scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Análise comparada do Sistema Universitario Galego e a presenza das mulleres no mesmo

Santamaría Queiruga, Olaya; Santos González, María Carmen

Abstract

A presenza da muller no sistema universitario nas diferentes ramas de coñecemento segue sen ser equilibrada. Se consultamos os datos dos últimos anos sobre o alumnado matriculado nas universidades por áreas de coñecemento, como veremos a continuación, seguen existindo grandes diferencias en canto as titulacións escollidas segundo o sexo. Nesta comunicación imos facer unha análise da presenza que teñen as mulleres no ensino universitario. Máis concretamente, centrarémonos no Sistema Universitario Galego. Ademais, coa intención de poder establecer un referente, faremos unha pequena análise comparativa entre Galicia e as demais Comunidades Autónomas. Por último e a modo de xustificación, tamén analizaremos outros traballos e informes sobre esta temática, co obxectivo de tratar de coñecer cales son os motivos que levan a que mulleres e homes sigan tendo eleccións diferentes en canto á súa formación e, en consecuencia, en canto ó seu futuro profesional.

Full text

49 A1-05 VI Xornada Universitaria Galega en Xénero ANÁLISE COMPARADA DO SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO E A PRESENZA DAS MULLERES NO MESMO Queiruga Santamaría, Olaya Departamento de Pedagoxía e Didáctica Universidade de Santiago de Compostela [email protected] Santos González, María del Carmen Departamento de Pedagoxía e Didáctica Universidade de Santiago de Compostela [email protected] RESUMO A presenza da muller no sistema universitario nas diferentes ramas de coñecemento segue sen ser equilibrada. Se consultamos os datos dos últimos anos sobre o alumnado matriculado nas universidades por áreas de coñecemento, como veremos a continuación, seguen existindo grandes diferencias en canto as titulacións escollidas segundo o sexo. Nesta comunicación imos facer unha análise da presenza que teñen as mulleres no ensino universitario. Máis concretamente, centrarémonos no Sistema Universitario Galego. Ademais, coa intención de poder establecer un referente, faremos unha pequena análise comparativa entre Galicia e as demais Comunidades Autónomas. Por último e a modo de xustificación, tamén analizaremos outros traballos e informes sobre esta temática, co obxectivo de tratar de coñecer cales son os motivos que levan a que mulleres e homes sigan tendo eleccións diferentes en canto á súa formación e, en consecuencia, en canto ó seu futuro profesional. 50 Olaya Queiruga Santamaría, María del Carmen Santos González VI Xornada Universitaria Galega en Xénero PALABRAS CLAVE: Universidade; Educación superior; Xénero; Áreas de coñecemento. INTRODUCIÓN A invisibilidade da muller segue sendo unha realidade vixente en moitos ámbitos e contextos das esferas sociais e laborais (Mariño, Raquel. e Queiruga, Olaya, 2016), sendo precisamente un destes contextos o referido á formación universitaria. Transcorridos cento nove anos dende a autorización formal para o acceso das mulleres á universidade, no sistema universitario tanto español como galego, as mulleres representamos máis da metade do alumnado matriculado. Sen embargo, como sinalan Domínguez De Miguel, José Carlos; Rodríguez González, David; Miranda Torrado, Fernando; Valcárcel Aguiar, Beatriz e Vecino Aguirre Alejandro (2014), a masiva incorporación das mulleres aos niveis educativos máis elevados non vai acompañada dunha presenza do todo equilibrada en tódalas ramas ou áreas de coñecemento. Segundo os últimos datos do Instituto Galego de Estatística (IGE de aquí en adiante), correspondentes ao curso académico 2016/2017, as áreas de coñecemento que máis destacan polo reducido número de mulleres son as relacionadas coa enxeñería e arquitectura. Nas titulacións desta área as mulleres soamente representamos o 28,1% do total de alumnado matriculado. Tal e como indican Plaza, Juan F.; Rivas-Nieto, Pedro e Rey-García, Pablo (2017) cando as mulleres están implicadas en actividades non congruentes cos roles de xénero tradicionais son percibidas como “pioneiras” ou “intrusas”. En estudos realizados en España atopáronse evidencias que se asocian a unha menor satisfacción coa vida e maior malestar psicolóxico este feito (Matud, Mª Pilar; Bethecourt, Juan M. e Ibáñez, Ignacio, 2014, 2015). Nesta liña Domínguez et al. (2014) sinalan que na medida en que se asume a necesidade da igualdade de oportunidades na educación e no mundo laboral, é preciso espertar tamén o interese nas mulleres para a realización de carreiras técnicas e científicas. Por outra parte, e segundo Fuentes, Fernando José e Sánchez, Sandra María (2010), a situación no 2010 constata que unha gran maioría de mulleres con estudos secundarios e cuns expedientes excepcionais acaban optando por titulacións que, “con independencia do seu compoñente tradicional dende o punto de vista de xénero” teñen menos saídas profesionais, o cal leva parello unha menor probabilidade de inserción 51 ANÁLISE COMPARADA DO SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO E A PRESENZA DAS MULLERES NO MESMO VI Xornada Universitaria Galega en Xénero laboral. Esta situación, que describían Fuentes, Fernando José e Sánchez, Sandra María (2010) fai nove anos, segue correspondéndose coa situación actual, xa que segundo o IGE (2018), actualmente o número de demandas de emprego de mulleres con titulación superior duplican o número de demandas de homes: 5.200 demandas de emprego pendentes no caso dos homes e 12.819 no caso das mulleres. •Tendo en conta os antecedentes presentados, os obxectivos que pretendemos acadar coa presente comunicación neste traballo son os seguintes: •Revisar e analizar os últimos datos publicados sobre alumnado matriculado no Sistema Universitario Galego por áreas científicas. •Revisar e analizar os últimos datos publicados sobre alumnado matriculado no Sistema Universitario Español por áreas científicas. •Realizar unha análise comparativa entre os datos de alumnado matriculado por Comunidades Autónomas. •Coñecer as diferenzas que se dan entre mulleres e homes á hora de inclinarse por un ou outro ámbito. A MULLER NO SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO O Sistema Universitario de Galicia (SUG de aquí en adiante) está integrado por tres universidades: a Universidade de Santiago de Compostela (USC), con campus en Santiago e Lugo; a Universidade de A Coruña (UDC), con campus en A Coruña e Ferrol; e a Universidade de Vigo (UVI), con campus en Vigo, Ourense e Pontevedra. Segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE de aquí en adiante), no curso académico 2016/2017, último curso do que se presentan datos, o SUG contaba con 31.416 alumnas e 25.462 alumnos matriculados. A repartición por áreas era do seguinte modo: 52 Olaya Queiruga Santamaría, María del Carmen Santos González VI Xornada Universitaria Galega en Xénero Táboa 1. Alumnado matriculado nas universidades galegas segundo a área científica (curso 2016/2017) Área científica Total Ciencias da Saúde 9.453 Ciencias 4.420 Ciencias Sociais e Xurídicas 24.965 Enxeñería e Arquitectura 13.150 Artes e Humanidades 4.890 Fonte: IGE (2018) Como podemos observar na gráfica 1, nos últimos tres anos, a porcentaxe de mulleres matriculadas nas universidades galegas é superior á porcentaxe de homes. Sen embargo, se facemos unha análise por áreas científicas, tal e como podemos ver na gráfica 2, os datos seguen a ser bastante alarmantes. Gráfica 1. Estudantes matriculados/as nas universidades galegas por sexo Fonte: IGE (2018) Ao igual que noutros ámbitos formativos, na educación superior novamente nos atopamos ámbitos e áreas asociadas a mulleres e ámbitos e áreas asociadas a homes. Como podemos ver na táboa 2, a maior porcentaxe de mulleres optan por cursar formación universitaria das áreas de ciencias da saúde (73,29% no curso 2016/2017), artes e humanidades (67,0% no curso 2016/2017) e ciencias xurídicas e sociais (60,27% no curso 2016/2017). Como tamén podemos observar na mesma táboa, as mulleres cada vez están máis representadas tamén nas titulacións da área de ciencias experimentais, sen embargo, seguen sendo poucas as que deciden estudar unha carreira técnica. 53 ANÁLISE COMPARADA DO SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO E A PRESENZA DAS MULLERES NO MESMO VI Xornada Universitaria Galega en Xénero Táboa 2. Mulleres matriculadas nas universidades galegas segundo a área científica (curso 2016/2017) Área científica Mulleres Homes Ciencias da Saúde 73,29% 26,71% Ciencias 52,65% 47,35% Ciencias Sociais e Xurídicas 60,27% 39,73% Enxeñería e Arquitectura 27,18% 72,82% Artes e Humanidades 67,00% 33,00% Fonte: IGE (2019) Como tamén podemos ver na seguinte gráfica, pese a que a evolución do número de alumnas en titulacións de enxeñería e arquitectura é positiva, esta é pouco significativa, posto que o incremento desta representación é de soamente un 1%. Gráfica 2. Ensinanza universitaria. Porcentaxe de mulleres matriculadas nas universidades galegas segundo a área científica Fonte: IGE (2018) Se facemos unha comparativa a nivel estatal para o último período, é dicir, para o curso académico 2016/2017, tal e como podemos observar na táboa 3, as mulleres representamos novamente unha porcentaxe maioritaria en canto á totalidade de alumnado matriculado, cun 54,66%. 54 Olaya Queiruga Santamaría, María del Carmen Santos González VI Xornada Universitaria Galega en Xénero Táboa 3. Estatística de Estudantes Universitarios. Curso 2016/2017 Número total de estudantes matriculados, por comunidade autónoma, tipo de centro e sexo. Estudos de Grao. Mulleres Homes 2016-2017 2016-2017 Andalucía 114.379 93.095 Aragón 15.734 13.716 Asturias (Principado de) 9.848 8.244 Balears (Illes) 6.764 4.719 Canarias 19.934 14.909 Cantabria 4.974 4.974 Castilla - La Mancha 12.657 9.924 Castilla y León 39.342 30.966 Cataluña 111.058 94.651 Comunitat Valenciana 66.065 53.351 Extremadura 10.275 8.512 Galicia 31.416 25.462 Madrid (Comunidad de) 123.806 104.998 Murcia (Región de) 23.734 19.009 Navarra (Comunidad Foral de) 7.998 6.761 País Vasco 25.860 22.368 Rioja (La) 9.851 4.986 Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (2018) Se facemos a análise das mulleres matriculadas segundo a rama ou área científica, vemos que os datos son moi similares aos da nosa Comunidade Autónoma. As áreas científicas nas que maior representación temos a nivel estatal son: ciencias da saúde (69,5%), artes e humanidades (61,4%), ciencias sociais e xurídicas (59,7%). En ciencias a representación é dun 51,1% e en enxeñería e arquitectura é de tan só un 25,2%. A continuación presentase unha táboa comparativa cos datos referidos a tódalas Comunidades Autónomas para o curso académico 2016/2017. Tal e como podemos observar, os resultados son tamén moi similares. 55 ANÁLISE COMPARADA DO SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO E A PRESENZA DAS MULLERES NO MESMO VI Xornada Universitaria Galega en Xénero Táboa 4. Número total de estudantes matriculados, por Comunidade Autónoma, rama de ensinanza e sexo. Estudos de Grao. Curso 2016/2017 Ciencas Sociais e Xurídicas Enxeñería e Arquitectura Arte e Humanidades Ciencias da Saúde Ciencias Mulleres Homes Mulleres Homes Mulleres Homes Mulleres Homes Mulleres Homes Total Universidades Andalucía 61.090 39.501 8.962 28.843 13.834 7.911 22.133 9.170 8.360 7.670 Aragón 7.922 4.989 1.380 4.934 1.384 887 3.863 1.829 1.185 1.077 Asturias (Principado de) 4.576 2.863 1.142 3.108 1.242 773 2.027 690 861 810 Balears (Illes) 4.415 2.386 231 1.131 611 384 1.049 392 458 426 Canarias 10.618 6.359 1.614 4.553 2.281 1.230 4.614 1.924 807 843 Cantabria 2.844 1.774 621 1.931 148 183 1.240 835 121 251 Castilla - La Mancha 7.031 4.364 1.012 3.390 1.021 686 2.959 1.034 634 450 Castilla y León 19.887 13.137 3.047 8.952 3.929 2.311 9.924 4.412 2.555 2.154 Cataluña 53.546 38.260 8.684 29.996 12.829 7.382 29.582 12.889 6.417 6.124 Comunitat Valenciana 31.545 19.403 6.354 17.813 6.752 3.518 17.673 9.237 3.741 3.380 Estado 33.781 27.880 1.033 7.019 15.323 13.378 21.675 8.999 2.804 4.833 Extremadura 5.551 3.805 816 2.649 473 325 2.497 990 938 743 Galicia 13.238 8.727 2.879 7.712 2.932 1.444 6.570 2.394 2.084 1.874 Madrid (Comunidad de) 63.558 44.075 14.269 35.899 11.654 6.485 27.766 12.839 6.559 5.700 Murcia (Región de) 11.644 8.168 1.417 4.791 2.520 1.387 6.668 3.341 1.485 1.322 Navarra (Comunidad Foral de) 4.145 2.610 1.118 2.744 173 297 2.210 856 352 254 País Vasco 13.981 10.371 2.832 7.883 2.541 1.344 5.039 1.543 1.467 1.227 Rioja (La) 8.875 3.581 186 861 357 337 267 40 166 167 Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (2018) 56 Olaya Queiruga Santamaría, María del Carmen Santos González VI Xornada Universitaria Galega en Xénero Por outro lado, tamén hai estudos, como o levado a cabo por Domínguez et al. (2014), que tratan de buscar unha explicación racional a estas diferenzas. Pese a que os datos e resultados deste traballo non son tan recentes como os que estamos analizando, estes axudaranos a tratar de responder ás cuestións abordadas sobre as diferentes inclinacións de mulleres e homes á hora de cursar estudos universitarios. Nos resultados e discusión deste estudo indícase que, entre os motivos que tanto alumnas como alumnos consideran importantes para explicar estas diferenzas entre sexos en certas titulacións destaca a existencia de factores tradicionais e roles de xénero, ao cal os homes dan maior importancia (49,1%), así como a perspectiva dun mercado laboral masculinizado, elemento que as mulleres consideran máis relevante (51,4%). Tamén as mulleres teñen máis en consideración as poucas posibilidades de promoción laboral como factor explicativo desta situación. Táboa 5. Factores que explican a baixa proporción de mulleres en titulacións de Ensinanzas Técnicas Factores Mulleres Homes Pouco importante Bastante importante Pouco importante Bastante importante Factores tradicionais/roles de xénero 31,6% 41,5% 20,6% 49,1% Factores familiares 53,1% 24,0% 46,7% 26,7% Falta de aptitudes 56,0% 25,6% 59,4% 20,6% Mundo laboral masculinizado 24,3% 51.4% 26,1% 41,2% Pouca posibilidade de promoción laboral 34,5% 33,7% 46,7% 21,8% Baixos salarios 56,9% 20,2% 57,0% 13,3% Fonte: Domínguez et al. (2014) CONCLUSIÓNS Despois da análise dos datos presentados podemos concluír que se dan patróns diferenciados de preferencia en canto á elección dunha ou outra rama de coñecemento en función do sexo. Lamentablemente este patrón non se da soamente no ensino universitario, senón que é extrapolable a calquera etapa e ámbito formativo. De feito 57 ANÁLISE COMPARADA DO SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO E A PRESENZA DAS MULLERES NO MESMO VI Xornada Universitaria Galega en Xénero se analizásemos o sistema de Formación Profesional, poderíamos observar que esta fenda de xénero é aínda máis grande que no ensino universitario (Datos de EducaBase para ensinanzas non universitarias, curso 2017/2018). Por outra parte, tamén hai estudos que demostran que a falta de interese polas carreiras técnicas xa ven condicionado dende a etapa preuniversitaria. Segundo os datos publicados polo Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades para o curso 20162017, hai diferenzas significativas á hora de escoller a modalidade de Bacharelato segundo o sexo. No caso concreto de Galicia, as mulleres que cursan o bacharelato de ciencias representan o 45,7%. Sen embargo, representaban o 69,21% en artes, o 67,18% en humanidades e o 54,75% en ciencias sociais. Segundo Domínguez et al. (2014), no bacharelato, as mulleres presentan unha maior preferencia polas materias de Historia/Xeografía, Lingua/Literatura e Bioloxía (49,0%, 45,5% e 44,7% respectivamente). O seu interese por materias como Tecnoloxía, Física/Química é dun 27,1% no caso da primeira e dun 34,5% no caso da segunda. Estas diferencias de actitude cara ditas materias, máis vinculadas á rama de coñecemento de Ensinanzas Técnicas, parecen contribuír a explicar o feito de que as mulleres representen menos do 30% do alumnado matriculado en dita rama nas universidades galegas. Tamén segundo os resultados do estudo levado a cabo por Domínguez et al. (2014) existe unha percepción bastante xeneralizada por parte das mulleres de que, nas ensinanzas técnicas, non nos atopamos en igualdade de condicións respecto aos homes para o acceso ao mercado laboral. Esta consideración pode xustificarse con datos reais, posto que os resultados de inserción dos que dispón o IGE revelan que en certas áreas é moito máis complicada e lenta a inserción laboral no caso das mulleres ca no caso dos homes. En definitiva, e tal como indicábamos ao principio, a presenza da muller no sistema universitario nas diferentes ramas de coñecemento segue sen ser equilibrada, xa que seguen existindo grandes diferencias en canto ás nosas preferencias e eleccións. En gran parte, isto xustifica o feito de que teñamos unha menor presenza en determinados ámbitos profesionais, en determinadas ocupacións e en determinados cargos.