scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Emprego e renda sectorial de Galicia no período 1980-2010

Guisán Seijas, María del Carmen

Full text

Emprego sectorial e participación social das mulleres en Galicia e Europa Coordinadora: María-Carmen Guisán Coordinadora MARÍA DEL CARMEN GUISÁN SEIJAS 2011 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA © Universidade de Santiago de Compostela, 2012 Deseño de cuberta Mabel Aguayo Edita Servizo de Publicacións Campus Vida 15782 Santiago de Compostela usc.es/publicacions ISBN 978-84-9887-876-9(Edc.dixital.PDF) Prólogo 9 Capítulo 1. Emprego, participación feminina e calidade 13 de vida en Galicia e en España MARÍA DEL CARMEN GUISÁN SEIJAS Capítulo 2. Emprego a tempo parcial por xénero nas 43 rexións españolas EVA AGUAYO LORENZO MARÍA DEL CARMEN LÓPEZ ANDIÓN ANA IGLESIAS CASAL Capítulo 3. Emprego sectorial e paro por xénero nas 49 rexións españolas MARÍA DEL CARMEN GUISÁN SEIJAS PILAR EXPÓSITO DÍAZ Capítulo 4. Emprego feminino, salarios e emprego 59 sectorial en Europa MARÍA DEL CARMEN GUISÁN SEIJAS PILAR EXPÓSITO DÍAZ EVA AGUAYO LORENZO Capítulo 5. Emprego, participación feminina e calidade 77 de vida en Europa MARÍA DEL CARMEN GUISÁN SEIJAS EVA AGUAYO LORENZO Anexos 87 Na táboa C.1 preséntase a evolución da taxa de emprego non agrario en Galicia e en España no período 1995-2010, taxa que no período 1995-2005 experimentou un incremento dun 52% en Galicia e dun 46% en España, aproximándose así aos niveis medios de Europa. O crecemento desta taxa foi maior en Galicia que en España: a taxa de Galicia pasou de representar un 86% do valor da taxa de España no ano 1995 a supoñer un 90% no ano 2005 e un 103% no ano 2010. Nas táboas C.2 a C.7 preséntase –con datos quinquenais do período 1980-2010– a evolución do emprego agrario, do emprego non agrario, do emprego total e da poboación residente en Galicia e en España. Táboa C.1. Taxas de emprego non agrario (en ocupados por cada mil habitantes) Ano Galicia España 1995 240 278 2000 307 357 2005 365 407 2010 388 375 FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE e do INE. Táboa C.2. Emprego agrario (en miles de persoas) Ano Galicia España % G/E 1980 471 2 219 21,2 1985 481 1 943 24,7 1990 337 1 472 22,8 1995 259 1 106 23,5 2000 174 1 028 17,0 2005 120 1 000 12,0 2010 87 793 11,0 FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE e do INE. 101 Táboa C.3. Emprego industrial Ano Galicia España % G/E 1980 183 3 115 5,88 1985 160 2 593 6,15 1990 157 2 978 5,26 1995 138 2 485 5,56 2000 180 3 082 5,85 2005 217 3 280 6,63 2010 172 2 611 6,59 FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE e do INE. Táboa C.4. Emprego na construción Ano Galicia España % G/E 1980 106 1 038 10,17 1985 70 776 8,96 1990 93 1 220 7,63 1995 93 1 135 8,24 2000 119 1 723 6,93 2005 125 2 357 5,30 2010 105 1 651 6,36 FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE e do INE. Táboa C.5. Emprego nos servizos Ano Galicia España % G/E 1980 328 5 177 6,33 1985 335 5 309 6,31 1990 443 6 908 6,41 1995 427 7 316 5,84 2000 538 9 672 5,56 2005 667 12 335 5,40 2010 737 13 402 5,50 FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE e do INE. 102 Táboa C.6. Emprego non agrario (en miles de persoas) Ano Galicia España % G/E 1980 617 9 330 6,6 1985 564 8 678 6,5 1990 693 11 107 6,2 1995 658 10 935 6,0 2000 837 14 477 5,8 2005 1 009 17 972 5,6 2010 1 014 17 601 5,8 FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE e do INE. Táboa C.7. Emprego total (en miles de persoas) Ano Galicia España % G/E 1980 1 087 11 549 9,4 1985 1 045 10 621 9,8 1990 1 029 12 579 8,2 1995 918 12 041 7,6 2000 1 011 15 505 6,5 2005 1 129 18 973 6,0 2010 1 101 18 394 6,0 FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE e do INE. O sector agrario inclúe “Agricultura, gandería, sector forestal e pesca”, mentres que o sector non agrario inclúe “Industria, construción e servizos”. Os datos de emprego e de poboación están expresados en miles de persoas, e a porcentaxe Galicia/España (%G/E) foi elaborada a partir dos datos do INE. O emprego non agrario de Galicia experimentou un importante crecemento no período 1985-2000, cun incremento dun 48%, resultado bastante satisfactorio con respecto ao 103 obxectivo proposto en Galicia 2000: un 62%. No período 2000-2005 a evolución tamén foi moi positiva, cun crecemento dun 20,5%. O grande incremento experimentado polo emprego non agrario de Galicia no período 1995-2005 –ata alcanzar algo máis de un millón de empregos– foi moi importante para contrarrestar a diminución do emprego agrario, e permitiu lograr un crecemento do emprego total de Galicia que, expresado en miles de persoas, pasou de 918 no ano 1995 a 1 129 no ano 2005. A poboación de Galicia apenas variou no período 19602005: 2,73 millóns de habitantes no ano 1960, 2,80 millóns no ano 1980, e 2,76 millóns no ano 2005; mentres que a poboación de España creceu case nun 44% durante ese período: 30,58 millóns de habitantes no ano 1960, 37,38 millóns no ano 1980 e 43,97 millóns no ano 2005 (táboa C.8). Táboa C.8. Poboación (en miles de persoas) Ano Galicia España % G/E 1980 2 800 37 386 7,5 1985 2 780 38 420 7,2 1990 2 740 38 851 7,1 1995 2 740 39 345 7,0 2000 2 731 40 499 6,7 2005 2 760 43 975 6,3 2010 2 797 46 951 6,0 FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE e do INE. O peso demográfico de Galicia no total de España diminuíu: no ano 1960 representaba un 8,9%, no ano 1980 supoñía un 7,5%, e no ano 2010 era dun 6,0%, pero a renda 104 per capita e a taxa de emprego creceron algo máis en Galicia que en España durante o período 1995-2005. Sen o efecto da inmigración a poboación de España situaríase preto dos 40,5 millóns de habitantes no ano 2005, mentres que o emprego se aproximaría aos 17,5 millóns de persoas, e o peso de Galicia sería dun 6,4% no emprego e dun 6,8% na poboación. As seguintes gráficas mostran a evolución do emprego sectorial en Galicia e en España no período 1980-2010, e foron elaboradas a partir dos datos do INE e do IGE. As gráficas C.2 a C.5 mostran a evolución do emprego sectorial en Galicia medido en miles de persoas ocupadas (escala da esquerda, liña continua), así como a porcentaxe de participación de Galicia no emprego do sector en España (escala da dereita, liña descontinua). Gráfica C.2. Emprego en Galicia: agricultura e pesca (esquerda: en miles de persoas, dereita: en % Galicia/España) FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE e do INE. 105 Malia o forte descenso do emprego do sector da agricultura e da pesca, Galicia continúa tendo un peso relativo importante, con algo máis dun 12% do total de España, e cunha taxa de emprego agrario por cada mil habitantes superior á da media da Unión Europea. Gráfica C.3. Emprego en Galicia: industria (esquerda: en miles de persoas, dereita: en % Galicia/España) FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE e do INE. O emprego industrial de Galicia aumentou nos períodos 1987-1993 e 1995-2005, mentres que a participación de Galicia no emprego industrial de España creceu, pasando de menos dun 5,5% no ano 1990 a algo máis dun 6,5% entre os anos 2005 e 2010. Como se indica en Guisán (2010), entre os anos 2008 e 2010 o emprego industrial diminúe en España e na OCDE, en parte como consecuencia da falta de políticas de apoio á industria, véndose Galicia afectada por iso. 106 O desenvolvemento industrial tivo unha influencia positiva sobre o emprego e o valor engadido dos sectores da construción e dos servizos, pero non se apoiou suficientemente a industria en España como para facer sostible no tempo o desenvolvemento doutros sectores, e como consecuencia o emprego na construción e nos servizos diminuíu no período 2008-2010. As gráficas C.4 e C.5 presentan a evolución do sector da construción. Gráfica C.4. Emprego en Galicia: construción (esquerda: en miles de persoas, dereita: en % Galicia/España) FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE e do INE. Na gráfica C.5, relativa ao sector dos servizos, obsérvase que logo do estancamento do período 1980-1985 tivo lugar un importante crecemento nos períodos 1985-1990 e 19942005. O emprego no sector dos servizos supón xa case 2/3 do emprego total de España, experimentando un gran crecemento tanto en Galicia coma en España a partir do ano 1994, pero aínda pode expandirse máis, ata alcanzar un 107 maior grao de converxencia cos países máis avanzados da OCDE. Gráfica C.5. Emprego en Galicia: servizos (esquerda: en miles de persoas, dereita: en % Galicia/España) FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE e do INE. Como pode verse nesta gráfica, logo do estancamento do período 1980-1985 tivo lugar un importante crecemento no período 1985-1990, ao que seguiu un novo estancamento entre os anos 1990 e 1995, e outro importante crecemento no período 1996-2007, seguido dunha diminución entre os anos 2008-2010. Como xa sinalamos, o emprego no sector de servizos supón xa case os 2/3 do emprego total de España, experimentando un forte crecemento tanto en Galicia coma en España que se debe ao impacto positivo do incremento da produción industrial sobre o valor engadido dos sectores de servizos e a outros factores, como o turismo. Para que Galicia e España alcancen taxas de emprego neste sector simila108 res ás dos países máis avanzados cómpre un maior desenvolvemento industrial. Galicia tivo un importante crecemento da actividade construtora no período 1994-2007, pero en menor proporción que o grande incremento experimentado polo conxunto de España, como se pode ver na gráfica C.6, na que se mostra a evolución da taxa de emprego na construción por cada mil habitantes en Galicia e en España. Gráfica C.6. Taxa de emprego na construción (persoas ocupadas por cada 1.000 habitantes) FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE e do INE. Nas táboas C.9 a C.12 preséntase a evolución da renda real per capita dos sectores produtivos de Galicia, que se 109 calcula mediante o cociente do valor engadido a prezos correntes (VAB) e o índice de prezos do consumo de España (IPC), e que se expresa en euros por habitante a prezos do ano 2000, é dicir, eliminando o efecto da inflación, a partir dos datos do IGE e do INE. A renda producida total por habitante de Galicia no período 1995-2005 experimentou un crecemento medio anual dun 3,52%, dato bastante bo e superior ao de España, que se situou preto dun 2,56%. Isto permitiu unha aproximación da renda per capita de Galicia á media de España, aínda que ata o momento non alcanzou ese nivel. Entre os anos 2005 e 2010 a renda producida por habitante tivo un crecemento anual medio de só un 1,53% no caso de Galicia e dun 1,83% no caso de España A táboa C.9 mostra os catro grandes sectores produtivos. A renda per capita da agricultura (Agr) presenta un claro estancamento, mentres que a da industria (Ind) creceu, durante o período 1995-2005, nun 34%, a da construción (Cons) nun 85%, a dos servizos (Serv) nun 43%, e a renda total per capita nun 42%. O conxunto de sectores non agrarios tivo unha evolución moi positiva. Táboa C.9. Renda sectorial per capita de Galicia: agricultura, industria, construción, servizos e total (en euros a prezos do ano 2000) Ano Agr Ind Cons Serv Total 1995 676 1 845 972 5 707 9 199 2000 630 2 336 1 261 6 913 11 140 2005 664 2 465 1 802 8 152 13 083 2010 620 2 413 1 568 9 522 14 123 NOTA: Agr: Agricultura e pesca, Ind: Industria, Cons: Construción, Serv: Servizos. FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE e do INE. 110