Recoñecemento de antigüidade dos profesores contratados e interinos a tempo completo
Full text
RECOÑECEMENTO DE ANTIGÜIDADE DOS PROFESORES CONTRATADOS E INTERINOS A TEMPO COMPLETO (XUNTA DE GOBERNO 4 DE MARZO DE 1993) Coa finalidade de acadar unha mellora profesional e económica dos Profesores Asociados e Interinos con dedicación exclusiva a esta Universidade, é proposito deste Rectorado dar cumprimento ó acordo anunciado no Claustro Universitario (sesión de 13-II-92) e retribuírlle-lo complemento de "antigüidade", de acordo cos seguintes criterios: 1.- Aboaráselle-lo complemento retributivo mencionado a tódolos Profesores Asociados e Interinos que acrediten ter prestados servicios efectivos con dedicación a tempo completo na Universidade de Santiago durante 6 anos, de forma continuada ou non. 2.- A contía a devengar por cada tres anos de antigüidade será para os Profesores Asociados T3TC, igual ó importe dun trienio de Profesor Titular de universidade e, para os Profesores Asociados T2TC, igual ó dun Profesor Titular de Escola Universitaria. 3.- Este acordo farase efectivo a partir do próximo mes de marzo. Tal acordo aplicarase con carácter retroactivo ós profesores que cumprisen as condicións establecidas a partir do 1 de xullo de 1992; o importe do devandito complemento percibiráse na nómina do mes seguinte ó cumprimento das condicións establecidas.