismo español: Esencias, memorias e instituciones, Madrid, Catarata, 2007, pp. 11-48. 41