scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Galicia e Alxeria, sociedades patriarcais e matriarcais: a cultura e a escola dende a perspectiva dun inmigrante alxeriano

Casal de la Fuente, Lucía

Abstract

Ofrecemos nesta comunicación a visión da sociedade, cultura e escola de Galicia e Alxeria, en boca dun alumno de Educación Secundaria inmigrante para Galicia. Os datos forman parte dunha investigación dentro da temática do alumnado inmigrante en Galicia, do choque cultural e da adaptación. Recórrese á entrevista semiestruturada como xeito de acceso á información, cuxos resultados aportan información sobre a escola alxeriana en primeira persoa e voz do protagonista do noso estudo de caso: niveis educativos, características do profesorado e das escolas... Tamén aportamos algunhas peculiaridades da adaptación á sociedade galega que viviu este rapaz con respecto ás dificultades idiomáticas (chegou ao noso país sen coñecer en absoluto a nosa lingua), impacto da cultura galega na súa de orixe, a importancia de manter os trazos da súa cultura (para el, o máis importante é manter o compromiso coa súa xente), relixión, comparación de sociedades (matriarcal e patriarcal), etc. Pechamos a comunicación facendo fincapé na importancia do concepto de intelixencia socio e multicultural no intento de velar polos procesos de integración e inclusión de calidade deste alumnado.

Full text

Comunicación Galicia e Alxeria, sociedades patriarcais e matriarcais Área 3. Migración e xénero 313 II Xornada Universitaria Galega en Xénero 312 II Xornada Universitaria Galega en Xénero Galicia e Alxeria, sociedades patriarcais e matriarcais: a cultura e a escola dende a perspectiva dun inmigrante alxeriano Casal de la Fuente, Lucía Departamento de Didáctica e Organización Escolar Universidade de Santiago de Compostela [email protected] RESUMO. Ofrecemos nesta comunicación a visión da sociedade, cultura e escola de Galicia e Alxeria, en boca dun alumno de Educación Secundaria inmigrante para Galicia. Os datos forman parte dunha investigación dentro da temática do alumnado inmigrante en Galicia, do choque cultural e da adaptación. Recórrese á entrevista semiestruturada como xeito de acceso á información, cuxos resultados aportan información sobre a escola alxeriana en primeira persoa e voz do protagonista do noso estudo de caso: niveis educativos, características do profesorado e das escolas... Tamén aportamos algunhas peculiaridades da adaptación á sociedade galega que viviu este rapaz con respecto ás dificultades idiomáticas (chegou ao noso país sen coñecer en absoluto a nosa lingua), impacto da cultura galega na súa de orixe, a importancia de manter os trazos da súa cultura (para el, o máis importante é manter o compromiso coa súa xente), relixión, comparación de sociedades (matriarcal e patriarcal), etc. Pechamos a comunicación facendo fincapé na importancia do concepto de intelixencia socio e multicultural no intento de velar polos procesos de integración e inclusión de calidade deste alumnado. PALABRAS CLAVE: inmigración, escola, cultura, matriarcado, patriarcado 1. – Introdución Quizais debido ao baixo número de alumnado inmigrante que acolleu ata hai poucos anos a escola galega axuda a comprender que non fora ata hai aproximadamente algo máis dunha década que se comezou a estudar o fenómeno inmigración-escola en Galicia. Isto, ligado ao feito de que a maior parte das/os inmigrantes que chegan á nosa comunidade proceda de Europa e Iberoamérica, pode ter condicionado a “despreocupación” pola multiculturalidade do alumnado inmigrante en Galicia (Armas, 2003). Foi sobre todo dende o s.XXI cando a cifra de alumnado Comunicación Galicia e Alxeria, sociedades patriarcais e matriarcais Lucía Casal de la Fuente 314 315 II Xornada Universitaria Galega en XéneroII Xornada Universitaria Galega en Xénero inmigrante comezou a ser considerable, o que fixo que a nosa escola tivera que afrontar certos retos educativos para os cales non estaba preparada, como por exemplo, a comprensión da educación dende culturas baseadas no patriarcado, ás cales estamos máis afeitas/os, e ás que están baseadas no matriarcado, como o caso que aquí se expón. O obxectivo que perseguimos con esta comunicación é inserirnos no pensamento dun alumno alxeriano, inmigrante para Galicia, sobre a escola e cultura galega en comparación coa alxeriana, que el mesmo etiqueta como modelo de patriarcado e de matriarcado respectivamente. Para elo, nunha primeira parte ofrécense unhas breves notas sobre a inmigración en Galicia e na escola galega. Nunha segunda parte, expóñense os datos extraídos da realización dunha entrevista a este alumno, que está escolarizado nun centro de Educación Secundaria galego. Esta conversa centrouse en tres apartados: datos biográficos do entrevistado, trazos xerais da cultura alxeriana en comparación coa galega e sistemas educativos alxeriano e galego. Esta entrevista enmárcase no deseño dunha investigación de corte cualitativo, na cal se realizaron entrevistas a profesorado e alumnado inmigrante que opera en centros da Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de comprender e analizar cales son as súas percepcións sobre a realidade educativa que lles rodea así como as súas necesidades. Desde aquí, quero agradecer a colaboración deste alumno, o cal se mostrou moi atento a cada detalle demandado e moi comprometido co tema de investigación. 2. – Algúns datos sobre a inmigración en galicia A partir da década dos 80 España converteuse progresivamente nun país receptor de poboación estranxeira, fronte ao seu tradicional papel de país emigrante (Clavijo & Aguirre, 2002). En Galicia sucedeu algo similar mais cunha intensidade e ritmo menor que noutras comunidades españolas. A nosa comunidade é unha das comunidades autónomas españolas con máis baixo nivel de concentración de residentes estranxeiras e estranxeiros. En 2007 contaba con 152.422 persoas inmigrantes asentadas, o que supón o 3,37% do total estatal (INE, 2007). Atendendo á procedencia das persoas estranxeiras afincadas en Galicia, a porcentaxe sube ata o 53,41% con respecto ás persoas orixinarias de América, seguido de Europa (39,94%); África (5,07%) e Oceanía e Asia, que representan unicamente un 1,58%. Tan só no primeiro semestre de 2013 Galicia recibiu 3.873 inmigrantes (INE, IGE, 2014). Nos primeiros seis anos do s.XXI “a cifra de alumnado estranxeiro na comunidade galega multiplicouse por catro” (Priegue, 2007, p. 288). Dende o curso académico 2004-2005, obsérvase un notorio ascenso de alumnado con nacionalidade non española matriculado nos centros galegos de ensino non universitario, tanto públicos como privados. Entre os cursos 2007-2008 e 2008-2009 contémplase o maior incremento desta última década: un total de case 2000 alumnas e alumnos. E exclusivamente entre os cursos académicos 2011-2012 e 2012-2013 advertiuse un descenso, mais pouco significativo (IGE, 2014). 3. – Obxectivo O obxectivo que perseguimos nesta comunicación é expoñer e analizar a óptica dun adolescente alxeriano inmigrante que reside e estuda actualmente en Galicia sobre a escola e sociedade galega (patriarcal) e alxeriana (matriarcal) a partir dos datos extraídos da entrevista realizada. 4. – Metodoloxía Adoptamos a metodoloxía cualitativa por axustarse aos constructos que queremos estudar. Presentamos a indagación coma un estudo de caso, e para elo utilizamos a entrevista semiestruturada e individualizada como instrumento para chegar á información desexada. A través das preguntas da entrevista profundamos nos panoramas das culturas e sociedades alxeriana e galega, con foco centrado na escola. Ofrécese a visión persoal e individualizada dun adolescente, alxeriano e inmigrante para Galicia, sobre esta temática. 5. – Resultados 5.1. Biografía Afincado en Galicia dende hai case 20 anos o noso protagonista, logo de estar escolarizado no seu país de orixe ata o que sería o cuarto curso da nosa Educación Primaria, accedeu á escola galega con oito anos de idade ao curso primeiro de primaria sen coñecer nin o galego nin o castelán. Ante esta dificultade, confesa que «antes de comezar o colexio as miñas irmás “matáronse” bastante comigo para adaptarme, e logo, no primeiro curso, tivéronme que dar moitísima “caña” para que me adaptase ao resto dos alumnos. Quen me axudou moito foi a miña familia e os profesores do colexio no que cursei primaria, [...] a verdade é que aprendín galego á vez que o castelán, porque os meus pais de aquí falan galego e eu no colexio ás veces tamén». Confesa que a primeira reacción das compañeiras e compañeiros do colexio foi boa, aínda que para el «a xente era rara [explica], sobre todo máis a esas idades, e aos rapaces parecíalle raro; mais pronto me adaptei». A xente acolleuno moi ben, segundo o seu testemuño. 5.2. A cultura alxeriana e galega O primeiro que lle conmoveu de Galicia foi «a paisaxe sobre todo, é todo moito máis urbano que alá. Tamén a forma de ser da xente, aquí a xente vive máis estresada, alá é diferente». As novas tecnoloxías, en concreto a televisión, non lle chamou a atención tanto, «porque tiñamos unha televisión. Mais as billas si que me chamaron a atención. Que eu recorde, cando tiña Comunicación Galicia e Alxeria, sociedades patriarcais e matriarcais Lucía Casal de la Fuente 316 317 II Xornada Universitaria Galega en XéneroII Xornada Universitaria Galega en Xénero cinco anos ou así, colliamos auga do pozo, pero auga sucia e contaminada, mais hoxe en día xa se trae auga depurada de fóra». Con respecto ás cuestións idiomáticas, máis que inserirse en materia de diglosia ou bilingüismo, como ocorre en Galicia, coas dúas linguas que conviven na súa rexión (árabe clásico e hassani), o entrevistado informa que «o uso dunha lingua depende moito do contexto e rexistro. Por exemplo o árabe clásico úsase máis no contexto literario. O hassani é unha rama do árabe que se fala alá no Sáhara, mais todo o mundo alí fala hassani». Fai distinguir os saúdos entre as persoas, sobre todo, entre persoas que non se coñecen: «o normal é darse a man, mais iso depende da relación que teñas coa persoa. Se a coñeces por primeira vez dáslle a man. E se son persoas maiores normalmente dáslle un bico na cabeza». Observa unha gran diferenza entre as/os galegas/os e alxerianas/os no que se refire á relixión: «alá son moito máis relixiosos en comparación cos galegos». Aínda que di non ter reparado hai moito tempo neste aspecto, algo que realmente lle sorprendeu foi que «aínda que sexa unha sociedade tampouco demasiado aberta, mais dentro da sociedade árabe, [a sociedade alxeriana] é unha sociedade matriarcal, máis que nada porque os homes ou están no exército, ou están fóra no estranxeiro... E son as mulleres as que “moven o cotarro”, coidan e crían aos nenos... Son as que levan todo». Entre as cuestións que considera básicas da súa cultura, que cre que debe manter sinala que mesmo non sendo musulmán practicante, «penso que unha cousa que teño que manter coa miña cultura de alí é o compromiso coa miña xente. A pesares de que eu estou aquí e de que eu estou estudando, pois estou estudando para algo, e é para un compromiso que teño eu coa miña familia, coa miña xente, para poder axudar, porque alí as condicións son moi precarias». A súa nai e as súas irmás viven en Alxeria, mentres que os seus irmáns residen en diferentes puntos da xeografía española. 5.3. Os sistemas educativos alxeriano e galego «Hai varios graos» con respecto aos niveis educativos. «A educación infantil é un período que abarca tres anos, como aquí, mais primaria abarca oito.Hai un grao correspondente a primaria e logo dous graos máis. Logo son catro anos no que sería aquí a ESO e tres anos do bacharelato». As/os profesoras/es en Alxeria «son moito máis estritos, e do que eu me lembro é de que chegaban a dar coa regra na man». As materias que se ofrecen parécense ás de Galicia. «O idioma principal que estudabamos era o árabe que se fala alí (hassani), e como idioma secundario hai o español e o inglés». Na primaria, ao igual que en Galicia o perfil docente en canto ao sexo inclínase por unha maioría de mulleres. «basicamente o que ensinaban era lingua, matemáticas, comezabas a dar algún idioma e logo, as optativas eran así estilo debuxo, etc.». Nas escolas convencionais non se ofrecía francés pero «se vas á universidade alí en Alxeria si que podes estudalo». Os horarios escolares son «similares aos de aquí, mais non existe a xornada única. Hai colexio polas tardes tamén». Para descubrir o peso que se lle dá á promoción cultural dende as escolas, preguntamos se se organizaban dende os centros escolares actividades como saídas didácticas, visitas a museos, proxeccións de cine, concursos de teatro, canto, de relatos, festivais de final de curso, etc. A resposta do entrevistado foi clara: «iso alá non se fai. Nada de nada. Alí non hai nin museos nin nada, o que hai son campos de refuxiados, entón moitas saídas non se fan». Xa na universidade, atópanse case as mesmas vías formativas neste nivel, en termos xerais, se comparamos a oferta educativa galega e alxeriana, «o que pasa é que á maioría da xente a mandan a estudar a Cuba». 6. – Conclusións Baixo a perspectiva deste adolescente de orixe alxeriana, algunhas conclusións, que extraemos da información obtida a través da entrevista con respecto ao papel da muller en ámbalas dúas sociedades que son obxecto de análise, son: • Dunha banda, considerando o seu país de orixe de corte matriarcal, e estimando a sociedade galega de corte patriarcal, tanto nas escolas galegas como nas alxerianas a maioría das persoas que se dedican ao ensino son mulleres. • Aínda considerando a sociedade alxeriana máis “pechada” e tradicional que a galega, o modelo alxeriano apunta cara unha sociedade matriarcal. Isto pode explicarse debido ao feito de que os homes, na súa maioría se atopan no exército ou no estranxeiro, e polo tanto son as mulleres as que asumen funcións como a educación ou a xestión da economía e resolución de problemas do día a día no seu país. • Doutra banda, a súa situación familiar é unha réplica do que ocorre en Alxeria: os seus irmáns (homes) viven en España, mentres que as súas irmás (mulleres) moran en Alxeria. De aí o matriarcado alxeriano, no que son os homes son os que saen ao estranxeiro ou van ao exército, ficando polo tanto máis ausentes, mentes que as mulleres permanecen no país. Os apoios educativos, instrutivos e lingüísticos, como apuntan outras investigacións realizadas neste eido, resultan cruciais para a boa integración de alumnado inmigrante nas nosas escolas (Santos & Lorenzo, 2003, pp. 149-150). Mais os aspectos relacionados coa lingua non son os únicos dos que dependen os procesos de integración e inclusión efectivos de alumnado inmigrante na nosa comunidade. O compoñente cultural tamén resulta relevante, sendo responsabilidade das administracións educativas a promoción de programas de aprendizaxe xa non só das linguas oficiais senón tamén de aspectos culturais, como recolle a Orde do 20 de febreiro de 2004, pola que se establecen as medidas de atención específica ao alumnado procedente do Comunicación A organización social dos coidados e o seu impacto nos procesos de retorno migratorio Área 3. Migración e xénero 319 II Xornada Universitaria Galega en Xénero Lucía Casal de la Fuente 318 II Xornada Universitaria Galega en Xénero estranxeiro en Galicia (Rodríguez, 2005, p. 28). É neste preciso momento onde ten sentido falar da necesidade de entender os costumes e códigos sociais do país ao que se emigra (no caso do alumnado inmigrante) ou ao que nalgún momento se acudirá (no caso do alumnado galego que algún día poderá verse na situación de emigración ou estancia no estranxeiro), para desenvolver algo que poderiamos cualificar como “intelixencia socio e multicultural”. Este concepto resulta clave á hora de educar nun mundo e sociedade tan tendente ao cosmopolitismo en que nos encontramos, e debería centrar os discursos e intervencións educativas, para preparar á futura cidadanía para o mundo ao que se ten que enfrontar cada día; un mundo tan caracterizado pola mobilidade, algo que se propulsa xa desde a Educación Secundaria Obrigatoria. Estes preceptos no deixan de conformar unha contribución á mellora da calidade da atención ao alumnado inmigrante, sempre e cando se leven a cabo de forma controlada, meditada e profesional. Bibliografía Armas Castro, Xosé (2003): “Inmigración, escola e educación intercultural en Galicia”, en González Fernández, Ángel; Losada Aldrey, José Alejo & Requejo Osorio, Agustín (coords.): Inmigración e escola, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, (73 - 91). Clavijo, Claudia & Aguirre, Mariano (eds.) (2002): Políticas sociales y Estado de bienestar en España: las migraciones, Fundación Hogar del Empleado, Madrid. Instituto Galego de Estatística (IGE). http://www.ige.eu/ Consultado: 05/05/2014. Instituto Nacional de Estadística (INE). http://www.ine.es/ Consultado: 05/05/2014. INE (2007): Encuesta Nacional de Inmigrantes. Resultados por comunidad autónoma. Año 2007. http://www.ine.es/ Consultado: 05/05/2014. Priegue Caamaño, Diana (2007): Familia, educación e inmigración, un programa de intervención pedagógica. Tese de doutoramento, Departamento de Teoría e Historia de la Educación, Facultade de Ciencias da Educación, Universidade de Santiago de Compostela. http://dspace. usc.es/bitstream/10347/2428/1/9788498870503_content.pdf. Consultado: 02/05/2014. Rodríguez Lestegás, Francisco (2005): “Inmigración e escola en Galicia: educar xeograficamente, educar interculturalmente”, Innovación educativa, Vol. Nº 15, (21- 44). Santos Rego, Miguel Ángel & Lorenzo Moledo, María del Mar (2003): Inmigración e acción educativa en Galicia. Xerais, Vigo. A organización social dos coidados e o seu impacto nos procesos de retorno migratorio. O caso da migración romanesa en España Pérez-Caramés, Antía ESOMI – Facultade de Socioloxía Universidade da Coruña [email protected] RESUMO. Desde comezos do século XXI, o proceso migratorio que trouxo a España a cerca de un millón de migrantes romanesxs, mostra unha tendencia á inversión na forma de procesos de retorno migratorio. O impacto da crise económica que se desata en España pouco tempo despois de que Romania entrara na UE, supuxo que moitxs migrantes romanesxs quedaran sen emprego, convertíndose este no principal factor explicativo do fenómeno do retorno. Isto é, predominan as explicacións económicas á hora de analizar os procesos de toma de decisións e as motivacións para o retorno. Préstase moi pouca atención académica ao modo en que as familias transnacionais teñen artellado as responsabilidades de coidado no momento de deixar o seu país de orixe, durante o seu período no estranxeiro, e tampouco se considera se os cambios na organización do traballo de coidados inflúen nas decisións que se toman durante o proceso migratorio en xeral. Neste capítulo abordaremos o papel da organización do traballo de coidados (tanto a menores, como a persoas maiores e en situación de dependencia) nos procesos de toma de decisión relacionados co retorno migratorio dxs migrantes romanesxs en España. A metodoloxía desta investigación está baseada en técnicas cualitativas e a perspectiva metodolóxica foi multisituada: realizáronse 40 entrevistas semi-estruturadas, 20 delas en diferentes cidades de España, e as restantes 20 en diversas cidades e pobos de Rumanía. PALABRAS CHAVE: retorno, migración romanesa, coidados, España. 1. – A problemática do estudo do retorno nas migracións contemporáneas A actual crise económica que atravesa España e as súas consecuencias sobre o emprego de migrantes e nativxs reavivaron o debate académico sobre o fenómeno do retorno.