scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Eficacia dos coidados de enfermaría no síndrome confusional agudo. Unha revisión sistemática

Torres Vázquez, Uxía

Abstract

Introdución: O síndrome confusional agudo (SCA) é un trastorno neurocognitivo flutuante, que cursa cunha alteración do nivel de conciencia e da atención, e afecta maioritariamente á poboación ancián. A pesar da súa alta prevalencia, segue estando infradiagnosticado. Ademais, require de coidados especializados durante o seu curso para evitar complicacións, xa que supón unha importante carga asistencial, emocional e económica. Obxectivos: Describir os coidados de enfermaría no síndrome confusional agudo, valorar o uso de instrumentos para a detección do síndrome confusional agudo polas enfermeiras, analizar a resposta emocional das enfermeiras de coidados do adulto con delirium e realizar un plan de coidados para o síndrome confusional agudo. Metodoloxía: Revisión bibliográfica sistemática. Realizouse unha busca da evidencia científica publicada nos motores e bases de datos Pubmed, BVS, CINAHL, Dialnet e Scopus nos últimos cinco anos. Resultados: Trala aplicación dos criterios de inclusión e exclusión, seleccionáronse 14 artigos, obténdose que os coidados de enfermaría, enfocados en medidas non farmacolóxicas como a reorientación, son eficaces fronte o delirium. O emprego dos instrumentos de detección, polas enfermeiras, é válido, pero a súa variedade complica o seu coñecemento. Este trastorno causa unha importante carga emocional, relacionada ca angustia e distrés, e laboral sobre as enfermeiras. O plan de coidados debe ser preferiblemente individualizado e cubrir as necesidades do paciente. Conclusións: Os coidados de enfermería mostran ser efectivos pero o seu emprego enfróntase a varios obstáculos. Os instrumentos de detección son útiles e eficaces, estando mellor valorados os que empregan a observación. A maioría de enfermeiras sofren unha carga emocional negativa e un aumento da carga de traballo, co consecuente desgaste profesional. Un plan de coidados, enfocado nas medidas non farmacolóxicas, mellora a calidade de vida do doente.

Full text

FACULTADE DE ENFERMARÍA Traballo de fin de grao EFICACIA DOS COIDADOS DE ENFERMARÍA NO SÍNDROME CONFUSIONAL AGUDO. UNHA REVISIÓN SISTEMÁTICA. EFICACIA DE LOS CUIDADOS DE ENFERMERÍA EN EL SÍNDROME CONFUSIONAL AGUDO. UNA REVISIÓN SISTEMÁTICA. NURSING CARE EFFECTIVENESS IN ACUTE CONFUSIONAL STATE. A SYSTEMATIC REVIEW Autora: Uxía Torres Vázquez Titor: Emilio Rubén Pego Pérez Grao en Enfermaría Curso Académico: 2023 – 2024 Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Enfermaría na Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en Enfermaría Ao meu avó, por gañarlle a batalla á mente e ao meu pai, que nunca a loitará. AGRADECEMENTOS Primeiramente, quero agradecer ao meu titor Rubén Pego Pérez polo seu apoio e consellos que permitiron a existencia deste traballo. Ademais, gustaríame agradecer a todos os profesores, enfermeiras e demais persoal que me formaron e acompañaron nestes catro anos de carreira no meu obxectivo para converterme en enfermeira. Gracias a mamá, por loitar contra vento e marea e soportar tantas cargas co fin de poder deixarme buscarme ata encontrarme. Gracias a Lidia e Clara, por moito que me queixe, non podería desexar mellores irmás. Gracias ao resto da familia, especialmente gracias a Guillermo e Milagros, por ter sempre os seus brazos abertos para nós as tres. Gracias a Ángel, por aguantarme e quererme aínda máis cada día, eu quérote máis. Gracias aos amigos de sempre, porque nunca defraudades cando hai que estar, sexa nas boas ou nas malas. Gracias a Ari, Aroa, Eva, María e Sara, por facer infinitamente mellores estes catro anos, ogallá a vida nos volva a xuntar. Gracias a Desdentado e Hippo, polos innumerables mimos, e incluso ao toxo de Lila. Simplemente, gracias a todos os que me acompañaron ata aquí, e incluso aos que quedaron polo camiño, porque sen vós onte, hoxe eu non estaría aquí. Por último, gracias a papá, porque non importan os anos dende que marchaches, sempre seguirás presente. RESUMO Introdución: O síndrome confusional agudo (SCA) é un trastorno neurocognitivo flutuante, que cursa cunha alteración do nivel de conciencia e da atención, e afecta maioritariamente á poboación ancián. A pesar da súa alta prevalencia, segue estando infradiagnosticado. Ademais, require de coidados especializados durante o seu curso para evitar complicacións, xa que supón unha importante carga asistencial, emocional e económica. Obxectivos: Describir os coidados de enfermaría no síndrome confusional agudo, valorar o uso de instrumentos para a detección do síndrome confusional agudo polas enfermeiras, analizar a resposta emocional das enfermeiras de coidados do adulto con delirium e realizar un plan de coidados para o síndrome confusional agudo. Metodoloxía: Revisión bibliográfica sistemática. Realizouse unha busca da evidencia científica publicada nos motores e bases de datos Pubmed, BVS, CINAHL, Dialnet e Scopus nos últimos cinco anos. Resultados: Trala aplicación dos criterios de inclusión e exclusión, seleccionáronse 14 artigos, obténdose que os coidados de enfermaría, enfocados en medidas non farmacolóxicas como a reorientación, son eficaces fronte o delirium. O emprego dos instrumentos de detección, polas enfermeiras, é válido, pero a súa variedade complica o seu coñecemento. Este trastorno causa unha importante carga emocional, relacionada ca angustia e distrés, e laboral sobre as enfermeiras. O plan de coidados debe ser preferiblemente individualizado e cubrir as necesidades do paciente. Conclusións: Os coidados de enfermería mostran ser efectivos pero o seu emprego enfróntase a varios obstáculos. Os instrumentos de detección son útiles e eficaces, estando mellor valorados os que empregan a observación. A maioría de enfermeiras sofren unha carga emocional negativa e un aumento da carga de traballo, co consecuente desgaste profesional. Un plan de coidados, enfocado nas medidas non farmacolóxicas, mellora a calidade de vida do doente. Palabras Clave: “síndrome confusional agudo”, “delirium”, “enfermeiras”, “coidados de enfermaría”, “instrumentos de detección”, “resposta emocional” RESUMEN Introducción: El síndrome confusional agudo (SCA) es un trastorno neurocognitivo fluctuante, que cursa con una alteración del nivel de conciencia y de la atención, y afecta mayoritariamente a la población anciana. A pesar de su alta prevalencia, sigue estando infradiagnosticado. Además, requiere de cuidados especializados durante su curso para evitar complicaciones, ya que supone una importante carga asistencial, emocional y económica. Objetivos: Describir los cuidados de enfermería en el síndrome confusional agudo, valorar el uso de instrumentos para la detección del síndrome confusional agudo por las enfermeras, analizar la respuesta emocional de las enfermeras de cuidados del adulto con delirium y realizar un plan de cuidados para el síndrome confusional agudo. Metodología: Revisión bibliográfica sistemática. Se realizó una búsqueda de la evidencia científica publicada en los motores y bases de datos Pubmed, BVS, CINAHL, Dialnet y Scopus en los últimos cinco años. Resultados: Tras la aplicación de los criterios de inclusión y exclusión, se seleccionaron 14 artículos, obteniéndose que los cuidados de enfermería, enfocados en medidas no farmacológicas como la reorientación, son eficaces frente el delirium. El empleo de instrumentos de detección, por las enfermeras, es válido, pero su variedad complica su conocimiento. Este trastorno causa una importante carga emocional, relacionada con la angustia y distrés, y laboral sobre las enfermeras. El plan de cuidados debe ser preferiblemente individualizado y cubrir las necesidades del paciente. Conclusiones: Los cuidados de enfermería muestran ser efectivas pero su empleo se enfrenta a varios obstáculos. Los instrumentos de detección son útiles y eficaces, estando mejor valorados los que emplean la observación. La mayoría de las enfermeras sufren una carga emocional negativa y un aumento de la carga de trabajo, con el consecuente desgaste profesional. Un plan de cuidados, enfocado en las medidas no farmacológicas, mejora la calidad de vida del paciente. Palabras Clave: “síndrome confusional agudo”, “delirium”, “enfermeras”, “cuidados de enfermería”, “instrumentos de detección”, “respuesta emocional” ABSTRACT Introduction: The acute confusional state is a fluctuating neurocognitive disorder, which presents with an alteration in the level of consciousness and attention, and mainly affects the elderly population. Despite its high prevalence, it remains underdiagnosed. In addition, it requires specialized care during its course to avoid complications, since it entails an important healthcare, emotional and economic burden. Objectives: To describe nursing care in acute confusional state, assess the use of instruments for the detection of acute confusional state by nurses, analyse the emotional response of care nurses of adults with delirium and carry out a nursing care plan for acute confusional state. Methodology: A systematic literature review. It was carried out a search of the scientific evidence published in engines and databases such as Pubmed, BVS, CINAHL, Dialnet and Scopus in the last five years. Results: After applying inclusion and exclusion criteria, 14 articles were selected, obtaining that nursing care, focused on non - pharmacological interventions such as reorientation, are effective against delirium. The use of screening instruments by nurses is valid, but its variety complicates its knowledge. This disorder causes a significant emotional burden, related to anguish and distress, and work - related burden in nurses. The nursing care plan should be preferably individualized and cover all patient needs. Conclusions: Nursing care appears to be effective, but its use faces several obstacles. Screening instruments are useful and effective, being better reviewed the ones that use observation. The majority of nurses suffer from a negative emotional burden and an increasing workload, with the consequent professional burnout. A nursing care plan, focused on non - pharmacological interventions, improves patient’s quality of life. Keywords: “acute confusional state”, “delirium”, “nurses”, “nursing care”, “detection instruments”, “emotional response” ÍNDICE 1. INTRODUCIÓN .................................................................................................................... 1 2. XUSTIFICACIÓN ................................................................................................................. 3 3. OBXECTIVOS ....................................................................................................................... 5 3.1. OBXECTIVO PRINCIPAL ............................................................................................ 5 3.2. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS ...................................................................................... 5 3.3. PREGUNTA DE ESTUDO ............................................................................................. 5 4. MÉTODOS ............................................................................................................................. 6 4.1. CRITERIOS DE ELIXIBILIDADE ................................................................................ 6 4.2. FONTES DE INFORMACIÓN ...................................................................................... 6 4.3. ESTRATEXIA DE BUSCA ............................................................................................ 7 4.4. SELECCIÓN DE ESTUDOS .......................................................................................... 8 4.5. RISCO DE SESGO ......................................................................................................... 8 5. RESULTADOS E DISCUSIÓN ............................................................................................ 8 5.1. RESULTADOS DA ESTRATEXIA DE BUSCA ........................................................... 8 5.2. RESULTADOS POR OBXECTIVOS .......................................................................... 10 5.3. DISCUSIÓN .................................................................................................................. 15 6. LIMITACIÓNS DO ESTUDO ............................................................................................ 20 7. CONCLUSIÓN .................................................................................................................... 20 8. BIBLIOGRAFÍA .................................................................................................................. 21 9. ANEXOS ............................................................................................................................... 24 ÍNDICE DE TÁBOAS Táboa 1. Factores predispoñentes e precipitantes. .......................................................................... 2 Táboa 2. Motores de busca. ............................................................................................................. 6 Táboa 3. Tesauros MeSH e DeSC ................................................................................................... 7 Táboa 4. Buscadores e as súas ecuacións de busca ......................................................................... 7 Táboa 5. Descrición dos estudos incluídos por orde de aparición no texto .................................. 24 Táboa 6. Avaliación do risco de sesgo dos estudos incluídos ....................................................... 28 Táboa 7. Plan de coidados de enfermaría ante o Síndrome Confusional Agudo. ......................... 29 ÍNDICE DE FIGURAS Figura 1. Pirámide Poboacional de España. Fonte: INE, 2023. ...................................................... 4 Figura 2. Diagrama de fluxo da información. Fonte: elaboración propia seguindo o modelo PRISMA, 2024. ............................................................................................................................... 9 GLOSARIO DE ABREVIATURAS 4AT: 4 A’s test. AVAD: Anos de Vida Axustados por Discapacidade. BVS: Bibliotecas Virtual de Saúde. BUSC: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela. CAM: Confusion Assessment Method. CAM – ICU: Confusion Assessment Method for the Intensive Care Unit. CAM – ICU – 7: Confusion Assessment Method for the Intensive Care Unit – 7. CBI: Copenhagen Burnout Inventory. CIE – 11: Clasificación Internacional de Enfermidades (11ª edición). CINAHL: Cumulated Index to Nursing and Allied Health Literature. DDS: Delirium Detection Scale. DEAR: The Delirium Elderly At Risk Instrument. DeCS: Descritores de Ciencias da Saúde. DEQ: Delirium Experience Questionnaire. DOS: Delirium Observation Screening Scale. DSM – 5: Manual Diagnóstico i Estatístico dos Trastornos Mentais (5ª edición). HELP: The Hospital Elder Life Program. ICDSC: Intensive Care Delirium Screening Checklist. K6: Kessler Psychological Distress Scale. MeSH: Medical Subject Headings. MUSSCAT: Rexistro de Morbilidade e Utilización de Servizos Sanitarios de Cataluña. mRASS: The Modified Richmond Agitation and Sedation Scale. 6 • P (participantes): pacientes que padecen delirium. • I (intervencións): coidados de enfermería para previr, detectar e tratar o delirium. • C (Comparación de intervención): non procede. • O (Resultados): eficacia dos coidados de enfermería. 4. MÉTODOS Este traballo de fin de grao consiste nunha revisión sistemática sobre os coidados de enfermaría fronte o SCA, de acordo a evidencia científica actual, e seguindo as directrices da declaración PRISMA 2020 Checklist.7 4.1. CRITERIOS DE ELIXIBILIDADE • Criterios de inclusión: o Publicacións entre os anos 2019 – 2024 (Últimos 5 anos). o Artigos publicados nas seguintes linguas: castelán, galego, inglés e portugués. o Dispoñibilidade de acceso ao texto completo ou a través da Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela (BUSC). • Criterios de exclusión: o Publicacións sobre o delirium que non teñan en conta a función enfermeira. o Artigos que tratasen do SCA durante a idade pediátrica, relacionándoo co COVID – 19 ou ao final da vida. 4.2. FONTES DE INFORMACIÓN As bases de datos empregadas para a busca de información foron Pubmed, Biblioteca Virtual de Saúde (BVS), Dialnet, CINAHL e Scopus (táboa 2). Táboa 2. Motores de busca. BASES DE DATOS ORGANISMO DOMINIO FILTROS Pubmed National Institute of Health’s National Library of Medicine https://pubmed .ncbi.nlm.nih. gov/ o Dispoñibilidade de texto: Texto Completo Gratuito ou a través da BUSC o Data de publicación: 2019 – 2024 o Idioma: inglés, castelán BVS BIREME (OPS) https://bvsalud .org/es/ o Dispoñibilidade de texto: Texto completo ou a través da BUSC o Data de publicación: 2019 – 2024 7 o Idioma: inglés, castelán, portugués CINAHL EBSCO https://search. ebscohost.com / o Acceso a través da BUSC o Data de publicación: 2019 – 2024 o Idioma: inglés, castelán, portugués Dialnet Universidade da Rioxa https://dialnet. unirioja.es/ o Texto completo: Si ou a través da BUSC o Rango de anos: 2019 – 2024 o Idioma: inglés, castelán Scopus Elsevier https://www.sc opus.com/hom e.uri o Acceso aberto ou a través da BUSC. o Data de publicación: 2019 – 2024 o Idioma: inglés, castelán, portugués o Área Temática: enfermaría. Fonte: elaboración propia,. 4.3. ESTRATEXIA DE BUSCA Inicialmente, procuráronse documentos de diferentes organismos gobernamentais, do catálogo de Iacobus da Universidade de Santiago de Compostela e de Pubmed. Toda a información recompilada nos mesmos (referencias bibliográficas do 1 ao 6) empregouse para describir a definición, sintomatoloxía, fisiopatoloxía, clasificación, epidemioloxía, diagnóstico e tratamento do SCA; así como as súas repercusións e complicacións. Unha vez rematada a procura inicial, levouse a cabo unha segunda busca sistemática, mediante o uso de termos clave da linguaxe controlada polo tesauro MeSH, e os seus correspondentes en castelán polo tesauro DeSC. Táboa 3. Tesauros MeSH e DeSC MeSH DeCS Delirium Delirio Nurses Enfermeras Nursing Enfermería Fonte: elaboración propia. Estes termos foron empregados en combinación cos operadores booleanos, de forma axustada a cada buscador, co fin de obter resultados que respondan aos obxectivos propostos neste traballo. Táboa 4. Buscadores e as súas ecuacións de busca ECUACIÓN DE BUSCA XERAL: (delirium) AND (nurses OR nursing) 8 ECUACIÓN DE BUSCA ESPECÍFICA SEGUNDO OS CRITERIOS DO BUSCADOR: Pubmed (("Nursing"[Mesh]) OR "Nurses"[Mesh]) AND "Delirium"[Mesh] BVS (mh:(nurses)) OR (mh:(nursing)) AND (mh:(delirium)) CINAHL (MH "Delirium") AND (MH "Nurses") Dialnet (enfermeras OR enfermería) AND delirio Scopus ( KEY ( nurses ) OR KEY ( nursing ) AND KEY ( delirium ) ) Fonte: elaboración propia 4.4. SELECCIÓN DE ESTUDOS Para esta revisión sistemática incluíronse artigos cuxo tipo de estudo foi un dos seguintes: revisión sistemática, estudo observacional, estudo transversal, investigación cualitativa, estudo prospectivo, estudo de cohortes, estudo de casos, estudo cuasi-experimental, estudo explorativo descritivo e ensaio clínico. 4.5. RISCO DE SESGO Para cada estudo extraído da busca, e que satisfixese os obxectivos propostos nesta revisión sistemática, realizouse unha avaliación dos posibles sesgos existentes seguindo o manual Cochrane de revisións sistemáticas de intervencións.8 5. RESULTADOS E DISCUSIÓN 5.1. RESULTADOS DA ESTRATEXIA DE BUSCA Tal é como reflexa a figura 2, unha vez realizada a procura de artigos mediante a ecuación de busca, obtivéronse un total de 282 resultados, dos cales 27 foron eliminados tras un cribado de duplicados realizado co xestor bibliográfico Mendeley Reference Manager. A partir dos 255 documentos recuperados, procedeuse a lectura do título e do resumo de cada un, quedando descartados polos seus contidos 195 artigos, xa que ou ben non aportaban información relevante para a resolución da pregunta de estudo e obxectivos do traballo ou non cumprían os criterios de inclusión e exclusión propostos. Por conseguinte, o total de artigos seleccionados para a súa lectura completa foi de 60, dos cales foron excluídos 46 debido a que: 3 estaban escritos en linguas distintas as requiridas, 8 precisaban da compra do artigo, 8 non se axustaban aos obxectivos, 6 non estudiaban a labor de enfermaría, 9 relacionaban o delirium con outras enfermidades e 12 posuían información insuficiente. Tras esta última exclusión, o número de artigos elixidos foi de 14 artigos: 4 de Pubmed, 1 de BVS, 3 de CINAHL, 0 de Dialnet e 6 de Scopus. 9 Por último, no apartado de anexos atópase unha representación dos estudos incluídos (táboa 6), onde se expón o seu autor principal, ano de publicación, título, tipo de estudo, mostra, metodoloxía, resultados e o obxectivo ao que responde. Así mesmo, disponse a relación de risco de sesgos dos artigos seleccionados (táboa 7). Figura 2. Diagrama de fluxo da información. Fonte: elaboración propia seguindo o modelo PRISMA, 2024. 10 5.2. RESULTADOS POR OBXECTIVOS En canto ao obxectivo principal, “describir os coidados de enfermaría no Síndrome Confusional Agudo”, constátase que as enfermeiras posúen un rol esencial á hora de identificar e manexar o delirium ao ser as encargadas de aportar coidados directos sobre o paciente.9 - 13 Para comezar, o coñecemento sobre o delirium está considerado como o primeiro pilar que afrontan as enfermeiras para levar a cabo os coidados. Desta forma, observouse que no caso das enfermeiras de UCI, estas presentaban un entendemento adecuado, aportando definicións do SCA que tiñan en conta a sintomatoloxía, os subtipos, a relación co tempo de estancia no centro hospitalario e, especialmente, coa confusión. Por outra banda, nas enfermeiras de residencias de anciáns viuse unha maior confusión en ditos coñecementos, habendo maiores dificultades para distinguilo doutras patoloxías como son a depresión e a demencia.9, 10 Á hora de estudar as medidas terapéuticas necesarias no manexo deste trastorno, destácanse as medidas non farmacolóxicas como a liña primaria de actuación. Concretamente, a medida máis representada é a orientación verbal en tempo e espazo, que tamén pode ser apoiada por obxectos como pantallas, reloxos e ventás. Entre outras medidas, atópanse o descanso axeitado, unha mobilización tempérana e o rol da familia, de gran importancia na recuperación do paciente, xa que poden fomentar a estimulación sensorial do paciente e facilita o desuso de medidas restritivas, como a contención mecánica.9, 11 En consonancia co parágrafo anterior, e seguindo o esquema de Oliveira et al12, as funcións de enfermería cara o SCA poden deslindarse en sete ramas principais. Así, as intervencións deben centrarse no entorno, promovendo un espazo agradable, aportando gafas e/ou audiófonos se se precisasen, entre outros; na promoción do sono, asegurando a posición cómoda do paciente, diminuíndo a intensidade da luz para garantir o ritmo circadiano, evitando procedementos durante a noite, reducindo os ruídos, entre outros; nas intervencións terapéuticas precoces favorecendo unha nutrición, hidratación e osixenación adecuadas, promovendo a mobilización precoz, monitorizando a eliminación de ouriños e feces, entre outros; na avaliación cognitiva e orientación, aportando información sobre o día e hora, a razón da súa estancia hospitalaria, permitindo as visitas de familiares, facilitando a comunicación, entre outros.12 Continuando nisto, outras intervencións focalízanse nos protocolos, na participación dos familiares, aportándolles información sobre o trastorno e incluíndoos nos coidados e na formación e ensino dos enfermeiros e pacientes, tanto capacitando aos compañeiros de equipo sobre o 11 delirium como facilitándolle información ao doente sobre as intervencións que se levan a cabo. Cabe destacar que ditas actividades deben ser individualizadas a cada doente.12 En particular, no ensaio clínico de Torres Contreras et al13 no que se avaliou a eficacia dun programa multicompoñente enfermeiro, dividiuse aos pacientes con SCA nun grupo control e nun grupo intervención. No primeiro, só se levaron a cabo os coidados estándar do hospital, centrados na orientación e diminución dos estímulos ambientais do doente. Porén, no segundo, ademais destes coidados, dúas enfermeiras adestradas previamente levaron a cabo unha estimulación cognitiva e a busca do apoio familiar.13 Para dita intervención, baseáronse na orientación en tempo e espazo do paciente, chamándoo polo seu nome e dándolle a información relativa ao seu ingreso. Amais, ensinóuselle un reloxo e calendario, actualizóuselle sobre o noticiario e puxéronse a súa disposición xogos de palabras. Co fin de estimulalo de forma visual e auditiva, a enfermeira mantivo un contacto visual e frecuente, empregando a escoita activa, a vez que falaba en frases curtas cun ton de voz baixo e claro. Tamén se lle amosaron fotos, cartas e debuxos de revistas e/ou familiares e ofrecéuselles a posibilidade de ter no seu cuarto algún obxecto de interese persoal. No relacionado a familia, apoiouse a inclusión desta nos coidados e reorientación do paciente, ademais de instruírlles sobre que é o SCA e as súas complicacións. Ao acabar a intervención obtívose que a incidencia do SCA situouse nun 24% no grupo control e nun 5% no grupo intervención, confirmando a eficacia deste tipo de intervencións.13 Non obstante, denotouse que á hora de aplicar os coidados de enfermaría existen unha serie de obstáculos que poñen en risco a súa efectividade. Entre eles salientan a alta carga de traballo e a escaseza de persoal, que impide realizar protocolos como o de mobilización precoz. Amais, a falta dun adestramento axeitado sobre o trastorno e ó non ter incorporada na práctica a identificación do mesmo complica a súa posta en marcha. Igualmente, na UCI, o descanso do doente atópase dificultado pola necesidade de acender as luces e pola produción de ruídos propios das actividades de enfermaría; ademais, hai un horario de visita moi reducido para os familiares.11 Para o obxectivo secundario, “valorar o uso de instrumentos para a detección do SCA polas enfermeiras”, avaliouse que hai unha gran cantidade de métodos dispoñibles para a identificación do delirium que posúen bos resultados estatísticos, pero debido ao seu descoñecemento ou a súa dificultade, non se chegan a empregar sempre que se require.14 - 17 12 Debido a importancia na prevención e detección do delirium, nas últimas décadas desenvolvéronse numerosos instrumentos co fin de identificar de forma tempérana dito trastorno. Entre a variedade de ferramentas dispoñibles, e que foron deseñados especificamente para as enfermeiras, os máis habituais son os coñecidos como The Nurses Delirium Screening Checklist (Nu-DESC) e o Delirium Observation Screening Scale (DOS). Ámbolos dous son rápidos de administrar, pero diferéncianse en que o primeiro precisa dun adestramento previo mentres que o segundo non. Co mesmo fin e gran uso, ideouse o 4AT, o cal pode facerse en menos de catro minutos sen adestramento previo.14 Outros instrumentos, menos empregados foron o Neelon and Champagne Confusion Scale (NEECHAM) e o Delirium Detection Scale (DDS), coa necesidade en ambos dun adestramento, pero cuxa duración é máis longa. Amais, engadidas a estas, hai outras escalas a mencionar como The Delirium Elderly At Risk Instrument (DEAR), the modified Richmond Agitation and Sedation Scale (mRASS), Simple Query for Easy Evaluation of Consciouness (SQeeC), Single Question in Delirium (SQID) e The Sour Seven Questionnaire. Por último, cabe mencionar o CAM, considerado como o estándar de ouro, pero que é máis apropiado para os médicos, exceptuando o Confusion Assessment Method for the Intensive Care Unit (CAM-ICU) creado a partir do anterior para adaptarse mellor as necesidades das enfermeiras.14 Con respecto a capacidade de identificación do delirium, nun estudo alemán sobre enfermeiras de distintas plantas, achouse que o 71% eran capaces de recoñecer a presencia ou ausencia deste trastorno, e o 48% acertar con respecto a variedade concreta. Para levar a cabo dita detección, foi empregado o DOS polo 55% das enfermeiras, o Nu-DESC polo 47% e o CAM polo 44% . Así mesmo, noutro estudo onde tamén se avaliou o emprego das escalas Nu-DESC e DOS por enfermeiras de plantas de neuroloxía e cardíaca, obtívose que dos pacientes diagnosticados con delirium por un médico, o 94% deran positivo polo DOS e 98% polo Nu-DESC.15, 16 No referente ao ámbito dos coidados intensivos, nun estudio avaliouse a identificación do SCA empregando tres instrumentos distintos, o CAM-ICU, o Confusion Assessment Method for the Intensive Care Unit -7 (CAM-ICU-7) e o Intensive Care Delirium Screening Checklist (ICDSC). Observouse que, das enfermeiras, o 90,1% empregaron o CAM-ICU e o 8,7% o ICDSC. Así mesmo, estas consideraron que o primeiro é máis rápido e fácil de empregar, mentres que o segundo é máis lento e complicado, aínda que, ao seu criterio, é o que mellor reflicte o estado do paciente. En ambos campos o CAM-ICU-7 disponse nun punto medio entre as anteriores escalas.17 13 As diferenzas no seu emprego débense ao coñecemento previo do instrumento, xa que o CAMICU xa era coñecido polas enfermeiras, en cambio, o ICDSC foi introducido para a gran maioría. Ademais, unha desvantaxe denotada polas enfermeiras foi que o ICDSC precisaba de datos das últimas 24 horas, os cales podían ser complicados de obter, fronte ao CAM-ICU e o CAM-ICU-7 que non dependían deles. De todas formas, as enfermeiras indicaron a súa satisfacción cos beneficios do CAM-ICU-7 e do ICDSC á hora de poder graduar a intensidade do delirium e poder monitorizalo a través do tempo.17 Por outra parte, encontrouse que non sempre se empregan ditos instrumentos para a identificación do delirium. En particular, nun estudo obtívose que o 11% das enfermeiras non emprega un método de detección validado, e noutro, as enfermeiras non o empregaban, a pesar de telo especificado no seu protocolo, por mor de molestar a pacientes cun delirium claro. Engadido a isto, algunhas enfermeiras tenden a empregar o seu ollo clínico para avaliar de forma cualitativa o SCA.15, 17 Así mesmo, cabe destacar a importancia da seguridade coa que as enfermeiras aplican estes instrumentos e creen no seu resultado. É dicir, observouse que cando os pacientes son imposibles ou, canto menos, complicados de avaliar, e dan un resultado positivo para SCA, as enfermeiras concíbeno como un falso positivo, especialmente co CAM-ICU e o CAM-ICU-7 xa que non incluían a valoración subxectiva que si inclúe o ICDSC.15, 17 Para o obxectivo secundario, “analizar a resposta emocional das enfermeiras de coidados ao adulto maior con delirium” determinouse que o SCA supón unha carga no traballo das enfermeiras debido a súa complexidade como trastorno, ademais que chega a afectalas psicoloxicamente.18 - 22 En referencia á carga mental que supoñía o coidado dun paciente con delirium, nun estudo avaliado co Delirium Experience Questionnaire (DEQ), o Copenhagen Burnout Inventory (CBI) e o Kessler Psychological Distress Scale (K6), obtívose que o 43,7% das enfermeiras sufrían distrés psicolóxico, e o 56,2% desgaste profesional relacionado cos coidados ao paciente. En concreto, ante un episodio de SCA o 77,3% das enfermeiras cualificaron o nivel de distrés por riba de moderado. Mais aínda, había un maior grao de distrés relacionado ca sintomatoloxía que cursaba coas alteracións da percepción e ca axitación psicomotora.18 Igualmente, outro estudo comprobou que a maior carga mental derivou do sentimento de ser incapaces de proporcionar os coidados apropiados ao paciente, pola complexidade que presenta o 14 seu manexo. Especificamente, viuse que as enfermeiras posuían dificultades á hora de realizar os coidados ao non poder comunicarse co paciente, polo aumento que supón á carga de traballo e polos cambios de personalidade súbitos que sofre o paciente.19 Polo que se refire aos sentimentos e emocións das enfermeiras, remarcáronse o enfado e a frustración ao non poder manexar o comportamento do paciente, a carga emocional xa que seguen pensando no paciente ao rematar a súa quenda, o medo derivado dos arrebatos violentos do doente, e a culpa e impotencia ao sentir que ningunha intervención consigue axudar.19 Ademais, constatouse que o coidado dun paciente con este trastorno aumentaba a carga de traballo impedindo que se realizase a labor enfermeira de forma completamente eficaz, ademais de que lles xera estrés, ansiedade e conflitos mentais. Outra preocupación das enfermeiras ten que ver coa seguridade, tanto a do paciente como a súa propia, polo cal tenden a inverter máis tempo e recursos para asegurar a seguridade do entorno.20 Co obxectivo de solucionar estas dificultades, topouse que as enfermeiras adoptaban diversas estratexias e recursos, como son a observación constante e o uso da contención mecánica, así como fomentar a influencia dos familiares no coidado e buscar o apoio das compañeiras de traballo.20 Agora ben, cabe resaltar que noutro estudo máis da metade das enfermeiras responderon que non se sentían cómodas á hora de coidar a un paciente con SCA, e o 40% non se sentían seguras con respecto a levar a cabo as intervencións adecuadas para o paciente. Mais aínda, case a metade da mostra afirmou tentar de evitar este tipo de pacientes durante a súa quenda e o 57% afirmou a necesidade de poñer suxeicións en pacientes con SCA cando están axitados.21 Esta actitude reticente pode estar influída por un coñecemento insuficiente, xa que se observou que este, na súa maioría, ten unha base empírica en vez de teórica. Ademais, este descoñecemento no proceso e no curso do SCA, complica entender e conseguir un achegamento aos pacientes para resolver as súas necesidades. Sen embargo, obsérvase que as enfermeiras mostran unha predisposición a querer formarse ao respecto, así como o intentar axudar ao paciente.20, 21 De todas formas, esta cuestión depende de cada profesional de forma individual. É dicir, mentres que algunhas enfermeiras si se ven cualificadas para identificar e manexar o delirium, outras manifestaban a dificultade que supón o trastorno. Se ben, este fito relacionouse co nivel de experiencia da enfermeira en concreto. En relación cas actitudes, observáronse conductas contrapostas xa que mentres que unhas enfermeiras encontraban o SCA desafiante e emocionante, 15 outras víano como difícil, perturbador e consumidor do tempo. O mesmo acontecía cos sentimentos, atopándose que experimentaban compaixón, alivio e orgullo profesional a vez que molestia e malestar, xa que os pacientes son imprevisibles e poderían axitarse.22 Por último, no relativo ao ambiente de traballo, as enfermeiras sentían unha perda de control e impotencia, en gran parte ao sentirse impostas a cumprir un tratamento médico cando o paciente non colaboraba. Ademais, debido á estrutura da zona de traballo, as enfermeiras destacaron sentirse frustradas xa que non lles facilitaba a prevención do trastorno.19, 22 Finalmente, para o obxectivo secundario, “realizar un plan de coidados de enfermería para o Síndrome Confusional Agudo” estableceuse un plan de coidados a través da taxonomía NANDA, NOC e NIC (anexo III) seguindo os achados dos obxectivos previos. Por conseguinte, incluíronse intervencións non farmacolóxicas para tratar carencias no patrón nutricional, de eliminación e no descanso do paciente, e así reducir a incidencia do SCA. Igualmente, como a enfermeira ten a responsabilidade de actuar sobre o deterioro mental e o risco de lesións, comprendéronse medidas ao respecto da reorientación do doente, así como outras medidas co fin asegurar a participación familiar xa que contribúe a previr o trastorno.9, 12, 23 5.3. DISCUSIÓN Primeiramente, esta revisión evidenciou que a figura da enfermeira e as súas funcións son esenciais para conseguir ofrecer unha calidade asistencial óptima ó paciente con SCA, debido a que ao estar en contacto directo co paciente poden observar cambios neste, denotando a presenza de factores de risco e de alteracións cognitivas, sensoriais, físicas e sociais.9, 10, 12 Isto débese a que a labor enfermeira reside primordialmente en realizar coidados para previr e tratar o SCA, a través de medidas non farmacolóxicas, actuando sobre os factores de risco. Así, cítanse actividades como manter unha hidratación e nutrición adecuadas, fomentar a inxestión oral, estimular a mobilización tempérana, establecer un patrón do sono ideal e minimizar o uso de contención mecánica, entre outros. De todos estes, no cal reside a maior relevancia, e na reorientación do paciente, xa que permite diminuír a incidencia do SCA. Nesta liña, demostráronse como efectivas as medidas que inclúen referirse ao paciente polo seu nome, aportarlles datos sobre o día, data e lugar, estimular a súa memoria e resolver as dúbidas.9, 13 Concordando co anterior, o emprego dunha intervención multicompoñente, centrado na estimulación cognitiva do paciente, resulta efectiva para reducir a incidencia do trastorno.13 22 9. Chitolina Eberle C, Alves dos Santos A, de Macedo Júnior LJJ, Bessa Martins J. NonPharmacological Management of Delirium From The Perspective of Nurses in an Adult Intensive Care Unit. Rev de Pesq. cuidado é fundamental online [Internet]. 4 Oct 2019 [Consultado 1 Abr 2024]; 11 (5): 1242 – 1249. Dispoñible en: https://doi.org/10.9789/2175-5361.2019.v11i5.1242-1249 10. Helgesen AK, Adan YH, Dybvik Bjørglund C, Weberg-Haugen C, Johannessen M, Åsmul Kristiansen K, et al. Nurses experiences of delirium and how to identify delirium-A qualitative study. Nurs Open [Internet]. 20 Nov 2020 [Consultado 2 Abr 2024]; 8 (2): 844 – 849. Dispoñible en: https://doi.org/10.1002/nop2.691 11. Liang S, Chun Chau JP, Shan Lo SH, Zhao J, Liu W. Non-pharmacological delirium prevention practices among critical care nurses: a qualitative study. BMC Nurs [Internet]. 25 Ago 2022 [Consultado 2 Abr 2024]; 21 (235): 1 – 10. Dispoñible en: https://doi.org/10.1186/s12912-022-01019-5 12. Oliveira C, Garnacho Martins Nobre CF, Dourado Marques RM, Madureira Lebre Mendes MM, Cruz Pontifice Sousa P. O papel do enfermeiro na prevenção do delirium no paciente adulto/idoso crítico. Rev Cuid [Internet]. 23 Xuñ 2023 [Consultado 2 Abr 2024]; 13 (2): 1 – 16. Dispoñible en: https://doi.org/10.15649/cuidarte.1983 13. Torres Contreras CC, Páez Esteban AN, Durán Parra M, Rincón Romero MK, Giordani da Silva C, Duarte Buitrago NP. Multicomponent nursing program to prevent delirium in critically ill patients: a randomized clinical trial. Rev Gaúcha Enferm [Internet]. 3 Nov 2021 [Consultado 2 Abr 2024]; 42 (1): 1 – 11. Dispoñible en: https://doi.org/10.1590/19831447.2021.20200278 14. Ševčíková B, Matějovskáb Kubešová H, Šáteková L, Gurková E. Delirium screening instruments administered by nurses for hospitalized patients - literature review. Cent Eur J Nurs Midw [Internet] 7 Sep 2021 [Consultado 3 Abr 2024]; 10 (4): 1167 – 1178. Dispoñible en: https://doi.org/10.15452/CEJNM.2021.12.0011 15. Hoch J, Bauer JM, Bizer M, Arnold C, Benzinger P. Nurses competence in recognition and management of delirium in older patients: development and piloting of a self-assessment tool. BMC Geriatr [Internet]. 19 Nov 2022 [Consultado 3 Abr 2024]; 22 (879): 1 – 9. Dispoñible en: https://doi.org/10.1186/s12877-022-03573-8 16. Berjan M, Zilezinski M, Schwalbach T, Franke C, Erdur H, Audebert HJ, et al. Validation of two nurse-based screening tools for delirium in elderly patients in general medical 23 wards. BMC Nurs [Internet] 31 Xul 2020 [Consultado 3 Abr 2024]; 19 (72): 1 – 9. Dispoñible en: https://doi.org/10.1186/s12912-020-00464-4 17. Højager Nielsen A, Krone Larsen L, Oxenbøll Collet M, Lehmkuhl L, Bekker C, Froulund Jensen J, et al. Intensive care unit nurses’ perception of three different methods for delirium screening: A survey (DELIS-3). Aust Crit Care [Internet]. 9 Feb 2023 [Consultado 3 Abr 2023]; 36 (6): 1035 – 1042. Dispoñible en: https://doi.org/10.1016/j.aucc.2022.12.008 18. Baptista I, Martins S, Teixeira A, Fontes L, Paiva JA, Fernandes L. Distress nos enfermeiros relacionado com o Delirium. RPESM [Internet]. 30 Jun 2023 [Consultado 5 Abr 2024]; 29 (1): 48 – 62. Dispoñible en: https://doi.org/10.19131/rpesm.362 19. Schmitt EM, Gallagher J, Albuquerque A, Tabloski P, Lee HJ, Gleason L, et al. Perspectives on the Delirium Experience and Its Burden: Common Themes Among Older Patients, Their Family Caregivers, and Nurses. Gerontol [Internet] 14 Mar 2019 [Consultado 6 Abr 2024]; 59 (2) : 327 – 337. Dispoñible en: https://doi.org/10.1093/geront/gnx153 20. Thomas N, Coleman M, Terry D. Nurses’ Experience of Caring for Patients with Delirium: Systematic Review and Qualitative Evidence Synthesis. Nurs Rep [Internet] 5 Mar 2021 [Consultado 6 Abr 2024]; 11 (1): 164 – 174. Dispoñible en: https://doi.org/10.3390/nursrep11010016 21. Papaioannou M, Papastavrou E, Kouta C, Tsangari H, Merkouris A. Investigating nurses’ knowledge and attitudes about delirium in older persons: a cross-sectional study. BMC Nurs [Internet] 11 Xan 2023 [Consultado 6 Abr 2024]; 22 (10): 1 – 11. Dispoñible en: https://doi.org/10.1186/s12912-022-01158-9 22. Emme C. "It should not be that difficult to manage a condition that is so frequent": A qualitative study on hospital nurses' experience of delirium guidelines. J Clin Nurs [Internet] 22 Abr 2020 [Consultado 6 Abr 2020]; 29 (15 – 16): 2849 – 2862. Dispoñible en: https://doi.org/10.1111/jocn.15300 23. Ferramenta online para a consulta e deseño de Plans de Coidados de Enfermaría [Internet]. NNNConsult. Elsevier; 2015 [Consultado 8 Abr 2024]. Dispoñible en: http://www.nnnconsult.com/ 24 9. ANEXOS ANEXO I - Táboa 5. Descrición dos estudos incluídos por orde de aparición no texto Autor e anoCita Título Tipo de estudo Mostra Metodoloxía Resultados Relación cos obxectivos Chitolina Eberle C et al., 20199 Non - pharmacological Management of Delirium From The Perspective of Nurses in an Adult Intensive Care Unit Estudo explorativo descritivo 12 enfermeiras Estudo cualitativo no cal a través dunha entrevista semi estruturada cuestionouse as enfermeiras dunha UCI dun hospital sobre o seu coñecemento do delirium, medidas non farmacolóxicas, medidas que empregan no día a día e que facilita ou complica que as empreguen. As enfermeiras coñecen o delirium e medidas non farmacolóxicas para previlo e tratalo. A existencia de diferentes tipos de barreiras (estruturais, materiais e informativas) complica a súa posta en funcionamento. 1, 4 Helgesen AK et al., 202010 Nurses’ experiences of delirium and how to identify delirium: a qualitative study Estudo explorativo descritivo 12 enfermeiras Estudo cualitativo a través dunha entrevista, en xuño de 2017, a enfermeiras sobre as súas experiencias no coidado con pacientes con delirium e a súa identificación. Requírese un maior coñecemento sobre o delirium e sobre os instrumentos para a súa detección. 1 Liang S et al., 202211 Nonpharmacological delirium prevention practices among critical care nurses: a qualitative study Estudo de investigación cualitativa 20 enfermeiras Realizáronse entrevistas individuais con enfermeiras de UCI de varios hospitais en China, entre xullo e outubro de 2019, para coñecer as medidas de prevención do delirium. As enfermeiras destacan a importancia da inclusión familiar no coidado e a influencia da organización da unidade. Así mesmo, comentan a necesidade de levar a cabo un adestramento co fin de dispoñer de novas medidas, adecuadas á unidade. 1 Oliveira C et al., 202312 O papel do enfermeiro na prevençao do delirium no paciente adulto/idoso crítico Revisión integrativa 13 artigos Revisión bibliográfica de artigos a través das bases de datos EBSCOhost e B-on en xuño de 2019 co fin de achar as intervencións de enfermaría na identificación, prevención e control do delirium no adulto crítico. Identificáronse intervencións de enfermería, que se dividiron en sete compoñentes para a prevención e coidado ante o paciente adulto crítico con delirium. 1, 4 25 Torres Contreras CC et al; 202113 Multicomponent nursing program to prevent delirium in critically ill patients: a randomized clinical trial Ensaio clínico 81 pacientes Estudo controlado aleatorizado. Os participantes foron recrutados entre setembro de 2017 e marzo de 2018, e dividíronse aleatoriamente en grupo control e grupo intervención, onde os primeiros recibían os coidados estándar e os segundos a maiores recibían estimulación cognitiva e apoio á familia. A incidencia de delirium no grupo intervención foi case 5 veces menor fronte ao grupo control, o que garante a eficacia de levar a cabo unha intervención multicompoñente para a prevención do delirium. 1 Ševčíková B et al; 202114 Delirium screening instruments administered by nurses for hospitalized patients – literature review Revisión sistemática 24 artigos Revisión bibliográfica de artigos a través das bases de datos EBSCOhost, MEDLINE e PROQUEST, entre maio e xuño de 2018, para recompilar a validez e fiabilidade de instrumentos de detección do delirium empregados por enfermeiras. Identificáronse dez instrumentos para a detección do delirium, dos cales analizáronse as súas características (tipo, número de ítems, tempo de administración, necesidade de adestramento e as propiedades psicométricas). 2 Hoch J et al; 202215 Nurses competence in recognition and management of delirium in older patiens: development and piloting of a selfassesment tool Estudo de casos 115 enfermeiras Deseñouse un cuestionario online a través de LimeSurvey, que contaba con preguntas sobre cinco escenarios clínicos, para coñecer a competencia das enfermeiras para avaliar o delirium. A presencia ou ausencia de delirium detectouse correctamente pola maioría da mostra. O subtipo hiperactivo é o mellor recoñecido. Os investigadores suxiren que debe mellorar a detección e reforzarse a competencia das enfermeiras. 2 Bergjan M et al; 202016 Validation of two nurse-based screening tools for delirium in elderly patients in general medical wards Estudo de cohortes 698 pacientes Estudo observacional prospectivo no que se avaliou a presencia de delirium en pacientes de plantas neurolóxicas e cardíacas empregando as versións alemás das escalas Nu-DESC e DOS. Demostrouse a eficacia de ambas escalas para a detección do delirium, xa que presentan unha sensibilidade maior ao 94%. 2 26 Højager A et al; 202317 Intensive care unit nurses’ perception of three different methods for delirium screening: A survey (DELIS-3) Estudo transversal 127 enfermeiras Estudo observacional descritivo a través dunha enquisa online sobre tres instrumentos de detección de delirium (CAM-ICU, CAM-ICU-7 e ICDSC) empregados polas enfermeiras danesas. Mentres que o CAM-ICU foi recoñecido como o instrumento máis común, rápido e fácil de empregar, o CAM-ICU-7 e o ICDSC proporcionan información de maior calidade xa que permiten avaliar cambios na intensidade do delirium. 2 Baptista I et al; 202318 Distress nos enfermeiros relacionado com o Delirium Estudo prospectivo 18 enfermeiras Estudo realizado con enfermeiras do Centro Hospitalar Universitário S.João, entre outubro de 2017 e xullo de 2018. Preguntouse a cada participante o nivel de distrés que supoñía o coidado do paciente con delirium empregando o DEQ, o grao de desgaste profesional co CBI e o distrés psicolóxico ca escala K6. Para a metade das enfermeiras, o coidado de pacientes con delirium é unha experiencia moderadamente estresante. Entre os factores influentes, a axitación psicomotriz do paciente relacionase de forma significativa co distrés. Tamén se recoñece unha maior susceptibilidade en enfermeiras psicoloxicamente vulnerables. 3 Schmitt EM et al; 201919 Perspectives on the Delirium Experience and Its Burden: Common Themes Among Older Patients, Their Family Caregivers and Nurses Estudo de investigación cualitativa 18 pacientes, 16 coidadores e 15 enfermeiras Entrevistouse a cada participante sobre a súa experiencia co delirium, con preguntas adecuadas a cada grupo pero similares para o conxunto da mostra. Identificáronse tres temas principais, a carga derivada da sintomatoloxía, a carga emocional e a carga situacional. Entre os tres grupos que conforman a mostra viuse que compartían a mesma experiencia de distrés e de carga, con certas diferencias nos sentimentos que desembocaban os distintos síntomas do delirium. 3 Thomas N et al; 202120 Nurses’ Experience of Caring for Patients with Delirium: Systematic Review and Qualitative Evidence Synthesis Revisión sistemática 10 artigos Realizouse unha revisión da literatura mediante unha síntese da evidencia cualitativa a través das bases de datos CINAHL, Pubmed, Scopus e Medline. Incluíronse estudios sobre as experiencias das enfermeiras co delirium. Existe unha falta de coñecementos sobre o delirium por parte das enfermeiras. En relación aos coidados do paciente, veuse que xera estrés, ansiedade e conflitos mentais, ademais de preocupacións pola seguridade propia e a do paciente. 3 27 Papaioannou M et al; 202321 Investigating nurses’ knowledge and attitudes abou delirium in older persons: a crosssectional study Estudo transversal 835 enfermeiras Estudo descritivo, realizado a enfermeiras de catro hospitais públicos australianos entre setembro e outubro de 2018, no que a través dun cuestionario avaliáronse os coñecementos das enfermeiras sobre o delirium. As enfermeiras dispoñen de coñecementos limitados sobre o delirium, xa que menos da metade coñece a súa definición, os instrumentos que se empregan para a súa detección e os factores de risco. 3 Emme C et al; 202022 “It should not be that difficult to manage a condition thay is so frequent”: A qualitative study on hospital nurses’ experience of delirium guidelines Estudio observacional 23 enfermeiras Estudo descritivo onde se seleccionaron enfermeiras de catro departamentos (xeriatría, cardíaca, cirurxía e endocrinoloxía), as cales foron entrevistadas en grupo sobre os seus coñecementos sobre o delirium. As supervisoras e o persoal de enfermería veterano foron entrevistamos de forma individual. A maioría das enfermeiras coñecen a guía clínica do delirium do seu hospital pero a súa aplicabilidade é baixa pola súa complexidade. Existen barreiras relacionadas á identificación do delirium, tanto no seu coñecemento como nos instrumentos de detección. 3 28 ANEXO II - Táboa 6. Avaliación do risco de sesgo dos estudos incluídos SESGO DE SELECCIÓN SESGO DE REALIZACIÓN SESGO DE DETECCIÓN SESGO DE DESGASTE SESGO DE NOTIFICACIÓN Chitolina Eberle C et al9 (+) (+) (+) (+) (+) Helgesen AK et al10 (+) (+) (+) (+) (+) Liang S et al11 (+) (+) (+) (+) (+) Oliveira C et al12 (+) (+) (+) (?) (+) Torres Contreras C et al13 (+) (+) (+) (+) (+) Ševčíková B et al14 (+) (+) (?) (?) (+) Hoch J et al15 (+) (+) (+) (+) (+) Bergjan M et al16 (+) (+) (+) (+) (+) Højager A et al17 (+) (+) (+) (+) (+) Baptista I et al18 (+) (+) (+) (+) (+) Schmitt EM et al19 (+) (+) (+) (+) (+) Thomas N et al20 (+) (+) (+) (+) (+) Papaioannou M et al21 (?) (+) (?) (?) (+) Emme C et al22 (+) (+) (+) (+) (+) RISCO DE SESGO (–) ALTO (?) POUCO CLARO (+) BAIXO 29 ANEXO III - Táboa 7. Plan de coidados de enfermaría ante o Síndrome Confusional Agudo. NANDA NOC NIC ACTIVIDADES Necesidade 2: Comer e beber [00002] Desequilibrio nutricional: inferior ás necesidades corporais r/c trastorno mental m/p inxestión inferior as cantidades diarias recomendadas [1004] Estado nutricional [4130] Monitorización dos líquidos - Determinar a cantidade e tipo de inxestión de líquidos e hábitos de evacuación. - Monitorizar entradas e saídas. [1803] Axuda co autocoidado: alimentación - Identificar a dieta prescrita. - Asegurar a posición adecuada do paciente para facilitar a mastigación e deglutición. [0501] Eliminación intestinal [1804] Axuda co autocoidado: micción/defecación - Dispoñer de intimidade durante a eliminación. - Proporcionar dispositivos de axuda (catéter externo u ouriñal), segundo corresponda. Necesidade 3: Eliminación [00016] Deterioro da eliminación urinaria r/c deterioro sensitivomotor m/p incontinencia urinaria [0502] Continencia urinaria [590] Manexo da eliminación urinaria - Monitorizar a eliminación urinaria, incluíndo a frecuencia, consistencia, olor, volume e cor. - Observar se hai signos e síntomas de retención urinaria. Necesidade 5: Repouso/sono [00198] Trastorno do patrón do sono r/c entorno m/p ciclo sono – vixilia non reparador [0003] Descanso [1850] Mellorar o sono - Incluír o ciclo regular de sono/vixilia do paciente na planificación de coidados. - Axustar o ambiente (luz, ruído, temperatura, colchón e cama) para facilitar o sono. Necesidade 9: Evitar perigos / seguridade [000128 ] Confusión aguda r/c ingreso hospitalario m/p desorientación temporal i espacial [0912] Estado neurolóxico: consciencia [4720] Estimulación cognitiva - Orientar con respecto ao tempo, lugar e persoa. - Proporcionar unha estimulación sensorial planificada. [4760] Adestramento da memoria - Estimular a memoria do paciente mediante a repetición do último pensamento expresado polo paciente, si procede. - Recordar experiencias pasadas co paciente, segundo corresponda. [0901] Orientación cognitiva [4820] Orientación da realidade - Dirixirse ao paciente polo seu nome ao iniciar a interacción. - Falar ao paciente dunha forma clara, a un ritmo, volume e ton adecuados. 30 [00035] Risco de lesións r/c a alteración da conciencia [1912] Caídas [6490] Prevención de caídas - Identificar conductas e factores que afectan ao risco de caídas. - Colocar os obxectos ao alcance do paciente sen que teña que facer esforzos. [6486] Manexo ambiental: seguridade - Modificar o ambiente para minimizar os perigos e riscos. [0926] Nivel do delirio [6482] Manexo ambiental: confort - Evitar interrupcións innecesarias e permitir períodos de repouso. - Crear un ambiente tranquilo e de apoio [00061] Cansazo do rol do coidador(a) r/c aumento nas necesidades de coidados m/p receo sobre a habilidade futura para proporcionar coidados [1302] Afrontamento de problemas [5602] Ensinanza: proceso da enfermidade - Explicar a fisiopatoloxía da enfermidade e a súa relación coa anatomía e fisiopatoloxía, segundo cada caso. - Describir signos e síntomas comúns a enfermidade, segundo corresponda. [2609] Apoio familiar durante o tratamento [7170] Facilitar a presencia da familia - Obter o consenso do persoal para a presencia da familia e o momento de dita presencia. - Comunicar de maneira oportuna a información respecto ao estado actual do paciente. Necesidade 10: Comunicación [00279] Deterioro dos procesos do pensamento r/c confusión aguda m/p deterioro do xuízo [1403] Autocontrol do pensamento distorsionado [6510] Manexo das alucinacións - Axudar ao paciente a cambiar afirmacións persoais irracionais por outras racionais. - Axudar ao paciente a recoñecer a irracionalidade de certas crenzas comparándoas coa verdadeira realidade. [6440] Manexo das ideas delirantes - Dar ao paciente oportunidades de comentar os delirios cos coidadores. - Evitar discutir sobre as crenzas falsas. - Aclarar dúbidas con naturalidade. [00074] Afrontamento familiar comprometido r/c problemas cognitivos m/p preocupación [2200] Adaptación do coidador principal ao ingreso do paciente nun centro sanitario [7560] Facilitar as visitas - Determinar a necesidade de favorecer as visitas de familiares e amigos. - Comentar a compresión por parte da familia polo estado do paciente. [2202] Preparación do coidador familiar domiciliario [7040] Apoio ao coidador principal - Determinar a aceptación do coidador do seu papel. - Admitir as dificultades do rol do coidador principal. - Proporcionar axuda sanitaria de seguimento ao coidador mediante chamadas de teléfono e/ou coidados de enfermería comunitarios. [7370] Planificación para a alta - Identificar a compresión dos coñecementos e habilidades necesarios por parte do paciente e do coidador principal para poñer en práctica despois do alta.