Acordo do Consello de Goberno do 23-11-2023, que aprobou a modificación do Regulamento de Publicidade Institucional Activa da USC
Full text
DULCE Mª GARCÍA MELLA, SECRETARIA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, CERTIFICO, antes da aprobación da acta correspondente, que o Consello de Goberno na sesión ordinaria que tivo lugar o día 23 de novembro de 2023 aprobou a modificación do Regulamento de Publicidade Institucional Activa da USC, nos termos do documento adxunto. E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e prace O reitor Antonio López Díaz Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2A3B-103F-485E-9AF0 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2A3B-103F-485E-9AF0 1 / 3
MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO DE PUBLICIDADE INSTITUCIONAL ACTIVA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA O Consello de Goberno na súa sesión ordinaria do día 23 de febreiro de 2023 aprobou o Regulamento de Publicidade Institucional Activa da USC. No seu texto – artigo 3non quedou clara a posibilidade de que as disposicións normativas de carácter xeral puideran ter unha eficacia diferente á da súa publicación no Boletín Oficial da USC (BOUSC). Co obxecto de clarificar este aspecto, procede realizar unha pequena modificación do texto para determinar que as disposicións normativas de carácter xeral poden entrar en vigor ao día seguinte da súa publicación no BOUSC, pero tamén poderá estarse ao que nelas se dispoña, e dicir, poderán ter efectos retroactivos nos casos que proceda ou ter una entrada en vigor diferida. Esta modificación debe realizarse con anterioridade á posta en marcha do BOUSC. Por todo o anterior, o Consello de Goberno, na súa sesión de 23 de novembro de 2023 acordou modificar o titulo e o apartado 3 do artigo 3 do Regulamento de publicidade institucional activa da USC, quedando o texto do seguinte xeito: “Artigo 3. Contido e efectos da publicación no BOUSC 1. Deberán publicarse no BOUSC, sen prexuízo de que, no seu caso, teñan que publicarse noutros diarios oficiais: a) As disposicións normativas de carácter xeral da USC. b) As instrucións que diten os órganos de goberno da USC polas que se fixen interpretacións das normas ou se impoñan criterios uniformes de actuación. c) Os acordos da Comisión Electoral Central, cando así o determine o Regulamento electoral xeral da USC. 2. Poderán publicarse no BOUSC, ademais, aqueloutras resolucións e acordos ditados polo Consello Social, Claustro universitario, Consello de Goberno, reitor ou reitora, vicerreitores ou vicerreitoras, secretario ou secretaria xeral e xerente, que sexan de interese xeral para a comunidade universitaria. 3. As disposicións normativas de carácter xeral entrarán en vigor ao día seguinte da súa publicación no BOUSC, agás que nelas se dispoña outra cousa ou que sexa preceptiva a súa publicación noutros diarios oficiais." Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2A3B-103F-485E-9AF0 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2A3B-103F-485E-9AF0 2 / 3
Sinaturas dixitais / Firmas digitales / Digital signatures Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO LOPEZ DIAZ, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 05/12/2023 15:09:47. Asinante/Firmante/Signer: DULCE MARIA GARCIA MELLA, SECRETARIA XERAL, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 05/12/2023 13:59:39. CSV: 2A3B-103F-485E-9AF0 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2A3B-103F-485E-9AF0 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2A3B-103F-485E-9AF0 3 / 3