scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Concerto entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde, para a utilización das Institucións Sanitarias na investigación e docencia universitarias

Universidade de Santiago de Compostela. Reitoría

Full text

CONCERTO ENTRE A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E O SERVICIO GALEGO DE SAÚDE, PARA A UTILIZACIÓN DAS INSTITUCIÓNS SANITARIAS NA INVESTIGACIÓN E DOCENCIA UNIVERSITARIAS (D.O.G. de 29 de xuño do 2001) (Corrección de erros D.O.G. nº 185, 24-setembro-2001, e nº 194, 5-outubro-2001) O Excelentísimo Señor don Manuel Fraga Iribarne, Presidente da Xunta de Galicia, o Magnífico e Excelentísimo Señor don F. Darío Villanueva Prieto, Rector da Universidade de Santiago de Compostela, e o Excelentísimo Señor don José María Hernández Cochón, Presidente do Servicio Galego de Saúde, EXPOÑEN Que a Universidade de Santiago de Compostela e o Servicio Galego de Saúde veñen colaborando na formación práctica dos estudiantes do eido das Ciencias da Saúde desde hai xa longo tempo. Esta colaboración desenvolveuse no marco do Concerto que no seu día asinaron o delegado general do Instituto Nacional de Previsión, e o rector magnífico da USC para a cooperación entre o daquela Hospital Clínico da Facultade de Medicina e a Seguridade Social. O lexislador, consciente da importancia que ten o ensino práctico para as disciplinas integradas no eido das Ciencias da Saúde, e da necesidade de que aquela se integre nas estructuras e servicios do sistema sanitario articulou unha serie de previsións básicas para garantir o nivel práctico da docencia nos estudios que a integran. A disposición adicional sexta da Lei Orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de Reforma Universitaria, encomendou ó Goberno que establecese as "bases xerais do réxime de concertos entre as Universidades e as institucións sanitarias nas que se deba impartir ensino universitario e outras que así o esixiran". O artigo 104 da Lei 14/1986, do 25 de abril, Xeral de Sanidade garantiu a disponibilidade da estructura asistencial do sistema sanitario para a docencia pregraduada, posgraduada e continuada dos profesionais, e remitiu ás Administracións públicas competentes en educación e sanidade o establecemento do réxime de concertos entre as universidades e as Institucións Sanitarias nas que se deba impartir ensino universitario, para os efectos de garantir a docencia práctica da Medicina e Enfermería e outras ensinanzas que así o esixiran. Así mesmo o artigo 105 da Lei Xeral de Sanidade, preveu a posibilidade de establecer a vinculación de determinadas prazas asistenciais das Institucións Sanitarias con prazas docentes dos Corpos dos Profesores de Universidade, no marco da planificación asistencial e docente das Administracións públicas e do réxime de concertos entre as Universidades e as Institucións Sanitarias. En cumprimento dos mandados anteriores o Goberno dictou o Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño, polo que se estableceron as bases xerais do réxime sobre concertos entre as universidades e as institucións sanitarias e outra normativa de concordante aplicación, a Orde do 31 de xullo de 1987 pola que se estableceron os requisitos das institucións sanitarias que aspiren a ser concertadas coas universidades en virtude do cal procede levar a cabo o presente concerto. No mesmo prevense os seus obxectivos xerais e o réxime de colaboración entre a USC e as institucións sanitarias que se concertan, de acordo cos principios xerais de participación, coordinación e eficacia respecto do servicio público que constitúa o seu obxecto, isto é, a busca da mellor preparación dos futuros profesionais do eido das Ciencias da Saúde, e a busca da súa excelencia, a adecuada asistencia sanitaria e a potenciación da investigación precisa para o desenvolvemento das referidas ciencias a favor do benestar social no eido da saúde. De acordo con estes presupostos establécense as seguintes especificacións: Primeira.- Obxectivos xerais. Sinálanse como obxectivos xerais do presente concerto os seguintes: 1. Docentes: A. Promover a máxima utilización dos recursos humanos e materiais de atención especializada e atención primaria que se concertan para a docencia universitaria das diversas ensinanzas sanitarias no nivel de pregrao e posgrao, favorecendo a actualización das mesmas e a súa continua mellora de calidade. A colaboración estará orientada á formación clínica e sanitaria dos alumnos de calquera dos estudios de pregrao e posgrao naquelas titulacións ou materias relacionadas coas Ciencias da Saúde. No caso de estudios de terceiro ciclo, esta formación estenderase á metodoloxía e ás técnicas da investigación sanitaria. B. Cooperar no mantemento da cualificación dos profesionais da saúde ó seu máis alto nivel, coidando da súa actualización e reciclaxe e favorecendo a súa incorporación á docencia universitaria. 2. Asistenciais: A. Cooperar para que as investigacións e ensinanzas universitarias relacionadas coas Ciencias da Saúde, poidan ser utilizadas para a mellora constante da atención sanitaria, preservando en todo momento a unidade de funcionamento asistencial das institucións sanitarias. B. Prever que coincidan a maior calidade asistencial coa consideración do Hospital Universitario e institucións asociadas coa Universidade, dentro do oportuno sistema de sectorización e rexionalización da asistencia universitaria. 3. De investigación: A. Potenciar a investigación das Ciencias da Saúde, coordinando as actividades da Universidade de Santiago de Compostela coas das institucións sanitarias para unha mellor utilización dos recursos humanos e materiais. B. Favorecer o desenvolvemento dos departamentos universitarios nas áreas da saúde, potenciando a súa coordinación coas unidades de investigación dos hospitais e demais institucións santiarias, estimulando as vocacións investigadoras. Segunda.- Para a consecución dos obxectivos definidos no presente concerto deberá alcanzarse unha plena e adecuada coordinación entre os diferentes servicios ou unidades asistenciais e os correspondentes departamentos universitarios, favorecendo, por un lado, a incorporación de profesionais sanitarios á docencia universitaria e, doutro, a de profesores universitarios das áreas de coñecementos relacionadas coas Ciencias da Saúde a actividades docentes, asistenciais e investigadoras dos centros sanitarios concertados. Así mesmo, proveerase, de forma progresiva e de acordo ás actividades desenvolvidas, a necesaria dotación de recursos persoais e materiais e estableceranse fórmulas de motivación e incentivación profesional. Terceira.- 1. En cumprimento do artigo 4 do Real Decreto 1558/1986, do 28 de xuño, terá a consideración de Hospital Universitario: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela 2. Así mesmo terán a consideración de servicio de atención primaria asociado: S.A.P. Vite S.A.P. Fontiñas S.A.P. Concepción Arenal 3. Estes centros, no que se refire a actividades docentes e investigadoras, actuarán en coordinación cos departamentos universitarios ós que se vinculen. Cuarta.- Ós fins do presente concerto poderá outorgarse a consideración de hospitais e/ou centros asociados ás institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde, en función dos recursos e dispoñibilidades existentes en cada momento, en atención ás necesidades docentes, investigadoras e asistenciais. Quinta.- 1. Dentro do mes seguinte á aprobación do presente concerto, constituirase unha Comisión Mixta Universidade de Santiago (USC)-SERGAS para interpretar e velar polo seu cumprimento, segundo prevé o artigo 4, base sexta, do Real Decreto 1558/1986. 2. A Comisión Mixta estará composta por un total de dez membros, que actuarán en representación da Universidade de Santiago de Compostela e do Servicio Galego de Saúde, en idéntica proporción por cada unha das entidades concertantes. 3. A composición da Comisión Mixta será a seguinte: a) Por parte da USC: Rector ou persoa en quen delegue Decano da Facultade de Medicina Tres membros da Universidade designados polo rector b) Por parte do SERGAS: Presidente do Servicio Galego de Saúde, ou persoa en quen delegue Director xeral de Asistencia Sanitaria Director xeral de Recursos Económicos Director xeral de Recursos Humanos Xerente xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela Se por razón da modificación da estructura orgánica do Sergas se alterase a actualmente vixente, a composición da Comisión Mixta adaptarase correlativamente á nova estructura orgánica que se cree. Cada membro, agás o rector e o presidente do Sergas, terá os seus respectivos suplentes, que serán designados pola máxima autoridade de cada unha das Administracións representadas e debidamente notificadas á Comisión Mixta. Cando os asuntos que se vaian tratar na orde do día afecten ó resto de centros concertados deberá ser convocado á reunión o director xerente dos mesmos, neste caso terá voz e voto nos asuntos que o afecten, respectando a composición numérica da dita comisión. 4. O regulamento interno de funcionamento será aprobado no prazo de seis meses desde a súa constitución. 5. A Comisión Mixta reunirase con carácter ordinario cada semestre e con carácter extraordinario cando o decida o presidente, por propia iniciativa ou a instancia de polo menos tres dos seus membros. En todo caso, para a válida constitución, esixirase, previa convocatoria, a asistencia, como mínimo, da maioría simple de cada unha das partes. 6. Para a válida adopción de acordos, unha vez constituída, requirirase, como regra xeral, o voto favorable de oito dos seus membros, salvo que no presente Concerto ou no regulamento de réxime interno, expresamente, se determine outra cousa. 7. Actuará como presidente da Comisión Mixta o rector da Universidade ou persoa en quen delegue ou o Presidente do SERGAS ou persoa en quen delegue, de forma alternativa, con carácter anual, desde a data da súa constitución. A presidencia incial será exercida polo rector da USC Son funcións do presidente: a. Convocar as reunións da Comisión Mixta b. Sinalar a orde do día c. Dirixir e moderar as reunións d. Velar polo cumprimento dos acordos que se adopten no seo da Comisión e. Cursar a invitación a expertos, cando se acorde a súa participación para os efectos de seren oídos en materias nas que, por estimalo así a Comisión Mixta, se considere necesario o seu asesoramento. 8. O presidente será asistido por un secretario de actas con voz pero sen voto, que será persoal funcionario ou estatutario da Administración Sanitaria, nomeado pola Comisión Mixta, segundo proposta do Sergas e previo informe da mesma ó rector. A Comisión Mixta determinará por acordo a sede da Secretaría. A Secretaría custodiará toda a documentación que se desprenda da tarefa da Comisión Mixta e fará chegar os acordos adoptados ás partes afectadas. 9. Serán competencias da Comisión Mixta, as seguintes: a. Velar polo cumprimento do concerto, tendo en conta a estructura deparatamental prevista na LRU, Lei Xeral de Sanidade e nos Estatutos da USC, así como a estructura funcional das institucións sanitarias, favorecendo en todo caso o normal desenvolvemento das actividades asistenciais, e a correcta aplicación dos programas docentes e de investigación. b. Establecer fórmulas de coordinación entre actividades asistenciais, docentes e investigadoras, coordinar a organización das prácticas clínicas de pregrao e posgrao, respectando as competencias da Universidade e das institucións sanitarias na planificación e organización dos seus servicios e unidades, e a prestación do servicio de asistencia sanitaria. c. Sen prexuízo das competencias atribuídas legal e regulamentariamente ós órganos respectivos, corresponde á Comisión Mixta adoptar os acordos sobre propostas de vinculación de prazas. Así mesmo, a Comisión Mixta poderá elaborar informes e estudios relativos á necesidade de reducir ou ampliar o número de prazas vinculadas e de profesor asociado destinadas ó persoal de institucións sanitarias concertadas, así como analizar os informes que os departamentos universitarios emitan ó respecto. A Comisión Mixta poderá cursar propostas de modificación deste cadro de persoal ós órganos competentes na materia. d. Designar os membros da Comisión de Investigación que coordinará as actividades das comisións de investigación dos centros asociados. e. Propoñer anualmente, dentro dos límites orzamentarios, as cantidades destinadas a cofinanciar as infraestructuras ou requirimentos mínimos para a investigación e o seu mantemento. f. Elaboración de informes sobre o número de alumnos que deban de acceder ás carreiras sanitarias da USC en función das necesidades asistenciais do sector, sen prexuízo da competencia de proposta da USC ó Consejo de Unversidades. g. Propoñer, oída a Comisión de Investigación, a colaboración e actuación conxunta na investigación e desenvolvemento naquelas áreas que se consideren estratéxicas e prioritarias no ámbito do presente concerto. h. Propoñer e promover a implantación daquelas innovacións no campo da sáude que esixan esforzos conxuntos de ámbalas dúas institucións ou que polo seu custo ou outras razóns deban limitarse a centros cualificados da rede, sen prexuízo das competencias que en materia de custo e investimentos atribúa a lexislación vixente ós órganos respectivos. i. Sen prexuízo das competencias que en materia de persoal corresponda a cada Administración, a Comisión Mixta supervisará o réxime de prestación de servicios e as condicións de dedicación profesional dos profesores vinculados e asociados, respectando sempre a súa dedicación docente, asistencial e de investigación, podendo establecer fórmulas de coordinación entre as tres actividades, sen que implique menoscabo de ningunha delas, atendendo ó carácter singular da actividade docente-asistencial. j. Promover o desenvolvemento conxunto dunha biblioteca de ciencias da saúde unindo recursos das Administracións implicadas co fin de satisfacer as necesidades dos profesionais asistenciais, docentes e investigadores. k. Establecer, oída a Comisión de Dirección da institución, a forma de acceso e participación nos servicios das institucións concertadas, do persoal académico da Universidade que, sen pertencer ó cadro das ditas institucions, necesite intervir nos referidos servicios por razón da súa actividade docente ou investigadora -no marco dun proxecto concreto-, e sempre baixo a autorización da Dirección do centro. l. Propoñer ás autoridades competentes as modificacións do concerto que se estimen convenientes. m. Interpretación do presente concerto, sen que en ningún caso poida introducir alteracións ó mesmo. Os acordos que se adoptaran vulnerando está regra serán nulos de pleno dereito. n. Calquera outras establecidas no presente Concerto Sexta.- 1. As institucións comprométense a coordinaren as actividades de investigación que realicen os departamentos universitarios e os servicios sanitarios concertados, de acordo co establecido na Lei de Reforma Universitaria e na Lei Xeral de Sanidade. Ámbalas dúas institucións comprométense a garantir o dereito e a obriga de realizar as actividades de investigación que son inherentes á condición de profesores universitarios. En particular: a. Promoveranse plans de investigación conxunta nas áreas das ciencias da saúde, elaborándose, de común acordo, por parte das institucións concertantes. b. Promoverase a formación de equipos de investigación integrados por persoal de ámbalas dúas institucións. c. Facilitarase a utilización conxunta dos recursos humanos, materiais e institucionais destinados á investigación en cada institución. d. Garantirase a organización de servicios básicos comúns de apoio á investigación. e. Establecerase un sistema de intercambio de información sobre as actividades de investigación que se desenvolvan, os inventarios de medios materiais e instrumentais de que se dispoña, a producción científica que se xere, os programas de financiamento que se obteñan e calquera outra información que permita unha maior coordinación e cooperación entre as institucións concertantes. 2. A Comisión de Investigación estará integrada por cinco profesores numerarios da área de ciencias da saúde a proposta da USC, e cinco profesores doutores con funcións asistenciais, a proposta do Sergas. Tódolos membros estarán en posesión do grao de doutor. Garantirase a representación na dita comisión dos responsables das comisións de investigación dos centros ou institucións concertadas ou que no futuro se adscriban ó ámbito do presente concerto. A Comisión de Investigación estará presidida por un profesor-doutor con funcións asistenciais, nomeado polo Sergas, de acordo co rector da Universidade, por un período máximo de catro anos. 3. Para a válida constitución da Comisión de Investigación esixirase, previa convocatoria, a asistencia, como mínimo, da maioría simple de cada unha das partes. Para adopción de acordos, unha vez constituída, requirirase como regra xeral o voto favorable de oito dos seus membros, agás que expresamente se determine outra cousa. 4. O presidente estará asistido por un secretario de actas, persoal da administración sanitaria, nomeado polo Sergas previo informe do rector. O secretario non terá a condición de membro da Comisión. O secretario de actas custodiará toda a documentación que se desprenda da tarefa da Comisión de Investigación e fará chegar os acordos adoptados ás partes afectadas. 5. Serán funcións da Comisión de Investigación: a. Confeccionar e supervisar o inventario dos recursos e necesidades de investigación. b. Realizar o seguimento da actividade investigadora no ámbito do presente concerto. c. Articular fórmulas de coordinación da actividade desenvolvida nos distintos centros concertados. d. Elaborar unha memoria anual da actividade desenvolvida, do grao de execución do orzamento e dos traballos realizados que será presentada ante a Comisión Mixta e. Avaliar os programas e traballos científicos que se propoñan para o seu financiamento con cargo ós fondos derivados do disposto na letra e) do parágrafo 9 da cláusula quinta, emitindo os correspondentes informes técnicos e económicos. f. Deseñar as liñas básicas da investigación bio-sanitaria. g. Propoñer á Comisión Mixta programas concretos de investigación que se considere necesario desenvolver no ámbito deste concerto. h. Propoñer e promover a integración de departamentos de ciencias básicas da Saúde nos proxectos de investigación que se considere oportuno. i. Colaborar e facilitar a información reciproca da política de bolsas e proxectos de investigación que leven a cabo as institucións incluídas no ámbito do presente concerto. j. Propoñer a participación e colaboración dos profesores de departamentos básicos coas unidades de investigación dos centros concertados. k. Propoñer a adscrición temporal ás unidades de investigación da USC de profesionais sanitarios non vinculados nin asociados de acordo coa normativa de aplicación na USC. l. Sen prexuízo das atribucións encomendadas ó Comité Ético, corresponderalle o seguimento dos programas de investigación co fin de que se axusten ás normas éticas e deontolóxicas contidas no R.D. 561/1993, do 16 de abril, polo que se establecen os requisitos para a realización de ensaios clínicos con medicamentos. m. Propoñer a colaboración con outros proxectos de investigación. 6. A fin de facilitar a xeración de equipos conxuntos de investigación e sen prexuízo do cumprimento das tarefas docentes e asistenciais que lle corresponda ós profesores asociados e colaboradores pertencentes ós servicios concertados, as institucións concertadas recoñécenlles: a. A capacidade de acceso ós medios materiais, instrumentais e institucionais de investigación en igual medida que o persoal propio. b. O dereito a accederen ás fontes de financiamento da investigación das institucións concertadas. 7. Os bolseiros das institucións concertantes poderán realizar o seu traballo de investigación indistintamente en calquera delas en función das necesidades do seu programa de acordo coas normas dos departamentos e servicios. Os bolseiros dos servicios concertados poderán ser equipados como bolseiros da Universidade, de acordo coa normativa e as condicións que estableza a USC. 8. A Comisión de Investigación regulada na presente claúsula, constituirase no prazo de seis meses dende a constitución da Comisión Mixta. Sétima.- O Servicio Galego de Saúde garantirá que as institucións sanitarias concertadas reúnan os requisitos que, tal e como se sinala na base 3 do Real Decreto 1558/1986, do 28 de xuño, deben reunir as institucións de conformidade co establecido na Orde do 31 de xullo de 1987 ou norma que a substitúa. Oitava.- Para a axeitada harmonización dos obxectivos asistenciais, docentes e investigadores, as institucións sanitarias facilitarán á Universidade, de acordo coas súas dispoñibilidades, as infraestructuras necesarias segundo as recomendacións da normativa vixente sobre necesidades docentes e investigadoras que deben ser atendidas polas institucións sanitarias concertadas. Novena.- Nas institucións sanitarias poderase impartir docencia de forma descentralizada procurándose a coordinación harmónica entre a planificación asistencial e a planificación docente dos centros e departamentos universitarios. Xa que é obxectivo garantir a axeitada formación dos estudiantes, axustarase a distribución dos mesmos en cada institución sanitaria ós seus recursos docentes e asistenciais. Décima.- 1. Co fin de garantir os obxectivos docentes e investigadores da Universidade de Santiago de Compostela nas áreas relacionadas coas Ciencias da Saúde, de conformidade co previsto no artigo 105 da Lei Xeral de Sanidade, establécense, no presente concerto, as prazas das institucións sanitarias dependentes do Sergas, que quedarán vinculadas con prazas docentes do cadro de persoal dos corpos de profesores da Universidade de Santiago de Compostela, tal e como se recolle no anexo II. Mentres teñan tal carácter, as ditas prazas consideraranse para tódolos efectos como un só posto de traballo e supoñerán para os que as ocupen, o cumprimento das funcións docentes e asistenciais nos termos establecidos no Real Decreto 1558/1986, do 28 de xuño. 2. Cando un titular de praza vinculada cesase na súa actividade por calquera motivo, perdendo a dita titularidade, a Comisión Mixta adoptará acordo expreso para manter ou non a vinculación da praza e a necesidade da súa cobertura como tal. De manterse esta, a vinculación entenderase no nivel básico asistencial da praza. 3. En caso de existiren prazas vacantes, a Comisión Mixta poderá adoptar un acordo motivado de vinculación de prazas, procurando a correspondencia entre a praza docente e asistencial. O acordo de vinculación realizarase sempre en relación co nivel básico de cada praza asistencial. Calquera acordo que contraveña este mandato será nulo de pleno dereito. 4. A convocatoria dos procesos selectivos para a cobertura das prazas vinculadas será efectuada conxuntamente por ámbalas dúas institucións e irá asinada polo rector da Universidade, este será responsable da súa execución e toma de posesión. As convocatorias de prazas vinculadas realizaranse de conformidade co establecido no Real decreto 1558/1986. 5. De conformidade co establecido no Real decreto citado e disposición adicional decimocuarta da Lei 30/1999, sen prexuízo da provisión das prazas vinculadas na forma descrita no parágrafo anterior, o acceso ós postos de carácter directivo e de xefatura de unidade nas Institucións Sanitarias realizarase polos procedementos establecidos legal e regulamentariamente pola normativa estaturaria de aplicación. Sen prexuízo da adscrición funcional do candidato seleccionado á praza convocada, en todo caso, manterase a vinculación no nivel básico da praza asistencial. A cobertura das prazas de catedrático de universidade realizarase polo procedemento que a Unversidade de Santiago determine e resolverase de acordo co artigo 38 da Lei Orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de Reforma Universitaria. Cando un profesor ocupe unha praza vinculada e acceda por concurso a unha praza docente de categoría superior, na mesma área de coñecemento á que estaba adscrito, manterase a situación da praza asistencial vinculada. En todo caso, informarase á Comisión Mixta da provisión dos referidos postos. Undécima.- 1. Atendendo ó disposto no artigo 105 da Lei Xeral de Sanidade e Real decreto 1558/1986, as prazas de profesor asociado de ciencias da saúde pertencentes ó cadro de persoal da Universidade, con actividade docente nas institucións sanitarias dependentes do Sergas, serán cubertas obrigatoriamente por persoal das mesmas. A determinación das prazas de profesor asociado con actividade docente nas institucións sanitarias corresponderá á Comisión Mixta, sen prexuízo das competencias que teñan os órganos correspondentes de cada Adminstración en materia de fixación de cadros de persoal. 2. A Universidade, a proposta da Comisión Mixta USC-Sergas, previo informe da Xunta de Goberno da USC, convocará anualmente as prazas de profesores asociados referidas no punto anterior, cos seus correspondentes perfís, destinos e criterios de selección. 3. A duración destes contratos, será dun curso académico, renovable anualmente tralo informe favorable do departamento responsable da docencia. As condicións destes contratos e as da súa renovación serán as que esixe a normativa vixente e os Estatutos da USC. 4. Os profesores asociados cesarán como tales cando, por calquera motivo, causen baixa na praza asistencial correspondente. 5. Cando algún dos profesores asociados acceda a unha praza vinculada mediante a superación do proceso selectivo que corresponda, resolveranse os contratos por razón da nova situación. 6. Co fin de que os servicios e unidades hospitalarias concertadas, relacionados no anexo I, teñan a conveniente participación nas actividades docentes e investigadoras, a Universidade de Santiago de Compostela ofrecerá a cada un dos servicios e unidades asistenciais, que á entrada en vigor do presente concerto non dispoñan de persoal docente, polo menos un contrato de profesor asociado nas mesmas condicións que para o resto destes profesores, a partir do momento en que o servicio se incorpore á docencia universitaria, sempre que as dispoñibilidades orzamentarias o permitan. Duodécima.- 1. Seguindo o establecido na base 10 do Real Decreto 1558/1986, do 28 de xuño, a Universidade de Santiago de Compostela, a proposta da Comisión Mixta UniversidadeSergas, establecerá un número de axudantes de ciencias da saúde (ACS) no seu cadro de persoal, que se cubrirán mediante concurso público entre aqueles profesionais das ciencias da saúde co título de especialista que se corresponda coa área de coñecemento do departamento que proceda, de acordo coa normativa vixente. O axudante non terá relación xurídica ningunha co Sergas. En consencuencia este organismo non contraerá ningunha obriga xurídica, económica nin doutro tipo. 2. A ocasional tarefa asistencial que poida realizar o dito persoal, levarase a cabo, previa autorización do xerente do centro, de acordo coa normativa vixente e as decisións que adopte a Comisión Mixta. Decimoterceira.- 1. Sen perxuízo da normativa vixente establecida pola USC, a eventual incorporación de profesionais en condición de visitantes á institución sanitaria a iniciativa dun departamento universitario realizarase, previa comunicación á Comisión Mixta, de conformidade coa normativa vixente en materia de ordenación das profesións sanitarias e pola propia da administración sanitaria receptora sobre acceso ós servicios e unidades asistenciais das súas institucións. 2. De acordo coas directrices xerais do Real Decreto 1558/1986, do 28 de xuño, segundo as cales "todo servicio concertado serao na súa totalidade", todo facultativo ou enfermeiro ou calquera outro profesional que de forma habitual participe na docencia universitaria, poderá ter o correspondente recoñecemento da Universidade como colaborador, de cumprir os requisitos e condicións que determine a Comisión Mixta. Ademais, este recoñecemento poderase consignar nas súas publicacións ou comunicacións científicas. Os ditos colaboradores desenvolverán o seu labor docente sen detrimento do seu labor asistencial. Esta actividade non determinará relación contractual coa USC nin obriga de aboamento de retribucións. Decimocuarta.- 1. O persoal que ocupe unha praza vinculada desenvolverá o conxunto de funcións docentes, asistenciais e de investigación nunha mesma xornada co réxime de dedicación conxunta e distribución horaria que estableza a normativa vixente. As diverxencias que puideran xurdir na planificación e desenvolvemento desta xornada, serán dirimidas pola Comisión Mixta que terá en conta, en todo caso, as necesidades da programación asistencial ós usuarios como criterio de ordenación, sen prexuízo do axeitado desenvolvemento da actividade docente para a ineludible harmonización. Así mesmo, a Comisión Mixta establecerá os criterios para a ordenación da actividade dos profersores asociados de forma que se eviten as interferencias entre a actividade docente e a asistencial, tendo en conta a especificidade do persoal docente que estea suxeito a quendas no exercicio da súa actividade asistencial. 2. Os profesores que desempeñen praza vinculada terán os dereitos e deberes inherentes á súa condición de membros dos corpos docentes universitarios e de persoal sanitario de réxime correspondente. As competencias adminstrativas en materia de situacións administrativas, incompatibilidades, etc. corresponden sen prexuízo da coordinación necesaria entrambalas dúas institucións ó rector da USC. Para os PACS, estas competencias corresponderán ó órgano respectivo das institucións sanitarias, sen prexuízo da alegada coordinación coa USC. 3. De conformidade co establecido na base decimoterceira do Real Decreto 1558/1986, modificada por Real Decreto 1652/1991, o persoal que ocupe praza vinculada percibirá as súas retribucións nunha única nómina, que será aboada pola USC. 4. O persoal sanitario que desenvolva funcións docentes no Hospital ou calquera outro centro concertado, deberá cumprir a normativa de funcionamento establecida en cada momento polos órganos directivos do mesmo. 5. A aplicación do réxime disciplinario correspondente, en cada caso ás funcións docentes e asistenciais, tanto o persoal que desempeña praza vinculada, como ó sanitario que exerza funcións como profesor asociado, farase de acordo co establecido na lexislación vixente. Da incoación dun expediente disciplinario e da súa resolución por calquera das Administracións Públicas, darase oportuna comunicación á outra, na medida en que puidera resultar afectada. Decimoquinta.- 1. A USC, de acordo co establecido na base undécima do artigo 4º do Real Decreto 1558/1986, do 28 de xuño, comprométese a reservar, como mínimo, o 25 por cento de prazas nos seus programas de doutoramento no ámbito das Ciencias da Saúde para o persoal sanitario das institucións concertadas, xa sexa para facultativos con contrato docente de posgrao (MIR), xa de cadro de persoal e, en todo caso, organizar programas de doutoramento específicos para as ditas institucións. Con este mesmo fin a Universidade, de acordo coa súa normativa, poderá convalidar cursos e seminarios asignándolles os créditos que correspondan nos respectivos programas de doutoramento. Así mesmo, establecerá módulos de validación de créditos para os facultativos con contratos docentes de posgrao. Decimosexta.- 1. Os Estatutos da USC incluirán a participación dun representante do Sergas na Xunta de Goberno da Universidade, cando se traten temas relacionados co presente concerto. En tanto non se proceda a modificar os Estatutos no indicado sentido, o rector da USC invitará a asistir a un representante do Sergas na Xunta de Goberno cando se traten temas relacionados co presente concerto. 2. A participación da USC no órganos de dirección do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en tanto non se modifique a súa estructura orgánica, garantirase polo desempeño da Subdirección Operativa de Investigación e Docencia por un profesor con praza vinculada e/ou profesor asociado con praza asistencial, nos termos do Real decreto 1558/1986, de 28 de xuño, designado polo Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais a proposta do Rector, durante un período de dous anos, prorrogables por acordo expreso. A USC designará, previo informe ó Sergas, ós coordinadores da docencia universitaria para cada curso académico nas institucións asociadas ó presente concerto. Os ditos coordinadores serán nomeados entre os profesores da USC que presten servicios na respectiva institución sanitaria. Estes coordinadores terán voz e voto na Comisión de Dirección cando os asuntos a tratar afecten á docencia que a USC desenvolve no centro. Decimosétima - 1. As actividades lectivas normais como poden ser as clases, seminarios ou outras modalidades de ensinanza teórica poderán ter lugar nas dependencias do Hospital. Estas dependencias poderán tamén utilizarse para actos administrativos ou académicos propios da actividade universitaria e hospitalaria, previa autorización da dirección do centro. En calquera caso, a dispoñibilidade das dependencias para actividades que non sexan lectivas e/ou asistenciais nunca poderá interferir no desenvolvemento normal dos programas, docentes e da actividade asistencial. 2. As dependencias propias das institucións concertadas que, de acordo con este concerto, serán empregadas pola USC para as actividades docentes da práctica clínica, son tódalas da área asistencial, coas limitacións propias das normativas de funcionamento interno do centro. O acceso dos estudiantes a estas áreas regulamentarao e determinarao a Comisión Mixta, oída a Dirección do centro. Decimoitava.- CAPEANS TOME, M. DEL CARMEN PROF. TITULAR CIRURXIA XEFE SERVICIO (AD PERSONAM) OFTALMOLOXIA CASANUEVA FREIJO, FELIPE CATEDRATICO MEDICINA XEFE SECCION (AD PERSONAM) ENDOCRINOLOXIA E NUTRICION CASTILLO SANCHEZ JOSE A. CATEDRATICO MEDICINA XEFE SECCION (AD PERSONAM) NEUROLOXIA CASTRO GAGO, MANUEL CATEDRATICO PEDIATRIA XEFE SERVICIO (AD PERSONAM) PEDIATRIA E AS SUAS AREAS ESPECIFICAS CASTRO GARCIA, ALFONSO PROF. TITULAR MEDICINA MEDICO ADXUNTO NEUROLOXIA CES BLANCO, JOSE ANTONIO CATEDRATICO E.U.E ENFERMERIA XEFE SECCION (AD PERSONAM) OBSTETRICIA E XINECOLOXIA COUCEIRO FOLLENTE, JOSE PROF. TITULAR CIRURXIA XEFE SERVICIO (AD PERSONAM) TRAUMATOLOXIA E CIRURXIA ORTOPEDICA COUSELO SANCHEZ, JOSE M. PROF. TITULAR PEDIATRIA XEFE SECCION (AD PERSONAM) PEDIATRIA E AS SUAS AREAS ESPECIFICAS CRESPO ABELLEIRA, ANTONIO PROF. TITULAR CC.MORFOLOXICAS MEDICO ADXUNTO NEUROFISIOLOXIA CLINICA CUEVAS ALVAREZ, JUAN PROF. TITULAR CC.MORFOLOXICAS MEDICO ADXUNTO ANATOMIA PATOLOXICA DEVESA MUJICA, JESUS CATEDRATICO FISIOLOXIA XEFE SECCION (AD PERSONAM) BIOQUIMICA CLINICA DOMINGUEZ SANTOS, DOLORES PROF. TITULAR PSIQUIATRIA, RADIOLOXIA E SAUDE PÚBLICA FACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREA PSIQUIATRIA FERNANDEZ LORENZO, JOSE R. PROF. TITULAR PEDIATRIA XEFE SECCION (AD PERSONAM) PEDIATRIA E AS SUAS AREAS ESPECIFICAS FERNANDEZ REDONDO, PIEDAD VIRGINIA PROF. TITULAR DERMATOLOXIA E OTORRINOLARINGOLOXIA MEDICO ADXUNTO DERMATOLOXIA MEDICO-CIRURXICA E VENEREOLOXIA FORTEZA VILA, JERONIMO CATEDRATICO ANATOMIA PATOLOXICA E CC FORENSES XEFE SERVICIO (AD PERSONAM) ANATOMIA PATOLOXICA FRAGA BERMUDEZ, JOSE M. PROF. TITULAR PEDIATRIA XEFE SERVICIO (AD PERSONAM) PEDIATRIA E AS SUAS AREAS ESPECIFICAS GARCIA CABALLERO, TOMAS MODESTO CATEDRATICO CC.MORFOLOXICAS FACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREA ANATOMIA PATOLOXICA GARCIA CIUDAD, PEDRO PROF. TITULAR ENFERMERIA XEFE SECCION (AD PERSONAM) CIRURXIA XERAL E APARELLO DIXESTIVO GARCIA GARCIA, ABEL PROF. TITULAR ESTOMATOLOXIA FACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREA CIRURXIA MAXILOFACIAL GARCÍA RIESTRA, CARLOS (*) POF. TITULAR MICROBIOLOXÍA FACULTATIVO ESPECIALISTA DE ÁREA MICROBIOLOXÍA GARCIA SOTO, NICOLAS PROF. TITULAR DERMATOLOXIA E OTORRINOLARINGOLOXIA XEFE SECCION (AD PERSONAM) OTORRINOLARINGOLOXIA GARCIA-BENGOECHEA GONZALEZ-MORO, B PROF. TITULAR CIRURXIA XEFE SERVICIO (AD PERSONAM) CIRURXIA CARDIOVASCULAR GELABERT GONZALEZ, MIGUEL PROF. TITULAR CIRURXIA MEDICO ADXUNTO NEUROCIRURXIA GESTAL OTERO, JUAN JESUS CATEDRATICO PSIQUIATRIA, RADIOLOXIA E SAUDE PÚBLICA XEFE SECCION (AD PERSONAM) MEDICINA PREVENTIVA E SAUDE PUBLICA GOMEZ-ULLA IRAZAZABAL, FRANCISCO PROF. TITULAR CIRURXIA XEFE SECCION (AD PERSONAM) OFTALMOLOXIA GONZALEZ BORRAS, CARLOS PROF. TITULAR PSIQUIATRIA, RADIOLOXIA E SAUDE PÚBLICA XEFE SECCION (AD PERSONAM) PSIQUIATRIA GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO PROF. TITULAR FISIOLOXIA FACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREA OFTALMOLOXIA GONZALEZ JUANATEY, JOSE RAMON CATEDRATICO MEDICINA FACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREA CARDIOLOXIA GONZALEZ QUINTELA, ARTURO PROF. TITULAR MEDICINA FACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREA MEDICINA INTERNA IGLESIAS DIZ, MANUEL CATEDRATICO OBSTETRICIA E XINECOLOXIA XEFE SECCION (AD PERSONAM) OBSTETRICIA E XINECOLOXIA JIMENEZ GOMEZ, ENRIQUE PROF. TITULAR OBSTETRICIA E XINECOLOXIA XEFE SECCION (AD PERSONAM) OBSTETRICIA E XINECOLOXIA JORGE BARREIRO, FCO JAVIER CATEDRATICO CC.MORFOLOXICAS MEDICO ADXUNTO REHABILITACION LABELLA CABALLERO, TORCUATO CATEDRATICO DERMATOLOXIA E OTORRINOLARINGOLOXIA XEFE SERVICIO (AD PERSONAM) OTORRINOLARINGOLOXIA LEMA BOUZAS, MANUELA PROF. TITULAR MEDICINA XEFE SECCION (AD PERSONAM) NEUROLOXIA LOPEZ PAZ, JOSE MANUEL CATEDRATICO E.U.E ENFERMERIA ATS/DUE LORENZO LAGO, M. ANGELES PROF. TITULAR PSIQUIATRIA, RADIOLOXIA E SAUDE PUBLICA FACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREA PSIQUIATRIA LORENZO ZUÑIGA, VICENTE PROF. TITULAR MEDICINA XEFE SECCION (AD PERSONAM) MEDICINA INTERNA MACIA CORTIÑAS, MANUEL PROF. TITULAR OBSTETRICIA E XINECOLOXIA FACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREA OBSTETRICIA E XINECOLOXIA MARTIN MARTIN, CARLOS PROF. TITULAR DERMATOLOXIA E OTORRINOLARINGOLOXIA FACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREA OTORRINOLARINGOLOXIA MARTINEZ PEREZ, MANUEL JOSE PROF. TITULAR CIRURXIA XEFE SECCION (AD PERSONAM) ANXIOLOXIA E CIRURXIA CARDIOVASCULAR MARTINEZ VAZQUEZ, JOSE MANUEL CATEDRATICO MEDICINA FACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREA MEDICINA INTERNA MARTINON SANCHEZ, JOSE M. PROF. TITULAR PEDIATRIA XEFE SECCION (AD PERSONAM) PEDIATRIA E AS SUAS AREAS ESPECIFICAS MATEOS ALVAREZ, RAIMUNDO PROF. TITULAR PSIQUIATRIA, RADIOLOXIA E SAUDE PBCA FACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREA PSIQUIATRIA MIGUEZ FREIRE, ANA MARIA PROF. TITULAR E.U.E. ENFERMERIA ATS/DUE MORA BERMUDEZ, MARIA JESUS JOSE PROF. TITULAR ESTOMATOLOXIA FACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREA ESTOMATOLOXIA NAVARRINA GAMEZ, FERMIN CATEDRATICO CC.MORFOLOXICAS XEFE SERVICIO (AD PERSONAM) REHABILITACION NOVO DOMINGUEZ, ALEJANDRO CATEDRATICO OBSTETRICIA E XINECOLOXIA XEFE SERVICIO (AD PERSONAM) OBSTETRICIA E XINECOLOXIA NOYA GARCIA, MANUEL CATEDRATICO MEDICINA XEFE SERVICIO (AD PERSONAM) NEUROLOXIA OTERO COSTA, JESUS B CATEDRATICO FISIOLOXIA XEFE SECCION (AD PERSONAM) NEUROFISIOLOXIA CLINICA PAVON BELINCHON, M PILAR CATEDRATICO E.U.E ENFERMERIA XEFE SECCION (AD PERSONAM) PEDIATRIA E AS SUAS AREAS ESPECIFICAS PELETEIRO FERNANDEZ, MANUEL PROF. TITULAR FISIOLOXIA MEDICO ADXUNTO NEUROFISIOLOXIA CLINICA PEREZ BECERRA, EUGENIO PROF. TITULAR ANATOMIA PATOLOXICA E CC FORENSES MEDICO ADXUNTO ANATOMIA PATOLOXICA PEREZ MOREIRAS, JOSE VICENTE A PROF. TITULAR CIRURXIA XEFE SECCION (AD PERSONAM) OFTALMOLOXIA PETEIRO GARCIA, M. CARMEN PROF. TITULAR DERMATOLOXIA E OTORRINOLARINGOLOXIA MEDICO ADXUNTO DERMATOLOXIA MEDICO-CIRURXICA E VENEREOLOXIA POMBO ARIAS, MANUEL A CATEDRATICO PEDIATRIA XEFE SERVICIO (AD PERSONAM) PEDIATRIA E AS SUAS AREAS ESPECIFICAS PORTO VAZQUEZ, M. CARMEN PROF. TITULAR PSIQUIATRIA, RADIOLOXIA E SAUDE PBCA XEFE SERVICIO (AD PERSONAM) ONCOLOXIA RADIOTERAPICA POTEL LESQUEREUX, JOAQUIN CATEDRATICO CIRURXIA XEFE SERVICIO (AD PERSONAM) CIRURXIA XERAL E APARELLO DIXESTIVO PUGA MARTINEZ, AMALIA PROF. TITULAR ENFERMERIA ATS/DUE PUMAR CEBREIRO, JOSE M CATEDRATICO PSIQUIATRIA, RADIOLOXIA E SAUDE PBCA MEDICO ADXUNTO RADIODIAGNOSTICO REGUEIRO GARCIA, BENITO JOSE CATEDRATICO MICROBIOLOXIA E PARASITOLOXIA FACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREA MICROBIOLOXIA RODRIGO SAEZ, ELENA CATEDRATICO E.U.E ENFERMERIA MÉDICO ADXUNTO PEDIATRIA E AS SUAS AREAS ESPECIFICAS RODRIGUEZ ARES, Mª TERESA PROF. TITULAR CIRURXIA FACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREA OFTALMOLOXIA RODRIGUEZ LOPEZ, ANTONIO CATEDRATICO PSIQUIATRIA, RADIOLOXIA E SAUDE PBCA XEFE SERVICIO (AD PERSONAM) PSIQUIATRIA RODRIGUEZ SEGADE VILLAMARIN, STGO CATEDRATICO BIOQUIMICA E BIOLOXIA MOLECULAR MEDICO ADXUNTO BIOQUIMICA CLINICA RODRIGUEZ SUAREZ, JOSE R CATEDRATICO E.U.E ENFERMERIA XEFE SERVICIO (AD PERSONAM) NEUMOLOXIA RUBIO ALVAREZ, JOSE PROF. TITULAR CIRURXIA XEFE SECCION (AD PERSONAM) CIRURXIA CARDIOVASCULAR SANCHEZ SEBIO, PILAR PROF. TITULAR ENFERMERIA SUPERVISORA UNIDADE (AD PERSONAM) SANTOS PÉREZ , SOFIA PROF. TITULAR DERMATOLOXÍA E OTORRINOLARINGOLOXÍA FACULTATIVO ESPECIALISTA DE ÁREA OTORRINOLARINGOLOXÍA SOBRINO NOGUEIRA, ADOLFO PROF. TITULAR ANATOMIA PATOLOXICA E CC FORENSES MEDICO ADXUNTO ANATOMIA PATOLOXICA SUAREZ QUINTANILLA, JUAN ANTONIO PROF. TITULAR CC.MORFOLOXICAS ODONTOESTOMATOLOGO ODONTOESTOMATOLOXIA TATO HERRERO, FERNANDO PROF. TITULAR FARMACOLOXIA XEFE SECCION (AD PERSONAM) FARMACOLOXIA CLINICA TOJO SIERRA, RAFAEL CATEDRATICO PEDIATRIA XEFE SERVICIO (AD PERSONAM) PEDIATRIA E AS SUAS AREAS ESPECIFICAS TORIBIO PEREZ, JAIME CATEDRATICO DERMATOLOXIA E OTORRINOLARINGOLOXIA XEFE SERVICIO (AD PERSONAM) DERMATOLOXIA MEDICO-CIRURXICA E VENEREOLOXIA TORRE CARBALLADA, JOSE A. PROF. TITULAR MEDICINA XEFE SECCION (AD PERSONAM) MEDICINA INTERNA TORRES COLOMER, MANUEL SALVADOR PROF. TITULAR PSIQUIATRIA, RADIOLOXIA E SAUDE PBCA XEFE SECCION (AD PERSONAM) NEUROFISIOLOXIA CLINICA VARELA CIVES, RAMIRO PROF. TITULAR PEDIATRIA XEFE SERVICIO (AD PERSONAM) CIRURXIA PEDIATRICA VARELA DURAN, JUAN ANTONIO CATEDRATICO ANATOMIA PATOLOXICA E CC FORENSES XEFE SECCION (AD PERSONAM) ANATOMIA PATOLOXICA VARO PEREZ, EVARISTO PROF. TITULAR CIRURXIA FACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREA CIRURXIA XERAL E APARELLO DIXESTIVO VIDAL CARREIRA, JUAN J CATEDRATICO PSIQUIATRIA, RADIOLOXIA E SAUDE PBCA XEFE SERVICIO (AD PERSONAM) RADIODIAGNOSTICO VILA JATO, JOSE LUIS CATEDRATICO FARMACIA E TECNOLOXIA FARMACEUTICA XEFE SERVICIO (AD PERSONAM) FARMACIA HOSPITALARIA VILLEGAS CERQUEIRO, Mª DEL CARMEN PROF. TITULAR. ENFERMERIA ATS/DUE (*)Plaza vinculada condicinada DOG nº 185, 24 setembro de 2001. Corrección de erros.- Orde do 18 de xuño de 2001 pola que se ordena a publicación do concerto entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servicio Galego de Saúde. Advertido un erro no texto da citada orde, publicada no DOG nº 126, do 29 de xuño de 2001, compre face-la oportuna corrección: Na páxina 8.789, dentro da relación de prazas vinculadas, onde di: "Apelidos e nome: Rodrigo Sáez, Elena. Praza para vincular: Facultativo especialista de área". Debe dicir: "Apelidos e nome: Rodrigo Sáez, Elena. Praza para vincular: Médico adxunto". DOG nº 194, 5 outubro de 2001. Corrección de erros.- Orde do 18 de xuño de 2001 pola que se ordena a publicación do concerto entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servicio Galego de Saúde. Advertido un erro no texto da citada orde, publicada no DOG nº 126, do 29 de xuño de 2001 compre face la oportuna corrección: Na páxina 8.789, dentro da relación de prazas vinculadas, onde di: "Apelidos e nome: Santos Pérez, Sofía. Especialidade: dermatoloxía médico-cirúrxica e venereoloxía". Debe dicir: "Apelidos e nome: Santos Pérez, Sofía. Especialidade: otorrinolaringoloxía".