scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Variación lingüística e historia cultural. Palabras peregrinas polo Camiño francés a Compostela

Álvarez Blanco, Rosario

Full text

You are free to copy, distribute and transmit the work under the following conditions: Attribution —You must attribute the work in the manner specified by the author or licensor (but not in any way that suggests that they endorse you or your use of the work). Non commercial —You may not use this work for commercial purposes. DSpace da Universidade de Santiago de Compostela http://dspace.usc.es/ Instituto da Lingua Galega _______________________________________________________________________________ Rosario Álvarez (2016): "Variación lingüística e historia cultural. Palabras peregrinas polo Camiño francés a Compostela". IVème Congrès International de Dialectologie et Sociolinguistique. Variations, phraséologie et ressorces (IV CIDS), Université Paris Sorbonne. París, 7-9 de setembro de 2016 _______________________________________________________________________________ ROSARIO ÁLVAREZ Instituto da Lingua Galega. Universidade de Santiago de Compostela [email protected] Variación lingüística e historia cultural. Palabras peregrinas polo Camiño francés a Compostela INSTITUTO DA LINGUA GALEGA http://ilg.usc.gal/ IV CI DS. P ari s -S o rb on ne , 7 -9 de s etemb ro de 2016 Unha gran vía cultural A conexión principal entre Galicia e Europa contou cunha vía excepcional, o Camiño de Santiago. Por el non só transitaron homes e mulleres peregrinando durante séculos, senón tamén ideas e innovacións culturais e lingüísticas. IV CI DS, P ari s 20 16. Ros a ri o Álva rez (I LG - US C) Vía de civilización e de cohesión europea Entre a segunda metade do século XII e os primeiros anos do século XIII fundáronse catorce dos quince mosteiros cistercienses en Galicia. IV CI DS, P ari s 20 16. Ros a ri o Álva rez (I LG - US C) O camiño de Santiago é unha vía de consolidación e difusión da arte románica. Vía marítima: o arco atlántico As conexións marítimas de Galicia cos países atlánticos veñen desde a prehistoria e non se interrompen, grazas a un intenso trafego económico cultural. IV CI DS, P ari s 20 16. Ros a ri o Álva rez (I LG - US C) Tamén se peregrina a Compostela por mar. O xogo da mariola DRAG mariola s.f. Xogo infantil que consiste en andar á pata coxa empuxando ao mesmo tempo co pé o peletre, seguindo certas regras, a través dun percorrido establecido formado por un conxunto de casas numeradas, pintadas ou raiadas no chan. Pintade a mariola na eira. SIN. peletre. peletre s.m. 1. Anaco de pedra que se emprega nalgúns xogos como a mariola. Tirou con moita forza o peletre. SIN. patefa. 2. Xogo infantil que consiste en andar á pata coxa empuxando ao mesmo tempo co pé o peletre, seguindo certas regras, a través dun percorrido establecido e formado por un conxunto de casas numeradas, pintadas ou raiadas no chan. Botaron a tarde xogando ao peletre. SIN. mariola1. IV CI DS, P ari s 20 16. Ros a ri o Álva rez (I LG - US C) Os nomes do xogo: número e difusión das variantes Recollemos preto de 100 denominacións galegas, sen contarmos variantes fonéticas (p. ex. mariquitilla ~ marequitilla ~ marquetilla ou truco ~ turco) nin morfolóxicas en sentido amplo (p. ex., mariquitilla ~ mariquitiña, raia ~ raias ~ raíña ~ raíta ou truque ~ truco). Non se ten en conta a variación (xogo da) mariola, xogo do chocolate. A maior parte non están dicionarizadas. No DdD só o 14% das denominacións do traballo de campo. Pola extensión e tipo de difusión territorial (dentro do territorio galegófono) podemos establecer catro grupos de variantes: a) Difundidas nun dominio relativamente amplo: mariola, raia, truco, mariquitilla, peletre e chapa. b) Localizadas en pequenas áreas compactas: ne, plancha, cruceta, caldeirón, estrícula, paturra, carabañola... c) Dispersas sen formar áreas: cadro, ruleta, pedra, cascallo, china, avión, cabezote, carta... d) De carácter local: bicorro, pasarela, pelouro, sanmiguel, madana, marco, pizarra, plano, sobre... IV CI DS, P ari s 20 16. Ros a ri o Álva rez (I LG - US C) Os nomes do xogo: motivación Non todas as denominacións son transparentes a primeira vista, pero pódense reducir a tres grupos fundamentais que as integran case todas. Por orde de frecuencia: a) O debuxo que se fai no chan dá base á metade das denominacións: as formas completas: armario, avión, caldeirón, caracol, carabañola, carta, castro, chocolate, circo, cruceta, leiriñas, madama, marco, mariquitilla, moneca, pasarela, plancha, plano, rateira, semana, sobre, ventá, trocha... os seus elementos básicos: cadros, pacha, raia, raiola, risca... unha parte característica fundamental: cabezote, glorio, limbo, imbo cachimbo... b) A peza con que se xoga é a segunda en orde de preferencia (aprox. a cuarta parte das denominacións): cacho, cascallo, chapa, china, coia, cotelo, pata, patefa, paturra, pedra, peletre, pello, pelouro, rollo, ruleta, tella... c) As accións fundamentais para o desenvolvemento do xogo: a maneira de percorrer o circuíto: chicolapé, cingalipé, couchopé, cuchipé, mancapé, patacoxa...; macaca? outras accións: picapedra, tríscalos, truque, trúquele d) Outras motivacións: tiza e) Motivación escura: ne, margarita..., mariola? IV CI DS, P ari s 20 16. Ros a ri o Álva rez (I LG - US C) Os nomes do xogo: hipóteses sobre mariola Pódese afirmar que mariola é a forma de referencia no galego actual: É a máis estendida territorialmente. No traballo de campo, correspóndenlle algo máis dun terzo das respostas. O DRAG dálle preferencia sobre as outras (peletre, patefa: tm. ‘pedra’). Constante na lexicografía galega desde Anónimo 1833c Presente na escrita desde 1858 (TILG: 32 ocrrencias en 16 obras) Semella exclusiva do galego: non en portugués, nin en asturiano (si na Asturias galegofalante) e leonés. Non se cita noutros dominios hispánicos. IV CI DS, P ari s 20 16. Ros a ri o Álva rez (I LG - US C) O nome mariola lembra fr. marelle, de onde port. amarelinha (Brasil). marelle (ant. mar-, mer, -marr- / -el, -iel, -eau, -iau, eal; -ele, -elle, -ielle). Trésor: prob. dér. du rad. prérom. *marr- «pierre, caillou», particulièrement répandu en Italie et en ibéro-rom. Trésor: fins s.XI ‘jeton, fragment de bois’ / fins. XIII ‘jeton, pion’ / ss. XIII-XIV ‘jeu qui se joue avec des pions sur ...’ [semellante a un xogo de damas] / 1677 mérelle «jeu d'enfant qui consiste à pousser, à cloche pied, un palet dans des cases tracées sur le sol»; 1680 marelle / 1864 «la figure qui est tracée sur le sol, pour ce jeu». ¿De Francia a Galicia? ¿De marelle a mariola? O nome do xogo: billarda, estornela... Agrupamos as variantes en nove grupos. 1. Billarda (billarde, billar, nibarda), billa. É a máis estendida. Hoxe imponse como termod e referencia no uso público. 2. Estornela (tornilla, tornilleta). Compacta e predominante nunha área occidental arredor de Santiago de Compostela. 3. Pinche, pincho, pinchín (pinchil), pincha. Agrupada en áreas descontinuas en occidente, desde Fisterra ao Miño. Ao norte sm, ao sur sf. 4. Cachiza, cachizo. Concentrada nunha área litoral, non exclusiva, entre a ría de Pontevedra e o esteiro do Miño. 5. Pateiro (peteiro). Tipicamente tudense. 6. Anivá e outras formas con ir: vai, xogo d’ava, xogo do irá, anivá, inavá, univá, anival, nival, canivá... Dispersas polo W e S de Ourense. 7. Lipe, lipio, lipis. Característica do val do Lérez, que forma ría de Pontevedra. 8.Birlo ~ mirlo. No SE de Ourense e W Zamora. 9. Outras formas: xogo do pau, palao, palanca, palenque, palito~pelitro, canículas, caño, rebola, garabullo, aniquel, criques... A orixe estranxeira: billarda, estornela, anivá, lipe... Billarda (billarde, billar), billa Todas remontan ao fr. bille (lat. *BILIA), ‘peza cilíndrica de madeira’. En gal. billa varios significados. Fr. “jouer à la bille ‘faire sauter la bille’. On dit plus ordinairement jouer au bâtonnet, faire sauter le bâtonnet”. billarda —xunto con billar e billarde—, do fr. billart ~ billard, derivado de bille, ‘bastón empregado para diversos xogos en que interveñen bólas e outras pezas’. Estornela (estronela, astornela, astronela), tornilla, tornilleta Todas remontan a TORN-, como estornija (estornia, estornica)..., Aragón, Valencia). Estornela (Sarmiento) en galego designou tamén outro xogo en que o trazo ‘virar, dar voltas’ é fundamental: o chamado gorropío, virandela, andavía, voadoira... Estornela e tornilla ‘pau pequeno da billarda, o que dá voltas’. Diferentes diminutivos latinos, -ĔLLA para estornela e -ICULA para tornilla (coma esp. estornija). Tornilleta a partir de tornilla. Sarmiento, motivación de estornela: “el revoloteo atontado del estornino”. O paxaro en galego e portugués, a partir de -INUS. Noutras linguas romances, –ELLUS: entre elas occitano estornel e fr. étournaeu < ant. estournel. De aí vén a nosa estornela. Anivá, univá... e variantes A motivación está nos berros con que acompañan o lanzamento. Non é difícil recoñecer on y va! Lipe Cognado de it. lippa. A voz italiana, de orixe escura, se remonta a un étimo xermánico sobre o que non hai consenso. Inglés lip (antigo lippa), en alusión á forma da billarda, explicaría a presenza antiga en Galicia a través do porto de Pontevedra. I V C I D S , P a r is 2 0 16 . R os a r i o Á l v ar e z (IL G -U S C ) Mil grazas Dedicado aos meus alumnos de dialectoloxía galega, aos que foron, son e −esperemos!− serán. Todos son semente de futuro. Rosario Álvarez [email protected] Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués http://ilg.usc.gal/Tesouro Instituto da Lingua Galega. Universidade de Santiago de Compostela http://ilg.usc.gal/ I V C I D S , P a r is 2 0 16 . R os a r i o Á l v ar e z (IL G -U S C )