Full text
1 AS MULLERES E O SISTEMA PERIÓDICO Bermejo, Manuel R. Romero, Mª José González-Louro, Lucía Romero, Carmen González-Noya, Ana M. Pedrido, Rosa Martínez, Miguel Facultade de Química Universidade de Santiago de Compostela AS MULLERES E O SISTEMA PERIÓDICO............................................1 1. Introdución........................................................................................................................................................ 2 2. O ano de Mendeleev........................................................................................................................................ 2 3. As mulleres na ciencia e na química................................................................................................................. 3 4. As mulleres no sistema periódico...................................................................................................................... 5 4.a) Elementos descubertos por mulleres......................................................................................................6 O polonio e o radio………………………………………………………………………………………… 6 O renio………………………………………………………………………………………………………. 9 O francio……………………………………………………………………………………………………. 11 4.b) Elementos adicados a mulleres............................................................................................................13 O curio…………………………………………………………………………………………………….... 13 O meitnerio……………………………………………………………………………………………….... 14 4.c) Elementos adicados a mulleres aínda non aceptados oficialmente .....................................................16 O joliotio (nobelio)……………………………………………………………………………………….. 16 4.d) Elementos con nome de mulleres.........................................................................................................19 O vanadio…………………………………………………………………………………………………… 19 O niobio………………………………………………………………………………….…………………. 21 O selenio……………………………………………………………………………………………………. 23 O paladio…………………………………………………………………………………………………… 25 O cerio……………………………………………………………………………………………………… 27 5. Bibliografía...................................................................................................................................................... 29
2 1.- Introdución Nestes últimos anos vimos insistindo sobre o papel que tivo a muller na ciencia ó longo da historia da humanidade.1, 2 Xa desde a idade antiga as mulleres participaron no desenrolo na ciencia, aínda que os seus nomes non se deron a coñecer tanto como no caso dos homes e o seu traballo foi desprezado ou silenciado na maioría dos casos.3, 4 Esta comunicación ten como finalidade, aproveitando o centenario do pasamento de Dimitri Mendeleev, poñer de manifesto a presenza do xénero no Sistema Periódico. Como non podía ser doutro xeito, as mulleres tamén participaron e participan no descubrimento dos elementos químicos. Mais, como é de grande a contribución feminina nesta investigación? A resposta é clara: moi, moi minoritaria; pero razóns de tipo histórico e cultural poden explicar tal situación. Aquí e agora queremos amosar, coma unha homenaxe máis neste aniversario de Mendeleev, en que modo está presente o feminino no Sistema Periódico dos elementos. 2.- O ano de Mendeleev Este ano estase a celebrar o centenario da morte do gran químico Dimitri Ivánovich Mendeleev (1834-1907). El foi o primeiro en establecer unha periodicidade nas propiedades dos elementos químicos descubertos ata aquel momento, intuír a súa agrupación en familias e postular a necesaria aparición de novos elementos que ocuparían os ocos que existían. Dende ese momento moitas das súas predicións foron corroboradas ata chegar a establecerse o sistema periódico actual, con 117 elementos xa descubertos.5 Seguindo a liña temática deste XX Congreso de Enciga, e como vimos de sinalar, pretendemos poñer de manifesto con esta comunicación que a muller está presente no sistema periódico dos elementos de varios xeitos: directamente, como descubridora dalgúns elementos químicos; indirectamente, aportando o seu nome a outros elementos; ou en recoñecemento da súa contribución ó achádego de novos elementos químicos. Como veremos máis adiante, o traballo realizado polas que foron descubridoras non foi sinxelo: moitos dos elementos descubertos eran sintéticos ou de difícil illamento; a maioría deles eran inestables e radioactivos, o que dificultaba o seu manexo e implicaba riscos moi graves para a súa saúde. É por iso que nos pareceu interesante presentar nesta comunicación cales foron as contribucións das mulleres ó sistema periódico en recoñecemento á súa labor. Porque a pesar
3 de que a maioría dos elementos descubertos foron contribución masculina, non debemos esquecer que tamén existe unha contribución feminina, aínda que fose en menor medida por razóns históricas ou culturais. Sinalaremos finalmente que os últimos elementos descubertos, os transuránidos e de modo particular os de Z> 106, son o resultado de traballos colectivos de moitísimos investigadores onde as mulleres son maioría. 3.- As mulleres na ciencia e na química As mulleres sempre se sentiron atraídas polo coñecemento científico. Na idade antiga, a precedente da ciencia foi a filosofía natural e escolas filosóficas como a platónica ou a pitagórica admitían ás mulleres (Aglaonike, Aspasia de Mileto,..., etc). Nesta época poderiamos destacar a Hipatia de Alexandría (s. IV d. C) que ademais de filósofa foi unha recoñecida astrónoma e matemática. A medicina e a sandación foron consideradas artes femininas pero non foron as únicas tarefas que levaron a cabo: descubriron e sementaron herbas curativas, desenrolaron técnicas para a preparación de licores fermentados, elaboraban cosméticos, xabóns, etc. As mulleres tamén practicaron a alquimia, antecedente da química, desde o seu nacemento. Pero as bases teóricas e prácticas da alquimia débense a María a Xudea, considerada a primeira muller alquimista. Viviu en Alexandría entre os séculos I e II d. C e se lle atribúe a invención de aparellos de laboratorio para a destilación (alambiques de dous e tres brazos, denominados dibikos e tribikos) así como do Kerotakis, un aparello de refluxo utilizado para obter aleacións metálicas ou extraer aceites esenciais de plantas. Estes son considerados como o seu maior aporte á alquimia occidental, facilitando que esta se transformase na química moderna. Durante a Idade Media, tamén chamada “idade escura”, viviuse un período de decadencia xeral por todo o occidente, incluso no ámbito da ciencia. O clima de escurantismo afectaba en especial ás mulleres, a maioría das cales só tiñan como opción a vida monástica para acceder ó coñecemento científico. Aparecen algunhas escolas, como a Escola médica de Salerno, nas que as mulleres podían atopar saída para os seus intereses científicos, sendo moitas as “mulieres salernitanae” formadas en dita escola. Deste xeito, ata o século XV aparecen nomes de mulleres na medicina (Agnodice, Hildegarda de Bingen, Trótula de Salerno,...., etc), pero é máis difícil coñecer as súas contribucións noutros ámbitos.
4 Co Renacemento aumentou a participación das mulleres na ciencia, pero especialmente a partir da Revolución Científica, xa que empezaron a desenrolar a súa actividade en tódolos campos do saber. Destacaron nos séculos XVII e XVIII as Salonnieres e as Academiciennes ou damas da ciencia, mulleres intelectuais da aristocracia que formaban parte dos círculos ou reunións científicas. Aínda así se lles denegaba a súa participación nas Academias das Ciencias, feito que aínda perdurou ata ben entrado o século XX. Nesta época, as mulleres comezaron a escribir obras de divulgación científica, destacando no campo da química Marie Meurdrac (“La Chymie charitable et facile en faveur des dames”, 1666) e Jane Marcet (“Conversations on Chemistry”, 1806). Outras dúas mulleres que contribuíron á química experimental foron Elizabeth Fulhame e Marie Anne Paulze Lavoisier (1758-1836): Elizabeth Fulhame foi autora do libro “An Essay on Combustion” en 1794 no que reflexa os seus experimentos sobre reaccións de oxidación, propoñendo a idea de catálise. Marie Anne Paulze Lavoisier, muller de Antoine Lavoisier, foi colaboradora e asistente do seu home no laboratorio, realizou complicados e precisos debuxos dos aparatos utilizados nos experimentos para a obra “Traité élémentaire de chemie” e encargouse de difundir a investigación do seu home despois da súa morte. Ó longo dos séculos XVII e XVIII vanse elaborando as primeiras ciencias modernas: astronomía, botánica, química, física, matemáticas,....., etc, sendo cada vez maior a participación das mulleres nas mesmas. Se facemos unha recompilación de cantas mulleres aportaron os seus coñecementos á ciencia ó longo da historia, desde a idade antiga (∼2000 a. C.) ata a idade contemporánea (s. XX), atopámonos cun número considerable de científicas. Na gráfica 1 fixemos unha clasificación por áreas de coñecemento, desde as máis clásicas ata as máis recentes, extraendo os datos do banco de científicas que está a elaborar o noso grupo de traballo. 6 Nesta gráfica podemos observar que as áreas científicas con maior participación feminina son, como é lóxico, as que se levan desenrolando desde a antigüidade: a astronomía e a medicina en maior medida, seguidas das matemáticas, química, física, bioloxía e filosofía da natureza.
5 Antropoloxía Astronomía Bioloxía/ Bioquímic a Botánica Divulgación da ciencia Farmacia Filosofía da natureza Física Xenética Matemáticas Medicina Psicoloxía Químic a Zooloxía/ Conservacionism o Oceanografía Outras 0 5 10 15 20 25 30 35 40 45 50 Número de Científicas Áreas de coñecemento Gráfica 1: Participación das mulleres nas distintas áreas de coñecemento 4.- As mulleres no sistema periódico A continuación centrarémonos naquelas mulleres que aportaron o seu traballo na área da química contribuíndo a completar o sistema periódico dos elementos proposto por Mendeleev. Falaremos dos elementos descubertos por elas, facendo mención das propiedades e aplicacións máis interesantes dos mesmos. Asimesmo, presentaremos aqueles elementos que foron adicados a mulleres científicas e aqueles elementos que posúen nomes relacionados con mulleres. Na táboa periódica atópanse catro elementos descubertos por mulleres (o polonio, o radio, o renio e o francio). Imos ver como foron descubertos, quen foron as descubridoras e o difícil ou imposible que foi para algunhas das científicas obter o recoñecemento que merecían. Tamén figuran dous elementos adicados a mulleres con nome oficialmente aceptado (o curio e o meitnerio) e un nome aínda non aceptado oficialmente (“joliotio”), dos cales faremos unha revisión. Ademais non debemos esquecer que existen outros elementos químicos con nome de muller que fan referencia á mitoloxía ou ós astros: referímonos ó vanadio, niobio, selenio, paladio e ó cerio. Máis información sobre estes elementos poderedes atopala en “O nome e o símbolo dos elementos químicos”7 e na bibliografía citada.8, 9, 10
6 4.a) Elementos descubertos por mulleres O polonio e o radio O polonio e o radio foron descubertos por Marie e Pierre Curie no ano 1898 cando estudaban a radioactividade da pechblenda, un mineral de uranio. Figura 1: Marie e Pierre Curie O polonio (Po) ten de número atómico 84 e déronlle o seu nome en honor a Polonia, a terra natal de Marie Curie. O radio (Ra) posúe número atómico Z= 88. Este elemento é luminiscente (da unha cor azul pálida), propiedade que lle da o nome, do latín radius, raio. Figura 2a: Polonio Figura 2b: Radio
7 María Sklodowska, científica de orixe polaco máis coñecida polo apelido do seu marido Pierre Curie, descubriu con el o polonio e o radio (1898), e os seus estudos sobre a radioactividade valéronlles a concesión do Premio Nobel de Física en 1903. Marie Curie foi a primeira muller que obtivo tal galardón. En 1906 Pierre Curie morreu de accidente e María continuou cos seus traballos, ademais de asumir a cátedra do seu marido na Universidade da Sorbona, sendo a primeira muller nese posto nos 650 anos da universidade. Figura 3: Marie Sklodowska Curie (1867-1934) En 1910 demostrou que se podía obter un gramo de radio puro. Ó ano seguinte recibiu o Premio Nobel de Química en recoñecemento dos seus servizos no avance da Química polo descubrimento dos elementos radio e polonio, o illamento do radio e o estudo da natureza e os compostos desde elemento. Cunha actitude desinteresada, non patentou o proceso de illamento do radio, deixándoo aberto á investigación de toda a comunidade científica. Coñecidos os efectos perniciosos da radioactividade do radio, achácase a súa morte á manipulación deste elemento. Aínda que o polonio é un elemento de procedencia natural, non é moi abundante, xa que só está presente nos minerais de uranio natural a razón de 100 microgramos por tonelada. É un metal brando, volátil, con propiedades físicas que recordan ás do talio, o chumbo ou o
8 bismuto, e con propiedades químicas moi similares ás do teluro e do bismuto. O polonio é un elemento moi tóxico, radioactivo e de perigoso manexo. Ten ó redor de 50 isótopos inestables, sendo o máis perigoso o 210Po, extremadamente tóxico e radioactivo. Incluso en cantidades de microgramos, o manexo de 210Po é moi perigoso e require de equipamento especial utilizado baixo estrictos procedementos de seguridade. O radio atópase en trazas nas minas de uranio. É o metal alcalinotérreo máis pesado; a súa cor é branca brilante pero ennegrece coa exposición ó aire, ademais de corromperse coa auga para dar o hidróxido de radio. É extremadamente radioactivo e o seu isótopo máis estable, 226Ra transmuta dando radón. En canto ás súas aplicacións máis interesantes, o 210Po é un excelente emisor de partículas α e a elevada potencia calórica que se desprende dun gramo deste isótopo, 130 vatios, fixo que se usara como fonte lixeira de calor para dar enerxía ás células termoeléctricas de algúns satélites artificiais e sondas lunares. Por outro lado, os preparados de radio caracterízanse por ser capaces de manterse a máis alta temperatura que o seu entorno e tamén polas súas radiacións, xa que emiten raios α, β, e γ. Así pois, a maior parte das súas aplicacións derivan das súas propiedades radioactivas. Antigamente usábase en pinturas luminescentes para reloxos e outros instrumentos: moitos dos pintores de esferas de reloxos que usaban os seus beizos para moldear o pincel, morreron a causa da radiación. Así mesmo, cando se mestura con berilio é unha fonte de neutróns para experimentos físicos, e o cloruro de radio úsase en medicina para producir radón en tratamentos contra o cancro. Radioisótopos descubertos recentemente, coma os de 60Co y 137Cs, están substituíndo ó radio incluso nestes usos, dado que son máis potentes e, sobre todo, moito máis seguros de manipular.
9 O renio O primeiro descubridor do renio foi o xaponés Masataka Ogawa que o chamou nipponium polo seu país de orixe. Pero logo de facer o máis complicado, a súa obtención, errou ó colocalo no sistema periódico pois pensou que tiña Z = 43 – hoxe chamado tecnecio - polo que se perdeu a súa paternidade. O renio (Re) foi redescuberto no ano 1925 pola química alemana Ida Eva Tacke e o seu marido W. Noddack en colaboración con O. Berg. Andaban á busca do elemento 75, que xa fora predito por Mendeleev no ano 1871. Eles atopárono nos minerais tantalita, volframita e coulombita mediante a súa análise espectrográfica por raios X, e déronlle o nome de renio (de renus en latín) como homenaxe ó río Rihn. Figura 4: Ida Eva Tacke (1896-1978) Ida Eva Tacke estivo a traballar no Laboratorio de Probas Físico-Químicas de Berlín, e foi alí onde fixo os seus descubrimentos científicos máis importantes. Ademais de ser codescubridora do renio, descubriu tamén o elemento 43, que ela nomeou como Masurio, pero a comunidade científica rexeitou equivocadamente o seu logro. Posteriormente, o elemento 43 foi preparado por C. Perrier e E. Segre e déronlle o nome de tecnecio, ficando Tacke sen o seu recoñecemento e maternidade.
16 4.c) Elementos adicados a mulleres aínda non aceptados oficialmente O joliotio (nobelio) O nome de joliotio (Jl) foi proposto e rexeitado en máis dunha ocasión á hora de nomear novos elementos da táboa periódica. Este nome foi concibido como homenaxe ó matrimonio francés Joliot-Curie pola súa importante contribución ó estudio da estrutura do átomo, á radioactividade artificial e á física nuclear, feito que lles foi recoñecido no ano 1935 coa concesión do premio Nobel en Química, polo descubrimento de novos elementos radioactivos. Figura 11: Matrimonio JoliotCurie Irene Curie naceu en París e era a filla maior de Marie e Pierre Curie. Axudou á súa nai, Marie Curie, a instalar unidades de raios X en hospitais militares. Comezou a desenrolar a súa investigación a partires de 1921, durante a cal coñeceu ó seu home, Frederic Joliot. A partir de 1933 desenrolaron isótopos radioactivos de aplicación na medicina e moi empregados na investigación científica e industria actuais. A partir de 1930 Irene desempeñou postos relevantes como o de subsecretaria de Estado na investigación científica en Francia, directora da Comisión de Enerxía Atómica e por último, no ano 1946, a dirección do Instituto de Radio.
17 En 1957 e de xeito simultáneo, científicos dos Estados Unidos, Gran Bretaña, Rusia e Suecia anunciaron o descubrimento dun isótopo do elemento 102. En abril de 1958 Albert Ghiorso, T. Sikkeland, J. R. Walton e Glenn T. Seaborg, investigadores da universidade de Berkeley, confirmaron o seu descubrimento. Figura 12: Seaborg e colaboradores A asignación do nome para o elemento 102 foi polémica: inicialmente propúxose o nome de nobelio (No) para o elemento sintetizado que foi aceptado pola Comisión de Pesos Atómicos da IUPAC (Unión Internacional de Química Pura e Aplicada). Os investigadores rusos en Dubna, por outro lado, propuxeron como nome do elemento 102 o joliotium (Jl), que foi rexeitado a favor da proposta dos americanos. Figura 13: nobelio No ano 1961 descubriuse o elemento 103 en Berkeley, ó mesmo tempo que na unión soviética. O nome americano de lawrencio, en consideración ó inventor do ciclotrón Ernest O. Lawrence, foi aceptado fronte a proposta rusa de joliotio, que novamente foi rexeitado.
18 Figura 14: Ernest O. Lawrence Anos máis tarde, a causa do descubrimento do elemento 105, a IUPAC asignoulle a este novo elemento o nome joliotio (Jl), en honor ó matrimonio francés Joliot-Curie. Sen embargo, os desacordos entre os investigadores que reclamaban o seu descubrimento, e polo tanto, tamén o privilexio de poñerlle nome, fixo rexeitar de novo o nome de joliotio. Os científicos de Dubna chamárono nielsbohrio (Ns) en homenaxe a Niels Bohr, científico danés. A finais de abril de 1970, científicos de Berkeley (Ghiorso, Nurmia, Haris, K. A. Y. Eskola e P. L. Eskola) chamárono hahnio (Ha) en honor a Otto Hahn, científico alemán (1879-1968). A IUPAC propuxo en 1977 un nome sistemático, o unnilpentium, para evitar discusións. O nome actual e definitivo é dubnio. Figura 15: sede do JINR en Dubna O matrimonio Joliot-Curie fica, aínda, sen recoñecemento oficial no sistema periódico, por mais que para moitos científicos cumpriría que, dunha vez, se lles asignara un elemento. Estes son os paradoxos da nomenclatura actual.
19 4.d) Elementos con nome de mulleres O vanadio O vanadio (V) corresponde ó elemento con número atómico Z = 23 e se atopa no grupo 5 da táboa periódica dos elementos. Este elemento metálico foi descuberto por un mineraloxista español-mexicano, Andrés Manuel del Río no ano 1801 que o descubriu nun mineral de chumbo, chamándoo pancromo primeiro e logo eritronio, xa que ó quecer as súas sales tornábanse de cor vermella. Figura 16: Andrés Manuel del Río Posteriormente, no ano 1830, o sueco Niels Gabriel Sefström redescubriuno nun óxido procedente dunhas menas de ferro e outorgoulle o nome de vanadis. O vanadio metálico foi aillado no ano 1867 por Henry Enfield tras a redución de VCl3 con hidróxeno. O seu nome vanadio (V) procede da deusa da mitoloxía escandinava Vanadis, a deusa da beleza e da xuventude. Este nome escolleuse polas cores chamativas que mostran os seus compostos e os tonos vermellos do metal. Vanadis ou Freya (Freyja) era a deusa do amor, da beleza, da maxia, etc. Freyja significa en nórdico antigo muller forte. Era considerada unha muller xoven, fermosa, luxuriosa, relacionada coa Venus romana e a primeira Valquiria. Era considerada tamén a deusa da fertilidade e estaba
20 relacionada coa morte. O seu home Od a abandonaba durante tempadas moi longas, e por esa razón ela choraba bágoas de ouro vermello. Figura 17: Deusa Vanadis En canto ás súas propiedades, trátase dun metal de transición dúctil, de cor branco e brilante. Mostra unha grande resistencia ás bases, ó ácido sulfúrico e ó ácido clorhídrico. Figura 18: vanadio metal Emprégase no aceiro inoxidable de instrumentos quirúrxicos, mesturado con aluminio en aleacións de Ti en motores de reacción, tamén en reactores nucleares, en imáns supercondutores, etc. O po metálico de Vanadio é pirofórico e os seus compostos altamente tóxicos. A súa inhalación pode causar cancro de pulmón.
21 O niobio O niobio (Nb) atopase no grupo 5 da táboa periódica dos elementos e corresponde ó elemento con número atómico 41. O seu nome niobio (Nb) está adicado a Niobe, filla de Tántalo. O seu descubrimento no ano 1801 débese ó inglés Charles Hatchett que o atopou mentres estudaba o mineral columbita, polo que lle puxo o nome de columbio. No ano 1844 foi redescuberto polo químico alemán Heinrich Rose, que o chamou niobio, ó mostrar propiedades químicas moi semellantes ás do tántalo e atoparse no mesmo mineral. O nome de niobio non foi aceptado ata o ano 1950 pola comunidade química internacional. Inda hoxe en día a industria metalúrxica americana o sigue chamando columbio. En relación á orixe do nome, dicir que Níobe era filla de Tántalo e estaba casada con Anfión, rei de Tebas. Tiveron moitos fillos dos que Níobe se sentía orgullosa, de feito mofábase de Leto porque só tivera dous fillos, Apolo e Artemisa, ós cales ofendía. Figura 19: deus Tántalo no inferno de Tántalo Figura 20: Níobe diante dos cadáveres dos seus fillos
22 Como vinganza, Apolo e Artemisa asasinaron a tódolos seus fillos a excepción de Anfión e de Melibea, que ó presenciar a morte dos seus irmáns colleu tal palidez que foi chamada Cloris. Cando Níobe se decatou do que pasara sentiu tanta dor que ficou inmóbil e rematou converténdose en pedra. Trátase dun metal de transición dúctil, gris, brando e pouco abundante, con elevado punto de fusión. En presenza de aire, torna a unha cor azulada. Illase da Niobita. Figura 21: niobio metal É un elemento raro e ó mesmo tempo estratéxico, xa que atopa aplicacións importantes na preparación de superaleacións en aceiros, proporcionándolles unha elevada resistencia fronte a oxidación e a altas temperaturas. Tamén se utiliza en aleacións con estaño, titanio ou circonio na fabricación de supercondutores. O niobio puro posúe características óptimas como material de construción para as plantas de enerxía nuclear. A produción de Nb, que posúe un elevado grao de radioactividade, provoca grandes perdas medioambientais á hora de extraelo.
23 O selenio O selenio (Se), con Z= 34, foi descuberto por J. J. Berzelius no ano 1817 no lodo recollido no fondo dunha cámara de chumbo nunha fábrica de ácido sulfúrico. Figura 22: J. J. Berzelius O seu nome provén do grego Selénion (resplandor da Lúa), dado o seu parecido co telurio (nome procedente do latín tellus, que significa Terra). Selene, a deusa da lúa na mitoloxía grega, era filla do titán Hiperión e da titánide Tía, e irmá de Helios, deus do sol. Conta a lenda que Selene namorouse dun pastor, Endimión, a quen sumiu nun sono eterno para que nunca puidera abandonala. Figura 23: Selene durmindo a Endimión
24 Atópase moi distribuído na codia terrestre. Igual que o xofre, presentase en varias formas alotrópicas distintas: aparece como po vermello; como unha masa amorfa vidrosa chamada selenio vidroso; como cristais vermellos ou como cristais de cor gris metálico chamados selenio gris, sendo este último o máis común. Figura 24: selenio nativo Amosa o efecto fotoeléctrico, convertendo a luz en electricidade, e posúe unha condutividade eléctrica variable coa luz, ó mesmo que a lúa cambiante. Por debaixo do seu punto de fusión é un material supercondutor de tipo p. O selenio emprégase en aplicacións eléctricas e electrónicas, como células solares, en fotografía, etc. Engádese en aceiros inoxidables e emprégase como catalizador de reaccións de deshidroxenación. O 75Se encontra aplicación en radiodiagnóstico como trazador na visualización de tumores malignos. Está considerado un elemento perigoso para o medio ambiente polo que os seus compostos se almacenan en lugares secos para evitar a filtración nas augas. Trátase tamén dun oligoelemento, esencial para tódalas formas de vida. É antioxidante, axuda a neutralizar os radicais libres e estimula o sistema inmunolóxico. A súa inxesta en exceso pode causar Selenosis.
25 O paladio O paladio (Pd) é un elemento de transición de número atómico Z = 46 situado no grupo 10 da táboa periódica dos elementos. O nome deullo o seu descubridor W. H. Wollaston, probablemente para facer mención ó descubrimento, daquela aínda recente, do asteroide Pallas. Figura 25: W. H. Wollaston Figura 26: estatua de Palas Atenea