scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Relatoría da xornada “A cuestión palestina: unha mirada dende o Dereito Internacional"

Aitlaarabi, Rabab; Formoso, Olga; Chahir, Manal; Cabanas, Paula

Abstract

O venres 22 de novembro celebrouse na Facultade de Dereito, no Salón de Graos, a charla titulada "A cuestión palestina: unha mirada dende o Dereito Internacional". Este evento reuniu a destacados expertos en Dereito Internacional e Relacións Internacionais para abordar, dende distintas perspectivas, as complexidades do conflito palestino e as súas implicacións legais e humanitarias. Entre estes expertos figuraban Jesús Núñez Villaverde, codirector do Instituto de Estudos de Conflitos e Axuda Humanitaria. Julio Jorge Urbina, profesor titular de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais da USC. Ana Salinas de Frías, catedrática de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais da Universidade de Málaga. Organizado coa colaboración da Fundación Araguaney - Ponte de Culturas, o acto contou coa participación de figuras clave como o director da fundación, David Rodríguez Seoane, e o coordinador do máster en “Estudios Internacionales” da Universidade de Santiago de Compostela, Miguel Arenas Meza, quen deu comezo ás intervencións.

Full text

Relatoría da xornada “A CUESTIÓN PALESTINA: UNHA MIRADA DENDE O DEREITO INTERNACIONAL” O venres 22 de novembro celebrouse na Facultade de Dereito, no Salón de Graos, a charla titulada "A cuestión palestina: unha mirada dende o Dereito Internacional". Este evento reuniu a destacados expertos en Dereito Internacional e Relacións Internacionais para abordar, dende distintas perspectivas, as complexidades do conflito palestino e as súas implicacións legais e humanitarias. Entre estes expertos figuraban Jesús Núñez Villaverde, codirector do Instituto de Estudos de Conflitos e Axuda Humanitaria. Julio Jorge Urbina, profesor titular de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais da USC. Ana Salinas de Frías, catedrática de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais da Universidade de Málaga. Organizado coa colaboración da Fundación Araguaney - Ponte de Culturas, o acto contou coa participación de figuras clave como o director da fundación, David Rodríguez Seoane, e o coordinador do máster en “Estudios Internacionales” da Universidade de Santiago de Compostela, Miguel Arenas Meza, quen deu comezo ás intervencións. Durante a xornada, exploráronse temas como o impacto do conflito en Gaza baixo o prisma do Dereito Internacional Humanitario, as accións de Hamás e a resposta israelí, así como os límites e retos que estas situacións impoñen ao Dereito Internacional contemporáneo. Este informe recolle os puntos principais e reflexións abordados nas diferentes ponencias e o posterior coloquio. A primeira das charlas, titulada “Panorámica xeopolítica de Palestina, entre convulsións violentas e a esperanza da paz” foi impartida polo codirector do Instituto de Estudos de sobre Conflictos e Axuda Humanitaria, Jesús Núñez Villaverde. 1. Actores internacionais e o seu papel no conflicto Estados Unidos preséntase como mediador no conflito, mais o seu apoio incondicional a Israel é amplamente criticado. Este respaldo convérteo en cómplice do xenocidio do pobo palestino e limita calquera esforzo no Consello de Seguridade da Organización de Nacións Unidas para sancionar ou condenar as accións de Israel. As políticas americanas están 1 orientadas a preservar os seus intereses económicos en Oriente Medio e a defender o seu principal aliado na rexión. Por outro lado, a institución da Unión Europea é criticada por non ser capaz de establecer unha posición común respecto ao conflito debido ás diferenzas entre os seus 27 Estados membros, evidenciando a falta de unidade. Isto debilita a súa influencia no escenario internacional, onde as súas accións se limitan a declaracións sen ningún impacto real, sendo esto o principal reproche do economista cara a UE. A maiores, os gobernos árabes, aínda que historicamente se denominan como defensores de Palestina, limítanse a declaracións simbólicas sen accións concretas ao igual que o resto de organizacións internacionais. Un feito clave para a análise desta situación e para beneficiar a normalización das relacións con Israel, foron os Acordos de Abraham, impulsados por Donald Trump, que representan unha mudanza significativa na postura de certos países árabes con excepcións como Cisxordania, que retirou o seu embaixador en Israel mostrando unha resistencia á complacencia xeral. 2. Situación en Israel Un dos elementos máis destacados da situación política de Israel sería a ausencia dunha influencia significativa da Corte Penal Internacional (CPI) xa que, aínda que existen mecanismos de xustiza internacional, Israel non se ve limitado polo dereito internacional debido á falta de sancións efectivas de tipo económico, político ou diplomático. Outro dos temas máis debatidos neste ámbito sería a cuestión da aplicación do dereito á lexítima defensa, aínda que é cuestionado no caso de Israel, xa que, como potencia ocupante, ten responsabilidades cara á poboación palestina que non só non cumpre, senón que agrava coa súa política expansionista e racionalista. Isto débese a que o actual goberno israelí é o máis extremista da súa historia; liderado por Benjamin Netanyahu, quen aposta por políticas baseadas en dogmas relixiosos e reformas 2 que buscan debilitar o sistema xudicial, consolidando o seu poder e evitando a acción da xustiza contra el. 3. Situación en Palestina e Hamas A nivel gubernamental, Hamás enfróntase ao desafío de recuperar a confianza da súa poboación, pero o seu balance é percibido a nivel internacional como negativo. Mentres tanto, o poder executivo palestino carece de apoio internacional efectivo e dunha estratexia clara, o que empeora a situación de calidade de vida nos terriotios de Gaza e Cisxordania, onde as mortes certificadas polos hospitais palestinos ascenden a decenas de miles, nun contexto de ocupación militar e precariedade extrema para unha poboación de aproximadamente 2,3 millóns de habitantes. As accións de Hamás, aínda que condenables, teñen dous obxectivos xerais: poñer o conflito na axenda internacional e debilitar ao goberno de Israel. Non obstante, a reacción global a estes ataques limítase a palabras e á esixencia de contención, normalmente dirixida a unha soa das partes. Polo tanto, na opinión pública e mediática existe unha discusión aberta sobre se Hamás pode ser clasificado como un grupo terrorista, dado que o concepto non está claramente definido no dereito internacional, aúnda que Hamás tamén actúa como organización social, proporcionando servizos á poboación necesitada. Outro debate aberto que foi exposto é a terminoloxía do antisemitismo, termo usado polo goberno israelí como forma de propaganda. O concepto de antisemitismo adoita empregarse de maneira inexacta, xa que tamén inclúe aos palestinos, un pobo semita, polo que cómpre empregar os termos con precisión para evitar confusións, según afirma o ponente. 4. Expansión do conflicto Israel actualmente adícase a ampliar as súas operacións máis alá de Gaza e Cisxordania, chegando ata o Líbano, onde o grupo Hezbolá ameaza con retaliacións aínda que as forzas armadas libanesas carecen de recursos para intervir. Mentres tanto, Israel non respecta ningunha liña vermella debido á falta de sancións ou consecuencias por parte da comunidade internacional. Concluíndo; non existen propostas concretas para unha paz duradeira e, coa chegada de Donald Trump ó poder o vindeiro xaneiro, intensificarase o perigo dunha escalada, con Palestina relegada a un segundo plano como un "estorbo" para os obxectivos israelí. 3 A segunda das charlas foi impartida polo profesor titular de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais da USC, Julio Jorge Urbina, baixo o título “O conflicto en Gaza ante o Dereito Internacional Humanitario”. 1. Ataque de Hamás e resposta militar de Israel A aplicación do Dereito Internacional Humanitario deriva do drama humanitario que está a xerar a campaña militar israelí desenvolvida a partir do 7 de outubro, pero estas violacións no contexto de Gaza remóntanse ao comezo da ocupación do seu territorio. O 7 de outubro comeza cun ataque terrorista por parte de Hamás e unha resposta militar israelí, o que caracteriza tanto a acción como a reacción son os crimes de Dereito Humanitario. Acabando coas ordes de detención por crimes de guerra e crimes contra a humanidade. Os milicianos de Hamás e outros grupos palestino atacan Israel levando a cabo matanzads de civís israelís, ataques a zonas civís con destrución e incendios de vivendas, actos de violencia sexual, toma de reféns, tanto civís como militares israelís e producíndose millóns de mortes de israelís fóra de combate. A resposta militar de Israel foi a chamada Operación Espadas de Hierro. Esta operación militar significou para Gaza unha tormenta de sangue e lume, causando unha devastación sen precedentes. Algúns dos datos reportados pola ONU en informes din que xa para febreiro de 2024 empregáronse por parte de Israel 25 mil toneladas de pólvora sobre territorio palestino, o que demostra a intención de destruír a Hamás desde o punto de vista militar e político. A liberación dos reféns mantense nun segundo plano e levaron a cabo unha campaña de bobardeos aéreos, operacións terrestres, disparo de artillería, etc., que busca a destrución de infraestruturas civís, atacando para eles a zonas residenciais, edificios escolares, hospitalarios… Non hai zona en Gaza libre de ataques. Outro dato novidoso que terá un forte impacto é o uso de Intelixencia Artificial en identificación de obxectivos para atacar, que permitiu identificar a 36 mil obxectivos, o que explica a gran intensidade de mortes desde a primeira semana. Outro elemento destacado 4 é o asedio total da Franxa de Gaza, o peche total e definitivo das fronteiras marítimas, terrestres e aéreas. Con iso prohibiuse o acceso de calquera tipo de axuda humanitaria, está a empregarse a fame como método de combate. 2. Coste humanitario do ataque do 7 de outubro No reconto de vítimas, as cifras públicas sempre serán menores ás reais. Os datos ofrecidos non buscan unha comparación entre Israel e Gaza, xa que desde o punto de vista do Dereito Humanitario calquera morte é igual, pero apréciase unha desproporción no resultado do conflito. ●Israel: 1200 mortos, 14.970 feridos, 252 secuestrados y 115 mil evacuados. ●Gaza: 43.391 mortos, 102.347 feridos, 1.9 millóns de desprazados, 70% de edificios destruídos, 96% en risco de hambruna. No caso de Gaza as consecuencias sufriranse durante anos, porque sufrirán mortes derivadas de enfermidades que xa estaban erradicadas pero que volveron a aparecer durante o conflito a consecuencia da destrución de infraestruturas, a falta de saneamento, os hospitais, a auga potable etc. 3. Franxa de Gaza: ●Extensión: 365 km2, dos cuales non todos poden ser utilizados pola poboación palestina porque os israelitas o empregaban como zona de separación. ●Poboación: 2,3 millóns. ●Situación económica: restrinxíronse as importacións e exportacións así como o movemento de persoas. Actualmente dependen dos suministros de Israel (alimentos, electricidade, agua potable, combustible…) e da axuda humanitaria. ●Operacións militares anteriores: 2008-2009, 2012, 2014, 2021, 2022 e maio de 2023. Todas estas operacións conlevaron a destrucción de infraestructuras e da economía. Podemos ver que a Franxa non era un territorio tranquilo, xa convivía con destruccións anteriores de outras campañas. 4. Respuesta judicial ante los crímenes cometidos 5 Corte Internacional de Justicia (CIJ): Sudáfrica presentou unha demanda ante a Corte por crime de xenocidio e a Corte levou a cabo as medidas provisionais, constatan a baixa situación humanitaria da Franxa de Gaza: baixas civís masivas, destrución de infraestruturas e desprazamento da maioría da poboación; falta acceso a subministracións básicas (auga, medicamentos, alimentos etc.), poboación nun gran estado de vulnerabilidade. A Corte está a valorar a responsabilidade directa de Israel como Estado, non tanto de políticos ou militares. Corte Penal Internacional (CPI): Aa Corte Penal investiga os crimes cometidos en Palestina considerando que este é un Estado parte do Estatuto de Roma, polo que valora a súa competencia sobre dúas categorías de crimes, o crime contra a humanidade e o crime de guerra. En maio de 2024 o Fiscal emitiu unha acta de acusación contra dirixentes de Hamás (hoxe en día xa non están vivos) e contra o Primeiro Ministro de Israel e el Ministro de Defensa israelí. En novembro de 2024 confírmanse os crimes dos que se lles acusaban e emítese aa correspondente orde de arresto para o dirixente de Hamás e o Primeiro Ministro de Israel e o Ministro de Defensa. Ocrime contra a humanidade supón o exterminio, asesinato, toma de reféns, violencia sexual ou torturas xunto a outros tratos crueles e inhumanos. Por outra parte, o de guerra inclúee causar fame, ataques á poboación civil, homicidios etc. 5. ¿É útil o Dereito Internacional Humanitario ante a traxedia en Gaza? El Dereito Humanitario componse de normas que evitan ou minimizan unha situación tna grave como a de Gaza ou otros conflitos armados. Gaza encóntrase nunha situación humanitaria catastrófica, dito pola CPI, danse violacións graves de dereito humanitario que non son consecuencias accidentais do conflicto armado, senon que forman parte dunha estratexia deliberada. Esta situación leva a cuestionar o Dereito Humanitario, pois o país que quere vulnerar estas normas parece que o pode facer. “Por qué me habláis de leyes, no veis que ceñimos espada”, é válido ou necesario el Dereito Humanitario? 6 A Presidenta do Comité Internacional da Cruz Roja establece que non é o Dereito o que falla, senón a vontade de facelo cumplir, o problema non é a norma, simplemente que hai situacións en que as partes non as queren cumplir. Neste sentido, ao falar de Dereito Internacional Humanitario falamos dun conxunto de normas que buscan protexer ás vítimas de conflitos armados, límites ás operaciones militares, aos sufrimientos e restricións. Non se impide la violencia inherente a todo conflito armado, senón que se introducen limitacións donde prevalece o interés das vítimas. O Dereito Internacional Humanitario non lexitima operacións militares. Israel trata de explicar por que matar persoas é algo que permite o Dereito Humanitario, pero esto non é verdade. Unha cousa son aas consecuencias inevitables da guerra e outra a xustificación da guerra. Estos argumentarios levaron a que la relatora da ONU fale de camuflaxe humanitario, argumentos que lexitiman as operacións militares de Israel ou as mortes civís ocasionadas polas operacións militares. Máis alá da función do Dereito Internacional Humanitario de protexer ás vítimas ou limitar os efectos do conflito, cumple unha función menos evidente, constitúe un instrumento para superar as divisións e facilitar o camiño cara a paz, busca establecer un cauce entre as partes para que interactúen, limitando a espiral de odio que xeran estas situacións de enfrontamento. Hamás, despois deste enfrontamento non terá problemas de reclutamento, dada la campaña de odio cara Israel tras o conflicto, sendo esto o interludio para futuras accións. O Dereito Humanitario busca romper estas espirales de odio. 6. Aplicación do Dereito Internacional Humanitario Para aplicar o Dereito Humanitario en Gaza hay que ter consideracións. Non se trata dunha situación aislada, senón o exemplo máis palpable das consecuencias humanitarias dos conflitos humanitarios actuais. As partes belixerantes desenténdense das súas obligacións xurídicas e se valen de interpretacións moi permisivas do Dereito Humanitario para xustificar as infraccións das normas, os actos de destrucción e a obstaculización á axuda humanitaria. Esta situación, porén, ten un rasgo diferencial, o grao da hostilidade, o grao das operacións militares nun lugar tan pequeno e o desinterese pola situación que atravesa a poboación civil, non se ve preocupación por reducir o sufrimento desta. Se comparamos as dimensións do 7 conflito en Ucrania coas de Gaza, podemos ver a maior intensidade que se está sufrindo en Gaza, en Ucrania as operacións militares sobre a poboación civil ten un grao de destrucción moito menor. A traxedia humanitaria en Gaza non se iniciou o 7 de outubro. Gaza é un territorio ocupado por Israel, a pesar de que se retiraron, a realidade é que Gaza sigue ocupada. Así, Israel tiña obligacións sobre o territorio de Gaza, a primeira era administrar o territorio en beneficio da poboación local, claramente incumplida. Hai unha opinión consultiva da CIJ do 19 de xullo de 2024 donde se analizan as prácticas e políticas israelís sobre Gaza y Cisxordania, onde se establece a ilegalidade da ocupación sobre territorios palestinos. A estratexia de Israel basease en conseguir que a ocupación de territorio sexa algo irreversible aindá que sexa ilegal. Ninguén se puede amparar en ningunha cuasa lexítima para violar o Dereito Internacional Humanitairo, nin o exercicio de la lexítima defensa ni a loita contra o terrorismo. Nada xustifica as violacións de Dereito Internacional Humanitario, esto hai que telo moi presente. 7. Desenvolvemento das hostilidades e protección dos civís Dende o punto de vista do Dereito Internacional Humanitario un dos métodos para minimizar os efectos das operacións militares son os principios de distinción,proporcionalidade e protección. ●Distinción: distinguir entre combatintes e civís. As operacións militares diríxense contra combatintes, obxectivos militares. Prohíbese atacar á poboación civil e bens de carácter civil, causar terror civil, obriga de minimizar os efectos das hostilidades sobre os civís e prohibición dos ataques indiscriminados. ●Proporcionalidade: os ataques desproporcionados están prohibidos, nos que as baixas civís son excesivas. Existe unha tendencia a minusvalorar as consecuencias do ataque para os civís. ●Protección: escoller as estratexias que causen menos danos civís, identificando o carácter militar do obxectivo sen situalos en torno a civís. Evitar medios de combate que teñan efectos indiscriminados. 8 8. Conducción da hostilidade en Gaza En Gaza non se cumple ningunha das obligaciones anteriormente mencionadas. Considérase que o obxectivo da operación é eliminar a Hamás, pero este non é só un grupo armado, é un elemento máis importante, non se está a distinguir entre militares e civís e non todo membro de Hamás é un obxectivo militar. O parámetro para determinar se unha persoa é obxectivo militar non é si pertenece a un determinado grupo, senón si está participando nos ataques, esta distinción non se está a facer neste conflicto. A esto contribuiu a Intelixencia Artificial, que vai actuar en función de cómo se lle teña enseñado, se los parámetros introducidos ao algoritmo non teñen en conta o Dereito Internacional Humanitario, os resultados obtidos non terán en conta o seu respeto. As 3 IAs utilizadas por Israel para a identificación de obxeticvos son: Habsara (edificios que albergan milicias), Lavander (identificación de membros de grupos armados), Where’s Daddy (seguimento de obxectivos unha vez localizados). Prodúcense ataques contra instalacións sanitarias, educativas, relixiosas, bens civís protexidos polo Dereito Internacional Humanitario. Israel destruiu sistemáticamente este tipo de edificios, baixo a pretensión de que sempre estaban sendo usados por Hamás. 9. Falta de limitación en los efectos de los ataques sobre los civiles Non hai límite dos efectos das hostilidades sobre civís, existindo unha gran tolerancia aos efectos colaterais, acéptase que por cada membro militar de Hamás se mate a 15 civís e se é un alto cargo hasta 300 civís. Calquera identificación dun obxectivo xustifica a muerte de civís ou a destrucción de infraestruturas. Lévanse a cabo bombardeos masivos de zonas residenciais e atácanse campos de refuxiados, o que conleva un aumento sen precedentes de vítimas civís, sobre todo mulleres e nenos. Tamén se destrúen infraestruturas civís, con efectos directos como as mortes e os danos en bens civí; pero tamén efectos indirectos como a interrupción de servizos básicos, a destrución de zonas de cultivo, a obstaculización da axuda humanitaria, etc. Os 9