Acordo do Consello de Goberno do 30-03-2023, que aprobou o Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da USC
Full text
DULCE Mª GARCÍA MELLA, SECRETARIA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, CERTIFICA, antes da aprobación da acta correspondente, que o Consello de Goberno na sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de marzo de 2023 aprobou o Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela, nos termos do documento adxunto. E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e prace O reitor Antonio López Díaz Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/EFCB-EBE2-4182-A2CD Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: EFCB-EBE2-4182-A2CD 1 / 27
1 REGULAMENTO POLO QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS DE CONVIVENCIA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA O Estatuto do Estudante Universitario, aprobado polo Real Decreto 1791/2010, do 30 de decembro, deu resposta á necesidade de desenvolver o réxime xurídico do estudantado universitario para garantir os seus dereitos, pero quedou sen completar a parte relativa ao réxime de responsabilidade deste colectivo, que culminou coa recente Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria. Esta norma non só recolle o réxime de responsabilidade por incumprimento, senón que ten entre os seus principais obxectivos o de establecer as bases das relacións no ámbito universitario, fomentando a utilización preferente de modalidades alternativas de resolución dos conflitos que poidan alterar a convivencia ou que impidan o normal desenvolvemento das funcións esenciais de docencia, investigación e transferencia do coñecemento. No seu artigo 3.1. obriga a todas as universidades a establecer as súas propias “normas de convivencia”, fixando o prazo dun ano para a súa aprobación. Así mesmo, a Lei Orgánica 2/2023, de 22 de marzo, do sistema universitario atribúe ás universidades, en virtude da súa autonomía, o desenvolvemento das normas de convivencia e dos mecanismos de mediación para a solución alternativa dos conflictos no ámbito universitario. Á vista do anterior, a Universidade de Santiago de Compostela elaborou o presente regulamento, logo da apertura dun período de información pública a todos os sectores da comunidade universitaria e da audiencia aos seus respectivos órganos de representación. Este regulamento consta de sesenta e catro artigos, que se estruturan en seis títulos. No Título preliminar recóllese o obxecto e finalidade da norma, o seu ámbito de aplicación e o seu carácter vinculante. No Título I establécense os principios e políticas institucionais para a convivencia na USC. O Título II recolle o sistema de gobernanza da convivencia universitaria, que ten como elemento esencial a Comisión de convivencia. O Título III aborda as medidas para a prevención, avaliación e intervención en situacións de violencia, discriminación e acoso. Dado que a USC xa conta con protocolos nesta materia, o regulamento remite a eles, incluíndo como novidade a posibilidade de empregar un sistema baseado na mediación cando se aprecie un conflito relacional que poida resolverse por este medio. No Título IV recóllese un sistema de mediación como medio alternativo para a solución dos conflitos cando a lei e este regulamento o permitan e as partes así o decidan. O Título V regula, en aplicación da Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria, o réxime disciplinario do estudantado da USC, determinando as faltas e sancións así como o procedemento disciplinario aplicable aos e ás estudantes, con especial atención ás posibles medidas substitutivas de carácter educativo ou recuperador. Regúlase tamén un procedemento disciplinario simplificado e a anotación e execución das sancións disciplinarias, coa posibilidade de revogación dos títulos expedidos no caso de detectarse fraude académica. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/EFCB-EBE2-4182-A2CD Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: EFCB-EBE2-4182-A2CD 2 / 27
2 O regulamento remata con catro disposicións adicionais referidas aos centros adscritos, á necesaria adaptación dos protocolos específicos de prevención do acoso e dos réximes sancionadores aplicables ás persoas usuarias dos servizos universitarios, e á actuación do Consello do Estudantado en materia de convivencia; unha disposición transitoria sobre o réxime aplicable aos procedementos iniciados ao abeiro da anterior regulación e dúas disposicións finais relativas ao desenvolvemento regulamentario e á entrada en vigor. Por todo o anterior, o Consello de Goberno, na súa sesión do ... de marzo de 2023, acordou a aprobación do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela. TÍTULO PRELIMINAR Disposicións xerais Artigo 1. Obxecto e finalidade 1. O presente regulamento ten por obxecto aprobar as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en aplicación das bases da convivencia no ámbito universitario establecidas pola Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria, coa finalidade de favorecer o entendemento, a convivencia pacífica e o pleno respecto dos valores democráticos, os dereitos fundamentais e as liberdades públicas no ámbito universitario. 2. Ten por obxecto tamén establecer o réxime disciplinario do estudantado da USC en desenvolvemento do Título II da Lei de convivencia universitaria. O réxime disciplinario do persoal da USC será o previsto nas normas legais e convencionais de aplicación a cada colectivo. Artigo 2. Ámbito de aplicación 1. Este regulamento será de aplicación a toda a comunidade universitaria, integrada polo persoal docente e investigador, o persoal investigador, o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos e o estudantado. 2. Tamén se aplicará ás persoas que, sen pertenceren á comunidade universitaria, leven a cabo calquera actividade debidamente autorizada, académica ou non, dentro das instalacións da USC. Artigo 3. Carácter vinculante Este regulamento vincula a todos os membros da comunidade universitaria, tanto nas súas actuacións individuais como colectivas. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/EFCB-EBE2-4182-A2CD Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: EFCB-EBE2-4182-A2CD 3 / 27
3 TÍTULO I Principios e políticas institucionais para a convivencia na USC CAPÍTULO I Principios de convivencia universitaria Artigo 4. Principios para a convivencia na USC 1. Toda actuación no ámbito da USC deberá rexerse polos seguintes principios: a) Tolerancia e respecto á diversidade, á igualdade, á inclusión e ás medidas de acción positiva en favor dos colectivos vulnerables. b) Liberdade de expresión, dereito de reunión e asociación, liberdade de ensinanza e liberdade de cátedra. c) Eliminación de toda forma de violencia, discriminación ou acoso sexual, por razón de sexo, orientación sexual, identidade ou expresión de xénero, características sexuais, orixe nacional, pertenza a grupo étnico, discapacidade, idade, estado de saúde, clase social, relixión ou conviccións, lingua, ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. d) Transparencia no desenvolvemento da actividade académica. e) Utilización e conservación dos bens e recursos da universidade, conforme á súa función de servizo público. f) Respecto polos espazos comúns, incluídos os de natureza dixital. g) Utilización do nome e os símbolos universitarios de acordo coas normas e protocolos establecidos. 2. Os membros da comunidade universitaria deberán respectar nas súas actuacións os principios éticos da USC. O persoal que desenvolva tarefas de investigación deberá cumprir tamén co Código de boas prácticas na investigación. 3. A USC fomentará e facilitará o coñecemento e o uso da lingua galega como lingua de transmisión universitaria, conforme aos seus Estatutos e á normativa da Comunidade Autónoma de Galicia. CAPÍTULO II Políticas para a convivencia universitaria Artigo 5. Promoción efectiva da igualdade e respecto á diversidade A USC promoverá no ámbito de todas as súas actuacións a tolerancia e o respecto á igualdade e á diversidade. Para estes efectos, adoptaranse medidas para que todos os servizos sexan accesibles aos membros da comunidade universitaria, eliminado as barreiras de calquera Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/EFCB-EBE2-4182-A2CD Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: EFCB-EBE2-4182-A2CD 4 / 27
4 natureza, incluídas as de carácter dixital. Artigo 6. Prevención e erradicación de calquera forma de violencia e de situacións de discriminación ou acoso 1. As actuacións da USC estarán orientadas á prevención e eliminación de toda forma de violencia, discriminación, ou acoso sexual, por razón de sexo, orientación sexual, identidade ou expresión de xénero, características sexuais, orixe nacional, pertenza a grupo étnico, discapacidade, idade, estado de saúde, clase social, relixión ou conviccións, lingua, ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. Non será tolerable ningunha forma de violencia, discriminación ou acoso con independencia de quen sexa a posible vítima ou a persoa que presuntamente poida ser responsable. 2. Os procedementos para a denuncia deste tipo de situacións son os que se regulan no presente regulamento. Artigo 7. Medidas de acción positiva en favor de colectivos vulnerables 1. As distintas normas da USC deberán recoller medidas de acción positiva en favor dos colectivos vulnerables da comunidade universitaria, incluído o colectivo LGBTI. Estas accións deberán ser compatibles coas medidas ou políticas que poidan levar a cabo outras institucións, agás que legalmente exista algún tipo de incompatibilidade. 2. O estudantado da USC que teña necesidades académicas especiais recibirá un apoio e asesoramento adecuado a través dunha unidade especializada. Artigo 8. Obxectivos de Desenvolvemento Sostible As políticas e actuacións da USC estarán orientadas á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible promovidos polas Nacións Unidas. Artigo 9. Liberdade de expresión no ámbito académico Todo membro da comunidade universitaria poderá expresar libremente as súas ideas e opinións no ámbito académico, sen ningún tipo de censura. O exercicio deste dereito non ampara nin os insultos, nin as ofensas, nin ningunha forma de intimidación, violencia, discriminación ou acoso contra as persoas. Artigo 10. Liberdade de ensinanza, de cátedra e de investigación 1. A USC velará pola liberdade de ensinanza e de cátedra no exercicio da actividade docente. 2. Tamén se garantirá a liberdade de investigación. O persoal investigador con título de doutor terá plena capacidade de investigación, que se exercerá observando as prácticas éticas establecidas. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/EFCB-EBE2-4182-A2CD Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: EFCB-EBE2-4182-A2CD 5 / 27
5 Artigo 11. Dereitos de reunión, asociación e manifestación Garantirase a todos os membros da comunidade universitaria o exercicio dos dereitos de reunión, asociación e manifestación, que terán que exercitarse de acordo coa normativa universitaria aplicable e o respecto aos demais colectivos. Artigo 12. Dereitos de folga e de paro académico 1. Garantirase o libre exercicio do dereito a folga. O persoal docente e investigador, o persoal investigador e o persoal técnico de xestión e de administración e servizos poderá exercitar este dereito conforme á lexislación aplicable e respectando os servizos mínimos que se poidan establecer. 2. Garantirase tamén o dereito a paro académico do estudantado, que o poderá exercitar conforme ao establecido no Estatuto do Estudantado da USC. Artigo 13. Transparencia na actividade académica A actividade académica estará sometida ao principio de transparencia. Para estes efectos garantirase que a información relevante de carácter académico se publique na web ou nos espazos virtuais da USC. As guías docentes das materias deberán ser públicas antes do inicio do curso académico. Así mesmo, as cualificacións serán publicadas polos medios que determine a USC antes de converterse en definitivas, conforme se determine na normativa de avaliación da USC. Artigo 14. Utilización e conservación dos bens e recursos, incluídos os dixitais 1. Todos os bens e recursos que integran o patrimonio da USC serán destinados ao cumprimento das funcións de servizo público que teñen atribuídas. Os membros da comunidade universitaria estarán obrigados a usalos correctamente e para a finalidade para a que foron adquiridos ou á que os destine a USC. 2. Prestarase especial atención ao coidado e conservación dos bens do seu patrimonio histórico artístico. Artigo 15. Utilización do nome, logotipo e escudo da USC A utilización do nome, logotipo e escudo da USC non é libre. Está reservada aos órganos e membros da comunidade universitaria para fins académicos ou para outros fins expresamente autorizados, así como ás persoas ou entidades ás que se lles permita o seu uso previo contrato ou convenio. En todo caso, o uso será conforme ás normas e protocolos aprobados pola USC. Artigo 16 . Deberes dos membros da comunidade universitaria para asegurar a convivencia Todos os membros da comunidade universitaria deben cumprir os deberes establecidos para asegurar a plena convivencia na USC. Para estes efectos os órganos de goberno deberán facer Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/EFCB-EBE2-4182-A2CD Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: EFCB-EBE2-4182-A2CD 6 / 27
6 que se cumpran os Estatutos da USC así como as leis e regulamentos que lles sexan de aplicación. TÍTULO II Gobernanza da convivencia universitaria Artigo 17. A Comisión de convivencia da USC A Comisión de convivencia da USC é un órgano colexiado que ten como finalidade principal velar pola convivencia pacífica na USC e garantir o correcto funcionamento do mecanismo de mediación como medio alternativo para a solución dos conflitos de convivencia que se produzan. Artigo 18. Composición e funcionamento da Comisión de convivencia 1. A Comisión de convivencia da USC está composta por nove membros, dos que tres son representantes do persoal docente e investigador, tres do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos e tres do estudantado. Na súa composición garantirase a presenza equilibrada de mulleres e homes nos termos establecidos na Lei 3/2007, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. 2. Os membros da Comisión de convivencia serán elixidos polo Consello de Goberno, por proposta do reitor ou da reitora logo da consulta coa representación de cada un dos sectores neste órgano, por un período de tres anos. No entanto, se antes do vencemento do mandato algún dos membros deixara de formar parte da Universidade ou do colectivo ao que representa, elixirase un novo membro polo tempo que reste do período de mandato. 3. Na súa sesión constitutiva a Comisión de convivencia elixirá de entre os seus membros ao presidente ou presidenta e ao secretario ou secretaria, que non deberán ser do mesmo sector. 4. O valedor ou valedora da comunidade universitaria será convidado ás sesións da Comisión, con voz e sen voto. 5. Os membros da Comisión e as demais persoas que participen nas súas sesións deberán gardar estrita confidencialidade acerca dos asuntos tratados nelas. 6. Serán causas de abstención e recusación as previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime xurídico do sector público. Cando concorra algunha destas causas poderá promoverse recusación polas persoas interesadas. A recusación exporase por escrito ante o reitor, indicando a causa ou causas en que se funde. 7. A Comisión poderá dotarse das súas propias regras de funcionamento ou aprobar un regulamento de réxime interno. 8. Os membros da Comisión de convivencia cesarán: a) Polo cumprimento do mandato Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/EFCB-EBE2-4182-A2CD Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: EFCB-EBE2-4182-A2CD 7 / 27
7 b) Por renuncia c) Por perda da condición pola que foron elixidos Artigo 19. Funcións da Comisión de convivencia 1. Son funcións da Comisión de convivencia: a) Propor a utilización do mecanismo de mediación para resolver os conflitos que poidan xurdir entre membros da comunidade universitaria, conforme ao establecido neste regulamento. b) Designar ás persoas mediadoras que intervirán nos procedementos de mediación. c) Verificar que os acordos alcanzados no procedemento de mediación non contraveñan a normativa da USC. d) Realizar o seguimento dos acordos alcanzados e verificar o seu cumprimento. e) Elaborar un informe anual sobre a situación da convivencia na USC e efectuar propostas para a súa mellora. f) Realizar aqueloutras funcións que lle encomenden os órganos de goberno da USC. 2. A Comisión poderá delegar algunha das súas funcións nun ou varios dos seus membros. Tamén poderá solicitar a colaboración doutros órganos ou servizos da universidade. 3. A USC proporcionará formación en materia de resolución de conflictos ás persoas que formen parte da Comisión. Artigo 20. Vixilancia da convivencia na USC O reitor da USC velará polo cumprimento do presente regulamento e polo desenvolvemento dos principios que nel se recollen. Artigo 21. Órganos de apoio para a xestión da convivencia na USC 1. Serán órganos de apoio para a xestión da convivencia universitaria: a) A Asesoría Xurídica, que prestará apoio técnico e material na tramitación de informacións reservadas, expedientes disciplinarios e procedementos de mediación. b) O Servizo de Prevención de Riscos, que prestará apoio técnico e material na tramitación de expedientes ao abeiro do Protocolo da USC de actuación fronte ao acoso psicolóxico, a violencia psicolóxica e outras situacións de conflito relacional no traballo. c) A Oficina de Igualdade de Xénero, que prestará apoio técnico e material nos expedientes tramitados ao abeiro do Protocolo de prevención e actuación fronte ao acoso sexual e o acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero da USC. d) O delegado ou delegada de Protección de Datos, ao que lle corresponde velar para que, nos Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/EFCB-EBE2-4182-A2CD Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: EFCB-EBE2-4182-A2CD 8 / 27
8 procedementos tramitados ao abeiro deste regulamento, se cumpra a normativa de protección de datos persoais e se minimice a utilización destes nas distintas actuacións. 2. A Inspección de servizos da USC desenvolverá as funcións que lle encomende a Lei orgánica do sistema universitario. 3. A Unidade de Atención Psicolóxica da USC prestará atención ao estudantado con problemas que poidan interferir na correcta convivencia universitaria. TITULO III Medidas para a prevención, avaliación e intervención en situacións de violencia, discriminación ou acoso Artigo 22. Prevención do acoso sexual e do acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero 1. En materia de prevención fronte o acoso sexual ou por razón de sexo estarase ao disposto no Protocolo de prevención e actuación fronte ao acoso sexual e o acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero da USC, aprobado polo Consello de Goberno na sesión do 29 de xullo de 2016 e modificado polo mesmo órgano na sesión do 27 de outubro de 2016. 2. A Comisión de atención ás situacións de acoso sexual, acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero poderá propoñer á Comisión de convivencia a continuación do procedemento a través do mecanismo de mediación se, unha vez instruído o expediente, non se apreciase a existencia de acoso sexual ou de acoso por razón de sexo, orientación sexual ou identidade de xénero pero si unha situación de conflito de convivencia, sempre que as partes afectadas manifesten a súa vontade de acollerse a este mecanismo. Se a Comisión de convivencia acordase tramitar o procedemento a través do mecanismo de mediación, a Comisión prevista no Protocolo comunicarao ás partes e seguirase o procedemento de mediación establecido nesta norma. Se aquela non considerase procedente seguir este mecanismo, inhibirase e devolveralle o expediente a esta última para os efectos que procedan. Artigo 23. Prevención do acoso psicolóxico, a violencia psicolóxica e outras situacións de conflito relacional 1. Para a prevención do acoso psicolóxico estarase ao disposto no Protocolo da USC de actuación fronte ao acoso psicolóxico, a violencia psicolóxica e outras situacións de conflito relacional no traballo, aprobado polo Consello de Goberno na sesión do 31 de xaneiro de 2018. 2. A Comisión de avaliación de conflitos poderá propoñer á Comisión de convivencia a continuación do procedemento a través do mecanismo de mediación se, unha vez instruído o expediente, non se apreciase a existencia de acoso psicolóxico ou violencia psicolóxica pero si outro tipo de conflito relacional, sempre que as partes afectadas manifesten a súa vontade de acollerse a este mecanismo. Se a Comisión de convivencia acordase tramitar o procedemento a través do mecanismo de mediación, a Comisión de avaliación de conflitos comunicarao ás partes Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/EFCB-EBE2-4182-A2CD Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: EFCB-EBE2-4182-A2CD 9 / 27
15 e) Impedir a celebración de actividades de docencia, investigación ou transferencia do coñecemento, exercendo violencia ou provocando graves alteracións nas actividades, sen prexuízo dos dereitos recoñecidos no artigo 3 da Lei de convivencia universitaria. f) Cometer fraude académica, cando non constitúa falta moi grave. g) Utilizar indebidamente contidos ou medios de reprodución e gravación das actividades universitarias suxeitas a dereitos de propiedade intelectual. h) Incumprir as normas de seguridade e saúde establecidas polos centros universitarios e as súas instalacións e servizos, cando non constitúa falta moi grave. i) Acceder sen a debida autorización aos sistemas informáticos da Universidade. Artigo 41. Faltas leves Considéranse faltas leves: a) Acceder a instalacións universitarias ás que non se teña autorizado o acceso. b) Utilizar os servizos universitarios incumprindo os requisitos establecidos de xeral coñecemento. c) Realizar actos que deterioren os bens do patrimonio da Universidade, non susceptibles de ser tipificados como falta grave ou moi grave. Artigo 42. Fraude académica De conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria enténdese como fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico. Artigo 43. Sancións disciplinarias 1. As sancións disciplinarias deste regulamento clasifícanse en moi graves, graves e leves. 2. A gravidade da falta cometida determinará as sancións que resulten aplicables. 3. Son sancións aplicables pola comisión de faltas moi graves: a) Expulsión de dous meses ata tres anos da Universidade. Esta sanción deberá constar no expediente académico ata o seu total cumprimento. b) Perda de dereitos de matrícula parcial, durante un curso ou semestre académico. 4. Son sancións aplicables pola comisión de faltas graves: a) Expulsión de ata un mes da Universidade. Esta sanción non se poderá aplicar durante os Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/EFCB-EBE2-4182-A2CD Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: EFCB-EBE2-4182-A2CD 16 / 27
16 períodos de avaliación final e de matrícula previstos no calendario académico da universidade. b) Perda do dereito á convocatoria no semestre académico no que se cometa a falta e respecto da materia na que se cometese. Esta convocatoria constará como consumida no expediente académico. A perda dos dereitos de matrícula non poderá afectar aos dereitos relativos ás bolsas nos termos previstos na súa normativa de desenvolvemento e nas súas convocatorias. 5. A amoestación privada é a sanción aplicable pola comisión de faltas leves. Artigo 44. Medidas substitutivas de carácter educativo ou recuperador 1. Establécense como medidas substitutivas das sancións aplicables pola comisión de faltas graves a participación ou colaboración da persoa sancionada en actividades formativas, culturais, de saúde pública, deportivas, de extensión universitaria e de relacións institucionais, e outras similares das que sexa responsable a USC, procurando que esta medida sexa acorde coa natureza da falta. 2. Por medio dunha resolución reitoral poderá aprobarase un catálogo destas medidas substitutivas, que non poderán consistir no desempeño de funcións e tarefas asignadas ao persoal da USC. 3. A duración das medidas substitutivas fixarase atendendo ao principio de proporcionalidade, sen que poida ser superior a un semestre académico. 4. A persoa instrutora do procedemento disciplinario poderá propoñer ás partes afectadas a substitución da sanción correspondente a unha infracción grave por algunha das medidas previstas no apartado 1 cando se cumpran os seguintes requisitos: a) Que a persoa sancionada recoñeza a súa responsabilidade. b) Que se garantan plenamente os dereitos da persoa ou persoas afectadas. c) Que exista conformidade da persoa ou persoas afectadas pola infracción e da persoa infractora, e quede debidamente acreditado. d) Que, cando resulte procedente, a persoa ou persoas responsables mostraran a súa disposición para restaurar a relación coa ou coas persoas afectadas pola infracción e esta quede debidamente acreditada. Esta restauración facilitarase sempre que a persoa ou persoas afectadas presten o seu consentimento de maneira expresa. 5. A medida substitutiva da sanción que se propoña terá que estar orientada á máxima reparación posible do dano causado. Na resolución sancionadora deberanse recoller mecanismos que garantan o seu efectivo cumprimento. Artigo 45. Gradación das sancións Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/EFCB-EBE2-4182-A2CD Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: EFCB-EBE2-4182-A2CD 17 / 27
17 O reitor concretará a sanción dentro da súa gravidade adecuándoa ao caso concreto, sempre de forma motivada, segundo o principio de proporcionalidade, ponderando de conformidade cos seguintes criterios: a) A intencionalidade. b) A reiteración. c) A natureza dos prexuízos causados. d) O ánimo de lucro. e) O recoñecemento da responsabilidade, mediante a comunicación do feito infractor ás autoridades da Universidade con carácter previo á iniciación do procedemento disciplinario. f) A reparación do dano con carácter previo á iniciación do procedemento disciplinario. Tamén poderá considerarse a reparación no momento inmediatamente posterior ao inicio do procedemento. g) As circunstancias persoais, económicas, de saúde, familiares ou sociais da persoa infractora. h) O grao de participación nos feitos. i) A realización das accións por calquera das causas de violencia, discriminación ou acoso referidas no artigo 3.2.c) da Lei de convivencia universitaria. Artigo 46. Medidas accesorias 1. Ademais da imposición das sancións que en cada caso correspondan, a resolución do procedemento disciplinario poderá declarar a obriga, no prazo que se fixe, de: a) Restituír as cousas ou repoñelas ao seu estado anterior. b) Indemnizar os danos por contía igual ao valor dos bens destruídos ou do deterioro causado, así como os prexuízos ocasionados. 2. As indemnizacións que se determinen terán natureza de créditos de dereito público da USC e o seu importe poderá ser esixido ao estudante sancionado polo procedemento de constrinximento. Artigo 47. Prohibición de concorrencia de sancións Non se poderán impoñer sancións disciplinarias a estudantes por feitos polos que previamente foran sancionados penal ou administrativamente cando se aprecie identidade de suxeito, feito e fundamento. Artigo 48. Extinción da responsabilidade 1. A responsabilidade disciplinaria, sen prexuízo das medidas accesorias, quedará extinguida por: a) O cumprimento da sanción ou, de ser o caso, da medida substitutiva. b) A prescrición da falta ou da sanción. c) A perda da vinculación coa USC. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/EFCB-EBE2-4182-A2CD Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: EFCB-EBE2-4182-A2CD 18 / 27
18 d) O falecemento da persoa responsable. 2. As faltas moi graves prescribirán aos tres anos, as graves aos dous anos e as leves aos seis meses. As sancións impostas por faltas moi graves, por faltas graves e por faltas leves prescribirán, respectivamente, aos tres anos, aos dous anos e ao ano. 3. O prazo de prescrición das faltas comezará a contarse a partir da súa comisión ou, cando se trate de faltas continuadas, do día no que cese a súa comisión. O prazo de prescrición das sancións iniciarase desde a firmeza da resolución sancionadora. CAPÍTULO IIII Procedemento disciplinario Artigo 49. Información reservada previa 1. Antes de iniciar un procedemento disciplinario respecto dun estudante da USC, o reitor poderá acordar a realización de actuacións previas con obxecto de determinar con carácter preliminar se concorren circunstancias que xustifiquen a súa incoación. Estas actuacións orientaranse a delimitar, coa maior precisión posible, os feitos susceptibles de motivar a incoación do procedemento disciplinario, a identificación da persoa ou persoas que puidesen resultar responsables e as circunstancias relevantes que concorran no caso. 2. Cando se considere que non existe causa para a apertura de expediente disciplinario, procederase ao seu arquivo. O seu contido non poderá ser difundido. 3. No caso de que se aprecie causa de apertura de expediente disciplinario, as actuacións realizadas poderán incorporarse ao expediente se así o decide a persoa instrutora. Artigo 50. Medidas provisionais 1. Antes de acordar a iniciación dun procedemento disciplinario o reitor, de oficio ou a instancia de parte, nos casos de urxencia inaprazable e para a protección provisional dos intereses implicados, poderá adoptar de forma motivada as medidas provisionais que resulten necesarias e proporcionadas. Estas medidas provisionais deberán ser confirmadas, modificadas ou levantadas no acordo de iniciación do procedemento, que deberá efectuarse dentro dos quince días hábiles seguintes á súa adopción. En todo caso, estas medidas quedarán sen efecto se non se inicia o procedemento no devandito prazo ou cando o acordo de iniciación non conteña un pronunciamento expreso acerca delas. 2. En calquera momento do procedemento disciplinario, a persoa instrutora, de oficio ou a solicitude das persoas posiblemente afectadas, poderá propoñer ao reitor, de forma motivada, a adopción das medidas provisionais que considere necesarias para asegurar a eficacia da resolución que puidese recaer. 3. As medidas provisionais que se adopten terán carácter temporal, deberán ser Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/EFCB-EBE2-4182-A2CD Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: EFCB-EBE2-4182-A2CD 19 / 27
19 proporcionadas e poderán axustarse, de forma motivada, no caso de que se produzan cambios na situación que xustificou a súa adopción. En todo caso, extinguiranse coa eficacia da resolución que poña fin ao procedemento disciplinario. Artigo 51. Principios do procedemento disciplinario 1. En ningún caso poderá impoñerse unha sanción a un estudante da USC sen tramitar un procedemento disciplinario. 2. Para cada procedemento disciplinario o reitor nomeará unha persoa instrutora e, de ser o caso, un secretario entre o persoal da USC que teña vinculación permanente con esta Institución. As súas actuacións rexeranse polos principios de independencia, autonomía e transparencia. 3. A Asesoría Xurídica ou, de ser o caso, a Inspección de Servizos da USC, coordinará o procedemento disciplinario seguido e dará apoio e asesoramento ao equipo instrutor durante a súa tramitación. 4. O procedemento disciplinario axustarase aos principios de eficacia, celeridade e economía procesual, con pleno respecto aos dereitos e garantías de defensa da persoa ou persoas presuntamente infractoras. Artigo 52. Asistencia á persoa presuntamente infractora A persoa que sexa obxecto dun procedemento disciplinario pola presunta comisión de faltas disciplinarias poderá estar asistida por outra persoa da súa elección, que a poderá acompañar nas súas declaracións e actuacións ante o instructor ou instrutora. Artigo 53. Iniciación do procedemento disciplinario 1. O procedemento disciplinario respecto de estudantes da USC iniciarase sempre de oficio polo reitor, ben por propia iniciativa, a petición razoada doutro órgano, ou por denuncia, mediante a correspondente resolución na que nomeará á persoa instrutora e ao secretario. 2. A resolución de incoación do procedemento deberá conter como mínimo o seguinte: a) Identificación da persoa ou persoas presuntamente responsables, dos feitos e das partes interesadas no procedemento. b) Feitos sucintamente expostos. c) Posible cualificación dos feitos e sanción que lles puidese corresponder. d) Designación da persoa instrutora e, de ser o caso, do secretario do procedemento disciplinario, con expresa indicación do réxime de abstención e recusación. e) Órgano competente para a resolución do procedemento. f) Indicación do dereito a formular alegacións e a audiencia no procedemento disciplinario, Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/EFCB-EBE2-4182-A2CD Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: EFCB-EBE2-4182-A2CD 20 / 27
20 xunto co prazo para realizar estes trámites. g) Requirimento, nos supostos nos que proceda, para que as persoas involucradas no procedemento disciplinario manifesten a súa vontade de acollerse ao procedemento de mediación. 3. A resolución de incoación do procedemento notificarase á persoa ou persoas interesadas no procedemento disciplinario por medios electrónicos. Artigo 54. Instrución do procedemento disciplinario 1. A persoa instrutora ordenará a práctica de cantas dilixencias sexan adecuadas para a determinación e comprobación dos feitos e, en particular, de cantas probas poidan conducir ao seu esclarecemento e á determinación das responsabilidades susceptibles de sanción. 2. Como primeiras actuacións, a persoa instrutora procederá a tomar declaración á persoa ou persoas presuntamente responsables e a evacuar cantas dilixencias se deduzan da comunicación ou denuncia que motivou a incoación do procedemento disciplinario e do que as persoas presuntamente responsables alegasen na súa declaración. 3. As persoas presuntamente infractoras disporán dun prazo de dez días hábiles para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións estimen convenientes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretenden valerse. 4. Á vista das alegacións realizadas e a proba proposta, a persoa instrutora poderá realizar de oficio as actuacións necesarias para a determinación dos feitos que puidesen constituír infracción, solicitando os datos e informacións que puidesen resultar relevantes. 5. Se do actuado a persoa instrutora considera que non existen indicios da comisión dunha falta, ou non fose posible determinar a identidade das persoas posiblemente responsables, propoñerá ao reitor o arquivo do expediente disciplinario. 6. Cando da instrución dun procedemento disciplinario a persoa instrutora considere que o feito pode ser constitutivo de delito proporá ao reitor a suspensión da súa tramitación e a posta en coñecemento da autoridade xudicial ou o traslado ao Ministerio Fiscal. 7. Naqueles expedientes disciplinarios nos que as partes manifestaran de forma debidamente acreditada a súa vontade de acollerse ao mecanismo de mediación, a persoa instrutora, unha vez concluída a práctica da proba e comprobado que non se trata dun dos supostos excluídos da mediación, remitirá o expediente do procedemento disciplinario á Comisión de convivencia da USC. 8. Se a Comisión de convivencia acordase tramitar o procedemento de mediación, a persoa instrutora comunicarao ás partes e acordará a suspensión do procedemento disciplinario. O período de tempo no que se atope suspendido o procedemento disciplinario non se terá en conta para a súa caducidade nin tampouco para a prescrición das infraccións. Se a Comisión de convivencia considerase improcedente tramitar o procedemento de mediación, inhibirase e devolverá o expediente á persoa instrutora para que renove o procedemento disciplinario e Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/EFCB-EBE2-4182-A2CD Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: EFCB-EBE2-4182-A2CD 21 / 27
21 proceda a formular o correspondente prego de cargos. Artigo 55. Prego de cargos 1. Se non se tramitara o procedemento de mediación ou este concluíra sen acordo ou sen resolver a totalidade das cuestións expostas, a persoa instrutora, tras recibir da Comisión de convivencia o expediente, continuará coa tramitación do procedemento disciplinario formulando o prego de cargos polo seu obxecto total ou parcial, segundo corresponda. 2. A recepción do expediente remitido pola Comisión de convivencia determinará a continuación do cómputo do prazo de caducidade do procedemento disciplinario. 3. O prego de cargos incluirá os feitos imputados con expresión, de ser o caso, da falta presuntamente cometida, da súa posible gravidade e das sancións que poidan ser de aplicación. Se procede acordarase o mantemento ou levantamento das medidas provisionais que se puideran adoptar. 4. Este prego notificarase por medios electrónicos á persoa ou persoas presuntamente responsables, que dispoñerán dun prazo de dez días hábiles para formular as súas alegacións, achegar os documentos e informacións que consideren oportunos para a súa defensa e propoñer a práctica de probas. 5. Contestado o prego de cargos ou transcorrido o prazo sen facelo, a persoa instrutora poderá acordar a práctica da proba que considere oportuna e dará audiencia a todas as persoas interesadas no procedemento disciplinario, no prazo de dez días hábiles. Artigo 56. Proposta de resolución 1. A persoa instrutora, nos dez días hábiles seguintes, elaborará unha proposta de resolución na que se fixarán os feitos de maneira motivada, con especificación dos que se consideren probados e a súa exacta cualificación xurídica, coa determinación da infracción que constitúa e a persoa ou persoas que resulten responsables, especificando a sanción que se propón impoñer e as medidas provisionais adoptadas. 2. No caso de que a sanción tivese a cualificación de grave, e sempre que se cumpran os requisitos establecidos nesta norma de convivencia, a persoa instrutora, despois de elaborar a proposta de resolución, poderá expor ás persoas interesadas no procedemento disciplinario que fosen parte afectada a substitución da sanción disciplinaria por unha medida de carácter educativo ou recuperador, cunha duración determinada. O prazo para mostrar a conformidade ou desconformidade será de tres días hábiles. A falta de contestación suporá una desconformidade coa proposta realizada. Se dentro deste prazo se recibise a conformidade das persoas interesadas, na proposta de resolución sancionadora que se remita ao reitor incorporarase a medida substitutiva en lugar da sanción prevista, especificándose os mecanismos que garantan o efectivo cumprimento destas medidas. Cando non se obteña a conformidade no prazo indicado manterase a proposta de resolución sancionadora que se elaborou inicialmente. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/EFCB-EBE2-4182-A2CD Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: EFCB-EBE2-4182-A2CD 22 / 27
22 3. Se a persoa instrutora aprecia que non existe infracción disciplinaria ou responsabilidade incluirá na súa proposta de resolución o arquivo do expediente. Artigo 57. Trámite de audiencia 1. A proposta de resolución notificarase á ou ás persoas presuntamente infractoras, que terán un prazo de dez días hábiles para alegar perante a persoa instrutora canto consideren conveniente na súa defensa e achegar os documentos e informacións que estimen pertinentes, e que non puideran achegar no trámite anterior. 2. A persoa instrutora, de ser o caso, incorporará de forma motivada á proposta de resolución a contestación ás alegacións presentadas. Artigo 58. Resolución do procedemento disciplinario 1. No prazo de dez días hábiles tras a conclusión do trámite de audiencia, a persoa instrutora elevará ao reitor a proposta definitiva de resolución do procedemento disciplinario. 2. Unha vez recibido o expediente completo do procedemento disciplinario, o reitor poderá acordar devolvelo á persoa instrutora para que o complete e practique as dilixencias que considere imprescindibles para a súa resolución. Realizadas estas dilixencias, a persoa instrutora terá que elaborar unha segunda proposta de resolución e conceder un segundo trámite de audiencia antes de remitirlle o expediente ao reitor para a súa resolución. 3. O reitor, ao resolver o procedemento disciplinario, poderá apartarse da proposta de resolución da persoa instrutora, de forma motivada e aténdose aos feitos considerados probados durante a fase de instrución. Se considera que a infracción ou a sanción revisten maior gravidade que a determinada na proposta de resolución, notificarao á persoa presuntamente responsable e ao resto das persoas interesadas para que acheguen cantas alegacións estimen convenientes no prazo de quince días hábiles. 4. A resolución que poña fin ao procedemento disciplinario será motivada e decidirá todas as cuestións formuladas polas persoas interesadas, así como aqueloutras que resulten do procedemento. Artigo 59. Finalización do procedemento 1. O procedemento poderá finalizar pola resolución sancionadora, polo arquivo das actuacións, polo recoñecemento voluntario da responsabilidade, pola declaración de caducidade, pola desistencia da Universidade ou por imposibilidade material debida a causas sobrevidas. 2. A resolución que poña fin ao procedemento disciplinario esgotará a vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ou recurso potestativo de reposición. 3. No caso de que exista unha medida cautelar, esta manterase en tanto non se execute a sanción. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/EFCB-EBE2-4182-A2CD Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: EFCB-EBE2-4182-A2CD 23 / 27
23 Artigo 60. Procedemento disciplinario simplificado 1. De conformidade co disposto nos artigos 19 g) da Lei de convivencia universitaria e 96.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando a persoa instrutora aprecie que existen elementos suficientes para considerar que os feitos poden dar lugar a unha falta leve, poderá acordar a tramitación de forma abreviada do procedemento disciplinario, que será notificado a todos os interesados. 2. Esta tramitación simplificada realizarase aínda que medie a oposición expresa por parte das persoas presuntamente infractoras. 3. Os procedementos disciplinarios respecto de estudantes da USC tramitados de maneira abreviada deberán ser resoltos no prazo de trinta días hábiles a contar desde o seguinte á data na que se notifique ás persoas interesadas o acordo de tramitación simplificada do procedemento, e constarán unicamente dos seguintes trámites: a) Inicio do procedemento de oficio con formulación do prego de cargos. b) Alegacións formuladas fronte ao prego de cargos, nun prazo máximo de cinco días hábiles. c) Proposta de resolución. d) Trámite de alegacións á proposta de resolución, nun prazo máximo de cinco días hábiles. e) Resolución do reitor. Artigo 61. Caducidade do procedemento disciplinario 1. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución dun procedemento disciplinario é de seis meses a contar desde a data da resolución de incoación á persoa interesada, salvo nos tramitados de forma simplificada, nos que o prazo será de trinta días hábiles. 2. O vencemento do prazo máximo para resolver sen que se teña ditado e notificado a resolución expresa producirá a caducidade, que por si soa non terá como efecto a prescrición da falta. 3. Os prazos establecidos neste procedemento poderán ampliarse, a petición da persoa instrutora, por motivos persoais, períodos académicos sen docencia ou outras causas debidamente xustificadas. O reitor concederá ou denegará esta ampliación, debendo figurar no expediente disciplinario a concesión ou a denegación. A ampliación de prazos só interromperá a caducidade nos casos establecidos na lexislación xeral de procedemento administrativo. CAPÍTULO IV Execución e anotación das sancións disciplinarias Artigo 62. Execución das sancións 1. As sancións disciplinarias débenas cumprir os estudantes sancionados nos termos e prazos Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/EFCB-EBE2-4182-A2CD Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: EFCB-EBE2-4182-A2CD 24 / 27
24 indicados na resolución sancionadora. 2. O reitor, de oficio ou a instancia da persoa interesada, e sempre que exista causa fundamentada, pode acordar a suspensión temporal da sanción por un período inferior ao de prescrición das sancións. 3. As sancións disciplinarias, de interpoñerse un recurso de reposición contra elas, quedarán suspendidas ata que este se resolva, sen prexuízo da suspensión ou medida cautelar que puidese acordar o órgano xudicial contencioso-administrativo. Artigo 63. Anotación no expediente académico As sancións, excepto a de amoestación privada, anotaranse no expediente académico do estudante con expresión da falta que as motivou e cancelaranse, de oficio ou por pedimento da persoa interesada, dende o total cumprimento da sanción. Artigo 64. Efectos da fraude académica sobre os títulos oficiais e propios da USC Se da resolución sancionadora resultase que a persoa infractora obtivo fraudulentamente un título oficial ou propio expedido pola USC, o reitor acordará a incoación dun procedemento de revisión de oficio para declarar a súa nulidade de pleno dereito, nos termos establecidos no artigo 106 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Disposición adicional primeira. Normas de convivencia dos centros adscritos da USC 1. Os centros adscritos poderán establecer as súas propias normas de convivencia, logo da emisión de informe polo Consello de Goberno da USC. 2. O réxime disciplinario establecido neste regulamento aplicarase ao estudantado dos centros adscritos da USC, coas especificidades que se poidan determinar na regulamentación interna destes. Disposición adicional segunda. Adaptación dos protocolos aos que fai referencia o Título III deste regulamento O Protocolo de prevención e actuación fronte ao acoso sexual e o acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero e o Protocolo de actuación fronte ao acoso psicolóxico, a violencia psicolóxica e outras situacións de conflito relacional no traballo deberanse revisar para adaptalos a este regulamento no prazo de un ano desde a entrada en vigor deste. Disposición adicional terceira. Adaptación dos réximes sancionadores aplicables ás persoas usuarias dos servizos universitarios Os réximes sancionadores de aplicación aos usuarios dos servizos universitarios deberanse Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/EFCB-EBE2-4182-A2CD Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: EFCB-EBE2-4182-A2CD 25 / 27