scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Fallos de mercado: Asimetrías de información nos mercados de seguros sanitarios

Martínez Sedano, Alejandro

Abstract

Neste traballo amoso como se estudaron as asimetrías de información que afectan os mercados de seguros, cal foi o resultado de contrastar estas hipóteses coa evidencia empírica, especialmente no caso dos seguros médicos, e cales son as principais medidas que se aplican polas autoridades á hora de intervir nos mercados de seguros sanitarios. Como conclusión, sublíñanse algunhas das eivas atopadas nos diferentes apartados estudados e o moito que aínda queda por avanzar no estudo destes mercados.

Full text

Xuño 2017 Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en Economía Fallos de mercado: Asimetrías de información nos mercados de seguros sanitarios Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Traballo de fin de grao Alejandro Martínez Sedano 2 Resumo Neste traballo amoso como se estudaron as asimetrías de información que afectan os mercados de seguros, cal foi o resultado de contrastar estas hipóteses coa evidencia empírica, especialmente no caso dos seguros médicos, e cales son as principais medidas que se aplican polas autoridades á hora de intervir nos mercados de seguros sanitarios. Como conclusión, sublíñanse algunhas das eivas atopadas nos diferentes apartados estudados e o moito que aínda queda por avanzar no estudo destes mercados. Palabras: 9.005 Fallos de mercado: Asimetrías de información nos mercados de seguros sanitarios 2 Índice Resumo .................................................................................................................... 2 Índice ....................................................................................................................... 2 Índice de táboas, gráficos ou figuras ......................................................................... 4 Introdución .............................................................................................................. 5 Desenvolvemento do traballo ................................................................................... 6 1 O modelo .......................................................................................................... 6 1.1 Un modelo xeral de cribado nos mercados de seguros ................................. 7 1.2 Casos particulares .......................................................................................... 9 1.2.1 O modelo de Rotschild e Stiglitz(1976) como un modelo de cribado a través de copago .................................................................................................. 9 1.2.2 O modelo Rotschild e Stiglitz(1976) con varias continxencias ............ 10 1.2.3 O modelo de Rotschild e Stiglitz(1976) con preferencias media-varianza 11 1.3 Os mercados de seguros con cribado a través de sinais: o equilibrio de Rotschild e Stiglitz (1976) ........................................................................................ 12 1.3.1 Existencia e ineficiencia asignativa do equilibrio de Rotschild e Stiglitz(1976) ....................................................................................................... 16 2 A evidencia empírica .................................................................................... 17 3 Mecanismos de intervención ....................................................................... 21 3.1 Regulación de cobertura mínima obrigatoria .............................................. 21 3.2 Contrato de póliza obrigatorio ..................................................................... 22 Fallos de mercado: Asimetrías de información nos mercados de seguros sanitarios 3 3.3 Community-rating ........................................................................................ 23 3.4 Axustes de risco ............................................................................................ 25 4 Sinalización mediante exames médicos ................................................... 26 Conclusións e ampliación ........................................................................................ 29 Bibliografía ............................................................................................................. 30 Fallos de mercado: Asimetrías de información nos mercados de seguros sanitarios 4 Índice de táboas, gráficos ou figuras Figura 1 .................................................................................................................... 9 Figura 2 .................................................................................................................. 13 Figura 3 .................................................................................................................. 14 Figura 4 .................................................................................................................. 16 Figura 5 .................................................................................................................. 19 Figura 6 .................................................................................................................. 23 Figura 7 .................................................................................................................. 24 Figura 8 .................................................................................................................. 27 Figura 9 .................................................................................................................. 28 Fallos de mercado: Asimetrías de información nos mercados de seguros sanitarios 5 Introdución A información asimétrica é, probablemente, a principal causa da aparición dos chamados fallos de mercado, un concepto acuñado por Francis Bator (1948) para referirse a situacións nas que os mercados libres poden dar lugar a asignacións ineficientes no sentido de Pareto. Myerson, no seu discurso Nobel do 2007, destaca que a economía ten ampliado o seu campo de estudo nas últimas décadas, con ferramentas como o deseño de mecanismos e outras areas da teoría de xogos, para intentar explicar como os incentivos condicionan as decisións das persoas, e intentar dar resposta así a estes problemas. Neste traballo centrareime en analizar como inciden as asimetrías de información nos mercados de seguros sanitarios. A principal referencia no eido das asimetrías de información nos mercados de seguros e o artigo de artigo de Michael Rotschild e Joseph Stiglitz, titulado Equilibrium in competitive Insurance Markets. An essay on the economics of imperfect Information, publicado en 1976 no Quaterly Journal of Economics, e polo tanto empregarei as súas conclusión como referencia para o estudo deste mercado. Aínda así, estas conclusións serán expresadas mediante un modelo máis xeral, que seguindo as suxestións de Kreps (1995) ou Más Colell et al. (1995), adapte o modelo a un modelo de sinalización no mercado de traballo de Spence (1973), o que pode facilitar a compresión do problema. A continuación, amoso cal ten sido o resultado de contrastar as súas hipóteses coa evidencia empírica, e cales teñen sido os principais problemas e eivas que se teñen atopado. No seguinte apartado analizo os principais mecanismos que se empregan polas autoridades, co fin de regular estes mercados, e o afán de acadar asignacións máis equitativas na sociedade. Por último, amoso como funcionaria a sinalización mediante un exame medico na sociedade. Fallos de mercado: Asimetrías de información nos mercados de seguros sanitarios 6 Desenvolvemento do traballo 1 O modelo Os seguros xorden como resposta a presenza de distintas continxencias futuras que poden provocar perdas de renda aos individuos. Se estes son adversos ao risco, estarán dispostos a sacrificar parte das súas renda para reducir o risco asociado a ditas continxencias, aínda que iso supoña diminuír as súas rendas esperadas. Fronte a esta situación aparecen empresas, que ven una oportunidade de negocio e cobrándolles una prima comprométense a compensarlles no caso de que estes sufran perdas. Como as empresas aseguran a moitos consumidores, os seus lucros van coincidir, aproximadamente, co total das primas recadadas menos o total das perdas esperadas polos asegurados. En Rotschild e Stiglitz(1976), os autores, pregúntanse como funcionaría un mercado de seguros no contexto dun modelo abstracto no que so existiran dúas continxencias (unha na que a renda dos individuos permanece constante, e outra na que se produce unha perda observable e igual para todos os individuos), e varios grupos de individuos coa mesma renda inicial e preferencias sobre rendas monetarias recibidas con certeza, diferenciados unicamente na probabilidade de sufrir a continxencia que da orixe ao contrato. Ademais, a información sobre o seu risco é privada para cada individuo. No artigo, chegan a conclusión de que o único equilibrio posible, nun mercado de competencia perfecta entre empresas aseguradoras, é un no que tan só os individuos de máis risco remataran por asegurarse completamente. Aqueles individuos de menor risco só terán cobertura parcial (que non os protexerá totalmente da perda), pero contarán tamén con ter que pagar unha prima menor que os de maior risco. Un seguro completo ao prezo que estiveran dispostos a pagar os individuos, e no que a empresa non tivera información sobre o risco de cada individuo, só sería preferido polos de maior risco. Desta forma ofrecendo un menú de contratos con cobertura total e primas Fallos de mercado: Asimetrías de información nos mercados de seguros sanitarios 7 caras, e cobertura parcial e primas baratas as empresas poden discriminar cal é o risco dos consumidores. Porén, un contrato para o que a prima que maximiza os lucros estea pensada para un cliente dun risco concreto non pode atraer a clientes de un risco maior, tendo que ser estes contratos de cobertura parcial máis custosos para os individuos de maior risco, logrando así unha sinalización a través da escolla do grao de cobertura ou mediante copagos. Porén, este modelo presenta algunhas limitacións, xa que require que nos mercados de seguros se estea a cubrir aos usuarios fronte a continxencias que producen perdas de renda observábeis, e que as aseguradoras poidan condicionar os contratos que ofrecen aos seus clientes a súa renda ou, de xeito máis xeral, a todas aquelas características dos mesmos que sexan observábeis e que podan influír no seu comportamento fronte ao risco, xa que o modelo supón que a renda inicial dos asegurados é observable e homoxénea. Aínda que moitos seguros cobren contra continxencias observables (como aqueles que contan cun servizo sanitario propio ao que remiten o asegurado, ou aqueles que ofrecen un reembolso dos gastos), as continxencias asociadas a algúns seguros producen perdas de renda inobservábeis. Ademais, as compañías poden atopar dificultades para condicionar os contratos que ofrecen ás rendas dos seus clientes, en parte porque a renda tampouco é perfectamente observable. Nestes casos, as compañías só poden obter información sobre a renda mediante mecanismos de cribado semellantes aos que utilizan para pescudar os riscos asociados a cada contrato de seguro. Así, para estender a análise de Rotschild e Stiglitz, compre partir dun modelo máis xeral, que expoño a continuación. Seguindo as suxestións de Kreps (1995) ou Más Colell et al. (1995) o modelo adapta o modelo de sinalización no mercado de traballo de Spence (1973), a un contexto de cribado no mercado de seguros a través de sinais, como os seguros con copago ou outro tipo de cobertura parcial. Dita adaptación permite o estudo dos mercados de seguros en contornas nas que as preferencias e os lucros que obteñen os axentes por un contrato de seguros como funcións de dúas variábeis: unha variable de renda e un sinal, como por exemplo un copago. 1.1 Un modelo xeral de cribado nos mercados de seguros O modelo pódese ver como unha forma reducida dunha clase xeral de modelos, que inclúe o modelo de Rotschild e Stiglitz(1976) como caso particular. Os elementos que definen o mercado de seguros son: 1. Un conxunto indeterminado de individuos, que neste traballo veremos como demandantes de seguros, cada un deles identificado por una característica, ou tipo, . A probabilidade de que un individuo escollido ao azar teña a característica se denotará por ; de xeito que Para cada , a característica determina as preferencias dos individuos con dita característica sobre os distintos contratos de seguros que as compañías lles poden ofrecer. Os contratos de seguros a disposición das compañías se representan por pares ), onde representa unha medida -coñecida por todosda renda que un individuo pode obter Fallos de mercado: Asimetrías de información nos mercados de seguros sanitarios 8 co contrato e representa a cantidade que o individuo adquire dun sinal. Na maioría das especificacións do modelo, é a renda monetaria máxima que un individuo obtén tras firmar un contrato, é dicir, a renda da que pode dispoñer o beneficiario despois de pagar a prima, se non se produce ningunha das continxencias cubertas polo contrato de seguros. Porén, en outras especificacións, pode ser a renda esperada por un individuo ao asinar o contrato ou tamén a compensación que recibiría un individuo se asina o contrato e acontece a continxencia que da orixe ao mesmo. En canto ao sinal, pode representar, nun contexto en que o valor monetario das perdas é observable, a porción das perdas que o asegurado comprometese a asumir, de xeito que a compañía só asegura unha porción das mesmas. Tipicamente, supoñeremos que as preferencias dun individuo de características representadas por representanse por unha función de utilidade diferenciable, crecente en ; decrecente en e quase-cóncava. O feito de que sexa decrecente en implica que emitir sinais é custoso para os individuos. Podemos supoñer, ademais, que en caso de non asinar un contrato, un individuo de característica ten acceso a un contrato que lle proporciona un par 2. Un conxunto indeterminado de empresas idénticas, que veremos como oferentes de seguros. Tipicamente, asumiremos que as empresas son neutrais ante o risco e tentan maximizar os seus lucros esperados. Por último, os lucros esperados que obtén unha empresa se asina un contrato de seguro cun individuo de tipo pódense representar por unha función decrecente de . Os supostos realizados sobre as preferencias implican que, se representamos unha curva de indiferenza en , esta define implicitamente a como unha función crecente e convexa de . Na maioría dos casos particulares que estudemos en adiante asumirase, ademais, que para calquera tales que se verifica que: A relación marxinal de substitución entre e en calquera punto representa a cantidade de renda adicional que compensaría ao individuo por ter que aumentar nunha cantidade arbitrariamente pequena o investimento en sinais. Así, se a característica se pode interpretar como un índice de risco, como acontece no modelo de Rotschild e Stiglitz (1976), a condición (1) significa que a emisión de sinais é menos custosa para os individuos de menor risco. Esta propiedade, moi habitual nos modelos con información asimétrica e introducida por primeira vez por Spence (1973), é coñecida como a Propiedade da Intersección Única e implica que as curvas de indiferenza de dous individuos de características diferentes córtanse unha soa vez, Fallos de mercado: Asimetrías de información nos mercados de seguros sanitarios 15 menú de contratos constitúe un equilibrio separador, no sentido de Rotschild e Stiglitz(1976), se: i) para todo o contrato é preferido por todos os individuos de tipo a calquera outro contrato do conxunto , isto e ii) para todo , os lucros que obteñen as empresas se todos os individuos de tipo escollen o contrato é nulo, isto é , iii) Non pode crearse ningún contrato adicional que, engadido aos incluídos en poida resultar estritamente preferido por un subconxunto de individuos aos contratos incluídos en e , de ser aceptado por estes individuos,proporcionar ucros positivos a empresa que ofrecera tal contrato.Isto e , non existe un contrato e un subconxunto que verifiquen : Na Figura 4 vemos o resultado do equilibrio de Rotschild e Stiglitz(1976) (de novo, para dúas características), no que os individuos de alto risco terán o mesmo contrato que terían con información completa. Porén, os de baixo risco se lles esixe, para poder aspirar a un contrato que lles beneficia, adquirir a cantidade de sinais mínimo para disuadir aos de alto risco de asinar ese contrato. Fallos de mercado: Asimetrías de información nos mercados de seguros sanitarios 16 Figura 4 1.3.1 Existencia e ineficiencia asignativa do equilibrio de Rotschild e Stiglitz(1976) Para que exista o equilibrio, no sentido de Rotschild e Stiglitz (1976), é necesario que o contrato sexa preferido a un contrato agrupador polos individuos de baixo risco. Doutra forma, se a curva de indiferenza dos individuos de baixo risco, , cortara a recta (para a cal , é dicir, a que identifica todos aqueles contratos que, de ser subscritos por todos os individuos, darían ás empresas uns lucros esperados nulos), algunha empresa podería obter lucros positivos ofrecendo un contrato agrupador (por exemplo o contrato par o que ). A análise da existencia do equilibro no modelo de Rotschild e Stiglitz (1976) ten orixinado unha abundante e complexa literatura. Todos os traballos incluídos nesta literatura ofrecen unha redefinición da noción de equilibrio de Rotschild e Stiglitz (1976) que, tipicamente, esta sempre ben definida (é dicir, o equilibrio sempre existe) e coincide co equilibrio Rotschild e Stiglitz (1976) cando o último tamén existe. Pódese dicir que o equilibrio de Rotschild e Stiglitz(1976) ten como resultado unha asignación ineficiente dos recursos, xa que, se todos os individuos revelaran a súa información privada, tanto eles como as empresas e os individuos de baixo risco estarían mellor dende o punto de vista do seu benestar subxectivo, xa que os últimos poderían obter un seguro completo. Porén, iso non significa que un mecanismo regulador poda atinxir a eficiencia sen afectar aos dereitos individuais, é dicir, deixando a todos os individuos mellor, dende o punto de vista do seu benestar, mellor do que están nunha situación de equilibrio no Fallos de mercado: Asimetrías de información nos mercados de seguros sanitarios 17 sentido de Rotschild e Stiglitz (1976). De feito, o equilibrio Rotschild e Stiglitz (1976) pode caracterizarse como un mecanismo de asignación eficiente con restricións de información 3 . Este resultado quere dicir que, se avaliamos os procedementos para asignar recursos antes de que se revele información privada, e nos restrinximos a aqueles procedementos que dean aos individuos incentivos para revelar a súa información privada, entón non resulta posible atinxir unha mellora unánime no benestar de todos os axentes involucrados no problema. 2 A evidencia empírica Como casan as conclusións do modelo coa evidencia empírica? Na maioría dos casos os contrastes econométricos que se realizan relacionan a cantidade de cobertura contratada polo individuo coa incidencia de problemas que ocasionen o pago da compensación polo seguro, predicindo que se o mercado funciona de forma parecida a como funciona no modelo, aqueles individuos que demanden máis cobertura serán os que rexistren maiores taxas de demandas de compensación, é dicir, aqueles cun maior nivel de risco van contratar máis seguro. Un contraste que valide as hipóteses do modelo require pois dunha correlación positiva entre nivel de cobertura e demandas de compensación para os individuos. Existe numerosa literatura con test empíricos sobre o modelo, e casos moi diferentes dependendo do mercado o que nos refiramos. Por exemplo, no mercado de seguros de coche existe un consenso en torno a non correlación, inda que tamén existen artigos que a negan Cohen (2005). O mercado de seguros sanitarios prestase a ser especialmente controvertido, onde diversos autores falan de correlación negativa, positiva ou inexistente. Cutler e Zeckhauser(1999) ofrece unha revisión de máis de 30 estudos empíricos, nos que si ben a maioría si que acreditan na existencia de correlación positiva, existen outros que a negan. Porén, actualmente existe literatura relacionada cos mercados de seguros sanitarios que confronta cá visión de Rothschild e Stiglitz (1976), e defende a existencia dunha correlación negativa entre nivel de cobertura e incidencia de problemas que ocasionan unha demanda de compensación, intentando explicar a mesma mediante a hipótese de que aqueles individuos cun menor risco son os que presentan unha maior aversión o risco. A información privada desta forma tería múltiples dimensións e non estaría vinculada tan só á probabilidade do accidente, sendo tamén importante a información sobre a aversión ao risco, o que condiciona cal será a elección final de cada grupo de individuos. Finkelstein e McGarry (2004), tomando como referencia artigos que amosan como as persoas que mercan máis seguro de vida rematan por vivir máis anos que a media da poboación, estuda este fenómeno no mercado de “Long-term care insurance”, que se ven non é estritamente un seguro medico, xa que se basea en axudas para as persoas de idade avanzada que rematan por precisar asistencia na súa vida diaria, está relacionado co empeoramento das condicións da saúde dunha persoa. Como medida 3 Véxase, por exemplo, Mas-Collel et al. (1995) Fallos de mercado: Asimetrías de información nos mercados de seguros sanitarios 18 da información privada sobre o estado de saúde dos individuos no futuro emprega unha enquisa das crenzas das persoas sobre a súa necesidade futura deste tipo de coidados, realizada por unha axencia sanitaria estadounidense. Aínda sendo consciente da posible subxectividade das respostas, e de que estas non recollan toda a información dos individuos, tomase como unha boa aproximación. Tras realizar unha regresión entre a información desta enquisa e as demandas de compensación ao seguro, atopa unha relación estatisticamente significativa e positiva entre ambas variables polo que conclúe que si existe información dos individuos sobre o seu estadio futuro, xa que as crenzas sobre un peor estado futuro realizadas no pasado, confírmanse no presente nunhas maiores taxas de demandas de compensación o seguro. A continuación, empregando datos dunha aseguradora, atopa que a correlación entre demandas de compensación ao seguro e nivel de cobertura é negativa e estatisticamente significativa, feito que confronta directamente coas predicións de Rothschild e Stiglitz (1976). O dividir a poboación estudada en cuartís segundo a súa riqueza observa que maiores niveis de riqueza correspóndense con maiores niveis de aseguramento, o mesmo tempo que tamén menores taxas de demandas de compensacións. Esta relación entre riqueza e nivel de cobertura podería explicar porque o 80% das persoas sen seguro medico son persoas de moi baixos ingresos, aínda que tamén pode ter que ver con restricións de crédito ou con inconsistencias intertemporais destes individuos cando a súa renda e moi baixa (Gruber (2008)). Ademais empregando variables como o uso do cinto de seguridade, afirmase que as persoas máis precavidas son as que menos demandas de compensación xeran, e ao mesmo tempo, que son as que máis contratos de seguro mercan. Desta forma conclúe que ten que existir unha relación inversa entre nivel de risco (taxas de demandas de compensación) e aversión ao mesmo que ten que explicar esta correlación negativa contraria o previsto. Fang, Keane e Silverman (2008) estuda o caso dos seguros Medigap, un seguro complementario ao programa de sanidade gratuíta para maiores de 65 nos EEUU. Observando a relación entre gastos médicos causados polos individuos ás aseguradoras, e a contratación de Medigap, o artigo chega a conclusión de que os individuos con Medigap teñen de media 4000$ menos de gasto sanitario que os que carecen dos contratos, sendo esta relación moito máis forte no caso das mulleres, presentando unha vez máis unha correlación negativa entre cobertura e risco acontecido (estando o risco acontecido representado esta vez polo total de gasto médico por individuo, en lugar das taxas de demandas de compensación), contraria ás predicións de Rothschild e Stiglitz (1976). Contra a explicación usual de relación negativa entre risco e aversión, o artigo propón como variable fundamental que explique isto a capacidade cognitiva das persoas, xa que pode ser que as persoas con baixas capacidades ou poucos estudos non logran rematar de entender os beneficios do programa, fronte os custos de non contratar, ou por outra banda non son hábiles para buscar un plan do menor custo posible para os seus requirimentos. Neste apartado concreto cabe dicir que, de ser a capacidade cognitiva o motivo da “selección vantaxosa”, debería ser menor nos lugares con poucas compañías, xa que existen menos planes de seguros a comparar e polo tanto menos incidencia dunha Fallos de mercado: Asimetrías de información nos mercados de seguros sanitarios 19 maior capacidade cognitiva, e a evidencia reflectida no propio artigo contradi isto, presentando que nos lugares con menor número de compañías a correlación negativa é tan ou máis grande incluso que nos lugares con moitas compañías. No mercado de seguros sanitarios complementario a sanidade publica básica en Australia, Doiron, Jones e Savage (2008) tamén aprecia un fenómeno similar ao anteriormente exposto. Os maiores niveles de ingresos e de estudos levan asociados unha maior contratación de seguros e unha menor incidencia de demandas de compensación, e as persoas que toman máis riscos son as que rematan por ter unha peor saúde e menores niveis de cobertura. A conclusión destes artigos traería consigo pensar que, no contexto do modelo con 2 tipos de individuos que difiren no risco, os individuos con menor risco, os tipo , son os máis adversos o risco, co que a condición (1) xa non e aplicable, e agora o que acontece no modelo e que: Agora a pendente da curva de indiferenza dos individuos de baixo risco vai ser maior, xa que ao ser moito máis adversos o risco cústalles moito máis emitir unha sinal que consista en reducir a súa cobertura, polo que xa non existirá a Propiedade da Intersección Única. Neste caso si que tería sentido que existirá un contrato único para todos os individuos cunha única prima, xa que non existe ningún outro contrato que poida ser ofrecido polas compañías e sexa preferido por ningún individuo. Na Figura 5 pode verse o resultado: Figura 5 Fallos de mercado: Asimetrías de información nos mercados de seguros sanitarios 20 Agora, teoricamente, os individuos de baixo risco van escoller sempre o aseguramento completo, e nunca preferirán un contrato que lles ofreza unha menor cobertura, polo gran custo que lles supón esta sinalización, e os de alto risco continuaran preferindo cobertura total, polo tanto é de esperar que converxan nun contrato unificador situado na recta que terá unha prima . Porén, esta conclusión choca tamén de fronte cos resultados que presentan os artigos anteriores, xa que afirman que existe menor cobertura para os de baixo risco, polo que o modelo de Rothschild e Stiglitz (1976) pode non ser unha boa explicación de como funciona o mercado. Unha cuestión importante a comentar é que os contrastes econométricos atópanse con moitos problemas a hora de verificar ou rexeitar as hipóteses de Rothschild e Stiglitz (1976). Un dos máis importantes é que, como estase a contrastar nivel de cobertura con demandas de compensación, todos aqueles problemas que non xeran unha demanda de compensación quedan fora das estimacións (Chiappori e Salanie (2013)). Desta forma se unha persoa considera que os custos administrativos de efectuar a reclamación son moi elevados en comparación coa compensación, pode escoller non reclamar se a compensación é o suficientemente baixa. Por outra banda na maioría dos seguros existe un mecanismo chamado “deducible do seguro”, que implica que o seguro só fará fronte aos problemas que ocasionen un gasto maior a cantidade fixada no mesmo, e tódolos pequenos accidentes que se poidan producir e non chegan ao custe do deducible non xeran reclamación, quedando así fora das estimacións. O traballo cos seguros médicos tamén presenta un problema engadido na recompilación de datos. Moitos países teñen sistemas de sanidade universal gratuíta, co que elimínanse gran parte dos mercados de seguros sanitarios posibles. Por outra banda, naqueles países onde o mercado sanitario é privado, acontece que a maioría dos seguros non son negociados entre os individuos e as aseguradoras directamente, se non que son proporcionados como parte do contrato estandarizado polo empregador dos individuos (no caso dos EEUU este é a situación do 90% da poboación asegurada). Isto acontece así por dous motivos: primeiro, as empresas teñen interese en ofrecer estas pólizas xa que o gasto das mesmas pode ser deducido dos seus impostos (os estados utilizan esta medida para incentivar un nivel de aseguramento máis alto); segundo, as aseguradoras prefiren negociar con empresas fronte os individuos como consecuencia de que desta forma enfróntanse a unha boa bolsa de risco, compensado o risco entre tódolos membros do contrato, e teñen a seguridade de que non están firmando un contrato cunha persoa xa enferma ou que sabe que o estará nun prazo breve (Gruber (2008)). Ademais este tipo de contratos reducen os custos administrativos. Debido ao anterior a maioría dos contrastes econométricos téñense que efectuar en mercados de seguros complementarios aos ofrecidos polas empresas ou sistemas públicos de sanidade, como é o caso de dous dos estudos antes comentados. Tamén existe unha grave problemática coa especificación e a forma funcional escollida para o contraste econométrico, xa que algúns artigos recollen que cando non se ten coidado coa mesma, en ocasións aparecen relación espúrias que dan como boa Fallos de mercado: Asimetrías de información nos mercados de seguros sanitarios 21 a relación entre nivel de cobertura e nivel de demandas de compensación o seguro (Chiappori e Salanie (2000) Finkelstein e McGarry (2004)). 3 Mecanismos de intervención Antes de comezar cabe dicir que a maioría de mecanismos de intervención que se teñen empregado nos mercados de seguros sanitarios nunca tiveron a intención de acadar unha asignación máis eficiente, se non que sempre foron na procura de asignacións máis equitativas para a sociedade, empregando esta información asimétrica como fonte de redistribución. Os problemas de información son pois afondados por estas regulacións na maioría dos casos, que se realizan xa sexa por motivos como evitar externalidade (pandemias, unha forza laboral nun estado de saúde malo) ou por simples motivos paternalistas. 3.1 Regulación de cobertura mínima obrigatoria Este tipo de regulación establece uns mínimos de condicións obrigatorias para todos os contratos que se asinen, e en McFadden, Noton e Olivella(2012) atopamos unha análise exhaustivo da mesma. Coa mesma créanse unha serie de contratos estandarizados, que fixan un mínimo de cobertura, uns procedementos, uns provedores e un mínimo de persoas que se adhiren a póliza (isto está pensado porque normalmente os contratos son concertados para familias). Unha das conclusións máis importantes que extrae o artigo do estudo do modelo de Rothschild e Stiglitz (1976) é que a capacidade da empresa para diferenciar entre individuos de diferente risco reside en que, ao ter menor cobertura (mediante copagos, menor cobertura de enfermidades e lesións ou deducibles altas) os individuos de baixo risco estanse sinalizando como de baixo risco fronte a empresa, permitindo que esta lles ofreza unhas primas menores. Polo tanto, se se impide a existencia de contratos cun menor nivel de cobertura, a capacidade da empresa para diferenciar aos individuos esgótase. Se só existe un nivel de cobertura posible por lei, e ningún nivel menor pode ser ofertado no mercado, todos os individuos veranse obrigados a mercar o mesmo tipo de contrato. Con esta lexislación acadase o chamado “subsidio cruzado”, é dicir, aquelas persoas con mellor saúde empeoraron, xa que obrigáselles a comprar un contrato menos favorito que o de menor cobertura e menor prima que acadaban o sinalizarse, e aqueles con peor saúde melloraron, ao acadar un contrato cunha prima máis baixa ca que debería ter polo seu risco nunha situación de información completa. Para que isto se cumpra é moi importante sinalar que a asignación acadada coa cobertura mínima obrigatoria sexa preferida polos individuos de baixo risco ao non aseguramento (cousa que pode non ser certa para determinados tipos de preferencias), ou doutra forma estaríamos expulsando do mercado a eses individuos que poderían obter unha mellor situación non asegurándose. Existe outro mecanismo do que falaremos a continuación que poderá forzar esta situación. Esta ferramenta amosa ser útil, e a maioría dos mercados de seguros presentan algún tipo de regulación de cobertura obrigatoria. Porén presenta problemas, como por exemplo decidir que enfermidades deben ser incluídas dentro da cobertura obrigatoria Fallos de mercado: Asimetrías de información nos mercados de seguros sanitarios 22 e cales non. McFadden, Noton e Olivella(2012) ofrece unha táboa onde se comparan as variacións desta regulación entre os diferentes estados dos EEUU, e estas son moi amplas e non seguen ningunha norma clara, o que amosa o gran debate público que implican. Poden existir grupos de presión interesados en aproveitar o sistema de “subsidio cruzado” para asegurarse fronte a riscos que a sociedade non debería subvencionar. Por exemplo, os mineiros acostuman padecer enfermidades respiratorias, e tanto a industria como os traballadores deste sector estarían interesados en que se inclúese na cobertura obrigatoria tratamentos contra estas enfermidades , pero isto obrigaría a sociedade a subvencionar na practica a esta industria (que non paga polos custos que ocasiona), e restaría incentivos para a modernización e a mellora na saúde laboral. 3.2 Contrato de póliza obrigatorio Nalgúns países existen regulacións que obrigan ou ofrecen incentivos aos individuos, como o pago dunha taxa en caso de non subscrición, a mercar determinados tipos de seguros, como por exemplo no noso pais, onde existe a obrigatoriedade de ter seguro de coche a hora de conducir. Desta xeito conséguese unha maior taxa de subscrición de seguros na sociedade. Imaxinemos unha situación como a do modelo con 2 tipos de individuos, na que un individuo de baixo risco, tipo , non se pode sinalizar escollendo un copago maior, debido a lexislación de cobertura mínima obrigatoria, para situarse na recta , e ten que contratar obrigatoriamente a póliza unitaria na recta se quere subscribir un seguro. O individuo inda ten a opción de escoller o copago absoluto, ( non subscribir ningún contrato), se este contrato lle proporciona unha maior utilidade esperada que un contrato de seguro completo na recta (con copago 0, e dicir situado en ). Cunhas preferencias o suficientemente pouco adversas o risco isto é posible. Fallos de mercado: Asimetrías de información nos mercados de seguros sanitarios 23 Figura 6 Na Figura 6 amosase esta situación. Podemos ver que o contrato de copago total ( en e ) é favorito ao contrato de aseguramento total (en e ), polo que o individuo pode elixir saíndo desta forma do mercado. Poren se introducimos unha taxa que obrigue aos individuos a pagar unha cantidade de diñeiro en caso de non subscribir contratos, a súa utilidade esperada nese caso se escolle non asegurarse pasa a ser , xa que diminúe a súa renda esperada ao ter que pagar o imposto , pero continua sendo se escolle asegurarse totalmente. Neste caso o individuo prefire a polo que permanecera no mercado con aseguramento completo. A taxa xera os incentivos necesarios para provocar que non asegurarse sexa a peor das opcións. Mecanismos como a cobertura mínima obrigatoria é o “community-rating” serian moito máis eficaces no seu obxectivo de acadar unha redistribución, tendo que ser a taxa ou a multa dunhas dimensións o suficientemente grandes como para impedir a saída do mercado. As oposición a esta lexislación poden porén situarse no plano ético de ata que punto está ben obrigar a mercar un seguro. Chandra, Gruber e McKnight (2011) nun estudo sobre a aplicación desta medida conclúen que acada os obxectivos esperados. 3.3 Community-rating Nesta regulación pártese da premisa de que, se ben as empresas non poden discriminar aos consumidores totalmente polo seu risco, si que poden como mínimo captar algunhas características dos mesmos, o que lles permite ofrecer primas a distintos prezos segundo un individuo teña máis ou menos probabilidade de caer Fallos de mercado: Asimetrías de información nos mercados de seguros sanitarios 24 enfermo. Para combater que isto suceda, a lexislación de “community-rating” impide que se discrimine as persoas por distintas características, buscando así que todos os individuos que difiran neste factor teñan primas de igual costo. As prohibicións nos instrumentos para discriminar van dende factores como a idade ou o xénero, ata aquelas máis estritas que prohiben valorar o estado de saúde actual da persoa ou as enfermidades que ten tido no pasado. Desta forma se antes as empresas tiñan unha estimación do nivel de risco, agora teñen unha estimación peor, ou no máis extremo dos casos, carecen de ningún tipo de información. Figura 7 Na Figura 7 podemos ver unha representación do que acontecería. Imaxinemos unha situación como a do modelo con dous tipos de individuos, e , que difiren no risco. Antes a empresa podía ofrecer os contratos na recta para os individuos de baixo risco, e os contratos na recta para os individuos de alto risco. Agora ten uns indicadores peores da probabilidade de cada individuo e non pode realizar un cribado tan bo, polo que agora ten que ofrecer os contratos na recta para os individuos de baixo risco e na recta para os individuos de alto risco. Nesta situación, como podemos ver na Figura 7 ambos individuos escollen asegurarse completamente como nunha situación de información completa, pero volvemos atopar un “subsidio cruzado” que xa vimos coa regulación de cobertura obrigatoria, xa que os individuos de alto risco terían primas máis baratas e os de baixo risco máis altas das que correspondería a unha situación onde as aseguradoras puideran exercer unha mellor discriminación entre os consumidores. No caso extremo de que a lexislación impedise realizar ningún tipo de discriminación, e as empresas carecerán de ningunha información sobre cal e o risco dos individuos, estariámonos enfrontando ao mundo de Rothschild e Stiglitz (1976). Isto podería, en principio, conducir a unha situación Fallos de mercado: Asimetrías de información nos mercados de seguros sanitarios 31 Finkelstein, A., & Poterba, J. (2006). Testing for asymmetric information using "unused observables" in insurance markets: Evidence from the U.K. annuity market. NBER Working Paper, Gruber, J. (2008). Covering the uninsured in the united states. Journal of Economic Literature, 46(3), 571-606. Kreps, D. (1994). Curso de teoría microeconómica. Madrid: McGraw-Hill. Leu, R., Rutten, F., Brouwer, W., Matter, P., & Rütschi, C. (2009). The swiss and dutch health insurance systems: Universal coverage and regulated competitive insurance markets. The Commonwealth Fund, 1220 Lo Sasso, A., & Lurie, I. (2009). Community rating and the market for private non-group health insurance. Journal of Public Economics, 93, 264-279. Mas-Collel, A., Whinston, M., & Green, J. (1998). 13. adverse selection, signaling and screening. Microeconomic theory (pp. 436-477). New York: Oxford University Press. McFadden, D., Noton, C., & Olivella, P. (2013). On the design of healthy exchanges for sick insurance. NBER Working Paper, 17938 Rothschild, M., & Stiglitz, J. (1976). Equilibrium in competitive insurance markets: An essay on the economics of imperfect information. The Quarterly Journal of Economics, 90(4), 629-649. Spence, M. (1973). Job market signaling. The Quarterly Journal of Economics, 87(3), 355-374.