Full text
MIGRACIÓNS DE XÉNERO: DE VENEZUELA A GALICIA Alejandro Rey Bustelo GRAO EN XEOGRAFÍA E ORDENACIÓN DO TERRITORIO CURSO 2020-2021 Directora: Lucrezia Lopez UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 1
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 2 Índice de figuras Índice de táboas Índice de abreviaturas Resumos 1. Introdución 2. Marco teórico: 2.1. A feminización das migracións 2.2. Aproximación aos movementos migratorios internacionais e europeos 2.3. As migracións en España: latinoamericanización e feminización 3. Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia 3.1. De Venezuela a España 3.2. Galicia como territorio de acollida 4. Fontes e metodoloxía 4.1. Enquisas 4.2. Entrevistas 5. Resultados e discusión 5.1. Perfil sociodemográfico 5.2. Proxecto migratorio 5.3. Emprego 5.4. Cultura e entorno 5.5. Conclusións dos resultados 6. Conclusións 7. Referencias bibliográficas 8. Anexos
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 3 Índice de figuras ▪ Figura 1. Distribución dos migrantes internacionais por país de orixe (2000-2015). ▪ Figura 2. Fluxo de inmigrantes latinoamericanos cara España deslousado por sexos entre 2008 e 2019. ▪ Figura 3. Fluxo de inmigración a España segundo país de orixe (2008 e 2019). ▪ Figura 4. Fluxo de mulleres inmigrantes procedentes de América Latina cara España segundo rangos de idade en 2019. ▪ Figura 5. Número de mulleres estranxeiras orixinarias de América Latina por provincias españolas no 2020. ▪ Figura 6. Evolución da poboación con nacionalidade venezolana en España por sexo (1998-2020). ▪ Figura 7. Localización das mulleres venezolanas en España segundo lugar de procedencia por comunidades autónomas (2019). ▪ Figura 8. Inmigrantes en Galicia segundo rexión de procedencia (1992-2019). ▪ Figura 9. Inmigrantes en Galicia por país de procedencia en 2019. ▪ Figura 10. Evolución da poboación de venezolanos en Galicia por sexo (19982020). ▪ Figura 11. Distribución da poboación feminina venezolana en Galicia por provincias en 2020. ▪ Figura 12. Poboación de mulleres venezolanas en Galicia por grupos de idade (xaneiro de 2021). ▪ Figura 13. Criterios para a identificación do grupo diana. ▪ Figura 14. Mulleres venezolanas enquisadas e entrevistadas por grupos de idade (%). ▪ Figura 15. Etapas de chegada de mulleres inmigrantes venezolanas a Galicia. ▪ Figura 16. Empregos das participantes en Venezuela segundo sector (%). ▪ Figura 17. Empregos das participantes en Galicia segundo sector (%). Índice de táboas ▪ Táboa 1. Ficha técnica das entrevistas. Índice de abreviaturas ▪ Abreviatura 1. RAE (Real Academia Española) ▪ Abreviatura 2. ONU (Organización das Nacións Unidas). ▪ Abreviatura 3. TFG (Traballo de fin de grao). ▪ Abreviatura 4. INE (Instituto Nacional de Estatística). ▪ Abreviatura 5. IGE (Instituto Galego de Estatística). ▪ Abreviatura 6. E (Enquisadas). ▪ Abreviatura 7. ET (Entrevistadas).
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 4 Resumo No seguinte traballo exponse un análise da relación entre as inmigracións femininas, de orixe venezolano, cara Galicia e as desigualdades e/ou discriminacións que teñen que afrontar en ditos procesos polo feito de ser mulleres. A hipótese de partida do presente TFG é que na crecente feminización das migracións venezolanas cara Galicia pódese ver o efecto do concepto de xénero nas desigualdades e problemas. O obxectivo xeral do presente TFG é analizar o modelo de migración das mulleres venezolanas en Galicia para entender como o concepto de xénero actúa na súas decisións. Así mesmo, a través dunha serie de enquisas, os obxectivos específicos son definir o seu proxecto migratorio e coñecer as súas experiencias, destacar os seus problemas no referente ao emprego e sociedade, e, finalmente, proxectar unha maior visibilidade a estas mulleres. Para elo, estúdase unha visión xeral dos fluxos migratorios, a nivel internacional e estatal, profundando na historia e características daqueles orixinarios de América Latina co obxectivo de contextualizar o caso de estudo venezolano. Logo disto, desenvólvese, por un lado, un análise sobre a feminización das migracións tratando temas como o racismo, explotación sexual ou o maltrato de xénero. E por outro, unha investigación demográfica estatística, a través dos fenómenos demográficos que caracterizan ás mulleres venezolanas na comunidade galega diferenciando un apartado dedicado á situación de Venezuela e outro referido ao papel de Galicia na acollida de migrantes. Cabe destacar que o estudo tamén integra varios puntos de vista de persoas coas características buscadas, mediante a realización de entrevistas e enquisas que permiten obter unha serie de datos concretos de primeira man. Palabras chave: inmigración, xénero, feminización das migracións, Venezuela, Galicia. Resumen En el siguiente trabajo se expone un análisis de la relación entre las inmigraciones femeninas, de origen venezolano, hacia Galicia y las desigualdades y/o discriminaciones que tienen que afrontar en dichos procesos por el hecho de ser mujeres. La hipótesis de partida del presente TFG es analizar el modelo de migración de las mujeres venezolanas en Galicia para entender como el concepto de género actúa en sus decisiones. Así mismo, a través de una serie de encuestas, los objetivos objetivos específicos son definir su proyecto migratorio y conocer sus experiencias, destacar sus problemas en lo referido al empleo y sociedad y, finalmente, proyectar una mayor visibilidad a estas mujeres. Para ello, se estudia una visión general de los flujos migratorios, a nivel internacional y estatal, profundizando en la historia y las características de aquellas originarias de América Latina con el objetivo de contextualizar el caso de estudio venezolano. Luego de esto, se desarrolla, por un lado, un análisis sobre la feminización de las migraciones tratando temas como el racismo, explotación sexual o maltrato de género. Y, por otro, una investigación demográfica estadística, a través de los fenómenos demográficos que
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 5 caracterizan a las mujeres venezolanas, en la comunidad gallega, diferenciando un apartado dedicado a la situación de Venezuela y otro aplicado al papel de Galicia en la acogida de migrantes. Cabe destacar que el estudio también integra varios puntos de vista de personas con las características buscadas, mediante la realización de entrevistas y encuestas que permiten obtener una serie de datos concretos de primera mano. Palabras clave: inmigración, género, feminización de las migraciones, Venezuela, Galicia. Abstract The following work presents an analysis of the relationship between female immigration, of Venezuelan origin, to Galicia and the inequalities and / or discrimination they have to face in these processes due to the fact that they are women. The starting hypothesis of this TFG is to analyze the migration model of Venezuelan women in Galicia to understand how the concept of gender acts in their decisions. Likewise, through a series of surveys, the specific objectives are to define their migration project and learn about their experiences, highlight their problems in relation to employment and society and, finally, to project greater visibility to these women. To do this, we study an overview of migratory flows, at international and national level, delving into the history and characteristics of those originally from Latin America with the aim of contextualizing the case of Venezuelan study. After this, an analysis is developed, on the one hand, on the feminization of migrations dealing with issues such as racism, sexual exploitation or gender abuse. And on the other hand, a statistical demographic research, through the demographic phenomena that characterize Venezuelan women in the Galician community, differentiating a section dedicated to the situation in Venezuela and another applied to the role of Galicia in the acceptance of migrants. It should be noted that the study also integrates several points of view of people with the characteristics sought, by conducting interviews and surveys that allow to obtain a series of specific data first hand. Keywords: immigration, gender, feminization of migrations, Venezuela, Galicia.
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 6 1. Introdución Nos últimos decenios existe unha asociación por parte da sociedade entre as migracións de xénero e a feminización das migracións. Porén, estes dous conceptos, presentan una definición diferente entre si. Segundo a RAE (2001), as migracións como tal son aqueles desprazamentos de un ou varios individuos, xeralmente por causas económicas o sociais, aínda que na actualidade as motivacións son cada vez mais complexas. Se botamos a vista atrás, o esquecemento de certos autores de incluír o papel da muller nos estudios e análises dos movementos migratorios realizados ao longo da historia da humanidade, é un feito. Este enfoque tardou moito tempo en ser examinado, seguramente propiciado pola inexistencia das estatísticas deslousadas por sexo, e que resultou nunha maior dificultade da súa visibilidade. Dende sempre existiu unha tendencia de división aparentemente natural, entre o sexo masculino e o feminino resultando nunha asociación que relaciona ao home coa produción e o traballo, mentres que a muller encargase da reprodución e do coidado do fogar. Como explican Jolly (2005), Carretero (2014) e Godoy (2008), os movementos migratorios afectan de distinta forma a ambos xéneros provocando unha serie de desigualdades e vulnerabilidades no sexo feminino. O concepto de xénero comezou a ser obxecto de estudo e foi introducido nos modelos de investigación coa finalidade de indagar nas formas de migrar e as súas consecuencias (Palacios, 2016). Dito xénero inflúe directamente en gran variedade de decisións como, por exemplo, no perfil do migrante, nas motivacións e nos impactos que ditos fluxos exercen sobre as persoas migrantes (Jolly, 2005). Dende fai relativamente pouco, autoras como Carretero (2014), Jolly (2005) ou Palacios (2016) viñeron introducindo unha tendencia ao estudo da feminización das migracións, expresión que fai referencia a aqueles fenómenos migratorios que engloban unicamente ás mulleres. Deste xeito, conseguiuse unha maior visibilidade en torno a esta tendencia migratoria contemporánea, aínda que segue existindo un predominio considerable no enfoque que se lle da ao home neste tipo de movementos, así como no rol da muller como dependente ou subordinada. É de gran importancia recalcar que ambos xéneros presentan tanto igualdades como diferenzas á hora de realizar ditas actividades (Rodríguez, 2008). Porén, a maior vulnerabilidade concentrase nun so xénero, o feminino, debido principalmente a unha serie de factores desigualitarios como poden ser a explotación, a prostitución (Mesa, 2020) ou o racismo.
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 7 Segundo Jolly (2005), dende 1960 a cantidade de mulleres que migraron cruzando fronteiras foron case as mesmas que os homes. Este feito abriu as portas a unha nova visión que trouxo consigo uns cambios nos patróns de ditas migracións, aportando ao sexo feminino unha independencia do sexo masculino. A alta participación das mulleres nas migracións, foi transformando as tendencias e situáronse cun papel activo no desenvolvemento global, o que introduce unha diferenciación substancial nas migracións dende unha perspectiva de xénero (Palacios, 2016). Neste contexto é relevante o estudo de ditas desigualdades, así como dos problemas aos que se teñen que enfrontar as mulleres unha vez no país de destino. Estas cuestións son a base fundamental do presente Traballo Fin de Grao (TFG), enfocado no estudo dos movementos migratorios procedentes de Venezuela cara Galicia dende unha perspectiva feminina. Se ben os estudos de xénero abordan a relación entre mulleres e homes como parte dun sistema, o análises de xénero pódese centrar nun o en ambos sexos para explorar a construción social dos roles e comportamentos (Henderson, 1994, 2013). Con todo iso, a hipótese de partida do presente TFG é que na crecente feminización das migracións venezolanas cara Galicia pódese ver o efecto do concepto de xénero nas desigualdades e problemas. O obxectivo xeral do presente TFG é analizar o modelo de migración das mulleres venezolanas en Galicia para entender como o concepto de xénero actúa na súas decisión. Así mesmo, a través dunha serie de enquisas, os obxectivos específicos son definir o seu proxecto migratorio e coñecer as súas experiencias, destacar os seus problemas no referente ao emprego e sociedade, e, finalmente, proxectar unha maior visibilidade a estas mulleres. No referido á estrutura, o traballo comeza cun marco teórico que presenta tres apartados: 1) A feminización das migracións, 2) os movementos internacionais e europeos, 3) As migracións en España. Latinoamericanización e feminización. Con isto, chegase ao caso de estudo que establece unha parte sobre as migracións de Venezuela a España e outra sobre Galicia como territorio de acollida. Logo da revisión teórica, presentase a metodoloxía empregada para o desenvolvemento do presente TFG, os resultados do traballo de campo e as conclusións finais.
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 8 2. Marco teórico Hoxe en día, teñen lugar movementos migratorios como resultado dunha gran diversidade de cambios ao longo da historia, que supuxeron un modelo internacional actual. Xunto cos motivos de carácter económico que presentan estes fluxos migratorios, tamén é importante ter en conta outro tipo de causas como, por exemplo, as políticas ou éticas. Abu-Warda (2008) explica que as causas das migracións son múltiples, diversas e a maioría das veces encóntranse interrelacionadas. Por un lado, temos as causas políticas e socio-culturais como as guerras e as persecucións ideolóxicas que funcionan como factor de empuxe provocando unha violación sistemática dos dereitos humanos e unhas migracións forzadas ou semiforzadas. Por outro, están as circunstancias económicas como a distribución desigual dos recursos, a pobreza e a crisis económica nas rexións de orixe. O Fondo das Nacións Unidas para a Poboación (2013) expuxo unha serie de causas da migración internacional como poden ser: a busca dunha mellor vida para un mesmo e a familia, as diferenzas de ingresos nas distintas rexións, as políticas laborais e migratorias dos países de orixe e de destino ou o éxodo de profesionais, é dicir, aquela migración da xente nova que está máis formada cara os países desenvoltos (Abu-Warda, 2008). A presente revisión teórica está estruturada en tres grandes bloques: 1) A feminización das migracións; 2) Aproximación aos movementos migratorios internacionais e europeos; 3) As migracións en España: latinoamericanización e feminización. Para empezar, é necesario introducir o tema fundamental do traballo que é o papel da muller nos fluxos migratorios para poder entender o seu contexto social e relacionalo co posterior caso de estudo. Esta parte, será complementada cun análise demográfico xeral en relación cos movementos migratorios internacionais e europeos onde se mergullará naqueles orixinarios de América Latina para vinculalo con Venezuela. O último apartado indaga nos fluxos inmigratorios latinoamericanos, principalmente femininos, que recibe o territorio español. Desta forma, crease una visión xenérica que serve de axuda para situar o posterior estudo da comunidade galega. 2.1. A feminización das migracións Como foi indicado na introdución, un concepto moi relevante deste traballo é o de “xénero”, un termo definido como cultura e non como natureza que dou lugar a uns roles diferenciados onde se lle atribúe á muller un papel subordinado. Neste punto é clave
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 15 parte, de estados do centro e norte de Europa. A principios do século XXI, os habitantes de países latinoamericanos como Perú, Colombia ou Venezuela foron forzados a buscar outros lugares cunha mellor calidade de vida. Para eles, España era un dos países atractivos, principalmente, pola internacionalización da súa economía, pola reestruturación do mercado laboral e pola facilidade na obtención de residencia e nacionalidade, converténdose así no principal destino das migracións latinoamericanas (Ayuso e Pinyol, 2010). Este feito fixo que o territorio español alcanzase os seis millóns de estranxeiros residentes nos recontos do segundo decenio do século XXI (Gil-Alonso, Bayona-i-Carrasco e Vono de Vilhena, 2011) e se convertese nun dos países, xunto con Italia e Portugal, onde o recibimento da inmigración latinoamericana nas últimas décadas, supuxo unha transformación clave na súa demografía (Ayuso e Pinyol, 2010). Figura 2. Fluxo de inmigrantes latinoamericanos cara España deslousado por sexos entre 2008 e 2019. Fonte: INE. Elaboración propia. A Figura 2 representa a evolución da inmigración procedentes de América Latina en total e por sexo entre os anos 2008 e 2019. En primeiro lugar, destaca unha tendencia xeral decrecente ata 2013 que será contrastada nos vindeiros anos cun crecemento moi considerable, pasando dos 100.000 a 400.000 inmigrantes. En segundo lugar, apreciamos uns desprazamentos practicamente feminizados durante todo o período, porén, os datos entre ambos sexos son moi similares. As mulleres pasan de 127.000 en 2008 a 219.000 en 2019 e, por outro lado, os homes van de 108.000 a 176.000.
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 16 Este tipo de inmigración presentaba unha gran diversidade de orixes dando lugar a diferentes nacionalidades procedentes de entornas e culturas diferentes. Por outro, como se dixo anteriormente dábase unha feminización dos fluxos, é dicir, inmigraban principalmente mulleres xoves, un dato a destacar xa que, a finais do século XIX o común era recibir doutros países un porcentaxe dominante de inmigrantes masculinos en relación cos femininos (Quintero, 2015). Segundo este mesmo autor, nos anos 90 estes fluxos de inmigrantes feminino chegaron a supoñer un 70% do total e proviñan, principalmente, de Ecuador, República Dominicana e Colombia. Porén, a partir de 2004 comezan a ter importancia os fluxos de persoas bolivianas, brasileiras ou paraguaios e sucedeu unha tendencia ao equilibrio que supuxo a diminución do predominio feminino. A Figura 3 recolle o fluxo de inmigrantes que chegaron a España nos anos 2008 e 2019 segundo o país de orixe. Este permite ter unha visión evolutiva dos estados predominantes no pasado e na actualidade. Como se pode comprobar, no ano 2008 gran parte dos inmigrantes proviñan de Ecuador e Colombia achegándose, en ambos casos, ás 30.000 persoas e seguidos de Perú con un pouco máis de 20.000 inmigrantes. Co paso dos anos, en 2019, preséntasenos unha tendencia algo diferente onde destaca a simple vista un aumento considerable da inmigración venezolana, pasando de apenas 10.000 persoas no ano 2008 a máis de 60.000 no ano 2019. Colombia tamén amosa un gran aumento das súas cifras e segue sendo a inmigración máis destacábel do territorio español. Figura 3. Fluxo de inmigración a España segundo país de orixe (2008 e 2019). Fonte: INE. Elaboración propia.
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 17 A composición por sexo das comunidades latinoamericanas que chegan á España é un dato fundamental para este traballo, polo tanto, no Anexo IV represéntanse a poboación estranxeira segundo nacionalidade e sexo nos anos 1998, 2010 e 2020. Nel pódese comprobar que toda a evolución dos fluxos migratorios procedentes de países latinoamericanos está feminizada, xa que os datos referidos ás mulleres son superiores fronte aos homes nos tres anos tomados como referencia. Destes estados, podemos diferenciar dous grupos: o primeiro grupo está formado por aqueles países que amosan unha redución nas cifras como República Dominicana, Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Ecuador, Perú e Uruguai. O outro grupo está formado polo resto dos países caracterizados por un aumento das súas presenzas; entre os mesmos destacan os inmigrantes venezolanos/as. Se nos fixamos nos datos referidos as mulleres migrantes procedentes de Venezuela, destaca un incremento moi considerable ao longo de todo o período, pero máis importante dende o ano 2010 ata o 2020. Os motivos de dito acrecentamento son diversos e serán comentados, posteriormente, no caso de estudo. Outro aspecto da feminización é a idade coas que as mulleres emigran cara España. No seguinte gráfico (Figura 4) representase o fluxo do sexo feminino procedentes de América Latina por grupos de idade no 2019. A simple vista observase un claro predominio daqueles inmigrantes que teñen entre 25 e 29 anos seguidos do intervalo de 20 a 24 anos e de 30 a 34 anos. Estes datos axúdanos a afirmar que, como é de esperar, son aquelas mulleres xuvenís en idade de traballar as que máis migran, presentándose unha motivación claramente económica. Chaman a atención outros dous puntos: en primeiro lugar o baixo número de persoas maiores de 65 anos o que volve a recalcar o interese de ditas mulleres en buscar un emprego no país de destino. En segundo lugar, os datos de nenas e menores de idade que superan as 5.000 persoas nos rangos que comprenden dende os 0 aos 19 anos débese a unha inmigración familiar onde as persoas adultas son acompañadas polos seus fillos e fillas.
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 18 Figura 4. Fluxo de mulleres inmigrantes procedentes de América Latina cara España segundo rangos de idade en 2019. Fonte: INE. Elaboración propia. En referencia aos inmigrantes latinoamericanos masculinos (Anexo V), pódese ver unha tendencia moi similar á feminina, onde predomina un fluxo de homes novos de entre 20 a 34 anos dos cales destacan as 26.002 inmigrantes que contan cunha idade de entre 25 e 29 anos. Ademais, igual que coas mulleres, as persoas de máis de 65 anos son escasas en comparación co resto. Xa sabemos a orixe e a idade das mulleres inmigrantes latinoamericanas, pero é de gran relevancia saber a que provincias se dirixen unha vez en España. Dito tema proxectouse na seguinte Figura 5 que representa a distribución das mulleres estranxeiras no 2019 por provincias. Como se pode comprobar, as provincias que máis inmigrantes reciben son as que teñen grandes metrópoles como Madrid e Barcelona con máis de 50.000 persoas. Gran parte da costa mediterránea acolle un rango que vai dende 25.000 a 50.000 mulleres destacando Valencia, Alacante Murcia, Illas Baleares e Málaga. Porén, os valores máis baixos danse no interior de España, é dicir, en Castela e León, Estremadura e Castela a Mancha así como tamén en Ceuta e Melilla con menos de 5.000 inmigrantes femininas. Centrándose en Galicia, a parte oeste da comunidade (A Coruña e Pontevedra) recibe no 2019 entre 5.000 e 15.000 mulleres latinoamericanas mentres que a súa parte este, é dicir, Lugo e Ourense forman parte do nivel de provincias con valores máis baixos.
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 19 No Anexo VI, pódese ver unha táboa que expón todos os datos sobre a cantidade de homes e mulleres inmigrantes, orixinarios de América Latina, que presenta cada provincia española. Figura 5. Número de mulleres estranxeiras orixinarias de América Latina por provincia no 2020. Fonte: INE. Elaboración propia. Unha vez no lugar de destino, ditas persoas buscan un emprego que lles proporcione os recursos suficientes para sobrevivir e manter unha vida o máis acomodada posible. Segundo o informe Inmigración latinoamericana en España. El estado de la investigación (Ayuso e Pinyol, 2010) existe unha distribución das actividades que ocupan os inmigrantes en España segundo o sexo. No ano 2001, os inmigrantes masculinos están ocupados no sector da construción (30%), tamén na agricultura-gandeiría-pesca (12%) e na industria (14%). Porén, entre as inmigrantes predomina o traballo doméstico (40%) fronte ao resto de actividades, marcando así un patrón de discriminación e fomentando os roles tradicionalmente destinados as mulleres. Segundo Mora (2009), o feito de que as mulleres inmigrantes se concentren no sector servizos proxecta, de algunha maneira, a existencia dun mercado de traballo limitado que propician uns patróns de feminización e
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 20 especialización entre os países receptores, tanto de América Latina como de Europa, e os inmigrantes. De feito, no ano 2020, ambos sexos están ocupados no sector servizos obtendo no sexo masculino un 21,39% e no feminino un 38,11%. En canto ó resto de actividades, non teñen moita relevancia, porén, cabe destacar o papel case nulo das mulleres nas actividades agrarias ou de construción (Anexo VII). 3. Caso de estudo. Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. O presente apartado está estruturado en 3 seccións: en primeiro lugar, establecese un contexto xeral da situación de crise que leva vivindo o país venezolano e que serve de axuda para introducir as migracións cara España; e, en segundo lugar, exponse o papel de Galicia como territorio de acollida para a inmigración venezolana profundando en aqueles datos demográficos relevantes para o posterior análise dos resultados. 3.1. De Venezuela a España Para empezar, é esencial determinar cales foron as causas que impulsaron o proceso migratorio masivo que está atravesando Venezuela cara moitos destinos, tanto de América como de Europa. Durante os séculos XIX e XX, Venezuela foi un país caracterizado pola gran cantidade de inmigrantes que recibía, porén, segundo Álvarez (2007), a principios dos anos oitenta, comezaron unha serie de movementos emigratorios venezolanos masivos que tiñan como destino, principalmente, Estados Unidos. Unha das causas destes fluxos que establecen Castillo e Reguant (2017) é a crise, tanto política como económica, que viviu o país neses anos, e que resultou no retorno dalgúns estranxeiros asentados en Venezuela e unha posterior emigración de venezolanos afectados pola recesión económica e social. Este tipo de desprazamentos eran “de diñeiro” e non é ata 1994, co segundo goberno de Rafael Caldera, cando ten lugar o denominado por Castillo e Reguant (2017) como “crash financeiro”, un fito que supuxo o peche dos bancos incitando aos venezolanos, de maior nivel económico, a abandonar o país xunto co capital acumulado (Dekocker, 2018). Máis tarde, darían comezo os vinte anos de revolución bolivariana que trouxo consigo un éxodo masivo da poboación venezolana e a crisis de migrantes e refuxiados máis grande de Latinoamérica (Páez e Phélan, 2019). A revolución, como é de esperar, transmitiu un malestar social moi importante que, coa chegada ao poder de Hugo Chávez, se fixo máis pronunciado e supuxo unha tendencia
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 21 migratoria en aumento. Un dos motivos, e seguramente o máis importante, da intensidade do fenómeno migratorio venezolano foi o poder político e a situación social resultado do goberno chavista dende 1998, así como tamén, a latente crise económica que tivo o país debido á caída do prezo internacional do petróleo (Dekocker, 2018). É así como Venezuela pasa de ser, nun principio, un país receptor de inmigrantes por case dous séculos (Páez e Phélam, 2019), a un país condenado ao exilio cunha crisis migratoria que se manifesta, sobre todo, naquela poboación que presenta unhas condicións de vulnerabilidade e pobreza moi altas. Este feito, como ben expón Dekocker (2018), desencadeou un certo medo, polo futuro do país e de perder o estatus económico e social, de parte dalgúns venezolanos que abandonaron o país, un éxodo que estará presente durante os últimos 22 anos. Desta forma, entre 1998 e 2013 comeza un período caracterizado pola gran cantidade de inmigrantes de orixe venezolano que, a partir de 2010, chegaron a Estados Unidos, a España e a destinos latinoamericanos como Colombia, Panamá, ou Perú (Brito, 2019). En esta etapa, a migración vólvese ordenada, documentada, calificada e cunha motivación, principalmente, económica (Páez e Mhélan, 2019). Pódese diferenciar un último intervalo de tempo dende 2014 ata 2018. Nesta etapa ten lugar o ascenso ao poder de Nicolás Maduro que se caracteriza por un deterioro constante das variables macroeconómicas e sociais (Levy, 2018 dentro de Páez e Mhélan, 2019), eses factores fan que o autor Hanke (2018), o denomine como o país máis miserable do mundo en 2017. Segundo Páez e Mhélan (2019), a suma de problemas sociais, económicos, políticos e demográficos no país deron lugar a unha situación de warming establecida polo “Índice de Estados Fráxil” onde Venezuela, en 2017, recibiu un 86,2 dos 120 totais e ocupou o primeiro posto entre os 19 países latinoamericanos. A esta serie de motivos, que impulsan a saída de venezolanos do país, hai que sumarlle o desabastecemento de alimentos e medicinas como factor principal e outros máis secundarios, pero igual de importantes, como a irregularidade dos servicios públicos de auga ou electricidade (Mesa, 2020). Por outro lado, o feito de que Venezuela se convertera nun país perigoso e hostil produce, como resultado, un territorio con conductas predatorias, de inseguridade persoal e xurídica que desencadean na aparición de explotación, trata de persoas e violencia (Castillo e Reguant, 2017). É preciso puntualizar un aspecto que establece Mesa (2020), mencionado anteriormente, que é a chegada ao
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 22 país de acollida, neste caso, España. Ela expón que a precariedade da nova condición de mulleres migrantes, a necesidade de enviar cartos aos seus familiares de Venezuela, manter aos fillos entre outras cousas, provoca un alto nivel de precariedade e, por tanto, unha potencial vítima de trata. A migración masiva cara España tivo lugar dende 1998 ata á actualidade. Son varios os factores que influíron na decisión dos venezolanos de asentarse no territorio español. Castillo e Reguant (2017) diferencian tres concretamente: en primeiro lugar, a gran proximidade en canto ao idioma que, a pesar de ter certas diferenzas entre si , pódese utilizar a lingua de orixe; en segundo lugar, a cultura que existe dende época colonial debido á presenza dos españois, e que segue persistindo historicamente no país venezolano; en terceiro lugar, o estatus legal e a posesión da nacionalidade do país español. Dekocker (2018) apunta que esta capacidade dos/as venezolanos/as de poder entrar de maneira legal no país e, ademais, recibir a dobre nacionalidade foi o factor máis relevante que atribuíu ao territorio español o papel de principal destino. Destacar que nos Anexos VIII e IX represéntanse, no primeiro caso, os inmigrantes venezolanos segundo nacionalidade española e venezolana e no segundo as mulleres venezolanas con esta mesma distribución. Todos estes motivos, entre outros, fixeron que, en 2018, España fora o sexto país, elixido polos venezolanos, como destino e o primeiro a nivel europeo (De Aguiar, 2020). Como se pode comprobar, o seguinte gráfico (Figura 6) proxecta a evolución da poboación venezolana en España dende 1998 ata á actualidade, segundo sexo. Isto permítenos apreciar mellor o proceso de acollida que presentou o territorio español durante este período. En xeral, os datos proxectan unha tendencia ao aumento que pasa de menos de 20.000 venezolanos ao principio da secuencia a case 200.000 en 2020 resaltando o notable crecemento que tivo lugar nos últimos cinco anos. Por outro lado, a poboación está feminizada, é dicir, preséntanse máis mulleres no territorio que homes, sobre todo, a final de período. Nos últimos anos, o sexo feminino presenta porcentaxes que non descenden do 57%: en 2016 un 58,7% (31.915), en 2017 un 58% (39.966), en 2018 un 57,7% (55.227), en 2019 un 57,4% (79.110) e no 2020 un 57,1% (107.945).
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 23 Figura 6. Evolución da poboación con nacionalidade venezolana en España por sexo (1998-2020). Fonte: INE. Elaboración propia. É así como se produce unha chegada e un asentamento de ditos inmigrantes nas distintas comunidades autónomas españolas, dando lugar a unha distribución de mulleres venezolanas, a partir dos datos máis recentes que se encontraron e que aparecen representados no seguinte mapa (Figura 7). Destacar que todos estes datos de inmigrantes venezolanos por comunidade autónoma están deslousados por sexo e dispoñibles no Anexo X.
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 24 Figura 7. Localización das mulleres venezolanas en España segundo lugar de procedencia por comunidades autónomas (2019). Fonte: INE. Elaboración propia. Con esta distribución, o principal destino das mulleres venezolanas en 2019 é a capital madrileña, a cal obtén datos superiores a 20.000, concretamente, 23.691 venezolanas (34,2%). Seguido desta encóntrase Cataluña que presenta 13.132 venezolanas (18,9%). A continuación, as comunidades que contan con valores máis altos son Canarias con 9.745 venezolanas (14%), a Comunidade Valenciana con 8.115 venezolanas (11,7%), Andalucía con 5.959 venezolanas (8,6%) e por último, o territorio de estudo, Galicia con 5.555 venezolanas (8%). 3.2. Galicia como territorio de acollida Mergullando na comunidade galega, esta foi dende fai relativamente pouco un lugar de acollida. Nos séculos XIX, XX e XXI, Galicia presentaba unha emigración que ía directamente a outras rexións do estado español como, por exemplo, América Latina, o
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 31 revisión da literatura científica relativa ao tema a tratar e mergullar naquela información proporcionada por diversos autores. Segundo Figueroa (2001), a investigación cualitativa require da capacidade do investigador de comprender o comportamento humano e as razóns que o gobernan. O meu traballo expón o colectivo feminino venezolano polo que é necesario destacar á autora Creswell (2003), a cal fala sobre aqueles grupos ou individuos da sociedade que están marxinados ou privados dos seus dereitos e que son un obxecto de estudo moi interesantes. Esta tamén expón as denominadas perspectivas feministas, un enfoque presente neste traballo e que se centra nas problemáticas que sofren as mulleres nas diversas situacións opresivas (Creswell, 2003). O punto de vista cuantitativo fai referencia á significación estatística dos resultados e á súa posterior codificación (Grau, n.d.). Segundo Hernández (2012 p. 5): “A investigación cuantitativa busca responder aos interrogantes que, cal, onde, cando, para que, e faino con mostras representativas con certo grado de confianza”. Ademais, sempre desde o punto de vista de Hernández (2012) este método implica partir dunha teoría xeral establecida da que se derivan as hipóteses. Desta forma, este tipo de enfoque relacionase co meu traballo en canto á revisión de fontes estatísticas extraídas do INE e IGE, así como tamén co tratamento deses datos a través da realización de gráficos ou mapas. Con todo isto, o meu proceso metodolóxico divídese nas seguintes etapas: 1) Revisión de literatura científica (Grau, n.d.): En primeiro lugar, indagouse en artigos e libros relacionados co dominio do traballo que permitiron familiarizarme cos fenómenos migratorios en xeral e logo máis concretamente cos femininos. Esta etapa axudou a comprender en profundidade o tema a tratar. 2) Elaboración dun marco teórico: Unha vez recollida a información á manexar, foi necesario filtrar a máis relevante e a que mellor se axustase á investigación para poder relacionala entre si e crear una contextura xeral a nivel estatal que introduza o seguinte apartado, máis especificativo. 3) Análise do caso de estudo: Esta etapa está relacionada coa anterior e consiste en estudar, máis concretamente, a situación que se quere analizar en profundidade. O ámbito xeográfico no que se levou a cabo a investigación é na Comunidade Autónoma de Galicia. Para o seu estudo dividiuse o apartado en dous: por un lado, a situación política, económica e social do país venezolano que provocou a
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 32 emigración masiva cara España, e por outro, o papel de Galicia como territorio de acollida de venezolanos. 4) Creación de figuras: Mediante a utilización dos programas Excel e ArcGIS, realizáronse unha serie de gráficos, mapas e táboas (dispoñibles ao longo do traballo e nos anexos) a partir de información estatística proporcionada, principalmente, polo INE e IGE, así como tamén por algunhas referencias bibliográficas. É necesario expoñer que para determinar os sectores económicos nos que traballan as mulleres venezolanas foi necesario contactar co IGE para que me facilitasen os datos deslousados por país de orixe e por sexo. Estes elementos axudan a complementar o contido escrito e a visualizalo dunha maneira máis clara e concisa. Por esta razón optouse por fortalecer a revisión teórica con algunha revisión estatística. 5) Elaboración de métodos para o traballo de campo: A construción dun o varios instrumentos que permitiron investigar a información necesaria na que fundamentar o análise, así como tamén determinar ao grupo diana. As participantes foron escollidas para que as características e situacións destas chegasen a responder ao fenómeno de estudo, procurando obter a información máis frutífera posible (Redruello, 2016). Na seguinte Figura 13 establécense os criterios establecidos para identificar a poboación diana: Figura 13. Criterios para a identificación do grupo diana. Fonte: Elaboración propia
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 33 Desta forma, o traballo de campo consiste no emprego de dous tipos de ferramentas moi comúns nos estudos das ciencias sociais, as enquisas e as entrevistas. 4.1.Enquisas Durante a elaboración deste método, establecéronse unha serie de preguntas directas e que proporcionaran unicamente aqueles datos indispensables e necesarios. Segundo Grau (n.d.), máis información ou información innecesaria pode desencadear en respostas non veraces. É así como se conseguiu enquisar vía online a 27 mulleres venezolanas, asentadas en Galicia, que foron contactadas a través de redes sociais e de persoas coñecidas. Cabe destacar que se intentou acudir a diversas asociacións de venezolanos en Galicia, pero ningunha delas proporcionaron ningún tipo de contacto. Para a creación e distribución das enquisas empregouse o formato Google Formulario onde se dividiron as preguntas en seis bloques concretos. En primeiro lugar, buscouse o perfil sociodemográfico, un aspecto que axuda a establecer que tipo de persoas responderon a través de cuestións como a idade actual, o estado civil ou o número de fillos. En segundo lugar, determinar o proxecto migratorio, é dicir, un análise de como foi a súa migración cara Galicia e como se encontran na actualidade. Desta forma, trátanse aspectos como os motivos que impulsaron o desprazamento, se veu acompañada ou soa, de cantas persoas está formado o seu grupo familiar, entre outras. En terceiro lugar, foi necesario realizar un repaso polas súas vidas en Venezuela o que proporciona unha visión do nivel de vida e estudos que mantiñan alí. En cuarto lugar, creouse un apartado unicamente dedicado ao emprego a través dunha serie de preguntas referentes ao traballo actual en Galicia e que pode ser relacionado co punto anterior. Destacan algunhas onde se lles pregunta, por exemplo, se teñen máis dun traballo ou se alguén máis da súa unidade familiar, a parte de elas, posúe un emprego ou se sufriron (e sofren) algún tipo de discriminación exercendo o seu oficio. En quinto lugar, as diferenzas culturais son moi importantes; por un lado, preguntóuselles polo impacto que sufriron á hora de comunicarse ou adaptarse á cultura galega e, por outro, foi determinante saber o cambio na mentalidade que puideron desenvolver na súa estancia. En sexto e último lugar, exploráronse as perspectivas de futuro, é dicir, se teñen pensado quedarse en Galicia, se
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 34 coñecen ou participan en algunha asociación e se teñen constancia de algún tipo de maltrato de xénero cara mulleres venezolanas. 4.2. Entrevistas semiestructuradas Este tipo de instrumento é moi similar á enquisa, porén diferéncianse nun aspecto concreto: no carácter persoal que se da nas entrevistas onde o entrevistador ten a capacidade de ir preguntando á persoa entrevistada as cuestións que vaian xurdindo coa conversación. Desta forma, mergullase máis no tema e acádanse respostas máis específicas. Para completar o traballo de campo, efectuáronse dúas entrevistas a dúas mulleres venezolanas, mediante a plataforma Skype, en base ás mesmas cuestións que nas enquisas, mencionadas anteriormente. Táboa 1. Ficha técnica das entrevistas. Tipo de enquisa Entrevista semiestructural con guión Tamaño da mostra Dúas entrevistas Abreviaturas ET1: Primeira persoa entrevistada ET2: Segunda persoa entrevistada Medios empregados Skype Data de realización 11 de xuño do 2021 Fonte: Elaboración propia. 5. Resultados e discusión Neste apartado, preséntanse os resultados e a discusión dos datos obtidos durante as 27 enquisas e as 2 entrevistas. Desta forma, dividíronse as respostas en cinco bloques temáticos: 1) Perfil sociodemográfico; 2) Proxecto migratorio; 3) Emprego; 4) Entorno e cultura; 5) Conclusión dos resultados. 5.1. Perfil sociodemográfico Durante todo o estudo, procuráronse obter respostas de persoas con diferentes idades para contar cunha visión moito máis ampla, e así foi. Cabe destacar que non se buscaron resultados de menores de idade, xa que o interesante neste análise é obter respostas de
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 35 mulleres venezolanas que foran conscientes do proceso migratorio e de todo o que iso supón. Os resultados establecen unha distribución por idades con unha clara tendencia ás mulleres de entre 40 e 59 anos (75,1%), onde a súa concentración prodúcese no grupo de idade de 50 a 54 anos (28,6%) seguido do intervalo de entre 40 e 44 anos (17,9%) (Figura 14). Estes resultados son moi similares aos expostos a escala galega, polo que pódese confirmar que o perfil da inmigrantes venezolana é o de unha persoa de mediana idade. En relación co indicado a nivel estatal, a maioría das inmigrantes que proveñen de Latinoamérica presentan un rango de idade moito máis baixo, de entre 20 a 34 anos, pois a motivación é claramente laboral. Pero, no caso venezolano, a idade máis avanzada introduce un motivo principal que non é soamente económico, senón tamén político e de reagrupación familiar, aspectos que se expoñerán posteriormente. Figura 14. Mulleres venezolanas enquisadas e entrevistadas por grupos de idade (%). Fonte: Enquisas e entrevistas a inmigrantes venezolanas. Elaboración propia. Por outro lado, en canto ao relacionado co estado civil, un 62,1% di estar casada, un 24,1% solteira e os dous 6,9% restantes divorciadas ou en parella. Ademais, de todas elas, un 82,8% teñen fillos onde se establece o máximo porcentaxe naquelas mulleres que teñen dous (48,3%), seguidas daquelas que teñen tres (17,2%) e catro (3,4%). Para entender o entorno das participantes, foi necesario preguntar o número de persoas que forman os seus grupos familiares. Os resultados amosan un porcentaxe do 41,4% nas
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 36 unidades de catro persoas, un 17,2% nas de cinco persoas, un 13,8% nas de seis persoas e un 10,3% nas de tres persoas. Tamén cabe destacar o 6,9% que presentan unha unidade familiar de oito persoas. Como se pode comprobar, as mulleres enquisadas e entrevistadas conviven cunha gran cantidade de integrantes, persoas das que se poden destacar os fillos (77,8%), os esposos (66,7%) e os pais (29,6%) fronte a outro tipo de persoas (7,4%) e os irmáns (3,7%). É interesante resaltar que ningunha das persoas entrevistadas ou enquisadas vive soa nin con amigos. Tendo en conta estes datos pódese destacar dúas cuestións: en primeiro lugar, a maioría das participantes teñen ao seu home e aos seus fillos vivindo con ela en Galicia, o que impulsa unha vez máis o motivo de reagrupación familiar e a inmigración acompañada; e, en segundo lugar, encóntranse aquelas que viven soas ou con amigos e familiares que xa coñecían en Galicia. Neste mesmo bloque, tratáronse algúns aspectos relacionados coa vida de ditas mulleres en Venezuela. En primeiro lugar, buscábase saber en que lugar vivían antes da migración e un 74% residía na capital, a cidade de Caracas. Destacan outros lugares como Maracaibo e Valencia cun 7,4% cada un respectivamente. En segundo lugar, o nivel de estudos que cursaron no país venezolano é un factor moi relevante e que se pode poñer en relación cos posteriores resultados referidos ao emprego. En xeral, case todas as participantes cursaron estudos universitarios presentando un valor do 79,3% e, seguido deste, destacan os estudos de bacharelato cun 17,2% (Anexo XVI). Este alto nivel de estudos vese proxectado na capacidade de encontrar traballo, un aspecto que será comentado posteriormente. 5.2. Proxecto migratorio No referente ao proxecto migratorio, en primeiro lugar, preguntóuselle a idade e o ano de chegada a Galicia. Por un lado, a idade da inmigrante no ano de chegada é un factor fundamental para a súa integración, o seu grao de aculturación, aprendizaxe da lingua e escolarización. Desta forma, un 25,9% tiñan entre 18 e 25 anos, un 22,2% entre 41 e 50 anos e un 18,5% entre 31 e 35 anos. Ademais da idade, outro aspecto que axuda á adaptación de ditas mulleres venezolanas é a presenza dunha persoa coñecida ou familiar, neste caso, no territorio galego. Das participantes, un 77,8% contaba cunha persoa de confianza en Galicia mentres que o 22,2% restante non. Tamén, é importante saber se viñeron soas ou acompañadas e, segundo os resultados, un 74,1% veu acompañada
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 37 mentres que un 25,9% veu soa. Con estes datos, pódese afirmar o tema exposto anteriormente, pois a maioría das inmigrantes viñeron acompañadas e xa coñecían un familiar en Galicia o que se relaciona directamente cos integrantes do fogar, é dicir, o esposo e os fillos. Desta forma, segundo os resultados dos traballo de campo realizado, a inmigración feminina venezolana cara Galicia ten como motivación unha reagrupación co esposo, cos fillos ou con ambos e que pode darse de maneira tanto solitaria como acompañada; por outro, está aquel desprazamento migratorio que ten lugar por diferentes motivos, pero que inclúe a compañía do núcleo familiar durante o proceso. Un tema a destacar é ano de chegada representado na seguinte Figura 15. En xeral, a maioría das mulleres venezolanas chegaron entre o 2016 e o 2020 (37,93%) e, en segundo lugar, entre 1995 e 2010 un 51,72% onde destaca como valor máis alto o que comprende entre 2001 e 2005 cun 24,14%. É así como o porcentaxe máis alto relaciónanse directamente coa evolución da poboación venezolana en Galicia, exposta anteriormente, a cal indicaba un crecemento moi considerable nos anos 2019 e 2020. Figura 15. Etapas de chegada de mulleres inmigrantes venezolanas a Galicia. Fonte: Enquisas e entrevistas a inmigrantes venezolanas. Elaboración propia. Os datos proxectados teñen unha relación directa coa situación de crise tanto económica como política e social de Venezuela. O período de aumento da inmigración Venezolana a Galicia entre os anos 1998 e 2010, ten relación co exposto anteriormente, é dicir, coa chegada ao poder de Hugo Chávez, por un lado, e a crise económica resultado da caída
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 38 do prezo do petróleo, por outro (Brito, 2019 e Dekocker, 2018). Respecto á etapa entre 2016 e 2020, o alto porcentaxe ten que ver coa presidencia de Nicolás Maduro e a cantidade de problemas que trouxo consigo. O desabastecemento de alimentos e medicinas como factor principal xunto con outros máis secundarios, deron lugar a unha segunda saída masiva de persoas venezolanas a destinos tanto latinoamericanos como europeos, sendo Galicia un deles. Esta segunda ola migratoria, tal e como se comentou anteriormente, estivo caracterizada por motivos principalmente políticos que deron lugar a unha reagrupación con aqueles familiares que migraron a Galicia entre 1998 e 2010. Este factor supón un aumento do núcleo familiar e unha relación directa co alto número de integrantes que compoñen o fogar das participantes. Ademais, se unimos os datos do IGE sobre a evolución dos inmigrantes venezolanos en Galicia por sexo coas respostas das participantes sobre o ano de chegada, pódese chegar á conclusión de que, tanto na primeira ola como na segunda, a inmigración está feminizada, un factor que pode supoñer unha posible chegada das mulleres entre 1998 e 2010 e unha posterior migración dos seus respectivos homes ou fillos, así como tamén en menor medida con nais, pais e irmáns, para reagruparse con elas. Por último, cabe destacar o pouco porcentaxe de mulleres inmigrantes que chegaron en 2021, isto pode ter relación coa pandemia do Covid-19 que impediu o desprazamento a outros países. Porén, para saber concretamente cales foron os motivos que impulsaron a inmigración das participantes, fíxose unha pregunta que acadou os seguintes resultados (Anexo XVII): para empezar, os motivos que recibiron o maior porcentaxe (39,39%) foron os políticos, reforzando o dito anteriormente en relación cos gobernos de Chávez e Maduro. Seguido destes, están os motivos familiares (24,24%), é dicir, a de reagrupación cun membro da familia no país destino, un aspecto que xa se leva comentando durante todo o apartado. Logo disto, os económicos (24,24%), impulsados pola necesidade de encontrar un traballo que lles asegure unha calidade de vida digna. E, en último lugar, destacan cun 6,06% tanto os sociais como os formativos. É necesario resaltar que, nas enquisas realizadas, as participantes so podían indicar unha única resposta polo que non se pode excluír a combinación de dúas ou máis motivacións. Por outro lado, en xeral, a maioría das causas que levaron a estas mulleres venezolanas a migrar, son forzadas; de feito, o 74,1% das participantes confirman si que se viron obrigadas a saír do seu país.
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 39 5.3. Emprego En relación co apartado anterior, unha das causas máis relevantes no proceso migratorio venezolano son as motivacións económicas. Para o análise deste bloque establecéronse dous subapartados: por un lado, está a situación laboral das mulleres en Venezuela e, por outro, en Galicia. A finalidade destas preguntas foi establecer o tipo de empregos que, as inmigrantes venezolanas, posuían en Venezuela e os que posúen na actualidade para demostrar que, debido ao proceso migratorio, a calidade destes redúcese moi considerablemente impedindo que traballen no seu sector (Jolly, 2005) Para empezar, o 85,2% das mulleres, si que contaban cun traballo en Venezuela e, a través da agrupación das respostas en función do sector ao que pertence cada emprego, realizouse o seguinte gráfico de sectores (Figura 16). Como se pode comprobar, a maioría das participantes contaban cun posto no sector sanitario (29%), no sector administrativo (22%) e no sector educativo (15%). Esta información proxéctanos o bo nivel económico e a calidade de vida media-alta que estas mulleres posuían no país venezolano e que se relaciona directamente cos estudos universitarios mencionados anteriormente. Figura 16. Empregos das participantes en Venezuela segundo sector (%). Fonte: Enquisas e entrevistas a inmigrantes venezolanas. Elaboración propia.
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 40 Porén, unha vez chegan ao lugar de acollida, a situación laboral e económica cambia debido ás dificultades e retos que presenta a migración (Godoy, 2007). É relevante destacar que, un 70,4% das mulleres enquisadas e entrevistadas, afirman que non chegaron a traballar no seu sector, un dato que reafirma a obriga de aceptar traballos precarios ou en negro para sobrevivir (De Aguiar, 2020). Deste xeito, preguntóuselles as participantes cal fora o seu primeiro traballo en Galicia (Anexo XVIII) e un 38% responderon empregos relacionados co coidado do fogar (10%) e coidado de persoas (28%), confirmándose así a hipótese patexada anteriormente. O sector sanitario que posuía o porcentaxe máis alto en Venezuela, pasa a ocupar o terceiro lugar cun 21% e aparece a hostaleira cun 10% como novo sistema laboral. Estes datos mostran unha diferenza moi alta na calidade e precariedade dos traballos e nos ingresos recibidos. Por outro lado, en segundo lugar, realizáronse certas preguntas en relación a como está a situación laboral na actualidade. Das 29 participantes, un 75,9% contan cun so traballo, un 13,8% teñen dous, un 3,4% máis de tres e un 6,9% están desempregada. Respecto a este tema, ET2 dixo o seguinte: “Vin por traballo a Galicia e os primeiros meses conseguín un emprego como directora dun parque infantil. Cinco canos despois cheguei a exercer no meu sector como psicóloga nun psicotécnico durante seis meses. Porén, dende fai moito tempo, non teño traballo, unicamente dou clases de inglés en negro para sobrevivir”. Volvendo ao caso daquelas que si que presentan un emprego, tal e como se apuntou no caso de estudo mediante os datos proporcionados polo IGE, a maioría das mulleres venezolanas traballan no sector servizos (96%). Dentro deste grupo, as respostas son variadas, porén, os traballos relacionados coa sanidade volven a subir obtendo o máximo porcentaxe, un 26%, seguido do comercio (18%), o coidado do fogar (15%) e administración (15%) (Figura 17). A diferenza das primeiras ocupacións, neste caso a tendencia presenta unha maior similitude coa proxectada en Venezuela. Isto ten relación coa capacidade de adaptación de ditas mulleres no territorio de acollida e coas oportunidades que teñen para obter unha ocupación digna. Cabe destacar a resposta de E13 que expuxo que, na actualidade, si chegou a traballar na súa área, é dicir, no mesmo sector que en Venezuela.
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 47 https://revistas.comillas.edu/index.php/revistamigraciones/article/view/7898. Consultado a 27/6/2021. - Chiarotti, S. (2003). La trata de mujeres: sus conexiones y desconexiones con la migración y los derechos humanos. Centro Latinoamericano y Caribeño de Demografía. Santiago de Chile. Dispoñible en: https://repositorio.cepal.org/bitstream/handle/11362/7176/S035292_es.pdf?sequ ence=1&isAllowed=y. Consultado a 27/4/2021. - Consello Económico e Social de España (2019). Informe. La inmigración en España: Efectos y oportunidades. Colección de informes. Madrid. Dispoñible en: http://www.ces.es/documents/10180/5209150/Inf0219.pdf. Consultado a 22/3/2021. - Creswell, J.W. (2003). Research design: Qualitative, Quantitative, and mixed methods approaches. Thousand Oaks, pp. 246. - Dekocker, K.M. (2018). La comunidad venezolana en España. De una estrategia migratoria de reproducción social a una creciente pobreza emergente. En Koechlin, J. & Eguren, J. (2018). El éxodo venezolano: entre el exilio y la emigración. Colección OBIMID. Vol. 4. Dispoñible en: https://dialnet.unirioja.es/servlet/libro?codigo=725410. Consultado a: 27/5/2021. - De Aguiar, M.T. (2020). Experiencias laborales de personas inmigrantes venezolanas en Galicia: un proyecto de investigación cualitativo crítico. Universidade de A Coruña. Galicia. Dispoñible en: https://ruc.udc.es/dspace/bitstream/handle/2183/26705/DeAguiarLaRosa_Mar% c3%ada%20Teresa_TFG_2020.pdf?sequence=2&isAllowed=y. Consultado a 3/6/2021. - Eurostat (2008). Recent migration trends: citizens of EU-27 Member States become ever more mobile while EU remains attractive to non-EU citizens. Dispoñible en: https://ec.europa.eu/eurostat/documents/3433488/5583732/KSSF-08-098-EN.PDF/fd0c3fbe-4119-4da6-9b6c-1039024b4e0b. Consultado a 22/2/2021 - Eurostat (2019). Migration flows: Immigration to the EU-27 from non-member countries was 2.4 million in 2018. Dispoñible en: https://ec.europa.eu/eurostat/statistics-
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 48 explained/index.php/Migration_and_migrant_population_statistics#Migration_fl ows:_Immigration_to_the_EU_from_nonmember_countries_was_2.7_million_in_2019. Consultado a 22/2/2021. - Figueroa, J. (2001). Algunas dimensiones éticas en la investigación social sobre sexualidad. En Macklin, R. et al. (2001). Documento de trabajo, núm. 8, Ética, investigación y ciencias sociales, pp. 22-38. Programa Salud Reproductiva y Sociedad,. México. - Gil-Alonso, Bayona-i-Carrasco & Vono de Vilhena (2012). Las migraciones internas de los latinoamericanos en España: del boom a la crisis económica. Papeles de población: nº 71. Universitat de Barcelona/Bamberg University. - Godoy, L. (2007). Fenómenos Migratorios y Género: Identidades Femeninas “Remodeladas”. Psykhe. Vol. 16 (1), pp. 41-51. Dispoñible en: https://scielo.conicyt.cl/pdf/psykhe/v16n1/art04.pdf. Consultado a 27/4/2021. - Grau, J. E. (n.d.). Módulo 7: Entrevistas, encuestas y cuestionarios. Universidade de CAECE. Bos Aires. Dispoñible en: https://campus.fundec.org.ar/admin/archivos/MET%20+%207%20- %202016%20-%20Entrevistas,%20encuestas%20y%20cuestionarios.pdf. Consultado a 12/6/2021. - Hanke, S. (2018). Hanke's Annual Misery Index: The World's Saddest (And Happiest) Countries. Forbes. Dispoñible en: https://www.forbes.com/sites/stevehanke/2018/02/28/hankes-annualmiseryindex-the-worlds-saddest-and-happiest-countries/. Consultado a 27/5/2021. - Henderson, K.A. (1994). Broadening an Understanding of Women, Gender and Leisure. J. Leis. Res., Vol. 26, pp. 1–7. - Henderson, K.A. (2013). Feminist Leisure Studies. Origins, Accomplishments and Prospects; Routledge. Londres. - Herm A. (2008). Recent migration trends: citizens of EU-27 Member States become ever more mobile while EU remains attractive to non-EU citizens. Eurostat: Statistics in focus. Dispoñible en: https://ec.europa.eu/eurostat/documents/3433488/5583732/KS-SF-08-098EN.PDF/fd0c3fbe-4119-4da6-9b6c-1039024b4e0b. Consultado a 26/2/2021.
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 49 - Hernández, I. (2012). Investigación cualitativa: una metodología en marche sobre el hecho social. Rastros Rostros. Vol. 14 (27) pp. 57-68. Dispoñinle en: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=6515553. Consultado a 13/6/2021. - Jolly, S. & Reeves, H. (2005). “Género y migración”. BRIDGE. Institute of Development Studies. Inglaterra. - Levy, S. (2018). Venezuela: la imperiosa necesidad de reglas de juego adecuadas. Documento del Observatorio Económico Legislativo de Cedice. Caracas. - López de Lera, D. (2015). Panorama de la migración internacional en España. España 2015: Situación social. Centro de Investigaciones Sociológicas. pp.196206. Madrid. - Mesa, V. (2020). La trata con fines de explotación sexual: el más reciente peligro para las venezolanas. Revista venezolana de estudios de la mujer. Vol. 25 (54). Universidade de Rafael Urdaneta. Venezuela. Dispoñible en: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=7574156. Consultado a 3/6/2021. - Montañés, P. & Moyano, M. (2006). Violencia de género sobre inmigrantes en España. Un análisis psicosocial. Pensamiento Psicológico, Vol. 2 (6), pp. 21-32. Universidade de Granada. Dispoñible en: https://www.redalyc.org/pdf/801/80100603.pdf. Consultado a 27/4/2021. - Mora, C. (2009). Estratificación social y migración intrarregional: Algunas caracterizaciones de la experiencia migratoria en Latinoamérica. Universum. Vol. 1 (24), pp. 128 - 143. Universidade de Talca. Chile. Dispoñible en: https://scielo.conicyt.cl/pdf/universum/v24n1/ART_08.pdf. Consultado a 27/2/2021. - Oso L., Golías, M. & Villares, M. (2007). Inmigrantes extranjeros y retornados en Galicia: la construcción del puente transnacional. Política y Sociedad. Vol. 45 (1), pp. 103-117. Universidade de A Coruña. Dispoñible en: https://core.ac.uk/download/pdf/38818794.pdf. Consultado a 1/6/2021. - Oso L. & Villares, M. (2005). Mujeres inmigrantes latinoamericanas y empresariado étnico: Dominicanas en Madrid, argentinas y venezolanas en Galicia. Revista Galega de Economía, vol. 14 (1-2), pp. 1-19. Universidade de A
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 50 Coruña. Dispoñible en: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=1293912. Consultado a 28/5/2021. - Páez, T. & Mhélan, M. (2019). Emigración venezolana hacia España en tiempos de revolución bolivariana (1998-2017). Revista Internacional de Estudios Migratorios. Vol 8, pp. 319-355. Universidade Central de Venezuela. Caracas. Dispoñible en: http://ojs.ual.es/ojs/index.php/RIEM/article/view/2629. Consultado a 27/5/2021. - Palacios, Y. (2016). Perspectiva de género en los fenómenos migratorios: estudios desde Europa y América Latina. Revista CES: Vol. 7 (2). Dispoñible en: http://www.scielo.org.co/scielo.php?pid=S214577192016000200011&script=sci_abstract&tlng=en. Consultado a 14/2/2021. - Quintero (2015). Las migraciones internas de latinoamericanos en España: evolución, determinantes e impacto territorial. Centre d’Estudis Demogràfics (CED). Universitat Autònoma de Barcelona. Bellaterra, Barcelona. - Raymond, J. (2001). Guía para el nuevo Protocolo de Naciones Unidas sobre el Tráfico de Personas. Coalición contra el Tráfico de Mujeres. Estados Unidos. - Real Academia Española: Dicionario da lingua española, 23ª ed. Dispoñible en: https://dle.rae.es. Consultado a 18/2/2021. - Redruello, M. (2016). Aproximación crítica a las ocupaciones de personas refugiadas en España: Proxecto de investigación como contribución a desafíos sociais, pp. 58. - Rodríguez (2008). Xénero e migracións. Dentro de Cid et al. (2008). Migracións na Galicia contemporánea. Desafíos para a sociedade actual, pp. 193-209. - Shurmer-Smith (2002). Doing Cultural Geography. Sage Publications. Thousand Oaks, Nueva Delhi.
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 51 8. Anexos Anexo I. Distribución por sexos de inmigrantes na U.E. en 2006. Fonte: Herm (2008) dentro de Eurostat (2008: 5). Anexo II. Distribución por sexos de inmigrantes na U.E. en 2018. Fonte: Eurostat (2019: 3).
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 52 Anexo III. Número de mulleres que chegaron á Unión Europea dende América Latina. Persoas que chegaron á Unión Europea por subrexión de orixe de América Latina e o Caribe, segundo o xénero (1998-2012) Orixe Fluxo de inmigrantes totais Mulleres Porcentaxe de mulleres respecto ao fluxo total América Central 219.773 134.581 61 % Caribe 194.367 330.510 59 % América do Sur 1.539.241 2.801.635 55 % Total ALC 308.145 555.023 56% Fonte: Palacios (2016: 156). Anexo IV. Distribución da poboación estranxeira en España por sexo e nacionalidade. Homes Mulleres 1998 2010 2020 1998 2010 2020 Costa Rica 148 864 1.478 207 1.061 1.939 Cuba 4.434 24.766 29.788 5.920 30.188 34.846 Dominica 167 288 226 407 457 314 El Salvador 273 2.427 9.240 631 3.598 12.338 Guatemala 141 1.695 2.837 311 2.373 4.299 Honduras 272 8.475 35.422 613 18.888 86.541 Nicaragua 211 3.253 16.699 341 8.937 40.831 Panamá 218 1.001 1.223 280 1.330 1.773 R. Dominicana 3.939 38.827 34.385 12.749 52.385 40.876 México 1.590 10.708 11.030 2.482 14.741 17.792 Arxentina 9.205 65.507 43.235 10.110 66.742 45.794 Bolivia 546 90.948 41.488 703 122.221 51.142 Brasil 2.158 44.282 36.210 4.551 73.526 62.445 Chile 2.877 22.050 13.306 3.672 22.520 14.847 Colombia 3.218 130.831 121.782 6.779 161.810 151.268 Ecuador 1.626 197.775 70.892 2.346 201.811 60.027 Paraguai 187 28.269 27.775 407 57.418 59.270 Perú 7.712 69.087 47.288 12.045 71.095 59.424 Uruguai 2.091 23.329 13.798 2.361 23.536 14.368 Venezuela 4.038 25.178 81.165 4.948 35.221 107.945 Fonte: INE. Elaboración propia.
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 53 Anexo V. Fluxo de homes inmigrantes procedentes de América Latina cara España segundo rangos de idade en 2019. Fonte: INE. Elaboración propia. Anexo VI. Número de estranxeiros orixinarios de América Latina, por provincia e sexo no 2020. Provincia Homes Mulleres Albacete 2.797 3.633 Alicante 26.308 31.633 Almería 6.589 7.649 Álava 4.129 5.647 Asturias 7.277 11.259 Ávila 1.443 1.867 Badajoz 1.931 3.994 Islas Baleares 26.223 30.426 Barcelona 118.066 156.918 Bizkaia 14.569 23.568 Burgos 3.091 4.590 Cáceres 1.224 2.043 Cádiz 3.950 6.717 Cantabria 5.800 8.689 Castellón 5.203 7.323 Ciudad Real 3.391 4.237 Córdoba 2.204 4.383
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 54 A Coruña 8.845 12.915 Cuenca 1.620 2.428 Gipuzkoa 8.765 14.350 Girona 14.332 20.458 Granada 5.738 8.045 Guadalajara 3.848 4.932 Huelva 1.577 2.567 Huesca 2.019 3.134 Jaén 1.272 2.235 León 2.552 3.967 Lleida 4.238 5.548 Lugo 2.522 3.831 Madrid 163.795 217.929 Málaga 17.994 26.435 Murcia 25.120 29.215 Navarra 9.060 12.065 Ourense 2.309 4.087 Palencia 901 1.411 Las Palmas 16.188 20.084 Pontevedra 6.735 10.626 La Rioja 3.421 4.836 Salamanca 2.343 3.554 Santa Cruz de Tenerife 16.722 21.093 Segovia 1.705 2.524 Sevilla 10.453 16.732 Soria 1.127 1.442 Tarragona 10.866 14.621 Teruel 810 1.130 Toledo 8.700 11.521 Valencia 33.678 45.520 Valladolid 3.133 4.437 Zamora 631 1.001 Zaragoza 12.516 19.159 Ceuta 30 83 Melilla 76 114 Fonte: INE. Elaboración propia.
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 55 Anexo VII. Distribución por sexos dos ocupados por sector económico no ano 2020 en España. Ocupados por sector económico con nacionalidade latinoamericana no 2020 (%) Sector Económico Homes Mulleres Agricultura 2,45 0,46 Industria 4,51 1,64 Construción 6,18 0,2 Servicios 21,39 38,11 Fonte: INE. Elaboración propia. Anexo VIII. Inmigrantes venezolanos en España segundo nacionalidade (1998-2020) Fonte: IGE. Elaboración propia.
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia. 56 Anexo IX. Número de mulleres venezolanas segundo nacionalidade en España (1998-2020). Fonte: IGE. Elaboración propia. Anexo X. Número de inmigrantes venezolanos segundo lugar de procedencia por comunidades autónomas españolas (2019). Comunidade autónoma Homes Mulleres Albacete 99 145 Alicante 2.054 2.808 Almería 298 465 Álava 304 371 Asturias 816 1.183 Ávila 93 133 Badajoz 104 170 Islas Baleares 1.048 1.369 Barcelona 8.444 11.221 Bizkaia 1.175 1.401 Burgos 215 285 Cáceres 80 94 Cádiz 316 489 Cantabria 488 697 Castellón 446 646 Córdoba 197 309 A Coruña 1.653 2.374