scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Dereitos da personalidade

Gude Fernández, Ana

Abstract

Esta unidade didáctica forma parte da materia “Dereito Constitucional II”, sendo o seu destinatario o alumnado do segundo curso do Grao en Dereito. Os chamados dereitos da personalidade non formaron parte das declaracións de dereitos ata épocas relativamente recentes. A Declaración universal de Dereitos humanos recólleos no artigo 12 e a Constitución española de 1978 no 18. Foi o primeiro texto constitucional do noso país en regulalos. Unha democracia digna de tal nome non pode afirmarse sen o recoñecemento dos dereitos da personalidade. Se os cidadáns non estivesen protexidos na súa honra, intimidade e propia imaxe fronte ao uso que se pode facer da información que existe sobre elas, a súa liberdade para tomar decisións na sociedade veríase extraordinariamente limitada e a súa autonomía gravemente mermada. Ao igual que tamén, en consecuencia, o estarían as súas relacións políticas.

Full text

Vicerreitoría de estudantes, cultura e formación continua Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Dereito Dereito Constitucional II Ana Gude Fernández Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado Facultade de Dereito 5 Dereitos da personalidade 9788498 878950 ISBN 978-84-9887-895-0 Dereitos da personalidade 5 Ana Gude Fernández Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado Facultade de Dereito ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores. Copyright © Universidade de Santiago de Compostela, 2012 Deseño Unidixital Edita Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Imprime Unidixital Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela Dep. Legal: C 1106-2012 ISBN 978-84-9887-895-0 UNIDADE DIDÁCTICA: Dereitos da personalidade - 3 MATERIA: Dereito constitucional II TITULACIÓN: Grao en Dereito PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica INTRODUCIÓN Unidade didáctica I. A definición dos dereitos como dereitos fundamentais Concepto Dobre carácter dos dereitos fundamentais Titularidade dos dereitos fundamentais: cidadáns e estranxeiros Natureza e estatuto constitucional dos dereitos fundamentais e liberdades públicas do Título I Unidade didáctica II. A igualdade constitucional Unidade didáctica III. O dereitos constitutivos da personalidade I: Dereito á vida, dereito á integridade física e moral, liberdade ideolóxica e liberdade relixiosa O dereito á vida O dereito á integridade física e moral A liberdade ideolóxica A liberdade relixiosa Unidade didáctica IV. Os dereitos constitutivos da personalidade II: Liberdade e seguridade persoal Recoñecemento constitucional A detención preventiva: Garantías constitucionais Garantías constitucionais: Os dereitos do detido Intervención xudicial. En especial a prisión provisional O procedemento de habeas corpus Unidade didáctica V. Os dereitos constitutivos da personalidade III: Os dereitos da personalidade O dereito ao honor O dereito á intimidade O dereito á propia imaxe Tutela xudicial dos dereitos da personalidade Os dereitos instrumentais dos dereitos da personalidade: inviolabilidade de domicilio, segredo das comunicacións e autodeterminación informativa Unidade didáctica VI. Os dereitos da comunicación física, intelectual e social Liberdade de residencia e circulación Liberdade de expresión: delimitación dos demais dereitos recoñecidos no artigo 20 CE Dereito á produción e creación literaria, artística, científica e técnica Liberdade de cátedra 4 - UNIDADE DIDÁCTICA: Dereitos da personalidade Dereito á información O dereito de rectificación Dereito de reunión Dereito de asociación Unidade didáctica VII. Os dereitos de participación O dereito de participación Dereito de acceso á función pública Dereito á tutela xudicial efectiva As garantías procesuais comúns a todo tipo de procesos As garantías específicas do proceso penal O principio de legalidade no dereito sancionador Orientacións das penas e dereitos dos condenados Dereito á educación e liberdade de ensinanza Liberdade sindical e dereito de folga O dereito de petición Unidade didáctica VIII. Os dereitos e deberes dos cidadáns Os deberes constitucionais Dereito ao matrimonio Dereito de propiedade Dereito de fundación Dereito ao traballo e liberdade de profesión e oficio Dereito á negociación colectiva e medidas de conflito colectivo Liberdade de prensa no marco da economía de mercado O Capítulo III: Os principios reitores da política social e económica Unidade didáctica IX. A garantía constitucional dos dereitos As garantías dos dereitos na Constitución española O sistema de protección dos dereitos fundamentais O procedemento preferente sumario ante os tribunais de xustiza ordinarios O recurso de amparo As garantías dos principios reitores da política social e económica Unidade didáctica X. O Tribunal constitucional Tribunal constitucional e división de poderes O Tribunal constitucional español: composición e organización As competencias do Tribunal constitucional O control de normas O conflito de competencias O conflito de atribucións O conflito en defensa da autonomía local Unidade didáctica XI. A reforma da Constitución O concepto da reforma da Constitución As tradicións europea e americana A reforma da Constitución española de 1978 UNIDADE DIDÁCTICA: Dereitos da personalidade - 5 ÍNDICE Presentación ................................................................................................. 7 Os obxectivos ............................................................................................... 7 A metodoloxía ............................................................................................... 7 Os contidos ................................................................................................... 8 1. Dereito á honra. ............................................................................ 8 2. Dereito á intimidade ....................................................................... 9 3. Dereito á propia imaxe ................................................................ 10 4. Os dereitos instrumentais dos dereitos da personalidade .......... 11 4.1. Inviolabilidade de domicilio ......................................... 11 4.2. Segredo das comunicacións ........................................ 12 4.3. Dereito á autodeterminación informativa ..................... 14 Actividades propostas ............................................................................... 15 A posta en práctica desta UD / Avaliación da UD ................................... 15 Bibliografía .................................................................................................. 16 UNIDADE DIDÁCTICA: Dereitos da personalidade - 7 PRESENTACIÓN Esta unidade didáctica forma parte da materia “Dereito Constitucional II”, sendo o seu destinatario o alumnado do segundo curso do Grao en Dereito. Os chamados dereitos da personalidade non formaron parte das declaracións de dereitos ata épocas relativamente recentes. A Declaración universal de Dereitos humanos recólleos no artigo 12 e a Constitución española de 1978 no 18. Foi o primeiro texto constitucional do noso país en regulalos. Unha democracia digna de tal nome non pode afirmarse sen o recoñecemento dos dereitos da personalidade. Se os cidadáns non estivesen protexidos na súa honra, intimidade e propia imaxe fronte ao uso que se pode facer da información que existe sobre elas, a súa liberdade para tomar decisións na sociedade veríase extraordinariamente limitada e a súa autonomía gravemente mermada. Ao igual que tamén, en consecuencia, o estarían as súas relacións políticas. OS OBXECTIVOS Os obxectivos xerais da materia Dereito Constitucional II son: • Transmitir a importancia dos dereitos fundamentais na sociedade actual dende unha perspectiva crítica e construtiva. • Coñecer as normas legais vixentes e as orientacións xurisprudenciais actuais arredor das principais cuestións da disciplina. • Saber argumentar xuridicamente e resolver problemas referidos aos dereitos fundamentais. OS PRINCIPIOS METODOLÓXICOS O Plan Boloña comporta un cambio de metodoloxía certamente importante para o profesorado, a denominada lección maxistral perde a hexemonía. No novo proceso de ensino-aprendizaxe combínanse aspectos teóricos e prácticos, pois a adquisición por parte do estudante das competencias correspondentes á materia esixe que este conte cunha serie de conceptos básicos para poder aplicalos á resolución de problemas, discusión de casos e outras actividades de carácter práctico. A actividade docente organizarase como se detalla a continuación: 1.1. Docencia expositiva. Utilízase para actividades presenciais de tipo expositivo que non requiren unha participación activa do estudante, o que non implica de ningún xeito que este non poida participar dando o seu punto de vista sobre determinados temas ou realizando consultas. A través das clases teóricas poranse de relevo os conceptos básicos de cada lección, necesarios para que o alumno poida realizar as súas tarefas de estudo persoal, así como proceder ás prácticas que se expoñan ao longo do curso sen dificultade ningunha. 14 - UNIDADE DIDÁCTICA: Dereitos da personalidade O Tribunal Constitucional considera que a resolución xudicial pode ser constitucionalmente lexítima, aínda cando non exista unha lei que satisfixese as esixencias constitucionais de seguridade xurídica, se se adopta no marco da investigación dunha infracción grave, para a que de modo patente sexa necesaria, axeitada e proporcionada a intervención telefónica, se se tivera acordado respecto de persoas presuntamente implicadas nesta, e se se respectasen ademais as esixencias dimanantes do principio de proporcionalidade (FJ 5º). Todas estas circunstancias teñen que ser xustificadas polo xuíz na motivación da resolución que acorde a intervención das comunicacións. Se non o fai, a resolución xudicial vulnerará o dereito recoñecido no artigo 18.3 CE. 4.3. Dereito á autodeterminación informativa A Constitución non recoñece expresamente este dereito. O que o apartado 4 do artigo 18 contén é un mandato ao lexislador para que limite "o uso da informática para garantir a honra e a intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos". Os cidadáns non controlamos a maior parte da información que existe sobre nós mesmos. Esta información está en mans de poderes públicos ou de empresas privadas, perdemos o control da nosa intimidade. O que sucede é que sen esa acumulación de información fóra do noso control, non poderiamos vivir como vivimos e teriamos que retroceder a formas moito máis primitivas de organización da convivencia. De aí que é moi importante que o ordenamento xurídico dea unha resposta a ese problema. A máis importante foi a regulación por lei do almacenamento de datos en ficheiros públicos e privados, así como das condicións en que se poderá facer o uso destes. E a creación de Axencias supervisoras da forma e as condicións en que se procede ao almacenamento de información polas Administracións públicas ou polas empresas privadas, así como tamén do uso que se fai da información almacenada. Dende que en 1973 se aprobou en Suecia a primeira lei neste sentido, a resposta xeneralizouse en todos os países do noso ámbito. En España, a lei de desenvolvemento do artigo 18.4 CE é a Lei Orgánica 5/1992, do 29 de outubro, de regulación do tratamento automatizado dos datos de carácter persoal. A orixe deste dereito encóntrase na xurisprudencia do Tribunal constitucional alemán, que utilizou por primeira vez este concepto na súa sentenza de principios dos oitenta sobre a Lei do Censo da Poboación, recoñecendo a través deste a cada individuo o dereito a saber o que se sabe del. O Tribunal constitucional español seguiu o alemán neste punto. Na STC 254/1993, afirma o seguinte: ... "No presente caso estamos ante un instituto de garantía doutros dereitos, fundamentalmente a honra e a intimidade, pero tamén dun instituto que é, en si mesmo, un dereito ou liberdade fundamental, o dereito á liberdade fronte ás potenciais agresións á liberdade da persoa proveniente dun uso ilexítimo do tratamento mecanizado de datos, o que a Constitución chama "a informática" (FJ 6º)". "A chamada liberdade informática é, así, o dereito a controlar o uso dos UNIDADE DIDÁCTICA: Dereitos da personalidade - 15 mesmos datos insertos nun programa informático (habeas data)" (FJ 7º). O Tribunal constitucional outorga o amparo ao cidadán que o solicitase, recoñecendo o dereito a que "o gobernador civil lle comunicase sen demora a existencia dos ficheiros automatizados de datos de carácter persoal que dependen da Administración civil do Estado, as súas finalidades e a identidade e domicilio da autoridade responsable do ficheiro. Igualmente, deberá comunicarlle en forma intelixible aqueles datos persoais que lle concirnen" (FJ 7º). ACTIVIDADES PROPOSTAS • Para abordar a parte práctica desta unidade formularánselles aos alumnos casos prácticos que deberán entregar antes da súa resolución nas clases. Os casos serán reais e centraranse nas cuestións básicas expostas nas clases teóricas. Para a súa resolución optarase polo chamado “sistema de aprendizaxe baseado en problemas”. O estudante atópase fronte a un problema práctico e ten que resolvelo. Desa maneira vese obrigado a recorrer a habilidades específicas de comprensión e a axilizar o seu pensamento crítico e maila súa creatividade. Na maior parte das ocasións deberán buscar, nas bases de datos de xurisprudencia, os recursos precisos para resolvelo caso, o que enlaza coa segunda das actividades propostas. • Nesta materia resulta fundamental o manexo de sentenzas, para facilitar a comprensión das explicacións e poñer de manifesto a repercusión práctica dos conceptos básicos empregados. Proporase, por iso, como actividade práctica, que o alumnado busque en bases de datos xurisprudenciais cinco sentenzas relativas a cada un dos dereitos. Preténdese desta maneira que aprendan a discernir as distintas posibilidades interpretativas e aplicativas a que se prestan, así como a valorar a relevancia da doutrina xurisprudencial. • Por último, empregarase tamén a técnica do debate, con relación a cuestións seleccionadas polo docente e que sexan obxecto de controversia nas interpretacións que a xurisprudencia fai dalgúns aspectos dos dereitos. Para este debate faranse grupos, debendo cada un deles argumentar e adoptar posturas a favor e en contra. AVALIACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA • A avaliación desta unidade didáctica levarase a cabo conxuntamente coas restantes unidades didácticas que compoñen o programa xeral da materia, mediante un exame final que incluirá unha parte teórica e outra práctica. 16 - UNIDADE DIDÁCTICA: Dereitos da personalidade • Asemade, o docente levará a cabo unha avaliación específica desta unidade didáctica, tendo en conta, en xeral, a asimilación de conceptos e a aplicación práctica de coñecementos. En concreto, na resolución dos casos prácticos que se levarán a cabo nas clases interactivas valoraranse a corrección dos argumentos empregados (na medida en que acredite unha correcta comprensión dos contidos teóricos), a claridade e coherencia da solución, a correcta organización do caso e a identificación das cuestións problemáticas que suscita. • No debate teranse en conta a participación e a capacidade de argumentación crítica, a solidez dos argumentos, a posibilidade de traballar en grupo (organizando as intervencións e acordando os argumentos a empregar). BIBLIOGRAFÍA ÁLVAREZ CONDE, E., Curso de Derecho constitucional, vol. II, ed. Tecnos, Madrid, 2008. LÓPEZ GUERRA, L.; ESPÍN, E.; GARCÍA MORILLO, J.; PÉREZ TREMPS, P. Y SATRÚSTEGUI, M., Derecho Constitucional, vol. II, ed. Tirant lo Blanch, Valencia, 1993. PÉREZ ROYO, J., Curso de Derecho constitucional, ed. Marcial Pons, Madrid, 2010. TORRES DEL MORAL, A., Principios de Derecho constitucional español I, ed. Universidad Complutense de Madrid. Facultad de Derecho, Madrid, 2004. ESTEBAN, J. DE y GONZÁLEZ TREVIJANO, P., Curso de Derecho constitucional, ed. Servicio de publicaciones de la Universidad Complutense de Madrid, Madrid, 1993. Vicerreitoría de estudantes, cultura e formación continua Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Dereito Dereito Constitucional II Ana Gude Fernández Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado Facultade de Dereito 5 Dereitos da personalidade 9788498 878950 ISBN 978-84-9887-895-0