Contra a fenda de xénero en innvación: fomento de vocacións femininas en aeroespaciais
Abstract
Nesta comunicación presentamos as actividades de carácter transversal que pretenden atraer máis alumnado feminino as disciplinas CTEM, onde podemos atopar unha fenda de xénero que prexudica á innovación e polo tanto á sociedade. En particular, analizaremos as actividades desenvolvidas no grao en enxeñería aeroespacial, que pretenden dar visibilidade o papel levado a cabo por grandes e descoñecidas mulleres na enxeñaría á vez que se dá valor a amosar o papel da enxeñaría na sociedade
Full text
INTRODUCIÓN Nesta comunicación, analizaremos as actividades desenvolvidas no grao en enxeñería aeroespacial, para dar visibilidade ao papel levado a cabo por grandes e descoñecidas mulleres na enxeñaría á vez que se dá valor a amosar o papel da enxeñaría na sociedade METODOLOXÍA O obxectivo principal das propostas ou proxectos é dar confianza ao noso alumnado feminino nas súas capacidades e manter a súa motivación pola enxeñaría. A partir deste obxectivo principal pódense definir unha serie de obxectivos secundarios: 1. Concienciar ao o colectivo de estudantes da igualdade de capacidades de homes e mulleres na realización de actividades propiamente relacionadas coa enxeñaría. 2. Mellorar e ampliar os referentes femininos que se poidan ter no ámbito da enxeñaría. 3. Proporcionar material diverso, (vídeos, libros, artigos,...) para desterrar da enxeñaría a súa imaxe patriarcal. CONCLUSIÓNS O presente traballo amosa como achegar ao alumnado ás mulleres que destacaron na enxeñaría. A historia destas mulleres serve de referente ás estudantes que nunha contorna fortemente masculinizada poden sentirse intimidadas. Tamén axudamos a que as alumnas desenvolvan dunha forma práctica os coñecementos que van adquirindo na carreira e aprendan a transmitilos ao resto da sociedade. As estudantes móstranse moi motivadas coa idea de amosar os seus coñecementos e a utilidade dos seus estudos á sociedade. Elas convértense así en modelos de referencia para as nenas e mozas de secundaria e bacharelato cara á ciencia e a enxeñaría. No curso 2022/2023 a porcentaxe de alumnado feminino matriculado por primeira vez na EEAE foi dun 45%,un valor gratamente sorprendente nunha enxeñaría técnica. Oxalá sigamos por esa senda!. Lorenzo González, Mª de las Nieves; Álvarez Fernández, Mª Inés; Calvo Iglesias, Encina [email protected], [email protected] , encina.calv[email protected] CONTRA A FENDA DE XÉNERO EN INNOVACIÓN: FOMENTO DE VOCACIÓNS FEMININAS EN AEROESPACIAS RESULTADOS Taller AeroeXXperimenta da Feira eXXperimenta en feminino febreiro de 2023 Exposición “As mulleres que nos levaron a Lúa”. Libro “Elas leváronnos ao espazo”.