scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Acordo do Consello de Goberno do 28-10-2022 polo que se aproba o procedemento de admisión e matrícula condicionada nos estudos de máster universitario.

Universidade de Santiago de Compostela. Consello de Goberno

Full text

DULCE Mª GARCÍA MELLA, SECRETARIA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, CERTIFICA, antes da aprobación da acta correspondente, que o Consello de Goberno na sesión ordinaria que tivo lugar o día 28 de outubro de 2022 aprobou o procedemento de admisión e matrícula condicionada nos estudos de máster universitario, nos termos do documento adxunto. E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e prace O reitor Antonio López Díaz Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0BE6-8E03-4273-8D3A Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0BE6-8E03-4273-8D3A 1 / 4 ACORDO DO CONSELLO DE GOBERNO DE 28 DE OUTUBRO DE 2022 PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA CONDICIONADA NOS ESTUDOS DE MÁSTER UNIVERSITARIO I De acordo co artigo 16 do Real Decreto 822/2021, de 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade, as ensinanzas oficiais de Máster Universitario teñen como obxectivo a formación avanzada, de carácter especializado tematicamente ou multidisciplinar nos saberes científico, tecnolóxico, humanístico e artístico, estando dirixidas á especialización académica e á profesional, o, no seu caso, á aprendizaxe nas actividades investigadoras. Para satisfacer este propósito, a Universidade de Santiago de Compostela, en canto universidade pública dedicada á preservación, á xeración, á transmisión e á difusión de coñecemento dun xeito socialmente responsable, conta cunha ampla oferta académica que abrangue singularmente os estudos de Máster Universitario. II Nun contexto global cambiante, pero no que debe priorizarse atender ás demandas da comunidade universitaria galega, estatal e europea, o Goberno da Universidade de Santiago de Compostela ten considerado urxente e prioritario dar cumprimento a posibilidade prevista de xeito excepcional no artigo 18.4 do Real Decreto 822/2021, de 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade, arbitrando un mecanismo de admisión e matrícula condicionada para quenes estando cursando unha titulación de Grao, lles reste por superar o TFG e como máximo 9 créditos ECTS. Este mecanismo de admisión e matrícula condicionada acompáñase de dúas condicións imperativas esixidas polo Real Decreto 822/2021: en primeiro lugar, o estudante, en ningún caso poderá obter o título de Máster se previamente non ten obtido o título de Grao; en segundo lugar, terán prioridade sobre os estudantes que soliciten matrícula condicionada, aqueles que xa posúan a titulación de Grao. ÚNICO.- Admisión e matrícula condicionada no caso de másteres I. Poderán acceder e matricularse en materias no caso de titulacións de máster, aqueles estudantes que conforme ao disposto no artigo 18.4 do Real Decreto 822/2021, de 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade, estean a cursar un Grao na USC, nunha universidade española ou do EEES, e lles reste por superar a materia TFG e ata un máximo de 9 créditos ECTS. No caso de estudantes de Grao alleos á USC, deberán acreditar documentalmente o cumprimento dos requisitos de poder optar á matrícula condicionada. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0BE6-8E03-4273-8D3A Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0BE6-8E03-4273-8D3A 2 / 4 En ningún caso, poderá obterse o título de Máster se previamente non se obtivo o título de Grao. II. O estudantado que posúa o título universitario de Grao, terá prioridade sobre os estudantes do apartado I. DISPOSICIÓN FINAL.- Vixencia Este acordo do Consello de Goberno entrará en vigor o día da súa publicación no Taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0BE6-8E03-4273-8D3A Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0BE6-8E03-4273-8D3A 3 / 4 Sinaturas dixitais / Firmas digitales / Digital signatures Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO LOPEZ DIAZ, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 10/11/2022 12:09:02. Asinante/Firmante/Signer: DULCE MARIA GARCIA MELLA, SECRETARIA XERAL, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 09/11/2022 23:04:43. CSV: 0BE6-8E03-4273-8D3A Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0BE6-8E03-4273-8D3A Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0BE6-8E03-4273-8D3A 4 / 4