Notas a pé de páxina
Full text
27 26 EVOHÉ Antía quere crear o Golem con pinceladas do seu saber despois de descubrir o Nome, tan buscado e por poucos descuberto, que dá vida e te introduce nese universo temporal onde o reloxo de Cortázar nos mantén presos ata o momento do adeus. Recorda a Valente cando lle falan do adeus final. El escribiu sobre a dona silenciosa que escoita os plans de hoxe e os desexos que non chegarán a cumprirse. Entón agóchase dentro de si e mira no corazón: quixo, quere e quererá, pero a que custo. Nunca poderá abarcalo todo nin entender por que el non a apoia. Descúlpase cos deuses por ambiciosa, pero o mundo merece ser contado e el debería lela. Volve á realidade. Deixa de razoar. Mira máis alá da pluma que aferra entre as mans e non ve nada en particular. Todo está escuro. É noite, noite pecha sen estrelas e sen lúa, puro negro no marco da ventá. Sente voces que a chaman a berros dentro da súa cabeza, pero procura ignoralas do mesmo xeito que ignora a luz trémula da candea; non obstante, cúrvanselle os beizos con desgusto e frústrase ante o silencio da súa creatividade despois de tanto pensar. Dóenlle as costas e, aínda así, non se atreve a erguerse; mantense firme no seu posto, moi queda cos cóbados sobre a madeira, xemendo sons imaxinarios e crendo que é hora de repetir esas palabras que tantas veces ten pensando, pero que non tivo o valor de pór por escrito. Xírase cara ó leito e observa o esquecemento de Cernuda deslizarse pícaro entre as sabas, tan preto, buscando onde habitar. Pero el non está aí. Ela perde os nervios e chanta sobre o papel toda a súa rabia contida facendo raias sen sentido, sentíndose completamente baleira. Nas paredes, a esmorga faille mofa a través de monstros do báratro que se rin sen piedade. Enchen a estancia de lume e quéimanlle a pel descuberta que asoma baixo a blusa de lino. Recórdanlle que non é ninguén e que non sabe o que é vivir. Detense un intre. Esnaquiza o papel e deixa caer os anacos no chan. Fai como quen non sente os índices dos espectros sinalándoa. Redacta, por fin, a carta número dezanove coas bágoas esvarándolle polas meixelas. É un novo compendio de palabras con boa parte do seu sentir: fálalle dos seus soños e ilusións, dos desexos sen cumprir e da súa morriña. Quere facerlle chegar un pouco de todas aquelas emocións que, durante dezanove anos, foron xurdindo no seu interior, o que nunca compartiu con ninguén. Desexa facelo partícipe dela, que se convertan nunha mesma persoa cando menos por un momento. Garda a carta nun sobre sen pechar en cuxo anverso escribe, con mans inquedas, o nome do destinatario. Asina na beira con letra pequena. Déixao na mesa da cociña e recolle a pequena maleta que agarda sobre a moqueta xunto daqueles anacos de papel que albergan a súa rabia. Ó pouco, sae do fogar. Non leva chaves. Non pensa volver. Brais chega unhas horas máis tarde con recendo a viño e, na sucia estancia, mira o sobre con ollos impasibles. Cólleo e gárdao na última gabeta da mesiña de noite dun dormitorio coa cama desfeita e a almofada raída, coas outras dezaoito cartas que ata entón ela lle escribiu. Todas están pechadas, amarelentas pola humidade e o paso dos anos. Igual que as paredes e as súas vidas. Marcha ver a televisión sen tan sequera volver a mirada atrás. Non vai abrir a carta. Nunca, en dezaoito anos, leu ningunha das cartas que ela lle deu con agarimo. Nin sequera leu a última delas, a dezanove, quizais por medo a confirmar o motivo do seu abandono ou quizais porque, como en tantas outras ocasións, non lle importa a resposta. Brais sábeo: sempre foron entes separados, pero quixeron enfrontarse desarmados contra o indestrutible e non souberon apoiarse. Había unha barreira invisible que lles impedía respirarse, tocarse e amarse no sentido máis profundo e indescifrable do termo "amar". Debían dicir adeus, quizais non o definitivo, pero un adeus a fin de contas. E fican por sempre separados, sen amor, vítimas da súa individualidade e cada un suxeito a un reloxo distinto. NOTAS A PÉ DE PÁXINA - María Sandra López FernándezAl final del pasillo rojo, bailes de carnaval, pinturas en las letras galegas, carreras que dibujaban la estela -arena mágicadel patio en el suelo alegre, claro, hasta la pajarera y las tortugas, y más allá… Agachados a la sombra de los árboles de la morera, y recoger las hojas para gusanos de seda -¡serían mariposas!- con el showman, siempre, mientras corría el invierno, y la rueda de alimentos en primavera… Hasta que luego, sin saber cómo, llegaban los primeros olores del verano a las ventanas abiertas de risas y mar; viento intenso del cerezo en flor revolviendo corazones jóvenes en los tibios rincones de la escuela. *** Amparada en la noche de tu abrazo, donde desaparecen los miedos y los sueños se hacen realidad, me siento una estrella infinita fundida en el universo oscuro. Hogar al amparo de los largos prados hasta el mar, ilumina el camino de la amistad profunda, los bailes, las palabras, conversaciones y guitarras a la aventura… ilumina la estrella constante, inagotable, de la luz interna, y que lo cierto de la vida y el corazón permanezca brillante entre todas las sombras, entre cada ola del temporal y de la calma. *** Runas antiguas en los márgenes de la luna gritan sin voz las palabras de Simónides, el inventor de la memoria. Cuántos fuegos ardiendo en la historia. Cuántas manos tendidas al cielo. Cuánta cultura perdida por los resquicios del [pasado que nunca volverá, porque se ha ido, pero que, de alguna manera, permanece en los corazones que viven, todavía, conectados a las raíces hondas que se hunden en los muertos remotos de la humanidad. CUATRO POEMAS - Zula -