scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Regulamento de Réxime Interno da Facultade de Veterinaria

Universidade de Santiago de Compostela

Full text

REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DA FACULTADE DE VETERINARIA TÍTULO PRELIMINAR Artigo 1. A Facultade de Veterinaria é un Centro encargado da xestión e organización dos estudios conducentes á obtención do título académico de Licenciado en Veterinaria e daqueloutros que relacionados con este, aínda que doutro nivel, se establezan, así como os diplomas de especialización correspondentes, sen prexuicio, en todo caso, do previsto no Artigo 28 da Lei de Reforma Universitaria. Agrupará na súa organización a todo o persoal docente e investigador, estudiantes e P.A.S. que estean formalmente vinculados a ela. Asimesmo facilitará os labores docentes e investigadores que se leven a cabo nela. Artigo 2. 1. Son funcións da Facultade as que a seguir se indican: a) Elabora-los programas de estudio correspondentes ó seu ámbito de competencia e participar na elaboración dos conducentes á obtención de títulos adscribibles a máis centros que á propia Facultade. b) Xestionar e organiza-los servicios docentes que lle correspondan total ou parcialmente. c) Custodia-las actas de calificación e mailos expedentes dos estudiantes que cursasen ou cursen estudios nela, sen prexuicio de que a Universidade poida manter arquivos centralizados. d) Expedi-las certificacións solicitadas polos estudiantes do Centro. e) Coordinar e supervisa-la actividade docente dos distintos Departamentos no que se refire ó Centro. f) Coñece-la actividade investigadora dos Departamentos adscritos a ela ou que participan dun xeito importante no desenvolvemento dos seus programas de estudio. g) Administra-los servicios e mailos equipamentos do Centro. h) Realizar actividades de formación permanente no seu ámbito de competencia e contribuir ó desenvolvemento de aqueles que resulten afíns. i) Favorece-lo desenrolo de actividades conducentes á creación de inquedanzas socioculturais e científicas nos membros da Facultade, así como favorece-lo asociacionismo estudiantil neste senso. j) Realizar actividades de tipo asistencial en favor do conxunto da sociedade. 2. A Facultade organizará, supervisará e coordinará a actividade académica das Seccións correspondentes dos Colexios Universitarios. Artigo 3. Son órganos de goberno e administración da Facultade: a) Xunta de Facultade b) Decano c) Vicedecano d) Secretario CAPITULO I: XUNTA DE FACULTADE Sección 1: Normas Xerais Artigo 4. A Xunta de Facultade é o órgano colexiado de goberno do Centro, e como tal, aproba as liñas xerais de actuación no ámbito da Facultade e supervisa o labor dos seus órganos de dirección e xestión. Artigo 5. 1. As decisións da Xunta adoptarán a forma de acordos en materias da súa competencia e de recomendacións cando actúe con funcións meramente consultivas en ámbitos fora da súa competencia. 2. Os acordos da Xunta de Facultade serán susceptibles de recurso nos termos establecidos no Artigo 49.2 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela. 3. As recomendacións da Xunta de Facultade vincula a actuación do Decano sempre que non afecten ó exercicio das súas competencias. Artigo 6. É competencia e deber do Decano a execución e, no seu caso, a defensa dos acordos da Xunta de Facultade e de tódolos asuntos de goberno e administración que non estean atribuídos expresamente á Xunta de Facultade ou a outros órganos, en concordancia co disposto nos Artigo 42 e 78.2 dos Estatutos desta Universidade. Artigo 7. A Xunta de Facultade actuará en Pleno ou en Comisión Permanente, sen perxuicio das Comisións Asesoras da Xunta ás que se refire o Capìtulo III deste Regulamento, as que non poderán ter facultades decisorias. Sección 2: Formas de actuación A) PLENO Artigo 8. 1. O Pleno da Xunta de Facultade está composto por:a) O Decanob) O Vicedecano, ou Vicedecanos e o Secretario da Facultadec) Tódolos Profesores que exerzan docencia no Centro. Os Profesores visitantes asistirán con voz pero sin voto.d) Unha representación dos Axudantes nunha proporción do dez por cento de tódolos membros da Xunta.e) Unha representación dos estudiantes nunha proporción do trinta por cento de tódolos membros da Xunta, correspondendo necesariamente unha sexta parte ós estudiantes de Terceiro Ciclo.f) Unha representación do Persoal de Administración e Servicios nunha proporción do oito por cento do total dos membros da Xunta. 2. Tódolos representantes desempeñarán o seu posto por un período de dous anos, agás do dos estudiantes nos que o período de representación será de un ano. 3. A efectos de elección, os estudiantes de Terceiro Ciclo constituirán un sector específico. 4. A elección de representantes no Pleno axustarase á normativa que poida establece-la Xunta de Goberno da Universidade ou, subsidiariamente, ós procedementos e prazos habituais neste tipo de actos. A tal fin, existirá unha Xunta electoral, que se renovará cada dous anos. Estará formada por:a) O Decano, que actuará como Presidente. De ser candidato a algún cargo, a Presidencia corresponderá ó Vicedecano, e de ser este último tamén candidato, ó Profesor mais antigo que non sexa candidato.b) O Secretario, que será o seu Secretario. De ser candidato, actuará como Secretario o Profesor mais recente que non sexa candidato.c) Un membro de cada un dos sectores c), d), e) e f) sinalados no Artigo6.1. do presente Regulamento designados mediante sorteo público, no que tamén se designarán os correspondentes suplentes. 5. A condición de membro da Xunta de Facultade perderase automáticamente cando deixe de existi-la circunstancia ou condición que ocasionou a súa pertenza a ela. 6. Se algún dos representantes perdera a súa condición ou renunciara ó seu posto durante o período correspondente, entón ese posto será ocupado ata novas eleccións polo seu suplente, que será sucesivamente o que tivera mais votos do mesmo sector nas eleccións correspondentes sen chegar a acadar representación. Artigo 9. O Pleno da Xunta de Facultade reunirase cando sexa convocado nos termos que sinala a Sección III deste Capítulo. En todo caso, terá que reunirse en Sesión Ordinaria alomenos unha vez ó trimestre durante o período lectivo do Curso Académico, sempre que o intervalo entre dúas reunións consecutivas non supere 4 meses. Artigo 10. Son competencias do Pleno da Xunta de Facultade as seguintes: a) Elexir ou revocar ó Decano segundo o procedemento regulamentado no Capítulo II deste Regulamento. b) Elaborar e aproba-lo Regulamento de Réxime Interno do Centro e as súas reformas. c) Debatir e aproba-las liñas xerais da política académica do Centro. d) Supervisa-la xestión dos distintos órganos de goberno e administración do Centro. e) Elaborar e propo-los proxectos de programas de estudios nos distintos ciclos, segundo o disposto nos Artigo 166 e 167 dos Estatutos da Universidade, así como determina-lo procedemento requerido para o acceso ó Título de Licenciado con Grao, segundo o Artigo 171 dos Estatutos. f) Crear cantas Comisións Asesoras, sen competencias executivas, estime oportunas, ademais das previstas no Capítulo III deste Regulamento. g) Aprobar, a proposta da Comisión de Asuntos Económicos, Equipamento e Servicios, o proxecto de gastos proposto da Facultade. h) Toma-la iniciativa para a creación, modificación, supresión ou adscripción de Departamentos, Institutos Universitarios e de Escolas de Especialización Profesional, de acordo co disposto nos Artigo 13.1, 19.2, 25.2 e 34.2. dos Estatutos desta Universidade. i) Elevar á Xunta de Goberno informes sobre a capacidade de Centro. j) Emitir informe sobre a proposta de concesión do Grao de "Doutor Honoris Causa" feita por un Departamento. k) Pronunciarse sobre todos aqueles asuntos que lle sexan sometidos polo Decano, Comisión Permanente ou Comisións Asesoras da Xunta. l) Xestionar e organiza-los servicios docentes que lle corresponden total ou parcialmente, coordinar e supervisa-la actividade docente dos distintos Departamentos no que se refire ó Centro e, no seu caso, organizar, supervisar e coordina-la actividade académica das Seccións correspondentes ós Colexios Universitarios, segundo o disposto nos Artigo 24.1, letras b) e e) e 24.2 dos Estatutos desta Universidade. m) Coñece-la plantilla docente do Centro e decidir sobre as propostas de creación das prazas de profesor. n) Coñece-las actuacións xerais propostas polo Decano e o seu equipo no que atinxe ó edificio, o seu equipamento e distribución, obras, reformas, prazos de execución, presupostos, subvencións e demais información que o Pleno estime oportuno. ñ) Asimesmo tramitar previo informe favorable o nomeamento de Profesor Emérito a proposta do Departamento correspondente. o) Concede-la dispensa de asistencia ás clases teóricas, con carácter singular e para os casos específicos, previa petición xustificada documentalmente, segundo o Artigo 155.3 dos Estatutos desta Universidade. p) Recibir do Decano a información sobre as memorias dos distintos Departamentos e aproba-la Memoria Resume a que se refire o Artigo 117.4 e 5 dos Estatutos desta Universidade. q) Pronunciarse e decidir sobre tódolos asuntos que nos Estatutos da Universidade ou en calquera outra norma sexan encomendados expresamente ó Pleno da Xunta de Facultade ou que non sendo expresamente encomendados non pertenzan ás competencias específicas do Decano. r) Potencia-lo uso do Idioma Galego no seo da Facultade. 2. O Pleno poderá delega-las competencias específicas que estime oportunas na Comisión Permanente, agás das que se mencionan nas letras a), b), c), d) e e) deste artigo. O acordo de delegación requerirá o voto favorable da maioría absoluta dos membros da Xunta. 3. A delegación de competencias entenderase por tempo indefinido durante o mesmo mandato do Decano, agás de que o acordo de delegación dispoña outra cousa ou a temporalidade da mesma se derive da propia natureza da delegación. 4. O Pleno poderá revocar en calquera momento a delegación, recuperando o exercicio das competencias delegadas sen mais requisitos que os requeridos para outorgala. B) COMISION PERMANENTE Artigo 11. 1. A Comisión Permanente da Xunta de Facultade, de acordo co disposto no Artigo 72.2. dos Estatutos desta Universidade, estará composto por: a) O Decano, b) O Vicedecano ou Vicedecanos, c) O Secretario da Facultade, d) Unha representación proporcional dos distintos sectores que integran o Pleno da Xunta en número de 13, distribuídos do seguinte xeito: 5 Profesores, 2 Axudantes ou Bolseiros (F.P.I. ou I.I.), 5 Estudiantes dos que un será do Terceiro Ciclo, 1 representante do Persoal de Administración e Servicios. 2. Os membros da Comisión Permanente teñen que ser membros do Pleno. A elección para ocupa-los postos da Comisión Permanente realizaráse polos membros de cada sector no seo do Pleno da Xunta de Facultade. A tal fin, a Mesa terá aberto previamente un prazo de presentación de candidatos e confeccionará unha lista única por sector. No sector de Profesores cada elector só poderá votar un máximo de 3 candidatos na correspondente lista; no de Axudantes ou Bolseiros (F.P.I. ou I.I.), e mais no de P.A.S. un candidato, e no de Estudiantes 4 candidatos dos que un será de Terceiro Ciclo. 3. En caso de producirse empate dirimirase a favor do candidato con mais antigüidade no sector ó que pertenza, e se se mantivese, do de maior idade. 4. Se algún dos sectores non cobre o número total de representantes que lle corresponden nunha Comisión, os postos consideraranse vacantes ata o momento en que sexan elexidos polo propio sector de entre os seus membros no Pleno. 5. Os membros natos do Pleno da Xunta de Facultade que sexan elixidos membros da Comisión Permanente o serán por un período de 2 anos, sen prexuicio do disposto no artigo seguinte. Artigo 12. Os membros da Comisión Permanente cesarán por vontade propia así como no mesmo momento en que perderan a súa condición de membro da Comisión Permanente. Para cubrílos postos vacantes aplicarase o contemplado no Artigo 8.5. De non existir suplentes procederase a unha nova elección dentro do sector correspondente no mais breve prazo posible. Artigo 13. A Comisión Permanente será competente nos asuntos seguintes: a) Coñecer e decidir sobre os asuntos de trámite, considerándose como tales as renuncias de convocatorias, solicitudes de convocatorias extraordinarias, solicitudes de prazas para cursar estudios no Centro, solicitudes de convalidacións e adaptacións, prazos de convocatorias para Premios Extraordinarios, solicitudes con respecto a Tese de Doutoramento, Memorias de Licenciatura e Exames de Grao (inscripcións, cambios de título, tribunais, etc.) e solicitudes de dispensa de asistencia ás aulas. Así como sobre calquera asunto xeral ou de administración de nova temática que sexa competencia da Xunta de Facultade e non estea reservado expresamente ó Pleno. b) Adoptar acordos sobre os asuntos que lle foran delegados polo Pleno. c) Coñecer os asuntos que lle sexan presentados polas Comisións Asesoras da Xunta naqueles temas nos que o Pleno da Xunta delegara as súas funcións na Comisión Permanente. d) Asesorar en tódalas cuestións que o Decano lle someta no exercicio das súas competencias, e decidir, no seu caso, sobre as que aquel lle delegara expresamente. e) Coñecer e estudia-las resolucións tomadas polo Tribunal de Calificacións. Artigo 14. O Decano da Facultade informará ó Pleno, na primeira sesión que este celebre con posterioridade á última celebrada pola Comisión Permanente de tódalas actuacións da Comisión, agás das decisións adoptadas en asuntos de trámite, das que informará o Secretario. Artigo 15. A Comisión Permanente reunirase cando sexa convocada nos termos que sinala a Sección 3 deste Capítulo. En todo caso, deberá reunirse en sesión ordinaria alomenos unha vez ó mes. Sección 3: Convocatoria, constitución e funcionamento da Xunta de Facultade en Pleno e en Comisión Permanente Artigo 16. 1. A convocatoria da Xunta de Facultade efectúaa o Secretario por orde do Decano, o Vicedecano ou Vicedecanos segundo a orde de prelación establecido para a suplencia do Decano. 2. Para que a convocatoria surta efecto deberase poñer en coñecemento de tódolos seus membros mediante notificación na que se fará constar a orde do día, un resume dos puntos a tratar, e toda a información que poida ser necesaria para debatir estes puntos, e asemade, día, hora e lugar da reunión. 3. As notificacións serán entregadas con 4 días hábiles de antelación; as da Comisión Permanente poderán ser entregadas con 2 días hábiles de antelación, ó igual que as de sesións extraordinarias do Pleno. A entrega efectuarase no lugar onde cadaquen desenvolva o seu traballo na Facultade, e no caso dos estudiantes no lugar asinado para os seus representantes na propia Facultade. 4. A Xunta de Facultade tense que reunir nas dependencias da Facultade en días administrativamente hábiles e horas lectivas. No caso dos representantes de estudiantes que o día da reunión do Pleno tiveran algún exame de prácticas, estes lles serán cambiados para outro día ou turno co acordo dos profesores respectivos. Artigo 17. 1. A Xunta de Facultade e a Comisión Permanente reunirase cando sexa ordeado polo Decano ou quen faga as súas funcións, cumprindo en todo caso o que se di nos Artigo 9 e 15 sobre prazos para sesións obrigatorias do Pleno ou da Comisión Permanente. O Decano tamén deberá ordena-la convocatoria da Xunta cando sexa solicitada alomenos por un tercio dos seus membros; dita Xunta realizarase dentro dos 15 días hábiles seguintes á presentación da solicitude no rexistro do Centro. Neste caso, os solicitantes deberán indicar tamén o punto ou puntos que desexen sexan debatidos na sesión. A orde do día poderá incluir outros puntos amais dos solicitados xunto cos que inclúa o Decano. 2. Asimesmo o Decano tamén deberá ordena-la convocatoria dunha sesión extraordinaria da Xunta de Facultade cando o solicite a maioría absoluta dos membros dun sector da Xunta. Neste caso, os solicitantes deberán indicar tamén o punto ou puntos que desexen sexan debatidos, tendo en conta que deben afectar directamente ó devandito sector. Artigo 18. 1. A orde do día da sesión da Xunta de Facultade será elaborado polo Equipo Decanal incluíndo as suxerencias e acordos das Comisións Asesoras, que de non ser tratados en Comisión Permanente deberán ser postos en coñecimento do Equipo Decanal, mediante escrito entregado no rexistro do Centro e asinado polos seus secretarios e presidentes, con suficiente antelación á convocatoria da Xunta. 2. Na orde do día figurarán inexcusablemente as mencións de aprobación da sesión anterior, asuntos de trámite e rogos e preguntas, salvo que a Xunta se convoque con carácter extraordinario. Tamén se deberá incluir na orde do día os puntos que previamente solicitasen por escrito, presentado no rexistro do centro, o 25% dos membros da Xunta ou a maioría absoluta dun sector da mesma. Artigo 19. 1. Só teñen dereito de asistencia ás sesións da Xunta de Facultade os membros da mesma. 2. Cando a natureza dalgún punto da orde do día o aconselle, o Decano, por vontade propia ou a petición do 25% dos membros da Xunta ou por maioría absoluta dun sector, poderá invitar a facer uso da palabra a persoas que non sexan membros da Xunta. Estes invitados non terán dereito ó voto. Artigo 20. A Xunta de Facultade constitúese válidamente en primeira convocatoria coa asistencia da maioría absoluta dos seus membros, e en segunda convocatoria, transcurrida media hora, cando asistan alomenos un tercio dos seus membros. De non se consegui-lo quorum sinalado, procederase a unha nova convocatoria. Artigo 21. 1. A Xunta de Facultade será presidida polo Decano ou quen faga as súas veces, asistido dunha Mesa integrada polo Vicedecano ou Vicedecanos e o Secretario. 2. A Mesa interpreta o seguinte Regulamento en casos de dúbida ou omisión. Tamén decidirá sobre a alteración do orde de discusión dos puntos da orde do día, o ordenamento dos debates, e calquera outra cuestión que se lle encomende no presente Regulamento ou que o Decano lle consulte. As decisións adoptaranse por maioría, e no caso de empate o Decano decidirá co seu voto de calidade. Artigo 22. 1. O Decano ou quen faga as súas funcións dirixe e ordena o desenvolvemento dos debates; ten dereito a realiza-la primeira e a última intervención relacionada con cada un dos asuntos da orde do día. De acordo coa Mesa, fixará un tempo de debate para cada tema, e en función das peticións de palabra determinarase a duración de cada intervención. En todo caso, sempre que estivera solicitado, deberanse consumir polo menos tres intervencións a favor e tres en contra. En tódolos debates poderá exercerse o dereito a réplica e contrarréplica. 2. Os membros da Xunta teñen dereito ó uso da palabra en relación con calquera dos puntos da orde do día durante o debate dos mesmos, e sobre calquera outro punto no apartado de rogos e preguntas. 3. Ninguén poderá ser interrumpido cando fale, senon para ser chamado á orde ou para cinguirse ó tema por calquera membro da Xunta. 4. As alusións só autorizarán para que o membro da Xunta a quen se refiren poida contestalas manifestacións sobre a súa persoa ou feitos pronunciados durante a discusión, pero no prazo de tempo concedido e sen entrar no fundo da cuestión debatida. 5. En calquera estado da discusión poderá pedir un membro da Xunta a observancia de normas legais ou regulamentarias, citando os artigos dos que se pida aplicación. 6. Decorrido o prazo concedido para intervir, o Decano despois de invitar a concluir por dúas veces ó membro da Xunta que estea falando, retiraralle o uso da palabra. 7. No suposto de excesiva duración da Xunta a xuicio da Mesa e consultados os membros de tódolos sectores, o Decano poderá dispoñe-la interrupción da sesión, fixando a hora na que debe reanudarse dentro do mais breve prazo posible. Artigo 23. 1. Os acordos adoptaranse polo maior número de votos a favor dunha determinada proposta, salvo o disposto expresamente neste Regulamento para determinados asuntos. Non poderán adoptarse acordos válidamente se no momento da votación non estiveran presentes alomenos un tercio dos membros da Xunta. 2. As votacións poderán ser por asentimento ou consenso coa proposta do Decano ou a Mesa, públicas e a man alzada, e secretas cando o solicite un dos membros da Xunta. Serán secretas en todo caso cando afecten a persoas concretas. 3. Calquera membro da Xunta poderá presentar ante a mesma mocións de palabra e por escrito, que serán debatidas en "rogos e preguntas", sempre que non se refiran a puntos da orde do día. As mocións por escrito serán lidas polo Secretario, mesmo en ausencia do mocionante, sempre que este xustificara debidamente a súa inasistencia á Xunta. Artigo 24. Non se admite a delegación de voto nen en membros da Xunta nen en persoas alleas. Tampouco será admitido o voto anticipado salvo no caso das votacións para a elección de Decano e para o seu revocamento. Artigo 25. Serán nulos os acordos adoptados sobre asuntos que non figuren incluídos na orde do día, sen perxuicio do previsto no Artigo 12.2. da Ley de Procedimiento Administrativo. Artigo 26. 1. O Secretario da Xunta, que será o Secretario da Facultade, levantará acta de tódalas sesións. Caso de que non poidera asistir-lo Secretario da Facultade, o Decano designará a quen faga as súas veces. 2. En cada acta han de figurar inexcusablemente as seguintes mencións: a) Membros da Xunta de Facultade, nominalmente designados, que asistiron á sesión. b) Orde do día. c) Acordos e recomendacións, especificando se foron adoptados por asentimento ou por votación, e, no seu caso, se o foron por maioría ou por unanimidade, facéndose consta-lo número exacto de votos emitidos, o sentido de cada grupo de eles e as abstencións. En todo caso, cando se solicite, recolleranse os votos contrarios ó acordo adoptado en consonancia co Artigo 14 da Ley de Procedemento Administrativo. 3. Na acta teñense que inclui-los textos literais dos acordos e un resume dos debates coas diferentes posicións, así como calquera mención que os membros da Xunta, individual ou colectivamente desexen que figure expresamente. 4. Cada acta será asinada polo Secretario, ou o que faga as súas veces, co visto e prace do Decano ou do Presidente efectivo da sesión que se reflexe. 5. As actas aprobaranse na sesión seguinte do Pleno da Xunta de Facultade independientemente de que sexa ordinaria ou extraordinaria. Artigo 27. 1. Na Facultade levarase un Libro de Actas no que se transcribirán as minutas de cada sesión unha vez aprobadas. 2. O Libro de Actas estará baixo a custodia do Secretario da Facultade, que permitirá a súa consulta a calquera membro da Xunta de Facultade. Asimesmo, o Secretario exporá públicamente nun tablón de anuncios colocado a tal efecto, un resume dos acordos tomado polo Pleno ou Comisión Permanente, nun prazo non superior a unha semana despois de tomados os acordos. 3. So darán fe dos acordos e recomendacións da Xunta as certificacións expedidas de orde do Sr. Decano, polo Secretario da Xunta. 4. A notificación administrativa de calquera asunto que fora sometido á Xunta, terá que comprende-lo acordo literal adoptado por esta. 5. Non se permitirá a introducción na sala onde se celebren as sesións, de aparatos grabadores ou reproductores de sonido e/ou imaxe de ningunha natureza, agás de que a Mesa o autorice en circunstancias excepcionais ou a petición da maioría absoluta dos membros da Xunta. CAPITULO II: DA ELECCION E REVOCAMENTO DO DECANO Sección 1: Da elección do Decano Artigo 28. 1. Transcorrido o prazo de campaña electoral nos termos que poida establece-la Xunta de Goberno da Universidade para a elección de Decano, o Decano en funcións convocará unha sesión extraordinaria do Pleno da Xunta de Facultade que terá como único punto da orde do día a elección de Decano. 2. Se o Decano en funcións fose candidato á reelección, a sesión do Pleno da Xunta de Facultade presidirase por aquel Vicedecano no que non concorra dita circunstancia ou no seu caso polo Profesor de maior antigüidade no Centro. Artigo 29. 1. Cada candidato disporá dun tempo máximo de 30 minutos para expoñer, se o desexa, a súa proposta de liñas xerais de actuación e programa que propón. A orde de actuación será sorteada pola Mesa. 2. Despois da exposición dos candidatos realizarase un turno de preguntas nas que cada membro poderá intervir durante un máximo de 2 minutos e poderá consumir un máximo de tres turnos. 3. Concluídos os debates, procederase á votación que será nominal e secreta por tódolos membros do Pleno da Xunta. O remate da emisión do sufraxio polos presentes, o Secretario da Facultade introducirá na urna os votos emitidos anticipadamente no caso dos membros da Xunta que xustificaran debidamente a súa ausencia, e que os entregaran previa e persoalmente no Rexistro da Facultade nun sobre asinado e dirixido ó Secretario, e dentro do que se incluirá outro sobre cerrado co voto. 4. Rematada a votación procederase ó escrutinio no mesmo acto, e será proclamado Decano electo o que obtivera a maioría absoluta dos votos emitidos. Artigo 30. Se ningún candidato obtivera a maioría absoluta, interrumpirase a Sesión do Pleno ata o día seguinte hábil, no que se procederá á segunda votación. Resultará elexido o candidato que obteña maior número de votos favorables. Se se producira empate entre dous ou mais candidatos, procederase a unha terceira votación nos mesmos termos que na anterior, nun prazo non inferior de sete días hábiles e non superior a dez. Os ausentes poderán votar aténdose ó regulado no Artigo 29.3; os votos terán que chegar ó Rexistro da Facultade unha vez concluído o reconto de votos da precedente votación. No caso de novo empate proclamarase Decano o candidato de maior antigüidade como Profesor de Universidade. O Decano en funcións elevará de contado a proposta ó Rector para que se proceda ó correspondente nomeamento. Sección 2: Do revocamento do Decano Artigo 31. 1. O Decano poderá ser revocado mediante moción de censura, que será presentada diante do Pleno da Xunta de Facultade, previa solicitude de convocatoria extraordinaria. 2. A moción de censura, para poder ser tramitada, deberá ir asinada por un tercio dos membros do Pleno da Xunta, e inclui-lo nome do que se propoña como novo Decano. 3. O Decano non poderá dimitir unha vez solicitada a convocatoria do Pleno donde se trataría a moción de censura. 4. Se a moción de censura reunira os requisitos anteriores, o Decano ou quen faga as súas veces deberá convocar unha sesión extraordinaria do Pleno da Xunta con este único punto na orde do día nun prazo máximo de 15 días hábiles. 5. Esta sesión extraordinaria estará presidida polo Profesor de Universidade mais antigo que non sexa candidato. A Mesa incluirá un representante de cada un dos sectores elexido por cada sector de entre os seus compoñentes do Pleno da Xunta. Artigo 32. O desenrolo da sesión adaptarase ó Artigo 29 (1.2.3.). Artigo 33. 1. Se a moción de censura obtivera o voto favorable da maioría absoluta dos membros do Pleno, será proclamado Decano electo o que figuraba proposto na moción de censura. O antigo Decano actuará a partires deste momento como Decano en funcións, e procederá a elevar de contado a proposta de nomeamento de novo Decano ó Rector da Universidade. 2. Unha vez nomeado novo Decano, desempeñará o cargo durante o resto do período para o que fora elexido o Decano revocado, tras o que se procederá a unha nova elección de Decano. 3. Se a moción de censura non acadara os votos necesarios, considerarase refugada, e ninguén dos asinantes da mesma poderán presentar outra moción de censura durante o mesmo curso académico CAPITULO III: DAS COMISIONS ASESORAS DA XUNTA DE FACULTADE E DO TRIBUNAL DE CUALIFICACIONS Sección 1: Normas xerais Artigo 34. 1. Sen prexuicio das comisións específicas que a Xunta pode crear na forma que determine para estudiar temas concretos, crearanse Comisións Estables para emitir informes, propostas ou recomendacións non vinculantes sobre determinados temas. 2. As Comisións Estables son: a) Comisión de Docencia, b) Comisión de Actividades Complementarias, c) Comisión de Asuntos Económicos, Equipamento e Servicios, d) Comisión de Biblioteca, e) Comisión de Investigación Artigo 35. 1. Os membros das Comisións Estables serán elexidos polos membros dos correspondentes sectores do Pleno da Xunta de Facultade de entre eles mesmos. 2. A tal fin, a Mesa terá aberto previamente un prazo de presentación de candidatos e confeccionará unha lista única por sector.