scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

A tradución audiovisual como recurso didáctico no proceso de ensinanza-aprendizaxe de linguas

Pardo Álvarez, Héctor

Abstract

[GL] No presente traballo explorarase a potencial validez da tradución como recurso didáctico para a aprendizaxe integrada de linguas ambientais e estranxeiras. Sobre a base de fontes bibliográficas de diversa índole, abordarase un percorrido pola historia da tradución e a súa vinculación coa didáctica das linguas e desenvolverase un marco teórico que sirva como fundamento metodolóxico para o deseño e aplicación dunha proposta didáctica, coa tradución audiovisual como recurso central, destinada a aplicarse nun curso de educación secundaria. Cos obxectivos primordiais de incidir na motivación do alumnado e de contribuír á integración do proceso formativo en linguas, a observación do desenvolvemento da intervención e as valoracións e resultados obtidos ao seu remate achegarannos información acerca do grao de consecución destes obxectivos e do potencial da proposta para contribuír ao tratamento efectivo dos contidos e competencias que se fixou como propósito estimular. Esta información permitirá, así mesmo, tirar conclusións acerca da potencial validez da tradución como recurso didáctico no marco do contexto educativo actual.

Full text

A tradución audiovisual como recurso didáctico no proceso de ensinanza-aprendizaxe de linguas Traballo de Fin de Máster Curso académico 2016/2017 Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas estranxeiras Autor: Héctor Pardo Álvarez Director: Modesto Anibal Rodríguez Neira Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas Facultade de Formación do Profesorado (Lugo) A tradución audiovisual como recurso didáctico no proceso de ensinanza-aprendizaxe de linguas La traducción audiovisual como recurso didáctico en el proceso de enseñanza-aprendizaje de lenguas Audiovisual translation as a teaching resource in the Teaching-Learning Process of Languages RESUMO No presente traballo explorarase a potencial validez da tradución como recurso didáctico para a aprendizaxe integrada de linguas ambientais e estranxeiras. Sobre a base de fontes bibliográficas de diversa índole, abordarase un percorrido pola historia da tradución e a súa vinculación coa didáctica das linguas e desenvolverase un marco teórico que sirva como fundamento metodolóxico para o deseño e aplicación dunha proposta didáctica, coa tradución audiovisual como recurso central, destinada a aplicarse nun curso de educación secundaria. Cos obxectivos primordiais de incidir na motivación do alumnado e de contribuír á integración do proceso formativo en linguas, a observación do desenvolvemento da intervención e as valoracións e resultados obtidos ao seu remate achegarannos información acerca do grao de consecución destes obxectivos e do potencial da proposta para contribuír ao tratamento efectivo dos contidos e competencias que se fixou como propósito estimular. Esta información permitirá, así mesmo, tirar conclusións acerca da potencial validez da tradución como recurso didáctico no marco do contexto educativo actual. Palabras clave: tradución, didáctica integrada de linguas, motivación, TICs, aprendizaxe baseada en tarefas RESUMEN En el presente trabajo se explorará la potencial validez de la traducción como recurso didáctico para el aprendizaje integrado de lenguas ambientales y extranjeras. Sobre la base de fuentes bibliográficas de diversa índole, se emprenderá un recorrido por la historia de la traducción y su vinculación con la didáctica de las lenguas y se desarrollará un marco teórico que sirva como fundamento metodológico para el diseño y aplicación de una propuesta didáctica, con la traducción audiovisual como recurso central, destinada a ser aplicada en un curso de educación secundaria. Con los objetivos primordiales de incidir en la motivación del alumnado y de contribuir a la integración del proceso formativo en lenguas, la observación del desarrollo de la intervención y las valoraciones y resultados obtenidos a su conclusión nos aportarán información acerca del grado de consecución de estos objetivos y del potencial de la propuesta para contribuir al tratamiento efectivo de los contenidos y competencias cuya estimulación se fijó como propósito. El grado de cumplimiento de estos objetivos permitirá, así mismo, extraer conclusiones acerca de la potencial validez de la traducción como recurso didáctico en el contexto educativo actual. Palabras clave: traducción, didáctica integrada de lenguas, motivación, TICs, aprendizaje basado en tareas ABSTRACT This paper will examine the validity of translation as a teaching resource for the comprehensive learning of native and foreign languages. Based on diverse bibliographical sources, an historical overview on the field of translation and its linkage with language teaching will be launched. Moreover, a theoretical framework will be developed in order to serve as a methodological basis for the design and implementation of a didactic proposal with audio-visual translation as a central resource for a course of secondary education. With the main objectives of positively affecting students’ motivation and contributing to the integration of languages training process, the observation of the intervention development and the assessments and results obtained at the end will provide information about the degree of achievement of these objectives and about the potential of the proposal to contribute to the effective treatment of the contents and competences set to be encouraged. This information will also help to draw conclusions about the legitimacy of translation as a teaching resource within the current educational environment. Key words: translation, integration of didactic approaches, motivation, ICTs, taskbased learning Índice 1. Introdución ......................................................................................................................... 1 2. Xustificación e obxectivos ................................................................................................. 2 3. Marco teórico ..................................................................................................................... 4 3.1. A tradución como potencial recurso didáctico ............................................................ 4 3.1.1. O método gramática-tradución ............................................................................. 4 3.1.2. Auxe dos enfoques singulares e marxinación da tradución ................................. 4 3.1.3. A evolución da tradución como disciplina ........................................................... 6 3.1.4. A tradución na ensinanza de linguas: obxeccións e vantaxes .............................. 9 3.1.5. A tradución audiovisual ..................................................................................... 14 3.2. Didáctica integrada de linguas ................................................................................... 17 3.3. Aprendizaxe baseado en tarefas ................................................................................ 20 3.4. Emprego das TICs ..................................................................................................... 23 4. Proposta didáctica ............................................................................................................ 25 4.1. Deseño da proposta didáctica .................................................................................... 25 4.2. Aplicación da proposta didáctica ............................................................................... 34 4.2.1. Primeira sesión ................................................................................................... 35 4.2.2. Segunda sesión ................................................................................................... 37 4.2.3. Terceira sesión .................................................................................................... 41 4.2.4. Cuarta sesión ...................................................................................................... 42 4.2.5. Quinta sesión ...................................................................................................... 43 4.3. Valoración e resultados ............................................................................................. 44 5. Conclusións ...................................................................................................................... 49 6. REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS ............................................................................. 52 Anexo 1 .................................................................................................................................... 54 Anexo 2 .................................................................................................................................... 60 Anexo 3 .................................................................................................................................... 61 Anexo 4 .................................................................................................................................... 63 Anexo 5 .................................................................................................................................... 67 Anexo 6 .................................................................................... Error! Bookmark not defined. 6 Na liña do arriba apuntado por Newmark, unha das principais razóns a ter en conta para entender porqué o método gramática-tradución ensinaba “mala gramática” a partir da tradución como elemento capital, é que a tradución mediante a que pretendía ensinar era tamén “mala tradución”. Dende a óptica que subxace á proposta deste traballo, non hai ningunha razón inherente á natureza da tradución que a invalide como elemento ou recurso para a ensinanza de linguas. Os aspectos do método gramática-tradución que foron obxecto de crítica e que, infelizmente, como consecuencia inhabilitaron por moito tempo a tradución en xeral como recurso para a ensinanza de linguas, son produto nomeadamente da concepción da tradución inherente a este método, acorde a un momento histórico no que a tradución como ciencia ou disciplina aínda non era unha realidade e as teorías de signo oposto que posteriormente rexerían as prácticas tradutivas eran aínda marxinais. 3.1.3. A evolución da tradución como disciplina Ao longo da historia da tradución como práctica, dende que San Xerome, autor da Vulgata, estableceu no século IV dous modos diferentes de traducir – tradución baseada no sentido para os textos profanos e tradución literal para os textos sagrados –, existiu sempre unha dicotomía tradución literal vs tradución libre, que parte da expectativa popular de que unha tradución ha de ser fiel ao orixinal. Que significa, non obstante, fidelidade ao orixinal? Con frecuencia este concepto tomouse coma un equivalente de literariedade (Nida, 1964). Así aconteceu durante os séculos XVIII e XIX , nos que a vontade de achegar os autores clásicos ao pobo dende a Ilustración e o respecto e admiración pola cultura clásica latente no Romanticismo, carrexaron que a tradución estivese centrada en salvagardar o estilo e estrutura dos textos o máximo posible, o que explica o que acontece no plano da ensinanza co método gramática-tradución. O foco está posto aquí no autor. Se ben durante este período, na etapa preteórica, xa existen precedentes como Alexander Fraser Tytler, que na súa obra Essay on the Principles of Translation (1792) xa pensaba que unha tradución debía constituír unha translación da idea e sentido do texto orixinal e posuír unha fluidez similar, non sería ata ben entrado o século XX cando comezase a etapa teórica da tradución, como consecuencia das mudanzas no panorama socio-económico ocasionadas pola Segunda Guerra Mundial. O xurdimento de novas potencias ou a intensificación das relacións internacionais traerán entón como resultado a consideración da tradución como ciencia e non coma arte. Neste contexto, xorden os primeiros teóricos da tradución, como Jean Vinay e Jean-Paul Dalbernet, que na súa obra Stylistique comparée du français et de l’anglais. Méthode de traduction (1958) comezan a ter en conta a arbitrariedade do signo lingüístico e a 7 defender de maneira xustificada o afastamento da tradución literal. Partindo da estilística comparada, estes autores manteñen que cada lingua ten os seus propios mecanismos de expresión e propoñen unha serie de procedementos técnicos para encetar traducións non literais. Nida(1964), pola súa banda, é o primeiro en contemplar a tradución como acto comunicativo. Segundo este autor, a unidade de tradución debe ser o texto e a equivalencia non consiste na procura de equivalentes para segmentos de enunciados, senón nun proceso de reprodución do carácter xeral da comunicación. O foco pasa entón de estar centrado no autor a estalo no receptor. Así, o obxectivo último da tradución será que o lector do texto meta experimente o mesmo efecto que o lector do texto fonte, para o que será preciso tomar en consideración a relación intercultural e outros elementos extralingüísticos, así como aplicar procedementos do corte proposto por Vinay e Dalbernet . Posteriormente, Gerardo Vázquez-Aroya, na súa obra Introducción a la traductología (1977), introduce un elemento de gran importancia no desenvolvemento posterior da disciplina: a noción de frecuencia. Isto implica que aínda podendo traducir de maneira literal unha determinada construción, cómpre empregar no texto meta a expresión que na cultura de chegada da tradución conte cunha frecuencia de uso equivalente á expresión empregada no orixinal. A tradución consolídase como disciplina independente nos anos 1970 e 1980 do pasado século a partir dos intentos de Holmes(1972) por definila como tal tras o declive das disciplinas nucleares e a constatación da necesidade de tomar en consideración as achegas doutras disciplinas para adoptar unha perspectiva integral que dese conta de tódolos factores envolvidos na comunicación humana. A medida que se suceden os autores e o pouso teórico da disciplina se afianza, a tradución non literal vai pasando de ser unha vía complementaria á que recorrer cando a literal non é posible a converterse en primeira opción e en hexemónica. Papel especial neste proceso xogou a denominada Teoría do Sentido, que comezou a desenvolverse en París a finais da década de 1970 da man de Danica Seleskovitch. A teoría parte dunha diferenciación clara entre significado e sentido. O significado pertence a lingua e non contempla o contexto, mentres que o sentido está en relación co que o emisor dun texto desexa dicir nunha situación comunicativa concreta por medio do significado dos signos lingüísticos. Segundo a Teoría do Sentido, debe traducirse o que se di por medio da lingua e non a lingua en si, e isto, o sentido, é independente dos recursos lingüísticos empregados para expresalo, polo que un mesmo sentido pode expresarse de múltiples maneiras na lingua meta. * As nocións que inspiraron a redacción deste apartado foron extraídas de P.Rodrigues, J.H (2017) 8 A tradución pasaría por tres etapas destinadas a evitar a literalidade, dende a súa óptica principal fonte de erro: 1) Comprensión do sentido do texto fonte mediante o tratamento dos signos lingüísticos e o seu significado e o coñecemento pragmático e sociolingüístico que ten a persoa que traduce (captar o sentido) 2) Desverbalización: Illar na mente os conceptos que expresan os enunciados á marxe da estrutura 3) Reverbalización no texto meta: Escoller os recursos lingüísticos da linga meta máis axeitados para expresar o sentido illado na fase previa coa riqueza discursiva e expresiva do orixinal Xorde así por primeira vez da man de Newmark (1988) a denominación tradución comunicativa, posteriormente chamada tamén instrumental polas correntes funcionalistas. O funcionalismo, cuxo principal expoñente foi Christiane Nord, incidiu nos factores extratextuais (finalidade do texto no seu entorno meta, receptor, texto orixinal, autor etc.) e intratextuais (tema, contido, presuposicións, léxico, estrutura oracional etc.) e na interacción entre estes, como elementos decisivos á hora de decidir como traducir. O autor dun texto orixinal, nas condicións impostas polo contexto extralingüístico, crea o texto mediante a manipulación dos factores intratextuais, e produce un determinado efecto no receptor. O tradutor debe esforzarse en captar o sentido a partir dos significados presentes nos signos lingüísticos e reproducilo nun contexto extralingüístico de recepción diferente a través da creación dun novo texto nun código diferente, manipulando axeitadamente os factores intratextuais. O camiño que seguiu a tradución como disciplina dende a concepción que inspirou o método gramática-tradución, dá boa conta, cando menos, do afastamento deste método que a día de hoxe rexería os principios de aplicación de calquera intervención didáctica que tomase a tradución como recurso. A utilización da tradución na ensinanza de linguas na actualidade ten o potencial para garantir unha aproximación práctica e comunicativa, que tome as linguas como elementos integrados en contextos culturais máis amplos e se interese nomeadamente nos contidos lingüísticos e non nos continentes. Con todo, é necesario explorar as potenciais diferenzas que poidan existir entre a práctica da tradución real e a tradución para a ensinanza de linguas e fornecer argumentos capaces de rebater as obxeccións vertidas sobre a aplicación da tradución na ensinanza. 9 3.1.4. A tradución na ensinanza de linguas: obxeccións e vantaxes A partir da publicación do traballo Fonctions de la traduction en didactique des langues, de Elisabeth Lavault (1985), que difundiu o termo “tradución pedagóxica”, algúns autores (Sánchez Iglesias 2009; Vermes, 2010) desenvolveron este concepto por oposición á tradución profesional, entendendo esta última tamén como a propia da formación de tradutores. As características que segundo Vermes (2010, p.83) as diferencian son a función, o obxectivo e o destinatario da tradución. A función, no caso da tradución pedagóxica, debería estar máis en relación co proceso que co resultado, toda vez que a tradución constitúe unha ferramenta práctica para a mellora da competencia do estudante. As regards function, pedagogical translation is an instrumental kind of translation, in which the translated text serves as a tool of improving the language learner’s foreign language proficiency. It is a means of consciousness-raising, practising, or testing language knowledge [...] In real translation, on the other hand, the translated text is not a tool but the very goal of the process. No que se refire ao obxecto da práctica tradutiva, na tradución profesional a transmisión do significado do texto orixinal é o obxectivo per se, mentres que na tradución pedagóxica, esta transmisión, sumada á corrección formal, debe concibirse como información do grao de competencia do estudante; unha competencia cuxo desenvolvemento é o obxecto da práctica tradutiva. The object of real translation is information about reality, contained in the source text, whereas in pedagogical translation it is information about the language learner’s level of language proficiency. Existe unha última diferenza característica que ten que ver co destinatario dos dous tipos de tradución. In real translation it is a target language reader wanting some information about reality, while in pedagogical translation the addressee is the language teacher or the examiner, wanting information about the learner’s proficiency. Nesa liña, Schäffner (citado en Malmkjær,1998) mantén que na tradución pedagóxica se reproduce a mensaxe do texto fonte ao tempo que se presta atención ás diferentes estruturas lingüísticas. O obxectivo subxacente é o desenvolvemento da competencia nunha lingua e non o dominio da técnica de tradución. Malmkjaer (1998) achega unha serie de obxeccións que adoitan esgrimirse en contra da tradución para a ensinanza de linguas: 10 1) A tradución é independente e cualitativamente diferente das catro destrezas que definen a competencia lingüística 2) Resta tempo e espazo para a ensinanza destas catro destrezas 3) É antinatural 4) Induce os estudantes a pensar erroneamente que existen correspondencias exactas entre dúas linguas 5) Produce interferencia Se nos centramos no enfoque orientado á acción adoptado polo Marco común de referencia para las lenguas: aprendizaje, enseñanza, evaluación (2002) (en adiante MCERL), a cuxa concepción da ensinanza de linguas nos adscribimos ao propoñermos esta intervención didáctica, este pon o foco no desenvolvemento da competencia comunicativa e na súa aplicación mediante as diferentes actividades de lingua que interveñen na realización de tarefas. Entendéndoa coma un recurso complementario, e en ningún caso coma un método xeral de ensinanza de linguas, pode ter cabida a tradución baixo o paraugas deste enfoque? Segundo Vermes (2010), “The objections to the use of translation in language teaching are all based on a limited view of translation. Translation is not only structure manipulation; it is primarily a form of communication”. Nesta liña, as obxeccións (1) e (2) revélanse pouco fundadas na medida en que resulta imposible abordar unha tradución sen a intervención de, cando menos, dúas das catro destrezas: comprensión oral ou escrita e expresión oral ou escrita. Os estudantes que leven a cabo unha actividade de tradución vense na obriga, por tanto, de poñer en práctica estas destrezas (Malmkjaer,1998). É máis, a tradución pode constituír unha ferramenta de gran utilidade para traballar de maneira conxunta a competencia en dúas linguas, polo que, cunha adecuada planificación e coordinación entre materias , mesmo é de utilidade para economizar tempo e recursos, e, en ningún caso, resta espazo á práctica das destrezas por separado. Vermes (2010) achega outro argumento en contra destas dúas primeiras obxeccións que tamén é útil para refutar a terceira: as modern cognitive theories (e.g. Fodor 1983 or Anderson 1992) describe the processes of speaking, listening, reading and writing as all relying on a form of mental translation, the idea that translation as a skill should be regarded as separate from, or subsequent to, the other four skills, does not seem well founded. 11 Se esta aseveración nega a independencia da tradución con respecto ás catro destrezas, ao mesmo tempo afirma que a tradución como proceso é algo inherente á natureza humana, como parece lóxico pensar dada a existencia desta práctica entre linguas dende hai milenios. É máis, Malmkjaer (1998) pregúntase que posible razón pode haber para non concibir a tradución como unha competencia natural que se estimule como tal na aula se tomamos en consideración que a maior parte da poboación mundial e bi- ou plurilingüe e a tradución é unha actividade plenamente estendida. Nesta liña, o MCERL (2002, p.14) afirma que a competencia comunicativa dos individuos se pon en funcionamento coa realización de distintas actividades da lingua que comprenden a comprensión, expresión, interacción e mediación. Estas últimas, as actividades de mediación, entre as que se inclúe a tradución e a interpretación, consisten no (re)procesamento dun texto existente e ocupan un lugar importante no funcionamento lingüístico normal das sociedades. No que se refire ás obxeccións (4) e (5), Lado (citado en Sánchez Iglesias, 2009) apunta que, se os houber, existen escasos equivalentes perfectos entre dúas linguas e que o estudante pode xeneralizar erroneamente o uso dun equivalente na lingua meta da tradución independentemente do contexto a calquera situación na que apareza a palabra ou estrutura orixinal. Porén, o establecemento de correspondencias constitúe unha das principais dificultades dos aprendices de linguas, e o feito de que se produzan tan de cotío estas interferencias é boa proba de que, en consonancia cunha concepción da competencia comunicativa como única e subxacente, o estudante non constrúe a súa competencia en L2 ou LE sobre un folio en branco, senón sobre a base da súa competencia en L1. Se aceptamos que a interferencia é susceptible de darse en calquera situación de aprendizaxe de linguas, os exercicios de tradución teñen a vantaxe de suscitar a toma de conciencia e o control sobre este fenómeno (Malmkjaer, 1998). Ademais, lonxe do paradigma gramática-tradución, a tradución ofrece a oportunidade de traballar con unidades discursivas reais na procura dunha aprendizaxe que evite na medida do posible os contidos teóricos repetitivos, reducidos á frase como unidade de análise e desligados do uso da lingua. Se abordamos, pois, a tradución nun marco práctico e contextualizado, a interferencia pode darse mesmo con menor probabilidade que no curso doutras actividades, pois o contexto facilitará a comprensión de maneira máis profunda e impedirá unha análise superficial. Harmer (1991, p.71), chama a atención sobre o feito de que “Not all languages have words for exactly the same concepts, and it is often the case that in a given language there is not really a 12 word which means the same as a word in another language”. Isto que Harmer sinala como unha debilidade da tradución, pode entenderse porén como unha fortaleza na medida en que a tradución pode contribuír a entender os mecanismos de expresión propios dunha lingua, a suscitar a reflexión metalingüística e a estimular a competencia lingüística e pragmática, como así recoñece o Marco de Referencia para los Enfoques Plurales de las Lenguas y de las Culturas( 2008, p.7) (en adiante MAREP): “la traducción puede ser, en algunas fases de la enseñanza-aprendizaje, un excelente punto de partida para la reflexión comparativa de las lenguas” (MAREP 2008, p.5). Isto implica que, aínda que efectivamente apenas existan equivalentes perfectos entre linguas e se poida dar o caso de unha cultura non ter palabra para determinado concepto si designado na lingua fonte, a práctica da tradución posibilita a toma de conciencia sobre esta realidade e estimula a posta en marcha dos recursos necesarios para establecer equivalencias que non teñen por qué, e de feito non adoitan, consistir na busca dunha correspondencia palabra-palabra, senón unicamente na transmisión do sentido do texto. De feito, o MAREP (2008, p. 50-52) comprende o coñecemento acerca das semellanzas e diferenzas entre linguas como unha das seccións na lista de saberes (C) que debe adquirir o aprendiz de linguas. Así, neste documento queda plasmada a pertinencia de saber, entre outros aspectos, que cada lingua ten un sistema propio e unha maneira específica de aprender e organizar a realidade; saber que pode haber diferentes categorías gramaticais para describir o funcionamento da lingua ou unha diferente natureza destas categorías mesmo en caso de ser compartidas; saber que non existe unha equivalencia palabra a palabra dunha lingua a outra; saber que a organización dos enunciados pode ser diferente segundo as linguas ou saber que entre os sistemas de comunicación verbal e non verbal das diferentes linguas e culturas existen tamén diferenzas. Asúmese nestas páxinas que a tradución dunha lingua a outra a miúdo precisa recorrer a tratamentos diferentes e raramente se pode facer palabra por palabra. Que mellor medio pode haber entón para adquirir dunha maneira práctica, activa e significativa estes saberes? Dende a nosa perspectiva, a tradución presenta un enorme potencial como medio para tomar consciencia de todas estas realidades e enriquecer a competencia plurilingüe dos aprendices de linguas a través dunha abordaxe práctica. Algunhas das técnicas tradutivas que se poden empregar para establecer equivalencias válidas segundo o contexto cando a tradución literal non é posible aparecen recollidas en Molina e Hurtado (2002, p.509-511). Este compendio de procedementos técnicos é o resultado de compilar as achegas de autores como Vinay e Dalbernet (1958), Nida (1964), Vázquez – Aroya (1977) ou Gonçalves Barbosa, que os propuxeron como medio para garantir unha 13 verdadeira transmisión do sentido dos textos e evitar a tradución literal, concibida como fonte sistemática de erro por mor das inevitables diferenzas estruturais entre linguas. 1) Adaptación: consiste en mudar un elemento que cumpre unha determinada función comunicativa no texto fonte, destinado a unha cultura determinada, por outro que cumpra a mesma función na cultura meta. Un exemplo podería ser traducir dende o inglés ao galego “Friday 13th”, que nas culturas anglosaxonas é a data asociada ao mal fado, ao galego “Martes e 13” para así reflectir a intención comunicativa presente no texto orixinal. Se fixermos unha translación literal das palabras o sentido perderíase, polo que o desempeño do estudante nesta cuestión achega información ao docente acerca do seu grao de comprensión; de se é profunda ou pola contra superficial 2) Amplificación: naqueles casos nos que a información compartida na cultura fonte dea como resultado a omisión dunha determinada información por estar xa implícita na situación comunicativa, cómpre preguntarse se esta omisión, que na cultura fonte responde á máxima de relación do principio de cooperación: “ non diga o que non sexa relevante” (Grice 1975), é transferible á cultura meta, na que a información en cuestión pode ser necesaria para comprender o enunciado ou texto. Nalgúns casos isto implica levar a cabo amplificacións ou explicitacións. A correcta determinación de cando é ou non preciso facelo está estreitamente ligada á competencia pragmática do individuo. 3) Explicación: Consiste en achegar unha definición ou descrición do termo orixinal cando non existe un elemento equivalente na lingua meta ou designe unha realidade descoñecida. 4) Neutralización: En ocasións pode resultar útil traducir un termo ou expresión da lingua fonte botando man na lingua meta dun termo xenérico máis amplo que o englobe e que cumpra igualmente na cultura receptora co propósito comunicativo orixinal, se ben con menor concreción 5) Particularización: Proceso contrario ao anterior 6) Transposición: Cambio na categoría gramatical. Moi frecuente en tradución 7) Equivalente establecido: Trátase de transmitir o significado orixinal dunha expresión propia da cultura fonte que fai referencia a unha determinada realidade por outra expresión diferente na cultura meta que apela a esa mesma realidade, común a ambas as culturas. Un exemplo podería ser a expresión inglesa “it rains cats and dogs”, que encontraría mellor equivalencia en Galicia coa expresión “chove a chuzos” ou “chove a cántaros” que cunha tradución literal. 14 En contraste coa percepción tradicional da tradución como copia, detrás dunha boa práctica tradutiva hai sempre un alto grao de creatividade e proactividade, que xustifica a súa utilidade como recurso didáctico dende dunha concepción afastada do paradigma gramática-tradución. Estas técnicas, expostas a modo de exemplo, non esgotan nin moito menos a variedade de estratexias que se poden empregar no exercicio da práctica tradutiva (mediación) como medio para levar a cabo unha tarefa. O denominador común a todas elas é o énfase na transmisión do sentido nun contexto dado en detrimento do significado en abstracto ou da forma e a súa utilización adecuada ven marcada polas competencias xerais e comunicativas do tradutor, cuxo reforzamento, no caso da tradución para a ensinanza de linguas, constitúe o obxectivo das accións educativas. Nesa liña, o seu control e emprego achega ao docente información veraz acerca do grao de comprensión do texto fonte, pois na medida en que implican unha reformulación, para levala a cabo o estudante ten que ter comprendido a información de maneira significativa. Noutra orde de argumentos, cabe engadir que a súa utilización consciente constitúe un produtivo exercicio de comparación entre linguas e culturas e de reflexión metalingüística. 3.1.5. A tradución audiovisual Un medio que se presenta axeitado para aproveitar ao máximo os potenciais beneficios da tradución no marco da aprendizaxe baseada en tarefas é o audiovisual, particularmente na modalidade de subtitulado. Son moitas as voces que teñen defendido o emprego de material audiovisual na ensinanza de linguas, así como as que propoñen a tradución como recurso para explotar este medio. Os beneficios da utilización de material audiovisual son ilustrados someramente por Çákir: According to a research, language teachers like video because it motivates learners, brings the real world into the classroom, contextualizes language naturally and enables learners to experience authentic language in a controlled environment. Moreover, in this issue Arthur (1999) claims that video can give students realistic models to imitate for role-play; can increase awareness of other cultures by teaching appropriateness and suitability. (Çakir 2006, p 68) Así mesmo, Neves, en relación á tradución para o subtitulado apunta o seguinte: The introduction of training in audiovisual translation-particularly in subtitlingin a translation course in Portugal came to prove that, rather than becoming proficient subtitlers, the students attending such courses gained skills and language awareness that reflected itself in their performance in other courses and activities. This we believe to be due to junction of two elements -translation and audiovisualsthat have been accepted as assets to language learning in general; and to the fact that subtitling calls for an enormous variety of skills that can be improved through well staged activities covering the different steps of subtitling process (Neves 2004, p.129) 15 Çakir (2006) engade que o medio audiovisual facilita ademais a comprensión, en tanto que ilustra as relacións dun xeito que resultaría imposible só mediante palabras. As pistas visuais serven de apoio para comprender mesmo aquilo que nunca antes se escoitou. Se ben, a partir de aquí, entre os diferentes xéneros posibles, os documentais poderían resultar proveitosos nalgúns aspectos, a ficción presenta numerosas características que motivan a súa elección. En primeiro lugar, constitúe un material atractivo para o alumnado, para o que supón a principal fonte de contacto coa lingua estranxeira xunto co consumo de música. Nesa liña, Neves (2004, p.135) xa apuntaba: “The magical enchantment of the movie image, the attraction of working with computers and electronic equipment and, above all, the fun element makes tiresome tasks light and makes language learning pleasurable” Non se debe restar importancia a este motivo toda vez que a motivación do alumno para aprender se revela, por enriba de calquera outro factor estudado, como un elemento chave na aprendizaxe de linguas. Nese sentido, a tradución audiovisual pode non só favorecer a motivación intrínseca por aprender idiomas, senón tamén a extrínseca na medida en que o alumnado se vexa interesado en aprender para así acceder con maior facilidade a todo o universo de contidos comercializados en versión orixinal en inglés. A práctica do subtitulado, ademais, outorga ao alumno un papel activo neste proceso de tradución, e non de mero receptor dunha tradución audiovisual xa feita, o que dende a nosa perspectiva, reforza o peso da actividade como ferramenta de aprendizaxe. Á marxe disto, as películas e series, polas súas particularidades, préstanse a ser aproveitadas na aula para o desenvolvemento das diferentes competencias asociadas aos currículos das materias lingüísticas. Dunha banda, na medida en que están concibidas para falantes nativos, achegan input real e permiten traballar a comprensión oral en inglés sobre a base de material lingüístico de uso espontáneo (Katchen, 2002), o que ven supoñendo unha das principais eivas da ensinanza de inglés no noso país se tomamos como obxectivo último da ensinanza de linguas – e da educación en xeral - , a formación de cidadáns competentes para se comunicar, e, en último termo, para a vida en sociedade. “It is a fact that most students who have taken English courses formally remain insufficient in the ability to use the language and to understand its use, in normal communication, whether in the spoken or the written mode” (Çakir, 2006, p.67) . Pola súa parte, Neves (2004) chama a atención sobre o feito de que a tradución de produtos audiovisuais, abordada de maneira creativa, pode ofrecer innumerables oportunidades para mellorar a autoconciencia dos estudantes , levándoos a identificar as súas fortalezas e debilidades. Ademais, apunta que o contido audiovisual, tan rico en matices, 22 Como consecuencia de ello, al llevar a cabo sus intenciones comunicativas, los alumnos se centran principalmente en el significado” (MCERL, 2002, p.156). A tarefa convertese, pois, nun mecanismo que posibilita a aprendizaxe implícita da lingua. Deste xeito as formas lingüísticas que se utilizan adquiren un contexto. Con todo, a aprendizaxe baseada en tarefas caracterízase por conxugar a práctica da comunicación coa atención aos recursos lingüísticos necesarios. Na fase inicial de presentación e definición de obxectivos da tarefa, é conveniente activar as competencias e esquemas adecuados para a súa realización a partir da experiencia e coñecementos previos do alumnado para conseguir que o esforzo de procesamento durante a súa resolución queda reducido e incrementar as posibilidades de éxito. Así mesmo, no curso da tarefa, o enfoque prevé a posibilidade de centrarse na forma mediante as denominadas tarefas de apoio lingüístico ou posibilitadoras. Estas actúan como soporte das tarefas de comunicación e como ferramenta de corrección e buscan fortalecer o coñecemento explícito da lingua e a reflexión metalingüística. A focalización na forma permite percibir a evolución do coñecemento lingüístico do alumnado e a integración de novas estruturas para ampliar e enriquecer o sistema lingüístico. O uso preciso e fluído destas novas estruturas reverterá na mellora das competencias do alumnado. Polo tanto a intención que subxace a este interese pola forma hai que buscala no ánimo de aumentar a complexidade, a fluidez e a precisión do sistema lingüístico (Skehan 2001, p.17). Na medida en que na tarefa se resolve un problema práctico, a idea de buscar a consecución dunha meta pode favorecer a motivación intrínseca pola actividade (Ellis, citado en Trujillo, 2007). Ademais, se o traballo se realiza de xeito cooperativo en grupos ou parellas, o que é coherente coa filosofía do enfoque, pode contribuír tamén ao aumento da cohesión grupal e á mellora do clima de traballo na aula toda vez que os compoñentes do grupo comparten un obxectivo e interese común cuxa consecución só é posible se confiaren os uns nos outros. Se en relación ao comentado no apartado 3.1.5, propoñemos unha tarefa consistente na tradución para subtitulado dun capítulo dunha serie de ficción, o alumnado levará a cabo actividades da lingua – comprensión, expresión e mediación – nun contexto dado e baixo distintas condicións e restricións, consistentes na inferencia do sentido e a intencionalidade dun texto xa existente nunha lingua e na súa transmisión, con toda a carga de significado implícito aparellada, a outra lingua. A realización destas actividades da lingua suporá o exercicio non só da súa competencia lingüística senón tamén da competencia pragmática – discursiva e funcional – e a sociolingüística, que concretará na adopción de diferentes 23 estratexias para a resolución da tarefa, como o emprego e control das técnicas tradutivas mencionadas no apartado 3.1.4., a consulta de fontes documentais ou a petición de axuda a un compañeiro 3.4. Emprego das TICs Segundo se recolle no Decreto 86/2015 e na Orde ECD/65/2015, de 21 de xaneiro, pola que se describen as relacións entre as competencias, os contidos e os criterios de avaliación da educación primaria, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato, a utilización creativa, crítica e segura das TICs ocupa un lugar central na competencia dixital das persoas, unha das sete competencias clave que establece a Lei Orgánica 8/2013 para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE). La competencia digital conlleva el conocimiento de las principales aplicaciones informáticas. Supone también el acceso a las fuentes y el procesamiento de la información; y el conocimiento de los derechos y las libertades que asisten a las personas en el mundo digital. Igualmente precisa del desarrollo de diversas destrezas relacionadas con el acceso a la información, el procesamiento y uso para la comunicación, la creación de contenidos y la resolución de problemas, tanto en contextos formales como no formales e informales. La persona ha de ser capaz de hacer un uso habitual de los recursos tecnológicos disponibles con el fin de resolver los problemas reales de un modo eficiente, así como evaluar y seleccionar nuevas fuentes de información e innovaciones tecnológicas, a medida que van apareciendo, en función de su utilidad para acometer tareas u objetivos específicos (Orde ECD/65/2015, p.6955) A competencia para empregar as TICs adecuadamente é cada vez en maior medida un factor capital na sociedade da información, na que a competencia lectora audiovisual e multimedia se revela xa tan importante como a textual. “No estamos ante una posibilidad alternativa sino ante una realidad incontestable, fruto de un mundo que cambia a una velocidad inimaginable hace pocos años. Por ello hay que desarrollar competencias básicas para seguir aprendiendo durante toda la vida” (Aguilera, 2005, p.156). Unha educación que procure a formación das persoas para a sociedade de hoxe e de mañá non pode obviar a súa obriga de contribuír ao desenvolvemento da competencia dixital nin absterse de aproveitar os beneficios que achegan as TICs como ferramenta para a mellora dos procesos de ensinanza-aprendizaxe. Languages are not fixed but constantly changing. In order to expose foreign language learners to the target language, the use of technology need to be exploited in the classroom as much as possible[...] Particularly the use of video has received increasing attention in recent studies on technology integration into teacher education curricula (Özkan, 2002:1) 24 Alén do potencial das TICs para facilitar a exposición a material lingüístico real e contextualizado, a súa maior fortaleza radica na súa capacidade para vehicular unha aprendizaxe interactiva e participativa e asignarlle ao alumnado un papel axente e protagonista no proceso de aprendizaxe. Nesa liña, o acceso á rede permite unha aprendizaxe das linguas centrada no estudante, que asumindo un papel activo, encontra nela unha fonte inesgotable de recursos e fontes documentais de gran utilidade para resolver dúbidas e contrastar e complementar o seu traballo. Porén, esta proliferación de recursos incontrolada é ao mesmo tempo a maior ameaza de Internet. A formación do alumnado en materia de documentación na rede e o fomento dunha actitude crítica que garanta nel a capacidade de discriminación entre as innumerables fontes ás que ten acceso, revélase imprescindible para unha educación adaptada á realidade actual. Non obstante, se ben a presenza das TICs na aula de lingua estranxeira está máis asentada que noutras areas curriculares, a súa introdución efectiva na ensinanza segue a ser unha materia pendente en numerosos centros. A proposta e aplicación de tarefas e actividades que inclúan o emprego das TICs na súa metodoloxía revélase como o medio para amosar á comunidade educativa os beneficios profusamente documentados que estas achegan aos procesos de ensinanza-aprendizaxe e contribuír así á súa implantación paulatina. No que se refire á nosa, agárdase que o feito de traballar de maneira activa con recursos que posibilitan á exposición e interacción con audio e vídeo, ademais de contribuír á mellora de competencias, supoña un estímulo para que o alumnado encare a actividade cunha maior predisposición. Coa chegada de Internet, os usuarios viron facilitado o seu acceso a contidos de todo tipo dende o seu ordenador, a calquera hora e en calquera lugar. Así, a súa expansión e consolidación moldeou os hábitos e prácticas na sociedade e o consumo de series e películas creceu exponencialmente, afianzándose como unha das principais actividades de lecer nas sociedades occidentais. O público adolescente esta lonxe de constituír unha excepción a este fenómeno. “Hoy los niños llegan a las aulas con mucha información y experiencias que les suministran distintos medios ajenos a la institución escolar y que constituyen la base de sus saberes. Encauzar estos conocimientos es una de las tareas escolares” (Aguilera 2005, p.156) Na medida en que actividades levadas a cabo no marco do enfoque por tarefas deben estar necesariamente relacionadas cos intereses e necesidades dos estudantes (Trujillo 2007, p.77), o aproveitamento destes recursos con fins didácticos, que non podería ser posible sen a existencia das TICs, debería supoñer tamén un aliciente para o alumnado. Non só porque o traballo se dea sobre a base dun material axustado ás súas inquedanzas, senón tamén porque 25 idea de ser quen de entender series e películas en versión orixinal pode suscitar o seu interese por afianzar o seu coñecemento de inglés. 4. Proposta didáctica 4.1. Deseño da proposta didáctica A proposta de intervención didáctica, levada a cabo principalmente no contexto das prácticas docentes realizadas no marco do currículo do Máster de Formación de Profesorado, foi deseñada para a ensinanza de lingua galega e lingua inglesa no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes no nivel de 2º de BAC ( 2ºD, 2ºE e 2ºF) e para ser aplicada nas aulas das materias Lingua Galega e Literatura e Inglés Primeira Lingua Estranxeira. A súa realización foi posible, en gran medida, grazas a vontade das docentes responsables destas dúas materias de introducir actividades que permitisen tender cara unha coordinación das aprendizaxes entre materias lingüísticas e de sentar un precedente de cara a futuras actuacións. Co obxecto de explorar a viabilidade da introdución da tradución como recurso no marco da aprendizaxe regulada, deseñouse unha proposta didáctica que conxugase os elementos previamente expostos – didáctica integrada de linguas, aprendizaxe baseada en tarefas, emprego das TICs e tradución – como piares básicos sobre os que construír a intervención. Se ben estes piares se presentan de maneira indisociable na práctica, resulta conveniente por razóns de claridade expositiva distinguilos para entender a concepción subxacente á proposta. Así pois, para asociar estes piares, abordouse a planificación coa vontade de integrar a aprendizaxe de dúas linguas nunha mesma intervención didáctica, consistente na realización dunha tarefa grupal de tradución – audiovisual – que dirixise o propio proceso e determinase a introdución dos diferentes contidos, apoiándose no emprego das TICs como ferramenta, xa non só de utilidade didáctica, senón de imprescindible adquisición por parte do alumnado nos nosos días. O deseño da proposta levouse a cabo seguindo, con algunhas modificacións impostas polos condicionantes temporais e loxísticos, as indicacións recollidas en Alonso, C. G, Martos, S. D. (2007) acerca da pertinencia de contemplar unha serie de elementos á hora de deseñar tarefas de ensinanza-aprendizaxe. Así, planificouse a intervención establecendo en primeiro lugar uns contidos de aprendizaxe seleccionados do currículo de 2º de Bacharelato das correspondentes materias en función da situación e nivel do alumnado. Así mesmo, atendeuse ás condicións de realización da tarefa (recursos empregados, agrupamentos, tempos destinados ao desenvolvemento da tarefa, espazo no que levala a cabo) e deseñouse unha 26 presentación destinada a ofrecer indicacións para a súa resolución co ánimo de que unha mala comprensión das directrices non entorpecese o labor do alumnado. Así pois, entrando en materia, a planificación abordouse seguindo os seguintes pasos: 1) Observación das fortalezas e debilidades do alumnado e determinación de competencias a traballar. 2) Elección dun software de subtitulado. 3) Elaboración dun documento tutorial de axuda orientado a introducir o alumnado no dominio do software, os criterios prácticos para abordar unha tradución e as convencións e particularidades inherentes á práctica do subtitulado. 4) Elección dun texto en formato audiovisual cun nivel de lingua acorde ao curso de 2º de BAC que permitise sacar o máximo partido posible das vantaxes que se propuxeran explotar ao establecer os obxectivos da intervención educativa. 5) Fase piloto de experimentación da intervención no nivel de 4º de ESO 6) Formación dos grupos de traballo e organización da tarefa 1) Os labores de observación realizados no transcurso da primeira parte das prácticas docentes no mesmo contexto educativo uns meses antes serviron tanto para comprobar e acordar coas docentes responsables a pertinencia de aplicar unha intervención destas características como para determinar o nivel do alumnado e as súas fortalezas e eivas a raíz da observación do seu desempeño na aula e das probas que realizaron nese período. Así, na materia de Inglés Lingua Estranxeira, a pesar de que o nivel do alumnado cumpría polo xeral os obxectivos da etapa, constatouse por un lado o illamento con respecto da cultura e a sociedade co que se abordaba a lingua e por outro lado, a dificultade do alumnado para entender os listening significativamente e a súa tendencia a expresarse por medio dunha linguaxe limitada e pobre no plano funcional e discursivo da lingua. No que se refire a materia de Lingua Galega e Literatura, a problemática estaba en relación coa focalización da materia na morfoloxía, a gramática analítica ou a aprendizaxe de vocabulario en unidades illadas, e co rol pasivo que se lle asignaba ao alumnado. Desta maneira, o alumnado tiña poucas ocasións de reforzar a súa competencia expresiva, e isto unido á situación sociolingüística do centro, caracterizado por albergar alumnado na súa esmagadora maioría castelán falante, traía como resultado numerosos erros de lingua, nomeadamente por interferencia co castelán, escaseza de recursos expresivos e deficiencias relativas á coherencia e a cohesión na expresión escrita. 27 Así, deseñouse unha intervención didáctica concibida como tarefa complementaria de utilidade para traballar aqueles contidos relacionados cos estándares de aprendizaxe que demandasen unha atención especial. Con este propósito, o deseño e planificación partiu da atención aos contidos e obxectivos recollidos na Programación Xeral Anual dos departamentos de Lingua Galega e Literatura e Inglés Lingua Estranxeira do centro para o terceiro cuadrimestre de 2º de Bacharelato, deseñados a partir do Decreto 86/2015, de 25 de xuño, que establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e o bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia: LINGUA GALEGA E LITERATURA 2ºBAC TEMA/ U.D BLOQUE CONTIDOS B2 B3 B4 B2. COMUNICACIÓN ESCRITA B3 FUNCIONAMENTO DA LINGUA B4 LINGUA E SOCIEDADE 7,8 B2.1 Comprensión e produción de textos con axuda de estratexias e coñecementos lingüísticos, sociolingüísticos e pragmáticos. 3 7,8 B2.2 Planificación, produción e revisión de textos de distintos ámbitos adecuados, coherentes e ben cohesionados; axustados ás normas morfolóxicas e gramaticais e ben presentados 1 3 7,8 B2.5 Busca e selección de información procedente de fontes bibliográficas e dixitais e posterior organización e revisión das producións cos recursos que ofrecen as TIC 7 B2.6 Descrición das propiedades do texto e observación, nas producións propias e alleas, dos procedementos lingüísticos básicos de adecuación, coherencia e cohesión. 3 8 B3.6 Participación en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensión de libros e películas, etc.) nos que se utilicen varias linguas relacionados cos elementos transversais e nos que se eviten estereotipos lingüísticos ou culturais 8 B3.7 Identificación e progresiva utilización dos coñecementos sobre as linguas para desenvolver unha competencia comunicativa integrada 3 8 B4.4 Interferencias lingüísticas: Recoñecemento e evitación de castelanismos 1 Figura 1. Contidos da materia de Lingua Galega explotados pola intervención 28 INGLÉS PRIMEIRA LINGUA ESTRANXEIRA TEMA/ U.D BLOQUE CONTIDOS B1 B1.COMPRENSIÓN DE TEXTOS ORAIS B3.COMPRENSIÓN DE TEXTOS ESCRITOS B5. COÑECEMENTO DA LINGUA E CONSCIENCIA PLURILINGÜE E INTERCULTURAL 7,8 B1.1 B3.1 Estratexias de comprensión: Identificación do tipo textual adaptando a comprensión a este; figuración de hipóteses sobre o contido e o contexto; inferencia e figuración de hipóteses a partir da comprensión de elementos significativos, lingüísticos e paralingüísticos. 2 7,8 B1.2 Recoñecemento dos marcadores conversacionais máis habituais: verificadores, expresivos, apelativos e fáticos 2 3 7,8 B5.1 Patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación: recoñecemento e discriminación 2 7 B5.3 Aspectos socioculturais e sociolingüísticos: convencións sociais; recoñecemento de normas sociais, normas de cortesía e rexistros,costumes, valores, crenzas e actitudes, sentido do humor, usos lingüísticos axeitados ao contexto, referencias relativas á identidade cultural ou nacional; linguaxe non verbal e diferenzas entre a propia cultura e a cultura vehiculada pola lingua obxecto de estudo. 2, 8 B5.4 Plurilingüísmo: Consciencia das habilidades metalingüísticas adquiridas durante as aprendizaxes e transferencia destes coñecementos e estratexias dunha lingua á outra; participación en proxectos nos que se utilicen varias linguas relacionados cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos. 2 3 8 B5.6 Léxico: Recoñecemento de léxico común; recoñecemento e uso de expresións fixas frecuentes (locucións idiomáticas, esquemas fraseolóxicos, colocacións, frases feitas etc.) 8 B5.7 Estruturas sintáctico-discursivas propias de cada idioma Figura 2. Contidos da materia de Lingua Inglesa explotados pola intervención Planificouse pois unha intervención consistente na creación de subtítulos en galego para diferentes vídeos en inglés de maneira activa e práctica por parte do alumnado mediante a utilización dun software de subtitulado en equipos informáticos fornecidos polo centro. Na liña do sostido no apartado 3.1.5, a principal intencionalidade sobre a que descansa a elección do audiovisual e do subtitulado como medio para aplicar a tradución á ensinanza de linguas ven dada a un tempo polas posibilidades de mellora da competencia lingüística pragmática e sociolingüística nas dúas linguas e as vantaxes en canto a motivación que reportan, así como polo excelente potencial para suscitar a reflexión comparativa entre linguas e culturas dende unha comprensión plurilingüe da ensinanza de linguas. 29 No que se refire a lingua fonte da tradución, o inglés, o xénero audiovisual confire ao alumnado a posibilidade de estar exposto en todo momento a información oral e visual. A estimulación da comprensión oral abordada nun contexto que pretende reproducir fielmente a fala real da comunidade fonte concibiuse como o principal obxectivo no tocante á lingua estranxeira, toda vez que a actividade pode servir para suplir esta manifesta carencia da aprendizaxe de linguas no Estado español. A riqueza da achega oral, rica en matices, tanto fonéticos como pragmáticos e sociolingüísticos inherentes á fala espontánea, vese complementada coa inestimable axuda das pistas visuais, reflexo da cultura e os elementos extralingüísticos da comunidade fonte e susceptibles de servir como fonte de inferencias daquilo que non se comprende. Así, a aprendizaxe da lingua estranxeira vai en maior medida da man dunha aprendizaxe cultural nun sentido máis amplo, que entenda a cultura coma un todo ao marxe do que non é posible entender a lingua por separado. Canto aos potenciais beneficios no relativo á mellora da competencia na lingua meta, o galego, considerouse interesante o emprego destas ferramentas por diversos motivos. En primeiro lugar, o alumnado traballa de maneira activa e aplicada coa lingua na procura dun obxectivo extralingüístico, que consiste no correcto subtitulado dun capítulo dun texto en formato audiovisual baixo unha serie de premisas. A tarefa – o subtitulado do capítulo – vai determinando a aparición de contidos lingüísticos na lingua fonte, que, unha vez comprendidos, deberán ser trasladados á lingua galega procurando unha transmisión do sentido que logre o efecto máis semellante posible ao acadado na cultura fonte. A elección dos recursos lingüísticos precisos para acadar este obxectivo implicará unha reformulación que pasará en moitas ocasións por empregar léxico, estruturas e expresións introducidas noutras partes da materia de galego, cuxa utilización se verá ademais reflectida positivamente na cualificación. Desta maneira, o alumnado encontra na actividade oportunidades de aprender, afianzar e aplicar de maneira práctica, contextualizada e menos explícita contidos impartidos de xeito illado noutras partes da materia. Nesta liña, a actividade, alén de constituír un medio de potencial utilidade para o reforzamento da competencia lingüística e a evitación da interferencia co castelán, tamén pode ser enriquecedora no plano funcional da competencia pragmática e no dominio das microfuncións (uso funcional de enunciados destinados a ofrecer e buscar información, expresar e descubrir actitudes, persuadir, estruturar o discurso desenvolverse na vida social etc.) así como medio de asimilación dos elementos propios da competencia sociolingüística (marcadores lingüísticos, normas de cortesía, expresións de sabedoría popular, rexistro etc). 30 Doutra banda, se ben toda tradución implica unha reformulación, o feito de que o subtitulado presente a particularidade engadida de supoñer un troco de oral a escrito permite estimular algúns aspectos da expresión escrita, alén dos puramente lingüísticos, nos que o alumnado adoita recibir menos formación como consecuencia do carácter eminentemente teórico da ensinanza de linguas, como a competencia discursiva (coherencia, cohesión, relacións de causa e efecto) . Ademais, este paso de oral a escrito constitúe un factor moi a ter en conta no plano lingüístico e no proceso de tradución, pois a linguaxe escrita presenta unha serie de particularidades que a diferencian da oral e que cómpre respectar. Así pois, unha vez determinados os elementos susceptibles de ser aproveitados mediante a posta en práctica dunha intervención didáctica baseada nos catro piares apuntados na introdución deste apartado, o proceso de planificación pasou a centrarse nas condicións de realización e presentación. 2) Un factor ao que se lle deu gran importancia de cara á posta en práctica da actividade foi o grao de dificultade que para o alumnado podería entrañar o manexo do programa informático de subtitulado. O motivo é que, se ben gran parte do atractivo da actividade reside en traballar co ordenador e coa posibilidade de ver e escoitar o vídeo ao tempo que se leva a cabo o subtitulado, non é desexable que o programa supoña unha traba que impida o bo funcionamento da actividade e o aproveitamento da súa potencial riqueza. A proposta perdería todo o sentido se o seu grao de dificultade viñese dado sobre todo por unha razón técnica allea ao verdadeiramente importante, o lingüístico e o comunicativo. Isto motivou unha busca e exploración do funcionamento de diferentes software, que deu na elección do software Aegisub. Este programa, cuxa instalación na aula de informática fornecida polo centro non supuxo ningún problema por se tratar dun software libre, permite localizar os subtítulos, é dicir, axustalos como un quixer aos tempos dos diálogos, e posibilita ademais a reprodución do vídeo base, no que se visualizan os mencionados subtítulos a medida que se van introducindo no programa. Así, o alumnado pode ir comprobando, no curso do seu labor, o estado e aparencia do seu subtitulado, e o feito de velo sobre o propio vídeo, como tantas outras veces na televisión ou a pantalla do seu ordenador, contribúe a que encaren a actividade cunha maior implicación. Aínda que o seu manexo de maneira autodidacta non reviste demasiada dificultade, nun contexto escolar si pode requirir un tempo que cómpre non perder. 31 3) Con este motivo, deseñouse un documento tutorial (Anexo 1) con explicacións e capturas de pantalla para entregarlle ao alumnado na primeira sesión co ánimo de simplificarlles o máximo posible a comprensión do funcionamento do programa. A grandes trazos, o tutorial achega información sobre como axustar un subtítulo de maneira que empece e remate temporalmente no punto desexado, e unha vez feito isto, introducir o texto en galego, a tradución en formato escrito do texto oral en inglés. Este documento foi elaborado ademais co ánimo de familiarizar o alumnado con algunha das convencións propias do subtitulado, principalmente co número de caracteres por liña e por segundo. Estas convencións establécense con ánimo de garantir unha boa experiencia de visionado e evitar que os subtítulos vaian demasiado rápido ou sexan demasiado longos. Felizmente, o software explicita esta información con cada subtítulo introducido, polo que o control destas variables é sinxelo. Alén das razóns técnicas, que quizais podan semellar carecer de importancia nun contexto educativo se nos guiamos polas características da tradución pedagóxica (función, obxectivo e destinatario) apuntadas no apartado 3.1.4, o respecto a estas convencións resulta de interese para cumprir cos obxectivos da actividade. Primeiro porque, por coherencia cos principios da aprendizaxe baseada en tarefas, é desexable que a realización na aula dunha actividade de uso da lingua sexa o máis representativa posible das accións lingüísticas levadas a cabo fóra dela e isto implica abordar o subtitulado de maneira realista tal é como se practicaría nun encargo de tradución e non de calquera maneira. Segundo porque o feito de verse sometido a condicionantes de espazo e tempo, contribúe a forzar o alumnado a ir máis alá da transcrición literal das palabras e a levar a cabo o proceso de busca de solucións e propostas de tradución alternativas baseadas no sentido. O documento concibiuse, así mesmo, coa intencionalidade de familiarizar o alumnado cos criterios e procedementos técnicos propios da tradución pois o alumnado deu conta nunha sondaxe informal previa da súa inexperiencia na materia, posiblemente polo rexeitamento xeneralizado que a tradución suscita entre moitos docentes de linguas, na liña do apuntado ao longo do apartado 3.1 do presente traballo. Co ánimo de que as traducións dos alumnos e alumnas sexan guiadas polos principios desexados con vistas a un óptimo aproveitamento da intervención, no documento incídese primeiramente na noción central de transmisión do sentido en detrimento da translación das palabras e as estruturas orixinais e na necesidade de guiar o proceso coa idea sempre presente de que a tradución debe ser recibida coa mesma naturalidade coa que se lería un texto orixinal na nosa lingua e co mesmo efecto que suscitaría 38 dalgunha palabra ou expresión cuxo significado dificilmente serían quen de comprender sen axuda. A maiores, para aquelas parellas ás que non lles foi adxudicado o fragmento correspondente ao inicio do capítulo, a folla incluía un breve contexto que daba conta do acontecido previamente neste. Sen acceso a esta información, o alumnado podería perder motivación ao non entender a trama nalgún punto e a súa tradución de calquera referencia implícita a feitos acontecidos en partes anteriores veríase comprometida. A decisión de entregar unha transcrición dos diálogos veu motivada, ademais de por que nada aseguraba que a calidade do audio de tódolos ordenadores da aula fose a axeitada, pola dificultade que entrañaría comprender á perfección o vídeo de oído, e máis tendo en conta á escasa ou nula exposición a material espontáneo deste tipo na aula. Ao fin e ao cabo, cando vemos unha serie ou película en versión orixinal, non precisamos entender absolutamente todo para inferir un significado, pero para abordar unha tradución, a comprensión ten que ser plena. Desta maneira traballouse tanto a comprensión oral como a escrita en inglés. Así mesmo, de cara á avaliación da produción en galego, non era desexable entorpecer o labor de comprensión se se podía evitar. Subindo o listón de esixencia en inglés, probablemente as deficiencias no resultado final deberíanse de maneira xeneralizada máis a dificultades de comprensión que a carencias lingüísticas ou expresivas en galego. Unha vez repartidas estas follas e sobre a base da bagaxe adquirida co manexo do programa na primeira sesión, comezou a desenvolverse a dinámica de traballo autónomo que caracterizaría a tarefa durante o resto do seu curso. O alumnado situouse no centro do proceso e aplicou de xeito cooperativo no contexto da parella estratexias dirixidas ao dominio do programa, á inferencia do sentido do texto orixinal a partir da comprensión do significado presente nos signos lingüísticos e as pistas visuais, e á reformulación en galego baixo os criterios de tradución e subtitulado sinalados e con atención aos aspectos tanto lingüísticos como pragmáticos da comunicación. A súa autonomía foi case total e o docente só interveu cando foi demandado ou para comprobar que o seu labor se levaba a cabo no marco do acordado. O rol adoptado polo docente, pois, foi o de guía e consistiu nomeadamente en prestar atención individualizada e resolver dúbidas e problemas de tipo lingüístico e técnico. A tarefa puxo de manifesto que unha das vantaxes de traballar coas TICs é precisamente o seu potencial para garantir unha aprendizaxe autónoma. Se ben a rede supón unha fonte inesgotable de recursos e fontes documentais de gran utilidade para o alumnado de cara á resolución de dúbidas e o contraste da información, resultaba previsible que o alumnado botaría man indiscriminadamente da popular e rápida ferramenta Google Translator para 39 levar a cabo a tarefa. Conscientes de que sería absurdo tentar que o alumnado non accedese á rede en busca de axuda, e, ao mesmo tempo, desexosos de contribuír tamén a traballar esta competencia, proporcionóuselle unha serie de recursos en liña de utilidade para a tarefa e de maior rigor e calidade, pero tamén rápidos, atractivos e intuitivos para empregar como complemento e facilitar a súa autonomía. Achegouse información, así mesmo, dos seus puntos fortes e débiles coa intención de que o alumnado os empregase con actitude crítica e discriminase en que situacións empregar un ou outro. RECURSO DESCRIPCIÓN FORTALEZAS DEBILIDADES Pons Dicionario multilingüe en liña - Recolle numerosas afeccións por termo - Achega diferentes equivalencias na lingua meta - Non dispoñible en galego - Só achega traducións de palabras illadas Urban Dictionary Dicionario monolingüe de inglés en liña especializado en vocabulario de uso conversacional e espontáneo e sostido coas achegas libres dos seus usuarios - Recolle numerosas afeccións por termo - As entradas veñen sempre acompañadas dun exemplo contextualizado -Recolle afeccións de diferentes variedades de inglés e indica a cal pertencen - Rigor cuestionable dado o seu carácter colaborativo e o feito de estar sometido a pouca revisión -Non dispoñible en galego Linguee Dicionario multilingüe en liña e buscador de textos paralelos en contexto - Fiabilidade das equivalencias ao se dar en contexto - Posibilidade de buscar estruturas curtas, frases feitas ou modismos - É preciso discriminar criticamente a adecuación de cada entrada, pois só se trata dun buscador de textos paralelos. -Non dispoñible en galego 40 Reverso Context Dicionario multilingüe en liña e buscador de textos paralelos en contexto - Fiabilidade das equivalencias ao se dar en contexto - Posibilidade de buscar estruturas curtas, frases feitas ou modismos -Maior rigor que Linguee - É preciso discriminar criticamente a adecuación de cada entrada -Base de datos menor que en Linguee -Non dispoñible en galego Dicionario RAG Dicionario monolingüe en galego - Permite confirmar a existencia en galego dun termo que sopesemos introducir e a súa equivalencia co termo inglés. - Permite a busca de sinónimos para enriquecer a calidade da expresión - Conten menos termos que outros dicionarios de galego - As súas definicións son mellorables - Non resulta útil se o que se busca é a equivalencia dunha palabra en inglés pois para buscala hai que sabela de antemán Tradutor Castelán-Galego da Uvigo Dicionario bilingüe en liña - É o mellor tradutor en liña castelángalego - Permite buscar unha solución en galego cando xa a encontramos en castelán por medio dalgún dos outros recursos - A súa base de datos non é moi ampla e deixa sen recoller numerosos termos Figura 3. Listaxe de recursos en liña de utilidade para a realización da tarefa Ao final desta sesión pedíuselle ao alumnado que en lugar de gardar o seu arquivo de subtítulos no equipo o envíase á conta de correo do docente para poder ter acceso a el e facer un seguimento da tarefa. 41 4.2.3. Terceira sesión Esta sesión foi en esencia unha continuación do traballo encetado na sesión anterior. Tras abrir o seu arquivo de subtítulos e introducir de novo o vídeo do capítulo correspondente, o alumnado continuou o seu labor de subtitulado onde o deixara. Observouse que a medida que o alumnado, na súa gran maioría, se viu xa competente no manexo do software, se puido centrar en maior grao nas demandas comunicativas da tarefa e interiorizar o que se solicitaba deles. Así, a súa creatividade e perfeccionismo na busca de solucións foi en aumento, e o feito de tomar conciencia disto, incrementou a súa motivación por seguir traballando e corrixir inadecuacións que tan só unha sesión antes non considerarían como tal. Nese sentido, a tarefa empezou a fluír na liña desexada en canto ao desenvolvemento de competencias e, máis alá de introducirse na tradución ou no subtitulado, o alumnado empezou a poñer en xogo competencias e estratexias extensibles a outras partes da materia. Así, a atención do docente pasou a ser demanda nomeadamente para verificar a calidade provisional do produto máis que para proporcionar axuda ou resolver dúbidas. Ao remate, pediuse ao alumnado, como na anterior sesión, que envíase a actualización do seu arquivo de subtítulos por correo electrónico. Nesta ocasión, independentemente do avanzado que estivese o traballo de cada parella, a recepción do arquivo foi necesaria para levar a cabo unha sinalización de erros e inadecuacións que se lles enviaría antes da seguinte sesión. Esta iniciativa, encamiñada a abordar a avaliación como parte do proceso de aprendizaxe e non unicamente como cualificación do resultado, en ningún caso consistiu nunha corrección en sentido clásico, senón nunha sinalización dos puntos nos que recaeran en inadecuacións de catro dimensións, marcados cunha cor diferente en cada caso. En orde decrecente de importancia: 1) corrección e adecuación lingüística da proposta en galego, 2) grao de comprensión do texto en inglés, 3) calidade da tradución e, en menor medida 4) adecuación ás convencións de subtitulado e emprego eficiente do software. (adecuado número de caracteres por segundo ou por liña, segmentación coherente etc.). Segundo a concepción subxacente a esta proposta, o erro enténdese como rastro do proceso de aprendizaxe e a súa sinalización é máis descritiva que prescritiva. A intención foi achegar unha certa retroalimentación pero facendo recaer no alumnado a responsabilidade de atopar solucións alternativas para favorecer unha aprendizaxe significativa no canto de ofrecerllas xa feitas. Isto entendeuse así, entre outros factores, porque a natureza da tarefa, agás no relativo aos erros de lingua e de subtitulado, imposibilita ofrecer solucións alternativas normativas. As alternativas de mellora, na maioría dos casos poden ser múltiples e ningunha delas máis 42 correcta ca outra en consonancia cunha comprensión da lingua e da comunicación como un sistema aberto e infinito de posibilidades e implicacións. 4.2.4. Cuarta sesión Esta sesión foi a última destinada á tarefa práctica comunicativa de tradución. O alumnado tivo que xestionar os 50 minutos que restaban para completar os subtítulos correspondentes ao fragmento que lle fora asignado e revisar as sinalizacións elaboradas polo docente sobre o estado do seu traballo ao final da anterior sesión. En función da cor da palabra ou oración sinalada, a parella tomou consciencia da tipoloxía das inadecuacións nas que incorrera, e mobilizou estratexias para subsanalas, acudindo ao seu repertorio e experiencia lingüística e recorrendo aos recursos en liña apuntados previamente. Especialmente interesantes foron os casos nos que o alumnado tivo que buscar alternativas para as adecuacións do terceiro tipo; as consistentes en prover unha tradución literal e con pouca eficacia comunicativa en galego ou unha solución que, malia ser correcta, podería ser substituída por unha forma vista na materia de galego de maior autenticidade. O proceso de busca de alternativas foi moi enriquecedor, xa que puxo de manifesto que, en moitos casos, o alumnado ten uns coñecementos gardados implicitamente que non saca á superficie das súas prácticas lingüísticas quizais polas poucas oportunidades que ten de abordar actividades de práctica comunicativa. Tras un pouco de reflexión, afloraron estruturas, expresións e mesmo inferencias do sentido do texto orixinal, que non terían xurdido se non for no marco dun espazo que suscitase esa posibilidade. A tarefa proposta enténdese, por encima doutras consideracións, como un soporte sobre o que o alumnado poida, por unha banda, estar exposto ao inglés conversacional de uso real, e, doutra banda, verse forzado a expresar en galego mensaxes cunha intencionalidade comunicativa e unha funcionalidade que nunca se encontraría en textos, aos que por outra parte tampouco se apela excesivamente, como unha recensión, un resumo ou un comentario de texto. Isto cobra especial relevancia no contexto do centro no que se realizou a intervención, en gran medida extensible á maior parte dos centros urbanos de Galicia; un contexto caracterizado pola presenza masiva do castelán nas prácticas lingüísticas do alumnado e a práctica ausencia do galego en contextos de emprego espontáneo fóra do contexto formal do aula. Ao remate da sesión, cada grupo de alumnado entregou a súa versión definitiva de subtítulos para o seu fragmento correspondente mediante o procedemento seguido nas anteriores clases. 43 O seu traballo sería avaliado sobre un máximo de 0,5 puntos de acordo cos criterios establecidos: corrección e adecuación lingüística da proposta en galego, grao de comprensión do texto en inglés, calidade da tradución, riqueza estilística e naturalidade expresiva en lingua galega, grao de coherencia e cohesión e, en menor medida, adecuación ás convencións de subtitulado. 4.2.5. Quinta sesión A derradeira sesión dedicouse á exposición pública do capítulo traducido e subtitulado polo conxunto da clase. Así, este foi reproducido no proxector da aula con indicacións que sinalizaban o nome dos integrantes de cada parella no punto no que comezaba o seu fragmento traducido. Con esta explicitación do labor feito por cada un, que xa fora anunciada na sesión de presentación da intervención, buscábase contribuír á motivación do alumnado por abordar rigorosamente a tarefa baixo a hipótese de que este mobilizaría accións para evitar que a exposición pública revelase unha pobre contribución pola súa parte á tarefa grupal. Antes da proxección, entregouse ao alumnado unha folla impresa con correccións da súa versión definitiva mais sen cualificación. Pedíuselle que tras ver o capítulo entre todos e observar o traballo dos seus compañeiros, xulgasen que cualificación crían que debían ter. A proxección do capítulo abordouse de maneira que puidese contribuír á construción compartida do coñecemento. Se ben a versión elaborada polo alumnado foi editada para eliminar algúns erros sen excesiva importancia, algunhas das inadecuacións máis significativas das diferentes tipoloxías foron mantidas e subliñadas de maneira que aparecesen cunha cor diferente na pantalla. Organizouse unha especie de concurso, de maneira que cando aparecía subliñada unha destas inadecuacións, a reprodución do vídeo detíñase e aqueles que puidesen ofrecer unha alternativa válida erguían a man. Por orde, o máis rápido en erguela tentaba subsanar a inadecuación, e se non o conseguía a quenda pasaba ao seguinte. Os dous alumnos ou alumnas que máis respostas positivas rexistrasen, incrementarían a súa cualificación en 0,1 puntos. Unha vez aceptada como válida a proposta de modificación, que debía ir acompañada dunha explicación reflexiva, procedíase a introducir a mudanza no propio vídeo, de maneira que este fose quedando limpo de inadecuacións. Mediante esta iniciativa, buscábase que a corrección puidese ser tamén dinámica, compartida entre alumnado e docente e parte do proceso de aprendizaxe. 44 Tras rematar a visualización do capítulo subtitulado, cuxa exposición pública acorde a uns criterios de calidade lingüística e técnica era, en última instancia, o resultado significativo que perseguía a tarefa, o alumnado autoavaliouse. 4.3. Valoración e resultados O éxito ou fracaso da intervención didáctica no relativo á consecución dos obxectivos propostos valorouse a partir da información obtida de dúas fontes: un cuestionario de valoración da tarefa cuberto polo alumnado participante e a observación e avaliación por parte do docente da dinámica de traballo e do resultado do labor realizado. O cuestionario (Anexo 4), anónimo e escrito, consistiu nunha serie de preguntas de resposta aberta e, na súa maior parte, de enunciados a responder por medio de escalas tipo Likert. O seu principal obxectivo foi coñecer a opinión e valoración do alumnado acerca da tarefa realizada no relativo a unha serie de aspectos de interese. En primeiro lugar, era necesario obter información acerca do grao de satisfacción do alumnado coa organización e desenvolvemento da tarefa, na medida en que unha deficiente execución neste aspecto nesgaría inevitablemente a valoración de calquera outro aspecto que quixésemos analizar. Así, o cuestionario presenta unha serie de enunciados (1-13) dirixidos a coñecer a valoración que fai o alumnado de aspectos como a claridade e precisión na exposición dos contidos, obxectivos e metodoloxía; a resolución de dúbidas e a calidade da atención individualizada; a corrección e a avaliación; o rol do docente; a carga de traballo; a temporalización; a adecuación dos recursos (equipamento informático, software de subtitulado etc.) ou os agrupamentos. Felizmente, o grao de satisfacción do alumnado no relativo a estas cuestións foi moi elevado de maneira xeneralizada. Nunha escala de valoración do 1 ao 7, na que o 1 implica estar totalmente en desacordo e o 7 estar totalmente de acordo, estes primeiros enunciados obtiveron unha valoración media, especificada no apartado de resultados do Anexo 4, que só quedou por debaixo do 6 na pregunta nº 9, relativa ao número de sesións dedicadas á tarefa. Nun enunciado posterior de resposta aberta (nº 10), o alumnado ao que a cantidade de tempo non lle parecera a óptima declarou nalgúns casos que lle resultara insuficiente e noutros excesiva, polo que se deduce que estas diferenzas están máis en relación co desigual funcionamento dos grupos que cunha mala xestión temporal inherente á planificación da tarefa. 45 Neste primeiro bloque do cuestionario, formúlanse outras dúas preguntas de resposta aberta (nº12 e nº13). Na primeira delas, o alumnado comparte as razóns polas que considera beneficioso traballar en grupos pequenos. Entre elas, as máis comúns fan referencia a que a combinación e integración dos coñecementos nas dúas linguas e dos diferentes puntos de vista dos integrantes do grupo resulta de gran axuda para avanzar con máis seguridade, complementarse, facer máis rico en matices o traballo e ser capaces de resolver dúbidas e autocorrixirse sen recorrer ao docente. Así mesmo, tamén abundan as respostas que inciden no positivo desta organización para mellorar a capacidade de traballo en equipo, estreitar lazos cos compañeiros e traballar con maior predisposición, na medida en que deste xeito se fai máis amena e entretida a tarefa. En canto á segunda pregunta, dirixida a coñecer as opinións sobre a complexidade da tarefa, o alumnado reportou, polo xeral, considerala dun grao de dificultade axeitado ao seu nivel. Nos casos nos que os discentes engadiron algunha información adicional, comentaron que a súa principal complexidade radica no manexo do programa informático nun primeiro momento, se ben aclararon que unha vez interiorizado o seu funcionamento, non reviste especial dificultade. Unha vez comprobada a satisfacción do alumnado coa loxística e a organización, estabamos en disposición de tirar conclusións non nesgadas das súas valoracións sobre outros aspectos da tarefa. Quizais o máis importante deles, na medida en que constitúe un dos obxectivos da intervención, é o grao de motivación e implicación que suscitou no alumnado a tarefa. As preguntas relativas a esta cuestión (14-19) recibiron valoracións positivas na súa totalidade, non só atendendo á media das respostas rexistradas senón tamén observando as respostas de todos e cada un dos discentes por separado. A valoración media que rexistrou cada un dos enunciados deste bloque, pódese consultar tamén no anexo 4. En virtude destas valoracións, que confirman as impresións da observación presencial, pódese concluír que a proposta de intervención didáctica cumpriu o seu obxectivo neste aspecto e o alumnado sentiuse motivado a asistir a clase polo feito de traballar de maneira autónoma e práctica con material axustado aos seus intereses e mediante o emprego das TICs. Ademais encontrou estimulante o exercicio da tradución, que nunca antes exercera, no contexto desta tarefa e deu conta da relevancia dun factor a ter en conta alén da pertinencia de deseñar tarefas que pola súa propia natureza sirvan para implicar ao alumnado: as fontes de motivación extrínseca. Así, segundo reportaron, un dos elementos motivadores da tarefa ten que ver co feito de que permite identificar intuitivamente unha aplicación práctica dos coñecementos á vida real; neste caso pode ser útil para comprender mellor produtos do seu interese 46 elaborados en inglés. Por último, destaca como boa proba da implicación do alumnado coa tarefa a súa unánime predisposición a repetila nun futuro, rexistrando o enunciado nº 20, “ se puidese, gustaríame repetir esta actividade no futuro”, un 6,8 sobre 7 de valoración media. Un terceiro bloque de enunciados do cuestionario (20-24) estaba dirixido a coñecer as opinións e puntos de vista do alumnado acerca da tarefa no relativo ao seu potencial para a aprendizaxe de linguas. Se ben neste caso as respostas rexistraron máis variabilidade entre alumnos, a valoración media foi tamén moi positiva. Os resultados a este respecto (Ver anexo 4) suxiren, na liña dos datos do bloque de enunciados referidos á motivación, que o alumnado encarou a tarefa con predisposición xa non só por que lle atraese o seu contido, senón tamén porque a metodoloxía activa e práctica que se seguiu e o carácter novidoso da proposta contrastou coa monotonía da metodoloxía seguida habitualmente. Así, nas súas respostas o alumnado revela implicitamente un certo esgotamento dos contidos e métodos tradicionais e manifesta que a tarefa levada a cabo lle resulta de utilidade para a mellora de competencias en ambas linguas. Ademais, tras esta primeira experiencia, amosase receptivo á implantación no centro de máis propostas de aprendizaxe que integren varias linguas. Polo tanto podemos dicir que dende a perspectiva do alumnado a tarefa non foi soamente motivadora, senón tamén enriquecedora en canto a aprendizaxe e que a aplicación dunha intervención que integra a aprendizaxe simultánea de dúas linguas supuxo unha experiencia positiva que estarían abertos a repetir. A observación das respostas do alumnado no cuestionario achéganos unha información estimable a este respecto. Porén, o inespecífico das preguntas e o carácter subxectivo das respostas do alumnado, xera a necesidade de recorrer a outras fontes para obter información máis fiable. Se ben incidir na motivación do alumnado supón un dos principais obxectivos desta proposta didáctica, como acontece con calquera outra proposta educativa a súa validez ven dada polo seu potencial para contribuír á adquisición de contidos e competencias. Na medida en que a proposta de intervención didáctica se revele como un marco axeitado para a adquisición e reforzamento dos contidos sinalados (ver apartado 4.1), poderá aproximarse tamén á consecución dos seus restantes obxectivos: servir como achega á integración do proceso formativo nas diferentes linguas e ao desenvolvemento da competencia plurilingüe e acreditar a viabilidade e interese da introdución da tradución como recurso para a ensinanza de linguas. Partindo da base de que determinar a adquisición de contidos e competencias do alumnado a partir dunha tarefa de cinco sesións de duración resultaría tan inocente como pretensioso, e de 47 que no material a avaliar non existen en moitos casos os brancos e os negros e por tanto os erros en sentido estrito, levouse a cabo unha observación do desenvolvemento da tarefa para comprobar que esta efectivamente suscitaba a aparición dos contidos obxectivo, e unha avaliación do traballo realizado por cada un dos grupos (parellas e grupos de tres) co obxectivo de comprobar e valorar a súa execución en catro dimensións: 1) corrección e adecuación lingüística da proposta en galego, 2) grao de comprensión do texto en inglés, 3) calidade da tradución e, en menor medida 4) adecuación ás convencións de subtitulado e emprego eficiente do software. Estas dimensións son as mesmas nas que se subdividiu de modo orientativo dende o primeiro momento o seguimento do desempeño do estudante (Ver apartado 4.2.3). Porén, a súa diferenciación é en certo modo arbitraria, toda vez que se presentan indisociablemente unidas na realización dunha tarefa. A calidade da tradución dependerá directamente do grao de comprensión do texto en inglés e da adecuación e corrección coa que se transmita esa mensaxe en galego, da mesma maneira que o grao de comprensión do texto en inglés só se fará patente por medio da tradución que del se faga. Con todo, coa introdución da dimensión relativa á calidade da tradución búscase valorar especificamente o desempeño na transmisión do sentido do texto orixinal en inglés e na busca efectiva de equivalencias funcionalmente naturais en galego mediante o emprego de estratexias e coñecementos sociolingüísticos e pragmáticos e a integración fluída da competencia en ambas linguas. En calquera caso, alén da nomenclatura, as tres primeiras dimensións citadas engloban os contidos curriculares obxecto de mellora que se presentaron no apartado 4.1, e a súa avaliación levouse a cabo tomando en consideración os criterios de avaliación correspondentes a estes contidos. O seguimento da tarefa durante o seu desenvolvemento e a súa avaliación final permitiu constatar que a elección dos capítulos foi atinada, pois o seu contido lingüístico e paralingüístico supuxo o marco de traballo idóneo para tratar os contidos asociados á tarefa e impulsar no alumnado a mellora das súas competencias. En canto á avaliación, con ánimo de que a redacción deste ensaio non se estenda en exceso entrando en detalle nas particularidades do desempeño de cada grupo de alumnado, no anexo 5 recóllense tres táboas coa cualificación obtida polos grupos das tres clases (2ºD, 2ºE e 2ºF) desglosada nas catro dimensións anteriormente citadas. A columna observacións das sucesivas táboas achega información acerca dos contidos que cada grupo abordou de maneira máis deficitaria, guiándose polos criterios de avaliación correspondentes propostos polo Decreto 86/2015, que establece o currículo da Educación Secundaria Obrigatoria e o 54 Anexo 1 1. Abrimos o programa Aegisub premendo no seu icono no Escritorio e, dentro da pestana “vídeo”, eliximos a opción “abrir vídeo”. 2. Unha vez que temos introducido o vídeo co que imos traballar, vainos aparecer á súa dereita unha barra de frecuencias que representa graficamente o audio do vídeo e, por tanto, a sucesión dos diálogos. 3. Á medida que imos vendo e escoitando o vídeo, imos comezar a subtitular. O procedemento vai ser sempre o mesmo: no momento no que un personaxe empece a falar premeremos no teclado Ctrl+ 3, de maneira que nos apareza na barra de frecuencias unha liña vermella marcando o inicio do subtítulo. No momento no que queiramos rematar ese subtítulo premeremos Ctrl+4 e apareceranos na barra unha liña azul marcando o final do subtítulo. A liña de cor rosa sérvenos de guía e representa un cambio de plano. 55 Se o precisamos, podemos premer en todo momento no subtítulo correspondente na lista que se vai creando automaticamente para reproducir de novo o fragmento de vídeo que delimitamos e ver se colocamos ben os puntos nos que empeza e acaba a intervención, pero é aconsellable esperar a escribir o subtítulo para facer de maneira definitiva estes cambios. 4. Unha vez que temos delimitado de maneira aproximada onde empezaría e onde remataría o subtítulo, quédanos o máis importante: escribilo. Farémolo na caixa de texto en branco sinalada pola frecha. Como vedes, os tempos e contido do subtítulo quedan rexistrados na lista de abaixo automaticamente. Se unha vez que temos escrito o noso subtítulo nos parece que ten que permanecer máis tempo ou menos tempo na pantalla, podemos desprazar as liñas vermella e azul manualmente na barra de frecuencias. 56 5. O subtítulo que escribamos debe cubrir unha serie de convencións: a) Debe ser como máximo de dúas liñas e ninguna delas pode exceder os 35 caracteres, por moito tempo que estea na pantalla o subtítulo. Sen necesidade de andar contando letras, o número de caraceteres que levamos podemos consultalo. b) Nunca pode presentar máis de 15 caracteres por segundo. É dicir, se por exemplo temos un subtítulo (bilineal) de 45 caracteres, este ten que durar polo menos tres segundos. Do número de caracteres por segundo que levamos nun subtítulo tamén nos informa o programa no índice CPS da lista de subtítulos c) Calquera subtítulo, mesmo se é un “si” ou un “non”, debe estar polo menos un segundo en pantalla d) Debe entrar cando o personaxe comeza a falar e rematar cando deixa de facelo. Pode, se é estritamente necesario, aparecer medio segundo ou un segundo antes de que abra a boca e desaparecer ata un segundo e medio despois de que acabe de falar e) O subtítulo non pode continuar na pantalla se cambia o plano salvo que sexa estritamente necesario. Nesta tarefa axudarannos as liñas rosas da barra de frecuencias. f) Hai que deixar un pequeno espazo entre subtítulo e subtítulo 57 g) Podemos representar un diálogo nun mesmo subtítulo, marcando a intervención do segundo personaxe cun guión 6. Unha vez que teñamos comprobado que o noso subtítulo se axusta a estes parámetros, pulsamos “Intro” ou a tecla co tick de cor verde que vemos xusto encima do cadro de texto para pasar ao seguinte subtítulo e repetir o mesmo proceso con cada un. CRITERIOS PARA TRADUCIR • Unha boa tradución, en calquera ámbito, non consiste normalmente en cambiar as palabras literalmente dun idioma a outro. O obxectivo é ofrecer a mensaxe ao receptor da lingua e a cultura de chegada da maneira máis fiel posible ao texto orixinal. Para isto, cómpre traducir o significado, o sentido (o contido da mensaxe), e non a forma (as palabras e estruturas exactas). O resultado da tradución debe ser natural; ten que encaixar coma se non fose unha tradución, senón un texto orixinal na nosa lingua. 1) Captar o sentido do texto en inglés mediante a comprensión dos signos lingüísticos e o seu significado, partindo do coñecemento pragmático e sociolingüístico que ten a persoa que traduce (captar o sentido) 2) Desverbalización: Illar na mente os conceptos que expresan os enunciados á marxe da estrutura 3) Reverbalización en galego: Escoller os recursos lingüísticos da linga meta máis axeitados para expresar o sentido illado na fase previa • A tradución para subtitulado, como calquera tradución, implica unha reformulación da mensaxe orixinal pero ademais, pola necesidade de axustarse ao tamaño da pantalla e o tempo reducido que temos para ler un subtítulo, implica normalmente tamén unha síntese ou redución da mensaxe. Por se fose pouco, presenta a particularidade de ter que adaptar unha mensaxe oral a formato escrito. 58 a) Condensacións - Empregar equivalentes curtos SI NON hoxe na actualidade tele televisión agás excepto - Empregar pronomes en lugar de nomes cando se poida - Construcións verbais simples “Veña, imos compartir gastos” “Veña, compartamos gastos” - Redución de frases ou unión de dúas ou máis frases cun mesmo referente nunha soa ORIXINAL: “ So, hey kid, this is the Apple. This is the town that never sleeps” SUBTÍTULO: “Nova York nunca dorme” b) Omisións - Material repetido - Expresións con valor fático (you know, I mean), interxeccións (eh, oh, wow), preguntas retóricas, fórmulas de cortesía etc. ORIXINAL: “So, tell me something Paul, how’s you have never visited France?” SUBTÍTULO: “Paul, por que nunca visitaches Francia?” - Datos irrelevantes para a mensaxe ou o argumento c) Orde e estrutura oracional ORIXINAL: They had no thought of killing her. Maybe they wished she was dead SUBTÍTULO: Quizais desexasen a súa morte pero non tiñan intención de matala ORIXINAL: What am I going to do now? I don’t have where to go SUBTÍTULO: Que vou facer agora se non teño onde ir? 59 d) Neutralización de marcas de oralidade e estandarización e) Segmentación coherente e con cohesión En caso de que o subtítulo sexa de máis de vinte e cinco caracteres é conveniente poñelo en dúas liñas en lugar dunha. A segmentación non se pode facer de calquera maneira e nunca debe deixar separados os seguintes elementos. • Un artigo dun substantivo • Un substantivo dun adxectivo • Un nome dun apelido • Suxeito de predicado • Un verbo da súa partícula negativa ou pronome reflexivo 60 Anexo 2 61 Anexo 3 (21:15- 24:16) CONTEXTO Rachel marcha a vivir a París tras pasar a noite con Ross, con quen tivera unha relación hai tempo que nunca acabou de esquecerse. Ross, namorado, decide ir tras dela con Phoebe ao aeroporto a confesarlle os seus sentimentos e tentar que quede con el. Rachel: Au revoir! Oh, they're gonna really hate me over there. Phoebe: So, you just let her go? Ross: Yeah. Joey: Hey, maybe that's for the best. Ross: Yeah? Joey: Yeah. You know? You just... Look, you got to... You got to think about last night the way she does, okay? Maybe, maybe sleeping together was the perfect way to say goodbye? Phoebe: But now she'll never know how he feels! Joey: Maybe that's okay. You know? Maybe it is better this way? I mean, now, now you can move on. I mean, you've been trying to for so long, maybe now that you're on different continents.. Right? Joey: Maybe now you can actually do it. You know? You can finally get over her. Ross: Yeah, that's true. Except I don't wanna get over her. Joey: What? Ross: I don't! I wanna be with her. Joey: Really? Ross: Yeah, I'm gonna go after her. Joey: Yeah, you are! Phoebe: Woo! Phoebe: Wait, wait! Get your coat! Get your coat! Ross: My coat... Joey: This is so cool! Chandler: I have no idea what's going on, but I am excited! Joey: But Ross, Ross. What do you think she's going to say? 62 Ross: I don't know, but I.. Look, even if she shoots me down, at least I won't spend the rest of my life wondering what would have happened. Where is my coat?! Phoebe: You didn't bring one! My cab's downstairs, I'll drive you to the airport. Ross: Okay, guys, wish me luck. Phoebe: Hurry! Joey: Good luck, good luck! My God. Ross is going after Rachel and you guys have babies. This is, like, the best day ever! Monica: Why is there an ass-shaped paint stain\Non my couch? Joey: She asked you a question, Mike. Ross: You really think we'll make it in time? Phoebe: Hey, I didn't have my license taken away because I drive carefully. Ross: There's no seatbelt! Phoebe: That's okay. If - if we hit anything, the engine will explode, so you know, it's better if you're thrown from the car. Ross: Alright, alright, let's do this! Phoebe: Okay! Ross: Hey! Man: 18th and East End. Phoebe: I don't take passengers. Man: Hey! The law says you have to accept any fare. Ross: No, you don't understand. This isn't a real cab. Man: Alright, I gotta report you. What's your medallion number*? Phoebe: My medallion number is, "Get out of the cab!" Man: What? Ross: Get out of the cab! Phoebe: Get out of the cab! Medallion number*- Número de licenza 63 Anexo 4 Cuestionario de valoración por parte do alumnado Valora do 1 ao 7 o teu grao de acordo cos seguintes enunciados e achega a túa opinión naqueles outros nas que se demande unha resposta aberta. 1- TOTALMENTE EN DESACORDO/ 2- BASTANTE EN DESACORDO/ 3- EN DESACORDO/ 4- NON SEI OU INDIFERENTE/ 5-DE ACORDO /6- BASTANTE DE ACORDO/ 7- TOTALMENTE DE ACORDO 1. O profesor explicou con claridade o contido, obxectivos e metodoloxía da actividade a realizar antes de comezala. 1 □ 2 □ 3 □ 4 □ 5 □ 6 □ 7 □ 2. O profesor resolveu as dúbidas que se formularon na clase 1 □ 2 □ 3 □ 4 □ 5 □ 6 □ 7 □ 3. O profesor fixo o posible por atender aos alumnos de maneira individualizada cando foi preciso 1 □ 2 □ 3 □ 4 □ 5 □ 6 □ 7 □ 4. O profesor promoveu a creatividade e a busca de distintas maneiras de expresar en galego o contido do texto orixinal. 1 □ 2 □ 3 □ 4 □ 5 □ 6 □ 7 □ 5. O profesor facilitou o traballo autónomo dos alumnos 1 □ 2 □ 3 □ 4 □ 5 □ 6 □ 7 □ 6. Déusenos a oportunidade de coñecer os erros cometidos e comentar a súa valoración 1 □ 2 □ 3 □ 4 □ 5 □ 6 □ 7 □ 7. Sentinme avaliado correctamente por este profesor 1 □ 2 □ 3 □ 4 □ 5 □ 6 □ 7 □ 8. A cantidade de traballo realizado é proporcional á parte da cualificación da materia asignada a esta actividade 1 □ 2 □ 3 □ 4 □ 5 □ 6 □ 7 □ Joey: Quack, quack, tweet, tweet, quack, quack, tweet, tweet, quack, quack, tweet, tweet, quack, quack, tweet, tweet, quack, tweet, quack... (non subtitular) Chandler: We were wondering what was taking so long with the gift, but now we understand you were doing this. Joey: Okay, I wanted to surprise you, but for your house-warming gift, I got you a babychick and a baby-duck! Chandler: Really? You got us a chick and a duck? Monica: Oh, great! Just what you want for a new house with infants. Bird feces. Joey: Yeah, yeah, they must have jumped off the table, 'cause now they're gone! Chandler: Oh, don't worry, we'll find them. Monica: Actually, I'm gonna go check on the twins. Chandler: Alright. Monica: Oh God! What did I just step on? Joey: Oh! Chandler: It's okay, it's just an egg roll. Monica: Oh.. Joey: You stepped on my egg roll? Monica: I'm sorry, I didn't know to look for Chinese food on the floor. Joey: Just put it on a plate and leave. Chandler: Okay, let's find these birds. Joey: Wait, wait. Do you hear that? Joey: Oh! They're in the table! Chandler: Well, that can’t be good Chandler: Preguntabámonos que vos levaba tanto co regalo, Chandler: pero agora xa vemos o que estabas a facer... Joey : Vale, quería sorprenderte , pero... Joey: Tróuxenvos un pitiño e un patiño,/N de agasallo de inauguración! Chandler: De verdade, compráchesnos iso? Monica: Oh, xenial, pequenos e caca de paxaro,\Na combinación perfecta! Joey: Pero deberon saltar da mesa, porque xa non están! Chandler: Acouga, atoparémolos! Monica: De feito vou ir mirar polos xemelos\N Chandler: Perfecto Monica: Mi madriña, qué acabo de pisar!? Chandler: Tranquila, só é un roliño de primavera. Joey: Pisaches o meu roliño?? Monica: Síntocho, non me esperaba atopar comida chinesa no chan Joey: Só pono nun prato e marcha! Chandler: Veña, encontremos estes paxáros. Joey: Un momento! Escoitas iso? Joey: Están dentro do futbolín!!\N Chandler: Iso non pode ser nada bo Comentario [H8]: Deficiente comprensión do orixinal. O correcto sería “que che levaba” Comentario [H9]: Deficiente comprensión do orixinal. O correcto sería “sorprendervos” Comentario [H10]: Boa equivalencia en galego Comentario [H11]: Emprego dun pronome demostrativo para substituír o sintagma nominal, que se sobreentende Comentario [H12]: Mudanza na estrutura oracional e no significado, que permite reducir a frase para que caiba nun só subtítulo sen mudar o sentido e mantendo a expresividade e ironía do orixinal Comentario [H13]: Modulación. Dáse un cambio no punto de vista ao expresar o mesmo sentido cunha oración en negativo en vez de en afirmativo Comentario [H14]: Modulación e busca da autenticidade na expresión en galego Comentario [H15]: Inadecuación no emprego do verbo atopar que, en contraste co verbo encontrar, designa o acto de achar algo sen estalo buscando. Comentario [H16]: Segundo as normas morfolóxicas e gramaticais do galego, a forma correcta é xemelgos Comentario [H17]: Segundo as normas morfolóxicas e gramaticais do galego, os pronomes interrogativos non se acentúan Comentario [H18]: Bo emprego dos coñecementos pragmáticos e sociolingüísticos en ambas linguas para establecer unha equivalencia funcional Comentario [H19]: Emprego correcto neste caso do verbo atopar Comentario [H20]: Boa interpretación do significado do marcador lingüístico “Okay” neste contexto e tradución funcionalmente axeitada. 70 Joey: We gotta get them out of there! Chandler: How? Joey: Oh, oh! Maybe we can lure them out. You know any birdcalls? Chandler: Oh, tons, I'm quite the woodsman* Joey: Well, maybe we can just tip the table a little. Chandler: Joey, wait! The ball! Joey: Oh! Joey: Oh God! So what do we do? Chandler: I don't know. Maybe we can open this up somehow. Joey: Okay. Chandler: No... It's all glued together. Joey: Does that mean we have to bust it open? Chandler: I don't know. Maybe. Joey: Oh my God! Chandler: I know! It's.. It's the foosball table. Joey: All right, you know what? We don't have a choice. It's like I would have said in that movie if I'd gotten the part. "Those are our men in there, we have to get them out! Even if I have to sacrifice the most important thing in my life; my time-machine." Chandler: Did that movie ever get made? Joey: It did not. Joey: Temos que sacalos de ahí\N Chandler: Cómo?? Joey: Oh, oh! podémolo atraer fóra!\NCoñeces algún reclamo de paxáros? Chandler: Oh, moreas, chámanme o encantador de paxaros! Joey: A ver, podemos inclinar o futbolín un pouco... Chandler: Joey agarda, a bóla! Joey: Arre demo, que facemos? Chandler: Non sei, igual podémolo abrir dalgún xeito Joey: Vale Chandler: Ohh, está todo pegado! Joey: Entón... temos que rompelo? Chandler: Non che sei... quizais Joey: Polo amor de Deus! Chandler: Xa o sei, é un futbolín... Joey: Mira, sabes qué? Non temos elección Joey: É o que tería dito naquela película se me tiveran dado o papel Joey :Os nosos homes están aí, temos que sacalos! Joey: Incluso se teño que sacrificar \Na cousa máis importante para min... Joey: A miña máquina do tempo Chandler:Chegou a facerse esa película?\N Joey: Non chegou Comentario [H21]: Aí* Comentario [H22]: Como Comentario [H23]: Boa comprensión, quizais mediante busca en recursos e fontes documentais, dun termo cuxa principal acepción traduciríase normalmente por “persuadir” Comentario [H24]: Busca da autenticidade na habilitación de léxico na expresión en galego Comentario [H25]: Aplicación de coñecementos sociolingüísticos e pragmáticos para propoñer esta equivalencia en tal contexto Comentario [H26]: Pola sucesión da escena, antes e despois, é doado inferir que ese futbolín en concreto ten un valor sentimental especial para os protagonistas, polo que neste diálogo cómpre empregar o artigo determinado “o”, e non “un” Comentario [H27]: Segundo as normas morfolóxicas e gramaticais do galego, o imperfecto de subxuntivo fai a desinencia en –se e non en –ra, en contraste co castelán que admite ambas formas 71