scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Existir

Quinteiro Pulleiro, Belén

Full text

80 | EVOHÉ Existir. BELÉN QUINTEIRO PULLEIRO Para comezar, seméllame profundamente hilarante existir. É tan alleo que non podo comprender onde acabo eu e onde comezan os demais. E por iso, cecais, valoramos tanto as relacións persoais: ter amigos, parella, fillos… Porque non somos nós, somos a mediación de ese outro alleo —tan alleo coma eu—. Así, o alleo ten que estar preto para que eu exista —pero eu quero ser papel—. Si, Jung tiña razón ao explicar como se moldea a imaxe de cada individuo a través da personalidade que representa a nosa imaxe pública. As nosas imaxes púbicas. Pero de iso xa falaremos logo, agora falemos das imaxes privadas; porque onte era unha lectora e mañán fun unha escritora, pero nunca son Cortázar ou Althusser ou Charlie Parker. E aí mora a gran frustración, a verdadeira enfermidade mortal: non podemos ser un xenio. O xenio son os outros. E non vaias pensar: Cortázar ou Althusser ou Parker non eran xenios, eran homes bastante ordinarios; pero claro, fixeron as cousas ben, ou mal —estos calificativos non serven, en realidade—. Diferente, fixeron as cousas diferente, e convertíronse no que son mediados pola súa imaxe pública. Con isto podemos pensar que a imaxe pública se pode ter equivocado, que lles ofreceu unha etiqueta erróneamente. E cos cecais e os pode ser comeza o gran cataclismo da humanidade. Algúns dirán que é opinable, subxetivo, que hai que discutilo, que a capacidade crítica é para avaliar, non para coñecer. E caemos polo precipicio, pero nin sabemos que estamos a caer —porque para nós non existe--, e cremos que baixamos por un fermoso outeiro que nos levará a algún prístino paraxe onde todo será e non será, ou mellor aínda, será como nós queiramos que sexa. Mentira! Estamos no precipio, e eu quero suxeitarme a algunha rocha, e aférrome á ciencia e ás matemáticas; que non son o que o capitalismo nos pintou. Temos sensibilidade e imaxinación, pero tamén raciocinio. E podemos dubidar, EVOHÉ | 81 debatir e teorizar sobre o fermoso; mais sobre o real só podemos dubidar, debatir e teorizar. Non temos capacidade para coñecelo todo, pero o coñecemento está aí e existe e é real. Non poderemos comprender a totalidade, pero si algunha das partes. Se seguimos camiñando poderemos coñecer todo o camiño, pero se saímos del porque cremos que non existe só caeremos na banalidade e na barbarie e perderemos a razón e voltaremos ser animais e o eterno retorno do que falaba Nietzsche terá entón sentido. Pero voltemos a Cortázar, Althusser e Parker. Falabamos da imaxe pública e do que son ou poden ser. E eles si son, e podemos decilo obxetivamente. Ei! Aí está, esa é a frase que precisabamos: eles si son. Non son xenios, non son bos, non son malos, non son diferentes. Eles son. Son obxetivamente porque conseguiron transcender, inserirse nun concepto, existir para a eternidade, o infinito. Conseguiron a cadencia perfecta que me falta a min nas frases que constrúo; porque me falta unha cadencia, non o notas? Tería que dilatarse a frase con cada punto, esvaecerse, disiparse. Pero non me sae. Non quere saír. A miña frase simplemente se remata, e logo ven outra, que tamén se acaba; pero nada máis. Só se seguen e xa. Se polo menos ao rematar o meu solo comezase a tocar algún outro instrumento… Ai, lector, en realidade estamos a falar de persoas, e precisabamos falar de filósofos, de escritores, de músicos… Pero non. Non requirimos falar nin de filósofos, nin de escritores, nin de músicos —porque eso tamén son persoas—. Precisamos falar de filosofía, escritura e música. E estas tamén están mediadas pola imaxe pública e non só na súa recepción, senón tamén na súa creación. É coma nun café no que todos bebemos pola mesma taza. Porque todos bebemos pola mesma taza no café. A mesma taza que enxaboan e secan, pero que sempre é a mesma taza. E pasámonos a porcelana de un en un en silencio. E o silencio entúrbase e vóltase morno e inhálase, e pasámolo de dous en dous en ruído. Non sei se me estou a explicar, seguramente non, pero aí habita a beleza das palabras. Tes que entendelas ti. Eu douche un anaco, un trisco, un bocado e ti fas o resto. Ou elas. Elas tamén fan moito sen querer e querendo. En ocasións 82 | EVOHÉ queren máis do que pensamos, ás veces cobran vida, érguense e saen a bailar. Moven o esquelete nun antro no que todo o mundo baila sen bailar. Sabes? O mundo baila ó ritmo dunha melodía que só el escoita, pero ninguén entende. Porén, as palabras non. Elas están en silencio e bailan porque entenden. Bailan como consecuencia, porque xa cumpriron o seu papel. E o resto baila porque non o cumpriu, nin o vai facer. E non sei que máis contarche, e a verdade é que non che contei nada. Pero recorda, só recorda o máis importante. Se poideses desfacerte de todo coñecemento e recordar só unha cousa —gardala como ouro en pano e no teu peto— recorda esto. Recorda estas últimas palabras que son as únicas que nos salvarán da desesperación, do fracaso, do resentimento, da autodestrucción. Recorda esto que eu xa esquecín. © Eilún DEL PAZO; Sombras