In Marsupiis Peregrinorum. Circulación de textos e imágenes alrededor del camino de Santiago en la Edad Media, al cuidado de Esther Corral Díaz, Firenze, Sismel - Edizioni del Galluzzo per la Fondazione Ezio Franceschini, 2010, 549 pp. [Recensión]
Full text
RLM, xxiv (2012), pp. 311-347, ISSN: 1130-3611 326 Reseña las que recurre, entre las que se encuentra la Biblia, obras de autores clásicos o autores italianos del momento, además de sucesos reales o con visos de realidad, como la historia de la muerte de dos jóvenes amantes en un hospital de San Lázaro, que, al parecer, conoció durante su estancia en Basilea, y quiso recoge en el capítulo XXVI: «De un tratado e despido de mosén Fernando a una dama de religión en la qual le amonesta». Este relato lo reelaboró Pero Tafur en sus Andanzas y viajes y Masuccio Salernitano en su Novellino, como explica Díez Garretas. En el ámbito poético, predomina el amor, en forma de canción, “cousates”, “rondeles”, aunque cultiva también una poesía política, moral, burlesca, y de entretenimiento. En relación con esta última, se detiene la investigadora en la consideración de un juego de naipes, único en su género y de una gran valía estético-literaria incluido en el penúltimo capítulo. Se trata de un juego que había dedicado a doña Mencía, condesa de Castañeda, y que desde entonces estaba circulando. Cada naipe ha de incorporar una composición poética además de una imagen alusiva. En el prólogo de la obra y en el epílogo del juego, Fernando de la Torre da indicaciones sobre cómo han de confeccionarse. Y aprovechando estos datos, Díez Garretas ha querido reconstruirlas con ayuda de Concha Vives y María Varela. El completo estudio y la pormenorizada anotación que acompañan a este volumen, además del útil apéndice con índices de primeros versos, refranes y proverbios y nombres, constituyen una ayuda inestimable para comprender la obra del burgalés y para situar al lector en el ambiente cortesano de las armas y letras propio de la corte castellana de mediados del siglo xv. La edición preparada por Díez Garretas nos ofrece de manera exenta una de las muestras más valiosas del género epistolar castellano, pero el mérito no solo radica en el rescate de este texto, sino también en el interés puesto para que la obra se comprenda en el contexto histórico y social en el que Fernando de la Torre desarrolló su labor literaria. Alba GóMez MoRal Universidad de Jaén In Marsupiis Peregrinorum. Circulación de textos e imágenes alrededor del camino de Santiago en la Edad Media, al cuidado de Esther Corral Díaz, Firenze, Sismel - Edizioni del Galluzzo per la Fondazione Ezio Franceschini, 2010, 549 pp. A editorial Sismel acaba de publicar unha colectánea titulada “In Marsupiis Peregrinorum”. Circulación de textos e imágenes alrededor del camino de Santiago en la Edad Media que recolle 32 contribucións asinadas por especialistas de recoñecido prestixio internacional
RLM, xxiv (2012), pp. 311-347, ISSN: 1130-3611 327Reseña nos ámbitos da cultura, literatura e lingua medieval, así como tamén traballos de novos investigadores nestes mesmos campos. O volume brinda a oportunidade de presentar e compartir os resultados das pesquisas efectuadas por estudosos sobre o Camiño de Santiago na época medieval, visto este como unha vía de circulación e transferencia de contidos culturais e intelectuais. A publicación ábrese cunha presentación da Profesora Esther Corral Díaz, que así mesmo é coordinadora da obra, e unha contribución adicional asinada pola Profesora Manuela Domínguez, dedicatoria in memoriam ao Profesor Manuel C. Díaz y Díaz, erudito da circulación de textos no Camiño de Santiago, e finado pouco antes da celebración evento. As 32 colaboracións do volume distribúense en dúas seccións: unha primeira titulada «Fenomenología de la peregrinación», e outra segunda chamada «Discursos sobre la peregrinación». A parte «Fenomenología de la peregrinación» agrupa 13 traballos, que tratan a peregrinación medieval a Santiago de Compostela dende diversas perspectivas, dotando ao volume dunha clara vontade e natureza multi e interdisciplinar: circulación de textos, contactos lingüísticos e melódicos, creación da ruta e confección dun ideario, dunha simboloxía, mitoloxía, historia, circulación de guías xacobeas, viaxes de peregrinos, santos, reis, xoglares… No interior desta sección, destacaremos a primeira das colaboracións, que está asinada polo Profesor José Manuel Díaz de Bustamante («Circulación de textos por el Camino de Santiago», pp. 3-23), xa que, nunha grata lectura nos transporta a unha cosmopolita Compostela medieval e á súa catedral, para despois contarnos a historia da «arquiperegrina» Brixida de Suecia, que na súa peregrinación a Santiago de Compostela se faría cunha obra, Epistola aurea de modo vivendi, que foi esencial na mudanza do seu ideario ascético. Igualmente enriquecedora e ilustrativa da importancia do Camiño nos resultou a lectura da segunda achega do volume, da autoría do Profesor Giuseppe Tavani («Au commencement était la route et le sanctuaire», pp. 25-37). Na súa intervención, Tavani condúcenos pola route des routes grazas á cal chegaron ao noso finis terrae novas tendencias artísticas e líricas procedentes de alén Pirineos. O profesor italiano concibe o camiño como un vector de innovacións culturais que, partindo de Provenza e Francia, se manifestaron en Galicia entre o final do século xii e a metade do xiii; eses cambios esenciais consistirían nunha nova concepción da función dun texto literario escrito en vulgar e cun autor (na lírica) que asumía xa a súa paternidade. Sorprende, como sinala Tavani, que non conservemos probas materiais de ningún tipo dese intercambio cultural fra Galiza e Provenza. Os indicios dos contactos, como ben nos di o Profesor Tavani, residen nas cancións líricas conservadas; contando, ademais, con que a propia produción lírica galego-portuguesa, dende as súas máis antigas manifestacións, amosa unha óptima factura de inspiración provenzal. Máis alá, o filólogo
RLM, xxiv (2012), pp. 311-347, ISSN: 1130-3611 328 Reseña italiano condúcenos por unha exposición e reflexión sobre os contactos e os usos lingüísticos dos autores das distintas escolas, que nos permite estar en disposición de aceptar a hipótese dunha viaxe aller et retour dos textos líricos que se transportarían in marsupiis peregrinorum. Especialmente para os estudosos da música e da lírica medieval, poderá resultar de proveito e interese o traballo de Antoni Rossell («La circulación de melodías alrededor del Camino de Santiago en la Edad Media», pp. 39-58), pois, nesta ocasión, o investigador bríndanos a oportunidade de tomar conciencia dun «Camiño de Santiago de musica medieval», entendendo este como unha vía que favoreceu a intermelodicidade e a intertextualidade entre diferentes tradicións musicais. Rossell preséntanos os contactos apreciables entre a tradición litúrxica cristiá, a francesa, a occitana, a catalá e a tradición galego-portuguesa, a partir das pegadas melódicas que aquelas tradicións deixaron no repertorio litúrxico do (a día de hoxe, desaparecido) Codex Calixtinus, así como nas Cantigas de Santa Maria de Alfonso X. Os Profesores Ramón Mariño Paz e Xavier Varela Barreiro («Linguas do Camiño en territorio ibérico durante a Idade Media», pp. 59-82) son autores dunha achega orientada cara a un tema lingüístico. Concretamente, partindo dos datos que proporcionan o Codex Calixtinus e os Miragres de Santiago, analizan a relación que podería establecerse entre a expresión lyngoajen galego e as fórmulas lingua yspanica / lynguájeẽ de Espana; por outra banda, esclarecen o sentido da forma rromanço reproducida na expresión «onde foy sacado de latín en rromanço» presente nos Miragres de Santiago. Así mesmo, son de interese os diferentes apartados que os autores dedican ao continuum lingüístico, ao latín medieval, ao éuscaro, ao árabe andalusí e ao hebreo. Outras colaboracións, asinadas por investigadores e especialistas en disciplinas diversas, completan e enriquecen esta primeira parte do libro destinada ao fenómeno de peregrinación xacobea, na formación e consolidación do camiño e da súa simboloxía: Francisco Singul, «Simbología y mentalidad. Dos referentes en el Camino de Santiago durante la Edad Media», pp. 83-109; César Olivera Serrano e Carlos A. González de Paz, «Pico Sacro. Historia y mitología de una fortaleza medieval», pp. 111-128; José Anido Rodríguez,«Defensor peregrinorum: el rey y la defensa del Camino», pp. 129-140; Adrián Álvarez Meilán, «Cara a creación dun espazo da conciencia: o Camiño de Santiago e os mundos posibles», pp. 141-158; Iria Belenguer Castromán, «In marsupiis peregrinorum: libros y guías para el Camino», pp. 153158; Antonio Petrossi, «Occursus in itinere ad locum sanctum. Pellegrini e giullari lungo il Cammino di Santiago», pp. 159-172; Isabel Truan Veterra, «La leyenda de la peregrinación jacobea de Saint Julien l’Hopitalier», pp. 173-186; Simone Sari, «Una desviación del Camino de Santiago: Saintes-Maries-de-la-Mer», pp. 187199; Maria do Rosário Ferreira, «Urraca e Teresa: o paradigma perdido», pp. 201-214.
RLM, xxiv (2012), pp. 311-347, ISSN: 1130-3611 329Reseña A segunda parte do volume, «Discursos sobre la peregrinación», que conta con 20 colaboracións, e polo tanto é máis ampla que o bloque temático anterior, presenta traballos de interese para estudosos de diferentes disciplinas, pero principalmente para aqueles orientados cara á literatura. En xeral, os traballos versan sobre o asunto da peregrinación a partir da súa referencia ou inclusión en textos medievais de diversa natureza e procedencia, ou ben sobre a peregrinación de textos ou versións ao longo do camiño medieval. A maioría das contribucións representan unha ollada ao Camiño de Santiago e / ou da peregrinación en relación á épica e á lírica. A épica é materia protagonista na exposición do Profesor Cesare Segre, dedicada concretamente á análise do «cronotopo» na Chanson de Roland, o Couronnement de Louis, Ami e Amile e Berte aus grans piés de Adenet le Roi («Il cronòtopo nell’epica francese delle origini», pp. 229-242). Especialista neste campo literario é, así mesmo, o Profesor Dominique Boutet, que nesta ocasión nos revela as referencias a Santiago de Compostela e a Galicia contidas en diversas xestas («Route de Saint-Jacques ou conquête de l’Espagne? Chroniques et chansons de geste (xiie – début du xive siècles)», pp. 243-260). En relación á épica debemos destacar tamén o traballo da Profesora Maria Luisa Meneghetti («Dal marsupium al claustrum: qualche riflessione sulla «Nota emilianense», pp. 217-228), que versa sobre a Nota emilianense, onde se destaca a inclusión de Rodlane e Olibero aínda non unidos nunha relación de compagnonnage. O estudo que nos ofrece o Profesor da universidade compostelana Santiago Lopez MartínezMorás («Textos épicos franceses en torno al Camino de Santiago», pp. 261-280) é un repaso rigoroso, con atención ás semellanzas e ás diverxencias principais, de catro obras épicas francesas que recorreron ao Camiño de Santiago como elemento central de cohesión e con referencias ao Pseudo Turpín: Anseis de Cartage, Gui de Bourgogne, L’Entrée d’Espagne coa continuación Prise de Pampelune. Camiño de Santiago e épica volven unirse no traballo de Marina Melendez Cabo («Influencia del «Pseudo Turpín» en el cantar franco-véneto «L’Entre d’Espagne»», pp. 415-426), que centra a súa atención no motivo da aparición do Apóstolo a Carlomagno e o combate entre Roldán e Ferragut, no interior de L’entrée d’Espagne. En relación ao PseudoTurpin, debe destacarse o traballo de Marco Piccat («La versione occitanica dello «Pseudo Turpino» nel panorama delle traduzioni romanze», pp. 281-294), que ofrece un interesante estudo comparativo de varios treitos a Ystoria de sainh Turpi, arcivesque de Rems, con outras versións turpinianas, o que lle serve ao autor para concluír que o tradutor provenzal demostra unha boa competencia no latín, malia incorrer nalgúns erros de comprensión e a banalización dalgunhas lecturas. Nese bolso viaxeiro ao longo do Camiño de Santiago medieval, de leste a oeste transportábanse imaxes, textos e ideas. Porén, como sinala a Profesora Giulia Lanciani («Os trobadores perdidos: perdidos?»,
RLM, xxiv (2012), pp. 311-347, ISSN: 1130-3611 330 Reseña pp. 355-364), neste finis terrae houbo tamén obstáculos á produción e á difusión. Nesta intesante colaboración, a filóloga italiana atende aos trobadores que aparecen nomeados nos apógrafos ou na Tavola Colocciana pero dos que, en cambio, non se conserva produción poética (ou non completa, como no caso de Diego Moniz e Johan Soarez de Pavia), e dos trobadores dos que se conservan máis que «vestixios poéticos» grazas a participaren en tensos, tomando parte no diálogo iniciado por outros colegas máis afortunados na transmisión da súa obra. Giulia Lanciani condúcenos a unha reflexión sobre a ausencia destes autores, aínda que a causa deses «silencios» non sempre resulta evidente e, certamente, o único innegable parece ser que o panorama que ofrecen os cancioneiros galego-portugueses resulta moi incompleto. A propósito das peregrinacións referidas na lírica profana galegoportuguesa, a Profesora Esther Corral Díaz («La peregrinación como contratexto en la lírica gallego-portuguesa», pp. 365-384) recórdanos que, nas cantigas de amigo, aparencen as romarías, normalmente como lugar sagrado ao que a amiga asiste ou pensa asistir, e fronte a estas, nas cantigas de escarnio, encóntrase un ciclo conformado por doce «cantigas de ultramar», obra de diferentes trobadores, todos eles pertencentes ao círculo afonsí (Pedr’Amigo de Sevilha, Johan Baveca, Pero Gomes Barroso, Pero d’Ambroa, Gonçal’Eanes do Vinhal, Martin Soares e Afons’Eanes do Coton). A panorámica que se ofrece resulta completa, prestándose unha atención especial a aquelas composicións que se dedicaron, no ciclo das «cantigas de ultramar», a Maria Balteira e a Pero d’Ambroa. Simone Marcenaro é autor dun estudo de varios seguires galegoportugueses relacionables con cantigas occitanas («Pellegrinaggi di testi? Due nuove ipotesi sui contrafacta galego-portoghesi di testi occitani», pp. 471-483). Facilitándonos unha relación das cantigas consideradas pola crítica como contrafacta galego-portugueses a partir de textos occitanos, revélanos ademais a relación que existe entre Cativo! Mal consellado! de Martin Moxa e Dona si tot no ·us preza de Guiraut d’Espanha, e preséntanos tres partimens en posible relación : Bertrans, lo joy de dompnas e d’amia de Sordello e Bertran d’Alamanon, Guilhelm de mur, chauzetz d’esta partida entre Guiraut Riquier e Guilhelm de Mur e, por último, a composición galego-portuguesa Pedr’Amigo, quer’ora ûa ren de Johan Baveca e Pedr’Amigo de Sevilha. Viaxeiro no camiño desde as terras occitanas, encontramos a Guillerme X, que foi a Compostela coa vontade de expiar os seus pecados mediante a peregrinación a ese santo lugar. A súa morte, o 9 de abril de 1137, acontecida no transcurso da peregrinación, sería motivo para que poeta occitano coñecido baixo o pseudónimo Cercamon lle dedicase un planh, destacable por ser a canción fúnebre máis antiga composta en romance e a primeira composición en lingua vulgar que menciona a peregrinación a Compostela. Sobre esta singular composición e sobre o seu enigmático autor versa a contribución do Profesor Luciano
RLM, xxiv (2012), pp. 311-347, ISSN: 1130-3611 331Reseña Rossi («Cercamon et Saint-Jacques de Compostelle», pp. 325-353). Na lamentación, que segue o modelo do planctus latino, aquel que se fai chamar Cercamonz expresa a súa dor pola fin dunha dinastía, a dos contes de Poitou, aínda que se fixo alusión a vasalos que se alegrarían da morte do conde, que, segundo o investigador, serían os señores de Limoges e Angoumois. Ademais, o Profesor Rossi presenta unha serie de reflexións interesantes sobre a identidade do que se fai chamar Cercamonz, que talvez só sería un pretendido xograr, e podería agacharse detrás deste pseudónimo o nobre trobador N’Eblon. Unha ollada crítica da peregrinaxe a Compostela nas Cantigas de Santa Maria de Alfonso X énos ofrecida por Miguel Ángel Pousada Cruz («A contrapropaganda do Camiño de Santiago nas «Cantigas de Santa María»», pp. 509-525). O autor infórmanos do patrocinio de pequenos ciclos formados arredor de santuarios localizados en enclaves do reino castelán e, aínda máis, daríase unha contrapropaganda de Santiago e do seu santuario: as cantigas 218, 253, 268 e 267 conforman o ciclo que o autor considera de maior contrapropaganda ao Camiño de Santiago, en vista de que os peregrinos achegados a Compostela non obteñen a curación agardada e só se repoñen dos seus males mediante a intervención da Virxe María no santuario localizado en Vila-Sirga; a isto engándense as composicións 26 e 175, onde María é presentada como máis poderosa que o Apóstolo. A análise do contexto social e político conducen ao investigador a interesantes conclusións sobre as razóns que levarían a Afonso X a incluír este tipo de textos na colección mariana. Abandonamos o ámbito da lírica medieval, para introducirnos na cronística grazas ao traballo de José Carlos Ribeiro Miranda e António Resende de Oliveira («Da «Historia Compostelana» à «Primeira Crónica Portuguesa»: o discurso historiográfico sobre a formaçao do Reino de Portugal», pp. 295-324), que afonda na visión que se ofrece dos acontecementos que propiciaron a formación do reino de Portugal, así como a imaxe que se proxecta do Conde D. Henrique, de Dna. Teresa e do Infante D. Afonso Henriques na Primeira Crónica de Sahagún, a Historia Compostelana e a Chronica Adefonsi Imperatoris, as tres do século xii e producidas ao longo do Camiño de Santiago, e o Liber Regum, o Chronicon Mundi de Lucas de Tuy e a Primeira Crónica Portuguesa, do século xiii. Se política e sociedade inciden no posicionamento de figuras relevantes no mundo cristián medieval, cabe preguntarse cal era a visión que predominaría de Compostela e o culto xacobeo dende a sociedade e a cultura árabe, netamente diferente pero en proximidade e en contacto. Esta perspectiva máis meridional sobre o Apóstolo, a cidade compostelana e as peregrinacións xacobeas é estudada por Ana María Carballeira Debasa («El fenómeno jacobeo en la narrativa árabe», pp. 385-400). Mediante a súa exposición, a autora permítenos coñecer a concepción que do asunto se trasmitía nos textos árabes medievais,
RLM, xxiv (2012), pp. 311-347, ISSN: 1130-3611 332 Reseña en concreto, na obra de autores como Ibn Idari, al-Himyari e, principalmente, al-Idrisi. Así mesmo, este traballo ilustra o grao de coñecemento que o mundo árabe tiña das peregrinacións a Santiago de Compostela e do norte cristián en xeral. Outras contribucións recollidas nesta segunda parte do volume, asinadas por novos investigadores e por críticos de recoñecido prestixio internacional, completan este camiño de peregrinación de contidos e de textos de natureza diversa: Mercedes López-Mayán Navarrete «Los libros litúrgicos en la catedral de Santiago de Compostela (siglos xi-xv): análisis de su circulación y vicisitudes», pp. 401-414; Filipe Alves Moreira, «Circulação de textos e recriaçao ideológica: o Liber Regum entre a Navarra e o Ocidente da Península», pp. 426437; Ricardo Pichel Gotérrez, «A peregrinaxe das versións galegas do ciclo clásico na Idade Media», pp. 439-454; Isabel Sofia Calvário Correia, «Em torno da circulação peninsular da matéria arturiana: o Libro de Don Galás e o Lanzarote del Lago», pp. 455-469; María Gimena del Río Grande e German Pablo Rossi, «Circulación de textos por el Camino de Santiago. El caso de la lírica dionisina en su dimensión poética y musical», pp. 485-496; Ana Sofia Laranjinha («Por caminhos galegos com Osoir’Anes e Joan Soares de Valadares: o amor que força a senhor que fascina», pp. 497-508). En conclusión, opinamos que este volume representa unha contribución significativa aos estudos xacobeos en xeral, e aos estudos medievais sobre o Camiño de Santiago e a literatura (nas súas diversas manifestacións discursivas) en particular. Así permite afirmalo a ampla variedade dos temas tratados e a rigorosidade de cada un dos autores nas súas intervencións, contribuíndo ao avance e á renovación dos coñecementos sobre a materia xacobea en diversas áreas do saber. Por isto, vaian os nosos parabéns para cada un deles, así como para a Profesora Esther Corral Díaz, responsable da publicación. Déborah gonzález MaRtínez Universidad de Santiago de Compostela Marcos MaRtínez, Espejo de príncipes y caballeros (tercera parte), edición a cargo de Axayácatl Campos García Rojas, Alcalá de Henares, Centro de Estudios Cervantinos (Libros de Rocinante, 30), 2012, 679 pp. En 1587 con autoría de Marcos Martínez se publica en Alcalá de Henares en las prensas de Juan Íñiguez de Lequerica la tercera parte del exitoso ciclo de Príncipes y caballeros, en ella se continúan las aventuras del linaje del emperador Trebacio de Constantinopla y de las doncellas guerreras; y así, de la misma ciudad que vio nacer esta tercera parte, vuelve a editarse con una rigurosa labor filológica por