A España Viva: o xermo nacionalcatólico e xenófobo no discurso de Vox
Abstract
[GLG] A irrupción de Vox na vida política española prantexa unha serie de retos que, para ser correctamente resoltos, piden coñecer mellor a natureza de Vox. Neste traballo explórase a dimensión nativista, composta por unha combinación de nacionalismo e a xenofobia, presente no seu discurso, a través da perspectiva que nos ofrece a Análise Crítica do Discurso (ACD). Ao mesmo tempo se lanza a hipótese de que, dentro do seu discurso, podemos atopar unha concepción de España herdeira das teses prantexadas polo nacionalismo español decimonónico ou Nacionalcatolicismo.
Full text
Universidade de Santiago de Compostela Facultade de Ciencias Políticas e Sociais Mestrado en Márketing, Consultoría e Comunicación Política Traballo Fin de Mestrado: A España Viva: o xermo nacionalcatólico e xenófobo no discurso de Vox La España Viva: el germen nacionalcatólico y xenófobo en el discurso de Vox España Viva: the nationalcatholic and xenophobic germ in Vox´s speech José Javier Vázquez Ramos Titor do TFM: Alba Alonso Álvarez Xullo do 2021
Resumos: A irrupción de Vox na vida política española prantexa unha serie de retos que, para ser correctamente resoltos, piden coñecer mellor a natureza de Vox. Neste traballo explórase a dimensión nativista, composta por unha combinación de nacionalismo e a xenofobia, presente no seu discurso, a través da perspectiva que nos ofrece a Análise Crítica do Discurso (ACD). Ao mesmo tempo se lanza a hipótese de que, dentro do seu discurso, podemos atopar unha concepción de España herdeira das teses prantexadas polo nacionalismo español decimonónico ou Nacionalcatolicismo. Palabras clave: Vox, nativismo, nacionalismo, xenofobia, ACD, Nacionalcatolicismo La irrupción de Vox en la vida política española plantea una serie de retos que, para ser correctamente resueltos, piden conocer mejor la naturaleza de Vox. En este trabajo se explora la dimensión nativista, compuesta por una combinación de nacionalismo y xenofobia, presente en su discurso, a través de la perspectiva que nos ofrece el Análisis Crítico del Discurso (ACD). Al mismo tiempo se plantea la hipótesis de que, dentro de su discurso, podemos encontrar una concepción de España heredera de las tesis planteadas por el nacionalismo español decimonónico o Nacionalcatolicismo. Palabras clave: Vox, nativismo, nacionalismo, xenofobia, ACD, Nacionalcatolicismo The emergence of Vox in spanish political life poses a series of challenges that, to be correctly resolved, require a better understanding of the nature of Vox. This work explores the nativist dimension, composed of a combination of nationalism and xenophobia, present in his speech, through the perspective offered by Critical Página de 256
Discourse Analysis (ACD). At the same time is raised a hypothesis that, within his speech, we can find a conception of Spain inheriting the theses raised by nineteenthcentury spanish nationalism or Nationalcatholicism. Keywords: Vox, nativism, nationalism, xenophobia, ACD, Nationalcatholicism Página de 356
Índice xeral I. Introdución………………………………………………………………………………5 II. Metodoloxía……………………………………………………………………………..6 III. Marco teórico…………………………………………………………………………..10 IV. Análise empírica e desenvolvemento……………………………………………….32 V. Conclusións……………………………………………………………………………48 VI. Referencias…………………………………………………………………………….51 VII.Anexos………………………………………………………………………………….54 Página de 456
IIntrodución Coa irrupción de Vox nas eleccións autonómicas andaluzas do 2019 España entraba a formar parte dos países europeos afectados polo ascenso da extrema dereita, a cal lograría dous éxitos electorales máis nas eleccións xerais do 2019 chegando a obter, nas eleccións do 10 de novembro, 52 deputados que a convertirían na terceira forza política do Estado. A entrada desta formación en España prantexa unha serie de retos xa que, como acontece noutras formacións similares nos países veciños, esta conta cunha serie de mensaxes e propostas que atentan contra as bases da democracia liberal. Nesta liña é sumamente importante entender a natureza destas formacións que, como é lóxico, varía dun país a outro. Á hora de estudar o caso de Vox o noso interese vai xirar entorno a súa faceta nativista a cal é, como sinalan numerosos autores (Mudde, 2021; Betz, 1994,2007;Carter, 2017; Ignazi, 2003) un dos principales elementos, e o máis controvertido, que compoñen o núcleo ideolóxico da extrema dereita. O nativismo está conformado por unha combinación de nacionalismo e xenofobia, polo que estas dúas dimensións van ser as que centren o noso traballo de investigación. Concretamente o noso obxetivo pasa por identificar como se manifestan ambas dimensións na liña discursiva do partido verde, a través do emprego da Análise Crítica do Discurso a cal nos ofrece unha perspectiva crítica dende a que podemos analizar o discurso de odio exhibido por Vox. Nesta liña o presente traballo tamén prantexa unha hipótese que pode ser interesante á hora de comprender a natureza do partido liderado por Abascal, a cal prantexa que, a dimensión nacionalista do partido, está profundamente influenciada polas teses do nacionalismo español decimonónico o cal, según algúns autores (Botti, 2005; Salazar, 2009), pode enmarcarse baixo o termo de Nacionalcatolicismo tal e como se explicará no apartado IV deste traballo. Página de 556
Esta hipótese pode ser fundamental á hora de entender o desenvolvemento da extrema dereita en España, xa que estamos ante un legado ideolóxico conductor que se remontaría ao desastre do 98, cando unha serie de autores prantexaron unha visión de España que inda pervive nos nosos días no discurso de partidos como Vox, discurso que nos últimos meses está a ser adoptado nalgúns puntos por outros partidos da parte dereita do espazo político nun clima de normalización da extrema dereita, non só en España, tamén no resto de Europa. (Mudde, 2021) IIMetodoloxía O presente traballo ten por obxetivo dar resposta, dende unha aproximación cualitativa baseada no emprego da denominada Análise Crítica do Discurso (ACD), a unha serie de cuestións entorno á natureza do compoñente nativista no discurso de Vox, a saber: -Como se manifesta a dimensión nacionalista? -Presenta esta dimensión unha conexión co nacionalismo español decimonónico? -Como se articula a dimensión xenófoba? Estas cuestións só teñen sentido se entemos que Vox é, tal e como sinalamos no noso marco teórico, un partido enmarcado dentro da familia da extrema dereita dentro da cal o nacionalismo e a xenofobia ocupan un lugar fundamental, ao ser estas dimensións as bases do compoñente nativista desta familia de partidos. En relación ao método empregado, o ACD, podemos definilo empregando as mesmas palabras de Van Dijk (2017, p. 204): Página de 656
A Análise Crítica do Discurso (ACD) é un tipo de investigación que se centra na análise discursiva e estuda, principalmente, a forma no que abuso do poder e a desigualdade social se representan, reproducen, lexitiman e resisten no texto e na fala en contextos sociais e políticos. Con este investigación disidente, os analistas críticos do discurso toman unha posición explícita e, desa maneira, buscan entender, expor e, fundamentalmente, desafiar o abuso do poder e a desigualdade social. Esta é tamén a razón pola cal o ACD pode ser caracterizado coma un movemento social de analistas discursivos políticamente comprometidos. 1 A segunda parte do fragmento anterior é fundamental dentro desta investigación xa que, ao igual que outros moitos estudosos da extrema dereita, existe unha vontade “combativa” fronte ao avance destes partidos. O avance dos estudos entorno ao auxe da extrema dereita é, en si mesmo, un acto de defensa das liberdades sobre as que supostamente se asentan as nosas sociedades. Nesta liña, o ACD é unha “actitude” (íbidem) fronte a ameaza que representan certos discursos para as liberdades das nosas sociedades. Todos estes apuntamentos nos levan á conclusión de que o ACD non presenta un método concreto a través do cal podamos realizar unha análise discursiva, senón que se trata dunha perspectiva aberta ao emprego de numerosos métodos procedentes de diversas áreas dentro do mundo das humanidades e as ciencias sociales. Para a nosa investigación, e tendo en conta que as preguntas previamente formuladas se centran no aspecto ideolóxico do discurso de Vox, concretamente na análise do compoñente nativista, optaremos por unha análise dos principales conceptos que son empregados por Vox Tradución propia 1 Página de 756
nos seus discursos para ver se, por unha banda, estes conectan co nacionalismo español decimonónico e, pola outra, para ver como articulan a súa xenofobia. Na nosa análise empírica imos a analizar cinco discursos, a saber: -O primeiro Vistalegre (2018) -O segundo Vistalegre (2019) -O terceiro Vistalegre (2020) -A moción de censura presentada por Vox contra Pedro Sánchez (2021) -O peche de campaña das eleccións autonómicas de Madrid (2021) Se ben na maioría dos discursos previamente sinalados podemos atopar máis dunha voz, para a nosa investigación, imos a centrarnos nas intervencións de Santiago Abascal. Esta decisión resposta a que a súa figura é central, por non dicir a dominante, dentro do partido verde e a que máis atención capta entre a audiencia e os medios de comunicación. A nosa análise empírica parte da hipótese de que, o nativismo en Vox, está composto por dúas dimensións fundamentales: 1. O nacionalismo, que seguindo a nosa hipótese sería unha adaptación do nacionalismo español decimonónico e de principios do século XX ao contexto social e político actual. 2. A xenofobia, a cal está dotada dun compoñente antiislámico, presente en todolos partidos de extrema dereita en Europa, pero que no caso español adquire, seguindo a nosa hipótese, unha connotación especial derivada da influencia do nacionalismo de raíz nacionalcatólica. Para realizar a nosa análise, imos coller cada un dos textos antes mencionados e imos explorar en cada un deles a dimensión nacionalista e a dimensión xenófoba a través das Página de 856
preguntas previamente sinaladas, e ao mesmo tempo imos analizar se nesas dimensións existe unha conexión co nacionalismo español para así comprobar se a nosa hipótese é correcta ou non. Para esta tarefa, en cada dimensión sinalamos as citas máis representativas para a continuación explicar o trasfondo ideolóxico ao que remiten. Neste sentido, estamos a pechar, seguindo a argumentación de Van Dijk (2017), a brecha entre un nivel micro (as citas, o que se di no texto) e o nivel macro (as ideoloxías e temas dominantes na liña discursiva de Vox). A relación entre ambos niveles de análise queda ben reflexada no seguinte exemplo (íbidem, p. 206): Na interación e na experiencia cotiá, os niveles micro e macro (e os “mesoniveles” intermedios) constitúen un todo unificado. Por exemplo, un discurso racista no parlamento é un discurso ubicado no micro nivel interacional da estrutura social, nunha situación específica do debate, pero, ao mesmo tempo, podería representar ou ser parte constituinte da lexislación ou a reprodución do racismo a nivel macro. 2 En conclusión, na nosa análise empírica partimos dun nivel micro baseado na identificación das citas máis destacadas dentro do discurso, para pasar a un nivel macro onde identificamos e definimos, a través da análise conceptual, as ideoloxías detrás do discurso de Vox. As fichas técnicas dos discursos analizados atópanse no apartado de Anexos como táboas (concretamente son as cinco primeiras táboas do traballo), xunto cos elementos máis destacados atopados en cada unha das dimensións de análise, os cales serán analizadas en profundidade no apartado de Desenvolvemento. Tradución propia 2 Página de 956
autor, xa que “o obxetivo máximo da dereita radical populista é a instauración dunha etnocracia, é dicir, unha democracia na que a cidadanía está baseada na etnia ” (p. 49). Neste 13 sentido, destacan as actitudes antisemitas e islamófobas destes partidos pero, tal e como sinala Betz (2007), nos últimos anos este nativismo voltouse exclusivamente islamófobo (polo menos en apariencia), como aconteceu no caso do Vlaams Blok belga cando o seu líder, Filip Dewinter, apuntou co seu discurso xenófobo cara a comunidade islámica belga coa intención de gañarse o voto das comunidades xudeas a través dunha “exclusión selectiva” (p. 106). Pasando agora ao autoritarismo, este é definido como a defensa dun modelo social xerárquico no que o incumprimento das leis é castigado duramente. É dicir, estamos ante un modelo social punitivista no que conceptos como o de “reinserción” non teñen razón de ser xa que a solución a calquera incumprimento da lei ou perturbación da paz social pasa por aplicar unha resposta “dura”. Sen embargo, o autoritarismo por si mesmo non é un ataque á democracia polo que “asentar sobre esta base a idea da dereita radical convírtese nun argumento débil, porque segue deixando no nativismo a verdadeira base antidemocrática da dereita radical, e de aí a súa posición extrema ” (Jaráiz, Rivera, Castro; 2021:63). 14 Finalmente, Mudde refírese ao populismo en termos de “ideoloxía tenue” que divide á sociedade en dous grupos enfrontados, sendo un deles o pobo puro e o outro a élite acusada de corrupta e traidora. É importante sinalar que esta idea non é compartida por moitos autores, como sucede no caso de Taguieff (2007) quen renega do populismo como ideoloxía: Tradución propia 13 Tradución propia 14 Página de 16 56
A decir verdade, non existe ideoloxía populista, só hai síntese entre as protestas populistas e tal e cal construción ideolóxica: o populismo constitúe un estilo político fundamentado na apelación ao pobo, así como no culto e a defensa do pobo, sendo compatible en principio con todas as grandes ideoloxías políticas (p. 45). 15 Este non é o único problema do concepto populista empregado por Mudde (2021) na súa definición da “dereita radical populista”, xa que o populismo exhibido por estes partidos non pode ser entendido sen o compoñente nativista. O debate entorno a cal dos dous termos é o máis correcto á hora de referirse a esta familia de partidos, queda clarificado na seguinte afirmación lanzada por Jaráiz et al: O problema de Mudde reside en acertar a describir se o nativismo é un tema máis da dereita radical populista, ou é, como a todas luces semella, o mainstreaming actual destas organizacións que na súa propia evolución adaptan elementos orixinarios dos fascismos (nacionalismo, autoridade, pobo) aos temas sociais do momento, e atopan na inmigración un fenómeno de dimensións tales que pode vehicular esta lectura nativista. Porque de tratarse desto último, e se funcionase como un tema que transversaliza todolos outros temas e políticas públicas, atoparíamonos na disiuntiva de estar chamando “dereita radical” a un momento da extrema dereita focalizado no nativismo; e eiquí a lectura de se o nativismo é ou non antidemocrático cobre unha importancia que en Mudde non está o suficientemente solventada. Non basta Tradución propia 15 Página de 17 56
con dicir que non é antidemocrático pero poidera selo, porque cando o é, toda a arquitectura terminolóxica da “dereita radical populista” desplómase e volta a ser mera “extrema dereita” (p. 65). 16 Ideoloxía e temas principais A día de hoxe o nativismo é a peza fundamental da extrema dereita, a vertebra ideolóxicamente e é un elemento constante nos seus discursos, dando lugar a un dos dous tipos de populismo político identificados por Taguieff (2007), o populismo identitario, sendo o outro o populismo protestatario. A diferencia principal entre ambos tipos de populismo radica na súa concepción do pobo xa que, o primeiro tipo, fala en nome do pobo-etnos, é dicir, do pobo entendido “como entidade colectiva individualizada sobre o modelo da identidade étnica dunha comunidade ” (p. 48); mentres que o populismo identitario defende 17 a vontade dun pobo-demos, ousexa, o pobo construído entorno á idea do nacionalismo cívico, pero na maioría dos casos este populismo cando fala de demos refírese ás clases populares do pobo. O nativismo do que fan gala os actuais partidos de extrema dereita non dista moito do movemento nativista orixinal, aparecido nas sociedades de colonos anglosaxonas de Canada, Australia ou, concretamente, de Estados Unidos. De feito, estes movementos tiveron un peso fundamental no desarrollo da cultura política da xoven república (Betz, 2007). Este nativismo primixenio, definido por Berlet (2001) como unha especie de nacionalismo defensivo, foi produto da desconfianza dos colonos protestantes fronte á chegada de Tradución propia 16 Tradución propia 17 Página de 18 56
campesinos da Europa católica, os cales eran acusados de profesar uns “valores esencialmente incompatibles coas tradicións e institucións democráticas americanas ” (Betz, 18 2007: 109). A hostilidade dos colonos “orixinais” levou á creación de partidos como o Partido dos Know-Nothing quenes reclamaban medidas que ían dende aumentar o tempo para adquirir o permiso de resiencia dos cinco aos vinteún anos ata que os americanos “orixinais” recibisen un tratamento preferencial (Holt; Betz, 2007). Neste sentido, é importante aclarar, tal e como sinala Betz (2007: 110), que “o nativismo non debería confundirse coa oposición á inmigración per se, nin é necesariamente idéntica á xenofobia e o racismo ”. Seguindo esta liña, é importante deixar clara a idea de que o 19 nativismo norteamericano radica na creencia da hexemonía étnica e cultural anglosaxona fronte a outras culturas e etnias (Swain e Nieli, 2003). Este punto é fundamental á hora de entender os nativismos dos partidos de extrema dereita nos nosos días, xa que asistimos a unha reprodución exacta dos mesmos argumentos empregados polos colonos protestantes, coa diferencia de que agora o enemigo xa non son os inmigrantes católicos, agora a nova ameaza que denuncian estes partidos procede dos países islámicos. Efectivamente, a extrema dereita oponse con todas as súas forzas á inmigración pero, esta posición antiinmigración, non deixa de ser, non fondo, unha postura antiislamista presente na maior parte, por non dicir na totalidade, dos partidos de extrema dereita. Esta dimensión faise especialmente relevante no caso europeo e norteamericano, onde o atentado do 11 de setembro (e os que terían lugar nos anos seguintes) sumado a unha serie de “crises migratorias” provocou unha vaga de preocupación entre a cidadanía europea que foi aproveitada polos líderes da extrema dereita para articular un discurso baseado no medo. Tradución propia 18 Tradución propia 19 Página de 19 56
Para estes partidos a identidade europea estase a ver ameazada pola chegada de inmigrantes dende países musulmáns os cales pretenden instaurar un “totalitarismo verde” (Betz, 2007). Fronte a esta suposta ameaza, a extrema dereita érguese como defensora dos valores e tradicións cristiás nunha “cruzada moderna” contra o “invasor” musulmán. O argumento central detrás do agresivo discurso destes partidos é, como xa sinalamos, o mesmo que empregaban os colonos protestantes contra os inmigrantes católicos. Para a extrema dereita os inmigrantes procedentes de países islámicos supoñen unha ameaza, xa que a súa cultura é contraria aos principios cristiás sobre os que se asentan as sociedades europeas. En relación ao anterior, estes partidos afirman que estes inmigrantes, para ser aceptados nas nosas sociedades, deben “adoptar a cultura do país de acollida ” (Betz, 2007; p. 113). Nesta 20 liña, a extrema dereita tamén fai un chamamento aos gobernos para que rematen co “experimento multicultural” tal e como afirmaba o programa político do Vlaams Blok (íbidem). Evidentemente, esta visión que a extrema dereita ten sobre a inmigración non tería éxito senón tivera unha base social sólida que a apoiara. Betz (2007) afirma que, nos últimos anos, as sociedades europeas están a experimentar un auxe da desconfianza e o temor cara os inmigrantes e, especialmente, cara os inmigrantes islámicos. Esta situación supón unha oportunidade estratéxica ideal para estes partidos, polo que o emprego da islamofobia como chío condutor do seu discurso “podría interpretarse como un intento de obter lexitimidade política e aceptación máis alá do seu círculo de simpatizantes, relativamente circunscritos, sen ter que abandonar as posicións identitarias e excluíntes que están no núcleo da súa ideoloxía ” (Betz, 2007: 126). Esta idea ven a reforzar a xa mentada tese de que, ao que 21 Tradución propia 20 Tradución propia 21 Página de 20 56
hoxe en día algúns autores chaman dereita radical populista, non é outra cousa máis que “un momento da extrema dereita focalizado no nativismo ” (Jaráiz, Rivera, Castro, 2021: 65). 22 O peso do nativismo é tal dentro desta familia de partidos, que o issue da inmigración é o “vertebrador do discurso político da extrema dereita, no que se entremezclan outros problemas como a cobertura das prestacións sociais e a viabilidade do Estado de benestar, a economía e o desemprego, e a delincuencia e a seguridade ” (Íbidem, p. 71-72). Nesta 23 cosmovisión asentada sobre o nativismo, estes partidos e os seus líderes proclámanse como os verdadeiros defensores da Europa libre e cristiá fronte a unha élite que, supostamente, beneficia aos extranxeiros a expensas dos cidadáns “nativos”. Unha vez aclarado o debate terminolóxico e amosado o peso fundamental do nativismo dentro destes partidos, agora toca analizar este fenómeno no contexto Español. Evidentemente, o noso obxeto de estudo é Vox e o seu discurso, pero é importante facer un breve repaso histórico sobre o nacemento e evolución da extrema dereita no noso país, para así poder comprender mellor a natureza deste partido que, a todas luces, semella ser o representante da extrema dereita en España. 3.2. A extrema dereita en España antes de Vox Antes de entrar a analizar á extrema dereita española posterior a 1975, é necesario facer uns breves apuntamentos sobre o único “partido” que existiu durante o rexime de Francisco Franco, a Falange Española Tradicionalista y de las JONS (FET y de las JONS). Esta organización foi o resultado de unificar á Falange, á Comunión Tradicionalista e a Acción Tradución propia 22 Tradución propia 23 Página de 21 56
Española, a través dun decreto publicado o 19 de abril de 1937. Con esta unificación, Franco pretendía agrupar a todas as forzas políticas que apoiaron o golpe de Estado de 1936 nunha mesma entidade que servira para afianzar o poder de Franco (Casals, 2007: 473). Durante a súa historia a FET y de las JONS só estivo preto do poder en dous ocasións, a primeira entre 1938 e 1942 da man de Serrano Suñer o cal desexaba aproximar a España ás potencias do Eje a través dunha “fascistización do rexime franquista ” (Íbidem: 474); a 24 segunda en 1956 da man de José Luis de Arrese cando a este se lle otorgou “a misión de institucionalizar o rexime e concretar o rol do partido único no seu seno” (Íbidem). Ambas tentativas resultaron en fracaso, inda que a FET y de las JONS sempre estivo presente dalgunha maneira na vida do rexime tal e como sinala Preston (2014, p. 234): Non obstante, pese as súas viraxes e zigzags, conservou no seu poder os instrumentos de hexemonía ideolóxica ata 1975 mediante a rede de prensa do Movimiento, os sindicatos verticais e a burocracia, en constante aumento, das administracións central e local. Ademáis das relacións laborais, dependían tamén da Falange a vivenda e a seguridade social. Os oficiais do exército, os funcionarios e os sindicalistas pasaban automáticamente a ser membros da FET y de las JONS. 25 En relación á ideoloxía do partido único, non estamos a falar dun fascismo similar ao profesado polo NSDAP alemán ou o partido fascista italiano. Hai que ter en conta que a FET y de las JONS, como xa sinalamos, foi o resultado dunha unión de varias organizacións cada Tradución propia 24 Tradución propia 25 Página de 22 56
unha delas cunha ideoloxía propia. De feito, o discurso igualitarista e antimonárquico defendido polos falanxistas pouco tiña que ver coas ideas profesadas polos monárquicos alfonsinos ou os carlistas (Preston, 2014). Esta ausencia dun fascismo forte foi unha constante durante toda a vida do rexime, xa que Franco en ningún momento dotou ao Movimiento dunha ideoloxía sólida. A razón de ser do réxime franquista era única e exclusivamente a de manter a Franco no poder, o cal soubo manter un equilibrio entre todas as sensibilidades políticas que o apoiaban. Neste sentido, podemos concluir que a existencia do partido único o cal era, á morte de Franco, “pouco máis que un cascarón de noz baleiro en termos de dinamismo político e capacidade de movilización ” (Casals, 2007; p. 477), actuou como dique de contención fronte ao desarrollo 26 dunha verdadeira extrema dereita en España durante o franquismo. Coa morte de Franco, os nostálxicos do dictador tentaron formar parte da nova vida política resultante da Transición. Sen embargo, a sociedade coa que se toparon non tiña ningunha intención de revivir o pasado franquista nin moito menos ían recibir con entusiasmo os discursos guerracivilistas lanzados por algúns membros destas formacións xa dende o ano 1973 (Preston, 2014). Estes nostálxicos tiveron que atopar o seu lugar nunha sociedade similar coa que se toparon os neofascistas na posguerra, ou o que é o mesmo, “un clima legal e político hostil ” (Mudde, 2021: 30). 27 Dentro deste grupúsculo de organizacións, podemos destacar a Falange Española de las JONS, a Falange Española de las JONS auténtica, a Fronte Nacional Española, e Fuerza Nueva. Esta última foi a que máis éxito tivo, adquirindo un escano para o seu líder, Blas Piñar, quen encabezou a coalición Unión Nacional nas eleccións de 1979. Este éxito foi algo Tradución propia 26 Tradución propia 27 Página de 23 56
puntual, xa que nas eleccións de 1982, o partido pasou dos 379.463 votos logrados en 1979 (2,1%) a 108.654 votos (0,5%) quedando sen representación nas Cortes. Esta derrota electoral levou á disolución do partido en novembro de 1982 pero, a pesar disto, os seus membros e simpatizantes mantivéronse unidos a través do Centro de Estudios Políticos y Sociales (CESPE) e da revista Fuerza Nueva. Esta situación deixou á extrema dereita española sen un referente político ata o ano 1986, cando Piñar refunda o partido baixo o nome de Frente Nacional, o cal acude ás eleccións europeas de 1989 onde sufre outro fracaso electoral obtendo só 60.672 votos. Despois desta experiencia o partido mantívose activo ata 1994, ano no que se disolveu definitivamente. En 1995 asistimos á fundación dun novo partido de extrema dereita, Democracia Nacional (DN), o cal estaba constituído por xente nova e cunhas tendencias ideolóxicas que nada tiñan que ver coa nostalxia franquista profesada polos extremistas de máis idade. Este cambio xeracional e ideolóxico provocou, tal e como sinala Casals (2007), a aparición de dous polos dentro da extrema dereita española (p. 485): Un era o da ultradereita “tradicional”, representada por varios partidos falanxistas e, sobre todo, pola herencia política do “piñarismo”, agrupado entorno ao CESPE e a súa revista Fuerza Nueva. Outro era o nacionalpopulista, visible sobre todo en Democracia Nacional (apoiada por Le Pen) e outros colectivos minoritarios. A esta bipolarización ideolóxica superpúxose outra xeracional: mentres as tendencias nacional-populistas predominaban entre os sectores máis xóvenes, as “tradicionais” achábanse arraigadas entre a militancia de máis idade (…). A estas divisións sumouse a carencia de Página de 24 56
liderazgos. A causa de todo o exposto, os resultados electorais dos partidos deste espectro foron insignificantes ata a actualidade. 28 Xa no ano 2002, topámonos con outro partido que obtivo certa notoriedade a nivel municipal en Cataluña, Plataforma per Catalunya (PxC). Esta organización liderada polo polémico Josep Anglada, a pesar de ser catalá, defendía a unidade de España e, como sinala Mudde (2021: 12), “foi xa dende os seus inicios un puro produto do século XXI, caracterizado pola súa oposición á inmigración en xeral e á mulsulmá en particular ”. A súa traxectoria vese 29 truncada no ano 2014, cando unha parte do partido marcha para fundar Som Catalans (Somos catalanes), un partido de extrema dereita que, a diferencia do resto de partidos españoles deste tipo, defende a independencia de Cataluña. No ano 2019, Plataforma per Catalunya disólvese para pasar a formar parte do partido de extrema dereita español con máis éxito ata agora, VOX. 3.3. Vox: o representante da extrema dereita en España Efectivamente, de todas as formacións deste tipo que pasaron polo panorama político español, Vox é a que máis éxito obtivo nas furnas. O seu ascenso electoral comezou nas andaluzas do 2018, e foi seguido de dous triunfos máis nas dúas xerais do 2019, obtendo nas do 10 de novembro 52 escaños, o que levou a que este partido se posicione, a día de hoxe, como terceira forza política do Estado. Estes bos resultados electorais son un fito dentro da propia extrema dereita europea xa que, no transcurso dun ano, obtivo uns resultados que a Tradución propia 28 Tradución propia 29 Página de 25 56
Agora ben, a conclusión principal que podemos extraer de todo o anterior é que algo está a mudar nas nosas estruturas de valores e todo indica que avanzamos cara un mundo “líquido” tal e como sinala Bauman (2017) onde as nosas sociedades se están a enfrontar a unha nova serie de retos que están a mudar por completo a visión que tiñamos do mundo. En resumo, o ascenso de Vox ten a súa explicación nunha serie de factores que son comúns a todas as democracias europeas. Nun clima de polarización política alimentado polos fracasos das institucións á hora de solventar os novos retos prantexados pola globalización, alternativas dende os extremos do espazo político están a obter a atención dunha poboación asoballada pola precariedade económica e por unha serie de choques culturais que están a xerar unha serie de tensións que as institucións non están a enfrontar. Se no caso español primeiro asistimos á aparición de Podemos dende a parte esquerda do espazo político, agora estamos ante a resposta dende a parte extrema do espazo dereito. Se ben é certo que esta resposta chegou máis tarde que noutros países europeos, o certo é que o ascenso de Vox segue a estela doutros partidos europeos da mesma familia que semellan estar ao borde de facerse co poder nalgúns países, tal e como acontece no caso de Francia. Só o tempo dirá se estamos ante un ascenso puntual destes partidos ou se, pola outra banda, estes seguirán nesta tendencia ascendente ata monopolizar o panorama político europeo. IVDesenvolvemento Seguindo coa metodoloxía exposta no apartado II, a continuación vou explicar os principales resultados obtidos da análise dos cinco textos cuxa análise atópase no Anexo. Estes textos foron analizados seguindo o método da ACD previamente explicada, centrándome na análise da dimensión nacionalista e xenófoba presente na liña discursiva de Vox, sendo estas dous dimensións as que conforman o natavismo desta formación de extrema dereita. Página de 32 56
O nacionalismo en Vox: a pervivencia do nacionalismo español decimonónico Dentro do nacionalismo exhibido por Vox nos seus discursos, podemos falar dunha articulación do mesmo entorno a catro grandes eixos: a defensa da familia tradicional, a unidade indiscutible do Estado español, a defensa da tradición católica e o pasado “glorioso” e a reivindicación da soberanía nacional. A defensa da familia tradicional: Tenemos que defender a los más débiles, a los niños, en el vientre materno (…) (T2.12:25) Hay que proteger a la familia, porque todos nacemos en una familia y esa es la célula básica de la sociedad, y tenemos el derecho a que se preserve y a poder educar a nuestros hijos en nuestros valores y en nuestras convicciones sin que el Estado les someta a ningún tipo de transformación ideológica (T2.14:07) ¿Por qué les gusta tanto violentar a los niños más pequeños en su inocencia? Qué afán por hablar de sexo a los niños más pequeños que tienen que estar, y están sin duda, pensando en otras cosas. Qué ganas de destruir su inocencia, por eso nos atrevemos a decir que lo suyo está mucho más cerca de la corrupción de menores y de la pedofilia que de la educación (T3.36:00) Una alternativa que proteja de verdad la familia y a la natalidad con medidas drásticas y urgentes (T3.40:10) Página de 33 56
Es un escándalo que los países occidentales financien, ya a través de la UE, ya a través de la ONU o de otras instituciones, políticas tendentes a destruir la familia, a fomentar el aborto o la pederastia, y a introducir métodos de adoctrinamiento y de imposición ideológica (T4.41:43) Este es el gobierno de Sánchez, que además ha aprovechado la epidemia para hacer avanzar su agenda política, para atacar por ejemplo a los padres, con una ley aprobada por todo el Congreso menos por Vox, que quiere arrebatarnos la patria potestad de nuestros hijos ya con el informe de un asistente social, ya no hace falta un juez, si nos negamos a que les enseñen según que porquerías en los colegios. Ningún lobby, ninguna ONG, ningún partido, ningún sindicato, ninguna organización, ningún Estado va a querer a nuestros hijos más de lo que los queremos en las familias, y no vamos aceptar que les enseñen porquerías que matan su inocencia (T5.16:52) Para Vox a familia non é unha institución calquera, senón que é a base de todo o seu modelo social. Para eles a familia tradicional católica é a base da nación española, polo que eles consideran que o seu deber como patriotas pasa por defendela fronte aos supostos ataques lanzados polo goberno e os lobbys os cales, seguindo o discurso de Vox, pretenden acabar co modelo familiar tradicional. Dentro da cosmovisión do partido verde en España existe unha especie de conspiración por parte dos “progres”, os cales pretenderían impor unha “ideoloxía de xénero” a cal xa se estaría a implantar no modelo educativo a través da imposición de certos contidos que según eles buscan matar a inocencia dos máis novos. Página de 34 56
Fronte a esta suposta ofensiva por parte dos “progres”, Vox defende medidas coma o famoso “pin parental” co que pretenden darlle aos proxenitores a capacidade de elexir os contidos educativos que reciben os seus fillos, defendendo así a prioridade da decisión dos proxenitores por riba das decisións tomadas polo Ministerio de educación. Nesta liña, tamén apostan por devolver a obrigatoriedade da relixión ás aulas nun intento de fomentar os valores tradicionais entre os máis novos. En relación co anterior tamén defenden unha visión moi concreta do papel da muller dentro da familia, concretamente ensalzan o valor da mesma por ser a encargada de traer novas crianzas ao mundo, deixando claro que neste punto coinciden co modelo familiar católico máis conservador. Esta visión da famalia ten a súa repercusión nas políticas públicas que prantexan, sendo destacable a súa posición en contra do aborto ou defendendo a necesidade de implantar incentivos económicos para fomentar a natalidade. Tamén é importante a súa oposición a certas propostas lexislativas como pode ser a denominada “lei trans” impulsada pola ministra Montero, xa que para eles non é máis que un ataque da “ideoloxía de xénero” a cal busca destruír á familia tradicional. A unidade indiscutible do Estado español: La España viva quiere que la libertad y la igualdad de los españoles sea efectiva en todo el territorio nacional, y quiere que se desmantele de una vez por todas y se ponga en su sitio a ese nefasto Estado de las autonomías que nos quita libertades, que nos hace desiguales, que nos enfrenta, que nos divide, que nos arruina y que se aleja del proyecto común de España (T1.17:53) Página de 35 56
Hay que garantizar, y esto también es básico, la igualdad ante la ley que destruyen las autonomías (…) (T2.13:24) Se organiza la Torre de Babel autonómica en el Senado para que cada uno hable en una lengua (T2.17:14) Es de justicia precisar que a ustedes, separatistas y golpistas de cualquier región, no se les debe considerar diputados españoles, ya que ustedes mismos reniegan de esa condición se les debe llamar simple y llanamente lo que son, renegados, que es como se denomina a los que reniegan de su patria (T4.22:57) Han pactado con todos los enemigos de España, del orden constitucional, de la libertad, de la unidad de nuestra patria y de los mejores valores que caracterizan a la sociedad española (T5.14:12) A defensa da unidade inquebrantable do Estado español é outro dos grandes piares constitutivos do nacionalismo en Vox, sendo un tema constante na maior parte dos seus discursos. Na cosmovisión do partido verde España é unha entidade case mística, a cal debe ser protexida por todos os españoles. Esta visión de España non se alonxa moito desa “unidad de destino en lo universal” da que falaba o fundador da falanxe española, José Antonio Primo de Rivera. Esta concepción da nación española ten como consecuencia que todos os nacionalismos periféricos, e os partidos que os encarnan, estean na diana de Vox quen os sinala como Página de 36 56
enemigos. Esta loita contra os denominados “enemigos de España” tamén é unha loita contra as diferentes identidades que conviven no territorio español, sendo obxeto de ataque as linguas cooficiales que, en moitos casos, son denominadas como dialectos de forma despectiva nos discursos de Vox. Esta visión da nación española concrétase nunha crítica ao Estado das autonomías xa que, seguindo a argumentación de Abascal, este é unha fonte de desigualdade entre os españoles polo que debería ser abolido. Nesta ofensiva o propio Abascal chega a por en dúbida aos deputados de formacións nacionalistas que, na súa opinión, non merecen tal cargo e chega a defender a ilegalización de determinadas formacións políticas que supostamente buscan destruir a unidade nacional. A defensa da tradición católica e as “xestas” do pasado: Hay que mirar a nuestras raíces y a nuestros lazos históricos. Porque, en este momento, frente al globalismo por un lado y frente al separatismo, hay alternativas y los españoles estamos en una situación privilegiada. Tenemos el gran ámbito de la hispanidad, la hispanosfera que a través de la lengua y la cultura nos une a millones de personas en todo el mundo que son nuestros hermanos, la iberosfera, si quereis, que nos une con nuestros hermanos portugueses. Esa es nuestra fuerza, esos deben ser nuestros aliados, con ellos tenemos que estar juntos codo con codo para defender nuestra identidad, nuestra cultura, nuestra obra histórica y ser respetados en el mundo (T2.15:08) Pero tenemos lo que antes no teníamos, tenemos voz, tenemos fuerza, tenemos lo que siempre hemos tenido que es convicción y voluntad, y no detenernos jamás hasta hacer que esta Página de 37 56
alternativa que comenzó con la resistencia y la Reconquista culmine en la victoria para todos los españoles (T3.39:08) Vox es el partido que no se ha avergonzado de España, en estas plazas ha hablado de nuestra historia de la que nos sentimos tan orgullosos, de todo lo que hicieron los que nos dieron este legado, con sus errores con sus aciertos, pero que en conjunto es un legado extraordinario. Un legado que ha marcado la faz de la Tierra, un legado el de nuestros abuelos, el de nuestros mayores que es el del único imperio pentacontinental que ha habido en el mundo, un legado que es el de la mayor aportación de la historia universal a la hermandad entre los hombres con la gran obra de la hispanidad. Esa obra que ha llevado nuestra lengua, nuestra cultura, nuestra manera de ver el mundo por todo el orbe (T5.27:55) Dentro da liña discursiva deste partido atopámonos cunha serie de constantes referencias ás tradicións españolas, concretamente a aquelas tradicións que teñen que ver coa relixión católica. Para este partido o elemento relixioso ocupa un lugar central do seu ideario xa que, como acontecía no caso da familia, este é un elemento sobre o que se fundamenta a sociedade española. Non son escasas as referencias a España como país católico, chegando incluso a reivindicar feitos históricos como pode ser a Reconquista xa que supuxo a expulsión do “invasor” árabe da península. Nesta liña tampouco son escasas as referencias ao pasado imperial de España que, según Abascal, supón un punto de unión coas xentes de América latina e mesmo de Portugal, xa que na súa cosmovisión no pasado existiu unha “hispanosfera” que implicaba unha patria común para as xentes da península e de América latina entorno ao imperio da monarquía hispánica. Página de 38 56
Esta suposta herdanza histórica aparece no discurso como un elemento fundamental á hora de confrontar aos “globalistas”, os cales son sinalados como enemigos que buscan destruir o legado histórico, xa non só de España, senón de toda a Europa cristiá á cal pretenden convertir nunha “Europa multicultural” (T2.27:02). A reivindicación da soberanía nacional: La España viva exige que la Unión Europea y cualquier institución internacional respete nuestra soberanía, nuestra identidad, y nuestras leyes. Queremos a Europa, somos Europa, con más derecho que nadie, porque la salvamos del invasor islámico en siete siglos de Reconquista, y porque somos la Europa de Lepanto (T1.20:14) Y no vamos a admitir tampoco que nos digan desde fuera, desde Bruselas, como tenemos que defender las paredes de nuestra casa (T2.14:59) Atacan nuestra soberanía judicial cuando nos someten a tribunales extranjeros controlados por los tentáculos de Soros o de cualquier otro enemigo de las fronteras y del sentido común, o cuando esos tribunales supranacionales o extranjeros amparan a terroristas o a golpistas o nos obligan y nos dejamos obligar a sacar a terroristas, asesinos y violadores a la calle (T3.9:40) En toda Europa hay un despertar que gana terreno en defensa de su soberanía y en defensa de su identidad occidental, que reclama el Estado-nación como unidad irremplazable y como espacio supremo de la democracia, y que rechaza un mega-estado federal que se parece Página de 39 56
demasiado a la República Popular China, a la Unión Soviética, o incluso a la Europa soñada por Hitler (T4.35:43) Finalmente o último elemento que podemos detectar dentro do nacionalismo de Vox é a reivindicación da soberanía nacional a cal estaría, ao igual que o resto de elementos antes mencionados, atacada tanto por enemigos políticos internos coma por forzas extranxeiras. Neste sentido é sumamente interesante a mención a un suposto complot ou conspiración por parte dos denominados “globalistas” que estarían detrás dun intento de intromisión nos asuntos internos de España, sendo un dos principales artifices desta conspiración o multimillonario George Soros que, según Abascal, é a man que financia aos lobbys, ONGs e incluso ao propio goberno para conspirar contra España e os seus intereses. Nesta liña son destacables os ataques a Bruselas por supostamente intentar erguer un estado federal onde España sería unha rexión máis, o cal é duramente rexeitado por Vox quen reivindica o valor do Estado-nación como fonte da soberanía fronte aos intentos da Unión Europea de “anular” as nacionalidades no vello continente. Ante este suposto intento de arrebatarlle a soberanía aos españoles, Vox érguese como un defensor da soberanía española fronte a todos os enemigos da nación. Nesta liña, podemos destacar certo “mesianismo” detrás destas mensaxes reforzado a través dunha linguaxe bélica e de alusións á proteción de Deus ante as ameazas que asoballan a España. A relación entre o nacionalismo de Vox e o Nacionalcatolicismo: a presencia do nacionalismo español decimonónico no discurso da extrema dereita dos nosos días A análise dos piares sobre os que se asenta o nacionalismo de Vox confirma a hipótese lanzada ao comezo deste traballo de investigación, a cal afirma que, no discurso do partido Página de 40 56
verde, atopamos unha serie de elementos que o conectan coas teses defendidas polo nacionalismo español de finales do século XIX. Sen embargo neste traballo optaremos por denominar a esta corrente ideolóxico co termo de Nacionalcatolicismo xa que, como se explicará nas seguintes páxinas, é o que mellor capta a natureza desta corrente ideolóxica. A día de hoxe o concepto de Nacionalcatolicismo segue a ser un gran descoñecido ata o punto de que, tal e como sinala Botti (2005, p.195), “segue a existir no debate historiográfico español bastante confusión no emprego dos termos nacionalcatolicismo e nacional católico”. Este oscurantismo entorno a este concepto é tal que, a propia RAE, o define escuetamente como “a unión entre Estado e igrexa” o cal, como veremos, non é máis que unha excesiva simplificación dunha realidade moito máis complexa. Nesta liña, tamén é importante sinalar como para moitos autores o Nacionalcatolicismo non foi máis que un armazón ideolóxicos pouco definido no que se sustentou a ditadura franquista, quedando relegado a ser a mera “ideoloxía do réxime”. Fronte a esta posición, autores como Salazar (2009) prefiren entender o Nacionalcatolicismo como a visión de España compartida por parte dun sector da sociedade española que se opón, no século XIX e, posteriormente, na II República, ás forzas laicistas que implantaron “unha hexemonía na vida cultural e política de España” (íbidem). Esta postura tamén é adoptada por Botti (2005:196) cando afirma que o Nacionalcatolicismo “non era un produto da Guerra Civil e o franquismo, senón todo o contrario que o franquismo foi unha articulación, unha cristalización do Nacionalcatolicismo”. De feito, o réxime franquista en ningún momento tivo entre os seus obxetivos articular unha ideoloxía propia, xa que toda a lexitimación do mesmo descansaba sobre a figura do propio Franco e a súa habilidade para controlar as denominadas “familias” do réxime: o exército, a falanxe, e a igrexa (Preston, 2014). Página de 41 56
expresado o seu soberanismo español fronte a Europa como acontece no caso de Ortega Smith . 38 Todo isto nos leva a concluir que a xenofobia de Vox non se limita exclusivamente no odio ao extranxeiro, senón que adquire unha dimensión máis amplia que xa non se limite á simple construción dun “non-pobo”, senón que o obxetivo das súas políticas está orientado a neutralizar, e incluso aniquilar, ao que eles denominan, empregando termos da propaganda franquista, “anti-españa” dentro da cal hai elementos “nativos” pero que non comulgan cos valores da suposta España ancestral polo que pasan a compartir “trincheira” cos migrantes que supostamente veñen a destruir a esencia de España. VConclusión: o nativismo en Vox, unha síntese entre o xermo Nacionalcatólico e a islamofobia Unha vez realizada a análise dos textos, podemos dar resposta ás preguntas prantexadas ao inicio deste traballo. En primeiro lugar, si que atopamos unha dimensión nacionalista en todos os discursos que foron analizados ao longo desta investigación. A análise desta dimensión tamén confirma a hipótese prantexada ao inicio, a cal afirmaba que no discurso de Vox existen unha serie de elementos que conectan directamente coas teses do nacionalismo español decimonónico. Estes elementos comúns son a defensa da familia tradicional, a indivisibilidade da nación española, a defensa das tradicións cristiás e a reivindicación dunha herdanza histórica “gloriosa”, e a defensa da soberanía nacional por riba das inxerencias extranxeiras. Todos estes elementos conectan, como xa se sinalou, cunha visión de España que se corresponde coa que elaborou o nacionalismo español tras o desastre do 98, o cal pulaba por unha volta á España tradicional e idílica dos tempos do “Imperio español” que se https://www.youtube.com/watch?v=0SjMIKx7P6Q 38 Página de 48 56
atopaba idealizado no ideario deste nacionalismo propio dos sectores máis conservadores da sociedade española. En segundo lugar atopámonos cunha xenofobia cun claro compoñente antiislámico, que no caso de Vox vese reforzado por ese compoñente católico o cal reforza a mensaxe contra os migrantes musulmáns, que son vistos coma invasores que teñen que ser expulsados da península como xa acontecera durante a “Reconquista” a cal ocupa un lugar privilexiado dentro da liña discursiva do partido verde. Todo o anterior amosa unha interación entre ambos elementos, o Nacionalcatolicismo e a xenofobia, os cales se reforzan e dotan de significado entre si articulando un nativismo particular cunhas características que o diferencian do nativismo presente noutros partidos de extrema dereita no resto de Europa. A principal característica de diferenciación é a presencia dese compoñente Nacionalcatólico que dota ao resto da mensaxe dunha connotación moi particular, sendo especialmente relevante o peso do compoñente relixioso como eixo de articulación do mensaxe nacionalista e da xenofobia. Xustamente a centralidade do elemento relixioso é o que provoca que Vox estea máis preto do partido ultraconservador polaco Lei e Xustiza que do francés Reagrupamento Nacional, ata o punto de que a nivel europeo o partido de Abascal está dentro do eurogrupo no que se atopa a formación liderada por Andrzej Duda e non no grupo no que está incorporada a formación de Le Pen. A nivel español a presencia destes elementos procedentes do nacionalismo español decimonónico tamén o alonxa claramente da visión de España que exhibe o Partido Popular, neste sentido son reveladoras as seguintes palabras de Seixas (2018) sobre as principales correntes ideolóxicas dentro da dereita española: Página de 49 56
Unha minoritaria, que consiste na persistencia do nacionalcatolicismo dentro da extrema dereita, se ben déixase sentir nos discursos sobre a identidade española dunha parte, en concreto o sector máis conservador e confesional, da dereita democrática española; e unha hoxe en día maioritaria, que corresponde á lenta e variada adaptación da mensaxe nacionalista da dereita democrática ás condicións da España posterior á entrada en vixencia da Constitución de 1978, e particularmente ao Estado das autonomías (p.87). 39 Este fragmento é sumamente interesante, xa que plasma as dúas visións de España que conviven dentro da dereita. Mentres que Vox está en contra do consenso establecido pola Constitución do 78 a cal defende unha España autonómica, o Partido Popular admite ese consenso e o defende. Agora ben, a corrente minoritaria da que fala Seixas é, a día de hoxe, a terceira forza política do Estado. Neste sentido é importante destacar que, neste clima de normalización da extrema dereita, estamos a ver como a súa axenda política comeza a ser imitada polo Partido Popular levando a que, como xa acontece noutros países europeos, as fronteiras entre a extrema dereita e a dereita convencional sexan cada día máis febles (Mudde, 2021). Finalmente quería destacar, seguindo o espíritu crítico característico da ACD (Van Dijk, 2017), a natureza antidemocrática do discurso de Vox. As dúas dimensións analizadas ao longo deste traballo, nacionalismo e xenofobia, ofrecen unha visión da sociedade de carácter totalitario na que moitos dos dereitos básicos do home son atacados e negados. Tradución propia 39 Página de 50 56
VIBibliografía -Bauman, Z. (2007). Miedo líquido. Barcelona, España: Paidós -Berlet, C. (2001). “Nativism”, The Public Eye, vol. 15, nº 3, p. 9. -Betz, H. -G. (1994). Radical Right-Wing Populism in Western Europe. Macmillan. -Betz, H. -G. (2007). “Contra el Totalitarismo Verde: Nativismo Antiislámico en los Populismos Radicales de Derecha en Europa Occidental” En M. A. Simón (Ed.), La Extrema Derecha en Europa desde 1945 a nuestros días, Tecnos, pp. 105-123. -Botti, A. (2005). “Algo más sobre el Nacionalcatolicismo”. En Asociacionismo y catolicismo en España, pp. 195-211. -Carter, E. (2005). The Extreme Right in Western Europe. Success or Failure? Manchester University Press. -Carter, E. (2017). “Party Ideology”. En C. Mudde (Ed.), The Populist Radical Right. A Reader, Routledge, pp. 28-67. -Díaz-Salazar, R. (2009). El factor católico en la política española: Del nacionalcatolicismo al laicismo (GP Actualidad nº 97). PPC EDITORIAL. -Ferreira, C. (2019). Vox como representante de la derecha radical en España: un estudio sobre su ideología. Revista Española de Ciencia Política, 51, 73-98. -Gulias, E. J., López, M. P., e Martín, Á. C. (Coordinadores) (2020). El auge de la extrema derecha en España. Valencia, España: Tirant lo Blanch. -Gulias, E. J., Rivera, J. M., Castro, P (2021). “Extrema Derecha o Derecha Radical: Por qué una nueva semántica?”. En Gulias, E. J., López, M. P., e Martín, Á. C. (Coordinadores) (2020). El auge de la extrema derecha en España. Valencia, España: Tirant lo Blanch, pp. 53-89. -Holt, M. F. “Nativism”, en http://dig.lib.niu.edu/message/ps-nativism.html Página de 51 56
-Ignazi, P. (2003). Extreme Right Parties in Western Europe. OUP Oxford -Kitschelt, H. (1995). The Radical Right in Western Europe: A Comparative Analysis. The University of Michigan Press. -Kitschelt, H. (2007). “Growth and Persistence of the Radical Right in Postindustrial Democracies: Advances and Challenges in Comparative Research”. West European Politics, 30 (5), pp. 1176-1206. doi: 10.1080/01402380701617563 -Machado, A. (1984). Campos de Castilla. Cátedra -Meseguer, X. C. (2007). “La Extrema Derecha en España (1945-1975)”. En M. A. Simón (Ed.), La Extrema Derecha en Europa desde 1945 a nuestros días, Tecnos, pp. 473-493. -Minkenberg, M. (1997). “The New Right in France and Germany: Nouvelle Droite, Neue Rechle, and the New Right Radical Parties” En P. L. Merkl e L.Weinberg (Eds.), The Revival of Right-Wing Extremist in the Nineties, Frank Cass, pp. 65-90. -Mudde, C. (2017). (Ed.), The Populist Radical Right. A Reader. Routledge. -Mudde, C. (2021). La ultraderecha hoy. Ediciones Paidós. -Norris, P., e Inglehart, R. (2018). Cultural Backlash: Trump, Brexit, and Authoritarian Populism. Cambridge University Press. -Preston, P. (2014). La política de la venganza. Península. -Seixas, X. N. M. (2018). Suspiros de España: El nacionalismo español 1808-2018. Editorial Crítica. -Swain, C. M. e Nieli, R. (2003). “Forging a Common Identity: The Challenge of White Nationalism and New White Racial Assertiveness”. En Swain, C. M. e Nieli, R., Contemporary Voices of White Nationalism in America, Cambridge University Press, Cambridge, p. 17. Página de 52 56
-Taguieff, P. A. (2007). “Interpretar la Ola Populista en la Europa Contemporánea: Entre Resurgencia y Emergencia”. En M. A. Simón (Ed.), La Extrema Derecha en Europa desde 1945 a nuestros días, Tecnos, pp. 39-55. -Ugarte, A. B. (2021). Analizar el auge de la ultraderecha: Surgimiento, ideología y ascenso de los nuevos partidos de ultraderecha (1.ª ed.). Gedisa Editorial. -Van-Dijk, T. A. (2017). Análisis crítico del discurso. Revista Austral de Ciencias Sociales, (30), 203-222. -Von Beyme, K. (2017). “Rightwing Extremism in Post-War Europe” En C. Mudde (Ed.), The Populist Radical Right. A Reader, Routledge, pp. 143-158. Página de 53 56
VIIAnexos Táboa 1: Táboa 2: Táboa 3: Título: Discurso de Santiago Abascal en Vistalegre Data: 7 de outubro do 2018 Lugar: Palacio de Vistalegre Duración: 28:04 Enlace: https://www.youtube.com/watch?v=t_CIfZ5amIE Dimensión analizada 1: elemento nacionalista entorno á unidade de España e a defensa da soberanía nacional Dimensión analizada 2: defensa das fronteiras de Ceuta e Melilla fronte á ameaza que supón a “invasión” migratoria Título: Discurso de Santiago Abascal en Vistalegre Plus Ultra Data: 6 de outubro do 2019 Lugar: Palacio de Vistalegre Duración: 33:01 Enlace: https://www.youtube.com/watch?v=zDOvL1CDZeo Dimensión analizada 1: elemento nacionalista que radica na defensa da familia tradicional, a defensa da unidade indiscutible do Estado, a defensa das tradicións cristiás e a herdanza do pasado, e unha defensa da soberanía Dimensión analizada 2: defensa das fronteiras de Ceuta e Melilla Título: Vistalegre III Data: 8 de marzo do 2020 Lugar: Vistalegre Duración: 43:56 Enlace: https://www.youtube.com/watch?v=dUCIfshlZbY Dimensión analizada 1: elemento nacionalista asentado sobre a defensa da familia tradicional, a defensa das tradicións cristiás e a herdanza do pasado, e unha defensa da soberanía Dimensión analizada 2: critica aos “globalistas” por atacar a soberanía española a través de subvencións a ONGs que estarían a fomentar unha “invasión” migratoria Página de 54 56
Táboa 4: Táboa 5: Táboa 6: Táboa 7: Título: Discurso de Santiago Abascal en la moción de censura al gobierno de Sánchez Data: 21 de outubro do 2020 Lugar: Congreso de los Diputados Duración: 2:09:13 Enlace: https://www.youtube.com/watch?v=pckbJrOq4QA Dimensión analizada 1: elemento nacionalista que radica na defensa da familia tradicional, a defensa da unidade indiscutible do Estado, e unha defensa da soberanía nacional Dimensión analizada 2: defensa de Abascal dos partidos e movementos que combaten a aqueles que pretenden convertir a Europa nun “estercoleiro multicultural” Título: Cierre de campaña en Madrid Data: 2 de maio do 2021 Lugar: Praza de Colón Duración: 29:57 Enlace: https://www.youtube.com/watch?v=yNq1qN8aCPM Dimensión analizada 1: dimensión nacionalista asentada sobre a defensa da familia tradicional, a defensa da unidade de España, a defensa das tradicións cristiás e a herdanza do “Imperio español”, e a reivindicación da soberanía española Dimensión analizada 2: ataque a aqueles que defenden a integración dos extranxeiros Nacionalcatolicismo Vox Modelo de familia tradicional Modelo de familia tradicional Centralismo Centralismo Totalitarismo Democracia etnonacional Enemigos internos Enemigos externos Separatistas Islam A clase política “progre” Unión Europea Colectivos sociais Supostos poderes na sombra (ex: Soros) Página de 55 56
Página de 56 56