scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Rosas de mil follas: guía persoal do tratamento non opresivo da cultura

Blanco García, Carmen

Full text

108 EVOHÉ HÉCTOR ACEBO ROSAS DE MIL FOLLAS: GUÍA PERSOAL DO TRATAMENTO NON OPRESIVO DA CULTURA Por Carmen Blanco Para o alumnado presente e futuro Polo que sei, para o tratamento non sexista da cultura, como dos demais feitos, é preciso aprender a ter un criterio mental o máis libre e aberto posible. Para isto, penso que é preciso desbotar todo prexuízo, é dicir, toda crenza non fundamentada na constatación, e todo dogmatismo, é dicir, toda opinión pechada ao contraste do pensamento e da experiencia. Por isto, parto do escepticismo crítico aberto tanto ás “verdades” provisorias do saber como ao coñecemento das “verdades” por vir, é dicir, ao que aínda non se sabe, segundo a máxima de que nada certo se sabe nunca. É, pois, preciso, para tratar a cultura desde esta perspectiva, en primeiro lugar, informarse en concreto do aspecto cultural obxecto de tratamento (unha obra, unha personalidade creadora, un fenómeno…), utilizando o maior número de fontes informativas e analíticas anteriores, e, en segundo lugar, aplicar os avances do coñecemento da ciencia chamada feminista ou non patriarcal ou non opresiva. E facer as dúas cousas de maneira crítica. Rosas de mil follas: Guía persoal do tratamento non opresivo da cultura 111110 EVOHÉ CARMEN BLANCO como base bibliográfica o meu libro O contradiscurso das mulleres (1995), traducido e actualizado en El contradiscurso de las mujeres (1997), onde se poden ampliar os coñecementos sobre os distintos temas. 1. 1. A orixe da palabra feminismo: século XIX Esta voz procede da medicina, onde foi utilizada para designar unha feminización do corpo masculino. Mais no terreo da polémica política encóntrase por primeira vez o adxectivo “feminista” nun texto da autoría de Alexandre Dumas, publicado en 1872, que aludía no seu título ao home-muller para referirse ás mulleres masculinas . De todos os xeitos, xa desde finais do XIX a creación desta palabra vense atribuíndo erroneamente ao utopista Charles Fourier, debido á súa defensa das ideas de igualdade de dereitos entre os sexos designadas finalmente por tal vocábulo e que foron apoiadas fundamentalmente polo pensamento libertario no que tal pensador se inscribe. A xenealoxía condúcenos sempre ás raíces do coñecemento. E así, xa nos comezos, encontramos o carácter pexorativo da palabra, derivado do medo á confusión dos sexos, que permanecerá asociado en moitas mentes, como un prexuízo, ao significado denotativo da palabra. A orixe médica da palabra revela tamén a real diversidade da realidade humana sexuada e a súa complexa problemática, persoal e social, de sexo, xénero, sexualidade e subxectividade. Mentres, o significado denotativo, o político e ideolóxico, o estrito do termo, foi fixado con posterioridade e ficou nas linguas comúns, e como acepción primeira nos dicionarios, para designar ideas e prácticas relacionadas coa mellora da humanidade feminina e coa defensa da igualdade de dereitos sexuais. 1. 2. O proceso da conciencia e do movemento social feminista 1ª etapa. O prefeminismo da querelle des femmes : a disputa social: ata o século XVIII Misoxinia e filoxinia: o debate das excelencias: Juan Rodríguez de Padrón ( Triunfo de las mujeres ) / Jaume Roig ( Espill o Llibre de les dones ) Christine de Pizan e O libro da cidade das damas : a fundación do prefeminismo Marie de Gournay e Poulain de la Barre: a teoría da igualdade Para levar a cabo o segundo, que é o que nos ocupa, existe hoxe material numeroso e diversificado, segundo os distintos aspectos culturais, segundo as distintas ramas da cultura e das artes e segundo os distintos enfoques metodolóxicos e ideolóxicos. A continuación exporei nunha serie de apartados algúns coñecementos que considero básicos, extraídos do meu propio traballo como docente, investigadora e escritora, tendo en conta que o fenómeno do poder sexual é unha realidade complexa con dimensións disciplinares múltiples que van das ciencias da natureza ás da cultura, pasando polas humanas e as sociais, un fenómeno complexo mais comprensible, como os demais fenómenos obxecto de estudo, á luz dos coñecementos acadados por quen os investigou. 1. Coñecementos básicos sobre feminismo O feminismo é unha realidade multiforme e plural que non ten data exacta de nacemento. Mais, como fenómeno histórico é un movemento social e político que nace no século XIX, cando se crea a palabra feminismo, un neoloxismo que acabará designando o conxunto de teorías e prácticas sociais que reivindican e defenden a dignidade das mulleres e a igualdade de dereitos entre os sexos. Non obstante, no tempo, a toma de conciencia persoal da propia situación feminina e o pensamento aberto á liberdade humana xeral, con inclusión das mulleres e de todos os sectores sociais oprimidos polo poder sexual, precede ao fenómeno político en sentido estrito. E, así, na historia xeral do pensamento feminista fálase de catro etapas dentro deste proceso de conciencia feminista: o prefeminismo , tamén denominado querelle des femmes ou debate das excelencias, que se centra na disputa social e que se remonta ás orixes mesmas do patriarcado, no seo do cal terían lugar os contradiscursos antipatriarcais e filóxinos de resistencia fronte á misoxinia do sistema androcéntrico; o feminismo orixinario, centrado na discusión política, no contexto do proceso democrático do século XVIII; o feminismo sufraxista , que se concentra especialmente na reivindicación da igualdade cívica; e o actual feminismo da liberación da muller, que achega a procura da autonomía real e a valoración crítica das diferenzas. Vexamos a orixe da palabra feminismo para comprender toda a problemática que rodea ao fenómeno que designa e un esquema da historia do proceso feminista occidental para introducírmonos no seu coñecemento, tendo Rosas de mil follas: Guía persoal do tratamento non opresivo da cultura 113112 EVOHÉ CARMEN BLANCO Virginia Woolf: Un cuarto de seu e Tres guineas Internacionalismo feminista: migracións, viaxes e asociacións A igualdade de dereitos Ampliación do espazo e do tempo para as mulleres Matrimonio, anticoncepción, aborto e sexualidade libre Abolicionismo, maternalismo e control de natalidade Liberalización do corpo e reforma da vestimenta Autonomía e solidariedade: mulleres soas e irmandade internacional 4ª etapa. O feminismo da liberación da muller: a procura da autonomía e a investigación sobre a diferenza: avanzado o XX e século XXI A transición da guerra e da posguerra: fascismo, belicismo e reconstrución dos estados Simone de Beauvoir: O segundo sexo , a construción do “ser muller” Margaret Mead: Macho e femia , o relativismo cultural dos caracteres sexuais As orixes do movemento de liberación Estados Unidos O feminismo liberal: Betty Friedan ( A mística da feminidade ) O feminismo radical: proliferación de grupos, Kate Millett ( Política sexual) e Shulamith Firestone ( A dialéctica do sexo ) As polémicas entre radicais e socialistas: a dialéctica sexo / clase e as alianzas políticas do movemento Logros feministas: institucionalización e controversias A dialéctica sexo / raza A dialéctica heterosexualidade / homosexualidade A dialéctica pracer / perigo Os sistemas de sexo e xénero e a dialéctica igualdade / diferenza As transformacións e as reaccións a partir dos anos oitenta Gran Bretaña María de Zayas, Juana Inés de la Cruz, Benito Jerónimo Feijoo (“Defensa de las mujeres”) e Josefa Amar y Borbón: reivindicación da capacidade intelectual da muller Temas feministas do comezo do proceso que permanecerán nel: A desmitificación dos prexuízos A forza da memoria: os repertorios de mulleres ilustres A educación como dereito e remedio A denuncia da escravitude e o ideal de independencia 2ª etapa. O feminismo orixinario: a discusión política: fins do século XVIII A Revolución Francesa Os textos matriz: Olympe de Gouges (Declación dos dereitos da muller e da cidadá) e Mary Wollstonecraft (Vindicación dos dereitos da muller) Temas e prácticas feministas deste momento do proceso que permanecerán nel: As distintas estratexias de exclusión / inclusión A dialéctica igualdade / diferenza Confluencias coa política xeral 3ª etapa. O feminismo sufraxista: a reivindicación da igualdade: XIX e comezos do XX Nacemento simbólico: Estados Unidos, Australia e Nova Zelandia Gran Bretaña: sufraxismo, liberalismo e laborismo: John Stuart Mill Feminismo de clase: socialista, comunista e anarquista: August Bebel, Friedrich Engels, Clara Zetkin, Alexandra Kolontai, Emma Goldman… Protestantismo versus catolicismo, norte fronte a sur España e Galicia A dialéctica dereita / esquerda en torno ao feminismo A conquista do voto e a nova situación republicana Os contrastes da guerra civil e a regresión da ditadura Os avances democráticos A conquista do voto e a memoria do movemento A transformación feminista de entreguerras Feminismo e pacifismo 114 EVOHÉ HÉCTOR ACEBO Rosas de mil follas: Guía persoal do tratamento non opresivo da cultura 115 Separatismo e autonomía: a práctica da autoconciencia, a creación dunha linguaxe e a acción común En procura do nós feminino unificador Avances da ciencia, do pensamento e das artes feministas Desconstrución e reconstrución do saber: crítica do androcentrismo e recuperación da memoria das mulleres A asunción da múltiple diversidade feminina: as xenealoxías de mulleres, o infinito singular e a relación muller / mulleres A construción da subxectividade: cara ao recoñecemento da humanidade heteroxénea O recoñecemento da parcialidade feminista, a neutralización do neutro e a compenetración de pensamento e experiencia A profunda revolución internacional dos últimos anos 2. Conceptos básicos da ciencia non opresiva No citado El contradiscurso de las mujeres, ao igual que nos meu libros de estudo e ensaio, Nais, damas, prostitutas e feirantas (1995), Mulleres e independencia (1995), Sexo e lugar (2006) e Feministas e libertarias ( 2010) e nos meus artigos da revista Unión libre. Cadernos de vida e culturas (1996-2009) pódense ver explicados e aplicados os conceptos básicos achegados pola ciencia non patriarcal que se sintetizan, actualizados, no seguinte esquema didáctico: CONCEPTOS DE CIENCIA E PENSAMENTO NON OPRESIVOS (Dicotomía conceptual básica: OPRESIÓN / LIBERDADE Imposición / Liberación Falsidade / Verdade Prexuízo / Xuízo -Razón e Sentido-) .FEMINISMO: pensamentos e prácticas antipatriarcais a favor da igualdade de dereitos entre os sexos e da dignidade humana xeral sen discriminación sexual opresiva. Movemento de liberación social e persoal. .PATRIARCADO: pensamentos e prácticas propias do ANDROCENTRISMO=visións cerradas dos prototipos opresivos androcéntricos de poder múltiple: Juliet Mitchell Germaine Greer Francia Feminismo marxista. Simone de Beauvoir Feminismo radical. Monique Wittig Antirreformismo da liberación e da subversión: Hélène Cixous, Luce Irigaray e Julia Kristeva Italia Feminismo marxista e feminismo radical Cuspamos sobre Hegel de Carla Lonzi: feminismo independente Vivir e pensar a diferenza: o affidamento España e Galicia Características Orixes Eclosión Transformación A continuidade sufraxista-feminista Etapas do feminismo da liberación Os primeiros xestos simbólicos revolucionarios Os grupos e as campañas liberalizadoras da sexualidade e do status social das mulleres Revistas, editoriais, librerías e centros de encontro Centros de autocoñecemento, estudo e acollida Reformas lexislativas derivadas do feminismo O impulso internacional Relacións entre feminismo e política xeral A diversidade dos feminismos Feminismo, pacifismo e ecoloxismo A profundización no autocoñecemento: na procura do suxeito feminino Contra as escisións público / privado e teoría / praxe e contra o suxeito abstracto universal Rosas de mil follas: Guía persoal do tratamento non opresivo da cultura 117116 EVOHÉ CARMEN BLANCO -artes eróticas... SUBXECTIVIDADE: aberta, dialéctica, en marcha .PATRIARCADO: sociedade misóxina baseada no odio ás mulleres derivado do medo a elas .ANDROCENTRISMO DOS SISTEMAS LINGÜÍSTICOS E TERMINOLOXÍA NON ANDROCÉNTRICA Léxico tradicional: predominio de palabras patrimoniais, cultismos… para designar o odio ás mulleres (en casos, existencia só de termos execratorios) Neoloxismos: palabras de nova creación para designar o odio aos homes e o amor ás mulleres e aos homes (terminoloxía da ciencia non patriarcal) Palabras e frases non paritarias: MASCULINO + / FEMININO – Exemplos: Palabras patrimoniais non paritarias dentro da lingua: MISOXINIA (odio ás mulleres) / MISANTROPÍA (odio aos seres humanos) Exemplos: Neoloxismos: MISANDRIA e ANDROFOBIA (graos de odio aos homes) FILANDRIA (amor aos homes) Manifestacións específicas da misoxinia: XINECOFOBIA: aversión, hostilidade, vituperio, denigración… SEXISMO: desigualdade, subordinación, inferioridade, minusvaloración, menosprezo, desprezo, maltrato, marxinación, exclusión… Par de palabras non paritario: SEXISMO (machismo): poder sexual: homes / mulleres… CLASISMO: poder de clase (casta, estamento): clases altas / baixas… AEVITATISMO (patriarcado): poder de idade: adulto / non adulto… RACISMO (escravitude): poder de raza: branca / non branca… ETNOCENTRISMO (colonialismo, xenofobia): poder cultural: occidental / non occidental, relixioso… NORMALISMO: poder de normalidade, capacidade, eficiencia, validez, dotación, habilidade e saúde humanas: normalidade / subnormalidade, alta / baixa capacidade… .SOCIEDADE NON PATRIARCAL: POLICENTRISMO=visións abertas dos prototipos liberadores policéntricos antipoder DEREITOS HUMANOS AVANZADOS .PODER SEXUAL=poder dos sistemas de sexo-xénero-sexualidade-subxectividade .LIBERACIÓN DO PODER SEXUAL=loita contra as imposicións sexuais coa apertura dos modelos de sexo-xénero-sexualidade-subxectividade: SEXO: macho / femia: concepto de base natural -excepcións: hermafroditismo, intersexualidade... -modificacións derivadas da cultura e da ciencia: transexualidade... XÉNERO: masculino / feminino: concepto de base social - modelado polas tradicións culturais e polos avances de civilización SEXUALIDADE: concepto de base natural modelado polas tradicións culturais e os avances de civilización -opcións sexuais (heterosexualidade; homosexualidade, bisexualidade…) Rosas de mil follas: Guía persoal do tratamento non opresivo da cultura 119118 EVOHÉ CARMEN BLANCO da situación do proceso antipatriarcal galego dentro do contexto europeo e universal, con atención especial ao caso occidental, seguindo os saberes dos estudos de xénero en xeral, os aplicados á literatura en particular e da crítica literaria feminista. A investigación central da tese, recollida logo en Nais, damas, prostitutas e feirantas ten como obxectivo concreto a análise dos prototipos humanos e das distintas concepcións relativas ao sexo, xénero, sexualidade e subxectividade, en seis autores da literatura galega contemporánea, Ramón Otero Pedrayo, Eduardo Blanco Amor, Celso Emilio Ferreiro, Álvaro Cunqueiro, Ricardo Carballo Calero e Xosé María Díaz Castro; e en dous xéneros literarios, a narrativa (Otero, Blanco Amor, Cunqueiro) e a poesía (Ferreiro, Carballo, Díaz Castro). A análise centra especialmente a súa atención na caracterización das “imaxes de mulleres” que as distintas creacións presentan, aínda que tamén caracteriza, paralelamente, “imaxes de homes”, sobre todo no caso particular da novela A esmorga de Blanco Amor, que recrea diversos prototipos hetero e homosexuais. E os distintos estudos das creacións analizadas revelan moitas das contraditorias notas filóxinas e misóxinas presentes nelas, en consonancia coas diversas e complexas ideoloxías profundas e máis ou menos superficiais e / ou conscientes dos seus creadores, tal como farían logo os estudos doutros autores, como Eduardo Pondal, Manuel Leiras Pulpeiro ou Castelao, no libro, tamén citado, Sexo e lugar. Pero o máis positivo que revelan estes dous libros, e outros meus como Extranjera en su patria (2006), son as creacións intelixentes daqueles autores e daquelas autoras cunha ideoloxía máis profundamente filóxina e menos androcéntrica como é o caso de Rosalía de Castro, Eugenio Granell, Isaac Díaz Pardo, Luz Pozo Garza, José Ángel Valente ou Xohana Torres. Desde o punto de vista epistemolóxico, a análise utiliza un método integral, adaptado aos distintos textos literarios, que trata de situar histórica e ideoloxicamente as creacións estéticas e de extraer delas coñecementos humanos non revelados con anterioridade que posibilitan una valorización nova. E, con respecto ás “imaxes de mulleres”, a conclusión da tese mostra catro prototipos e / ou estereotipos básicos recreados que emerxen na diversidade real máis móbil e máis ou menos presente nas obras. Son as Nais, damas, prostitutas e feirantas do título do libro, que aparecen neste conxunto literario, para a ideoloxía establecida, en progresión descendente, desde o primeiro par, que ten o seu centro positivo máximo nas “nais”, ata o último par que representa as negativas e ambiguas marxes das mulleres prostituídas e das mulleres con dimensión pública, raras, estrañas, estranxeiras ou extraordinarias dentro dos sistemas sociais. Neoloxismo: antónimo de misoxinia / P. tradicional: antónimo de misantropía FILOXINIA (amor ás mulleres) / FILANTROPÍA (amor aos seres humanos) Palabras non paritarias: home público / muller pública, feirante / feiranta 3. Tratamento non androcéntrico da literatura Para o tratamento non androcéntrico da literatura cómpre coñecer as achegas da chamada crítica literaria feminista ou estudos de xénero aplicados á literatura, en gran medida semellantes aos das artes e a cultura en xeral, coas súas respectivas diversidades. Este é un esquema derivado do desenvolvemento do tema no citado El contradiscurso de las mujeres , onde se pode consultar unha síntese das achegas e bibliografía dos períodos: 1. Función da literatura no proceso feminista 2. A innovación da política sexual como variable hermenéutica 3. A ruptura epistemolóxica do sistema sexo-xénero-sexualidade-subxectividade 4. Características xerais da crítica feminista: diversidade metodolóxica, sincretismo, interdisciplinaridade… 5. A problemática terminolóxica: crítica feminista, xinocrítica, estudos de xénero 6. Etapas e liñas de investigación 1. As primeiras lecturas feministas 2. A procura da especificidade feminina 3. Os perigos da simplificación e do dogmatismo 4. A reconstrución da tradición literaria das mulleres 5. A apertura e diversificación dos últimos anos 6. A intelixente herdanza de Virginia Woolf: complexidade integradora e integral Na miña tese doutoral Imaxes de mulleres na literatura galega contemporánea á luz dos discursos feministas (1994), así como nos xa citados libros derivados dela, El contradiscurso de las mujeres e Nais damas, prostitutas e feirantas, expuxen teses históricas e principios de pensamento non patriarcal Rosas de mil follas: Guía persoal do tratamento non opresivo da cultura 121120 EVOHÉ CARMEN BLANCO - 1800-1939: presenza significativa en torno a Rosalía de Castro - 1939-actualidade: presenza en aumento progresivo E, da mesma maneira, as conclusións da obra Libros de mulleres , constatan na bibliografía de escritoras en lingua galega entre 1863 e 1992, entre outras moitas cousas, que foi Rosalía de Castro a autora do primeiro libro, Cantares gallegos , que a poesía foi o primeiro xénero publicado e que se mantivo como un dos máis editados, non só nun primeiro momento, senón tamén con posterioridade; que a narrativa aparece con posterioridade e medra progresivamente en publicacións ata ser tamén dos xéneros máis editados; que o teatro ten unha presenza bibliográfica semellante á da narrativa pero moitísimo máis escasa, sendo dos xéneros menos publicados; que os xéneros didácticos dos manuais e estudos aparecen con posterioridade mais chegarán a ser os máis numerosos, debido á incorporación das mulleres como profesionais á ciencia e á educación; que a literatura infantil e xuvenil aparece con posterioridade para ser un xénero en avance progresivo e, mesmo, cunha certa especialización xenérica nalgún momento; que o xénero didáctico do ensaio é tardío e non moi numeroso; que os libros de bibliografía tardan en aparecer mais teñen tamén unha presenza considerable, probablemente vinculada ao traballo histórico das mulleres nas profesións de arquivos e bibliotecas; que o xénero xornalístico da entrevista é máis tardío e menos numeroso; ou que segundo se avanza no tempo a incorporación das mulleres á publicación de libros en lingua galega aumenta en número e en diversidade xenérica e temática. 4. Cultura e civilización En suma, o tratamento non opresivo da cultura podería sintetizarse no coñecemento e na aplicación crítica das xenealoxías das diversas tradicións culturais e dos diversos logros da civilización extensiva dos dereitos humanos. Lugo, 19 de outubro de 2015 A parte teórica e metodolóxica da tese, recollida logo en O contradiscurso das mulleres, trata de caracterizar o proceso da dialéctica entre o androcentrismo e a apertura cara ao recoñecemento das diferenzas e o dereito á igualdade humanas, na vida, no pensamento e na ciencia, e trata tamén de explicar as orixes das polémicas e dos conflitos que o conmoveron, facendo fincapé na superación dos mesmos cara ao avance das liberdades humanas universais. Con anterioridade, desde finais dos anos setenta, fixen estudos literarios con postulados de crítica feminista, xinocrítica e estudos de xénero, aplicados tanto á literatura e á cultura, como ás creacións das mulleres e dos homes, aínda que especialmente ás escritoras galegas. Os meus libros Literatura galega da muller (1991), Escritoras galegas (1992), Libros de mulleres (Por unha bibliografía de escritoras en lingua galega: 1863-1992) (1994) e Mulleres e independencia , así como o monográfico de Unión libre dedicado ás Mulleres escritoras (1996) tratan de trazar unha historia da literatura das mulleres en lingua galega, dentro do contexto xeral da literatura galega; tratan de trazar fíos dunha historia específica da literatura das mulleres en lingua galega e, mesmo, da literatura das mulleres, galegas e non galegas; tratan de facer memoria histórica da escrita das mulleres en lingua galega; tratan de facer memoria da loita pola liberdade a través dos temas do poder, o sexo, a memoria, a cultura, as artes e a literatura; e tratan de revalorizar criticamente a literatura galega das mulleres no contexto da literatura galega, española e universal. O seguinte esquema, derivado de Escritoras galegas , pode ser útil como primeira achega para comprender a creación literaria en lingua galega das mulleres no seu contexto: 1. Tradicional escaseza dentro da historia xeral da literatura galega 2. Presenza importante: - Literatura oral: cantadeiras dos comezos e cantoras e narradoras populares - Literatura medieval: voces femininas indirectas nas cantigas de amigo, artes das soldadeiras - Rosalía de Castro no conxunto das importantes mulleres galegas do XIX 3. Síntese histórica: - Idade Media (Fins XII-XV): ausencia de autoras - Séculos Escuros (XVI-XVII-XVIII): presenza excepcional 122 EVOHÉ CARMEN BLANCO VIDAS ENTRELAZADAS: CARTAS DE VICENTE Y ANTÓN RISCO A JOSÉ ÁNGEL VALENTE Por Alba Fernández Méndez El presente trabajo pretende arrojar luz sobre la relación establecida entre el intelectual gallego Vicente Risco y su hijo, el profesor universitario y también escritor, Antón Risco, con José Ángel Valente, uno de los autores más importantes y significativos de la literatura española de posguerra. Se trata de un extracto del Trabajo Fin de Grado de Lengua y Literatura Españolas defendido en la Facultad de Humanidades de la Universidade de Santiago de Compostela durante el curso 2014-2015 con el título de “Cartas de Vicente y Antón Risco a José Ángel Valente. Edición y estudio” y la dirección del profesor Claudio Rodríguez Fer, director de la Cátedra de Poesía y Estética de la Universidade de Santiago de Compostela. La vinculación establecida entre los tres escritores es desconocida por gran parte del público lector interesado en cuestiones literarias, por lo que el objeto de este documento académico es ofrecer información sobre la relación mantenida entre estas notables figuras de la literatura española mediante el estudio de veintisiete cartas que intercambiaron a lo largo de sus vidas. Por ello, el tema elegido se desarrolla con la intención de abrir un nuevo camino en los estudios literarios, pero también con el deseo de satisfacer las expectativas de todo aquel interesado en aproximarse a este aspecto menos conocido de los autores. Bibliografía Carmen Blanco, Literatura galega da muller , Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 1991. Carmen Blanco, Escritoras galegas , Santiago de Compostela, Editorial Compostela, 1992. Carmen Blanco, Imaxes de mulleres na literatura galega contemporánea á luz dos discursos feministas. Tese doutoral, Universidade de Santiago de Compostela,1994. Carmen Blanco, Libros de mulleres (Por unha bibliografía de escritoras en lingua galega: 1863-1992) , Vigo, Edicións do Cumio, 1994. Carmen Blanco, O contradiscurso das mulleres. Historia do proceso feminista , Vigo, Editorial Nigra, 1995. Carmen Blanco, Nais, damas, prostitutas e feirantas, Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 1995. Carmen Blanco, Mulleres e independencia , Sada, A Coruña, Ediciós do Castro, 1995. Carmen Blanco (coord.), “Mulleres escritoras”, Unión libre. Cadernos de vida e culturas, 1, 1996, pp. 13-147. Carmen Blanco, El contradiscurso de las mujeres. Historia del proceso feminista , Vigo, Editorial Nigra, 1997. Edición ampliada e actualizada. Tradución de Olga Novo. Carmen Blanco, Sexo e lugar , Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 2006. Carmen Blanco (ed.), Extranjera en su patria. Cuatro poetas gallegos. Rosalía de Castro. Manuel Antonio. Luís Pimentel. Luz Pozo Garza, Barcelona, Galaxia Gutenberg-Círculo de Lectores, 2006. Carmen Blanco, Feministas e libertarias , Santiago de Compostela, Meubook, 2010. Unión libre. Cadernos de vida e culturas, Sada, Ediciós Castro, 1996-2009.