scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Memoria 1994

Universidade de Santiago de Compostela. Biblioteca Universitaria

Full text

MARCO XERAL O ano 1994 caracterizouse na BUSC por un considerable incremento presupostario (coma pode verse nos apartados de presuposto e desenvolvemento das coleccións) e pola continuidade do plano de automatización, aínda que sen terse producido a disponibilidade dun novo ordenador no que podan residir as aplicacións da BUSC e a entrada na rede de comunicacións da Universidade, o que lle resta parte importante da súa potencialidade. Tamén se continuaron e potenciaron as liñas de cooperación emprendidas en anos anteriores e abrironse outras novas. En xulio deste ano cesou coma Presidenta da Comisión da BUSC Dna. Mª Xosé Agra Romero, sendo sustituida por D. Ermelindo Portela Silva. Automatización Coma xa se avanzara na Memoria de 1993, neste ano realizouse a reconversión dos catálogos das Bibliotecas das Facultades de Xeografia e Historia e Filoloxía, traballos que se adxudicaron a unha empresa a comezos de 1994 por importe de 45.453.000 ptas. A fins de ano tiñanse reconvertido 67 .697 rexistros bibliográficos, dos que 38.988 pertenecen á B. de Filoloxía e 28. 709 á B. de Xeografia e Historia. Co remate do proxecto teráse incrementado a base de datos con aproximadamente 86.000 rexistros bibliográficos e 107 .000 novos volumens automatizados. En maio de 1994 finalizou a catalogación automatizada dos fondos da biblioteca da Real Sociedade Económica de Santiago, depositada na Biblioteca Xeral, proxecto 'que foi financiado pola Comisión de Patrimonio da Xunta de Galicia. Así mesmo reconvertiuse a formato MARC o catálogo de publicacións periódicas, anteriormente cun programa in house. Este catálogo deberá ser revisado dende as Bibliotecas cara á súa correción e posta o día. No seu conxunto as tres instalacións da base de datos existentes ata este momento (Biblioteca Xeral, Campus Sur e Biblioteca da F. de Filoloxía) contaban a fins de ano con 243.671 rexistros bibliográficos. 1 En febreiro de 1994 automatizouse na Biblioteca Xeral o préstamo interbibliotecario, co programa SOD que se tiña adquirido a fins de 1993. Lamentablemente non foi posible, coma estaba previsto, contar neste ano cun ordenador capaz de albergar o conxunto da base de datos e comunicado a través da rede, o que permitiria: a) consulta á base de datos dende calquera punto do Campus de Santiago, b) inicia-la catalogación en curso de forma automatizada na Bilioteca de Xeografia e Historia, c) inicia-lo préstamo automatizado nas Bibliotecas de Filoloxía e Xeografia e Historia, d) acceso en liña ó catálogo de publicacións periódicas cara á súa actualización. Pero ademáis de retrasarse estes obxectivos básicos, os actuais ordenadores están sobresaturados, o que ocasiona que os tempos de resposta especialmente en determinados tramos horarios sexan máis altos do que sería de desexar. En calquera caso, no momento da redacción desta Memoria agárdase contar cos equipos necesarios no ano 1995, aínda que re tras ando a posta en marcha da rede de CD-ROMs. Cooperación e redes Durante 1993 realizaronse diversos contactos coa Universidade Laval de Canadá para poder traballar co seu sistema de materias en liña. Estes contactos diron lugar á redacción dun Convenio, que se asinará en 1995. Así mesmo mantivéronse contactos co Servicio de Bibliotecas da Xunta de Galicia, que deron tamén orixe á sinatura dun Convenio polo que a Biblioteca Xeral cede á Consellería de Cultura os rexistros de fondos procedentes do Depósito Legal da Sección Galicia dende 1988 ata 1994 cara á edición do Boletín do Depósito Legal, e a cambio a Consellería destina 1 bibliotecario do seu cadro de persoal á Biblioteca Xeral durante 1 ano para realizar tarefas de catalogaCión do Depósito Legal. A Biblioteca Xeral colaborou na presentación do proxecto La Biblioteca América : catalogación temática, dirixido pola Dra. Pilar Cagiao Vila, que foi financiado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e que se desenvolvera nos anos 1995-96. Neste proxecto participa coma persoal investigador a Xefa da Sección de Procesos Técnicos da BUSC. 2 A BUSC colaborou co IDEGA na elaboración e desenvolvemento do Curso de Postgrao A xestión da información na Administración e na Empresa, que comezou a impartirse en Outubro de 1994 e finalizará en Xuño de 1995. Este curso composto por 30 créditos e ó que asisten 25 alumnos está en parte impartido por persoal da BUSC e docentes da Universidade de Santiago, aínda que conta tamén con docentes e profesionais da información do resto do Estado. A rede REBIUN, da que a BUSC forma parte, sigue a incrementa-los seus membros, estando na actualidade formada polas seguintes bibliotecas Universitarias: Alcalá de Henares, Barcelona, Cantabria, Carlos 111, Girona, UNED, Oviedo, País Vasco, Politécnica de Catalunya, Politécnica de Valencia, Pompeu Fabra, Pública de Navarra, Rovira i Virgili, Santiago de Compostela e Sevilla. Son centros asociados a Biblioteca da Agencia Española de Cooperación Internacional e a Biblioteca da Universidade Autónoma de Madrid. O máis importante traballo da rede sigue a ser o seu catálogo en CD-ROM que facilita ás bibliotecas españolas unha importante ferramenta para o préstamo interbibliotecario. A Dirección da B USC estivo presente na II Conferencia de Directores de Bibliotecas Universitarias e Científicas celebrada en Granada en xuño deste ano. Nela tomáronse diversos acordos respecto ó préstamo interbibliotecario, interconexión e cooperación bibliotecaria e normalización de estatísticas. Así mesmo en Decembro deste ano a BUSC xunto coa Biblioteca Universitaria de Cantabria e a Biblioteca da Universidade Pública de Navarra iniciou un grupo de traballo cara o desenvolvemento común do programa SABINI. Estructura No presente ano non se produciu ningún cambio significativo na estructura da BUSC, a non ser a unificación das Bibliotecas da Facultade de Veterinaria e Escola Politécnica Superior, que provisoriamente, ata a construcción da Biblioteca Intercentros, comparten as instalacións da Facultade de Veterinaria. 3 PRESUPOSTO O presuposto ordinario aprobado pola Xunta de Goberno da Universidade para a BUSC en 1994 foi de 287 .000.000 ptas., distribuidas nos seguintes capítulos: Capítulo 2: 25.000.000 ptas. Capítulo 6: 262.000.000 ptas. Este presuposto supuxo un incremento do 30.97% sobre os créditos ordinarios de 1993, dotándose de novo a aplicación de equipamentos que nos anos 1992-1993 non fora dotada por problemas presupostarios e téndose feito os investimentos sobre aplicacións do Vicerrectorado de Asuntos Económicos. Debido ós problemas presupostarios que se están a sofrir cos incrementos dos custos das publicacións periódicas tódolos anos, suplementouse o capítulo 6 con 7.796.207 ptas. Así mesmo a Xunta de Goberno foi informada da previsión de adicar 45 .000.000 ptas. do fondo de solidariedade para a automatización da Biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, aínda que finalmente tal proxecto non foi financiado en 1994. No momento da redacción desta Memoria está previsto que o investimento se realice en 1995. Por descontos en librerías estes créditos vironse incrementados por importe de 1.740.113 ptas para adquisición de monografias. Os Departamentos, Proxectos de Investigación e Centros destinaron á BUSC 30.958.412 ptas. no Capítulo 6, e 4.787.838 ptas. no capítulo 2. O conxunto da Biblioteca Universitaria veu tamén incrementado o seu presuposto con 30.600.000 ptas correspondentes ás Axudas da Xunta para Infraestructuras de 1993 e con 41.750.000 ptas. de 1994 , ambas 4 adxudicadas en 1994. As correspondentes a 1994 supuxeron un especial esforzo para o persoal da BUSC, dado que, resoltas en novembro, deberon ser xustificadas antes de mediados de Decembro. Un desglose destes créditos pode verse nas taboas finais deste capítulo. O presuposto ordinario distribuiuse de acordo ós criterios aprobados pola Xunta de Goberno, a proposta da Comisión da BUSC, cun esquema similar ó desenvolto en anos anteriores. Do capítulo 6 dedicaronse á adquisición de publicacións periódicas 162.000.000 ptas., debido a que quedara unha remanente do crédito extraordinario de 1993 de 14.362.603, o que supoñía un incremento do 13%, que se prevía suficiente en función da evolución do mercado de subscripcións e de pequenos recortes no número de títulos. O non terse producido estes recortes, foi preciso suplementa-lo crédito. En total os investimentos en publicacións periódicas foron 182.307 .272 ptas. (incremento do 17.77% sobre 1993), parecendo confirmarse que os incrementos medios do segmento de revistas suscriptas pola BUSC é superior á media dos incrementos do conxunto do mercado de publicacións periódicas. A adquisición de publicacións unitarias tivo un presuposto ordinario de 88.000.000 ptas. (un 57.14% máis que en 1993 e o 35.2% do presuposto ordinario para adquisicións bibliográficas). A súa distribución foi a seguinte: -Dotación inicial para 4 novas titulacións: Enxeñeiro de Montes Humanidades Enxeñeiro Quírríico Psicopedagoxía -Asignación extraordinaria Especialidade de Educación Físi500.000 ptas. 500.000 ptas. 500.000 ptas. 500.000 ptas. ca da EU de FP de EXB de Lugo 300.000 ptas. -Presuposto base para cada Centro: aplícase o incremento do 53.03% resultante, unha vez reducidas as cantidades anteriores, ás bases de 1993, o que orixina os seguintes resultados: 5 Centros Experimentais (9) Centros non Experimentais (9) Escolas Universitarias (6) 7 43 .4 70 ptas 1.486.191 ptas. 278.801 ptas -O mesmo incremento aplícase ós presupostos da B. Xeral e ós fondos destinados ós alumnos: Biblioteca Xeral Alumnos 18.666.599 ptas. 13.099.368 ptas. Os fondos destinados a libros de alumnos distribuíronse de acordo ó cómputo seguinte: -Os primeiros 1.000 alumnos multiplican por 1 -Os alumnos entre 1.000 e 2.000 multiplican por 0,5 -Os alumnos que sobrepasen os 2.000 multiplican por 0,33 -Os fondos restantes, 32.194.278 ptas., adicanse á investigación cos mesmos criterios na súa distribución que o ano anterior: proporción 60-301 O correspondente a Centros non Experimentais, Experimentais e Escolas Universitarias en función do número de profesores con adicación exclusiva no Centro, según o seguinte cómputo: -Os primeiros 50 profesores contabilizan todos -Entre 50 e 7 5 profesores contabilizan o 7 5 % -O número de profesores superior a 7 5, contabiliza o 50% A distribución dos créditos ordinarios para adquisicións bibliográficas por Biblioteca pode verse no gráfico seguinte: 6 Observatorio(0,5%) Enfermeria(0,5%) Empresana1s(0,8%) =: EXB Santiago(1,0%) ¡ EXB Lugo(0,8%Y . ICE(0,1%) CCs e Humanidades(3,2%) \ Veter. e Polit.(6,1%) .· Med icina(8, 9%) Física e Opt.(10,3%) Economicas(4,4%) Dereito e Pol.(7, 1%) Farmacia(7,6%) Filoloxía(4,2%) A aplicación 605 adicada a equipamentos estivo dotada con 12.000.000 ptas., que se distribuiron para facer fronte ós seguintes gastos: -Equipamento B. da F. de CC Económicas e E. -Equipamento BX -Equipamento B. da EU de FP de EXB de Santiago -Equipamento B. da F. de Farmacia -Equipamento B. da F. de Matemáticas Así mesmo reserváronse 7 .000.000 ptas. con vistas a poñer en funcionamento unha rede de CD-ROMs, pero dado que este presuposto era insuficiente según os cálculos dos Servicios Informáticos, non se fixo o investimento, quedando coma remanente desta aplicación. Por outra parte, existía a previsión de adquisición de periféricos co fondo de solidariedade para dotar de equipos cara á automatización ás Bibliotecas de Xeografia e Historia e Filoloxía, así coma completa-los existentes en bibliotecas xa automatizadas. Dado que estes investimentos non se realizaron, a Comisión da BUSC na súa xuntanza do mes de Decembro, a proposta da Dirección, decidiu destinar a remanente da 7 Dna. Mª Mercedes Díaz de Bustamante, Dna. Josefina Adán Porto, Dna. Mª Carmen Varela Prado, Dna. Ana del Carmen González Dacosta, D. José Enrique Quintans Miguez, Dna. Mª Isabel Casal Reyes, D. Xosé Anxo Casal Rey, D. Francisco Javier Redondo Abal, Dna Mª de los Angeles Valdés Blanco, Dna Ana Isabel Portugués del Rio, Dna Mercedes Neira Díaz, Dna Alicia Femandez Vegas, e Dna Concepción Femández Marassa. No cadro de axudantes de A.B.M. deixou a BUSC por excedencia voluntaria Dna. Mª Josefa Cacheiro Gallego, Directora da Biblioteca da Facultade de Farmacia, a quen agradecemos a súa colaboración dende 1979 nas tarefas da BUSC. Provisoriamente cubriu esta praza en comisión de servidos Dna. Tránsito Ferreras. No cadro de auxiliares administrativos incorporouse Dna Luisa Ferreiro Couselo, que permutou a súa praza con Dna. Teresa López Martínez No mes de Decembro realizaronse as probas selectivas para cubrir provisoriamente a praza de Técnico xestor de sistemas. En canto á formación continuada do cadro de persoal, a Xunta Técnica da BUSC, consciente a un tempo da limitación presupostaria cara a financiamento de cursos externos e do interese para todo o persoal da BUSC dado o forte cambio que está a ter o mundo da información, acordou que naqueles casos en que fora posible o financiamento por parte da Universidade, este fora parcial, asumindo os asistentes parte dos gastos, coa finalidade de que poideran asistir a distintos cursos o maior número de persoas. A Xunta Técnica elevou á Xerencia a proposta de realización de 2 cursos que tiveron lugar os meses de maio, xuño e outubro. O primeiro destes cursos foi sobre MS-Dos básico, impartido polo funcionario da BUSC D. Ramón Luis Pazos Ferreiros, co obxectivo de proporcionar un coñecimento desta ferramenta a bibliotecarios que están a traballar con CD-R O Ms e outros soportes informáticos. Desenvolveuse en 3 grupos, 1 no Campus de Lugo e 2 en Santiago. O segundo curso foi sobre o Repertorio de materias da Universidade Laval, impartido polas funcionarias da BUSC Dna. Pilar González Novoa e Dna. Paloma Castro Rey e por Dna. Ana Rodiño Domínguez do Servicio de Normalización Lingiiística. A este Curso asistiron 30 bibliotecarios de ambos Campus. 14 A Dirección e Subdirección Técnica da BUSC asistiron no mes de xuño dentro do marco da 11 Conferencia de Directores de Bibliotecas Universitarias e Científicas celebrada en Granada ó Seminario sobre Evaluación de servicios bibliotecarios impartido polo Prof. Lancaster. Tamén houbo presencia de persoal desta Biblioteca no Curso sobre Catalogación en un entorno automatizado, organizado por Rebiun no marco dos Cursos de Verán da Universidade de Cantabria, ó que asistiron Dna. Carmen Bermejo Díaz de Rábago, Dna Paloma Castro Rey, e Dna Juana López Anglada. Ó Curso Redes de CD-ROM. Presente e futuro celebrado en Cádiz asistiron D. Anxo Doval Rey e Dna. Almudena Quintáns López. Ó Curso sobre Búsquedas bibliográficas a través de estructuras químicas celebrado en Madrid asistiu Dna. Mª Dolores Vázquez Villot. Ó Curso sobre Fondos bibliográficos antiguos en las Bibliotecas celebrado en Madrid e organizado por Anabad asistiu Dna. Mª Virtudes Pardo Gómez. A participación como docentes do persoal da BUSC, ademáis da correspondente ó Curso de Postgrao A xestión da información na Administración e na Empresa ó que xa se fixo referencia, foi a seguinte: Dna. Virtudes Pardo Gómez no Curso El Libro antiguo en las Bibliotecas españolas, dentro dos Cursos de Verán da Universidade de Oviedo, coa conferencia Los fondos históricos de la Biblioteca Universitaria de Santiago, e Dna. Concepción Varela Orol coa conferencia El expurgo, dentro do Ciclo de Conferencias celebrado en Vitoria pola Asociación de Bibliotecarios do País Vasco e A xestión das publicacións periódicas no Seminario Internacional sobre publicacións periódicas organizado pola Biblioteca Nacional de Ciencia y Técnica de La Habana. 15 DISTRIBUCION DO CADRO DE PERSOAL DA BUSC Fac. e Axud. Centros ABM Aux.adm. BUSC 5 BX 18 4 Bioloxía 2 Economicas 3 Dereito e Pol. 4 Farmacia 2 Filoloxía 5 Filos. e 6 Psico. (2) Física e Opt. 1 Hist e CCI. 5 Matemát. 2 {~\ ' Medicina 3 Química 2 V eter. e Polit. 3 CCseHuman 1 idades EXBLugo 1 (4) EXB Santiago 1 Empresariais 1 (4) Enfermeria 1 (5) 1.Inclue 2 persoas a tempo parcial para apertura os sábados 2.1 persoa desenvolve o seu traballo no ICE 3. Atenden tamén a B. do Observatorio Aux. Tcos. 15 (1) 4 5 6 4 5 5 3 5 4 5 4 6 2 2 2 2 2 4. As Bs. das EUs de EXB e Empresariais de Lugo comparten a Dirección. 5. Comparte a Dirección coa Biblioteca da F. de Medicina. 16 Conserxes 3 INSTALACIONS E EQUIPAMENTO No ano 1994 as modificacións de instalacións non foron sustanciais, aínda que se ampliaron espacios na Biblioteca da Facultade de Farmacia e na da EU de EXB de Santiago, onde se ubicaron 50 novos postos de lectura. A Biblioteca Xeral abriu unha Mediateca, aínda que de momento cunha pequena colección de videos científicos e métodos de idiomas e un total de 8 postos de consulta. Os 32 postos restantes resérvanse para consulta de fondos de depósito. Instalouse unha colección de manuais nunha sala preexistente na Facultade de CC. Políticas. Melloráronse as instalacións dotándoas con saidas de emerxencia na Biblioteca de Xeografia e Historia e CC. da Información e cun sistema de aire acondicionado na Biblioteca da F. de Veterinaria e Escola Politécnica. Así mesmo equipáronse as novas instalacións da Biblioteca da Facultade de CC. Económicas e Empresariais (44 novos postos de lectura), EU de EXB de Santiago, Facultade de Matemáticas e Facultade de Farmacia. Instalacións e equipas informáticos son unha das carencias máis fortes da BUSC. Como sinalan as normas da American Library Association para Bibliotecas Universitarias, persoal, coleccións e edificios "necesitan estar entre sí na proporción correcta para alcanza-las metas do servicio da biblioteca"l. O conxunto da BUSC ten neste momento 20.916 m2, cando debería ter ó redor de 36.000 m2, e 9 bibliotecas con menos de 1.000 m2, superficie que se considera a mínima para a instalación dunha biblioteca2. Polo que se refire ós equipas informáticos, a maioría das bibliotecas contan con ordenadores persoales anticuados (286) que están a presentar problemas cara ó uso a que van destinados (consulta de bases de datos en CD-ROM), dado que as novas versións destas bases requiren con frecuencia 1 AIA,ACRL: Normas para bibliotecas Universitarias : evaluación de la eficacia, en Bol. Anabad, XIN (1994), nº3, p. 199 2 Jomadas de Trabajo sobre Bibliotecas Universitarias. Las Navas del Marqués. 1986 : Bibliotecas Universitarias. Recomendaciones sobre su Reglamentación. -- Ministerio de Cultura, 1987. 17 contar con 486. Naturalmente algunhas bibliotecas nin siquera contan con ningún equipamento deste tipo. Sen dúbida o equipo máis importante que precisa hoxe a BUSC é un ordenador conectado á rede de comunicacións con capacidade suficiente para que nel resida o conxunto de instalacións actuais do programa de automatización e ó tempo que dea servicio ós postos de traballo das novas bibliotecas que xa reconvertiron o seu catálogo (Filoloxía e Xeografia e Historia) e ás que deben inicia-la automatización en datas próximas. Aínda que había unha previsión de que se contaría co ordenador e os periféricos no ano 1994, non foi así e haberá que agarda-la aprobación dos presupostos de 1995 para poñer en marcha a súa adquisición. Nas táboas e gráficos seguintes pode verse a relacion nº usuarios3/ postos de lectura e superficies existentes e necesarias en cada punto de servi cio .. 3o número de usuarios empregados nestes gráficos corresponde ós datos de profesores e alumnos proporcionados polo Vicerrectorado con vistas á distribución do presuposto de 1994. 18 Centros Usuarios Postos existentes BX 349 Bioloxía 1249 260 Eco no micas 4942 381 Dereito e Pol. 5728 614 Farmacia 2034 474 Filoloxía 3846 394 Filos. e Psico. 2791 255 Física e Opt. 1391 146 Hist. e CCI. 2190 484 Matemát. 1181 220 Medicina 2090 260 Química 1297 180 Veter. e Polit. 3966 268 CCs e Humanidades 524 144 EXBLugo 618 54 EXB Santiago 1451 170 Empresariais 1384 57 Enfermeria 612 94 N o [J ""O o (ll õ (ll g- (ll ~ ~ ~ ;- (ll o 1\) o o ~ o o m oo o o o o _.. o o o 1\) o o BX I' 1 1 I '1 1 1·1 1 1 · 1 1 1 · 1 1 1 1 1 1 1 1 Bioloxfa .... ., ., , Economicas .. ·. .1 Dereito e Pol. . . . 1• • • • • • , Farmacia 1· ... • ........... , Filoloxf a , . . . . . . -. Filos. e Psico. , 1 Física e Opt. ~ . . . 1 Hist. e CCI. . . . • Matemát. .• Medicina . . . .• Química ~ • Veter. e Polit. ... " .. " ·. ·. ~. . · ...... 1 N w ~ ~ m o o o o o o o o o o o o o o o o o o o 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 l l l 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 BX J • • Bioloxf a ·:·:·:-:·:·:·:·:·: · :·:·:·:·:·:·:·:·: ......... . Econom icas .. .. ............ .. .............. ........................ .... .................................................................. .. ...................................................... . Dereito e Pol. .. ........................................ .......... .... ........................................................ ~ ....... .... .. .......... ...... . .. .............................. . ............. .. .............. . ........ . F armacia • ·:·: ·:· :· :·:· :·:·: · :·: ·: ·:·:·: ·: ·: ·: · :·: · :·:·: . .......................... ; .• Fi loloxf a ... . ............... ............ ..... ............................ .. ... .. ..... ............................... . ................................... . Filos. e Psico. = .......................... .. .... . ......................................... .. Física e Opt. ~ ...... ... ........ ~ ............ .. . H ist. e CC 1. ; ............. .. ............ ........ : ..................... . .............. .. .... "' Matem át. •: ..................... .... .. ............ .. ,, Medicina ":· :· :·:·: ·:·: ·:·: ·: · :·:·:·:·:·:·: .. . : .................. .... ............... , .. Química . ................... ................ .... ...... .. . Vetar. e Pol it. . .... ........................ ..... ........... .... ............................ .. ......... . ........ ...... .... ............ .. ... ... ................... .. CCs e Humanidades Cs e Humanidades ~ . EXB Lugo EXB Lugo l!lzmi 1 EXB Santiago EXB Santiago ~ "" ·~ · ..... ~ . ..... . ~ ...... ~ .... .. 9 . ...... 2· ·· ... ~ ....... ~ .... _J_ __ L--L--i---J E . . E . . • mpresana1s mpresana1s ~ ·:·: ~ ·: ... ª """ ª" "" ª·' "" 5" "" ! """ 5" "" ~""·L·_jL--L--!----'---~ Enfermaria Enfermaria ll:m . • IEI • ""O o {/) en (/) e: e: õ (ll "O "O ([) ([) ::¡,, ::¡,, ~ ~ - (ll o· o· (i)" ã)' ~ ::s ~ (ll ::J ([) CD ::J o 3 ([) (/) 1\) ~ ¡¡;· DESENVOL VEMENTO DAS COLECCIONS En 1994 ingresaron na BUSC 32.348 títulos de monografias, fronte ós 24.527 ingresados en 1993. Destes fondos 24.972 foron obtidos por compra, o que supón un incremento do 60.27%, atribuible tanto ó crecimento do presuposto ordinario, ó feito de terse executado no mesmo ano 2 Axudas para Infraestructura da Xunta de Galicia (aínda que parte gastada en publicacións periódicas), e á disponibilidade dunha forte remanente (30.127.761 ptas.) orixinada en gran parte polo crédito extraordinario de Novembro de 1993. No exercicio de 1994 tódalas bibliotecas fixeron un forte esforzo para executa-lo presuposto dentro do ano económico, o que entre outras razóns é do máximo interese se se ten en conta a forte inflación que afecta ós materiais documentais. Soamente 2 bibliotecas, según os datos proporcionados polo Servicio de Contabilidade, presentan remanentes superiores ás 200.000 ptas.: a Biblioteca da F. de Física e EU de Optica (1.259.965 ptas., das que 810.059 corresponden ó presuposto de Física e 449.906 ó da EU de Optica), e en cuantía moi inferior a Biblioteca lntercentros de Xeografia e Historia e CC. da Información (275.538 ptas., das que 272.861 corresponden á Facultade de Ciencias da Información). Estas cifras deben matizarse xa que que a primeira deixou sen executar o 32.47% do presuposto disponible e a segunda soamente o 2.12%. Unha análise por campus xeográficos e tipo de adquisición indica: Biblioteca Xeral: , Por compra: Por donativo: 2. 731 títulos 1.390 títulos Por intercambio: 156 títulos Por depósito Legal: 1.242 títulos Universidade: 186 títulos Total: 5.705 títulos 21 Deste conxunto 2. 792 monografias ingresaron nos fondos galegos, 700 na Biblioteca América, e os restantes na Sección de Información bibliográfica e referencia e nos fondos xerais da BX. A biblioteca seguiu a adquirir fondos retrospectivos na Sección de Galicia, destacando o manuscrito do século XIX de J osé María Castro Bolaño: Cargas perpetuas que afectan a la propiedad territorial de Galicia y su influencia, e o impreso do século XVIII Por las muy nobles ciudades de voto en Cortes del Reyno de Galicia ... sobre ... se den provisiones por duplicado á las ciudades para que no se les obligue a hazer acopiamientos involuntarios por la sal ... Entre as obras de información bibliográfica e referencia hai que salientalas bases de datos en CD-ROM: British Catalogue of Printed books to 1975, e PCI-Periodicals Contents Index, adquiridas ambas coa Axuda para Infraestructura da Xunta de Galicia de 1994. Bibliotecas de Centros do Campus de Santiago Por compra: 17 .277 títulos Por donativo: 2.064 títulos Por intercambio: 1.896 títulos Total: 21.237 títulos Bibliotecas de Centros do Campus de Lugo Por compra: 4.964 títulos Por donativo: 429 títulos Por intercambio: 13 títulos Total: 5.406 títulos Un desglose destes datos por Centros, así coma a evolución do número de títulos adquiridos por compra nos dous últimos anos, pode verse na táboa e gráfico da páxina seguinte. 22 Centros Compra94 Total adqu.94 BX 2.731 5.705 Bioloxía 679 945 Económicas 1.302 1.513 Dereito e Pol. 2.504 2.920 Farmacia 313 417 Filoloxía 3.557 4.160 Filos. e Ps. 3.396 3.797 Física e Opt. 658 756 Xeogr. e CCI. 2.692 3.626 Matemáticas 618 680 Medicina 269 874 Química 331 418 V et. e Politéc. 1.483 1.676 CCs. e Humanidades 2.201 2.283 EXBLugo 1.018 1.033 EXB Santiago 775 932 Empresariais 262 414 Enfermería 183 199 : ::::~~;¡_-1--'-~-""--+--l~~¡.+...-~-¡l--'-~-""--l-_,.¡~-1---1-- .... _,.¡~-'--' -.+--..,_-+--+--+--.....e::::: - ~ ¡~ : l+--+--+--+--+--+---lt----t--+--+--+---1 :::: ~ = - ! = l .... ~1--1 : : tt--+--t----t--+-~ jo.¡~-+--+--+----1 1 500 ~ - ¡¡¡ - Jj¡ .... ~..- : : :M--+--t----t ........... -t: a.4~-+--+--+---4 '::~ ;I ., 11 ~ o ...... ~¡;;¡,pm;;;;¡ · ..-~~~--;a. -~ co u:i êi.. o U) co C'tl ~ o 'x a.... ~ e:: .s.2 co o o o ·o E E "ê5 Q) Q) Q) ~ ~ a o ro u::: u:i ~ E a.... u.. o §> Q) ~ Q) u::: ·v.; -a; ~ u:::: :::!! >< > C> C> U) .. ~ c::n c::n ºffi :::> -~ ·e: Q) --' E ~ E CD C'tl m >< en e? a.ñ lJ..J CD e.. >< E UJ UJ - Compra93 E]3 Compra94 23 Centros Lectura en sala BX 18.330 Bioloxía 5.175 Económicas 32.023 Dereito e Pol. 12.000 Farmacia 3.544 Filoloxía 15.680 Filos. e Psico. 16.986 Física e Opt. 2.487 Hist. e CCI. 17.692 Matemát. 5.478 Medicina 17.848 Química 27.000 Veter. e Polit. 25.624 CCs e Humanidades 4.577 EXB Lugo 2.721 EXB Santiago 6.288 Empresariais 1.575 Enfermeria 2.068 cc ó õ.. u ';( o o o ·;;.; u ] ~ Q) Q) Q) cc u: ..... . ~ Cll cñ Cll tE .9 u: u: • Lectura en sala ra Préstamo a domicilio 30 Préstamo a domicilio ~ E ~ cc :;g - , u cc e ºõ ~ Q) :;g 41.325 13.741 15.736 2.335 7.758 47.975 27.367 15.174 19.259 17.828 6.024 11.298 16.561 7.150 4.784 11.289 3.601 4.729 cc ..... Cll o Q) ] õ "O ~ ~ :3 ·2 CI Q) cc ....; E Q) Q) :3 ::r: > Q) Cll u u .n .u o o Cll cc 00 00 ·; ·e: :3 cc Q) .....:¡ ·.;:: ·¡:: Ê e cc ~ Cll cc Q) ~ en """ Ul o.. e i:Q E Ul ><:: Ul Ul Prácticamente en tódalas bibliotecas o número de consultas en préstamo é moi superior ó de consultas nas propias instalacións, pese a que determinados tipos de materiais están excluidos do servicio de préstamo. A análise destes datos debe ter en conta que a maioría das bibliotecas no fan estimacións sobre o uso en acceso directo. No conxunto dos datos de préstamo hai que resalta-lo enorme volume de materiais servidos na Biblioteca da Facultade de Filoloxía, que está a facer fronte a un incremento considerable (38.10% sobre 1993) cun persoal escaso e de forma manual. Urxe, pois, a súa automatización. Sinalar así mesmo que a diminución producida nos datos dos servicios da Biblioteca Intercentros de Veterinaria e Escola Politécnica está en relación co seu peche durante 2 meses debido á fusión das bibliotecas dos dous Centros indicados. Hai que salientar tamén que este uso do servicio de préstamo básase nunha utilización masiva dun número reducido de títulos coma pode observarse nos datos das bibliotecas automatizadas. Así na Biblioteca Xeral 23.758 préstamos automatizados realizáronse sobre soamente 5.715 volumes, na Biblioteca de Bioloxía 13.741 préstamos sobre 3.969, na Biblioteca de Farmacia 7.758 préstamos sobre 1.876, na de Filosofia e Psicoloxía 27.367 préstamos sobre 10.553, na de Física 15.174 préstamos sobre 3.165, na de Matemáticas 17.828 préstamos sobre 4.536, e na Biblioteca de Química os 11.298 préstamos foron sobre 2.183 volumes. Tampouco existen datos dos servi cios de información bibliográfica e ref erencia, dos que soamentes 9 bibliotecas poden levar un control das súas consultas. Destaca-las 4.600 consultas da Biblioteca da Facultade de Medicina e 1.101 da Biblioteca Intercentros de Filosofia e CC. da Educación e Psicoloxía. No Servicio de información bibliográfica e referencia da Biblioteca Xeral atendéronse 3.818 consultas, das que o 62.15% foron de referencia e o 37 .84% de caracter bibliográfico. Destas últimas soamente un 4.64% fixeron uso do acceso en liña. En canto ós tipos de usuarios que empregaron este Servicio, reseñar que o 44.63% foron alumnos, un 26.67% investigadores, un 15.34% usuarios externos á Universidade e en cantidades inferiores 31 outras institucións, as restantes Universidades galegas e outros puntos de servicio da BUSC. Dentro da formación de usuarios realizáronse diversas actividades, normalmente relacionadas co catálogo automatizado da biblioteca, co acceso a bases de datos instaladas localmente e coa presentación dos servicios bibliotecarios ós alumnos de primeiros cursos. A BX e as Bibliotecas de Bioloxía, Filosofia e Psicoloxía, Matemáticas, Medicina, Química, Veterinaria e Politécnica, EXB de Santiago e Lugo e Empresariais tiveron algunha actividade ou varias deste tipo ó longo do ano 1994. As bibliotecas do Campus de Lugo, así coma a da Facultade de CC. Económicas e Empresariais e a das Facultades de Xeografia e Historia e CC. da Información realizaron guías impresas dos seus servicios. O servicio de préstamo interbibliotecario realízase na Biblioteca Xeral e na Biblioteca da Facultade de Medicina. Na Biblioteca Xeral realizáronse 15.139 transaccións de solicitudes neste servicio, das que 9.461 foron solicitudes da BUSC e 5.678 foron solicitudes doutras bibliotecas á BUSC. En relación ás solicitudes da BUSC de reproduccións de documentos tramitáronse 7.828 (90.10 % das solicitudes) , xa que o 10% restante ou ben tiñan erros na identificación bibliográfica, ou, o caso máis frecuente, os usuarios soamente estaban interesados na reproducción se o documento se localizaba en España. Das solicitudes tramitadas obtivéronse 6.903 documentos (88%), non se obtiveron 488 ( 6%) e quedaron a fins de ano en trámite 437 (5% ). O promedio de tempo que a BUSC tardou en obter estes documentos foron 22.79 días, que sin supoñer unha cifra absolutamente satisfactoria, implica unha mellora considerable do servicio sobre todo tendo en conta que este promedio debe tender a reducirse considerablemente co uso do correo electrónico que se agarda poñer en marcha en 1995. Por outra parte hai que salientar tamén que o 78.26% obtivéronse en Bibliotecas ou Centros de documentación de España, o que garda relación coa mellora e difusión dos catálogos destes centros. Un 25.90% das solicitudes corresponderon a documentos localizados na rede REBIUN. 32 Outro dato salientable que a BUSC coñece por primeira vez gracias á automatización deste servicio é a enorme dispersión de títulos de publicacións periódicas demandados. Así só 15 títulos foron demandados 15 ou máis veces ó longo do ano 1994, e destes soamente 4 (Atmospheric Environment, Journal of Marketing Research, Water Research, e Genomics) tiveron máis de 20 solicitudes. O primeiro e o terceiro destes títulos foron demandados por un só usuario externo á Universidade de Santiago, o segundo título foi demando no período cronolóxico 1970-1980 soamente por un usuario da USC; soamente o cuarto título tivo diversos demandantes. Tamén se realizaron 773 solicitudes de préstamo temporal de orixinais, dos que se obtiveron 613 (79.4%), non se obtiveron 69 (8.9%) por diversas causas (fondos que non se prestan, datos erróneos, anulacións por parte do usuario, etc.) e quedaron en trámite a fins de ano 91 (11.7%). A procedencia destas solicitudes de préstamo interbibliotecario por Centros pode verse no gráfico seguinte: 800 -+--+----t _ _.,.._....,. 700-t--+- 300 200 100 o :><: ¡:Q ~ ';< _g .8 ¡:Q Cf.) õ ~ .~ r::l.t e Q) 'O e:: B o ·;u (.) l.Il ...... Q) o ~ ~ o ·e:; ';< .~ ~ o Cf.) e ] r::l.t ...... ~ ~ Q) u.. c'5 _g u: 33 õ. d ~ ~ ~ ..... Cf.) o o e:: (.) Q) ClJ) ClJ) ·u ·5 õ "'O ::s = o u e r::l.t = .....:¡ ·.a Q) :-a 'S "'O e:: Q) Q) "Cd ·a ~ Q) CI Q) = ~ ..... ~ ~ ~ en .~ Cf.) ....; e l.Il Cf.) :E Q) ::s ¡:Q u: Q) :><: ::r: > Q) l.Il Cf.) u u Cf.) · ;; · ~ Cf.) Q) ...... e. e l.Il A BX recibiu 5.678 solicitudes dos seus fondos, das que 5.338 foron demandas de reproduccións e 340 de préstamo temporal de fondos, o que supón un incremento do 6.11 % respecto a 1993. Destas solicitudes poideron ser atendidas 4.945, 714 non estaban entre os fondos da BUSC ou ·se encontraba mal a referencia, e 19 estaban en trámite a fin de ano. O incremento máis notable (119%) produciuse na solicitude de orixinais, o que garda relación coa progresiva incorporación dos fondos da BUSC, gracias á automatización, no catálogo en CD-ROM de REBIUN. En canto ás solicitudes de artigos de revistas 5 títulos tiveron máis de 20 solicitudes ó longo deste ano: Journal of Colloid and Interface Science, Perceptual and Motor Skills, Nature, Family Process, e FEMS Microbiology Letters. A procedencia dos fondos demandados por bibliotecas alleas á e servidos pola BX é a seguinte: 8 900 800 700 600 500 400 300 200 100 o >< '~ "-' t1' t1' o e.. d ~ t1' t1' "-' o o "-' § t1' õ 'õ ';( e: .~ el) Ol) Ol) 'éõ p:::) 11< o ~ .~ o E ·e:; E õ 'i :l t1' ·5 o .ê s o "-' u .....:¡ ·~ ] el) :§ ~ ~ ~ 'S ~ "O el) el) ·¡: ~ "-' 'O .... t1' cu CY el) t1' cu e: B t1' P:: el) t1' ..... ~ ~ t1' ti.) .... p:::) o .;) ~ .~ "-' ~ E ll.l o. o .... v.i "-' :E ~ :l p:::) E ll.l el) ..9 u: cu :i:: >< ll.l o P:: > Q) ll.l "-' u u 34 Ademáis destas solicitudes as Bibliotecas serviron 2.517 documentos dos seus fondos ás outras Universidades galegas, dos que 1.554 foron solicitados pola Universidade de A Coruña e 963 pola de Vigo. O servicio de préstamo interbibliotecario da Biblioteca da Facultade de Medicina realizou 11.137 transaccións, das que 6.513 foron solicitudes de documentos non disponibles na BUSC e 4.624 demandas dos seus fondos (ás que habería que engadir aquelas que se realizaron a través da BX, coma se pode ver nos gráficos anteriores). Non se poden ofertar datos máis pormenorizados, dado que o servicio realízase manualmente. Dentro dos planos da BUSC está a súa automatización en 1995, sempre e cando as disponibilidades presupostarias o permitan. Dentro da rede Documat a Biblioteca da Facultade de Matemáticas recibiu doutras bibliotecas da rede 125 documentos e serviu 161. Coma un servicio de difusión dos seus fondos a BUSC realizou exposicións, colaborou con outros organismos na realización dalgunha ou emprestou fondos para mostras doutras institucións. En 1994 estas exposicións foron as seguintes: -Exposición bibliográfica-documental sobre Eloy Luis André, 18761935, realizada polas Facultades de Psicoloxía da Universidade de Santiago e da Universidade Autónoma de Madrid, celebrada en Madrid do 22 ó 24 de febreiro e en Santiago do 2 ó 4 de marzo. -II Mostra homaxe a Manuel Colmeiro, organizada pola Escola Galega de Administración Pública, e celebrada do 1 ó 15 de abril. -Producción bibliográfica dos Profesores da Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación da Universidade de Santiago, organizada por esta Facultade e celebrada os días 26 a 29 de abril. -Exposición Galicia xudía, organizada polo Concello de Santiago e celebrada do 27 de abril ó 3 de xuño. -Mostra Fondos bibliográficos de Alejo Carpentier, organizada pola Facultade de Ciencias da Información con motivo da inauguración da Cátedra Alejo Carpentier, e celebrada do 2 ó 6 de maio. -·Exposición Día das Letras Galegas 1994, adicado a Luis Seoane, en colaboración coa Diputación de A Coruña e os Institutos de Bacharelato 35 Rafael Dieste e Monelos de A Coruña, e celebrada no Pazo de Fonseca na segunda quincena de maio. -Exposición Os Alicerces do teatro Galego. Historia da literatura dramática e do Teatro Galego, organizada polo Museo de Ribadavia e celebrada do 15 de xullo ó 15 de agosto. Tamén neste ano se reeditaron algúns fondos históricos desta BUSC sobre exemprares da BX. O Consorcio de Santiago realizou unha reproducción da obra seguinte: Sociedad Económica de Amigos del Pais de Santiago: La primera colonia Escolar Compostelana : Vacaciones escolares de 1893. -- Santiago, 1894. O Centro de Investigacións Lingiiísticas e Literarias Ramón Piñeiro realizou unha edición facsímil de Aturuxo : Revista de poesía e crítica (Ferrol, 1952-1960). 36 INDICE Páxinas M~oxffru 1 Presuposto 4 Persoru 13 Instruacións e equipamento 17 Desenvolvemento das coleccións 21 Procesos técnicos 26 Servicios 29