scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Primeiros auxilios en Educación Infantil. Actitude do profesorado

Martínez Villalón, Elena

Abstract

Os centros escolares son lugares nos que os nenos e nenas pasan moitas horas cada día, e nos que poden acontecer unha gran variedade de accidentes. É por iso que se fai imprescindible unha actitude por parte do profesorado que garanta unha acción consecuente e eficaz ante as problemáticas que poidan xurdir. Neste traballo analizarase a actitude e os coñecementos sobre primeiros auxilios, facendo tamén referencia ao marco lexislativo vixente. Os obxectivos deste traballo son coñecer a actitude do profesorado de Educación Infantil de cara a actuar ante situacións de emerxencia. Pártese da hipótese de que o profesorado de Educación Infantil posúe as actitudes necesarias para dar unha primeira axuda. A metodoloxía empregada consta dunha enquisa enviada aos profesores da comarca de Ferrol, cun cuestionario que avalíe os coñecementos sobre primeiros auxilios dos profesores de educación infantil.

Full text

Autora: Elena Martínez Villalón Primeiros auxilios en Educación Infantil. Actitude do profesorado. Facultade de Ciencias da Educación Xuño 2019 Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en mestre/a de Educación Infantil Traballo de fin de grao Titores: Ernesto Smyth Chamosa e Paula Fernández Riveiro Primeiros auxilios en Educación Infantil. Actitude do profesorado TÍTULO: PRIMEIROS AUXILIOS EN EDUCACIÓN INFANTIL. ACTITUDE DO PROFESORADO. TÍTULO: PRIMEROS AUXILIOS EN EDUCACIÓN INFANTIL. ACTITUD DEL PROFESORADO. TITLE: FIRST AID IN EARLY CHILDHOOD EDUCATION. TEACHER’S ATTITUDE. Primeiros auxilios en Educación Infantil. Actitude do profesorado . INDICE Resumo/Resumen/Abstract ....................................................................................... 1 1. Introdución ............................................................................................................. 3 2. Marco teórico .......................................................................................................... 4 2.1. Accidentes e situacións de urxencia no centro escolar ............................... 4 2.2. Marco legal ................................................................................................ 6 2.2. Urxencias e autoprotección ........................................................................ 8 2.4. Primeiros auxilios en accidentes e enfermidades repentinas ...................... 9 3. Hipótese e obxectivos .......................................................................................... 10 4. Método .................................................................................................................. 11 5. Resultados ............................................................................................................ 13 5.1. Preguntas de avaliación............................................................................ 15 5.2. Preguntas de opinión ou valoración .......................................................... 20 6. Discusión .............................................................................................................. 22 7. Conclusións .......................................................................................................... 28 8. Boas prácticas ...................................................................................................... 29 9. Referencias ........................................................................................................... 31 10. Anexos. ............................................................................................................... 34 Anexo 1: carta de presentación ........................................................................... 35 Anexo 2: enquisa................................................................................................. 36 Anexo 3: listado de centros ................................................................................. 40 Anexo 4: control preguntas – táboa 1 .................................................................. 43 Anexo 5: coñecemento enquisados – táboa 2 ..................................................... 44 Anexo 6: resumo do traballo enviado aos centros de estudo ............................... 45 1 Primeiros auxilios en Educación Infantil. Actitude do profesorado RESUMO Os centros escolares son lugares nos que os nenos e nenas pasan moitas horas cada día, e nos que poden acontecer unha gran variedade de accidentes. É por iso que se fai imprescindible unha actitude por parte do profesorado que garanta unha acción consecuente e eficaz ante as problemáticas que poidan xurdir. Neste traballo analizarase a actitude e os coñecementos sobre primeiros auxilios, facendo tamén referencia ao marco lexislativo vixente. Os obxectivos deste traballo son coñecer a actitude do profesorado de Educación Infantil de cara a actuar ante situacións de emerxencia. Pártese da hipótese de que o profesorado de Educación Infantil posúe as actitudes necesarias para dar unha primeira axuda. A metodoloxía empregada consta dunha enquisa enviada aos profesores da comarca de Ferrol, cun cuestionario que avalíe os coñecementos sobre primeiros auxilios dos profesores de educación infantil. Palabras chave: primeiros auxilios, enquisa, profesorado, educación infantil, centros escolares. RESUMEN Los centros escolares son lugares en los que los niños y niñas pasan muchas horas al día, y en los que pueden suceder una gran variedad de accidentes. Es por eso que se hace imprescindible una actitud por parte del profesorado que garantice una acción consecuente y eficaz ante las problemáticas que puedan surgir. En este trabajo se analizará la actitud y los conocimientos sobre primeros auxilios, haciendo también referencia al marco legislativo vigente. Los objetivos de este trabajo son conocer la actitud del profesorado de Educación Infantil de cara a actuar ante situaciones de emergencia. Se parte de la hipótesis de que el profesorado de Educación Infantil debería reunir las actitudes necesarias para dar una primera ayuda. La metodología empleada consta de una encuesta enviada a los profesores de la comarca de Ferrol, con un cuestionario que evalúe los conocimientos sobre primeros auxilios de los profesores de Educación Infantil. Palabras clave: primeros auxilios, encuesta, profesorado, educación infantil, centros escolares. 2 Primeiros auxilios en Educación Infantil. Actitude do profesorado ABSTRACT Schools are places where boys and girls spend many hours, and where a variety of accidents can happen. That is why it is important the teacher’s attitude, so they can guarantee a consequent and effective action against any problem that could happen. In this paper, the importance of having a positive attitude on first aid will be analyzed, speaking also about the current legislative framework. The objectives of this paper are knowing the attitude of the teachers in Early Childhood Education when they have to act in emergency situations. We begin with the hypothetical situation that the teachers of Early Childhood Education should have the necessary attitudes to give first aid. The methodology use in this paper consists of a poll given to all the teachers of Ferrol region, with a questionnaire that evaluates the knowledge of first aid of teachers of Early Childhood Education. Key words: first aid, poll, teachers, early chilhood education, schools 3 Primeiros auxilios en Educación Infantil. Actitude do profesorado 1. INTRODUCIÓN A idea de enfocar este traballo de fin de grao cara o coñecemento dos primeiros auxilios por parte do profesorado de infantil, xurde en primeiro lugar, pola importancia de que a poboación teña suficiente coñecemento sobre o tema e polo papel que poden xogar os mestres nesta cuestión. En segundo lugar, para comprobar que os mestres e mestras de educación infantil teñen ou non coñecementos sobre primeiros auxilios, así como a súa valoración sobre o tema. Os nenos pasan diariamente moitas horas no centro escolar, polo que se fai indispensable que os mestres, que nese intervalo se converten nos seus “segundos pais”, poidan preservar a seguridade dos nenos e nenas, así como garantir unha correcta actuación ante calquera situación de emerxencia. A modalidade empregada é a de “Traballo de iniciación á investigación de campo”, para o cal se levará a cabo un marco teórico para entender a temática a tratar, hipóteses e obxectivos que se pretenden acadar, o método empregado para a realización do estudo, así como resultados e discusión, e por último, conclusións. Incorporarase tamén un apartado de “boas prácticas” no que se expón as actitudes correctas que se deben levar a cabo ante unha situación que requira da realización de primeiros auxilios. Con este traballo preténdense acadar unha serie de competencias propias da titulación, entre as que destacan: - Coñecer fundamentos de dietética e hixiene infantís. Coñecer fundamentos de atención temperá y as bases y desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe e de construción da personalidade na primeira infancia (G8). - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética (CB3). - Recoñecer la identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas (E4). - Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico (E5). 4 Primeiros auxilios en Educación Infantil. Actitude do profesorado 2. MARCO TEÓRICO 2.1. Accidentes e situacións de urxencia no centro escolar Á hora de previr accidentes ou de actuar realizando primeiros auxilios débese ter en conta, como di Carrera (2004), que poden existir distintos factores que condicionan a aparición de accidentes: - Factores dos propios nenos: a idade condiciona directamente a aparición de accidentes, xa que a medida que os nenos crecen van cambiando e adquirindo máis autonomía, facendo que varíen os tipos de accidentes que poidan acontecer. Os bebés, por exemplo, son os máis propensos a sufrir caídas e intoxicacións, en gran medida polas condicións motoras que son propias da idade na que se atopan. Outro factor condicionante é o sexo, sendo os nenos varóns os que mostran un maior índice de accidentalidade. - Características individuais dos nenos: como ben sabemos, sobre todo nas escolas, somos educados en sociedade, pero cada neno e nena ten características distintas e un ritmo de evolución diferente, o que fai existan grupos con maior susceptibilidade a sufrir accidentes en función das súas características persoais. Algúns exemplos serían: nenos con deficiencias físicas ou mentais, nenos hiperactivos, nenos reincidentes en accidentes, nenos con trastornos de conduta, nenos en ambientes familiares negativos, etc. - Factores medioambientais: esta autora considera que os factores medioambientais son o entorno físico, o socio-económico e o lugar de residencia. As idades correspondentes aos nenos de educación infantil axudan a delimitar como entornos principais a escola, a rúa e o fogar, sendo a escola o lugar que máis interesa para este traballo, en canto a que se poden producir unha gran cantidade de accidentes e para o cal sería fundamental ter en conta a seguridade das súas instalacións. O entorno socio-económico está moi ligado ás condicións dun fogar, e polo tanto influirá na posible prevención de accidentes. Por último, en canto ao lugar de residencia, a autora comenta que nas zonas urbanas se producen máis accidentes infantís que no campo. - Factores educativos: para favorecer a prevención de accidentes infantís, a educación é o punto de partida, e tendo en conta a permeabilidade educativa propia desta etapa, deberíase aproveitar para ensinar ao alumnado hábitos de hixiene e seguridade. Non obstante, esta educación debe comezar polos padres e os docentes, xa que non sempre contan coa formación necesaria. 5 Primeiros auxilios en Educación Infantil. Actitude do profesorado Outro aspecto a ter en conta segundo Carrera (2004) é a tipoloxía de accidentes máis comúns asociados ao rango de idade propio dos nenos de educación infantil. A autora establece que entre os 0-6 meses de vida a maior parte dos accidentes suceden no fogar e na escola, e tendo en conta que nesta franxa idade os infantes pasan pola fase oral ou de inxesta, os atragantamentos serán os accidentes máis frecuentes. Tamén poden acontecer outro tipo de sinistros como caídas, queimaduras, accidentes de coche, asfixias, etc. Entre os 7 meses e os 6 anos se produce unha importante maduración motora provocando que aumente o espazo a explorar dos nenos grazas a súa posibilidade de desprazamento. É moi propio desta etapa a curiosidade e a conduta imitativa, pero a ousadía dos nenos por descubrir o mundo que lles rodea non se corresponde aínda cos reflexos de supervivencia necesarios para actuar en situacións de perigo. Por tanto, os accidentes máis frecuentes nesta etapa son as intoxicacións, caídas, queimaduras, lesións por electricidade, etc. (Carrera, 2004). Os datos ofrecidos por esta autora compártenos tamén outras fontes como é o caso da Organización Mundial de la Salud (2019), mostrando que aproximadamente o 90% das lesións dos nenos son producidas de forma involuntaria e accidental. Esparza e Mintegi (2016) comparten esta afirmación na Guía para padres, dicindo que a primeira causa de morte na infancia entre os 5 e 18 anos na Unión Europea son as lesións non intencionadas, sendo en España as máis frecuentes as producidas por caídas e precipitacións (35,6%) e por accidentes de tráfico (23,7%). Engaden que os nenos de preescolar son os que máis sofren caídas, precipitacións, afogamentos, queimaduras, intoxicacións, etc., dando sentido ao obxectivo deste traballo, ao mostrar a necesidade de que o profesorado teña coñecementos en primeiros auxilios para atender ao alumnado e previr este tipo de situacións de urxencia. É importante aclarar que segundo Esparza e Mintegi (2016), a Organización Mundial da Saúde (OMS) substituíu a palabra accidente por lesión non intencionada, deste feito consegue facerse fincapé en que este tipo de situacións son inevitables. A pesar de que as caídas son as lesións máis frecuentes, non se presta moita atención á súa prevención, pois a maioría delas non teñen consecuencias físicas. Non obstante, “son la tercera causa de muerte por lesión no intencionada en la Unión Europea (UE) en menores de 19 años, y la primera causa de ingreso por lesión accidental” (Esparza e Mintegi, 2016). Aínda que este tipo de accidentes se producen en todas as idades, son máis comúns en nenos moi pequenos. 6 Primeiros auxilios en Educación Infantil. Actitude do profesorado En canto aos accidentes producidos por queimaduras, esta guía para padres di que son a cuarta causa de morte na infancia e son moi frecuentes naqueles nenos cuxa franxa de idade se atopa entre os 12 e 24 meses de vida. Os menores de un ano teñen un porcentaxe do 12%, entre 1-2 anos do 33%, entre 3-6 anos do 27% e entre os 7 e 15 do 29%. Os accidentes por afogamento son a terceira causa de morte segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE, 2015). 2.2. Marco legal Hoxe en día, a gran maioría dos ámbitos que nos rodean están lexislados ou regulados, polo que a temática deste traballo tamén presenta lexislación que a respalda e que é necesario ter en conta. En primeiro lugar, posto que con este estudo se pretende analizar os coñecementos do profesorado de educación infantil en primeiros auxilios, se fai necesario abordar o tema desde a perspectiva legal na propia escola. Nun centro educativo debe existir un Plan de Autoprotección para asegurar o cumprimento do Artigo 15 do Real Decreto 732/1995, de 5 de mayo, por el que se establecen los derechos y deberes de los alumnos y las normas de convivencia en los centros. Neste artigo faise referencia a que o alumnado ten dereito a que a súa actividade académica poda levarse a cabo nas condiciones de seguridade e hixiene adecuadas. O capítulo III da orde do 22 de xullo de 1997, pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil, dos colexios de educación primaria e dos colexios de educación infantil e primaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, indica que o Plan de Autoprotección debe estar enmarcado dentro do Regulamento de Réxime Interior e na Programación Xeral Anual, e nel detállanse os mecanismos e medios dos que dispón o centro para afrontar as situacións que afecten, tanto á seguridade de alumnos, docentes e outros traballadores, como as propias instalacións escolares. O Plan de Autoprotección contempla aspectos como o plan de evacuación ante unha situación de emerxencia, a localización e o equipamento das caixas de urxencias, localización das saídas de emerxencia, a protección do alumnado, etc. Segundo este mesmo capítulo, todas as persoas que conforman a comunidade educativa do centro escolar, teñen a obriga de coñecer o plan de autoprotección e os mecanismos para que se poda levar a cabo para garantir a seguridade dentro das súas paredes, sendo o director ou directora o encargado de dalo a coñecer. 13 Primeiros auxilios en Educación Infantil. Actitude do profesorado 5. RESULTADOS En primeiro lugar, cabe destacar que dos 34 centros rexistrados na comarca de Ferrol, obtiven resposta de 13, que supón o 38,24% dos centros. Respondendo 24 profesores, dos cales un 95,8% son mulleres e un 4,3% homes. Do total de 13 centros participantes, 8 pertencen ao primeiro ciclo de infantil e 5 ao segundo ciclo. A participación do profesorado en cada un deles foi distinta, en gran medida debido a que as escolas e colexios teñen distinto número de mestres en función do seu alumnado e tamén polo carácter voluntario da enquisa. Tendo isto en conta, o centro escolar con maior participación por parte dos seus docentes é a Escola Infantil ABC cun porcentaxe de 20,8%, seguido do Colexio Cristo Rey (16,7%), a Escola Infantil Grumete Ferrol (12,5%) e por último o CEIP Isaac Peral e CPR Belén ambos cun 8,3% de participación. Os docentes dos 8 centros escolares restantes participaron un 4,2%. En canto á titularidade dos colexios, a enquisa conta cun 38,5% de centros privados, 38,5% de públicos e un 23,1% de concertados. Con relación ao posto de traballo que ocupan os enquisados, atopámonos que o grupo máis numeroso é o de mestres, ao que lle corresponde un 54,2%. O número de educadoras obtén un 29,2% e os postos de dirección un 12,5%. Por último, a mostra conta cunha coordinadora, representando un 4,2% do total de enquisados. Na enquisa ofreceuse unha pregunta para saber se os participantes realizaron estudos previos en primeiros auxilios, e deste xeito comprobar se inflúe de algunha maneira no resultado obtido. Dos 24 enquisados, un 8,3% non realizou ningún curso de primeiros auxilios, mentres que o 91,7% si ten estudos previos. Deste último grupo houbo 8 persoas que non especificaron o ano de realización do curso, pero a partir das datas ofrecidas polos 14 restantes establecín catro rangos. Entre 2000 e 2005 un 7,1% de enquisados tivo unha formación previa en primeiros auxilios; o mesmo acontece entre 2005 e 2010. O 28,6% dos enquisados entre 2010 e 2015 e o 57,1% entre 2015 ata a actualidade. Para valorar o interese dos enquisados nesta temática elaborei unha pregunta con cinco opcións a escoller e das que obtiven os seguintes resultados: o 45,8% dos enquisados opinan que teñen moito interese no tema, un 50% ten bastante interese e un 4,2% ten pouco interese. Do mesmo xeito valorouse o coñecemento en primeiros auxilios que os participantes opinan que teñen, obtendo un 62,5% á opción de “bastante” e un 37,5% á de “pouco”. Por último, un 87,5% considera que ten moita importancia os primeiros auxilios na súa profesión, contra o 12,5% que considera que ten bastante importancia. 14 Primeiros auxilios en Educación Infantil. Actitude do profesorado A continuación analizarei as preguntas de avaliación, os porcentaxes de resposta obtidos e indicarei cal é a resposta correcta. Todas as cuestións de avaliación de coñecemento teñen cinco opcións de reposta única excepto a 19 e 20 que teñen dúas opcións. Posteriormente se comentarán as preguntas de opinión ou valoración. 45,8% 50,0% 4,2% O interese que mostra polo tema é: MOITO BASTANTE POCO MOI POUCO NIGÚN 62,5% 37,5% O seu nivel de coñecementos sobre primeiros auxilios o considera: MOITO BASTANTE POCO MOI POUCO NIGÚN 87,5% 12,5% Grao de importancia da materia no seu traballo: MOITO BASTANTE POCO MOI POUCO NIGÚN Figura 1: Interese do profesorado Figura 2: Nivel coñecementos en primeiros auxilios Figura 3: Importancia dos primeiros auxilios 15 Primeiros auxilios en Educación Infantil. Actitude do profesorado 5.1. PREGUNTAS DE AVALIACIÓN Pregunta 1 – Que é a RCP (Resucitación Cardio Pulmonar)? Das cinco opcións posibles, a máis escollida polos enquisados foi “Maniobra que pode manter o fluxo de sangue osixenada ao cerebro e outros órganos vitais” (opción C), cun 95,8%. Un 4,2% respondeu que a RCP é unha “Maniobra para axudar a expulsar un obxecto que obstrúe unha vía aérea” (opción A). Neste caso a correcta é a opción C. Pregunta 2 – Ante unha ferida que sangra en exceso, a primeira actuación deberá ser... A opción B, “facer compresión directa sobre a ferida” foi a elixida polo 83,3% dos enquisados, “facer un torniquete” (opción C) foi a resposta dun 4,2% e “facer compresión directa sobre a zona de sangrado” (opción D) foi a elección do 12,5%. A resposta correcta é a B. Pregunta 3 – Que se debe facer ante unha luxación? Nesta cuestión houbo case unanimidade, habendo un 4,2% de persoas que optaron por “aplicar calor e inmobilizar a articulación” (opción C), fronte o 95,8% que elixiu a resposta correcta, “inmobilizar a articulación afectada e aplicar frío” (opción A). 83% 4% 13% A B C D E 96% 4% A B C D E 4% 96% A B C D E Figura 4: Porcentaxe de respostas da pregunta 1 Figura 6: Porcentaxe de respostas da pregunta 3 Figura 5: Porcentaxe de respostas da pregunta 2 16 Primeiros auxilios en Educación Infantil. Actitude do profesorado Pregunta 4 – Que farías ante unha ferida profunda? A resposta correcta é “diminuír a hemorraxia con compresión, limpar a ferida e tapala con gasas limpas” (opción C) e foi escollida polo 95,8% dos enquisados. A outra opción elixida foi a de “limpar a ferida, cubrila con gasas limpas e retirar os corpos estraños” (opción A). A resposta correcta é a C. Pregunta 5 – Que farías se tras un golpe un neno perde unha peza dental? Esta foi unha das preguntas con máis variedade de respostas, obtendo a opción A “somerxer o dente nun desinfectante se non está limpo” un 8,3% dos enquisados, a opción B “limpar o oco do dente” un 62,5%, a opción C “manter o dente húmido en todo momento en auga fría” un 20,8% e a opción E “no sabería que facer”, un 8,3%. Neste caso a opción máis elixida non é a correcta, senón a C. Pregunta 6 – Ante unha insolación...: Os participantes optaron por unanimidade pola opción B “colocar nun sitio fresco e poñer compresas frías na cabeza, pescozo e nuca”, sendo ademais a resposta correcta. Pregunta 7 – Ante unha caída na que o neno se golpea a cabeza...: A resposta “mover ao neno e sentalo” (opción B) foi seleccionada por un 4,2% dos enquisados e a opción C que sería a resposta correcta, “chamar ao número de emerxencias se se sospeita gravidade”, por un 95,8%. 4% 96% A B C D E 8% 63% 21% 8% A B C D E 4% 96% A B C D E Figura 7: Porcentaxe de respostas da pregunta 4 Figura 8: Porcentaxe de respostas da pregunta 5 Figura 9: Porcentaxe de respostas da pregunta 7 17 Primeiros auxilios en Educación Infantil. Actitude do profesorado Pregunta 8 – A actuación ante unha torcedura é...: Un 8,3% dos participantes escolleron “repouso e inmobilización” (opción A) e un 91,7% a correcta, “frío, elevación do membro e estiramentos musculares cara o mesmo movemento onde se causou a lesión” (opción D). Pregunta 9 – Un alumno permanece no chan tras unha caída, non responde aos estímulos pero respira ben. Que farías?: Nesta pregunta volve a haber unanimidade, obtendo un 100% de respostas correctas a opción C: “poñelo en posición lateral de seguridade e chamar á ambulancia e comprobar que sigue respirando”. Pregunta 10 – Nunha ferida aberta, se se realiza compresión directa sobre a mesma durante máis de 10 minutos e non cesa o sangrado, se deberá de...: Esta pregunta foi a que máis variedade de elección obtivo. Un 29,2% dos participantes seleccionou “realizar un torniquete sobre a arteria correspondente á zona do sangrado” (opción A), un 25% elixiu “realizar compresión directa sobre a arteria correspondente á zona do sangrado” (opción B), outro 25% escolleu “seguir realizando a compresión directa da ferida elevando o membro afectado, e colocando gasas novas encima das anteriores” (opción C), un 12,5% “seguir realizando a compresión directa da ferida elevando o membro afectado, quitando as gasas empapadas e colocando gasas novas” (opción D) e por último, o 8,3% escolleu a opción E “non sabería que facer”. A resposta correcta a esta pregunta non foi a máis escollida, senón a opción C. 8% 92% A B C D E 29% 25% 25% 13% 8% A B C D E Figura 10: Porcentaxe de respostas da pregunta 8 Figura 11: Porcentaxe de respostas da pregunta 10 18 Primeiros auxilios en Educación Infantil. Actitude do profesorado Pregunta 11 – Ante unha obstrución da vía aérea por atragantamento...: Nesta ocasións houbo outra vez unanimidade na elección dos participantes, escollendo como a resposta correcta: “animar a tusir, e no caso de que a tos non sexa efectiva, empezar maniobras de Heimlich (5 golpes nos omoplatos e 5 compresións abdominais)” (opción B). Pregunta 12 – Ante o sangrado polo nariz, que debemos facer?: Nesta cuestión, un 83,3% dos enquisados seleccionaron a opción A “colocar a cabeza inclinada cara diante e comprimir 5 minutos a ala do nariz contra o tabique nasal”, o 12,5% a opción B “colocar a cabeza inclinada cara atrás e comprimir 5 minutos o ala do nariz contra o tabique nasal” e o 4,2% optou pola opción D “colocar a cabeza en posición neutra e sonarse o nariz”. A resposta correcta é a A. Pregunta 13 – Ante unha crise convulsiva...: Neste caso, un 20,8% dos enquisados optaron pola opción B “Inmediatamente tratar de agarrar a lingua para no tragala” e 79,2% a opción D “evitar que caia ao chan bruscamente e esperar a que pase a crise ata que volva recuperar a consciencia”. A resposta correcta é a D. Pregunta 14 – Que faría ante unha dor abdominal? Nesta cuestión volve haber unanimidade ao seleccionar o 100% dos enquisados “tranquilizar ao alumno, buscar un ambiente adecuado e colocalo nunha postura cómoda” (opción B), sendo a resposta correcta. 83% 13% 4% A B C D E 21% 79% A B C D E Figura 12: Porcentaxe de respostas da pregunta 12 Figura 13: Porcentaxe de respostas da pregunta 13 19 Primeiros auxilios en Educación Infantil. Actitude do profesorado Pregunta 15 – Como actuaría ante unha intoxicación cun produto de limpeza? Dos 24 participantes, o 16,7% provocaría o vómito do neno, segundo a opción A e o 83,3% chamaría aos servizos de urxencias ou ao Instituto Nacional de Toxicoloxía (opción D). A pregunta obtén un número de 20 respostas correctas, sendo a opción D a que deberían seleccionar. As dúas seguintes preguntas en lugar de ter cinco respostas de elección única, teñen dúas: si e non. Para poder engadilas na táboa 1 establécese que “si” é a opción A e “non” a opción B. Deste xeito pódese contabilizar facilmente as respostas correctas. Pregunta 16 – Sabe onde está situado o botiquín no centro escolar? O 100% dos enquisados respondeu que si sabe onde encontrar o botiquín. Pregunta 17 – Coñece o protocolo de actuación ante unha emerxencia no centro escolar? Os participantes volven a responder con unanimidade a esta pregunta dicindo que si coñecen o protocolo establecido ante calquera emerxencia que aconteza no seu centro escolar. Nas dúas seguintes preguntas acontece algo parecido que nas anteriores, pero neste caso, a opción A correspóndese con “sabe” e a opción B con “non sabe”. Pregunta 19 – Sabe quen é o responsable no seu centro ante unha situación de emerxencia? Para considerar que as respostas dadas son correctas, os enquisados deben responder “a dirección” ou “director/a”. As demais respostas dadas como o mestre de Educación Física, a coordinadora, o responsable de seguridade, etc. ou responder “si” pero sen indicar quen é o 17% 83% A B C D E Figura 14: Porcentaxe de respostas da pregunta 15 20 Primeiros auxilios en Educación Infantil. Actitude do profesorado responsable, son tratadas como erróneas. Tendo todo isto en conta, un 45,8% sabe quen é o responsable e o 54,2% non o sabe. Pregunta 20 – Cal é o número de emerxencias? Esta pregunta reúne as mesmas condicións que anterior, polo que considero que a resposta correcta é 112 ou a maiores especificar que o 061 é o número de emerxencias sanitarias. Pola contra, tómanse como erróneas algunhas das respostas como 911. Finalmente obsérvase que un 62,5% sabe cal é o número de emerxencias e o 37,5% non o sabe. Todas as cuestións anteriores pertencían ao grupo de preguntas de avaliación e as tres seguintes correspóndense co grupo de preguntas de opinión ou valoración. Do mesmo xeito, para poder engadilas á táboa 1, a resposta “si” correspóndese coa opción A e “non” coa B. 5.2. PREGUNTAS DE OPINIÓN OU VALORACIÓN Pregunta 18 – Ten actualmente na súa aula algún neno con patoloxía crónica ou alerxias que precise de tratamento médico?: 46% 54% A B 62% 38% A B Figura 16: Porcentaxe de respostas da pregunta 20 Figura 15: Porcentaxe de respostas da pregunta 19 21 Primeiros auxilios en Educación Infantil. Actitude do profesorado Nesta pregunta pediuse ao profesorado que no caso de responder afirmativamente, especificaran a patoloxía do seu alumnado. Un 66,7% dos enquisados responderon que non teñen alumnado con estas características e o 33,3% indicou que si. Os datos totais obtidos foron: un 66,7% non teñen nenos con algunha patoloxía, un 4,2% indicou que si pero non especificou, outro 4,2% teñen un alumno que padece celiaquía, un 16,7% indicou alerxias e o 8,3% epilepsia. Pregunta 21 – Coñece o programa Alerta Escolar?: A maior parte do profesorado participante coñece o programa Alerta escolar, sendo un 87,5%, fronte ao 12,5% que o descoñece. Pregunta 22 – Considera positiva a figura da enfermeira escolar? Nesta última pregunta case hai unanimidade salvo po unha persoa que non considera que sexa positiva a existencia da figura da enfermeira escolar. Por tanto, obsérvase que o 95,8% responde afirmativamente e un 4,2% indica que non lle parece positiva. 8,3% 16,7% 4,2% 4,2% 66,7% EPILEPSIA ALERXIA CELIAQUÍA SI (SEN ESPECIFICAR) NON 87% 13% SI NO 96% 4% SI NO Figura 17: Porcentaxe de respostas da pregunta 18 Figura 18: Porcentaxe de resposta da pregunta 21 Figura 19: Porcentaxe de resposta da pregunta 22 22 Primeiros auxilios en Educación Infantil. Actitude do profesorado 6. DISCUSIÓN Tras analizar os resultados do cuestionario e tendo identificadas as preguntas cun maior porcentaxe de erros, habería que valorar a razón desa baixa puntuación, que pode ser debida a dous motivos: - Unha mala redacción da pregunta que levou a un erro de interpretación do enquisado facéndoo contestar de maneira incorrecta. - Debido á dificultade ou descoñecemento desa pregunta en concreto, levando a contestar tamén de forma incorrecta. Tendo en conta estes dous motivos, podería valorarse unha reelaboración desas preguntas ou a súa eliminación, para non levar a unhas conclusións erróneas no estudo. As preguntas 16 e 17 teñen como opción de resposta si/non, polo que para poder engadila na táboa 1 e 2 estableceuse que o “si” se corresponde coa opción A e o “non” coa B. Algo parecido acontece coa 19 e 20, que ao ser de resposta aberta adaptáronse á táboa establecendo como respostas válidas, no caso da pregunta 19, “A dirección”, e para a 20 “112” e “061”, aparecendo na táboa como “sabe” (opción A). As demais respostas dadas que non foran a correcta aparecen reflexadas na táboa como “non sabe” (opción B). En total, foron enviadas as enquisas a 34 centros de primeiros e segundo ciclo, dos cales responderon o 38,24% e se consideramos que hai 2 profesores de infantil por centro, teríamos unha poboación de 68 suxeitos. Tendo en conta que responderon 24, o que supón un 35,29%, pódese dicir que é unha porcentaxe aceptable de respostas. Noutros estudos, como é o caso de Arabaldes e Ortín (2008), obtívose unha porcentaxe de participación do 51,90%. Neste traballo de Fin de Grao non se atinxe esta porcentaxe, aínda que é similar (35’29%). A pesar disto tamén se pode supoñer que existe un certo sesgo na selección da mostra, xa que a participación pode ser interesada; pode deberse a que teñen coñecementos previos sobre primeiros auxilios. Polo xeral, unha persoa que non ten coñecementos sobre un tema concreto é probable que non acepte participar nunha enquisa voluntaria, en gran parte, por non mostrar o descoñecemento que poda ter na materia. Como se comentou anteriormente, a porcentaxe de mulleres que participaron é de 95,8%, mentres que o de homes de do 4,3%. Estas cifras correspóndense coas porcentaxes ofrecidas pola Xunta de Galicia no libro As cifras da educación en Galicia, estatísticas indicadores do Curso 2015/16 (Consellería de Educación, Universidade e Formación 29 Primeiros auxilios en Educación Infantil. Actitude do profesorado 8. BOAS PRÁCTICAS Como se comentou anteriormente, en canto a realización de primeiros auxilios, é tan importante saber actuar como saber o que non se debe facer. Por esta razón neste apartado se engadirán as actuacións correctas ante as preguntas cun maior porcentaxe de erros a ante certas situacións que poden levar a confusión ou dificultades na vida real. En primeiro lugar, en relación coa pregunta nº5 do cuestionario “Que farías se tras un golpe un neno perde unha peza dental?”, a guía de primeiros auxilios do 061 de Chayán et al. (s.d.) define a avulsión dental como a situación na que “un dente, conservando a súa integridade, sae do seu aloxamento no óso debido a un traumatismo, é dicir, o dente salgue completamente do seu alvéolo”. Segundo esta guía a actuación correcta consistiría en recoller o dente pola coroa e nunca pola raíz, mantelo húmido nun recipiente con auga fría ou leite e incluso colocalo debaixo da lingua do neno ou nena accidentado. En caso de atragantamento co dente, hemorraxia ou dor intensa chamar ao 061, e por último, para o tratamento dental acudir ao dentista. O que non se debería facer nunca sería intentar reimplantar se quedan restos do dente, somerxer en solución antiséptica, tocar ou cepillar o oco do dente e agarrar o dente pola raíz. Un erro moi común ante unha situación de hemorraxia grave é crer que se debe realizar un torniquete, como é o caso dun 29,2% dos enquisados. Non obstante está totalmente contraindicado polos expertos, a non ser, como indica a guía do 061 (Chayán et al., s.d.) que se trate dunha amputación traumática con hemorraxia abundante ou que sexa imposible parar a hemorraxia doutro xeito. O que si se debe facer é manter a calma, elevar a zona afectada e deitar ao paciente. Se tras comprimir durante un tempo a hemorraxia non cesa, débense colocar novos apósitos encima dos anteriores e chamar ao 061. É moi importante non retirar os antigos apósitos xa que as gasas empapadas están actuando como tapón da hemorraxia, e ao quitalas para colocar unhas novas estaríamos levantando ese tapón e provocando que aumente. Outra das actuacións erróneas máis estendidas ante problemas de saúde como crises convulsivas é introducir algo na boca ou agarrar a lingua do afectado para que non a trague. Trátase dun erro bastante grave, pois é imposible tragarse a lingua e pode acabar causando danos na persoa que socorre. Segundo a guía do 061 (Chayán et al., s.d.) as actuacións correctas serían evitar que caia ao chan de forma brusca, poñer unha almofada ou algo brando debaixo da cabeza se é posible para que non se golpee, recordar os detalles da crise porque serán de utilidade para o posterior diagnóstico, esperar a que pase a crise e permanecer en todo momento co afectado. Pola contra, indican que nunca se podería 30 Primeiros auxilios en Educación Infantil. Actitude do profesorado introducir nada na boca, non suxeitalo, non dar medicinas nin alimentos durante a crise nin no momento posterior. Tendo en conta que o presente traballo ten como obxectivo averiguar o coñecemento en primeiros auxilios de mestres e mestras de educación infantil, cabe destacar algunhas actuacións específicas para nenos con idades correspondentes ás do alumnado da etapa de infantil. Segundo o manual da Cruz Roja (2016), a Reanimación Cardio Pulmonar (RCP) é un conxunto de manobras que poden evitar a morte cerebral substituíndo a función cardio respiratoria realizando compresións torácicas (30) e ventilacións de rescate (2). As diferencias nesta actuación con nenos radica en empregar o talón da man ou dous dedos para a realización de compresións torácicas (en caso de nenos ou lactantes, respectivamente) e nas cinco ventilacións de rescate previas (Chayán et al., s.d.). Por último, cabe destacar que a realización de enquisa podería ser de utilidade nos centros escolares, para que a dirección poida comprobar os coñecementos en primeiros auxilios dos seus traballadores e incluso realizar a enquisa periodicamente para saber se precisan renovar ou actualizar os seus coñecementos. Neste sentido, poderíase converter nunha ferramenta para asegurar e favorecer a aprendizaxe de primeiros auxilios, garantindo así a integridade e seguridade do seu alumnado e dos propios traballadores. 31 Primeiros auxilios en Educación Infantil. Actitude do profesorado 9. REFERENCIAS Arabaldes, J.A. e Ortín, A. (2008). La formación del profesorado de Educación Física en Primeros auxilios. Almería: APEF-FEADEF. Carrera, R. (2004). Primeros auxilios en educación infantil. Guía para docentes. Vigo: IdeasPropias. Chayán, M. L., Barreiro, M. V. e Iglesias, J. A. (Coords.) (s.d.). Manual de primeiros auxilios. Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (s.d.). Protocolo de urxencias sanitarias e enfermidade crónica. Xunta de Galicia. Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (s.d.). As cifras da educación en Galicia. Estatísticas indicadores. Curso 2015/16. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Recuperado de: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/estatisticas_e_indicadores._201516_final.pdf Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (s.d.). Centroseducativos. Recuperado de: https://www.edu.xunta.es/centroseducativos/BuscaCentros.do Cruz Roja (2016). Primeros Auxilios Básicos. Manual para el alumnado. Madrid: Cruz Roja Española Decreto 38/2017, de 23 de marzo, por el que se regula la instalación y el uso de desfibriladores externos fuera del ámbito sanitario, y se crea su registro. Diario Oficial de Galicia. Galicia, 10 de abril de 2017, núm. 70, pp. 16949. Recuperado de: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170410/AnuncioC3K1-310317-0001_es.html Espacio cardioprotegidos (2018). Normativas sobre la obligación de disponer de desfibrilador. Recuperado de: http://www.cardioprotegidos.es/legislacion-ccaa/ Esparza, M. J. e Mintegi, S. (Coords.) (2016). Guía para padres sobre la prevención de lesiones no intencionadas en la edad infantil. Asociación Española de Pediatría-Fundación MAPFRE. Recuperado de: https://www.aeped.es/sites/default/files/documentos/guia-padresprevencion-lesiones-no-intencionadas.pdf 32 Primeiros auxilios en Educación Infantil. Actitude do profesorado Fundación española del corazón (s.d.). Desfibrilador semiautomático (DESA). Recuperado de: https://fundaciondelcorazon.com/prevencion/rcp-reanimacioncardiopulmonar-salvar-vida/desa.html García, L. (25 de noviembre de 2011). Abogan por que los docentes den primeros auxilios a sus alumnos ante una urgencia. Málaga hoy. Recuperado de: http://www.malagahoy.es/article/malaga/1123537/abogan/por/los/docentes/den/primeros/aux ilios/sus/alumnos/ante/una/urgencia.html Gemas Collins (1996). Primeros auxilios. Madrid: Edaf. INE (2015). Definiciones según la causa de muerte. 2013. (Nota de prensa). Recuperado de: https://www.ine.es/prensa/np896.pdf Ley Orgánica 10/1995, de 23 de noviembre, del Código Penal. Boletín Oficial del Estado. Madrid 24 de noviembre, núm. 281, pp. 33987-34058. Recuperado de: https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-1995-25444 Najt, S. (2000). Primeros auxilios en el colegio. Buenos aires: Nuevo Extremo. Orde do 22 de xulio de 1997, pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil, dos colexios de educación primaria e dos colexios de educación infantil e primaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Diario Oficial de Galicia. Galicia, 2 de setembro de 1997, núm. 168, p. 8508. Recuperado de: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/1997/19970902/AnuncioA146_gl.html Organización Mundial de la Salud (2019). Diez datos sobre lesiones infantiles. Recuperado de: https://www.who.int/features/factfiles/injuries_children/facts/es/ Ortega, A. (2008). Primeros auxilios. Barcelona: Altamar Páxinas Galegas (s.d.). Escuelas educación infantil y guarderías Ferrol. Recuperado de: https://www.paxinasgalegas.es/escuelas-educacion-infantil-y-guarderias-ferrol199ep_37ay.html Pérez Albuquerque, M.J. (1995). El sistema de responsabilidad civil de los docentes. Anuario de la facultad de derecho, (12-13), 351-362. 33 Primeiros auxilios en Educación Infantil. Actitude do profesorado Real Decreto de 24 de julio de 1889 por el que se publica el Código Civil. Boletín Oficial del Estado. Madrid, 25 de julio de 1889, núm. 206. Recuperado de: https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1889-4763&tn=1&p=20180804#art1902 Real Decreto 732/1995, de 5 de mayo, por el que se establecen los derechos y deberes de los alumnos y las normas de convivencia en los centros. Boletín Oficial del Estado. Madrid, 2 de junio de 1995, núm. 131, pp. 16185-16192. Recuperado de: https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-1995-13291 Real Decreto 365/2009, de 20 de marzo, por el que se establecen las condiciones y requisitos mínimos de seguridad y calidad en la utilización de desfibriladores automáticos y semiautomáticos externos fuera del ámbito sanitario. Boletín Oficial del Estado. Madrid, 2 de abril de 2009, núm. 80, pp. 31270-31273. Recuperado de: https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2009-5490 34 Primeiros auxilios en Educación Infantil. Actitude do profesorado 10. ANEXOS Anexo 1: carta de presentación Anexo 2: enquisa Anexo 3: listado de centros Anexo 4: control preguntas – táboa 1 Anexo 5: coñecemento enquisados – táboa 2 Anexo 6: resumo do traballo enviado aos centros de estudo 35 Primeiros auxilios en Educación Infantil. Actitude do profesorado ANEXO 1 – CARTA DE PRESENTIACIÓN Sr/a Director/a Son Elena Martínez Villalón alumna do Grao en mestre de educación Infantil na escola de Formación do Profesorado de Santiago, e estou facendo o meu Traballo Fin de Grao. “Actitude do profesorado ante primeiros auxilios en Educación Infantil da Comarca de Ferrol” Baixo a Dirección do Profesores Ernesto Smyth Chamosa e Paula Fernández Riveiro da Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Santiago. O obxectivo deste estudo é analizar os coñecementos en primeiros auxilios do profesorado de Educación Infantil, que actualmente imparten docencia. Para o que elaboramos unha enquisa que deben cubrir os profesores de Educación Infantil da comarca de Ferrol. Para isto necesito da vosa colaboración para reenviar o correo da enquisa a todo o profesorado do centro. A enquisa é anónima e se cubre “online” seguindo o enlace que figura no correo electrónico. A enquisa é moi breve e sinxela, consta de 22 ítems relacionados co interese e coñecementos sobre primeiros auxilios. Os datos serán tratados de forma confidencial e anónima seguindo a normativa da lexislación vixente (Lei Orgánica, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais). Si ten algunha dúbida póñase en contacto con nos. Correo electrónico: [email protected] Grazas pola súa colaboración para poder levar a cabo este Traballo de Fin de Grao. Unha vez realizado o análise estatístico dos datos obtidos fareille chegar por correo electrónico un resumo dos resultados. Un saúdo cordial Elena Martínez Villalón Adxúntase: - Enquisa completa coas preguntas e posibles respostas En Santiago de Compostela, a 20 de febreiro de 2019 Fdo.: Elena Martínez Villalón 36 Primeiros auxilios en Educación Infantil. Actitude do profesorado ANEXO 2 – ENQUISA ENQUISA PRIMEIROS AUXILIOS Indique o seu xénero: Idade: Nome do centro onde traballa: Posto de traballo: Marque a opción que considere  Que formación posúe actualmente? (sinale máis dunha opción se é necesario): Licenciado/a graduado/a en: Doctor/a en: Mestre/a especialidade en: Máster en: Outro, indique cal?:  Realizou algunha vez cursos específicos de primeiros auxilios?: Non / Si (o último curso realizado foi no ano: )  Interese que mostra polo tema é: Ningún Moi pouco Pouco Bastante Moito  O seu nivel de coñecementos sobre primeiros auxilios o considera: Ningún Moi pouco Pouco Bastante Moito  Grao de importancia da materia para o seu traballo: Ningún Moi pouco Pouco Bastante Moito Ante os seguintes supostos pode dicirnos que faría: 1. Que é a RCP (Respiración Cardio Pulmonar)? a) Maniobra para axudar a expulsar un obxecto que obstrúe unha vía aérea. b) Maniobra para reanimar unicamente a persoas adultas. c) Maniobra que pode manter o fluxo de sangue osixenada ao cerebro e outros órganos vitais. d) Maniobra de inmobilización dunha persoa ferida. e) Non sei o que é. 2. Ante unha ferida que sangra en exceso, a primeira actuación deberá ser: a) Elevar o membro afectado. b) Facer compresión directa sobre a ferida. c) Facer un torniquete. d) Facer compresión directa sobre a arteria correspondente á zona de sangrado. e) Non sabería que facer. 3. Que se debe facer ante unha luxación? a) Inmobilizar a articulación afectada e aplicar frío. b) Intentar reducila, colocando a articulación no seu sitio. c) Aplicar calor e inmobilizar a articulación. d) Elevar o membro afectado. e) Non sabería que facer. 37 Primeiros auxilios en Educación Infantil. Actitude do profesorado 4. Que farías ante unha ferida profunda? a) Limpar a ferida, cubrila con gasas limpas e retirar os corpo estraños. b) Limpar e desinfectar con algodón e antiséptico, tapala con gasas limpas. c) Diminuír a hemorraxia con compresión, limpar a ferida e tapala con gasas limpas . d) Comprobar o pulso e a respiración do alumno. e) Non sabería que facer 5. Que farías se tras un golpe un neno perde unha peza dental? a) Somerxer o dente nun desinfectante se non está limpo. b) Limpar o oco do dente. c) Manter o dente húmido en todo momento en auga fría. d) Reimplantalo aínda que queden restos do dente no oco. e) Non sabería que facer. 6. Ante unha insolación: a) Daremos auga fría aínda que o neno non estea consciente. b) Colocar nun sitio fresco e poñer compresas frías na cabeza, pescozo e nuca. c) Non mover ao neno do lugar e deitalo. d) Deixar posta as prendas de roupa. e) Non sabería que facer. 7. Ante unha caída na que o neno se golpea na cabeza: a) Refrescalo, darlle de beber se ten sede. b) Mover ao neno e mantelo sentado. c) Chamar ao número de emerxencias se se sospeita gravidade. d) Levar ao neno ao hospital nun vehículo do persoal do centro. e) Non sabería que facer. 8. A actuación ante unha torcedura é: a) Repouso e inmobilización. b) Repouso, aplicación de frío local, e estiramentos musculares do movemento contrario ao causado na lesión. c) Frío, elevación do membro e estiramentos musculares cara o mesmo movemento onde se causou a lesión. d) Repouso, inmobilización, frío e elevación do membro. e) Non sabería que facer. 9. Un alumno permanece no chan tras unha caída, non responde aos estímulos pero respira ben. Que farías?: a) Intentar levantalo o sentalo para ver se responde aos estímulos. b) Poñelo boca arriba para que respire mellor elevarlle as pernas. c) Poñelo en posición lateral de seguridade e chamar á ambulancia e comprobar que sigue respirando. d) Realizarlle o masaxe cardíaco. e) Non sabería que facer. 38 Primeiros auxilios en Educación Infantil. Actitude do profesorado 10. Nunha ferida aberta, se se realiza compresión directa sobre a mesma durante máis de 10 minutos e non cesa o sangrado se deberá de: a) Realizar un torniquete sobre a arteria correspondente á zona de sangrado. b) Realizar compresión directa sobre a arteria correspondente á zona do sangrado. c) Seguir realizando a compresión directa da ferida elevando o membro afectado, e colocando gasas novas encima das anteriores. d) Seguir realizando a compresión directa da ferida elevando o membro afectado, quitando as gasas empapadas e colocando gasas novas. e) Non sabería que facer. 11. Ante unha obstrución da vía aérea por atragantamento: a) Dar palmadas na espada para que expulse o obxecto estraño. b) Animar a tusir, e no caso de que a tos non sexa efectiva, empezar maniobras de Heimlich (5 golpes nos omoplatos e 5 compresións abdominais). c) Tentar retirar o obxecto que obstrúe a vía aérea. d) Deitar ao neno. e) Non sabería que facer 12. Ante sangrado polo nariz, que debemos facer?: a) Colocar a cabeza inclinada cara diante e comprimir 5 minutos a ala do nariz contra o tabique nasal. b) Colocar a cabeza inclinada cara atrás e comprimir 5 minutos o ala do nariz contra o tabique nasal. c) Non facer nada, seguramente deixe de sangrar en poucos minutos. d) Colocar a cabeza en posición neutra e sonarse o nariz. e) Non sabería que facer. 13. Ante unha crise convulsiva: a) Intentar suxeitalo para que deixe de convulsionar. b) Inmediatamente tratar de agarrar a lingua para non tragala. c) Botarlle auga fría ao afectado para parar a convulsión. d) Evitar que caia ao chan bruscamente e esperar a que pase a crise ata que volva recuperar a consciencia. e) Non sabería que facer. 14. Que faría ante un dor abdominal? a) Darlle analxésicos para reducir a dor. b) Tranquilizar ao alumno, buscar un ambiente adecuado e colocalo nunha postura cómoda. c) Ofrecer alimentos e bebidas se o neno ten fame ou sede. d) Non chamar aos padres para non alarmar. e) Non sabería que facer. 15. Como actuaría ante unha intoxicación cun produto de limpeza? a) Provocar o vómito do neno. b) Deixar o produto preto do resto dos nenos. c) Tirar o envase, non é importante detectar o produto causante. d) Chamar aos servizos de urxencias ou ao Instituto Nacional de Toxicoloxía. e) Non sabería que facer. 45 Primeiros auxilios en Educación Infantil. Actitude do profesorado ANEXO 5 – RESUMO DO TRABALLO ENVIADO AOS CENTROS DE ESTUDO Sr./a Director/a Son Elena Martínez Villalón, alumna do Grao en mestre de educación Infantil na USC e me dirixo a vostede novamente para agradecerlle a participación no meu Traballo de Fin de Grao: “Actitude do profesorado ante primeiros auxilios en Educación Infantil da Comarca de Ferrol” baixo a Dirección do Profesores Ernesto Smyth Chamosa e Paula Fernández Riveiro da Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Santiago. A continuación amósase un resumo dos resultados obtidos tras a realización do traballo, que non sería posible sen a participación do profesorado. En primeiro lugar, cabe destacar que o 45,8% dos enquisados ten moito interese polo tema e outro 50% bastante interese, ademais un 87,5% considera que os primeiros auxilios teñen moita importancia no seu traballo. Estes datos son importantes, xa que é necesario mostrar interese no tema para mellorar a información. Outro aspecto moi positivo é que o 91,7% da mostra ten estudos ou cursos previos en primeiros auxilios, dos cales un 57, 1% realizouno desde 2015 á actualidade. Tras analizar os datos, o profesorado dos centros públicos son os que realizaron os cursos máis recentemente e os que mellores resultados obtiveron. É importante mencionar tamén que o grupo de idade con maior interese e maior coñecemento sobre primeiros auxilios, é o dos máis novos (20-34 anos). En canto aos resultados da enquisa, atopámonos con que un 8,3% posúe coñecementos insuficientes, un 45,8% suficientes, un 29,2% bos coñecementos, e por último, o 16,7% atópase no rango “moi ben”. Estes datos permítennos afirmar que os enquisados posúen un bo nivel de coñecementos en primeiros auxilios aínda que sexa desexable unha profundización no tema. Algunhas das preguntas con maior número de erros da enquisa son, en primeiro lugar, á referida á perda dunha peza dental, cuxa actuación correcta sería manter o dente húmido en todo momento en auga fría. En canto á pregunta sobre as hemorraxias, a opción máis escollida foi a de realizar un torniquete, sendo unha actuación totalmente contraindicada polos expertos. A acción correcta sería realizar compresión directa sobre a ferida, levantando o membro afectado e poñendo gasas novas encima das anteriores; é moi importante non retirar as gasas anteriores xa que están actuando como tapón para a hemorraxia. Outra pregunta con maior número de erros é a que fai referencia ás crises convulsivas, respondendo algúns dos enquisados que a acción correcta é agarrar a lingua. Se trata dunha das ideas erróneas máis estendidas, pero a actuación correcta é evitar que a vítima caia bruscamente ao chan e deixar que acabe a convulsión; é moi importante non tocar ao ferido durante o ataque. Como conclusións do estudo, podemos afirmar que o profesorado de educación infantil da comarca de Ferrol ten coñecementos en primeiros auxilios. Ademais mostran preocupación e interese sobre o tema, considerando tamén moi positiva a figura da enfermeira escolar. E por último, que os grupo dos máis novos son os que amosan máis interese e conseguen mellores resultados no cuestionario. Moitas grazas outra vez pola súa colaboración para poder levar a cabo este Traballo de Fin de Grao. Se vostede ou os participantes da enquisa están interesados no estudo, podo facilitarlles unha copia do meu traballo por correo electrónico. Para calquera dúbida póñase en contacto comigo: elen[email protected] Un saúdo cordial, Elena Martínez Villalón