Full text
223Madrygal 22 (2019): 223-239 Madrygal. Revista de Estudios Gallegos ISSN: 1138-9664 https://dx.doi.org/10.5209/madr.66861 Áreas léxicas e dominios lingüísticos no noroeste da península ibérica Marta Negro Romero; Xulio Sousa1 Recibido: 29 de maio de 2019 / Aceptado: 29 de outubro de 2019 Resumo. Os atlas lingüísticos constitúen unha excelente fonte de datos para coñecer a distribución xeográfica das variedades e tamén o modo en que estas se interrelacionan, unha vez que rexistran nas súas cartas as variantes recorrentes en determinadas áreas asociadas a unha mesma variable. A pesar do valor destas obras e da riqueza da información que fornecen para a investigación nos distintos ámbitos da lingüística, deica agora son poucos aínda os traballos que as utilizaron para descubrir as relacións de contacto entre dominios lingüísticos. Entre as razóns que explican esta desconsideración están a dificultade para tratar datos en formato cartográfico e o simple descoñecemento do valor da información que albergan estas obras. Neste traballo preséntase unha análise exploratoria dun pequeno grupo de preguntas da sección de léxico dos cadernos do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI) pertencentes a unha área do noroeste peninsular que comprende distintos dominios lingüísticos romances. As variantes léxicas seleccionadas corresponden a dez conceptos asociados con denominacións de partes do corpo humano. Os resultados do estudo compáranse e póñense en relación con algunhas investigacións previas que abordaron os límites dos dominios lingüísticos nesta zona da península. Ademais, dáse conta das similitudes e semellanzas na distribución das variantes de distintos niveis de análise xeolingüística e identifícanse algúns padróns de distribución de variantes léxicas. Palabras chave: xeografía lingüística; áreas léxicas; portugués; galego; castelán; ástur-leonés; ALPI. [es] Áreas léxicas y dominios lingüísticos en el noroeste de la península ibérica Resumen. Los atlas lingüísticos constituyen una excelente fuente documental para conocer la distribución geográfica de las variedades y también el modo en que éstas se interrelacionan, dado que registran en sus mapas las variantes asociadas a una misma variable en un área territorial. A pesar del valor de estas obras y de la riqueza de la información que facilitan para la investigación lingüística, son todavía pocos los trabajos que las utilizan para mostrar las relaciones de contacto entre dominios lingüísticos. Entre las razones que explican esta desconsideración figuran la dificultad para tratar datos en formato cartográfico y el simple desconocimiento del valor de la información que albergan los atlas lingüísticos. En este trabajo se presenta un análisis exploratorio de un pequeño grupo de preguntas de la sección de léxico de los cuadernos del Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI) correspondientes a un área del noroeste peninsular que comprende distintos dominios lingüísticos romances. Las variantes léxicas seleccionadas corresponden a diez conceptos relacionados con denominaciones de partes del cuerpo humano. Los resultados del estudio de las variantes lingüísticas se confrontan y se ponen en relación con algunas investigaciones previas que han abordado los límites de los dominios lingüísticos en esta zona peninsular. Además, se destacan las similitudes y diferencias en la distribución de las variantes de distintos niveles de análisis geolingüístico y se identifican algunos patrones de organización territorial de las variantes léxicas. Palabras clave: geografía lingüística; áreas léxicas; portugués; gallego; español; astur-leonés; ALPI. [en] Lexical Areas and Linguistic Domains in the Northwest of the Iberian Peninsula Abstract. Language atlases are an excellent source of data about the geographical distribution of language varieties and how they interact, once they have mapped recurring variants in different areas associated with the same variable. Despite the value of such works and the wealth of information they provide to researchers in a range of linguistic subdisciplines, few studies have made use of them to explore contact between linguistic domains. Two reasons for this are the difficulty of processing cartographic data and a lack of awareness of the valuable information that such materials contain. This paper presents the results of an exploratory analysis of a small set of items in the lexical section of the part of ARTIGOS 1 Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago de Compostela. Correo-e: [email protected]; [email protected]
224 Negro Romero, M.; Sousa, X. Madrygal 22 (2019): 223-239 hispánica, Ramón Menéndez Pidal, para os seus primeiros traballos de investigación (Fernández-Ordóñez 2009). O estudo das áreas de contacto entre os dominios románicos reclamou o interese dos investigadores desde os primeiros desenvolvementos da filoloxía románica. Na península ibérica a distribución espacial das variedades románicas ofrece unha disposición que o profesor Gargallo considera singular no conxunto do panorama romance: Presenta el conjunto de romances de la actual Península Ibérica una distribución espacial mar - cadamente distinta de la de otras parcelas de la Romania, como la galo-románica, o la italorománica. A diferencia de ésta última, que atesora una diversidad interna gradual, de grado parejo desde el norte alpino hasta el meridional extremo de Italia (incluyendo Sicilia, y las islas de Cerdeña y Córcega), el solar romance peninsular opone un norte fragmentado (con diversos espacios románicos particulares) a un centro/sur mucho más uniforme, repartido básicamente entre modalidades de castellano (o español) y de portugués. Y a diferencia del bloque galorománico estricto, cuyas dos mitades principales (Oc y Oil) ocupan respectivamente un sur y un norte separados por una frontera de orientación este/oeste (o viceversa), las dos fronteras más visibles, las de mayor longitud, de la Península Ibérica corren en dirección de norte a sur (o al revés, si se prefiere). (Gargallo 1995: 24) Ademais deste investigador, son varios os autores que destacan que no terzo setentrional da península as diferenzas lingüísticas son graduais (de leste a oeste) e permiten a identificación de cinco variedades constitutivas, derivadas dos dialectos históricos do latín, que se estenderían, con diferente fortuna, cara ó resto da península en dirección norte-sur como the Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI) that covers the northeast of the Iberian Peninsula, where several distinct Romance languages coincide. The selected lexical variants have to do with ten concepts involving parts of the human body. The results of an analysis of the linguistic variants are compared and related to previous studies of the borders between the language areas covered, in order to chart similarities and correspondences in the distribution of variants at different levels of geolinguistic analysis and to identify the distribution patterns of variants. Keywords: Linguistic Geography; Lexical Areas; Portuguese; Spanish; Galician; Astur-Leonese; ALPI. Sumario. 1. Introdución. 2. Materiais. 3. Análise dos datos. 3.1. Testa. 3.2. Fontes. 3.3. Cella. 3.4. Pestana. 3.5. Queixada. 3.6. Queixo. 3.7. Costas. 3.8. Espiñazo. 3.9. Pulso. 3.10. Espigo. 4. Conclusións. 5. Referencias biblio - gráficas. Como citar: Negro Romero, M.; Sousa, X. (2019): “Áreas léxicas e dominios lingüísticos no noroeste da península ibérica”, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos 22, pp. 223-239. 1. Introdución2 Desde o mesmo nacemento dos estudos dialectais, as áreas xeográficas en que se produce a confluencia de distintos dominios lingüísticos chamaron de maneira especial a atención dos investigadores. Son numerosos os estudos dialectais e xeolingüísticos de finais do século xix e principios do xx que se dedicaron a explorar as características lingüísticas nestas áreas de contacto (Schrambke 2010). E son tamén abundantes as investigacións no ámbito da lingüística histórica que repararon no interese lingüístico destas zonas entre dominios asociados a familias ou grupos lingüísticos diferenciados (Murray 2010). O dominio lingüístico iberorromance non foi alleo a esta tendencia, como o confirma o feito de que os territorios do leonés e do aragonés fosen escollidos como obxecto de estudo do fundador da filoloxía 2 O xermolo deste texto foi presentado como comunicación oral no IVéme Congrès International de Dialectologie et de Sociolinguistique (París, setembro de 2016). Ademais, o traballo é un resultado parcial dos proxectos “Contacto e cambio lingüístico en galego”, financiado polo Ministerio de Economía y Competitividad (FFI2015-65208-P) e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER, marco financeiro plurianual 2014‐2020), e “Variación y cambio en los dominios gallego y portugués en el siglo XX: análisis del habla rural a partir de materiales geolingüísticos” (financiado por MCIU/AEI/FEDER, UE; PGC2018-095077-B-C44). Marta Negro realizou parte da investigación relacionada con este artigo durante unha estadía no Centro de Linguística da Universidade do Porto ó abeiro do Programa Iacobus (2017-2018), impulsado pola Comunidade de traballo Galicia - Norte de Portugal co apoio da Unión Europea. 3 A pertinencia desta delimitación vese confirmada por análises cuantitativas recentes do conxunto de variedades romances. O estudo de H. Goebl realizado a partir dunha pequena parte dos materiais do ALPI axuda a coñecer a distribución e as relacións de similitude que se establecen entre elas (Goebl 2013).
225Negro Romero, M.; Sousa, X. Madrygal 22 (2019): 223-239 Lingüístico de la Península Ibérica: se se recoñecen isoglosas de fenómenos fonéticos que corren paralelas e sobrepostas delimitando os dominios galego e portugués fronte ás variedades centrais próximas (ástur-leonés e castelán), seguirá a variación léxica esta mesma forma de distribución ou presentará un xeito de organización diferenciado? Considerabamos que os materiais do ALPI nos permitirían coñecer as consecuencias e o sentido do contacto entre as variedades rurais faladas ata a metade do século pasado nesta área da península. Neste sentido, debemos aclarar e precisar que o estudo parte da análise duns datos que non son os actuais. É común esquecer que a situación dialectal que encontramos en boa parte dos traballos de dialectoloxía presentes e na maioría de manuais de ensino dan conta dun panorama dialectal do pasado. As variedades que se presentan identifícanse a partir de testemuños lingüísticos que non son recentes nin corresponden coas variedades sociodialectais faladas pola maior parte da poboación. Polo tanto, a descrición que aquí se ofrece é a do panorama lingüístico correspondente á análise de variedades faladas no segundo terzo do século pasado por persoas adultas que vivían e desenvolvían a súa actividade diaria en zonas rurais do noroeste peninsular. 2. Materiais Para realizar a nosa investigación empregamos como fonte documental os materiais do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica, un proxecto de xeografía lingüística iniciado nas primeiras décadas do século pasado, de historia infausta, e non publicado na súa totalidade ata o momento (Sousa 2008, García Mouton 2012, García Mouton et al. 2016). A pesar dos reparos que se lles apoñen a estes materiais (a escasa densidade da rede de puntos e a diferenza temporal na recollida dos datos), resulta innegable que o ALPI é un tesouro insubstituíble para o estudo das variedades románicas peninsulares. Por iniciativa do profesor David Heap, parte dos materiais deste proxecto comezaron a coñecerse e explotarse a partir de copias dos cadernos de campo consultables nunha páxina web de uso libre. O inicio dun proxecto de investigación coordinado polo CSIC, que ten como fin a edición electrónica, está a permitir desde xa hai uns anos a realización de traballos de análise que contribúen a un coñecemento máis profundo e completo da diversidade lingüística dos romances peninsulares e consecuencia das repoboacións e da reconquista (Veny 1982, Penny 2004, Sinner e Tabares 2014, Ossenkop 2018a)3. Neste extremo norte, a pesar do carácter continuo do dominio, era posible identificar cinco franxas lingüísticas, vinculadas con cinco diferentes reinos e condados, e que foron o berce de cinco variedades romances peninsulares identificadas polos estudos históricos e dialectais: galego, ástur-leonés, castelán, aragonés e catalán (Elvira 2006, Merlan 2007). O devir político dos reinos ibéricos e a conformación de variedades estándar nacionais determinou o diferente futuro destes dialectos constitutivos. A pesar das diferenzas graduais e acumulativas no interior desa faixa norte, os estudos de dialectoloxía tradicional permitiron recoñecer a existencia de “dúas grandes fronteiras romances na península, occidental e oriental” (Gargallo 2014: 263-264; cf. Dubert 2017, Ossenkop 2018b). Eses lindeiros prominentes resultan da confluencia de isoglosas asociadas a variables fonéticas e gramaticais establecidas fundamentalmente a partir da investigación das variedades rurais máis tradicionais faladas no século xx nestas áreas. Os límites lingüísticos sitúanse preto dos extremos do dominio e corren de norte a sur: i) no oeste desde o occidente de Asturias ata as terras de Miranda (entre os dominios galego e portugués e ástur-leonés); ii) e no leste desde o val de Benasque ata a comarca da Baixa Llitera (entre os dominios do aragonés e do catalán). A caracterización destes límites aséntase no método da dialectoloxía tradicional baseado na identificación de trazos, fundamentalmente fonéticos que se consideran especialmente significativos. Para o espazo lingüístico ibérico, e a pesar dos estudos posteriores e das recentes revisións, a articulación das variedades segue a ter como fundamento principal a proposta realizada por Menéndez Pidal con base nos resultados de Ĕ/Ŏ tónicos latinos. O noso traballo céntrase no estudo dunha zona peninsular que comprende varias destas franxas fronteirizas. Esta área comprende o cuarto noroccidental da península ibérica e abrangue zonas pertencentes a catro dominios (galego, portugués, ástur-leonés e castelán) e localidades de Galicia, rexións norte e centro de Portugal, Principado de Asturias, occidente de Castilla y León, norte de Cáceres e extremo occidental de Cantabria. O noso interese neste traballo é de tipo comparatista e naceu dunha pregunta que nos fixemos cando estabamos a traballar cos materiais léxicos do Atlas
226 Negro Romero, M.; Sousa, X. Madrygal 22 (2019): 223-239 testa, fontes, cella, pestana, queixada, queixo, costas, espiñazo, pulso e espigo. A área estudada nesta análise corresponde, de xeito aproximado, co cuarto noroccidental da superficie peninsular, no cal están contidas 180 localidades da rede de puntos do ALPI, preto do 35% do total (529 puntos). Este territorio contén varias das zonas que os investigadores do ALPI consideraron de especial interese lingüístico pola súa “intensa diversidad dialectal” (ALPI 1962: 8). Os datos das respostas ofrecidas nestes puntos para os dez conceptos escollidos tomáronse da base de datos en liña e de uso interno do proxecto Elaboración y edición de los materiales del Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (García Mouton et al. 2016). De acordo cos principios que se seguen neste proxecto, as respostas que figuran nos cadernos de campo son anotadas na base de datos na súa transcrición fonética (cos símbolos do AFI) e nunha representación con grafía convencional que conserva particularidades fonéticas e morfolóxicas de interese. Para a análise dos datos partimos desta última transcrición, polo tanto prescindimos das variacións de tipo fonético e morfolóxico que non consideramos relevantes para o estudo léxico das variantes. A representación da distribución de variantes que se ofrece nos mapas está realizada a partir dunha agrupación destas; deste xeito, por exemplo, na pregunta queixo agrupamos baixo a forma barba variantes como barbela, barbadela, barbirote, barbillo, etc. da historia das súas relacións de contacto4. A información recollida nos cadernos de campo dá conta dun conxunto considerable de características fonéticas, morfosintácticas e léxicas das variedades rurais faladas nos distintos dominios peninsulares na primeira metade do século pasado, polo tanto permite coñecer a fondo a situación lingüística dun territorio que nos últimos sesenta anos sufriu transformacións profundas que afectaron de xeito directo á extensión e pervivencia destas variedades lingüísticas. Como sinala Morala con respecto ós límites orientais do ástur-leonés, unha investigación que partise da análise de datos actuais non permitiría recoñecer tan facilmente as isoglosas históricas entre os dominios lingüísticos peninsulares (Morala 2011). O ALPI é un atlas desenvolvido segundo a metodoloxía máis tradicional da xeografía lingüística europea. O cuestionario está composto por máis de 1200 preguntas de fonética, gramática e léxico. Para este estudo seleccionamos un conxunto de cuestións léxicas referidas ás partes do corpo contidas no caderno IIE. Os nomes das partes do corpo pertencen ó conxunto de campos léxicos que integran o inventario léxico xenérico de todas as linguas, en tanto que fan referencia a conceptos ou ideas que se xulgan imprescindibles na linguaxe humana, dado que acompañan os seres humanos independentemente do medio que habiten. Ademais, as denominacións das partes do corpo considéranse un dos ámbitos léxicos máis resistentes ós cambios lingüísticos consecuencia do contacto entre variedades (do mesmo xeito que os nomes de parentesco, os nomes referidos a conceptos xeográficos, os pronomes, os interrogativos, etc.; cf. Matras 2009, Negro 2012). Dito doutro xeito, o campo escollido forma parte dese grupo de elementos léxicos que acostuman mostrarse como máis estables e resistentes ós efectos do contacto lingüístico entre variedades. Na selección inicial partimos de 15 conceptos que figuran na sección dos cuestionario do ALPI correspondente ás partes do corpo. Por causa do estado incompleto da base de datos do proxecto e tamén pola abundancia de puntos sen resposta, finalmente restrinximos a escolla a dez denominacións que se corresponden cos termos comúns do galego: 4 Na páxina actual do proxecto (http://alpi.cchs.csic.es) pode consultarse unha relación completa dos traballos de investigación derivados destes materiais. Figura 1. Mapa da área estudada
227Negro Romero, M.; Sousa, X. Madrygal 22 (2019): 223-239 denominación galego-portuguesa e ástur-leonesa. No resto do territorio a denominación recollida é frente (do antigo fruente, procedente do latín frontem, xa co mesmo significado). Con todo, á vista do mapa é doado verificar que a distribución das variantes sobrepasa os límites dos dominios lingüísticos considerados tradicionalmente. É preciso engadir que en dous puntos de Asturias e nun de León recolleuse como segunda resposta cara, non sabemos se co mesmo ou distinto significado. Coromines e Pascual (1991-1997) indican que testa procede do latín tĕstam, orixinalmente con significado de ‘tella, ladrillo’, ‘cuncha de molusco ou tartaruga’ e que acabou por adquirir o significado figurado de ‘cabeza’. O paso da acepción ‘cabeza’ á de ‘fronte’ é unha estratexia metonímica frecuente de conceptualización das partes do corpo nas linguas románicas: Les langues romanes nous offrent donc quatre stratégies innovatrices de conceptualisation, à savoir les relations partie/tout (également un type de contigüité) entre crâne et tête ou front et tête [...]. Les métonymies crâne/front > tête s´insèrent, à leur tour, dans un changement métaphorique de coupe/tesson à crâne (Blank e Koch 1999: 64). Como ben sinalan Blank e Koch, este é un exemplo de transferencia metonímica entre partes adxacentes da cabeza, como sucede tamén con fronte e cara, nas que se repite a estratexia conceptualizadora da relación parte/todo. 3. Análise dos datos Nesta epígrafe analizaremos a distribución das distintas variantes léxicas recollidas no ALPI para cada un dos dez conceptos relacionados co corpo humano coa finalidade de comprobar as continuidades e descontinuidades entre os dominios lingüísticos abranguidos nesta área. Parécenos interesante acompañar o estudo diatópico dunha perspectiva onomasiolóxica, que vén complementar as explicacións etimolóxicas ofrecidas ata o momento para estes conceptos. Veremos, como explican Blank e Koch (1999: 56), a existencia de principios de conceptualización e de estratexias de expresión que se repiten nas denominacións dos distintos conceptos e que, como sinalan os autores, se rexistran comunmente na historia do léxico das linguas románicas. 3.1. Testa As variantes rexistradas para a denominación da parte superior da cara situada entre as cellas e o cabelo distribúense en dúas grandes áreas homoxéneas: frente, presente na metade oriental do territorio estudado e parte de Galicia, e testa5, na área occidental (Figura 2). No territorio portugués rexístrase esta última como denominación única, forma compartida co galego; porén, en Galicia encóntrase tamén frente na costa occidental e na metade oriental6. Testa é común ademais en León e en puntos de Asturias e Zamora, onde ademais se rexistra como segunda resposta frente. Pola distribución pode supoñerse que testa se trata dunha 5 Baixo testa agrupamos a variante tiesta. 6 Dos 51 puntos galegos do ALPI, en quince deles rexistrouse testa e frente. Figura 2. Mapa das variantes de testa
228 Negro Romero, M.; Sousa, X. Madrygal 22 (2019): 223-239 se trate dunha alteración do antigo sen ‘sentido, xuízo, intelixencia’, rexistrado con esta acepción en textos medievais tanto do galego como do castelán, e tomado á vez do xermánico occidental sĭnn ‘senso, tino’. En castelán, o vocábulo sería percibido como un derivado do verbo sentir, de onde se explica o ditongo sien. No textos do Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (Varela 2004-) figura sen coa acepción de ‘xuízo’ e no Dicionario de dicionarios atéstase xunto a outras variantes (ene, cen) en diversas obras lexicográficas para referirse á parte da cabeza a partir do século XIX. Porén, no Corpus del Nuevo Diccionario Histórico del Español, sienes denomina a parte do corpo xa en textos do século XIII. O paso de ‘sentido, xuízo’ ó de ‘partes laterais da cabeza’ explícase pola crenza que existe a nivel popular de que a intelixencia reside nas fontes. De feito, cando se quere indicar que alguén está falto de xuízo, facemos xirar o dedo índice sobre esta parte da cabeza. As variantes fontes (fons, fontis ‘nacente’) e vidayas (vītālĭa –capitis– ‘partes vitais, imprescindibles para a vida’) teñen orixe en formas latinas e fan referencia no sentido á relevancia desta parte do corpo para a vida (un golpe nesta zona pode chegar a ser mortal). En localidades de Portugal a forma recolleuse formando parte do lexema fontes da cabeça, posiblemente por considerar necesaria unha especificación para resolver a polisemia da palabra. Nun punto de León recolléronse as formas templeras e tempreras, procedentes do latín 3.2. Fontes O segundo concepto analizado fai referencia a cada un dos lados da rexión temporal que se sitúan entre os ollos e as orellas. As denominacións que máis se repiten nos cadernos do ALPI para este concepto poden agruparse baixo os lemas fontes, sens e vidayas. Na visualización da distribución das variantes pode verificarse a existencia de tres áreas compactas e de diferente extensión (Figura 3). A de maior tamaño corresponde ós rexistros das denominacións sen/sien7 e esténdese de forma continuada desde Galicia ata as localidades máis orientais da área. Tamén se recollen variantes desta forma nos puntos máis orientais de Asturias (cienes, sienes, xenes e xienes) e nun punto de Portugal (sinas, Rio de Onor). Nas localidades portuguesas recolleuse fonte8, a mesma forma que aparece en tres lugares contiguos do norte de Galicia. A terceira variante, vidaya9, é a forma máis común nas localidades asturianas e encóntrase en puntos lindantes do Bierzo e de Galicia. A distribución descontinua de fontes (Portugal e norte de Galicia), cabe interpretala como indicio da existencia dunha área galego-portuguesa continua que puido ser xebrada pola difusión dunha variante máis moderna (sen); o rexistro de moitas variantes formais no territorio galego (algunhas co ditongo -ie-) pode tomarse como argumento para esta hipótese. A orixe de sen/sien é incerta. Coromines e Pascual (1991-1997) sinalan que probablemente 7 Agrupamos baixo sen as variantes ene(s), iene(s), cens, ces, cienes, ciens, cies, senes, sens, ses, siene(s) e siens. 8 Baixo fonte incluímos as variantes fontes da cabeça, fontos, fountes, fuantes e fuontes. 9 Vidaya agrupa as formas medaya, midayas, vedayas, vedoyas, vidachas, vidayes e virayas. Figura 3. Mapa das variantes de fontes
229Negro Romero, M.; Sousa, X. Madrygal 22 (2019): 223-239 temporalis (derivado de tempus, -ŏris ‘sen’). Esta variante encóntrase rexistrada tamén no Pallabreru Llionés. Coromines e Pascual (1991-1997) sinalan que templa ‘sen’ é unha forma estraña ó castelán. Con todo, consultando o Mapa de diccionarios da Real Academia Española encóntrase que esta forma figurou nalgúns dicionarios da RAE e sen ningunha marca de ser localismo. É de notar que Eladio Rodríguez no seu dicionario rexistra a voz tempas co significado de ‘sens’ e de ‘tapas laterais das cubas’ (Santamarina 2003). En territorio galego rexístrase nun punto a forma testa, aínda que coa indicación de que nese lugar “no distinguen, llaman a todo testa”. Cabe interpretala como un caso de metonimia motivada pola contigüidade física entre a fronte e as sens. 3.3. Cella As dúas denominacións máis comúns para nomear o conxunto de pelos en forma de arco por enriba de cada ollo teñen orixe en formas latinas que comparten unha mesma base léxica, cĭlĭum (cella, celha, ceya e ceja) e supercĭlĭum (sobrecella, sobrancelha e sobreceyu). No territorio distribúense en dúas áreas descontinuas (Fig. 4). A variante sobrancelha10 está presente en practicamente todo o territorio portugués, a excepción dalgún punto limítrofe coa fronteira española onde se rexistra celha e dos tres puntos de francelha11. En Galicia encóntranse ocorrencias de sobrecella12 na metade occidental limítrofe con Portugal e a súa presenza esténdese por unha área occidental máis ou menos continua e costeira ata a ría de Viveiro no norte de Lugo. En León, Asturias e un punto oriental de Galicia a variante sobreceyu13 constitúe unha especie de illa compacta. Esta distribución suxire que a extensión de sobrecella puido ser maior e acabou sendo substituída por cella, cexa ou ceja. No resto do territorio estudado rexístranse variantes derivadas de cĭlĭum: celha, cella, ceya, cea e ceja. No punto galego de Santa María de Oleiros anotouse a forma metafórica canga da cara. No caso de sobrecella é preciso sinalar unha diferenza morfolóxica entre o territorio galego-portugués e o ástur-leonés: no primeiro, rexístranse sempre variantes femininas, procedentes de supercĭlĭa, e, no segundo, predominan maioritariamente as masculinas, derivadas de supercĭlĭum. Por outra parte, en Galicia e Portugal as respostas recollidas están 10 Decidimos agrupar baixo a forma estándar sobrancelha as numerosas variantes existentes para designar esta parte do ollo en portugués: sarbancelhas, saubrecelhas, saumbocelhas, sebancelhas, sebracelha(s), sebracielhas, sebrancelhas, serbacelhas, serbaucelhas, serebacelhas, serbancelhas, sebercelhas, serbecelhas, serbecielhas, serbeicelhas, sobracelha(s), sobrancielhas, sobrecelhas e sombracelhas. 11 Baixo francelhas incluímos fracelhas. 12 A forma estándar sobrecella agrupa as variantes brancellas, nubercellas, seborencella, seborcellas, soborcellas, soborcexas, sobrancellas e sobredoncellas. 13 A voz sobreceyu agrupa as variantes sobrecechiu, sobrececho, sobrocecho, sobreceño, sobroceño, subrucechu, subruceju, subrucello, soceyos, sobreceja, sobroceyas e sobrecexas. Figura 4. Mapa das variantes de cella
230 Negro Romero, M.; Sousa, X. Madrygal 22 (2019): 223-239 case todas en plural e en Asturias e León, en singular14. A orixe da voz cella, como explica Juliá (2007: 153-157), é controvertida. Semella que o significado orixinal en latín de cĭlĭum foi ‘pálpebra’, con antecedentes no indoeuropeo, posto que a raíz *kelda que deriva o étimo latino posuía un significado (‘cubrir, protexer’) estreitamente relacionado coa función da pálpebra en relación ó globo ocular. O significado co que este étimo chegou ás distintas linguas románicas varía (cf. Figura 5) e neste proceso de mudanza influíu tanto a existencia de dúas formas latinas que significaban ‘pálpebra’ (gena e palpebra), como a do derivado supercĭlĭum ‘cella’ (estaba por riba do cĭlĭum), ó considerarse a preposición super un elemento prescindible e que o significado ‘cella’ só estaba contido na segunda parte da palabra. André considera que esta confusión tivo lugar xa no latín, onde cĭlĭum tería tres significados (‘pálpebra’, ‘cella’ e ‘pestana’), consecuencia dun proceso de metonimia espacial orixinado pola dificultade á hora de delimitar as distintas partes do ollo: Avec les paupières, les cils et les sourcils on a affaire à une terminologie fluctuante entre des parties de la tête situées toutes dans un plan vertical au voisinage les unes des autres, de la base du front à la joue, tantôt distinguées, tantôt confondues, sujettes à des interférences et à des glissements de sens. (André 1991: 44) 3.4. Pestana O cuarto concepto analizado fai referencia ós pelos que nacen nos bordos das pálpebras. As variantes distribúense en tres áreas facilmente identificables na Figura 5. A área maior corresponde ás formas cognadas de pestana15 (pistaña e pestaña) e as dúas menores, situadas no interior, ás formas perfeba16 (en Galicia) e a ceja, ceya e celhas17 (en Asturias, León, Zamora e na localidade portuguesa de Rio de Onor). A variante pestana recolleuse en todos os dominios lingüísticos do territorio analizado, mentres que as outras dúas formas constitúen dúas illas dentro deste espazo. A orixe de pestana non está clara, aínda que Coromines e Pascual (1991-1997) mencionan un posible étimo indoeuropeo, seguramente sánscrito (*pĭstanna o *pestanna), que podería significar ‘excrecencia que se desprende do ollo’ e que posteriormente pasou a facer referencia a calquera elemento que pendura do ollo (Juliá 2007: 258). A forma galega perfeba, segundo Coromines e Pascual (1991-1997), deriva de palfĕbra, variante vulgar do latín palpĕbra, con influencia do substantivo fĭbra. Juliá (2007: 261) interpreta que é moi probable que palpĕbra significase inicialmente ‘pálpebra’ e ‘pestanas’ e que depois a variante galega perfeba pasase a designar soamente as pestanas. 14 Juliá (2007: 173) sinala que no Atlas Lingüístico Galego as variantes de sobrecella están basicamente en singular e no Atlas Lingüístico de la Península Ibérica, en plural, pero verificamos que existe unha diferenciación por áreas entre singular e plural, coincidente coa de feminino e masculino, no propio ALPI. 15 Pestana agrupa as variantes pastanas, pestaña(s), pestenas, petaña(s), pistanas, postanas e pustanas. 16 Perfeba agrupa as variantes percebas, prefeba(s), prefrebas, porfegas, profegas e profrebas. 17 Nesta área rexístranse as variantes cechas, ceichas, cejas, cellas, cenis, cequias, cexas, ceya e ceyes. Figura 5. Mapa das variantes de pestana
231Negro Romero, M.; Sousa, X. Madrygal 22 (2019): 223-239 boca en forma de arco, en especial o inferior, onde están incrustados os dentes son os cognados queixada e quijada19, procedentes do latín vulgar *capsĕum ‘semellante a unha caixa’, derivado do latín capsa ‘caixa’ e capsus ‘armazón de carruaxe’, ‘semellante a unha caixa’. Estas variantes esténdense de forma continua por case todo o territorio analizado, a excepción dunha área compacta da variante carrillera20 na zona suroeste. A voz mandíbula, común nas variedades do centro da península, só aparece como resposta única nun punto e como segunda resposta, noutros tres (Figura 6). Mandíbula, voz procedente de mandibula, -ae, de mandere ‘mastigar’, sempre se utilizou co significado de ósos da boca, pero debemos sinalar que se produciu unha mudanza entre referentes contiguos no propio latín á hora de designar estes ósos e as partes carnosas da cara situadas debaixo dos ollos. O orixinario maxĭlla ‘mandíbula’ derivou nos actuais meixela e mejilla, xa con outro significado. No Tesoro de Covarrubias (1611) mejilla preséntase como equivalente aínda a mandíbula, en consecuencia testemuña o inicio do cambio semántico, como sinala García-Borrón (2013: 83): “Maxilla: hueso del rostro en que están encaxados los dientes y muelas, y algunas veces se toma por la parte exterior”. Na edición do Diccionario da Real Academia Española de 1817 recóllese a acepción ‘queixada’ para Os derivados de cĭlĭum co significado de ‘pálpebra’ son característicos da zona oriental da área ástur-leonesa. O desprazamento na denominación das partes do ollo, como sinalamos na epígrafe anterior, ten as súas orixes nun proceso metonímico ocorrido no propio latín. Ó comparar a distribución xeográfica das variantes para ‘cella’ e ‘pestana’, verifícase que onde cella se emprega co significado de ‘pestana’ se utiliza sobreceyu para designar as ‘cellas’18. Nun punto asturiano (Malveda) rexístrase a variante cernechas, que debe estar relacionada coa acepción ‘floco’ que se lle dá a esta voz en puntos de León. García Arias (2007: 140) relaciónaa con cerneyu ‘pelo enredao en cualquier parte del cuerpo del animal’, ‘mata de pelo enredao y vizoso’, ‘guedeya de pelo o llana’, do latín cernuus, -a, -um ‘qu´inclina la tiesta’, ‘qu´inclina o cai p´alantre’. Concretamente, derivaría do diminutivo *cerniculus ‘criba’, que xustificaría o asturiano cerneyu, alén da creación analóxica feminina cerneya. A relación con criba está xustificada metaforicamente, xa que as pestanas non deixan de ser unha especie de rede que impide o paso de impurezas ós ollos. 3.5. Queixada As denominacións predominantes na área analizada para designar cada un dos dous ósos da 18 En Felechosa (Asturias), Pío de Sajambre (León) e Cubo de Benavente (Zamora) utilízanse os derivados de cĭlĭum tanto para ‘cella’ como para ‘pestana’. 19 Baixo queixada e quijada agrupamos as variantes formais caixada, caxá (de baxo), caxada, caxaes, queixadas, queixal, queixais, queixao, queixelo, queixo(s), quejada, quejá(s), quexada, quexalis, quexaes, quixaes, quexás, quijadas, quijá(s), quixadas e quixás. 20 Carrillera agrupa as variantes carrilla, carrilleira, carrilleras e carrillo. Figura 6. Mapa das variantes de queixada
238 Negro Romero, M.; Sousa, X. Madrygal 22 (2019): 223-239 Fernández-Ordóñez 2011a e 2011b, García Mounton e Molina 2012, Estrada 2012). A nosa pretensión foi amosar o interese de analizar as variedades peninsulares máis alá dos trazos fonéticos e morfolóxicos e, sobre todo, demostrar a importancia que para o coñecemento da dialectoloxía peninsular posúen os datos do ALPI. atlas lingüístico que dá conta completa da variación no conxunto das variedades romances peninsulares. Os estudos aparecidos nos últimos anos realizados a partir da información recadada para este proxecto están contribuíndo a revisar algunhas cuestións da historia lingüística peninsular que ata agora se daban como pechadas e incuestionables (Pato e Heap 2008, 5. Referencias bibliográficas ALPI (1962): Atlas Lingüístico de la Península Ibérica. I Fonética. Madrid: CSIC. Álvarez Pérez, Xosé Afonso (2014): “(Des-)continuidade de léxico dialectal na fronteira galego-portuguesa”, en X. Sousa, M. Negro Romero e R. Álvarez (eds.), Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega; Instituto da Lingua Galega, pp. 173-200. ——— (2015): “Isoglossas portuguesas nos materiais do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica: análise crítica da Nova Proposta de Lindley Cintra”, Zeitschrift für romanische Philologie 131/1, pp. 185-223. André, Jacques (1991): Le vocabulaire latin de l´anatomie. Paris: Les belles lettres. Auer, Peter (2018): “Dialect Change in Europe - Leveling and Convergence”, en C. Boberg, J. Nerbonne e D. Watt (eds.), The Handbook of Dialectology. Hoboken, NJ: John Wiley & Sons, pp. 159-176. Blank, Andreas e Peter Koch (1999): “Onomasiologie et étymologie cognitive: l´exemple de la tête”, en M. Vilela e F. Silva (eds.), Actas do 1º Encontro Internacional de Lingüística Cognitiva. Porto: Universidade do Porto, Faculdade de Letras, pp. 49-71. Colón, Germán (2003): “Estudio y descripción etimológica del léxico de las palabras románicas: catalán”, en G. Ernst (ed.), Histoire linguistique de la Romania: manuel international d’histoire linguistique de la Romania. Berlín: Walter de Gruyter, vol. 1, pp. 369-375. Coromines, Joan e José Antonio Pascual (1991-1997): Diccionario crítico etimológico castellano e hispánico. Obra completa. Madrid: Editorial Gredos. DALLA = Academia de la Llingua Asturiana (2015): Diccionariu de la Llingua Asturiana, http://www. academiadelallingua.com/diccionariu/index.php. Dubert, Francisco (2017): “Sobre a Gallaecia Magna e as relacións históricas e xeolingüísticas entre galego, portugués e asturiano”, Estudis romànics 39, pp. 43-69. Dubert, Francisco e Xulio Sousa (2002): “Áreas léxicas galegas e portuguesas. A proposta de Cintra aplicada ó galego”, en R. Álvarez, F. Dubert e X. Sousa (eds.), Dialectoloxía e léxico. Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega; Instituto da Lingua Galega, pp. 193-222. Elvira, Javier (2006): “Orígenes de las lenguas romances peninsulares: del latín al castellano, el catalán y el gallego”, en E. Miguel e M. C. Buitrago (eds.), Las lenguas españolas: un enfoque filológico. Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia, Publicaciones del Instituto Superior de Formación del Profesorado, pp. 37-58. Estrada Arráez, Ana (2012): “The loss of intervocalic and final /d/ in the Iberian Peninsula”, Dialectologia. Special Issue III: Linguistic Atlas of the Iberian Peninsula (ALPI): Progress and Perspectives, pp. 7-22. Fernández-Ordóñez, Inés (2009): “Los orígenes de la dialectología hispánica y Ramón Menéndez Pidal”, en X. Viejo (ed.), Cien años de Filoloxía Asturiana (1906-2006). Oviedo: Alvízoras & Trabe, pp. 11-41. ——— (2011a): La lengua de Castilla y la formación del español. Madrid: RAE. ——— (2011b): “El norte peninsular y su papel en la historia de la lengua española”, en S. Gómez Seibane e C. Sinner (eds.), Estudios sobre tiempo y espacio en el español norteño. San Millán de la Cogolla: Cilengua, pp. 23-68. García Arias, Xosé Lluis (1997): “Discusiones etimológicas asturianas”, Revista de Filología Románica 13, pp. 327-344. ——— (2007): Propuestes etimolóxiques II. Uviéu: Academia de la Llingua Asturiana. García Mouton, Pilar (2012): “El Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI) como fuente de documentación”, en E. Montero Cartelle e C. Manzano Rovira (coords.), Actas del VIII Congreso Internacional de Historia de la Lengua Española: Santiago de Compostela, 14-18 de septiembre de 2009. Santiago de Compostela: Meubook, pp. 273-276.
239Negro Romero, M.; Sousa, X. Madrygal 22 (2019): 223-239 García Mouton, Pilar (coord.); Inés Fernández-Ordóñez, David Heap, Maria-Pilar Perea, João Saramago e Xulio Sousa (2016): ALPI-CSIC, www.alpi.csic.es. Edición dixital de Tomás Navarro Tomás (dir.), Atlas Lingüístico de la Península Ibérica. Madrid: CSIC. García Mouton, Pilar e Isabel Molina (2012): “The /ʎ/-/ʝ/ merger (yeísmo) in central Spain: advances since the ALPI”, Dialectologia. Special Issue, III: Linguistic Atlas of the Iberian Peninsula (ALPI): Progress and Perspectives, pp. 23-42. García-Borrón, Juan-Pablo (2013): Semántica de la palabra. Barcelona: Universitat de Barcelona. Gargallo, José Enrique (1995): “De fronteras lingüísticas peninsulares: paralelismos, afinidades, peculiaridades”, LletresAsturianes 57, pp. 23-40. ——— (2014): “Romances de fronteira na península ibérica”, en X. Sousa, M. Negro Romero e R. Álvarez (eds.), Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, pp. 259-283. Goelb, Hans (2013): “La dialectometrización del ALPI: rápida presentación de los resultados”, en E. Casanova Herrero e C. Calvo Rigual (eds.), Actas del XXVI Congreso Internacional de Lingüística y de Filología Románicas. Berlín; Boston: De Gruyter, pp. 143-154. Instituto de Investigación Rafael Lapesa de la Real Academia Española (2013): Mapa de diccionarios, http://web.frl.es/ntllet [04-15/03/2018]. ——— (2013): Corpus del Nuevo diccionario histórico (CDH), http://web.frl.es/CNDHE [04-15/03/2018]. Juliá Luna, Carolina (2007): Léxico y variación: las denominaciones de las partes del ojo. Bellaterra: Universitat Autònoma de Barcelona. ——— (2012): “Procedimientos de creación léxica en las designaciones iberorrománicas del párpado (II)”, Revista de Filología Románica 29, pp. 11-31. Matras, Yaron (2009): Language contact. Cambridge: Cambridge University Press. Merlan, Aurélia (2007): “Las variedades lingüísticas del noreste peninsular: convergencias y divergencias”, Lletres Asturianes 96, pp. 7-56. Morala Rodríguez, José Ramón (2011): “La frontera histórica entre el asturleonés y el castellano”, en R. de Andrés (coord.), Lengua, ciencia y fronteras. Uviéu: Trabe, pp. 89-119. Murray, Robert W. (2010): “Language and space: The neogrammarian tradition”, en P. Auer e J. E. Schmidt (eds.), Language and Space: An International Handbook of Linguistic Variation. Vol. 1: Theories and Methods. Berlin e New York: De Gruyter Mouton, pp. 70-87. Negro Romero, Marta (2012): “Names for the uvula in the west of the Iberian Peninsula: a geolinguistic approach”, Dialectologia. Revista Electrònica, Special Issue III, pp. 111-128. Ossenkop, Christina (2018): “Les frontières linguistiques dans l’ouest de la Péninsula ibérique”, en C. Ossenkop e Otto Winkelmann (eds.), Manuel des frontières linguistiques dans la Romania. Berlin; Boston: De Gruyter, pp. 177-220. Pato, Enrique e David Heap (2008): “Lexical Variation across Asturias and the ‘Dominio Astur’”, en P. Reich, W. J. Sullivan e A. R. Lommel (eds.), LACUS Forum 33: Variation. Houston: Linguistic Association of Canada and the United States, pp. 1-8. Penny, Ralph (2004): Variación y cambio en español. Madrid: Gredos. Santamarina, Antón (dir.) (20033): Diccionario de diccionarios. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, http://sli.uvigo.es/ddd/index.html. Schrambke, Renate (2010): “Language and space: traditional dialect geography”, en P. Auer e J. E. Schmidt (eds.), Language and Space: An International Handbook of Linguistic Variation. Vol. 1: Theories and Methods. Berlin e New York: De Gruyter Mouton, pp. 87-107. Sinner, Carsten e Encarnación Tabares (2014): “L’espagnol en Europe”, en A. Klump, J. Kramer e A. Willems (eds.), Manuel des languages romanes. Berlin; Boston: De Gruyter, pp. 558-587. Sousa, Xulio (2008): “Notas sobre o Atlas Lingüístico de la Península Ibérica en Galicia”, en M. Brea, F. Fernández Rei e X. L. Regueira (eds.), Cada palabra pesaba, cada palabra medía. Homenaxe a Antón Santamarina. Santiago de Compostela: Universidade, pp. 299-306. Varela Barreiro, Xavier (dir.) (2004-): Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega, http://ilg.usc.es/tmilg [04/03/2018]. Veny, Joan (1982): Els parlars catalans (Síntesi de dialectologia). Palma de Mallorca: Editorial Moll. Woolhiser, Curt F. (2011): “Border Effects in European Dialect Continua: Dialect Maintenance and Change”, en B. Kortmann e J. van der Auwera (eds.), Field of Linguistics: Europe. Berlin: Mouton de Gruyter, pp. 501-523.