Golpe, guerra e violencia en Galicia : un estudo sobre os perpetradores e as actitudes sociais en Arteixo (1936-1939)
Abstract
No presente traballo analízanse varios aspectos dos procesos de violencia desatados a raíz do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Este estudo, enmarcado xeograficamente no concello de Arteixo (A Coruña), céntrase primeiramente en identificar os actores implicados nos asasinatos e en describir as súas traxectorias, así como as dinámicas propias da súa participación nas matanzas. Por outra parte, examínanse tamén os comportamentos e actitudes da sociedade a través da súa participación nos distintos xuízos militares instruídos, coa finalidade de coñecer que papel xogou a cidadanía en relación coa expansión da violencia.
Full text
Facultade de Xeografía e Historia Director: Antonio Míguez Macho Departamento de Historia Contemporánea Curso 2023/2024 Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en Historia Traballo de Fin de Grao Golpe, guerra e violencia en Galicia. Un estudo sobre os perpetradores e as actitudes sociais en Arteixo (1936-1939) Carlos Lema Rega
2 Resumo No presente traballo analízanse varios aspectos dos procesos de violencia desatados a raíz do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Este estudo, enmarcado xeograficamente no concello de Arteixo (A Coruña), céntrase primeiramente en identificar os actores implicados nos asasinatos e en describir as súas traxectorias, así como as dinámicas propias da súa participación nas matanzas. Por outra parte, examínanse tamén os comportamentos e actitudes da sociedade a través da súa participación nos distintos xuízos militares instruídos, coa finalidade de coñecer que papel xogou a cidadanía en relación coa expansión da violencia. Palabras clave: Golpe de Estado, guerra civil española, violencia, xustiza militar, perpetradores, actitudes sociais. Resumen En este trabajo se analizan varios aspectos de los procesos de violencia desatados a raíz del golpe de Estado del 18 de julio de 1936. Este estudio, enmarcado geográficamente en el ayuntamiento de Arteixo (A Coruña), se centra primeramente en identificar a los actores implicados en los asesinatos y en describir sus trayectorias, así como las dinámicas propias de su participación en las matanzas. Por otra parte, se examinan también los comportamientos y actitudes de la sociedad a través de su participación en los distintos juicios militares instruidos, con la finalidad de conocer qué papel jugó la ciudadanía en relación con la expansión de la violencia. Palabras clave: Golpe de Estado, guerra civil española, violencia, justicia militar, perpetradores, actitudes sociales. Abstract In this dissertation we analyze several aspects of the processes of violence unleashed as a result of the coup d'état of July 18, 1936. This study, geographically framed
3 in the municipality of Arteixo (A Coruña), focuses primarily on identifying the actors involved in the murders and in describing their trajectories, as well as the dynamics of their participation in the massacres. On the other hand, the behaviours and attitudes of society are also examined through its participation in the different military trials conducted, in order to know what role citizens played in relation to the expansion of violence. Key words: Coup d’état, Spanish Civil War, violence, military justice, perpetrators, social attitudes.
4 Índice Introdución ..................................................................................................................... 5 1. Estado da cuestión ...................................................................................................... 7 1.1. O debate sobre o carácter da violencia golpista ................................................ 8 1.2. A presenza dos perpetradores na historiografía ............................................... 9 2. Metodoloxía e fontes ................................................................................................. 12 2.1. Metodoloxía ......................................................................................................... 12 2.2 Fontes .................................................................................................................... 13 3. Dinámicas políticas, sociais e económicas antes e despois do golpe ..................... 15 4. A xustiza militar golpista, os asasinatos e os perpetradores ................................. 20 4.1. A xustiza militar golpista .................................................................................... 21 4.2. Os asasinatos e os perpetradores ........................................................................ 27 5. As actitudes sociais a través das causas ................................................................... 31 Conclusións ................................................................................................................... 37 Fontes consultadas ........................................................................................................ 39 Bibliografía ................................................................................................................... 40
5 Introdución O golpe de Estado que se produciu no mes de xullo de 1936 provocou unha guerra civil e, eventualmente, a instauración dun réxime ditatorial que sobreviviría corenta anos. Coa finalidade de establecer o “Novo Estado”, erradicando por completo a experiencia democrática e plural da II República, iniciáronse uns procesos de violencia que non atopan comparación na historia de España. Esta violencia, que se impulsou seguindo unha estratexia coidadosamente planificada e organizada, comportou a persecución e aniquilación de todos aqueles individuos que, clasificados como “inimigos internos”, se consideraban como non asimilables dentro da nova estrutura social, política e económica que se buscaba establecer. Dentro deste contexto histórico, o noso traballo pretende atender a dúas cuestións cuxo desenvolvemento, por mor do relato imposto polos autores dos procesos de violencia e apuntalado polos artífices da Transición, foi insuficiente ou incluso inexistente ata hai moi pouco tempo. En primeiro lugar, queremos identificar os perpetradores, os responsables de milleiros e milleiros de asasinatos nos tempos do golpe e da guerra. Sabemos moito sobre as vítimas e pouco sobre os verdugos, que fixeron o posible por ocultar e incluso negar os seus crimes. Queremos coñecer en que estruturas se encadraban os axentes perpetradores da violencia e cales eran as dinámicas propias das súas estratexias xenocidas. Por outra parte, buscamos ir máis aló e romper co famoso relato dualista de vítimas e verdugos. Este non é suficiente para poder explicar con claridade e precisión todos os detalles respectivos aos procesos de violencia que sucederon nas frontes de guerra e nas distintas retagardas do estado. Por este motivo, mergullarémonos nas causas militares para coñecer cales foron as variadas, fluídas e ata contraditorias actitudes sociais que suscitou unha violencia inusitada para os que a viviron, pero propia do seu tempo. Cómpre determinar en que medida a sociedade colaborou coa expansión da violencia para obter un retrato completo do proceso. Nesta introdución á investigación comezaremos abordando en que estado se atopan as pescudas sobre o noso tema de traballo. Tamén nos introduciremos nun debate terminolóxico que vemos pertinente discutir, para poder establecer unhas bases teóricas apropiadas e coherentes. Acto seguido, explicaremos o método de traballo que decidimos
6 utilizar e as inspiracións historiográficas que recibimos, para despois describir os diversos tipos de fontes dos que botamos man. Nos tres seguintes apartados estaremos xa localizados no concello de Arteixo. No número tres falaremos da situación política, social e económica do concello nos anos precedentes ao golpe e nas etapas inmediatamente posteriores ao mesmo, para así poder comprender mellor as dinámicas da violencia que logo terían lugar neste espazo xeográfico. A continuación, dedicarémonos a dar resposta ás preguntas que nos formulamos nesta introdución. O cuarto apartado do traballo consistirá nunha análise dos procesos de violencia a través dun estudo da xustiza militar golpista, que nos permitirá comprender o rol fundamental que exerceron os militares nas persecucións e nos asasinatos que tiveron como obxectivo a veciños de Arteixo e doutros concellos de Galicia. Desta maneira poderemos ir introducindo os nomes e traxectorias dos numerosos responsables que atopamos nas causas militares que estudamos, incluíndo no noso retrato dos perpetradores a individuos pertencentes a dúas institucións esenciais para entender a violencia: a Garda Civil e Falanxe. Debemos recordar que, se ben é unha materia de estudo de interese a futuro, non é a nosa intención, tanto polas características deste traballo como por carecer neste momento da documentación precisa para levar a cabo a tarefa, facer unha análise dos perpetradores que actuaron nun Arteixo que se constituíu como un lugar de violencia moi recoñecible. Tampouco pretendemos, polos mesmos motivos, abordar a cuestión dos perpetradores veciños de Arteixo, que puideron levar a cabo actividades relacionadas cos procesos de violencia en retagarda dentro do propio municipio – “Chegaban... Eu acordo por aí, darlles tundas os falanxistas... Algúns aínda eran veciños... Pegarlles 1 .” – ou na contorna – “Claro, en los caminos... ¿Cómo no se iba a enterar? Por todas partes. Si eran de Carballo, aparecían fusilados en Santa Comba; si eran de Santa Comba, aparecían fusilados en Carballo. Los cambiaban pero aparecían 2 .”; “Daquela había falanxistas, 1 Entrevista n.º 1374 a Palmira Rey García, realizada por Freire Cedeira, Araceli (Arteixo, A Coruña, España, 02/09/2008), fondo HISTORGA Xeral. 2 Entrevista n.º 149 a Manuel Gómez Folgar, realizada por Duro Fernández, María Begoña (Arteixo, A Coruña, España, 16/04/1990), fondo HISTORGA Xeral.
7 había o deus que os fixo. Eran máis malos que o deus que os pariu. [...] Pero a estes non lles faciamos moito caso. Estes por aquí non se metían. Estes ían a outros lados. 3 ” –. Xa por último, examinaremos as declaracións rexistradas nas causas militares de xeito cuantitativo e cualitativo. Esta pescuda pretende que comprendamos, en mellor medida, cales foron as actitudes sociais predominantes fronte á violencia da “xente corrente” e en que grao colaboraron os cidadáns coas autoridades golpistas á hora de expandir o proceso xenocida. 1. Estado da cuestión A violencia golpista foi, e segue a ser, un dos principais temas de estudo no que ás pesquisas sobre o pasado de golpe, guerra e ditadura en España se refire. Atendendo ás características do traballo, non podemos realizar un percorrido cronolóxico que resuma a evolución historiográfica completa deste vasto, practicamente inabarcable campo de traballo, convertido sen dúbida no máis popular a nivel académico dentro da historia contemporánea española dende hai décadas (Aróstegui e Godicheau, 2006) e sobre o que existen notables publicacións historiográficas (Cervera Gil, 2021). Concentrarémonos, por tanto, en debuxar un retrato xeral que nos permita comprender como chegamos a este traballo e cales son os estudos e os autores que nos permitiron poder desenvolvelo deste modo. É fundamental coñecer cando e como se empezou a poñer o foco sobre os perpetradores nos procesos de violencia, e así mesmo saber de que maneira se iniciaron os estudos sobre a colaboración da sociedade civil nestes sucesos, para deixar ben establecidas as bases teóricas deste estudo. Tampouco queremos deixar de lado a evolución dos debates sobre a, baixo a nosa consideración, mal chamada “represión”: as discusións sobre as características dos procesos de violencia en retagarda que desencadeou o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e os termos a utilizar para referirse a estes eventos tamén se poderán encontrar, dun xeito resumido, neste apartado. 3 Entrevista n.º 1369 a Román Vázquez Boedo, realizada por Freire Cedeira, Araceli (Arteixo, A Coruña, España, 20/08/2008), fondo HISTORGA Xeral.
8 1.1. O debate sobre o carácter da violencia golpista Comezando por ese último aspecto, dos dous que queremos desenvolver brevemente neste apartado, tense sinalado que a prolongada reflexión taxonómica sobre este fenómeno pode terminar desviando a atención dos historiadores cara un debate cíclico e excesivamente analítico, impedindo que esta se dirixa cara materias de maior relevancia. Porén, na liña doutros estudos (López Sánchez, 2021), consideramos que o debate é necesario e enriquecedor, e que convén abordar dunha vez por todas a cuestión terminolóxica para chegar a un consenso historiográfico. Así, poderase dar un paso adiante máis cara o establecemento dun novo relato que permita superar os marcos impostos na Transición, esquecendo unha idea de reconciliación que veu limitando as investigacións e interpretacións de varias – demasiadas, xa – xeracións de historiadores. Está claro que a violencia desatada a partir do golpe en 1936 non é comparable a ningún dos episodios anteriores sucedidos dentro do estado. A enorme magnitude destes procesos é suficientemente coñecida a través dos numerosísimos traballos dedicados a cuantificar o número de vítimas e a coñecelas en maior profundidade. Esta violencia tamén se distingue polos seus procedementos – xa Mola, na súa Instrución Reservada número 1, advertía de que “la acción ha de ser en extremo violenta” (Casanova, 2007, pp. 173-174) – e polos seus obxectivos. As seguintes palabras, de Juan Yagüe, que comandaba as tropas que perpetraron a masacre de Badajoz, deixan ver que a violencia foi máis aló do necesario para vencer a guerra: “El hecho de que la conquista de España por el Ejército se produzca con tanta lentitud tiene esta ventaja: nos da tiempo para depurar completamente al país de todos los elementos rojos.” (Gómez Bravo e Marco Carretero, 2011, p. 68). Estes procesos violentos tiñan como finalidade a reorganización e uniformación do conxunto social, segundo os estudos que describiron cales foron os parámetros baixo os cales se executou este proxecto (Míguez Macho, 2009, pp. 101-107) no que os “irredimibles” (Gómez Bravo e Marco Carretero, 2011, p. 68) non tiñan cabida e debían ser eliminados. Neste contexto, falar das persecucións golpistas en termos de “represión” non resulta apropiado. A represión consiste “no uso de medios coercitivos por parte dun determinado poder para impoñer a súa vontade sobre un colectivo humano ao que controla
9 [...] é un recurso normal no funcionamento de calquera estrutura que detente unha situación de autoridade.” (Buxeiro Alonso, 2023, p. 40). Propúxose nos últimos tempos substituír o uso do termo “represión”, impropio para un uso da coerción en absoluto normal – recollendo o expresado na cita anterior –, polo de “xenocidio” ou “prácticas xenocidas”, atendendo á intencionalidade dos perpetradores que impulsaron ditas prácticas (Míguez Macho, 2014, p. 20). Este mesmo autor demostrou o cumprimento, en Galicia e no resto do estado, dos oito estadios das prácticas xenocidas enunciados polo presidente de Genocide Watch Gregory Stanton (Míguez Macho, 2009, pp. 49-84). O uso deste termo fora criticado anteriormente dando a entender que o número de vítimas resultado do proceso de violencia articulado polos golpistas non alcanzaba a cantidade suficiente como para que este puidera ser catalogado como “xenocidio” (Rodrigo, 2003). Esta postura é contraria á propia definición de “xenocidio” das Nacións Unidas, que impón como condición fundamental a intencionalidade do grupo de agresores, e á tese orixinal de Lemkin, que nunca sostivo que os xenocidios só se puideran considerar de tal xeito ao alcanzares unha proporción moi elevada de vítimas mortais (Buxeiro Alonso, 2023, pp. 41-42). Cremos, por tanto, que definir as persecucións golpistas na retagarda galega producidas desde xullo de 1936 como prácticas xenocidas é adecuado, definitivamente máis acertado que tratalas como simple “represión” ou “represión política” e máis achegado á realidade que denominalas “politicidio” ou “limpeza política”, termos tal vez empregados por medo a facer uso dunha palabra que se percibe con maior carga simbólica ou máis vencellada a feitos excepcionais. Se nos documentos dos tempos do golpe e da guerra “el lenguaje está plagado de las lógicas genocidas del momento” (Fernández Prieto, 2023, p. 504), interpretémolo como tal sen someternos as lóxicas dun relato herdado que frea os nosos avances historiográficos. 1.2. A presenza dos perpetradores na historiografía Como xa puidemos remarcar, a historiografía española estudou con moito interese e en profundidade todo aquilo que rodea as vítimas do plan de exterminio golpista. Nas décadas posteriores á Transición, e especialmente a partir do nacemento das iniciativas a
16 (Vilarrodís) e Pastoriza (Pastoriza e Meicende). Ningún deles alcanzara neste período un nivel de desenvolvemento urbano equiparable ao de vilas próximas como Carballo ou Betanzos, mais si existía un vínculo notable coa cidade da Coruña, moi próxima ao municipio. Este vínculo era particularmente forte en zonas como Meicende, con conexión viaria directa coa cidade e situadas a menos de dous quilómetros de zonas periféricas do concello herculino como A Silva. Imaxe 1: mapa de parroquias de Arteixo 6 . Practicamente non se producira ningún tipo de desenvolvemento industrial no concello durante o primeiro terzo do século XX, concentrándose este sector na urbe coruñesa. Dos 3568 veciños cuxas ocupacións aparecen rexistradas no padrón municipal do ano 1935 (Blanco Rey, 2008, pp. 948-1007), o 87,81 % eran xornaleiros ou labradores. Arteixo seguía a ser, por tanto, un concello cuxa poboación seguía dependendo economicamente do sector agro-gandeiro. Neste sentido, e a pesar de ser un territorio con costa, nunca existira unha particular tradición pesqueira e tampouco se desenvolveran ocupacións propias do ámbito marítimo que provocaran determinados cambios sociais noutras localidades da costa galega. Habitaba, iso si, un reducido número de traballadores que desenvolvían actividades industriais na Coruña, como é o caso dalgunhas cigarreiras; 6 Recuperado de: https://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:Parroquias_do_concello_de_Arteixo.png [Última visita: 4/07/2024].
17 tamén outros que dependían economicamente de maneira directa da comunicación coa cidade, como ocorría coa decena de choferes que vivían nas distintas parroquias do concello. A inexistencia dun continxente obreiro notorio – situación que non cambiaría ata os tempos finais da ditadura – e a proximidade a unha das máis grandes cidades galegas impediron que Arteixo se convertera nalgún momento nun foco de conflitividade de calado. O único intento de resistencia contra o golpe, en certo modo, produciuse en Monteagudo; todos os demais esforzos foron redirixidos cara a defensa da cidade da Coruña. Unha vez fracasada, a toma de Arteixo transcorreu sen ningún tipo de dificultade. Independentemente dos factores sociais comentados nas liñas anteriores, o municipio gozaba dunha dinámica vida asociativa. Durante a República existiu unha vintena de asociacións de carácter cultural ou económico – principalmente sociedades gandeiras ou de labradores – así como varias agrupacións locais adscritas a nove organizacións políticas: Partido Republicano Gallego (ORGA, inicialmente), Izquierda Republicana, Unión Republicana, Partido Galeguista, Partido Radical, CEDA, Partido Republicano Conservador, Partido Agrario Español, e Bloque Nacional (Blanco Rey, 2008, pp. 251-366). A presenza de todas estas agrupacións non deixa de ser unha boa mostra da diversidade política característica do período republicano. De entre o primeiro tipo de asociacións que mencionamos, vemos conveniente destacar a existencia dalgunhas delas en especial, pola vinculación dos arteixáns asasinados con estas. En primeiro lugar referirémonos ao Sindicato Agrario y Oficios varios de Monteagudo, fundado no ano 1936 por individuos anteriormente conectados a unha asociación preexistente da parroquia de Monteagudo chamada Alborada Campesina Republicana. O novo sindicato agrario nacera co apoio do centro bergantiñán da CNT situado en Cabovilaño (A Laracha), e varios dos seus membros fundadores eran laracheses enrolados en dito centro sindical comarcal. Os obxectivos prioritarios deste sindicato serán os propios da CNT, sinalando principalmente a necesidade de acabar coa propiedade privada (Blanco Rey, 2008, p. 228). O secretario desta asociación era Juan Fraga Bello, próximo a un dos mestres da parroquia durante o período republicano, Severiano Campo Renedo, e dono dunha taberna en Monteagudo. Fraga Bello, xunto a José Ferreiro Mañana, José Borrazás Bello e Rogelio García Rodríguez – xornaleiros
18 achegados ao sindicato de Monteagudo que non chegaron a ser militantes – serían procesados tan só dúas semanas despois do golpe; dous deles, como veremos despois, serían asasinados – entre eles o propio Fraga Bello –, e outro destes homes morrería en prisión 7 . Por outra banda, outra das agrupacións significativas e con maior relación co noso estudo foi o Centro Cultural Hacia la Cumbre, con sede en Meicende (Pastoriza). Este centro mantiña contactos estreitos coa sede da CNT na Coruña, e moitos dos seus membros eran socios da organización anarquista (Blanco Rey, 2008, p. 241). Domingo Rodríguez, veciño de Meicende e outro dos asasinados no proceso xenocida desatado na retagarda galega a partir de xullo de 1936 8 , mantivo relacións co Centro Cultural Hacia la Cumbre – sen que se lle coñecera algún tipo de vencello directo coa CNT – e participou nalgúns dos actos impulsados por esta asociación cultural. Alén da persecución física e o exterminio destes “irredimibles”, o golpe supuxo a desarticulación total deste complexo panorama asociativo, no que se atopaban organizacións máis moderadas ou menos activas a nivel político, como as numerosas sociedades de gando e labradores integradas na Unión Mutualista Campesina, dunha corte esquerdista pouco precisa, obrigadas a ser clausuradas de maneira tallante a partir de 1936 (Cabo Villaverde, 2001, p. 619). Só sobreviven aquelas sociedades gandeiras con fins exclusivamente mutualistas, que tamén sofren depuracións nos seus cadros, como no caso da rebautizada La Aurora da parroquia de Suevos (Fernández Prieto, 1993, pp. 58-62). A nivel político, como xa describimos brevemente uns parágrafos atrás, existiron toda unha variedade de agrupacións locais que representaban as distintas opcións presentes no espectro político republicano. Un dos partidos máis relevantes na política municipal foi a ORGA (logo Partido Republicano Gallego), que como en moitos outros concellos de Galicia aglutinaría inicialmente a individuos de tendencias diversas que logo continuaron o seu percorrido político na mesma organización. Este foi o caso do primeiro alcalde republicano de Arteixo, Manuel Pardo Alvedro, o único membro do consistorio que á altura de 1935 non comezara a militar nalgún partido dereitista. Os outros 7 Causa 277/36, caixa 4, fondo A Coruña, AIMNOR. 8 Causa 789/36, caixa 9, fondo A Coruña, AIMNOR.
19 afiliaríanse á CEDA, como José Sande Suárez, primeiro tenente de alcalde xunto a Pardo Alvedro; algúns mesmo chegarían a integrarse en Falanxe, organización á cal se adhire Baldomero Pereiro Dubra 9 , terceiro tenente de alcalde desa primeira corporación municipal da etapa republicana en Arteixo monopolizada por membros da ORGA. En 1936 designouse unha nova corporación municipal en Arteixo, pertencendo a meirande parte dos novos membros desta á formación local de Izquierda Republicana. Á súa cabeza, como presidente do Consello local, situouse o novo alcalde Eduardo Martínez Palleiro, un home que xa contaba con experiencia política, ao exercer como concelleiro no último goberno municipal anterior á República. Como describiremos posteriormente, Martínez Palleiro tamén foi perseguido polos golpistas. Xunto a outras figuras relacionadas co ámbito da política municipal, foi denunciado e procesado no ano 1937. Precisamente un dos individuos que testificou de maneira acusatoria neste proceso foi Francisco Mosquera Calvete. Falaremos desta figura máis polo miúdo nos seguintes apartados, mais por agora si podemos precisar que foi el o home designado para presidir a primeira comisión xestora municipal 10 que substituíu a lexítima corporación republicana que lideraba Eduardo Martínez Palleiro. Mosquera Calvete non chegara a entrar nos órganos de poder locais durante a República, pero si fora unha persoa activa politicamente, ao ser membro fundador das seccións arteixás do Partido Agrario Español e do Bloque Nacional. Ao cabo de pouco tempo, tras o golpe, asumirá o cargo da xefatura local de Falanxe. Nas causas examinadas neste traballo tamén intervén, nunha delas, Ramón Dopico Naya, nomeado alcalde polos golpistas en 1939 11 e cofundador, xunto a Mosquera Calvete, da sección local de Bloque Nacional (Blanco Rey, 2008, p. 364). No Arquivo Municipal de Arteixo non se conservan os libros de actas dos plenos desta etapa, polo que nos resulta imposible coñecer con maior precisión detalles sobre aspectos que poderían resultar de interese, como as tomas de posesión, o grao de participación de cada individuo nas comisións xestoras ou o tipo de intervencións efectuadas nas canles da política local. 9 Boletín Oficial de la provincia de La Coruña, n.º 215, 22 de setembro de 1936. 10 Boletín Oficial de la provincia de La Coruña, n.º 189, 19 de agosto de 1936. 11 El Correo Gallego: diario político de la mañana, 3 de marzo de 1939.
20 Podemos observar, iso si, que as elites políticas conservadoras do concello de Arteixo – algunhas delas presentes na política local dende a Restauración – colaboraron sen dubidalo cunhas novas autoridades ás cales apoiaron dende o primeiro momento. Tamén podemos ver que non existían núcleos locais de Falanxe con anterioridade ao golpe, sen que isto queira dicir que non residiran en Arteixo simpatizantes do movemento fascista. Os dous seguintes apartados permitirannos comprobar en que medida estiveron implicados estes e outros axentes nos procesos de violencia que tiveron lugar contra varios dos veciños de Arteixo, así como coñecer con maior profundidade cales foron as súas traxectorias, os posibles motivos detrás das súas decisións e as actitudes que presentou a sociedade ante estes sucesos. 4. A xustiza militar golpista, os asasinatos e os perpetradores Chegados a este punto, coñecedores do contexto no que se produciron os exterminios que estamos a estudar e coas nosas bases teóricas e metodolóxicas establecidas, podemos pasar a responder as preguntas que deron pé a este traballo e que xa formulamos na introdución. Comezaremos por ofrecer un retrato do funcionamento da xustiza militar. Sen dúbida, os militares retiveron o monopolio do uso da violencia. Dirixiron e orquestraron por completo o proceso xenocida; as milicias, se ben tiveron un rol esencial, non foron máis que un brazo executor ás ordes do Exército (Buxeiro Alonso, 2023, pp. 293-295). De acordo con esta tese, entendemos que o punto primario a tratar debe ser este que estamos a sinalar, explicando o rol dos militares, dende a publicación dos bandos de guerra ata a sinatura das condenas a morte. A continuación, centrarémonos en ofrecer unha análise dos axentes que participaban directamente nas eliminacións físicas ou que colaboraban de maneira evidente nos procesos de violencia. Referímonos, neste último punto, aos actores presentes nas detencións dos perseguidos – Garda Civil e Falanxe, en Arteixo – ou aos individuos que levaban a cabo accións violentas e deshumanizadoras lonxe dos ollos da sociedade, como os funcionarios de prisións. Todas estas persoas encaixan na definición de “perpetrador” que estamos a utilizar. Daremos detalles, na medida do posible, das traxectorias vitais das figuras máis relevantes que mencionaremos nos próximos parágrafos, e intentaremos describir as dinámicas que
21 levaron a estes individuos a participar deste modo nos procesos de violencia que tiveron lugar en Arteixo e noutros concellos da Galicia de retagarda. 4.1. A xustiza militar golpista O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 desencadeou, como sabemos, un proceso de violencia que non é comparable a calquera outro sucedido en España polas súas dimensións e pola intencionalidade dos perpetradores. Os sublevados, sabedores da natureza ilexítima dos seus actos, intentaron inserilos nun falso marco legal, pervertendo por completo a realidade. Como xa se ten sinalado, a publicación dos bandos de guerra foi o primeiro paso para a creación dunha inventio xurídica que pretendía dotar da lexitimidade da que carecían as persecucións e aniquilacións daqueles que os golpistas consideraban como “inimigos internos” (López Sánchez, 2021, p. 135). Os arteixáns afectados por estes procesos víronse sometidos á nova normativa legal derivada da proclamación dos bandos de guerra da Coruña e de Ferrol. A declaración destes bandos estivo a cargo, respectivamente, dos comandantes militares Enrique Cánovas Lacruz e Ricardo Morales Díaz. Xa a partir destes dous nomes podemos comezar a intuír o perfil dos militares que participaron no golpe e nos procesos xudiciais que tiveron lugar na retagarda galega, na liña de interpretacións xa asentadas (Míguez Macho, 2013, p. 70): a maior parte deles eran ou ben oficiais de segunda liña que aproveitaron as circunstancias do golpe para ascender na xerarquía militar, como un Cánovas Lacruz que ascende á Capitanía Xeral da VIII Rexión Militar sendo coronel (Grandío Seoane, 2007, p. 133), no ano 1936, e en só 6 anos é nomeado Director Xeral da Garda Civil 12 ; ou ben militares moi próximos á retirada que en circunstancias normais abandonarían en moi pouco tempo o servizo. Existen militares que apoian o golpe con receos, ao modo do propio Morales Díaz, sen outro obxectivo que garantir a súa supervivencia. A súa carreira verase truncada ao seres obrigado a aceptar o retiro (Fernández Prieto e Míguez Macho, 2018, p. 74). Esta base xurídica completouse coa publicación dun único bando de guerra para toda a “retagarda nacional” a finais de xullo, asinado polo presidente da Junta de Defensa 12 El Ideal Gallego: diario católico, regionalista, independiente, 4 de xuño de 1942.
22 Nacional de Burgos, Miguel Cabanellas (López Sánchez, 2021, p. 138). A poboación civil quedou sometida, en moitísimos aspectos, á xurisdición militar. A normativa legal pola cal se rexía a xustiza militar diverxía daquela da xustiza civil. Esta primeira apoiábase no Código de Justicia Militar de 1890. O texto, desde entón, sufrira algunhas modificacións (Chaves Palacios, 2017, p. 28). O artigo cuarto do bando asinado por Cabanellas sinala que se xulgarán mediante procesos sumarísimos os delitos comprendidos nos títulos V, VI, VII e VIII do CJM 13 : delitos contra a seguridade da patria (traizón, espionaxe, delitos contra o dereito de xentes, devastación e saqueo), delitos contra a seguridade do Estado e do exército (rebelión, sedición, insulto a sentinelas, salvagardas e forzas armadas), delitos contra a disciplina militar (insubordinación, desobediencia, extralimitacións no exercicio do mando) e delitos contra calquera fin ou medio de acción do exército (abandono de servizo ou deserción, entre outros) (López Sánchez, 2021, p. 139). No artigo quinto do mesmo bando fanse explícitos outros delitos que quedan sometidos tamén á xurisdición militar: os delitos de rebelión, sedición, atentados, resistencia e desobediencia ás autoridades comprendidos no título terceiro do Código Penal ordinario como “delitos contra a orde pública”. O artigo sexto do bando da Junta de Defensa Nacional é moi significativo, posto que senta as bases do que Serrano Suñer denominaría, pasado o tempo, “xustiza ao revés”. Pervértese o establecido no CJM – “son reos del delito de rebelión militar los que se alcen contra las armas contra [...] el gobierno legítimo” (López Sánchez, 2021, p. 139) –, posto que é declarado como “rebelde” todo aquel que actúe en contra das accións necesarias para a consolidación do golpe. Os golpistas, en definitiva, sitúanse na cima da nova legalidade mentres que declaran como “rebelión” a defensa da legalidade establecida. Esta inventio xurídica non foi máis que un mecanismo escollido para articular de maneira eficiente a estratexia de violencia xenocida que desde un primeiro momento se quería implantar. Non é casual que en 3 das 4 causas 14 que analizamos, os encausados sexan procesados por delitos de rebelión: detrás da etiqueta de “rebelde” existía a pretensión de reconverter ao defensor da legalidade en delincuente, de identificar publicamente os 13 Boletín Oficial de la Junta de Defensa Nacional de España, n.º 3, 30 de julio de 1936. 14 Causa 277/36, caixa 4, fondo A Coruña, AIMNOR; Causa 153/37, caixa 39, fondo A Coruña, AIMNOR; Causa 961/38, caixa 238, ANFER.
23 inimigos da nova xustiza para así acadar un maior grao de lexitimidade e de apoio social á subversión; clasificación, simbolización e deshumanización, nos termos de Stanton (Míguez Macho, 2009, p. 50-51). O mesmo sucedeu noutros espazos da retagarda galega, como se pode observar nas causas analizadas por outros autores que xa citamos (López Sánchez, 2021; Buxeiro Alonso, 2023). O seguinte punto a tratar dentro deste apartado será o funcionamento dos xuízos militares. Se ben se contemplaban varios tipos de procedementos criminais dentro da xustiza militar, centrarémonos en describir o de tipo sumarísimo, por ser este o preeminente a nivel xeral e o único rexistrado nas causas ás que accedemos. Existe un paso previo aos procedementos, a detención, que pode ter lugar a partir dunha denuncia, dun atestado, dun expediente de depuración ou dun expediente incoado nun campo de detencións ou de prisioneiros (Chaves Rodríguez, 2015, p. 39) ou mediante notitia criminis. Nos procesos xudiciais que estudamos, as detencións orixináronse de maneiras distintas e tiveron distintos protagonistas. A través da causa contra Juan Fraga Bello, José Ferreiro Mañana, José Borrazás Bello e Rogelio García Rodríguez sabemos que o muradán Manuel Santos Otero, Sarxento da Garda Civil na Coruña a cargo da organización dos primeiros rexistros e detencións despois do golpe (Grandío Seoane, 2007, p. 162), acorda a detención destes individuos unha vez coñecida – descoñecemos por que medios – a súa participación en varios actos dos cales son culpabilizados: a colocación dun explosivo na casa reitoral do párroco de Monteagudo e a detonación de cartuchos de dinamita dende un vehículo en movemento na estrada que conecta Monteagudo e Armentón 15 . Encárganse desta detención, baixo ordes do propio Santos Otero, dous milicianos falanxistas. Un deles era José Pampín Vilela, nacido no concello de Touro. Camisa vella, fora detido en 1935 por provocar altercados en Vilagarcía de Arousa e baixo a sospeita de “creérsele fascista 16 ”; precisamente na vila arousá fundárase unha sección local de Falanxe a comezos dese mesmo ano (Artiaga Rego, 2014, p. 118). Pampín Vilela, voluntario falanxista na guerra, falecería en 1938 no afundimento do 15 Causa 277/36, caixa 4, fondo A Coruña, AIMNOR, f. 4. 16 El Compostelano: diario independiente, 3 de decembro de 1935.
24 cruceiro Baleares 17 . O outro miliciano de Falanxe que participa na detención destes catro residentes na parroquia de Monteagudo é un cidadán alemán, Gustavo Gehllaar, asentado en Galicia, polo menos, desde o 1932 18 . A nacionalidade deste miliciano é motivo, como mínimo, de curiosidade. Noutros estudos tense suxerido que a participación deste suxeito podería interpretarse como unha proba da colaboración directa dos servizos de intelixencia nazis no golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 (Grandío Seoane, 2007, p. 161) e nos acontecementos inmediatamente posteriores. Dun xeito similar, Eduardo Martínez Palleiro, Miguel García Rey e Venancio Marán Bértoa son detidos por membros da Garda Civil das comandancias da Coruña e Arteixo por, presuntamente, ter axudado á “rebelión” instigada por varios milicianos que transitaban por Arteixo de volta a Carballo despois de verse obrigados a fuxir da cidade da Coruña 19 . En realidade, todo o que fixeran fora recibilos e conversar con eles. De feito, impediron que asaltaran a casa de Ramón Dopico Naya, onde estes milicianos buscaban “fascistas”. O certo, en definitiva, é que todas estas detencións instíganse previa notitia criminis ou a partir dun atestado da Garda Civil. Nesta última causa súmase a este atestado a sinatura do xa mencionado alcalde de Arteixo, Francisco Mosquera Calvete. En cambio, a detención de Domingo Rodríguez, veciño de Meicende, prodúcese só despois dunha denuncia directa dun labrador veciño de Feáns (A Coruña), Antonio Pérez Bello 20 . Este decide delatar a presenza nos montes de Elviña e Feáns – tamén na capital coruñesa – de Domingo Rodríguez, que fuxira a este lugar despois da toma da Coruña e se unira ao primeiro movemento de resistencia armada ao golpe; unha resistencia que desde os primeiros intres foi perseguida de maneira sistemática polas autoridades, coa colaboración dalgúns veciños (Fernández Fernández e Pereira González, 2023, pp. 15-16; Grandío Seoane, 2006, p. 37). Non puidemos aclarar cales foron os posibles motivos que puideron levar a este labrador de Feáns, ao cal no se lle coñeceu ningunha afiliación política, a tomar a infrecuente decisión de denunciar (Buxeiro Alonso, 2023, p. 343) a este fuxido ás autoridades. 17 El Compostelano: diario independiente, 23 de abril de 1938. 18 El Ideal Gallego: diario católico, regionalista e independiente, 2 de marzo de 1932. 19 Causa 153/37, caixa 39, fondo A Coruña, AIMNOR, ff. 2-2 v. 20 Causa 789/36, caixa 9, fondo A Coruña, AIMNOR, f. 2.
25 Habitualmente, os detidos realizaban unha primeira declaración na comandancia local da Garda Civil, ou ben xa directamente na da Coruña. Se ben as causas non nos proporcionan esta información, non sería estraño que nestes lugares se produciran agresións físicas contra os detidos, como as que algúns recordan noutros lugares do estado (Mikelarena, 2015, p. 137). As fontes orais lémbranse da excesiva agresividade dalgúns membros locais da Garda Civil durante os seus servizos nos tempos da guerra, como no caso do cabo almeriense Miguel Cadenas Rico – coñecido como “Cadenas” –: “A Garda Civil era mala [...] logo che quentaba o lombo. Andaban con “Cadenas” [...] ía co vergallo e veña leña 21 ”; “E pegaban, pegaban [...] E déronlle unha pasada, pegáronlle uns tiros, non lle mataron porque non quixeron, porque ou non apuntaron ou non quixeron [...] O “Cadenas”, que despois o botaron fóra 22 ”. O proceso de deshumanización dos detidos comezaba nos cuarteis e continuaba nos calabozos municipais, ou nos centros de reclusión aos que eran encamiñados – a Prisión Provincial da Coruña, nos casos que nós investigamos –. Alí agardaban o inicio do seu proceso e esperaban polo seu desenvolvemento ulterior. Nestes centros, desbordados desde finais de xullo de 1936 polas detencións masivas que estaban tendo lugar, existían unhas condicións hixiénicas e de alimentación pésimas (Vega Sombría, 2003, pp. 177-198) que xogaban en contra, como facilmente se pode concluír, do estado físico e mental duns reos atemorizados pola falta de certezas sobre os seus destinos vitais. Os tratos que recibían os presos foran, posiblemente, na liña das súas experiencias nos cuarteis, ata o punto de que tales situacións chegaran ás causas dependendo da resposta do reo, como ocorreu con José Borrazás Bello, acusado de agredir a varios oficiais de prisións 23 , como denunciou o funcionario Baudilio Bolado Llamazares. A partir da detención, o proceso xudicial dividíase en dúas fases. A primeira delas era a etapa de instrución sumarial, ou sumario. O xuíz nomeaba un secretario, que estaba encargado de chamar a declarar a quen vira necesario e de solicitar os pertinentes informes de conduta ás persoas “de orde” dos municipios de orixe dos acusados – que en Arteixo 21 Entrevista n.º 1364 a Baldomero Cedeira Añón, realizada por Freire Cedeira, Araceli (Arteixo, A Coruña, España, 04/08/2008), fondo HISTORGA Xeral. 22 Entrevista n.º 1374 a Palmira Rey García, realizada por Freire Cedeira, Araceli (Arteixo, A Coruña, España, 02/09/2008), fondo HISTORGA Xeral. 23 Causa 277/36, caixa 4, fondo A Coruña, AIMNOR, f. 51.
32 actuar de acordo ou non coas expectativas asociadas aos seus roles – de xénero, de clase, como membro dunha familia ou dunha organización determinada, etc. –, ou mesmo mostrar actitudes mixtas nun breve espazo de tempo (López Sánchez, 2021, pp. 230-231), como é lóxico esperar nun conflito bélico. É aquí, e formulando estas preguntas, onde atopamos un punto de ruptura necesario co relato dicotómico. Existen debates derivados desta ruptura a nivel conceptual: fálase das actitudes dos “salvadores” (Fernández Prieto, Míguez Macho e Vilavedra Fernández, 2020, pp. 46-48), doutros dispostos a realizar xestións para librar a algunhas persoas da morte baixo determinadas condicións (Mikelarena, 2015, pp. 164-168), do socorrido concepto da “zona gris” (Gil Andrés, 2009). Optaremos por falar das “actitudes intermediarias” (López Sánchez, 2021, p. 231), un termo que abrangue o espectro completo de comportamentos sociais e a través do cal podemos comprender que haxa condutas que se solapen. Estudar os testemuños da “xente común” nas causas, por outro lado, é unha das vías máis sinxelas para comprender as actitudes da sociedade. En primeiro lugar, a propia xerarquía militar golpista animaba os cidadáns vehementemente a declarar nos procesos militares (Buxeiro Alonso, 2023, p. 307). A isto engádeselle a seguridade que brindaba a colaboración por esta vía, moito menos traumática que a participación directa en asasinatos ou torturas (Buxeiro Alonso, 2023, p. 306). Dentro dos testemuños ofrecidos polos declarantes neste contexto, apoiados no modelo de clasificación de Xabier Buxeiro Alonso e mediante a análise dos discursos e das palabras, podemos distinguir entre catro tipos: exculpatorios, neutrais, mixtos e acusatorios. Estes últimos podían deberse a unha ampla variedade de motivos: un xenuino convencemento moral e político, a perspectiva de acceso a beneficios materiais ou laborais, a busca de protección ante a violencia ou o simple desexo de arranxar problemas persoais ou de vingarse (Kalyvas, 2010, pp. 144145). Dentro deste abano de posibles razóns, quizais resulte máis significativo afondar na segunda e na terceira, que se poden presentar de forma conxunta. O estudo das traxectorias vitais dos declarantes que afirmaron que os seus veciños cometeran os delitos dos cales estaban a ser acusados é de particular interese para comprender como se rearticula a sociedade despois do golpe, para saber quen se integra plenamente no novo réxime e quen non. A continuación, a medida que presentemos os datos obtidos das causas estudadas, tentaremos dar detalles sobre esta última cuestión dentro do ámbito arteixán,
33 tendo en conta as limitacións documentais existentes para a investigación de certos sectores sociais. Nesta táboa figuran os datos xerais correspondentes aos testemuños 53 das causas que manexamos: Táboa 1: tipos de testemuño e testemuños por declarante. Elaboración propia a partir das causas militares estudadas. Tipo de testemuño Número de testemuños Número de declarantes Testemuños por declarante Acusatorio 22 22 1 Mixto 6 6 1 Neutral 1 1 1 Exculpatorio 6 6 1 Total 35 35 1 Nestoutra podemos observar os perfís dos declarantes en consonancia cos seus testemuños: Táboa 2: testemuños e testemuños por declarante en relación co perfil deste. Elaboración propia a partir das causas militares estudadas. Perfil do declarante T. acusatorios T. mixtos T. neutrais T. exculpatorios T. totais T. por declarante Garda Civil 9 0 0 1 10 1,125 Descoñecido 0 1 0 4 5 1 Membro da nova 3 0 1 1 5 1 53 Entendendo como un testemuño o total de declaracións dunha persoa dentro dunha causa.
34 admón. local Militar 4 1 0 0 5 1 Falanxe 2 2 0 0 4 1 Labrador 1 1 0 0 2 1 Funcionario de prisións 1 0 0 0 1 1 Membro da admón. republicana 1 0 0 0 1 1 Membro da Igrexa 0 1 0 0 1 1 Traballador autónomo 0 1 0 0 1 1 Queda claro que a meirande parte dos testemuños son acusatorios, un 62,86 %. A taxa resulta un pouco máis elevada se nos centramos soamente no grupo de testemuñas estruturais (Buxeiro Alonso, 2023, p. 324), no cal ascende ata o 63,33 %; de todos os testemuños acusatorios, o 86,36 % proveñen deste conxunto social. Tamén se pode percibir que a participación social nos procesos xudiciais militares é algo limitada, posto que os propios datos indican que a presenza do grupo de testemuñas estruturais é lixeiramente superior ao sumar as cifras vaciadas de todas as causas. Só se produce un caso de reincidencia dentro deste grupo, aínda que o tipo de declaración do suxeito en cuestión, o Comandante da Garda Civil de Arteixo Benedicto Rivas Martínez, é distinto – inculpa ao grupo de encausados liderado por Juan Fraga Bello 54 e exculpa ao enrolado na Armada Jesús Areosa Viña 55 54 Causa 277/36, caixa 4, fondo A Coruña, AIMNOR, f. 27. 55 Causa 961/38, caixa 238, ANFER, f. 270.
35 Aqueles axentes externos á organización e execución dos procesos de violencia só acusan aos seus veciños nun 20 % das ocasións, e a maioría de testemuños exculpatorios proveñen de cidadáns non implicados estruturalmente no proceso xenocida. Todas estas cifras, excepto no caso das taxas de reincidencia – moi inferiores –, se aproximan de xeito notable ás ofrecidas por Xabier Buxeiro Alonso no seu estudo sobre a violencia e as actitudes sociais no norte da provincia de Lugo, que xa citamos en numerosas ocasións e co cal podemos compararnos ao utilizar o mesmo modelo de clasificación de testemuñas. Poderiamos chegar á conclusión, por tanto, de que existe un certo patrón nas actitudes intermediarias que se presentan na retagarda galega, que se podería verificar de forma certeira en estudos baseados noutras localizacións. Se analizamos quen intervén nas causas e o contido destas dun modo máis detallado, poderiamos observar que os testemuños dos grupos estruturais teñen moito máis peso dentro dos procesos xudiciais. Serían, por tanto, contribuíntes fundamentais na inventio xurídica, na “xustiza ao revés”. Véxase, por exemplo, o caso da causa 153/37 contra Eduardo Martínez Palleiro, Miguel García Rey e Venancio Marán Bértoa. Dende un primeiro momento, os Gardas Civís que os denuncian fabrican boa parte do delito que lles imputan: prepararse para a rebelión armada xunto a milicianos retornados da Coruña despois do fracaso da resistencia. Proba disto, consideran, son varios gritos contra o Movemento e varias detonacións preto da casa do que, como dixemos, sería posteriormente alcalde de Arteixo, Ramón Dopico Naya. O alcalde de Arteixo no momento da denuncia, do cal tamén falamos, Francisco Mosquera Calvete, apoia a versión da Garda Civil. Tanto os acusados como os veciños que os exculpan nas súas declaracións negan a versión esgrimida pola Garda Civil, e aseguran que foi o último alcalde do período republicano en Arteixo o que impediu que se producira algún tipo de rebelión armada e que se produciran danos humanos ou materiais na residencia de Ramón Dopico. Estes argumentos serán obviados por completo. Ante a clara falta de probas, a xustiza non pode condenar os tres acusados a pena de morte, pero a denuncia maquinada por Ángel Fernández Garea, Cabo da Garda Civil na Comandancia da Coruña, será suficiente para asegurarse de que Martínez Palleiro teña que afrontar outros tipos de violencia: como xa
36 describimos, o pago dunha cuantiosa multa – 15000 pesetas – e unha condena de cárcere preventiva que se prolongou varios anos. Como dixemos, Mosquera Calvete afianzaríase en postos políticos locais no novo réxime 56 ; varios dos Gardas Civís que ofreceron testemuños acusatorios gozaron de ascensos nos anos seguintes, como Fernández Garea, que chega a ser capitán 57 , ao modo de Emilio Prado Lorda 58 . Aqueles que declararon a favor do ex-alcalde tiveron moitas menos facilidades para integrarse no novo réxime instaurado despois da guerra e non contaron con ningún favor das autoridades: Dolores Montes Barros, por exemplo, recibirá sancións económicas de maneira continuada por dedicarse ao estraperlo na posguerra 59 . No caso da causa 277/36, óptase directamente por chamar a declarar a aqueles máis susceptibles de apoiar as acusacións contra Juan Fraga Bello, un dos directivos do xa coñecido Sindicato Agrario y Oficios varios de Monteagudo e o obxectivo prioritario a eliminar de entre os encausados. De entre as corenta persoas que acudiran á última reunión que celebrara o sindicato, escóllese que declaren Severiano Suárez Rodríguez e Eliseo Sánchez Baldomir. Ambos homes constitúen unha boa mostra, ademais, do carácter fluído que podían ter os apoios ao golpe a nivel local: de asistir as reunións deste sindicato vinculado coa CNT, pasan a apoiar a Falanxe pouco despois do golpe. O caso máis notable é o de Suárez Rodríguez, que se converte en Xefe da Sección Local da Falanxe de Armentón en setembro de 1936 (Blanco Rey, 2008, p. 1216). Sánchez Baldomir figura como combatente voluntario de Falanxe nunha noticia de xornal de 1937 60 , aínda que descoñecemos cales foron os motivos exactos que o levaron a exercer como miliciano. Outro dos homes escollidos para declarar, Ramón Domato Ramilo, era irmán doutro combatente voluntario falanxista, Delfino Domato Ramilo, cuxo nome aparece a carón do de Eliseo Sánchez Baldomir na noticia citada. Non sería estraño que Eduardo Mato Toja, párroco de Monteagudo e convencido falanxista 61 , declarante tamén nesta causa, fora quen de convencelos desde o púlpito, ou que viran nestas decisións e 56 El Ideal Gallego: diario católico, regionalista e independiente, 31 de outubro de 1951. 57 El Ideal Gallego: diario católico, regionalista e independiente, 18 de xaneiro de 1955. 58 El Pueblo Gallego: rotativo de la mañana, 6 de xuño de 1962. 59 El Ideal Gallego: diario católico, regionalista e independiente, 4 de xaneiro de 1942. 60 El Ideal Gallego: diario católico, regionalista e independiente, 28 de febreiro de 1937. 61 El Ideal Gallego: diario católico, regionalista e independiente, 28 de xuño de 1939.
37 comportamentos unha forma de integrarse adecuadamente na nova realidade social e política por simple necesidade. Conclusións Como xa apuntamos desde un inicio, a violencia desatada a partir do golpe de Estado perpetrado en xullo de 1936 tivo como un dos seus obxectivos principais a destrución da orde política democrática e plural que se construíra durante a República e dun denso tecido asociativo que se fiara en todos os concellos de Galicia dende comezos do século XX. Arteixo, como tivemos a oportunidade de comprobar, non foi unha excepción dentro destas dinámicas. Dentro deste plan existiu desde os primeiros momentos unha clara intención de eliminar fisicamente a todos aqueles individuos que os que orquestraron o golpe clasificaron como “inimigos internos” ou “irredimibles”. Para a consecución deste obxectivo planificouse e organizouse unha estratexia de violencia estruturada de xeito vertical, con xerarquías ben delimitadas. No cume da pirámide situáronse os militares, que se preocuparon por perverter por completo os códigos legais vixentes no tempo do golpe para poder xustificar e lexitimar as súas accións a nivel interno e externo. A través das causas militares ás que tivemos acceso puidemos demostrar o funcionamento efectivo da “xustiza ao revés” golpista. Tamén puidemos comprobar o alto grao de responsabilidade dos militares nos asasinatos con e sen sentencia, quen deles estiveron implicados na violencia que sufriron varios veciños de Arteixo e en que medida o seu apoio ao proceso xenocida axudou a consolidar – ou non – as súas traxectorias profesionais no novo réxime. No noso estudo non deixamos de lado a participación doutros organismos que, en colaboración co Exército e baixo as súas ordes, se encargaron de garantir o éxito do plan xenocida. No caso de Arteixo, a colaboración directa da Garda Civil e dos milicianos falanxistas, como en tantas outras localizacións do estado, foi clave para que as detencións e as execucións se levaran a cabo. Só no caso da Garda Civil nos encontramos con veciños actuando deste xeito tan directo e traumático contra os seus pares.
38 Examinamos, xa por último, o contido das declaracións das causas militares a nivel cuantitativo e cualitativo. A través da nosa análise podemos concluír que os golpistas, en definitiva, non contaron con apoios fortes entre os cidadáns á hora de socializar a violencia en Arteixo. As nosas conclusións van na liña do sostido noutros estudos máis amplos realizados noutros puntos da xeografía galega, que afirman que a chamada das autoridades golpistas á colaboración social non foi efectiva e que os procesos xudiciais dependeron de forma significativa dun grupo de testemuñas estrutural que apoiara o golpe e os procesos de violencia desde un primeiro momento. Así mesmo, no caso arteixán, rexistramos varios casos paradigmáticos de declarantes que, xunto a outro tipo de operacións, ofreceron testemuños acusatorios coa finalidade de integrarse satisfactoriamente nunha nova realidade social, política e económica. Pola contra, as mostras de apatía ou a oposición á colaboración coas novas autoridades foi en detrimento, nos casos revisados, da situación social daqueles que defenderon a algún dos acusados.
39 Fontes consultadas Bases de datos Proxecto interuniversitario Nomes e Voces, https://www.nomesevoces.net/. Instituto Nacional de Estadística, Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842, https://www.ine.es/intercensal/intercensal.do. Causas militares Arquivo Intermedio Militar Noroeste (Ferrol), Xurisdición de Terra Causa 277/36, caixa 4, fondo A Coruña. Causa 789/36, caixa 9, fondo A Coruña. Causa 153/37, caixa 39, fondo A Coruña. Arquivo Naval de Ferrol, Xurisdición de Mariña Causa 961/38, caixa 238. Fontes orais Terra e Memoria. Unidade de Patrimonio Documental Oral e Contemporáneo – UPDOC -Fondo HISTORGA Xeral: Entrevista n.º 149 a Manuel Gómez Folgar, realizada por Duro Fernández, María Begoña (Arteixo, A Coruña, España, 16/04/1990). Entrevista n.º 1362 a Marina Grela Martínez, realizada por Freire Cedeira, Araceli (Arteixo, A Coruña, España, 31/07/2008). Entrevista n.º 1363 a Mercedes Mosquera Souto, realizada por Freire Cedeira, Araceli (Arteixo, A Coruña, España, 04/08/2008). Entrevista n.º 1364 a Baldomero Cedeira Añón, realizada por Freire Cedeira, Araceli (Arteixo, A Coruña, España, 04/08/2008). Entrevista n.º 1367 a Trinidad Añón Vázquez, realizada por Freire Cedeira, Araceli (Arteixo, A Coruña, España, 19/08/2008).
40 Entrevista n.º 1368 a Dolores Cedeira Cedeira, realizada por Freire Cedeira, Araceli (Arteixo, A Coruña, España, 20/08/2008). Entrevista n.º 1369 a Román Vázquez Boedo, realizada por Freire Cedeira, Araceli (Arteixo, A Coruña, España, 20/08/2008). Entrevista n.º 1372 a Heliodoro Cotelo Fraga, realizada por Freire Cedeira, Araceli (A Laracha, A Coruña, España, 31/08/2008). Entrevista n.º 1373 a Carmen Regueira Vázquez, realizada por Freire Cedeira, Araceli (Arteixo, A Coruña, España, 01/09/2008). Entrevista n.º 1374 a Palmira Rey García, realizada por Freire Cedeira, Araceli (Arteixo, A Coruña, España, 02/09/2008). Fontes hemerográficas Agencia Estatal Boletín Oficial del Estado Boletín Oficial de la Junta de Defensa Nacional de España, n.º 3 (1936). Biblioteca Dixital de Galicia Boletín Oficial de la provincia de La Coruña: n.º 189, n.º 215 (1936), n.º 62 (1942). El Compostelano: diario independiente: 3 de decembro de 1935, 23 de abril de 1938. El Correo Gallego: diario político de la mañana: 29 de xaneiro de 1913, 3 de marzo de 1939, 11 de agosto de 1948, 9 de outubro de 1953, 18 de agosto de 1956. El Ideal Gallego: diario católico, regionalista e independiente: 2 de marzo de 1932, 28 de febreiro de 1937, 3 de abril de 1937, 28 de xuño de 1939, 5 de decembro de 1941, 4 de xaneiro de 1942, 4 de xuño de 1942, 23 de novembro de 1945, 31 de outubro de 1951, 30 de novembro de 1952, 28 de abril de 1953, 18 de xaneiro de 1955. El Pueblo Gallego: rotativo de la mañana: 9 de setembro de 1953, 6 de xuño de 1962, 21 de xuño de 1975. La Noche: único diario de la tarde en Galicia: 12 de febreiro de 1966. Vida gallega: ilustración regional: 30 de xuño de 1934, 20 de decembro de 1934. Bibliografía Aróstegui, Julio e Godicheau, François (eds.) (2006), Guerra Civil. Mito y memoria, Marcial Pons Historia, Madrid.
41 Artiaga Rego, Aurora (2014), “Movilización rebelde en el verano de 1936. Galicia, ¿una nueva Covadonga?”, en Fernández Prieto, Lourenzo e Artiaga Rego, Aurora (eds.), Otras miradas sobre guerra, golpe y dictadura. Historia para un pasado incómodo, Los Libros de la Catarata, Madrid, pp. 111-149. Balfour, Sebastian (2002), Abrazo mortal. De la guerra colonial a la guerra civil en España y Marruecos (1909-1939), Península, Barcelona. Blanco Rey, Manuel (2008), Arteixo durante la Segunda República y la Guerra Civil, Manuel Blanco Rey, Arteixo. Buxeiro Alonso, Xabier (2023), Golpe, Guerra e violencia na Galiza de 1936. Un estudo desde o norte da Provincia de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela. Cabana Iglesia, Ana (2009), Xente de orde. O consentimiento cara ao franquismo en Galicia, tresCtres, Santa Comba. Cabo Villaverde, Miguel (2001), “II República e acción política dos retornados: a Unión Mutualista Campesina”, en Kremer, Dieter (ed.), Actas do VI Congreso Internacional de Estudios Galegos. Un século de estudos galegos. Galicia fóra de Galicia. Universidad de La Habana. Facultad de Artes y Letras. Cátedra de Cultura Gallega. 17 a 21 de abril de 2000. Tomo II, Ediciós do Castro/Centro de Documentación de Galicia da Universidade de Trier, Sada/Trier, pp. 611-620. Carbajo Vázquez, Judith (2017), “Agrupacións, procedementos e actuacións dos suxeitos represores en Galicia”, en Ermida Meilán, José Ramón, Fernández Fernández, Eliseo, Garrido Couceiro, Xoán Carlos, Pereira González, Dionísio (coords.), Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron (2ª ed.), Sermos Galiza, Santiago de Compostela, pp. 181-204. Casanova, Julián (2007), República y guerra civil, Crítica, Barcelona. Cenarro, Ángela (2002), “Matar, vigilar y delatar: la quiebra de la sociedad civil durante la guerra y la posguerra en España (1936-1948)”, Historia Social, n.º 44, pp. 65-86. Cervera Gil, Javier (2021), “La violencia política, el orden público y la represión”, en Bahamonde, Ángel e Ruiz Franco, Rosario, Los libros sobre la Guerra Civil, Cátedra, Madrid, pp. 153-202. Chaves Palacios (2017), Julián, Justicia militar y franquismo: radiografía de los consejos de guerra, Ediciones del Ambroz, Hervás. Chaves Rodríguez, Candela (2015), Sentenciados. La represión franquista a través de la Justicia Militar y los Consejos de Guerra en la provincia de Badajoz (1937-1950), Proyecto Recuperación de la Memoria Histórica de Extremadura, Badajoz.