scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Desenvolvemento do proxecto de rehabilitación enerxética en edificios de titularidade municipal

Campos Maneiro, Daniel; Collazo Leite, Laura; Fernández Maroño, Nerea; Fernández Rodríguez, Paula

Abstract

Decidimos centrar o noso traballo dentro do ODS13, no desenvolvemento do proxecto de rehabilitación enerxética en edificios de titularidade municipal que se está levando a cabo polo concello de Santiago de Compostela, buscando sobre todo a mellora da eficiencia. Ademais de explicar en que consiste o ODS, a liña de actuación sobre a que fixemos fincapé e o proxecto, tamén destacaremos algunhas accións que se poderían levar a cabo para mellorar o ODS e algunhas propostas a nivel local a 10 anos vista que creemos que poderían ser interesantes

Full text

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais PROXECTO APRENDIZAXE SERVIZO DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO DE REHABILITACIÓN ENERXÉTICA EN EDIFICIOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL Campos Maneiro, Daniel Collazo Leite, Laura Fernández Maroño, Nerea Fernández Rodríguez, Paula Grao en Economía Maio 2020 Traballo de Desenvolvemento Rexional e Desenvolvemento Local presentado na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolvemento Rexional e Desenvolvemento Local 2 ÍNDICE INTRODUCCIÓN .................................................................................................. 3 DESENVOLVEMENTO DO ODS (13. CLIMA) ..................................................... 5 RELACIÓN COA AXENDA URBANA DO EIXO ATLÁNTICO............................. 7 APLICACIÓN DO ODS EN SANTIAGO ............................................................... 9 DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO ........................................................... 14 PROPOSTA DE ACCIÓNS A NIVEL LOCAL A 10 ANOS................................. 20 CONCLUSIÓNS .................................................................................................. 25 BIBLIOGRAFÍA: ................................................................................................. 26 Desenvolvemento Rexional e Desenvolvemento Local 3 INTRODUCCIÓN Para a realización deste Proxecto de Aprendizaxe Servizo o primeiro que tivemos que facer foi escoller un Obxectivo de Desenvolvemento Sostible dentro de todos os posibles, e nós decidimos centrarnos no ODS número 13 correspondente ás accións polo clima. Esta escolla non se debe exclusivamente a súa importancia, xa que todos son igual de importantes, senón que baseándonos nos coñecementos cos que contamos, a experiencia sobre o tema e as necesidades que afronta o planeta, puxémonos en consenso tódolos membros do grupo para a súa escolla. O clima, concretamente o cambio climático que se esta a producir, é un tema moi importante, que afecta a todos os lugares do mundo e que inflúe negativamente neles e nas súas economías. Ademais estamos moi habituados a escoitar que o cambio climático terá consecuencias cada vez máis graves e que temos que tratar de evitalo. As propias Nacións Unidas recollen (https://www.un.org/sustainabledevelopment/es/climate-change-2/) datos tan alarmantes como que a temperatura media da superficie da terra podería aumentar até 3 graos neste século, que as emisións mundiais de CO2 aumentaron case un 50% dende 1990 ou que entre 2000 e 2010 produciuse un incremento das emisións maior que no conxunto das tres décadas anteriores. Polo tanto, o clima é un tema moi relevante, que debe preocuparnos e é importante que se leven a cabo proxectos de todo tipo para protexer e coidar o noso medio ambiente, posto que se non o facemos isto afectaranos a todos. Hoxe en día dispoñemos de variadas solucións viables para que os países, as comunidades, as rexións... realicen as súas actividades económicas dun xeito cada vez máis sostible e respectuoso co medio ambiente, recorrendo á utilización de enerxías renovables, de métodos cada vez máis eficientes enerxeticamente, etc. Desenvolvemento Rexional e Desenvolvemento Local 4 Cabe sinalar que á vez que estabamos realizando este proxecto, estamos a vivir nunha situación extraordinaria para o planeta como é esta crise sanitaria e económica provocada a raíz da COVID19. É chamativo o feito de que varios artigos recollen o impacto que esta crise terá no medio ambiente. A Axencia de Enerxía Internacional estima que en 2020 o mundo usará un 6% menos de enerxía, o que levará a unha caída das emisións de CO2. Ademais, diferentes datos reflicten como a pandemia esta a xerar a maior caída nas emisións de CO2 das que se ten rexistrado na historia. Sen embargo, a caída das emisións en 2020 non será suficiente para frear o efecto tan negativo que estamos a causar e seguen a facer falta moitas medidas para frear o impacto do cambio climático. Con todo, decidimos centrar o noso traballo dentro do ODS13, no desenvolvemento do proxecto de rehabilitación enerxética en edificios de titularidade municipal que se está levando a cabo polo concello de Santiago de Compostela, buscando sobre todo a mellora da eficiencia. Ademais de explicar en que consiste o ODS, a liña de actuación sobre a que fixemos fincapé e o proxecto, tamén destacaremos algunhas accións que se poderían levar a cabo para mellorar o ODS e algunhas propostas a nivel local a 10 anos vista que creemos que poderían ser interesantes. Para a realización do traballo levamos a cabo unha serie de entrevistas con Fernando Martínez Gómez, representante da EDUSI en Santiago, e Diego Briega Argomaniz, arquitecto municipal do departamento de Obras e Proxectos e responsable da operación de rehabilitación enerxética de edificios municipais, nas cales nos explicaron con detalle o contido do proxecto. Desenvolvemento Rexional e Desenvolvemento Local 5 DESENVOLVEMENTO DO TRABALLO DESENVOLVEMENTO DO ODS (13. CLIMA) En 2015, a ONU aproba a Axenda 2030 sobre o desenvolvemento sostible, unha oportunidade para que os diferentes países e as súas sociedades emprendan un novo camiño cara a mellora da calidade de vida das xeracións presentes e futuras. Esta axenda conta con 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, coñecidos como ODS, nos cales se inclúen as diferentes necesidades da sociedade. O cambio climático afecta a tódolos países nos diferentes continentes, producindo un efecto negativo tanto na súa economía como na vida das persoas. Os patróns climáticos están cambiando, e como podemos observar todos, os eventos climáticos son cada vez máis extremos, as emisións dos gases de efecto invernadoiro sitúanse nos niveis máis altos da historia e o nivel do mar está subindo. Dada a análise que tivo a evolución dos efectos do clima, non queda outra que poñernos dende un punto de vista pesimista se queremos solucionar o problema a tempo, xa que aínda que nos países desenvolvidos poidamos convivir con este a curto prazo, a situación dá un xiro de 180 graos para o caso das persoas mais pobres e vulnerables. Para contrarrestar esta ameaza global, nun primeiro momento, os países adoptaron o Acordo de París que entrou en vigor en 2016, co fin de traballar xuntos para limitar o aumento da temperatura global. Dende este acordo, os países continúan avanzando cara o obxectivo de mobilizar conxuntamente 100.000 millóns de dólares anuais para o 2020 para accións de mitigación. Os obxectivos deste ODS son:  Fortalecer a resiliencia e a capacidade de adaptación aos riscos relacionados co clima e os desastres naturais.  Incorporar medidas relativas ao cambio climático nas políticas, estratexias e plans nacionais. Desenvolvemento Rexional e Desenvolvemento Local 6  Mellorar a educação, a sensibilización e a capacidade humana e institucional respecto á mitigación do cambio climático, á adaptación a el, á redución dos seus efectos e á alerta previa.  Cumprir os compromisos dos países desenvolvidos que son parte na convención marco das Nacións Unidas sobre o cambio climático de lograr para o 2020 o obxectivo de mobilizar conxuntamente 100.000 millóns de dólares a fin de atender as necesidades dos países en desenvolvemento.  Promover mecanismos para aumentar a capacidade para a planificación e xestión eficaz en relación ao cambio climático nos países menos adiantados e nos pequenos Estados insulares en desenvolvemento, facendo particular fincapé nas mulleres, nenos e nas comunidades locais e marxinadas. Por parte dos gobernos locais e rexionais, especialmente nas cidades, son estes quen a miúdo xestionan os efectos do cambio climático. Por isto, é fundamental reforzar a súa capacidade para xestionar os perigos relacionados co clima e os desastres naturais para que poidan protexer as comunidades, e en especial as persoas vulnerables. Os líderes locais teñen unha ampla experiencia combatendo o cambio climático, e sensibilizando a poboación. É esencial que nas cidades máis vulnerables, se centren en integrar a adaptación e mitigación do cambio climático á planificación urbana a fin de mellorar as súas condicións. Desenvolvemento Rexional e Desenvolvemento Local 7 RELACIÓN COA AXENDA URBANA DO EIXO ATLÁNTICO Unha vez definido o obxectivo de desenvolvemento sostible estudaremos a realización dos distintos plans estratéxicos realizados en Santiago de Compostela para a aplicación deste. Comezamos destacando a Axenda Urbana do Eixo Atlántico. Esta trátase dun plan de acción dotado de instrumentos válidos para conseguir os obxectivos acordados nesta. Este plan ten como obxectivo axudar as cidades integrantes do Eixo a converterse no espazo nuclear de crecemento intelixente, sostible e integrador dentro dun marco estratéxico xeral europeo, pero son as distintas cidades as que toman as decisións e levan a cabo as distintas estratexias para facer da Axenda Urbana do Eixo Atlántico unha realidade de acción. Polo tanto, estudaremos as posibilidades de integración dos proxectos propostos, relacionados co ODS 13 (acción polo clima), polo Plan de Acción da Axenda Urbana do Eixo Atlántico na planificación estratéxica do Concello de Santiago de Compostela. Para realizar este estudo, comezaremos analizando se os obxectivos e subobxectivos marcados pola Axenda Urbana do Eixo Atlántico para a acción do clima se contemplan na EDUSI (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado) ReVive Compostela. Dentro da acción polo clima, a Axenda Urbana do Eixo Atlántico establece como obxectivo: Fomentar ecosistemas urbanos hipocarbónicos que minimicen o consumo de recursos naturais. Cidade Ecolóxica: o desafío da sostibilidade.  Optimizar os fluxos metabólicos urbanos (enerxía, auga, materiais).  Acadar a suficiencia enerxética: a transición enerxética.  Uso racional do territorio: inverter a artificialidade do chan.  Xerar un espazo urbano saudable e de calidade. A Edusi Santiago de Compostela recolle este obxectivo nos vectores estratéxicos: Compostela Inclusiva, Compostela Accesible e Compostela Patrimonial. Aínda así, cabe destacar, que esta estratexia centra o seu estudo máis na xestión dos residuos que no resto de factores que inflúen no Desenvolvemento Rexional e Desenvolvemento Local 8 ecosistema, pois carece de conceptos como economía circular, autosuficiente, etc... aspectos máis relevantes para a Axenda Urbana do Eixo Atlántico. Con todo, non existe ningún vector estratéxico na EDUSI para acadar a suficiencia enerxética. Ademáis da EDUSI ReVive Compostela o Concello de Santiago tamén realizou distintos traballos sectoriais de carácter estratéxico, algúns deles foron realizados anteriormente á creación da EDUSI pero non foron incluídos, que seguen algúns obxectivos da Axenda Urbana do Eixo Atlántico. Neste caso, destacamos outros plans de carácter estratéxico non incluídos na EDUSI, que se adaptan ao obxectivo da Axenda Urbana do Eixo Atlántico de fomentar ecosistemas urbanos hipocarbónicos que minimicen o consumo de recursos naturais e os consecutivos sub-obxectivos, xa mencionados, como son o Acordo para a reindustrialización de Compostela, Plan de Acción para as enerxías sostibles (PAES), Plan de Mobilidade Urbana Sostible (Acción actualmente incluída na EDUSI) e Pacto Local pola Mobilidade, Plan de Xestión da Cidade Histórica, URBACT Tropa Verde, Smarter Together e SmartIAGO. Polo tanto pódese dicir que existe un aliñamento case pleno entre os obxectivos propostos na Axenda Urbana do Eixo Atlántico e a documentación de planificación estratéxica do Concello de Santiago. Desenvolvemento Rexional e Desenvolvemento Local 9 APLICACIÓN DO ODS EN SANTIAGO A continuación, antes de desenvolver o proxecto escollido, debemos remontarnos ao pasado para coñecer os acordos levados a cabo no conxunto da UE para a actuación neste ámbito. Cos acordos de Aalborg no ano 1994 e Lisboa no 1996, iníciase unha campaña baseada en crear cidades europeas sostibles co establecemento de plans de acción local a longo prazo pasando a ser por tanto o desenvolvemento sostible un obxectivo fundamental dentro da UE. A UE vai acumulando experiencia a través dos seus plans de acción no medio ambiente. Destacando que iniciou a súa primeira estratexia de desenvolvemento sostible no 2001 que supoñía sete grandes retos. Un destes retos denominouse “Cambio climático e enerxía limpa: limitar o cambio climático e os seus custos e efectos negativos para a súa sociedade e o medio ambiente”. Dentro deste reto a UE propón como principais vías de acción a eficiencia enerxética e as enerxías renovables. Este reto renovase e amplíase no ano 2010, baixo a iniciativa Europa 2020. Un dos tres grandes retos que ten esta nova iniciativa é o “Crecemento sostible” baixo o cal se subscribe una liña de actuación para o Clima, Enerxía e Mobilidade que trata de axudar a desligar o crecemento económico e o uso dos recursos, tratando de reducir as emisións de carbono na economía e tratando de aumentar o uso das enerxías renovables, modernizando o sector do transporte e promovendo un uso máis eficaz da enerxía Sumado a isto xurde en 2012 a Directiva Europea sobre Eficiencia Enerxética, que establece ademais doutras cuestións, o feito de que os países membros da UE teñen que preparar estratexias a longo prazo para a rehabilitación enerxética no sector da edificación. Estas estratexias deberían incluír:  Un panorama do parque inmobiliario nacional.  Unha definición de enfoques rentables de renovación en función do tipo de edificio e da zona climática.  Políticas e medidas que estimulasen renovacións exhaustivas e rentables.  Perspectiva de futuro para orientar as inversións de todo tipo.  Un cálculo do aforro de enerxía e dos beneficios que se obterán. Desenvolvemento Rexional e Desenvolvemento Local 16 Existen 5 criterios que fan que este proxecto sexa considerado como unha boa práctica:  Corrixe o problema da Degradación do Entorno Urbano e tamén rebaixa a contaminación atmosférica, polo tanto, mellora a calidade da vida dos habitantes.  Incorpora elementos innovadores; a implantación das enerxías renovables xunto coa mellora da envolvente, constitúen un dos piares básicos para mellorar a eficiencia enerxética dos edificios, proporcionando medidas eficaces de aforro enerxético.  Ten un grao de cobertura do 100% sobre a poboación a que se dirixe, xa que consiste na mellora de edificios públicos para toda a poboación.  Existe un alto grado de adecuación dos resultados que se esperan obter aos obxectivos inicialmente previstos.  Contempla 3 horizontes: a non discriminación, o desenvolvemento sostible e a accesibilidade. Entre os 10 edificios pendentes de reforma a maior parte son centros sociais e instalacións deportivas, o que corrobora que son edificios públicos para toda a poboación. Os centros que serán sometidos á mellora son os que aparecen marcados no mapa. Desenvolvemento Rexional e Desenvolvemento Local 17 Como xa mencionamos anteriormente, a mellora levada a cabo en cada edificio adecúase ao grado de eficiencia que se pretende conseguir e ao presuposto dispoñible. Ademais establecerase un criterio de preferencias, o cal actuará no caso de haber algunha confrontación entre os edificios. Entre todas as medidas podemos destacar a utilización de tecnoloxía LED e a instalación de placas fotovoltaicas de autoconsumo, que a diferencia do resto de accións, estas levaranse a cabo na totalidade dos diferentes edificios. Táboa 1: Cadro de accións para os edificios CADRO DE ACCIÓNS PARA OS EDIFICIOS CSC FONTIÑAS CSC VITE CSC SANTA MARTA CSC PONTEPEDRIÑA SANTA ISABEL PABELLÓN CEIP ROXOS CERSIA CASA ASOCIACIÓNS (CABES) CASA ASOCIACIÓNS CORNES CENTRO OCUPACIONAL ARINES Substitución de lámpadas a tecnoloxía led x x x x x x x x x x Sensores de aporte de luz natural x x x x x x x x Actuacións sobre a envolvente do edificio x x x x Instalación de caldeira GN x x x Cambio queimadores caldeira e Combustible x Monitorización e xestión de consumos enerxéticos x x x x x x x x x Fotovoltaica de autoconsumo x x x x x x x x x x Instalación de paneis reflectantes en radiadores x Instalación de paneis solares térmicos ACS/ Rehabilitación instalación existente x x Fonte: Elaboración propia a partir de datos obtidos do informe de rehabilitación enerxética de Santiago 2020 Desenvolvemento Rexional e Desenvolvemento Local 18 De toda a información obtida a través das entrevistas e dos documentos consideramos que o proxecto conta, dende o noso punto de vista, cunha serie de debilidades e fortalezas que cabe mencionar. Consideramos que as fortalezas do proxecto son as seguintes:  O proxecto conta cun alto grado de eficiencia ao escoller as melloras máis adecuadas para cada edificio.  Beneficia directamente aos habitantes do concello ao mellorar instalacións que son de uso público e común.  Reduce a dependencia enerxética ao introducir placas fotovoltaicas que xerarían enerxía.  Utiliza enerxías limpas ao buscar o maior aproveitamento das enerxías renovables.  Tamén supón unha vantaxe para o concello, xa que o presuposto aforrado en enerxía pode ser adicado a outras partidas importantes. Polo contra, consideramos que entre as principais debilidades do proxecto atópanse:  O acotado presuposto, que non permite realizar todas as melloras posibles e desexables nos edificios.  A súa pertenza a un proxecto máis global, xa que se necesita que o concello continúe destinando fondos á mellora da eficiencia enerxética, e non existe ningunha garantía de que se vaia cumprir. Logo da realización desta análise consideramos que a principal limitación coa que conta o proxecto é de tipo económico, xa que se houbese máis fondos destinados a este podería realizarse as medidas para os distintos edificios na súa totalidade. Polo tanto sería óptimo buscar financiación por diferentes vías para poder acadar estes obxectivos. Desenvolvemento Rexional e Desenvolvemento Local 19 De cara ao futuro, unha posible idea de mellora seria aplicar medidas completas aos edificios, e dicir, realizar a mellora completa, en cada edificio no que se actúe, de xeito integral en cada edificio, xa que o que se ven facendo e aplicarlle a cada edificio as medidas oportunas en función das necesidades e posibilidades coas que conta. Para iso, debería plantexarse unha programación de actuación nos edificios municipais, xa que actualmente o único proxecto de mellora de eficiencia de enerxía nos edificios municipais é este. Desenvolvemento Rexional e Desenvolvemento Local 20 PROPOSTA DE ACCIÓNS A NIVEL LOCAL A 10 ANOS A enerxía é un dos pilares esenciais da sociedade actual polo que un dos aspectos máis importantes que se debe realizar é unha mellora do uso da enerxía coa finalidade de reducir a cantidade de enerxía requirida para proporcionar produtos e servizos, é dicir, reducir as emisións de CO2 á atmosfera. Ademais as consecuencias da mellora da eficiencia enerxética son positivas tanto para o medio ambiente como para a economía, xa que ademais de reducir as contaminación, aumentase o aforro dos municipios que subministran a enerxía de maneira máis eficiente. Polo tanto, esta é unha medida moi importante. Neste caso, e seguindo a liña do proxecto seleccionado, propoñeremos distintas accións e un proxecto de futuro para mellorar o emprego da enerxía no Concello de Santiago contribuíndo así cara un modelo enerxético sostible, baseándonos en proxectos e melloras realizados por outros municipios como o de Silleda ou Poio. En primeiro lugar, en relación ao mencionado anteriormente, deberíase crear unha programación de actuación en edificios de propiedade municipal para continuar coa rehabilitación dos edificios, xa que é fundamental loitar contra o cambio climático substituíndo os combustibles fósiles empregados actualmente por combustibles non contaminantes, ademais, como vimos esta medida ten consecuencias moi positivas, ca que permite aforrar unha parte importante no gasto destas. Pero, a maiores disto, é unha medida moi importante polas consecuencia socioeconómicas que carrexa este plan, xa que ademais de todo isto, a implantación de enerxías renovables nas instalacións propiedade do municipio predica de exemplo para a cidadanía, xa que pode ter un efecto de emulación importante para a sociedade compostelá. Ademais, consideramos, que o Concello de Santiago é o pilar fundamental para converter a cidade en eficiente enerxéticamente, para iso, propoñemos certas medidas que poden ser aplicadas de cara ao futuro. Na primeira de elas, referida a trámites administrativos, propoñemos que a normativa urbanística sexa accesible, entendible e de fácil ubicación, pois a pesar de ser un trámite simplificado require gran cantidade de documentación que xera sobrecustes o Desenvolvemento Rexional e Desenvolvemento Local 21 que pode limitar a instalación deste tipo de enerxías. Seguindo a liña administrativa, creemos que sería fundamental para o desenvolvemento e a promoción de enerxías renovables, o deseñar e executar todas as obras novas con criterios de consumo de enerxía case nulo, e dicir, empregando fundamentalmente enerxías renovables. En segundo lugar, deberíase fomentar o uso deste tipo de enerxías, para iso, propoñemos medidas como subvencionar parte da instalación de enerxías renovables, ademais, creemos que existe certa desinformación, descoñecemento e desconfianza por parte de moitos sectores da sociedade debido a mala prensa que arrastra o autoconsumo, por iso, e necesario lanzar campañas informativas onde se mostren as consecuencias do uso de enerxías renovables, tanto economicamente como ambientalmente, e as facilidades por parte do concello para levar a cabo este tipo de proxectos coa finalidade de que a veciñanza comece a acercarse máis a este tipo de iniciativas. Polo tanto, e necesario o fomento de iniciativas sociais e económicas e a xeración de espazos de acercamento a cidadanía como o proxecto analizado neste documento, para facer a sociedade máis eficiente enerxéticamente. Por último, baseándonos nun proxecto implantado polo Concello de Silleda, expoñeremos unha idea de proxecto para no Concello de Santiago. Este proxecto consistiría no emprego da biomasa como rede de calor no municipio coa finalidade de garantir e asegurar o subministro enerxético, xa que, o emprego deste tipo de enerxía estabiliza o prezo, xa que se evita en certa medida o emprego de petróleo que sofre oscilacións no prezo, ademais, con este proxecto a localidade podería acabar sendo, a longo prazo, unha cidade autoabastecida de enerxía cos seus propios recursos enerxéticos. O emprego de biomasa reduciría as emisións de CO2 anuais de forma importante, xeraría emprego local pois unha das posibilidades sería empregar biomasa autóctona do entorno do concello que ademais axudaría a previr incendios. A maiores, o uso deste tipo de enerxía, aumentaría de forma importante o aforro económico anual polo menores costes do combustible. Desenvolvemento Rexional e Desenvolvemento Local 24 A proposta de proxecto consistiría na instalación dunha central de produción térmica que proporcione subministro de calefacción e auga quente inicialmente, e posteriormente ampliar os usos desta fonte de enerxía. Debido a existencia de limitación que existe economicamente, o proxecto debería comezar por unha serie limitada de edificios, públicos ou privados, por exemplo firmar un convenio coa Universidade de Santiago de Compostela ou algúns centros de ensino para a subministración desta enerxía, e posteriormente ir ampliando a rede a máis edificios. Como comentabamos o ámbito económica neste tipo de proxectos e unha importante limitación, por iso, unha medida de axuda a realización deste proxecto sería recorrer a fórmulas de participación cidadá. De esta forma, os propios cidadáns mediante pequenas participacións económicas mediante impostos ou de forma directa, contribúen a posta en marcha do proxecto do cal se beneficiarán. En definitiva, ao comezo do proxecto actuaríase en 5 edificios seleccionados segundo as necesidades e posteriormente ir ampliando paulatinamente a subministración da central a máis edificios. Para levar a cabo este proxecto, guiándonos por un proxecto similar levado a cabo polo concello de Silleda, estimamos que sería necesario un presuposto de 700.000€ para a instalación da central térmica coas distintas caldeiras, ademais, da man de obra e da xestión do proxecto. Aínda así, aproximadamente o 80% dese presuposto pode ser subvencionado con distintas axudas, polo que só un 20% correría a cargo dos fondo públicos do concello. Baseándonos no presuposto do proxecto similar mencionado anteriormente, realizamos unha pequena descomposición do presuposto do proxecto a moi grandes rasgos. Táboa 2: Descomposición a grandes rasgos do presuposto do proxecto Central térmica de xeración de calor 300.000 Obra civil 100.000 Reformas nos edificios (estruturas, revestimentos...) 60.000 Redes de distribución e caldeiras 200.000 Controis, xestores do proxecto e outros 40.000 Fonte: Realización propia mediante datos obtidos no presuposto do proxecto realizado en Silleda Desenvolvemento Rexional e Desenvolvemento Local 25 CONCLUSIÓNS A día de hoxe, protexer e coidar o planeta é fundamental, xa que nos encontramos nunha situación critica en canto ao cambio climático; temos unha taxa de dependencia de combustibles fósiles moi alta, e polo tanto, unha elevada contaminación sobre todo nas maiores cidades. Por iso, e importante levar a cabo medidas para frear esta situación, en concreto, medidas que acaden un uso eficiente da enerxía, xa que esta é un pilar fundamental nas sociedades desenvolvidas. Debido a isto, a acción polo clima é un obxectivo de desenvolvemento sostible moi importante, así, neste caso estudamos como o concello de Santiago, seguindo os plans de acción da Axenda Urbana do eixo atlántico, implementaba melloras nos obxectivos fixados, en concreto, centramos o estudo no proxecto de rehabilitación enerxética nos edificios de titularidade municipal. Nesta análise observamos como, a pesar das limitacións económicas as que se enfronta, é posible desenvolver unhas infraestruturas máis consideradas co medioambiente. Por iso, vemos preciso seguir traballando nesta liña para chegar a lograr unha eficiencia enerxética de gasto case nulo e a posibilidade de alcanzar un autoabastecemento enerxético, a través das enerxías renovables. Ademais disto, este proxecto vai supoñer un notable aforro para o municipio que se pode investir outros proxectos de finalidades diferentes, en definitiva, supón unha importante oportunidade para o concello, xa que se logrará incrementar positivamente outros factores. A maiores non só supón un beneficio para a institución, senón tamén para a poboación. Polo tanto, a nosa proposta de futuro está encamiñada a mellora da eficiencia enerxética nos edificios públicos e privados a través do emprego de enerxías renovables, en concreto, biomasa. Para finalizar, cabe destacar importancia das medidas de desenvolvemento levadas a cabo polo municipios, pois son fundamentais para acadar os obxectivos propostos. Desenvolvemento Rexional e Desenvolvemento Local 26 BIBLIOGRAFÍA:  Ayuntamiento de Silleda (2018). Red de calor “District Heating” con biomasa en Silleda (Pontevedra). Fase I. Recuperado de: http://silleda.es/wp/wpcontent/uploads/adjuntos/82e1695b1a8909a040264ada241f43de2 0180411094037.pdf  Concello de Santiago (2016). Estrategia de desarrollo urbano sostenible integrado de Santiago de Compostela 2015-2025. EDUSI Santiago de Compostela. Recuperado de: https://revive.santiagodecompostela.gal/sites/portaledusi/files/32MB%2 0- %20ESTRATEXIA%20DUSI%20SANTIAGO%20DE%20COMPOSTEL A.pdf  DEX (2020). Desde este viernes, se realizan telemáticamente las certificaciones de eficiencia energética de edificios. Digital Extremadura. Recuperado de: https://digitalextremadura.com/desde-este-viernes-se- realizan-telematicamente-las-certificaciones-de-eficiencia-energetica- de-edificios/  Europa Press (2020). Las emisiones diarias de CO2 cayeron un 17% a nivel mundial en la pandemia del covid. El confidencial. Recuperado de:https://www.elconfidencial.com/tecnologia/ciencia/2020-05- 19/caidaemisiones-co2-coronavirus-medio-ambiente_2601784/  EXPO Biomasa. Silleda (Pontevedra) se suma al uso de biomasa. Recuperado de:https://expobiomasa.com/content/silleda-pontevedra-se- suma-al-uso-de- biomasa  López Mera, D., Buján Díaz, J. y López Mera, F. (2020). Asistencia técnica para la redacción de proxectos básicos de execución da actuación “Rehabilitación enerxética de edificios municipais”. Concello de Santiago. Recuperado de:https://onedrive.live.com/?authkey=%21AClPJXCFZ%2DZp8CE&ci d=616A698A9127C301&id=616A698A9127C301%2117206&parId=61 6A698A9127C301%2114637&o=OneUp Desenvolvemento Rexional e Desenvolvemento Local 27  Naciones Unidas. Objetivos de Desarrollo Sostenible. Recuperado de:https://www.un.org/sustainabledevelopment/es/climatechange-2/  Serrano, C. (2020) Coronavirus y cambio climático: por qué la pandemia no es realmente tan buena para el medio ambiente. BBC News Mundo. Recuperado de https://www.bbc.com/mundo/noticias-52596472  X.R. Santiago (24-10-2015). El acceso a la nueva estación de buses costará 850.000 euros. La voz de Galicia. Recuperado de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2015/10/24/accesonueva-estacion-buses-costara-850000- euros/0003_201510S24C19911.htm