Regulamento de Réxime Interno da Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Full text
Regulamento de Réxime Interno da Facultade de Administración e Dirección de Empresas 1 REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DA FACULTADE DE ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS (Aprobado pola Xunta de Facultade o 2 de novembro de 2006) (Ratificado polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela o 10 de novembro de 2006) TÍTULO PRELIMINAR ARTIGO 1. A Facultade de Administración e Dirección de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela é o centro encargado de xestionar, organizar e impartir no campus de Lugo os estudos conducentes á obtención dos títulos de primeiro e segundo ciclo relacionados coas ensinanzas empresariais. Sen prexuízo de que se poidan tamén impartir na Facultade outras ensinanzas como programas de doutoramento ou aqueles outros estudos de calquera nivel que se programen de acordo coa normativa vixente para estudos desta natureza. ARTIGO 2. A Facultade de Administración e Dirección de Empresas rexerase polo presente Regulamento para o cumprimento das funcións que ten atribuídas polaLOU, a súa lexislación de desenvolvemento e os Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (en adiante, USC). ARTIGO 3. A súa xestión estará ordenada polo principio de prevalencia dos órganos colexiados sobre os unipersoais, do respecto ás minorías e da participación libre e igual de todos os seus membros, na forma disposta no presente regulamento Os labores de administración, docencia e investigación orientaranse polos principios contidos no código ético da Facultade, que será aprobado pola Xunta de Facultade ARTIGO 4. Na Facultade de Administración e Dirección de Empresas a lingua galega é de uso oficial. Tamén é oficial o castelán como lingua oficial do Estado. A Facultade debe promover o estudo e mais a utilización da lingua galega como expresión cultural relevante do contorno social no que se asenta, sen que en ningún caso caiba facer discriminacións por esta razón, tendo en conta o dereito de tódolos membros da comunidade universitaria a expresarse en calquera delas. TÍTULO PRIMEIRO: DOS ÓRGANOS DE GOBERNO DA FACULTADE Capítulo I: "Dos órganos de goberno da Facultade". ARTIGO 5. Son órganos de goberno da Facultade: 1. A Xunta de Facultade.
Regulamento de Réxime Interno da Facultade de Administración e Dirección de Empresas 2 2 O/A Decano/a. 3 O/A Vicedecano/a ou vicedecanos/as 4 O/A Secretario/a. Capítulo II: "Da Xunta de Facultade". ARTIGO 6. A Xunta de Facultade é o órgano colexiado de goberno do centro, aproba as liñas xerais de actuación no ámbito da Facultade e supervisa o labor dos órganos de dirección e xestión. ARTIGO 7. Son competencias da Xunta de Facultade: a) A elección do/a decano/a e, de ser o caso, a súa remoción. b) A elaboración e a aprobación do seu regulamento de réxime interno. c) A supervisión da xestión dos restantes órganos de goberno e de administración do centro. d) A elaboración e a aprobación dos proxectos de plans de estudos das titulacións adscritas no centro, consonte a lexislación vixente e as normas xerais emanadas do Claustro Universitario. e) A aprobación das liñas xerais da política académica do centro e, entre elas, a proposta e implantación de novas titulacións, de creación de escolas de especialización profesional dependentes do centro e de organización de cursos ou estudos de posgrao. f) A organización dos servizos docentes para a obtención dos títulos académicos do seu ámbito, así como a coordinación e a supervisión da actividade docente do profesorado con docencia no centro, e igualmente a supervisión do seu cumprimento. g) A programación dos servizos e equipamentos do centro e a supervisión da súa xestión. h) A distribución das asignacións orzamentarias concedidas ao centro e o control da súa aplicación. i) O informe verbo das propostas de creación, modificación ou supresión de departamentos relacionados co centro pola súa docencia e investigación. j) A organización de actividades de formación permanente e de extensión. k) A manifestación da súa opinión verbo de calquera asunto relacionado co centro ou coas súas actividades. l) Calquera outra competencia que lle atribúan os Estatutos da USC. ARTIGO 8. 1. A Xunta de Facultade estará composta por: a) O/A decano/a, que a presidirá e convocará b) O/A Vicedecano/a ou vicedecanos/as c) O/A Secretario/a, que o será tamén da Xunta d) O seguinte persoal docente e investigador en formación e perfeccionamento con docencia no centro e censado nel; ou o non censado, que teña neste un encargo de docencia igual ou superior a 9 créditos, cos seguintes criterios: d.1) Todo o persoal funcionario docente, que representará o 51%.
Regulamento de Réxime Interno da Facultade de Administración e Dirección de Empresas 3 d.2) O resto do persoal docente a tempo completo, que representará o 9% do total da Xunta. d.3) O persoal docente e investigador a tempo parcial, que representará o 5%. No caso de non haber candidatos suficientes no subsector de profesores a tempo parcial, os postos sobrantes pasarán a engadirse ao sector de persoal non funcionario a tempo completo. e) Unha representación do estudantado do 30%. O 25 % serán alumnos de primeiro e segundo ciclo e o 5% alumnos de terceiro ciclo. No caso de non haber candidatos suficientes no subsector de terceiro ciclo, os postos vacantes pasarán a engadirse á representación do subsector de estudantes de primeiro e segundo ciclo. f) Unha representación do persoal de administración e servizos censados no centro, nunha proporción do 5% do total da Xunta, cun mínimo de dous. 2. Tamén poderá ser convocado para a Xunta de Facultade, con voz pero sen voto todo o persoal docente e investigador que imparta docencia no centro e non sexa membro dela, sempre que o solicite. 3. Todos os representantes elixidos serano por dous anos, agás os estudantes que o serán por un ano. En calquera caso, a condición de membro da Xunta perderase ao cesar a vinculación académica ou administrativa co centro ou ao deixar de cumprir os requisitos demandados ao sector polo que se foi elixido. ARTIGO 9. A Xunta de Facultade desenvolverá as súas funcións en Pleno, sen prexuízo da existencia de comisións delegadas. ARTIGO 10. O Pleno da Xunta de Facultade está formado por todos os seus membros. A Mesa da Xunta estará integrada polo Decano/a, que presidirá as sesións, moderará o desenvolvemento dos debates e susperaos por causas xustificadas; o Vicedecano/a ou vicedecanos/as e o/a Secretario/a, que o será da Xunta. ARTIGO 11. 1. O Pleno da Xunta de Facultade reunirase con carácter ordinario e extraordinario. 2. As reunións ordinarias faranse por iniciativa do/a Decano/a, e terán lugar polo menos unha vez ao trimestre en período lectivo. 3. As reunións con carácter extraordinario faranse por iniciativa do/a Decano/a, ou polo menos dun terzo dos membros da Xunta de Facultade, ou por acordo maioritario dunha comisión do centro. Producida a solicitude, que deberá incluír os asuntos a tratar, a Xunta de Facultade deberá convocarse no prazo máis breve posible e sempre dentro dos dez días lectivos seguintes ao pedimento. 4. As Xuntas de Facultade convocaranse preferentemente en períodos lectivos, en datas que non coincidan con convocatorias oficiais de exame nin con procesos electorais universitarios. ARTIGO 12 Na convocatoria da Xunta de Facultade deberá constar a orde do día, data, hora e lugar de reunión.
Regulamento de Réxime Interno da Facultade de Administración e Dirección de Empresas 4 A convocatoria deberá ser entregada aos membros da Xunta, por correo interno ou electrónico, cunha antelación de polo menos setenta e dúas horas correspondentes a días hábiles, excepto no caso de Xunta Extraordinaria, que será con corenta e oito horas de anticipación. ARTIGO 13. 1. O Pleno entenderase constituído en primeira convocatoria cando concorran a maioría absoluta dos seus membros; en segunda convocatoria (media hora despois) cando o número de membros presentes sexa polo menos do 20% do total. Deberán estar presentes o Presidente e o Secretario ou quen legalmente os substitúan. Nos supostos de ausencia accidental do decano/a, será substituído polo Vicedecano/a, ou polo profesor de maior xerarquía e máis antiguidade. O Secretario será substituido polo Vicedecano/a ou polo profesor máis novo da xunta. 2. Non poderá ser obxecto de deliberación ou acordo ningún asunto que non figure incluído na orde do día. ARTIGO 14. 1. Os acordos adoptaranse polo maior número de votos a favor dunha determinada proposta, salvo o disposto expresamente neste Regulamento para a moción de censura e a reforma do propio Regulamento. 2. As votacións poden ser: a) Por asentimento, coa proposta do/da Decano/a ou da Mesa. b) Públicas a man alzada. c) Secretas, cando afecte a persoas concretas, ou o solicite calquera dos asistentes. 3. Só se admite o voto dos membros presentes no momento de efectuarse unha votación. 4. Os acordos da Xunta de Facultade serán publicados no sitio web, nos tres días hábiles seguintes á celebración da mesmo. Capítulo III: "Dos órganos unipersoais” ARTIGO 15. 1. O/A Decano/a representa a Facultade, exerce a súa dirección e xestión ordinaria, preside e coordina a actuación dos seus órganos colexiados e executa os seus acordos. 2. A Xunta de Facultade elixirá o decano/a de entre os profesores doutores pertencentes a corpos docentes universitarios censados no centro. ARTIGO 16. 1. Son competencias do Decano/a: a) A representación da Facultade ou escola . b) A presidencia das reunións da Xunta de Facultade e a de calquera outro órgano colexiado dela, así como a execución dos seus acordos. c) A vixilancia do cumprimento da legalidade en todas as actuacións da facultade. d) A dirección da política académica da Facultade.
Regulamento de Réxime Interno da Facultade de Administración e Dirección de Empresas 5 e) A proposta ao reitor do nomeamento e cesamento do Secretario de Facultade e de Vicedecanos, dentro do límite que sinale o Consello de Goberno. f) A vixilancia do respecto dos dereitos e do cumprimento dos deberes de todos os membros da comunidade universitaria que desenvolven o seu labor no centro. g) O control do cumprimento das obrigas docentes e discentes. h) O control do axeitado mantemento do patrimonio do centro. i) O exercicio das restantes funcións que se deriven do seu cargo, así como aqueloutras que lle sinalen este regulamento ou a lexislación universitaria. 2. As competencias do Decano/a estenderanse a todos os asuntos concernentes ao goberno e á administración da Facultade, de non seren atribuídas a outros órganos. ARTIGO 17. 1. O/A Vicedecano/a ou vicedecanos/as serán nomeados polo Reitor a proposta do Decano/a, de entre os membros da comunidade universitaria da Facultade que reúnan os seguintes requisitos: o profesorado deberá estar acollido ao réxime de dedicación a tempo completo; o estudantado deberá estar matriculado na modalidade de matrícula ordinaria e o persoal de administración e servizos deberá ter como único emprego o que desenvolva na Universidade de Santiago de Compostela. 2. É labor do Vicedecano/a ou vicedecanos/as coordinar ou dirixir, baixo a autoridade do Decano/a, a área ou áreas de competencias que este lle asigne. 3. O/A Vicedecano/a ou vicedecanos/as cesará no seu cargo por petición propia, ou por decisión do Reitor, logo de proposta do Decano/a. ARTIGO 18. 1. O/A Secretario/a da Facultade é quen dá fe dos actos e acordos dos órganos de goberno, representación e administración do centro e, como tal, ten encomendada a custodia dos libros de actas e a expedición das certificacións dos acordos e de todos os actos ou feitos que consten nos documentos oficiais do centro. Ademais, exercerá aqueloutras funcións que lle encomende o Decano/a ou que lle encomende a lexislación vixente. 2. O/A Secretario/a será nomeado polo Reitor, a proposta do Decano/a, de entre os profesores ou funcionarios dos grupos A ou B censados no centro. 3. O/A secretario/a cesará por petición propia, ou por decisión do Reitor, tras a proposta do Decano/a. Capítulo IV: "Das comisións da Xunta de Facultade". ARTIGO 19. 1. No presente Regulamento establécense as seguintes comisións estables: a) Comisión de Docencia e Calidade. b) Comisión de Relacións Exteriores. c) Comisión de Asuntos Económicos. d) Comisión de Biblioteca. e) Comisión de Cultura e Deporte. f) Comisión de Normalización Lingüística.
Regulamento de Réxime Interno da Facultade de Administración e Dirección de Empresas 6 ARTIGO 20. 1. A Xunta de Facultade poderá crear outras comisións para todos os asuntos que considere pertinentes e, cando proceda, suprimilas. 2. A composición destas comisións e as súas competenciasestableceranse polo Pleno da Xunta de Facultade. ARTIGO 21 1. Os membros das comisións teñen que ser membros da Xunta de Facultade 2. A elección dos membros das comisións realizarana os membros de cada sector que o sexan tamén da Xunta. 3. Os membros das comisións renovaranse cada dous anos agás os estudantes que o farán anualmente despois de cada elección dos seus representantes na Xunta de Facultade. 4. Os membros das comisións cesarán no momento en que perdan a súa condición de membros do sector da Xunta de Facultade polo que foron elixidos. Tamén poden cesar por petición propia. En ambos os casos, ocuparán os postos vacantes os seguintes na lista de candidatos presentados no seu momento á elección. De non existir, procederase á elección do substituto dentro do sector correspondente na seguinte Xunta de Facultade que se celebre. ARTIGO 22 1. A convocatoria das comisións correspóndelle ao seu presidente por iniciativa propia ou por pedimento dun terzo dos seus membros, e notificarase cunha antelación de polo menos 48 horas, agás en casos de urxencia. 2. Consideraranse constituídas cando concorran as mesmas circunstancias que se indican no artigo 13 do presente Regulamento e tomarán as súas decisións por maioría. ARTIGO 23. As comisións estables, coa excepción da Comisión de Biblioteca, estarán formadas por: a) O/A Decano/a, que a presidirá e convocará. b) O/ Vicedecano/a ou Vicedecanos/as. c) O/A Secretario/a, que o será tamén da mesmo. d) Seis representantes do profesorado. e) Tres representantes do estudantado. f) Un representante do persoal de administración e servizos. ARTIGO 24. As comisións desenvolverán os criterios de funcionamento e as liñas xerais de actuación para os asuntos do seu ámbito de competencias, que deberán ser aprobados en Xunta de Facultade. ARTIGO 25. Son funcións da Comisión de Docencia e Calidade: 1. Desenvolver os criterios de funcionamento para as cuestións docentes, que serán aprobadas en Xunta de Facultade. 2. A aprobación dos programas das materias, horarios de clase e exames. 3. A proposta e supervisión do desenvolvemento de accións de mellora da calidade docente. 4. Coñecer, informar e, se é do caso, resolver, sobre calquera conflito que puidera xurdir no desenvolvemento da docencia.
Regulamento de Réxime Interno da Facultade de Administración e Dirección de Empresas 7 5. Propoñer e tramitar as validacións ou adaptacións de estudos. 6. Resolver as peticións de cambio de grupo. 7. Resolver sobre as peticións de dispensa de asistencia a clases. 8. A adopción de acordos de carácter urxente, relacionados coa docencia, cando algún motivo extraordinario impedira a celebración da Xunta de Facultade ou non puideran tomarse por falta de quórum. 9. Desempeñar calquera outra función relacionada coa docencia que sexa competencia do Pleno da Xunta de Facultade e que esta delegue nela. ARTIGO 26. A Comisión de Relacións Exteriores terá as seguintes funcións: 1. Establecer as liñas xerais de relacións do centro coas entidades empresariais e sociais da cidade. 2. Propoñer o establecemento de centros españois e estranxeiros para intercambio de alumnos do centro. 3. Supervisar a selección das solicitudes de alumnos para cursar estudos en centros con convenios de intercambio asinados coa Facultade. 4. Propoñer accións para a mellora do coñecemento e significación do centro na cidade de Lugo. 5. Potenciar as relacións cos outros centros do campus. 6. Facer unha memoria anual da Facultade. 7. Desempeñar calquera outra función relacionada coas relacións exteriores que sexa competencia do Pleno da Xunta de Facultade e que esta delegue nela. ARTIGO 27. A Comisión de Normalización Lingüística terá as seguintes funcións: 1. Elaborar un plan de normalización lingüística para o centro e coordinar todos os seus esforzos cos dos outros centros, así como co Servizo de Normalización Lingüística da Universidade. 2. Encamiñar o interese dos membros do centro sobre calquera aspecto relacionado coa normalización lingüística 3. Publicitar e distribuír no centro os recursos que ofrece a Universidade, así como a súa propia existencia e as súas actividades 4. Desempeñar calquera outra función relacionada coa normalización lingüística que sexa competencia do Pleno da Xunta de Facultade e que esta delegue nela. ARTIGO 28. A Comisión de Cultura e Deporte desenvolverá as seguintes funcións: 1. Estudar e facer propostas daquelas actividades de carácter extracurricular que sexan de interese para o conxunto dos membros da Facultade. 2. Facer propostas verbo do reparto e xestionar a partida orzamentaria anual de extensión universitaria da Facultade. 3. Desempeñar calquera outra función relacionada coa cultura e o deporte que sexa competencia do Pleno da Xunta de Facultade e que esta delegue nela. ARTIGO 29.
Regulamento de Réxime Interno da Facultade de Administración e Dirección de Empresas 8 A Comisión de Asuntos Económicos terá as seguintes competencias: 1. Correspóndelle á comisión de asuntos económicos todo o relacionado coa elaboración e desenvolvemento das previsións orzamentarias, que serán executadas trala aprobación das mesmas en Xunta de Facultade. 2. Informar sobre a proposta anual de criterios de distribución de créditos do centro. 3. Informar o proxecto anual de orzamento elaborado polo equipo decanal antes do seu debate no Pleno da Xunta de Facultade. 4. Propor a dotación de medios que cubran as necesidades do persoal de administración e servizos. 5. Coñecer e informar no primeiro semestre do ano sobre a memoria económica da anualidade anterior. 6. Facer o seguimento do estado do edificio e facer proposicións sobre a súa conservación, reparación e mellora. 7. Facer o seguimento dos acordos orzamentarios adoptados no Pleno. 8. Desempeñar calquera outra función relacionada cos asuntos económicos que sexa competencia do Pleno da Xunta de Facultade e que esta delegue nela. ARTIGO 30. 1. A Comisión de Biblioteca estará formada por: a) O/a decano/a, ou persona na que delegue, que actuará como Presidente. b) O/A director/a da Biblioteca Intercentros do campus de Lugo c) Profesores/as, dos departamentos que impartan docencia no Centro, da forma que determine a xunta do centro e sempre que formen parte da mesma. d) Un representante, no seu caso, da Biblioteca do Instituto ou Servicios universitario adscrito. e) Respresentantes do alumnado nunha proporción do 30% dos membros da comisión. Estes representantes serán elixidos entre o alumnado que forme parte da xunta de centros, dos que un 20% serán do primeiro e segundo ciclo, o 10% bolseiros/as e alumnos/as do terceiro ciclo. 2. Será función da Comisión de Biblioteca aprobar a política de actuación respecto das coleccións e distribuír o presuposto no ámbito da súa competencia, de acordo coas liñas xerais emanadas da Comisión da Biblioteca Universitaria. 3. Desempeñar calquera outra función relacionada coa biblioteca que sexa competencia do Pleno da Xunta de Facultade e que esta delegue nela. 4 Serán funcións da comisión de biblioteca as recollidas no artigo 12 do regulamento da Biblioteca Universitaria. TÍTULO SEGUNDO: DA ELECCIÓN E DO MANDATO DO/A DECANO/A Capítulo I: "Da elección do/a decano/a". ARTIGO 31 1. O/A decano/a será elixido pola Xunta de Facultade convocada para tal efecto, segundo o procedemento indicado no título III do Regulamento Electoral Xeral da USC ARTIGO 32. 1. A convocatoria para a elección de decano deberá indicar polo menos as seguintes datas e prazos:
Regulamento de Réxime Interno da Facultade de Administración e Dirección de Empresas 9 a) Prazo de presentación de candidaturas, que non será inferior a sete días hábiles nin superior a quince. b) Proclamación provisional de candidatos. c) Prazo de reclamacións contra a proclamación provisional de candidatos, que non será inferior a tres días hábiles. d) Proclamación definitiva de candidatos. e) Data, lugar e hora da reunión do órgano colexiado no que se efectuará a votación. f) Data e lugar da reunión do órgano colexiado na que se procederá á segunda volta da votación, cando sexa necesaria. A segunda volta pode ter lugar na mesma reunión que a primeira, e nunca máis tarde que tres días despois desta. 2. As eleccións convocaraas o titular do cargo unipersoal, coa debida antelación para que teñan lugar antes do termo do seu mandato, e en calquera caso como mínimo un mes antes deste. No caso de incumprimento do devandito deber, as eleccións serán convocadas polo Reitor. Se o titular do cargo cesase por causa distinta da expiración do seu mandato, as eleccións serán convocadas por quen o substitúa, nos vinte días seguintes ao devandito cesamento. 3. A reunión do órgano colexiado ao que corresponda a elección na que se procederá á votación non poderá ser convocada para antes de que pasen tres días hábiles despois de pechado o prazo de presentación de candidaturas nin para despois de corenta e cinco días naturais dende a data de saída da convocatoria. 4. Se convocada a elección a decano, non se presentara ningún candidato, ou se, concluído o proceso electoral, ninguén resultara elixido, o Reitor resolverá, con carácter xeral, a continuidade en funcións do anterior titular, que deberá convocar novas eleccións no prazo máximo de tres meses. ARTIGO 33. 1. A presidencia da sesión do órgano na que teñan lugar as votacións corresponderá ao seu titular en funcións. No caso de que este presente a súa candidatura a decano, sería substituído na presidencia por un vicedecano. 2. No caso de que o secretario presentara a súa candidatura actuará como secretario accidental o membro do órgano de menor idade que reúna as condicións requiridas nos estatutos para o desempeño do cargo. 3. Antes de cada unha das votacións ás que fai referencia o presente Regulamento, os candidatos poderán expoñer o seu programa. a) Cada candidato disporá dun prazo máximo de 30 minutos para expoñer o seu programa b) Tralas exposicións abrirase un debate no que os candidatos responderán preguntas e suxestións que lle fagan os membros do pleno durante un prazo de 60 minutos. c) Rematado o debate procederase á votación. d) A orde de actuación dos candidatos será sorteada pola Mesa. ARTIGO 34. 1. A votación realizarase do xeito que determine o presidente do órgano colexiado elector, e en todo caso garantindo o secreto do voto e a seguridade do resultado. Cada elector poderá dar o seu voto a favor dun único candidato, votar en branco ou absterse. O voto poderá expresarse cunha cruz á beira do nome do candidato ou doutro xeito inequívoco. 2. Nos procesos electorais nos que sexa preciso ter en conta os votos negativos ademais dos positivos, a votación terá lugar por medio de papeletas nas que constará o nome dos candidatos