Informe de xestión 2023
Abstract
O artigo 78, h dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela prevé como competencia do Claustro a deliberación sobre o informe anual do reitor. Neste ano 2024, este documento corresponde á análise do primeiro ano das accións recollidas na Programación Plurianual 2023-2026. Así, nestas páxinas recóllese unha análise pormenorizada dos principais fitos conseguidos no ano 2023, no que cómpre destacar que a maioría de accións xa están encamiñadas para atinxir os obxectivos propostos.
Full text
Claustro 13 de maio de 2024 INFORME DE XESTIÓN 2023
INFORME DE XESTIÓN 2023
ÍNDICE LIMIAR ......................................................... 7 1O ESTUDANTADO E A COMUNIDADE UNIVERSITARIA 1.1 Impulsar a visión integral na educación.............14 1.2 Dinamizar a participación do alumnado ........ 16 1.3 Construir unha USC plural e diversa que garanta a igualdade de oportunidades .......... 17 1.4 Promover o uso da lingua galega ................... 19 1.5 Adquirir os hábitos da economía circular .....20 1.6 Impulsar o proxecto cultural da USC ...........20 1.7 Regular a convivencia na USC .......................22 2A FORMACIÓN E A DOCENCIA NO NOVO CONTEXTO 2.1 Robustecer as titulacións e a calidade .......... 28 2.2 Explorar estruturas curriculares específicas e innovación docente ........................................29 2.3 Formar en competencias dixitais .................29 3OS RETOS NA POLÍTICA DE PERSOAL 3.1 Renovar, estabilizar e promocionar os cadros docentes da universidade ...............................36 3.2 Adaptar as estruturas de pas e os servizos de apoio..................................................................39 3.3 Formular a cuantificación efectiva das actividades docentes, investigadoras e de xestión .................................................................40 3.4 Desenvolver a carreira investigadora ..........40 4A INVESTIGACIÓN E A INNOVACIÓN COMO MOTOR DO DESENVOLVEMENTO 4.1 Estrutura a investigación ...............................46 4.2 Impulsar a transferencia da I+D+I e o emprendemento .............................................48 4.3 Consolidar o Campus Terra ..........................48 4.4 Promover a ciencia aberta ............................50 4.5 As bibliotecas: referencia na investigación ...52 5SENDA DA INTERNACIONALIZACIÓN 5.1 Potenciar a internacionalización como eixe transversal na universidade ...........................58 5.2 Reforzar o posicionamento e a visibilidade internacional da USC ..................................... 59 5.3 Incrementar a internacionalización da docencia e a da investigación da USC .......... 61 5.4 Potenciar a mobilidade internacional e a internacionalización na casa .........................62 6A PROCURA DE INFRAESTRUTURAS ECOEFICIENTES 6.1 Optimizar a eficiencia enerxética ................. 68 6.2 Implementar o plan de infraestruturas .......69 6.3 Racionalizar o uso das infraestruturas ......... 69 7A USC NA ERA DA TRANSFORMACIÓN DIXITAL 7.1 Fomentar a cultura da seguridade da información e da ciberseguridade ................. 74 7.2 Transformar a xestión dos procesos e procedementos ...............................................75 7.3 Renovar o hardware de uso docente .............76 7.4 Evolucionar cara ao uso de programas multicampus na nube.....................................76 7.5 Crear aulas polivalentes .................................77 7.6 Potenciar mecanismos dixitais de xestión documental .....................................................78 8A XESTIÓN EFICIENTE DOS RECURSOS 8.1 Xestionar eficazmente a información .......... 84 8.2 Restaurar o orzamento ..................................84 8.3 Renovar o modelo de gobernanza dos servizos ............................................................84 8.4 Axilizar a produción normativa ...................84 8.5 Optimizar a xestión dos procesos electorais e do funcionamento dos órganos colexiados ... 85 8.4 Descentralizar a xestión académica ............85
6 | INFORME DE XESTIÓN 2023 LIMIAR | 7 LIMIAR O artigo 78, h dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela prevé como competencia do Claustro a deliberación sobre o informe anual do reitor. Neste ano 2024, este documento corresponde á análise do primeiro ano das accións recollidas na Programación Plurianual 2023-2026. Así, nestas páxinas recóllese unha análise pormenorizada dos principais fitos conseguidos no ano 2023, no que cómpre destacar que a maioría de accións xa están encamiñadas para atinxir os obxectivos propostos. Especial atención merece o capítulo da renovación de persoal, que é unha das accións nas que se avanzou e debemos seguir avanzado, pois a idade media no persoal da nosa universidade, tanto no PDI como no PTXAS, presenta aínda uns dos valores máis altos das universidades españolas. No eido da internacionalización, a incorporación efectiva da USC á Alianza Universitaria Europea “EUniWell”, a Universidade Europea do Benestar, é un dos aspectos con maior impacto xa que sitúa os aspectos claves da misión e compromiso da institución nun nivel europeo para os vindeiros anos poñendo o foco en desenvolver nunha das liñas de acción prioritarias en Europa como é ter un papel crítico e intermediario na configuración dunha política e unha pedagoxía baseadas na investigación para fundamentar a toma de decisións, reforzar o desenvolvemento de competencias e lograr un impacto na experiencia de aprendizaxe do estudantado e na calidade de vida da cidadanía europea. EUniWell ofrecerá oportunidades de mobilidade e colaboración internacional, tanto para o estudantado, como para o persoal docente e investigador e o persoal técnico de xestión e administración e servizos. No que ten que ver coa dixitalización, a renovación do equipamento informático para o PDI e a incorporación de novo equipamento nas aulas mediante o proxecto UniDigital do Ministerio de Universidades supuxo un pulo importante na actualización das capacidades tecnolóxicas da universidade que permitirá afrontar coa formación axeitada os retos que a docencia terá nos vindeiros anos. Outro aspecto importante a destacar no 2023 foi o compromiso da comunidade universitaria coa optimización dos recursos, de xeito específico as accións incluídas no plan de aforro enerxético, o que supuxo unha notable redución do consumo enerxético que se materializou nun aforro económico e nunha diminución significativa dos gases de efecto invernadoiro. Finalmente, leváronse a cabo os primeiros pasos cara a realización da Cidade da Saúde, unha das prioridades no ámbito temporal da Programación Plurianual 2023-2026. ANTONIO LÓPEZ DÍAZ Reitor
“ O ESTUDANTADO E A COMUNIDADE UNIVERSITARIA | 9 O ESTUDANTADO E A COMUNIDADE UNIVERSITARIA “A recuperación das facultades e escolas como referentes da comunidade universitaria e, especialmente, do alumnado. Son o berce para orientar as titulacións ás demandas educativas e necesidades da sociedade. 1
O ESTUDANTADO E A COMUNIDADE UNIVERSITARIA | 11 1.1 IMPULSAR A VISIÓN INTEGRAL NA EDUCACIÓN 1.1.1 Posta en marcha do plan de proxección social 1.1.2 Creación dunha rede de colaboración e dinamización entre os centros da USC para realizar actividades de interese para o alumnado 1.1.3 Análisedamodificacióndanormativadepermanencianastitulaciónsdegraoe máster para contribuír a mellora académica 1.1.4 PotenciarasactividadesdaÁreadeOrientaciónLaboraleEmprego 1.1.5 Impulso das actividades de empredemento cara o estudantado de mestrado 1.1.6 Extensión e actualización dos convenios de colaboración con entidades da contorna 1.1.7 Creación dun pasaporte cultural cuxas actividades teñan un recoñecemento decréditosECTS.Definiransesinerxíasentreasactividadespropiaseexternas 1.1.8 Actividades de fomento do deporte no ámbito universitario 1.1.9 Cooperación cos clubs para favorecer a compatibilidade do deporte profesional e os estudos universitario 1.1.10 Correlación das actividades participativas coa estratexia do Comité Olímpico Internacional(COI)paraacadaroseurecoñecementooficialpoloCOI 1.2 DINAMIZAR A PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO 1.2.1 Consolidación do Consello de Estudantado e favorecemento da posta en marchadetodasascompetenciasquelleoutorgaoEstatutodoEstudantado 1.2.2Empregodecanlesvirtuaisparaimpulsaraparticipaciónnosprocesos electorais e na vida universitaria 1.2.3 Impulso e automatiz ación do portal de transparencia, aproveitando as canles de comunicación que permite a web e app 1.2.4 Creación de espazos que permitan o traballo colaborativo e sexan puntos de encontroparaafianzarasredesdecooperación 1.2.5 Creación de espazos de convivencia nas escolas e facultades 1.3 CONSTRUÍR UNHA USC PLURAL E DIVERSA QUE GARANTA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES 1.3.1MonitorizacióndoIIPlanEstratéxicodeIgualdade(PEI) 1.3.2Programacióntemporalestabledecursosorientadosácomunidade universitariabaixooparaugasdoCentrodeFormación 1.3.3ExtensióndospremiosáigualdadecubrindotantoosTFGcomoosTFM 1.3.4Asistenciadeprofesionaisespecializadosparafavoreceraplenaintegración na USC 1.3.5 Realizar cursos formativos para a comunidade universitaria en materia de integración 1.3.6 Financiamento de aloxamento accesible para o estudantado con diversidade funcional 1.3.7Execucióndeintervenciónsarquitectónicasnomarcodoprogramade eliminación de barreiras arquitectónicas da USC 1.3.8Elaborar,enconxuntocoConcellodeSantiagodeCompostelaecodeLugo, asDeputaciónsdaCoruñaedeLugoeaXuntadeGalicia,undocumentode acciónsnecesariasparagarantiraplenaaccesibilidadedascidadesde SantiagodeCompostelaeLugoedosseuscampus 1.3.9 Análise e renovación dos mecanismos do Servizo Universitario de Residencias parapotenciaragarantíadeaccesoáuniversidadedeestudantesen dificultadeseconómicas 1.3.10 Axudas para a manutención do alumnado nas cafeterías e comedores universitario da USC CRONOGRAMA DAS ACCIÓNS ACCIÓNS FÓRA DE PRAZOACCIÓNS COMPLETADAS ACCIÓNS EN PRAZO ACCIÓNS COMPLETADAS ACCIÓNS FÓRA DE PRAZO ACCIÓNS EN PRAZO 61,9%2,4%35,7% 10 | INFORME DE XESTIÓN 2023 15/11/2022 13/02/2023 14/05/2023 12/08/2023 10/11/2023 08/02/2024 08/05/2024 06/08/2024 04/11/2024 02/02/2025 03/05/2025 01/08/2025 30/10/2025 28/01/2026 28/04/2026 27/07/2026
O ESTUDANTADO E A COMUNIDADE UNIVERSITARIA | 13 1.4 PROMOVER O USO DA LINGUA GALEGA 1.4.1ElaboracióndonovoplandeacciónenproldousodalinguagaleganaUSC para o período 2023-2026 1.4.2Creacióndecátedrasinstitucionaisparavisualizarepotenciaranosalinguae literatura 1.5 ADQUIRIR OS HÁBITOS DA ECONOMÍA CIRCULAR 1.5.1ElaboracióndamemoriadeRSCenfocadaáconsecucióndecertificación internacionalGRI 1.5.2Programapilotodunsistemademoedadixitalparapotenciarareciclaxe de latas e botellas de plástico. O modelo constará de diversas máquinas automatizadasderecoñecementointelixentedosrefugallos 1.5.3Revisióndosistemadeseparaciónselectivaderefugallosnoconxuntode edificios.TraballoencolaboracióncoaFundaciónUSC 1.5.4 Implantación dunha aplicación para compartir materiais ou da transacción de bens de consumo dentro da comunidade universitaria 1.5.5Programaespecíficodeseparación,recollidaerecuperacióndeRAEE 1.6 IMPULSAR O PROXECTO CULTURAL DA USC 1.6.1Programacióndunhaofertadecursosformativosquerespondaás inquedanzas artísticas e culturais do estudantado 1.6.2 Creación dun sistema participativo para que o estudantado poida impulsar cursos de formación e actividades culturais do seu interese 1.6.3 Posta en marcha de convocatorias para o fomento da creación artística entre a comunidade universitaria 1.6.4Programacióndunciclodemúsicaebandasemerxentes 1.6.5PromoverconveniosdecolaboracióncontodasasAdministraciónPúblicas concompetenciasenSantiagodeCompostelaeLugo(concellos, deputacións,XuntadeGaliciaegobernodoEstado)paraacreacióndenovas iniciativasdeexposiciónefomentodotalentoxuvenildetodaGalicia 1.6.6Integracióndepropostasartísticospedagóxicascoacolaboracióndetodaa comunidade universitaria 1.6.7DefinicióndunprogramaconmemorativodocentenariodoSeminariode EstudosGalegos 1.7 REGULAR A CONVIVENCIA NA USC 1.7.1AprobacióndoregulamentodeconvivenciadaUSC 1.7.2 Determinación da composición e constitución da Comisión de Convivencia da USC 1.7.3Implementacióndemediosalternativosdesolucióndeconflitosde convivencia CRONOGRAMA DAS ACCIÓNS 12 | INFORME DE XESTIÓN 2023 15/11/2022 13/02/2023 14/05/2023 12/08/2023 10/11/2023 08/02/2024 08/05/2024 06/08/2024 04/11/2024 02/02/2025 03/05/2025 01/08/2025 30/10/2025 28/01/2026 28/04/2026 27/07/2026 ACCIÓNS FÓRA DE PRAZOACCIÓNS COMPLETADAS ACCIÓNS EN PRAZO ACCIÓNS COMPLETADAS ACCIÓNS FÓRA DE PRAZO ACCIÓNS EN PRAZO 61,9%2,4%35,7%
14 | INFORME DE XESTIÓN 202314 | INFORME DE XESTIÓN 2023 1.1 IMPULSAR A VISIÓN INTEGRAL NA EDUCACIÓN Púxose en marcha o Plan de Proxección Social que contiña diferentes actuacións destinadas ao alumnado nunha aposta por achegar a programación cultural e deportiva, así como tamén ter unha maior proxección na comunidade universitaria e na cidadanía. No ano 2023 púxose en marcha as Faíscas culturais como unha aposta decidida para potenciar a participación e o desenvolvemento integral do estudantado mediante proxectos artístico-pedagóxicos que se sitúan na intersección que existe entre o coñecemento académico e a expresión artística. Así mesmo, a participación de diversos centros nos diferentes campus de Lugo e Santiago permite comezar a tecer unha rede de colaboración e dinamización entre os centros. Algunhas das actividades específicas foron: “Saber de Nós”, “Unha ollada ao centenario da creación do Seminario de Estudos Galegos”, “Un rastro de furia e algas” e “Reflexións sobre o futuro do noso planeta”. A plataforma propia de emprego significou un impulso moi importante na promoción da empregabilidade (case que 2.000 persoas están rexistradas), permitindo un coñecemento máis detallado das deEn outubro de 2023, en colaboración co Concello de Santiago e o Grupo de Traballo de Economía Circular WAS (“Woman Action Sustainability”), tuvo lugar na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, o Encontro Universidade-Empresa sobre Economía Circular co obxectivo de fomentar o diálogo entre empresas e entidades co estudantado e o persoal investigador especialista nesta materia. Ademais, a través do Concurso Retos WAS Circulamos-USC, o alumnado achegou a súa visión e aplicou os seus coñecementos a retos reais de diferentes empresas e entidades. O programa tamén incluía un espazo expositivo para que diversas empresas baseadas no emprendemento feminino amosaran os seus produtos. Procedeuse á creación ou renovación de diversos convenios con entidades da contorna para actividades cívico-sociais: • Cultura: Deputación Provincial da Coruña, Concello de Lugo, Deputación Provincial de Lugo, Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón, Centro Dramático Galego. • Voluntariado: Psicofundación, AJERGA, ESN-Compostela, Fundación APP-Primadomus España, Auditorio de Galicia-Cineuropa, Farmamundi. • Aprendizaxe-Servizo: Asemblea Curz Vermella, Asociación Española Contra o Cancro. • Orientación Laboral: Concello de Ribeira, ALIV Abogados, Epi Prensa, Fundación 26 de decembro, CIXUG. mandas do mercado laboral. A nivel interno tamén supuxo unha maior visibilización da Área de Orientación Laboral entre o estudantado. Unha das actividades senlleiras que se están a consolidar como unha das accións con maior demanda é a Feira Virtual de Emprego da USC que se celebrou na primavera de 2023, un evento dirixido a estudantes e persoas tituladas na Universidade e que permite o seu acceso a ofertas de traballo, charlas e foros sobre empregabilidade. O número de persoas rexistradas foi de 974 e as empresas participantes foron 34. A cifra de ofertas publicadas ascendeu a 121 e os que se inscribiron nalgunhas delas foron 239. Tamén, se recolleron 773 currículos e impartíronse un total de 15 actividades. A oitava edición do proxecto “Mentoring USC Desenvolvemento Profesional”, que pretende mellorar as posibilidades de acceso ao mundo laboral do estudantado recentemente titulado, clausurouse en xuño de 2023. Nesta edición participaron 78 estudantes así como 94 mentoras/es. En outubro de 2023 fíxose a convocatoria da IX Edición na que se recibiron máis de 300 solicitudes de participación. FOTOProxectoMentoring FOTO Alumna na área de orientación laboral FOTO Xornada enmarcada nas Faíscas Culturais. 500 2.000 CITAS PRESENCIALES INDIVIDUALIZADAS CONSULTAS VIRTUAIS O ESTUDANTADO E A COMUNIDADE UNIVERSITARIA | 15 2023 Asesoramiento sobre empregabilidade
1.2 DINAMIZAR A PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO Unha vez constituído o Consello de Estudantado (setembro de 2022) como un órgano propio e estable de representación estudantil cun papel complementario ás restantes organizacións de estudantes, procedeuse á dotación económica para a súa actividade ordinaria, creación da súa páxina web e a dotación de espazos no Chalé número 5 (Campus Sur) e habilitouse un local para o alumnado no edificio Intercentros (Campus de Lugo). No ano 2023 as eleccións realizadas con votación electrónica (que supoñen un notable aforro económico e sobre o impacto ambiental) foron: • Eleccións de representantes de todos os sectores nas xuntas de centros e nos consellos de departamento. Nos centros e sectores nos que fixo falla realizar a votación a participación foi: Ciencias da Comunicación (5%), Formación do Profesorado (78%), Relación Laborais (62%), Óptica e Optometría (60% e 22%), Enfermaría (33% e 10%) e Veterinaria (20%). No caso dos departamentos, soamente en 3 foi necesario realizar votación e a participación oscilou entre o 3 e o 11%. • Eleccións de representantes no Consello do Estudantado (cunha participación do 83%). • Eleccións de representantes no Comité de Dirección da EDIUS cunha participación do 14%. A estratexia da USC no ámbito deportivo pivota sobre diversos eixes: (i) intensificar a súa relación coas distintas entidades deportivas galegas co dobre obxectivo de tecer redes, cando non fortalecer as xa existentes, coa contorna (Santiago Rugbi Club, o E.D.S. Santa Marta e o Racing San Lorenzo en Santiago; Ensino Lugo CB; Noia Fútbol Sala); (ii) conciliar os estudos e o deporte, para tal efecto tivo lugar unha xornada en outubro para analizar o presente e futuro da práctica físico-deportiva no contexto universitario, o papel da USC na conciliación da vida académica e deportiva ou o programa de apoio á carreira dual (estudos e deporte) do alumnado vinculado ao deporte de alto nivel. Cómpre destacar que un dos programas auspiciados polo mecenado do Santander radica na convocatoria de 75 bolsas de 1.000 € para o fomento da práctica deportiva. Nesta convocatoria de 2023 recibíronse 207 solicitudes. O portal de transparencia creado no 2023 constitúe un dos piares fundamentais do goberno e converteuse nunha peza esencial da súa relación cos seus principais grupos de interese (PDI, PTXAS, estudantado, alumnado graduado, provedores, empresas, administracións públicas e organizacións da sociedade civil). Este feito reflectiu moi positivamente na evolución no ranking de transparencia empregado pola plataforma Dyntra (“Dynamic Transparency Index”) (figura 1), pois na actualidade dos 169 indicadores que analiza a USC cumpre con 142 (84,02%), o que nos sitúa no tramo das máis transparentes das universidades española. 1.3 CONSTRUÍR UNHA USC PLURAL E DIVERSA QUE GARANTA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES A principal novidade das accións incluídas no III Plan de Igualdade radica na normativa pola que se establece o procedemento de atención á conciliación da vida persoal e profesional do profesorado no proceso de asignación de docencia. A formación é un dos pivotes esenciais en calquera estratexia de igualdade. Para tal efecto, a colaboración da Oficina de Igualdade co Centro de Formación e a Biblioteca materializouse nun programa estable de actividades no que participaron máis de 140 PDI e 37 PTXAS. Actividade para PDI e PTXAS: • Afondando no “Protocolo de acoso sexual e acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero na USC”: achegamento, análise e reflexións A perspectiva de xénero como innovación docente • Sensibilización en materia de igualdade • Mergullámonos en Minerva! A perspectiva de xénero na ciencia aberta • Cambios de nome e de mención relativa ao sexo na USC O ESTUDANTADO E A COMUNIDADE UNIVERSITARIA | 1716 | INFORME DE XESTIÓN 2023 FOTO Votacións FOTOAcordocoNoiaFútbolSala FOTOApoioaoEnsinoLugoCB FIGURA 1 Evolución da USC no ranking Dyntra de transparencia dende o 2018 EVOLUCIÓN CRONOLÓXICA DA TRANSPARENCIA
30 | INFORME DE XESTIÓN 2023 LIMIAR | 31 A FORMACIÓN E A DOCENCIA NO NOVO CONTEXTO | 3130 | INFORME DE XESTIÓN 2023 • Creación de contidos interactivos con H5P no Campus Virtual • Creación de Cuestionarios no Campus Virtual • Iniciación á Intelixencia artificial Actividades PDI e PI: • Publicacións dixitais profesionais: deseño, autoedición, maquetación e diagramación con SCRIBUS • Creación e tratamento de imaxes e fotografíascon GIMP • Creación de infografías e deseños vectoriais • Curso básico en ferramentas de creación de contidos • Trucos e boas prácticas na elaboración de documentos dixitais • LibreOffice, Calc nivel avanzado • Curso básico en ferramentas de apio á docencia híbrida e virtual: Campus Virtual e Microsoft 365 • Edición de vídeos para a Educación Superior • Curso básico de ferramentas de creación de contidos • Obradoiro básico para a planificación da formación virtual • Deseño e creación de material didáctico interactivo con infografías en Genially • Creación de contidos interactivos con H5P no Campus Virtual • Creación de Cuestionarios no Campus Virtual • Iniciación á Intelixencia artificial En 2023 fíxose unha actualización importante do Campus Virtual, pasando da versión obsoleta de Moodle 3.11.13+ (build 20230322) á última versión do Moodle 4.1.4 (build 20230616) que ten soporte garantido de seguridade ata o 8 de decembro de 2025. Esta actualización demorouse no tempo para minimizar o impacto nos usuarios debido ao trocos na “interface” (figura 6). Asemade, esta nova versión incorpora novas funcionalidades de carácter xeral como a melloría na compatibilidade cos navegadores, visualización máis limpa e mellor rendemento. Algunhas novidades salientables serían: • Melloras no banco de preguntas: Ocultar ou mostrar opcións como comentarios e uso. • Xestión mellorada de preguntas: Permite xestionar estados das preguntas (borrador, listas, histórico de versións) • Cursos: Novo editor Atto que ten accesibilidade mellorada. Novas opcións para os requisitos da finalización dunha actividade. • Notificacións aos alumnos de cambios de contido dunha actividade. • Pódense administrar preconfiguracións administrativas do Moodle. • Administrar informes personalizados. • Soporte de LTI 1.3 e LTI Advantage, para integración con outras aplicacións externas. FIGURA 6 Portada do novo portal do Campus Virtual Finalmente, optouse por dotar á USC dunha plataforma educativa adicional e complementaria ao Campus Virtual para poder incorporar recursos didácticos multimedia: MOOC, 3D aumentada, videoxogos, etc. Ao longo do 2024 procederase á súa implementación. 384 309 PDI PTXAS 2023-2026 Programación de cursos para o desenvolvemento de competencias dixitais participantes participantes
“ 3OS RETOS NA POLÍTICA DE PERSOAL “Garantir a remuda xeracional é probablemente o desafío máis importante que a Universidade de Santiago de Compostela terá que afrontar nos vindeiros anos” OS RETOS NA POLÍTICA DE PERSOAL | 33
3.1 RENOVAR, ESTABILIZAR E PROMOCIONAR OS CADROS DOCENTES DA UNIVERSIDADE 3.1.1 Elaboración dun Plan Plurianual de Profesorado 3.1.2 Incorporación de profesorado en áreas con necesidades estruturaisrecorrendoprioritariamenteáfigurade profesorado axudante doutor 3.1.3 Incorporación de profesorado en áreas especialmente avellentadas 3.1.4 Creación de prazas vinculadas de profesorado permanente en áreas clínicas 3.1.5 Inclusión nas convocatorias de prazas de profesorado de cotas reservadas para a incorporación de profesorado con discapacidade 3.1.6 Axilización dos procesos de estabilización do profesorado e persoalinvestigadorconcontratostemporais,priorizandoa figuradeprofesoradotitular 3.1.7 Creación de prazas de profesorado titular e catedrático/a para a promoción do profesorado acreditado 3.2 ADAPTAR AS ESTRUTURAS DE PAS E OS SERVIZOS DE APOIO 3.2.1 Estabilizacióndopersoalinvestigador,rematandooproceso iniciadodendeaentradaenvigordoRealDecreto-lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reformalaboral,agarantíadaestabilidadenoempregoea transformación do mercado de traballo 3.2.2Execucióndeconvocatoriasquegarantanacaptaciónde novo persoal, de conformidade coa taxa de reposición 3.2.3Implantacióndemecanismosdementoringnotraspasode experiencias e funcións dos diferentes postos de traballo 3.2.4 Deseño da carreira horizontal do PAS e o desenvolvemento da avaliación do rendemento para completar a implantación 3.3 FORMULAR A CUANTIFICACIÓN EFECTIVA DAS ACTIVIDADES DOCENTES, INVESTIGADORAS E DE XESTIÓN 3.3.1 Elaboraciónedefinicióndolistadodeactividadesrealizadas polopersoalquedebansercontabilizadasdexeitoespecífico na xornada laboral 3.4 DESENVOLVER A CARREIRA INVESTIGADORA 3.4.1Canalizacióndunsistemapontenacarreirainvestigadora previooatinximentodefigurasdocenteseinvestigadoras susceptibles dun proceso de estabilización 3.4.2Desenvolvementodunprogramaderecursoshumanos baseado no establecido na Lei da ciencia CRONOGRAMA DAS ACCIÓNS ACCIÓNS COMPLETADAS ACCIÓNS EN PRAZO ACCIÓNS FÓRA DE PRAZO 64,3%28,6%7,1% OS RETOS NA POLÍTICA DE PERSOAL | 35 34 | INFORME DE XESTIÓN 2023 02/01/2023 02/04/2023 01/07/2023 29/09/2023 28/12/2023 27/03/2024 25/06/2024 23/09/2024 22/12/2024 22/03/2025 20/06/2025 18/09/2025 17/12/2025 17/03/2026 15/06/2026 ACCIÓNS FÓRA DE PRAZOACCIÓNS COMPLETADAS ACCIÓNS EN PRAZO
3.1 RENOVAR, ESTABILIZAR E PROMOCIONAR OS CADROS DOCENTES DA UNIVERSIDADE A aposta pola renovación, a estabilización e a promoción do profesorado constitúe un obxectivo que o equipo reitoral asumiu como prioritario desde o seu acceso ao goberno da institución. As actuacións desenvolvidas ao longo do ano 2023 tomaron como punto de partida o documento Bases para a elaboración da Planificación de PDI 2023, aprobado en Consello de Goberno o 29 de novembro de 2022. Neste documento, tras realizar un balance do Plan Plurianual de Profesorado 2019-2022 e unha análise da situación dos cadros docentes da universidade, defínense as liñas estratéxicas e os criterios que guiarán as actuacións en materia de PDI no ano 2023. En desenvolvemento dese documento de bases, aprobáronse en Consello de Goberno celebrado o 23 de febreiro as Propostas de actuacións en materia de PDI. Planificación 2023, que serían complementadas logo por unha Planificación complementaria 2023, aprobada polo mesmo órgano o 23 de novembro. En conxunto, ao longo do exercicio creáronse 203 prazas coa seguinte distribución: 68 prazas de profesorado axudante doutor, que se destinaron fundamentalmente a posibilitar a incorporación de profesorado novo en áreas con necesidades estruturais e tamén nalgunhas áreas especialmente avellentadas; 39 prazas de profesorado contratado doutor (5 delas reservadas para persoal investigador), que se crearon co obxectivo de ofrecer posibilidades de estabilización tanto a profesorado axudante doutor como a persoal investigador acreditado para esta figura docente; 46 prazas de profesorado titular (8 delas reservadas para persoal investigador), que se destinaron sobre todo a posibilitar a estabilización de profesorado axudante doutor e persoal investigador, así como á promoción de profesorado contratado doutor acreditado para este corpo docente; e finalmente 50 prazas de catedrático/a de universidade, tamén xeradas para posibilitar a promoción de profesorado titular acreditado para este corpo. Na figura 7 pódese ver a evolución na creación de prazas de profesorado desde o curso 2018-19 ata 2023-24: Coas actuacións desenvolvidas en 2023 atinxiuse o obxectivo de eliminar as bolsas de profesorado permanente acreditado para corpos docentes e en expectativa de promoción e, ao tempo, adiantáronse de xeito significativo os procesos de estabilización de profesorado con contratos temporais. Esta aposta polo robustecemento dos cadros docentes reafirmouse coa aprobación en novembro de 2023 das Bases para a Planificación de Profesorado 2024, en que se manteñen as liñas xerais de planificacións anteriores, ao que tempo que se redobra o esforzo para o adiantamento temporal dos procesos de estabilización do profesorado axudante doutor acreditado e que se deseñan as actuacións necesarias para a adaptación dos nosos cadros docentes aos requirimentos da Lei orgánica do sistema universitario. Deste xeito, polo que se refire á situación dos cadros de profesorado estrutural á finalización do exercicio de 2023, cabe sinalar que a súa distribución por categorías para un total de 1607 efectivos era a que se amosa na figura 8. Polo que se refire á distribución por xéneros, se consideramos o profesorado no seu conxunto, as mulleres representaban á fin de 2023 o 45% do persoal docente e investigador da Universidade. Esta porcentaxe elevaríase lixeiramente, ata atinxir o 46%, de considerarmos unicamente o profesorado estrutural. En calquera caso, se se analiza esta distribución tendo en conta as distintas franxas de idade, pódese apreciar que a porcentaxe de mulleres se incrementa de xeito significativo conforme se descende na escala de idade, o que permite augurar unha evolución tendente ao equilibrio na distribución do profesorado por xénero (figura 9). Resulta revelador, así mesmo, observar a distribución por xénero nas diferentes categorías de profesorado (figura 10). Os datos amosados permiten apreciar unha situación de equilibrio de xénero en tres das catro categorías máis representadas (profesorado titular, profesorado contratado doutor e profesorado axudante doutor), e un acusado desequilibrio no corpo docente de catedrático/a, en que as mulleres atinxen só un 31%. En calquera caso, se analizamos a evolución dos datos ao longo da última década, advírtese un incremento sostido, aínda que moi lento, na porcentaxe de catedráticas, desde un exiguo 16% en 2010 ata o 31% en 2023 (figura 11). OS RETOS NA POLÍTICA DE PERSOAL | 37 36 | INFORME DE XESTIÓN 2023 FIGURA 7 Creación de novas prazas de profesorado dende o curso 2018-2019 FIGURA 8Distribucióndeprofesoradoporcategoría FIGURA 9 Profesorado estrutural por franxa de idade e xénero FIGURA 10 Profesoradoestruturalporxéneroecategoría CAPTACIÓN E PROMOCIÓN DO PDI
38 | INFORME DE XESTIÓN 2023 OS RETOS NA POLÍTICA DE PERSOAL | 39 Finalmente, polo que se refire á composición do profesorado atendendo á súa idade, alén do dato sobre a media de idade, que figura, como é sabido, entre as máis altas das universidades do Estado, interesa sobre todo chamar a atención sobre a distribución do profesorado por franxas de idade, que nos permite apreciar de maneira máis clara o forte desequilibrio existente entre o profesorado con máis e con menos de 50 anos (figura 12). FIGURA 11 Catedrático/a de universidade por xénero. Evolución 2010-2023 FIGURA 12 Profesorado estrutural por franxas de idade e xénero 3.2 ADAPTAR AS ESTRUTURAS DE PAS E OS SERVIZOS DE APOIO En 2023 continuaron os procesos de estabilización de persoal ao abeiro da Lei 20/2021. Remataron os procesos de PDI e Persoal Investigador e de Apoio á Investigación, quedando pendentes os de PTXAS que rematarán antes de finais de 2024, segundo as previsións legais. No que respecta á execución de convocatorias que garantan a captación de novo persoal en 2023 xestionáronse un total de 21 con 98 prazas implicadas. A Xerencia puxo en marcha o programa Remuda consistente nun intercambio de información e coñecemento entre as persoas que viñan desempeñando os postos ofertados no concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo de persoal funcionario, convocado pola resolución da Xerencia do 28 de marzo de 2022, e as persoas que os ían ocupar logo da súa resolución. O concurso afectaba a 100 postos de traballo dos que se xestionaron 87 solicitudes para participaren no programa. No relativo á carreira horizontal e á avaliación do rendemento, púxose en marcha o acceso extraordinario ao grao I da carreira profesional mediante o acordo asinado coa representación sindical o 27 de decembro de 2022 con efectos económicos do 1 de xaneiro de 2023. Participaron 1.099 traballadores e traballadoras e estimáronse o 89% das solicitudes. Na actualidade a Xerencia está traballando nunha proposta de carreira ordinaria que inclúa a avaliación do rendemento como mecanismo de progresión que será negociada durante o 2024. A figura 13 recolle a evolución das prazas recollidas nas OPE dos PTXAS dende o 2018, e a figura 14 indica o número total de efectivos desagregado por xénero. FIGURA 13 Evolución das OPE no PTXAS dende o 2018 (prazas de oferta libre, estabilización e consolidación) CAPTACIÓN E PROMOCIÓN DO PTXAS
40 | INFORME DE XESTIÓN 2023 OS RETOS NA POLÍTICA DE PERSOAL | 41 FIGURA 14 EvolucióndonúmerototaldeefectivosnoPTXASdesagregadoporxénero 3.3 FORMULAR A CUANTIFICACIÓN EFECTIVA DAS ACTIVIDADES DOCENTES, INVESTIGADORAS E DE XESTIÓN Ao longo de diferentes consellos de goberno aprobáronse sendas modificacións do Anexo II do Regulamento de redución docente e retribución de cargos e responsables académicos na USC para incorporar as reducións correspondentes ás figuras de Dirección do Centro de Biomedicina e Veterinaria, Coordinador/a de área de coñecemento, Presidente/a do Comité de Ética e os cargos asociados á monitorización e xestión do proxecto EUniWell. 3.4 DESENVOLVER A CARREIRA INVESTIGADORA Ao longo de 2023 continuouse coa creación de programas propios de investigación, de acordo co previsto na Resolución Reitoral do 5 de abril de 2022 polo que se regula a creación de programas propios da USC. Foron aprobados un total de 20 novos programas, dos cales 18 se corresponden a programas específicos propostos por grupos de investigación, 1 a un programa agrupado e 1 a un programa estrutural proposto polo Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia. Ademais aprobouse a modificación dun total de 15 programas aprobados ao longo de 2022, 7 programas estruturais e 8 programas específicos, co obxecto de dar cabida a novas contratacións ou adecuar as liñas de investigación á evolución e necesidades dos centros, institutos e grupos de investigación. FOTOInvestigadorasnaUSC
“ 4 INVESTIGACIÓNEINNOVACIÓNCOMOMOTORDODESENVOLVEMENTO| 43 A INVESTIGACIÓN E A INNOVACIÓN COMO MOTOR DO DESENVOLVEMENTO “O período pandémico puxo enriba da mesa que unha sociedade avanzada é aquela que confía e inviste na I+D+i. É necesario continuar coa estratexia que permitiu dar pasos importantes no eido da xestión da investigación e, singularmente, ligar os obxectivos aos indicadores do Plan Galego de Financiamento Universitario 2022-2026.
CRONOGRAMA DAS ACCIÓNS 4.1 ESTRUTURAR A INVESTIGACIÓN 4.1.1 Elaboracióndunplandeacciónsespecíficonoeidodainvestigaciónea transferencia 4.1.2 Unificacióndosmodelosdegobernanzadoscentrossingulareseinstitutosde investigación 4.1.3 Potenciación da captación de talento internacional 4.1.4 Impulsaraparticipacióndacomunidadeinvestigadoranasconvocatoriasde proxectos de I+D e transferencia da UE 4.1.5 Reversióndepartedoscustosindirectosaosinstitutosdeinvestigaciónecentros singularesqueposúanuncertograodeliberdadenaspolíticaspropiasde investigación 4.1.6 Reordenaciónepotenciacióndosinstitutosdeinvestigaciónecentrossingulares conespecialfincapénasáreasdeHumanidadeseCienciasSociaiseXurídica 4.1.7 Revisiónereordenacióndosgruposdeinvestigaciónmedianteaprocurade sinerxías 4.1.8Análisefuncionaldaactividadeinvestigadora 4.2 IMPULSAR A TRANSFERENCIA DE I+D+i E O EMPRENDEMENTO 4.2.1 Modificacióndomodelodegobernanzadossistemasdeemprendemento, adaptando a área de valorización e transferencias aos novos retos 4.2.2CreacióndunhacomisióndeseguimentocosrepresentantesdaUSCnosclusters e hub empresariais na procura dunha maior participación coordinada coa área de valorización e transferencia 4.2.3Programaciónpropiadeconvocatoriasquecomplementenasdoutras instituciónsparaincrementaroTRL(niveisdemadureztecnolóxica,eninglés “TechnologyReadinessLevels”)dainvestigaciónrealizadanaUSC 4.2.4Extensióndoprograma“WomanEmprende”ánosacontorna socioeconómicaediversificacióndosseusámbitosdeactuación incorporando novos modelos de emprendemento cun enfoque social, feminista e sostibles 4.3 CONSOLIDAR O CAMPUS TERRA 4.3.1 Reordenamentodasestruturasdeinvestigación 4.3.2Artellamentodascapacidadesdeinnovacióneinvestigaciónatravésdo programadeemprendementopropio“Argos”edoprogramaexterno colaborativopatrocinadopoloBancoSantander 4.3.3 Posta en marcha das accións e consecución dos indicadores recollidos no plan autonómico de desenvolvemento para o Campus Terra 4.4 PROMOVER A CIENCIA ABERTA 4.4.1Definicióndapolíticadecienciaaberta 4.4.2 Elaboración dun plan para impulsar a ciencia aberta 4.4.3 Actualización do repositorio Minerva 4.4.4Creacióndunrepositoriodedatosesoftwareeasúacoordinacióncoscriteriosde internacionaisparafavorecerasúainteroperabilidade 4.4.5 Artellamento dunha cultura de ciencia aberta procurando o apoio da contorna, a cidadanía e o estudantado 4.4.6 Implementación de espazos polivalentes cun deseño social destinados á convivenciaequepermitanacolleractividadesdivulgativas,artísticas,culturais,etc 4.4.7Potenciacióndevisitasguiadaseobradoirosdirixidosáinfanciaeadolescencia dosmuseosdeHistoriaNaturaledaDomusdoMitreo,edoObservatorio Astronómico 4.5 AS BIBLIOTECAS: REFERENCIA NA INVESTIGACIÓN 4.5.1 Novo sistema de xestión bibliotecaria 4.5.2 Impulso da descentralización da obra RAM, potenciando as accións encamiñadas ás infraestruturas bibliotecarias 4.5.3MelloradainfraestruturadaBibliotecaXeral 4.5.4Actualizacióndosfondosbibliográficosepotenciacióndosacordoscosgrupos editoriaisdentrodoSUG 4.5.5Elaboracióndunnovoregulamentodabiblioteca 4.5.6Impulsodoprogramaformativonasbiblioteca ACCIÓNS COMPLETADAS ACCIÓNS EN PRAZO ACCIÓNS FÓRA DE PRAZO 39,3%46,4%14,3% INVESTIGACIÓNEINNOVACIÓNCOMOMOTORDODESENVOLVEMENTO| 45 44 | INFORME DE XESTIÓN 2023 02/01/2023 02/04/2023 01/07/2023 29/09/2023 28/12/2023 27/03/2024 25/06/2024 23/09/2024 22/12/2024 22/03/2025 20/06/2025 18/09/2025 17/12/2025 17/03/2026 15/06/2026 ACCIÓNS FÓRA DE PRAZOACCIÓNS COMPLETADAS ACCIÓNS EN PRAZO
Ao longo de 2023 traballouse con dúas liñas de acción diferente en relación á captación de talento internacional: • Colaboración coa Axencia Galega de Innovación na divulgación do programa Oportunius e no posicionamento da USC como institución punteira en investigación en Galicia. • Difusión e apoio á formalización de candidaturas a convocatorias europeas do Consello Europeo de Investigación (ERC) ou do programa Marie Curie (MSCA), e convocatorias estatais como a Ramón y Cajal, Beatriz Galindo e o novidoso programa ATRAE. A nivel galego a USC é a universidade con maior éxito tanto a nivel ERC como MSCA, destacando neste último programa as 9 candidaturas aprobadas na última resolución correspondente ao programa postdoutoral. A USC sitúase como unha das universidades, nos últimos anos, con maior atractivo a nivel estatal para investigadores e investigadoras “Ramón y Cajal” con 17 contratos en 2022 e 14 en 2023. En 2023, incorporáronse un total de 3 investigadores e investigadoras que obtiveron financiamento no marco da convocatoria “Beatriz Galindo”, está pendente de decisión a última convocatoria, á que a USC presentou o máximo de candidaturas permitidas (5), catro na modalidade “senior” e unha na modalidade “junior”. Outro aspecto moi salientable é a participación e presentación de proxectos de investigación nas convocatorias competitivas da UE polo enorme traballo que lle supón ao PDI (figura 16). Por exemplo, o número de propostas anuais no programa Horizon supera amplamente as 100 solicitudes, manténdose nun valor estable nos anos 2022 e 2023 de 115 propostas, das cales o 42% son coordinadas pola USC. Ademais, a taxa de éxito foi en 2023 do 21%, notablemente superior á do 17% conseguida en 2022. Se sumamos a participación en todas as convocatorias (Horizon, Erasmus+, LIFE e Interreg) o número de solicitudes foi de 205 proxectos. A captación final de fondos (figura 12) duplicouse no ano 2023 en relación ao ano 2022, pois pasouse de aproximadamente 11 millóns de euros a 20 millóns de euros. A distribución porcentual en 2023 da captación en cada un dos programas foi: Horizon (45,7%), Eramus+ (30,9%), Life (5,9%) e Interreg (17,5%). 4.1 ESTRUTURAR A INVESTIGACIÓN Reordenouse a información dos institutos de investigación e centros singulares nas páxinas lanzadeira que conducen a cada un deles e tamén o seu rexistro no epígrafe de USC en cifras. Así mesmo, o CG de decembro aprobou a incorporación de dous novos institutos universitarios: Instituto de Humanidades (iHUS) e Instituto de Investigación en Psicoloxía (IPsiUS). O IHUS preséntase como un espazo atractivo e creativo para o desenvolvemento da carreira científica en Humanidades, con capacidade e compromiso para a atracción, formación e retención de talento. Polo que respecta ao Instituto de Investigación en Psicoloxía (IPsiUS), a súa finalidade será desenvolver investigación básica e aplicada para coñecer, explicar e predicir os procesos cognitivos, afectivos e sociais que sustenta o comportamento humano, así como proporcionar solucións con base científica para mellorar a saúde e o benestar das persoas e, por extensión, das comunidades. INVESTIGACIÓNEINNOVACIÓNCOMOMOTORDODESENVOLVEMENTO| 47 46 | INFORME DE XESTIÓN 2023 FOTO Facultade de Psicoloxía FOTOS Matraces aforados e material de laboratorio FOTOFacultadedeHistoria FIGURA 15 Propostaspresentadas(solicitudes/coordinadas)poranualidadeeprograma FIGURA 16 Evolucióndofinanciamentocaptadonosprincipiasprogramaseuropeosparaoperíodo2021-2023 PROPOSTAS PRESENTADAS / COORDINADAS POR ANUALIDADE E PROGRAMA EVOLUCIÓN DO FINANCIAMENTO NOS PRINCIPAIS PROGRAMAS EUROPEOS
INVESTIGACIÓNEINNOVACIÓNCOMOMOTORDODESENVOLVEMENTO| 49 48 | INFORME DE XESTIÓN 2023 4.2 IMPULSAR A TRANSPARENCIA DA I+D+I E O EMPRENDEMENTO En canto á modernización na xestión na AVTE, iniciouse o proceso de revisión do investimento nas Spin-offs coa finalidade de dispor de ferramentas adecuadas para a aprobación da creación de novas empresas. Nestes momentos xa se dispón dun plan de negocio e un modelo de valoración para a etapa de avaliación dos proxectos que se presentan. Tamén se redeseñou e desenvolveu un sistema de seguimento das empresas participadas que xa está operativo. Este sistema permite monitorizar a situación de cada empresa e establecer a estratexia máis axeitada. Ao mesmo tempo, en 2023 púxose en marcha a área de servizos a empresas dentro do edificio Emprendia, de modo que xa está operativa a sala de cultivos e o resto de instalacións. En 2023 asesoráronse 14 proxectos empresariais en fase de análise de viabilidade, dos cales 4 son novos proxectos xurdidos en 2023 e o resto iniciados en anos anteriores. Ademais fíxose o seguimento das 28 empresas participadas a través da participación en xuntas de socios e consellos de administración. Finalmente, iniciouse o proceso de regularización de uso de instalacións da USC polas empresas EBC. Na sección de emprendemento creouse un novo programa de identificación de coñecemento a partir dos TFG, TFM e teses de doutoramento (Programa Ícarus), no que se presentaron un total de 90 candidaturas. Este programa complementouse co campus de emprendemento, todo isto financiado polo convenio coa Xunta de Galicia. Ademais tamén é moi destacable o conxunto de accións levadas a cabo no marco de Innovatia 8.3, e a colaboración no fomento do emprendemento feminino con outras institucións como a Xunta de Galicia, e os concellos de Lugo e Santiago nos programas: • Titorización e asesoramento ás 354 beneficiarias do programa EMEGA. • Organización do VI Encontro de Emprendedoras EMEGA: 60 persoas asistentes. • Organización da Feira das Emprendedoras de Compostela – iniciativa vinculada á Economía Sostible Circular (WAS): 100 persoas asistentes A través do equipo técnico do Campus Terra e da AVTE no Campus de Lugo préstase apoio a toda a comunidade universitaria que queira mellorar as súas capacidades en xeración de ideas e innovación e que conten xa cunha idea de negocio e queiran transformala nun proxecto empresarial. Entre as iniciativas que se desenvolveron no Campus Terra destacan as seguintes: • Programa ARGOS: No Campus Terra promovéronse tres proxectos entre as anualidade 2022/2023 (USCAN3D na categoría de Argos SPIN, PERAL PROJECT na categoría de Argos ENXEÑO e REDILE na categoría de Argos ENXEÑO). • Santander Explorer: No Campus Terra participaron 33 alumnos/as no curso 2923-2024. • A aceleradora de proxectos innovadores invertibles ViaGalicia: presentaron a 7.ª Edición da súa aceleradora de proxectos empresariais no Campus Terra. A raíz da dita presentación, estableceuse a colaboración para que o Campus Terra fose a sede de Lugo onde se desenvolvera a primeira parte da aceleradora ViaGalicia para as áreas de Coruña, Lugo, Ferrol e Santiago na edición de 2023. A dita colaboración concretouse co desenvolvemento das seguintes actividades no Campus Terra: 0Startup Day (27 de marzo) 0Academia formativa (28 de abril ao 3 de xuño de 2023). 0Demo Day (29 e 30 de xuño de 2023). • Feira emprendedoras de primavera: economía verde e circular» Fundación Princesa de Girona-Concello de Lugo-Campus Terra. Dentro do Tour do Talento 2023 o Concello de Lugo encargou a Campus Terra a organización deste evento de emprendemento. Esta feira demostrou a forma na que mulleres galegas se decidiron a emprender no rural, nunha xornada aberta á cidadanía celebrada dentro dunha carpa instalada na praza da Horta do Seminario. Contou con 25 postos de exposición e venta ao público de produtos ideados por mulleres aliñados coa economía verde e circular (alimentos en ecolóxico, artesanía, téxtil, etc). • «Hackatón: Comunidades de impacto a Mariña Lucense. Prototipo Viveiro». A Mariña Lucense da man da Iniciativa PratoDO acolle a Comunidades de Impacto co ánimo de detectar os desafíos sistémicos e a procura de novas solucións, activando os axentes presentes no territorio e buscando a participación da mocidade tanto da comarca como da Universidade. O Concello de Viveiro foi o lugar por onde se comezou a establecer o prototipo inicial co que escalar ao resto da comarca. USC-Campus Terra contribuíu como aliado estratéxico a esta actividade. III Edición da Terra Creative Jam: ‘Reinventa o Rural’». Campus Terra-Lugo Open Factory-AVTE USC. Durante dous días estudantes e egresados/as do Campus Terra e mozos/as de Galicia participaron en diferentes talleres para resolver desafíos sociais, ambientais e tecnolóxicos achegando solucións cara ao «Rural 2030». O evento que contou con 54 participantes, abordou varias temáticas nesta edición: economía verde, produción eficiente e sostible; educación rural inclusiva e de igualdade; emprendemento das mulleres do rural; seguridade alimentaria; rural tech, desenvolvemento local, envellecemento activo no rural e rexurdimento creativo e cultural. • Asesoramento e constitución de dous proxectos de spin-off : XuvenLab Ciencia S.L e Agroecology Innovation Advisory S.L. Un dos compromisos que a USC adquiriu coa consecución do selo de excelencia para o Campus Terra pola Xunta de Galicia era a monitorización e cumprimento dunha serie de indicadores. A estas hai que engadirlles a organización en colaboración con outros grupos da USC do “Hackaton” e a participación no “Encuentro Internacional de Jóvenes Emprendedores”. 4.3 CONSOLIDAR O CAMPUS TERRA O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) reforzou a súa estrutura ao crearse nela un Programa Agrupado de Xestión Integrada, o que motivou que pediran a adscrición ao Instituto un número elevado de investigadores, chegando a ter 49 membros a finais de 2023. Así mesmo, comezouse a traballar na creación dun novo instituto/centro que pivotará sobre o ámbito “One Health” (figura 17): 1. Riscos ambientais 2. Enfermidades emerxentes de orixe animal 3. Alimentación, nutrición humana e seguridade alimentaria Constituíse unha comisión de traballo que se encarga de elaborar unha axenda científica, que debe ser referendada polos investigadores do Campus Terra interesados en integrarse neste futuro centro. Para este fin, cóntase ademais co asesoramento da Comisión Científica Externa creada “ad-hoc”. FIGURA 17 Concepto“UnhaSaúde”sobreaquepivotaría unha novaestruturadeinvestigación no Campus Terra FOTO GranxaCampusTerra
62 | INFORME DE XESTIÓN 2023 LIMIAR | 63 por Convenio Bilateral continúa a súa recuperación, se ben máis lenta que no caso de Erasmus+, sen dúbida impulsada pola posta en marcha dun programa propio de axudas para estudantado saínte (40 axudas dotadas con fondos do Programa Erasmus+ KA131). O Programa Erasmus+ KA131 viuse reforzado pola sinatura dun convenio multilateral coas universidades pertencentes ao Consorcio EUniWell e coa ampliación dos campos de estudo para moitos dos convenios existentes. Ademais, recuperáronse para o Programa Erasmus+ parte dos convenios con universidades do Reino Unido, que non estaban activos nos últimos anos por mor do Brexit. O período pospandémico viu xurdir novas modalidades de mobilidade, alén da mobilidade física. No curso académico 2023-2024 a USC comezou a participar en iniciativas BIP (Blended Intensive Programmes), de mobilidade híbrida, así No tocante á capacitación do persoal da USC no uso das linguas estranxeiras tanto na docencia como na xestión, dende o Centro de Linguas Modernas ofrecéronse cursos para a comunidade universitaria en diferentes linguas, que no caso do inglés se materializaron nos seguintes: • Campus de Santiago: B1, B2, C1, C2 de 100 horas presenciais ou semipresenciais, así como “Speaking and Listening Skills” dos niveis B1 e B2. • Campus de Lugo: B1, B2 e C1 de 50 horas (40 presenciais, 10 de traballo autónomo), e “Speaking and Listening Skills” do nivel B1. Por último, a USC continuou a súa actividade de cooperación no seo de iniciativas internacionais no eido da innovación educativa a través da Acción Clave 2 do Programa Erasmus+. En 2023 iniciáronse 11 proxectos KA2 (5 Capacity Building, 3 Asociacións para a Cooperación, 2 Alianzas para a Innovación e 1 Academia de Profesores Erasmus+). 5.4 POTENCIAR A MOBILIDADE INTERNACIONAL E A INTERNACIONALIZACIÓN NA CASA Os fluxos de mobilidade recuperáronse paulatinamente despois do confinamento, alcanzando, e mesmo superando, en 2023 os niveis anteriores a pandemia no caso do programa Erasmus+ KA131, tanto para mobilidades entrantes como saíntes. A mobilidade como en programas de mobilidade virtual. Nesta última modalidade cabe salientar a participación da USC na fase piloto do Programa Iberoamericano de Mobilidade e Intercambio Virtuais Académicos (PIMIVA), unha iniciativa da SEGIB en colaboración con asociacións universitarias de varios países latinoamericanos, CRUE Universidades Españolas e o Conselho de Reitores das Universidades Portuguesas (CRUP). As universidades participantes na fase piloto son de Andorra, Arxentina, Colombia, España, Portugal e México. Por último, e relacionado co concepto de internacionalización en casa, o CLM continuou ao longo do ano 2023 coas actividades interlingüísticas e interculturais “Andainas Lingüísticas” e “Cafés de Linguas” para o fomento do contacto entre persoas de nacionalidades, culturas e linguas diferentes, que teñen en común o seu interese en mellorar as súas destrezas orais en linguas estranxeiras. A interacción entre estudantado estranxeiro e local tamén tivo o seu espazo na celebración en setembro de 2023 da sexta edición do “International Welcome Day”, no que se lle deu a benvida á USC ao estudantado internacional do curso 2023-2024. O evento reuniu no Colexio de Fonseca a preto de 300 estudantes internacionais de corenta países diferentes. 62 | INFORME DE XESTIÓN 2023 A SENDA DA INTERNACIONALIZACIÓN | 63 FOTO Erasmus Mundus FOTOCursonoCentrodeLinguasModernas TÁBOA IVEvolucióndosfluxosdemobilidadeinternacional FOTO Acto de benvida ao alumnado internacional da USC
“ 6 A PROCURA DE INFRAESTRUTURAS ECOEFICIENTES | 65 A PROCURA DE INFRAESTRUTURAS ECOEFICIENTES “As infraestruturas deben deseñarse para optimizar a súa función e, polo tanto, ter un alto desempeño. Este aspecto debe combinarse coa racionalización e a mellora na ecoeficiencia no seu uso.
6.1 OPTIMIZAR A EFICIENCIA ENERXÉTICA 6.1.1 Monitorizacion do consumo enerxético 6.1.2 Optimización manual e automática dos consumos 6.1.3Formaciónesensibilizaciónnaeficienciaenerxética, priorizando o desempeño dos espazos e aparellos eléctricos e electrónicos 6.1.4 Acendido da calefacción e aire acondicionado axustado enfuncióndasprevisiónsdoservizoMeteogaliciae dascondiciónsdoedificio.Atemperaturaobxectivo de confort dos espazos interiores e de traballo será o indicadopolasdirectricesdogobernocentral 6.1.5 Instalación de xeración de enerxía eléctrica con paneisfotovoltaicossegundoofinanciamentoobtido nasconvocatoriaspúblicasdestamateria 6.1.6 Parque móbil eléctrico alimentado con enerxía de produción propia 6.1.7 Ampliación dos sistemas de xeración enerxética 6.2. IMPLEMENTAR O PLAN DE INFRAESTRUTURAS 6.2.1 Adxudicación do proxecto 6.2.2ConstrucióndaFacultadedeFarmaciaeedificios adicionais 6.2.3 Finalización do plan para as facultades do Campus na zonavelladeSantiagodeacordocoscondicionantesde protección do patrimonio 6.2.4Construcióneunificacióndeinfraestruturasparao traslado da Facultade de Formación do Profesorado 6.2.5UnificacióndaFacultadedeCienciasdaEducación 6.2.6Execucióndasmellorasdeenvolventesfinanciadase deobraRAMquemelloraaeficienciaenerxéticadas instalacións e que impliquen usos pasivos da enerxía solar 6.2.7Plandereformulacióndosespazosdeinvestigación 6.2.8RenovacióndasInfraestruturascientíficas;chalets docampussurparacentrosdeinvestigaciónnasáreas decienciassociaisehumanidades,BibliotecaXeral, AcuariodeBioloxía,pavillón4daFacultadede Veterinaria, e Observatorio Astronómico 6.3 RACIONALIZAR O USO DAS INFRAESTRUTURAS 6.3.1Realizaciónduninventariodosespazosempregadosnas diversas actividades 6.3.2Redefinicióneasignacióndasfunciónsrealizadasen cada un dos espazos 6.3.3 Racionalización dos horarios de apertura dos centros académicoseinvestigadoresreducindoohorarioactual de apertura 6.3.4 Racionalización da intensidade de uso dos espazos naactividadeacadémica,investigadoraeadministrativa, concentrandoasactividadesenedificiosezonasde edificiosdeformaquesexaposibleaaplicaciónde medidas de sectorización ou peches parciais 6.3.5 Dotación dos espazos necesarios derivados da implementación das novas titulacións 6.3.6ElaboracióndunhanovaregulacióndaTarxeta Universitaria (TUI) CRONOGRAMA DAS ACCIÓNS ACCIÓNS COMPLETADAS ACCIÓNS EN PRAZO ACCIÓNS FÓRA DE PRAZO 52,4%42,9%4,8% A PROCURA DE INFRAESTRUTURAS ECOEFICIENTES | 6766 | INFORME DE XESTIÓN 2023 ACCIÓNS FÓRA DE PRAZOACCIÓNS COMPLETADAS ACCIÓNS EN PRAZO 02/01/2023 02/04/2023 01/07/2023 29/09/2023 28/12/2023 27/03/2024 25/06/2024 23/09/2024 22/12/2024 22/03/2025 20/06/2025 18/09/2025 17/12/2025 17/03/2026 15/06/2026
6.1 OPTIMIZAR A EFICIENCIA ENERXÉTICA O Plan de Estratexia Enerxética aprobado no CG do 29/09/2022, materializado na Instrución IV/2022 de Xerencia e na Resolución reitoral do 18/10/23 polas que se desenvolveron as medidas de aforro enerxético, supuxeron unha redución no consumo enerxético que derivaron nun aforro na factura enerxética en 1,3 millóns de euros e a minoración na emisión de gases de efecto invernadoiro duns 700.000 quilos de CO2(eq). Estes resultados son produto do compromiso de toda a comunidade universitaria que foi consciente dos retos económicos e ambientais aos que se enfrontou a institución. A formación xogou un papel clave polo que se elaborou un cartafol con diverso material: carteis, dípticos e trípticos, infografía para as pantallas e vídeos. No ánimo de diversificar a xeración de enerxía e incrementar as fontes renovables, procedeuse a presentar diversos proxectos ante o INEGA que van permitir a instalación en paneis solares cunha potencia de 98,6 kWp (potencia pico) na Facultade de Matemáticas, 91,37 kWp no CEBEGA, 89,25 kWp na Facultade de Ciencias da Comunicación e 94,77 kWp na EPSE do Campus de Lugo, cun custo total aproximado de 370.000 €. Finalmente, cómpre sinalar que en decembro entrou en operación diferentes puntos de recarga para vehículos eléctricos: Facultade de Filoloxía e Matemáticas, así como na EPSE do Campus de Lugo. 6.2 IMPLEMENTAR O PLAN DE INFRAESTRUTURAS A proposta da UTE composta por OIKOS Estudio SLP impúxose no concurso de proxectos para o desenvolvemento do centro de Ciencias da Saúde (resolto o 21/11/2022) que albergará as facultades de Farmacia e Enfermaría, pola “coherencia da súa solución, fundamentada na correcta comprensión e análise das necesidades descritas nos pregos e no atinado diagnóstico dos principais problemas que se deben resolver”, segundo subliñou o ditame do xurado. No mes de xullo de 2023 a USC presentou o proxecto básico e a correspondente solicitude da licenza de construción cuxo inicio está programado para xullo de 2024. En novembro asináronse dous convenios de colaboración entre a Xunta de Galicia e as tres universidades públicas galegas para apoiar a dixitalización e mellora das infraestruturas. O primeiro deles supón a primeira inxección do novo Plan de infraestruturas para renovar e construír facultades e centros; mentres que o segundo convenio, incluído na folla de ruta de financiamento, está dirixido a apoiar a dixitalización e mellora da sostibilidade das instalacións. No caso concreto da USC, a achega centrarase en proxectos como a construción do novo centro de Ciencias da Saúde, a reforma da Facultade de Medicina e Odontoloxía, a reforma integral da Facultade de Química e a reorganización, reforma e ampliación do Complexo Docente do Campus de Lugo. Asemade, asinouse un protocolo de colaboración co Concello de Santiago que inclúe, entre outras cuestións, a formalización de que a titularidade das rúas, beirarrúas e zonas verdes do Campus Sur pasen definitivamente á dependencia efectiva do Concello. A mellora do desempeño enerxético implica, entre outras cuestións, unha mellora nas envolventes que optimice o illamento e que, polo tanto, evite a perda de enerxía de xeito inxustificado. Esta liña de actuación estaba incluída no Plan de Eficiencia Enerxética e supuxo o esforzo económico de case que 1.350.000 €. Algunhas das accións realizadas son: • Reposición de cubertas en varios edificios dos diferentes campus • Renovación da cuberta da Biblioteca Intercentros • Obras na fachada do 1º nivel da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) • Recuperación dos espazos da Facultade de Bioloxía 6.3 RACIONALIZAR O USO DAS INFRAESTRUTURAS No curso 2023/24 está implantado con carácter xeral a racionalización dos horarios de apertura dos centros académicos e investigadores cunha redución neta do número de horas con baixo desempeño enerxético. Ademais, definiuse unha organización do período non lectivo de Nadal que leva consigo que todo o persoal prestará servizo preferentemente na modalidade de traballo a distancia. Durante o ano 2023 completouse as reformas do antigo edificio Emprendia para albergar as titulacións no eido da Intelixencia Artificial . A dotación económica para a adaptación deses espazos (equipamento e infraestrutura) significou un investimento de aproximadamente 800.000 €. Por último, débese salientar que o CG do 28/12/2022 aprobou o novo Regulamento da Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI) que actualizou o seu Protocolo de xestión que databa do ano 2005. Asemade, dende o curso 2023-24 as competencias de emisión e xestión da tarxeta pasou a ser asumida completamente pola USC. A PROCURA DE INFRAESTRUTURAS ECOEFICIENTES | 69 68 | INFORME DE XESTIÓN 2023 FOTOS Estado da instalación en xaneiro do 2024. FOTOBibliotecaIntercentros FOTOAulariodeIntelixenciaArtificialnoantigoEdificio Emprendia FOTO TUI dixital
“ 7A USC NA ERA DA TRANSFORMACIÓN DIXITAL “É preciso aproveitar o impulso nos trocos realizados dende o 2020 para acelerar as accións encamiñadas a atinxir na USC unha transformación dixital que supoña unha mellora nas capacidades de servizo e interacción coa sociedade A USC NA ERA DA TRANSFORMACIÓN DIXITAL | 71
7.1 FOMENTAR A CULTURA DA SEGURIDADE DA INFORMACIÓN E DA CIBERSEGURIDADE 7.1.1 Adaptaciónprogresivadosdiferentesprocedementosseguindo os requirimentos do ENS publicado en 2022 7.1.2 RenovacióneampliacióndascertificaciónsdecumprimentocoENS 7.1.3 Introducióndeferramentasdegobernodaseguridade,análise de riscos e alerta sobre ameaza 7.1.4 Realización de actividades formativas enmarcadas no Centro deFormaciónecampañasdivulgativas,conespecialatención aomanexodedatospersoaiseninvestigación 7.1.5 Elaboracióndeprotocolosparagarantiraseguridadeea protección de datos persoais nas actividades formativas que se desenvolvan nas diferentes modalidade (presencial, híbrida, virtual) 7.1.6 Elaboración de pílulas informativas e difusión das mesmas polas diferentes canles dispoñibles: páxina web, listas de distribución e aplicación móbil 7.1.7 Actualizacióndasdevasasxaexistentes,engadindotamén unha devasa adicional. A función será a de prever e protexer a nosa rede de intrusións bloqueando o acceso 7.1.8DotacióndeUSBcriptográficosparadesbloquearos ordenadores que dan acceso a sistemas especialmente sensibles 7.1.9 CreacióndunhubdeciberseguridadecoaUVigoeUdC para dotarse dunha unidade de monitorización dos riscos informáticos 7.1.10Dotacióndunhaferramentadexestiónintegralda identidade corporativa 7.1.11Definicióndemecanismosdedobrefactordeautenticación para o acceso ás aplicacións máis sensibles 7.1.12IntegracióndoMSAutenticatorparadispositivosmóbiles quepermiteiniciarsesióndeformaseguranasaplicacións institucionais 7.1.13Elaboracióndaregulacióndofuncionamentododobre actor de autenticación 7.2. TRANSFORMAR A XESTIÓN DOS PROCESOS E PROCEDEMENTOS 7.2.1 Programapiloto(pre-proxecto)paraaanálisedosdiferentes procedementos de xestión 7.2.2Desenvolvementodunprogramadeimplementación progresivadeprocedementoseaplicacións 7.2.3Programapiloto(pre-proxecto)paraaanálisedosdiferentes procedementosempregadosnaxestióndainvestigación 7.2.4Implementaciónprogresivadeprocedementoseaplicacións ad-hocaosrequirimentosfuncionaisdefinidospolosservizos 7.2.5Unificacióndasdiferentesaplicaciónsdepersoal(PDI,PIePAS), incorporando os requirimentos derivados da reforma laboral 7.2.6 Seleción das novas ferramentas de xestión (e tamén as actualizaciónsdasxaexistentes)paraasúaimplementación na nube 7.2.7 Adaptación da Sede Electrónica aos requirimentos do Regulamentodeactuaciónefuncionamentodosectorpúblico por medios electrónico 7.2.8 Mellora da accesibilidade da Sede Electrónica e incorporación de novas funcionalidades como a conexión co repositorio institucionalMinervaeacreacióndunBoletínOficialparaa publicación de disposicións normativas de carácter xeral e actos de interese, co obxecto de reforzar a publicidade institucional 7.2.9Identificaciónepostaenmarchadunnovotramitadorde expedientes administrativo CRONOGRAMA DAS ACCIÓNS A USC NA ERA DA TRANSFORMACIÓN DIXITAL | 73 72 | INFORME DE XESTIÓN 2023 02/01/2023 02/04/2023 01/07/2023 29/09/2023 28/12/2023 27/03/2024 25/06/2024 23/09/2024 22/12/2024 22/03/2025 20/06/2025 18/09/2025 17/12/2025 17/03/2026 15/06/2026 ACCIÓNS FÓRA DE PRAZOACCIÓNS COMPLETADAS ACCIÓNS EN PRAZO ACCIÓNS COMPLETADAS ACCIÓNS EN PRAZO ACCIÓNS FÓRA DE PRAZO 61,1%33,3%5,6%
7.3 RENOVAR O HARDWARE DE USO DOCENTE 7.3.1 Auditoría exhaustiva e completa dos equipos informáticos do PDI dedicados total ou parcialmente á docencia. Análise por cada centro 7.3.2Auditoríaespecíficadosequiposinformáticosdispoñíbeis nos diferentes servizos 7.3.3 Renovación do equipamento informático dedicado á docencia polo PDI e á xestión polo PAS. A intención é atinxir uncambiodoparquedeordenadorescunhaantigüidade maiorouiguala8anos,quetaménsuporáminimizaros riscosdendeopuntodevistadaciberseguridade 7.3.4 Auditoría das aulas informáticas convencionais, valorando o seu uso e características do equipamento informático. Avaliar a idoneidade do cambio nos equipos ou dunha transformación en aula polivalente 7.3.5 Valorización do equipamento renovado, aplicado á reparaciónereusocomoprincipiosprioritarios.Asúa reutilización poderá ser tanto na USC como en entidades e asociacións colaboradoras sen ánimo de lucro 7.3.6 Reciclaxe dos RAEE (residuos de aparellos eléctricos e electrónicos)garantindoaeliminacióncompletada información e recuperación dos materiais de alto valor engadido(incluídana1.5.5) 7.4 EVOLUCIONAR CARA AO USO DE PROGRAMAS MULTICAMPUS NA NUBE 7.4.1 Incorporación de licenzas mutlicampus dos softwares de carácter docente, especialmente aqueles que o servidor sexa na nube 7.4.2SubstituciónprogresivadospuntosWi-Fipolossistemas Wi-Fi6quepermitiránresponderasfuturasdemandasde capacidade e velocidade de conexión 7.5 CREAR AULAS POLIVALENTES 7.5.1 Creación de novas aulas con equipamento informático e eléctrico que permita que unha aula teña funcionalidades para clases maxistrais e de seminario (incluída as de aula informática) 7.5.2 Transformación das aulas de seminario en aulas con capacidade para impartir clases presenciais ou virtuais, o que permite incrementar o (desempeño enerxético e optimización dos espazos)para aquelas materias con pouco alumnado;porexemplo,asmateriasoptativasou actividades de doutoramento 7.5.3 Dotación de equipamento eléctrico e informático que permita ampliar as funcionalidades das aulas e cubrir a tipoloxía de clases maxistrais e interactivas (incluídas as de aula informática) 7.6 POTENCIAR OS MECANISMOS DIXITAIS DE XESTIÓN DOCUMENTAL 7.6.1 Aprobación dunha normativa interna para dar cumprimento á Directiva 2019/1937 e á lexislación española que a traspoña 7.6.2 Implementación dunha canle electrónica de denuncias que permitagarantiroanonimato 7.6.3 Análise do estado da xestión documental da USC 7.6.4Identificaciónepostaenmarchadunhaferramenta tecnolóxica para a xestión do arquivo dixital CRONOGRAMA DAS ACCIÓNS A USC NA ERA DA TRANSFORMACIÓN DIXITAL | 75 74 | INFORME DE XESTIÓN 2023 02/01/2023 02/04/2023 01/07/2023 29/09/2023 28/12/2023 27/03/2024 25/06/2024 23/09/2024 22/12/2024 22/03/2025 20/06/2025 18/09/2025 17/12/2025 17/03/2026 15/06/2026 ACCIÓNS FÓRA DE PRAZOACCIÓNS COMPLETADAS ACCIÓNS EN PRAZO ACCIÓNS COMPLETADAS ACCIÓNS EN PRAZO ACCIÓNS FÓRA DE PRAZO 61,1%33,3%5,6%
7.1 FOMENTAR A CULTURA DA SEGURIDADE DA INFORMACIÓN E DA CIBERSEGURIDADE A USC obtivo o certificado de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade, sumándose ás outras catro universidades españolas que alcanzaron esta acreditación nos últimos anos: Granada, Murcia, Valencia e Jaume I. Os criterios para a certificación pivotaron principalmente sobre o marco organizativo, marco operacional e medidas de protección. A devandita acreditación abrangue os sistemas de información que dan soporte aos servizos de Xestión Académica, Xestión de Persoal, Sede No ano 2023 implantouse a ferramenta PILAR do Centro Criptolóxico Nacional para a análise de riscos, e comezouse cun proxecto piloto coa implantación de microClaudia que permite avanzar na protección fronte aos ataques de secuestro de datos. A formación na seguridade da información é un dos aspectos determinantes nas medidas de protección fronte a situacións de ataques aos sistemas. Entre os aspectos xa abordados cómpre destacar diferentes guías de boas prácticas na web, así como cursos no programa de formación de PTXAS e no programa de innovación docente: A. Pílulas informativas: 0 Cautela no uso do correo electrónico 0 Seguridade no posto de traballo 0 Fendas de seguridade 0 Traballo con móbiles e portátiles 0 Uso das redes sociais 0 Correo lixo, eliminación e arquivo de correos electrónicos 0 Autenticación de dobre factor B. Cursos no marco do Centro de Formación para PDI e PTXAS 0 Protección de datos e investigación 0 Seguridade da información A Instrución 5/2023 da Secretaría Xeral definiu o código de boas prácticas para a docencia híbrida e virtual na USC. As accións realizadas no 2023 no ámbito da ciberseguridade foron: • Actualización das devasas corporativas protexendo o perímetro e o centro de proceso de datos (CPD). Adaptouse a topoloxía recomendada polo Centro Criptolóxico Nacional empregando a tecnoloxía de dous fabricantes líderes no mercado. • Dotación de USB criptográficos nas unidades funcionais con acceso a sistemas sensibles. • Constitución do nodo de ciberseguridade das tres universidades públicas do SUG que permitiu coordinar esforzos na defensa contra os ataques á seguridade da información Unha vez rematado con éxito o programa piloto de implementación do sistema de autenticación de dobre factor nun número limitado de usuarios procedeuse á súa extensión á comunidade universitaria. O sistema de dobre factor puxo de manifesto a idoneidade da medida para reforzar a seguridade da dupla usuariocontrasinal para identificarse ao inicio de sesión nos sistemas da USC, coa consecuente dificultade á suplantación. 7.2 TRANSFORMAR A XESTIÓN DOS PROCESOS E PROCEDEMENTOS Comezouse a implementación do modelo colaborativo das unidades de xestión. Así, fíxose un piloto en tres unidades administrativas deseñando un sistema baseado na optimización de uso das ferramentas de Microsoft 365. Asemade, acometéronse as seguintes accións: • Iniciouse o proxecto de implantación do módulo de xestión do persoal investigador de UXXIRRHH, pero non se rematará ata o 2024, dada a complexidade da integración. • Inicio do proceso de avaliación da implantación de XUMCO, a ferramenta de xestión económica da Xunta de Galicia. • Melloras nas aplicacións de xestión de procesos selectivos de PDI, de rexistro horario e na plataforma de administración electrónica. Desenvolveuse o preproxecto para a implantación de SIGMA Académica e o equipo de traballo encargado Electrónica, Calidade, Deportes e Docencia Virtual. Asemade, xa se revisaron os procedementos en base ás modificacións nos criterios definidos na ISO 27001 o que permitirá ao longo do 2024 as auditorías correspondentes e adaptación aos novos estándares. Nos procesos de volta á normalidade e para manter a separación entre persoas, acometéronse diferentes obras de acondicionamento nos centros que permitiu engadir novos espazos docentes, por exemplo, os salón de actos. A USC NA ERA DA TRANSFORMACIÓN DIXITAL | 7776 | INFORME DE XESTIÓN 2023 FOTO MS Autenticator TÁBOA Resultado do ENS para os diversos criterios. Niveis de madurez para avaliar os criterios: L0 (Inexistente);L1(Inicial); L2 (Reproducible, pero intuitivo;nestenivelas organizaciónsdispoñendunhaprácticasinstitucionalizadasdexestión, existenunhamétricasbásicaseunrazoableseguimentodacalidade);L3 (Procesodefinido;ademaisdunhaboaxestión,a estenivelasorganizaciónsdispoñendenormativaeprocedementosdetalladosedocumentadosdecoordinaciónentre grupos,formacióndopersoaletécnicasdeenxeñaría);L4 (Xestionado e medible);L5 (Optimizado;aorganizacióncompleta afánase na mellora continua dos procesos. Faise un uso intensivo das métricas e xestiónase o proceso de innovación) MARCO ORGANIZATIVO RESULTADO ENS PARA OS DIVERSOS CRITERIOS MARCO OPERACIONAL MEDIDAS DE PROTECCIÓN Política de seguridade Planificación L5 L3 L3 L3 L3 L3 L3 L3 L3 L3 L2 L2 L3 L2 L2 L3 L3 L3 L3 L3 L3 L2 Normativa de seguridade Control de acceso Persoal Instalacións e infraestruturas Procedementos de seguridade Explotación Equipos Proceso de autorización Recursos externos Comunicacións Servizos na nube Soportes Continuidade do servizo Aplicacións Monitorización do sistema Información Servizos VALOR MARCO ORGANIZATIVO VALOR MARCO OPERACIONAL VALOR MEDIDAS DE PROTECCIÓN USC USC USC
A USC NA ERA DA TRANSFORMACIÓN DIXITAL | 7978 | INFORME DE XESTIÓN 2023 diso tomo a decisión de que polo momento a USC siga utilizando Xescampus, mellorando aqueles aspectos que se detectaron máis febles na análise funcional. Finalmente, como paso o previo á implantación do Boletín Oficial da USC aprobouse o Regulamento de Publicidade Institucional Activa. 7.3 RENOVAR O HARDWARE DE USO DOCENTE O proxecto enmarcado no programa UniDigital permitiu realizar unha auditoría completa de todo os ordenadores con uso docente da USC, tendo un mapeamento exhaustivo do estado dos ordenadores, enderezo IP e usuarios asignados. A meta foi mudar todos os ordenadores cunha antigüidade superior a 8 anos, o que supuxo na práctica a renovación tecnolóxica de 500 equipos docentes e a mellora do equipamento audiovisual de máis de 200 aulas. Así mesmo, potenciouse o uso na nube en tres liñas de actuación básicas: • Mellorouse a resiliencia do campus virtual eliminando as dependencias que tiña do CPD físico. • Seguiuse avanzando no despregamento da intranet. • Migrouse o repositorio institucional Minerva á nube 7.4 EVOLUCIONAR CARA AO USO DE PROGRAMAS MULTICAMPUS NA NUBE O 2023 foi un ano de consolidación dos softwares de carácter docente aproveitando os orzamentos centralizados de ATIC, a cofinanciación con centros e departamentos e os acordos no marco do Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a xestión universitaria (CIXUG). A meta foi optar ben por sistemas de licenzas concorrentes (o número máximo 7.5 CREAR AULAS POLIVALENTES A creación de diversos títulos no eido da intelixencia artificial supuxo o reto da modificación dos usos iniciais deseñados para o Edificio Emprendia ata convertelo nun espazo axeitado para a docencia. En 2023 as accións incluíron a creación de dúas aulas con cofinanciación parcial da ETSE: »Aula grande 1.1. (80 prazas) con dotación de pantalla TV 86”, pantalla lateral de 75”, cámara Teams PTZ, altofalante e micrófonos,, ordenador All In One 24” e electrificación de todos os postos »Aula seminario 2.1 (30 prazas) con dotación de pantalla TV frontal 75”, 2 ud. Cámara Teams PTZ, altofalante e micrófonos, ordenador Al lin One 24”. Electrificación de todos os postos. Actualización das aulas informáticas da Escola Práctica Xurídica da Facultade de Dereito (con cofinanciamento parcial da propia Facultade) que permitiu o troco de 30 ordenadores e a súa actualización a sistemas All in One 24”. Creación dunha aula polivalente (cofinanciada parcialmente pola Facultade de Medicia e Odontoloxía) na área de Medicina Preventiva, que supuxo a dotación de 40 ordenadores Al ln One 24”, conmutador de rede de 48 postos e electrificación de todos os postos. Remodelación completa da Sala de Debates do Centro de Estudos Avanzados que permitiu unha modernización do seu equipamento multimedia, o que permite incrementar as súas funcionalidades e usos. O equipamento novo incluíu: (1) 2 proxectores láser de alta calidade e conmutador de sinal de vídeo; (2) solución de microfonía para 36 postos; (3) dotación de dobre cámara de vídeo Teams PTZ; (4) electrificación de todos os postos. defínese en función da estimación dos posibles usuarios potenciais) ben por licenzas multicampus (permiten un número ilimitado de conexións a partir da identificación como usuarios da USC). En ambos casos, a conexión abriuse máis aló das aulas informáticas convencionais, para poder ter a maior versatilidade no seu uso: • Adobe Acrobat Profesional • Aspentech Hysys • Autodesk Autocad • Comsol Multiphysics 3.5a • Esri ArcGis Pro • Eviews • Gaussview • IBM Amos • IBM SPSS • Kaspersky antivirus • Maple • Mathworks Matlab • MestreNova • Microsoft 365 • Microsfot Project • Microcoft Visio • Perkin Elmer Chemdraw • PhysioEx • Refworks • Scientific WorkPlace • Stargraphics • Superpro Designer A finais de 2023 a USC tiña instalados un total de 1.739 puntos de acceso á rede sen fíos, dos cales un 26,3% son de WiFi 6 (o último estándar de conectividade WiFi). Estes puntos de acceso WiFi 6 proporcionan maior velocidade, flexibilidade e escalabilidade para poder apoiar, por exemplo, o uso de recursos docentes innovadores de alta complexidade (3D aumentada, videoxogos, etc.), o crecemento do número de dispositivos e internet das cousas (IoT), o maior uso na nube e as iniciativas de transformación dixital nas que estamos inmersos. FOTO Persoal USC traballando con software na nube FOTO Sala de debates do CEA FOTONovaaulanoantigoEdificioEmprendia 500 200 EQUIPOS DOCENTES RENOVADOS AULAS CON EQUIPO AUDIOVISUAL MELLORADO
80 | INFORME DE XESTIÓN 2023 LIMIAR | 81 7.6 POTENCIAR MECANISMOS DIXITAIS DE XESTIÓN DOCUMENTAL Aprobouse no CG do 31/05/2023 o Regulamento polo que se establece o Sistema Interno de Información da USC en aplicación da Lei 2/2023, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción e da Directiva (UE) 2019/1937 do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de outubro de 2019. Tamén ten como finalidade o fortalecemento da cultura da información e das infraestruturas de integridade da organización universitaria, así como o fomento da cultura da información e comunicación como mecanismo para previr e detectar ameazas ao interese público. Asemade, púxose en marcha o sistema informática para a formulación de denuncia no sistema interno de información da USC. Realizouse un estudo sobre a xestión documental do que se derivaron a diagnose e a proposta da folla de ruta para a súa sistematización. Está pendente a licitación que permita un plan piloto de aplicación na área de persoal. FOTOS Arquivo histórico A USC NA ERA DA TRANSFORMACIÓN DIXITAL | 8180 | INFORME DE XESTIÓN 2023